resumo da acta da sesiÓn ordinaria do consello de …€¦ · 1 resumo da acta da sesiÓn...

24
1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL NOTA: recóllense con iniciais os nomes propios que non forman parte dos acordos ou informes agás os de aqueles membros do Consello que solicitaron expresamente que aparecera o seu nome completo. Ás dez horas e cinco minutos do día trinta de xuño de dous mil quince, en segunda convocatoria e baixo a presidencia do Sr. reitor magnífico, reúnese no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago de Compostela), o Pleno do Consello de Goberno da Universidade. E procedeuse a abordar os puntos que compoñían a ORDE DO DÍA: 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior 2. Informe do sr. reitor 3. Informes das Vicerreitorías, da Xerencia e da Secretaria Xeral 4. Informe sobre as Contas Anuais e a Memoria Económica da USC 5. Aprobación, se procede, da modificación do Regulamento de Dobres Titulacións 6. Aprobación, se procede, das propostas de novas titulacións de máster para o curso 2016-2017 7. Aprobación, se procede, das propostas de modificacións de titulacións de grao e máster para o curso 2016-2017 8. Aprobación, se procede, dunha proposta de modificación de programa de doutoramento 9. Aprobación, se procede, da modificación da titulación propia do CSHG 10. Renovación, se procede, da Comisión de Actividades e Servizos de I+D, da Comisión de Avaliación de Accións especiais e da Comisión de Posgrao Propio e Formación Continua 11. Proposta de nomeamento de director/a en funcións do departamento de Química Inorgánica 12. Memoria de Cursos de Posgrao 13. Recursos 14. Regulamentos 15. Premios extraordinarios 16. Asuntos económicos 17. Convenios 18. Asuntos de trámite 19. Rogos e preguntas

Upload: others

Post on 21-Jul-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

1

RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE

XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

NOTA: recóllense con iniciais os nomes propios que non forman parte dos acordos ou informes

agás os de aqueles membros do Consello que solicitaron expresamente que aparecera o seu

nome completo.

Ás dez horas e cinco minutos do día trinta de xuño de dous mil quince, en segunda convocatoria

e baixo a presidencia do Sr. reitor magnífico, reúnese no Salón Reitoral do Colexio de San

Xerome (Santiago de Compostela), o Pleno do Consello de Goberno da Universidade.

E procedeuse a abordar os puntos que compoñían a

ORDE DO DÍA:

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior

2. Informe do sr. reitor

3. Informes das Vicerreitorías, da Xerencia e da Secretaria Xeral

4. Informe sobre as Contas Anuais e a Memoria Económica da USC

5. Aprobación, se procede, da modificación do Regulamento de Dobres Titulacións

6. Aprobación, se procede, das propostas de novas titulacións de máster para o

curso 2016-2017

7. Aprobación, se procede, das propostas de modificacións de titulacións de grao e

máster para o curso 2016-2017

8. Aprobación, se procede, dunha proposta de modificación de programa de

doutoramento

9. Aprobación, se procede, da modificación da titulación propia do CSHG

10. Renovación, se procede, da Comisión de Actividades e Servizos de I+D, da

Comisión de Avaliación de Accións especiais e da Comisión de Posgrao Propio e

Formación Continua

11. Proposta de nomeamento de director/a en funcións do departamento de Química

Inorgánica

12. Memoria de Cursos de Posgrao

13. Recursos

14. Regulamentos

15. Premios extraordinarios

16. Asuntos económicos

17. Convenios

18. Asuntos de trámite

19. Rogos e preguntas

Page 2: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

2

1) Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior

Se formulan diferentes obxeccións á acta do Consello de Goberno do 5 de xuño de 2015, a

saber:

- O Prof. G. L. propón a corrección de diferentes prazos que figuran no punto 2), referido

aos “Informe do sr. reitor”, sobre as medidas adoptadas na adaptación dos estudantes

de doutoramento ao novo sistema.

- A Profa. V. R. pediu a modificación da súa declaración no punto 13) da orde do día,

“Aprobación, se procede, da modificación da RPT, e da actualización do cadro de

persoal de PDI de 2015”; e a incorporación como anexo a acta do acordo da Xunta da

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, reunida de xeito extraordinario, para

tratar o informe desfavorable das solicitudes de certas prazas emitido pola COAP. Así

mesmo, engadiu unha modificación dun acordo no punto 16, “Proposta de convenio de

dobre titulación entre a USC e a Rochelle Business School”, no que debe figurar que a

memoria da proposta do convenio coa citada institución privada sería feita pola

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais en solitario, e non de consuno coa

Facultade de Administración de Empresas.

- A Profa. F. M. solicitou a incorporación á acta de determinadas precisións referidas a: 1)

O punto 2) da orde do día, “Informes do sr. reitor”, onde debe figurar que a dicente

“condena enerxicamente calquera actitude homófoba”; 2) O punto 13), “Aprobación, se

procede, da modificación da RPT, e da actualización do cadro de persoal de PDI de

2015”, no que engade unha declaración máis exhaustiva sobre as consecuencias da súa

aprobación; 3) O punto 14), “Aprobación, se procede, das comisións de selección de

prazas de PDI correspondentes á Oferta de Emprego Público (OPE)”, no relativo as

declaracións feitas polo vicerreitor de organización académica e PDI e a un erro material

pois figuraba o ano 2014 e debería dicir 2015.

O Prof. C. V. indicou in actum que a declaración da secretaria xeral que figuraba no punto 28,

“Rogos e preguntas”, non era imparcial e solicitaba a súa modificación. O tema a tratar versaba

sobre as fichas dos alumnos en formato papel, e a secretaría xeral desculpouse ao tempo que se

acordaba proceder á modificación.

O Prof. L. D., tamén na propia sesión, solicitou que os votos en contra correspondentes aos

puntos da orde do día 10), 13) e 14) se atribúan, ademais de a el mesmo e ao Prof. G. S., que

eran os que figuraban na acta inicial, aos Profs. C. V., C. E., L. C. e O. E.

Aceptadas todas as obxeccións procédese a aprobación da acta onde aquelas serán

incorporadas.

2) Informe do sr. reitor

Os informes do reitor versaron principalmente sobre as cuestións seguintes:

- Reunión da CRUE e da Rede Universia, o 10 de xuño en Badaxoz.

- Aprobación do protocolo de funcionamento interno da CRUSOE, o 16 de xuño en

Oviedo.

Page 3: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

3

- Outorgamento do doutoramento honoris causa pola Universidade de Miño ao Prof.

Villares Paz, o 17 de xuño.

- Celebración do Pleno do Claustro Universitario, o 26 de xuño, onde se aprobaron o

Regulamento de Réxime Interno do Claustro, as Liñas Xerais do Regulamento Electoral

Xeral e os Criterios Xerais da Normativa de Creación, Modificación e Supresión de

Departamentos.

3) Informes das Vicerreitorías, da Xerencia e da Secretaria Xeral

A vicerreitora de investigación e innovación abordou:

- As novas medidas para o reparto da produción científica destinadas especialmente a

asistir a institutos e estacións en función da súa propia produción científica, e aos grupos

de investigación que conservan actividade investigadora contable e non teñen crédito.

- A renovación da subscrición de SCOPUS.

- A normalización da filiación institucional aos efectos das publicacións dos investigadores

da Universidade.

- A publicación da proposta provisional dos candidatos seleccionados na convocatoria

2014 no Programa Ramón y Cajal.

O vicerreitor de organización académica e PDI tratou de:

- A publicación no Taboleiro Electrónico, o 17 de xuño, das normas sobre profesores e

investigadores ad honorem, profesores eméritos e licenzas por anos sabáticos.

- A inmediata publicación no BOE de 16 prazas da OPE, que retrasouse por un problema

informático.

- A aclaración de dous erros materiais na información das prazas aprobadas polo

Consello de Goberno do 5 de xuño.

O vicerreitor de oferta docente e innovación educativa falou da reunión do plenario da CASUE, o

26 de xuño, onde foi tratado o tema dos plans de estudos 3+2 sen chegar a ningunha posición

común.

A vicerreitora de estudantes, cultura e responsabilidade social informou sobre a inminente

difusión das axudas e subvencións a prezos públicos para o ano 2015-2016.

O xerente tratou as propostas de adxudicación da mesa de contratación con tres procedementos

abertos. Engadiu que a Dirección Xeral de Política Financeira da Xunta procedeu a

renegociación da súa débeda de forma que as condicións acadas serán de aplicación a nosa

Universidade que contará cun Euribor ao 0,85% para o próximo ano.

A secretaria xeral da conta da publicación da convocatoria de matrícula para o curso 2015-2016

na que destacou: os cambios da regulación dos estudos de doutoramento, a incorporación das

dobres titulacións, a inclusión do PATEX e anova xestión das listas de esperas nos procesos

selectivos de acceso aos títulos. Tamén informou da publicación do Decreto de prezos públicos

para o curso académico citado.

Page 4: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

4

A continuación tomaron a palabra o profesores L. D. e R. H., xurdindo os temas do reparto dos

200.000 da produción científica e do estado da tramitación na Xunta de Galicia das prazas.

4) Informe sobre as Contas Anuais e a Memoria Económica da USC

Con relación as Contas Anuais do exercicio 2014, na intervención do xerente destacáronse os

seguintes datos:

- O balance de situación presenta un valor do seu activo de 506 millóns de euros, importe

igual ao do total do patrimonio neto e o pasivo.

- O estado do remanente de tesourería presenta un remanente de tesourería non afectado

por importe de -14.657.120,24 que fronte ao previsto no PERF supón unha mellora da

previsión de 1.661.125,80 euros.

- Os dereitos recoñecidos acadaron o importe de 226.210.273,74 euros e as obrigas

contraídas foron por importe de 237.843.934,80 euros

- O resultado orzamentario axustado foi de -5.351.914,29 euros. No PEFR prevíase un

resultado orzamentario de -7.061.204,00 polo que mellorouse a previsión en

1.709.289,71

- O valor dos activos financeiros a 31/12/2014 foi de 1.740.403,37, o importe dos pasivos

financeiros con entidades de crédito era de 25.903.590,16 e en concepto de anticipos

reembolsables 19.207.505,08 euros

- A evolución do gasto entre o exercicio 2010 e o 2014 supuxo unha diminución de 41,14

millóns de euros segundo se recolle no informe de xestión. O importe total de licitacións

foi de 11,9 millóns de euros

Ademais, como novidade na presentación de contas da USC, se incorporou na conta do

exercicio os datos da contabilidade analítica segundo o establecido no Plan Xeral de

Contabilidade Pública. Reflíctese así o custe de actividades finalistas segundo as funcións que

desenvolve, docencia, investigación e actividades de extensión e outras.

No debate, interviñeron o Prof. M. P. urxindo a resolver o problemas dos contratos laborais

irregulares, que supoñen un custo considerable a Universidade, e destacou a necesidade de

solicitar ao Ministerio unha regulación específica para o colectivo dos investigadores financiados

co capítulo VI.

O Prof. L. D. fixo fincapé na preocupante situación da Tesourería; mentres que o Sr. D. V.

destacou que a falta de ingresos extraordinarios no 2016 farán del un ano moi duro.

O Sr. P. C. inquiriu sobre si estaba previsto un procedemento de consulta específica da

contabilidade analítica por centro, departamento, unidade etc.

A Profa. V. R. interesouse pola repercusión da contabilidade analítica no cómputo das tarefas do

PDI e de si sería posible perfeccionar o modo de distribuír o horario de traballo para que fosen

incluídos os cargos de xestión. Apostilou a Profa. C. M. no sentido de que os datos públicos

deberían facerse sobre un sistema que contabilizase as múltiples actividades do PDI.

Page 5: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

5

Respondeu o xerente a estas cuestións, foi felicitado en xeral pola incorporación da

contabilidade analítica e o informe obtivo o apoio do Consello de Goberno.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento informar favorablemente sobre as Contas Anuais e a Memoria Económica da Universidade do exercicio 2014.

5) Aprobación, se procede, da modificación do Regulamento de Dobres Titulacións

Á proposta do vicerreitor de oferta docente e innovación educativa, complétase coa do Prof. L. D.

quen solicitou se achegase a expresión “outras institucións de ensino superior” a de “recoñecida

solvencia”. Nestes termos formulouse o acordo.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a modificación do Regulamento sobre dobres titulacións e simultaneidade de ensinanzas oficiais na USC de forma que nos seus capítulos I, “Programas de titulacións”, e II, “Programas Interuniversitarios por convenio de dobre titulación”, cando se trata da celebración de convenios con outras universidades a expresión “universidade estranxeiras” debe ser substituída por “universidades estranxeiras ou outras institucións de ensino superior de recoñecida solvencia”.

6) Aprobación, se procede, das propostas de novas titulacións de máster para o

curso 2016-2017

(As 13.24 h, a vicerreitora de investigación e innovación substitúe na presidencia ao reitor)

Advirte o vicerreitor de oferta docente e innovación educativa que as dúas titulacións de máster

contan co previo informe favorable da Comisión de Organización Docente e da Comisión de

Titulacións e Programas de Estudos.

Xurde unha discusión que iniciou o Prof. M. P., sobre a escaseza de profesorado para impartir o

total do encargo docente teórico destes títulos. Na mesma, tamén interviñeron os Profs. F. M., F.

L., L. D. e R. H., xunto cos vicerreitores de organización académica e PDI e o de comunicación e

coordinación.

(As 13.32 h reincorporase na presidencia o reitor)

Finalmente, o reitor propón a adopción dun acordo favorable condicionado a que no momento da

implantación dos títulos non se requirirán recursos adicionais.

Coa abstención do Prof. M. P., acádase o acordo por maioría.

Page 6: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

6

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por maioría dos seus membros e unha abstención a proposta para o curso 2016-2017 do Máster en Filosofía: Cuestións Actuais (2ª edición) e do Máster en Xornalismo e Comunicación: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento, advertindo as áreas con vinculación ao título do seu compromiso de non requirir recursos adicionais no momento da súa implantación.

7) Aprobación, se procede, das propostas de modificacións de titulacións de grao e

máster para o curso 2016-2017

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento as propostas de modificacións do Grao en Química e do Grao en Veterinaria.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento as propostas de modificacións dos másters que se relacionan: a) Máster en Atención sanitaria, Xestión e Coidados; b) Máster en Bioloxía Mariña; c) Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación; d) Máster en Dirección de Proxectos; e) Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros; f) Máster en Fiscalidade Internacional e Comunitaria; g) Máster en Investigación, en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario; e h) Máster en Saúde Pública.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta de modificacións do Máster en Investigación Química e Química Industrial de acordo coas indicacións do informe final de verificación da ACSUG e subsanación de erros na Memoria: a) corrección da denominación do título, que pasa a ser Máster en Investigación Química e Química Industrial; b) rectificación na Memorias da distribución temporal das materias de forma que todas pasan a ser anuais; c) corrección do apartado de actividades formativas no que se refire á materia “Prácticas Profesionais” (seis créditos ECTS no lugar de doce); d) corrección de cadro coa porcentaxe do item “Avaliación das competencias prácticas adquiridas”, para que a suma dos items sexa o 100% e non o 80%. Polo contrario e da forma xa descrita, o Consello de Goberno non aprobou a proposta de modificacións do Máster en Industria Química e Química Industrial no que se refire a celebración dun novo convenio interuniversitario xa que non se axusta a normativa vixente da Universidade de Santiago de Compostela.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento delegar no vicerreitor de oferta docente e innovación educativa a revisión da memoria xustificativa e da memoria económica do Máster en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados, co fin de achegala ao resto da documentación do título para que sexa coñecido polo Consello Social.

Page 7: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

7

A proposta de modificación do Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos foi retirada e, polo

tanto, non coñecida polo Consello de Goberno.

8) Aprobación, se procede, dunha proposta de modificación de programa de

doutoramento

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta de modificación do Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química consistente na incorporación de novos investigadores e de novas actividades formativas.

9) Aprobación, se procede, da modificación da titulación propia do CSHG

O vicerreitor de oferta docente e innovación educativa explicou que a Comisión Académica do

título propuxo unha modificación relativa ao regulamento de permanencia e outra sobre a

planificación das ensinanzas, sen que ningunha delas ataquen á estrutura de dito título.

Acompañouse a proposta de modificación do informe favorable da Comisión de Titulacións e

Programas de Estudo.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta de modificación do Diploma Superior en Xestión Hoteleira.

10) Renovación, se procede, da Comisión de Actividades e Servizos de I+D, da

Comisión de Avaliación de Accións especiais e da Comisión de Posgrao Propio e

Formación Continua

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a renovación da Comisión de Actividades e Servizos I+D que se conforma como sigue:

- Dona Isabel Rodríguez-Moldes Rey (vicerreitora de investigación e innovación) - Don Andrés Barreiro Lois (vicerreitor de desenvolvemento científico e tecnolóxico do

campus de Lugo) - Dona Alicia Estévez Toranzo (área de Ciencias Experimentais), que renova - Don Ángel García Vidal (área de Ciencias Sociais e Xurídicas) - Don Elías Torres Feijoo (área de Humanidades) - Don Manuel Guaita Fernández (área de Ensinanzas Técnicas) - Don Angel J. Concheiro Nine (área de Ciencias da Saúde) - Don Xoaquín Fernández Leiceaga (vogal Institutos) - Don Rogelio Conde-Pumpido Tourón (director OIT)

Page 8: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

8

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a renovación da Comisión de Accións Especiais que se conforma como sigue:

- O reitor - Don Luis Lima Rodríguez (vicerreitor de organización académica e PDI) - Don Roberto López López (vicerreitor de oferta docente e innovación educativa) - Dona Isabel Rodríguez-Moldes Rey (vicerreitora de investigación e innovación) - Don Javier Bueno Lema (vicerreitor de coordinación do campus de Lugo) - Dona María del Rosario Álvarez Blanco, que renova - Don Juan Gabriel Álvarez González, que renova - Don Carlos Diéguez González, que renova - Dona María Paz García Rubio, que renova - Don Máximo Plo Casasus

Queda pendente de renovación para o próximo Consello de Goberno a Comisión de Posgrao

Propio e Formación Continua.

O reitor felicita aos membros das comisións recen nomeados a aos que continúan, ao tempo que

agradece os servizos prestados aos cesantes.

11) Proposta de nomeamento de director/a en funcións do departamento de Química

Inorgánica

ACORDO

O Consello de Goberno, a proposta do reitor, acordou nomear como directora en funcións do Departamento de Química Inorgánica á profesora dona Teresa Pereira Lorenzo.

12) Memoria de Cursos de Posgrao

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento a ratificación do informe desfavorable emitido pola Comisión de Posgrao Propio sobre a memoria correspondente ao ano 2012-2013 do Máster en Medicina Natural. Aplicacións en Atención Primaria e, en concecuencia, a non acreditación das tarefas de dirección.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento a ratificación do informe favorable emitido pola Comisión de Posgrao Propio sobre a memoria correspondente ao ano 2012-2013 do Máster e Prostodoncia e Implantoloxía.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento e previo informe favorable da Comisión de Posgrao Propio a celebración para o curso académico 2015-2016 dos títulos propios que deseguido se relacionan:

Page 9: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

9

- Máster Propio en Marketing Dixital e Xestión Comercial - Máster Propio en Patoloxía Médico-Cirúrxica Oral e Odontoloxía Integral - Máster Propio en Prostodoncia e Implantoloxía - Máster Propio en Odontoloxía en Pacientes con Patoloxía Sistémica - Máster Propio en Enxeñaría da Madeira Estrutural - Máster Propio en Intervención e Emancipación de Mozos en Conflito Social - Máster Propio: Dirección e Xestión de Centros, Recursos e Servizos para a Atención á

Dependencia - Máster en Banca, Finanzas e Seguros - Máster Propio en Xestión de Recursos Humanos en Organizacións - Máster Propio en Dirección e Xestión do Comercio Exterior - Máster Propio en Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional - Máster Propio en Mediación - Máster Propio en Avaliación e Intervención Psicopedagóxicas nos Trastornos do

Desenvolvemento e Atención Temperá - Curso de Especialización en Xestión de Recursos Humanos e Ciencias do Traballo - Curso de Especialización en Marketing Dixital - Curso de Especialización en Marketing Internacional - Curso de Especialización en Negocios Internacionais - Curso de Especialización en Xestión de Operacións Internacionais - Curso de Especialización Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-

Rexional - Curso de Especialización en Mediación Familiar e Escolar - Curso de Especialización en Mediación Empresarial, Laboral e coa Administración - Curso de Especialización en Mediación no ámbito Civil, Mercantil e Bancario - Curso de Especialización en Mediación Penal e no Ámbito Veciñal - Curso de Especialización en Avaliación e Intervención Psicopedagóxicas nos

Trastornos do Desenvolvemento e Atención Temperá - Curso de Especialización Universitario en Vacinas - Curso de Experto en Coaching - Psicoloxía do Deporte e da Actividade Física

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento a celebración para o curso 2015-2016 dos títulos propios que se detallan respectando as indicacións da Comisión de Posgrao Propio:

- Máster Propio: Psicoloxía do Deporte e da Actividade Física, dado que o director participa noutros cursos, compre recordar que a retribución máxima por profesor e por curso académico e de non máis de 7.000 euros e de 120 horas entre dirección e docencia.

- O Medio Natural Galego: Unha perspectiva Botánica, que deberá presentar documento sobre as actividades a realizar polos alumnos nas prácticas de campo aos efectos do seguro escolar.

- Curso de especialización en Implantoloxía Oral, do que non se aproba a retribución/hora do persoal de administración e servizos colaborador mentres non se modifique e axuste á Instrución VIII/2015 de Xerencia.

- Curso de Especialización en Banca e Institucións Financeiras, para o que se acepta incrementar a remuneración dos conferenciantes ata un máximo de 252 euros/hora pola súa especial cualificación profesional.

Page 10: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

10

13) Recursos

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento estimar parcialmente o recurso de reposición presentado pola Profa. Castillejo Manzanares contra o acordo adoptado no seu propio Pleno o 27 de marzo de 2015, polo que se informaba desfavorablemente a memoria do Máster en Mediación do curso 2013-2014 e se decidía o cambio de directora para a edición do 2015-2016. La estimación parcial do devandito recurso de reposición supón deixar sen efecto a decisión de cambiar a directora na próxima edición do Máster en Mediación (2015-2016) e manter, en cambio, a non certificación das tarefas de dirección e coordinación do ano ao que se refire a Memoria.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por 23 votos a favor, 3 en contra e 7 abstencións, a desestimación do recurso de reposición interposto polo Sr. Pérez Lustres contra a Oferta de Emprego Público do persoal docente e investigador para o ano 2015-2016, aprobada polo Pleno do 2 de marzo de 2015.

Os membros do Consello de Goberno, que o son ao mesmo tempo de A Trabe, solicitaron que

constase en acta a súa posición de estar a favor da estimación do recurso por non compartir os

criterios de estabilización de investigadores Parga Pondal e Ramón y Cajal contidos no acordo

do Consello de Goberno do 23 de marzo de 2012, criterios que informaron a elaboración da OPE

para o ano 2015-2016.

14) Regulamentos

Non houbo.

15) Premios extraordinarios

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a concesión dos premios extraordinarios de

doutoramento (2011-2012) da Facultade de Medicina nos estudantes que se relacionan:

Don Sergio Raposeiras Roubin

Dona Beatriz Sobrino Rey

Don Rui Manuel Lebreiro Pereira

Dona Monserrat García Lavandeira

Don Jesús Agulla Freire

Dona Verónica Daniela Ramos Gomes

Dona Marta Mendoça Moutinho Relvas

Dona lucía García-Caballero Pérez

Page 11: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

11

Dona Belén Joglar Santos

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a concesión dos premios extraordinarios de

doutoramento (2011-2012) da Facultade de Química nos estudantes que se relacionan:

Don Juan Pablo Lamas Castro

Dona Elena Pazos Chantrero

Dona Ana Sousa Hervés

Dona Mª Inmaculada Carpinteiro Botana

16) Asuntos económicos

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento as propostas de modificacións orzamentarias relativas aos expedientes CS-09-15 , CS-10-15, CS-11-15 e CS-12-15, segundo o anexo I desta acta.

ACORDO

O Consello de Goberno aceptou por asentimento as doazóns seguintes: - Cámara Fotográfica, cun valor de 600 euros, para a Facultade de Ciencias da

Comunicación, sendo o donante dona Macarena Álvarez Bortolotto - Retrato de Manuel Lucas Álvarez en traxe académico de reitor da Universidade, cun

valor de 6.500 euros, para a Facultade de Xeografía e Historia, sendo donante don Pedro Lucas Domínguez como representante dos herdeiros de don Manuel Lucas Álvarez

17) Convenios

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento os contratos celebrados ao abeiro do artigo 83 da LOU procedentes da Vicerreitoría de Investigación e Innovación, os convenios presentados polo Servizo de Relacións Exteriores, polo Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica e polo centro de Posgrao, segundo o que figura no anexo II desta acta.

18) Asuntos de trámite

Non houbo.

19) Rogos e preguntas

Page 12: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

12

A Profa. V. S. roga que sexan remitidos con máis celeridade os acordos acadados no Consello

de Goberno.

O Prof. C. V. preguntou:

- Cal era a razón pola que se retrasara tanto a información sobre a convocatoria de

axudas do programa estatal de investigación.

- Cal era a solución sobre o tema das fichas dos alumnos en formato papel, dado que a

secretaria xeral acordara dar un explicación e, logo máis tarde, no Consello de Goberno

do 5 de xuño de 2015, remitirlle un correo electrónico que aínda non fora recibido.

- Se os directores de centros de investigación da Universidade tiñan dereito a unha

redución de docencia xa que logo non estaba reflectida na PA.

- Si se preverá o nomeamento dos representantes do Consello de Goberno nos órganos

de dirección dos centros propios da Universidade.

A secretaría xeral pregou desculpas polo tratamento dado ao asunto na acta do anterior Consello

de Goberno do 5 de xuño de 2015 que procedería corrixir. Engadiu que o problema das fichas

estaba a ser estudado para atopar unha solución ante a dificultade derivada da aplicación da Ley

Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal, que

forzaba a ter un complexo sistema de mantemento do ficheiro e de destrución, cunha persoa

encargada da súa custodia e seguridade.

A Vicerreitora de investigación explicou que o retraso na información fora debido ao Comité de

Bioética, aínda que cumpría dicir que o 3 de xuño fixérase un anuncio sobre a inminente

publicación oficial da convocatoria.

O Prof. C. V. retirou a cuestión das fichas ao tempo que fixo fincapé no relativo ao desconto do

encargo docente pola condición de director dun centro propio de investigación.

A Profa. R. H. preguntou sobre si se tiña avanzado no tema do acceso á universidade tras a

desaparición das actuais probas de acceso. Tamén insistiu na necesidade de contar cun

procedemento no atínxente a tramitación das modificacións de memorias de títulos asociados

aos procesos de acreditación, especialmente para mellorar a relación entre e coa Xunta e a

ACSUG.

O reitor explicou que a decisión aínda non estaba tomada, pero que se apostaba por un acceso

mediante o modelo de proba que fose común as tres Universidades galegas.

Compartindo a inquedanza da Profa. R. H., o vicerreitor de comunicación e coordinación dixo

que a ACSUG non está por simplificar os procesos, tal e como o reivindican as tres

universidades, senón por demandar máis documentación para o seguimento dos títulos.

O Prof. L. D. formulou a cuestión relativa ás obras na Facultade de Farmacia e, no particular, si

habería unha planificación a corto prazo.

O xerente apuntou que o problema da Facultade de Farmacia era estrutural e a súa solución non

podería ser abordada neste ano.

Page 13: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

13

O Sr. de la C. A. interesouse polo estado do financiamento das tres Universidades.

Respondeu o reitor que o 60% do financiamento sería estrutural e o 40% restante por resultados.

A nosa Universidade intentaría que no 40% non incorporasen partidas tales coma a dos

sexenios.

O xerente engadiu que o financiamento estrutural se calculará sobre o custo estándar do alumno

elaborado pola Xunta, se ben se descoñecía aínda o marco financeiro no que se movían e que

vía dificultades para acadar máis fondos.

O Prof. F. R. preguntou sobre si habería algunha previsión de prazas pendentes de autorización

pola Xunta, especialmente do Parga Pondal e Ramón y Cajal.

O vicerreitor de organización académica e PDI sinalou que a Consellería de Educación decidira

acumular a autorización das prazas, de sorte que resolveríanse conxuntamente coas aprobadas

no derradeiro Consello de Goberno.

O Prof. M. P. explica que a certificación da secretaria xeral da conta de que a Comisión

Redactora do Máster de Psicoloxía do Traballo e das organizacións, Xurídica-Forense e

Intervención Social, acordou unha modificación das materias optativas do itinerario “Intervención

social”. Esa modificación é cualificada como “non substancial”, o que difícil de entender cando

se trata de substituír as cinco materias, que definen o itinerario, por outras tantas novas. Engadiu

que o vicerreitor de organización académica e PDI chamoume para pedirme que presentara un

escrito manifestando a protesta formal do Departamento sobre como se estaba a desenvolver o

proceso co fin de poder resolvelo, e aínda non recibiu ningunha resposta. Todo o cal lévame a

conclusión de que as materias seguen dentro da oferta, e coo o día 7 de xullo ábrese a

matrícula, estamos ante unha situación de feitos consumados. Rematou rogando que, polo tanto,

de xeito cautelar se retire da oferta as materias optativas recentemente incorporadas, pois ata o

momento ninguén foi capaz de dicirlle cal é a normativa na que se establece o procedemento

que se seguiu para a modificación do plan de estudos.

O vicerreitor de organización académica e PDI engade que foi enviado un escrito ao coordinador

do título para que dese conta do procedemento de incorporación das materias e estase a espera

da resposta.

O Prof. M. P. puntualiza que o escrito é do 23 de maio e estamos ao 30 de xuño. Polo tanto, a

conclusión é a de sempre: actuar con posterioridade.

O reitor afirma que nos somos os que temos que decidir, non vostede. Nos xa decidiremos sobre

o seu escrito.

Sen nada máis que engadir, dáse por levantada a sesión as 15.39 h, do que como secretaria dou

fe.

A secretaria xeral

Vº et prace

O reitor

Page 14: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

14

Anexo II

RELACIÓN DE CONVENIOS QUE SE PRESENTAN PARA A SÚA APROBACIÓN POLO CONSELLO DE GOBERNO DA USC DE 30 DE XUÑO DE 2015

A) CONVENIOS PRESENTADOS POLA UNIDADE DE CONVENIOS - SERVIZO DE RELACIÓNS EXTERIORES

1. Décimo acordo de prórroga do Concerto subscrito entre a USC e o Servizo Galego de Saúde SERGAS para utilización das institucións sanitarias na investigación e docencia universitarias.

2. Convenio con Álvaro Rodríguez Eiras S.A. para a convocatoria da XVI Edición do Premio ARESA de Desenvolvemento Rural.

RELACIÓN DE CONVENIOS ASINADOS POLO TRÁMITE DE URXENCIA QUE SE PRESENTAN

PARA A SÚA RATIFICACIÓN POLO CONSELLO DE GOBERNO DA USC DE 30 DE XUÑO DE 2015

B) CONVENIOS PRESENTADOS POLA UNIDADE DE CONVENIOS - SERVIZO DE

RELACIÓNS EXTERIORES

Convenios informados polos órganos competentes e asinados polo trámite de urxencia:

1. Memorando de Acordo Internacional coa University of Arizona (Estados Unidos) para

intercambio de estudantes e persoal docente e investigador.

2. Acordo de cooperación e intercambio (Protocolo) coa Wakayama University (Xapón).

3. Convenio de colaboración co Servizo Galego de Saúde SERGAS relativa á Unidade

Docente de Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxica (Matrona) ano2015.

4. Convenio de colaboración coa Deputación Provincial da Coruña para financiar o

proxecto Estalmat-Galicia 2015.

5. Acordo marco co Basque Center for Applied Mathematics para colaboración no eido do

procesamento de imaxes.

Page 15: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

15

Convenios asinados sen tramitación previa da Unidade de Convenios:

6. Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación

Universitaria e as Universidades do Sistema Universitario de Galicia, para o

cofinanciamento da adquisición e mantemento de infraestruturas e equipamento no

marco do Plan Estatal de I+D+i.

Convenios asinados (modelos-tipo aprobados polo C.de Goberno):

7. Renovación do Protocolo de cooperación cultural, científica e pedagóxica coa

Universidade Federal do Ceará (Brasil).

8. Acordo específico de intercambio de estudantes coa Universidade Federal do Ceará

(Brasil).

9. Acordo específico de intercambio de persoal docente e investigador coa Universidade

Federal do Ceará (Brasil).

10. Protocolo de cooperación cultural, científica e pedagóxica co Centro Universitario

SENAC (Brasil).

11. Acordo específico de intercambio de Estudantes co Centro Universitario SENAC (Brasil).

12. Convenio marco para actividades de investigación coa Universidade Portucalense

Infante D. Henrique (Portugal).

13. Convenio marco de colaboración en actividades culturais, científicas, pedagóxicas, de

investigación, coa Fundación Wenceslao Fernández Flórez.

Convenios de colaboración para a realización de prácticas externas extracurriculares de

alumnado, ao abeiro do Programa de “Becas Santander CRUE-CEPYME, prácticas en empresas”

(modelo-tipo aprobado polo C.de Goberno) :

1. PyH Ingeniería Prado S.L.

2. Escuela Profesional y Consultoría Inventa S.L.

3. Senra Gayo S.L.

4. Sistemas de Oficina de Lugo S.A.

5. Unión de Consumidores de Galicia

6. Centro Británico de Idiomas S.L.

7. Natalia López López

8. INDROPS Laboratorio de Análisis y Calidad Medioambiental S.L.

9. Sound of Numbers S.L.

10. Baeza y Barrantes S.L.

11. Closet Comunicación S.L.

Page 16: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

16

12. Breogán Ingeniería S.L.

13. ADAF Asociación para o Desenvolvemento da Agricultura Familiar

14. 4Gotas Atmósfera y Océano S.L.

15. C&B Asociados y Consultoría S.L.

16. Colexio Santo Tomás

17. Envirosoil S.L.

18. INDESNOR Ingeniería y Desarrollo del Norte S.L.U.

19. Museo do Pobo Galego

20. Pin&del Pino S.L.

21. Transmedia Comunicaciones y Prensa S.L.

22. Urbing S.L.

B) CONVENIOS PRESENTADOS POLO SERVIZO DE XESTIÓN DA OFERTA E

PROGRAMACIÓN ACADÉMICA

a) Convenios para prácticas de alumnos:

Prácticas dos alumnos da Facultade de Veterinaria:

1.- Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo

2.- Ana Julia Harsuch y Otro, SC. (Clínica del Sol)

3.- Arousa Veterinaria, SL (Clínica Veterinaria San Miguel)

4.- Cenquivet-Centro Alfonso Chico

5.- Centro Veterinario JG, SL.

6.- Centro Veterinario Navia, CB.

7.- Clínica Móvil Veterinaria FJ Bomba Carrión

8.- Clínica Veterinaria Fariñas, SL.

9.- Clínica Veterinaria Premiá

10.- Clúster da Acuicultura de Galicia

11.- Fernando Morán Castillo

12.- Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

13.- Hospital Veterinari Canis Mallorca, SLP.

Page 17: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

17

14.- Hospital Veterinario Aceña de Olga

15.- José Manuel Ramos Romero

16.- Benivet (Olivia Sala)

17.- Clínica Veterinaria Jaime López Reyero

18.- Luso Hispana de Acuicultura, SL.

19.- Novavet Consultora Veterinaria

Prácticas dos alumnos da Facultade de Xeografía e Historia:

20.- Fundación Araguaney-Puente de Culturas

Prácticas dos alumnos da Facultade de Ciencias da Educación:

21.- Ayuntamiento de Ponferrada

Prácticas dos alumnos da Facultade de Ciencias Políticas e da Administración:

22.- Quadernas Consultoría, SL.

Prácticas dos alumnos da Facultade de Física:

23.- Blusens Technology

24.- Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

25.- Moonoff, SL.

26.- Centro Oncolóxico de Galicia

Prácticas dos alumnos da Escola Politécnica Superior:

Page 18: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

18

27.- Iceacsa Consultores, SLU.

28.- Jardinería Arce, SL.

29.- Cogasar, SCG.

30.- Fertinagro Nutrientes

Prácticas dos alumnos das titulacións de Enxeñería Técnica Forestal e Enxeñería de Montes:

31.- FMC Forestal y Medioambiente Consultores

Prácticas dos alumnos das titulacións de Enxeñería Química:

32.- Ecocelta Galicia, SL.

Prácticas dos alumnos da Escola Universitaria de Traballo Social:

33.- Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

34.- Residencia de Mayores Los Rosales, SL.

Prácticas dos alumnos do Grao en Nutrición Humana e Dietética:

35.- Real Club Deportivo da Coruña

Prácticas dos alumnos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais:

36.- Blusens Technology

37.- Club Financiero de Santiago

38.- Moonoff, SL.

Page 19: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

19

39.- Asociación Área Empresarial do Tambre

40.- Norintegra

Prácticas dos alumnos do Grao en Administración de Fundacións:

41.- Fundación Monte do Gozo

Prácticas dos alumnos dos Grao en Educación Social e Grao en Pedagoxía:

42.- Alcer Coruña

Prácticas dos alumnos do Grao en Farmacia:

43.- Cofaga/Cofano

Prácticas dos alumnos do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos:

44.- TCM Asesoría, SL.

45.- Trámite Asesores, SLP.

46.- La Bolsera Gallega, SL.

Prácticas dos alumnos das titulacións da Facultade de Psicoloxía:

47.- Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO)

48.- Asociación Compostelana de Esclerose Múltiple (ACEM)

49.- Asociación Compostelana de Nenos e Nenas Hiperactivos

Prácticas dos alumnos do Máster en Procesos da Formación:

Page 20: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

20

50.- Aspy Prevención, SLU.

51.- Fundación Formación e Emprego de Galicia (FOREM)

Prácticas dos alumnos do Máster en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial:

52.- Enxeñeiros e Arquitectos Consultores IDOM, SA.

Prácticas dos alumnos do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financieiros:

53.- Valora Consultores, SL.

54.- Grupo Arestora

Prácticas dos alumnos do Máster en Tecnologías de Análisis de Datos Masivos: Big Data:

55.- Tecnocom, Telecomunicaciones y Energía, SA.

56.- Hewlett Packard Servicio España, SL.

57.- Indra Software Labs, SL.

58.- Troposfera Soluciones Sostenibles, SL.

Prácticas dos alumnos da titulación de Enxeñería Informática:

59.- Balidea (PFC e TFG/M)

60.- Blusens Technology (PFC e TFG/M)

Prácticas dos alumnos do Grao en Bioloxía:

61.- Nanoimmunotech

62.- Feiraco Lácteos

Page 21: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

21

Prácticas dos alumnos do Grao en Xornalismo e Comunicación Audiovisual:

63.- Gabinetes de Prensa Institucional da Xunta de Galicia

Prácticas dos alumnos do Grao en Enxeñería de Procesos Químicos e Industriais:

64.- Edar Bens, SA.

65.- Concello de Vimianzo

66.- Corporación Alimentaria Peñasanta

67.- ENCE, Energía y Celulosas, SA.

68.- Escurís, SL.

69.- Ingesyma 2006, SLU.

Prácticas dos alumnos do Máster en Enxeñería Ambiental:

70.- Adantia, SL.

71.- Cerámica Verea, SA.

72.- Laboratorios de Análises Clínicas dos Dres. J. Bandín y F. Lema.

73.- Raducan, SL.

Prácticas dos alumnos do Máster en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Psicoloxía

Xurídico-Forense e Intervención Social:

74.- Asnorte, SA.

Prácticas dos alumnos do Máster en Márketing, Consultoría e Comunicación Política:

75.- Estratexia de Comunicación para Organización 360, SL.

Page 22: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

22

Prácticas de alumnos da USC:

76.- Repsol Petróleo, SA.

Prácticas de alumnos a través do Consello Social:

77.- Capdevila Germáns, SL.

C) CONVENIOS PRESENTADOS POLO CENTRO DE POSGRAO

Convenios de colaboración en cursos de posgrao propio/formación continua:

1.- Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a

Asociación Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector, Igaxes3, para a realización do Máster

propio en Intervención e Emancipación de Mozos en Conflito Social - código MF89.

2.- Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación Galega de

Profesionais da Xestión Cultural para a realización do curso de posgrao propio “Curso de Experto

Universitario en Xestión Cultural”, código FF5F.

Convenios de prácticas en cursos de posgrao propio/formación continua:

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a

Fundación Cidade da Cultura de Galicia para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao

propio “Curso de experto universitario en xestión cultural”, FE5F.

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e Urdime,

S. Coop Galega para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio “Curso de

experto universitario en xestión cultural”, FE5F

Page 23: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

23

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a

Fundación Luis Seoane para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio “Curso de

perfeccionamento en márketing cultural e xestión de públicos” (código: FE5I)

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a

Kaleido Logistics SL para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio Master en

dirección e xestión do comercio exterior, ME29.

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e

Sinsalaudio SL para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio “curso de experto

universitario en xestión cultural”, FE5F.

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Real

Academia Galega / Casa-Museo Emilia Pardo Bazán para a realización de prácticas de alumnos do curso

de posgrao propio “curso de experto universitario en xestión cultural”, FE5F.

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e Eimskip

Logistics Spain S.L. para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio Master en

Dirección e Xestión do Comercio Exterior, ME29

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e Keltia

Produccións SL para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio Máster en

Industria Musical, MEA4.

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e o

Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG) para a realización de prácticas de

alumnos do curso de posgrao propio, Máster en sociedade da información e do coñecemento, ME74.

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e

Generadores Europeos SA para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio Master

en Dirección e Xestión do Comercio Exterior, ME29.

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e

Disashop, SL para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio Master en Dirección

e Xestión do Comercio Exterior, ME29.

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a ONP

Productions para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio Máster en Industria

Musical, MEA4.

Page 24: RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …€¦ · 1 RESUMO DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XUÑO DE 2015 ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

24

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e Dotbeat

para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio Máster en Industria Musical,

MEA4.

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a

Financiera Maderera S.A para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio Máster

en Dirección e Xestión do Comercio Exterior, ME29.