relatorio político

21
RELATORIO POLÍTICO

Upload: frente-popular-galega

Post on 07-Mar-2016

229 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Relatorio político aprobado no último congreso da Frente Popular Galega baixo o título: ¨Na esquerda, pola fronte ampla¨

TRANSCRIPT

Page 1: Relatorio político

RELATORIO POLÍTICO

Page 2: Relatorio político

Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

2

RELATORIO POLÍTICO

O CONTEXTO INTERNACIONAL NO QUE NOS MOVEMOS

O afundimento da socialismo real, especialmente a desaparición da URSS e Iugoslavia,

significou de inmediato, o mando universal do grande capital, de USA e os seus países

dependentes. Concretamente, resulta importante comprobar como, despois da URSS,

os USA dirixiron o seu fogo (real) contra países árabes antiimperialistas ex-aliados da

URSS e puxeron en acción un islamismo arcaizante para substituír o nacionalismo

revolucionario e apropiarse dos recursos naturais da terra: Iraq, Libia e, agora, Siria. O

mesmo fixeron no Afganistán indoeuropeo, onde rexía un goberno laico e pro-soviético.

Á caída da URSS e Iugoslavia conformouse unha situación internacional de mando

único capitalista e norteamericano. Falouse, con acerto, dun mundo unipolar (Fidel

Castro).

Hoxe estamos a vivir unha mudanza. Por unha banda, Rusia recompúxose como

potencia política, económica e militar baixo o signo do capitalismo. Esta Rusia mantén

as distancias cos EEUU e os seus satélites. Pola outra, China, medra e confórmase

tamén como grande potencia, neste caso cun réxime declara participar de dous

sistemas. Polo que se mira, o sistema capitalista non cesa de se incrementar no

interior de China.

Os países socialistas periféricos que non sucumbiron e que resistiron o desastre, senten

que agora a presión USA pode ser mellor contrarrestada.

En canto aos EEUU e os seus aliados, entran nunha crise política derivada da crise

capitalista profunda que se ceba neles. Pero non en todas partes a crise económica

leva os mesmos ritmos. Existen países capitalistas como Australia ou África do Sur, nos

que a crise non se nota, e crece economicamente parte da África Negra (Angola,

Ghana). Todo o cal debuxa un cadro de inestabilidade contraditoria do capitalismo

global.

Por parte, no plano de guerra ideolóxica, USA, UE e aliados perderon a batalla da ética.

O militarismo impúdico e a conculcación dos dereitos humanos por parte dos EEUU

(Guantánamo, ditaduras en Sudamérica) é un escándalo planetario. O carácter

Page 3: Relatorio político

Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

3

democrático dos réximes antiimperialistas de América Latina acaba de vencer, a cara

descuberta, as falacias da guerra fría cultural e ideolóxica. O que nos leva á grande

esperanza mundial que está a irradiar desde Latinoamérica.

No día de hoxe o mundo unipolar e de mando único deixou de ser realidade. Os

estados socialistas que sobreviviron á derrota da URSS e Iugoslavia na Guerra Fría

consolidan o seu sistema. Novas realidades cara o socialismo afloran en Latinoamérica.

Novos colosos capitalistas (Rusia) ou de incerto mestizaxe (China) néganlle a

autoridade aos EEUU e os seus aliados. Unha parte fundamental do mundo capitalista

na que se inclúe a súa cabeza político-militar, USA, enzoufase na crise económica e na

barbarie cultural e ética. USA persiste en levar a guerra a Oriente Medio para roubar os

seus recursos e lucrarse coa industria da morte.

Polo tanto, a orde internacional (ou desorde) de hoxe xa non pode ser cualificada como

unipolar senón que ha des ser definida como multilateral- E isto é bo para a causa dos

traballadores e dos pobos.

En efecto, a ollada a Latinoamérica pode traguernos conforto. Cuba, ao resistir

heroicamente as circunstancias derivadas da ruína da URSS, fixo posíbel que aflorase

en Venezuela un novo réxime político antiimperialista. Aliadas Cuba e Venezuela,

sumáronse a outras emerxencias que se foron producindo en Ecuador, Bolivia, Uruguai,

por diferentes modos. A distancia, pero máis coincidentes do que desexaría

Washington, Arxentina e Brasil completan o panorama dunha nova América á que

están a sumarse os microestados creoulos das illas caribeñas.

O núcleo vital desta nova América (Venezuela, Ecuador, Bolivia,...) ten en común o

sentir amizade, case filial, por Cuba e a súa Revolución e tender ao sistema socialista.

Tamén coinciden na aspiración panamericanista bolivariana (vexase ALBA, CELAC,

SUCRE...) en que a súa fonte de poder é o sufraxio universal máis transparente. Todos

están dotados de exércitos politizados e dispostos a defender os cambios

revolucionarios, o que fai que estes países estean blindados contra os golpes de estado

e as invasións estranxeiras. Finalmente, os países revolucionarios e antiimperialistas

defenden as culturas e as linguas das nacións (grandes ou pequenas) precolombinas.

No tocante ao noso entorno xeográfico máis próximo, asistimos ao caída da máscara

da Europa Social, amosando máis clara que nunca a faciana pola que fora creada esta

Page 4: Relatorio político

Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

4

estrutura, despois da II Guerra Mundial, baixo a tutela dos USA. O seu funcionamento,

profundamente antidemocrático, arrebatou a soberanía dos pobos que a compoñen

para deixala en mans dos centros do poder económico, coa conivencia da Comisión e o

Consello Europeo, permitindo que os postulados ideolóxicos predominantes do

neoliberalismo marcasen unha política económica de austeridade que non fai máis que

afondar a fenda que separa ricos e pobres.

Cada vez máis afastada da capacidade de incidencia da cidadanía, a UE convértese nun

ente omnipotente, que baixo os ditados do FMI e do BM, obriga a aplicar múltiples

reformas e paquetes de recortes que atentan directamente contra os dereitos básicos

acadados tras anos de loita polas clases traballadoras, deixando caer sobre as súas

costas as consecuencias máis letais e daniñas da crise. Namentres, os únicos que se

benefician da actual situación son os de sempre, a oligarquía, a banca e as

multinacionais.

A pesares da crueza da situación, do empobrecemento xeneralizado das clases

populares, isto apenas se traduce nun afortalamento da aposta pola esquerda, agás en

contadas ocasións, que, en consonancia co que acontece noutras latitudes, tradúcese

no xurdimento de unidades de acción de esquerda baixo diferentes fórmulas. Pola

contra, asistimos a unha tendencia xeneralizada de impulso das formación

ultradereitistas en moitos países europeos en diferentes esferas entrelazadas:

xurdimento de partidos políticos fascistas que comezan a acadar un crecente e

preocupante número de votos, e a aparición dun movemento neofascistas e xenófobo

cada vez máis amplo e violento.

No Estado español, a estratexia da marca españa é incapaz de ocultar a realidade de

gran deriva de todos os seus estamentos. O descrédito da clase mandataria, pasando

pola tribo borbónica, as castas xudiciais e a oligarquía financeira até os representantes

políticos, fixeron xurdir varios movementos contestatarios de carácter social, mais

tamén político, que supuxeron o fin da resignación que arrastraba boa parte da

sociedade e que obriga as esquerdas “tradicionais” a reformular orgánica e

funcionalmente.

Page 5: Relatorio político

Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

5

Cada vez son maiores as críticas ao modelo de Estado e de organización territorial, así

como a incapacidade da fórmula do “café para todos” de solucionar o problema de

identidade nacional do Estado español.

Ante esta situación de crise política, o Estado español responde aumentando a

represión en todos os seus niveis, dende a elaboración de normas fascistas, pasando

pola criminalización da protesta e a militarización total das rúas nos momentos de

mobilizacións contestatarias.

Este nerviosismo vese incrementado ante a incapacidade de afrontar os desafíos

soberanistas que son lanzados dende os Països Cataláns, así como o novo camiño que

se abre en Euskal Herria, após o cambio da estratexia política da esquerda abertzale.

Ambos, aínda que representan situacións de natureza distinta, son o reflexo da firme

vontade de desenvolvemento dos pobos.

Como xa aprobamos nos nosos textos do VI congreso, e continuando a nosa liña

histórica de solidariedade internacionalista e apoio entre os pobos, a FPG continuará

reforzando canles de comunicación con formacións independentistas e de esquerdas

das outras nacións do estado. Se nas pasadas elección europeas participamos

activamente da candidatura de Iniciativa Internacionalista, neste momento faise

preciso continuar na mesma liña, incorporando a todas as forzas políticas

revolucionarias e independentistas nunha mesma candidatura de unidade.

A FRENTE POPULAR GALEGA NO NOVO CONTEXTO NACIONAL

O actual contexto político nada ten a ver co que hai agora escasos dous anos tiñamos

no noso anterior Congreso. Os acontecementos sucédense a enorme velocidade e na

Frente Popular Galega (FPG) non podemos estar parados, conxelados nunha foto fixa,

se non queremos ficar fóra de xogo. Ficar parados, encasillarnos, estigmatizarnos,

pecharnos no guetto do purismo, etc. son algúns dos obxectivos do noso inimigo.

Fronte iso as comunistas debemos responder con intelixencia colectiva, con

flexibilidade táctica e con firmeza estratéxica, como sempre fixemos.

Non imos agora entrar no detalle da actual conxuntura, pero si convén lembrarmos o

contexto de máxima agresión do capital cara as clases populares, o apodrecemento do

Page 6: Relatorio político

Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

6

réxime español, o enorme auxe das demandas de liberación nacional en países da nosa

contorna… E, sobre todo, polo que afecta directamente ao noso esquema orgánico, o

nacemento de ANOVA-Irmandade Nacionalista, organización asemblearia da que as

militantes da FPG somos parte constituínte e inseparábel.

O nacemento de ANOVA-IN foi unha auténtica bomba no panorama político galego que

levou por diante a configuración tripartita do sistema autonómico de partidos desde

unha orientación claramente rupturista, orientación esta até ese momento inexistente

a efectos de política institucional. A proposta de fronte ampla lanzada desde ANOVA e a

conseguinte irrupción no parlamentiño da Alternativa Galega de Esquerda (AGE) con

nove deputadas e deputados amosou ben ás claras o correcto das nosas análises.

Mais esta nova situación supuxo para a FPG un cambio importante nos parámetros nos

que se viña desenvolvendo até o momento non exento de certas turbulencias: as

incertidumes creadas nun primeiro momento, a implicación desigual da militancia ou a

convivencia con outras culturas políticas coas que apenas había relación levounos a

certas incomprensións, moi limitadas no seu alcance, no seo do noso Partido que se

resolveron de xeito positivo cando en maio de 2012 celebramos a nosa Conferencia

Nacional en Redondela e aprobamos por amplísima maioría, practicamente

unanimidade, a nosa adhesión e apoio decidido ao novo proxecto común, proxecto que

propiciou unha importante acumulación de forzas en torno das súas asembleas nun

tempo realmente rápido, apenas seis meses, culminando o 14 de xullo de 2012 na

constitución formal de ANOVA, e na que a nosa militancia, é bo dicilo, estivo integrada

desde o principio do proceso de xeito individual.

Page 7: Relatorio político

Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

7

A NOSA ALTERNATIVA

A Anova-Irmandade Nacionalista nace coma un espazo aberto de esquerda rupturista e

autodeterminista (autodeterminación camiño da independencia, din os Principios

Políticos) que se enfronta ao réxime e ao sistema a partir dunha concepción nova da

acción política en contradición coa parálise que a dedicación en exclusiva ao campo

institucional imprimiu no nacionalismo autonomista.

Desde a ANOVA-IN rexeitamos o capitalismo, rexeitamos o réxime xurdido da

restauración borbónica, aspiramos a un futuro socialista e á República Galega, sen por

iso facer escapismo nin abstracción da realidade. Non renunciamos, por tanto, a actuar

nas institucións do réxime, a convertelas en caixa de resonancia dun discurso

emancipador e antisistémico entregado ás necesidades da maioría social, do

proletariado moderno. Iso implica, como está a ocorrer coa actividade parlamentaria de

AGE, desvelar as propias contradicións das institucións burguesas, o seu carácter

clasista e a distancia entre as súas funcións e o discurso que pretende lexitimalas.

O socialismo e o comunismo non son soños derivados ao futuro; son a posibilidade

material de inverter a orde do presente intervindo nas múltiples células que constitúen

o corpo do real.

Debemos comprender que a crise actual do capitalismo é sistémica e só terminará coa

superación das actuais relacións de produción e por tanto dos vixentes modos

produtivos. A crise é estrutural, non é apenas económica. Canda ela sobrevén

intensamente unha crise global de superestruturas e con ela da hexemonía cultural que

o capitalismo impón de múltiples e variadas formas. Hoxe máis ca nunca é

imprescindible construír contrahexemonía.

A crise tamén é institucional. Esa dimensión exprésase no descrédito radical non da

política en si, como estupidamente queren facernos crer algúns dirixentes do

nacionalismo autonomista e de pensamento único, senón do vixente modelo de

representación política. O réxime de representación cae en crise porque se fai

insostible a desviación entre a formalidade democrática burguesa e a necesidade de

expresión política das multitudes, dunha verdadeira acción política popular. A

característica principal da representación é o diferimento, a desviación da capacidade

política do pobo ás elites da política profesional. Con ela, desvélase o carácter

Page 8: Relatorio político

Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

8

extremadamente clasista das organizacións políticas tradicionais, das liberais e das

socialdemócratas, que actúan coma dúas polas do Partido da Orde, do partido único da

burguesía.

A expropiación e anulación dunha cidadanía republicana, a súa exclusión, revélase

nestes tempos en toda a súa radicalidade. E a multitude, que sente sobre os seus

ombros unha agresión cada vez máis insoportábel, comprende en propias carnes que

non hai saída sen unha impugnación radical do réxime de representación e sen unha

conquista real da política. A democratización de todos os ámbitos da vida social é un

imperativo para o benestar colectivo. Incluído, por suposto, e en primeiro lugar, a

economía, que tanto os liberais coma os socialdemócratas exclúen de toda decisión

popular e preservan en mans exclusivas da oligarquía.

Aquilo ao que algúns chaman antipolítica ou movementos de descrédito da política é en

realidade un crecente movemento popular, en xerme e talvez precario politicamente

pero cunha enorme intuición subversiva, que impugna o réxime de representación e as

relacións de produción que o esixen. Non comprender esta realidade someteríanos a

concepcións reaccionarias e inmobilistas do feito político como realidade autónoma

limpa, allea ao antagonismo social. E iso é idealismo político, unha caste de

inmobilismo histórico que pode comprender a conveniencia dun cambio de réxime no

Estado español, certo nivel de soberanía, mesmo, pero que ao cabo preserva as razóns

e os mecanismos do sistema.

Os sectores politicamente máis activos en diversas formas de impugnación do sistema

e do réxime que lle serve de soporte xurídico e institucional, mesmo que algunhas

formulacións sexan difusas, exploran novas prácticas políticas que substitúan as

institucionalizadas, que sobreviven ao servizo das oligarquías e dos seus aparellos

estatais, dos que fan parte as organizacións clásicas. A impugnación da política

profesional non se debe a un problema de falta de honradez (que tamén existe, porque

é consubstancial á corrupción do sentido da democracia) senón de falta de utilidade en

termos de benestar colectivo.

As novas prácticas políticas implican en si mesmas proxectos dunha sociedade

diferente cuxas institucións respondan aos novos modelos organizativos e de

participación popular. E a novas relacións de produción.

Page 9: Relatorio político

Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

9

A NECESIDADE DA ANOVA

Desde a súa fundación, ANOVA-IN asume a necesidade dun novo modelo organizativo

que se distancie de vellas prácticas políticas, practique a democracia sen restricións e

ofreza no seu seo xa o xerme do que debe ser unha sociedade nova poscapitalista.

Porque a hexemonía tamén se conquista nunha guerra de posicións en que os

principios alternativos vaian filtrándose constante e interminabelmente na intelixencia

colectiva. A iso é ao que se lle chama, dalgunha forma talvez un tanto imprecisa, nova

cultura política.

A ANOVA-IN, como espazo dunha nova práctica da esquerda nacionalista en Galiza,

xorde necesariamente dun proceso de acumulación de forzas e de experiencias

diversas. A incorporación de homes e mulleres procedentes de diferentes culturas e

tradicións emancipadoras é condición indispensábel para a constitución da nova forza

política que se propón operar no escenario social e non recluírse nas institucións coma

se fora apenas unha oferta electoral máis.

A estas bases de tradición política militante engádenselles experiencias individuais e

colectivas en movementos sociais e sectoriais e tamén homes e mulleres sen militancia

que encontran no novo proxecto político un espazo novo no que construír organización

para a emancipación social e nacional.

Toda a pluralidade fundacional de ANOVA é indiscutíbel, incuestionábel e irrenunciábel.

Non poderá ser alterada a menos que se desexe alterar a propia concepción de ANOVA

en si e, nese mesmo sentido, destruíla.

A ANOVA tamén explicita a súa determinación de afastarse de certas prácticas do

nacionalismo autonomista en relación cos movementos sociais. A nova relación

basearase na colaboración, no apoio e na achega de experiencia política, de capacidade

de análise e de xenerosidade militante, sempre lonxe de toda tentación de control, de

manipulación e de instrumentalización. Porque someter os movementos sociais e

sectoriais a lóxicas partidarias, sobre todo cando esta está sometida á urxencia

electoral e de autorreprodución, é garantía de destrución e inutilización das loitas

populares de emancipación e práctica democrática. Así ocorreu co movemento Nunca

Máis, sometido até a súa destrución aos intereses da UPG e do BNG.

Page 10: Relatorio político

Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

10

Nese sentido, ANOVA, que é sen dúbida unha organización política, aspira tamén a ser

un movemento popular. Non é outra a razón de que se fale habitualmente de Anova

como partido-movemento.

A ANOVA expresa a necesidade dunha nova cultura política, entendida esta non como a

renuncia a ningún principio nin a ningunha bagaxe ideolóxica senón como unha

práctica democrática, participativa, horizontal, na que a totalidade da militancia asuma

responsabilidades compartidas. Unha organización cuxa pluralidade e diversidade

garanten fortaleza e determinación para ser ferramenta de liberación nacional e social.

Unha Crítica

A pluralidade fundacional da ANOVA tamén implicou a pervivencia de vellas prácticas

políticas propias do nacionalismo autonomista ligadas a posicións políticas e

organizativas máis ou menos conservadoras. Estas vellas prácticas dificultan a

consolidación do proxecto tal como se expresa publicamente e como o propio Voceiro

Nacional e o Coordinador manifestan publicamente.

Tamén tenden a relativizar, case a suspender, a non considerar relevante a

contradición principal entre o capital e o traballo, entre a oligarquía española e as

clases populares galegas, en relación co que significaría a contradición cun vago

sentimento nacional. Pero esta primacía do sentimento “nacional” non se expresa tanto

nun independentismo intransixente como na articulación dun nacionalismo de base

reformista (plasmado por exemplo naquilo que deron en chamar Estatuto de Nación)

tan querido para a cultura do nacionalismo galego autonomista.

Neste sentido, as inevitábeis alianzas políticas e electorais que ANOVA estea en

disposición de promover e nas que poida participar tenden a estar condicionadas por

esas concepcións políticas e organizativas conservadoras. O rexeitamento á

participación de EU en AGE, e por tanto da propia AGE, por ser considerada polos

autonomistas unha forza non galega é paradigmático desta posición.

Non se pode ocultar, pois, que se produce certa sublimación de posicións folclorizantes

e interclasistas nalgún sector da ANOVA, e esta posición coincide co proxecto

conservador consistente en fosilizar no seo da organización a vella cultura política de

control, de toma de decisións de maneira pouco democrática, de división do traballo

Page 11: Relatorio político

Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

11

militante entre unha selecta elite de dirixentes e unha masa obediente de militantes,

etc. Ese proxecto conservador non comprende unha organización política se non a

reduce a simple maquinaria electoral e se non somete a esa única finalidade

autorreprodutiva todos os seus pasos.

A POSICIÓN SOTO E A FRONTE AMPLA DE UNIDADE POPULAR

A ANOVA, e tamén AGE, en diferentes medidas e co signo dos tempos actuais,

representa hoxe a cristalización parcial da gran fronte deseñada hai máis de vinte anos

na Posición Luís Soto.

Ningún avance a prol da unidade popular será doado nin carecerá de contradicións, de

cambios de ritmo, de freos, recús e saltos cualitativos. Nese sentido, a FPG non escapa

aos problemas que incorpora a necesidade de atopar e crear espazos de traballo común

na perspectiva da emancipación nacional e social.

AGE é o primeiro chanzo da Fronte Ampla que formula Xosé Manuel Beiras o 25 de

xullo de 2012 e que cristaliza apenas unhas semanas antes das eleccións do 21 de

outubro de 2012. Unha Fronte Ampla que necesariamente deberá ter algunha fórmula

de continuidade para as próximas eleccións ao Parlamento Europeo.

A irrupción de AGE, cun discurso de ruptura, de rebelión popular e de constitución do

pobo galego como suxeito activo de soberanía, ou sexa, manexando un concepto de

soberanía ligado á vontade das clases populares e non a unha idea máis ou menos

idealizada e mistificada da nación, significa probabelmente o acontecemento de maior

dimensión política dentro da esquerda de Galiza nas últimas décadas.

AGE irrompe coma unha tormenta e non só disolve a hexemonía política do BNG no

eido nacionalista, senón que pon as bases para rebentar o seu monopolio sobre o

discurso político e cultural. A Alternativa Galega de Esquerda entra no esclerotizado

escenario político galego cunha contundencia que creba a foto fixa na que se viña

representando toda a actividade política, sempre recluída nos salóns institucionais. Os

resultados electorais da coalición foron espectaculares non tanto polo número de

escanos que conseguía unha forza que acababa de constituírse como polo efecto

sísmico que xerou ao seu redor.

Page 12: Relatorio político

Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

12

Durante a campaña electoral desas últimas eleccións autonómicas, quedou patente de

diferentes formas para electores e electoras de esquerda que tanto o PSOE coma o

BNG, as forzas que levaban anos monopolizando escenario institucional co PP, eran, iso

si, en graos diferentes, forzas do réxime. Mesmo aquela escenificación do debate dos

tres líderes nos medios públicos contribuíu, ao seu pesar, a explicitar esta evidencia.

Nun momento en que a crise do sistema e do réxime se agudizaba de forma cremos

que irreversíbel, amosando a súa verdadeira faciana, cun ataque brutal contra todos os

intereses e as conquistas das clases subalternas, o electorado de esquerda valora a

superación de certas barreiras e a confluencia de culturas políticas diversas e mesmo

historicamente enfrontadas en certos momentos. O pobo máis consciente valora o

inicio do proceso de Unidade Popular coma un enorme esforzo de acumulación de

forzas para a conquista dunha sociedade diferente, máis xusta, máis libre, máis

autodeterminada en todos os sentidos.

AGE formula un discurso de esquerda rupturista, de emerxencia dun novo poder

constituínte, e concibe a acción política nas institucións como reflexo das decisións do

pobo organizado. Velaí tamén un concepto da organización política diferente: a

organización como ferramenta do pobo organizado. O Grupo Parlamentario ao servizo

da cidadanía do común.

Indubidabelmente, o feito de que Xosé Manuel Beiras fose o candidato referencial

axuda a comprender o éxito fulgurante da coalición. Pero non só o carisma dunha

persoa explica unha mobilización social que aglutina douscentos mil votos arredor

dunhas candidaturas case descoñecidas, sen espazos nos medios de comunicación, sen

dereito aos debates na televisión pública, etc. O resultado de AGE enténdese só como

un típico acontecemento de raíz leninista, no que o pobo fura no transcorrer monótono

e acougado da historia para moverlle as engrenaxes. O triunfo da subxectividade

colectiva. Pero o proceso, é obvio, está apenas no seu limiar.

O resultado electoral de AGE, a súa propia existencia, abanea o mundo do BNG, que é

obxecto dun ataque de perplexidade motivado. A alianza de esquerda foi criminalizada

desde a súa constitución por incluír no seu seo unha organización que a pesar de

asumir con claridade o dereito de autodeterminación é considerada como radicalmente

españolista e, na linguaxe sectaria do BNG, antigalega. Con todo, os resultados

Page 13: Relatorio político

Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

13

electorais converten AGE na terceira forza e relegan o BNG a forza minoritaria, co cal,

queda ao descuberto que a hexemonía no campo nacionalista é socialmente unha

ficción. A mensaxe do BNG é sempre e en todo caso de consumo interno, pero non ten

capacidade de transcender a convicción dos seus propios militantes.

A maiores, e a pesar dos esforzos do BNG e das súas organizacións e medios satélites,

na percepción popular, a forza referencial da esquerda e do nacionalismo no

Parlamento do Hórreo é AGE, e Xosé Manuel Beiras unha referencia indiscutíbel.

Desde ese momento, o principal obxectivo do BNG consiste en recuperar a súa ilusión

de hexemonía no campo nacionalista. Para iso, dá por concluído o discurso de reforma

estatutaria e abraza un novo discurso formalmente soberanista. Pero a soberanía a que

alude é etérea, non descansa nun suxeito popular senón nunha idea eterna e inmutábel

de nación. E, ademais, a alusión á soberanía pretende ser a solución á crise formulada

polo ataque terminal do capital contra o traballo. Nunha liña de práctica interclasista, a

súa soberanía elude e mesmo nega a contradición principal entre a oligarquía española

e as clases populares galegas e, por tanto, as alianzas necesarias para resolvela.

A recuperación da hexemonía nacionalista por parte do BNG esixe a inxección de

contradicións en AGE, a creba do Grupo Parlamentario e por tanto da alianza, e a

posterior absorción e desactivación de ANOVA. As cousas, así, volverían ao seu estado

natural. O BNG pensa na súa organización e dirixe o seu discurso ás súas propias bases

militantes; ANOVA e AGE, entrementres, pensan na maioría social e a ela dirixen o seu

discurso. Eis unha inmensa diferenza entre a vella e a nova cultura política. Entre a

cultura da autorreprodución dentro do réxime e a cultura da emancipación e a ruptura.

O resultado de AGE tamén sumiu na máis profunda das incapacidades cognitivas a

organización que dicía querer buscar un espazo socialdemócrata e galeguista

maioritario, afastado da radicalidade independentista e da esquerda antisistema. En

ambos os casos, no do BNG e no da nacente CxG, a realidade non respondeu ás

previsións. A perplexidade continúa.

Mais AGE non é un instrumento electoral clásico. Tampouco Anova. Nesta especie de

confrontación que o BNG e a UPG ofrecen, baixo a forma de propostas de procesos que

conduzan á reunificación, o BNG pensa só na organización, mentres Anova e AGE, que

non participan do simulacro, pensan na maioría social da que necesitan sentirse parte.

Page 14: Relatorio político

Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

14

O BNG pensa nas tácticas que garantan a súa autorreprodución dentro das marxes do

réxime e do sistema; AGE e ANOVA pensan na ruptura.

A UNIDADE POPULAR E OS RETOS PARA O FUTURO

Debemos traballar para que a ANOVA non se someta nin ao proxecto estratéxico da

UPG nin á táctica desagregante do BNG. A ANOVA ten que trazar o seu propio

percorrido, organizar a súa propia axenda e liderar un proceso de consolidación e

ampliación da Fronte Ampla de Unidade Popular. Da intelixencia de AGE e de

ANOVA para resistir e esquivar as torpes provocacións do nacionalismo autonomista

depende boa parte do futuro. Até o de agora, e pese a certas resistencias internas de

certos elementos, a responsabilidade política de ANOVA está fóra de cuestión. E a

convivencia no Grupo Parlamentario de AGE é modélica e enriquecedora tanto para

Anova coma para EU e mesmo para as outras dúas organizacións, EQUO e Espazo

Ecosocialista.

Para estes elementos reformistas, o futuro de ANOVA pasa por cortar toda posibilidade

de permanencia e desenvolvemento da política de fronte ampla. A súa necesidade,

ademais, de controlar unha organización en cada un dos seus movementos esixe que a

dimensión desta non aumente demasiado, que ocupe un nicho ideolóxico e político

reducido e ao tempo suficientemente impreciso, e que a súa capacidade de

retroalimentación coas clases subalternas en procesos de organización sexa delimitada

pola lóxica institucional.

Ao proxecto da facción reformista de ANOVA, que tras a Asemblea Constituínte posuía

unha maioría esmagadora na Coordinadora Nacional e na Comisión Permanente,

empezou a enfrontarse na práctica e no discurso unha alternativa transversal, na que

conflúen, na defensa do proxecto orixinario do Novo Proxecto Común, militantes

procedentes de todos os sectores.

O estado maior desa facción reformista lanza entón a teoría da polarización, que

consiste en acusar a FPG de presentar unha batalla contra o EI polo poder na ANOVA.

Mediante esta caricaturización procúranse dous efectos: illar os elementos máis críticos

apoñéndolles escuros intereses partidarios, mesquiños; e ligar esa polarización á

Page 15: Relatorio político

Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

15

vixencia de AGE. Nesa dinámica, identifícase a FPG con EU, non só pola experiencia de

ACE no Morrazo, senón por mor dun anticomunismo primario (compartido, por

exemplo, cos dirixentes e moitos militantes de CxG), unha especie de neomacarthysmo

extemporáneo.

A posición de importantes grupos de militantes de ANOVA, incluídos compañeiros e

compañeiras da FPG, na defensa dos principios fundacionais e a práctica nas asembleas

contribúe a desmontar a absurda teoría. Na realidade, o que se está a producir é unha

transversalización de posicións políticas na defensa da nova cultura, a horizontalidade,

de AGE (esquerda) como terreo avanzado no proceso de acumulación de forzas que

debería unir toda a esquerda política e social en Galiza.

AGE, como primeira expresión da fronte ampla galega de unidade popular, é

irrenunciábel porque significa un avance cualitativo (e tamén cuantitativo!) no proceso

de emancipación da maioría social e na conquista do dereito de autodeterminación do

pobo galego, un Pobo constituído polas clases subalternas e en proceso de se converter

en suxeito activo de transformación. É o punto de inicio dun proceso de acumulación

de forzas que nos leve a un gran bloque de Unidade Popular ou Fronte Ampla que

funcione como panca de cambio social e nova orde, a superación do réxime e do

sistema cara a unha Galiza ceibe e socialista.

AGE e o seu desenvolvemento non serían posíbeis sen a conexión de culturas e

tradicións políticas diferentes, mesmo enfrontadas en múltiples ocasións no pasado.

Esa xenerosidade é unha marca de autenticidade que o pobo galego talvez xa estea a

interpretar convenientemente. Non se trata de armar unha instancia política

institucional que os defenda, coma se fosen diferentes, alleos; trátase de que sexan as

voces do pobo as que accedan ás institucións para defenderse, as que se

retroalimenten sen pausa cos seus representantes.

AGE é un espazo conquistado irrenunciábel. Por varias razóns:

1. porque perdelo sería desarticular sen necesidade un valioso instrumento

alternativo;

2. porque non haberá transformación social e emancipación nacional que

non sexa protagonizada por unha maioría social que impoña a súa

Page 16: Relatorio político

Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

16

hexemonía;

3. porque non pode haber hexemonía se non existe unha Unidade Popular

máis aló de quen lexitimamente se considere nacionalista;

4. porque a súa ruptura significaría defraudar expectativas e confianza non

só de 200.000 votantes, senón tamén de moitos outros electores e

electoras potenciais, e iso implicaría un nivel de frustración e derrota

popular do que non se recuperaría Galiza en décadas

AGE é o resultado dunha vontade colectiva que se expresa a partir dunha análise

atinada da realidade que deixa esta ofensiva salvaxe do capitalismo contra o traballo.

Son o momento histórico e a base material da actual fase do capitalismo os que fan

posíbel esta alianza. Tamén a existencia de ANOVA, os seus postulados fundacionais, a

vontade maioritaria da súa militancia, a súa fortaleza. Nese sentido, o reforzo da idea

da Fronte Ampla de Unidade Popular pasa tamén por un reforzo de Anova e,

no seu seo, das posicións de esquerda.

Foi un amplo sector de esquerda de ANOVA, potencialmente moi maioritario, o que

confluíu, con diversidade, con procedencias e culturas diferentes, sen sectarismos, sen

intereses particulares, sen controis partidarios, con xenerosidade. Persoas sen

militancia noutra organización a carón de militantes de todas as organizacións que

conviven hoxe dentro de ANOVA, desde a FPG ao EI demostraron mediante a práctica a

falsidade do relato reformista.

Democracia radical, fortalecemento e profundización de AGE como fase actual dunha

Fronte Ampla de Unidade Popular, a contradición entre o capital e o traballo, a mesma

que se dá entre a oligarquía española e as clases populares galegas, novos liderados

compartidos, horizontalidade, diversidade e pluralidade, todo o poder para as

asembleas, transparencia son só algúns dos principios de Anova que calquera

demócrata consecuente debe defender na Coordinadora Nacional e na Comisión

Permanente, os organismos de dirección nos que certos elementos xa non teñen a

maioría esmagadora da que gozaban, aínda que conserven certos privilexios.

Page 17: Relatorio político

Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

17

A NOSA MILITANCIA NA FPG E NA ANOVA

O compromiso da FPG co desenvolvemento e a consolidación de ANOVA, como

organización plural da esquerda anticapitalista e independentista, é sincero e absoluto,

unha tarefa política de importancia histórica, irrenunciábel. Respectando e practicando

os principios que deron lugar ao nacemento de ANOVA, participando en todos os niveis

organizativos e sociais de Anova, contribuíndo a sacar á rúa a perspectiva e a ila

retirando dos asuntos internos, que terán que ir decantándose a favor dunha maioría

galega de esquerda, radical, democrática, transversal e igualitaria.

Do mesmo xeito mantemos un compromiso total co desenvolvemento dunha Fronte

Ampla de Unidade Popular, e, neste intre, coa súa primeira expresión chamada AGE,

que nos permita camiñar con paso firme e seguro cara a liberación nacional e o

socialismo, que para nós recibe o nome de Independencia.

Nesta aposta clara da FPG polo proxecto da ANOVA-IN cómpre definirmos, en primeiro

lugar, as nosas funcións como organización política soberana, en segundo lugar, os

principios que nos deben guiar no seo da irmandade nacionalista e, en terceiro lugar e

non menos importante, debemos adaptar a nosa estrutura orgánica á nova conxuntura

política que vivimos, tendo especialmente en conta a nosa participación militante nesa

auténtica unidade popular asemblearia que entre todas e todos demos en chamar

ANOVA-IN, e da que é preciso defender, e mesmo fomentar, a súa independencia e

soberanía a respecto das organizacións políticas pre-existentes.

As nosas funcións serán obviamente todas aquelas que o Comité Central estimar

oportunas, mais aquí debemos apuntar unha serie de orientacións xerais. Deberemos

tender a ceder todo o protagonismo á unidade popular nas cuestións nacionais de

consenso, como o Día da Patria ou o Día da Galiza Mártir por poñer uns exemplos,

conservando a nosa independencia naquelas que teñen carácter de clase ou nas que

non son aceptadas pola totalidade da unidade popular, como poderían ser o 10 de

marzo, o 1º de maio ou o aniversario da caída en combate do camarada Xosé Ramón

Reboiras Noia. Como tamén nas convocatorias unitarias do movemento popular galego,

con carácter xeral, deberemos fomentar a presenza exclusiva da unidade popular, agás

que o Comité Central, con carácter extraordinario, considere imprescindíbel que a FPG

estea presente como tal de xeito xustificado.

Page 18: Relatorio político

Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

18

Nas reivindicacións e loitas concretas onde a unidade popular non chegue por non

tratarse de principios e reivindicacións básicas e unitarios, é onde debe chegar o noso

Partido.

Os dous grandes principios que nos deben seguir guiando no seo da unidade popular,

como até o momento, serán:

-A defensa dos principios políticos, éticos e organizativos de que se dotou a irmandade

nacionalista na súa Asemblea Nacional Constituínte, así como do seu posterior

desenvolvemento na I Asemblea Nacional.

-A non inxerencia como partido nas cuestións internas da unidade popular, respectando

e defendendo a súa independencia e soberanía a respecto das organizacións políticas

pre-existentes, tanto das formais como das informais.

Desde a FPG podemos afirmar con orgullo que fomos a única organización das que

apoian ANOVA na que as nosas militantes non interviron en base a consignas nin

estratexias precociñadas fóra dos órganos lexítimos de que se dota a irmandade

nacionalista, e iso pese aos inconvenientes que en certos momentos representou para

a propia FPG: cando ollamos certos colectivos influír de xeito decisivo,

sobredimensionándose a súa capacidade de intervención, ou cando certos elementos

(por exemplo desde a primeira xuntanza da primeira Coordinadora Nacional) citan

unha e outra vez as nosas siglas de xeito case obsesivo nunha estratexia infantil de

provocación ou mesmo cando hai quen está interesado en crear un inimigo interno

(momentaneamente chamado FPG) para tentar liquidar amplos sectores da esquerda

consecuente e seguir así mantendo as súas mesquiñas cuotas de poder…

As mulleres e homes da FPG sempre entendemos a importancia da unidade, e máis

nestes tempos escuros nos que o capital pretende liquidar de vez todo rastro de

conquista obreira e popular e, ademais, sendo que ANOVA aínda é unha pequena

crianza que precisa percorrer unha parte importante do camiño por si soa coa axuda

das súas únicas pernas (xa haberá tempo para analizar se o camiño percorrido foi

dereito ou torto): por isto, e máis, debemos insistir en non intervir como Partido no seo

da irmandade nacionalista. Cada militante é libre para actuar como considerar

oportuno, sempre sendo consecuente coas orientacións aquí bosquexadas e coa

máxima lealtade para co proxecto que representa ANOVA. Tan só en casos moi

Page 19: Relatorio político

Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

19

excepcionais, nos que, por exemplo, alguén quixese atacar ao conxunto do Partido,

podería tomar o Comité Central as medidas necesarias para evitar en todo caso un mal

maior.

Finalmente, a adaptación da nosa estrutura orgánica á actual conxuntura baséase en

seis grandes liñas que as comunistas debemos implementar para o novo período que

se abre tras este Congreso:

1- Redución de burocracia inservíbel

Un dos defectos na vida interna das organizacións da esquerda revolucionaria en

xeral é a multiplicación das reunións orgánicas até o infinito, queimando moitas

veces ás militantes máis capaces en xuntanzas as máis das veces estériles. Neste

sentido, cremos conveniente a desaparición na actual conxuntura do Secretariado

Político e que todas as súas funcións sexan asumidas polo Comité Central.

2- Axilización (que non precipitación) na toma de decisións.

É preciso a redución do número de membros do CC para facer deste un órgano máis

áxil sen que por iso perda capacidade de dirección e representatividade.

Propoñemos un Comité Central composto de XXX persoas electas directamente

neste Congreso que se verá ampliado polas Secretarías de Zona.

3- Creación de equipos de traballo eficaces.

A nivel nacional as distintas secretarías deben estimular a participación activa do

conxunto da militancia nas distintas áreas así como a nivel de base é fundamental

que cada militante tome parte nalgunha das tarefas a realizar.

A horizontalidade e o comparto de tarefas e responsabilidades deben ser as

características que predominen nesta nova etapa que aquí abrimos.

4- Fomento de cadros militantes.

Unha nova política de formación militante xunto co fomento das militantes máis

novas e novos en todos os niveis do Partido é peza clave tanto para o necesario

relevo xeracional como para garantir a continuidade da loita pola República Galega e

o socialismo.

Page 20: Relatorio político

Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

20

5- Potenciación da nosa comunicación coa sociedade.

Temos que continuar a liña trazada estes últimos anos de potenciar a nosa web

nacional e de reforzar a nosa presenza nas redes sociais. Neste último caso é

obrigatorio que, como mínimo, cada zona constituída do Partido dispoña dun

facebook e dunha conta de twitter, que deberá levar a Secretaria de zona ou aquela

militante en que se delegue. Así mesmo cómpre coidar a imaxe e a presentación das

nosas propostas e alternativas. Non debemos esquecernos nunca que os perfís das

redes sociais representan ao Partido e por isto que o que eles transmitan ten que

ser común en todo o país.

Debemos marcar unha estratexia comunicativa, hai que coidar e reforzar a nosa

comunicación coa sociedade e tamén co noso entorno máis próximo. A relación cos

medios de comunicación, desde os máis próximos até os máis hostís, debe ser unha

obriga.

Nesta liña, a FPG debemos pór en funcionamento a nosa capacidade de marcar liña

de opinión e de incisión no pensamento da esquerda galega, algo que nunca

deixamos de facer nos medios propios, pero que quizais é preciso ampliar a través

de novos medios, sen descoidar nunca os que xa temos.

6- Coordinación do noso múltiple traballo militante e fortalecemento do

Partido.

A nosa plena e sincera implicación nas diferentes organizacións e proxectos nos que

traballa a militancia da FPG non pode facernos esquecer a necesidade do

reforzamento interno do noso Partido.

Debemos prescindir de estruturas duplicadas que demostraron ser estériles no noso

organigrama, adaptándonos cara unha estrutura acorde coas nosas necesidades

políticas e organizativas reais.

Pero ao mesmo tempo é imprescindíbel reforzar a nosa organización interna en

todos os niveis. Debemos potenciar a nosa renovación a través da apertura do

Partido á mocidade traballadora e comprometida co noso proxecto. E por suposto, é

fulcral mellorar e reforzar a comunicación interna en todos os niveis, interna e

Page 21: Relatorio político

Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

21

externamente, aumentando a nosa referencialidade na sociedade e na nosa base

simpatizante.

Reforzar a implicación dos diferentes comités de zona nos órganos nacionais e

viceversa. Esta relación debe estar baseada na reciprocidade. O comité central debe

priorizar como unha das súas funcións principais a dinamización das diferentes

zonas e do noso traballo militante.

O proxecto comunista e patriótico da Frente Popular Galega só triunfará coa

implicación colectiva de todas as camaradas que formamos este Partido. Só será

posíbel coa acción colectiva e a aplicación unitaria das liñas marcadas e decididas

democraticamente no Congreso do Partido.