proposta de actividades para o dÍa 17 de abril do 2020 · 2021. 3. 11. · cra de coristanco –...
TRANSCRIPT
Cra Coristanco-Santa Comba
PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA 17 DE ABRIL DO 2020
HORARIO ACTIVIDADE
09:00 Aséome e preparo o meu almorzo
10:00 Lóxica - Matemática:
Matemáticas na cociña
11:00 Aséome e preparo o miña merenda
12:00 Xogo libre/xogo só
13:00 Arte - Interdisciplinar:
Bastonciños con arte
14:00 Aséome e axudo a preparar a comida e poñer a
mesa
AS ACTIVIDADES PROPOSTAS SON FLEXIBLES E VOLUNTARIAS
CRA de Coristanco – Santa Comba
MATEMÁTICAS NA COCIÑA!
Nesta actividade xogaremos cos números e con útiles que seguro que tedes
na vosa cociña.
MATERIAIS:
- Papel, lápis, pinzas da roupa, rotuladores ou ceras.
- Culleres, grafos, coitelos, tesoira.
- Garavanzos, fabas ou lentellas.
- Espaguetes e macarróns.
- Unha ola, escumadeira e un pano.
- Bandexa do forno.
1º. Na primeira actividade, collemos un papel e facemos o contorno da tesoira,
culler, garfo e coitelo.
Despois de facer o contorno, introducimos catro ou cinco útiles de cada un nunha
cunca. Colocamos os contornos recortados na mesa e colocamos cada utensilio no
contorno correspondente.
2º. Facemos SERIES cos coitelos, garfos, culleres. Podemos comezar por alguna
serie sinxela (dous cóitelos, dous garfos) e pouco a pouco facendo series máis
complexas. Podemos introducir tamén garavanzos, pipas ou lentellas.
CRA de Coristanco – Santa Comba
Despois escribimos os números e os signos de suma e resta nun papel, e podemos
facer sumas e restas.
Para os menos e nenas de PRIMARIA podemos xogar tamén a facer series
empregando DECENAS.
3º. Na seguinte actividade colleremos unha cunca, unha escumadeira, espaguetes
e macarróns. Colocamos un trapo no fondo da cunca e seguidamente colocamos
na parte superior a escumadeira.
Traballaremos a motricidade fina introducindo os macarróns polos espaguetes.
Unha variante sería introducir os macarróns e xogar a sumar (dous macarróns e
dous macarróns).
CRA de Coristanco – Santa Comba
4º. Na derradeira actividade, empregaremos a bandexa do forno. Para comezar
pegaremos os números feitos anteriormente e as pinzas da roupa.
Nesta actividade podemos xogar a introducir lentellas ou garavanzos nas culleres
segundo o número que se corresponda ca pinza.
Tamén podemos facer sumas e restas do mesmo xeito.
Ou facer agrupacións xogando coas cantidades. Por exemplo: 1 coitelo, 3 culleres
e 7 garfos.
Xogade moito cos números e mandade fotos para ver o resultado!!
CRA de Coristanco – Santa Comba
BASTONCIÑOS CON ARTE
Que traballamos?
ARTE LECTO-ESCRITURA LÓXICO-MATEMÁTICA
E MOITAS COUSAS MAIS…
As cores A creatividade
A expresión plástica
O trazo As letras O nome
A direccionalidade
As formas xeométricas Os números
A suma e a resta
Atención Concentración
Memoria
EXPLICACIÓN DA ACTIVIDADE:
En primeiro lugar, precisamos bastonciños de algodón e rotuladores de cores. Deixaremos que o neno/a coloree a punta dos bastonciños das cores que queira.
A continuación, proporémoslle que elabore figuras xeométricas como o triángulo, cadrado, rectángulo, rombo, estrela…tentando que coincidan as cores das puntas dos bastonciños, para facelo máis complicado… Se o neno está en 4 anos xa pode poñer algúns números. E se está en 5 anos, pode tentar usar os bastonciños para facer sumas e restas
Despois, tamén podemos pedirlle que tente usar os bastonciños para escribir algunhas letras, ou mesmo, o seu nome, ou algunha mensaxe ou debuxo.
CRA de Coristanco – Santa Comba
Algo moi divertido, pode ser colocar os bastonciños da forma que queiramos nunha folla e intentar debuxalo no papel, ou viceversa., un adulto pode debuxar unha forma no papel mentres que o neno/a intenta colocar os bastonciños seguindo o modelo.
Por último, podemos xogar co neno/a facendo un dominó. E a divertirse!!!!