primeira plana

4
1º premio Primeira plana Lara Trasande

Upload: patricia-aa

Post on 16-Mar-2016

218 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Concurso de relatos do CPI O Cruce

TRANSCRIPT

Page 1: Primeira plana

1º premio

Primeira plana

Lara Trasande

Page 2: Primeira plana

Paulo acaba de saír do restaurante onde se celebrara a cea de

antigos alumnos. Levaba un par de copas de máis, aínda que

seguramente eran máis, pero ningún dos seu compañeiros lle

impediron coller o seu coche, un Seat, para volver para a casa. El

acostumaba ser un home responsable, sempre facendo o correcto e

sendo amable con todo o mundo, pero esta noite fartárase de todo,

rematáraselle a pouca paciencia que lle quedaba. O seu xefe botárao

do traballo que dende cativo soñara con ter pero as cousas

complicáranselle. Agora débelle cartos a varios prestamistas e non

sabe como llos ha devolver. Por iso hoxe bebeu para intentar deixar

atrás eses momentos.

Cando colleu o coche xa estaba un chisco mareado, pero

arrancou o automóbil nin pensando tan sequera cal era a velocidade

máis prudente nese momento. Non el non, el tan pronto prendeu o

coche como o puxo a 120km/h. Paulo seguía correndo pola estrada

comarcal a case 90km/h máis dos que permitía a lei, mentres se lle

cerraban cada vez máis os seus claros ollos azuis e notaba cada vez

que as súas pálpebras adquirían un maior peso.

Nunha ollada, enxergou as luces dun coche de policía

polo seu retrovisor. Apertou a tope o acelerador. Non estaba

disposto a que lle puxeran unha multa, nin sequera lle chegaban os

Page 3: Primeira plana

cartos para comer como para iso. Cando perdera de vista o coche

patrulla, xa estaba a poucos quilómetros do seu piso así que decidiu

seguir o seu camiño cunha pouca máis tranquilidade. Puxo a radio e

conectou o limpaparabrisas, puxérase a chover a cántaros,

achegando unha tormenta que traía raios e tronos con algún mal

presaxio...

De súpeto, Paulo oíu un forte estrondo, e nun abrir e

pechar de ollos notou unha especie de lategazo na caluga... Durante

varios minutos estivo inconsciente, derramando sangue polo coche,

ata que as suaves pingas do que quedaba da tormenta o espertaron.

Tivera un accidente. Tiña unha aguda dor no pescozo e unha ferida

na perna que parecía de bastante gravidade. Estaba sangrando pero

mirou a través do parabrisas e logrou recoñecer a silueta de outro

coche. Atemorizado polo fume que saía deste, intentou saír del

rapidamente, pero non lograba abrir ningunha das portas. Rompeu

o cristal. Cando a metade do seu corpo xa fora liberado, un forte

resplandor iluminou o lugar cunha calor abafante. O último que

logrou oír foron as distantes sereas dunha ambulancia.

Lorena Souto é unha muller galega de 48 anos. Muller e

nai dun rapaz de 24 anos, moi traballadora ela e de gran beleza. Os

seus longos cabelos negros resaltaban aínda máis os seus intensos

ollos verdes. Pero este día, o 29 de agosto de 1998, o seu rostro non

Page 4: Primeira plana

gozaba da súa habitual vitalidade, este día no lugar dun

resplandecente sorriso, ocupaban o seu sitio unha serie de bágoas

que esvaraban á carreira pola súa delicada cara. Acababa de recibir

unha chamada, unha chamada coa que un médico lle informaba da

morte do seu fillo. Entón a Lorena pareceulle quedar sen aire, caeu

ao chan e botouse a chorar inconsolablemente.

Horas máis tarde, un pouco máis tranquila e calmada,

colleu o periódico para ver podía deixar de pensar só por un

momento naquel día que tantas desgrazas lle trouxera, pero tan

pronto viu a primeira plana do xornal, púxose a chorar de novo. Non

podía ser certo iso. Esa páxina dicía:

“Esta noite de tormenta, morreron nunha estrada

preto de Vigo dous homes. Un deles ía bébedo polo que se supón, foi

o principal autor desta traxedia. Segundo fontes da policía, un

deles parece corresponder ao perfil dun rapaz de 24 anos

aproximadamente que se dirixía a Mos cando un condutor se lle

botou enriba sacándoo da calzada. Ambos os dous morreron

calcinados na explosión que se produciu ao chocaren os coches.”

Lara Trasande 2ºB