oncela na illa de ons

40
ONCELA NA ILLA DE ONS

Upload: ceipcoiron

Post on 28-Jun-2015

144 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Oncela na illa de ons

ONCELA NA ILLA DE ONS

Page 2: Oncela na illa de ons

ÍNDICE DE CAPÍTULOS

1. Oncela vai vivIr á illa de Ons…...Mario Hermida Martínez 10. Os ladróns de bancos…...Alejandro Barbeito Cousido

2. Unha bonita cova………………...Lucía Fontán Bemposta 11. As gaivotas desaparecen….….Raúl Moldes Mouriño

3. A fábrica de lambetadas……….…Daniel Figueiro García 12. Protexendo ós animais……….Anxo González Canay

4. O día que rompeu un brazo…...Aida Fernández Hermida 13. O ataque dos piratas………..…..Oscar González Rey

5. A mensaxe na botella………………...María García López 14. Carlos o fareiro………….…….Nerea Castro Limeres

6. Buceando cos peixes………………….Pablo Fariña Casal 15. Faise noite…………...Brayan Fernández Domínguez

7. O labirinto………………………...…...Lucía Gondar Casal 16. A cuncha máxica….……….Enma Fontán Fernández

8. A visita de Daniel………………..…Antía Fontán González 17. Os xogos das illas……..………….Aitor Serrano Lima

9. Oncela e a contaminación…….Juan Jesús Ávila Vazquez 18. A visita de Ana………………..Almudena Besada Amil

CEIP de COIRÓN-DENA. 5º A - CURSO 2014-2015.

Page 3: Oncela na illa de ons

ONCELA VAI VIVIR Á ILLA DE ONS

Oncela é unha nena de 17 anos que vive coa súa familia nunha casa en Bueu. Ten o pelo negro e os ollos azuis coma o mar.

Sempre leva un chapeu marrón que lle regalou o seu avó. Ela é moi divertida e gústalle explorar.Tamén é un pouco tímida xa que

sempre ten medo cando coñece a alguén, aínda que lle pasa pronto.

Un día foi á casa do seu avó a visitalo. Estaba sentado no sofá mirando a televisión e ó velo non pudo evitar preguntarlle qué lle

pasaba. O avó díxolle que se atopaba mal. A culpa tíñaa unha enfermidade que só se podía curar cunha planta moi rara que medraba na illa de Ons. Oncela púxose moi triste, queríalle moito e estaba disposta a facer calquera cousa por axudalo. Ofreceuse a ir buscar a planta e non volvería ata atopala. A rapaza foi a súa casa e pediulle permiso ós seus pais. Súa nai díxolle que si pero seu pai non se convencía tan fácilmente. Pero ela era tan terca e ao final deixárona ir. Foi en barco desde Vigo ata Ons. Alí buscou entre todas as plantas ata que viu unha especial. Sabía que era aquela porque tiña

un libro que lle servía de guía. Estaba contentísima pero nese intre un can arrancouna e botouse a correr.

Correron tres quilómetros sen descanso ata que o can parou a facer “as súas cousas”. Oncela aproveitou para coller a planta e fuxir. Colleu o barco para Bueu e foi ata a casa do seu avó a levarlle a planta. O avó díxolle que tiña que prepararlle unha infusión. Ó pouco de darlla xa se sintiu bastante ben, non de todo, pero mellor. Oncela quedou moi satisfeita e moi orgullosa de si mesma.

O avó, como regalo, doulle un colar fermosísimo que súa avoa gardara durante moitos anos.

Pasaron os días e ela non se quitaba da cabeza o fermosa que era a illa de Ons. Tamén lembrou todas aquelas flores, a paisaxe, as casiñas e as amplas praias. Preguntou na casa se podía ir a vivir alí unha tempada. Os seus pais pensárono moito, vivir ó aire libre e facerse independiente sentaríalle ben a súa filla. Estaba tan emocionada e sentíase tan libre que colleu o primeiro barco que

saía rumbo á illa de Ons. O primeiro día refuxiouse nunha cova, estábase tan ben que decidiu que cuns pequenos

arranxos esa sería a súa casa.

Page 4: Oncela na illa de ons
Page 5: Oncela na illa de ons

UNHA BONITA COVA

Oncela púxose a traballar desde o primeiro día para facer daquela cova un agradable fogar. Descubriu que se lle daba

moi ben a decoración. Nas paredes puxo unha selva debuxada cun pequeno río ó fondo. Para o chan teceu unha alfombra de xuncos facendo a figura dun león. A cova é moi grande e con sitio para dous baños, por si hai visitas, tres habitacións e unha cociña onde hai de todo. Alí prepara os peixes que pesca na praia e as centolas que son o seu prato favorito. Para a

sobremesa gústanlle as mazás asadas con salsa de amorodos. Cando se quere lavar vai a unha lagoa

pequena, pon as súas chanclas, o seu bañador e frégase cunha esponxa natural que atopou nas rochas da praia cando collía mexilóns. Oncela ás veces xoga con Pipo, o loro que se fixo amigo dela é agora é a súa mascota.Tíralle un coco e tén que traerllo co

pico ou nas patas. Cóntanse chistes que só eles entenden e sóbense ós carballos para ver ós barcos que saen da ría de

Vigo.

Tamén anda por alí un oso larpeiro que lle rouba a comida, tíralle pedras pequenas e escóndelle a roupa que tén a secar.

Gústalle vivir alí cos seus novos amigos.

Page 6: Oncela na illa de ons
Page 7: Oncela na illa de ons

A FÁBRICA DE LAMBETADAS

Como a Oncela e ó oso lles gustaban tanto os doces decidiu montar unha empresa de lambetadas na illa.

Chamaríalle “A Lambetada Feliz”.

Estaba desexando ver nas caras dos nenos os sorrisos cando as probaran. As máquinas que as fabricaban non contaminaban, só

funcionaba con enerxía solar. Repartía as lambetadas sen azúcre a todos os que viñan de visita ou de vacacións.

Estaban feitas de mel, margaridas, rosas e un pouco de licor de castaña, iso sen que ninguén o soupera. Era unha empresa moi

coñecída e ós nenos facíaselles a boca auga.

Tamén lle gustaba axudar a toda a xente así que para agradecerllo fixéronlle unha estatua. Ela seguiu regalando aos nenos

lambetadas sempre que querían e todos dicían que era unha boa persoa.

Page 8: Oncela na illa de ons
Page 9: Oncela na illa de ons

O DÍA QUE ROMPEU UN BRAZO

Era un día soleado e Oncela estaba de excursión pola illa. Foi nadar á praia e a xogar coas conchas , estábao pasando tan ben

que non se decatou de que se lle facía de noite. Ía moito frío e todo estaba escuro. Subiu a unha árbore para ver

as luces de Bueu, ou do faro, ou de Vigo.

De súpeto rompeu unha póla e caeu ó chan. Notou que se lle rompera un brazo. Tiña moitísima dor e non

había ninguén, estaba soa e marchou para a súa cova. Fixo unha venda con follas e lianas e atouna cun pau pequeno de pino para inmovilizar o brazo. Durmiu moi mal e pola maña aínda lle doía moito máis. Lembrouse da planta que curara ó seu avó e foina buscar. Fixo unha infusión e engadiulle un pouco de dente de quenlla. A menciña sabía moi mal pero tomouna igual.

Tamén fixo unha crema mezclando margaridas, rosas, flores de xesta e auga de mar. Con iso

recuperouse de todo e en poucos días xa volveu á praia a nadar cos golfiños e cos cabaliños de mar. Como ó oso e ó loro non lles gustaba moito a auga esperábana facendo castelos coa area.

Page 10: Oncela na illa de ons
Page 11: Oncela na illa de ons

A MENSAXE NA BOTELLA

Oncela estaba tomando o sol na praia e viu algo na auga. Era unha botella e parecía que tiña algo dentro.

Abriuna e alí estaba unha folla de papel que tiña algo escrito, pero a letra era tan pequena que non podía lela.

Foi a un pobo cercano, preguntoulle a moita xente, pero ninguén sabía o que poñía. Logo, pediulles

unha lupa pero tampouco tiñan. Oncela decidiu facer unha lupa con cousas que atopaba polo camiño. Pero só atopou follas e

rochas. Pediulle á xente do pobo un espello pequeno e un pouco de pegamento. Conseguiu esas cousas en moi pouco tempo.

Colleu unha folla, unha corda, o espello e o pegamento para facer unha lupa. Tardou unha hora, pero por fin rematou. Colleu a

lupa e mirou a folla de papel, poñía: <<S.O.S. Estou atrapada nun illote. >> Alguén estaba en perigo.

Buscou paus para facer un barco, pero a primeira vez fundiuse, a segunda tamén, e a terceira, pero a cuarta…

Navegou! Saiu rapidamente da illa e buscou un illote pequeño no que poidera haber alguén. Pasou horas navengando ata que viu

o illote de Onza. Alí estaba unha nena pedindo socorro na area. Tiña o pelo castaño, os ollos marróns, parecía boa persoa.

Contoulle que se chamaba Sara, vivía nunha illa preto dalí e cando ía navegando a súa lancha afundiuse.

Page 12: Oncela na illa de ons

Oncela axudoulle a volver a súa casa, despedironse e volveu á illa de Ons a vivir máis aventuras.

Page 13: Oncela na illa de ons

BUCEANDO COS PEIXES

Oncela estaba buceando nos arrecifes da illa. Era unha das cousas que máis lle gustaba facer: tocar os corais do fondo, coller

centolas e ver os peixes. Cando estaba abrindo unha ostra rodeouna un banco de sardiñas. Decatouse de que estaban

asustadas e fuxían de algo. Dalgún xeito estábanlle pedirdo axuda.

Pensou que tiña que axudar a eses pacíficos peixes. Nese intre acercábase unha quenlla grandísima coa boca aberta.

Oncela persiguiuna ata alcanzala, agarrouna pola aleta e lanzouna lonxe.

Pensou que se librara do perigo pero non era así, a quenlla aproveitou un despiste da rapaza e tragouna dun

bocado. Despois de estar moito tempo na súa barriga lembrouse de que tiña unha pluma e fíxolle cóxegas. De

tantas que lle fixo escupiuna e salvouse. As sardiñas quedáronlle moi agradecidas e sempre serían as súas amigas.

Page 14: Oncela na illa de ons
Page 15: Oncela na illa de ons

O LABIRINTO

Oncela levantou unha pedra e debaixo había un escorpión. Sabía que era velenoso porque o lera nun libro. Díxolle que se

apartara do seu camiño . Ó pasar ó seu carón case lle pica, non lle fixo moito caso pero pareceulle raro a maneira na que a

miraba. O bicho levantouse sobre as patas e ela viu que na barriga levaba un papel pegado. Con moito coidado e

a axuda dun pau despegouno. Abriuno a modo: era o mapa dun labirinto!

Como era unha nena moi valente decidiu seguir as indicacións do mapa. Pasou un camino moi estreito e cheo de silvas e toxos

que daba a entrada dun templo. Entrou e todo foron dificultades: trampas, bólas con pinchos, cables eléctricos,

cousas moi horribles…

Ó final decatouse de que algo brillaba no chan, era un cofre dourado. Abriuno e dentro descubriu unha gran maza de ouro. Colleu

o tesouro e saíu correndo do labirindo. Fóra estábaa esperando o escorpión , ela tocoulle o lombo coa man e el

choscoulle un ollo. Fixéronse amigos para sempre.

Page 16: Oncela na illa de ons
Page 17: Oncela na illa de ons

A VISITA DE DANIEL

Un día Oncela dicidiu mandarle recado por un mariñeiro ó seu amigo Daniel para que fose visitala á illa.

Foino buscar ó porto e levaron as maletas á cova. Pareceulle chulísima e moi ben decorada.

Levouno visitar a Praia de Fontiñas, unha aldea chamada O Caño e o Illote do Gairo. Desde alí había unhas vistas fermosas.

Tamén o levou ó Buraco do Inferno e Daniel quixo mirar cómo era, esvarou e se non é por unha rocha cae ó fondo.

Oncela díxolle a Daniel:

- A Illa de Ons ten forma de un can collendo unha pelota.

E Daniel respondeulle:

- Esta illa si que mola!

Page 18: Oncela na illa de ons

Daniel pasouno tan ben que agora sempre vai de vacacions á .

Page 19: Oncela na illa de ons

ONCELA E A CONTAMINACIÓN

Cando Oncela estaba na illa de Ons, viu que un barco estaba tirando materiais tóxicos. O único que podería curar ao mar sería o

anel branco máxico escondido no fondo do mar, e quixo ir a búscalo. Converteuse nunha serea coa cola dos cores do

arco da vella. Foi a Atlántida xunto á raíña serea de Ons chamada Luísa e preguntoulle:

- Onde esta o anel branco?

- Na cova dos monstros. Enviarei a alguén para que te axude. E moi perigoso. – Contestou a raíña

- Vale, moitas grazas raíña Luísa.

A raíña Luísa chamou ó seu aventureiro Maique para que lle axudara a Oncela a atopar o anel. Maique e Oncela foron á cova dos

monstros. Antes de entrar tiveron que esquivar ás quenllas verdes.

Os peixes vixiantes víronos e avisaron a outras quenllas que enviaron unha medusa eléctrica dun

metro.

Page 20: Oncela na illa de ons

Conseguiron matala e meterse na cova. Colleron o anel branco e descubriron o Kraken. Cando tiveron oportunidade apuntaron co

anel ó Kraken que desapareceu nun universo paralelo.

Saíron da cova e ela quedouse co anel branco e coa perla que posuía o anel branco no seu interior. Despois de limpar o lixo do

mar co anel branco recuperou as pernas para saír á superficie onde os seus país orgullosos a agardaban.

Como recompensa, compráronlle un iate e puxéronlle o seu nome a unha illa.

Page 21: Oncela na illa de ons

OS LADRÓNS DE BANCOS

Oncela estaba dando un paseo pola mañá para estirar un pouco as pernas, era relaxante andar descalza pola area da Praia.

Aproveitou para coller cunchas. De súpeto viu a uns homes sacando diñeiro da súa lancha motora. Empezou a seguilos, quería

saber que tramaban e viunos entrar nunca gruta secreta. Ían esconder os cartos. Pensando qué podían estar tramando,

non se decatou de que marchaban, pero iso foi beneficioso porque podía asomarse e ver que había alí.

Cando entrou na gruta viu un par de velas que alumeaban o interior, pero non se podía ver ben, sorte que tiña unha

linterna. Cando a acendeu viu unha lousa, nela había fotos de bancos famosos.

Tres deles estaban tachados e outro estaba rodeado, iso significaba que os tachados xa os roubaran e o rodeado era o seu

seguinte golpe. Tiña que atrapalos. Preparou unha trampa para que nada máis chegar caeran nela.

Page 22: Oncela na illa de ons

Escondeuse detrás duns carballos e agardou a que chegaran.Tardaron máis do que esperaba, e cando estaba a piques de

durmirse apareceron. Só tivo que esperar un segundo e caeron na trampa. Foi correndo a gruta e viunos colgados do teito.

Colleu todas as bolsas, destruiu a gruta e deixou encerrados ós ladróns. Devolveu os cartos a cada banco, un deles doulle unha

bolsa con mil euros.

Aproveitou para comprar máis comida para a súa mascota e algo de roupa para ela e volveu á illa.

Page 23: Oncela na illa de ons

AS GAIVOTAS DESAPARECEN

A Oncela gustábanlle moito as gaivotas porque podían voar. Gustáballe subirse ás árbores para velas mellor .

Un día decatouse de que estaban desaparecendo. Cada día faltaban tres ou catro . Descubriu trampas por toda a illa.

Estivo investigando pero non atopou quen estaba detrás de todo iso.

Despois dalgúns días tropezou cunha casa vella, rota e co tellado en moi mal estado. Desde unha ventá medio aberta viu un vello

de ollos verdes e una enorme barba. Era Fermín, un mariñeiro de Cangas con moi malas pulgas que odiaba os

animais con ás. Oncela desconfiou del e cando se fixo de noite volveu á cova. Buscou por todos os lados ata que

tocou un pasamáns e abriuse unha porta que daba a un pasadizo secreto.

Page 24: Oncela na illa de ons

No sotano tiña gardadas pistolas, armas, peles de animais disecados, e ata un dente de marfil. Era un cazador

pero a súa tapadeira era de mariñeiro para non levantar sospeitas. Para pillalo tivo que facer unha trampa, cavou un buraco ,

púxolle follas e tapouno. Máis tarde pasaba Fermín por alí e caeu. Oncela chamou á policía e arrestárono. Oncela

liberou as gaivotas e seguiu disfrutando do seu voo moito tempo máis.

Page 25: Oncela na illa de ons

PROTEXENDO ÓS ANIMAIS

Unha das cousas que máis lle gustaba facer a Oncela na Illa de Ons era estudar ó a páxaro toloa. Un animal tímido, pequeno

e miedoso. Coñeceuno cando o salvou dunha arbore vella a piques de caer. Desde aquela fixéronse amigos.

Un día que andaban polo monte atoparon unha cova. Querían entrar pero non se decataron de que detrás súa había un montón

de serpes. Fuxiron e caeron por una fervenza, pero non lles pasou nada, aparte dunha boa molladura.Cando se estaban

secando ó sol oíron un ouveo de dor, Oncela coñecía ese ruído, era dun dos seus animais preferidos: o raposo. Oncela e

o paxaro foron correndo e atoparon unha das serpes que ameazaba ó raposo. Cunha póla golpeárona e salvárono. E así

Page 26: Oncela na illa de ons

seguiron os tres xuntos. O raposo era tamén tímido e miedoso .E decidiu ir con Oncela, ían de paseo e de súpeto Oncela viu que

se movía un toxo, e saíu un puma. Ela colleu un pau pero entón o raposo perdeu o medo e foi loitar co puma con

valentía e gañou , e cambiou de ter medo a ser un valente. E seguiron paseando polo bosque para ver si coñecían a novos

amigos.

Page 27: Oncela na illa de ons

O ATAQUE DOS PIRATAS

Unha tarde que Oncela estaba nadando viu que se acercaban á costa uns barcos cunhas bandeiras negras.

Correu para esconderse pero xa era demasiado tarde. Acercábanse á Praia noventa piratas.

O capitán chamábase Barba Negra, levaba os zapatos rotos, unha camisa azul e unha pata de pau. Tiña un olfato coma o dun can e atopouna pronto. Fixérona a súa escrava e tíñalles que cociñar e limpar o barco. Intentou fuxir en varias ocasións pero siempre a pillaban e despois

encerrábana cinco días nun calabozo.

Estaba moi triste xa que non lle daban nin de comer nin de beber. Un día tirárona ó mar e unhas quenllas

axudárona levándoa a terra firme. Correu moito para salvarse pero como os piratas eran moi vagos non a persiguiron máis.

Page 28: Oncela na illa de ons
Page 29: Oncela na illa de ons

CARLOS O FAREIRO

Oncela dende a súa cova vía empre un home entrando no faro. Levaba moito tempo intentando averiguar quén vivía

alí. Un día decidiu acercarse , tropezou cunha pedra , caeu e mancouse nun xeonllo.

Carlos, que así se chamaba o fareiro, axudouna a levantar e levouna dentro para facerlle unha cura.

A Oncela xa lle dixeran que o fareiro da Illa de Ons era moi amable e guapo. Pero a ela o exterior dáballe igual, só lle importaba o

interior. Ensinoulle as distintas clases de luces e díxolle que este faro levaba anos funcionando

Page 30: Oncela na illa de ons

grazas a súa familia. El non botaba de menos vivir nunha cidade porque lle gustaba moito a natureza e estar moi preto do

mar.

Fixéronse moi amigos e ela aprendeu tantas cousas que ás veces axúdaballe no seu traballo.

Page 31: Oncela na illa de ons

FAISE DE NOITE

Oncela tiña fame e estaba un pouco asustada porque non tiña outra opción que entrar no bosque para comer. Non se decatou de que se lle facía de noite. Tiña medo e moito frío.

Durmiu debaixo dun castiñeiro tapada con follas. Cando despertou viu que moi preto andaba un lobo. Era moi feo e

tiña moi mal carácter. Quería comela porque lle parecía que ía saber moi ben. Correu todo o que pudo e conseguiu fuxir del. Na árbore había moitos ourizos con castañas pero estaban demasiado altas. Probou de todo pero non había maneira de collelas.

Ata que se lembrou dos xogos das illas. Unha vez ela fora campiona de salto con pértiga. Buscou

unha cana ben longa e dando un chimpo colgouse dunha póla.

Comeu as castañas e ainda lle sobraron para repartir co osolarpeiro.

Page 32: Oncela na illa de ons
Page 33: Oncela na illa de ons

A CONCHA MÁXICA

Oncela ergueuse da cama con fame e foi buscar caracolas para comer. Atopou unha concha vermella, brillantísima. Abriuna

cun mexilón e descubriu que dentro tiña perlas negras e azuis. Oncela levouna para a súa casa. Uns días despois tirouna no Buraco do inferno para ver qué pasaba. Probou 10 veces pero

nonca se afundía e sempre volvía a subir. Decatouse de que era máxica, a última vez que a tirou volveu convertida nun

fermoso colar. Púxoo no pescozo e empezou a notarse máis áxil e forte.

Agora podía dar saltos de ata 8 metros e correr a unha velocidade de 60 kilómetros por hora.

Page 34: Oncela na illa de ons

Un día que estaba pescando caeulle ó mar e perdeu o brillo. Xa non tiña poderes pero non lle importou porque alimentábase moi

ben e estaba en boa forma.

Page 35: Oncela na illa de ons

OS XOGOS DAS ILLAS

Oncela decidiu ensinarlle aos habitantes de Cíes os seus xogos inventados, porque ela non tiña amigos en Ons. Empezou co

“rugbico” que consiste en que dous equipos compitan. Un equipo ten un coco e empeza o partido pasando o coco a un

compañeiro, este pono na cabeza e empeza a correr cara o campo contrario, o outro equipo intenta sacarllo. Cada campo ten

unha zona de puntuación e dous palmeiras en paralelo. Hai que meter o coco entre as palmeiras da zona de

puntuación contraria. Na zona de puntuación gáñase un punto e nas palmeiras tres. O primeiro que chegue a vinte gaña. Outro xogo é o dos “bolacos”. Nunha pista de herba lánzase para tirar dez piñas nun gran coco encerado. Detrás de cada pista hai un equipo de catro persoas que tira unha a unha. O máximo de puntos por tirada é dez, é dicir, un strike. Hai cincuenta tiradas, ó

máximo de puntos totais é cincocentos. Fíxose unha boleira porque este deporte cada vez era mais popular.

Page 36: Oncela na illa de ons

Xogáronse cinco partidas e o coco sempre ía fora. Revisouse a pista e resultou que o fallo era que na herba esvarábase e

para substituíla puxéronse tabloas de carballo. Xogouse unha partida de proba, os equipos estaban tan pouco adestrados que só derribaban unha piña. Por último mostroulles “o salto con pértiga”, que consiste en ir correndo cunha pértiga de bambú e cravala no chan para impulsarse cara arriba. Xogaron unha partida de cada. Nos bolos, gañou o equipo azul por strikes excesivos, no salto con pértiga Paul Caballé, o francés, e no rugbico os de Cangas porque os de Vigo fixéronlle unha agresión de grao dez ó arbitro por unha mala decisión. Os

xogos fixéronse moi famosos por todo o mundo.

Page 37: Oncela na illa de ons

A VISITA DE ANA

Ana é unha nena alegre e deportista. Un día foi adestrar para o campionato de canoa de Cangas. Rompeulle un anaco de

madeira, entroulle auga e afundiuse. Como ela sabía nadar foi ata unha illa.

Era a illa de Ons. Ía moita calor e había moitos mosquitos así que correu para buscar unha sombra e protexerse.

Nese intre, Oncela andaba buscando froitos secos para a cea. Desde lonxe viu unha nena que lle parecía unha cara coñecida, alta e duns catorce anos. -Agarda nena!- Chamouna berrando.

Page 38: Oncela na illa de ons

Ana mirou para atrás e recoñeceu a Oncela, era a súa mellor amiga.

- Canto tempo Oncela!Que sorpresa! - Que fas aquí? - A miña canoa afundiuse, así que viñen a esta illa.

As amigas abrazáronse moi contentas de verse de novo. Oncela ensínoulle a illa, onde vivía, os seus amigos etc …

Pasaron uns días xuntas comendo peixes asados, tomando o sol e explorando toda a illa.

Page 39: Oncela na illa de ons
Page 40: Oncela na illa de ons