0.---- sm* in e adigital.csic.es/bitstream/10261/56409/1/2012_ons_ballesteros_o... · a illa de...

18
Margarita Riobó Serván (ed.) Paula Ballesteros-Arias, Belarmino Barreiro Rosales, Carlos A. González Paz, Marta Lemos Jorge, Staffan Morling-Josefa Otero - .... ., .;,,,-,, _...:.:11„:....2.4.... - , - , .¡; - ' , - ,.; ••,142;: - . ..,..: - - i ".7•1In:. .... . . 0.- --- .".• 42...,:-. z . ,, '' • '''" '''. - . - - - - • '- ' -' 9, 9.1 14 1 74, "' .;1. ...,. .- .4 ..%:' . „. - .+,,Ir“ - •,,..::- yr r - _ ' ''' • - .. '"..~- ,_ . _ __. ._.... ........,. ....,.....,... ,,,• sm* in e a r n

Upload: others

Post on 06-Jun-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 0.---- sm* in e adigital.csic.es/bitstream/10261/56409/1/2012_Ons_Ballesteros_O... · A illa de Ons, defínese coma unha paisaxe de gran relevancia dende varios puntos de vista. Partindo

Margarita Riobó Serván (ed.)

Paula Ballesteros-Arias, Belarmino Barreiro Rosales, Carlos A. González Paz,

Marta Lemos Jorge, Staffan Morling-Josefa Otero

- .....,

.;,,,-,,_...:.:11„:....2.4....-,-, .¡;̀¡-',-,.;••,142;:-...,..:- - i".7•1In:.

.... . . 0.----.".• 42...,:-. z . ,,

'' •

'''" '''. - . - • - - - • '- ' -'9,9.114174,"' .;1. ...,..- .4..%:' . „.

- • • .+,,Ir“- ••,,..::-yr r - _ '''' •

- ..

• '"..~- ,_ . _ __. ._.... ........,. ....,.....,...,,,• sm* in e a

r

n

Page 2: 0.---- sm* in e adigital.csic.es/bitstream/10261/56409/1/2012_Ons_Ballesteros_O... · A illa de Ons, defínese coma unha paisaxe de gran relevancia dende varios puntos de vista. Partindo

Reservados todos los derechos por la legislación en materia de Propiedad Intelectual. Ni la totali-dad ni parte de este libro, incluido el diseño de la cubierta, puede reproducirse, almacenarse o transmitirse en manera alguna por ningún medio ya sea electrónico, químico, óptico, informático, de grabación o de fotocopia, sin permiso previo por escrito de la editorial. Las noticias, los asertos y las opiniones contenidos en esta obra son de la exclusiva responsabili-dad del autor o autores. La editorial, por su parte, sólo se hace responsable del interés científico de sus publicaciones.

O Institución Cultural Isleña De los distintos autores

ISBN: 978-84-615-9875-5 Depósito Legal: M-27.823-2012

Imprime: R. B. Servicios Editoriales, S. L. Edita: Institución Cultural Isleña

www.culturalons.es [email protected]

Impreso en España. Printed in Spain

Page 3: 0.---- sm* in e adigital.csic.es/bitstream/10261/56409/1/2012_Ons_Ballesteros_O... · A illa de Ons, defínese coma unha paisaxe de gran relevancia dende varios puntos de vista. Partindo

Índice

Presentacion 11

Presentación 75

MARGARITA RI0136 SERVÁN

Achegamento á historia das illas de Ons a través das reportaxes de Johan Car-

balleira

13

Acercamiento a la historia de las islas de Ons a través de los reportajes de Jo-

han Carballeira

79

MARTA LEMOS JORGE

Casar na illa de Ons 21

El casarse en la isla de Ons 87

STAFFAN ~LING - JOSEFA OTERO

Mosteiros insulares na diocese de Mondoñedo durante a Idade Media: San Mi- guel da Coelleira, San Miguel das Negradas e San Vicente da Illa 31

Monasterios insulares en la diócesis de Mondoñedo durante la Edad Media: San Miguel de la Coelleira, San Miguel de las Negradas y San Vicente de la Isla 97

CARLOS ANDRÉS GONZÁLEZ PAZ

Opúsculos documentais das illas de Ons conservados no Archivo Municipal de Bueu (Pontevedra)

45

Opúsculos documentales de las islas de Ons conservados en el Archivo Muni- cipal de Bueu (Pontevedra)

111

BELARMINO BARREIRO ROSALES

O patrimonio cultural da illa de Ons: Impronta do pasado, identidade dunha paisaxe

57

El partimonio cultural de la isla de Ons: Impronta del pasado, identidad de un

paisaje 123

PAULA BALLESTEROS-ARIAS

Page 4: 0.---- sm* in e adigital.csic.es/bitstream/10261/56409/1/2012_Ons_Ballesteros_O... · A illa de Ons, defínese coma unha paisaxe de gran relevancia dende varios puntos de vista. Partindo

O patrimonio cultural da illa de Ons: Impronta do pasado, identidade

dunha paisaxe1

Paula Ballesteros-Arias Investigadora del CSIC

1 Este traballo enmárcase dentro do proxecto denominado «Procesos de formación e cambio da paisaxe cultural do Parque Nacional das Lilas Atlánticas de Galicia» (HAR2010-22004) correspon-dente ao Plan Nacional I+D do Ministerio de Ciencia e Innovación.

Page 5: 0.---- sm* in e adigital.csic.es/bitstream/10261/56409/1/2012_Ons_Ballesteros_O... · A illa de Ons, defínese coma unha paisaxe de gran relevancia dende varios puntos de vista. Partindo

Introdución

A illa de Ons, defínese coma unha paisaxe de gran relevancia dende varios puntos de vista. Partindo do natural, non en vano forma parte do Parque Na-cional Marítimo-Terrestre das lilas Atlánticas de Galicia dende o 2002 xunto cos arquipélagos de Cíes, Sálvora e Cortegada, e entrelazándose co cultural, xa non só polos numerosos vestixios que nos ofrecen a grande cantidade de datos sobre o pasado da illa senón tamén porque resulta moi significativo que sexa a única illa galega que continua habitada do Parque. Os seus usos, costu-mes, o tanxible e o intanxible dunha sociedade actual na que se mesturan as pegadas do seu pasado e a dinamicidade do seu presente.

Neste artigo amosaremos os resultados parciais dun traballo feito na illa de Ons no ano 2009 a través da realización dun proxecto encargado pola di-rección do Parque Nacional co fin de identificar e documentar o Patrimonio Cultural da illa2, profundizando no coñecemento do espazo cultural a través da arqueoloxía, da etnografía e doutras disciplinas, buscando recoñecer as di-ferentes etapas crono-culturais que deron lugar á configuración actual deste espazo tradicional.

O que aquí presentamos, veñen a ser os resultados da prospección arqueo-lóxica feita na illa xunto cunha aproximación a interpretación dos datos obti-

2 Os resultados deste traballo están recollidos na Memoria Técnica «Estudo arqueolóxico e etno-gráfico da paisaxe cultural das lilas Ons (Bueu, Pontevedra)», realizada por Paula Ballesteros-Arias, entregada na DXPC da Xunta de Galicia en 2010, inédita.

Page 6: 0.---- sm* in e adigital.csic.es/bitstream/10261/56409/1/2012_Ons_Ballesteros_O... · A illa de Ons, defínese coma unha paisaxe de gran relevancia dende varios puntos de vista. Partindo

60 0 PATRIMONIO CULTURAL DA ILLA DE ONS: IMPRONTA DO PASADO...

dos. Así, desenvolvéronse traballos de campo de prospección superficial ar-queolóxica co fin de obter unha catalogación fiable, das entidades que puide-ran aparecer no transcurso do traballo e revisando a situación patrimonial da-quelas xa catalogadas.

Contexto xeográfico e cultural

O arquipélago de Ons, está situado fronte ás Rías Baixas, concretamente na entrada da ría de Pontevedra, concello de Bueu. Crea unha barreira natural ante o océano que acentúa o ambiente estuario das rías.

Os arquipélago de Ons é de forma alongada, caracterizada por unha mor-foloxía oposta entre a súa cara leste e oeste; o leste caracterizado por un rele-vo baixo e abundancia de areais, o oeste con predominio de acantilados e en-seadas de coídos. Esta morfoloxía condiciona tanto o desenvolvemento dos solos corno das formacións vexetais ou os cultivos, sen esquecer as condi-cións microclimáticas que posibilitan o emprazamento dos lugares de poboa-mento. Este arquipélago está conformado polas illas de Ons e Onza ou Once-ta (ao N), e os illotes de Centolo (ao S) e Freitosa (ao SW).

Desde o punto de vista poboacional, Ons é a única illa do Parque Nacional que se atopa habitada. Na actualidade en Ons habitan de forma permanente algo menos dunha ducia de persoas que viven, en parte, da agricultura e da pesca máis tradicional. O último movemento de despoboamento foi ao longo da década do setenta, o mesmo que o resto das illas que deixaron de estar ha-bitadas tamén por aqueles anos.

As Blas Ons, ademais de ser unha paisaxe natural protexida, son deposita-rias dunha paisaxe cultural insólita conformada por entidades arqueolóxicas de especial relevancia e por unha paisaxe tradicional constituída polas activi-dades agrícolas, gandeiras e pesqueiras levadas a cabo polos poboadores da illa, que se plasman tanto na cultura material como na tradición oral.

O que a continuación irnos ver é que nesta illa establecéronse diversos grupos humanos ao longo da prehistoria e da historia, deixando maior ou me-nor pegada neste territorio insular e cuxos vestixios culturais son analizados como marcadores dunha época e dunha sociedade.

Page 7: 0.---- sm* in e adigital.csic.es/bitstream/10261/56409/1/2012_Ons_Ballesteros_O... · A illa de Ons, defínese coma unha paisaxe de gran relevancia dende varios puntos de vista. Partindo

PAULA BALLESTEROS-ARIAS 61

As evidencias

Se facemos un percorrido diacrónico das evidencias documentadas na illa, as primeiras referencias que atopamos da ocupación humana proceden unica-mente de fontes documentais. Estas fontes apuntan a que foi localizado un raspadeira de gneis e unha peza trapezoidal de granito tallado probablemente pertencentes ao Paleolítico (11000-5000 a.C.) (Vilas et al 2005: 149). A pesar de ser materiais líticos de especial relevancia, descoftécese todo sobre eles, dende o lugar de procedencia, o contexto arqueolóxico e o seu actual depósi-to, ata incluso a data do achado e o autor ou autora do mesmo.

O mesmo ocorre coa etapa neolítica (4300-2600 a.C.). Xurxo Lourenzo, no seu Diario Arqueolóxico (1934), di que na súa corta viaxe pola illa tiveron noticias de mámoas e de camiños cubertos aínda que non puideron ser com-probados, nin polo de agora hai constancia da súa existencia. Das Casas (1934) toma esta cita de X. e comenta que lle teiien falado de ter atopado na illa machados de pedra e que foran levados a Bueu e «...hosos, en diferentes terras moi lonxanas do Sagrado» (das Casas 1934: 169).

Evidentemente hai que ter en conta estas mencións, pero unicamente co-ma unha referencia e non coma datos contrastábeis3, aínda que son bastante indicativos e para nada alonxados da realidade, xa que en posteriores pros-peccións arqueolóxicas poidan localizarse tanto materiais como formas cultu-rais asociados a estas etapas prehistóricas.

Algo similar ocorre con dous machados de talón asociados a Idade do Bronce que, ao igual que o material anterior, están totalmente descontextuali-zados (Vilas 2005: 149). Indagando nos escasos datos deste achado podemos supor que na illa de Ons, posiblemente nos anos 50, recuperáronse dous ma-chados de talón que, segundo a Carta Arqueolóxica da Provincia de Ponteve-dra (Filgueira e Alén 1954: 76) son de dous aneis, e que, segundo a bibliogra-fía, estaban en depósito no Museo de Pontevedra coa numeración 2811 e 2823. Monteagudo debuxou no seu tempo o machado que se corresponde coa numeración 2811 e que aparece na súa obra Die Beile auf der Iberischen Hal-binsel (1977, 228). Na actualidade só se atopa un no depósito do Museo Ar-

3 De la Peña Santos (2003: 58) tamén fai esta reflexión sobre os posibles vestixios pertencentes a estas épocas posto que non hai datos fiables para poder afirmar a ocupación da illa nestas etapas prehistóricas.

Page 8: 0.---- sm* in e adigital.csic.es/bitstream/10261/56409/1/2012_Ons_Ballesteros_O... · A illa de Ons, defínese coma unha paisaxe de gran relevancia dende varios puntos de vista. Partindo

62 0 PATRIMONIO CULTURAL DA ILLA DE ONS: IMPRONTA DO PASADO...

queolóxico de Pontevedra e o outro en depósito descoñecido. Para A. de la Peña, a existencia destes machados inscríbense no marco das relacións de in-tercambio vía marítima entre a fachada atlántica europea e o Mediterráneo e os problemas derivados da introdución das manufacturas de ferro polos feni-cios nun mercado baseado na distribución e intercambio de minerais básicos para a fundición de bronce e de mercadorías dese metal (de la Peña 2003: 58).

Neste período poderíamos encaixar un dos tres petróglifos documentados na illa. Localízase no Chan da Pólvora. Os gravados están feitos sobre un afloramento de xisto, de orientación N-S. Os motivos característicos que o encadran na Idade do Bronce son coviñas de diferentes formas e tamaños, e restos de varios de círculos e círculos concéntricos, este último, un dos moti-vos máis característicos do estilo da Idade do Bronce. Este elemento da arte rupestre foi localizado pola Asociación Piñeiróns en maio de 20094 polas re-ferencias que tiñan de Fernando Alonso Romero quen o descubriu xunto coa súa muller, María Castroviejo, fai algo máis de 40 anos5.

Un segundo gravado foi localizado nas inmediacións deste. Tamén está rea-lizado sobre un afloramento de xisto, de orientación N-S. Os motivos gravados son coviñas de variados tamaños, localizadas nos diferentes planos da rocha así como nas arestas sobresaíntes da mesma. O terceiro gravado localizouse no zona chamada A Laxe, no barrio de Caño. A diferenza dos anteriores, está reali-zado sobre rocha granítica, a ras do chan, nunha zona con certa inclinación ao E, cara ao mar. Os motivos son coviñas de diferente tamaño, destacando algunha de grandes dimensións, podéndose percibir algún suco aínda que moi erosio-nado. Nestes dous últimos gravados as coviñas son os únicos motivos. A utili-zación destes motivos foi moi recorrente ao longo tempo, por iso, estes ele-mentos englóbanse, en termos xerais, na prehistoria sen poder concretar unha etapa determinada, a falta dun estudo máis intensivo dos mesmos.

Xa para momentos posteriores, e posiblemente nas portas do cambio de era, atópase o asentamento fortificado denominado o Castelo dos Mouros. Está situado sobre a ladeira do outeiro Alto de Altura de 97 m sobre o nivel do mar, xusto no lugar roáis estreito da illa, nunha zona agrícola, hoxe na súa

4 http://www.farodevigo.es/portada-o-monrazo/2009/05/05/petroglifo-ons-sale-luz/323477.html 5 Produto desas lembranzas é un artigo escrito por F. Alonso Romero no 2009, e publicado en

Amnios, titulado «0 petróglifo da illa de Ons» onde describe as circunstancias do singular achádo e do seu contexto.

Page 9: 0.---- sm* in e adigital.csic.es/bitstream/10261/56409/1/2012_Ons_Ballesteros_O... · A illa de Ons, defínese coma unha paisaxe de gran relevancia dende varios puntos de vista. Partindo

PAULA BALLESTEROS-ARIAS

63

maior parte en vías de abandono. Descríbese coma un recinto cun antecastro separado por un foso. O asentamento ten un único recinto habitacional, incli-nado cara ao E, está rodeado por un foso e un parapeto, ambos con máis po-tencia no arco N-W-S. Ademais, obsérvase, o que parecen ser, na parte W dous pequenos foxos separados por un pequeno parapeto6. Nas proximidades, atópase A Coya dos Mouros. Trátase dunha coya con lenda asociada da que o imaxinario popular conta que hai un túnel que vai dende esta coya, que está no castro, ata o jilote do Cairo, situado no medio do mar, enfronte de Cane-xol, que pola súa forma e tamaño destaca entre o resto das rochas do seu con-torno. É dicir, estase a unir de forma imaxinaria o castro cun illote que está no mar a través dun canal imaxinario.

O asentamento fortificado Castelo dos Mouros no contexto da zona de Canexol, visto cara ao S.

Na bibliografía consultada, hai referencias dun posible segundo castro si-tuado na zona NE da illa, na Coya da Loba e na que, segundo as fontes, apa-receron restos de materiais cerámicos e concheiros. Xurxo Lourenzo (1934:

6 J. M. Caamaño Gesto, produto dunha prospección arqueolóxica feita na illa no 1985, ofreceu-nos unha descrición detallada deste asentamento. Naquela época apréciase un maior detalle, posible-mente debido a que nese momento a vexetación era menos abundante sendo máis fácil acceder ao recinto e ver as estruturas asociadas.

Page 10: 0.---- sm* in e adigital.csic.es/bitstream/10261/56409/1/2012_Ons_Ballesteros_O... · A illa de Ons, defínese coma unha paisaxe de gran relevancia dende varios puntos de vista. Partindo

64 0 PATRIMONIO CULTURAL DA ILLA DE ONS: IMPRONTA DO PASADO...

87) dálle o nome de «Coto da Coba do Lobo» e di que ten tradición da exis-tencia de vivendas calificándoo, por outra banda, como o máis interesante da illa. Porén, nas prospeccións arqueolóxicas feitas recentemente non se atopou ningunha evidencia nesta zona relacionada cun asentamento fortificado.

Aínda que a escaseza de datos non o permitan concretar, nas proximidades deste asentamento, na riña de costa, atopáronse una serie de evidencias arque-olóxicas situadas sobre o cantil de Canexol que, polo que se pode observar na actualidade, poderían estar asociadas a unha explotación de recursos marinos, posiblemente cunha factoría de salgadura de época romana (Ballesteros-Arias 2009). Así, ao longo de 300 m de cantil aparecen diversas estruturas de distin-ta índole na que sobresaen unha fosa, muros de contención ou unha cimenta-ción feita de seixo e cal machucada entre outros elementos (ver figura 1). Este solo ou cimentación artificial foi caracterizada como os restos dun mosaico por Acuña e Allés (2001). Segundo estes autores, en 1978 Alonso Romero lo-calizou este mosaico do que só se podían ver unhas teselas brancas de cuarzo no perfil da praia. Isto xunto coa aparición de restos de cerámica fannos che-gar á conclusión de que alí poderla existir unha vila romana. Porén, o que nos fai suponer que estamos ante unha manufactura de salgadura de peixe son unhas estruturas compostas de varios muros verticais de cantería de granito, a modo de grandes balsas, recubertas con cal e seixo machucado, o que se deno-mina opus signinum e que foi utilizado como illante e impermeabilizante. Es-tas estruturas están amortizadas con material diverso no que se aprecian, ade-mais do material procedente dos muros, tégulas e ímbrices, en diferente grado de fragmentación, carbóns e restos óseos de diferentes especies. Polo tanto, o que si parece claro é a existencia dunha manufactura de salgadura, tan común nas costas de Galicia en época romana, non descartándose a existencia dun mosaico e, menos, o posible emprazamento dunha antiga vila romana.

Aterrando xa na etapa histórica, en Area dos Cans atópase a «Laxe do Cre-go», sepulcro antropomorfo, illado, escavado nunha rocha granítica empraza-da no mar, a poucos metros do mesmo areal, podéndose acceder a el só en baixamar. Esta rocha destaca na paisaxe porque nunca se cubre polo mar, nin coa marea alta, e tamén pola súa cor clara, ao estar sempre exposta ao sol e polas deposicións das aves marinas. Descoñécese cal é a orixe deste sarcófa-go. Podería ser que no contorno inmediato existira algún convento ou antigo edificio de carácter relixioso pero a espesa cuberta vexetal na zona na que po-dería haber restos impide facer un recoñecemento máis exhaustivo para así poder detectar posíbeis evidencias que sostefían esta hipótese.

Page 11: 0.---- sm* in e adigital.csic.es/bitstream/10261/56409/1/2012_Ons_Ballesteros_O... · A illa de Ons, defínese coma unha paisaxe de gran relevancia dende varios puntos de vista. Partindo

PAULA BALLESTEROS-ARIAS

65

Sepulcro antropomorfo da laxe do Crego cunha orientación N-S, en Tiña con Centulo.

Seguindo co discurso cronolóxico, as seguintes entidades ás que irnos fa-cer referencia correspóndense cos restos de Búas baterías situadas na costa leste, unha ao N de Curro chamada Castelo da Roda e outra en Pereiró, igual-mente denominada O Castelo. Aínda que na toponimia e no rexistro oral os restos das dúas baterías atopadas en Ons aparecen denominadas como «caste-

Page 12: 0.---- sm* in e adigital.csic.es/bitstream/10261/56409/1/2012_Ons_Ballesteros_O... · A illa de Ons, defínese coma unha paisaxe de gran relevancia dende varios puntos de vista. Partindo

66 0 PATRIMONIO CULTURAL DA ILLA DE ONS: IMPRONTA DO PASADO...

lo», dende o punto de vista morfolóxico correspóndese cunhas das tantas» ba-terías» militares que hai dispersas por toda a costa coa función de orientar a vixilancia e o seu potencial ataque cara ao mar, dominando visualmente os puntos de acceso á costa dende os que se controlaba calquera movemento dos barcos. As dúas comparten características tanto de emprazamento como cons-trutivas. Situadas en esporóns naturais orientados cara á ría de Pontevedra, están asentadas directamente sobre a rocha nai de granito, actuando, ao tem-po, como parede de fortificación natural. Os seus panos están feitos a base de pedra de cantería de granito ben escuadrada, incluso con pezas ciclópeas, sen argamasa entre as mesmas. Polos restos que quedan delas constan dun so cor-po de garda.

Emprazamento do Castelo da Roda, orientado cara 6 leste e construido sobre un esporón rochoso.

O Castelo da Roda a súa planta ten forma de «U» de base redondeada, ou de media lúa. Cara ao W estes muros prolónganse de forma paralela pero de-bido aos derrubes. O Castelo de Pereiró conserva parte da construción orien-tada ao E, o que se correspondería coa media lúa, así como o muro S. Pola

Page 13: 0.---- sm* in e adigital.csic.es/bitstream/10261/56409/1/2012_Ons_Ballesteros_O... · A illa de Ons, defínese coma unha paisaxe de gran relevancia dende varios puntos de vista. Partindo

PAULA BALLESTEROS-ARIAS 67

contra, no muro N hai un gran derrube. En ambos casos, parte das pedras dos muros están nos derrubes do cantil, parte dispersa polo súa contorna e a outra parte espoliada e reutilizada noutras construcións da illa.

Intencionadamente pegamos un gran salto na historia e ímonos cara os anos posteriores á Guerra Civil española. Facémolo non por non ter rexistro do que aconteceu entre medias e que posiblemente levaba en funcionamento dende fai moito tempo atrás. Referímonos a paisaxe tradicional que hoxe en día singulariza a esta illa, que se nutriu de antigas herdanzas e que segue en funcionamento entre nós. Consideramos que pola súa ampla vixencia e pola grande cantidade de vestixios referidos a unha economía gandeira, agraria e marilieira e de contidos sociais merecen un estudo aparte.

Como iamos dicindo, este salto detido na ditadura franquista facémolo porque se tratou dunha longa etapa, moi traumática que ao igual que «en te-rra» deixou múltiples pegadas da materialidade do réxime ditatorial e porque, a pesar de ser un episodio que está moi presente e que é recente, non aparece o suficientemente nomeado nin estudado7. Aquí citaremos algúns exemplos.

Como xa está testemuñado, a illa de Ons foi propiedade privada até o ano 1943, cando o estado español en mans de Franco a expropiou á familia Riobó aducindo argumentos de defensa militar.

Así, antes da guerra, no barrio de Curro situábase o peirao, a antiga fábri-ca de salgadura e demais dependencias dos Riobó, os secadoiros de polbo e a taberna e tenda. A escola, a igrexa, o camposanto e o campo da festa estaban en Canexol, ademais das vivendas distribuídas nos diversos barrios da illa. Porén, unha vez finalizada a Guerra Civil española decidiuse organizar a illa doutro xeito para centralizar os lugares comúns e así construir o que sería o novo centro cívico da illa. Nestes momentos, en outubro de 1939, é cando o Instituto Nacional de Colonización inicia as súas actividades, como orga-nismo dependente do Ministerio de Agricultura. Argumentan que a súa crea-ción estivo motivada pola creación da necesidade de efectuar unha reforma social e económica da terra despois da guerra civil.

7 Ao igual que no caso anterior, este tema merece dunha investigación máis detida e polo tanto é merecedor el so dun estudo particular.

Page 14: 0.---- sm* in e adigital.csic.es/bitstream/10261/56409/1/2012_Ons_Ballesteros_O... · A illa de Ons, defínese coma unha paisaxe de gran relevancia dende varios puntos de vista. Partindo

68 0 PATRIMONIO CULTURAL DA ILLA DE ONS: IMPRONTA DO PASADO...

Así, en 1965, xa en mans do estado e dependendo agora do Instituto Na-cional de Colonización, foi cando se construíu o novo centro cívico con igre-xa, escolas, casa para o cura, médico e mestre, incluso un gran celeiro que nunca se chegou a utilizar, como outras tantas. Esta construción dun novo po-bo supuxo unha transformación do espazo e das construcións xa existentes. Tamén se construíu un gran lavadoiro comunal e se construíron e arranxaron algúns outros. Dende o punto de vista arquitectónico, o deseño das novas construcións son similares ás do resto dos novos pobos feitos nesa época no estado español, é máis, o seu deseño ten que ver máis con pobos do sur da pe-nínsula (paredes brancas, soportais, beirís, patios interiores, dependencias agrícolas como almacéns, celeiros, etc.) que coa arquitectura do NW. Hoxe segue a ser o centro social da illa pois parte destas construcións foron adapta-das para as vivendas e dependencias de administración do Parque ademais da tenda e dos bares dos que fan uso os turistas.

Lavadoiro de Canexol. No frontón do teito, o relevo, feíto en cemento, do xugo e das frechas, símbolo do réxime fascista da época e que deixaba a súa pegada en todas as construcións que se facían na illa como «Obra Social del Movimiento».

Page 15: 0.---- sm* in e adigital.csic.es/bitstream/10261/56409/1/2012_Ons_Ballesteros_O... · A illa de Ons, defínese coma unha paisaxe de gran relevancia dende varios puntos de vista. Partindo

PAULA BALLESTEROS-ARIAS 69

Conclusións

A través da descrición diacrónica das entidades culturais documentadas na illa tratouse de analizar de maneira conxunta os vestixios e as diferentes for-mas de organizar e construír a paisaxe que deixaron as diferentes sociedades que se estableceron na illa, pasaron por ela, desenrolaron determinada activi-dade ou simplemente impuxeron.

Así mesmo, recoñecéronse entidades ou indicios de ocupación que van desde a Idade do Bronce ata a actualidade, e que veñen a conformar un espa-zo artificial construído ao longo do tempo e cuxa modificación séguese a dar na actualidade.

Porén, aínda que Tornos describindo entidade por entidade, vinculando ca-da unha a un determinado momento cronolóxico e cultural e situando cada unha nun contexto, o que non se transmitiu no texto pero que queremos subli-ñar nesta conclusión e que resulta enriquecedor para poder comprender este dinamismo cultural nun territorio tan singular como o que é a illa, é que á vez que ternos en conta a existencia de cada un dos xacementos tejíamos en conta que detrás deles hai unha sociedade, unha forma de vida e unha maneira de entender o mundo, o seu mundo, determinada. Ternos que pensar que cada grupo humano que se estableceu na illa tivo unha relación co medio máis am-pla que a contorna do propio xacemento arqueolóxico do que demos conta. Os procesos de modificación, interacción e semantización do territorio serían máis extensos e non circunscritos a un determinado radio de acción imposto pola nosa visión actual da paisaxe. De al que en moitas ocasións se fale de «paisaxe castrexa», «paisaxe romana», «paisaxe medieval» ou «paisaxe tradi-cional» co fin de ampliar esa perspectiva entre outras razóns.

Finalmente, o que acontece na illa é un reflexo do que acontece no conti-nente pero coa singularidade de que nun territorio pequeno e limitado como é a illa están concentrados miles de anos, e fora de ser un territorio relicto per-cíbese coma un territorio dinámico asociado a un modo de vida tradicional e cuxo proceso evolutivo segue en activo /10Xe en día.

Page 16: 0.---- sm* in e adigital.csic.es/bitstream/10261/56409/1/2012_Ons_Ballesteros_O... · A illa de Ons, defínese coma unha paisaxe de gran relevancia dende varios puntos de vista. Partindo

70 0 PATRIMONIO CULTURAL DA ILLA DE ONS: IMPRONTA DO PASADO...

Bibliografía

ACUÑA CASTROVIEJO, F.; Allés León, J. M. 2001. Nuevas aportaciones a los mosaicos romanos de Galicia. StudiaE. Cuadrado AnMurcia. T. 16-17, pp. 365-374.

ALONSO ROMERO, F. 2009. 0 petroglifo da illa de Ons. Revista Aunios, n° 14, pp. 3-4. 0 Grove.

BALLESTEROS-ARIAS, P. 2009. 0 aproveitamento do mar ao longo do tempo. A documentación do xacemento romano de Canexol (fila de Ons, Bueu). Cuadernos de Estudios Gallegos, LVI (122): 67-90. Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

BALLESTEROS-ARIAS, P. 2010. Estudo arqueolóxico e etnográfico da paisaxe cultural das lilas Ons (Bueu, Pontevedra), Memoria Técnica. (Inédita). Depositada na DXPC da Xunta de Galicia con data de maio de 2010. Inédita.

DAS CASAS, A. 1934. A illa de Ons. Nós. T. II. Seminario de Estudos Galegos. Santiago.

DE LLANO, P. 1981. A Arquitectura dunha comunidade desaparecida. Cua- dernos do Seminario de Sargadelos. Sada, A Coruña: Edicións do Castro.

DE LA PEÑA SANTOS, A. 2003. As illas atlánticas, unha breve ollada á súa máis antiga ocupación humana. Revista Aunios, n° 7, pp. 55-59.0 Grove.

FILGUEIRA VALVERDE, J.; García Alén, A. 1954. Materiales para la carta arque-ológica de la provincia de Pontevedra. Rev. Museo de Pontevedra, Pontevedra.

LOURENZO FERNÁNDEZ, X. 1934. Notas do meu diario arqueolóxico. Nós, to-rno XI, n° 130.

MONTEAGUDO, Luís. 1977. Die Beile auf der Iberischen Halbinsel. München: C. H. Beck'Sche Verlagsbuchhandlung.

MÓRLING, S.; OTERO PATINO, ~LING, M. 2006. A Illa de Ons, unha cul-tura, unha identidade. Xunta de Galicia. Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

PARDELLAS DE BLAS, C. 2003. A propiedade da illa de Ons. Revista Aunios. N. 7, pp. 41- 45. 0 Grove.

Page 17: 0.---- sm* in e adigital.csic.es/bitstream/10261/56409/1/2012_Ons_Ballesteros_O... · A illa de Ons, defínese coma unha paisaxe de gran relevancia dende varios puntos de vista. Partindo

-soseuopuN soribled •mallvo ap sv.9yuppv svm svp ansamai-oluplivmr ivuopviv anbivd op vPsla ap vinD sooz JAI Sga -f10J, a 'IN ̀SIO'l ̀ZNVS t'f `3HDVIA1011 t'f `71.1AIV21,4 ̀CMVIAND :•d ̀SVIIA

'onseD op sompg :uunioD d 'Tus -vIsmsvp ouasy lap uolondafa mudo! `pvpnvuolouni :vmivp ap svsuafap svp ap v.9

vy8olody rC vproi 7H '17861 • v f `013121c1 3,LNYSVTIIA-Zaf1DIIICIOU

•oluo!uuus alpud so2ose0 soprusj op ouup -sus :moisoduuoj op ~ars •£L -Si muoi, solanvo somnisy ap sou -Japron,) -suo op utss uf op upoism el solundv '1716I •S `sozvd vlamod

-upcuseD supoups :ol!A •TP.1100X d •9861 -V 'Mond Za2l3c1

•OA0.10 O.9 -z •dd `zs 0u `sopiny eissnox -upuoxin op u9putu -pcoIdu m'un :suo ap EIIE up opepa!doid d •LOOZ '1AI 'X `ZaCINyl\RIHJ V2113213d

1L SVIMV-S01131S3TIV21 Y-111W

Page 18: 0.---- sm* in e adigital.csic.es/bitstream/10261/56409/1/2012_Ons_Ballesteros_O... · A illa de Ons, defínese coma unha paisaxe de gran relevancia dende varios puntos de vista. Partindo

, ' ,

-"1-",rk-ff-‘,...t.,' -•,..,.. rh' r.,, ti.., , „,„,44„...r.,..k,,, ...,,

, . ...

'; - '444 '" ...'"*»; • • . ... l'''.1-...¡.,">"''',■, . • - : '.. • - '' , ,'„

• ,w---.• ,;1,.."-'....:........"'Ir'..",c,.7:.4,-,..'o.,4...4...4-..4.'.;.-4.004''.,111Itthnet.',0.4rw .: .,- .- k.,,,",¡. ,, s ' - ' ''':' '',

rx4.11, '• , 'II,. ,,.....u...., 0;s4; ,,...41,0mst.1,01.¿..„;,,,,,,,,-,:1,4

1.47111,00k cutnAku

institución cultural" isleña