obradoiros mellora as tÚas fotos e comparte • plantas ... · mellora as tÚas fotos e comparte...

2
Extensión Universitaria CAMPUS DE VIGO Extensión Universitaria Edificio Miralles Lagoas-Marcosende 986 813 626 Máis información CAMPUS DE PONTEVEDRA Área de Servizos á Comunidade EE Forestal A Xunqueira 986 801 949 CAMPUS OURENSE Área de Servizos á Comunidade Edificio Administrativo As Lagoas 988 387 102 1º CUADRIMESTRE 2017/2018 Prazo de matrícula: do 25 de setembro ao 6 de outubro 1 ECTS Prezos: 26 € / 40 € Extensión Universitaria MELLORA AS TÚAS FOTOS E COMPARTE • PLANTAS SILVESTRES COMESTIBLES DE OUTONO • GUITARRA I • INTRODUCIÓN Á CULTURA EXIPCIA II • AGRICULTURA ECOLÓXICA • OBRADOIRO PRÁCTICO PARA IDENTIFICACIÓN DE COGOMELOS INICIACIÓN AO TEATRO • AULA DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL GALEGO INICIACIÓN Á CURTAMETRAXE MATRÍCULA ONLINE: hp://extension.uvigo.gal/cultura/obradoiros

Upload: nguyenphuc

Post on 19-Jan-2019

223 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Extensión Universitaria

CAMPUS DE VIGOExtensión UniversitariaEdificio MirallesLagoas-Marcosende986 813 626

Máis información

CAMPUS DE PONTEVEDRAÁrea de Servizos á ComunidadeEE ForestalA Xunqueira986 801 949

CAMPUS OURENSEÁrea de Servizos á ComunidadeEdificio AdministrativoAs Lagoas988 387 102

1º CUADRIMESTRE 2017/2018

Prazo de matrícula: do 25 de setembro ao 6 de outubro1 ECTSPrezos: 26 € / 40 €

Extensión Universitaria

MELLORA AS TÚAS FOTOS E COMPARTE • PLANTAS SILVESTRES COMESTIBLES DE OUTONO • GUITARRA I • INTRODUCIÓN Á CULTURA EXIPCIA II • AGRICULTURA ECOLÓXICA • OBRADOIRO PRÁCTICO PARA IDENTIFICACIÓN DE COGOMELOS • INICIACIÓN AO TEATRO • AULA DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL GALEGO • INICIACIÓN Á CURTAMETRAXE

MATRÍCULA ONLINE: http://extension.uvigo.gal/cultura/obradoiros

2017/701

FOTOGRAFÍA DIXITAL: MELLORA AS TÚAS FOTOS E COMPARTE

Lalo R. Villar.

Curso práctico para mellorar e compartir fotos en redes sociais. Todo o que se precisa saber para captar unha boa imaxe e mellorala posteriormente a través da edición. O obradoiro tamén terá prácticas tuteladas.

Recomendable levar portátil

Lugar: E.U. de Empresariais. Aula Informática 1. Límite de prazas: 20Duración: 30 horas Data de inicio: 9 de outubroHorario: luns de 18.00 a 21.00 h.

2017/702

PLANTAS SILVESTRES COMESTIBLES DE OUTONO. IDENTIFICAR, APAÑAR E COCIÑARPatricia Puga e César Lema.

Clases teóricas e prácticas con roteiros para coñecer as plantas (e os seus usos) no monte baixo, zonas húmidas, praderías, “malas herbas”, sotobosque, arbustos e árbores. Os días dedicados a cociñar faranse cremas, caldos ou frituras coas plantas recollidas.

Lugar: Fac de Filoloxía e Tradución. Aula B4 A. Límite de prazas: 24Duración: 30 horas Data de inicio: 19 de outubroHorario: xoves de 16.30 a 19.30 h.

2017/703

GUITARRA I Francisco Almodóvar.

Iniciación aos fundamentos básicos de guitarra, partes do instrumento, posición das mans na guitarra, etc. Tamén se aprenderán os acordes básicos cos que se poden acompañar moitas cancións para adquirir soltura co instrumento.

Imprescindible levar guitarra

Lugar: Camerinos do teatro.Límite de prazas: 10 Duración: 30 horas Data de inicio: 13 de outubroHorario: venres de 10.00 a 13.00 h.

2017/704

INTRODUCIÓN Á CULTURA EXIPCIA II: CULTURA, ARTE E LITERATURAEugenia Muñoz. Aproximación á cultura do Antigo Exipto a través da súa escritura máis coñecida: o xeroglífico. Constará de dúas partes: a primeira, que tratará desde como descifrar xeroglíficos ata a vida cotiá exipcia, e a segunda, que analizará os misterios do Val do Nilo. Vídeos, textos e charlas axudaranos a ver con outros ollos a apaixonante historia dos exipcios.

Lugar: E.E. Empresariais. Aula 34. Límite de prazas: 25 Duración: 30 horas Data de inicio: 9 de outubroHorario: luns de 16.00 a 20.00 h.

2017/705

AGRICULTURA ECOLÓXICA Jacobo Ojea Reyes.

O alumnado acadará unha visión xeral da agricultura ecolóxica e ferramentas para iniciarse no seu cultivo. Afondarase na planificación e deseño da horta, a compostaxe; rotación e asociación de cultivos; sementes e plantas; biodiversidade e fauna auxiliar; pragas e enfermidades; preparados vexetais; a auga e a súa xestión; horticultura urbana, etc.

Lugar: Fac. de Ciencias do Mar. Aula 14, bloque C Horto (detrás do CIMBIO)Límite de prazas: 20 Duración: 30 horasData de inicio: 9 de outubroHorario: luns de 17.00 a 20.00 h.

2017/706

OBRADOIRO PRÁCTICO PARA IDENTIFICACIÓN DE COGOMELOS

María Luisa Castro, Hugo Fernández, Gabriel Pérez, Sergio Rojo, María Alfaya, Andrés Cordeiro, Paula Estévez.

O obradoiro será eminentemente práctico e contará cunha estrutura similar todos os días: saída polo campus con recolección e manipulación de cogomelos “in situ” e identificación na aula do material recollido (uso de guías e claves, setas comestibles e setas tóxicas e aproveitamento dos cogomelos).

Lugar: Fac. de Bioloxía. Aula 4. Límite de prazas: 24 Duración: 30 horasData de inicio: 9 de outubroHorario: luns e martes de 16.00 a 19.30 h.

2017/707

INICIACIÓN AO TEATRO*

Casilda Alfaro e Sonia Rúa (Teatro de Ningures).

Iniciación ao teatro no que se realizará un traballo de corpo: sensibilización e percepción corporal - o corpo no espazo, o corpo en relación cos outros e traballo vocal: respiración, resoadores, alento, son e vibración. Improvisación a partir dunha situación, dun obxecto, dun movemento, dun texto.

Lugar: Edif. de Deportes. Sala de ioga.Límite de prazas: 15 Duración: 30 horasData de inicio: 11 de outubroHorario: mércores de 15.30 a 18.30 h.

2017/708

AULA DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL GALEGO**

Álvaro Rodríguez. (Son das lagoas).

Este obradoiro desenvolverase durante todo o curso. Os asistentes formaranse nos instrumentos, cantos e danzas da man do grupo Son das lagoas. Traballaranse con cancións en cada un dos ritmos básicos de cada instrumento e, no baile, aprenderanse os pasos segundo cada provincia galega.

Lugar: TeatroLímite de prazas: 20 Duración: 30 horasData de inicio: 9 de outubro Horario: luns de 15.00 a 18.00 h. ***

2017/709

INICIACIÓN Á CURTAMETRAXE

Xoán Mariño. Mr Misto films

Iniciación práctica na creación audiovisual para producir unha curta. Trataranse os aspectos fundamentais para levala a cabo como a confección do guión, a produción e a dirección executiva. Tamén analizarase a fase de rodaxe e a comercialización e distribución da peza audiovisual.

Lugar: Edif. Miralles. Sala II.Límite de prazas: 20Duración: 30 horas Data de inicio: 11 de outubroHorario: mércores de 16.00 a 19.00 h.

Matrícula aberta:

do 25 de setembro ao 6 de outubro

Taxas:

· 26 euros para persoas da comunidade universitaria Universidade de Vigo.

· 40 euros para o público en xeral.

Ao remate do obradoiro entregarase di-ploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85% das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas.

MATRÍCULA ONLINEhttp://extension.uvigo.gal/cultura/obradoiroshttp://culturxest.uvigo.es

Extensión Universitaria

* Para quen o desexe, continúa no segundo cuadrimestre con POSTA EN ESCENA.

** Obradoiro anual.

*** Horario adaptable ás circunstancias de cada asistente dentro do rango de 15.00 a 18.00 horas.