o bosque sagrado de lugo · 2019-03-22 · urbanismo, con calificación de sobresaliente no...

12
O BOSQUE SAGRADO DE LUGO Os bosques como memoria viva dos pobos

Upload: others

Post on 20-Jan-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O BOSQUE SAGRADO DE LUGO · 2019-03-22 · Urbanismo, con calificación de sobresaliente no proxecto de fin de carreira. Cursa estudos de doutorado no Departamento de Proxectos da

O BOSQUE SAGRADO DE LUGO Os bosques como memoria viva dos pobos

Page 2: O BOSQUE SAGRADO DE LUGO · 2019-03-22 · Urbanismo, con calificación de sobresaliente no proxecto de fin de carreira. Cursa estudos de doutorado no Departamento de Proxectos da
Page 3: O BOSQUE SAGRADO DE LUGO · 2019-03-22 · Urbanismo, con calificación de sobresaliente no proxecto de fin de carreira. Cursa estudos de doutorado no Departamento de Proxectos da

ÍNDICE

O BOSQUE SAGRADO DE LUGO

Os bosques como memoria viva dos pobos

PROGRAMA

PONENTES

Carlos Martín la Moneda

Carmen Cillero Castro

Marco Antonio Rubinos Román

Alfonso Blanco Torrado

Carlos Sánchez-Montaña

Xosé Manuel González Reboredo.

Xulio Xiz

Juan Ortiz Sanz

Gonzalo Meijide Cameselle

4

5

6

6

7

7

8

8

9

11

11

11

Page 4: O BOSQUE SAGRADO DE LUGO · 2019-03-22 · Urbanismo, con calificación de sobresaliente no proxecto de fin de carreira. Cursa estudos de doutorado no Departamento de Proxectos da

4

O BOSQUE SAGRADO DE LUGOOs bosques como memoria viva dos pobos

Os esforzos dedicados a aumentar a conciencia para a conservación e a explotación sostible dos bosques en beneficio das xeracións presentes e futuras son unha iniciativa que conta cada día con maior número de apoios e impulsos eficaces.

Os bosques e a súa ordenación sostible contribúen de xeito notable ao desenvolvemento e erradicación da pobreza, pero ás veces esquecemos a súa aportación á cultura e á identidade na historia dos pobos.

Os bosques son memoria viva de moitas das culturas dos nosos territorios e neles gárdanse elementos materiais e inmateriais da identidade dos pobos que o comparten, sendo a restauración e o recoñecemento desa relación histórica unha esixencia principal para que os bosques sexan sostibles no futuro, non só como unha mera proposta económica.

O idioma, a artesanía, a economía, a relixión do territorio lucense son debedores da súa relación co bosque; a identidade da nosa provincia baséase en parte nunha moi importante imbricación cos bosques do noso contorno.

É por todo isto que propoñemos o estudo dos sinais de identidade que gardan os nosos bosques e así poder comprender mellor os elementos que manterán a conciencia e memoria común da nosa identidade para o futuro.

Page 5: O BOSQUE SAGRADO DE LUGO · 2019-03-22 · Urbanismo, con calificación de sobresaliente no proxecto de fin de carreira. Cursa estudos de doutorado no Departamento de Proxectos da

5

21 DE MARZOCASA DA CULTURA OUTEIRO DE REI, LUGO

9:45 – 10:00Inauguración oficial a cargo de Xosé Pardo Lombao, Alcalde de Outeiro de Rei

10:00 – 10:30Marco Rubinos Román O medio natural: serras bocarribeiras e chaira do Alto Miño.

10:30 – 11:00Carmen Cillero CastroValores ambientais vencellados á auga. Os humedais da Terra Cha

11:00 – 11:40Xosé Manuel González ReboredoOs homes da Terra Chá e os seus bosques: a transformación da natureza en cultura mediante actividades, oficios, crenzas e creacións do imaxinario do pobo 11:40 – 12:20Alfonso Blanco Torrado Espazos míticos dende a literatura chairega Pausa Café

12: 35 – 13:05Carlos Sánchez-Montaña O Altar do Rei e o Círculo de Donalbai

13:05 – 13: 30Juan Ortiz Sanz e Gonzalo Meijide CameselleUnha técnica de baixo coste para a documentación da arte ruspestre: a aplicación do scanner fotogramétrico

13:30 – 14:00Carlos Martín la Moneda.Estratexias para a recuperación do Bosque Sagrado: Fundación Ciudadano Verde

14:00 – 14:30Mesa redonda e Conclusións

Modera: Xulio Xiz Ramil

Almorzo 18:00 – 19:00Visita guiada a Penas de Rodas

ENTRADA LIBREInscripcións e reserva de almorzo no 659 181 971 ou [email protected] na Casa de Turismo Rural Reboreda de Abaixo - 15 euros

Page 6: O BOSQUE SAGRADO DE LUGO · 2019-03-22 · Urbanismo, con calificación de sobresaliente no proxecto de fin de carreira. Cursa estudos de doutorado no Departamento de Proxectos da

6

PONENTES - MODERADOR

CARLOS MARTIN LA MONEDA.

Arquitecto pola Universidade de Navarra (2002), especialidade en Urbanismo, con calificación de sobresaliente no proxecto de fin de carreira. Cursa estudos de doutorado no Departamento de Proxectos da Universidade Complutense de Madrid (2005-2008)

Desde el 2004 colabora habitualmente co estudio TRAMA de Arquitectura e Urbanismo, e cos arquitectos Teofilo Martín Sáenz e Luís Fernández Ramírez.

Do 2007 ao 2009 forma parte do equipo CONSORCIOEXPO2008, como Coordinador Técnico de Proxectos do Plan de Acompañamento para a Exposición Internacional ExpoZaragoza2008

Na actualidade traballa no seu propio estudio e ten realizado proxectos como:

Proxecto Básico, Execución de Urbanización U21, Depósitos Casablanca do Canal Imperial de Aragón, Zaragoza. (2003-2008); Proxecto Urbanización e Dirección de Obra, do Sector 1 de La Muela. (2004-2007); ENCUENTRO DE NATURALEZAS: Proxecto Básico, Execución e Estudo de Seguridade e Saude de 164 V.P.A,para a SMRUZ, Parcela 12, Sector 89/4, Valdespartera, Zaragoza. (2005-2008); HABITAR EN EL BOSQUE: Proxecto da Urbanización do Corredor Verde Oliver-Valdefierro FASE 1 e 2, Zaragoza (2005-2008);Redacción do Avance do Proxecto U22 do Canal Imperial de Aragón, Casablanca, Zaragoza (2006); Proxecto de Execución e Dirección de Obra para Adecuación e Acondicionamento de Novos Usos do Salón de Actos do Centro Internacional del Auga e Medioambiente, na Finca de La Alfranca, Pastriz, Zaragoza (2006); Anteproxecto de Zoo de Fauna Silvestre na Finca de La Alfranca, Pastriz, Zaragoza (2006). Deseño e Patente do banco SENTARSE CON LOS ÁRBOLES para Paviments Mata S.L. Barcelona (2006); Proxecto de Execución de Rehabilitación da Antiga Fábrica de Fariñas “La Industrial de Aragón” para o Centro Xuvenil de Artes, Zaragoza (2006-2008); Proxecto de Execución de JARDIN DE ROCAS como Área Recreativa Principal da Vía Natural entre Zaragoza e La Alfranca (2006-2008); 2007. Deseño da Señalización do Anillo Verde de Zaragoza (2007); Coordinador Técnico de Proxectos do Consorcio Expo Zaragoza 2008; Plan Director do Río Huerva no Término Municipal de Zaragoza e Anteproxecto de Adecuación Paisaxística do río Huerva no tramo entre a ponte “Trece de Septiembre” e Gran Vía (2009-2010); Avance do Plan Especial da Orla Este de Zaragoza (2010)

CARLOS MARTIN

LA MONEDA

Page 7: O BOSQUE SAGRADO DE LUGO · 2019-03-22 · Urbanismo, con calificación de sobresaliente no proxecto de fin de carreira. Cursa estudos de doutorado no Departamento de Proxectos da

7

CARMEN CILLERO CASTRO

Inxenieira de Montes pola Universidade de Santiago de Compostela (2001) con diploma de Estudos Avanzados dentro do programa de doutorado de Biodiversidade e Conservación do Medio Natural, na área de Botánica, reúne tódolos requisitos que acreditan o recoñecemento de Suficencia Investigadora. Actualmente doutorando nesta misma área de coñecemento.

Durante os últimos catorce anos a súa carreira profesional desenvolveuse nos departamentos de Ecoloxía e Botánica, e posteriormente como persoal investigador do Grupo de Investigación TTB-1934 do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural IBADER.

O seu campo de investigación xira en torno á xestión de recursos naturais, centrada na caracterización ecolóxica e xestión de humedais, especializándose en limnoloxía xeral de medios tanto lóticos como, e especialmente, lénticos; abarcando dentro destes últimos o estudo de lagunas tanto continentais como litorais e ecosistemas de turbera. Os seus traballos dentro do Grupo de Investigación da USC tamén lle permitiron participar nos últimos anos dentro unha liña paralela desenvolta en colaboración coa Universidade de Vigo, centrada nos fluxos de CO2 en humedais atlánticos e o Cambio Climático.

Producto desta labor redactou vinte e catro artigos e documentos científico-técnicos, editados en libros e publicacións científicas ou de carácter restrinxido. Participou en oito congresos e dez proxectos de I+D tanto de carácter público como ámbito empresarial.

Exerce puntalmente como formadora na Escola Galega de Administración Pública impartindo charlas sobre a xestión de humedais continentais dentro da Rede Natura 2000.

MARCO ANTONIO RUBINOS ROMÁN

Inxenieiro de Montes pola Universidade de Santiago de Compostela (2005) con diploma de Estudos Avanzados dentro do programa de doutorado de Biodiversidade e Conservación do Medio Natural na área de Botánica, reúne tódolos requisitos que acreditan o recoñecemento de Suficiencia Investigadora.

A súa carreira profesional desenvólvese nos departamentos de Ecoloxía e Botánica, e posteriormente como persoal investigador do Grupo de Investigación TTB-1934 do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural IBADER.

O seu campo de investigación céntrase na xestión de recursos naturais e a planificación territorial aplicada á conservación do patrimonio natural, o que lle levou a especializarse en xestión de datos por medio de sistemas

CARMENCILLEROCASTRO

MARCOANTONIORUBINOS

ROMÁN

Page 8: O BOSQUE SAGRADO DE LUGO · 2019-03-22 · Urbanismo, con calificación de sobresaliente no proxecto de fin de carreira. Cursa estudos de doutorado no Departamento de Proxectos da

8

de información Xeográfica. Paralelamente desenvolve unha liña de traballo centrada no inventario e catalogación de Humedais, así como diversos estudos sobre a flora rara e amenazada propia destos medios.

Producto desta labor redactou corenta e oito artigos e documentos científico-técnicos, editados en libros e publicacións científicas ou de carácter restrinxido. Participou en dez congresos e catorce proxectos de I+D tanto de carácter público como no ámbito empresarial.

Ocasionalmente exerce de formador na Escola Galega de Administación Pública e no Centro de Formación de Recursos da Xunta de Galicia impartindo charlas seminarios e conferencias centradas no manexo e aplicación de Sistemas de Información Xeográfica, e na identificación de hábitats e flora.

ALFONSO BLANCO TORRADO

Realizou estudos eclesiásticos en Santiago e na Universidade Pontificia de Salamanca, realizando nas duas ciudades unha importante labor no movimento estudiantil. Desde 1976 traballa en varias parroquias de Guitiriz, tanto no campo social como cultural. É profesor no IES de Guitiriz. No traballo social destaca a recuperación do Santuario de Nosa Señora de Bascuas, hoxe convertido en Museo de Arte e Cultura Relixiosa Popular. Dirixe as publicacións de Xermolos, Guieiros, Cadernos e Revista Xermolos.

Escribe en varias publicacións como Irimia, Encrucillada, etc. En 1976 funda a Asociación Cultural de Guitiriz chamada posteriormente Xermolos, con moitas actividades culturales como Escola de Música Tradicional, Escola de Canteiros, Revista Xermolos, Cadernos de temas etnográficos, Biblioteca Pública, etc. Foi o fundador do Festival de Pardiñas (1980), da Feira e Festa da Música e da Arte e dos premios de Guitiriz de Pintura, Escultura e Fotografía. Coordina a Asociación Sociocultural X. M. Díaz Castro e Fundación Manuel María da Terra Cha. Recibiu os premios Anxel Fole de ensaio pola obra Xosé María Castro: A Ascensión dun poeta, o IAR de Folclore e o Moncho Valcárcel pola promoción da Terra, e o Premio Solidariedade 2002.

CARLOS SÁNCHEZ-MONTAÑA

Arquitecto na especialidade de Proxectos, Historia e Urbanismo pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona, España.

Entre 2003-2005 realizou estudos de doutorado na Universidade de A Coruña, Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña co curso “Arquitectura en Galicia”.

ALFONSOBLANCO

TORRADO

CARLOSSÁNCHEZ-MONTAÑA

Page 9: O BOSQUE SAGRADO DE LUGO · 2019-03-22 · Urbanismo, con calificación de sobresaliente no proxecto de fin de carreira. Cursa estudos de doutorado no Departamento de Proxectos da

9

Doutorando na Universidade de A Coruña.Tesis doutoral en curso: La forma urbana de Lucus Augusti.

Participou no Congreso Murallas de ciudades romanas en el occidente del imperio (Lugo 2005) coa comunicación: Lucus Augusti como paradigma: Análisis geométrico de la muralla bajo imperial de Lucus Augusti; e no Congreso Internacional de EGA, (Sevilla 2006): coa comunicación Vitruvio versus Agripa: El texto de M. Vitruvio ilustrado por la arquitectura de M. Agripa.

Outros traballos de investigación:Interpretación sobre la piscina cultual del yacimiento de San Roque en Lugo (2004) De lares y Julianes. Los cruces de caminos en la Gallaecia (2005). La moneda de caetra de Lucus Augusti y su simbología (2005) Comparativa entre la arquitectura de Santa Eulalia de Bóveda y Santa Mariña de Augas Santas. (2005) Análisis arquitectónico de las salas de la domus Batitales en Lugo (2005) Referencias a la diosa Isis en el territorio de la Gallaecia (2005). El sello de Augusto en la Cruz de los Ángeles de Oviedo (2006). Pedras Formosas. Arquitectura antigua en la Callaecia (2007)Oviedo romano. Un proyecto posible (2008). Arquitectura y urbanismo en “Asturia et Gallaecia” (2009)

XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ REBOREDO.

Licenciado en Filosofía e Letras (Historia) pola Universidade de Santiago (1968). Douctor pola mesma Universidade (1974). Profesor Adxunto de Prehistoria e Etnografía. Catedrático de Institutos de Ensino Medio en Xeografía e Historia. Profesor de Ciclos Superiores de Técnicos en Información Turística.

Como especialista en Antropoloxía cultural/ Etnoloxía impartiu créditos de Doutoramento na Facultade de Historia e de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela e formou parte dos tribunais que xulgaron diversas teses de doutoramento na Universidade de Santiago, Complutense de Madrid e Universidade do País Vasco

Director da Sección de Etnografía do Instituto de Estudos Galegos “P. Sarmiento” e da Sección de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega. Na actualidade é coordinador do “Instituto de Estudos das Identidades” do Museo do Pobo Galego, académico correspondente da Real Academia Galega, membro do Consello de Cultura da Exma. Deputación Provincial de Lugo e tamén da Comisión Superior de Valoración de Bens de Interese Cultural.

XOSÉ MANUEL

GONZÁLEZREBOREDO

Page 10: O BOSQUE SAGRADO DE LUGO · 2019-03-22 · Urbanismo, con calificación de sobresaliente no proxecto de fin de carreira. Cursa estudos de doutorado no Departamento de Proxectos da

10

Ata o ano 1980 alternará o cultivo da Etnografía e da Arqueoloxía prehistórica, codirixindo ou participando en campañas de escavación e prospección arqueolóxicas (Incio, Buriz, Bexo, Baroña, Argalo). A partir desta data concentra a súa dedicación na Etnografía/Antropoloxía Cultural , facendo traballo de campo no contorno da serra de Ancares, A Ulla e outras diversas localidades galegas.

Participou como invitado en diversas xuntanzas peninsulares, entre elas o Encontre d´Antropología i Diversitat Hispánica, II e IV Congreso de Religiosidad Popular, “Seminário de Cultura Popular do Noroeste Penínsular, Congresso de Cultura Popular da Galiza e o Norte de Portugal, Conferencia internacional da tradición oral, etc. En Galiza interveu activamente na organización de numerosos encontros, os máis deles convocados polo Consello da Cultura Galega. Foi tamén encargado da programación da Sección de Antropoloxía do Congreso da Cultura Galega e presidente do III Congreso de Historia da Antropoloxía e Antropoloxía Aplicada.

Leva pronunciado máis dun cento de conferencias en centros de ensino, asociacións culturais, museos e universidades de España e Portugal. Neste campo da divulgación participou, así mesmo, como asesor en iniciativas como a da serie “Romarías”, emitida pola Televisión Galega en 1996.

Formou, ou forma, parte do Consello de Redacción de diversas revistas: “Cuadernos de Estudios Gallegos”, “Anuario de Historia de la Antropología”, e “Antropológicas”, e foi coordinador e coautor dos tomos de Antropoloxía Cultural do “Proxecto Galicia” de Hércules de Ediciones- A Coruña, así como membro do Consello Editorial deste proxecto.

Foi comisario, membro do comisariado ou asesor das exposicións Galicia e a sega en Castela, Vida e obra de Xaquín Lorenzo, A Gandaría: tesouro de Galicia e A Terra e a Xente Fotografías de W. Ebeling.

A partir do ano 2003, comezou a súa colaboración como asesor etnográfico coa asociación galego-portuguesa Ponte...nas Ondas, a cal tivo por obxectivo preparar unha candidatura para que a tradición oral de Galiza e o Norte de Portugal fose declarada pola UNESCO Obra Mestra do Patrimonio Intanxible da Humanidade.

Publicou máis de 150 escritos, tanto libros como artigos, ponencias de congresos, etc .Entre os títulos figuran Lendas galegas de tradición oral, Entroido en Galicia, A festa de san Xoán, Antropología y Etnografía de las proximidades de la sierra de Ancares, Sociedade e tecnoloxía tradicionais do val de Ancares, Nos lindeiros da galeguidade: estudo antropolóxico do val de Fornela, La invención del Estado-nación, Galicia de lenda, Galicia de conto, Tempo de festa en Galicia,Tomos 1 e 2, Dicionario de Etnografía e Antropoloxía de Galiza, etc. Ocupouse tamén da historia da Antropoloxía en Galiza, con escritos de conxunto ou dedicados a etnógrafos/folkloristas como Machado y Álvarez, Vicente Risco, F. Bouza-Brey, X. Lorenzo Fernández, X. Filgueira Valverde, A. Fraguas e Xesús Taboada Chivite.

Page 11: O BOSQUE SAGRADO DE LUGO · 2019-03-22 · Urbanismo, con calificación de sobresaliente no proxecto de fin de carreira. Cursa estudos de doutorado no Departamento de Proxectos da

11

XULIO XIZ

Licenciado en Ciencias da Información. Director de Ophiusa e Galicia Dixital, e funcionario da Consellería de Cultura.

Colabora en La Voz de Galicia e Radio Popular de Vilalba. Xunto con Marcial González Vigo obtivo unha vintena de premios nacionais e internacionais de radio e TV.

Autor de dúas ducias de libros, e guionista/director de máis de medio cento de produccións en video.

JUAN ORTIZ SANZ

Doutor en Inxeniería Agrónoma. Profesor Titular de Universidade no Departamento de Inxeniería Agroforestal.

Imparte docencia na Escola Politécnica Superior de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en fotogrametría de obxecto cercano, destacando a sua experiencia docente e investigadora con participaciones en congresos internacionais e artículos en revistas de impacto, como The correction of the pseudoscopic effect on Quickbird satellite imagery en Survey review, 2010, e A Simple Methodology For Recording Petroglyphs Using Low-Cost Digital Image Correlation Photogrammetry And Consumer-Grade Digital Cameras no Journal of Archaeological Science.

GONZALO MEIJIDE CAMESELLE

Licenciado en Xeografía e Historia, especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela. Arqueólogo Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Cultura e Turismo e membro da comisión territorial do Patrimonio Histórico de Lugo dende 1989.

Traballa en proxectos de aplicación de scanner fotogramétrico no patrimonio arqueolóxico e como investigador. É autor de publicacións, sobre a Idade do Bronce , Cultura Castrexa e Romanización. Participou activamente en proxectos de escavación arqueolóxica como: Buchería da Catedral de Santiago de Compostela, Castro da Graña e Vila romana e necrópole do Bronce Inicial do Agro de Nogueira (Toques, A Coruña), Termas de Lugo, Castro de Formigueiros (Samos, Lugo).

XULIOXIZ

JUANORTIZSANZ

GONZALOMEIJIDE

CAMESELLE

Page 12: O BOSQUE SAGRADO DE LUGO · 2019-03-22 · Urbanismo, con calificación de sobresaliente no proxecto de fin de carreira. Cursa estudos de doutorado no Departamento de Proxectos da

CONCELLO DE BEGONTE

CONCELLODE OUTEIRODE REI