o bocadillo das once. en defensa do ensino pÚblico.pdf

Upload: nela-abella

Post on 14-Apr-2018

225 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • 7/27/2019 O BOCADILLO DAS ONCE. EN DEFENSA DO ENSINO PBLICO.pdf

    1/6

    O BOCADILLO DAS ONCE

    EN DEFENSA DO ENSINO PBLICO

    Un da de outubro de 1954 san da casa coa carteira do colexio na

    man. an dentro, entre outras ferramentas imprescindbeis, un exemplar da

    ultramontana e, mesmo as, saudosa- Enciclopedia lvarez, o estoxo das

    pinturas Abeto, unha goma de borrar Miln e o bocadillo das once, bolo de

    pan de Viena preado cunha onza de marmreo e indixerbel chocolate La

    Perfeccin. Cincuenta e seis anos despois, a finais de xuo de 2010, deixeipor fin a escola e voltei casa, coa carteira que contia anda o bocadillo

    de chocolate ao que nunca fun quen de fincar o dente. Foron cincuenta e

    seis anos interrumpidos s pola pausa incivil do servizo militar- de

    permanencia no cole, nos ollos sempre un horizonte de encerados negros

    ou verdes, tapizados por un palimpsesto imborrbel de ecuacins, frmulas,

    paradigmas e polgonos irregulares. Ao longo de case sesenta dcadas

    puiden certificar a ineficacia radical dos borradores, que nunca serviron

    para suprimir as pegadas das sucesivas leccins sobre o lenzo docente. As

    permanecen tamn, en equilibrio de confusa superposicin sobre o

    taboleiro da mia memoria, os decisivos aforismos da primeira

    aprendizaxe, mi mam me ama, el gato juega con la lana; a hiprbole

    incomprensbel do nmero pi; a frmula SO4H2, cuxo significado

    esquecn; a columna de formas do pretrito indefinido do verbo temer; ou o

    reincidente esquema do proceso da comunicacin: emisor, canal, mensaxe,

    receptor, cdigo e referente. Eu mesmo fun responsbel durante trinta e

    sete anos de perseverancia didctica do trazado de guins, listados,

    resumos e modelos de diversa entidade que o borrador non conseguir

    nunca eliminar.

    1

  • 7/27/2019 O BOCADILLO DAS ONCE. EN DEFENSA DO ENSINO PBLICO.pdf

    2/6

  • 7/27/2019 O BOCADILLO DAS ONCE. EN DEFENSA DO ENSINO PBLICO.pdf

    3/6

    Eu, profesor xubilado de Lingua e Literatura Castel, son anda o

    alumno de Cecilia Armendriz, de Pedro Nez, de Margarita Rodrguez

    Solano, de Ovidio Martnez, de ngeles Vzquez de Parga, de Xos Luis

    Mndez Ferrn, de Lenides de Carlos, de Evaristo Gonzlez, de

    Clementina Gonzlez... referentes decisivos todos eles e outros e outras

    que non cito para non abafar- da mia formacin. Eles, elas, constiten

    unha parte crucial do claustro do Santa Irene, o instituto de Vigo, mixto

    anda no momento en que eu comecei a habitar o elegante emonumental

    edificio que o alberga, magnfica obra de Antonio Cominges, de 1941. Al

    gobernaban os principios e o estilo, vixentes hoxe e sempre, do ensinopblico, interclasista, de calidade, cientfico e racional, malia a presin

    perforadora do dogma catlico, do nacional-catolicismo franquista en plena

    ditadura, inoculado nas clases de relixin, disciplina obrigatoria e

    evalubel, como pretenden as autoridades actuais da caverna

    gubernamental. Pero no Santa Irene, centro presidido por un solemne

    paraninfo que, daquela, era o mellor auditorio pblico da cidade, non habacapela, e s nos mandaba rezar no comezo das clases certa profesora

    fantasmal cuxo nome esquecn. Os meus amigos estudantes dos xesutas e

    dos maristas envexaban a nosa vestimenta libre, pluriforme, anda que

    maiormente humilde, fronte uniformidade estpida das sas roupias.

    Admiraban, sorprendidos, a nosa condicin de mozos e mozas en proceso

    de aprendizaxe de claves de independencia, responsabilidade persoal e

    espritu crtico. Algns soaban coa posibilidade de que os seus pais lles

    permitisen matricularse no Santa Irene, aquel centro dirixido por

    catedrticos de recoecido prestixio, de alto nivel de formacin, varios

    deles autores de libros de investigacin e creacin, conferenciantes e

    xornalistas, e a maiora formados nos alicerces progresistas da Repblica.

    Entre eles habitaban docentes represaliados e vixiados polo fascismo

    golpista do 36 e militantes clandestinos da esquerda antifranquista. Era un

    3

  • 7/27/2019 O BOCADILLO DAS ONCE. EN DEFENSA DO ENSINO PBLICO.pdf

    4/6

    colectivo situado obviamente no territorio antpoda ao que ocupaban os

    padres e hermanos das ordes relixiosas que se encargaban de

    encarreirar, en rumbo de orde e control, os fillos e fillas das familias que

    nunca souberon nin quixeron coecer as cualidades superiores do ensino

    pblico.

    Nas ras de Compostela e antes nas de Oviedo, onde cursei o

    Preuniversitario e aprobei a Proba de Madurez, fun aprendendo tamn

    leccins de resistencia e enfrontamento ditadura, aln de moitas outras

    ensinanzas formativas, vitais e culturais, mis ricas e trascendentes que as

    que procederon das aulas da Facultade de Filosofa e Letras, de cuxoclaustro escollera hoxe apenas tres ou catro nomes, os poucos dos que

    conservo unha memoria tan agradecida como a que cultivo en lembranza

    do meu instituto Santa Irene.

    Daquela primeira aprendizaxe poltica durante a xeira universitaria

    procede en gran medida a posicin crtica, anovadora e combativa do

    profesorado que estreou, que estreamos, praza fixa ou contrato comoprofesores non numerarios (os penenes da segunda metade da dcada dos

    setenta) durante a transicin e que permanecimos, e permanecemos anda,

    activos na defensa do ensino pblico. Somos hoxe mozos e mozas de mis

    de sesenta anos. Entendemos sempre o labor docente como tarefa

    inseparbel dunha actividade poltica atravs da que, no duro proceso de

    derrubamento dos muros da escola franquista, temos loitado, con todas as

    frmulas de mobilizacin posbeis, pola mellora da calidade do ensino,

    pola democratizacin dos claustros, pola instauracin do galego como

    lingua vehicular, pola dignificacin da nosa condicin de profesionais da

    docencia...

    Hoxe, cuarenta anos xustos logo da mia estrea curso 73-74- como

    profesor non numerario no Instituto Arcebispo Xelmrez de Santiago de

    Compostela, sinto o arreguizo dun cadoiro de augas turbas que semellan

    4

  • 7/27/2019 O BOCADILLO DAS ONCE. EN DEFENSA DO ENSINO PBLICO.pdf

    5/6

    correr cara atrs, ro arriba, en direccin s fontes da noite dictatorial.

    Como se todo o esforzo colectivo de quen fomos acendendo luces

    democrticas nas galeras subterrneas resultase intil. As brigadas de

    demolicin pretenden facernos regresar aos das do nacional-catolicismo

    autoritario, clasista, espaolizante e privatizador. Ao seu mando traballa o

    capataz Ignacio Wert, quen, por certo, fixo os seus estudos primarios e

    secundarios, como Jos Mara Aznar, Po Garca Escudero, Luis Mara

    Ansn ou Fernando Snchez Drag, entre outros prceres da ultradereita,

    no colexio de Nuestra Seora del Pilar de Madrid, empresa dos irmns

    marianistas, que veen ser curmns dos maristas, mestres dos meus amigosda adolescencia. Algns deles lembran hoxe a sa experiencia como

    vtimas da fraternal fruicin pederasta dun daqueles hermanos.

    Unha perigosa carga explosiva reaccionaria e mercantilista foi

    instalada nos sotos do edificio da instrucin pblica. Por iso as camadas da

    seita multinacional Opus Dei poden continuar a crirense en alcobas

    afastadas, que as os quere o deus da ortodoxia castrante. Educacin para acidadana? Non. A cambio: Formacin del Espritu Nacional Espaol

    contra o capricho do rdago independentista, como repiten incansbeis

    insacibeis- os xornais do poder, ou sexa, toda a prensa. E no canto de

    Ciencias para o mundo contemporneo, outra volta Relixin, dogma

    catlico evalubel, con tres posbeis cualificacins: inferno, purgatorio,

    ceo. A supersticin, a ollada irracional sobre o mundo en equilibrio coa

    perspectiva cientfica, a fbula creacionista en dilogo (ou en combate

    apoloxtico e con pretensin de vitoria) coa Teora da evolucin das

    especies por seleccin natural. Programas uniformados desde Madrid;

    revlidas que cheiran a mofo cuarteleiro da dcada dos cincuenta; asalto da

    empresa privada s salas de avaliacin; aumento do horario lectivo do

    profesorado e, naturalmente, incremento do nmero de alumnos por aula;

    nomeamento dixital de directores xerentes dotados da potestade para

    5

  • 7/27/2019 O BOCADILLO DAS ONCE. EN DEFENSA DO ENSINO PBLICO.pdf

    6/6

    seleccionar o profesorado; aterraxe de urxencia da aeronave da santsima

    trindade lingstica (espaol, lingua indxena e ingls) en prestidixitacin

    de trilingismo harmnico destinado a debilitar o papel da nai, da lingua

    histrica e propia, en beneficio do pai e do espritu santo. Estes son algns

    dos aparellos da estratexia involutiva que o poder neoliberal, con Ignacio

    Wert como decidido executor, quere aplicar ao ensino pblico.

    Ignacio Wert foi destinado en comisin de servizos a este labor de

    destrucin masiva. un mercenario preparado para trasladarse a outra

    fronte de combate no momento en que reclamen a sa asistencia. Obedece,

    como xerente local da multinacional capitalista, ordes que veen de arriba.E, sen dbida, cumpriu con brillante eficacia a sa misin. Pero nin el nin

    os seus xefes de seccin, gobernantes espaois e galegos do Partido

    Popular, nin os mesmos propietarios do negocio mundial van poder impedir

    o estouro de insumisin co que a comunidade escolar do Ensino Pblico e a

    cidadana toda se enfrontar violencia dun poder econmico e poltico

    mis esmagante que nunca. Eu estou hoxe regresando escola, de ondetalvez nunca marchei, coa mia carteira e o bocadillo de chocolate de

    sempre e con novas razns de ira xusta para a revolta. En defensa activa,

    brava e democrtica do Ensino Pblico.

    Xos Mara lvarez Cccamo

    Outubro, 2013.

    6