nº 66 abril 2017 en galego,

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 66 abril de 2017 A Liña do Gale- go é un servizo gra- tuíto ofrecido pola Mesa pola Normali- zación Lingüística dirixido a toda a po- boación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre de- reitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, em- presas, etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantía do dereito a vivir en galego. Desde xullo de 2016, A Mesa puxo en marcha a app A Liña do Galego; o obxectivo desta aplicación é proporcionar as usuarias e usuarios unha nova forma de comunicación que permita o envío de queixas e parabéns dunha forma sinxela, rápida, segura e cómoda. Para queixas, consultas e parabéns. Máis información en: http://www.amesa.gal/linhadogalego

Upload: ceiprandufe

Post on 23-Jan-2018

274 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nº 66 abril 2017  en galego,

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 66 abril de 2017

A Liña do Gale-go é un servizo gra-tuíto ofrecido pola Mesa pola Normali-zación Lingüística dirixido a toda a po-boación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre de-reitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, em-presas, etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantía do dereito a vivir en galego. Desde xullo de 2016, A Mesa puxo en marcha a app A Liña do Galego; o obxectivo desta aplicación é proporcionar as usuarias e usuarios unha nova forma de comunicación que permita o envío de queixas e parabéns dunha forma sinxela, rápida, segura e cómoda.

Para queixas, consultas e parabéns.

Máis información en: http://www.amesa.gal/linhadogalego

Page 2: Nº 66 abril 2017  en galego,

DITOS E FRASES FEITAS (5): OUTRA VACA NO MILLO!

Cando comezamos aló por outubro (no número 62 do En galego,... máis e mellorEn galego,... máis e mellorEn galego,... máis e mellorEn galego,... máis e mellor) con ditos e frases feitas diciamos que as traducións poden ser correctas e porén ser alleas á nosa lingua ou tradición. Así recollemos algunhas suxestións, das moitas que podemos atopar no libro de Carlos Callón Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (ao que xa fixemos referencia no nº 62), de formas correc-tas ou privilexiábeis fronte a outras incorrectas ou desbotábeis.

FORMA INCORRECTA OU DESBOTÁBEL FORMA CORRECTA OU PRIVILEXIÁBEL

A palabras necias, ouvidos xordos Orneadas de burro non chegan ao ceo

A punta pala A dar co pé

A trancas e barrancas A eito / Dando tombos / Mal como puido

Ande eu quente e ríase a xente Chámame can e bótame pan / Diga a miña veciña e teña o meu fol fariña

De boquilla Pola boca pequena / En falso

De cabo a rabo De punta a couce

Estar até a coronilla / Estar até o gorro Estar farta/o / Estar até as orellas / Estar até os miolos

Ir por la e saír trasquilado Ir mallar e vir mallado/a / Ir á devesa e levar co pau na cabeza

O chocolate do loro O aforro do pirixel

Outro que tal baila Outra vaca no millo

Quen foi a Sevilla perdeu a silla O que foi á feira perdeu a cadeira

Saír de Guatemala e entrar en Guatepeor Saír dun souto para caer noutro

Saír por peteneras Mexar fóra do testo / Falar do xato e esquecer o trato

Tirar a toalla Pedir papas