nº 54 abril 2015 en galego,

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 54 abril de 2015 Mentira 12: “É un despropósito pedagóxico darlle clases en galego a nenos de familias castelanfalantes”.

Upload: ceiprandufe

Post on 21-Jul-2015

36 views

Category:

Education


7 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nº 54 abril 2015  en galego,

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 54 abril de 2015

Mentira 12: “É un despropósito pedagóxico darlle clases en galego a nenos de familias castelanfalantes”.

Page 2: Nº 54 abril 2015  en galego,

APELIDOS GALEGOS NA ESCOLA (III): OS ALCUÑOS

Moitos dos apelidos galegos proceden de alcumes ou alcuños tamén chamados por veces nomea-das ou maus nomes. Nestes casos a orixe dos apelidos non está nos pais nin no lugar de orixe, senón na colectividade, a veciñanza, que é a que designa e a que manda. Tomando copiadas as palabras de X. L. Méndez Ferrín no seu Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos, “os alcuños son produto da creatividade, do enxeño, da malicia, da inimizade, do amor, da admiración, do odio. Unha vez conver-tidos en apelidos e cando xa descoñecemos a persoa do alcuñado, ás veces non se comprende a súa razón de ser”. Algúns fan referencia a posicións sociais imaxinarias como Conde, Patricio ou Rei. Este grupo de al-cumes estarían claramente entre os considerados meliorativos, que favorecen o alcuñado ao lle dar o no-me dunha xerarquía social que non posúe. Outros alcumes fan referencia a calidades persoais ou físicas como Bravo (violento, de mal carácter), Costas (individuo forte, de grandes costas), Garrido (de boa presenza, agradábel), Ledo (alegre, que sente ledicia), Novo, Pernas, Rouco (de voz áspera e pouco clara), Solleiro (que ten moito sol) ou Veloso (con moito pelo persoal). Serodio, tamén é un apelido con orixe nun alcume. Neste caso alusivo ao parentesco e fai referencia a algún fillo que chegou fóra de tempo, que naceu tarde. Hai alcumes que fan referencia a utensilios como Machado (instrumento para cortar) ou a semellanzas con animais ou vexetais co-mo Bugallo, Espiñeira (arbusto bravo, espiño), Romeu (herba ou ta-mén peregrino) ou Silva.

Dos apelidos que recollemos neste boletín, todos eles presentes na escola, só dous teñen unha forma alterada produto da castelanización: Rei/Rey e Romeu/Romero. No primeiro caso non afecta máis que a letra con que se grafa mais no se-gundo caso supón unha substitución. A lexislación en vigor permite, a quen o quixer e o solicitar, regularizar ortografi-camente ou recuperar a súa forma correcta cun sinxelo pedimento no Rexistro Civil.