nº 33 abril 2012 en galego,
TRANSCRIPT
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 33 abril de 2012
Viñeta de GONZALO en www.dioivo.eu
SEMENTEIRA
Sementar sementarei, loguiño de clarear,
en tanto no pobo medre un meniño, un vello e un cantar.
Un meniño rebuldeiro que fale na lingua nai
que suba nos pexegueiros a froita verde a roubar. Sementar sementarei,...
Un vello que de consellos un rostro de fume e pan
que conte contos aos nenos do cuco e do paspallás. Sementar sementarei,...
Un cantar de redención Un vello novo cantar
que toque a desolación nun limpo e claro alborexar.
Sementar sementarei,...
Logo, deixádeme morrer, entre dous regos, queimado,
cando veñan os solpores dos homes esfameados.
(L. Álvarez Pousa)
Imaxe tomada do Dicionario Xerais da Lingua , 4ª edición. Vigo, abril 1993.
Legón, eixada, aixada
Sacho, picaraña, raño
Fouces, fouciñas
Gadaña, corno, pedra, ferros
Forcada, forquita, galla, galleta
Cambela
Grade ou grada
Rastro
1. Rabiza; 2. Temón ou temoa; 3. Chavella; 4. Teiroga ou teiruga;5. Seita; 6. rostro;
7. Ameixelo ou amexelo; 8. Abeacas; 9. Rella
Arado
Angazos