Índice de contidos - galicia...na táboa de estado lístase o planeamento xeral vixente nos...
TRANSCRIPT
Edificio Administrativo San Lázaro s/n15781 Santiago de Compostela
ÍNDICE DE CONTIDOS
1.INTRODUCIÓN......................................................................................................................2
1.1.O Sistema de Información de Ordenación do Territorio e Urbanismo (SIOTUGA) de Galicia................................................................................................................................................2
2.MANUAL DE USO..................................................................................................................3
2.1.Navegadores web compatibles..........................................................................................3
2.2.Panel de inicio....................................................................................................................3
2.3.Ordenación do territorio....................................................................................................4
2.4.Urbanismo.........................................................................................................................6
2.5.Inventario de planeamento municipal...............................................................................7
2.6.Visor GIS............................................................................................................................8
Versión 2.0.0
1. INTRODUCIÓN
1.1. O Sistema de Información de Ordenación do Territorio e Urbanismo(SIOTUGA) de Galicia
O portal do Sistema de Información do Ordenación do Territorio e Urbanismo de Galicia(SIOTUGA) plantéxase como a evolución da anterior Web de Información Urbanística deGalicia.
Ponse a disposición do público a información relativa aos instrumentos de ordenación doterritorio e dos de planificación urbanística.
2. MANUAL DE USO
2.1. Navegadores web compatibles
O SIOTUGA emprega as últimas tecnoloxías web (html5, css3), polo que únicamente estánsoportados navegadores modernos.
Esta aplicación está optimizada para Mozilla Firefox 30+, Google Chrome 37+ e Safari 5. Écompatible con Internet Explorer 10+, aínda que non se recomenda o seu uso por cuestión derendemento da aplicación.
2.2. Panel de inicio
O panel de inicio permite acceder aos contidos principais do portal.
1. Ordenación do territorio2. Urbanismo3. Inventario municipal4. Visor5. Lexislación6. Manual de usuario
Urbanismo. Páxina de información do estado e consulta dos instrumentos de ordenación doterritorio en Galicia.
Urbanismo. Páxina de información do estado e consulta do planeamento urbanístico enGalicia.
Inventario municipal. Páxina que permite consultar os instrumentos de ordenación doterritorio máis o planeamento urbanístico por concello.
Visor. Visualizador xeográfico da información cartográfica do planeamento xeral por concellos.
Lexislación. Acceso á base de datos de lexislación relativa a ordenación do territorio eurbanismo.
2.3. Ordenación do territorio
Nesta páxina amósase a información relativa aos instrumentos de ordenación do territorio (IOT,en adiante) definidos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio deGalicia.
Inclúe dúas seccións: unha primeira co estado da ordenación do territorio, e unha segunda coformulario de busca dos IOT.
O estado da ordenación refléxase en forma de mapa de Galicia coa densidade de IOT porconcello e en forma de gráfico coa distribución do número de tipos de instrumentos.
A busca de IOT realízase mediante un formulario sobre un ou varios dos criterios de buscaseguintes:
• Nome do expediente
• Tipo de instrumento
• Ámbito territorial
• Rango de datas de aprobación definitiva
Faga clic no botón “buscar” para realizar a consulta. A aplicación devolverá unha táboa coalista de resultados coincidentes. Para cada resultado achégase a seguiente información: códigoidentificador, título do instrumento, tipo de instrumento, data de aprobación definitiva, data depublicación en diario oficial e enlace de consulta á ficha do IOT
Facendo clic no enlace ábrese a ficha descritiva do IOT
Faga clic no enlace para descargar a documentación completa do expediente.
2.4. Urbanismo
Nesta sección amósase o estado do planeamento xeral urbanístico dos concellos de Galicia, asúltimas aprobacións publicadas e un enlace ás normas subsidiarias provinciais deplaneamento.
No mapa de estado, pode consultarse a información do planeamento xeral vixente facendo clicno concello de interese que se amosará nunha táboa á dereita do mapa. O último campo datáboa [ ] é un enlace á páxina do inventario do concello en cuestión, que se abrirá nunhanova pestana.
A gráfica de estado resume o estado do planeamento agrupando os concellos en 8 clasessegundo a súa adaptación ás diferentes normas urbanísticas e antigüidade, indicando onúmero total de concellos incluídos en dita clase.
Na táboa de estado lístase o planeamento xeral vixente nos concellos galegos, coa informaciónrelativa ao código INE do concello, o nome do mesmo, a figura de planeamento xeral vixente, a
data de aprobación definitiva, a clase de estado á que pertence, un enlace á páxina de
inventario municipal e un enlace ao documento de capacidades do servizo xeoespacial de
visualización de mapas segundo o protocolo Web Map Service .
A táboa permite a ordenación e filtrado das filas. Faga clic nas cabeceiras [ ] para ordenarsegundo o campo desexado. Introduza o texto que desexa buscar no texto do filtro “Buscar”.
2.5. Inventario de planeamento municipal
Nesta páxina amósase por concello o seu planeamento urbanístico e os instrumentos deordenación do territorio con incidencia nel. A busca realízase seleccionando o concello dodespregable e premendo o botón de busca:
Existe un método de acceso directo ao inventario dun concello especificando na URL oparámetro do código INE do concello sobre o que se desexa realizar a consulta. Por exemplo,para acceder directamente ao inventario do concello de Coirós (código INE 15027), debeescribirse o seguinte enderezo na barra de direccións do navegador:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/inventario?inv=1&idconcello=15027
onde:
idconcello=15027 é o parámetro co código INE do concello
inv=1 é un parámetro adicional para indicar que devolva directamente o inventariomunicipal
A aplicación devolve a información organizada en seis seccións: (1) Datos xerais do concello (2)Instrumentos de ordenación do territorio con incidencia no concello (3) Planeamento xeral; (4)Planeamento de desenvolvemento; (5) Planeamento histórico; (6) Delimitacións de solo denúcleo rural.
Pode filtrar e ordenar os resultados do mesmo xeito que o descrito no punto anterior. Facendo
clic no enlace ábrese a ficha do documento.
2.6. Visor GIS
O visor permite a visualización e consulta da información espacial relativa ao inventario deplaneamento urbanístico municipal superposta sobre unha cartografía base. O visorestrutúrase nas seguintes áreas:
1. Panel de contidos2. Barra de ferramentas3. Canvas
1. Panel de contidos.
Inclúe os formularios de busca, a lista de capas xeográficas dispoñibles e a pestana de mapasde base.
1.1 Formularios de busca: permite consultar a información espacial segundo tres criterios debusca: (a) referencia catastral, (b) coordenada UTM (ETRS89-fuso 29) e concello.
1.1.1 Ao facer a busca por concello [1], a aplicación devolve os documentos de planeamentoxeral vixentes que se poden consultar [2]. Deberase seleccionar no despregable odocumento de interese e facer clic no botón de busca.
1.1.2 Ao facer a busca por referencia catastral ou por coordenada UTM, a aplicacióndetermina o concello ao cal corresponde. No caso de que exista un concello cargadopreviamente, establece un diálogo co usuario para preguntar si se desexa cargar oplaneamento deste concello.
Feita a busca, a aplicación crea unha árbore coa lista das capas dispoñibles paravisualización. As capas agrúpanse en tres bloques: planeamento xeral, modificaciónspuntuais de planeamento xeral e planeamento de desenvolvemento.
O bloque de planeamento xeral inclúe, nesta versión, dúas capas: (1) a capa de recintosvectoriais de ordenación do termo municipal e (2) a capa raster dos planos deordenación do termo municipal dilixenciados e xeorreferenciados. A visibilidade decada unha contrólase facendo clic no checkbox . A opacidade da capa contrólase
facendo clic na icona de opacidade que abre un slider para axustar a
transparencia da capa. A lenda pode consultarse facendo clic na icona . Para a capa
de recintos vectoriais existe unha ferramenta de filtrado por clase e categoría de
solo.
O bloque de modificacións puntuais de planeamento xeral inclúe unha capa de puntos
co emprazamento das mesmas. Facendo clic sobre o punto obtense información
e accédese ao documento.
O bloque de planeamento de desenvolvemento inclúe unha capa de puntos co
emprazamento dos mesmos. Facendo clic sobre o punto obtense información eaccédese ao documento de xeito semellante ao caso anterior.
1.2 Panel de mapa de base. Permite elixir o mapa de fondo de entre un conxunto de Web MapService dispoñibles.
2. Barra de ferramentas.
Barra cos controis principais de navegación e consulta do visor.
De esquerda a dereita:
Zoom de caixa / achegarse
Afastarse
Encadre anterior
Encadre seguinte
Para desprazarse polo mapa facendo clic e arrastrando, e máis para achegarse e
afastarse facendo uso da roda do rato.
Medición de distancias. Faga clic seguindo o traxecto desexado. Con cada clic
amosarase a distancia lineal acumulada. Finalice a medición con dobre clic. Con tecle “Shift” +botón dereito do rato trázase unha poliliña a man alzada.
Medición de superficies. Faga clic seguindo o traxecto desexado. Con cada clic
amosarase a superficie (m2) acumulada. Finalice a medición con dobre clic.
Selección de elementos das capas de modificacións puntuais de planeamento xeral e
planeamento de desenvolvemento.
Información urbanística. Devolve a información urbanística do recinto seleccionado e
permite descargar o plano de ordenación. Dende o panel de resultados accédese aodocumento do modelo de datos de planeamento .
Enlace de descarga da información. Debe facer clic sobre o mapa no punto de interese.
A aplicación devolverá un menú coa posibilidade de descargar a folla orixinal de ordenacióncorrespondente a ese punto ou ben un ficheiro zip cos datos xeoespaciais dispoñibles (planosde ordenación xeorreferenciados en formato JPG e recintos vectoriais en formato ESRIShapefile).