nº 165 setembro 2017 o ben empregado 4 xerará 150 empregos...

32
setembro 2017 nº 165 O Ben Empregado 4 xerará 150 empregos na provincia O equipo de goberno da Deputación Provincial de Lugo impulsa a cuarta edición do plan Ben Empregado. O Executivo da Deputación promoverá a xeración duns 150 novos postos de traballo de calidade no conxunto do territorio lucense co Ben Empregado 4, máis social! O plan, dotado de 2,2 millóns de euros, inclúe axudas dun máximo de 22.000 euros. P.22 muras A Feira do Poldro e do gando do monte cumpre 30 anos Con motivo do trixésimo aniversario que alcanzará o domingo 24 de setembro, o Concello prepara unha exposición fotográfica ademais dun acto de recoñecemento ás persoas que impulsaron esta cita. P. 13 As carreiras son unha das partes da programación que se manteñen dende o nacemento da feira. Cun gran éxito e acollida da área de servizo para autocaravanas en Castro Ribeiras de Lea, o Concello pon en marcha o acondionamento doutra na localidade de Castro de Rei. P. 5 castro de rei xermade Mestres e afeccionados do torno cítanse no XVII Encontro Internacional Xermade volve converterse nun espazo de formación e exhibición de referencia do torneado da madeira entre o 22 e o 24 de setembro. Os relatores desta edición serán a inglesa, Margaret Garrard; o suízo, Jérôme Blanc; o vigués, Adrián Pena; e o veciño das Pontes, Lolo Castro. P. 11 Área para autocaravanas tamén en Castro de Rei

Upload: others

Post on 20-Jan-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

setembro 2017nº 165

O Ben Empregado 4 xerará 150 empregos na provincia

O equipo de goberno da Deputación Provincial de Lugo impulsa a cuarta edición do plan Ben Empregado.

O Executivo da Deputación promoverá a xeración duns 150 novos postos de traballo de calidade no conxunto do territorio lucense co Ben Empregado 4, máis social! O plan, dotado de 2,2 millóns de euros, inclúe axudas dun máximo de 22.000 euros. P.22

muras

A Feira do Poldro e do gando do monte cumpre 30 anos

Con motivo do trixésimo aniversario que alcanzará o domingo 24 de setembro, o Concello prepara unha exposición fotográfica ademais dun acto de recoñecemento ás persoas que impulsaron esta cita. P. 13

As carreiras son unha das partes da programación que se manteñen dende o nacemento da feira.

Cun gran éxito e acollida da área de servizo para autocaravanas en Castro Ribeiras de Lea, o Concello pon en marcha o acondionamento doutra na localidade de Castro de Rei. P. 5

castro de reixermade

Mestres e afeccionados do torno cítanse no XVII Encontro InternacionalXermade volve converterse nun espazo de formación e exhibición de referencia do torneado da madeira entre o 22 e o 24 de setembro. Os relatores desta edición serán a inglesa, Margaret Garrard; o suízo, Jérôme Blanc; o vigués, Adrián Pena; e o veciño das Pontes, Lolo Castro. P. 11

Área para autocaravanas tamén en Castro de Rei

2 setembro 2017 actualidade

NOVAS DA CHAIRA vilalba

Santaballa recorda o seu pasado coa VII Feira Indiana

Preto de 20 profesionais da ar-tesanía de distintos puntos da xeografía galega amosarán ao pú-blico distintos oficios tradicionais como a cantería, cestería, tornaría ou forxa na sétima edición da Fei-ra Indiana que organiza a Asocia-ción Amigos da Liga Santaballesa o sábado 16 de setembro.Tamén contará a feira con outra vintena de postos con produtos da zona á venda -empanadas, chourizos, doces ou licores, entre outros- ao tempo que se desen-volverán visitas guiadas á casa museo da Liga Santaballesa, ha-berá exposicións etnográficas e fotográficas, actividades infantís, espectáculos teatrais e actua-cións musicais.Con todo, a xornada comezará ás doce e media da mañá cun parti-do de fútbol benéfico a favor da Cruz Vermella e Médicos Sin Fron-teras no que se enfrontarán o Ar-debullo CF e a Liga Santaballesa CF coa participación de ex xoga-dores do Real Club Deportivo da Coruña e os actores e cómicos Xosé Antonio Touriñán e Marcos Pereiro. Trala actuación do dúo D’Ases ás dúas do mediodía, cara ás tres da

tarde será servido o xantar para aquelas persoas que merquen as entradas ata o 14 de setembro na Cooperativa de Santaballa ou a través do teléfonos 637 029 775 ou 652 790 220.A partir das catro da tarde haberá animación infantil con obradoiros de oficios tradicionais, cabezudos e xogos tradicionais, demostra-cións artesanais, espectáculos a cargo do Grupo Humorístico Trí-pode e o Grupo teatral Tanxedoi-ra, actuacións musicais a cargo da Charanga La Mekanika, do Grupo de Música Tradicional Os Feroces da Galgueira, e Habaneiras e Can-tos de Taberna con Tanxedoira.Xa ás nove do serán darase paso á tradicional queimada teatralizada por Manolo Ferreiro antes dunha foliada co Dúo D´Ases.

Plan Estratéxico de TurismoO Goberno da Deputación co-labora coa celebración deste evento cunha achega económica de 2.000 euros, converténdose, deste xeito, no principal patro-cinador da festa, dentro da súa aposta pola celebración de even-tos lúdicos e culturais nos dife-rentes Concellos da provincia,

como unha das liñas do seu Plan Estratéxico de Turismo.O deputado Eduardo Vidal Baa-monde remarcou que “a achega económica que realiza o organis-mo provincial a esta cita turística que xa está consolidada, é un investimento real e directo para promocionar toda a Terra Chá. Durante a feira seremos testemu-ña da transformación de toda a parroquia de Santaballa, na que se poderá revivir a recreación dun recuncho de Cuba, un dos destinos que tivo a emigración de finais do S.XIX. Con esta feira poñemos en valor o legado cu-bano desta zona, a gastronomía e os oficios tradicionais lucenses, ademais de dinamizar a econo-mía do concello de Vilalba e pro-mover o turismo, posto que se prevé a participación de preto de 2.000 persoas”.O delegado de Turismo, o vilalbés Eduardo Vidal, engadiu que “ade-mais da achega que realizamos á Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, colaboramos a través do CENTRAD cunha de-mostración de olería a cargo dun artesán enmarcada no Programa de Promoción da Artesanía”.

Membros da organización co deputado de Turismo que colabora coa cita.

“Patrimonio das Terras de Montenegro” nace da man do MUPAVNace o proxecto de documentación e difusión do patrimonio cultural e natural da área xeográfica da bisbarra da Terra Chá. “Patrimonio das Terras de Montenegro”, promovido polo Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba xunto coa Asociación de Amigos do Museo, comeza a súa andaina coa pos-ta en marcha dunha web informativa e un grupo en facebook.O obxectivo primordial do proxecto é a documentación dos elementos que integran o patrimonio cultural e natural desta área xeográfica. Pero, paralelamente, desenvolverá activi-dades de difusión destes bens e de sensibilización sobre a súa importan-cia e necesidade de conservación.Para iso é necesaria a complicidade da comunidade co proxecto, da xenerosi-dade individual para compartir datos e imaxes, e da vontade social para cola-borar nesta iniciativa e participar nas súas actividades. Deste xeito, entre to-dos, achegarémonos ao coñecemento do noso legado patrimonial e asegura-rémonos da súa transmisión ás xera-cións vindeiras. De feito, “está aberto á participación de todas aquelas persoas interesadas na conservación e difusión do patrimonio”, segundo puntualiza o director do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, Eduardo Ramil.

Por agora, engade que “a través das achegas de membros do equipo e de persoas ou entidades colaboradoras estamos a formar unha serie de arqui-vos que recollen as características e a documentación gráfica relativa aos elementos patrimoniais. A partir deles creamos unhas funcionalidades onde a sociedade en xeral pode acceder a estes datos sistematizados no Catálo-go de Elementos, no MapaWeb e no Arquivo Gráfico“.A partires destas informacións crea-ranse documentos en distintos forma-tos para a súa divulgación. Tamén se celebrarán eventos participativos para fomentar a sensibilización cara o noso patrimonio, e para achegar á cidadanía o coñecemento xerado polo proxecto.Eduardo Ramil explica que “na do-cumentación medieval Terras de Montenegro, ou Condado de Monte-negro, alude a un espazo xeográfico que comprendía aproximadamente a actual bisbarra da Terra Chá. Nesta primeira fase cinguímonos ao Con-cello de Vilalba e aos seus elementos patrimoniais inmobles e naturais. En fases posteriores, o proxecto conti-nuará por outros concellos da bis-barra e poderase ampliar coa incor-poración do patrimonio moble e do patrimonio inmaterial”.

Touriñán e Marcos Pereiro colaboran nun encontro de fútbol benéfico en Santaballa

A Asociación de Empresarios Sete Pontes pide ao Concello de Vilalba desenvolver canto antes as medidas de mellora no polígono industrial que lle ten trasladado ao alcalde en diversas reunións.Segundo o colectivo, “algunhas das necesidades que actualmente sofre o noso polígono industrial relaciónanse coa humanización do mesmo. É o caso do ensanche, peche e preparación da cuneta do cemiterio, o bacheo e a repa-ración dos aparcadoiros tanto na sede do edificio coma fronte ás instalacións

de Norvento”. Tamén lle facía traslado a directiva da súas propostas de colo-cación de montículos de plástico ou similares á altura do cemiterio para a freada nos stops” así coma o seu inte-rese por coñecer “o estado en que se atopa a ampliación do chan industrial do Polígono Sete Pontes”.É por iso polo que solicitan ao Conce-llo indicar as datas para levar a cabo as obras coas que atender as devan-ditas necesidades suxerindo que, na medida do posible, se leven a cabo canto antes.

Os empresarios do polígono urxen ao Concello melloras para a súa humanización

Pena Grande.

3setembro 2017actualidade

“Patrimonio das Terras de Montenegro” nace da man do MUPAV

Por agora, engade que “a través das achegas de membros do equipo e de persoas ou entidades colaboradoras estamos a formar unha serie de arqui-vos que recollen as características e a documentación gráfica relativa aos elementos patrimoniais. A partir deles creamos unhas funcionalidades onde a sociedade en xeral pode acceder a estes datos sistematizados no Catálo-go de Elementos, no MapaWeb e no Arquivo Gráfico“.A partires destas informacións crea-ranse documentos en distintos forma-tos para a súa divulgación. Tamén se celebrarán eventos participativos para fomentar a sensibilización cara o noso patrimonio, e para achegar á cidadanía o coñecemento xerado polo proxecto.Eduardo Ramil explica que “na do-cumentación medieval Terras de Montenegro, ou Condado de Monte-negro, alude a un espazo xeográfico que comprendía aproximadamente a actual bisbarra da Terra Chá. Nesta primeira fase cinguímonos ao Con-cello de Vilalba e aos seus elementos patrimoniais inmobles e naturais. En fases posteriores, o proxecto conti-nuará por outros concellos da bis-barra e poderase ampliar coa incor-poración do patrimonio moble e do patrimonio inmaterial”.

Tralo remate das obras de constru-ción de beirarrúas na rúa Cospeito, que une a rúa da Revolta coa ave-nida Terra Chá, é dicir, coa estrada de Meira; o Concello de Vilalba continúa coa execución das obras de rexeneración do firme con aglomerado asfáltico.Estas melloras débese a que “no-tamos que é unha das vías con

mais tránsito en Vilalba e nun tra-mo intermedio faltaba a beirarrúa supoñendo que as persoas tiveran que circular practicamente polo arcén” segundo explica o alcalde, Agustín Baamonde. Ata completar arredor de 50.000 euros de orzamento tamén se ten aplicado aglomerado asfáltico nas rúas que rodean o Centro de Saúde

como son a rúa Mestras Amelia e Sagrario e a rúa da Revolta. Neste caso, tamén se instalaron pasos elevados igual que está previsto na rúa da Pravia co obxectivo de que “actúen como elemento ami-norador da velocidade e mellorarán a accesibilidade”.O Concello tamén traballa na repara-ción constante de beirarrúas. Tamén

se están acondicionando rúas coma a Domingo Goás ou a rúa Apenela.As melloras noutros espazos do casco urbano están a desenvolver-se na zona da Guadalupe onde se está a renovar a rede de saneamen-to para completar as actuacións na rúa con aglomerado asfáltico. Neste caso o orzamento supón arredor de 200.000 euros.

O Concello, coa mellora dos espazos municipais

de Norvento”. Tamén lle facía traslado a directiva da súas propostas de colo-cación de montículos de plástico ou similares á altura do cemiterio para a freada nos stops” así coma o seu inte-rese por coñecer “o estado en que se atopa a ampliación do chan industrial do Polígono Sete Pontes”.É por iso polo que solicitan ao Conce-llo indicar as datas para levar a cabo as obras coas que atender as devan-ditas necesidades suxerindo que, na medida do posible, se leven a cabo canto antes.

Os empresarios do polígono urxen ao Concello melloras para a súa humanización

Vilalba é unha vila de músicos. E para achegar a música de tódolos estilos a tódolos públicos, nace a Asociación Cultural Escola de Músi-ca de Vilalba co obxectivo de formar canteira tanto para a Banda de Músi-ca, coma para a Charanga de Vilalba e outras formacións.Da man dun grupo de profesores do Conservatorio, membros da banda e da charanga e pais e nais de alumnos e alumnas do Conser-vatorio Profesional de Música de Vilalba bota a andar esta asociación que abre xa as inscricións para for-mar grupos de clases que tamén se desenvolverán nas instalacións do auditorio municipal en horario de tarde, principalmente.A presidenta do colectivo, a pro-fesora Paula Rouco, explica que “pretendemos ofrecer unha apren-dizaxe musical máis ampla da que poida participar xente que non po-dería acceder por límite de idade ou estilo musical á formación do Conservatorio”.Engade ademais que “este curso servirá para arrancar”, pero agarda consolidar o proxecto a “medio-lon-go prazo”; xa que “calquera persoa poderá tomar clases sen a presión de alcanzar uns obxectivos nun tempo determinado”. De feito, só se establece un mínimo de 3 anos para participar en clases de música e mo-vemento e un mínimo de 7 para cla-ses de instrumento: tuba, trombón, trompeta, trompa, frauta travesa, saxofón, clarinete, guitarra eléctri-ca, guitarra clásica, baixo eléctrico,

ukelele, acordeón, piano clásico, piano de música moderna, piano de acompañamento e percusión (bate-ría, marimba…). Tamén se ofertan clases de canto (lírico e moderno), coro infantil e coro de adultos.O mércores 20 de setembro celebra-rase unha xornada de portas abertas en horario de tarde no propio audi-torio para achegar os instrumentos, sobre todo, aos máis pequenos. Ta-mén aproveitarán os profesores, vi-lalbeses e chairegos na súa maioría, para ofrecer un concerto didáctico.O primeiro prazo de matrícula pecha o 27 de setembro, pero a escola con-tinuará a recibir matrículas ao longo do curso con prazas e horarios máis limitados. As persoas interesadas poden contactar coa escola a través do correo [email protected] ou da páxina de facebook: acesmuvi.

PrezosOs prezos da escola serán de 60 eu-ros a cota inicial e de 40 euros a cota mensual -excepto no caso de música e movemento para nenos e nenas de 3 a 7 anos que será de 15 euros; coro infantil e adulto a partir de 7 e 15 anos, respectivamente; que ascen-derá a 20 euros igual que no caso dos segundos instrumentos-. Con todo, establécense descontos do 50% no prezo da cota inicial para o segundo membro da familia e a gra-tuidade para o terceiro.

Música de tódolos estilos para pequenos e maiores

Crisanto SAT recibe axudas da Xunta para a construción dun almacén A Xunta de Galicia, a través da Con-sellería do Medio Rural, vén de desti-nar só para a provincia de Lugo 12,3 millóns de euros en axudas directas para investimentos en transforma-ción e comercialización de produtos agrarios durante este ano.Estes apoios teñen por finalidade colaborar cos esforzos que os profe-sionais do medio rural e as empresas de transformación lucenses realizan para achegar ao mercado produtos de primeira calidade procedentes da transformación da excelente materia prima da provincia.De feito, son preto de 40 empresas, a maioría delas de tamaño pequeno e mediano, as que recibirán as axu-das da Xunta que poden destinar a diferentes iniciativas de creación,

ampliación e modernización das súas instalacións, así como iniciati-vas que aposten pola innovación.Como exemplo práctico da utilidade destes apoios da Xunta o delegado territorial lucense, José Manuel Bal-seiro visitou a empresa SAT Crisan-to, queixería emprazada no lugar de Moreda, na parroquia de Lazós, que vén de recibir o apoio da Xunta para a construción dun almacén de 240 metros cadrados, instalación de pavimento porcelánico e panel no interior dunha parte da queixería e a compra de diversos útiles -esteriliza-dor de coitelos, lavamáns, balanza-. Son un apoios para novas instala-cións e equipamentos cos que refor-zar a súa actividade e capacidade de produción e comercialización.

Representantes da Xunta e do Concello durante a súa visita a Crisanto SAT.

“Os pasos elevados actúan como elemento aminorador da velocidade e melloran a accesibilidade”

O asfaltado e a instalación de pasos elevados nas inmediacións do centro de saúde xa foron rematados, mentres continúan as obras de renovación do saneamento na rúa Cidade de Lugo.

Café Quijano chega a Vilalba co seu ‘Tour Aniversario’

Cando se cumpren 20 anos des-de o seu debut discográfico, Café Quijano regresan aos grandes es-cenarios con todo o seu potencial eléctrico e acústico.Nesta xira, os irmáns Quijano ofre-cen un repertorio no que non fal-tan nin as cancións emblemáticas coas que triunfaron en todo o mer-cado latinoamericano nin tampou-co os boleros acústicos aos que lles dedicaron a súa triloxía iniciada en 2012. ‘Nada de nada’, ‘Llaves de Raquel’, ‘La Lola’, ‘Tequila’ e ‘Desde Brasil’, pero tamén os boleros ‘Me enamoras con todo’ e ‘Robarle tiempo al tiempo’ conforman este novo show de preto de dúas horas de historia viva do pop latino.E por suposto, tampouco faltan neste show as súas novas crea-cións. Mantendo intacta a súa ca-pacidade creativa, non pararon de compoñer novas cancións que ve-rán a luz nun próximo disco cuxa saída se espera para principios de 2018. E para demostralo, o grupo xa está a liderar as listas de éxitos deste verán con ‘Perdonarme’, un single de adianto no que colabo-ra Willy Taburete e cuxo vídeo foi gravado en Miami.Café Quijano actuará no Audito-rio Municipal Carmen Estévez de Vilalba o venres 15 de decembro ás nove e media da noite. As en-tradas estarán á venda a partir do mércores 13 de setembro en www.ataquilla.com e na Casa da Cultura de Vilalba.

4 setembro 2017 actualidade

vilalba

As Xuventudes Socialistas, co progreso de Vilalba “Ante a carencia de actividades, aten-ción por parte do goberno local e a falta de oportunidades para unha mo-cidade cuxa expectativa, na maioría dos casos, é marchar da vila”, un grupo de rapazas e rapaces xuntáronse para crear un proxecto común. Así, nacían no 2013 as Xuventudes Socialistas de Vilalba para “desen-volver accións a diferentes niveis, incidindo especialmente na posta en valor do potencial da mocidade vilalbesa nos eidos culturais, depor-tivos ou de emprendemento labo-ral, así como reivindicando as loitas do socialismo tamén en Vilalba, un entorno rural que queremos ver pro-gresar sen o caciquismo dos últimos 40 anos”, como explica Vanesa Siso, unha dos nove militantes actuais.Recentemente veñen de desenvolver a proposta de “Lecer Rural” co obxecti-vo de “dinamizar o noso rural desde o punto de vista sociocultural, pois son moitas as persoas que residen nas pa-rroquias e que trasladan o seu males-tar polo feito de que todas as activida-des se desenvolvan no núcleo urbano de Vilalba. Aquelas persoas maiores ou nenos que non teñan os medios para trasladarse de xeito habitual es-tán a sofrir unha discriminación da que o goberno local non se fai cargo, pois rexeitaron unha moción que pe-día solucións nesta liña argumentan-do que xa o farán máis adiante, coma quen oe chover. O noso modus ope-randi sempre foi o mesmo, facemos unha crítica a través dunha proposta, por iso realizamos este Lecer Rural en San Cosme de Nete, cunha acollida in-mellorable, preto de 30 nenas e nenos

desfrutando dos xogos tradicionais e ensinándonos tamén a nós o amor que sinten polo lugar no que viven e a gran familia que conforman, de xeito que esperamos poder realizar esta ini-ciativa noutras parroquias de Vilalba”.Pero xa celebraran tamén noutros veráns o Sport in Río ou o Parador Co-medy. No caso da primeira, as Xuven-tudes Socialistas de Vilalba explican consideran que “se consolidou como a actividade de verán coa maior partici-pación de todos os proxectos que pu-xemos en marcha, evidenciando que a mocidade pide un maior fomento do deporte, tanto daqueles maiorita-rios como dos minoritarios. Ao longo destes tres anos, dende o Concello –a quen compete a posta en marcha destas actividades na localidade, pero

que acostuma chegar tarde a todo- foi tomando nota e tamén foron xurdin-do determinadas asociacións. Para nós supón todo un triunfo despois de anos de moito traballo e esforzo para

conseguir dinamizar un pouco este municipio”. Con todo, “aínda está por valorar se as actividades do Concello van ter continuidade, se se están a desenvolver dun xeito adecuado ou se cubren as necesidades e demandas da nosa veciñanza”.O Parador Comedy nacía coa idea de poñer en valor o casco histórico de Vilalba e “para que a xente máis nova desfrutara del como así o fixeron moi-tas xeracións anteriores” ao tempo que se vincula a un ocio san, divertido ou mesmo cultural.Con motivo da celebración do Día Internacional da Mobilidade teñen convocado un concurso de fotogra-fía sobre accesibilidade, “un dos máis graves problemas que temos sen re-solver xunto ao da apertura do Centro de Día”, segundo indica Vanesa Siso. Nese sentido cre que “é tal a deixadez do goberno, tanto do anterior alcalde como de Agustín Baamonde, que nos provoca unha impotencia tal que des-de a nosa posición tan só podemos aliviar convocando concursos de foto denuncia e visibilizando esta inxusti-za. Sabemos que os nosos compañei-ros e compañeiras que forman parte do grupo municipal do PSOE levan pedindo durante moitos anos un plan de accesibilidade e que, despois de moita insistencia, teñen o compromi-so de facer algo por parte do equipo de goberno; pero, polo que vemos, a situación cada vez vai a peor”.Tamén o feminismo ocupa un espazo prioritario no seu ideario e á hora de desenvolver accións enfocadas coa perspectiva de xénero. “O machismo segue a estar incrustado en todos os

ámbitos da nosa sociedade, polo que non dubidamos en saír á rúa ante o asasinato dunha muller ou menor ví-timas deste tipo de violencia. Cremos que esquerda e feminismo teñen que ir da man, polo que as nosas convo-catorias contaron co apoio dos gru-pos políticos de esquerda de Vilalba. Sabemos que no concello non existe nin sequera un plan de igualdade, e que as poucas iniciativas que se fan a prol da igualdade non contan con avaliacións, continuidade nin partici-pación das asociacións. Queda moito por facer neste ámbito igual que co movemento LGTBI sobre o que fomos os primeiros en realizar unha mesa re-donda sobre a situación do colectivo. De feito, pediuselle ao Concello un plan para previr o acoso escolar por homofobia, bifobia e transfobia que rexeitaron sen ningún miramento”.

Certame de Relato Breve Mª José Vázquez VerdesO Certame de Relato Breve Mª José Vázquez Verdes, que leva o nome dunha muller vilalbesa socialista que todos os compañeiros e compañeiras manteñen na súa memoria, contribúe ao fomento fomento da creación lite-raria “tanto de nenas e nenos como de persoas que, aínda non sendo profesionais do sector, amosan unha paixón moi admirable pola lectura e a escritura”.A organización xuvenil ten entre mans unha nova convocatoria. A data está aínda sen confirmar, xa que “supón un esforzo importante coa edición e publicación do libro que recompila os relatos finalistas”.

castro de rei

Renda critica que o goberno municipal “venda coma súas as propostas que a Vilalba Aberta lle rexeita nos Plenos”A asemblea de Vilalba Aberta ven de facer público que interpelará ao alcalde, logo de ter coñecemento pola pensa da posta en marcha da mesma iniciativa que o Goberno Municipal censurou a Modesto Ren-da nun Pleno Ordinario de 2015.A proposta, relativa á a colocación de colectores para a recollida do aceite usado de uso doméstico e unha das primeiras que a formación levou a Pleno logo da súa irrupción na corporación municipal, buscaba a superación da fórmula ata ese in-tre defendida polo Goberno e que se limitaba a instar aos veciños/as a depositalo no punto limpo. Unha fórmula, esta, que tal e como sempre se defendeu dende Vilalba Aberta resultaba e continuaría a resultar un fracaso namentres non se realizara un proceso de concienciación da ve-ciñanza, a fin da reciclaxe do devan-dito aceite e se lle facilitara, sobre todo, a forma de facelo instalando

colectores onde poder depositalo dun xeito máis cómodo.Neste senso o asombro da formación e neste senso a súa pregunta, pois para o voceiro asembleario, Modesto Renda, “o infantilismo do Goberno Municipal tradúcese de novo en que medidas de absoluto sentido común sexan ridicu-lizadas en sesión plenaria por partiren dunha iniciativa política diferente á re-presentada polo Partido Popular, para logo seren copiadas e publicitadas coma súas diante da mesma veciñanza á que se lle fixo esperar media lexisla-tura por un servizo do que dende hai anos se beneficia xa a da meirande par-te de Concellos da contorna”.É por isto que urxe a Baamonde a “reparar máis no interese xeral da veciñanza e un pouco menos no ré-dito electoral a conquistar, a fin de que os vilalbeses/as non teña sufrir a parálise constante que se manifesta da súa absoluta falta de iniciativa e determinación”, sentenciou.

O PSOE acusa á Xunta de “incumprir a Lei de Patrimonio”O Grupo Municipal Socialista vén de denunciar que a Xunta de Galicia incumpriu a súa propia Lei de Patri-monio ao ter colocado unha mou-teira de sinalización do Camiño de Santiago sobre os restos da muralla de Vilalba, que data do século XIII e que foi catalogada como Ben de In-terese Cultural. Tal e como se pode comprobar na actualidade, o fito foi colocado sobre os restos que se ato-pan na contorna da rúa da Ferrería, concretamente na confluenza da rúa do Sol e a da Pedra, afectando á banqueta da muralla.Por outra banda, denuncian “a pa-radoxa de que o alcalde decida a execución do desbroce das inme-diacións dos restos de dita muralla sen a autorización expresa de Patri-monio, pero consinta un verdadeiro ataque a este ben cultural e patri-monial de Vilalba”, veñen de criti-car desde o PSOE pola colocación da mouteira.Nesta liña, e como xa veñen denun-ciando en anteriores ocasións, os socialistas consideran que se repite a política de menosprezo que o go-

berno local “fai patente cunha esca-sa sensibilidade pola posta en valor do noso patrimonio”.O Grupo Municipal Socialista ten presentado unha moción para que o Concello adquira a titularidade dos terreos lindeiros dos 15 metros de muralla existente, e posterior-mente proceda á súa musealización. Aseguran que “deste xeito terá a consideración necesaria e poranse

en valor os restos patrimoniais para o gozo tanto dos vilalbeses e vilal-besas como da xente que se ache-gue á nosa vila”, conclúen.

Desaparece unha cruz de canteríaOs socialistas tamén se interesan pola desaparición dunha cruz de cantería de finais do século XIX sita na rúa dos Pepes e considerada como Ben Cultural.

O fito do Camiño de Santiago, colocado sobre os restos da muralla.

Preto dunha trintena de rapaces e rapazas disfrutaron en Nete de diversos xogos tradicionais: mariola, canicas, birlos, chapas ou zancos entre outros.

Xa o límite para pertencer ás Xuventudes Socialista son os 31 anos que vén de cumprir o secretario xeral que liderou este proxecto nestes catro anos, Ro-drigo Pavón, a organización re-novará toda a executiva en asam-blea nunha data sen determinar.

Renovación da executiva

5setembro 2017actualidade

ámbitos da nosa sociedade, polo que non dubidamos en saír á rúa ante o asasinato dunha muller ou menor ví-timas deste tipo de violencia. Cremos que esquerda e feminismo teñen que ir da man, polo que as nosas convo-catorias contaron co apoio dos gru-pos políticos de esquerda de Vilalba. Sabemos que no concello non existe nin sequera un plan de igualdade, e que as poucas iniciativas que se fan a prol da igualdade non contan con avaliacións, continuidade nin partici-pación das asociacións. Queda moito por facer neste ámbito igual que co movemento LGTBI sobre o que fomos os primeiros en realizar unha mesa re-donda sobre a situación do colectivo. De feito, pediuselle ao Concello un plan para previr o acoso escolar por homofobia, bifobia e transfobia que rexeitaron sen ningún miramento”.

Certame de Relato Breve Mª José Vázquez VerdesO Certame de Relato Breve Mª José Vázquez Verdes, que leva o nome dunha muller vilalbesa socialista que todos os compañeiros e compañeiras manteñen na súa memoria, contribúe ao fomento fomento da creación lite-raria “tanto de nenas e nenos como de persoas que, aínda non sendo profesionais do sector, amosan unha paixón moi admirable pola lectura e a escritura”.A organización xuvenil ten entre mans unha nova convocatoria. A data está aínda sen confirmar, xa que “supón un esforzo importante coa edición e publicación do libro que recompila os relatos finalistas”.

castro de rei

A Xunta achega 85.000 euros para conservar o Castro de Viladonga

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria adxudicou en 85.400 euros novas escavacións e outros traballos de conservación no Castro de Viladonga, no municipio de Castro de Rei “para seguir ache-gando información sobre o uso ori-xinal dos espazos.Xa deron comezo os primeiros traba-llos, que teñen un prazo máximo de execución de oito meses. O proxecto contempla tamén a realización de labores de conservación sobre áreas xa escavadas, para consolidar as es-truturas. En concreto, o obxectivo é investigar, documentar, escavar, acondicionar e consolidar espazos e estruturas arqueolóxicas situadas nos sectores sur e oeste do castro.A actuación inclúe a limpeza da vexetación -nalgunhas zonas ma-nual- nunha área de aproxima-damente 1,8 hectáreas. Tendo en conta o rápido crecemento natural da vexetación, executaranse dúas rozas na croa e antecastro, incluíndo as murallas, parapetos e fosos: unha con carácter previo á intervención e outra ao remate.Realizarase un estudo previo, re-cabando documentación sobre as áreas de intervención que se propo-

ñen, e escavaranse as novas estru-turas para posteriormente proceder á súa limpeza e consolidación. O acondicionamento da zona permiti-rá garantir a máxima protección das estruturas e ademais proporcionar melloras na visibilidade, accesibili-dade e comprensión do xacemento.O delegado territorial, José Manuel Balseiro defendeu “o retorno dos in-vestimentos culturais, que nos axu-dan a conservar o acrecentar o noso patrimonio, e con elo a comprender o noso entorno e a nosa historia”, e puxo como exemplo o museo e o castro de Viladonga “que son ade-mais un dos principais reclamos tu-rísticos da Terra Chá e da provincia”.

O Museo estrea webO Museo do Castro de Viladonga estrea páxina web cun portal que permite realizar un percorrido polas súas salas de exposición permanen-te e acceder ás pezas máis destaca-das da colección, a maioría en for-mato tridimensional en movemento realizadas mediante fotogrametría ou xiro 360º que permite contemplar os obxectos desde todos os ángulos: viladonga.xunta.gal.

Unha parte do castro de Viladonga.

O Concello prepara unha área de servizo para autocaravanas en Castro de Rei

O Concello recorda a Manuel Becerra e Crecente Vega

O mestre Manuel Vila e o catedrático Xosé Antonio Pombo Mosquera son os autores dunha publicación sobre Manuel Becerra e Crecente Vega, “dous fillos da Ponte de Outeiro”.Precisamente este é o título do libro que será presentado o venres 15 de setembro a partir das oito do serán na Aula da Cultura do Concello de Castro (Castro de Ribeiras de Lea).Ao acto asistirá o alcalde, o concellei-ro de cultura e outros representantes muncipais; ademais de ambos auto-

res que agradecen ao Concello de Castro de Rei “as facilidades ofrecidas para que un vello proxecto sexa hoxe unha realidade”.

Os protagonistasManuel Becerra (1820–1896) marchou de novo a Madrid por estudar na Esco-la de Enxeñería. Alí viviu e participou, mesmo como protagonista, nos gran-des acontecementos da vida política da segunda metade do século XIX: nas conspiracións en contra da monarquía

de Isabel II e que provocaron o seu de-rrocamento. Continuou coa actividade política durante o chamado Sexenio Democrático ou Revolucionario, no reinado de Amadeo de Saboya, duran-te a Restauración e os anos previos ao desastre de 1898… Tenente alcalde de Madrid, deputado nas Cortes, ministro de Fomento e de Ultramar en varias ocasións, a vida política foi a súa voca-ción e a súa profesión. Xosé Ramón Crecente Vega (1896–1948) ingresa aos 14 anos no seminario de Mondoñedo e ben axiña destaca en latín e no estudo dos autores clási-cos. Ordenado de presbítero en 1919, exerce o seu ministerio na comarca de Ferrol ata que en 1928 inicia o bacha-relato en Ferrol e logo os estudos de letras nas universidades de Santiago e Salamanca. En 1935 trasládase a Ma-drid para preparar oposicións a ensino medio. Alí sorpréndeo a Guerra Civil e tivo que ocultar a súa condición sacer-dotal. Superadas as oposicións, toma posesión da praza de catedrático de latín no instituto de Segovia onde esta-blece contacto con outros galegos.Os seus primeiros poemas viron a luz en Santiago de Compostela, en 1933, baixo o título de Codeseira.

O PSOE acusa á Xunta de “incumprir a Lei de Patrimonio”

en valor os restos patrimoniais para o gozo tanto dos vilalbeses e vilal-besas como da xente que se ache-gue á nosa vila”, conclúen.

Desaparece unha cruz de canteríaOs socialistas tamén se interesan pola desaparición dunha cruz de cantería de finais do século XIX sita na rúa dos Pepes e considerada como Ben Cultural.

As Escolas Deportivas municipais do Concello de Castro de Rei da-rán inicio a comezos do mes de outubro e prolongaranse ata fi-nais de maio do 2018.Se ben a data de finalización vén sendo a habitual, este ano o Con-cello aposta por adiantar o seu inicio algunhas semanas.As actividades ofertadas -as mesmas que no curos anterior- son: baloncesto, Zumba para nenos e nenas, deportes de ra-queta, patinaxe, ximnasia rítmica, natación, atletismo, fútbol sala, judo e xadrez.Será necesario un mínimo de 12 ou 15 alumnos e alumnas por grupo.

Escolas Deportivas Municipais

O Concello de Castro de Rei contra-rá en breve as obras de construción dunha área de servizo para autoca-ravanas en Castro de Rei.O alcalde destaca o éxito da área de Castro Ribeiras de Lea e avanza un investimento de arredor de 70.000 euros para a construción doutra en Castro de Rei. Deste xeito, “pretende-mos dinamizar a vila turísticamente ofrecendo un espazo con servizo de auga, electricidade e saneamento a aqueles turistas que queiran empre-gan para facer parada no camiño ou para pasar algúns días pola zona”. A maiores servirá de aparcamento no inicio da ruta do Azúmara na que o

Concello traballa para a súa mellora e sinalización completa.

Caseta para o polbo en Castro de ReiA construción dun espazo para comer o pulpo no campo da feira de Castro de Rei - que contribuirá a dinamizar a feira que se celebra os domingos alternos-, atópase en tramitación.Para esta infraestrutura de aproxi-madamente 70 metros cadrados que ofrecerá espazo para 40 ou 50 persoas o Concello destina un orzamento de aproximadamente 65.000 euros. Carballeira de Castro de Rei. Foto: Naval

Manuel Becerra e Xosé Ramón Crecente Vega.

6 setembro 2017 actualidade

guitiriz

A psicóloga Alba Campos imparti-rá un taller de relaxación e outro para combater o insomnio na Casa Habanera de Guitiriz impulsados polo Concello.O primeiro sobre o manexo da activación cognitiva e emocional, diríxese á poboación en xeral e, en especial, para aquelas persoas que padezan problemas de ansiedade, estrés e insomnio.Serán un total de 12 sesións que se desenvolverán os martes e mérco-res de oito e cuarto a nove e cuar-to dende o 19 de setembro ata o 6 de decembro.As persoas interesadas poden ins-cribirse a través dos teléfonos 982 370 109 ou 600 08 14 43. As prazas

son limitadas a un máximo de 10 por grupo.E para as persoas con problemas específicos de insomnio xa está en marcha outro taller específico cun total de seis sesións..

CerámicaO curso de cerámica 2017/2018 dará comezo o 13 de outubro a partir de cando se desenvolverá tódolos venres en horario de mañá - dende as once e media á unha- e tarde - de seis a sete e media- no soto da Casa Habanera.O prezo da actividade é de 20 eu-ros ao mes. As persoas interesadas poden inscribirse na Casa do Con-cello ata o 29 de setembro.

Trala adxudicación das obras de reparación da ponte de Porucelo sobre o río Ladra na parroquia de Pígara a OVISA por un importe de 29.159,17 euros con cargo ao canon medioambiental da Xunta de Gali-cia, desenvolveranse durante o mes de setembro.Esta ponte comunica os barrios de Porucelo e Santa Mariña co resto da parroquia, do concello e da pro-vincia ao permitir cruzar o río máis caudaloso que atravesa Guitiriz, o Ladra. A estratura “fora restaurada no ano 2007 grazas a aportación económica da Xunta, pero non se intervira nas bases porque daquela amosaban un bo estado de conser-vación. Nos últimos anos sufriron un deterioro progresivo os piares

por mor das enchentes do río que provocan a erosión das mesmas e desprazan as pedras. O Conce-llo incluiu a obra nos orzamentos deste ano e non puido adxudicala ata contar coa pertinente autoriza-ción da Confederación Hidrográfi-ca Miño – Sil”, segundo informa a alcaldesa, Regina Polín.Con motivo das obras, Polín adver-te á veciñanza e a todos os usuarios desta estrada que “non se vai proce-der a cortar ao tráfico; xa que só se farán cortes puntuais de pequena duración, de aproximadamente 15 minutos”. É por iso polo que prega “disculpen as molestias que se poi-dan causar e, sobre todo, que sexan moi prudentes cando pasen pola zona mentras duren as obras”.

O Concello executa obras na ponte de Porucelo con cargo ao canon éolico da Xunta

Talleres de relaxación e un curso de cerámica

A Chaira e Ferrolterra unidas coa poesía pola igualdade e contra a violencia machistaA poesía chairega terá importante participación na iniciativa “Poesía en feminino” da Concellaría de Igualda-de de San Sadurniño que organiza para o sábado 16 de setembro ás seis e media da tarde no patio da praza municipal un recital poético musical co obxectivo de “visibilizar a creativi-dade literaria feminina e o seu com-promisso pola igualdade e contra a violencia machista”.Ao evento asistirán da NPG Nova Poesia Guitirica Xelo Teijido, Mar Beres, Pas Veres e Antón de Guizán; así como os vilalbeses María Xosé Lamas e Martiño Maseda, a poeta do rural de Quiroga Ana Vila Portomeñe

e a pontesa Silvia Pardo Galdo. Ta-mén estará a poeta de Labrada Luz Campello Garcia (NPG) que ademais de ser unha profesional no ámbito do social tamén acaba de publicar “Inventario do prohibido” no que se fai unha chamada á igualdade real entre mulleres e homes.Todos e todas levarán os seus ver-sos ao patio interior da Casa do Concello de San Sadurniño onde tamén se poderán escoitar as in-terpretacións da nativa de San Sa-durniño Noreia Hermida Pérez ao piano e a frauta traveseira.O acto pecharao a cantautora San-dra Tenreiro que presentará o seu último traballo, “InfuSons”.

Arredor de 70 persoas participa-ban na área recreativa de Parga, no concello de Guitiriz, da progra-mación de actividades fluviais gra-tuítas da Deputación, que ofrece a todos os públicos e leva a todas as zonas da provincia, no marco do Plan Estratéxico de Turismo.A programación inclúe atraccións inchables, tobogáns, balancíns, pul-pos, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks, waterballs… animacións musicais ou xogos po-pulares. Cada sesión contaba coa supervisión de, canto menos, un coordinador e entre seis e doce monitores, encargados do coidado e atención dos participantes para garantir unha actividade divertida e segura.

Actividades fluviais gratuítas en Parga coa Deputación

A programación fluvial da Deputación tamén chegaba a Parga.

O Concello mellora o polígono con achegas da Xunta e DeputaciónO presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín Rodríguez, veñen de asinar un convenio de co-laboración que permite a posta en marcha de melloras de 110.000 eu-ros no polígono industrial de Par-diñas grazas á achega económica de 26.000 euros que fai o Goberno da Deputación e que necesitaba o Concello para garantir dúas sub-vencións de concorrencia competi-tiva por valor de 84.000 euros que achega a Consellería de Economía, Emprego e Industria.Estas axudas foron solicitadas pola alcaldesa en abril e fóronlle noti-ficadas de xeito oficial en agosto, 15 días despois de que o voceiro municipal do PP llo comunicase verbalmente. “A súa concesión viña aparellada a un estrito requisito: a xustificación, e polo tanto previa execución, dos traballos nun tem-po récord de 3 meses. Todo isto cando o orzamento outorgado non era o suficiente para a realización das obras nin para a adquisición dos terreos e o Concello non dis-pón de fondos para asumir o cus-to total destes traballos”, segundo explica a rexedora que considera “evidente que dende este departa-mento da Xunta de Galicia busca-ban que renunciásemos ás axudas”.Por outra banda, aproveita para “dar ás grazas ao Goberno da Depu-tación e, especialmente ao seu pre-sidente, por atender de xeito áxil as demandas dos veciños e veciñas e facer posible este proxecto, pois sen a achega provincial non po-deríamos executar estas obras tan necesarias para o noso municipio”.Campos Conde subliñou que “den-de o Goberno da Deputación o que buscamos e mellorar os servizos

públicos que dende os Concellos ofrecemos aos veciños e veciñas co fin de mellorar a súa calidade de vida”. Neste senso, o presidente subliñou que “as administracións estamos para ser útiles aos veciños e veciñas e non para poñer paus nas rodas”.

Os proxectos a levar a cabo no polí-gono de Pardiñas consisten na do-tación dunha depuradora de augas pluviais que se situará nunha finca anexa a dita área industrial que se adquire cos fondos que achegou o Executivo da Deputación. Tamén se mellorará o alumeado público coa reposición integral de todas as luminarias, que serán de baixo con-sumo para a redución de custos.

Polígono industrial de GuitirizA alcaldesa traballa na posta en va-lor do polígono de Pardiñas onde se sitúan unhas sete empresas que dan traballo a máis de 20 persoas. A rexedora busca conseguir un maior asentamento empresarial nesta área industrial tendo en conta a súa estratéxica situación, pois ató-pase a carón da A-6. Neste senso, apuntou a necesidade de dotalo de accesos directos con esta autovía.

Campos e Polín supervisaron os terreos a adquirir para a depuradora.

Coa axuda de 11.000 euros do Goberno da Deputación tamén no municipio guitiricense se habilitará unha nova senda peo-nil no contorno do balneario, concretamente no camiño do Barreiro; e se adquirirá un robot de limpeza para a piscina muni-cipal con outra achega de 3.200 euros.

Máis dotacións con 14.200 euros da Deputación

7setembro 2017actualidade

Unha ducia de propostas deportivas para o curso 17/18O Concello de Guitiriz abre o luns 4 de setembro, e ata o 22 deste mes, o prazo de inscrición nas Escolas De-portivas Municipais que ofertan doce modalidades deportivas para rapaces, rapazas e maiores.Trátase de actividades deportivas que se desenvolverán ao longo do curso escolar 17/18 a partir do mes de outu-bro. No caso do fútbol sala no pavillón municipal e no ximnasio do IES Poeta Díaz Castro divididos por grupos de idades -minibenxamín, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xu-venil-. E tamén por idades se dividen os grupos de baloncesto. As sesións de atletismo e campo a través desenvolveranse os mércores e venres; mentres que as tenis, no pavillón municipal, se desenvolve-rán os luns e as de taekwondo, os martes e xoves no ximnasio do IES Poeta Díaz Castro.As persoas interesadas en practicar ximnasia rítmica e patinaxe disporán de clases os luns e os martes. No último caso establécese un máximo de 15 pra-zas coma para tiro con arco que desen-volve os adestramentos cada martes.As actividades deportivas complétan-se con ioga, actividades aeróbicas (ae-

robic, Zumba, step), Pilates e ximnasia de rehabilitación. No primeiro caso -cun límite de 20 prazas- as sesións desenvolveranse os martes e xoves na Casa Habanera e no segundo -cun máximo de 50 prazas- os luns e os mércores no ximnasio do instituto.Serán dous os grupos de Pilates que se reunirán na Casa Habanera: o pri-meiro o luns e mércores e o segun-do os martes e xoves.Tamén haberá dous grupos de ximnasia de rehabili-

tación: un en Parga que se reunirá na Escola do Campo da Feira os luns e mércores e outro en Guitiriz que con-tará con clases os martes e xoves na Casa Habanera.

InscriciónsAs persoas interesadas en participar deben presentar o boletín de inscri-ción nas oficinas municipais en hora-rio de oito e media da mañá a dúas e media da tarde.Os prezos das actividades serán de 10 euros cada mes -excepto no caso de tiro con arco que ascende a 15-. Con todo, aplicaranse descontos para fa-milias con recursos limitados e un 20% aos membros de familias numerosas cando dous ou máis membros estean matriculados nas Escolas Deportivas ou para aquelas persoas matriculadas en dúas ou máis actividades. No caso de que se realicen baixas, será necesa-rio presentalas por escrito no Concello antes de final de mes para que a baixa tamén teña efectos no cobro dos reci-bos correspondentes.En calquera caso, será necesario un mínimo de 12 participantes para des-envolver cada actividade.

Comeza a rodaxe do documental sobre o Armeiro de BerulfeComeza a rodaxe do segundo proxec-to audiovisual da asociación ‘Os Vila-res, lareira de soños’ que continuará nas vindeiro semanas.Tralo éxito do primeiro, ‘Entrar aos Vilares’ (finalista da #12MICE) dirixi-da por Cibrán Tenreiro que segue a percorrer Galiza, este segundo docu-mental adéntrase nunha época a tra-vés da figura do fotógrafo ambulante e polifacético José Lobeiras Gómez ‘O Armeiro de Berulfe’ que foi, ademais de retratista coñecido na comarca chairega de boa parte do século pa-sado, un home de numerosos ofícios, como zoqueiro, ferreiro, sacamoas, barbeiro, xoieiro, iluminador de fes-tas con peteománs, ebanista, o pri-meiro en poñer canalóns de cinc na zona, curandeiro, piloto e armeiro.Os seus retratos de numerosas activi-dades deses tempos e as testemuñas de coñecidos serán o fío condutor deste novo traballo, dirixindo por Antón de Guizán e Luís de Fabete e coa colaboración de Moncho Fuentes (fotografía), Sandra Tenreiro (música), Maria Blanco (montaxe) e o asesora-mento e supervisión de Cibrán Ten-reiro (director de Entrar aos Vilares) e

Bruno Pena (director de A Chave de Bascuas).Imaxes de bautizos, vodas, enterros e mortos, feiras, postais, militares, nenos, mozas, festas e reunións fa-miliares, retratos… Lembranzas de familia e veciños, lugares vinculados ao Armeiro serán o “collage” audiovi-sual deste documentario que busca recuperar a figura deste “Leonardo”

rural e a “memoria retratada” dun tempo a través da mirada do Armeiro de Berulfe, o fotógrafo ambulante re-publicano dos Vilares de Díaz Castro ao que tamén retratou.Xunto ao filme, que será estreado a comezos do próximo ano 2018, desenvolverase unha exposición e unha publicación sobre o traballo fotográfico do protagonista.

Un momento da rodaxe do documental ‘O armeiro de Berulfe’.

A Escola de Música Municipal de Guitiriz oferta trompeta, trombón, trompa, clarinete, saxo, guitarra, piano e frauta; ademais de contar cunha Ban-da de Música, un grupo moder-no e outro grupo tradicional.O prazo de matrícula remata o venres 15 de setembro. Ata entón pode formalizarse nas oficinas municipais.

Escola de Música Municipal de Guitiriz

A aula CeMIT retoma accións formativas e horario

Rematado o verán, a aula CeMIT de Guitiriz retoma as actividades formativas en horario de tarde, de catro da tarde a oito do serán. Durante o mes de setembro son cinco as actividades previstas: trámites electrónicos, iniciación á informática, busca de información en Internet, correo electrónico e uso seguro de internet.No taller de “trámites electróni-cos” abordáronse entre o 4 e o 8 de setembro aqueles aspectos re-feridos aos requirimentos técni-cos que son necesarios para facer trámites electrónicos coa deno-minada “e-administración”.No curso de “iniciación á informá-tica” o alumnado adquirirá as com-petencias necesarias para desen-volverse a nivel de usuario básico. Complementarase este curso cos de “busca de información en inter-net” e “correo electrónico” debido á importancia que ten hoxe en día desenvolverse na web para a con-sulta de información. Así, o alum-nado adquirirá os coñecementos e habilidades para navegar pola web utilizando os denominados navegadores, buscar na web, al-macenar a información, etc. No que se refire ao correo elec-trónico, o alumnado aprenderá a manexar con soltura esta fe-rramenta de comunicación para

enviar e recibir mensaxes a través da web. Estes talleres celebraran-se entre o 11 e o 15, do 18 ao 20 e entre o 21 e o 22 de setembro, respectivamente.Finalmente, a través do curso de “Uso seguro da internet” –entre o 25 e o 29 de setembro- incidi-rase na importancia de manter a privacidade e a seguridade ante ameazas, para o que se abordarán os coñecementos e hábitos que garantizarán a seguridade do in-ternauta na súa utilización da rede de redes.A maiores das actividades progra-madas, a aula CeMIT estará aberta ao público en xeral para que poi-dan facer uso das instalacións e equipamentos. As persoas intere-sadas poden inscribirse nas activi-dades acudindo presencialmente á aula CeMIT ou ben, on-line a tra-vés da páxina: https://cemit.xunta.gal//buscador.Tamén se poden facer as suxes-tións e consultas que se consi-deren oportunas enviando unha mensaxe a dirección de correo electrónico: [email protected]. Coa información que recibamos se poden programar actividades que se axusten ás ne-cesidades da cidadanía.

Exterior do edificio que acolle a aula CeMIT de Guitiriz.

Os proxectos a levar a cabo no polí-gono de Pardiñas consisten na do-tación dunha depuradora de augas pluviais que se situará nunha finca anexa a dita área industrial que se adquire cos fondos que achegou o Executivo da Deputación. Tamén se mellorará o alumeado público coa reposición integral de todas as luminarias, que serán de baixo con-sumo para a redución de custos.

Polígono industrial de GuitirizA alcaldesa traballa na posta en va-lor do polígono de Pardiñas onde se sitúan unhas sete empresas que dan traballo a máis de 20 persoas. A rexedora busca conseguir un maior asentamento empresarial nesta área industrial tendo en conta a súa estratéxica situación, pois ató-pase a carón da A-6. Neste senso, apuntou a necesidade de dotalo de accesos directos con esta autovía.

Campos e Polín supervisaron os terreos a adquirir para a depuradora.

8 setembro 2017 actualidade

cospeitoOrencio Fontela, presidente da Asociación de Empresarios de Muimenta

“Muimenta non pode perder os seus servizos”

A Asociación de Empresarios de Mui-menta defende os intereses de gan-deiros, profesionais, comerciantes e autónomos da parroquia e dos veci-ños e veciñas en xeral.Nese sentido, é unha das cinco enti-dades que reclama a reposición do servizo de transporte público entre a zona e a capital da provincia xunto á Asociación Cultural e Veciñal “Aquilino Iglesia Alvariño”, a Asociación Cultural, Veciñal e Deportiva “Xotramu”, a So-ciedade Deportiva Muimenta e o Club de Tenis de Muimenta.

- Cales son os motivos que levan á Asociación de Empresarios a reclamar o mantemento deste servizo?- Ante a perda de poboación e de ac-tividade na vila, non podemos deixar perder os servizos que temos. Debe-mos conservar o que hai e, neste caso, trátase dun servizo que empregaban persoas sen carné de conducir para desprazarse a Lugo e, sobre todo, as persoas maiores ao Hospital Lucus Augusti; aínda que tamén había casos de persoas que se achegaban á feira a Castro empregando o servizo de liña regular igual que algúns estudantes.

- Que reclaman os cinco colectivos?- O que demandamos é a revisión do Plan de Transporte que afecta ao ser-vizo que ata o pasado 7 de agosto percorría as parroquias de Muimenta, Outeiro, Bazar, Arneiro, Momán, Ru-biños, Xustás, Castro Ribeiras de Lea e Duarría, con destino á capital de provincia. Eran dúas liñas en horario de mañá e tarde con saídas ás sete e media da mañá e ás tres da tarde, res-pectivamente; e tres servizos de regre-so entre Lugo e Muimenta, con saída da estación de autobuses da capital de provincia á unha e media, ás seis e cuarto e, o último, ás sete e media.Trátase de defender o rural tal e como anuncia a Xunta; pero que, en realidade non está a facer. O día 8 de agosto descubrimos que o servi-zo de autobús fora eliminado e sen que os veciños e veciñas, usuarios e

usuarias, foramos informados previa-mente. Somos conscientes de que os servizos no rural non son sempre rendibles, pero trátase de servizos públicos no que a rendibilidade que se debe ter en conta é a social.

- Despois de trasladar a vosa demanda á delegación territorial, esta ofreceuse a reunirse con representantes dos cin-co colectivos e co Concello co obxec-tivo de presentar unha proposta de mellora. Que propostas recibiron?- A delegación convocábanos para unha xuntanza o martes 29; pero cam-biaba a data cun aviso de menos dun día de antelación, polo que non pui-demos asistir e desatender os nosos traballos. Reuníanse representantes da Xunta e do Concello comprome-téndose a convocar unha nova xun-tanza que se desenvolvía o mércores 6 de setembro na delegación territorial. Aínda así, e a pesar do compromiso do delegado territorial de presentar unha mellora no servizo e ter comunicado por escrito o noso interese por recibir, igualmente, resposta por escrito para trasladar aos socios e socias; non obti-vemos ningunha información concre-ta ao respecto.

Empresarios- A asociación de empresarios pres-ta outros servizos aos seus asocia-dos. Cales son as actividades que desenvolve?- O colectivo ten apoiado a conserva-ción do centro médico na vila, cele-brado cursos e charlas informativas; ademais de organizar dúas das inicia-tivas máis exitosas na vila: o Concurso de Tapas e o Mercado de Nadal. Pero a pesar de que o primeiro se dirixe ao sector hostaleiro e o segundo ao comercio, o medio cento de socios e socias pertencen tamén a outros sec-tores coma a gandería ou a reparación de vehículos.

- Recentemente celebrábase o XIV Concurso de Tapas que, nesta ocasión, contaba só con tres establecementos

participantes. Aínda así finalizaba cun gran éxito entre o público que man-tivo a asistencia doutras edicións. E outra das iniciativas exitosas do colec-tivo é a campaña de Nadal. En calque-ra dos dous casos sortéanse vales de compra para gastar tamén nos nego-cios locais. Cal é o propósito?- Estas campañas contribúen á fide-lización dos clientes; xa que se lles ofrece un agasallo por ter comprado no comercio local contribuíndo á di-namización económica da vila. Pero, a maiores, aprovéitanse para reinves-tir de novo o premio na propia loca-lidade en calquera establecemento pertencente á asociación.

- Aínda que a través dunha comisión organizadora distinta cada ano, a aso-ciación de empresarios organiza ta-mén unha das citas do agro chairego por excelencia, a MOEXMU, e a Festa da Filloa declarada de Interese Turísti-co Galego.- A pesar de que somos practica-mente os mesmos na asociación que na organización da MOEXMU e da Festa da Filloa, este traballo realízao unha comisión designada cada ano para esta tarefa. E os veciños e veci-ñas colaboran no seu conxunto na organización destes eventos incluso tamén cando é preciso reivindicar os servizos para a vila. Pero, a pesar da implicación dos máis novos e novas, falta que dean o paso cara a primeira liña da organización destas citas.

- Se as demais propostas contan coa participación de veciños e veciñas doutras parroquias, nestes casos, o seu alcance é moito maior...- Tamén os concursos de tapas e o Mercado de Nadal contan coa parti-cipación de veciños e veciñas doutras localidades próximas; pero é a MOE-XMU a que nos da a coñecer noutros lugares. De feito, ata Muimenta aché-ganse arredor de 2.500 persoas en tres días durante a súa celebración. Neste caso son 33 anos de celebración que supón un movemento importante de diñeiro na zona. E, igualmente, a Festa da Filloa atrae a moitos visitantes de distintas procedencias cada 1 de maio.

Polígono industrial- Muimenta conta cun polígono industrial. Cal é o actual nivel de ocupación?- Actualmente teñen actividade me-dia ducia de naves que albergan ta-lleres mecánicos ou de peches, un almacén de alimentación animal e un negocio dedicado á hostalería. Tamén hai outras naves construídas e mesmo está concluída a ampliación do solo industrial con rúas e servizos, pero sen actividade. Ante a perda de actividade eco-nómica nunha vila pequena coma Muimenta, creo que os negocios deberían integrarse no pobo para xerar movemento.

O Concello recibe 12.000 euros para a remodelación do mercado municipalA Consellería de Economía, Em-prego e Industria destinará 82.400 euros a financiar catro actua-cións de mellora dos mercados municipais de Portomarín, Lugo, Cospeito e Pedrafita do Cebreiro co obxectivo de contribuír “á mo-dernización de prazas de abastos e mercados para adecualos ás ne-cesidades, tanto dos comerciantes como dos consumidores”.Cospeito recibe 12.000 euros para obras de remodelación do inmoble

e das instalacións do recinto feiral de Feira do Monte.Estas achegas enmárcanse na con-vocatoria de axudas aos concellos, asociacións e ás asociacións e ás cooperativas de persoas praceiras dos mercados e prazas de abastos para a consecución de mercados de excelencia. En todos os casos descri-tos, a consellería financia o 50% do custe das actuacións, a porcentaxe máxima establecida nas bases.

Con 192 votos, o Asador O Cabuxo proclamábase vencedor do XIV Con-curso de Tapas de Muimenta.O seu “cachopo estilo Cabuxo en niño de patacas e pasta fresca” foi, á súa vez, a tapa máis consumida entre o 11 e o 13 de agosto; xa que foron des-pachadas 610 racións. A tan só dúas quedábase o Bar Alvariño que recibía 107 votos e o restaurante Anllo, a pe-sar de servir 549, recibía 118 votos e colocábase na segunda posición do podio. Foron, polo tanto 1.767 as ta-pas servidas nesta edición na que só participaban tres dos establecemen-tos da vila e 424 as rutas completas –das que 7 votos foron nulos-.Cunha media de 197 tapas despa-chadas por cada local e día, esta edición sitúase como récord ao su-perar as 49 de media do concurso de agosto de 2015. Así “queda claro o gran respaldo de toda a comarca

aos concurso de tapas en Muimenta”. Por iso dende a organización “xa se está pensando na vindeira edición”; mentres que tanto a Asociación de Empresarios coma os locais de hoste-lería participantes agradecen “a toda a xente que acudiu a está edición das tapas de Muimenta”.

PremiosMarisa Pillado –veciña de Barcelona, pero natural de Muimenta-, Esther López –de Muimenta- e Vanesa La-mas – de Cospeito- recibían o mérco-res 23 de agosto os vales de compra por valor de 75 euros cada un para gastar nos negocios socios da Aso-ciación de Empresarios de Muimenta ata o vindeiro 23 de setembro como gañadoras do sorteo realizado entre os 424 participantes que completa-ban a ruta do XIV Concurso de Tapas de Muimenta.

O Concurso de Tapas de Muimenta mantense e bate récords

Os responsables dos bares participantes xa recibiron os diplomas e as premiadas os vales de compra (arriba) e tapa gañadora (abaixo).

“A última edición alcanzou as 1.767 tapas servidas”

Orencio Fontela, presidente da Asociación de Empresarios de Muimenta.

“Aínda que non sexa rendibles, os servizos públicos son necesarios para manter a poboación no rural”

outeiro de rei

O Concello incrementa os beneficiarios do SAF

9setembro 2017actualidade

cospeito

aos concurso de tapas en Muimenta”. Por iso dende a organización “xa se está pensando na vindeira edición”; mentres que tanto a Asociación de Empresarios coma os locais de hoste-lería participantes agradecen “a toda a xente que acudiu a está edición das tapas de Muimenta”.

PremiosMarisa Pillado –veciña de Barcelona, pero natural de Muimenta-, Esther López –de Muimenta- e Vanesa La-mas – de Cospeito- recibían o mérco-res 23 de agosto os vales de compra por valor de 75 euros cada un para gastar nos negocios socios da Aso-ciación de Empresarios de Muimenta ata o vindeiro 23 de setembro como gañadoras do sorteo realizado entre os 424 participantes que completa-ban a ruta do XIV Concurso de Tapas de Muimenta.

Os responsables dos bares participantes xa recibiron os diplomas e as premiadas os vales de compra (arriba) e tapa gañadora (abaixo).

“A última edición alcanzou as 1.767 tapas servidas”

abadín

outeiro de rei

Voluntarios en Outeiro de Rei: ‘Embaixadores do Miño’O Concello de Outeiro de Rei, compro-metido coa conservación e desenvol-vemento sostible do seu entorno, pon en marcha o programa “Embaixadores do Miño” promovido por este concello e subvencionado recentemente pola Consellería de Política Social.O programa de voluntariado está dirixi-do á xuventude con idades comprendi-das entre 16 e 35 anos que actuará nes-ta edición ao redor do sistema fluvial do río Miño.Será o sábado 16, o domingo 17 e ta-mén o sábado 23 e o domingo 24. A primeira será unha xornada informa-tiva para os voluntarios e voluntarias

que se desenvolverá pola mañá para sentar os coñecementos básicos. A segunda, no mesmo horario, consis-tirá nunha saída guiada ao campo para descubrir a riqueza natural dos citados espazos adquirindo destrezas para saber comunicar ditos contidos como embaixadores.O sábado 23, nunha xornada orientada aos coidados do río que se desenvolve-rá entre as dez da mañá e as seis da tar-de. E o domingo 24, en horario de catro da tarde a sete e media do serán, rema-tará o programa cunha xornada aberta ao público en xeral, onde as persoas vo-luntarias actuarán como embaixadores

dando a coñecer os valores naturais entorno ao río Miño ao seu paso polo concello de Outeiro de Rei. Ao finalizar sortearase unha bicicleta entre os e as participantes e durante o programa fa-rase entrega dalgún agasallo.As persoas interesadas poden realizar as súas inscricións no servizo de Em-prego e Desenvolvemento Local do Concello de Outeiro de Rei do 6 ao 14 de setembro en horario de nove da mañá a dúas do mediodía ou a través do teléfono 982 393 382. Ofértanse 20 prazas que serán cubertas por orde de inscrición tendo preferencia as persoas empadroadas en Outeiro de Rei.

Arte e poesía no día da Memoria da Chaira enteiraCada 8 de setembro, a Irmandade Manuel María e a Asociación Xermo-los celebran a “Memoria da Chaira enteira” dedicada a espallar a vida e a obra do poeta e a visualizar os ven-cellos que foi creando con mulleres e homes do noso pobo. Este ano o acto servía para estrear o documental “Cantando a Manuel Ma-ría” de Gonzalo Veloso que se recrea nas paisaxes e espazos que Manuel María habitou e defendeu; ademais da incluír conversas cos amigos e es-pecialistas na súa obra, así coma os seus poemas cantados por Fuxan os Ventos, A Quenlla e Mini e Mero.E as “navallas do Manuel” deste ano foron entregadas ao creador de Bazar

de Castro de Rei, Anxo Lamas, e ao es-critor vilalbés Agustín Fernández Paz, a título póstumo. Trátase de dous creadores que veñen ser celebrados neste ano por estes colectivos. A Agustín dedicáronlle a Festa da Fala, o San Alberte ao que el acudeu de neno, e o Festival de Pardiñas, en concreto a revista e o pregón de Fina Casalderrey. E a Anxo Lamas están a agradecer a súa doa-zón da colleita de pintura: “Imaxes e Palabras” coa que están a percorrer o país: Lugo, A Coruña, O Carballiño…, e proximamente Sada.Non faltou no acto a música e a poe-sía tanto en Penas de Rodas coma no campo de Santa Sabela.

O Concello incrementa os beneficiarios do SAF

O Concello de Abadín incrementa ata os 400.000 euros anuais a partida de gasto social para o servizo de axuda no fogar.É que nun concello con envellece-mento da poboación como é o de Abadín, o número de potenciais usua-

rios destes servizos é considerable. Nese sentido, recentemente veñen de incorporarse novas persoas bene-ficiarias do servizo a través da lei de dependencia e a través do réxime de libre concorrencia ata alcanzar as 100.O Servizo de Axuda no Fogar “facilita

a permanencia das persoas no seu domicilio e entorno habitual de con-vivencia, atendendo as necesidades básicas da vida diaria”. O SAF a través do sistema de autonomía e atención á dependencia finánciase a través da Consellería de Política Social da Xunta

de Galicia e no segundo caso, o SAF en réxime de libre concorrencia, está financiado pola Deputación.Outro recurso de especial importancia é o servizo de “Xantar na Casa” que o Concello ten implantado e co que garante unha alimentación variada e

equilibrada adaptada ás necesidades das persoas usuarias que non poidan valerse por si mesmas para cubrir as necesidades relacionadas coa compra ou elaboración de menús.

Centro de díaOutro recurso co que conta o Concello de Abadín é o Centro de Día, perten-cente á rede de centros do Consorcio da Consellería de Política Social.Trátase dun centro xerontolóxico so-cio-terapéutico e de apoio ás familias que durante o día prestan atención terapéutica integral e plural ás per-soas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promoven-do a súa autonomía persoal, a activi-dade relacional e a permanencia no contorno habitual.As intervencións, de carácter tera-péutico, relaciónanse coas capa-cidades cognitivas, conductuais e emocionais, nas capacidades físicas e funcionais, a intervención socio-educativa e socializadora, tamén a familiar ou a adaptación do entorno e uso de produtos de apoio, ademais da propia atención asistencial.

Instalacións do centro de día (á esquerda) e os seus usuarios e usuarias, xunto aos do centro de día do Corgo, nun encontro celebrado no río Madalena, en Vilalba con comida ao aire libre e música tradicional galega (á dereita).

10 setembro 2017 actualidade

xermadea pastoriza

O Castro de Saa conta con muralla, unha canle e cerámica castrexa

A Xunta apoia a reparación do depósito de auga en Fonmiñá

Cunha reportaxe audiovisual sobre os traballos desenvoltos no Castro de Saa dispoñible na súa páxina na rede so-cial facebook -https://www.facebook.com/castro.desaa-, o grupo de ar-queólogos dirixidos por Emilio Ramil explica os descubrimentos realizados durante a segunda intervención neste xacemento castrexo situado na parro-quia pastoricense de Baltar.Tralo desenvolvemento dos traballos aprobados por Patrimonio e realiza-dos entre os meses de maio e xullo, os principais descubrimentos foron unha gran muralla defensiva, unha canaliza-ción ao carón do recinto habitacional moi pouco habitual no resto de Gali-cia, unha habitación circular e restos de cerámica de gran diversidade, en-tre outros elementos.Despois dos 50 metros cadrados descubertos o ano pasado durante a primeira intervención, nesta segun-da tamén foron outros 50 os metros cadrados descubertos ata alcanzar un total de 100. E a pesar de que o obxectivo principal da escavación pa-saba por descubrir a muralla da que, finalmente, se destapaban 4 metros de longo e 3 de ancho recuperando as primeiras fiadas do paramento inte-rior e baixando polas diferentes capas

ata alcanzar os 1,5 metros; os traballos de área tamén permitiron sacar tamén á luz outros elementos patrimoniais.É o caso dunha canle de canalización de auga que se estende ao longo de toda a superficie escavada ata o perfil oeste en dirección ao exterior da muralla e que “moi posiblemente continúe ata un tanque de recollida de auga”. Este elemento patrimonial foi construído con paredes de ca-chotería e pedras fincadas coas que evitar a filtración de augas. Durante a intervención tamén se recuperaba o solo por onde pasaría a auga. Tendo en conta que serve de cimentación á habitación en ángulo de esquina redondeada recuperada xa na cam-paña do 2016, a canle sería anterior á habitación galaico-romana. É, polo tanto, un elemento singular e pouco habitual na zona; xa que “no asen-tamento máis próximo, o Castro de Viladonga, non se ten recuperado ningunha canle similar”.A maiores puideron comprobar que “a parede sur continúa adoptando unha forma semicircular en dirección á mu-ralla que parece indicar que formaba parte dun torreón defensivo ou dun bastión interior como sistema de re-forzo da propia muralla”. Este conxun-

to formaría parte dunha construción anterior á habitación galaico-romana.Os arqueólogos tamén puideron com-probar a existencia dunha construción en ángulo tamén anterior á habita-ción galaico-romana e tamén anterior á canalización; xa que “un dos muros está totalmente cortado”. Neste caso tamén se recuperaba un furado de poste de sección circular.A superposición de elementos patri-moniais é habitual neste asentamento castrexo polo que “para coñecer a re-lación entre eses elementos é preciso aumentar a superficie escavada, aínda que con cada intervención aparezan aínda máis incógnitas”. Emilio Ramil agarda que outras entidades colabo-ren co Concello da Pastoriza que, ata o momento, impulsou en solitario estes traballos; xa que se trata dun castro “ben conservado” que pode “aportar novos coñecementos sobre a vida his-tórica no castro con cada intervención na área”.Por agora, o Concello procura cola-boracións mentres que o arqueólo-go responsable desta escavación no Castro de Saa prepara un proxecto de continuidade que permita a recu-peración dos distintos elementos que conforman este complexo urbanístico de cara á súa posta en valor.Aos labores de ampliación da área escavada e consolidación de estru-turas, hai que engadir os traballos de limpeza integral da zona que re-mataba o Concello da Pastoriza no mes de agosto.

CerámicaO material cerámico recuperado é “su-mamente interesante” para contribuír a completar a investigación. Este ano, cando aínda se están a estudar os res-tos, a cerámica recuperada pertence, nunha porcentaxe superior, á época castrexa; cando os 3.000 fragmentos cerámicos recuperados na escavación da anterior campaña eran nun 90% galaico-romanos.

A Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públi-cas e Xustiza subvencionará ao Con-cello da Pastoriza para que repare dous depósitos que fornecen á rede de abastecemento de auga potable de Fomniñá.Así o explicou este mércores 30 de agosto o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Bal-seiro, quen aclarou que a achega autonómica -que se corresponde con preto do 80 por cento do in-vestimento total necesario, isto é, case 25.000 euros- suporá unha mellora significativa para a rede de auga potable da que se benefician os veciños deste concello.A antigüidade dos depósitos fai que presenten numerosas perdas de auga polo que o proxecto contem-pla, entre outras accións, a súa im-permeabilización interior, para así

garantir a estanquidade. Ademais a mellora evitará a necesidade actual de cloración, que pode ser de inclu-so dúas veces ao día, para manter a calidade no caudal demandado.Os depósitos están emprazados na parroquia de Pousada, situada no lugar de Vilagormar, e ademais dos veciños desta zona fornecen tamén a moitas das vivendas das parroquias veciñas, ademais de ser un elemento chave do conxunto da rede de abastecemento municipal.A Xunta segue a colaborar cos con-cellos galegos impulsando novas obras e servizos e un xeito de levar adiante estes apoios é a través do Fondo de Compensación Ambien-tal, que xestiona Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Admi-nistracións Públicas e Xustiza e que está vinculado ao canón eólico.

Depósito de auga potable en Fonmiñá.

O prazo de solicitude das 185 prazas do VI Volante Deputación, dirixido só a lucenses de entre 18 a 35 anos, que recibirán, de xeito totalmente gra-tuíto, cursos de formación técnica e condución segura no eido da com-petición automobilística, no circuíto da Pastoriza o fin de semana do 16 e 17 de agosto remata o mércores 13 de setembro.Os interesados en participar nesta sexta edición do Volante Deputa-ción deberán cubrir un formulario que se poderá descargar da web www.ptcescuela.com e, a continua-ción, terán que enviar a súa solici-tude ao correo electrónico [email protected] remate do proceso formativo, ce-lebraranse probas cronometradas. O gañador poderá participar de balde no Rally San Froilán. Todo isto grazas á iniciativa do Goberno Provincial, que achega 17.000 euros á celebra-ción desta nova edición do Volante Deputación a través da Escuela PTC da Pastoriza.Como novidade este ano, o Volante Deputación homenaxeará a Antonio

Pérez Montecelo, director de carreira da Escudaría Miño e presidente do Club Tríatlon Cidade de Lugo, que faleceu o pasado mes de xaneiro.

ProgramaOs días 16 e 17 de setembro os asis-tentes, despois de recibir formación en técnicas de condución, pasarán un proceso de selección cronome-trado, do que resultarán elixidos 14 semifinalistas que continuarán con formación específica para afrontar unha segunda proba cronometrada, que determinará quen son os tres mellores. Destes, o mellor tempo (primeiro clasificado) será o piloto titular para participar no 39 Rally San Froilán, quedando os outros dous clasificados como pilotos suplentes.Rematado todo este proceso, o pi-loto titular e o copiloto participarán dentro da estrutura do equipo de competición de PTC Escuela no Rally San Froilán aos mandos dun Suzu-ki Swift Sport, con todos os gastos pagos, realizando test do vehículo de competición, adestramentos da proba e o propio rallye.

O VI Volante Deputación decídese na Pastoriza

O Concello mellorará vías municipais en Lagoa co Plan ÚnicoO Concello da Pastoriza levará a cabo a mellora de varias vías municipais na parroquia de Lagoa con fondos do Plan Único da Deputación Provincial.A tenente de alcalde, Elva Carrera, ex-plica que “estes traballos consisten na reparación de varios viais mediante a reapertura de cunetas e a aplicación de rego asfáltico no firme nun total de 4.500 metros nos barrios de Barral, Gasalla e Abelaira”.A contratación da obra, que conta cun orzamento base de licitación de 67.704,74 euros, realizarase a través dos procedementos que es-

tablece a lei mediante a oferta de varias empresas. Para a súa adxudi-cación “valorarase a maior garantía das obras, así como a mellora de obra que poidan ofertar”.

“Reparto equitativo” fronte a “prácticas caciquís”Carrera recorda que “esta é a primei-ra ocasión que os Concellos temos a oportunidade de levar a cabo actua-cións nas vías municipais con fondos da Deputación. Isto débese ao Plan Único, froito das esixencias dos de-putados do BNG na Deputación, co

que os cartos chegan a todos os Con-cellos a través dun reparto equitativo e obxectivo”. “Aínda queda moito ca-miño por andar nas prácticas caciquís que se dan na Deputación”, engade. Pero, “cremos que se deu un gran paso neste senso. Resulta inaudito que as asociacións ou grupos de ve-ciños puidesen arranxar con fondos da Deputación, vías municipais e o propio Concello non puidese facelo. Isto deixa en evidencia as prácticas que dende a Deputación se levaron a cabo nestes anos”.

Os traballos favoreceron o descubrimento da muralla e unha canalización.

11setembro 2017actualidade

xermade

Xermade volve converterse nun es-pazo de formación e exhibición de referencia do sector artesán galego entre o 22 e o 24 de setembro coa celebración do XVII Encontro Inter-nacional de Torneiros da madeira que contará coa presenza de catro expertos e profesionais da artesanía: a inglesa, Margaret Garrard; o suízo, Jérôme Blanc; o vigués, Adrián Pena; e o veciño das Pontes, Lolo Castro.Estes mestres do torno realizarán de-mostracións en vivo e compartirán as súas técnicas cos asistentes. Ademais, haberá postos de venda de maquina-ria, ferramentas artesanais, publica-cións e camisetas conmemorativas, así como exposicións de pezas tor-neadas en anteriores edicións. As pezas máis elaboradas e con mellor acabado desta edición se-rán seleccionadas para a exposición itinerante CONtornos 2017-18 que chegará a Concellos e outras entida-des que a así o desexen antes de pe-char o ciclo na vindeira edicións dos Encontros Internacionais da Madeira en Xermade.A Biblioteca de Xermade acollía a presentación dos Encontros na que participaba o alcalde da localidade, Roberto García Pernas; a directora xe-ral de Comercio e Consumo, Sol Váz-quez; a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro; o deputado provincial de Turismo Eduardo Vidal Baamonde e o torneiro Alfonso Franco.A iniciativa -organizada polo Conce-llo de Xermade que achega 2.000 eu-ros e cede o espazo para a realización do encontro- conta coa colaboración da Consellería de Economía, Empre-go e Industria que permite “poñer en valor o oficio do torneado de ma-deira”. Tamén colabora o Executivo Provincial coa súa celebración cunha achega económica de 3.000 euros.Vidal Baamonde subliña que “é un pracer colaborar un ano máis co Concello de Xermade e cos mes-tres torneiros que participan nesta xuntanza, consolidada no tempo, na difusión e promoción dos oficios tradicionais que caracterizan a nosa cultura. Temos que promover estes distintivos para que máis xente des-

cubra a riqueza da nosa provincia. Esta é, precisamente, unha das liñas de actuación do Plan Estratéxico de Turismo, no que se enmarca a achega económica que dende o Goberno da

Deputación facemos ao encontro, na posta en valor das tradicións deste municipio, promovéndoo e contri-buíndo a súa dinamización social e económica, pois durante as tres xor-nadas que dura o evento, reuniranse en Xermade máis de 3.000 persoas”.

Encontro Internacional deTorneirosOs Encontros Internacionais de Tor-neiros naceron en 2001 na Aldea Ar-tesán da Fraga da man de Tito Ledo e Fernando Vérez coa intención de recuperar do esquecemento un oficio tradicional en Galicia, documentando as ferramentas, maquinaria, materias e técnicas de traballo, para logo dalas a coñecer ao maior número de per-soas. De feito, unha das finalidades didácticas que persegue este evento é divulgar os valores do oficio, algo que está a ter resultados satisfacto-rios, pois o público asistente, ten cada vez máis argumentos para diferenciar artesanía e industria. Así, durante os tres días que dura o encontro, reú-

nense profesionais e afeccionados para compartir experiencias e coñe-cementos, ao tempo que se achega ao público en xeral o mundo da torno.Alfonso Franco, torneiro de Cabreiros

(Xermade) e integrante da Asociación Amigos da Madeira das Pontes, indica que “o Encontro mantén a ilusión de facer medrar o mundo dos torneiros co obxectivo de facer renacer unha actividade que estaba condenada a desaparecer; xa que se trataba dun oficio vencellado á elaboración de utensilios de uso doméstico. Foi coa elaboración de pezas especiais –de diversas formas, materiais, texturas ou mesmo cores coas que resaltar a beleza intrínseca da madeira- que o oficio tomaba outro enfoque para sobrevivir”. Apunta que “esta moda-lidade non existía en España, pero si en Francia ou o Reino Unido”. Por iso, os Encontros foron vitais para ache-gar profesionais doutros lugares que ofreceran distintos puntos de vista sobre a supervivencia do oficio”.Coincidindo coa posta en marcha dos Encontros eran 4 ou 5 os torneiros cos que contaba Galicia e arredor da vin-tena os do conxunto de España que se dedicaban á elaboración de pezas artesás ata que renace en Xermade o

oficio. Agora o número de torneiros en Galicia achégase aos 200.Trala recuperación do oficio, o sector traballa agora no seu posicionamen-to no mercado. “Falta poñer en valor

as pezas”, segundo indica Franco, “to-mando consciencia do traballo que da rematar a peza”. Iso, permitiría ao torneiro vivir do seu oficio, continúa. Nese sentido, defende que “se trata de pezas exclusivas que nada teñen que ver coas elaboradas en serie”. E, en Xer-made poderanse ver durante estes En-contros Internacionais de Torneiros da Madeira pezas exclusivas no seu aca-bado, pola súa técnica ou forma que achegarán torneiros de primeiro nivel mundial. Igualmente, aínda que os galegos tenden a realizar pezas útiles, tamén realizan e achegan ao Encontro “pezas para distinguirse e coas que se poida aprezar o seu traballo”.

Técnicas e materia primaO torneado da madeira non se escapa á globalización. De feito, os distintos encontros sectoriais serven para dar a coñecer técnicas de distintos lugares coma o Reino Unido, Suíza, Alemaña, Grecia ou Francia. Así, cada torneiro ad-quire a técnica que mellor se adapte ao seu estilo e á madeira que empregue

contribuíndo á aparición de tantos esti-los únicos coma torneiros. “É fácil reco-ñecer o autor pola peza”.Galicia dispón dun amplo abano de madeiras apropiadas para o seu tor-neado: bidueiros, piñeiros, pradairos, etc. Alfonso Franco apunta que “son abundantes e se poden empregar para o torno”. Ademais, “son madeiras moi veteadas e coloridas e, polo tanto, moi aprezadas”.Cataluña e o País Vasco exportan pezas pequenas de madeira de buxo, biduei-ro ou pradairo para o seu torneado, cando en Galicia “non se lle da valor a pesar de ter tanta accesibilidade á ma-deira”. É por iso polo que cre que “trala posta en valor da nosa actividade e das propias pezas, débese traballar nas dis-tintas canles de comercialización cara ao exterior da comunidade”. E isto in-clúe tamén a madeira para o torneado que na actualidade non se ofrece en Galicia; xa que “os serradoiros peque-nos desaparecen e os grandes non o contemplan entre as súas liñas de ne-gocio”. A este respecto recorda que “o valor da madeira increméntase dende o monte ata a tenda onde se vende a peza traballada polos torneiros e sela-da como Artesanía de Galicia”.

Amigos da MadeiraA Asociación Amigos da Madeira (As Pontes), con 58 socios, ten como obxectivo a promoción e a ensinanza da talla e, principalmente, o tornea-do da madeira. Coa colaboración do Concello das Pontes, durante o curso escolar desenvolve obradoiros de ini-ciación ao torneado e á aplicación de diversas técnicas. De feito, o colectivo facilita os tornos e as gubias.Os Amigos da Madeira colaboran co Concello na organización técnica e tamén con outras asociacións de España a través da súa asistencia ás distintas feiras e encontros que se ce-lebran en Asturias, o País Vasco, Ca-taluña ou Tenerife a onde se achega-ban a comezos de setembro. Á Feira de Artesáns de Pinolere que aglutina a máis de 200 disciplinas achegá-banse torneiros de Inglaterra, Grecia, Alemaña, Cataluña, Navarra, Madrid, Tenerife e Galicia que foron visitados en tres días por 20.000 persoas.

Máis de 3.000 persoas participarán no Encontro Internacional de Torneiros de madeira

garantir a estanquidade. Ademais a mellora evitará a necesidade actual de cloración, que pode ser de inclu-so dúas veces ao día, para manter a calidade no caudal demandado.Os depósitos están emprazados na parroquia de Pousada, situada no lugar de Vilagormar, e ademais dos veciños desta zona fornecen tamén a moitas das vivendas das parroquias veciñas, ademais de ser un elemento chave do conxunto da rede de abastecemento municipal.A Xunta segue a colaborar cos con-cellos galegos impulsando novas obras e servizos e un xeito de levar adiante estes apoios é a través do Fondo de Compensación Ambien-tal, que xestiona Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Admi-nistracións Públicas e Xustiza e que está vinculado ao canón eólico.

Pérez Montecelo, director de carreira da Escudaría Miño e presidente do Club Tríatlon Cidade de Lugo, que faleceu o pasado mes de xaneiro.

ProgramaOs días 16 e 17 de setembro os asis-tentes, despois de recibir formación en técnicas de condución, pasarán un proceso de selección cronome-trado, do que resultarán elixidos 14 semifinalistas que continuarán con formación específica para afrontar unha segunda proba cronometrada, que determinará quen son os tres mellores. Destes, o mellor tempo (primeiro clasificado) será o piloto titular para participar no 39 Rally San Froilán, quedando os outros dous clasificados como pilotos suplentes.Rematado todo este proceso, o pi-loto titular e o copiloto participarán dentro da estrutura do equipo de competición de PTC Escuela no Rally San Froilán aos mandos dun Suzu-ki Swift Sport, con todos os gastos pagos, realizando test do vehículo de competición, adestramentos da proba e o propio rallye.

Membros da organización co deputado de Turismo que colabora coa cita.

A cita contará con Margaret Garrard, Jérôme Blanc, Adrián Pena e Lolo Castro como relatores

12 setembro 2017 actualidade

muras

xermade

Charlas e obradoiros co Plan Agroecolóxico 2017-2018As distintas parroquias de Muras aco-llerán charlas gratuítas da man de profesionais do Espazo Agroecolóxi-co “A Estruga” coas que profundizar na aplicación dos conceptos e prin-cipios da ecoloxía no deseño, desen-volvemento e xestión dos sistemas agrícolas sostibles.Trátase de actuacións de dinamiza-ción socio-ambiental do Plan Agro-ecolóxico Municipal do Concello de Muras previstas para o ano 2017 e primeira metade do 2018.Despois das charlas sobre “xestión agroecolóxica de pragas e enfermi-dades máis comúns na horta” que se celebraban en Muras e A BAlsa en agosto, para o mes de setembro es-tán programadas outras sobre o tra-tamento postcolleira na horta. Será o xoves 21 en Muras e o venres 22 na Balsa tamén entre as sete e media e as nove e media do serán.De cara ao 2018 están programadas outras charlas sobre o “deseño agro-ecolóxico da horta” en febreiro e un “obradoiro de compostaxe” en marzo.Ata un total de catro obradoiros se desenvolverán ao amparo deste

programa. De cara ao fomento da alimentación sa e natural sen conser-vantes e aditivos e a recuperación de procedementos para a conserva dos alimentos, o local social de Muras acollerá un obradoiro de “tecnoloxía e conservación dos alimentos” o 7 de outubro en horario de mañá e tarde.Igualmente, ao longo de toda a xor-nada desenvolverase un obradoiro de “iniciación á micoloxía e cociña de co-gomelos” o 25 de novembro no local social de Muras, outro de “fruticultura e silvicultura” o 2 de decembro no lo-cal social de Silán e outro de “planta aromáticas, medicinais, culinarias e as súas aplicacións” o 5 de maio no local social do Viveiró.Calquera destas actividades diríxense ás persoas interesadas en introducir-se ou ampliar coñecementos en agro-ecoloxía, se ben teñen preferencia as empadroadas no concello. Os intere-sados e interesadas poden inscribir-se e solicitar información na Casa do Concello, no teléfono 982 500 001 ou a través do enderezo electrónico [email protected].

Apoio para o aproveitamento gandeiro nos montes de Muras

A conselleira do Medio Rural, Ánge-les Vázquez, destacou a importancia de aproveitar os recursos propios do monte para asegurar a súa rendibili-dade económica, social e ambiental, desde un enfoque multifuncional. Explicou durante unha visita a Muras que un deses aproveitamentos é o

gandeiro -a través dos pastos-, que ten unha repercusión moi positiva tanto nas rendas dos propietarios forestais como no medio ambiente, xa que as reses constitúen un verdadeiro “des-brozador natural” que axudan, entre outras cousas, a controlar o combus-tible e previr así os incendios forestais.

Ademais de coñecer a explotación de cabalos en semi-liberdade, cun censo de 30 animais, a conselleira reuniuse cos responsables da comunidade de montes Tenente Xistral, na que se lo-caliza esta actividade gandeira. A mei-rande parte das cabezas son de Pura Raza Galega, que Medio Rural está a impulsar e fomentar, en colaboración coas asociacións de criadores. Así, a consellería apoia a través de diferen-tes convenios e axudas este tipo de organizacións. Só na convocatoria de 2016 recibiron axuda un total de 22 beneficiarios, cun importe total apro-bado de algo máis de 46.000 euros.A maiores, o departamento que diri-xe Ángeles Vázquez asinou un con-venio de colaboración coa asocia-ción Puraga (Pura Raza Galega) para a conservación, desenvolvemento e utilización sustentable dos recursos zooxenéticos desta raza equina, así como para o fomento e promoción dos seus produtos derivados. O acordo estableceuse para o perío-do 2016-2019, cun importe total de 267.200 euros.

A Serra do Xistral mantén cabalos de pura raza galega.

Roberto García Pernas, alcalde do Concello de Xermade

“Estanse a executar obras en todo o municipio”O Concello de Xermade convoca o pro-cedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, para a adxudicación do contrato de obras de “Reparación e mellora de firme dos viais en Lousada e na escola de Miraz” corres-pondente ao Plan Único Provincial da Deputacion de Lugo.A convocatoria, publicada o venres 1 de setembro no BOP recolle un valor esti-mado do contrato de 106.346,48 euros e un prazo de presentación de propos-tas que pecha o xoves 14 de setembro. O día seguinte, venres 15, abriranse as ofertas presentadas no Rexistro Xeral do Concello ás doce do mediodía.

- Pero, a maiores, o Concello ten exe-cutado a mellora do campo da festa de Xermade a través da aplicación de aglomerado...- Trátase dunha das obras de mellora incluídas no convenio que o Concello asinaba coa Deputación Provincial por un orzamento total de 150.000 euros. Neste caso, estas obras supuxeron 10.000 euros.

- Que outras obras inclúe este convenio?- A rehabilitación de pistas municipais en todo o municipio. Neste caso, cun orzamento de 50.000 euros, os traba-llos foron adxudicados á baixa para levar melloras aos puntos da rede via-ria municipal onde sexa preciso. Así, procuramos que todas as parroquias saian beneficiadas.

O convenio co ente provincial inclúe tamén a colocación de placas solares e flotadores e cloradores nos depósitos de auga da parroquia de Roupar que xa foi adxudicada por un importe de 12.000 euros.

A estas hai que engadir dúas obras que pretendemos tramitar no prazo dun mes: a substitución de portas e ventás da escola de Candamil e da Casa da Cultura de Xermade onde se ubica a Bi-blioteca Municipal e a construción dun depósito de auga en Burgás para conec-tar á rede de traída de augas municipal.Con cargo a este convenio foron xa adquiridas dúas desbrozadoras, unha

podadora e zahorra para o arranxo de pistas forestais en Momán e Burgás.

- O municipio carecía de puntos de almacenamento de auga e mesmo con cargo aos orzamentos municipais

se executaba un pozo en Burgás para abastecer ás granxas...- Ante as, cada vez máis, presentes se-cas os gandeiros e gandeiras precisan contar con puntos de auga para abas-tecer as súas granxas sen empregar a rede municipal. Ademais, como servizo anti-incendios téñense construído de-pósitos en Cazás e Burgás. E o vindeiro ano pretendemos continuar construín-

do máis puntos anti-incendios e pre-parando a traída municipal de augas. Por agora, aínda que están pendentes de adxudicación, temos tramitado xa a construción dun depósito de reserva anti-incendios en Roupar cun orzamen-to de 10.484 e o control e dosificación de cloro en depósitos de Momán e Vila-cide con 10.890. Estas dúas actuacións inclúense no Plan Único da Deputación.

- Que outras obras inclúe este plan co que o ente provincial colabora co Concello?- Ademais da reparación e mellora do firme de dúas vías en Lousada e na esco-la de Miraz, a mellora do firme na escola de Candamil e no campo de fútbol de Momán pendente de adxudicar. Neste caso, o orzamento é de 19.349,40 euros.Hai que engadir tamén a este plan a adquisición dun vehículo para uso de servizos sociais e servizo de augas do Concello e a dun camión con guindas-tre de segunda man con 11.000 e 22.000 euros, respectivamente.E para completar os 203.069,88 euros do Plan Único procederase a cambiar as lámpadas de sodio por luminarias LED en alumeados públicos de Xer-made e Momán. A estas actuacións destinaranse 24.000 euros.

- A procura da eficiencia enerxética ta-mén é un dos obxectivos do Fondo de Compensación Ambiental. Que mello-ras se realizarán este ano nese sentido?

- Xa están adxudicadas as melloras na eficiencia enerxética en alumeados pú-blicos en Roupar de Arriba e Candamil cun orzamento de 30.861 euros.Tamén con cargo ao canon eólico da Xunta se adquirirá un retroescavadora mixta usada con destino ao servizo de obras do Concello. O orzamento para esta adquisición é de 30.020,68 euros.

Encontro Internacional deTorneiros- O Concello de Xermade organiza o Encontro Internacional de Torneiros da Madeira que chega á décimo sétima edición entre o 22 e o 24 de setembro.- Xermade recibirá ao mellor do tornea-do da madeira dando recoñecemento ao municipio en distintas partes do mundo. Pero, ademais, nesa fin de se-mana o municipio recibe centos de visitantes que se achegan a coñecer o oficio e admirar as pezas presentes na exposición. Isto supón ingresos para a hostalería do municipio que colga o cartel de completo igual que noutros concellos limítrofes.

- A cita nacía co obxectivo de poñer en valor o oficio e dar a coñecer o traballo que supón a elaboración de cada peza. Que apoio ao sector presta o Concello?- Como espazo de intercambio de coñe-cementos a nivel mundial ten garantida a colaboración do Concello.

O campo da festa de Xermade foi mellorado con aglomerado.

13setembro 2017actualidade

murasxermade

Charlas e obradoiros co Plan Agroecolóxico 2017-2018

programa. De cara ao fomento da alimentación sa e natural sen conser-vantes e aditivos e a recuperación de procedementos para a conserva dos alimentos, o local social de Muras acollerá un obradoiro de “tecnoloxía e conservación dos alimentos” o 7 de outubro en horario de mañá e tarde.Igualmente, ao longo de toda a xor-nada desenvolverase un obradoiro de “iniciación á micoloxía e cociña de co-gomelos” o 25 de novembro no local social de Muras, outro de “fruticultura e silvicultura” o 2 de decembro no lo-cal social de Silán e outro de “planta aromáticas, medicinais, culinarias e as súas aplicacións” o 5 de maio no local social do Viveiró.Calquera destas actividades diríxense ás persoas interesadas en introducir-se ou ampliar coñecementos en agro-ecoloxía, se ben teñen preferencia as empadroadas no concello. Os intere-sados e interesadas poden inscribir-se e solicitar información na Casa do Concello, no teléfono 982 500 001 ou a través do enderezo electrónico [email protected].

Feira do poldro: pasado e presente

O Concello chegou a barallar a celebración de dúas feiras: unha na primavera para a compra de gando e outra en outono para a súa venda.Por aquel entón as feiras eran os principais puntos de compra-ven-da de animais. Para o seu transpor-te, era preciso requirir os servizos de quen dispuxera de medios. Por iso, o Concello instalara unha ca-seta telefónica na que veciñas da zona actuaban como telefonistas. É o caso de Mariluz Guerreiro que cobraba as chamadas “por pasos”.

Curiosidades

Roberto García Pernas, alcalde do Concello de Xermade

“Estanse a executar obras en todo o municipio”- Xa están adxudicadas as melloras na eficiencia enerxética en alumeados pú-blicos en Roupar de Arriba e Candamil cun orzamento de 30.861 euros.Tamén con cargo ao canon eólico da Xunta se adquirirá un retroescavadora mixta usada con destino ao servizo de obras do Concello. O orzamento para esta adquisición é de 30.020,68 euros.

Encontro Internacional deTorneiros- O Concello de Xermade organiza o Encontro Internacional de Torneiros da Madeira que chega á décimo sétima edición entre o 22 e o 24 de setembro.- Xermade recibirá ao mellor do tornea-do da madeira dando recoñecemento ao municipio en distintas partes do mundo. Pero, ademais, nesa fin de se-mana o municipio recibe centos de visitantes que se achegan a coñecer o oficio e admirar as pezas presentes na exposición. Isto supón ingresos para a hostalería do municipio que colga o cartel de completo igual que noutros concellos limítrofes.

- A cita nacía co obxectivo de poñer en valor o oficio e dar a coñecer o traballo que supón a elaboración de cada peza. Que apoio ao sector presta o Concello?- Como espazo de intercambio de coñe-cementos a nivel mundial ten garantida a colaboración do Concello.

Algúns dos impulsores e impulsoras da “Feira do Poltro” xunto a algúns membros do equipo de goberno.

Iniciados os trámites para a declaración como festa de interese turístico de Galicia da Feira do Poldro

Fachenda é o que senten os veciños e veciñas de Muras da súa Feira do Poldro. E este ano celebrarase a trixé-sima edición desta cita que se poñía en marcha por iniciativa do ex alcalde José López Soto, pero que non sería posible sen a colaboración de moitos veciños e veciñas de distintas partes o municipio.Soto recorda que “os demais concellos da contorna tiñan unha feira da que chufar” e quería que Muras tamén tive-ra unha. Así, pensando nalgo “xeitoso” para o municipio propuxo a “aplaudi-da” celebración da “feira do poltro” en comisión de goberno que máis tarde se aprobaría en pleno e tamén conta-ría coa colaboración da delegación de Agricultura, Gandería e Montes.O seu obxectivo principal era a posta en valor da materia prima coa que con-taba o municipio e a comarca en xeral. Así, supuxo un beneficio que reper-cutiría nos veciños e veciñas que non se verían na necesidade de trasladar aos seus animais a outros lugares para a súa venda. Ademais serviría para “a posta en valor da carne de poldro considerada de segunda”, como indi-ca Toñito Carballal, propietario dunha explotación equina e colaborador na primeira edición da feira nos labores de carniceiro.Así, antes da chegada do outono -a mesma data que se conserva para a súa celebración na actualidade- ve-ciños e veciñas de diferentes idades involucráronse nos preparativos da cita: a construción dos curros no alto da Gañidoira –na que se empregaron palancas de madeira de pino e esta-cas- ou a construción doutras casetas e espazos para a degustación da car-ne, a propia preparación da carne, a atención ao público, etc. “Había que facer algo de todo para axudar”. Nesas tarefas tamén colabo-raba José Cabarcos, concelleiro do equipo de goberno do momento. E coma el moitos outros veciños. José

Cal incorporouse na segunda edición nas tarefas de axuda á organización nas que tamén ten colaborado Mi-guel Bouza que recorda, sobre todo, as festas que o seu grupo de amigos celebraban coincidindo coa feira nunha caseta de madeira de dous pi-sos e con balcón construída por eles mesmos que chamaba a atención de veciños e curiosos e que reparaban cada ano mentres non constituíu un perigo para os seus usuarios. De festa tamén viña o equipo da coci-ña. Despois dunha voda que se cele-brara o día anterior da feira, a cociñeira do colexio Inés Chao coa axuda de Manolita Bermúdez achegáronse á co-ciña do centro de ensino para preparar a carne asada que se serviría na feira ao día seguinte. “Estivemos ata as cin-co da madrugada cociñando porque o cociñeiro de Bravos que chamara o Concello tamén se retrasara”, segundo indican ambas. Para as tarefas de des-pece dous dous poldros e un becerro contaron con Toñito Carballal.Esta colaboración voluntaria é, para a tenente de alcalde do municipio e principal responsable da organiza-ción desta feira, Belén Chao, “un claro exemplo de participación veciñal”. E con morriña recordan os veciños e veciñas un dos problemas do munici-pio: o seu despoboamento. “Daquela eramos 1.700 habitantes, mentres que agora só quedamos 700”. Tamén o gando cabalar que mantén limpos os montes contribuíndo na prevención contra os incendios fores-tais foi a menos no municipio deixan-do espazo ás explotacións bovinas. Ese foi un dos factores que determinaron certos “baixos” nesta feira que cada vez conta con menos xinetes que partici-pen nas carreiras que nas primeiras edicións contaban con numerosos ve-ciños do municipio entre os que desta-ca “o Rubio” e a súa “Cuca” como vence-dores en diversas edicións. Outra das complicacións que deberon afrontar

os gandeiros foi a do saneamento gandeiro que dificultaba, nos seus primeiros anos, o traslado de gando vacún. Agora, Toñito Carballal indica que “tamén o exceso de requirimentos na identificación individual do gando cabalar dificulta as operacións na feira”.

E, a maiores deste, o sector tamén se ve afectado polas baixas provocadas polo lobo.A pesar de que tampouco o tempo acompañaba para a súa celebra-ción nuns primeiros anos “terribles”, como os define Agapito Pernas, a

cita foise consolidando. Xa na pri-meira edición víronse “desbordados” pola afluencia de público despois de ter realizado moita propaganda e convidado aos altos mandos que se acercaron dende Lugo. Agora, 30 anos despois, mantén a súa esencia: a compravenda do gando cabalar –aínda que estas transaccións na actualidade non se realizan exclu-sivamente nas feiras-, a degustación de carne de poldro e as carreiras de cabalos. Polo camiño foise perdendo a degustación da carne de tenreira, pero a programación mantívose no tempo incluíndo no seu nome ao “gando bra-vo do monte” e tamén unha verbena coa que poñer remate á festa.De feito, nas últimas dúas edicións incluso incrementou os seus atractivos dirixidos “tanto á xente do rural coma á dos ámbitos máis urbanos” como defende o alcalde do municipio, Manuel Requeijo.

Festa de Interese Turístico deGaliciaAnte a singularidade da Feira do Pol-dro e Gando Bravo do Monte de Mu-ras, o Concello impulsa a súa declara-ción como Festa de Interese Turístico Galego. Xa foron iniciados os trámites coa presentación dun informe no que se traslada constancia dos seus case trinta anos de vida cunhas característi-cas “que non se dan en ningunha outra feira”, segundo defende o concelleiro de Medio Rural e Medio Ambiente, Mario Rouco.

Con motivo do trixésimo aniversario da Feira do Poldro e do Gando Bravo do Monte, o Concello prepara unha expo-sición fotográfica e un recoñecemento aos impulsores e impulsoras. Será o domingo 24 de setembro, ás doce do mediodía, na propia feira. Pero a xornada contará con outros moitos outros atractivos que darán comezo coa chegada do gando ao re-cinto do alto da Gañidoira para partici-par no concurso de gando que, igual que nas dúas últimas edicións, contará con catro veterinarios titulados para a súa calificación.Aos habituais postos ambulantes das feiras, hai que engadir expositores de maquinaria agrícola, de razas autócto-nas coma a galiña de Mos, exhibicións caninas ou actividades infantís que inclúen paseos a cabalo da man da Asociación de Criadores de Cabalos de Pura Raza Galega. Tamén PURAGA será a responsable do concurso morfoló-xico e a exhibición de andadura libre;

mentres que a tradicional carreira de cabalos estará organizada pola asocia-ción de cabaleiros de Muras, Atila. Máis de 4.500 euros se repartirán en-tre os distintos concursos. Por unha banda, o concurso de gando repartirá 150, 100 e 75 euros para os tres me-llores exemplares tanto equinos coma bovinos, os mellores lotes de gando cabalar e bovino e ás mellores crías equinas e bovinas, respectivamente. Ao maior número de cabezas de gan-do resérvanse seis premios de 300, 200, 150, 100, 75 e 50 euros.Con motivo do concurso morfolóxico que organiza PURAGA outorgaranse tres premios de 135, 110 e 80 euros tan-to para os tres primeiros cabalos coma para as tres primeiras eguas.Finalmente, para as carreiras distingui-ranse dúas categorías: alzada inferior a 1,50 metros e alzado superior a 1,50 metros. En ambos casos se entregarán premios de 250 ao primeiro clasificado, 175 ao segundo e 150 ao terceiro.

Tampouco falta nesta feira a parte gastronómica. Este ano “de cara á pro-moción da carne de poldro no ámbito gourmet” preséntase unha hambur-guesa con ingredientes propios da zona coma o pan de espelta, a carne de poldro, queixo da DOP San Simón da Costa e maionesa con soia.

Máis actividades previasA degustación da carne de poldro noutras preparacións será posible en tres establecementos hostaleiros do municipio -Café Bar A Volta, Café Bar Santi e Picapán Casa Vituco- entre o 15 e o 17 e do 22 ao 23 de setembro; xa que ofrecerán tapas gratuítas dentro das III Xornadas Degustación Carne de Poldro coas que se sortean tres entra-das ao club termal do Spa Attica 21 de Santaballa con comida ou cea.E a estas xornadas hai que engadir outras actividades previas á feira e tamén relacionadas coa figura do ca-balo. É o caso da xornada “Gandería,

lobos e espazos protexidos” que se desenvolverá o venres 15 no local so-cial de Muras entre as dez da mañá e as tres da tarde baixo a organización do grupo de opinión sobre a xestión do lobo en Galicia, O Xan, e a Asocia-ción Galega de Custodia do Territorio (AGCT). As prazas son limitadas polo que as persoas interesadas poden inscribirse no teléfono 620 593 892 ou a través do enderezo electrónico [email protected] para o sábado 23 está previsto un roteiro de observación dos cabalos no Xistral entre as once e media da mañá e as catro da tarde. As prazas son limitadas e o prezo da inscrición, que se pode formalizar a través da web www.muras.gal ou do teléfono 982 500 001, é de 15 euros.Pola tarde, o mesmo sábado haberá xogos ecuestres e olimpíadas rurais or-ganizadas por Atila a partir das seis da tarde. Despois das oito do serán haberá petiscos e animación musical cun dj.

Muras celebra os 30 anos da Feira do Poldro

Os veciños construíron os curros de madeira nos primeiros anos da feira.

14 setembro 2017 actualidade

rábade

A Xunta destina 1,2 millóns para dotacións no polígono

begonte

O colexio de Begonte pon en marcha o programa Madrugadores cofinanciado polo Concello e a Deputación

A Xunta de Galicia leva investidos no último ano máis dun millón de euros dirixidos a apoiar distintas obras e na mellora de dotacións e servizos en be-neficio da veciñanza de Rábade, facen-do da administración autonómica a que maior esforzo inversor realiza neste municipio.

Melloras no polígono industrialUn exemplo destes apoios está nas obras de mellora que afectan ao polígo-no industrial desta localidade e que fo-ron obxecto de visita e supervisión polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.Nunha primeira fase, xa executada, ac-tuouse na rúa do tanatorio. Ademais de mellorar o pavimento procedeuse á ampliación da plataforma e a dotala dos servizos de luz, saneamento, abastece-mento… etc. A estrada conta cun novo firme e máis amplo, axeitado para os ca-mións e vehículos de gran tonelaxe que por ela transitan habitualmente e ade-mais incorpora un espazo de estaciona-mento en liña e para o tránsito peonil.

Este mesmo ano ten previsto execu-tarse unha segunda fase, con idénti-cas melloras pero, neste caso, que se levaran a cabo noutra vía interior do polígono, a que transcorre de xeito paralelo a estrada da Coruña e per-pendicular a rúa do tanatorio.O Concello investirá 111.385,48 eu-ros en mellorar o vial de unión entre as dúas fases do polígono industrial cunha achega da Xunta de Galicia de 89.107,58 euros que supón o 80% do investimento. O proxecto contempla unha vía de circulación para peóns, xa que a zona, moi próxima á Lagoa do Rei, é moi transitada tanto por ve-hículos coma por peóns.A achega autonómica supera os 153.000 euros cos que impulsar ambas obras

Outras actuaciónsNo ámbito das infraestruturas a Xun-ta tamén achegou preto de 120.000 euros nas obras de reforzo firme travesía LU-107, xa rematadas. E, por outra banda, o Goberno galego

reserva 500.000 euros para o plan de sendas, que permitirá a creación dun carril peonil e ciclista que unirá o núcleo urbano de Rábade-Enlace A-6 ata o límite co termo municipal de Begonte.No que respecta ás dotacións en ma-teria de benestar, a Xunta achegou

case 100.000 euros para o sostemen-to do servizo de axuda no fogar para persoas en situación de dependen-cia, 16.000 euros adicionais para a contratación do asistente social e 18.000 euros en diversas melloras executadas no centro de menores Santo Anxo.

En materia educativa, o Goberno galego achegou 25.000 euros repar-tidos en diversas obras nos centros escolares locais, que permitiron im-pulsar melloras no polideportivo do IES Río Miño, e reformas varias (cu-berta, cociñas, comedor, cheminea) no CEIP Otero Pedrayo.Polo que respecta ao medio rural o Concello de Rábade, beneficiouse dunha achega de 63.000 euros para o plan marco de mellora de camiños (durante os anos 2016, 17 e 18) e 21.400 euros máis en axudas direc-tas ao sector agro-gandeiro.Finalmente para completar o ám-bito da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Rábade con-tou cun obradoiro de emprego xunto con Begonte e Friol, axuda que volve a reeditar este ano, e di-versas axudas dirixidas a promover a contratación de tres traballadores con cargo ao programa Aprol Rural, dous socorristas (un en 2016 e outro en 2017), e a axuda para o axente de emprego local.

A primeira fase das obras no polígono melloraba a rúa do tanatorio.

O deputado provincial pola Terra Chá, Eduardo Vidal Baamonde, e o alcalde de Begonte, José Ulloa Rocha, presentaban na Casa da Cultura do municipio o Programa Madrugado-res. Trátase da iniciativa de concilia-ción laboral e familiar, que Goberno da Deputación e o Concello levan ao C.E.I.P Virxe do Corpiño, pois permite aos pais e nais deixar aos seus fillos e fillas -ante o desfase de horarios es-colares e laborais- baixo a atención dun monitor ou monitora cualificada dende as oito e media da mañá ata a hora de inicio das clases, ás dez e me-dia, realizando actividades encami-ñadas a fomentar a súa creatividade, autonomía e interese por coñecer e gozar o seu contorno.O pasado curso foron dez nenos e ne-nas de entre tres e once anos -entre os 46 matriculados e matriculadas no centro- os que se beneficiaron deste programa. O resultado foi moi positi-vo tanto para os escolares participan-tes, que levaron a cabo actividades lúdico-formativas supervisadas por unha monitora, como para os pais e nais, posto que ao finalizar o progra-ma cubriron unha enquisa, na que se puxo de manifesto a súa satisfacción co servizo. Por este motivo, prevese que neste curso que comeza o luns 11 de setembro se incremente o nú-mero de usuarios. Os interesados e in-teresadas poden informarse e realizar a inscrición no propio centro escolar.Os seus destinatarios e destinatarias son alumnos e alumnas de Educación Infantil e de Educación Primaria. Es-

tes nenos e nenas reciben atención nunha das aulas do centro antes do comezo das clases, en días lectivos por persoal cualificado. Así, os nenos e nenas dedican o tempo a activida-des como xogos e talleres educativos, e tamén poden levar o seu almorzo para tomar antes do inicio das clases.

Colaboración institucionalVidal Baamonde destacou que “a co-laboración que brindamos dende o Goberno Provincial enmarcase na nosa aposta por unha Deputación coas persoas, social e rural, é dicir, a través da que impulsemos o des-envolvemento de iniciativas que contribúan ao benestar dos nosos veciños, especialmente no rural, fa-vorecendo, deste xeito, a igualdade

de oportunidades vivas onde vivas. A achega económica que facemos ao Programa Madrugadores permite a súa reedición, feito polo que estamos moi satisfeitos, pois somos conscien-tes da súa utilidade para as familias”. Ademais, co total de 11.000 euros que achega o ente provincial mediante o Plan Único permite a celebración doutras actividades lúdicas no muni-cipio ao longo do ano.Pola súa banda, o alcalde explica que “o Concello poñía en marcha o curso pasado o programa Madrugadores porque aposta pola conciliación da vida laboral e familiar como medida de fomento da natalidade ante a per-da demográfica do municipio -que tamén se da no resto da provincia, a comunidade galega e o resto do Es-

tado-“. Pero, “ante o coste económico destas medidas, a colaboración insti-tucional é fundamental; xa que ascen-de a 10.800 euros dos que 4.000 euros os achega a Deputación a través do Plan Único”.Neste sentido destaca Ulla que foi coa colaboración de tódolos grupos coa que se aprobaran na Deputación uns orzamentos cos que achegar máis recursos a tódolos concellos. Así, traslada ao deputado e ao presiden-te provincial a petición de “colaborar un pouco máis con aqueles Concellos que son exemplo de posta en marcha de iniciativas innovadoras coma o programa Madrugadores do que se viron beneficiados o 40% dos nenos e nenas que nalgún momento do curso pasado empregaron este servizo”. De feito, recorda que a instancias do Par-tido Popular se aprobaba a comezos de ano unha moción no Pleno Pro-vincial que se pedían axudas ao ente provincial para fomentar a natalidade sendo unha delas a achega puntual de axudas para Concellos que teñen en marcha este servizo”. Deste xeito, agarda Ulla unha aportación maior “para compensar o esforzo econó-mico que realizan os Concellos con necesidades diferentes en materia de conciliación da vida laboral e familiar ao non contar con outros servizos como Puntos de Atención á Infancia ou garderías”.O deputado provincial, que tamén apela á cooperación institucional para o desenvolvemento de diversas actividades, defende que “os orza-

mentos provinciais foron aprobados nas mesmas condicións para tódolos Concellos –coa abstención do Grupo Provincial Popular-“. E, ademais, expli-ca que é posible achegar máis fondos a estes proxectos recordando que “o Concello decidiu aportar ao progra-ma Madrugadores 4.000 euros, pero puido destinar máis dos fondos do Plan Único”.

Ulla e Vidal presentaron o programa Madrugadores en Begonte.O colexio público de Baamonde acollerá un novo curso de ces-taría da programación do CEN-TRAD da Deputación de Lugo organizado polo CERCUD.Este segundo taller desenvolve-rase entre os meses de setembro e outubro os luns e os mércores dende o 18 de setembro ao 11 de outubro.Establecéronse dous grupos: un en horario de catro e dez a seis menos vinte e outro dende as seis menos vinte ás sete e dez.As prazas son limitadas, pero os interesados poden consultar máis información e inscribirse a través da páxina de facebook do CERCUD ou a través do seu en-derezo electrónico: [email protected].

Curso de cestaría co CERCUD e o CENTRAD

15setembro 2017publicidade

A Xunta destina 1,2 millóns para dotacións no polígono

begonte

O colexio de Begonte pon en marcha o programa Madrugadores cofinanciado polo Concello e a Deputación

En materia educativa, o Goberno galego achegou 25.000 euros repar-tidos en diversas obras nos centros escolares locais, que permitiron im-pulsar melloras no polideportivo do IES Río Miño, e reformas varias (cu-berta, cociñas, comedor, cheminea) no CEIP Otero Pedrayo.Polo que respecta ao medio rural o Concello de Rábade, beneficiouse dunha achega de 63.000 euros para o plan marco de mellora de camiños (durante os anos 2016, 17 e 18) e 21.400 euros máis en axudas direc-tas ao sector agro-gandeiro.Finalmente para completar o ám-bito da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Rábade con-tou cun obradoiro de emprego xunto con Begonte e Friol, axuda que volve a reeditar este ano, e di-versas axudas dirixidas a promover a contratación de tres traballadores con cargo ao programa Aprol Rural, dous socorristas (un en 2016 e outro en 2017), e a axuda para o axente de emprego local.

16 setembro 2017 actualidade

meira

riotortoAO NOSO CARÓN

Máis de 600.000 euros achega a Deputación nun anoO Goberno da Deputación investiu 619.000 euros nun ano na mellora da calidade de vida dos 1.300 veciños de Riotorto. Así o informou o Presi-dente do Executivo Provincial, Darío Campos Conde, durante unha visita ao municipio, na que estivo acom-pañado polo Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González. Campos Conde explicou que con este inves-timento acondicionáronse múltiples vías en núcleos rurais, dotouse de alumeado público a varías rúas, pres-tóuselle atención profesional a ducias de maiores e xeráronse máis dunha decena de novos empregos.O Goberno da Deputación ache-gou 188.000 euros durante un ano a melloras en dotacións públicas de Riotorto. Foron 80.000 euros á adqui-sición dun novo camión de recollida de lixo, que comparten os Concellos de Riotorto e Meira. Este servizo pú-blico leva funcionando dende prin-cipios de ano, beneficiando aos máis de 3.000 veciños destes 2 Concellos da Terra Chá. Foron outros 62.000 euros para a rehabilitación da Área Recreativa da Ferreira Vella. Os tra-ballos consistiron na dotación de calefacción e novo mobiliario, como

cociñas, mesas ou cadeiras, entre ou-tras. O Executivo Provincial destinou 17.500 á instalación de 20 puntos de luz LED na parroquia de Santa Marta e á substitución da carpintería exis-tente do edificio da área recreativa no Mazo da fraga de Ferreiravella.O Presidente avanzou que as se-guintes actuacións serán a recons-trucción do muro de contención de Ferraría e a dotación de 25 lumina-rias de LED no Concello de Riotor-to, con outros 12.000 euros, que xa achegou o Executivo Provincial.

Mellora de accesos en 15núcleos ruraisForon 176.000 euros os investidos polo Goberno da Deputación duran-te un ano para mellorar os accesos da maioría dos núcleos rurais do Conce-llo de Riotorto. En concreto, financiou con 52.000 euros, as melloras en Louri-do, Teixeiro, Espasandre de Arriba, Vi-lar de Meilán, Lamas, Chacín, Vilar de Santiago, Rebordela e o campo de fútbol de Muxoeira, beneficiando di-rectamente aos máis de 100 veciños que vive nestas zonas rurais.O presidente avanzou que as seguin-tes actuacións serán en Moxueira,

Chacín, Santalla, Espasande de Arriba, Santamarta, Vilaseca-Lamas e Eirre-dondo-Teixeiro, cunha achega econó-mica de 123.538 euros.

Máis de 140.000 euros en novos postos de traballoCampos Conde adiantou que nun ano o Goberno da Deputación investiu en Riotorto 144.000 euros, cos que se xe-raron un total de 10 novos postos de traballo: 7 no 2016 e 3 este ano. Estes novos empregos creáronse a través do DepuEmprego e o Ben Empregado, pois o Executivo Provincial asume os custos laborais de novos profesionais para traballar en empresas da zona e no propio Concello, reforzando os ser-vizos públicos municipais. Por exem-plo, a través do DepuEmprego contra-táronse os servizos dun xardineiro e un peón forestal.

70 prazas de SAF e TeleasistenciaO Executivo Provincial destinou nun ano 44.000 euros á prestación do Ser-vizo de Axuda a Domicilio para non dependentes e da Teleasistencia gra-tuíta en Riotorto, xerando 70 prazas. Actualmente, o Goberno da Deputa-ción ofrece estes servizos a 34 maiores

deste municipio, aos que non atende a Xunta, a través da contratación de asistentes sociais, que prestan máis de 3.000 horas de atención, á espera de posibles altas.

Dinamización cultural, turística e deportivaO Goberno da Deputación ache-gou a Riotorto durante un ano ou-

tros 63.000 euros á celebración de actividades culturais e deportivas, ademais de eventos turísticos. Este orzamento permitiu organizar a Feira de Artesanía do Ferro, promo-cionar o deporte base a través das Escolas Deportivas Municipais ou a celebración de diferentes activida-des como os obradoiros de Nadal e varias actuacións teatrais.

A visita de Campos ao municipio servía para comprobar obras.

A Xunta repara o firme da vía principal do polígono con preto de 79.000 euros

O conselleiro de Economía, Em-prego e Industria, Francisco Con-de, visitaba o polígono industrial de Meira onde se desenvolverá a reposición do firme asfáltico da vía principal cun apoio da Xunta de case 79.000 euros a través do fresado do firme existente para proceder ao seu asfaltado e, poste-riormente, ao pintado das marcas viarias de sinalización horizontal.Conde remarcou que a futura Lei ten como obxectivo apoiar os concellos no desenvolvemento de medidas que permitan atraer investimentos cara as áreas empresariais galegas.Nese sentido, o conselleiro preci-sou que o Goberno galego acaba de aprobar un paquete de axudas

para acometer diversas actuacións de mellora en 59 parques indus-triais. Serán un total de 18 parques empresariais da provincia de Lugo os que se verán beneficiados destas axudas, que mobilizarán 1,6 millóns de euros.

Un polígono ocupado na súa totalidadeSobre o polígono de Meira, o conselleiro indicou que é un dos 35 parques empresariais cos que conta actualmente a provincia de Lugo e abrangue unha superficie de máis de 89.000 m² dividido en 35 parcelas, totalmente ocupadas, onde desenvolven a súa actividade 19 empresas.

Francisco Conde no polígono de Meira.

“As axudas mobilizarán 1,6 millóns en 18 parques da provincia”

pol

A Xunta inicia a parcelaria de Santo Estevo con obras nos camiños

Representantes da Xunta reuníronse co alcalde e os propietarios antes de iniciar os traballos na rede de camiños.

A Consellería do Medio Rural iniciará ao longo destes mes de setembro as obras da rede de camiños principais na zona de reestruturación parcelaria de Santo Estevo de Pol. Os traballos desenvolveranse cun prazo de exe-cución de doce meses e a administra-ción autonómica destina para este fin un orzamento de entorno aos 500.000 euros, cofinanciados ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvol-vemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Así o explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Bal-seiro, durante unha visita á zona na que tamén aproveitaba para manter unha xuntanza cos propietarios para determinar os traballos previos de limpeza e retirada de madeira que deben acometerse antes de iniciar as obras dos camiños.A administración autonómica prevé actuar sobre 9.272 metros creando toda unha rede de camiños que non só darán servizo as futuras áreas de

cultivo senón tamén servirán para vertebrar o territorio conectando coas infraestruturas e núcleos de poboación limítrofes e co resto de vías municipais.A construción dos camiños principais farase respectando as recomenda-cións da declaración de impacto am-biental (DIA), en especial as relativas aos valores paisaxísticos, ambientais e do patrimonio cultural da zona.A parcelaria da Zona de Santo Este-vo de Pol foi acordada polo Decreto 95/2011, do 12 de maio, publicado no DOG nº 102 do 27 de maio de 2011. Na actualidade atópase na fase de bases definitivas firmes, estando en trámite a contratación do Acordo de Concentración, seguinte paso admi-nistrativo segundo a lexislación sobre reestruturación parcelaria vixente.Neste proceso de reestruturación parcelaria, a Xunta actúa sobre 340,9 hectáreas que afectan a 88 propieta-rios. No municipio de Pol xa remata-ron, fai anos, outros procesos de con-centración nas parroquias de Caraño, San Andrés de Ferreiros, San Martiño de Ferreiros, Santa María de Valonga, Silva – Eirón e Torneiros.O delegado territorial lembra que “a mellora nas infraestruturas no rural é vital para o seu desenvolvemento eco-nómico e agrario da poboación”.

17setembro 2017actualidade

riotorto friol

Excursión para a terceira idade e andaina popular en setembroO Concello de Friol impulsa dúas actividades de dinamización social. Se o mércores 13 organiza unha ex-cursión para a terceira idade, o sá-bado 23 ten prevista a celebración da andaina popular.A excursión integramente financiada polo Concello e que en anteriores edicións chegaba aos 250 partici-pantes, permitirá almorzar en Vilalba despois de sair de diante a Casa do Concello ás oito da mañá. Despois está prevista unha visita a Ribadeo, o xantar en Barreiros e unha visita a Foz antes de volver ata Friol.Coa colaboración do Club de Atle-tismo Friol, pon tamén en marcha a Andaina Popular Concello de Friol o sábado 23 de setembro con saída ás once da mañá dende a Casa do Con-cello ata chegar á Torre de San Paio.Ao remate do percorrido de apro-ximadamente 5 quilómetros dous autobuses transportarán ás persoas interesadas de volta a Friol.

Inscricións para a andaina popularA inscrición pode formalizarse de xei-to gratuíto ata o 20 de setembro e in-clúe unha camiseta de agasallo. Cada participante recibirá unha camiseta de agasallo.

Porto deportivo de Ribadeo (arriba) e participantes na andaina popular Concello de Friol do ano pasado (abaixo).

Botan a andar os servizos de estimulación cognitiva

Máis de 600.000 euros achega a Deputación nun ano

tros 63.000 euros á celebración de actividades culturais e deportivas, ademais de eventos turísticos. Este orzamento permitiu organizar a Feira de Artesanía do Ferro, promo-cionar o deporte base a través das Escolas Deportivas Municipais ou a celebración de diferentes activida-des como os obradoiros de Nadal e varias actuacións teatrais.

A visita de Campos ao municipio servía para comprobar obras.

O Concello de Friol e a Asociación de familiares de enfermos de al-zheimer y otras demencias neu-rodegenerativas de Lugo (AFALU) poñen en marcha de xeito gra-tuíto servizos terapéuticos de es-timulación cognitiva a través de terapia individualizada.Será cada luns e mércores en horario de catro e media a seis e media da tarde na Biblioteca Municipal a par-tir do 18 de setembro. Esa primeira xornada servirá tamén para ofrecer información e realizar a inscrición de interesados e interesadas.

O alcalde, José Ángel Santos recal-ca que “o fin é poñer a disposición dos veciños e veciñas un novo re-curso co que axudar a mellorar o día a día de familiares e afectados” por esta enfermidade neurodexe-nerativa que se deriva en pro-blemas conductuais e deterioro cognitivo. Con todo, “a detección, prevención e o seu tratamento son moi importantes”, segundo recor-dan dende AFALU.Este servizo terapéutico de aseso-ramento, tratamento e axuda in-clúese no marco do Programa Red

Paraguas Alzheimer da Fundación Barrié e a Federación de Alzheimer de Galicia.

Día Mundial do AlzheimerO 21 de setembro conmemórase o Día Mundial do Alzheimer e AFALU organiza varios actos ao respecto.O 20 de setembro ás sete e media da tarde, no Círculo das Artes de Lugo, actuará o Coro Infantil do Conservatorio Xoán Montes e a Banda do Obradoiro da Filharmóni-ca. Despois haberá un espectáculo de maxia co Mago Antón.

O polígono de Friol recibe a novos emprendedores

O polígono de Friol está en crecemento. Fotos: Alba Romero

O alcalde de Friol, José A. Santos, manifesta a súa satisfacción polo aumento de servizos no concello trala sinatura do contrato cos em-presarios que iniciarián actividade comercial nas naves do viveiro de empresas situado na nave de Usos Múltiples que o Concello ten no polígono empresarial de Friol.“Nesta cesión temporal dos locais darán comezo novas e diversas actividades que darán un novo im-pulso á economía local e ofrecerán novos servizos no municipio que supoñen “ un aliciente importante para que a xente moza atope no noso municipio saídas laborais e queden a vivir aquí”.As empresas instaladas en tres das ca-tro naves dispoñibles son: “Serigrafía OZ” na nave número 1, “Bullcars” na número 3 e “Frimetalnox” na número 4 que rolda os 500 metros cadrados. Cada unha destas casas comerciais desenvolverán distintas actividades

abonando un canon de 0,40 euros por metro máis IVE ao mes. O espazo número 2 atópase á espera dunha nova adxudicación.

Novas naves no polígonoAdemais dentro do mesmo polígono son xa seis as parcelas ocupadas por negocios situados para desenvolver prácticas moi variadas, desde un taller de maquinaria agrícola ata unha pa-nadería a pleno rendemento; e outros en proceso construción para talleres de automóbiles, unha queixería ou unha distribuidora de produtos de construción; entre outros.O alcalde e o equipo de goberno local adianta que “continuaremos traballando nesta mesma liña: a de tentar atraer tecido empresarial de diferentes actividades para o muni-cipio que xunto ao sector primario constitúen as principais vías para o asentamento da poboación e o im-pulsar da economía local”.

18 setembro 2017 opinión

COLABORACIÓNS

Por Lara Real LemaPsies Psicoloxía

D urante o pasado curso tratei con varios cativos que este setembro comezarán o instituto. Aínda

que cada un posúe as súas propias características de personalidade, resulta curioso que os medos e inseguridades que presentan ante esta nova situación son practicamente os mesmos: “¿Quen me tocará en clase?, ¿farei amigos?, ¿como serán os profesores?…” Se a iso engadimos que ata os seus oídos chegaron mil historias acerca de como será o seu paso polo instituto e que non todas son verdade, é máis fácil entender que estas últimas semanas estean un pouco máis nerviosos que de costume. Curiosamente, estes medos e inseguridades tamén os podemos ver en moitos pais que nestes días andan a pensar “¿seralle fácil facer novos amigos?, “¿terá problemas

con algunha materia?, “¿adaptarase ben á nova situación?”...En realidade todos estes pensamentos son bastante normais porque os seres humanos, por natureza somos reticentes aos cambios. Cando se alteran as nosas rutinas ou estamos preto de pasar por algo novo, tendemos a deixarnos invadir polo medo e en moitos casos queremos quedarnos como estamos. ¿Cantas veces non pasamos unha mala noite antes de comezar nun traballo novo ou iniciar unha nova etapa na nosa vida? No caso dos adolescentes é igual; novo centro, novos compañeiros, novos profesores... moitos cambios que chegan precisamente, no momento de cambio por excelencia, a adolescencia. Un dos medos máis habituais é o relacionado co ámbito académico. A idea de que “é todo moito máis difícil”. É verdade que a etapa de secundaria é unha etapa onde o alumno gaña en responsabilidade e autonomía no seu traballo. Cada profesor ten o seu estilo á hora de ensinar, e isto que xa podía supoñer dificultades en primaria, multiplícase en secundaria, onde o número de profesores aumenta hasta ter un por materia e os alumnos débense adaptar as esixencias de cada un. Así as cousas, o que determina o éxito escolar non son só as capacidades senón tamén a motivación, o interese e o traballo persoal, e aí é onde o papel dos pais é fundamental. Na adolescencia moitos cativos senten a necesidade de separarse do seu núcleo familiar, de buscar os seus propios valores, de ser independentes… Os pais, aínda que en moitos casos non é unha labor moi ben recibida nin agradecida, non deben deixar de lado a súa labor de pais, xa que é fundamental para o correcto desenvolvemento dos cativos. Transmitirlles seguridade e facerlles ver que esta nova etapa é unha porta aberta a novas experiencias é o mellor que podemos facer. Interesarnos acerca das súas vivencias os primeiros días, saber que foi o que máis lle sorprendeu ou aquelo que menos lle gustou vai darnos unha idea de como está sendo a adaptación a esta nova etapa. Por suposto, deberemos estar atentos por si aparecen comportamentos que non son habituais e que poidan indicar que existe algún problema, neste caso será preciso falar canto antes co titor/a para intercambiar impresións.Dito isto...recordade que tamén fostes adolescentes.

Maravillosa-mente

Instituto á vistaPor Pablo Filgueiras eAranzazu Rodilla

M últiples libros se escribiron, va-rias películas e documentais ro-dáronse e mes-

mo realizaron teses doutorais sobre o asasinato dunha nova chamada Elisabeth Short cuxo corpo mutilado, foi atopado o 15 de xaneiro de 1947, xacen-do abandonado nun aparcadoiro baleiro. A vítima tiña soamente vinte e dous anos, e a policía tardou aínda dous días en poder darlle nome, identificándoa a través dos seus impresións dixitais, xa que non levaba ningún documento encima, aparte dos graves danos que presentaba o cadáver. A disposición do corpo foi coida-dosamente organizada polo asasi-no, que lavara o corpo, sendo o mesmo abandonado coma un ma-

Por Pablo Veiga

H ai xusto un ano, nesta mesma co-lumna reflexiona-ba en relación a un país que aca-

baba de visitar durante doce días, Irlanda, concretamente a súa parte máis occidental. O seu carácter celta e outras par-ticularidades socio económicas invitaban a establecer paralelis-mos coa nosa Galicia.Este verán tocou Escocia, con-cretamente a zona sur. A fór-mula de estar no país, idéntica á experiencia irlandesa, por medio do programa de volun-tariado “Workaway” -do que falaremos noutra ocasión-, unha iniciativa estendida por todo o mundo e que de ma-neira moi resumida consiste en que unha persoa é acollida nunha casa por unha familia a cambio de traballar unhas ho-ras nun determinado proxecto. E de novo, un non pode pasar a ocasión de describir e valorar o que viu e o que lle contaron

durante apenas dúas semanas. En primeiro lugar, como non… cómpre falar do tempo, e este non defraudou, tódolos días chovendo, ou case. Consecuen-cia, a cor verde que temos aquí na primavera, mantense alí na seguinte estación. Enormes prados con copiosa herba que pacían cabanas de ducias de ovellas e vacas. Seguindo coa paisaxe, un bosque que combi-naba especies de folla caduca, incluíndo carballos e amenei-ros, ata algunhas plantacións de piñeiros con evidente finalidade de comercializalos. Non se di-visaban eucaliptos, porque pa-rece ser que non se dan. Unha mágoa. Tampouco existen lobos nin xabarís –non entraremos a valorar se é positivo ou non-. Como calquera outro lugar, Escocia ten a súa propia histo-ria. Era un reino que decidiu incorporarse ó conxunto da Gran Bretaña hai algo máis de tres centos anos, aínda que os seus habitantes manteñen un nada disimulado carácter iden-titario, cun forte apego ós seus costumes e tradicións. Recente-mente, convocouse un referen-do para que os escoceses deci-disen se querían ser un estado independente, ou pola contra seguir pertencendo a Gran Bre-taña, xunto a Inglaterra, Gales e Irlanda do Norte –ademais de Xibraltar, as illas Malvinas e outras colonias-. Todos lembra-mos que desde esa supraestru-tura chamada Unión Europea,

á cal nosoutros tamén estamos agregados, facíanse chama-mentos para que o resultado que saíse desa votación fose o non. O triunfo do si suporía que os escoceses deixarían de ser británicos, pero tamén terían pechadas as portas para un fu-turo ingreso na Unión Europea. Énchesenos a boca de democra-cia, pero sempre que se dean os resultados que nosoutros quere-mos. Finalmente, o electorado escocés decidiu por unha di-ferenza de dez puntos porcen-tuais continuar no Reino Unido. Meses despois, un referendo no conxunto deste estado membro onde se lles preguntaba ós seus cidadáns se querían continuar na Unión Europea ou saír dela. Xa sabemos cal foi a decisión: O “Bréxit”. Curiosamente, en Escocia máis dun sesenta por cento dixo que non, é dicir, que querían ser parte da Unión Europea. Pero como a maioría optou por saír … agora todo un economía como é a británica estará fora dese gran clube. Escocia, independentemente da súa forma xurídica, é unha realidade nacional cun gran futuro, xa que atesoura unha consolidada industria siderúrxi-ca, explotacións petrolíferas no seu mar do Norte e está a ser un destino turístico importante. As taxas de paro, entorno ó cinco por cento.Tamén, ó igual que Irlanda, xera certa envexa. E iso, a pesa-res do clima.

Por terras escocesas

19setembro 2017opinión

con algunha materia?, “¿adaptarase ben á nova situación?”...En realidade todos estes pensamentos son bastante normais porque os seres humanos, por natureza somos reticentes aos cambios. Cando se alteran as nosas rutinas ou estamos preto de pasar por algo novo, tendemos a deixarnos invadir polo medo e en moitos casos queremos quedarnos como estamos. ¿Cantas veces non pasamos unha mala noite antes de comezar nun traballo novo ou iniciar unha nova etapa na nosa vida? No caso dos adolescentes é igual; novo centro, novos compañeiros, novos profesores... moitos cambios que chegan precisamente, no momento de cambio por excelencia, a adolescencia. Un dos medos máis habituais é o relacionado co ámbito académico. A idea de que “é todo moito máis difícil”. É verdade que a etapa de secundaria é unha etapa onde o alumno gaña en responsabilidade e autonomía no seu traballo. Cada profesor ten o seu estilo á hora de ensinar, e isto que xa podía supoñer dificultades en primaria, multiplícase en secundaria, onde o número de profesores aumenta hasta ter un por materia e os alumnos débense adaptar as esixencias de cada un. Así as cousas, o que determina o éxito escolar non son só as capacidades senón tamén a motivación, o interese e o traballo persoal, e aí é onde o papel dos pais é fundamental. Na adolescencia moitos cativos senten a necesidade de separarse do seu núcleo familiar, de buscar os seus propios valores, de ser independentes… Os pais, aínda que en moitos casos non é unha labor moi ben recibida nin agradecida, non deben deixar de lado a súa labor de pais, xa que é fundamental para o correcto desenvolvemento dos cativos. Transmitirlles seguridade e facerlles ver que esta nova etapa é unha porta aberta a novas experiencias é o mellor que podemos facer. Interesarnos acerca das súas vivencias os primeiros días, saber que foi o que máis lle sorprendeu ou aquelo que menos lle gustou vai darnos unha idea de como está sendo a adaptación a esta nova etapa. Por suposto, deberemos estar atentos por si aparecen comportamentos que non son habituais e que poidan indicar que existe algún problema, neste caso será preciso falar canto antes co titor/a para intercambiar impresións.Dito isto...recordade que tamén fostes adolescentes.

Maravillosa-mente

Instituto á vistaPor Pablo Filgueiras eAranzazu Rodilla

M últiples libros se escribiron, va-rias películas e documentais ro-dáronse e mes-

mo realizaron teses doutorais sobre o asasinato dunha nova chamada Elisabeth Short cuxo corpo mutilado, foi atopado o 15 de xaneiro de 1947, xacen-do abandonado nun aparcadoiro baleiro. A vítima tiña soamente vinte e dous anos, e a policía tardou aínda dous días en poder darlle nome, identificándoa a través dos seus impresións dixitais, xa que non levaba ningún documento encima, aparte dos graves danos que presentaba o cadáver. A disposición do corpo foi coida-dosamente organizada polo asasi-no, que lavara o corpo, sendo o mesmo abandonado coma un ma-

niquí roto en dous nunha escena do crime diferente ao lugar onde se cometeu o asasinato e onde probablemente estivo a nova re-tida ata que acabaron con a súa vida, unha das poucas cousas que a policía puido saber con certeza, pois mostraba marcas de ataduras en bonecas e nocellos. O lugar onde se atopou achegou moi poucas pistas, xa que como xa sinalamos, o asasino bañou o corpo, lavoulle o cabelo, fíxolle a manicura e lle exanguinou, o que indica que coñecía como actuaba a policía da época, sabía dos pro-cedementos científicos. Neste crime a prensa actuou sen desconsideración sobre a vítima, sobre a súa familia e prexudican-do en moitas ocasións a actua-ción policial, que se viu inmersa na investigación dun delito que estivo nas portadas dos grandes periódicos locais durante máis de dous meses tras o asasinato. A actuación dalgúns xornalistas, sobre todo de determinados sec-tores da prensa sensacionalista, actuaron de maneira moi pouco ética, lanzando teorías e imaxes

da vida da muller, que pouco ou nada tiña que ver coa realidade, e mesmo chegaron a sexualizar o carácter da vítima polo simple feito de que o seu cadáver estaba espido cando foi atopado. O peor feito e o máis vergoñoso levado a cabo por algún destes xornalistas (hai que sinalar que non todos actuaban igual), foi, unha vez coñecida a identidade do corpo, chamar á nai de Elisa-beth Short para dicila que a súa filla gañara un concurso de bele-za, sacárona información persoal, e unha vez que conseguiron todo o que querían, dixéronlle que a moza estaba morta, e mesmo a pagaron un billete de avión e aloxárona nun hotel dicíndolle que era para axudar á policía, manténdoa así encerrada para que o xornal puidese ter a historia en exclusiva. Este crime, que a día de hoxe segue sen estar resolto, supuxo unha historia que fixo escribir liñas e liñas en xornais, noticias en medios visuais e que o máis que se conseguiu é desinformar á audiencia e entorpecer o traballo

dos detectives que estaban a in-vestigar o feito e se queixaban de ter aos xornalistas na comisaría. Mesmo denunciaron que estes respondían ás chamadas e logo non lles daban información a eles polo simple feito de ver quen po-día conseguir noticias exclusivas e así aumentar as vendas. É un caso que se equiparou aos asasinatos cometidos en 1888 no barrio de Whitechapel polo cri-minal coñecido como Jack o Des-tripador, e a pesar de que aquí había unha única vítima, os da-nos no seu corpo lembraban aos crimes desas rúas londinenses. Do mesmo xeito que no caso do destripador e debido á notorie-dade que o caso tomara dende o inicio, houbo moitas persoas que confesaron falsamente asasinar á moza, e mesmo enviáronse cartas aos medios, entre elas un paquete que contiña fotografías, obxectos persoais, certificado de nacemen-to, cartón da seguridade social e ata o obituario de Elisabeth Short, pero non puideron conseguir in-formación do remitente, xa que todo estaba impregnado en gaso-

lina, para eliminar as impresións dixitais que puidesen descubrir. Máis de 250 axentes traballaron día tras día, sendo un dos maio-res despregamentos da cidade de Los Ángeles, pero o tempo ía pasando e a pesar de ter varios sospeitosos, nunca houbo probas suficientes para unha imputación formal. O caso foise diluíndo e o número de policías asignados foi sendo cada vez menos numeroso, ata que finalmente quedou arquiva-do sen ser resolto, aínda que de cando en vez aparecen novas pis-tas, tentan retomalo utilizando as técnicas de investigación actuais. Podemos atopar moitas teorías e sospeitosos na rede, entre eles atópase mesmo o director e actor Orson Wells, aínda que máis ben foron rumores, ademais de sinalar tamén a unha posible implicación da mafia. Pasaron xa 70 anos dende o asasinato da Dalia, e é un dos casos criminais cuxo nivel de in-terese non diminuíu co paso do tempo e do que se seguen desen-volvendo teorías e buscando no-vos sospeitosos, a pesar de que é moi probable que o seu asasino xa falecese, pero os investigado-res buscan dar xustiza a esa moza que foi brutalmente desfigurada e torturada, roubándoa unha vida que debería ser moito máis longa.

O recuncho do criminólogoO show da Dalia

Por Ramón Paz GuntínA Casa dos Marios

S empre foi é e será nece-sariamente importante a “concentración” en be-neficio xeneralizado de calquera situación, so-

bre todo, se de reflexionar se tra-ta, estar en forma ambientalmente onde é fundamental e básico o bo funcionamento fisiolóxico do sis-tema neurótico para descartar si-tuación obsesivas como acostuma ser o denominado estrés, concepto que naturalmente irá xunguido ao entendemento, segundo e como a experiencia e o sentido común de cadaquén sempre, e mais despois, sexan participativos en tan enxe-ñosa xestión.Dicía ao alumnado aquel mestre autor do libro do Xosé que para for-mar conceptos era, é e sempre será, necesaria a participación de ideas individualizadas para que axeita-damente fosen e sexan creativas psicoloxicamente.

Concienciación e capacitación imprimía aquel mestre ao alum-nado que humildemente era e é necesario e básico adaptación e aceptación axeitadamente en pro e para ser útil á sociedade permanente, orientación posi-tiva e eficaz consecuentemente para atopar as clásicas conclu-sións a fin de concretar axeitada e condicionalmente as realida-des que xorden da natureza dos argumentos, creativos derivados da racionalidade para o desen-volvemento común xeneralizado en formas diferentes particular e universalmente que acostuman ser posuidores simbolicamente de acontecementos creativos de boa vontade de innovación transmisi-va sistemática e cautelosamente ao alumnado para responsable-mente ser creadores e enxeñosos a fin de amoldarse aos sistemas naturais capaces de proporcionar ordenadamente sistemas condi-cionados en pro e para ser posui-dores diversificadamente dunha conducta basicamente exemplar consideradamente excepcional.

Acudir aos refraneiros para ase-mellarse a algúns “non hai mal que por ben non veña” para facer referencia aos conflitos que acos-tumaban e acostuman xurdir, liortas que non teñen lei cando dúas ou máis persoas concorrían ou concorren cada quen cos seus razonamentos que se distinguían ou se distinguen cheos de alter-nativas emocionais conscien-tes ou inconscientes segundo e como cadre sempre terán os clá-sicos calificativos unha miguiña “desabogosos” e desaxeitados… non necesarios, pero importan-tes. Así opinaba aquel “patronci-ño do barrio” e tiña a súa razón… “das discusións saen as boas ra-zón”. Facer uso da súa experien-cia afirmativamente razonable, intuía a favor do conformismo que basicamente sempre foi, é, e será motivadamente esencial.En tódolos tempos houbo, hai e haberá “potingues” ou “potaxes” socialmente desaxeitados. Por iso tan necesario foi, é e será, corri-xirse axeitadamente individual e colectivamente. Orientativamen-

te acostuman xurdir obrigas que prematuramente poderían con-verterse en lei segundo e como as interpretacións sociais deno-minadas costumes ou tradicións que acostuman ser motivados psicoloxicamente polas formas de comportamente distinguidos que circunstancialmente pode-rían e poden referirse a comparan-zas xustificativas dunha conducta indeterminada.Da boa vontade depende a acción para constituírse en raza dun com-portamento grato e enxeñoso…Motivadamente tódalas influencias exercen sobre a conducta significa-das perspectivas físicas e psicolóxi-cas correspondentemente derivadas de simples reaccións fisiolóxicas naturais para alterar orientativa e beneficiosamente a percepción dos clásicos obxectivos xeneralizados.O autor do libro do Xosé, como mestre, ao seu alumnado reco-mendaba e cuestionaba a im-portancia de ser posuidores de sensacións naturais diversas e preventivamente advertía non caer en confusións segundo e como poderían ou poden xurdir en canto á percepción psicoló-xica para ben dunha axeitada comprensión sensacional e sinto-maticamente opinaba sobre pros e contras diferentes con capacida-des que claramente existen, mo-tivacións conscientes e básicas… denominadamente complexas,

xunguidas a sensacións naturais propiamente causantes de reac-cións sensacionais relacionadas coa vista, oído e tacto xunguidas ao sentido do olfato do gusto e do equilibrio, sensacións térmicas e alxésicas entre outras e manifesta-ba que a sensación vital asociada á totalidade, xeralmente acostu-ma repercutir en todo o corpo a favor de estímulos exteriores com-plementarios a través dos órganos que fisioloxicamente eran e son a sensación psíquica dos estímu-los excitados que complementan un conxunto de esixencias en calidade e cantidade, apto deter-minante nos circuítos cerebrais que conducen aos denominados estímulos procedentes dos órga-nos sensoriais que compren cun conxunto de esixencias cada un deles ollo, oído, pel… conta cos seus propios elementos de capta-ción e cos seus correspondentes cir-cuítos cerebrais que conducen ao estímulo a proxectos estimativos de excitación sensitiva.Aquel mestre cultivador nato ob-servaba e transmitía ao alumnado foran portadores de sensibilidade positivamente eficaz entre estí-mulos axeitados ou desaxeita-dos para determinar sensacións segundo e como os sentimentos fosen e sexan correspondentes de variedades de frecuente intensi-dade de estímulos.

O libro do XoséMemorias populares

20 setembro 2017 opinión

Por Marta Pérez FandiñoNutricionista de [email protected]

A comida lixo é xa toda unha tradición nas festas de aniversario estando dispoñible en cada unha delas de diversas formas,

cores e sabores, e tomando un maior protagonismo nos festexos infantís, xa desde os poucos anos de vida. A súa inxestión, pese a parecer ocasio-nal, provoca importantes problemas de saúde como obesidade, diabetes, hipertensión, colesterol ou outras en-fermidades nutricionais que poden afectar o cativo co paso dos anos.Patacas fritidas, gusanitos, pelotazos, salchichas, embutidos, lambetadas,

tortas, bolos, roscos e cremas de ca-cao, ou mellor dito de azucre con aroma a cacao, encabezan as listas dos menús destas festas, acompaña-das sempre por cantidades incontro-ladas de bebidas azucradas, con ou sen gas.Xa non só é na propia festa na que se enchen os papos dos pequenos con estes produtos insáns, senón que ta-mén parece de obrigado cumprimen-to, levar unha gran bolsa de lambeta-das a todos os compañeiros da clase no aniversario de cada pequeno. Moitos defenden que grazas á puntua-lidade destes festexos a alimentación dos cativos non se ve comprometida, pero o certo e que son máis repetiti-vos do que a simple vista parece, polo que os seus inconvenientes non deixa a saúde dos nenos indiferente. Por

media, unha clase de primaria está composta duns 25 alumnos; se cada un deles leva una bolsa de lambeta-das ó ano, a inxestión será de 25 bol-sas. A este consumo, débense sumar outras tantas merendas completas de aniversario, compostas nos mellores dos casos de 1/2 porción de torta, un sándwich, un refresco, 5 ou 6 lambe-tadas e 1 puñado de patacas fritidas ou outros snacks. O total da enerxía consumida polo cativo será 37.325 kcal anuais, o que corresponde ás ne-cesidades enerxéticas completas de 33 días para un rapaz de 8 anos. Se falamos do azucre, no menú anterior estaranse consumindo 4 kg (non sen-do recomendado pola OMS un con-sumo maior de 25 g ó día) polo que a alimentación nestas festas corres-ponderíase coa inxestión máxima re-

comendada de 160 días no pequeno de 8 anos. Estes abruptos resultados non inclúen os excesos dos fines de semana, as merendas diarias, as festas de Nadal, o entroido, a Semana Santa ou o resto de aniversarios familiares.Ó faceres suma destes resultados, pó-dese comprender máis sinxelamente as taxas de obesidade infantil así coma as enfermidades ocasionadas pola malnutrición, pese a que os días de escola a alimentación sexa algo máis equilibrada.Por desgracia, os inconvenientes destes festexos non cesan aquí posto que a oferta deste tipo de alimentos crea unha relación de falsa felicidade coa comida lixo “cando é festa e es-tamos contentos, comemos este tipo de comida”, o que fará que co paso dos anos exista o seguinte problema

“cando estou triste, recorro a comida lixo ou doces para sentirme mellor”; lastra que pode acompañar os cativos durante o resto da vida adulta.A solución non é prohibir ós peque-nos a inxestión deste tipo de alimentos nas festas, senón que estes non debe ser ofertados por parte dos proxenito-res. A busca de alternativas vistosas pero saudables, é unha boa opción para garantir o contento do anfitrión e dos asistentes. Dentro destas boas op-cións atópanse refrescos a base de zu-mes naturais de froitas ou leite, limoa-da ou laranxada. De comer, pódese optar por bocadillos de queixo e atún, minipizzas con pan integral, queixo, tomate natural e ourego ou torradas de paté caseiro de pemento, berenxe-na ou garavanzo. Outras opción que poden estar dispoñibles son boliñas de avea e plátano ó forno, mazá con crema de cacahuete caseira, pinchos de froita e chocolate puro, piruletas de sandía ou xeados de zume e ana-cos de froita. Para finalizar o menú, pódese seguir ofertando unha porción razoable de tarta, mellor feita na casa e con produtos máis saudables como fariña integral, aceite de oliva e pouca cantidade de azucre.

Nutrición paso a pasoFestas infantís: unha morea de

graxa, azucre e sal

Por Antón Tenreiro

C h egou o verán e un dos maiores activos turísticos da Chaira, o histórico balnea-rio de Guitiriz, está

pechado. Si a pésima xestión das instalacións polo seu proprietario Andrés Conde Medín levou ao desastre económico, o corte do grifo do crédito leva agora a unha situación que non só perxudica ao negocio hosteleiro, senón tamén a todolos negocios de Guitiriz, pro-veedores, empregados, familias e á imaxe da vila e da comarca. A vi-lla dos cartos do balneario, pecha moitas tuberías coas institucións paralisadas ou incapaces de solu-cionar un problema que transcen-de a unha mera crise de empresa.

A Banca (ABANCA) principal proprietária da débeda, está máis preocupada por facer caixa que de solucionar un problema que perxudica a grande número de clientes, cando con calquer ven-ta quedarían sobradamente cu-bertas as perdas, situación aínda menos comprensível cando todos sabemos que calquer impago nun aluguer ou hipoteca ocasiona de-safiuzamentos. Non se produciron presións institucionais dabondo ás partes implicadas a pesares do dramático da situación e das mobilizacións, que como míni-mo devería levar a unha retirada masiva das contas neste banco co concello e a deputación á cabeza. Guitiriz co balneário pechado, INGEMARGA en crise, o parque empresarial convertido en cida-de pantasma e o rural en proceso de desmantelamento necesita das institucións para algo máis que festas e asfaltados de estradas. O balneario é unha mostra da sequía económica da zona e urxe volver a abrir os grifos, pasar do relax do balneário ao relax no balneario. Así sexa.

Relax de Balneario

Por Marta Rodríguez EngrobaAsociación Si, hai saída

H ai apenas dous me-ses falaba neste mes-mo medio do esgo-tamento que supón para unha gran maio-

ría de mulleres esa “posta a punto” de cada ano para saír de vacacións con un aspecto digno de aparecer en calquera revista de moda.Por se ser muller non estivera xa gravado dabondo cos escollos que temos que sortear no noso día a día para demostrar que esa igualdade que din que xa acadamos é un feito, a sociedade, os medios de comuni-cación, e o entorno en xeral nos in-culcan coas súas mensaxes mais ou menos explícitas que, malia que nos digan que homes e mulleres somos iguais, nós as féminas temos que lu-cir sempre perfectas e desexables.Cando se achegan as vacacións de verán, é unha das datas do ano no que isto se fai mais evidente, e para non poucas mulleres comeza unha auténtica carreira de fondo que adoi-ta comezar con unha dieta que de puro hipocalórica lles fai estar cada día no limiar da lipotimia, ademais de con unha fame negra, para seguir coa depilación radical que lles dei-xe todo o corpo como o cuiño dun bebé, o bronceado impecable que semelle que viviches todo o ano en Miami Beach, pasando polo acon-dicionamento dunha espectacular

melena e a adquisición de todo tipo de potingues para manterse impeca-bles unha vez no destino vacacional, sen esquecer, por suposto, un vestia-rio que lles proporcione un “casual look”, pero perfectamente estudado e no que non falte detalle.Durante quince días ou un mes como moito, agás algunha que outra privilexiada, poderán lucir o resultado de toda esa maratón es-tética, sen descuidarse, claro, so-bre todo nos derradeiros días, no que todo ese traballo xa comeza a deslucirse un chisco.E, de súpeto, chega o día da volta a rutina. Iso ao que as revistas de moda lle chaman “rentrée”, e, ao mesmo tempo que amosan as novas tendencias para a tempada que está a comezar, lanzan o recordatorio de que xa é o momento de reparar os desperfectos que as vacacións oca-sionaron. Os quilos gañados por mor das tapiñas e as cañas do chiringuito. A pel requeimada polo sol ao que se expuxeron case a xornada completa co fin de potenciar o que xa conse-guiran a base de moitos sudores no solarium de turno e esas marabillo-sas mechas surfeiras, que de tanto sol e salitre mudaron nunha confusa cor entre o verde herba e o amare-lo palla teñen que ser reparadas de urxencia sen que deixen nin ras-tro, sen esquecer eliminar de novo eses peliños habilmente depilados pero que xa hai días que comezan a asomar......Volta a pasar fame, a embadurnarse con toda clase de po-tingues, e a gastar unha pasta gansa. Porque esa é outra. Toda esta odisea de beleza non sae precisamente ba-rata e, aínda por riba, hai que apre-tar o cinto porque as vacacións, xa se sabe, deixan os petos baleiros ou mesmo con furados e os gastos da volta non son poucos: colexios, li-bros, roupa, etc, etc.Eu pregúntovos: e que pasa cos ho-

mes?. Alguén viu algunha publica-ción, algún programa de televisión...algo, en definitiva, nos que se lles recomende, ou, mellor dito, se lles impoña semellante vía crucis?. Por que non me digades que non chega a ser un verdadeiro vía crucis!.E por qué, para qué?. Porque somos mulleres e a nosa obriga e gustar e estar atractivas para o mundo en xeral pero, por riba de todo, para os nosos homes. Este é soamente un aspecto desa igualdade que xa está aquí, seica.E o peor de todo na miña opinión, non son esas inxustas imposicións, senón o xeito como nós, as mulleres, as asumimos e apandamos con elas.E non soamente iso. E que, entre nos, as propias mulleres, miramos mal a aquelas que non se pregan a esta ti-ranía. Non está ben visto que estar branca en agosto cha traia ao pairo e que non renuncies a un par de ca-ñas coas súas boas tapas soamente porque unha lorza traidora asome por algún lado para delatar que non es unha sílfide....E que non te coidas nada e es pouco feminina!. Que ninguén me malinterprete. Coi-darse, que che guste estar en forma ou ir arranxada non é malo. Claro que non. Pero por iso, porque che gusta, non porque a sociedade, unha sociedade machista que ás veces nos rebaixa a categoría de meros obxec-tos, nolo impoña e nos transmita unha e outra vez, machaconamente, que a nosa obriga como mulleres é gustar aos homes.E mentres isto non mude, mentres nós mesmas non teñamos claro que non somos bonecas nin xo-guetes para o disfrute de ninguén, que somos persoas cos mesmos dereitos e as mesmas obrigas que os homes, esa pretendida igualda-de será soamente iso... pretendida, pero nunca real.

Chegou a “rentrée”... a tortura continúa e a igualdade sen chegar!

Aqueles e aquelas maiores de 50 anos interesados e interesadas nunha formación universitaria, po-derán participar nun novo curso que a UNED Sénior da Coruña; xa que o período de inscrición segue aínda vixente ata que rematen as praza. O comezo das clases previsto para outubro.Un total de 280 alumnos acudiron o ano pasado ás clases -matriculados en 320 asignaturas-; pero esperase que o número de participantes para o curso 2017/2018 aumente.Non será necesario cumprir ningún requisito previo, xa que a inscrición pode facerse con independencia da formación académica que posúan. As materias que se impartirán serán a Prevención de riscos na vida co-

21setembro 2017actualidade

TERRA CHÁ“cando estou triste, recorro a comida lixo ou doces para sentirme mellor”; lastra que pode acompañar os cativos durante o resto da vida adulta.A solución non é prohibir ós peque-nos a inxestión deste tipo de alimentos nas festas, senón que estes non debe ser ofertados por parte dos proxenito-res. A busca de alternativas vistosas pero saudables, é unha boa opción para garantir o contento do anfitrión e dos asistentes. Dentro destas boas op-cións atópanse refrescos a base de zu-mes naturais de froitas ou leite, limoa-da ou laranxada. De comer, pódese optar por bocadillos de queixo e atún, minipizzas con pan integral, queixo, tomate natural e ourego ou torradas de paté caseiro de pemento, berenxe-na ou garavanzo. Outras opción que poden estar dispoñibles son boliñas de avea e plátano ó forno, mazá con crema de cacahuete caseira, pinchos de froita e chocolate puro, piruletas de sandía ou xeados de zume e ana-cos de froita. Para finalizar o menú, pódese seguir ofertando unha porción razoable de tarta, mellor feita na casa e con produtos máis saudables como fariña integral, aceite de oliva e pouca cantidade de azucre.

Relax de Balneario

Víctor Corral, socio de honra do IESCHA

Ata sete proxectos produtivos e dous non produtivos recibirán axu-das de Agader. Así o recolle a pro-posta de resolución dos expedien-tes da xunta directiva da Asociación Terra Chá – GDR 2.Deste xeito, sete proxectos de em-presas -dous de Xermade, dous da Pastoriza, un de Castro de Rei, un de Riotorto e outro de Vilalba- reci-birán un total de 513.941,78 euros para executar en dúas anualidades; mentres que os dous non produti-vos de entidades privadas -un de Castro de Rei e outro de Cospeito- se repartirán 212.430,83 euros ta-mén en dúas anualidades.A proposta da distribución dos 726.372,61 euros de fondos foi rea-lizada segundo a puntuación ad-quirida por cada un dos expedien-tes en función dun baremo público aprobado por Agader que ten en conta diversos criterios relativos á situación xeográfica do proxecto, ao promotor ou á creación de em-prego; ademais de ter en conta a ti-poloxía do proxecto segundo nova creación ou ampliación.Así, a iniciativa que recibiu máis puntuación foi a dunha empresaria que elaborará comida vegana en Xermade. Tamén neste municipio, se ampliarán as instalacións dun secadoiro de madeira. Co sector

madeireiro tamén se relaciona o proxecto presentado dende A Pas-toriza de cara ao tratamento secun-dario da madeira e no municipio de Castro de Rei, o dunha planta para a elaboración de pellets.Outra proposta é a adecuación das instalacións para un centro de I+D+i en Vilalba. E sobre o sector turístico, tamén se inclúen entre as beneficia-rias de axudas de Agader unha em-presa multiaventura para buggies en Riotorto e un museo sobre ma-quinaria agrícola na Pastoriza.Un centro especializado en trastor-nos de patoloxía dual, previsto en Castro de Ribeiras de Lea, é un dos proxectos non produtivos presen-tados que alcanzaron maior pun-tuación xunto ao proxecto de inte-gración e formación de mozas no sector agrogandeiro en Muimenta.Previsiblemente, Agader publicará a resolución nas vindeiras semanas.

Máis axudasO prazo para a presentación de no-vos proxectos a estas axudas está xa aberto. As persoas interesadas poden poñerse en contacto coa Asociación Terra Chá a través do te-léfono 982 51 23 69 ou do enderezo electrónico [email protected].

Nove proxectos reciben máis de 725.000 euros xestionados polo GDR-2

Como cada mes de setembro, e dende hai xa trece anos, o Instituto de Estudos Chairegos-IESCHA orga-niza un acto que, coa denominación xenérica de Día da Cultura Chaire-ga, pretende lembrar ao noso gran poeta Manuel María, do que se cum-pren trece anos do seu falecemento. Dende a primeira edición, teñen pasado grupos e cantantes tan sen-lleiros como Milladoiro, A Quenlla, Vichelocrego, Xarín, Buxos Verdes, Uxía, Os D’Abaixo, A Banda de Mu-sica de Vilalba, A Coral Polifónica Vi-lalbesa; proxectado películas coma a do chairego Jorge Coira, “18 Comi-das”; realizado recitais poéticos ou dramatizacións de obras de Manuel María; conferencias, mesas redon-das, presentacións de libros, etc. O Día da Cultura Chairega -incluído dentro do convenio suscrito coa Deputación de Lugo- contaba coa música do grupo A Banda da Loba, integrada por cinco mulleres que realizan musicalizacións de poetas como Celso Emilio ou Manuel Ma-ría, entre outros.

Víctor CorralTamén se facía entrega da placa e diploma de socio de honra do IES-CHA ao escultor Víctor Corral.Corral comezaba a facer esculturas no monte, coas rochas, cando era neno e coidaba as vacas. Realizou estudos primarios e traballou no

campo. Tras dous anos de estudos na Escola de Artes na Coruña e ou-tros dous na Escola da Lonxa de

Barcelona, montou o seu primeiro obradoiro en 1963. Tres anos máis tarde facía a súa primeira exposi-ción na Cidade Condal. Despois dalgunhas exposicións en España e no estranxeiro, comezou a construír a súa Casa museo na súa parroquia nata de Baamonde, onde ten escul-turas de pedra e bronce no xardín, e de madeira, marfil, bronce e minia-

turas de luxo no interior. Na igrexa parroquial de Baamonde hai un castiñeiro centenario coa Virxe do

Rosario tallada no interior (caben 4 persoas). En 2015 foi nomeado fillo predilecto do Concello de Begonte. Ademais dunha gran colección de esculturas que se atopan por todo o mundo e en man de particulares, realizou máis de 20 monumentos en granito e bronce que se encon-tran en espazos naturais en Galicia e Zamora.

Víctor Corral.

As FeAs, Federación de asocia-cións lucenses, prepara un festival para axudar a recadar fondos para converter a casa natal de Díaz Cas-tro na Casa da Xente, un lugar de dinamización e cultura referente para todas as asociacións que así o desexen.Así, Castro de Rei acollerá o Fes-tival ‘De volta a Ítaca’ o sábado

30 de setembro que contará con diversas actividades nunha xorna-da de convivencia que comezará cunha sesión vermú antes do xan-tar e que, pola tarde, contará con xogos tradicionais, teatro, maxia, poxa de obras de arte, interven-cións poéticas, poesía musicada e concertos antes de rematar cunha foliada aberta.

As FeAs prepara un festival en beneficio da casa natal de Díaz Castro

Casa natal de Díaz Castro.

Aberta a matrícula nas aulas sénior de Guitiriz e MománAqueles e aquelas maiores de 50 anos interesados e interesadas nunha formación universitaria, po-derán participar nun novo curso que a UNED Sénior da Coruña; xa que o período de inscrición segue aínda vixente ata que rematen as praza. O comezo das clases previsto para outubro.Un total de 280 alumnos acudiron o ano pasado ás clases -matriculados en 320 asignaturas-; pero esperase que o número de participantes para o curso 2017/2018 aumente.Non será necesario cumprir ningún requisito previo, xa que a inscrición pode facerse con independencia da formación académica que posúan. As materias que se impartirán serán a Prevención de riscos na vida co-

tiá, a Actividade física e incidencia en la saúde, ambas impartidas polo doutor Marcelino Mosquera; Patri-monio Histórico e visitas por toda Galicia, por Felipe Senén; Informáti-ca, por Anton , nas que se tratará o funcionamento de Internet, o correo electrónico e o tratamento da imaxe; Música por o mestre e director de Orquestra, Fran Garcia; Canto e Xim-nasia tráves da Música por A.T.S. Sil-via Cerame. Cada unha das materias ten 30 horas lectivas.Para formalizar a matrícula pode acu-dirse directamente ao Centro Asocia-do na Coruña ou aos delegados de zona. Os Concellos colaboradores da UNED Sénior A Coruña son Aranga, Guitiriz, Irixoa, Monfero, Lousame, Paderne, Rianxo e Xermade.

A Terra Chá conta con dúas aulas: unha en Guitiriz - no CEIP de Lagos-telle- e outra en Xermade - na escola unitaria de Momán-.

HorariosNa primeira impártense clases de pandeireta os luns de sete e media a oito e cuarto do serán; canto inmedia-tamente despois ata as nove; música os martes de seis a oito e linguaxe musical de oito a nove do serán. Final-mente as clases de informática desen-vólvense os martes de catro a oito no telecentro da localidade.Pola súa banda, as clases de música en Momán celébranse os luns de tres a cinco da tarde; as de informática os mércores no mesmo horario e as de medicina os xoves de catro a seis.

22 setembro 2017 actualidade

DEPUTACIÓN

O voceiro do Goberno da Deputa-ción, Álvaro Santos Ramos, avanza-ba a finais de agosto que son 210 novos postos de traballo, os que o Executivo Provincial leva xerado, en tan só 3 meses, en concellos de tó-dalas comarcas.E fíxoo a través das súas dúas pro-gramacións de xeración de empre-go directa que na actualidade ten en marcha en toda a provincia: 129 empregos co Ben Empregado 3 e 81 a través do DEPUEMPREGO 2.Son postos de traballo en empre-sas, entidades, colectivos sociais e municipios de todas as comarcas, cos que o Goberno da Deputación busca combater o paro, contribuír á actividade de autónomos, PEMES lucenses e colectivos sociais lucen-ses, así como reforzar a prestación de servizos públicos en todos os Concellos, especialmente en zonas rurais.Estes “representan o 46% da oferta de emprego que poremos a dis-posición de todos os lucenses me-diante estas dúas programacións de xeración de emprego directa na provincia. Pois, hai que ter en conta, que co Ben Empregado 3 xeraremos

un total de 150 empregos e co DE-PUEMPREGO 2 uns 300”.“Facémolo con 6,1 millóns de euros, cos que financiamos os custos labo-rais destes 450 novos traballadores nos 67 Concellos da provincia. Nas vindeiras semanas, ofreceremos os restantes 240 postos de traballo”.“E este 2017, poremos en marcha novas programación. Polo tanto, este Goberno Provincial fai que a Deputación de Lugo continúe sen-do a administración galega que máis inviste na xeración directa de emprego na provincia”, apuntou.

35 postos na Terra CháNa comarca da Terra Chá, o Goberno Provincial leva xerado nos últimos 90 días un total de 35 novos em-pregos en 11 concellos: en Abadín, catro auxiliares de produción en viveiros; un mecánico en Begonte, un operario de industrias agroali-mentarias, un enxeñeiro director de obras, un técnico director de obras, un operario/peón e un posto de au-xiliar de enfermería no municipio de Castro de Rei; mentres que en Cospeito foi contratado un pintor, un axudante de obrador, un com-

munity manager, un carpinteiro metálico, un mozo de almacén e un xardineiro; en Meira, un axudante camareiro e dous peóns de servizos múltiples; en Guitiriz, un técnico en

asesoramento contable e fiscal; en Outeiro de Rei un peón e outro de limpeza; na Pastoriza un xardineiro e tres peóns; en Pol un comercial de seguros, un contable financeiro, un

oficial de 1ª e un monitor de tempo libre; un auxiliar administrativo, un community manager e un director técnico deportivo en Vilalba e un auxiliar administrativo en Xermade.

A Deputación xera 210 novos empregos na provincia en 3 meses

O equipo de goberno facía balance durante unha xunta.

Aprobado o Ben Empregado 4 para xerar outros 150 postos de traballo na provincia

O Executivo da Deputación promove-rá a xeración duns 150 novos postos de traballo de calidade no conxunto do territorio lucense co Ben Empre-gado 4, máis social!De feito, era aprobado en xunta de goberno e dotado de 2,2 millóns de euros que inclúen axudas dun máxi-mo de 22.000 euros, dirixidas a em-presas e colectivos sociais de toda

a provincia, para a contratación, du-rante un ano, de novos traballadores cos que, “ademais de facer fronte á taxa de paro, contribuír á actividade de autónomos, PEMES e asociacións lucenses co obxectivo de dinamizar a economía da provincia e contribuír á importante labor social do tecido asociativo”, como apuntou o voceiro, Álvaro Santos Ramos.

O plan contempla tres liñas de fi-nanciamento. “Dentro da nosa firme aposta por unha Deputación coas persoas e social, financiaremos ao 100% os custos laborais de novos traballadores en empresas da pro-vincia cando se traten de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral”, explicou. Por exemplo, persoas con dificulta-des físicas ou psíquicas, vítimas de violencia de xénero, ex-reclusos ou ex-drogodependentes, entre outros colectivos considerados de difícil in-serción laboral.Por outra banda, “financiaremos ao 90% os custos laborais de novos tra-balladores en colectivos sociais lu-censes para contribuír á importante actividade que desenvolven na nosa provincia en atención á cidadanía”. E tamén, “financiaremos ao 50% os custos laborais de novos traballado-res en xeral en empresas de toda ín-dole e da provincia”.

Seguintes pasosAprobada eesta programación, agora enviarase á Base Nacional de Sub-vencións para a súa publicación, tal e como esixe a normativa vixente. A continuación, publicarase no Boletín Oficial da Provincia, abrindo o prazo de solicitude das axudas. Simultanea-mente a todo este proceso, tamén se abrirá, previsiblemente nos vindeiros

días, un prazo de preinscrición para lucenses con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral se anoten como solicitantes dos pos-tos de traballo do Ben Empregado 4. “Isto permitiranos ofrecer a empresas e colectivos sociais os perfís laboral deste colectivo co obxectivo de que os demanden”.

Requisitos para a concesión das axudasPoderán optar ás axudas todos os au-tónomos, PEMES e colectivos sociais da provincia agás aqueles que se be-neficiasen das anteriores edicións do Ben Empregado e, rematada a sub-vención, non contratasen finalmente aos traballadores; e tampouco ás que renunciasen ás axudas con persoal xa seleccionado que non quixeron con-tratar.

Puntuación favorable en caso de contratación indefinidaO voceiro do Goberno explicou que “en defensa da xeración de emprego de calidade, incluímos cláusulas so-ciais tanto no proceso de selección de empresas e colectivos sociais, como nos contratos dos traballado-res. Deste xeito, puntuarase favora-blemente ás entidades e asociacións que ofrezan contratación indefinidas; que melloren as condicións laborais dos traballadores con respecto aos

seus convenios sectoriais, así como as que ofrezan medidas de responsabili-dade social e corporativa. O conxun-to das cláusulas sociais incorporaran-se aos contratos dos traballadores.Para “chegar a máis xente”, tamén puntuará favorablemente as propos-tas de empresas e colectivos lucenses que non participasen nas anteriores 3 edicións do Ben Empregado.En caso de incumprimentos, as em-presas ou colectivos poderán perder a subvención da Deputación. “Fare-mos controis que, por exemplo, no caso dos pagos aos traballadores, serán, evidentemente, mensuais”, apuntou.

30% de inserción laboralA día de hoxe hai uns 130 lucenses, que estaban no paro, traballando en empresas e colectivos da provincia co Ben Empregado 3, que inclúe máis postos. Santos Ramos informou que “co Ben Empregado 1, que é o úni-co que rematou, conseguimos unha inserción laboral do 30%. Isto supón que unhas 65 persoas continúan nos seus postos de traballo a día de hoxe. Esta porcentaxe de inserción laboral é dúas veces superior a de calquera programación de emprego en todos os niveis, por exemplos, as que po-den ofrece o INEM”.

“O plan está dotado de 2,2 millóns de euros”

Álvaro Santos daba a coñecer as liñas do programa.

23setembro 2017actualidade

oficial de 1ª e un monitor de tempo libre; un auxiliar administrativo, un community manager e un director técnico deportivo en Vilalba e un auxiliar administrativo en Xermade.

A Deputación xera 210 novos empregos na provincia en 3 meses

Aprobado o Ben Empregado 4 para xerar outros 150 postos de traballo na provincia

Infraestruturas e outros servizos para Abadín

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao alcalde de Abadín, José María López Rancaño, e outros membros da corporación municipal repasaron o investimento de 940.000 euros que o Executivo Provincial achegou a este municipio para o impulso de dotacións públicas e infraestruturas, así como a xeración de emprego e a mellora dos servizos sociais dos 2.500 veciños deste mu-nicipio. Foron 627.000 euros do or-zamento de 2016 e 311.000 os desti-nados, polo de agora, do presuposto deste ano.Para melloras en infraestruturas, o Executivo Provincial levou nun ano a Abadín 635.899 euros. Campos Conde e López Rancaño supervisa-ron os traballos, xa rematados, para acondicionar os accesos de Torre, Samordás e Asperón, benefician-do aos 50 veciños destas zonas. As seguintes actuacións serán en 17 núcleos rurais: Pumariño, Bouza de Medas, Toxeiro, Outeiro, Cabo De Vila, Casavella, Castiñeira, Butarreira, Cornello, Fonte do Mouro, a Graña, Gaúte, Vilar de Gaúte, Capuchisos, Espiñarcao e As Xunqueiras.Nas vindeiras semanas comezarán as obras de arranxo da estrada LU-P-0102 de Moncelos a Carrizal con 370.000 euros (incluídos no orza-mento de infraestruturas). Trátase dun treito de 900 metros, que vai

dende o punto quilométrico 2.800 ao 3.700, co que o Goberno da Deputa-ción finaliza o acondicionamento da totalidade desta vía.

Os traballos consistirán na limpeza e acondicionamento das cunetas, mellora do firme con aglomerado en quente, sinalización horizontal e vertical e pintado integral, entre outros labores.Campos Conde subliñou que “con estas melloras, a LU-P-0102 queda-rá completamente renovada, co fin de garantir a seguridade das ducias

de vehículos que transitan por esta estrada provincia, ao tempo que me-lloramos as comunicacións entre os Concellos da Pastoriza e Abadín, be-

neficiando directamente aos máis de 5.500 veciños e veciñas”.

Dotacións públicas e empregoSon outros 70.000 euros os que o Goberno da Deputación achega á mellora da rede de alumeado público e ao acondicionamento da Casa Con-sistorial e centros sociais da vila. En concreto, financiou con 26.000 euros

a instalación de 13 puntos de luz LED, dende a autovía A-8 ao casco urbano de Abadín, beneficiando directamen-te aos máis de 100 veciños que viven

nesta zona. Con outros 6.000 euros, o Executivo Provincial acondicionou as instalacións do Centro Social da parroquia da Graña. Campos Conde avanzou que as seguintes actuacións se levarán á Casa Consistorial, cun in-vestimento de 32.000 euros.O rexedor provincial avanzou que “nun ano investimos no Concello de Abadín máis de 170.000 euros, cos

que xeramos un total de 13 postos de traballo, 4 no 2016 e 9 este ano”. Estes novos empregos creáronse a través do DepuEmprego e o Ben Em-pregado, cos que o Goberno da De-putación asume os custos laborais de novos profesionais, que traballan en empresas da zona e no propio Con-cello, reforzando os servizos públicos municipais. Por exemplo, a través do DepuEmprego contratáronse a tres peóns de servizos múltiples.

Atención profesional nun ano a 58 maioresO Goberno da Deputación destinou nun ano 54.000 euros á xeración de 99 prazas de Servizo a domicilio para non dependentes e Teleasistencia gratuíta porque a Xunta non ofrece estas prestacións. Actualmente, este investimento permite a contratación de asistentes sociais, que prestan máis de 4.500 horas de atención a 58 maiores de Abadín á espera de novas altas este ano.

Dinamización económica e socialO Goberno da Deputación achegou máis de 5.000 euros ao Concello de Abadín para a realización de activida-des lúdico-culturais e deportivas du-rante todo o ano, como por exemplo para fomentar a lectura na biblioteca municipal ou para actividades nas es-colas deportivas municipais.

Campos Conde acompañado de membros da corporación municipal.

seus convenios sectoriais, así como as que ofrezan medidas de responsabili-dade social e corporativa. O conxun-to das cláusulas sociais incorporaran-se aos contratos dos traballadores.Para “chegar a máis xente”, tamén puntuará favorablemente as propos-tas de empresas e colectivos lucenses que non participasen nas anteriores 3 edicións do Ben Empregado.En caso de incumprimentos, as em-presas ou colectivos poderán perder a subvención da Deputación. “Fare-mos controis que, por exemplo, no caso dos pagos aos traballadores, serán, evidentemente, mensuais”, apuntou.

30% de inserción laboralA día de hoxe hai uns 130 lucenses, que estaban no paro, traballando en empresas e colectivos da provincia co Ben Empregado 3, que inclúe máis postos. Santos Ramos informou que “co Ben Empregado 1, que é o úni-co que rematou, conseguimos unha inserción laboral do 30%. Isto supón que unhas 65 persoas continúan nos seus postos de traballo a día de hoxe. Esta porcentaxe de inserción laboral é dúas veces superior a de calquera programación de emprego en todos os niveis, por exemplos, as que po-den ofrece o INEM”.

A este municipio a Deputación achega 940.000 euros en dous anos

“As seguintes actuacións chegarán á Casa do Concello con 32.000 euros”

24 setembro 2017 agro

Convocadas axudas para previr danos da fauna

AGRO

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio convoca as axudas para a prevención de da-tos provocados por fauna silvestre nas explotacións agrarias e gandei-ras. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica o 17 de agosto a orde de axudas destinadas a persoas titu-lares de explotacións agrarias ou gandeiras afectadas polos ataques de xabaril e lobo.O obxecto destas axudas é fomen-tar a aplicación de medidas de pro-tección, para o que se incentiva a adquisición de elementos preven-tivos dos danos que poidan ocasio-nar estas especies.As actuación subvencionables son para a prevención de danos ocasio-nados polo lobo: a adquisición de cans protectores e defensores do gando -mastíns e cans de palleiro-, pastores eléctricos e curros de ma-lla electrificada; mentres que para a prevención de danos ocasionados polo xabaril: a adquisición de pas-tores eléctricos.O importe total da convocatoria é de 300.000 euros, dos cales un im-porte de 180.000 euros se destinan ás medidas de prevención de danos á gandería e de 120.000 euros ás de prevención de danos á agricultura, subvencionándose a adquisición de

cans protectores e defensores do gando, ata un importe máximo de 500 euros por can; a adquisición de pastores eléctricos, a contía máxi-ma da axuda por explotación é de 600 euros, e para a adquisición de cerrumes móbiles de malla electri-ficada, a contía máxima da axuda será de 100 euros por malla de 50 metros , ata un máximo de oito ma-llas por explotación.

O prazo remata o 18 de setembroO prazo establecido para a presen-tación de solicitudes é dun mes, contado a partir da data de entrada en vigor da orde. Polo tanto, remata o 18 de setembro.

Protección con peches fixosO-Xan (Grupo de Debate e Opinión sobre a xestión do lobo en Galicia) aplaude a convocatoria de axudas para á prevención de ataques ao gando como “principal medida para compatibilizar a presenza do lobo coa gandería extensiva”.Os aspectos positivos desta orde de axudas son, primeiro a súa con-vocatoria regular ano tras ano cun importante orzamento de 180.000 euros, así como a inclusión da raza Mastín do Pirineo como can de garda, unha raza de can moloso

empregada na defensa do gando. Tamén se melloran os criterios de prioridade, dando unha alta pun-tuación aos gandeiros que sufriron

ataques nos seus rabaños nos últi-mos anos, así como priorizando a implantación de medidas de pre-vención nos rabaños maiores e nos de gando ovino e cabrún, os máis afectados polos ataques do lobo.Tamén se corrixiron erros na des-

crición das características técnicas dos pastores eléctricos e se amplia-ron as axudas a aqueles conectados á rede eléctrica e os que están ali-

mentados só por baterías (manten-do os de placa fotovoltaica).Con todo, dende O-Xan cren que “para unha correcta planificación das solicitudes de axuda deberían terse publicado a comezos de ano e permitir a solicitude das mesmas

durante varios meses para non con-dicionar a realización dos investi-mentos por parte do peticionario a un período reducido de tempo, que non ten porque axustarse ás súas necesidades temporais reais. Tamén “cómpre engadir outros in-vestimentos que agora non están contemplados e que son imprescin-dibles para a protección do gando como son os peches fixos con malla ovelleira e arames electrificados. Preocúpanos que se esqueza un elemento fundamental no sistema de prevención de ataques de lobo: os peches fixos”.

Cans de manexo e cans deprotecciónEn canto aos investimentos asig-nados a cans de garda e protec-ción, non comparten a inclusión de razas de pastoreo ou “careo” como son o Carea Leonés ou o Can de Palleiro. Consideramos que es-tas son razas de pastoreo que ser-ven para guiar o gando e non para protexelo. Sendo estas unhas razas importantes no manexo do gando, non son cans de protección contra os ataques do lobo nin se poden deixar co gando sen a presenza do gandeiro ou gandeira.

Os produtores que fixeran cesións de dereitos do pago único, afectados.

As probas de saneamento gandei-ro, véñense realizando en Galiza, desde hai máis de 30 anos, sendo totalmente necesarias para conse-guir unha cabana gandeira, libre de enfermidades como a Tubercu-lose, Leucose ou Brucelose.Despois de tantos anos con estas probas estanse a conseguir im-portantes avances no proceso de erradicación da enfermidade, sen-do cada vez menos o número de animais infectados polas distintas enfermidades controladas nestas campañas de saneamento.Con todo, dende a Federación Ru-ral Galega – FRUGA indican que “nos últimos anos, producíronse cambios importantes nos proto-colos de actuación sanitaria, es-pecialmente no que respecta á detención da tuberculose bovina, producíndose un importante nú-mero de sacrificios, que na maior parte dos casos, non son animais enfermos”.

FRUGA considera que “ningún gan-deiro se vai opor a que lle sacrifi-quen os animais infectados, máis o que si nos parece un despropósito é que se estean a sacrificar un im-portante número de animais que despois nas probas postmorten realizadas no matadoiro non se lles atopen ningún indicio de padecer a tuberculose bovina. É dicir, estan-se a matar moitos animais sans”.“Existen moitas ganderías que du-rante moitos anos levan facendo o saneamento gandeiro sen que se lles detectara a presenza de ningún animal contaxiado de tu-berculose bovina e nas que agora aparecen animais aparentemente infectados, o que resulta bastante inexplicábel. Na maioría dos casos estas vacas cando son sacrifica-das resulta que non teñen ningún síntoma da enfermidade. A estas ganderías non se lles permite fa-cer unha mostra de contraste, que detecte con maior precisión o es-

tado do animal obrigando a optar polo sacrificio”.Desde a Federación Rural Galega demandan, pois, “un cambio no que respecta os protocolos de actuación, máis efectivo e que impida que animais sans sexan sacrificados. Igualmente, a conse-llería do Medio Rural, debe optar de forma clara e concisa, por fa-cer probas de contraste a tódalas explotacións que se lles detecte un animal dubidoso, e non facer soamente as probas de contraste nalgúns casos concretos”.

Indemnización polos animais sacrificados non positivosIgualmente cren que “todos estes animais que unha vez sacrificados chegan o matadoiro e non son po-sitivos deben ser indemnizados debidamente porque estamos a falar dun saneamento gandeiro non dun matavacas”.

Peches fixos electrificados propostos por O-Xan.

FRUGA demanda a proba de contraste no saneamento

O sindicato Unións Agrarias denuncia a campaña indiscriminada de requiri-mentos fiscais que está ditando con-tra as explotacións gandeiras galegas. Esta acción sen precedentes vai diri-xida a tódolos produtores que fixeran cesións de dereitos do pago único da PAC, a pesar de que estas accións non tiveran carácter honeroso ao non exis-tir transvase de diñeiro.UUAA lamenta que a Axencia Tributa-ria a través da Delegación Especial de Galicia, non tivera realizado unha dis-criminación entre os casos nos que se realizaran transmisións nas que exista un intercambio económico das ce-sións sen carácter dinerario, en moitos casos de pais a fillos.Deste xeito a oficina do fisco está obri-gando aos produtores a realizar trami-

tacións, desprazamentos e perdas de tempo, por non ter feito un traballo de selección, abrindo unha causa xe-ral contra actividade económica no sector primario.A organización agraria, ten solicitada unha reunión urxente co conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, para transmitirlle o malestar dos gandeiros polo trato de “defraudadores preventi-vos” que se lles aplica desde o Ministe-rio de Facenda. Do mesmo xeito, insta a Xunta de Galicia a que fagas as xes-tións pertinentes diante do Goberno para que cese esta campaña de acoso.De non ser así demostrarase unha vez máis que a pretendida “lexislatura do rural” anunciada polo presidente Fei-joo, so era unha declaración de inten-cións valeira de contidos.

UUAA denuncia a campaña de requirimentos fiscais contra explotacións gandeiras

25setembro 2017agro

Convocadas axudas para previr danos da fauna

Por Breixo GonzálezChairegos Servizos Veterinarios

A miúdo os veterinarios recibimos en consulta os chamados animais “exóticos”. É dicir, ani-mais de compañía que

non son nin cans nin gatos. Isto fai que o noso traballo sexa máis variado ... O problema é que estes animais exóticos son unha proble-mática a nivel de benestar animal e a nivel medio ambiental.

Benestar animal:A maioría dos animais exóticos son animais salvaxes. É dicir son animais que viven no exterior e cunhas condicións de vida (ali-mentación, clima..) diferentes , aínda que intentemos prepararlles e intentar acondicionar un sitio ou unhas condicións axeitadas para vivir, nunca o imos conseguir. Na maioría dos casos trátanse de animais salvaxes que non deberan vivir en cautividade polo que este “encerro” da lugar a dous tipos de problemas: comportamentais (incluída a automutilación) ou de enfermidades.Por un lado aparecen problemas comportamentais que producen cambios no comportamento nor-mal do animal. Sóense ver estereo-tipias (movementos repetitivos sen ningún propósito). Os máis común son os balanceos e a emisión de sons fóra do habitual. A maiores pódense ver os transitorios como a pica (inxerir ou morder obxec-tos que non son alimentos). Por exemplo, comer area ou pedras ou morder obxectos. Tamén como problema comportamental pódese dar a automutilación (é dicir , cau-

sarse danos físicos a si mesmos) que pode ser causada por un exce-so de aseo (limarse de xeito com-pulsivo) ou ben danarse de xeito consciente, sabendo que así cha-man a atención. Este último vese moito nos loros e similares.O outro tipo de problemas que se ven acostuman ser as enfermi-dades ben causadas por estados carenciais ou de erros na alimen-tación que se explican mellor cun exemplo practico. A típica tarta-ruga de auga a que só se lle da de comer “gambas” desenvolven problemas da caparazón, ollos e moitas veces infeccións porque basean a súa alimentación nun só ingrediente. É como se nós vivíse-mos a base de filetes en exclusiva.

E a nivel medioambiental temos dous grandes problemas:O primeiro é que en moitas oca-sións os animais exóticos son especies salvaxes que debido a modas son capturados nos seus hábitats naturais e traídos de for-mas inhumanas. Isto ten como consecuencia poñer estas especies en perigo de extinción, ademais das innumerables mortes durante o seu transporte.O segundo e que é o que nos atinxe é que a posesión destes animais adquiridos en moitas ocasións de forma non medita-da, levan o abandono. En moitas ocasión faise no campo dando lugar ao problema da fauna in-vasora como xa está a ocorrer na Terra Chá cos mapaches, os visóns americanos, o cangrexo de río americano... Son especies alleas ás nosas e que depredan sobre as especies autóctonas. No caso das anteriores afectan a poboación de troitas e de mexillóns de río. Nou-tras zonas de España hai proble-mas coas cotorras arxentinas ou cos porcos vietnamitas que se cru-zan cos xabarín o que leva a unha contaminación xenética e á perda da especie.Polo tanto como veterinarios de-beriamosvos desanimar á hora de adquirir estas especies exóticas.

A veterinaria fronte á fauna invasora

durante varios meses para non con-dicionar a realización dos investi-mentos por parte do peticionario a un período reducido de tempo, que non ten porque axustarse ás súas necesidades temporais reais. Tamén “cómpre engadir outros in-vestimentos que agora non están contemplados e que son imprescin-dibles para a protección do gando como son os peches fixos con malla ovelleira e arames electrificados. Preocúpanos que se esqueza un elemento fundamental no sistema de prevención de ataques de lobo: os peches fixos”.

Cans de manexo e cans deprotecciónEn canto aos investimentos asig-nados a cans de garda e protec-ción, non comparten a inclusión de razas de pastoreo ou “careo” como son o Carea Leonés ou o Can de Palleiro. Consideramos que es-tas son razas de pastoreo que ser-ven para guiar o gando e non para protexelo. Sendo estas unhas razas importantes no manexo do gando, non son cans de protección contra os ataques do lobo nin se poden deixar co gando sen a presenza do gandeiro ou gandeira.

Ampliado o prazo para presentar licenza de obra con axudasA directora xeral de Gandaría, Agri-cultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, vén de anunciar unha ampliación do prazo de presen-tación da licenza municipal de obra e dos diferentes permisos administrati-vos correspondentes coas axudas de plans de mellora, incorporación de

mozos e pequenas explotacións. En concreto, o aumento do prazo será dun mes pasando do 15 de setembro ao 16 de outubro.Esta decisión tomouse tras analizar as demandas tanto de particulares como de organismos que solicitaban unha marxe maior para xustificar os

investimentos a realizar e polo que os beneficiarios recibirán a correspon-dente subvención. Esta modificación sairá publicada no Diario Oficial de Galicia en breve e será efectiva dende o día seguinte.

Uns 65 millóns para o agroO orzamento desta orde en 2017 chega aos 65 millóns de euros, un 7% máis que no exercicio anterior. En concreto, 40 millóns de euros irán destinados a apoiar investimentos en explotacións agrícolas (plans de mellora), 20 millóns para impulsar a incorporación de novos activos ao agro (agricultores mozos) e 5 millóns para fomentar o desenvolvemen-to de pequenas explotacións. Estas axudas están encadradas dentro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, que pre-vé –para estas liñas de axuda– un in-vestimento de 247,5 millóns de euros en todo o período de execución.Estas achegas xa fixeron posible o ano pasado a incorporación de 618 mozos, unha cifra destacada á que hai que sumar a aprobación doutros 582 expe-dientes de plans de mellora de explo-tacións e doutras 32 axudas para o des-envolvemento de pequenas granxas.

A Xunta de Galicia vén de abonar, no que levamos de ano, máis de tres millóns de euros en axudas di-rectas para a primeira instalación e incorporación de mozos ao rural, unha cifra que se irá ampliando ao longo dos próximos meses.Cos últimos datos oficiais -co-rrespondentes á convocatoria de 2016- un total de 268 persoas menores de 40 anos víronse be-neficiadas destas axudas da Xun-ta na provincia de Lugo. Esta ci-fra dá imaxe do peso específico que o medio rural lucense ten no

conxunto de Galicia, xa que supón preto do 40% do total de benefi-ciarios desta axuda no conxunto da comunidade.A recente inxección de 3 millóns de euros para novas incorporacións, supón que no que levamos de ano preto de 180 dos beneficiarios pre-sentaron a súa xustificación e xa recibiron a axuda que oscila entre 15.000 e 42.000 euros. Os pagos da Xunta continuarán completándo-se nos vindeiros meses ata chegar a esa cifra de 268 mozos e mozas lucenses beneficiarios da axuda.

3 millóns de euros para a incorporación de mozos

O SLG oponse ao imposto pola reutilización de gransO Sindicato Labrego Galego rexeita o convenio marco sobre reemprego de grans para sementeira, asinado recen-temente polo Ministerio de Agricultu-ra, a Asociación de Obtentores Vexe-tais (ANOVE, lobby da industria das

sementes) e organizacións agrarias como UPA e Asaja.Resulta inaceptable que o Ministerio de Agricultura e dous sindicatos do agro acepten que un grupo de empre-sas privadas cobren por un ben común

que é patrimonio da humanidade, como as sementes, que foron mello-radas durante séculos, xeración tras xeración, polas familias labregas. Así, as empresas sementeiras van cobrar por un patrimonio da humanidade, cando

debería ser ao revés: ser elas as que pa-guen aos labregos e labregas por po-der utilizar ese patrimonio para crear as súas patentes.Polo tanto, non podemos aceptar que se nos vaia cobrar aos labregos e la-

bregas un novo imposto por producir sementes a partir de grans certificados que mercamos e cultivamos. Cómpre lembrar que as sementes certificadas teñen un alto custe que triplica o prezo do gran, polo que consideramos que nese sobreprezo debe estar incluído o dereito dos labregos e labregas a reuti-lizar parte do apañado como semente en posteriores campañas sen un custe adicional. Porén, o convenio asinado obriga a pagar 12 euros por tonelada de gran reempregado, ou unha taxa entre 1 e 3 euros por hectárea cultiva-da. Este canon deberá pagarse anual-mente durante un período de 25 anos.

Oposición da Rede Galega deSementesEste convenio tamén atopou o rexei-tamento da Rede Galega de Sementes (RGS), que dixo deste del que “concede un maior control á industria semen-teira sobre a produción de alimentos, neste caso de cereais e oleaxinosas; e aprovéitase de recursos públicos, coa conivencia da administración, para au-mentar o seu poder económico”.

As sementes certificadas triplican o prezo do gran.tacións, desprazamentos e perdas de tempo, por non ter feito un traballo de selección, abrindo unha causa xe-ral contra actividade económica no sector primario.A organización agraria, ten solicitada unha reunión urxente co conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, para transmitirlle o malestar dos gandeiros polo trato de “defraudadores preventi-vos” que se lles aplica desde o Ministe-rio de Facenda. Do mesmo xeito, insta a Xunta de Galicia a que fagas as xes-tións pertinentes diante do Goberno para que cese esta campaña de acoso.De non ser así demostrarase unha vez máis que a pretendida “lexislatura do rural” anunciada polo presidente Fei-joo, so era unha declaración de inten-cións valeira de contidos.

26 setembro 2017 deporte

Telúrica, Xosé Otero CantoAlvarellos Editorial

que ler?

DEPORTEO Cabreiros faise co XII Trofeo Manuel González

O Cabreiros fíxose co trofeo ante o Roupar.

A SDC Cabreiros facíase co sétimo trofeo Manuel González do Conce-llo de Xermade no que participa-ban os catro equipos de fútbol do municipio xermadés.O segundo clasificado foi o Roupar, terceiro o Xermade e cuarto o Cazás.O Concello entregaba cadanseu agasallo aos equipos participantes neste trofeo que rende homenaxe á

figura de Manuel González Fernán-dez, promotor desta competición local, e cuxa labor foi fundamental no desenvolvemento deportivo da localidade.A Deputación Provincial, cunha achega de 2.550 euros, é o princi-pal patrocinador desta cita depor-tiva que involucra aos diferentes equipos da zona.

O Open Hermo, un referente para o tenis provincial e feminino O XVI Open Hermo e vixésimo torneo de verán de Muimenta lograba su-perar o centenar de persoas inscritas nun total de dez categorías cando as citas do tenis lucenses teñen experi-mentado un descenso na afluencia de xogadores e xogadoras.Con todo, o Open Hermo mantense como un referente provincial e galego e, en especial, para as mulleres; xa que “neste torneo chegaron a completar-se dúas categorías femininas”, segun-do recordan dende a organización a cargo do Club de Tenis Muimenta.Jesús Bouza volvía a facerse co títu-lo de campión na categoría senior masculino, mentres que na categoría feminina o título era para María Berini ao impoñerse a María Sicre.En Veteranos +45 Masculino Sergio Gutierrez impúxose a Fernando de Pablos e no +55 De Pablos impúxose a Ramiro Llaneza.En Cadete masculino o tenis local impúxose ao leonés Sergio Gutierrez; mentres que este ser impoñía en in-fantil masculino ao canario Ismael Freire. En Alevín Mixto o campión foi Diego Luaces fronte ao lucense An-drés Pereiro e na consolación desta

categoría Lucas Valín gañaba o seu partido ante Ariana Vázquez. Nas categorías sociais, en senior mas-culino Javier Freire impúxose a Dian Hortas e no feminino Rosalía Montero a Andrea Maseda. No dobres a parella Elio López / Javier Morán vencía a Mi-guel Morán / José Carreiras.“Gran tenis” durante toda a semana con bo tempo e gran afluencia de

público ata rematar cos aperitivos e a entrega de trofeos artesáns realiza-dos pola artista local María Novo.Ao longo da semana tamén se podía ver a exposición “Recordos” coa que se conmemoran os 25 anos de histo-ria do club que agradece a Discoteca Hermo o patrocinio deste torneo “sen o que moi difícilmente puidera ter chegado ata aquí”.

O Open Hermo remataba coa entrega de premios aos finalistas.

O torneo de fútbol burbulla 3x3 alcanzaba a segunda edición.

O CERCUD de Baamonde recibía ao fútbol burbulla

Shalke Temeto lograba o campiona-to da segunda edición do torneo 3×3 de “Fútbol Burbulla” que se celebraba o sábado 12 de agosto no CERCUD de Baamonde no que participaban oito equipos -dous deles mixtos- de

Baamonde, Rábade, Lugo, Begonte, Guitiriz e A Coruña.Os segundos clasificados eran DAM 3XL e terceiros Frenahaybaçhe -mix-to-. Os tres primeiros clasificados recibiron cadanseu trofeo e vales

agasallo dunha tenda deportiva. Pero os demais participantes tamén recibían medallas: Raio Pataqueiro, cuarto; Os da Bertolina, quintos; Ji-sotes, sextos; Sachanahora, sétimos; e M101, oitavos.

Nace o Vilalba FS feminino que competirá en Primeira Galicia Feminina 17/18Por primeira vez na historia, o Vilal-ba F.S. contará cun equipo feminino.E o pavillón municipal acollía o sá-bado 9 de setembro o encontro da súa presentación ante o Castro FSF que remataba cun empate a 4 goles.Nun espectacular partido disputa-do ante máis de 300 persoas, a di-ferenza de categoría entre os dous equipos nin os poucos adestra-mentos que levan feitos as rapazas dirixidas por Jose e Miguel non se chegaron a aprezar sobre a cancha.O equipo vilalbés militará na Primei-ra Galicia feminina de ámbito pro-vincial que comezará en outubro.O presidente do club, Álvaro Fraga, asegura que “temos moita ilusión neste equipo. Xa barallabamos a creación da sección feminina nos últimos tres anos, pero foi agora co empurrón das xogadoras vilalbesas Antía e Sabela cando se fixo posible”. A iniciativa tivo moi boa acollida non só en Vilalba, senón tamén no

resto da comarca dende onde se puxeron en contacto con nós moi-tas rapazas, pais e nais”. Así, contan cun bo grupo co que realizar unha boa temporada e converterse nun referente no fútbol sala feminino da comarca chairega.

V Memorial Francisco Javier GonzálezA pesar de que tamén estaba pre-vista a celebración do V Memorial Francisco Javier González, vén de ser aprazado por causas alleas á vontade do Vilalba F.S. “Debido á celebración nestas datas dos oita-vos de final da XXVII Copa Galicia de Fútbol Sala para as que o Vilalba F.S. está clasificado foi imposible conse-guir un equipo da talla que merece a homenaxe”, segundo apunta a directiva do club que “xa está bara-llando varias datas e equipos para a celebración do Memorial”.

Vilalba FS feminino 17/18.

Oito equipos participaban na segunda edición deste torneo 3x3 de fútbol burbulla

27setembro 2017actualidade

RECOMENDACIÓNS

Telúrica, Xosé Otero CantoAlvarellos Editorial

que ler?

Estamos ante o primeiro disco da formación madrileña encabeza pola compositora, vocalista e pianista Carolina de Juan (Nina), este traballo lanzouse no primeiro trimestre do 2016, e deu nome a xira que está a levar a cabo o grupo ao longo de todo o estado (aínda temos ocasión de velos en pleno directo en Galicia o vindeiro 10 de novembro no Playa Club de A Coruña). O disco que temos ante nos resume a perfección o estilo musical do grupo, unha mistura de soul, countrie e blues. As cancións de este disco están escritas e interpretadas en inglés a excepción da última do album “volver” que está creada en castelán, en total suman trece composicións e preto dunha hora de cálida música

Morgan: “North”

que escoitar?

Título orixinal: La región salvaje. Ano: 2016. Duración: 100 min. Xénero: Terror. Drama. Fantástico. Ciencia ficción. Extraterrestres. Homosexualidad. Drama psicolóxico. País: México. Productora: Coproducción México-Dinamarca-Francia-Alemania-Noruega-Suiza; Mantarraya Producciones / Adomeit Film / Bord Cadre Films / Le Pacte / Match Factory Productions / Mer Film / Pimienta Films / Snowglobe Films.

Director: Amat Escalante. Guion: Amat Escalante, Gibrán Portela. Música: Igor Figueroa, Fernando Heftye. Fotografía: Manuel Alberto Claro. Reparto: Simone Bucio, Ruth Jazmín Ramos, Jesús Meza, Edén Villavicencio, Kenny Johnston.

Premios 2016: Mellor Director (Festival de Venecia) e sección oficial Festival de La Habana.

Alejandra é unha nai moza e ama de casa que cría aos seus fillos xunto ao seu marido Ángel nunha pequena cidade de México. O seu irmán Fabián é enfermeiro nun hospital local. As súas vidas provincianas son alteradas coa chegada da misteriosa Verónica. O sexo e o amor son fráxiles en certas rexións onde existen os valores familiares e a hipocresía, a homofobia, e o machismo son fortes. Verónica convénceos de que nun bosque cercana, nunha cabaña illada, existe algo que non é deste mundo pero que é a respuesta a todos os seus problemas, algo a cuxa forza non se poden resistir e co que deben facer paz ou sufrir a súa ira.

‘La región salvaje’, dirixida por Amat Escalante

que ver?

Orencio FontelaPresidente da Asociación de

Empresarios de Muimenta

a elección de...

un discoun libro

Aprendiz de sabio, Bernabé

Tierno

“Lo niego

todo”, Joaquín Sabina

unha personaxe históricaunha película

un sitio onde vivirun lugar para visitar

unha comida unha bebida

‘Invictus’, dirixida

por Clint Eastwood

Pablo Iglesias Posse,

fundador do PSOE

e UGT

A Mariña lucense Muimenta

Chuletón de boi no seu punto

Un bo tinto. Da Ribeira do Douro,

por exemplo.

Telúrica é un berro que sae do profundo, unha forza que se revira contra nós e que participa da terra. Herdeiro da mellor tradición poética dunha comarca tan literaria coma a da Terra Chá, Xosé Otero Canto penetra como “o lume nas entrañas” na terra convertida en “corpo sacratísimo dos nosos”, mais tamén “sementada de luz” e “bébeda de auga”, unha terra moura que agroma en verde, tatuada e esculpida en vento. Nestes poemas, a riqueza léxica actúa cun brío fortificado ante o bastión inexpugnable do Telúrico. Xosé Otero Canto logrou coa solidez enérxica da palabra o Primeiro Premio do Certame Literario do Concello de Vilalba na súa edición nº 42 (2016).O presente volume enriquécese coas ilustracións de José María Lugilde.

O Cabreiros faise co XII Trofeo Manuel González

Nace o Vilalba FS feminino que competirá en Primeira Galicia Feminina 17/18

Vilalba FS feminino 17/18.

28 setembro 2017 sociedade

O Concello de Friol ten presente aos mozos e mozas do municipio a través do financiamento do Noitebús cara a Melide para evitar o uso do vehículo propio e do transporte educativo cara centros de Lugo e Guitiriz. Con todo, a maiores o venres 25 de agosto celebraba a Festa da Xuventude financiada polo Concello coa colaboración de AGADIC. A programación incluía churrascada e pancetada antes da música da orquestra Marbella e o grupo Tequila.

Sabrina Pérez López, do IES A Pinguela de Monforte, presumía de terra dacordo co lema do III Concurso de Redacción Xornalística Mariña Folgueira de Reigosa coa súa redacción “A verdadeira historia da Ribeira Sacra” obtendo o primeiro premio de secundaria. Ana Álvarez Amieiro, do IES Fontem Albei da Fonsagrada impúxose no primeiro ciclo. E na categoría de segundo ciclo de primaria o gañador foi Marcos Eiros Penedo, do CEIP O Salvador da Pastoriza, e no terceiro ciclo a gañadora foi Paula Parada Diéguez, do CPI San Tomé do Carballo de Taboada. Todos os premiados recibiron o 16 de agosto un diploma, un lote de libros e unha tablet. O centro da alumna máis votada, neste caso o IES A Pinguela de Monforte, tamén recibirá cunha escultura (Peiteando o porvir) do lucense Luís Loureira, unha peza de madeira de nogueira e ferro esmaltado e pintado.

A carballeira de Mosteriro acollía o 24 de agosto a XXXIV a Festa ao Emigrante na que participaban arredor de 2.000 persoas que puideron degustar unha xovenca asada. A xornada comezaba co pregón do exfutbolista galego do Deportivo, Real Madrid e Sevilla, Paco Buyo; para deixar paso ao descubrimento dunha placa conme-morativa antes dunha sesión vermú seguida do xantar, xogos tradicionais con Xotramu e demostración de tear da man do CENTRAD antes de pechar a festa cunha gran verbena.

A agrupación de música e baile tradicional Os Valuros de Castro de Rei celebraron o seu vixésimo terceiro festival na carballeira de Castro coa participación da asociación Río Miño de Portomarín e a agrupación Folliñas de Oleiros. Pero durante as últimas semanas tamén participa-ron nos Domingos Folclóricos de Portomarín, nas festas de Ombreiro, na Festa da Malla de Meira e nas festas de Bestar e Ponte Vilar.

Con actividades deportivas no río Ladra a cargo de Non Estreses comezaba a xornada do Festival 27373 que contaba coa a Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira para facer unha demostración de fiado de lá e liño, canto e música tradicional. Son de Lugh, grazas ao programa Musiqueando da Área de Cultura da Deputación de Lugo, poñía música tradicional na sesión vermú antes do VI Aberto de Billarda e o espectáculo do mago Antón. Xa pola caída do sol, Ezetaerre (A Coruña), Young Murajazz Big Band - pertencentes á escola de Música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei- e Airiños da Freba poñían animación musical para pechar a sexta edición. O festival contou con cervexa oficial -de trigo e laranxa- elaborada nas instalacións de Aloumiña.

Amigos da Feira recrearon en Castro de Rei os labores da malla tradicional. Comezaron coa sega a finais de xullo para facer a mesa a comezos de agosto e deixar a malla para finais de mes. A xornada contou cun xantar coma o das mallas de antano e cunha festa animada por un dúo musical.

29setembro 2017sociedade

A cooperativa Terras do Miño (Bretoña, A Pastoriza) acollía un dos obradoiros do ciclo sobre “Comunicación nas cooperativas” organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) dentro da Rede Eusumo para a promoción da economía social e o emprendemento. Cuestións como as linguaxes verbal e non verbal, a expresión corporal, a escoita activa ou a influencia do estado de ánimo do comunicador na súa men-saxe abriron a xornada, impartida por unha técnica de Agaca especializada en coaching.

Un cento de veciños e veciñas de Rigueira, na Pastoriza, participaron na súa tradicional comida anual no local social onde aproveitaron para inaugurar unha mostra fotográfica permanente que recolle imaxes dos labores agrícolas, festas, feiras e procesións, entre outras, anteriores á década dos 80. A xornada contou coa música de Nubeiro -grazas ao programa ‘Musiqueando’ da Deputación Provincial-, torneos de tute e algunha partida aos bolos para os que recuperaron as pedras exteriores propias deste xogo.

Bretoña celebraba as súas festas grandes entre o venres 18 e o domingo 20 de agosto cando o grupo Pingarela ofrecía un pasarrúas grazas ao programa ‘Musiqueando’ da Deputación. O venres 8 de setembro veciños, veciñas e convidados celebraron de novo o día da patroa cun xantar no campo da festa, xogos populares e tamén animación musical.

Artesanía, cabalos, carreiras, bicicletas, xogos infantís, sorteos, carrilanas, exhibición de tiro con arco e esculturas con motoserras, concurso de sega con gadaña, queimada e música na XXVII Romaría Labrega da Chaira dos Vilares (Guitiriz). Sony FePe

Nenas e nenos do concello de Abadín visitaron o Museo Pedagoxico “Escola vella de Muimenta” nunha das actividades organizada pola Aula Etnográfica de Corvite dentro do campamento de verán que acollía entre os meses de xullo e agosto. Ao final da visita, puideron disfrutar de xogos e xoguetes da Asociación “Xotramu” ao carón da igrexa vella de Muimenta restaurada polos veciños e veciñas da parroquia.

Xermade celebraba a Festa das Persoas Maiores cun xantar no pavillón municipal que contaba con animación musical. Como é habitual tamén se recoñecía aos participantes de maior idade -Alejandro Ares, de Xermade, e Julia Pico, de Roupar- ademais de facer entrega de agasallos a todos os participantes e o sorteo doutros doados por diferentes empresas.

Sabrina Pérez López, do IES A Pinguela de Monforte, presumía de terra dacordo co lema do III Concurso de Redacción Xornalística Mariña Folgueira de Reigosa coa súa redacción “A verdadeira historia da Ribeira Sacra” obtendo o primeiro premio de secundaria. Ana Álvarez Amieiro, do IES Fontem Albei da Fonsagrada impúxose no primeiro ciclo. E na categoría de segundo ciclo de primaria o gañador foi Marcos Eiros Penedo, do CEIP O Salvador da Pastoriza, e no terceiro ciclo a gañadora foi Paula Parada Diéguez, do CPI San Tomé do Carballo de Taboada. Todos os premiados recibiron o 16 de agosto un diploma, un lote de libros e unha tablet. O centro da alumna máis votada, neste caso o IES A Pinguela de Monforte, tamén recibirá cunha escultura (Peiteando o porvir) do lucense Luís Loureira, unha peza de madeira de nogueira e ferro esmaltado e pintado.

A agrupación de música e baile tradicional Os Valuros de Castro de Rei celebraron o seu vixésimo terceiro festival na carballeira de Castro coa participación da asociación Río Miño de Portomarín e a agrupación Folliñas de Oleiros. Pero durante as últimas semanas tamén participa-ron nos Domingos Folclóricos de Portomarín, nas festas de Ombreiro, na Festa da Malla de Meira e nas festas de Bestar e Ponte Vilar.

A Asociación Cultural A. Iglesia Alvariño, un ano máis, organizou a xa “veterana” Festa do Río que contaba con xantar e sesións de xogos tradicionais organizados por Xotramu entre os que destacou o de “tiro á corda”. Pero tamén houbo baile ata pechar a festa á noitiña.

30 setembro 2017 servizos

Concursa con

Participa no noso concurso mensual mandando un sms ou whatsapp a 661 46 43 23, dando a resposta que ti creas para acertar coa nosa personaxe do mes. Entre os acertantes sorteamos unha cea para dúas persoas no Restaurante A Nova Ruta.

Como pasa o tempo!Quen é esta rapaza?

Á fronte dunha entidade cultural.

Solución do mes pasadoPaco Ruiz

GañadorNerea Currás Lodeiro

1xaneiro 2017agro

AXENDA DA TERRA CHÁABADÍNConcello: 982 50 80 21Garda Civil: 982 50 80 11Ambulancia: 982 50 81 22Centro de Saúde: 982 50 81 22FarmaciasDíez Roura, E: 982 50 80 58Álvarez Ares, A: 982 50 80 53Centros EducativosCEIP A. Iglesias Alvariño: 982 50 80 17CEIP Moncelos-Moar: 982 50 21 12

A PASTORIZAConcello: 982 33 21 97 / 982 33 21 60Garda Civil: 982 34 90 20Museo Pedagóxico Etnográfico Fernando Villapol: 982 34 92 81Centro de Saúde: 982 33 21 41Farmacias Fazáns Loira: 982 33 20 47 / 661 23 74 83Paz Comendeiro: 982 33 21 61Centros EducativosCEIP de Bretoña: 982 34 91 44CEIP de A Pastoriza: 982 33 22 00IES A Pastoriza: 982 33 20 25

COSPEITOConcello: 982 52 00 01 / 982 50 40 57Secretaría Municipal: 982 52 01 06Rexistro Civil: 982 52 01 56Garda Civíl: 982 52 00 17Xulgado: 982 52 01 56Mirador da Terra Chá: 982 50 30 12Centro de Saúde(cita previa): 982 52 01 20Feira do Monte: 982 50 34 69Consultorio de Muimenta: 982 50 40 57FarmaciasCarracedo Lozano (Feira do Monte): 982 52 00 20Crecente Cabana (Muimenta):982 52 81 47 Centros EducativosCPI Virxe do Monte: 982 52 00 46CEIP de Muimenta: 982 50 40 35

CASTRO DE REIConcello: 982 31 40 34 / 982 31 41 32Garda Civil: 982 31 40 02Inludes: 982 31 00 04Notaría: 982 31 04 03Rexistro Civil: 982 31 40 34Museo Castro de Viladonga: 982 31 42 55Correos: 982 31 01 59Taxis: 982 31 00 88Rios Panisse (Ribeiras de Lea): 982 31 00 58Granxa Gaioso: 982 31 00 04H. Psiquiático San Rafael: 982 31 00 02R. de Anciáns Quavitae: 982 31 01 75Centros de Saúde Castro de Rei: 982 31 41 06Ribeiras de Lea: 982 31 04 34FarmaciasAnsende Castro (Castro de Rei): 982 31 41 51 Centros Educativos:CEIP Nº1 de Riberas de Lea: 982 31 00 03CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei): 982 31 40 03CEIP Veleiro do Campo (Riberas de Lea): 982 31 01 09IES Trapero Pardo: 982 31 03 08

BEGONTEConcello: 982 39 61 43Garda Civil: 982 39 80 08Belén de Begonte: 982 39 61 21Centro de Saúde: 982 39 69 02FarmaciasSalinas Ramil (Begonte): 982 39 60 02Eimil Apenela (Baamonde): 982 39 82 64Centros Educativos CEIP Virxe do Corpiño (Begonte): 982 39 61 33CEIP de Baamonde: 982 39 80 06

XERMADEConcello: 982 50 10 01 / 982 50 20 03

/ 982 50 10 27Garda Civil: 982 50 10 08Centro de Saúde: 982 50 11 34 982 50 10 55Parque Eólico Sotavento: 982 56 37 77Farmacia González Pardo: 982 50 10 17CEIP Xermade: 982 50 10 21Taxi Emilio Calaza: 669 96 88 07

RÁBADEConcello: 982 39 00 62 / 982 39 00 52Xunta de Galicia: 982 39 20 33Garda Civil: 982 39 00 05Correos: 982 39 03 98Centro de Saúde: 982 39 01 01FarmaciaQuinzá-Torroja García: 982 39 01 71Sánchez Pérez Mel, A.M.: 982 39 00 17Centros EducativosCEIP Santo Anxo: 982 39 08 13Colexio Fernández: 982 39 01 28CEIP Otero Pedrayo: 982 39 01 48IES de Rábade: 982 39 06 33

MURASConcello: 982 50 00 01Garda Civil: 982 50 00 20Centro de Saúde: 982 50 01 23FarmaciaCristina Martínez Ruibal: 982 50 00 42CEIP de Muras: 982 50 01 04

GUITIRIZConcello: 982 37 01 09 / 982 37 58 00Xunta de Galicia: 982 37 14 10Garda Civil: 982 37 00 01Servicios Sociais: 982 37 03 80Servicio de Ext. Agraria: 982 37 03 51Cruz Vermella: 982 37 33 11Xulgado de Paz: 982 37 00 28Rexistro Civil: 982 37 00 28C. I. T. Parga: 982 37 30 35Biblioteca: 982 37 06 61Correos: 982 37 04 26Balneario de Guitiriz: 982 02 22 00Balneario de Pardiñas: 982 37 04 26Centro de SaúdeGuitiriz: 982 37 21 10Parga PAC: 982 37 05 00Farmacias Boñar Rei (Guitiriz): 982 37 01 29Susana Méndez (Guitiriz): 982 37 03 80Garrido Gutiérrez (Parga): 982 37 33 08Centros EducativosCEIP Lagostelle: 982 37 03 12CEIP Santo Estevo (Parga): 982 37 30 34IES Poeta Díaz Castro: 982 37 00 26

VILALBAConcello: 982 51 03 05 / 982 51 07 16Policía Local: 982 51 07 67 / 608 08 00 50Garda Civil: 982 51 03 07Protección Civil: 982 51 25 95 659 49 49 69Cruz Vermella: 982 51 13 03 982 51 04 13Servicio Municipal de Augas: 982 51 25 46Servicio Municipal de Limpeza: 677 47 57 30Gardería Municipal: 982 51 28 64Piscina Municipal: 982 51 25 30Auditorio-Conservatorio: 982 51 28 88Casa da Cultura e Turismo: 982 51 24 56Casa da Xuventude: 982 51 06 10Museo da Prehistoria: 982 51 13 83Oficina Comarcal da Xunta: 982 51 22 18Fundación Terra Chá: 982 51 23 69Oficina de Emprego: 982 51 18 11Xulgado nº1: 982 51 01 58Xulgado nº2: 982 51 00 02Correos: 982 51 08 06Instituto Nacional da Seguridade Social: 982 52 32 61Notaría: 982 51 07 89Rexistro Civil: 982 51 03 68Rexistro da Propiedade: 982 51 03 15Centro de Servizos Sociais: 982 51 01 35Hospital Asilo: 982 51 00 06Casa Rectoral: 982 51 04 06Taxis: 982 51 04 28Centro de Saúde(cita previa): 982 51 03 11Farmacias Teresa Castro: 982 51 00 13Francisco Martín: 982 51 05 66Olga del Caño: 982 51 00 05Ana España: 982 51 00 03Milagros Seoane: 982 88 77 74Isabel García: 982 88 72 56Centros EducativosCEIP Ínsua Bermúdez: 982 51 07 21CEIP Mato Vizoso: 982 51 05 02Fillas de María Mediadora: 982 51 02 69IES Basanta Silva: 982 51 21 60IES Peña Novo 982 51 09 51CEIP de Vilalba: 982 51 11 64EPA de Vilalba: 982 51 00 22CEIP do Santo (Árbol) 982 50 22 02CEIP Monseivane (Lanzós): 982 51 14 04CEIP Castelao (Belesar): 982 51 14 05

FRIOLConcello: 982 37 50 01Garda Civil : 982 37 50 02Museo San Paio de Narla: 982 37 51 56 Centro de Saúde: 982 37 10 98Cita Previa 982 37 10 05 FarmaciasSagarra : 982 37 50 10Centros educativosC.P.I Dr López Suárez: 982 82 81 80

OUTEIRO DE REIConcello: 982 39 32 81 / 982 39 30 55Garda Civil: 982 39 00 05Ambulancia: 982 23 16 13Centro de Saúde: 982 39 25 98Cita previa: 982 39 32 67P.A.C.: 982 39 34 00 Farmacias Cortizas (Guillar): 982 24 92 20 Penas (Outeiro de Rei): 982 39 32 62Centros educativosC.E.I.P. Laverde Ruíz: 982 39 34 10

MEIRAConcello: 982 33 01 02Garda Civil: 982 33 00 04Cita previa: 982 33 02 40 Centro de Saúde: 982 35 69 27 Farmacias Elena Mato: 982 33 00 05Patricia Aguirre: 982 33 10 18Centros educativosC.E.I.P. Poeta Avelino Díaz: 982 87 05 35I.E.S. Pedregal de Irimia: 982 87 05 20

POLConcello: 982 34 50 29Garda Civil: 982 33 00 04Centro de Saúde: 982 34 59 20 982 34 53 76FarmaciaMosteiro- Pol: 982 34 52 01 Centros educativos C.E.I.P. Rosalía de Castro: 982 34 50 63

Teléfonos de intereseEmerxencias: 112Urxencias Sanitarias: 061Incendios Forestais: 085Garda Civil: 062

Concursa con

Participa no noso concurso mesual mandando un

sms ou whatsapp a 606 86 33 22, dando a resposta

que ti creas para acertar coa nosa persoaxe do mes.

Entre os acertantes sorteamos unha cea para dúas

persoas no Restaurante A Nova Ruta.

Como pasa o tempo!Quen é este rapaz?

PistaA fronte dunha asociación chairega

Solución do mes pasadoÓscar González Pardo

Gañador: Susana Vázquez Rouco

31setembro 2017cultura1xaneiro 2017agro

AXENDA DA TERRA CHÁABADÍNConcello: 982 50 80 21Garda Civil: 982 50 80 11Ambulancia: 982 50 81 22Centro de Saúde: 982 50 81 22FarmaciasDíez Roura, E: 982 50 80 58Álvarez Ares, A: 982 50 80 53Centros EducativosCEIP A. Iglesias Alvariño: 982 50 80 17CEIP Moncelos-Moar: 982 50 21 12

A PASTORIZAConcello: 982 33 21 97 / 982 33 21 60Garda Civil: 982 34 90 20Museo Pedagóxico Etnográfico Fernando Villapol: 982 34 92 81Centro de Saúde: 982 33 21 41Farmacias Fazáns Loira: 982 33 20 47 / 661 23 74 83Paz Comendeiro: 982 33 21 61Centros EducativosCEIP de Bretoña: 982 34 91 44CEIP de A Pastoriza: 982 33 22 00IES A Pastoriza: 982 33 20 25

COSPEITOConcello: 982 52 00 01 / 982 50 40 57Secretaría Municipal: 982 52 01 06Rexistro Civil: 982 52 01 56Garda Civíl: 982 52 00 17Xulgado: 982 52 01 56Mirador da Terra Chá: 982 50 30 12Centro de Saúde(cita previa): 982 52 01 20Feira do Monte: 982 50 34 69Consultorio de Muimenta: 982 50 40 57FarmaciasCarracedo Lozano (Feira do Monte): 982 52 00 20Crecente Cabana (Muimenta):982 52 81 47 Centros EducativosCPI Virxe do Monte: 982 52 00 46CEIP de Muimenta: 982 50 40 35

CASTRO DE REIConcello: 982 31 40 34 / 982 31 41 32Garda Civil: 982 31 40 02Inludes: 982 31 00 04Notaría: 982 31 04 03Rexistro Civil: 982 31 40 34Museo Castro de Viladonga: 982 31 42 55Correos: 982 31 01 59Taxis: 982 31 00 88Rios Panisse (Ribeiras de Lea): 982 31 00 58Granxa Gaioso: 982 31 00 04H. Psiquiático San Rafael: 982 31 00 02R. de Anciáns Quavitae: 982 31 01 75Centros de Saúde Castro de Rei: 982 31 41 06Ribeiras de Lea: 982 31 04 34FarmaciasAnsende Castro (Castro de Rei): 982 31 41 51 Centros Educativos:CEIP Nº1 de Riberas de Lea: 982 31 00 03CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei): 982 31 40 03CEIP Veleiro do Campo (Riberas de Lea): 982 31 01 09IES Trapero Pardo: 982 31 03 08

BEGONTEConcello: 982 39 61 43Garda Civil: 982 39 80 08Belén de Begonte: 982 39 61 21Centro de Saúde: 982 39 69 02FarmaciasSalinas Ramil (Begonte): 982 39 60 02Eimil Apenela (Baamonde): 982 39 82 64Centros Educativos CEIP Virxe do Corpiño (Begonte): 982 39 61 33CEIP de Baamonde: 982 39 80 06

XERMADEConcello: 982 50 10 01 / 982 50 20 03

/ 982 50 10 27Garda Civil: 982 50 10 08Centro de Saúde: 982 50 11 34 982 50 10 55Parque Eólico Sotavento: 982 56 37 77Farmacia González Pardo: 982 50 10 17CEIP Xermade: 982 50 10 21Taxi Emilio Calaza: 669 96 88 07

RÁBADEConcello: 982 39 00 62 / 982 39 00 52Xunta de Galicia: 982 39 20 33Garda Civil: 982 39 00 05Correos: 982 39 03 98Centro de Saúde: 982 39 01 01FarmaciaQuinzá-Torroja García: 982 39 01 71Sánchez Pérez Mel, A.M.: 982 39 00 17Centros EducativosCEIP Santo Anxo: 982 39 08 13Colexio Fernández: 982 39 01 28CEIP Otero Pedrayo: 982 39 01 48IES de Rábade: 982 39 06 33

MURASConcello: 982 50 00 01Garda Civil: 982 50 00 20Centro de Saúde: 982 50 01 23FarmaciaCristina Martínez Ruibal: 982 50 00 42CEIP de Muras: 982 50 01 04

GUITIRIZConcello: 982 37 01 09 / 982 37 58 00Xunta de Galicia: 982 37 14 10Garda Civil: 982 37 00 01Servicios Sociais: 982 37 03 80Servicio de Ext. Agraria: 982 37 03 51Cruz Vermella: 982 37 33 11Xulgado de Paz: 982 37 00 28Rexistro Civil: 982 37 00 28C. I. T. Parga: 982 37 30 35Biblioteca: 982 37 06 61Correos: 982 37 04 26Balneario de Guitiriz: 982 02 22 00Balneario de Pardiñas: 982 37 04 26Centro de SaúdeGuitiriz: 982 37 21 10Parga PAC: 982 37 05 00Farmacias Boñar Rei (Guitiriz): 982 37 01 29Susana Méndez (Guitiriz): 982 37 03 80Garrido Gutiérrez (Parga): 982 37 33 08Centros EducativosCEIP Lagostelle: 982 37 03 12CEIP Santo Estevo (Parga): 982 37 30 34IES Poeta Díaz Castro: 982 37 00 26

VILALBAConcello: 982 51 03 05 / 982 51 07 16Policía Local: 982 51 07 67 / 608 08 00 50Garda Civil: 982 51 03 07Protección Civil: 982 51 25 95 659 49 49 69Cruz Vermella: 982 51 13 03 982 51 04 13Servicio Municipal de Augas: 982 51 25 46Servicio Municipal de Limpeza: 677 47 57 30Gardería Municipal: 982 51 28 64Piscina Municipal: 982 51 25 30Auditorio-Conservatorio: 982 51 28 88Casa da Cultura e Turismo: 982 51 24 56Casa da Xuventude: 982 51 06 10Museo da Prehistoria: 982 51 13 83Oficina Comarcal da Xunta: 982 51 22 18Fundación Terra Chá: 982 51 23 69Oficina de Emprego: 982 51 18 11Xulgado nº1: 982 51 01 58Xulgado nº2: 982 51 00 02Correos: 982 51 08 06Instituto Nacional da Seguridade Social: 982 52 32 61Notaría: 982 51 07 89Rexistro Civil: 982 51 03 68Rexistro da Propiedade: 982 51 03 15Centro de Servizos Sociais: 982 51 01 35Hospital Asilo: 982 51 00 06Casa Rectoral: 982 51 04 06Taxis: 982 51 04 28Centro de Saúde(cita previa): 982 51 03 11Farmacias Teresa Castro: 982 51 00 13Francisco Martín: 982 51 05 66Olga del Caño: 982 51 00 05Ana España: 982 51 00 03Milagros Seoane: 982 88 77 74Isabel García: 982 88 72 56Centros EducativosCEIP Ínsua Bermúdez: 982 51 07 21CEIP Mato Vizoso: 982 51 05 02Fillas de María Mediadora: 982 51 02 69IES Basanta Silva: 982 51 21 60IES Peña Novo 982 51 09 51CEIP de Vilalba: 982 51 11 64EPA de Vilalba: 982 51 00 22CEIP do Santo (Árbol) 982 50 22 02CEIP Monseivane (Lanzós): 982 51 14 04CEIP Castelao (Belesar): 982 51 14 05

FRIOLConcello: 982 37 50 01Garda Civil : 982 37 50 02Museo San Paio de Narla: 982 37 51 56 Centro de Saúde: 982 37 10 98Cita Previa 982 37 10 05 FarmaciasSagarra : 982 37 50 10Centros educativosC.P.I Dr López Suárez: 982 82 81 80

OUTEIRO DE REIConcello: 982 39 32 81 / 982 39 30 55Garda Civil: 982 39 00 05Ambulancia: 982 23 16 13Centro de Saúde: 982 39 25 98Cita previa: 982 39 32 67P.A.C.: 982 39 34 00 Farmacias Cortizas (Guillar): 982 24 92 20 Penas (Outeiro de Rei): 982 39 32 62Centros educativosC.E.I.P. Laverde Ruíz: 982 39 34 10

MEIRAConcello: 982 33 01 02Garda Civil: 982 33 00 04Cita previa: 982 33 02 40 Centro de Saúde: 982 35 69 27 Farmacias Elena Mato: 982 33 00 05Patricia Aguirre: 982 33 10 18Centros educativosC.E.I.P. Poeta Avelino Díaz: 982 87 05 35I.E.S. Pedregal de Irimia: 982 87 05 20

POLConcello: 982 34 50 29Garda Civil: 982 33 00 04Centro de Saúde: 982 34 59 20 982 34 53 76FarmaciaMosteiro- Pol: 982 34 52 01 Centros educativos C.E.I.P. Rosalía de Castro: 982 34 50 63

Teléfonos de intereseEmerxencias: 112Urxencias Sanitarias: 061Incendios Forestais: 085Garda Civil: 062

Concursa con

Participa no noso concurso mesual mandando un

sms ou whatsapp a 606 86 33 22, dando a resposta

que ti creas para acertar coa nosa persoaxe do mes.

Entre os acertantes sorteamos unha cea para dúas

persoas no Restaurante A Nova Ruta.

Como pasa o tempo!Quen é este rapaz?

PistaA fronte dunha asociación chairega

Solución do mes pasadoÓscar González Pardo

Gañador: Susana Vázquez Rouco

AXENDA CULTURAL

eventosexposicións

Tras unha infancia e posterior xuventude chea de debuxo, pintura e cor, prodúcese unha larga pausa creativa, quedando moito que amosar e

experimentar.Metrocuadrado xurde da necesidade de liberación interna de Alain Fondo, plasmada en forma de pincelada, textura, cor, luz… unha volta ao pasado.

metrocuadrado m²Vilalba - ata o 21 de setembro - Casa da

Cultura

Máis en: terrachaxa.com

teatro

Mal social (Ardora)Guitiriz - 16 de setembro (17.30 horas) - Casa Habanera

concursos

O Concello de Xermade, a Asociación Veciñal de Cabreiros e a Facultade de CC da Educación da Universidade de Santiago convocan, por cuarto ano consecutivo, o IV Premio de investigación Xermade na historia. As persoas interesadas poderán

participar a nivel individual ou como colectivo con cantos traballos desexen. Con todo, os traballos deberán relacionarse co patrimonio etnográfico e cultural do Concello de Xermade (tradicións, festas, ritos, arte popular, lendas, memoria histórica,

literatura oral, costumes, etc.). O primeiro premio está dotado con 2.000 euros e o segundo, con 1.000 euros.

IV Premio de Investigación Xermade na Historia ata o 16 de febreiro

O Concello de Xermade, a través da concellería de Xuventude e Educación, convoca un concurso de fotografía dixital no que os participantes poden achegar ata un máximo de tres fotografías amosando recursos patrimoniais do municipio (naturais e

paisaxísticos, agrogandeiros, industriais, arquitectónicos, etnográficos, arqueolóxicos, gastronómicos, etc.) dun xeito atractivo e con gran calidade técnica e artística. Nesta ocasión as fotografías requeridas para o concurso deben ser desta época do ano:

primavera-verán. As bases do concurso atópanse no portal web www.xermadeenfotos.org onde se poderán tamén subir as fotografías.

II Concurso de Fotografía Dixital #xermadeenfotosata o 15 de setembro

II Premio de Investigación Histórica, Cultural e Etnográfica de Friolata o 30 de xaneiro

O Concello de Friol convoca o II Premio de Investigación Histórica, Cultural e Etnográfica dotado con 2.000 euros o primeiro premio e 500, o segundo. Os interesados e interesadas poderán participar a nivel individual ou como colectivo e presentar

cantos traballos queiran sobre temas relacionados co patrimonio etnográfico e cultural -costumes, festexos, lendas, memoria histórica, tradicións, literatura oral do municipio, etc-. A extensión dos mesmos será dun mínimo de 50 folios e un máximo de

400 escritos en lingua galega.

A mostra con pinturas da vilalbesa Carmen Mato organizada polo IESCHA conta cun total de 44 cadros ao óleo sobre distintos materiais -lenzo, tabla,

aglomerado ou madeira- e de temática variada. Estrutúrase en sete apartados: andaluzas, mariñas, abrazos, bodegón, Vilalba, rostros e expresións.

ExpresiónsVilalba - ata o 25 de setembro - Auditorio

Municipal

A VII Feira Indiana contará con preto de 20 profesionais da artesanía que amosarán ao público distintos oficios tradicionais, así como outros 20 postos con produtos da zona á venda. Ao longo da xornada haberá visitas guiadas á casa museo da Liga

Santaballesa, exposicións etnográficas e fotográficas, actividades infantís, espectáculos teatrais e actuacións musicais ademais do partido benéfico entre Ardebullo FC e a Liga Santaballesa CF, xantar e queimada para rematar a xornada cunha foliada.

VII Feira IndianaVilalba - 16 de setembro - Santaballa

Margaret Garrard, Jérôme Blanc e Adrián Pena amosarán as súas técnicas na décimo sétima edición do EncontroInternacional de Torneiros da Madeira en Xermade entre o venres 22 e o domingo 24 de setembro no pavillón municipal de

Xermade que acollerá tamén exposicións de pezas torneadas e venda de ferramentas.

XVII Encontro Internacional de Torneiros da MadeiraXermade - do 22 ao 24 de setembro - Pavillón Municipal

Máis dunha hora de espectáculo concibido para todo tipo de público no que se suceden a un ritmo trepidante ducias de xogos de maxia, todos eles de creación propia do Mago Antón.

Onde está o mago Antón?Friol - 22 de setembro (18.00 horas) - Praza Andón Cebreiro

Alba. A casa pechada (Nostrum Cai)Begonte - 30 de setembro (18.30 horas) - Casa da Cultura

Organiza a APA do Colexio Público Ramón Falcón.

A troita do Miño (Ti e Máis Eu Teatro)Castro de Rei - 23 de setembro (18.00 horas) - Teleclub

Borralliña (Os Palimoquiños)Outeiro de Rei - 24 de setembro (12.00 horas) - Casa da

Cultura

Organiza a Asociación Cultural Leña Verde de Pol.

A herdanza de Xan (Augas do Sil)Pol - 30 de setembro (22.00 horas) - Centro Sociocultural

de Mosteiro

O parto de Calandrino (Teatro Lucho Hospital Xeral - Calde)

Rábade - 23 de setembro (18.00 horas) - Centro Sociocultural

Coa colaboración do Club de Atletismo Friol, o Concello pon en marcha a Andaina Popular Concello de Friol o sábado 23 de setembro con saída ás once da mañá dende a Casa do Concello ata chegar á Torre de San Paio. A inscrición é gratuíta e pode

formalizarse ata o 20 de setembro. Inclúe unha camiseta de agasallo.

Andaina Popular Concello de FriolFriol - 23 de setembro (11.00 horas)

Concurso de gando, concurso morfolóxico de PURAGA, exhibición de andadura libre de PURAGA, carreira de cabalos, exposición de maquinaria e de razas autóctonas, exhibicións caninas, actividades infantís -con paseos a cabalo-, exposición fotográfica

“30 anos de feira”, degustación gratuíta de carne de poldro e música ao longo da xornada cunha charanga e á noite cun grupo musical. A maiores desta programación, tres establecementos de Muras servirán tapas de poldro na fin de semana anterior á feira e tamén os días previos sorteando entre os participantes 3 entradas para o Spa Attica 21 de Santaballa. Tamén haberá unha charla

sobre a coexistencia do gando e o lobo o venres 15 e un roteiro polo Xistral e xogos ecuestres o sábado 23.

XXX Feira do Poldro e do Gando do MonteMuras - 24 de setembro - Alto da Gañidoira

Escolma está composta por 17 pinturas seleccionadas polo propio artista Randolfe Vilariño, exclusivamente para esta exposición, na que se recolle

un anaco da súa traxectoria, así como os diferentes estilos, formas, cores e temáticas -entre as que a figura feminina ou a vexetación son recorrentes,

ademais da violencia de xénero-.

EscolmaLugo - ata o 15 de outubro - Refectorio do

Museo Provincial

Buxiganga 2017

A panxoliña máis fermosa (Grupo Humorístico Trípode)

Vilalba - 23 de setembro (20.00 horas) - Casa Escola da Liga Santaballesa

C o mo xa apuntamos noutras ocasións, o reaproveitamento de bens patrimoniais para a construción de outros

novos foi unha práctica xeralizada durante séculos, un hábito directa-mente relacionado coa inexisten-cia da concepción de patrimonio e vinculada á súa vez cos cambios sociais, culturais e ideolóxicos dos distintos períodos da historia. Este aproveitamento, afortunada-mente hoxe en día impensable, formou parte do noso proceso evo-lutivo cultural e artístico, o cal, a pesar de estar incorrendo na des-trución dun elemento cultural an-terior, fálanos tamén do interese que seguiron suscitando moitas destas pezas, conservadas pola súa beleza e singularidade.Neste caso centrámonos na estela funeraria galaicorromana que se atopa na igrexa da Nosa Señora de Bascuas, en San Salvador de Parga (Guitiríz). Neste lugar o monolito foi reutilizado para unha función ben distinta, pasando a formar parte dun dos santuarios romeiros máis coñe-cidos do municipio (con chaves ás que se lles atribuía o poder de curar enfermos da rabia), o cal comparte hoxe en día a súa función coa de museo de arte sacro e popular. Do santuario sabemos que en orixe foi unha capela que se construíu en

tempos do románico, e que os seño-res de Baamonde e Guitiríz patroci-naron a súa ampliación, dotándoo dun novo tramo lonxitudinal para atender as diversas necesidades dos peregrinos. O edificio preséntasenos cunha planta rectangular na que se observa claramente o anexo poste-rior, xa que a antiga fachada quedou oculta e deu paso a un pórtico late-ral, mentres que o campanario foi desviado cara o mesmo lado para permitir a unidade da cuberta. No seu interior é onde atopamos a estela funeraria, colocada a xeito de lintel na porta que comunica a nave prin-cipal da capela coa sancristía.Unha estela funeraria para nada te-ría tal función, pois trátase dun mo-numento monolítico conmemorati-vo a través de imaxe e texto, que se fincarían no chan de xeito vertical marcando o lugar onde estaba en-terrado o defunto. Este fito marcaba un lugar sagrado, á vez que a nova concepción espacial: o máis alá. A decoración variaba segundo as po-sibilidades económicas, mostrando distintos tipos de remates superio-res (rectangular, semicircular ou triangular), imaxes do defunto, sím-bolos xeométricos, arcos, astros, etc.; decoradas incluso por ámbalas dúas caras.A estela das Bascuas, datada do sé-culo III d.C., mantén a súa forma rectangular, aínda que o feito de es-

tar embutida na parede non se nos permite apreciar que tipo de remate superior tería nin tampouco se foi modificada para colocala de tal xei-to. Nela podemos apreciar a dobre división característica, un espazo

enmarcado para a figuración e outro para o epígrafe. Na figuración dis-tinguimos a representación do sol, acompañado simetricamente por dous círculos e coroado pola lúa, mentres que na parte inferior apre-

ciamos dous arcos que, nestes casos, se identifican coas portas do máis alá. Baixo a figuración atopamos a inscrición latina: “D(iis) M(anibus) S(acrum)/SEVERI/NA AN/NO(rum) XCI (nonaginta unius)”; “Consagrada

aos deuses Manes, Severina morta á idade de 91 anos”.Os familiares da defunta consagra-rían a estela a estes deuses roma-nos vinculados co máis alá para que velasen pola súa alma, co des-

exo de perpetuar a súa memoria nun lugar especial. Posiblemente outras estelas acompañasen á de Severina, e o feito de ser un lugar sagrado influíu na construción da capela en épocas posteriores.

O que si sabemos con seguridade é que a Estela de Bascuas é en si mesma un fito representativo da his-toria deste concello chairego, o cal é un dos que máis restos conserva da época da conquista romana.

Descubrindo o patrimonio chairegoCon Miriam Fernández

A estela de Bascuas

A estela funeraria de Bascuas.

O concello de Guitiriz é o chairego que máis restos conserva da época da conquista romana.