asunto: pleno ordinario do...

96
ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012 1 Número 14 - Ano 2012 BORRADOR DA ACTA da sesión ORDINARIA, en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno do Excmo. Concello de Lugo o día 3 de decembro de 2012 No Salón de Sesións do Excmo. Concello de Lugo, ás dezasete horas e catro minutos do día tres de decembro de dous mil doce; baixo a presidencia do Excmo. Sr. Alcalde, DON JOSÉ CLEMENTE LÓPEZ OROZCO, reuníronse os señores concelleiros DON JAIME CASTIÑEIRA BROZ, DONA MARÍA ENCARNACIÓN AMIGO DÍAZ, DON ARCADIO SILVOSA ALONSO, DONA MARÍA LOURDES YÁÑEZ GARCÍA, DON ENRIQUE CEFERINO ROZAS LÓPEZ, DONA ISABEL DEVESA PIÑEIRO, DON MANUEL LÓPEZ FERNÁNDEZ, DONA MARÍA DE LOS ÁNGELES TEIJEIRO GONZÁLEZ, DON ÁNGEL TRABADA GÓMEZ, DONA RAQUEL CASTIÑEIRA CASTELO, DON ANTONIO AMEIJIDE OSORIO, DON JUAN CARLOS PLAZA GÓMEZ, DON JOSÉ RAMÓN GÓMEZ BESTEIRO, ILMA. SRA. DONA SONIA MÉNDEZ GARCÍA, Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educación, ILMA. SRA. DONA MARÍA DEL CARMEN BASADRE VÁZQUEZ, Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, ILMO. SR. DON LUIS MANUEL ÁLVAREZ MARTÍNEZ, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Urbanismo, ILMO. SR. DON MANUEL ENRIQUE CHAÍN FERNÁNDEZ, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Infraestruturas e Medio Rural, DONA MARÍA ESTHER MUÑOZ MELLA, Delegada de Educación, Formación e Orientación Laboral, ILMO. SR. DON JOSÉ MANUEL DÍAZ GRANDÍO, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Deportes, ILMA. SRA. DONA ANA MARÍA GONZÁLEZ ABELLEIRA, Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Benestar Social e Igualdade, ILMO. SR. DON LINO JOSÉ GONZÁLEZ-DOPESO GARCÍA, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Medio Ambiente e Axenda 21, DON XOSÉ ANTÓN BAO ABELLEIRA e DONA PAZ ABRAIRA SOBRADO, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Excmo. Concello Pleno, en primeira convocatoria, conforme á correspondente orde do día. Para os efectos de votación, faise constar que a Corporación municipal está formada por vinte e cinco concelleiros de feito e de dereito, incluído o presidente. Non asiste DON ILMO. SR. DON FRANCISCO JOSÉ FRAGA LÓPEZ. e abandonan o salón de sesións, antes de levantarse esta, DON JOSÉ RAMÓN GÓMEZ BESTEIRO, que o fai durante o debate da moción de urxencia presentada polo Grupo Municipal do Partido Popular, cando son as 20 horas e dez minutos, e DON XOSÉ ANTÓN BAO ABELLEIRA que o fai despois da lectura do epígrafe do asunto 11/145, cando son as 20 horas e 18 minutos. Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de una copia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica. FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013 Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 1/96 NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

Upload: duongtram

Post on 10-Nov-2018

222 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

1

Número 14 - Ano 2012

BORRADOR DA ACTA da sesión ORDINARIA, en primeira convocatoria, cele brada polo Pleno do Excmo. Concello de Lugo o día

3 de decembro de 2012 No Salón de Sesións do Excmo. Concello de Lugo, ás dezasete horas e catro minutos do día tres de decembro de dous mil doce; baixo a presidencia do Excmo. Sr. Alcalde, DON JOSÉ CLEMENTE LÓPEZ OROZCO, reuníronse os señores concelleiros DON JAIME CASTIÑEIRA BROZ, DONA MARÍA ENCARNACIÓN AMIGO DÍAZ, DON ARCADIO SILVOSA ALONSO, DONA MARÍA LOURDES YÁÑEZ GARCÍA, DON ENRIQUE CEFERINO ROZAS LÓPEZ, DONA ISABEL DEVESA PIÑEIRO, DON MANUEL LÓPEZ FERNÁNDEZ, DONA MARÍA DE LOS ÁNGELES TEIJEIRO GONZÁLEZ, DON ÁNGEL TRABADA GÓMEZ, DONA RAQUEL CASTIÑEIRA CASTELO, DON ANTONIO AMEIJIDE OSORIO, DON JUAN CARLOS PLAZA GÓMEZ, DON JOSÉ RAMÓN GÓMEZ BESTEIRO, ILMA. SRA. DONA SONIA MÉNDEZ GARCÍA, Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educación, ILMA. SRA. DONA MARÍA DEL CARMEN BASADRE VÁZQUEZ, Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, ILMO. SR. DON LUIS MANUEL ÁLVAREZ MARTÍNEZ, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Urbanismo, ILMO. SR. DON MANUEL ENRIQUE CHAÍN FERNÁNDEZ, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Infraestruturas e Medio Rural, DONA MARÍA ESTHER MUÑOZ MELLA, Delegada de Educación, Formación e Orientación Laboral, ILMO. SR. DON JOSÉ MANUEL DÍAZ GRANDÍO, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Deportes, ILMA. SRA. DONA ANA MARÍA GONZÁLEZ ABELLEIRA, Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Benestar Social e Igualdade, ILMO. SR. DON LINO JOSÉ GONZÁLEZ-DOPESO GARCÍA, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Medio Ambiente e Axenda 21, DON XOSÉ ANTÓN BAO ABELLEIRA e DONA PAZ ABRAIRA SOBRADO, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Excmo. Concello Pleno, en primeira convocatoria, conforme á correspondente orde do día. Para os efectos de votación, faise constar que a Corporación municipal está formada por vinte e cinco concelleiros de feito e de dereito, incluído o presidente. Non asiste DON ILMO. SR. DON FRANCISCO JOSÉ FRAGA LÓPEZ. e abandonan o salón de sesións, antes de levantarse esta, DON JOSÉ RAMÓN GÓMEZ BESTEIRO, que o fai durante o debate da moción de urxencia presentada polo Grupo Municipal do Partido Popular, cando son as 20 horas e dez minutos, e DON XOSÉ ANTÓN BAO ABELLEIRA que o fai despois da lectura do epígrafe do asunto 11/145, cando son as 20 horas e 18 minutos.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 1/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

2

Dá fe do acto o Secretario Xeral do Pleno, don José Antonio Carro Asorey, e está presente o Interventor Xeral Municipal don Marcial Rodríguez Toajas. Aberto o acto pola Presidencia e da súa orde, éntrase seguidamente no exame da orde do día, e adóptanse, en relación con ela, os seguintes acordos: 1/135 ACTA ANTERIOR .- Examinada a acta da sesión anterior, sométese a votación a súa aprobación, acadándose os seguintes resultados: - Votos a favor: 24, dos seguintes concelleiros adscritos ós tres Grupos Municipais (do Partido Popular, Socialista e do Bloque Nacionalista Galego): - Don José Clemente López Orozco, Excmo. Sr. Alcalde-Presidente (GMS). - Don Jaime Castiñeira Broz (GMPP). - Dona María Encarnación Amigo Díaz (GMPP). - Don Arcadio Silvosa Alonso (GMPP). - Dona María Lourdes Yáñez García (GMPP). - Don Enrique Ceferino Rozas López (GMPP). - Dona Isabel Devesa Piñeiro (GMPP). - Don Manuel López Fernández (GMPP). - Dona María De Los Ángeles Teijeiro González (GMPP). - Don Ángel Trabada Gómez (GMPP). - Dona Raquel Castiñeira Castelo (GMPP). - Don Antonio Ameijide Osorio (GMPP). - Don Juan Carlos Plaza Gómez (GMPP). - Don José Ramón Góméz Besteiro (GMS). - Ilma. Sra. Dona Sonia Méndez García (GMS). - Ilma. Sra. Dona María Del Carmen Basadre Vázquez (GMS). - Ilmo. Sr. Don Luis Manuel Álvarez Martínez (GMS). - Ilmo. Sr. Don Manuel Enrique Chaín Fernández (GMS). - Dona María Esther Muñoz Mella (GMS). - Ilmo. Sr. Don José Manuel Díaz Grandío (GMS). - Ilma. Sra. Dona Ana María González Abelleira (GMS). - Ilmo. Sr. Don Lino José González-Dopeso García (GMS). - Don Xosé Antón Bao Abelleira (GMBNG). - Dona Paz Abraira Sobrado (GMBNG). - Votos en contra: Ningún. - Abstencións: Ningunha. En virtude de todo o cal, o Excmo. Concello Pleno, pola unanimidade dos vinte e catro membros que conforman a Corporación, ACORDA aprobar a acta correspondente á súa sesión ordinaria celebrada o día 5 de novembro de 2012.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 2/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

3

Antes de iniciarse o exame dos restantes asuntos contemplados na orde do día, o Excmo. Sr. Alcalde sinala que, de conformidade co acordado cos voceiros dos Grupo Municipais, o Concello de Lugo se adhire ao MANIFESTO DA FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERIODISTAS DE ESPAÑA , do seguinte teor literal:

“MANIFESTO DA FAPE EN DEFENSA DO XORNALISMO

Se aseguramos que o xornalismo está a atravesar en España a peor crise da súa historia, ninguén poderá dicir que esaxeramos. Poderásenos acusar de ser reiterativos porque desde a FAPE vimos denunciando este desastre, unha e outra vez, nos últimos anos. Nesta denuncia constante, sostivemos e sostemos, como eixe da nosa posición, que o noso país pagará un alto prezo se asiste ó deterioro do sector xornalístico sen tomar medidas que palien a situación. Deixar morrer o xornalismo é como deixar morrer a democracia, porque os medios contribúen ó seu sostemento promovendo o debate cívico, o intercambio de ideas e actuando como contrapoder a fin de evitar os abusos. En termos de emprego, o drama está cuantificado a través do Observatorio da Crise da FAPE que, desde novembro de 2008, vén rexistrando o seu impacto. Cos últimos ERE en editoriais locais e en varios grupos nacionais líderes, como os de EFE e os anunciados en El País e Unidad Editorial, superamos os 8.000 empregos perdidos no periodo de contabilización, o que unido ós anteriores eleva a 10.000 o total de xornalistas en paro. Poderáse afirmar que predicamos no deserto á vista do que segue ocurrindo no noso sector, que non é o único, por suposto, que sofre a grave crise que atenaza o noso país. Pero o noso sector, e pedimos desculpas polo atrevemento, é un sector especial porque a demolición dos seus cimentos afecta directamente á liberdade de información e de expresión, que constitúe a base de todas as demáis liberdades e é o fundamento da dignidade humana. Sabemos o que é un país sen medios independentes, sometidos á censura diaria das súas informacións, con xornalistas encarcelados por exercer a crítica do poder, despedidos por resistirse ás presións e incluso asasinados por tratar de ser independentes. Estamos a vivilo en varios países, algúns deles moi cercanos a nós por lazos históricos e culturais. Sabemos o que significa contratar a xornalistas sen remuneración ou con un salario indigno. Sabemos o que supón para a vitalidade dun país que a súa prensa vaia morrendo pouco a pouco. Sabemos que todos estes factores negativos empobrecen a democracia e abren o paso a impulsos autoritarios, dos que os cidadáns son as principais vítimas. A precariedade laboral e salarial exténdese como unha marea, colocando ós xornalistas nunha situación de indefensión ante as presións, veñan de onde veñan. O papel de contrapoder da prensa queda reducido á mínima expresión.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 3/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

4

No enfoque dos editores, os xornalistas deixan de ser uns profesionais a respetar para converterse nun número que pode ser tachado en calquer momento. A expulsión de xornalistas veteranos, con fontes e con criterio, priva ós medios do necesario talento para ofrecer ós cidadáns un xornalismo de calidade. De novo, a sociedade é a gran prexudicada. O panorama propicia que xurdan agoreiros que pronostican a fin do xornalismo, que é case como soster que a democracia ten os días contados. Porque vostedes, os representantes dos cidadáns, saben ben que sen prensa libre e crítica co poder, a saúde da democracia resíntese. Pero na FAPE non temos ningunha dúbida de que o xornalismo sobrevivirá como elemento vital para o desenvolvemento da nosa democracia e da nosa sociedade nun clima de tolerancia e de convivencia pacífica. Tampouco temos ningunha dúbida de que os xornalistas seguiremos sendo necesarios para xerarquizar as novas, confirmar a súa veracidade, contrastalas e difundilas baixo un paraugas ético e deontolóxico, como garantes que somos do dereito fundamental dos cidadáns a recibir información libre e veraz. Ante este panorama, os xornalistas non estamos a ficar quedos. Estamos plantando cara á crise promovendo innovadores proxectos editoriais, pero na FAPE cremos que esta resposta só profesional non é suficiente. As institucións e os cidadáns teñen que saber que o seu futuro democrático e solidario precisa uns medios de comunicación potentes e independentes, con xornalistas que, coa súa credibilidade, aporten elementos que axuden á xente a formarse a súa propia opinión. Non atopamos outra forma mellor de expresalo que o eslogan da nosa campaña na defensa do noso oficio: “Sen xornalistas non hai xornalismo. Sen xornalismo non hai democracia”. Polo tanto, a FAPE fai un chamamento ós representantes dos cidadáns en todas as institucións para que respalden este manifesto na defensa do xornalismo. Neste chamamento destacamos.

− QUE a liberdade de información debilítase cando o xornalismo convérsese nunha fonte de manipulación, de sensacionalismos, de odios e de defensa de intereses alleos ó ben común.

− QUE esa mesma liberdade queda danada cando se convocan roldas de prensa sen dereito a preguntas e cando os representantes públicos néganse a comparecer para dar conta das súas actividades no exercizo do poder.

− QUE é necesario o exercizo responsable do xornalismo por parte de xornalistas e editores, baseado no cumprimento de normas éticas e deontolóxicas e en valores como a integridade e o rigor.

− QUE a supeditación da ética á ditadura da audiencia conduce á inmoralidade e á ilegalidade, como nos demostrou no Reino Unido o caso do News of the World.

− QUE o dereito da información e a liberdade de expresión perden forza e eficacia cada vez que desaparece un medio.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 4/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

5

− QUE uns xornalistas mal pagados, e máis se non perciben salario algún, difícilmente poderán resistir as presións dos poderes, sexan do tipo que sexan, para difundir informacións sesgadas, interesadas e nalgúns casos falsas.

− QUE o elevado paro no sector está propiciando que os editores abonen cantidades humillantes a colaboradores free lance.

− QUE os Gobernos e as institucións non poden mirar cara outro lado cando empresarios sen escrúpulos queren converter un espazo de liberdade, como é un medio de comunicación, nun obradoiro de esclavos ofrecendo empregos sen remuneración.

− QUE o futuro do xornalismo está na calidade do contido que elaboren os xornalistas sexa no soporte que sexa. Se os medios renuncian, como están a facer, ás boas historias, ás boas reportaxes de investigación, ás boas crónicas dos corresponsais, pouco poderán facer para convencer ó usuario de que é necesario pagar polos contidos.

− QUE as administracións teñen que incentivar os proxectos dos xornalistas emprendedores que buscan alternativas á crise con ideas valentes e novedosas.

− QUE a defensa da liberdade de prensa, do dereito de información e do exercizo dun xornalismo digno e dignamente remunerado, atinxe tamén ás institucións e ós cidadáns. Consecuentemente, solicitamos ás institucións que adopten este manifesto en defensa do xornalismo e que o tramiten e aproben como resolucións en plenos, comisións e outros órganos que xulguen oportunos.” A) PARTE RESOLUTIVA ACTAS E GOBERNO 2/136 PROPOSTA DE ALCALDÍA SOBRE CAMBIO DE DATA DO PLENO ORDINARIO DO MES DE XANEIRO DE 2013.- Examinado o expediente tramitado para os efectos, que foi ditaminado favorablemente na Comisión de Cultura, Turismo, Deportes, Recursos Humanos e Protección da Comunidade, celebrada o día 26 de novembro de 2012, e vista a proposta da Alcaldía, que na súa parte expositiva sinala: “Por mor da tramitación de determinados expedientes, que precisan ser aprobados definitivamente polo Excmo. Concello Pleno antes de que remate o presente ano 2012, vai ser necesaria a celebración dunha sesión plenaria a finais do mes de decembro. Como queira que o Pleno ordinario do mes de xaneiro do vindeiro ano 2013 debería celebrarse o día 7 de dito mes e que esas datas intermedias coinciden coas quendas de Nadal dos permisos dos funcionarios, á devandita sesión plenaria de finais do mes de decembro elevaríanse tódolos expedientes que teñan finalizada a súa tramitación previa.”

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 5/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

6

Ao non solicitarse o uso da palabra, sométese directamente o asunto a votación, acadándose os seguintes resultados: - Votos a favor: 24, dos seguintes concelleiros adscritos ós tres Grupos Municipais (do Partido Popular, Socialista e do Bloque Nacionalista Galego): - Don José Clemente López Orozco, Excmo. Sr. Alcalde-Presidente (GMS). - Don Jaime Castiñeira Broz (GMPP). - Dona María Encarnación Amigo Díaz (GMPP). - Don Arcadio Silvosa Alonso (GMPP). - Dona María Lourdes Yáñez García (GMPP). - Don Enrique Ceferino Rozas López (GMPP). - Dona Isabel Devesa Piñeiro (GMPP). - Don Manuel López Fernández (GMPP). - Dona María De Los Ángeles Teijeiro González (GMPP). - Don Ángel Trabada Gómez (GMPP). - Dona Raquel Castiñeira Castelo (GMPP). - Don Antonio Ameijide Osorio (GMPP). - Don Juan Carlos Plaza Gómez (GMPP). - Don José Ramón Góméz Besteiro (GMS). - Ilma. Sra. Dona Sonia Méndez García (GMS). - Ilma. Sra. Dona María Del Carmen Basadre Vázquez (GMS). - Ilmo. Sr. Don Luis Manuel Álvarez Martínez (GMS). - Ilmo. Sr. Don Manuel Enrique Chaín Fernández (GMS). - Dona María Esther Muñoz Mella (GMS). - Ilmo. Sr. Don José Manuel Díaz Grandío (GMS). - Ilma. Sra. Dona Ana María González Abelleira (GMS). - Ilmo. Sr. Don Lino José González-Dopeso García (GMS). - Don Xosé Antón Bao Abelleira (GMBNG). - Dona Paz Abraira Sobrado (GMBNG). - Votos en contra: Ningún. - Abstencións: Ningunha. En virtude de todo o cal, o Excmo. Concello Pleno, con base na referida proposta, pola unanimidade dos vinte e catro membros presentes, ACORDA cambiar a data da sesión ordinaria do Excmo. Concello Pleno correspondente ó mes de xaneiro do ano 2013, trasladando a súa celebración para finais do mes de decembro, mantendo esta sesión o carácter de ordinaria, e á que se elevarán todos os expedientes que teñan finalizada a súa tramitación previa; facultándose a esta Alcaldía para a determinación concreta de día e hora da súa celebración.

INTERVENCIÓNS

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 6/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

7

O EXCMO. SR. ALCALDE: como xa é habitual, cámbiase o pleno do mes de xaneiro por un pleno no mes de decembro que poñeremos a data tras o acordo da Xunta de Portavoces. Non hai moitos días porque coincídenos por aí o final de ano, eu creo que ha de ser o 26 ou 27 de decembro, pero anunciarase oportunamente de acordo cos portavoces dos distintos grupos. URBANISMO 3/137 ORDENANZA REGULADORA DAS COMUNICACIÓNS DE OBRAS MENORES. APROBACIÓN INICIAL.- Examinado o expediente tramitado para os efectos e vistos: A) Informe proposta do Servizo de Licenzas , do 24 de outubro, de 2012, conformada polo Tenente de Alcalde Delegado da Área, que na súa parte expositiva sinala: “No ámbito urbanístico da Administración municipal, a intervención na actividade dos particulares, realízase mediante a previa verificación da súa adecuación á ordenación urbanística e normativa sectorial vixente na materia, o que dá lugar á conseguinte concesión da licenza urbanística, regulada no artigo 194 e seguintes da Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia A licenza urbanística é unha autorización municipal de carácter regrado que, sen prexuízo de terceiros, permite a execución de obras e a implantación de usos que os instrumentos urbanísticos previran. A técnica de intervención administrativa baséase no control dos actos de edificación e uso do solo, para garantir a adecuación e sometemento á legalidade e ó planeamento urbanístico. Existe unha distinción entre obras maiores e menores, definindo como menores, aquelas obras que se caracterizan pola súa sinxeleza técnica e escasa entidade construtiva e económica, que non supoñan alteración do volume, do uso das instalacións e servizos de uso común o do número de vivendas e locais, nin afecten o deseño exterior,a cimentación a estrutura as condicións de habitabilidade o seguridade dos edificios o instalacións, tal e como queda recollido no artigo 195.3 da Lei 9/2002. Con este marco legal, estase producindo unha transformación, que se inicia coa Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, aprobada con data do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior, mediante a cal se pretende fixar o obxectivo de alcanzar un auténtico mercado único de servizos na Unión Europea, a través da eliminación de barreiras legais e cargas administrativas, de forma que desapareza a normativa innecesaria e inxustificada que actualmente limita o desenvolvemento de actividades de servizos. O Estado español traspuxo a citada directiva coa aprobación da Lei 17/2009, do 23 de novembro, que regula o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, norma que supón un novo marco de referencia.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 7/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

8

Para alcanzar os principios plasmados na anterior Lei, foi necesario reformar o marco regulador, dando lugar á aprobación da Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio. Mediante esta lei introdúcense diversas reformas da lexislación estatal, dentro das cales se atopan as novas fórmulas de intervención na actividade da cidadanía, como son a comunicación previa e a declaración responsable, que aparecen na nova redacción dada ao artigo 84 da Lei 7/1985 reguladora das bases de réxime local, así como no artigo 71-bis, que modifica a Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Recentemente a lexislación autonómica, a través da Lei 8/2012 de vivenda de Galicia, vén a introducir na disposición adicional décimo quinta un novo punto 5-bis ao artigo 195 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia que ten a seguinte redacción: “Sen prexuízo do establecido no punto anterior, os concellos poderán establecer procedementos abreviados de obtención de licenzas de obras menores nos mesmos momentos da solicitude.” O estudio dos procedementos administrativos que se seguen ante a administración urbanística municipal na concesión de licenzas para obras cualificadas como menores, pon de manifesto que é posible establecer unha diferenciación entre estas, xa que hai algunhas que pola súa sinxeleza e simplicidade non requiren maiores comprobacións previas, nin ulteriores actuacións administrativas. Outras pese a ser obras sinxelas requiren, non obstante, unha comprobación ou autorización previa, a adopción dalgunhas cautelas, ou a imposición de condicións, o que aconsella tramitar o seu outorgamento de forma expresa. O obxecto desta ordenanza é a tramitación de obras menores de escasa entidade forma abreviada, de modo que se dea resposta inmediata, ás demandas que para este tipo de obras, sexan solicitadas polos cidadáns. Só poderán ser comunicadas aquelas obras, que estando dentro das enumeradas no artigo 3 non se atopen nos supostos de exclusión expresa, recollidos no artigo 2 parágrafo cuarto. Con dita regulación estase a establecer un procedemento abreviado, que ten como fin garantir unha maior eficacia e celeridade nos trámites, sempre na busca do interese xeral, eliminar obstáculos e reducir trabas inxustificadas, de modo que se facilita e axiliza a realización das obras. Ó tempo que o Concello coñecedor das obras e da súa natureza, pode desenvolver a labor de inspección a realizar en aras ó control da actividade urbanística. 4.- O Real Decreto Lexislativo 781/1986 do 18 de abril polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, no seu artigo 56, establece que a aprobación de ordenanzas locais axustarase ó procedemento establecido no artigo 49 da Lei 7/1985 do 2 de abril . O artigo 49 da Lei 7/ 1985, do 2 de abril reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/1999 do 21 de abril, establece o procedemento de aprobación, cos seguintes trámites:

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 8/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

9

a) Aprobación inicial polo Pleno. b) Información pública e audiencia dos interesados polo prazo mínimo de trinta días, para a presentación de reclamacións e suxestións. c) Resolución de tódalas reclamacións e suxestións presentadas dentro do prazo e aprobación definitiva polo Pleno. No caso de que non se presentase ningunha reclamación ou suxestión, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional. A competencia para a aprobación e modificación das ordenanzas establécese, de conformidade co disposto no artigo 123.1.d) e ó 127.1.a) da Lei 7/1985 do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, segundo a redacción da Lei 57/2003 de 16 de decembro, de medidas para a modernización do gobero local e no artigo 64.2 d) da Lei 5/1997 de administración local de Galicia.” B) Informe favorable da Asesoría Xurídica , do 25 de outubro de 2012. C) Acordo da Xunta de Goberno Local , número 6/226, do 31 de outubro de 2012, polo que se aproba o proxecto de ordenanza. D) Ditame favorable da Comisión Permanente Ordinaria d e Urbanismo, Infraestruturas, Medio Ambiente e Zona Rural, emitido na reunión celebrada o día 29 de novembro de 2012. Ao non solicitarse o uso da palabra, sométese directamente o asunto a votación, acadándose os seguintes resultados: - Votos a favor: 24, dos seguintes concelleiros adscritos ós tres Grupos Municipais (do Partido Popular, Socialista e do Bloque Nacionalista Galego): - Don José Clemente López Orozco, Excmo. Sr. Alcalde-Presidente (GMS). - Don Jaime Castiñeira Broz (GMPP). - Dona María Encarnación Amigo Díaz (GMPP). - Don Arcadio Silvosa Alonso (GMPP). - Dona María Lourdes Yáñez García (GMPP). - Don Enrique Ceferino Rozas López (GMPP). - Dona Isabel Devesa Piñeiro (GMPP). - Don Manuel López Fernández (GMPP). - Dona María De Los Ángeles Teijeiro González (GMPP). - Don Ángel Trabada Gómez (GMPP). - Dona Raquel Castiñeira Castelo (GMPP). - Don Antonio Ameijide Osorio (GMPP). - Don Juan Carlos Plaza Gómez (GMPP). - Don José Ramón Góméz Besteiro (GMS). - Ilma. Sra. Dona Sonia Méndez García (GMS). - Ilma. Sra. Dona María Del Carmen Basadre Vázquez (GMS). - Ilmo. Sr. Don Luis Manuel Álvarez Martínez (GMS).

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 9/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

10

- Ilmo. Sr. Don Manuel Enrique Chaín Fernández (GMS). - Dona María Esther Muñoz Mella (GMS). - Ilmo. Sr. Don José Manuel Díaz Grandío (GMS). - Ilma. Sra. Dona Ana María González Abelleira (GMS). - Ilmo. Sr. Don Lino José González-Dopeso García (GMS). - Don Xosé Antón Bao Abelleira (GMBNG). - Dona Paz Abraira Sobrado (GMBNG). - Votos en contra: Ningún. - Abstencións: Ningunha. En virtude de todo o actuado, o Excmo. Concello Pleno, con base na referida proposta, e pola unanimidade dos vinte e catro membros presentes, ACORDA: PRIMEIRO.- Aprobar inicialmente a Ordenanza reguladora das comunicacións de obras menores. SEGUNDO.- Proceder á información pública e audiencia ós interesados polo prazo de trinta días, para a presentación de reclamacións e suxestións mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia; no caso de que non se presentase ningunha reclamación ou suxestión, quedará definitivamente aprobada.

DELIBERACIÓN Aberta a rolda de intervencións, fai uso da palabra en primeiro lugar DON LUIS MANUEL ÁLVAREZ MARTÍNEZ , o cal no nome do equipo de goberno, sinala: grazas, Sr. Alcalde. Sométese á consideración do Pleno a aprobación inicial da ordenanza reguladora das comunicacións de obras menores. Entendo que todos os grupos políticos presentes nesta Corporación municipal estamos basicamente de acordo na importancia que ten regulamentar este tipo de licenza administrativa por canto incumbe... podo dicir que a día de hoxe hai 1.200 licenzas de obra menor concedidas e, polo tanto, a un número elevadísimo de trámites que teñen ao longo do ano, na que os administrados solicitan licenza para unha serie de obras que, polas súas propias características, teñen escasa entidade... construtiva e económica, que non afectan a cambios de uso nin cambios no volume das edificacións e, polo tanto, esta ordenanza, que se impulsa neste momento grazas a aprobación da Lei 8/2012, de vivenda de Galicia, na que foi poñente o noso compañeiro de Corporación, o Sr. Jaime Castiñeira, introduce na Disposición adicional décimo quinta unha nova posibilidade que é que as administracións locais poidan, no momento da solicitude, expedir a correspondente licenza mediante un trámite de comunicación abreviada que, tal e como se expón no texto que foi obxecto de elevación definitiva a Pleno na Comisión de Urbanismo do pasado xoves día 29 de novembro, permite que, para un número, aproximadamente, do

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 10/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

11

80% das licenzas que se veñen tramitando ao longo de cada ano no servizo de Licenzas da concellería de Urbanismo, os administrados poidan obter practicamente no momento da súa solicitude a oportuna licenza municipal e, polo tanto, iniciar as obras na maior brevidade posible e sen ter que esperar aos prazos correspondentes para a obtención da licenza, licenza que, por outro lado, é certo que proporciona unha certa inseguridade xurídica aos solicitantes toda vez se entende concedida pasado o mes, sempre e cando o que se solicita sexa legal e, polo tanto, como iso é unha potestade que en principio o administrado non coñece, senón que está suxeito a que a administración local así o entenda, desta maneira será practicamente instantánea a concesión desa autorización municipal e, polo tanto, pensamos que se trata dun impulso moi importante para a administración e tamén para os cidadáns que desta maneira van ver como un número moi elevado, como dicía antes, de solicitudes se van poder cumprir no momento. Tramítase deste xeito porque é interese, que espero que entendan os grupos políticos presentes neste pleno, tramitalo da forma máis breve posible e que, polo tanto, entre en vigor unha vez que se someta a información pública tras esta aprobación inicial, e previas as modificacións que se sexan necesarias no propio organismo para poder dotar da infraestrutura necesaria para que esta ordenanza pase de ser un texto a ser unha realidade, se poidan conceder esas licenzas no prazo máis breve posible. Polo tanto, entendendo que hai asuntos no pleno máis que suficientes e que a explicación pode ser suficiente tamén para todos os grupos políticos que coñeceron esta ordenanza no mesmo momento do seu envío aos servizos xurídicos correspondentes para a súa información e que, con independencia de que se fagan as alegacións que se estimen oportunas por cada un dos grupos, pedimos a aprobación inicial desta ordenanza. Moitas grazas. A continuación intervén a concelleira do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, DONA PAZ ABRAIRA SOBRADO, que manifesta: dende o BNG entendemos que todo aquilo que implique unha simplificación dos trámites administrativos e que, polo tanto, simplifique unha axilización de procesos que son realmente sinxelos, pois estamos falando de obras que teñen moi escasa entidade e que realmente non van afectar de maneira importante ás edificacións nin moito menos. Xa digo, esa simplificación é positiva para os cidadáns e é tamén positiva para a administración. Pero ante todo, o máis importante é que é máis positiva para os cidadáns, ¿por que? Porque calquera persoa -e non é o único caso Lugo, en todos os concellos- que solicite unha licenza de obra menor, que pode consistir tranquilamente no pintado interior dunha habitación da súa casa ou na substitución dunha persiana, tiña que pedir unha licenza de obra menor. Estamos falando pois de cuestións que teñen moi pouca entidade, moi pouca contía, moi pouca importancia e que, polo tanto, deben axilizarse ao máximo posible, deben burocratizarse o menos posible e, por este motivo, o BNG vaille dar o visto bo a esta ordenanza, entendemos que seguramente, incluso por parte de colexios oficiais e demais, no prazo de alegacións ao público é posible que poidan mellorar incluso a proposta que se fai dende o goberno municipal, que esas alegacións, se

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 11/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

12

se presentan, haberá que estudalas no seu momento, xa digo, para facilitar na medida do posible todos os trámites e evitar a excesiva burocratización que existe en moitos casos e que, incluso, determina que haxa persoas que por non ter que esperar eses períodos indefinidos de tempo acaben facendo obras sen a preceptiva licenza o cal é negativo para eles, é negativo para o concello e, polo tanto, é negativo para todo o mundo. Seguidamente intervén DONA ISABEL DEVESA PIÑEIRO a cal, no nome do Grupo Municipal do Partido Popular, expón o seguinte: dende o Grupo Municipal do Partido Popular congratulámonos de que por fin veña hoxe a este pleno a proposta de aprobación inicial da ordenanza reguladora de comunicación de obras menores xa que supón, como ben dicía o Sr. Álvarez, o groso dos permisos que se solicitan na área de licenzas e, polo tanto, van ser moitos os lucenses que se van ver beneficiados desta nova ordenanza. Xa era hora, polo tanto, de que o goberno municipal, por un lado, recoñecera a problemática existente á hora de tramitar as licenzas de obra menor e, en segundo lugar, de que se desen conta de que era necesario reducir o tempo para expedir este tipo de autorización. Non parece lóxico que para solicitar o cambio de azulexos dun baño ou a substitución de carpintería dun vano de fachada se tarden catro, cinco ou incluso máis meses en obter este permiso. Vostede ben sabe, Sr. Álvarez, que neste tema vai contar co noso apoio, con apoio do Partido Popular, porque nós precisamente levabamos no noso.... (non se oe) ... a simplificación de licenzas, e simplificación de trámites administrativos e, neste sentido, quero recordar o que recordaba vostede que foi grazas a unha emenda na tramitación da lei de vivenda de Galicia, 8/2012, que presentou o noso compañeiro e portavoz do grupo municipal, na súa condición de deputado autonómico, o Sr. Jaime Castiñeira, a que permitiu precisamente aos concellos establecer este tipo de procedementos abreviados de obtención de licenzas de obras menores no mesmo momento da súa solicitude. Dito isto, e xa que lamentablemente non nos deron a oportunidade de consensuar esta ordenanza, aproveito a miña quenda de palabra para anunciarlles que o noso grupo no período de alegacións presentará unha serie de achegas para mellorar e clarificar este documento encamiñadas principalmente a facilitar a tramitación de todos os permisos necesarios para a execución deste tipo de obras. Simplemente vanme permitir que faga mención a algunha delas. Entendemos que moitas das peticións de licenzas de obra menor que se solicitan neste concello implican a necesidade de ocupar a vía pública, sería oportuno incorporar a esta normativa un mecanismo que facilite a obtención inmediata e simultánea de todos os permisos necesarios para execución da obra, é dicir, a licenza de obra menor en si mesma, como o permiso de ocupación de vía pública, por exemplo, para aqueles traballos que necesiten a instalación de estadas, de contedores de entullos ou plataformas elevadoras. En definitiva, o que solicitará o Partido Popular é que se poida realizar toda a tramitación de forma conxunta, facilitando ao titular da obra un sistema para que non teña que deambular polos

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 12/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

13

distintos departamentos municipais como ocorre na actualidade para obter as preceptivas autorizacións. Outro aspecto que debería reconsiderar o goberno municipal é o prazo máximo de seis meses que establece a ordenanza para a execución das obras, o Partido Popular entende que este prazo podería ser insuficiente na execución dalgúns traballos, por exemplo nas reformas totais de locais comerciais, onde este tempo podería ser insuficiente polo tanto pediremos que se amplíe polo menos a dez meses. Para terminar, reseñar que na análise da ordenanza detectamos algunhas ambigüidades e contradicións neste borrador, polo que estamos preocupados porque poderían dar lugar a que o goberno local delegue nos técnicos municipais a responsabilidade de decidir ao seu criterio a dilixencia de conforme, polo tanto, suxeriremos que se aclare a redacción do documento nestes artigos, nestes puntos, para que non dean lugar a interpretacións e que tanto os cidadáns como os técnicos manexemos un documento que defina de forma clara e precisa aquelas obras que poidan ser obxecto deste procedemento de licenza inmediata ou licenza express. Moitas grazas. Na segunda rolda de debate, intervén en primeiro lugar DON LUIS MANUEL ÁLVAREZ MARTÍNEZ , que sinala: moi ben, grazas Sra. Abraira e Sra. Devesa pola súa construtiva intervención. Efectivamente estamos todos de acordo, é evidente, en que a simplificación dos trámites sempre é positiva tanto para os cidadáns como para nós cando nos toca exercer como cidadáns e, polo tanto, nese camiño imos estar todos de acordo. Sra. Devesa, con respecto ao que dicía, efectivamente estou de acordo, xa era hora... pode crer que esta ordenanza xa se intentou fai tempo, pero por parte de distintos servizos técnicos do concello se dixo que non había un marco normativo suficiente que, efectivamente, se produce neste momento tras a aprobación, como vostede ben citou, da nova lei de vivenda. Claro que é certo que hai un colapso no servizo de Licenzas e de Arquitectura porque como dixen antes neste mes levamos 1.270 licenzas de obra menor expedidas e, polo tanto, é fácil decatarse da tramitación que iso supón. En canto á ocupación da vía pública, totalmente de acordo con vostede, de feito o Sr. Alcalde sabe perfectamente que se tentou que esta ordenanza levara aparellada a licenza para a ocupación da vía pública posto que é evidente que se alguén pretende facer algunha modificación nunha fachada ou calquera tipo de obra vai ter que ocupar a vía pública, ben sexa con estadas, con algún tipo de contedor e, polo tanto, se non se incluíu foi porque tamén por parte dos distintos servizos xurídicos se nos indicou que a ocupación da vía pública debía de ser obxecto dunha licenza expresa. En todo caso, pode ter vostede a seguridade, podemos ter todos a seguridade, de que se hai algunha posibilidade de que efectivamente esa ocupación de vía pública se obteña coa licenza expresa ou non da obra menor así será incluída no texto e, polo tanto, estou seguro de que entre todos os grupos políticos, como todos estamos de acordo en que é necesario simplificar todos os trámites que os cidadáns teñen que facer coa administración local, coas achegas de todos faremos un texto xuridicamente seguro e eficaz para

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 13/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

14

todos. Así que, pola miña parte, agradézolles o seu apoio e, salvo que o Sr. Alcalde o considere pertinente ou algún grupo, procedamos en consecuencia. Grazas. Seguidamente intervén DONA ISABEL DEVESA PIÑEIRO que sinala: ben, Sr. Álvarez, sentimos que este documento non chegara aquí a este Pleno de forma consensuada e que o aprobasen na Xunta de Goberno Local sen tan sequera facer unha reunión previa. Cremos que as presas que alegou vostede na Comisión de Urbanismo, cando lle comentei o tema desta reunión previa, son infundadas porque se realmente tivese un interese verdadeiro podería ter preparado este borrador xa no mes de maio e o 29 de xuño cando se aprobou a lei de vivenda telo traído a este pleno. É dicir, levamos cinco meses de retraso, entón xa sabemos que as presas e as improvisacións para gobernar non son boas, pero é algo ao que nos ten acostumado este goberno municipal ultimamente. Grazas. Pecha o debate DON LUIS MANUEL ÁLVAREZ MARTÍNEZ que manifesta: Sra. Devesa, lamento que coa última intervención teña vostede roto este espírito de consenso e prenavideño que adornaba este Pleno. En todo caso, cando vostede teña responsabilidades de goberno, que estou seguro as terá, verá que as cousas non son tan doadas como se pensa, cando efectivamente non hai que enfrontarse a tramitación de determinados expedientes. En todo caso insisto, na Comisión de Urbanismo explicouse que o trámite que se lle dera a esta ordenanza viña xustificado pola necesidade de que entre en vigor o antes posible e como, evidentemente, iso require unha tramitación previa, unha aprobación inicial e unha aprobación definitiva necesita necesariamente seguir ese trámite, o cal non obsta en ningún momento para que vostedes, o Bloque Nacionalista Galego e o Partido Socialista manteñan cantas reunións sexan precisas, como fixemos con outros asuntos de urbanismo de máis calado que imos tramitar neste mesmo pleno, e sexamos capaces de chegar a un acordo. Grazas. 4/138 ESTUDO DE DETALLE FORMULADO PARA A ORDENACIÓN DE VOLUMES DAS PARCELAS “T.1, T.2, T.3 E T.4” DO PARQU E EMPRESARIAL “AS GÁNDARAS”, PROMOVIDO POR “NORVENTO, S.L.”.- APR OBACIÓN DEFINITIVA.- Examinado o expediente tramitado para os efectos, que foi ditaminado favorablemente na Comisión Ordinaria de Urbanismo, Infraestruturas, Medio Ambiente e Zona Rural na sesión celebrada o día 29 de novembro de 2012, e visto o informe proposta do Xefe do Servizo de Urbanismo, do 20 de novembro de 2012, cuxa parte expositiva seguidamente se transcribe: “Examinado o expediente de referencia, nel póñense de manifesto:

FEITOS 1) A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 3-10-12 adoptou, entre outros, o acordo de aprobar inicialmente o estudo de detalle formulado para a ordenación de volumes das parcelas “T.1, T.2, T.3 e T.4” do parque empresarial “As Gándaras”, promovido por “NORVENTO, S.L.”

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 14/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

15

2) O sometemento a información pública foi realizado a través dos medios e nas datas que a continuación se indican: - Xornal "El Progreso”, con data do 17-10-12. - Diario Oficial de Galicia, con data do 22-10-12. 3) Con data do 16-11-12, o Secretario Xeral do Pleno emite unha certificación acreditativa de que durante o período de exposición pública e notificacións individuais do presente estudo de detalle non se presentou reclamación nin alegación algunha contra este.

CONSIDERACIÓNS XURÍDICAS I.- Tal como se sinalou no informe deste Servizo do 25-09-12, previo á aprobación inicial do presente Estudo de Detalle, as deficiencias das que adoecía o mesmo foron subsanadas entonces segundo o seguinte detalle: - A necesidade de dar cumprimento ó establecido no art. 74-c) da LOUGA, cara a xustificar a conformidade dos propietarios de máis do 50% da superficie do ámbito do estudo de detalle. Aportouse unha copia da escritura de compravenda formalizada ante o notario de Lugo don José A. Caneda Goyanes, con data do 28-06-12, baixo o nº 1520 do seu protocolo, acreditativa da propiedade de “NORVENTO S.L.” da totalidade dos terreos afectados polo presente estudo de detalle. - A necesidade previa de licenza de parcelamento para a agrupación das parcelas T.1, T.2, T.3 e T.4 do Parque Empresarial das Gándaras, foi cumprida mediante o acordo da Xunta de Goberno Local de data do 12-09-12, que aprobou a concesión da mencionada licenza. - O sinalamento dos 4.050 m2 edificables que se ordenan neste estudo detalle e a necesidade de fixar a ubicación do aeroxenerador coa xustificación da súa harmonización co seu entorno, foron subsanados segundo se expón no informe do Servizo Municipal de Arquitectura de data do 30-08-12. II.- O seu procedemento de aprobación atópase regulado nos artigos 86.2 e 92 da LOUGA, segundo os cales é preciso cumprir os seguintes trámites: - Aprobación inicial. - Información pública polo prazo mínimo de 20 días mediante anuncio no DOG e nun dos xornais de maior circulación da Provincia. - Aprobación definitiva. - Remisión á CMATI da Xunta de Galicia do acordo de aprobación definitiva, dándolle traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do estudo de detalle con todos os planos e documentos que o integran sobre os que recaese o acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados. - Publicación do acordo de aprobación definitiva no DOG, no prazo dun mes desde a súa adopción. No anuncio de aprobación definitiva farase constar a remisión da documentación á CMATI. Na tramitación do expediente cumpríronse os trámites previstos anteriormente, restando unicamente o acordo de aprobación definitiva e subseguintes. Ao non solicitarse o uso da palabra, sométese directamente o asunto a votación, acadándose os seguintes resultados:

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 15/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

16

- Votos a favor: 24, dos seguintes concelleiros adscritos ós tres Grupos Municipais (do Partido Popular, Socialista e do Bloque Nacionalista Galego): - Don José Clemente López Orozco, Excmo. Sr. Alcalde-Presidente (GMS). - Don Jaime Castiñeira Broz (GMPP). - Dona María Encarnación Amigo Díaz (GMPP). - Don Arcadio Silvosa Alonso (GMPP). - Dona María Lourdes Yáñez García (GMPP). - Don Enrique Ceferino Rozas López (GMPP). - Dona Isabel Devesa Piñeiro (GMPP). - Don Manuel López Fernández (GMPP). - Dona María De Los Ángeles Teijeiro González (GMPP). - Don Ángel Trabada Gómez (GMPP). - Dona Raquel Castiñeira Castelo (GMPP). - Don Antonio Ameijide Osorio (GMPP). - Don Juan Carlos Plaza Gómez (GMPP). - Don José Ramón Góméz Besteiro (GMS). - Ilma. Sra. Dona Sonia Méndez García (GMS). - Ilma. Sra. Dona María Del Carmen Basadre Vázquez (GMS). - Ilmo. Sr. Don Luis Manuel Álvarez Martínez (GMS). - Ilmo. Sr. Don Manuel Enrique Chaín Fernández (GMS). - Dona María Esther Muñoz Mella (GMS). - Ilmo. Sr. Don José Manuel Díaz Grandío (GMS). - Ilma. Sra. Dona Ana María González Abelleira (GMS). - Ilmo. Sr. Don Lino José González-Dopeso García (GMS). - Don Xosé Antón Bao Abelleira (GMBNG). - Dona Paz Abraira Sobrado (GMBNG). - Votos en contra: Ningún. - Abstencións: Ningunha. En virtude de todo o cal, o Excmo. Concello Pleno, con base na proposta do Tenente de Alcalde Delegado da Área de Urbanismo, pola unanimidade dos vinte e catro membros presentes, ACORDA: PRIMEIRO.- Aprobar definitivamente o estudo de detalle formulado para a ordenación de volumes das parcelas “T.1, T.2, T.3 e T.4” do parque empresarial “As Gándaras”, promovido por “NORVENTO, S.L.” SEGUNDO.- Trasladar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, o presente acordo e unha copia autenticada de dous exemplares do estudo de detalle debidamente dilixenciados (art. 92.3 da LOUGA).

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 16/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

17

TERCEIRO.- Proceder a realizar o correspondente anuncio do acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia (artigo 92.2 LOUGA), no que se fará constar a devandita remisión a CMATI (artigo 92.3 da LOUGA). CUARTO.- Notificarlles este acordo ós interesados, indicándolles que contra el poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal superior de Xustiza de Galicia (artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo) nun prazo de DOUS MESES, contados a partir do día seguinte ó da notificación do presente acto, o cal pon fin á vía administrativa (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que estimen conveniente ó seu dereito. 5/139 PROXECTO DE REVISIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL, REDACTADO POR “EPYPSA”: APROBACIÓN DA PA RTE CORRESPONDENTE ÁS ÁREAS E DETERMINACIÓNS QUE NON FO RON OBXECTO DE APROBACIÓN DEFINITIVA NA ORDE DO 29-04- 11 (DOG Nº 94 DO 16-05-11), DITADA POLA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBI ENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS (CMATI).- Examinado o expediente tramitado para os efectos e vistos. A) Informes dos Servizos Técnicos Municipais de Medio Ambiente, Arqueoloxía, Enxeñería e Arquitectura , que figuran no expediente. B) Informe do Servizo de Urbanismo, que na súa parte expositiva sinala: “Examinado o expediente de referencia cómpre informar o seguinte:

FEITOS I.- O Concello Pleno polo acordo do 23-01-09 aprobou provisionalmente o PROXECTO DE REVISIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MU NICIPAL DE LUGO, redactado por “EPYPSA”, e o remitiu á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI) para a súa aprobación definitiva, ditándose por esta a Orde do 13-11-09 que denegou a mesma sinalando ó respecto unha serie de observacións e correccións a introducir no proxecto. Posteriormente polo acordo plenario do 30-12-10 acordouse aprobar o proxecto, tamén redactado por “EPYPSA”, no que se da cumprimento ó requirido nesa Orde. Remitido este proxecto á CMATI, por parte desta ditouse a Orde do 29-04-11 (DOG nº 94 de 29-04-11) de aprobación definitiva parcial daquel. II.- A mencionada Orde do 29-04-11 da CMATI, tal como se sinalou anteriormente, aprobou definitivamente, de forma parcial, o “PROXECTO DE REVISIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL”, redactado por “EPYPSA”, sinalando unha serie de observacións e reparos a cumprimentar polo Concello en relación con determinadas áreas e determinacións que non foron obxecto de aprobación. Literalmente a devandita Orde estableceu na súa parte dispositiva: “1.- Aprobar definitivamente, de forma parcial, o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Lugo, deixando en suspenso as áreas e determinacións

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 17/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

18

obxecto de reparos no punto II anterior e, nomeadamente, os ámbitos sinalados no anexo a esta orde. 2.- Cómpre achegar un documento refundido, axustado ao acordo de aprobación municipal plenaria de data do 30-12-2010, que introduza as modificacións esixidas de resultas dos informes sectoriais sinalados no punto II.1 anterior; dos informes dos servizos técnicos e xurídicos municipais de data do 9-12-10; dos acordos de modificación adoptados no seo da sesión plenaria sinalada; e do propio contido do corpo desta orde. 3.- No eido dos ámbitos suspendidos e determinacións que quedan fóra desta aprobación, o concello deberá introducir as correccións necesarias e, tras a súa aprobación plenaria, serán elevados novamente ante esta consellería para a súa aprobación definitiva”. III.- En cumprimento do esixido no seu punto 2 este Concello remitiu á CMATI o correspondente documento refundido, sendo dilixenciado polo Subdirector xeral de Urbanismo, con data do 19 de xaneiro de 2012. Posteriormente, en cumprimento do establecido no art. 92 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA), publicáronse no BOP nº 37, de data do 14 de Febreiro de 2012, a súa normativa e as súas ordenanzas. IV.- Con data do 21-11-12 rexistrouse de entrada neste Concello o proxecto, igualmente redactado por “EPYPSA”, requirido no punto 3 da devandita Orde da CMATI, que contén as correccións derivadas do cumprimento das observacións e reparos sinalados en relación coas áreas e determinacións que non foron obxecto de aprobación definitiva. Este proxecto foi informado favorablemente, con data do 22-11-12, polo Servizo Municipal de Medio Ambiente, polo Servizo Municipal de Arqueoloxía, polo Servizo Municipal de Enxeñería e polo Servizo Municipal de Arquitectura.

FUNDAMENTOS DE DEREITO PRIMEIRO.- Tal como se indica nos anteriores feitos a Orde do 29-04-11 (DOG nº 94 do 16-05-11) da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI) da Xunta de Galicia resolveu aprobar definitivamente, de forma parcial, o PROXECTO DE REVISIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE LUGO, sinalando unha serie de observacións e reparos correspondentes ás áreas e determinacións que non foron obxecto de aprobación definitiva na mesma. O proxecto pretende dar cumprimento a esas observacións, sendo de destacar que no procedemento de aprobación, ata o de agora tramitado, a aprobación provisional tivo lugar polo acordo plenario de data do 23-01-09, o que xustifica a súa non adaptación á Lei 2/2010, de 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da LOUGA (en virtude do establecido na súa Disposición transitoria primeira), ás Directrices de Ordenación do Territorio, aprobadas definitivamente polo Decreto 19/2011, do 10 de febreiro, do Consello da Xunta de Galicia (en virtude do establecido no seu parágrafo 10.2.5) e á reserva de solo para vivenda protexida establecida na Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia (en virtude do establecido na súa Disposición transitoria 6ª).

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 18/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

19

SEGUNDO.- No proxecto existe o documento titulado “MEMORIA JUSTIFICATIVA DE LAS MODIFICACIONES INTRODUICDAS EN EL PLAN GENERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE LUGO APROBADO POR EL AYUNTAMIENTO EN SESIÓN DE PLENO DE 30 DE DICIEMBRE DE 2010, PARA DAR CUMPLIMIENTO A LOS REQUERIMIENTOS CONTENIDOS EN LA ORDEN DEL CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUCTURAS DE 29 DE ABRIL DE 2011”. Este documento contén a argumentación xustificativa dese cumprimento, sinalando que a obrigatoriedade e vinculación destas observacións non é absoluta e inquebrantable, tal como afirmou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na súa sentencia nº 869, do 27 de xuño de 2002, ó entender que “no toda observación puede ser mantenida como algo inalterable si se dan explicaciones suficientes sobre la adopción de las determinaciones que la motivaron”. Do mesmo xeito que se estableceu na Orde da CMATI do 13-11-09, pola que se denegou a aprobación definitiva, as observacións e reparos contidos agora nesta Orde de 29-04-11, teñen unha dobre natureza, ó impoñer nuns casos a obriga do Concello de introducir as debidas xustificacións de algunhas determinacións do Plan, e noutros as correccións necesarias que dean cumprimento a aquelas. Tal como se establece na propia Memoria, en relación co contido esixible á mesma, unha reiterada xurisprudencia concluíu que, no caso da revisión completa dun Plan Xeral, que afecta a todo o término municipal, non é necesario xustificar a nova clasificación do solo finca por finca, senón en términos máis amplos, principais, de grandes líneas (STS 25-07-02, 11-02-04 y 26-01-05), nesta última afirmase expresamente: “Reconociéndose, por tanto, la potestad de la Administración para alterar, modificar, revisar o formular ex novo un planeamiento urbanístico, debe centrarse la cuestión en que la actividad en que se concreta esa potestad debe estar suficientemente justificada, y apoyada en datos objetivos, para impedir que la impropiedad en el ejercicio de que el "ius variandi", atente a los límites racionales y naturales de la discrecionalidad que se reconoce. Esto es, que reconocida tal posibilidad de cambio, la misma, sin embargo, como hemos señalado, ha de venir avalada, como cualquier actuación administrativa, por la correspondiente motivación y justificación. Debe, sin embargo, advertirse de la diferente exigencia e intensidad de motivación, en función del nivel o profundidad del cambio que se efectúa, y recordarse que, en el supuesto de autos, estamos en presencia de una Revisión del planeamiento (en concreto, de un PGOU) y no de una simple Modificación del mismo. Como hemos puesto de manifiesto, entre otras muchas en la STS de 17 de abril de 1991 «sabido es que aquélla es una reconsideración integral o total del planeamiento anterior para ajustarlo a la realidad que contempla la Revisión», y, en orden a su necesaria motivación, se señala que la «motivación general es más que suficiente cuando se trata de una Revisión, que no tiene porqué descender al detalle del cambio de clasificación de tal o cual punto concreto del territorio sobre el que se proyecta, lo cual es propio de la Modificación». Porén, este criterio flexible modúlase cara a unha máis grande rixidez cando se trata de fiscalizar a clasificación como urbanizables determinados terreos que no planeamento anterior que se revisa estaban clasificados como solo rústico

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 19/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

20

especialmente protexido (solo non urbanizable especialmente protexido en el PGOU de 1990). Cómpre transcribir, pola súa claridade e rotundidade, o declarado na STS de 3 de xullo de 2007 (LA LEY 61055/2007) que no seu fundamento de dereito décimo estableceu: “Como es lógico, si el planificador decidió en un Plan anterior que determinados suelos debían ser clasificados, no como suelos no urbanizables simples o comunes, sino como no urbanizables protegidos, le será exigible que el Plan posterior en el que decide incluir esos suelos en el proceso urbanizador exponga con claridad las razones que justifican una decisión que, como esta posterior, contraviene una anterior en una cuestión no regida por su discrecionalidad”. Congruentemente con este criterio xurisprudencial, a Memoria expón con plena claridade o método de estudo e análise seguido para a elaboración do presente proxecto, destacando como gran novidade a utilización do denominado “SISTEMA DE INFORMACIÓN DE OCUPACIÓN DEL SUELO DE ESPAÑA” (SIOSE), documento elaborado polo Ministerio de Fomento (publicado no ano 2011). Este instrumento técnico aporta ó traballo realizado a necesaria obxectividade (esixida xurisprudencialmente como antes se indicou), en orden a determinar as características propias dos terreos (“teoría dos feitos determinantes”, tamén denominada “forza normativa do fáctico”), na análise pormenorizada que se fai do solo rústico especialmente protexido, dos núcleos rurais e dos sectores de solo urbanizable que foron obxecto de reparos e observacións na devandita Orde de 2011. Dende esta perspectiva cómpre sinalar a fiscalización positiva que os distintos servizos técnicos municipais (Arquitectura, Enxeñería, Arqueoloxía e Medio Ambiente) fan do contido do proxecto nos seus informes favorables, obrantes no expediente, ós cales me remito como motivación e fundamento da proposta de acordo que se fai no presente informe. TERCEIRO.- En relación coa tramitación que deba seguirse cara a acadar a aprobación definitiva deste documento simplemente cabe remitirse, tal como se expón no feito segundo deste informe, o parágrafo terceiro da parte resolutiva da Orde do 29-04-11 que establece: “No eido dos ámbitos suspendidos e determinacións que quedan fóra desta aprobación, o concello deberá introducir as correccións necesarias e, tras a súa aprobación plenaria, serán elevados novamente ante esta consellería para a súa aprobación definitiva”. Relacionado co tema dos trámites procedimentais está o concepto de “modificación substancial”, concepto xurídico indeterminado que foi xurisprudencialmente definido nos seus contornos xerais ó analizar as modificacións introducidas na aprobación definitiva do planeamento en relación co contido do proxecto que se houbera aprobado provisionalmente. Tal como se cita nas sentenzas do TSXG nº 466/2004, 119/2005, nº 1093/2007, nº 1094/2007, e máis recentemente nas sentenzas de data do 12-07-12 (LA LEY 114771/2012) e de data do 26-07-12 (LA LEY 116674/2012), que se remiten a sentenza do TS de 4-5-99, un novo trámite de información pública só é necesario cando no trámite de aprobación definitiva do plan se introducen modificacións con respecto ó que foi obxecto de aprobación provisional, que supoñan unha modificación esencial na concepción, desenvolvemento e finalidades do plan provisionalmente aprobado; nesa sentenza

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 20/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

21

do TS non se consideraron modificacións esenciais as relativas á exclusión como solo urbano de terreos comprendidos en planes parciais, nova delimitación de solo urbanizable programado, modificación do programa de actuación e adecuación do Estudo Económico Financeiro, elaboración do Catálogo de protección de edificios, supresión e modificación de preceptos de Normas Subsidiarias, e inclusión dunha nova unidade de actuación. No informe do Servizo Municipal de Arquitectura, óbrante no expediente, analízase esta cuestión concluíndo que as variacións derivadas do documento que agora se somete a aprobación son mínimas e non implican alteracións do modelo territorial por non supoñer modificacións esenciais daqueles aspectos (concepción, desenvolvemento e finalidades) do proxecto aprobado provisionalmente.” C) Informe do Interventor Xeral Municipal, do 23 de novembro de 2012, , Ref. 639/2012, que figuran no expediente. D) Informe do Secretario Xeral do Pleno, do 26 de nove mbro de 2012, no que, entre outros aspectos sinala que para a válida adopción do acordo proposto, se require o voto favorable da maioría absoluta legal dos membros que integran a Corporación. D) Ditame favorable da Comisión Ordinaria de Urbanismo , Infraestruturas, Medio Ambiente e Zona Rural , emitido na sesión celebrada o día 29 de novembro de 2012. Tras a deliberación efectuada, sométese o asunto a votación, acadándose os seguintes resultados: - Votos a favor: 22, dos seguintes concelleiros adscritos ós Grupos Municipais Socialista (GMS) e do Partido Popular (GMPP): - Excmo. Sr. Don José Clemente López Orozco, Alcalde-Presidente do Concello

de Lugo (GMS). - Don José Ramón Gómez Besteiro (GMS). - Ilma. Sra. Dona Sonia Méndez García, Tenenta de Alcalde Delegada da Área

de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educación (GMS). - Ilma. Sra. Dona María del Carmen Basadre Vázquez, Tenenta de Alcalde

Delegada da Área de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua (GMS).

- Ilmo. Sr. Don Luis Manuel Álvarez Martínez, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Urbanismo (GMS).

- Ilmo. Sr. Don Manuel Enrique Chaín Fernández, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Infraestruturas e Medio Rural (GMS).

- Dona María Esther Muñoz Mella, Delegada de Educación, Formación e Orientación Laboral (GMS).

- Ilmo. Sr. Don José Manuel Díaz Grandío, Tenente de Alcalde Delegado da Área

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 21/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

22

de Deportes (GMS). - Ilma. Sra. Dona Ana María González Abelleira, Tenenta de Alcalde Delegada

da Área de Benestar Social e Igualdade (GMS). - Ilmo. Sr. Don Lino José González-Dopeso García, Tenente de Alcalde

Delegado da Área de Medio Ambiente e Axenda 21 (GMS). - Don Jaime Castiñeira Broz (GMPP). - Dona María Encarnación Amigo Díaz (GMPP). - Don Arcadio Silvosa Alonso (GMPP). - Dona María Lourdes Yáñez García (GMPP). - Don Enrique Ceferino Rozas López (GMPP). - Dona Isabel Devesa Piñeiro (GMPP). - Don Manuel López Fernández (GMPP). - Dona María de los Ángeles Teijeiro González (GMPP). - Don Ángel Trabada Gómez (GMPP). - Dona Raquel Castiñeira Castelo (GMPP). - Don Antonio Ameijide Osorio (GMPP). - Don Juan Carlos Plaza Gómez (GMPP). - Votos en contra: 2, dos seguintes concelleiros adscritos ó Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego (GMBNG): - Don Xosé Antón Bao Abelleira (GMBNG). - Dona Paz Abraira Sobrado (GMBNG). - Abstencións: Ningunha. En virtude de todo o cal, o Excmo. Concello Pleno, con base na proposta do Tenente de Alcalde Delegado da Área de Urbanismo, por vinte e dous votos a favor, dous en contra e ningunha abstención e, polo tanto co quórum de maioría absoluta legalmente establecido, ACORDA: PRIMEIRO.- Aprobar a parte do “PROXECTO DE REVISIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL”, redactado por EPYP SA, adaptado ás observacións e reparos correspondentes ás áreas e d eterminacións que non foron obxeto de aprobación definitiva na Orde do 2 9-04-11 (DOG Nº 94 do 16-05-11), ditada pola Consellería De Medio Ambiente, Territorio E Infraestruturas (CMATI). Significando que esta aprobación faise de conformidade co contido dos informes, que figuran no expediente, do Servizo Municipal de Medio Ambiente, do Servizo Municipal de Enxeñería, do Servizo Municipal de Arqueoloxía, do Servizo Municipal de Arquitectura e do Servizo Municipal de Urbanismo. SEGUNDO.- Remitir este acordo, xunto con copia dos informes municipais que lle serven de fundamento e o devandito documento (redactado por “EPYPSA”), á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI), ós efectos

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 22/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

23

de que proceda a súa aprobación definitiva, en cumprimento do establecido no parágrafo terceiro da súa Orde do 29 de abril de 2011.

DELIBERACIÓN Aberta a rolda de intervención, fai uso da palabra, no nome do equipo de goberno, o Tenente de Alcalde Delegado da Área de Urbanismo, DON LUIS MANUEL ÁLVAREZ MARTÍNEZ , que manifesta: grazas Sr. Alcalde. Neste punto sométese a este pleno a aprobación da parte do plan xeral de ordenación municipal pendente dende a Orde do 29 de abril de 2011 que, como saben, foi unha aprobación definitiva parcial no sentido de que aprobou definitivamente, aproximadamente, o 95% do planeamento deste concello e deixou fóra da aprobación ese famoso 5%. Os motivos que, no seu momento, xustificaron esa aprobación definitiva parcial foron relativos ao solo urbano, no que hai corenta e oito ámbitos co que se chama planeamento incorporado, do que un, que era o chamado URPI-11, estaba incompleto no sentido de que faltaba por consignar no plan o instrumento de equidistribución e a efectiva execución das obras de urbanización. En canto ao solo urbanizable, como sabemos todos, se pedía unha xustificación axeitada de que non se afectaban terreos rústicos de protección agropecuaria, forestal, de augas ou de infraestruturas e, por outro lado, se pedía unha xustificación da previsión de novos asentamentos. No solo de núcleos rurais había problemas con zonas de infraestruturas en canto ás áreas de expansión dos núcleos referidas a estradas, á liña férrea, a liñas de alta tensión e, despois, na delimitación dos núcleos en canto aos cincuenta metros en torno as vivendas tradicionais e aos 200 metros en áreas de expansión. No solo rústico había dous problemas fundamentais referidos particularmente ás ladeiras do río Miño, un na zona da N-VI, afectando a Bocamaos, a Castro e a Tolda de Meilán e tamén en Paredes e en Bosende de Abaixo. Relatados fundamentalmente os problemas que foron obxecto de que non se aprobase por completo o plan no seu momento, nesta Orde de 29 de abril de 2011, por parte dos servizos técnicos do concello o que se fixo foi unha busca de métodos obxectivos que desen a suficiente garantía xurídica a este Pleno para proceder á aprobación deste texto que agora sometemos á consideración do Pleno, garantía xurídica que se fundamentase, como digo, en criterios que non fosen subxectivos. Nese sentido atopouse unha nova ferramenta publicada a través da internet, que como se publican hoxe practicamente a totalidade das cousas, que é o sistema de información de ocupación do solo de España, abreviadamente SIOSE, e por outro lado unha análise pormenorizada, casa a casa, núcleo a núcleo, área a área de expansión, de todos aqueles núcleos que estaban cuestionados. Por outro lado, porque podía haber cuestións que cambiasen fundamentalmente o modelo do plan xeral de ordenación municipal e que, polo tanto, levasen a unha nova exposición pública, se buscou manter aqueles urbanizables que non fosen obxecto dalgunha especial consideración, como o estudo acabou revelando no caso de

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 23/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

24

Fixós e de Bosende. Polo tanto, estes urbanizables, ese crecemento do concello que non fora cuestionado inicialmente entenden os servizos xurídicos que non debe ser xustificado neste momento dunha forma ex-novo posto que iso levaría ao que se chama violentar o principio de eficacia administrativa, é dicir que aquilo que non se nos dixo na aprobación inicial, non se nos pode alegar de novo como unha causa máis para non aprobar ese plan e, nese sentido, todos os grupos políticos, e niso teño que agradecer o traballo na Comisión de Planeamento das persoas que alí interviñeron en representación dos seus respectivos grupos políticos e, en concreto, e isto non significa un demérito dos que non estiveron, simplemente un recoñecemento dos que si estiveron, da Sra. Abraira, do Sr. Castiñeira e da Sra. Devesa, e do Sr. López, nestas Comisións e non menciono o Sr. Dopeso, o Sr. Fraga ou a min mesmo porque estabamos alí por obriga, evidentemente. En todo caso, penso que fomos quen de buscar criterios obxectivos, de encontrar ese consenso na xustificación deses criterios, con independencia de que se estea ou non de acordo co modelo que plantexa o plan. Simplemente do que se trata neste momento é de dar cumprimento a esa Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e, polo tanto, con eses criterios dicir que se dá cumprimento a esa Orde. Penso que foron unhas reunións produtivas, nas que, que eu recorde, non houbo ningunha controversia que non fósemos quen de resolver e réstame por último, porque o traballo evidentemente o fixeron os técnicos, agradecer a eses técnicos que contribuíron dunha forma decisiva a que fósemos quen de chegar a este pleno con este documento perfectamente xustificado, documentado e elaborado. Seguidamente intervén DONA PAZ ABRAIRA SOBRADO , a cal, no nome do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, indica: ben, o que non podemos esquecer hoxe aquí é que o que estamos facendo realmente é darlle o visto e prace definitivo a un documento que xa foi referendado, ou non, polos Grupos Políticos o 30 de decembro de 2010. Nese pleno do 30 de decembro de 2010 foi onde cada un de nós nos posicionamos a favor ou en contra deste documento. Naquel momento o Bloque Nacionalista Galego fíxoo en contra, fíxoo en contra ademais argumentando as gravísimas deficiencias que ten este documento, argumentando tamén o cuestionamento social existente naquel momento o día da súa aprobación e, polo tanto, tal e como di o Concelleiro de Urbanismo, nos informes dos técnicos municipais queda moi claro que neste documento non houbo cambios nin na clasificación, nin na cualificación do solo, nin en relación coa estrutura xeral e orgánica do territorio en cantidade ou importancia que impliquen alteración do modelo territorial. É dicir, o que se está facendo, o que van facer hoxe aquí vostedes, porque nós xa anunciamos o noso voto en contra desta parte aínda pendente de aprobación, o que van facer hoxe aquí é ratificar ese modelo urbanístico que o Partido Socialista e o Partido Popular acordaron no seu momento, que trasladaron a ese documento e que referendaron no Pleno do 30 de decembro do ano 2010.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 24/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

25

O BNG xa o dixo naquel momento: aprobaron vostedes un documento que non ten nada que ver coa realidade do concello de Lugo, que non ten nada que ver coa realidade dos seus veciños e veciñas. Hoxe, o Delegado de Urbanismo apelaba de novo a un necesario consenso, o necesario consenso era preciso antes de aprobar definitivamente ese plan o 30 de decembro de 2010, porque realmente hoxe o que se está facendo é corrixir flecos ou matices que a Xunta do Partido Popular non aprobou no seu momento, porque desgrazadamente a Xunta xa lle deu o visto bo a este plan que é un plan expansionista que é un plan absolutamente desmesurado para as necesidades reais de Lugo e que, ademais, co paso dos meses e dos anos se foi vendo que os argumentos que o BNG utilizou no seu día para votar en contra seguen vixentes, ¿por que? porque este plan loxicamente é un plan que prevé a construción de 27.000 novas vivendas, cando no momento de maior boom urbanístico se construíron 17.000, agora que resulta que ninguén pode adquirir, xa non digamos residencias, primeira residencia, que os bancos non conceden hipotecas, que a poboación do concello de Lugo está baixando e, dende logo, non vai incrementarse, ¿por que? porque estamos sufrindo de novo un período de gravísima emigración que leva aos mozos e mozas que son os demandantes de vivenda a marcharse desta cidade, a marcharse deste país e a marcharse do estado español, polo quén vai querer esas vivendas, e quén vai ter poder adquisitivo para poder esas vivendas. O plan xeral que hoxe van ratificar de novo o Partido Popular e Socialista é o plan xeral que non ten para nada en conta as necesidades de infraestruturas do concello de Lugo, ese que ignora a existencia do ferrocarril, ese, por certo, que sigue mantendo esas numerosas urbanizacións na zona rural que, aínda así, coas modificacións que se lle introducen, e que o BNG non cuestiona, coas modificacións que se lle introducen en canto aos urbanizables, dende logo non modifica para nada o modelo territorial que vostedes aprobaron no seu momento, que, insistimos, é un modelo absolutamente expansionista, absolutamente voraz e que pretenden desenvolver no concello de Lugo nos vindeiros anos. Por certo, é tamén o plan xeral que incluía a expropiación, que despois tiveron que eliminar, do chalé de Cobreros, porque era tan escandalosa a valoración económica que se facía desa expropiación que tiveron que anulala, pero é tamén o plan xeral que trata de maneira totalmente desigual aos distintos barrios da cidade, ¿por que? porque establece como zonas urbanas, concretamente no barrio da Ponte terreos que coas mesmas características en barrios como Albeiros, as Gándaras, a Cheda, Paradai, non son considerados como solos urbanos, e iso xerou unha forte resposta social, xerou un forte rexeitamento social nesta sociedade, nos veciños e veciñas de Lugo. Ese é o plan xeral que vostedes hoxe aquí van ratificar porque non estamos ratificando o que a Orde di, e non cuestionamos, insisto, o modelo ... que se utilizou na Comisión para xustificar as modificacións que se introducen, o que cuestionamos dende o BNG, e fixémolo dende o primeiro momento, é este plan xeral, un plan xeral que ademais segue estando baixo sospeita e, polo tanto, o que vostedes van hoxe facer é ratificar ese modelo, un modelo urbanístico que, dende logo, o Bloque Nacionalista Galego non comparte, non o compartiu anteriormente e non o comparte agora e, polo tanto, imos volver votar en contra.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 25/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

26

A continuación intervén o voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, DON JAIME CASTIÑEIRA BROZ, que sinala: boas tardes, grazas Sr. Alcalde. Con quen tiñan feito un pacto e con quen o teñen por detrás... Xa ve vostede o que dá de si, pero, Sr. Orozco, alá vostede. Eu non vou rebaterlle parte das cousas que vostede di que espero que as rebata -en canto ao modelo-, se así o estima oportuno, o goberno municipal, porque dende logo o modelo é o do Partido Socialista, pero voulle dicir unha cousa, Sra. Paz Abraira e señores do BNG, a min gustaríame saber, como a maioría dos lucenses, cál é o modelo do BNG, e voulle recordar unha cousa: este modelo, que di vostede que tan pouco lle gusta, é máis modelo do BNG que do PP, porque vostedes si votaron a favor da aprobación inicial no ano 2002 e, ao mellor, non sei se se acordan daquela éranlle seis concelleiros do BNG e sete do PSOE, e alí é onde se marcaba o modelo de cidade, iso é o que é a aprobación inicial, un boceto de como vai ir o modelo ou por onde se quere que vaia a cidade e como se quere que sexa o plan xeral. Vostede mire e verá o que significa o que é unha aprobación inicial. Daquela votaran vostedes a favor, nós abstiverámonos e dixéramos que queríamos ver máis e presentáramos alegacións, vostedes non. Polo tanto, ao deixar o goberno foi cando lle deixou de gustar o modelo, e supoño que a maioría dos lucenses levan esperando por ese modelo nove anos, trece do Sr. Orozco, os catro primeiros formaban parte do goberno e daquela ía todo en sintonía, aparentemente, e facían falta os votos e votaron a favor, eu xa estaba daquela aquí e o recordo perfectamente, vostede non, pero a historia hai que tela e os cidadáns de Lugo estou seguro que teñen memoria e saben perfectamente o que son os pactos e o que non os pactos e quen traballa por mellorar a cidade e quen traballou por mellorar este plan xeral, que, dentro do que puidemos, dende logo entendo que o Partido Popular si traballou dende a primeira comisión que se nos deu opción a traballar e a participar, aportando cuestións para mellorar este plan, e sempre dixemos e seguimos dicindo, e espero que quede moi claro, xa sei que volvemos dicir o mesmo, pero que este non é noso plan, que non é un plan marabilloso, que ten -baixo o noso punto de vista- algúns erros e cousas absolutamente mellorables, pero tamén dicimos que baixo o noso punto de vista é mellor ter un plan que ter un plan de fai 20 anos, e é mellor este plan que o do ano 1990 . Mire, o do ano 1990 tenlle 22 anos e vaille sendo tempo de cambialo e que un plan non é algo inamovible, un plan é un documento vivo e debe ser vivo para adaptarse a unha cidade, aos cambios, ás modificacións necesarias, etcétera, etcétera, iso é como hai que entender o urbanismo, sempre con transparencia, como deben de facerse as cousas, pero loxicamente haberá que adaptalo a nova lei do solo, haberá que facer modificacións, haberá que modificar agora o PEPRI, etcétera, etcétera. Iso é un plan que, como digo debe ser vivo, Sra. Abraira e señores do PSOE, así dende logo o entendemos nós. Nós sempre traballamos sobre esa premisa, aportando melloras que non quero volver a recordar, pero dende logo vostede falou de Albeiros e de barrios da cidade e creo que aí o Partido Popular fixo bastantes achegas, non quero mencionalas unha a unha, pero podemos empezar dende as Gándaras pasando por Albeiros ou tirando ata a Cheda, por calquera barrio si fixemos cousas, dende as entreplantas, que se fixeron

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 26/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

27

achegas ou dende os baixo cubertas ou infinidade de edificios, rúas enteiras que quedaban fóra de aliñación, que se corrixiron grazas as achegas do Partido Popular e, tamén hai que dicilo, grazas a que o Partido Socialista non tiña maioría absoluta, que foi cando nos deu opción a crear aquela Comisión onde non estaban só grupos políticos, senón que estaban tamén funcionarios e técnicos municipais, onde vostede e mais eu participamos, e algún compañeiro máis do noso grupo, e onde fixemos cada un as achegas que estimou oportunas. Nós, dende logo, sentímonos orgullosos de habelas feito, ¿que, ó mellor, nos gustaría que nos aceptaran máis? Pois si, pero cando un ten os votos que ten, e está na situación que está, ten que darse por satisfeito de haber conseguido traballar por Lugo e polos lucenses e pode estar vostede segura, Sra. Abraira, de que hai moita xente, especialmente no rural, e estou convencido de que vostede o sabe coma min, que está esperando que se aprobe definitivamente este documento para poder facer unha casiña para un fillo ou para eles, para poder obter licenza para unha casa, unha vivenda unifamiliar, e teñen dereito igual que os da rúa da Raíña a poder obter licenza debidamente regrada. Estou convencido de que vostede iso o entende e estará de acordo comigo, igual que o Sr. Álvarez, e eu se algo lle teño que reprochar, dende logo, ao goberno municipal, e llo teño que reprochar, é a lentitude coa que se tramitou este plan xeral, porque este plan xeral vén do ano 1998, que por certo daquela había un avance que era o modelo do Partido Popular que a vostede non lles gustou e o modificaron, ¿recórdao?, recórdollo eu, Sra. Abraira, e tamén llo recordo a vostede, por iso o modelo territorial -o Sr. Orozco fai así coa cabeza porque que así foi- non lle é o do Partido Popular, tenlle moito máis do BNG e do PSOE, daquela era concelleiro o Sr. Besteiro, hoxe Presidente da Deputación, do que vostedes tamén son socios, tenlle moito máis dese modelo que noso, noso para nada. Nós o que fixemos foron numerosas achegas para melloralo, pero é moi diferente do modelo territorial que iso, xa lle digo, seguimos esperando a que nos diga cál é o de vostedes. Moitísimas grazas. DON LUIS MÁNUEL ÁLVAREZ MARTÍNEZ: grazas, Sr. Alcalde. Sra. Abraira temos unha diferenza e eu entendo que hoxe o que imos refrendar aquí son as modificacións que se introduciron como consecuencia da Orde do 29 de abrir de 2011 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. É dicir, penso que, como acaba de indicar o Sra. Castiñeira e tamén vostede, os prolongados debates sobre o modelo territorial deste plan non son obxecto deste debate neste momento, aínda que entendo perfectamente que vostede faga referencia a esa situación. Mire, o consenso non é unanimidade, unanimidade é unha cousa e o consenso é outra, podemos estar de acordo de forma maioritaria, incluso en distintas combinacións de partidos políticos, porque o feito de que teñamos distintas concepcións non significa nin moito menos que non sexamos capaces de chegar a acordos, como se demostra, ademais, permanentemente neste Pleno e noutros sitios onde tamén se toman decisións, e, polo tanto, nese sentido non vexo que sexa ningún problema. Hai un consenso sobre o plan e iso non é malo, penso que é bo con independencia de que coincida coa defensa particular que pode facer

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 27/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

28

calquera grupo político con representación neste concello. En todo caso, e con respecto ao que dicía o Sr. Castiñeira, penso que non procede, e llo digo ademais -como dicía antes a Sra. Devesa- sen acritude ningunha, non procede facer neste momento ningunha referencia ao pacto co Bloque Nacionalista Galego posto que nese pacto quedou claramente establecido, escrito diante de todos os lucenses, que cada grupo político defendería con absoluta independencia a súa postura con respecto ao plan xeral e, polo tanto, é o que cada un de nós estamos facendo neste momento e o fixemos, ademais, con absoluta transparencia fai un ano e catro meses. Polo tanto incidir nesa cuestión, paréceme que non nos conduce a ningún sitio. Dicía vostede, Sr. Castiñeira, que este é o modelo do Partido Socialista, e eu entendo, por unha cuestión de convición democrática, que é do Grupo Socialista, pero tamén é o modelo, coas súa achegas, do Bloque Nacionalista Galego e tamén é o modelo do Partido Popular posto que, evidentemente, prestou o seu apoio no momento da súa aprobación e, polo tanto, podemos estar máis ou menos de acordo, pero esa aprobación, ese apoio existe e estou totalmente de acordo con outra cousa que acaba de dicir vostede, ademais o oimos todos os días, nesta e noutras cousas, a realidade é dinámica e, polo tanto, o que estamos lexislando hoxe seguramente é necesario revisalo dentro de dous días, pasa con todo e, como non, pasa tamén co urbanismo. É dicir, non hai plans marabillosos, non hai nada que vaia permanecer absolutamente vixente no sentido de dar resposta ás necesidades de forma permanente, nin o foi o do 1990 no seu momento que, como vostede sabe, unha vez aprobado foi obxecto dun número considerable de recursos, igual que o está sendo este e o sería calquera porque sempre pode haber xente que considere lesionados os seus dereitos, evidentemente este igual que todos, igual que calquera que se iniciase hoxe e se aprobase dentro dun ano, ía ser e este vai ser obxecto de modificacións necesarias e, polo tanto, penso que o importante neste momento é que somos quen de dar cumprimento, e así o entendemos todos na Comisión de Planeamento, aos requirimentos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e, polo tanto, reiteramos a petición de apoio a esa parte do Plan. Moitas grazas. DONA PAZ ABRAIRA SOBRADO : mire, o que non se pode dicir é que todos defendíamos o mesmo modelo de plan xeral e o mesmo modelo de crecemento e desenvolvemento urbanístico do concello de Lugo. Iso non é verdade e, como di o Sr. Castiñeira, non imos reargumentar aquí o que xa dixemos no Pleno do 30 de decembro do ano 2010. A realidade é que defendemos modelos absolutamente contrapostos en materia urbanística, absolutamente contrapostos, e iso demóstrase cando vostedes avalaron un plan xeral que é totalmente desmesurado, que é totalmente expansionista, que é voraz coa zona rural do concello de Lugo, que planifica un modelo de urbanización que, por certo, non está para nada deseñado para que o fillo ou a filla dun propietario da zona rural poida construír a súa vivenda, en absoluto, está deseñado para un modelo totalmente distinto, un modelo de chalés residenciais, de segunda residencia, que é o que vostedes avalaron co seu voto Sr. Castiñeira, e é dende logo un plan que para nada

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 28/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

29

trata por igual a uns veciños e a outros, a uns propietarios e a outros, iso foi o que vostedes e o seu partido aprobaron no pleno de decembro de 2010 e que, por suposto, tiñan acordado co partido Socialista, porque votaron o mesmo nun Pleno, nun asunto de tanta relevancia como é o futuro urbanístico deste concello. Por iso se queremos falar de acordos, falemos de aqueles que se someten con luz e taquígrafos e que era público o seu contido e falemos doutros que se fan a outros niveis e que, dende logo, o que buscan é refrendar intereses que para nada teñen que ver cos intereses dos lucenses e tamén hai que dicir, en canto ao cumprimento da Orde, porque así se nos fixo saber a todos os grupos políticos, que hai aspectos desa Orde que hai técnicos, non do concello, que cuestionan que se cumpran con esta modificación puntual, e falo concretamente do que ten que ver co solo rústico, onde na Orde se fala, non no Anexo, na Orde da Consellería de Política Territorial, se fala de que non se lle dá o tratamento axeitado a protección dos leitos do río Rato e Fervedoira e iso despois non se traslada a modificación que se fai da Orde. Polo tanto, é certo, o goberno municipal intenta darlle cumprimento a esa Orde, pero nuns aspectos determinados non en todos os aspectos que recolle a Orde, pero, insisto, o máis significativo, o máis relevante, é que aquí se está avaliando, aprobando e ratificando un plan que é absolutamente innecesario para o futuro do concello de Lugo, e non digan que é mellor ter este plan que ter un plan de fai 20 anos, mentira, este plan é absolutamente innecesario, é negativo e, por certo, o Partido Popular dedicou bastante tempo en todo o proceso de realización deste documento en manter a salvo tamén os intereses de determinadas persoas do Partido Popular que seguen perfectamente salvagardados no documento que hoxe se vai aprobar. DON JAIME CASTIÑEIRA BROZ: grazas Sr. Orozco. O que acaba de dicir vostede agora ao final é vergonzoso e debería estar pedindo desculpas... xamais... (voces de fondo da Sra. Abraira) ... xamais dende o Grupo Municipal Popular fixemos absolutamente ningún tema de defensa de intereses particulares de ningunha persoa do Partido Popular nin doutra persoa, si de innumerables lucenses... xa... dígame vostede cándo, ónde ou se non verémolo no Xulgado... o que acaba de dicir, Sra. Abraira, roza que a levemos a Fiscalía coas súas declaracións, roza iso como mínimo, é bochornoso. Se non teñen argumentos para rebater os feitos e as realidades búsquenos, se non teñen argumentos... (persisten as voces de fondo da Sra. Abraira) ... tranquilícese.... !e formaba parte do goberno fai tres días...¡ tranquila, por favor, reláxese... a vostedes fastídialles que lles recorden que este modelo que agora tanto poñen en tela de xuízo foi cousa de vostedes igual que destes señores, busque a aprobación inicial, busque e verá o que alí poñía e o que era, e verá o modelo seu, dos seus excompañeiros que estaban aí sentados formando parte do goberno, polo tanto non nos digan que este é o noso modelo e tampouco no lo diga vostede, Sr. Álvarez. O Partido Popular o que fixo foron achegas puntuais para mellorar temas... (voces de fondo inaudibles) ... ese non é o modelo, Sr. Bao, ese non é o modelo, unha achega puntual para mellorar zonas e mellorar unha serie de tramites e sistemas... (voces de fondo inintelixibles) ... pero dígalle a súa compañeira que o deixe falar... iso non é un

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 29/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

30

modelo e cando a súa compañeira fala de 27.000 vivendas, pregúntenlles aos seus compañeiros de Vigo cál era o modelo que tiñan vostedes alí, ...non, non, xa sei que estamos falando de Lugo, pero alí o modelo si que era expansionista, e os de Lugo parece que teñen que facer a casa onde lles digan os do BNG, aquí si, en Conturiz si, no outro lado non, na outra parroquia si e na outra non, xa veremos, e eu espero que si, que haxa moitos pais e moitos fillos que poidan pedir licenza para poder facer esas casas que estou convencido de que están esperando, oxalá foran moitas máis, a situación económica non é a mellor, pero oxalá foran moitas máis, pero estou convencido de que algunhas si e tamén lle podo dicir que algunhas persoas polo retraso dos seus ata agora socios de goberno, e sigo pensando o mesmo, polo retraso que dende abril de 2011, para abril fai dous anos, houbo un retraso importantísimo neste 5%, a maior parte deste 5% afecta a núcleos rurais, e por ese motivo houbo xente que tivo que comprar fincas fóra do concello de Lugo para poder facer a súa casa porque tendo fincas nas zonas de expansión ou nos núcleos que estaban pendentes dese 5% non puido facer a súa casa, en concreto algún fillo dalgunha persoa que vostede coñece e eu tamén os coñezo, tiveron que buscar fincas fóra do concello de Lugo para poder edificar porque segundo vostede ían facer unha urbanización, non, miren, pregúntenlles en moitas zonas, en moitos núcleos rurais se se van facer ubanizacións, as zonas de expansión que van facer neses contornos son para urbanizacións ou son para os propietarios das fincas segundo coincida, despois non sei se están ben feitos ou non, seguro, e eu aí eu podo estar de acordo, que seguro que hai erros, estou convencido que en moitos casos hai erros, pero xa digo que máis vale ter un plan, aínda que non sexa marabilloso, e así o votamos nós e así traballamos, traballamos para melloralo o máximo posible, pero máis vale ter este, aínda que non sexa moi bo, que ter un de fai vinte anos, que estaba totalmente desfasado de calquera adaptación a unha lei do solo minimamente actualizada. E despois son vostedes os que defenden determinadas zonas da cidade e pregúntanse cousas..., xa remato... aquí dixéronse cousas moi graves. Incluso falou vostede do chalé de Cobreros, os propietarios do chalé de Cobreros foron os primeiros en pedir que se eliminara a expropiación dese chalé, vostede utiliza os datos segundo lle interesa e así non lle vai... e mire as 27.000 vivendas, Sra. Abraira, élle unha previsión e, loxicamente, non se vai desenvolver nos vindeiros dez-quince anos que pode ter de vida este plan, se é como o anterior terá vintedous anos de vida, non se vai desenvolver ao 100%, nin moito menos por que senón... as 27.000 vivendas, ao mellor, se quedan en sete ou oito e loxicamente os cidadáns e os veciños de Lugo teñen dereito a poder elixir onde van poder facer as súas casas e desenvolver esa parte, así de sinxelo, estou convencido. Espero que as outras cousas llas conteste o Sr. Álvarez porque, xa digo, o Partido Socialista e vostedes son os responsables dese modelo territorial, modificárono cando chegaran ao goberno no ano 1999, o Partido Popular tiña un modelo e vostedes cambiárono, punto, iso é o que hai, e agora hai concelleiros que vimos con ganas de traballar, de traballar por Lugo e polos lucenses e hai outros que prefiren xogar á política. Moitas grazas.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 30/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

31

DON LUIS MANUEL ÁLVAREZ MARTÍNEZ: señora Abraira, eu non dixen que o plan xeral recollera todo o que quería cada quen, dixen que era froito do consenso simplemente. É imposible, como calquera dos que estamos aquí comprendemos, que se hai posturas contrapostas ambas figuren en calquera documento, sexa nun plan ou en calquera outra cousa. Sr. Castiñeira, con respecto ao que vostede di de que o Partido Popular fixo achegas puntuais ao texto, home, serían algo máis que achegas puntuais toda vez que foron merecentes de acadar o seu apoio para a súa aprobación, digo eu que sería algo máis que modificar unha rúa aquí, un estudo de detalle noutro lado e unha área de expansión noutro sitio. En todo caso, e dígoo para todos, o verdadeiramente importante hoxe é que entendo que imos ser capaces de ofrecerlle ao concello de Lugo -mellorable, malo, bo, segundo o interprete cada quen- un documento estable que confiemos que coa seguridade xurídica que dixemos que se buscou, e de aí o tempo da súa tramitación, do seu estudo, non teña problemas para acadar a súa aprobación final por parte da consellería competente que entendemos seguirá sendo a de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Iso é o que é importante a día de hoxe, resaltar que a totalidade do concello de Lugo, unha vez producida esa aprobación definitiva, vai ter un documento, un marco normativo estable no que desenvolverse cada quen en función do que ese plan que imos aprobar estableza, mellorable ou non, que teña vixencia durante cinco anos, dez, quince ou vinte, non o sabemos a día de hoxe, igual que non se sabía cando se aprobou o de 1990 cánto tempo ía estar en vigor e cánto ía transcorrer antes de que fose modificado. En todo caso, insisto, a tarefa do goberno, a responsabilidade, entendemos que está cumprida, cada un entenderá que con lentitude, coa máxima celeridade, etcétera, polo tanto pedimos deste Pleno a aprobación deste proxecto de revisión do plan de ordenación municipal. INTERVENCIÓN 6/140 EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA: TRANSFEREN CIA DE CRÉDITO NÚMERO 14/2012. APROBACIÓN INICIAL.- Examinado o expediente tramitado para os efectos, que foi ditaminado favorablemente pola Comisión Especial de Contas e Ordinaria de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educación na sesión celebrada o día 27 de novembro de 2012, e vista a proposta da Tenenta de Alcalde da Área de Goberno de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educacións, cuxa parte expositiva é do teor literal seguinte: “Logo de ver o acordo plenario de data 03/09/2012 no que se aprobaba a proposición conxunta dos Grupos Municipais Socialista e do Bloque Nacionalista Galego, núm 117/2012 de rexistro de Pleno, para impedir a perda do poder adquisitivo das empregadas e empregados públicos afectados polo Decreto 20/2012, que no seu punto sinalaba o seguinte : “(...)

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 31/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

32

4.- Propoñer que, en solidariedade coas empregadas e empregados públicos afectados polo Real Decreto-Lei 20/2012, a Corporación Municipal de Lugo non perciba este ano a paga extra de Nadal.” Tendo en conta o voto favorable dos membros corporativos adscritos a ambos grupos propoñentes da proposición Logo de ver o escrito de data 10/10/2012 de renuncia expresa dos concelleiros adscritos ó Grupo Municipal Popular do Concello de Lugo, con dedicación parcial ou exclusiva, ó cobro das cantidades a que se refire o Real Decreto, referidas ás contías correspondentes ás retribucións equivalentes á paga extra de decembro Remitido polo Servizo de Persoal a cuantificación do crédito asignado ás mencionadas retribucións, por importe total de 46.536,89 segundo establece a Base de execución núm 18 das de execución do orzamento vixentes, e os créditos por trienios Considerando a proposta da Concellería delegada de Servizos Sociais de data 08/11/2012, asinada pola xefa de servizo e conformada pola responsable da Area xestora, instando a conveniencia e oportunidade de incoar a tramitación dun expediente de modificación de créditos mediante a modalidade de transferencia de créditos polo importe citado en base ás necesidades derivadas da aplicación do Programa Municipal de Emerxencia Social como consecuencia do incremento do tanto das necesidades como de número de usuarios a raíz da situación socioeconómica vixente, os altos índices de desemprego, a limitación temporal e económica dos subsidios de desemprego, o baixo poder adquisitivo das/os perceptoras/es de pensións non contributivas e incluso das contributivas, a demora das distintas administracións na tramitación e resolución de expedientes de solicitude de prestacións sociais, o incremento da poboación inmigrante carente de ingresos económicos, o elevado nivel de endebedamento das familias, a precariedade laboral, e o alto custo da vivenda. Solicito a incoación do expediente de modificación de créditos mediante a modalidade de Transferencia de crédito , en base ó informe-proposta dos Servizos Sociais, en base á cuantificación do crédito por parte do servizo de Persoal Considerando a proposta remitida polos Servizos Sociais, segundo o informe da Intervención Municipal Ref. 628/2012, resulta necesaria a tramitación dun expediente de modificación de créditos mediante a modalidade de transferencia de crédito entre distintas Areas de Gasto Considerando o disposto nos artigos 178 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo polo que a aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais; artigos 40 a 42 do Real Decreto 500/1990 do 20 de abril, Regulamento Orzamentario e nas Bases de Execución do Orzamento.- Considerando a finalidade do presente expediente ,que é a de outorgar cobertura orzamentaria á aplicación do aforro xerado pola aplicación do Punto Cuarto da proposición conxunta dos Grupos Municipais Socialista e do Bloque Nacionalista Galego, núm. 117/2012 de rexistro de Pleno, para impedir a perda do poder adquisitivo das empregadas e empregados públicos afectados polo Decreto 20/2012, aprobada en sesión plenaria de data 03/09/2012 e confirmado polo escrito

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 32/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

33

de renuncia de data 10/10/2012 dos concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular con dedicación exclusiva ou parcial, En base ó expediente administrativo tramitado, o informe de Intervención Ref. 628/2012 de data 20/11/2012 e demais documentación obrante no expediente e o ditame favorable da Xunta de Goberno Local de data 21/11/2012” Ao non solicitarse o uso da palabra, sométese directamente o asunto a votación, acadándose os seguintes resultados: - Votos a favor: 24, dos seguintes concelleiros adscritos ós tres Grupos Municipais (do Partido Popular, Socialista e do Bloque Nacionalista Galego): - Don José Clemente López Orozco, Excmo. Sr. Alcalde-Presidente (GMS). - Don Jaime Castiñeira Broz (GMPP). - Dona María Encarnación Amigo Díaz (GMPP). - Don Arcadio Silvosa Alonso (GMPP). - Dona María Lourdes Yáñez García (GMPP). - Don Enrique Ceferino Rozas López (GMPP). - Dona Isabel Devesa Piñeiro (GMPP). - Don Manuel López Fernández (GMPP). - Dona María De Los Ángeles Teijeiro González (GMPP). - Don Ángel Trabada Gómez (GMPP). - Dona Raquel Castiñeira Castelo (GMPP). - Don Antonio Ameijide Osorio (GMPP). - Don Juan Carlos Plaza Gómez (GMPP). - Don José Ramón Góméz Besteiro (GMS). - Ilma. Sra. Dona Sonia Méndez García (GMS). - Ilma. Sra. Dona María Del Carmen Basadre Vázquez (GMS). - Ilmo. Sr. Don Luis Manuel Álvarez Martínez (GMS). - Ilmo. Sr. Don Manuel Enrique Chaín Fernández (GMS). - Dona María Esther Muñoz Mella (GMS). - Ilmo. Sr. Don José Manuel Díaz Grandío (GMS). - Ilma. Sra. Dona Ana María González Abelleira (GMS). - Ilmo. Sr. Don Lino José González-Dopeso García (GMS). - Don Xosé Antón Bao Abelleira (GMBNG). - Dona Paz Abraira Sobrado (GMBNG). - Votos en contra: Ningún. - Abstencións: Ningunha. O Excmo. Concello Pleno, con base na referida proposta, pola unanimidade dos vinte e catro membros presentes, ACORDA:

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 33/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

34

PRIMEIRO.- Aprobar inicialmente o actual expediente de modificación de créditos a través da modalidade de transferencia de crédito por un importe global de 46.536,89 euros, segundo o seguinte tenor:

APLICACIÓN ORZAMENTARIA

QUE CEDE CRÉDITO

IMPORTE €

APLICACIÓN ORZAMENTARIA

QUE INCREMENTA CRÉDITO

IMPORTE €

91200.10000 Órganos de goberno. Retribucións

46.536,89 23310.48000 Emerxencia social

46.536,89

SEGUNDO.- Expoñer ó público o presente acordo polo prazo de quince días hábiles aos efectos de reclamacións, conforme o preceptuado no artigo 169 do Real-Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, en relación co artigo 178 do citado texto normativo. TERCEIRO.- Que no suposto de que non se presentasen reclamacións contra o mesmo, considerárase definitivamente aprobado, debendo cumprirse o trámite da súa publicación. ASESORÍA XURÍDICA 7/141 INTERPOSICIÓN DE RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO ANTE O TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA, CON TRA A DESESTIMACIÓN POR SILENCIO ADMINISTRATIVO DO RECURS O DE ALZADA OU DO QUE CORRESPONDA, INTERPOSTO CONTRA A RESOLUCIÓN DO DIRECTOR XERAL DE VIVENDA E SOLO DE 2 0 DE ABRIL DE 2012.- Examinado o expediente tramitado para os efectos, que foi ditaminado favorablemente na Comisión de Cultura, Turismo, Deportes, Recursos Humanos e Protección da Comunidade, celebrada o día 26 de novembro de 2012, e vista a proposta de acordo da Asesoría Xurídica, conformada pola Alcaldía, que na súa parte expositiva sinala:

“ANTECEDENTES DE FEITO PRIMEIRO.- Con data 25 de setembro de 2012, polo Servizo de Contratación, Patrimonio e Fomento, propúxose esta Asesoría Xurídica a interposición de recurso contencioso administrativo contra a desestimación por silencio do recurso de alzada ou do que corresponda, presentado en data 1 de xuño de 2012, contra a Resolución do Director Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo do 20 de abril de 2012, pola que se declara a perda do dereito de cobramento da subvención pola falta de presentación da certificación de gastos de

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 34/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

35

mantemento de oficina municipal de rehabilitación, Portelo único exercicio 2011, no prazo establecido no convenio de colaboración asinado entre o IGVS e o Concello de Lugo en data 3 de agosto de 2011. SEGUNDO.- A Asesoría Xurídica do Excmo. Concello de Lugo emitiu informe favorable á interposición do dito recurso.

CONSIDERACIÓNS XURÍDICAS I.- O artigo 123.m) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, segundo a redacción dada pola Lei 57/2003, do 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local, establece: ‘corresponden ó Pleno as seguintes atribucións: O exercicio de accións xudiciais e administrativas e a defensa xurídica do Pleno nas materias da súa competencia’.” Tras a deliberación efectuada, sométese o asunto a votación, acadándose os seguintes resultados: - Votos a favor: 12, dos seguintes concelleiros adscritos ós Grupos Municipais Socialista (GMS) e do Bloque Nacionalista Galego (GMBNG): - Excmo. Sr. Don José Clemente López Orozco, Alcalde-Presidente do Concello

de Lugo (GMS). - Don José Ramón Gómez Besteiro (GMS). - Ilma. Sra. Dona Sonia Méndez García, Tenenta de Alcalde Delegada da Área

de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educación (GMS). - Ilma. Sra. Dona María del Carmen Basadre Vázquez, Tenenta de Alcalde

Delegada da Área de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua (GMS).

- Ilmo. Sr. Don Luis Manuel Álvarez Martínez, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Urbanismo (GMS).

- Ilmo. Sr. Don Manuel Enrique Chaín Fernández, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Infraestruturas e Medio Rural (GMS).

- Dona María Esther Muñoz Mella, Delegada de Educación, Formación e Orientación Laboral (GMS).

- Ilmo. Sr. Don José Manuel Díaz Grandío, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Deportes (GMS).

- Ilma. Sra. Dona Ana María González Abelleira, Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Benestar Social e Igualdade (GMS).

- Ilmo. Sr. Don Lino José González-Dopeso García, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Medio Ambiente e Axenda 21 (GMS).

- Don Xosé Antón Bao Abelleira (GMBNG). - Dona Paz Abraira Sobrado (GMBNG). - Votos en contra: Ningún. - Abstencións: 12, dos seguintes concelleiros adscritos ó Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP):

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 35/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

36

- Don Jaime Castiñeira Broz (GMPP). - Dona María Encarnación Amigo Díaz (GMPP). - Don Arcadio Silvosa Alonso (GMPP). - Dona María Lourdes Yáñez García (GMPP). - Don Enrique Ceferino Rozas López (GMPP). - Dona Isabel Devesa Piñeiro (GMPP). - Don Manuel López Fernández (GMPP). - Dona María de los Ángeles Teijeiro González (GMPP). - Don Ángel Trabada Gómez (GMPP). - Dona Raquel Castiñeira Castelo (GMPP). - Don Antonio Ameijide Osorio (GMPP). - Don Juan Carlos Plaza Gómez (GMPP). En virtude de todo o cal, o Excmo. Concello Pleno, con base na referida proposta, por doce vostos a favor, ningún en contra e doce abstencións, ACORDA a interposición de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contra a desestimación por silencio do recurso de alzada ou do que corresponda, presentado en data 1 de xuño de 2012, contra a Resolución do Director Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo do 20 de abril de 2012, pola que se declara a perda do dereito de cobramento da subvención pola falta de presentación da certificación de gastos de mantemento de oficina municipal de rehabilitación -Portelo único exercicio 2011-, no prazo establecido no convenio de colaboración asinado entre o IGVS e o Concello de Lugo.

DELIBERACIÓN Aberta a rolda de intervencións, fai uso da palabra no nome do equipo de goberno, o concelleiro DON LUIS MANUEL ÁLVAREZ MARTÍNEZ que sinala: vaime sobrar, entendo, máis da metade do tempo. En todo caso, o que se trae a este Pleno é a interposición dese recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en base a unha denegación por silencio administrativo de algo que xa foi obxecto de prolongado debate con respecto a denegación do Instituto Galego de Vivenda e Solo dunha subvención que no seu momento, ano 2011, se entendía que se tiña dereito por ter cumpridos todos os prazos e todas os trámites necesarios con respecto ao convenio asinado no seu momento. Como saben todos os integrantes do Pleno, do que aquí se trata é de se o convenio tiña vigor ata o 31 de decembro, con independencia de que o Instituto Galego de Vivenda e Solo considerase que a xustificación se tiña que facer nun momento determinado do mes de novembro ou non. O traballo realizouse, as persoas que tiñan dereito a esas axudas recibiron axudas porque o concello fixo a tramitación correspondente que era a súa obriga conforme a ese convenio e, polo tanto, como entendemos que o traballo se fixo, que se fixo en prazo e que, polo tanto, se cumpriron todas as condicións, no seu momento plantexouse o recurso de alzada pertinente contra esa denegación. Como queira que o Instituto Galego da Vivenda e Solo non contestou a

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 36/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

37

ese recurso, entendemos que por silencio administrativo e co informe favorable da Asesoría Xurídica, tal e como figura no expediente, procede a interposición do correspondente recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que é para o que solicitamos a aprobación. No nome do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego intervén DONA PAZ ABRAIRA SOBRADO que indica: dende o BNG compartimos a necesidade de presentar este recursos porque entendemos que o que se están defendendo son os intereses dos veciños e veciñas de Lugo coa súa interposición. Independentemente doutro tipo de análises e de cando houbese que presentar ou non a xustificación, aquí do que estamos falando é dunha perda de dereitos por parte dos cidadáns de Lugo que se non se presenta ese contencioso se asumirían de feito e, polo tanto, neste caso, xa o dixemos na Comisión correspondente, imos apoiar a interposición deste recurso. Seguidamente fai uso da palabra a concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular, DONA RAQUEL CASTIÑEIRA CASTELO, que manifesta: boa tarde. O primeiro que quero salientar é a lexitima pretensión que ten este concello de loitar polos seu dereito a percibir a subvención do IGVS para axudar aos gastos de mantemento da Oficina Municipal de Rehabilitación. A maior abundamento, este Grupo Municipal do Partido Popular non discute o dereito deste concello ou de calquera outro a loitar polos dereitos que lle correspondan nas súas relacións con outras administracións. Tralo exposto é preciso centrarnos no obxecto do debate que non é outro que a procedencia da interposición do recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra a desestimación como ben di por silencio administrativo do recurso interposto contra a resolución da Directora Xeral de Vivenda e Solo, pois ben, convenio de colaboración entre o IGVS e o concello de Lugo para a tramitación do expediente de rehabilitación e financiamento dos gastos de mantemento para o período 2009-2012, que foi asinado o 3 de agosto de 2011 por don Agustín Hernández en nome do IGVS e polo Tenente de Alcalde Delegado de Urbanismo, establece no parágrafo segundo da cláusula 9 que a última certificación farase a orixe e presentarase nos servizos centrais do IGVS antes do día 30 de novembro de 2011, polo tanto atopámonos cunha condición “sine qua non” ao dereito a subvención inicialmente aprobada, consideraríase perdido, pero a pregunta é ¿estamos ante un incumprimento desta condición por parte do concello?. Na documentación existente no expediente administrativo pódese apreciar que a certificación do total do gasto realizado a que se fai mención na cláusula 9 do convenio foi presentada no Rexistro do IGVS de Lugo o día 3 de xaneiro de 2012, isto é un mes e tres días máis tarde do prazo sinalado como días “ad quen” no citado documento. Polo tanto non é certo que se producira ese retraso mínimo de tres días como se di no recurso de alzada presentado por este concello. Por outra banda sinalar que na cláusula 12 do convenio estipula que o incumprimento parcial ou total sería motivo de resolución do acordo. Neste caso tradúcese na falta de presentación en prazo da certificación que tivo como

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 37/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

38

consecuencia a devolución ao concello da documentación presentada a través do escrito de data 6 de febreiro de 2012 que tivo entrada neste concello o 13-2-2012. Así mesmo, hai que subliñar que con data 23 de novembro de 2011 rexistrouse neste concello un escrito asinado polo Director Xeral do IGVS polo que se solicitaba a maior brevidade posible a certificación de gastos correspondentes aos catro trimestres dese ano xa que non tiña coñecemento de ningún deses datos. Novamente o equipo de goberno falta a verdade cando afirman que non se concedeu o prazo do artigo 45 do Decreto 11/2011, de 8 de xaneiro, e tamén falta a verdade cando di que non se aplica o artigo 76 da lei 30/1992. Neste sentido o prazo de xustificación do artigo 45 di que o beneficiario deberá presentar ante o órgano administrativo competente a xustificación da subvención no prazo fixado na resolución da concesión, é dicir cláusula 9 co contrato. Debemos neste punto traer a colación o artigo 61 do citado Decreto 11/2011 en canto á perda do dereito do cobro da subvención que, no seu apartado 1º, di que será por falta de xustificación. Ademais é necesario indicar que o artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establece que o beneficiario ten a obriga de cumprir obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade e adoptar o comportamento que fundamenta a concesión nos termos establecidos nas bases reguladoras e na resolución da concesión, polo que é indiscutible que a obriga do equipo de goberno é de poñer a disposición do IGVS a certificación do gasto tal e como se establece na cláusula 9ª. Non cabe, polo tanto, dúbida de que estamos ante unha causa de reintegro de prestacións polo incumprimento da obriga de xustificación segundo as normas reguladoras da subvención que, no seu artigo 33, o apartado 1. c) di claramente: o incumprimento da obriga da xustificación ou a xustificación insuficiente. Neste punto só teño unha pregunta para vostede, Sr. Álvarez, que se é tan amable me pode responder, e é que ¿presentou vostede a documentación requirida ao IGVS en prazo, antes do 30 de novembro de 2011?. Grazas. DON LUIS MANUEL ÁLVAREZ MARTÍNEZ: Sra. Castiñeira, grazas pola súa douta e documentada intervención, en todo caso teño a ben recordarlle que este é un órgano de decisión política, non é un órgano xurisdicional e, polo tanto, permítame que lle diga que no caso que nos ocupa movémonos no vidroso ámbito da interferencia política no ámbito xurisdicional, polo tanto imos, se non lle importa, a tentar apartar esa cuestión deste debate. Mire, evidentemente o convenio asinouse o 3 de agosto, supoño que nesa extensa, en canto ao tempo polo menos, lectura da documentación que soporta este convenio, amén da lexislación de aplicación, vostede o leu por completo e sabe que aínda que se asinou o día 3 de agosto de 2011, como acaba vostede de citar correctamente, tiña vixencia dende o 1 de xaneiro dese mesmo ano, ¿parécelle a vostede, dende o punto de vista xurídico, que non existe unha presunción de confianza entre ambas administracións cando unha asume dende o 1 de xaneiro a obriga de tramitar diante dos cidadán toda a documentación inherente ás axudas ata o 3 de agosto que se asina ese convenio? Vostede supoño que dentro da súa formación coñece o principio de mutua confianza entre partes, ¿verdade que si?, polo tanto cabe supoñer que ese principio, o mesmo que

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 38/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

39

funciona para que a Xunta asuma que o concello tramita dende o 1 de xaneiro, sen seguridade xurídica ningunha, ata o 3 de agosto a tramitación dos procedementos, cabe supoñer que o concello tamén a teña con respecto ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, como organismo autónomo da Xunta de Galicia, para a xustificación deses expedientes. Pero se quere podemos ir máis alá e falar aquí de política e podemos falar de política orzamentaria e podemos falar de intencións, e da necesidade que ten neste momento o Instituto Galego da Vivenda e Solo de sancionar -como moi ben dicía a señora Abelleira- a todos os cidadáns de Lugo, coa perda de 80.000 euros que lles corresponderían porque o Concello fixo o seu traballo. Evidentemente supoño que vostede, non supoño, perdón, sei que vostede na súa formación coñece que dentro do ámbito da xurisdición, cando un realiza o seu traballo con independencia de outros condicionantes ten dereito a percibir a remuneración pola que foi contratado, iso sábeo vostede moitísimo mellor ca min. En todo caso tamén lle podo dicir que, con independencia de que politicamente podo entender a postura do Partido Popular, este goberno non tería recorrido esa decisión, nin en recurso de alzada nin viría agora a formular a interposición do recurso no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se os técnicos xurídicos do Concello non dixesen que era procedente, porque evidentemente eu non teño porque saber xurisdición suficiente como para dicir se isto procede ou non pero os técnicos municipais si, son os técnicos municipais e vostedes sábeno, porque figura no expediente que consultaron, que tanto os técnicos de contratación como a asesoría xurídica din que “procede plantexar este recurso”; e como este recurso defende 80.000 euros que son de todos os cidadáns de Lugo, os que estamos aquí, é polo que decidimos ir adiante con este recurso. A SEÑORA ABRAIRA SOBRADO intervén manifestando: en todo caso eu recoñecerlle, dende logo, o contido da súa intervención. Eu non a din seguido pero ao mellor é un problema persoal ¿non? Porque con tanto dato a min o que non me quedou nada claro é se o Partido Popular está de acordo en presentar o recurso, ou non, e se apoia a reclamación do Concello de Lugo que implica que se lle entreguen ao Concello os 80.000 euros que lles corresponden aos cidadáns de Lugo polas xestións que o propio Concello xa tiña feito, dado que a tramitación administrativa de todas esas axudas -axudas que van dirixidas aos veciños e que non van dirixidas ao Concello- efectivizáronse de maneira real. É dicir, todo o traballo burocrático administrativo que lle correspondía facer ao Concello de Lugo, por certo, por unha achega que non é o Concello de Lugo o único que a denuncia senón que o denuncian absolutamente todos os concellos porque é insuficiente para manter en funcionamento as oficinas para a tramitación deste tipo de axudas; no caso do Concello de Lugo a través de EVISLUSA pero que noutros concellos tramitan directamente con medios propios, ou con empresas propias públicas, como é o caso de EVISLUSA. Entón, nós témolo claro dende o BNG, nós entendemos que os veciños e as veciñas de Lugo deben recibir por parte da Xunta esa subvención; por qué?, porque o traballo está feito, porque se fixo en tempo e forma, porque é máis, porque se gastou máis do que realmente achega a Xunta para facer

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 39/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

40

todo ese tipo de tramitacións e que isto redunda en beneficio dos veciños e das veciñas de Lugo. Entón eu creo que é a aclaración que hai que facer: ¿estamos ou non de acordo en reclamarlle xa pola vía do contencioso-administrativo iso á Xunta de Galicia? ¿si ou non? Intervén a SRA. CASTIÑEIRA CASTELO manifestando: O obxecto non é para as axudas é para a oficina. Imos ao centro do discurso. Vostede di que o traballo si se realizou e iso non se discute. E que o problema non é se se realizou ou non o traballo, señora Paz, o traballo está realizado, o que non está é conformado segundo a cláusula novena. Hai uns prazos e a lei é para todos e hai que cumprila. Qué pasaría se un cidadán de Lugo non pagase un imposto en prazo? Se non paga un imposto en prazo recárgaselle ¿non?, pois igual que os cidadáns teñen que cumprir a lei, tamén a ten que cumprir o Concello, e é moi clara a cláusula novena, hai unha condición: antes do 30 de novembro de 2011 tiña que achegarse o certificado, non é máis. Por outro lado hai que ter en conta tamén…ben, señor Álvarez, creo que non me respondeu á pregunta, antes de nada. Pregunteille se se presentara en prazo, antes do 30 de novembro, a documentación, e non obtiven resposta, supoño que será negativa, será un “non” porque senón non estaríamos falando da interposición do dito recurso. Hai que ter en conta, como dicía, que o máis probable é que este recurso se perda. Isto supón uns gastos que hai que sumar aos 80.000 euros que serían as costas procesuais que son sobre uns 10.000 euros, máis ou menos. Certo é que é viable, si que é viable, todos os recursos son viables. Vostede pode recorrer sen problema. O que hai que meditar é se á factible para este Concello achegar máis gastos ao orzamento. Por outro lado estamos a falar dunha subvención cuxa formalización se realizou a través dun convenio; as partes, libremente, pactaron este convenio. Tal é así que o contido do expediente é se reflicte que o borrador do convenio foi facilitado a este equipo de goberno, e foi facilitado para consensuar determinadas partes e foi asinado por ambas partes, o IGVS e o Concello de Lugo, de forma voluntaria, polo que só queda dicir “pacta sunt servanda”, é dicir, “o pactado hai que cumprilo”, e vostedes asinaron que antes do 30 de novembro de 2011 terían achegada esa certificación, non despois, porque unha cousa é a efectividade do convenio e outra cousa é o cumprimento dos prazos, son dúas cousas moi distintas. Polo tanto ¿qué se vai presentar o recurso?, perfecto, é lexítimo. Comecei a miña exposición dicindo que ten dereito. É lexítima a pretensión deste Concello de facelo, o que pasa é que hai que presentar antes as cousas para non perder subvencións como ten por habitual este equipo de goberno; 200.000 en subvencións; 180.000 concedidos polo Instituto Enerxético de Galicia; 30.000 destinados a cuestións de carácter social, e imos sumando estas 80.000 agora.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 40/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

41

O SR. ÁLVAREZ MARTÍNEZ intervén novamente manifestando: con respecto á pregunta que vostede me fai con reiteración e tanta insistencia e necidade, vostede mesma citou a resposta e, polo tanto, non lle teño que contestar. Xa sabe que efectivamente a xustificación non se presentou nesa data, polo tanto para qué imos dicir aquí se se presentou ou non, xa o dixo vostede. Vostede dixo que o Concello de Lugo tiña que facer cumprir as súas obrigas igual que llas facía cumprir aos cidadáns. Ten razón. ¿Sabe cál é a diferenza? Que cando un colectivo ou cidadán ten dereito a unha subvención neste concello e non xustifica en prazo, este concello requíreo para que o faga, cousa que non fixo o IGVS, esa é a diferenza. En todo caso con independencia da incorporación de termos latinos aos que tan afeccionados son os avogados dos que hai máis de un, por certo, neste Pleno, lle vou dicir unha cousa, insisto, porque xa o dixen ao comezo da miña segunda intervención, a súa intervención está documentada e fundada, en todo caso teña en conta vostede unha cousa, tan avogados son os que fixeron os recursos, os que os van a interpoñer, coma vostede e, polo tanto, seguramente, cando menos, teñen a mesma contundencia á hora de estimar que procede a interposición dese recurso como vostede para dicir que non. En todo caso, e como dicía a señora Abraira, a estas alturas aínda non sabemos se van votar que “non” ou votar que “si”, supoño que en breve se desvelará este misterio. Insisto en que o que facemos é a defensa dos intereses dos cidadáns de Lugo posto que o traballo está cumprido. Grazas señor Alcalde e grazas señora Castiñeira pola súa douta intervención. O SR. ALCALDE manifesta: ten que ser un pracer dona Raquel esa confianza que ten que haber entre administracións e cando algún día -espero que dentro de vinte anos- se senten aquí, xa verá cando lle digan “pasa por las horcas caudinas” ou senón non tes nada que facer, xa verá vostede como baixa a cabeciña e pasa o tres de agosto ou o vinte de setembro, cando estás traballando dende o un de xaneiro, dende o un de xaneiro, en precario, porque temos confianza na administración porque ten que ser así, non hai dereito a iso, de verdade, e imos ver o que din os tribunais, pídolle que non faga oposicións, mentres tanto que non a nomeen pola cuarta quenda porque senón estamos perdidos, non sexa mala. Señor Secretario, ¿hai que votar tal cousa? Si. Xa se desvelou o misterio, non votan a favor. PROPOSICIÓNS 8/142 PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR, NÚMERO 156/2012 DE REXISTRO DO PLENO, RELATIVA Á DO TACIÓN DE MEDIOS MATERIAIS PARA O SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS. - Vista a devandita proposición, cuxa elevación ao pleno foi ditaminada favorablemente pola Comisión Permanente Ordinaria de Urbanismo, Infraestruturas, Medio Ambiente e Zona Rural, celebrada o día 29 de novembro de 2012, expresiva do seguinte:

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 41/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

42

“EXPOSICIÓN DE MOTIVOS No Concello de Lugo unha parte importante da rede de abastecemento de auga é de fibrocemento, o que provoca que as roturas sexan constantes. Na actualidade cando se produce algunha avaría que afecta a este tipo de canalizacións, os operarios municipais desprazados para a súa reparación, ao non contar cos medios materiais necesarios conforme o establecido ao Rd 396/2006, do 31 de marzo polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto, vense obrigados a poñerse en contacto cunha empresa externa, o que supón unha perdida de tempo e un gasto innecesario para o Concello, provocando con elo duplicidades. Por todo elo, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE: Que o Concello de Lugo dote aos operarios pertencentes ao Servizo Municipal de Augas dos medios materiais necesarios, que lles permita reparar as avarías que se produzan na rede de abastecemento cando sexa de fibrocemento.” Tras a deliberación efectuada, sométese o asunto a votación, acadándose os seguintes resultados: - Votos a favor: 24, dos seguintes concelleiros adscritos ós tres Grupos Municipais: - Don José Clemente López Orozco, Excmo. Sr. Alcalde-Presidente (GMS). - Don Jaime Castiñeira Broz (GMPP). - Dona María Encarnación Amigo Díaz (GMPP). - Don Arcadio Silvosa Alonso (GMPP). - Dona María Lourdes Yáñez García (GMPP). - Don Enrique Ceferino Rozas López (GMPP). - Dona Isabel Devesa Piñeiro (GMPP). - Don Manuel López Fernández (GMPP). - Dona María De Los Ángeles Teijeiro González (GMPP). - Don Ángel Trabada Gómez (GMPP). - Dona Raquel Castiñeira Castelo (GMPP). - Don Antonio Ameijide Osorio (GMPP). - Don Juan Carlos Plaza Gómez (GMPP). - Don José Ramón Góméz Besteiro (GMS). - Ilma. Sra. Dona Sonia Méndez García (GMS). - Ilma. Sra. Dona María Del Carmen Basadre Vázquez (GMS). - Ilmo. Sr. Don Luis Manuel Álvarez Martínez (GMS). - Ilmo. Sr. Don Manuel Enrique Chaín Fernández (GMS). - Dona María Esther Muñoz Mella (GMS). - Ilmo. Sr. Don José Manuel Díaz Grandío (GMS). - Ilma. Sra. Dona Ana María González Abelleira (GMS). - Ilmo. Sr. Don Lino José González-Dopeso García (GMS). - Don Xosé Antón Bao Abelleira (GMBNG). - Dona Paz Abraira Sobrado (GMBNG).

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 42/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

43

- Votos en contra: Ningún. - Abstencións: Ningunha. En virtude de todo o cal, o Excmo. Concello Pleno, pola unanimidade dos vinte e catro membros que conforman a Corporación, ACORDA dotar aos operarios pertencentes ao Servizo Municipal de Augas dos medios materiais necesarios, que lles permita reparar as avarías que se produzan na rede de abastecemento cando sexa de fibrocemento.

DELIBERACIÓN Intervén o DON ÁNGEL TRABADA GÓMEZ, no nome do Grupo Municipal do Partido Popular que manifesta: as avarías na rede de subministro de auga potable da nosa cidade é algo ao que os lucenses xa estamos acostumados. É rara a semana en que nalgunha zona de Lugo non temos algún corte de subministro de auga, que eu lembre, ultimamente, en Alfonso X “El Sabio”, o Garañón, en Ramón Ferreiro, Alexandre Bóveda, Fontiñas, Ceao, Ronda de Fingoi -aquí varias-, Avenida das Américas; estas avarías complícanse máis dado que o noso concello aínda non ten o estudo de planimetría que, por certo, pedira o Grupo Municipal do Partido Popular fai dous anos, no Pleno de marzo do 2010, que se elaborara ese estudio de planimetría. En aquel momento, o señor Piñeiro, que era o Delegado desta área dixo que levaban dez anos e pico traballando nese estudio, agora levamos case trece anos e seguimos esperando por ese estudio. Non sabemos se se elaborou, se se segue traballando nel ou se, neste momento, non interesa; o que si nos están demostrando é que, como en outras ocasións, os acordos que se toman nos plenos sáltanos á toreira porque isto aprobarase por maioría dos tres grupos municipais e, a día de hoxe, seguimos sen saber qué pasa con ese estudio. Nós entendemos que ese estudio é moi necesario porque de telo saberíamos en todo momento e a brigada municipal de augas sabería en todo momento, cando se produce unha avaría, cómo está o terreo, qué é o que se van atopar, e así poder actuar en consecuencia. Moitas destas avarías que se producen son reparadas con prontitude polo servizo municipal de augas que, a pesar de ter poucos recursos -porque creo que son sete operarios contando ao mesmo encargado- suplen esta falta de medios cos sete operarios para cubrir un servizo de vintecatro horas; súpleno con profesionalidade e o seu bo facer, logrando que os cortes de auga, na maioría dos casos sexan o mínimo tempo, pero a cousa cambia cando nos metemos en tubaxes de fibrocemento que son a maioría das avarías que están pasando en Lugo. Os primeiros en personarse no lugar da avaría son os técnicos municipais pero como carecen de medios, tanto materiais como humanos, e da preparación e autorización oportuna para poder traballar nesas tubaxes pois teñen que quedarse alí de brazos cruzados esperando que unha empresa exterior se encargue de realizar ese traballo. A partir dese momento localízase á empresa, vai funcionar, vai facer esa

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 43/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

44

reparación, loxicamente esa empresa debería estar autorizada para realizar eses traballos e os nosos funcionarios limítanse a estar alí presentes, a cortar e abrir a auga e orientar aos traballadores desa empresa externa cómo están as tubaxes ou qué outras conducións poden pasar onde se produciu esa avaría. Este é o funcionamento normal e con arreglo á lei; parece ser que no Concello a lei non vai con vostedes, polo menos nalgúns casos, que é o que pasou na Ronda das Fontiñas non fai moito tempo, exactamente o día 1 de novembro. Dende o noso grupo entendemos que isto é unha gran imprudencia por parte do concello e vennos a dar a razón tamén nos temas que vimos denunciando máis dunha vez que aquí se aplican as normas e unha distinta vara de medir segundo nos vaia no tema. Aquí a un lucense, a un cidadán, se lle pide que contrate unha empresa autorizada para quitar unha uralita ou para mover un canlón da súa casa, non obstante o Concello non o cumpre, contrata empresas, que non están autorizadas, para que fagan ese tipo de traballo e non obstante aos cidadáns de a pé si se lles obriga, diferente vara de medir. ¿Qué responsabilidades tería o Concello en caso de accidente cunha empresa destas non autorizada manipulando esas tubaxes? ¿Ou, se chega unha inspección de traballo o Concello que fai?, e ¿qué opinan as empresas autorizadas que compraron o material, puxeron os medios materiais e prepararon ao seu persoal para acometer esas obras cando ven que se lles están adxudicando a empresas que, sen ningún tipo de coñecemento, nin materiais, nin humanos, executan esas obras? O de saltarse a lei nós entendemos que é grave pero eu creo que é moito máis grave aínda, e a nós preocúpanos, que se xogue coa saúde deses operarios que están manipulando esas tubaxes, a nós iso preocúpanos bastante. Por iso a nosa iniciativa, que presentamos aquí, vai encamiñada en dotar aos servizos municipais de auga, dese material necesario para poder acometer estas actuacións polo menos nos casos de urxencia e, loxicamente, que se lles dote dos coñecementos técnicos necesarios para poder actuar e isto véñeno pedindo os operarios municipais igual que o ven pedindo tamén o Comité de Persoal e cremos que para o concello non sería ruinoso, entendemos que o contrario sería bastante máis económico ter eses medios e utilizar ao noso persoal para executar esas reparacións e terían que pagarlles as horas extras que creo que teñen que pagárllelas igual por estar alí de brazos cruzados mirando cómo actúa a empresa. Creo que sería rendible para nós, creo que comprar a cabina, eses medios que se piden para poder actuar se desquitan facilmente cunhas cantas facturas desas empresas autorizadas, claro, -se contratan empresas non autorizadas son máis económicas-, entonces habería que facer algunha máis reparación pero se son empresas autorizadas, con unhas cantas facturas seguro que nos da para comprar a cabina e os medios necesarios. Tamén gañaríamos en tempo se os primeiros en personarse no sitio son os operarios municipais, loxicamente actuarían e non teríamos que estar esperando como pasou algunha vez, dúas ou tres horas a que apareza unha empresa, se é que aparece, porque hai que ter en conta que as empresas ás catro da mañá cando se produce unha avaría non están na casa esperando a que as chamen, localízanse ou non se localizan e, sobre todo…quédame unha frase, déixeme terminar unha frase…dicía que sobre

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 44/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

45

todo e para nós é moi importante non desmantelar o servizo municipal de augas, que está funcionando perfectamente, a non ser que isto sexa outra estratexia do grupo de goberno municipal para xustificar a creación da famosa “Empresa Mixta da Auga”. Intervén DONA PAZ ABRAIRA SOBRADO , no nome do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego que manifesta: á vista da iniciativa presentada polo Partido Popular en todo caso nós temos que dicir que estamos de acordo en que todos os traballadores municipais conten cos medios materiais necesarios para poder desenvolver o seu traballo coas medidas de seguridade e as garantías precisas. Tamén o estamos no caso das empresas privadas, non exclusivamente é no caso das empresas públicas. Nós entendemos que todos os traballadores e traballadoras teñen que desenvolver o seu traballo coas debidas garantías e coa seguridade, en todos os casos, para a súa saúde, ese foi un dos grandes avances en materia laboral, por certo avances que, a día de hoxe, se están vendo recortados todos os días, esperemos que ese tamén non se recorte no futuro e que fagamos todos e todas o mesmo fincapé en que se manteñan outros que a día de hoxe xa non existen ou están practicamente desaparecidos como facemos neste caso; pero, a maiores diso, xa digo, o BNG comparte que todos os traballadores teñen que ter os medios e materiais para poder desenvolver o seu traballo. Entendemos tamén que é necesario abordar e analizar economicamente se sería positivo para o Concello dotar á propia brigada de augas dos medios precisos, dos que faltan, porque non lles faltan todos, é dicir, fáltanlles algúns medios específicos para o tratamento de fibrocemento que é o que teñen esas empresas ás que o Concello recorre cando o precisa, pero que sería necesario analizar se o custe que ten adquirir eses medios para os traballadores do concello, para a brigada de obras, para que poidan desenvolver a súa actividade no futuro, é necesario ver se a adquisición dese material se pode desempeñar por parte do Concello de Lugo, con prontitude, e se é así dende logo dende o BNG non temos ningún inconveniente en que se faga desa maneira. Neste caso e noutros que pode haber semellantes aínda que, evidentemente, aquí estamos falando de perigosidade igual que tamén teñen unha medidas específicas aqueles traballadores que desenvolven o seu labor con produtos bituminosos e, neste caso, falo exclusivamente de traballadores porque son todos homes os que desenvolven o seu labor na brigada de zona rural e na brigada de obras con produtos bituminosos e que teñen tamén, loxicamente, que cumprir unha serie de normas establecidas polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais que ten o propio concello e que deben, loxicamente, cumprirse: Polo tanto, nós non teríamos, agardamos tamén a resposta do concelleiro responsable da materia pero non teríamos ningún inconveniente en apoiar esta iniciativa do PP, tendo en conta loxicamente que hai que analizar os custes e que creo que en función desa análise se pode tomar a determinación de adquirir ou non ese material se loxicamente ao Concello lle resulta rendible porque se, loxicamente, lle resulta rendible, resúltalles rendible aos lucenses.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 45/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

46

Intervén DON LINO JOSÉ GONZÁLEZ-DOPESO-GARCÍA , no nome do Grupo Municipal Socialista que manifesta: imos ver señor Trabada, dixo vostede moitas cousas coas que, en principio, estamos de acordo, é dicir de dotar de material suficiente á brigada de augas, agora hai que puntualizar. Di vostede que hai avarías constantemente na rede, non é certo, hai unha media de dúas avarías ao mes en fibrocemento, de media, dúas en toda a rede municipal, a rede municipal é moi extensa. Sempre se chama a empresas autorizadas, evidentemente, se chama a empresas autorizadas. Fai un momento vostedes ofendéronse moito porque pensaron…se ofenderon por insinuacións, están insinuando sempre, constantemente cousas, e graves, e non é de “fair play” facer iso, nin moito menos. Cando lles toca a vostedes ben que saltan. Entón ou queremos igual para todos ou rachamos a baralla. Dicía que a media de dúas avarías ao mes de fibrocemento, que se chama sempre a empresas autorizadas, hai unha orde, cando ven unha empresa dou por suposto -porque senón rexeitaría o traballo-, dou por suposto que ten todos os parabéns. É certo que ao mellor hai que pedir que veñan co certificado na man e, se non teñen o certificado, non deixarllo facer pero, en principio, se unha empresa se chama para facer un determinado traballo se entende que está autorizado para elo. Se a vostede lle chega, de urxencia, un médico á casa, non lle pide o título de médico ¿a que non?. Iso por un lado. Volvo dicir, non ten nada que ver o desmantelamento do sistema actual, simplemente é un problema que temos, non sete…nove persoas na brigada, sete operarios, un encargado e un subencargado ou encargado auxiliar que temos que facer un estudio se podemos asumir todos eses traballos porque senón teremos que aumentar persoal a ver se se pode ou non se pode ou cos medios actuais seremos capaces de poder atender todas as avarías que hai, iso é do que hai que facer un estudio. En principio estamos de acordo con dotar de máis medios á brigada, facendo un estudio para ver se iso é posible. Por outra banda lle direi que a planimetría non foi Infraestruturas quen a pediu, foi a concellería de Medio Ambiente, no seu momento, a que pediu a planimetría e segundo se me di … ía dicir nesta semana… pero non quero ser…É casualidade, pois si, é casualidade, é casualidade que dixeran nesta semana, pero estamos esperando que a empresa encargada nos dea o traballo feito porque se pediu fai tempo, nesta semana quedaron pero non o quixera dicir, déame vostede quince días porque aquí o que din que é inmediato pois resulta que nunca é pero neste mes lle aseguro a vostede que está o traballo de planimetría feito. O SR. TRABADA GÓMEZ, na súa segunda intervención, manifesta : Ben, empezando pola señora dona Paz, estamos de acordo que tanto os servizos de zona rural, os que andan coa cisterna bituminosa, como os servizos eléctricos, como todo operario -sexa municipal ou sexa de empresas exteriores- teñen que ter todos os medios de seguridade e teñen que cumprir co que marca a Lei, neso estamos de acordo, o que pasa que, neste caso, estamos falando do tema do servizo municipal de augas porque é o que nos trae aquí, independentemente de que haxa máis avarías ou menos avarías ou que haxa unha media de dúas por

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 46/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

47

mes, ou tres por mes, ou o que sexa, pois fai falla poñerlle solución a ese tema e entendemos que unha das solucións pode ser esa. Di o señor Lino que unha media de dúas reparacións por mes. Ben pois dúas reparacións por mes é fácil, son vintecatro ao ano e se calculamos unha media que eu creo que aínda que se lle calcule de 500 ou 600 euros, que non creo que con ese diñeiro porque dependerá de cómo sexa a avaría, se se chega en dez minutos se fai unha reparación e se marchan ou se hai que estar alí, como algunhas, dúas ou tres ou catro horas, con maquinaria, etc., non chegan eses 500 euros, nin 600 euros, por pouco que suba a factura enseguida se nos van a 14.000, 15.000 ou 16.000 euros. Con ese diñeiro cómprase a cabina e dótase de medios á brigada municipal de augas, entendo eu, e creo que os prezos están aí e tampouco é tan difícil calculalo. ¿Planimetría? Pois alegrámonos moito e é casualidade e coincidencia que veña por unha semana máis, levamos case trece anos esperando, así que por unha semana máis non nos imos rachar as vestiduras. Creo que sería necesario tela o antes posible pero despois do que levamos esperando non importa un pouquiño máis. En canto ao tema das empresas que actúan, nós temos constancia e así foi recollido nos medios de comunicación de Lugo que, nesa obra que falamos en concreto de Ronda de Fontiñas, a empresa que actuou non está autorizada e iso de que non hai que pedirlles, vamos, hai un rexistro oficial de empresas e temos constancia e hai testigos e hai veciños e hai…onde se ve que a empresa que está actuando non está nese rexistro de empresas autorizadas, entón eu claro se chamo a un médico e me aparece un pintor dígolle que non me poña unha inxección porque desconfío claro, entón aínda que non lle pido o título … pois se o vexo cunha brocha na man pois non lle deixo que me pinche. En fin, que nos parece que o tema é máis serio que o que estamos aquí…ben, bromas aparte, pero insistimos que nese tema se son sete operarios ou se son nove mellor, creo que é suficiente e que o tema económico e, sobre todo a rapidez e que causaríamos bastante menos prexuízo aos lucenses, sería interesante estudar esta proposta e esperemos que ben se están de acordo, como aparentemente din, pois que o apoien. A SRA. ABRAIRA SOBRADO manifesta: evidentemente nós entendemos que o que hai é que calcular os custes que pode ter a adquisición dese material e se, evidentemente, o que está gastando o Concello contratando unha empresa externa para abordar ese tipo de avarías en fibrocemento que á hora da verdade son as que ten o Concello de Lugo porque nas canalizacións novas, por sorte, hai menos avarías das que hai no fibrocemento, loxicamente as avarías danse naquelas rede que é máis antiga, que ten máis tempo e que está máis deteriorada, como é lóxico, e que polo tanto si se debe facer esa análise e, en función do custe que teña a adquisición dese material e a aplicación desa medida se se considera positivo para o Concello que, insisto, sería positivo para o Concello de Lugo dado que recortaríamos gastos e se iso redunda en beneficio de todos, que se aplique.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 47/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

48

Di o SR. GONZÁLEZ-DOPESO GARCÍA : xa lle dixen que estamos a favor de dotar, en principio, estudando cánto vai ser o custo, qué infraestrutura a maiores hai que achegar, porque non só é o material, aparte diso todo iso leva aparellado unha infraestrutura, tanto de control e seguimento dese tipo de material, que haberá que ver se podemos ou non podemos dotar dese persoal para levar a cabo ese seguimento. Se é así, se non hai problemas de dotar de persoal, os medios, non hai problema pola nosa parte en apoiar esta iniciativa. Por outra banda lle direi sempre -e non pode ser doutra maneira- que se chama a empresas autorizadas. É un erro probablemente e son eu o único ao que se lle podería imputar e se se chamou a unha empresa e non se lle pediu a seguridade de que tivera todos os papeis en regra -en principio debía telos-, se foi así non debería ter sido así, sempre se lle piden a empresas que están autorizadas, tamén é certo que cando se fan estas peticións sole ser de noite, a horas intempestivas e cunha urxencia que afecta a moitísimas persoas e, polo tanto, a veces as premisas que debe haber, a veces, a necesidade vai máis á présa do que pode ser, pero repito, sempre se pide a empresas autorizadas. SR. TRABADA GÓMEZ : Ben, eu non quero insistir no tema pero autorizada ou non autorizada (que non o é) dende logo non o están cos medios necesarios para actuar en fibrocemento. Eu polo que vexo nesta foto están traballando coa funda normal e corrente, non están utilizando os medios. Se está autorizada, malo e, se non está autorizada (que esta empresa non o está), peor aínda. Entón isto é da prensa [amosando a foto que ten na man], non é meu, é da avaría de Ronda Fontiñas, fronte ao número 164, do día 1 de novembro, ás tres da mañá. Entón esta empresa non está autorizada e estes operarios están manipulando o fibrocemento cunha funda normal e corrente. Entendo, e ten razón, que ás tres da mañá é moi difícil localizar unha empresa porque as empresas, loxicamente, non están de garda e non teñen ningún compromiso co concello para estar a esa hora operativas e, seguramente, non se localicen ou a empresa que está e polo importe desa factura non se presente. Por iso, insistimos, e cremos que é necesario que se dote ao persoal municipal deses medios, porque eses si que están localizados e teñen que estar alí porque, ao final, os operarios van igual e teñen que estar alí vendo como a empresa traballa e eles de brazos cruzados. Entendemos que economicamente é rendible e, sobre todo, evitaríamos, prexuízos aos lucenses e acometeríamos a reparación moito antes. 9/143 PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR, NÚMERO 157/ 2012 EN RELACIÓN COA ADHESIÓN DO CONCELLO DE LUGO Ó PROT OCOLO DE COLABORACIÓN E COORDINACIÓN ENTRE AS FORZAS E CORPO S DE SEGURIDADE DO ESTADO E OS CORPOS DA POLICÍA LOCAL P ARA A PROTECCIÓN DAS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DOMÉSTICA E DE XÉNERO.- Vista referida proposición cuxo texto é do seguinte teor:

“EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 48/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

49

A Administración Local en canto é a instancia máis próxima ao cidadán, configúrase como un espazo axeitado para a intervención coas vítimas de violencia de xénero do termo municipal.

É por iso, polo que tanto dende o Grupo Municipal do Partido Popular valoramos positivamente a posibilidade de adhesión do concello de Lugo ao “Protocolo de colaboración e coordinación entre as forzas e corpos de seguridade do Estado e os corpos de Policía Local para a protección das vítimas de violencia doméstica e de xénero” asinado no ano 2006 pola FEMP e o Ministerio de Interior.

O obxectivo fundamental deste Protocolo é establecer os criterios básicos de colaboración e coordinación que permitan optimizar os recursos humanos e materiais das Forzas e Corpos de Seguridade existentes no termo municipal de Lugo, para garantir o cumprimento eficaz das medidas xudiciais da protección ás vítimas da violencia de xénero, de conformidade co disposto no artigo 31.2 da L.O. 1/2004.

Este Protocolo está suxeito, entre outras, ás seguintes normas legais: 1. Lei Orgánica 1/2004, de 29 de decembro, de medidas de protección integral

contra a violencia de xénero. 2. Lei Orgánica 2/1986, de 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade do

Estado. 3. Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial.

Dende o Grupo municipal do PP entendemos que a adhesión ao referido protocolo por parte do Concello de Lugo será moi positiva tanto para as vítimas da violencia de xénero, xa que incrementaría a súa percepción de seguridade debido á cercanía e a presencia da policía local na rúa, como tamén para as autoridades locais e a sociedade en xeral, que se implicarían na inaceptable situación de permanente inseguridade que sofren as mulleres que son vítimas desta forma de violencia. Por todo elo, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE: Que o Concello de Lugo se adhira ao ‘Protocolo de colaboración e coordinación entre as forzas e corpos de seguridade do Estado e os corpos de Policía Local para a protección das vítimas de violencia doméstica e de xénero’. Tras a deliberación efectuada, sométese o asunto a votación, acadándose os seguintes resultados: - Votos a favor: 12, dos seguintes concelleiros adscritos ó Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP): - Don Jaime Castiñeira Broz (GMPP). - Dona María Encarnación Amigo Díaz (GMPP). - Don Arcadio Silvosa Alonso (GMPP). - Dona María Lourdes Yáñez García (GMPP). - Don Enrique Ceferino Rozas López (GMPP). - Dona Isabel Devesa Piñeiro (GMPP).

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 49/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

50

- Don Manuel López Fernández (GMPP). - Dona María de los Ángeles Teijeiro González (GMPP). - Don Ángel Trabada Gómez (GMPP). - Dona Raquel Castiñeira Castelo (GMPP). - Don Antonio Ameijide Osorio (GMPP). - Don Juan Carlos Plaza Gómez (GMPP). - Votos en contra: 12, dos seguintes concelleiros adscritos ós Grupos Municipais Socialista (GMS) e do Bloque Nacionalista Galego (GMBNG): - Excmo. Sr. Don José Clemente López Orozco, Alcalde-Presidente do Concello

de Lugo (GMS). - Don José Ramón Gómez Besteiro (GMS). - Ilma. Sra. Dona Sonia Méndez García, Tenenta de Alcalde Delegada da Área

de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educación (GMS). - Ilma. Sra. Dona María del Carmen Basadre Vázquez, Tenenta de Alcalde

Delegada da Área de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua (GMS).

- Ilmo. Sr. Don Luis Manuel Álvarez Martínez, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Urbanismo (GMS).

- Ilmo. Sr. Don Manuel Enrique Chaín Fernández, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Infraestruturas e Medio Rural (GMS).

- Dona María Esther Muñoz Mella, Delegada de Educación, Formación e Orientación Laboral (GMS).

- Ilmo. Sr. Don José Manuel Díaz Grandío, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Deportes (GMS).

- Ilma. Sra. Dona Ana María González Abelleira, Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Benestar Social e Igualdade (GMS).

- Ilmo. Sr. Don Lino José González-Dopeso García, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Medio Ambiente e Axenda 21 (GMS).

- Don Xosé Antón Bao Abelleira (GMBNG). - Dona Paz Abraira Sobrado (GMBNG). - Abstencións: Ningunha. Ao terse producido un resultado de empate, sométese de novo a votación acadándose o seguinte resultado: - Votos a favor: 12, dos seguintes concelleiros adscritos ó Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP): - Don Jaime Castiñeira Broz (GMPP). - Dona María Encarnación Amigo Díaz (GMPP). - Don Arcadio Silvosa Alonso (GMPP). - Dona María Lourdes Yáñez García (GMPP).

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 50/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

51

- Don Enrique Ceferino Rozas López (GMPP). - Dona Isabel Devesa Piñeiro (GMPP). - Don Manuel López Fernández (GMPP). - Dona María de los Ángeles Teijeiro González (GMPP). - Don Ángel Trabada Gómez (GMPP). - Dona Raquel Castiñeira Castelo (GMPP). - Don Antonio Ameijide Osorio (GMPP). - Don Juan Carlos Plaza Gómez (GMPP). - Votos en contra: 12, dos seguintes concelleiros adscritos ós Grupos Municipais Socialista (GMS) e do Bloque Nacionalista Galego (GMBNG): - Excmo. Sr. Don José Clemente López Orozco, Alcalde-Presidente do Concello

de Lugo (GMS). - Don José Ramón Gómez Besteiro (GMS). - Ilma. Sra. Dona Sonia Méndez García, Tenenta de Alcalde Delegada da Área

de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educación (GMS). - Ilma. Sra. Dona María del Carmen Basadre Vázquez, Tenenta de Alcalde

Delegada da Área de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua (GMS).

- Ilmo. Sr. Don Luis Manuel Álvarez Martínez, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Urbanismo (GMS).

- Ilmo. Sr. Don Manuel Enrique Chaín Fernández, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Infraestruturas e Medio Rural (GMS).

- Dona María Esther Muñoz Mella, Delegada de Educación, Formación e Orientación Laboral (GMS).

- Ilmo. Sr. Don José Manuel Díaz Grandío, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Deportes (GMS).

- Ilma. Sra. Dona Ana María González Abelleira, Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Benestar Social e Igualdade (GMS).

- Ilmo. Sr. Don Lino José González-Dopeso García, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Medio Ambiente e Axenda 21 (GMS).

- Don Xosé Antón Bao Abelleira (GMBNG). - Dona Paz Abraira Sobrado (GMBNG). - Abstencións: Ningunha. Á vista de todo o cal, o Excmo. Concello Pleno, por doce votos a favor, doce votos en contra e ningunha absención, e en aplicación do voto de calidade do Alcalde legalmente establecido, ACORDA rexeitar a proposición presentada polo Grupo Municipal do Partido Popular anteriormente transcrita.

DELIBERACIÓN

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 51/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

52

Intervén DONA MARÍA DE LOS ÁNGELES TEIJEIRO GONZÁLEZ , no nome do Grupo Municipal do Partido Popular que sinala: como ben di o Secretario a iniciativa que traemos a este Pleno ten por obxecto solicitar a adhesión do Concello de Lugo ao protocolo de colaboración e coordinación entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e os corpos da Policía Local para a protección das vítimas de violencia de xénero. Neste sentido entendemos que a administración local, en canto que é a instancia máis próxima á cidadanía, se configura como un espazo privilexiado para a intervención e protección das mulleres vítimas da violencia de xénero no termo municipal. Así mesmo, neste ámbito de intervención e protección a coordinación é un aspecto esencia xa que partimos de actuacións globais e integrais, as cales só serían posibles coa estreita colaboración entre os profesionais. Eu coido en que estará de acordo comigo en que é preciso que dende a administración municipal hai que dotar aos profesionais, dos diferentes ámbitos de intervención, dos coñecementos e dos instrumentos necesarios para posibilitar a detección de situacións de violencia de xénero ou unha maior protección de cara ás súas vítimas. Aínda así, dende o grupo municipal do Partido Popular, si que temos que lamentar que o Concello de Lugo estea a esquecerse dunha peza esencial e fundamental como é a Policía Local que, neste eido, é tamén un recurso vital debido a dous factores: a súa cercanía e o seu permanente contacto coa cidadanía, polo que cremos que este é un colectivo profesional que debería ser tido en conta á hora de elaborar protocolos de actuación e de protección ás vítimas da violencia de xénero. A este respecto é preciso lembrar que no ano 2006 a FEMP -da que o señor Alcalde forma parte e é presidente da Comisión de Seguridade e Convivencia- e o Ministerio do Interior, dende o ano 2006 promoveron un protocolo de colaboración e coordinación entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e os corpos de Policía Local para a protección de vítimas da violencia de xénero e así dar cumprimento tamén ao artigo 31 da Lei Orgánica de Medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Na medida en que o Concello de Lugo aínda non se sumou a este protocolo coidamos que está a faltar ao artigo 31.2 da mencionada Lei onde establece que: “Os concellos deberán adoptar todas as medidas encamiñadas para promover as actuacións necesarias para que as policías locais cooperen en asegurar o cumprimento das medidas legais que sexan acordadas polos órganos xudiciais”. O obxecto fundamental deste mencionado protocolo e establecer os criterios básicos de coordinación e colaboración que permitan optimizar recursos materiais e humanos das forzas e corpos de seguridade existentes no termo municipal de Lugo, para garantir o cumprimento eficaz das medidas xudiciais de protección ás vítimas da violencia de xénero.En todo caso esta colaboración será acordada na Xunta Local de Seguridade na que se realiza un reparto de funcións; este reparto faríase tendo en conta a capacidade do corpo de Policía Local para asumir unhas ou outras responsabilidades nesta materia. Dende o grupo municipal do Partido Popular consideramos fundamental a adhesión ao mencionado protocolo por diversas razóns; a primeira é que as vítimas da violencia de xénero vexan incrementada a súa percepción de seguridade, minimizando así a sensación de maior vulnerabilidade ante posibles encontros ou

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 52/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

53

ameazas do seu agresor, en canto que a policía local teña unha maior presenza nas rúas e dispoña dun maior coñecemento da situación, ou cambios de situación, tanto da vítima como do agresor; en segundo lugar que as autoridades locais se impliquen en combater a inaceptable situación de permanente inseguridade que sofren moitas mulleres e que tomen parte activa na aplicación de medidas de protección ás vítimas de violencia de xénero; tamén dar unha maior proxección social á labor do corpo de seguridade municipal que, debido á falta de sensibilidade deste goberno local parece queda reducida á súa capacidade sancionadora marxinándose por esta falta de dirección política a función protectora que tamén lle compete; por último tamén, dar cumprimento ao artigo 31.2 da xa mencionada Lei de Medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Temos que lamentar que despois de seis anos dende que se promovera este protocolo, Lugo siga a ser a única capital de provincia galega que non está adherida ao mesmo. Neste senso hai que destacar tamén que, no último semestre, se produciu un importante avance por parte das administracións locais desta provincia posto que o 60% dos concellos da provincia de Lugo que contan con corpos de Policía Local xa deron pasos para a adhesión a este protocolo, así concellos como Ribadeo, Cervo, Burela ou Chantada por poñer un exemplo onde hai, como ven, gobernos de diferentes cores políticas, xa se adheriron ao devandito protocolo e, polo tanto, amosaron saber antepoñer a seguridade e a protección dos seus veciños e veciñas a calquera outra traba política, económica ou de xestión porque, en definitiva, é para o que estamos aquí. Eu quixera que, na súa intervención, o goberno local non se escudara en argumentos escapistas como que “é unha carga de traballo para os policía locais” ou que hai falla de recursos ou calquera outra escusa que, dende logo, tería menos peso que a protección e a seguridade dunha parte, como saben vostedes, moi vulnerable da sociedade como son as vítimas da violencia de xénero. Intervén DONA PAZ ABRAIRA SOBRADO , no nome do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego que manifesta: eu cando lin esta iniciativa do Partido Popular teño que dicir que me indignei e digo porqué, porque me parece unha desfachatez por parte da súa organización política presentar como grande proposta, xusto ás portas do 25 de novembro que, por certo, se converteu nun día puramente ritual, que se presente unha iniciativa onde o único que se suscita con respecto á violencia de xénero é adherirse ou non a un protocolo, sexa este…ou…, o importante…que eu non lle cuestiono a importancia, pero que esa sexa a iniciativa que se nos trae a este salón de Plenos, que a señora Castiñeira na súa anterior intervención nos fale de que a lei hai que cumprila e nos fale dunha cláusula novena, eu tamén lle podería falar dunha cláusula, eu non sei se novena ou a décima se a décimo sétima da Lei contra a violencia de xénero que tamén hai que cumprila e que o Partido Popular dende o goberno do Estado e dende o goberno da Xunta está desmontando día tras día, tras día, tras día, e veñen aquí e din que o Concello non se pode acoller a unha cuestión meramente económica, para dicir que se adhire ou que non se adhire a un protocolo que xa digo que non entro a valorar, nin o cuestiono nin o deixo de cuestionar, non sei se é relevante ou

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 53/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

54

non é relevante, para min o relevante, neste momento, para o Bloque o relevante neste momento é que todas e cada unha das políticas que o Partido Popular está aplicando van en contra do dereito das mulleres e en contra dos dereitos das mulleres maltratadas, das mulleres vítimas de violencia de xénero. Entón a Lei hai que cumprila, evidentemente, claro que hai que cumprila, tiveron incluso a desfachatez, insisto, de aplicarlles as costas procesuais e despois tiveron que modificar o decretazo do señor Gallardón porque era indigno, señora Devesa, indigno, o que pretendían facer, pretender que as mulleres vítimas de violencia de xénero tivesen que pagar pola súa atención xudicial, tiveron que modificalo porque foi tal o clamor social e político que se creou, que tiveron que modificalo e, esa é a realidade na que nos movemos a día de hoxe grazas as políticas do Partido Popular. Por iso digo que é unha desfachatez cando estamos vendo o amplo cuestionamento que teñen as políticas sociais e as medidas que está aplicando o Partido Popular, non hai máis que ver o acontecido esta fin de semana, miles e miles de persoas que saen á rúa, miles e miles de discapacitados e familiares de discapacitados que saen á rúa a reclamar os seus dereitos, eses que se recollen nunha Lei e que vostedes están incumprindo ou o que están reclamando os colectivos de mulleres o 25 de novembro, “Día en contra da violencia de xénero”, e que vostedes están incumprindo ou que incumpriron tamén en materia de pensións. Están recortando todas e cada unha das axudas que as mulleres teñen en materia de violencia de xénero, están recortando todas e cada unha das prestacións de carácter público que benefician ás mulleres, están recortando, polo tanto, todos e cada un dos dereitos que as mulleres vítimas de violencia de xénero e non vítimas de violencia de xénero teñen e esquecen intencionadamente nas súas intervencións todos os datos que se fixeron públicos o día 25 de novembro, coincidindo con esa celebración que se converte cada día máis en ritual, non abordan a redución do número de denuncias por violencia de xénero e non é que haxa menos casos, o problema é que as mulleres non denuncian porque despois non teñen a cobertura a económica e social axeitada para poder abandonar aos seus agresores, esa é a realidade, esquecen vostedes os datos de reducións das axudas públicas a mulleres maltratadas, esquecen vostedes os datos do efecto da pobreza sobre as mulleres e os seus fillos e fillas, esquecen vostedes os efectos da reforma laboral que aprobaron sobre as mulleres, esquecen vostedes a eliminación que o BNG acaba de denunciar de todas as campañas de prevención da violencia de xénero do Ministerio de Sanidade que, curiosamente, da páxina web do Ministerio de Sanidade, poden comprobalo desapareceron todas as campañas que existían en contra da violencia, só manteñen esa de pódese saír…¡Non, sen recursos públicos non se pode saír da espiral da violencia de xénero!, ¡Desgrazadamente ningunha muller en solitario pode saír da espiral da violencia de xénero, e ningunha muller maltratada, se non ten a axuda da institucións públicas pode saír! Sen recursos non se sae da violencia de xénero, ¡sen recursos mórrese, froito da violencia de xénero! Esa é a realidade, a gravísima realidade que estamos vivindo, por iso o BNG considera indecente que se presenten a estas alturas este tipo de iniciativas relacionadas coa prevención da violencia de xénero, indecente, é indecente porque o que hai que aplicar son medidas que leven aparellados

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 54/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

55

recursos económicos que permitan que as mulleres abandonen esa situación e, como vostedes foron os que falaron dos cartos teño que rematar dicíndolles que son vostedes os que lle poñen prezo á vida das mulleres, dicindo que non hai recursos suficientes e, insisto, sen recursos públicos as mulleres seguirán morrendo. O SR. ALCALDE : hai un costume neste país, en todos os gobernos pero neste caso podo falar con maior coñecemento porque foi un goberno do Partido Socialista, que, cando menos en dúas ocasións, cando lexislan e agora os concellos ¿e dan vostedes recursos para poder facer esta tarefa que vostedes me asignan? Non. Logo xa asinaremos un protocolo e firmando ese protocolo xa temos solucionado o problema e ¿dan vostedes recursos nese protocolo?, en absoluto. E isto é o que pasa con este protocolo que vostede di, e con algún máis que estou seguro que noutras ocasións falaremos, e de aí que se chegue a un marco competencial das policías locais onde abondan as denominadas “competencias impropias”. É verdade que eu son Presidente da Comisión de Seguridade e por iso no seo desa Comisión de Seguridade encargamos un traballo, moi ben feito, ao subinspector do corpo de policía de Mérida para que nos faga ver e que nos faga saber en qué cousas estamos metidos, tendo competencias ou non tendo, polo que non recibimos un duro, un euro, euros que poñemos todos e cada un dos lucenses e que temos que exercelas - unhas por vontade propia como é asinando un protocolo e outras porque así nolo impoñen-. Aínda así, no Concello de Lugo, dende a Policía Local ou desde Servizos Sociais ¿non se fai nada para defender ás mulleres en contra da violencia que se exerce contra elas polo feito de ser mulleres?, como vostedes comprenderán non se pode ser tan irresponsable e por iso creouse unha mesa técnica contra a violencia de xénero no seo da Xunta Local de Seguridade que xa celebrou distintas reunións, están levantadas as actas de cada unha destas reunións onde se tomaron decisións, para a coordinación do traballo que hai que facer non só entre os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, senón tamén entre Benestar Social etc., entre todas aquelas entidades públicas ou privadas ou ONGs que deban traballar nisto. ¿É que a Policía Local de Lugo non traballa en contra da violencia de xénero?, nin moito menos. Teño aquí a estatística do ano 2011; a nosa policía local atendeu no ano 2011, oito requirimentos, catro foron presentadas denuncias en comisaría, tres foron denunciadas en comisaría da policía nacional e trasladadas as vítimas ao PAC de Fingoi; unha envíase o informe ao Xulgado de Violencia xa que a vítima queda de formalizar a denuncia ao día seguinte. No ano 2012, por desgraza, tivemos que actuar en máis casos, en dez; seis denuncias en comisaría, dúas denuncias en comisaría e traslado ao HULA; unha denuncia en comisaría e traslado ao PAC de Fingoi; unha envíase o informe das actuacións á Fiscalía, por non querer presentar a vítima denuncia. En todos os casos dáse traslado das denuncias e do actuado polos axentes aos servizos de violencia de xénero da Casa da Muller do Concello. A Policía Local, en todas as intervencións, cumpre o protocolo de actuación que, en primeiro lugar é a asistencia á vítima: médica, traslado á comisaría, auxilio de vivenda ou calquera outra que poida necesitar, detención do agresor e traslado á

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 55/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

56

comisaría. Todas as denuncias se formalizan en comisaría de policía salvo cando a vítima non quere denunciar que se da traslado, como se viu no caso de antes, á Fiscalía. Polo tanto, si que o Concello de Lugo está actuando, si que o Concello de Lugo a través da Xunta Local de Seguridade está coordinado, pero o que non se lles pode esixir aos Concellos, tan alegremente e falo dun goberno sustentado polo Partido Socialista do que formo parte, e así o fixen ver non só no seo do meu partido senón tamén no seo da FEMP de que aí van competencias para os Concellos que non van acompañadas, nunca, do seu correspondente orzamento: “arréglatelas como puedas, tú arréglate” e que o traballo que teño que facer eu failo ti pero ademais gratis, “competencias impropias” da policía local, que só se solucionará cando se faga un estatuto da policía local onde queden claras as súas competencias e onde as competencias que non son propias delas as faga quen as ten que facer. Polo tanto, non nos opoñemos a que outros concellos poidan asinar o protocolo, opoñémonos a ser aqueles que soporten gastos e máis gastos, sen ter por iso beneficio algún. ¿Con iso esquecemos algo que é fundamental como é axudar, colaborar, previr a violencia de xénero?. Como queda demostrado polo traballo que fai a nosa policía e como queda demostrado polas distintas reunións que houbo desa mesa técnica contra a violencia de xénero, está demostrado que o Concello de Lugo non está á marxe. Está á marxe de que se lle impoñan competencias que non veñen acompañadas do seu correspondente orzamento. A SRA. TEIJEIRO GONZÁLEZ: ben, non sei se fai falla orzamento para funcións como informar á vítima sobre os recursos existentes sobre a protección e seguridade, sobre manter un contacto esporádico e telefónico coa vítima para que se senta apoiada e protexida pola policía local; como comunicación ao agresor da vítima a dispor dun servizo policial de protección ou recomendacións á vítima sobre autoprotección ou modos de evitar calquera outro incidente. Eu non sei se isto tería algunha carga económica para o Concello. Con respecto ao que me di, señor Alcalde, da Mesa da violencia de xénero, agradézolle que me dea esa información porque esta concelleira que lle fala, ao pouco de entrar a formar parte de esta corporación, solicitou información para poder ver as conclusións e as actas desta Mesa de violencia de xénero e lamento que a resposta que atopou non fóra a que lle deu hoxe o señor Alcalde. A resposta que atopou foi -e leo literalmente-: “dicirlle que si que se está a traballar para acadar un plan de actuación”, alégrome, “e no momento en que cheguemos aos acordos necesarios, faranse públicos”; eu publicado non vin ningún plan de actuación nesta materia e disto fai máis de un ano que pedín esta información e non se me deu acceso. Señora Abraira, vostede faloume de todo menos da proposta que eu trouxen a este Pleno. Se vostede ten unha proposta que lle parece máis correcta pode traela ao vindeiro ou vindeiros Plenos, ten toda a oportunidade. Mire, miles de galegos e galegas xa manifestaron a súa opinión con respecto ao que o Partido Popular achega ou non achega á igualdade de xénero e á eliminación da violencia

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 56/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

57

de xénero. Lembrarlle que hoxe tamén se presentaba unha campaña en contra da violencia de xénero por parte da Xunta de Galicia. En canto á Policía Local, señor Alcalde, eu quixera saber se en algún momento a Policía Local recibiu do Concello de Lugo formación específica nesta materia; se recibiu información e se recibe información acerca dos recursos e do funcionamento dos recursos específicos nesta materia e se hai coordinación, como é esta coordinación entre a Casa da Muller e cáles son os canles de comunicación entre a Casa da Muller e a Policía Local, ¿é simplemente que teñan un teléfono de contacto ou hai algo máis? ¿implícanse algo máis?, non o sei porque, xa lle digo, non teño acceso ás actas da Mesa de violencia de xénero. A SRA. ABRAIRA SOBRADO manifesta: Eu xa lle dixen o que o BNG considera necesario que hai que introducir nunha iniciativa en contra da violencia de xénero. En primeiro lugar “recursos”, os recursos que vostedes están detraendo argumentando que na actual situación de crise económica, evidentemente, non se poden manter esas medidas, como non se poden manter as axudas aos discapacitados, como non se poden manter outras moitas medidas que están aprobadas e que vostedes incumpren sistematicamente, a pesar de que se lles enche a boca dicindo que as Leis están para cumprilas, pois estarán todas, fundamentalmente aquelas que defenden os dereitos básicos da dignidade das mulleres e dos homes e que defenden a vida das mulleres. Eu pódolle presentar cincuenta mil emendas á súa iniciativa pero é que nin sequera vale a pena, porque o único que traen hoxe vostedes a este Salón de Plenos é a adhesión a un protocolo e, insístolle no mesmo, eu non considero nin que sexa positivo nin negativo, non é ese o problema que ten o Bloque, o problema que ten o Bloque neste caso é que o Partido Popular ten a indecencia de vir a este Salón de Plenos a dicirnos que hai que adoptar medidas en contra da violencia de xénero e faino cando acaba de recortar un 70% os orzamentos do Estado para atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero e para aplicar campañas de prevención da violencia de xénero; cando eliminan o salario que percibían as mulleres vítimas de violencia de xénero; cando incrementan e endurecen os criterios para poder acceder a eles; cando lles recortan todas as axudas, ese é o problema que ten o BNG coas políticas que o Partido Popular está aplicando en materia de xénero. Políticas, por certo, que van encamiñadas única e exclusivamente a manter o seu sacrosanto patriarcado, porque claro eu xa sei que aquí falar de feminismo a vostedes lles queda lonxe, prefiren outros termos que lles resultan menos agresivos que lles resultan menos preocupantes, pero eu xa o dixen neste Salón de Plenos en máis dunha ocasión: “hai que trasladar o feminismo ás institucións”, é necesario trasladalo porque é necesario defender, día si, e día tamén, os dereitos das mulleres, de todas as mulleres, e o dereitos das mulleres vítimas de violencia de xénero, porque seguen morrendo mulleres vítimas de violencia de xénero, e vostede sábeo como o sei eu, e cada día hai menos recursos para elas, e cada día se presentan menos denuncias, ¿e por qué se presentan menos denuncias? ¿porque existe menos violencia?, non, desgrazadamente non, non é porque exista menos violencia sobre as mulleres, é porque as mulleres non teñen a qué acollerse

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 57/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

58

e por iso non denuncian, porque se ven na rúa e sen ningún tipo de axuda pública para paliar a súa situación. Por iso, insisto, non é un problema de protocolos, é un problema de a práctica que ten o Partido Popular alí onde goberne cando ten capacidade de actuar. O SR. ALCALDE: non se trata só de diñeiro, non se trata diso. Por iso a Policía Local, lle volvo repetir, o que leva traballado, que está traballando sobre violencia de xénero e quen me dera que puideran traballar máis para que non se producira ningún caso. Si que as competencias impropias, nunha primeira ollada, do Xefe da Policía Local de Lugo, significa que temos, cando menos, dúas persoas, dous policías locais diariamente destinados a estas competencias impropias, pero nós si que atendemos ás mulleres e por iso volvo repetir aí ten vostede os casos que atendemos no ano 2011 e os casos que atendemos no ano 2012. Quen me dera que puideramos atendelas de tal maneira que non se producira ese deleznable feito. ¿Se teñen coordinación a Policía Local coa Casa da Muller? Xa llo dixen pero parece que non quere escoitar. En todos os casos se da traslado das denuncias e do actuado polos axentes ao servizos de violencia de xénero da Casa da Muller do Concello. ¿Quere vostede máis coordinación?. Polo tanto sobre isto hai unha cousa moi clara, hai institucións que estamos traballando, facendo planos de igualdade -xa imos polo segundo-, tendo unha mesa técnica para estudar a coordinación, por certo aprobada por unanimidade nesa Comisión Local de Seguridade e que non lle caiba dúbida de que imos seguir traballando nese sentido, pero cando nos dean algunha competencia, eu espero que nisto esteamos de acordo que nos dean a competencia e o correspondente orzamento. Non hai dereito ao que fixeron, ao que fan e, espero, que non sigan facendo, cos Concellos, enchelos de competencias e orzamento ningún e cando unha vez nos dan algún orzamento fíxese vostede, nos pasamos de prazo, qué malos somos e temos que facer un recurso, qué malísimos somos, así que por favor, preocupémonos máis do fondo do problema e o outro que non lle caiba dúbida de que en Lugo hai coordinación, en Lugo na Xunta Local de Seguridade hai coordinación e no Concello de Lugo hai coordinación e a Policía Local seguirá traballando. Cánto me gustaría poder dicirlle dentro dun ano que non traballamos nada porque non foi necesario pero, por desgraza, non vai ser así neste tema tan preocupante. A SRA. TEIJEIRO GONZÁLEZ: señora Abraira, leccións de feminismo a min non me veña dar vostede. Primeiro mire para vostede, para o seu grupo, inserción laboral do BNG aquí no Concello de Lugo, cinco asesores, homes, ¿mulleres asesoras non hai? ¿non hai mulleres que as valoren como as valora vostede?, tire máis por elas, para o seu grupo. En canto ao que me di, señor Alcalde,[voces inintelixibles]...eu respecteille a súa quenda de palabra señora Abraira, a min tamén me gustaría que a Policía Local tivera algo máis de formación específica neste sentido, se de algo lle vale o que esta concelleira lle está a dicir, e diñeiro pois mire, ao mellor diñeiro non

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 58/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

59

necesitariamos ou se empregaramos os cartos que empregamos amoblando a zona peonil que acabamos de amoblar na Muralla pois, ao mellor eses cartos ían tamén ben investidos en axentes para a Policía Local para estes menestreis. 10/144 PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BLOQUE NACIONALIS TA GALEGO, NÚMERO 159/2012 DE REXISTRO DO PLENO, PARA QUE SE MODIFIQUE A LEI HIPOTECARIA E SE ADOPTEN MEDIDAS SO CIAIS PARA SOLUCIONAR O DRAMA DOS DESAFIUZAMENTOS.- Vista a proposición de referencia, expresiva do seguinte: “EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A crise económica, onde a burbulla inmobiliaria tivo un papel fundamental, está a provocar un aumento desmesurado de desafiuzamentos que nos pón diante dun drama social de dimensións preocupantes. Medra o número de familias que quedan sen fogar, os bancos quédanse coas vivendas, pero a débeda segue pendente. A voracidade dos bancos non se satisface cos casos dramáticos de familias e personas que logo de pagar altas amortizacións e intereses polos préstamos son botadas fóra do seu fogar, con casos tan vergoñentos como de familias desafiuzadas cando a penas lles quedaban por pagar 6.000 ou 10.000 euros. Hai máis dun ano que o BNG se ven preocupando por este grave problema para moitos cidadáns e, de feito, o Concello de Lugo xa ten aprobadas dúas proposicións en Pleno, as dúas por iniciativa do BNG. En concreto, a primeira moción, presentada o 4-4-2011, pedía a dación en pago mediante unha reforma da lei hipotecaria. A segunda das mocións, presentada o 25 de xuño deste mesmo ano, acordou a maiores pedir unha moratoria na aplicación de desafiuzamentos, a posta en marcha de alugueiros sociais e a creación dunha Comisión Municipal para paralizar os desafiuzamentos no Concello de Lugo. Pese a estas medidas xa aprobadas, o BNG considera que o Concello de Lugo debe reafirmar o seu posicionamento en contra dos desafiuzamentos con máis medidas encamiñadas a impedir este desaforo. Neste sentido, o BNG, ao igual que outros sectores sociais, e mesmo a xudicatura, demandan medidas lexislativas e sociais urxentes. Medidas para atender os casos máis dramáticos, para evitar o desamparo das persoas e familias en situación económica extrema. Por todo isto, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte ACORDO 1. Instar á Xunta de Galiza a que demande do Goberno do Estado que proceda á modificación da Lei Hipotecaria, que teña carácter retroactivo, para dar solución ao grave drama social dos desafiuzamentos por impago das hipotecas, adoptando medidas como as seguintes: - Estabelecer un réxime especial no caso da execución de préstamos

cando se refire á vivenda habitual ou aos negocios comerciais. - Estudar un procedemento concursal específico para permitir a

paralización de certas execucións.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 59/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

60

- Modificar o réxime de taxación e aumentar a porcentaxe de adxudicación ao acredor, actualmente no 60% do valor de taxación.

2. Instar á Xunta de Galiza a que demande do Goberno do Estado a seguinte medida de carácter social: - Habilitar un Fondo Económico Especial para atender os casos máis

dramáticos e evitar o desamparo das persoas e as familias que se atopan en situacións económicas extremas.

3. Instar á Xunta de Galiza á - Creación dunha Oficina de Asesoramento para Familias ameazadas

polos desafiuzamentos. - Creación dunha Bolsa de Vivenda Social, esixindo das entidades

bancarias e de aforro que as vivendas baleiras da súa propiedade pasen a formar parte da mesma para o aluguer social ou venda a prezo taxado.

4. Remitir este acordo ao Presidente da Xunta de Galiza, Presidente do Goberno do Estado e grupos parlamentares do Congreso e Parlamento de Galiza. 5. Instar á Alcaldía a adopción das seguintes medidas: - Interesar das entidades bancarias e de aforro información sobre

posíbeis desafiuzamentos que afecten a familias do concello, a paralización dos que estean en marcha e a súa colaboración coa Comisión Municipal creada para Casos de Desafiuzamento.

- No suposto de falta de colaboración de entidades bancarias co Concello proceder, na medida que sexa posíbel e non prexudique aos veciños e veciñas, a prescindir dos servizos que as mesmas poidan prestar ao Concello.”

Tras a deliberación efectuada, sométese o asunto a votación, acadándose os seguintes resultados: - Votos a favor: 12, dos seguintes concelleiros adscritos ós Grupos Municipais Socialista (GMS) e do Bloque Nacionalista Galego (GMBNG): - Excmo. Sr. Don José Clemente López Orozco, Alcalde-Presidente do Concello

de Lugo (GMS). - Don José Ramón Gómez Besteiro (GMS). - Ilma. Sra. Dona Sonia Méndez García, Tenenta de Alcalde Delegada da Área

de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educación (GMS). - Ilma. Sra. Dona María del Carmen Basadre Vázquez, Tenenta de Alcalde

Delegada da Área de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua (GMS).

- Ilmo. Sr. Don Luis Manuel Álvarez Martínez, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Urbanismo (GMS).

- Ilmo. Sr. Don Manuel Enrique Chaín Fernández, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Infraestruturas e Medio Rural (GMS).

- Dona María Esther Muñoz Mella, Delegada de Educación, Formación e Orientación Laboral (GMS).

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 60/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

61

- Ilmo. Sr. Don José Manuel Díaz Grandío, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Deportes (GMS).

- Ilma. Sra. Dona Ana María González Abelleira, Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Benestar Social e Igualdade (GMS).

- Ilmo. Sr. Don Lino José González-Dopeso García, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Medio Ambiente e Axenda 21 (GMS).

- Don Xosé Antón Bao Abelleira (GMBNG). - Dona Paz Abraira Sobrado (GMBNG). - Votos en contra: 12, dos seguintes concelleiros adscritos ó Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP): - Don Jaime Castiñeira Broz (GMPP). - Dona María Encarnación Amigo Díaz (GMPP). - Don Arcadio Silvosa Alonso (GMPP). - Dona María Lourdes Yáñez García (GMPP). - Don Enrique Ceferino Rozas López (GMPP). - Dona Isabel Devesa Piñeiro (GMPP). - Don Manuel López Fernández (GMPP). - Dona María de los Ángeles Teijeiro González (GMPP). - Don Ángel Trabada Gómez (GMPP). - Dona Raquel Castiñeira Castelo (GMPP). - Don Antonio Ameijide Osorio (GMPP). - Don Juan Carlos Plaza Gómez (GMPP). - Abstencións: Ningunha. Ao terse producido un resultado de empate, sométese de novo a votación acadándose o seguinte resultado: - Votos a favor: 12, dos seguintes concelleiros adscritos ós Grupos Municipais Socialista (GMS) e do Bloque Nacionalista Galego (GMBNG): - Excmo. Sr. Don José Clemente López Orozco, Alcalde-Presidente do Concello

de Lugo (GMS). - Don José Ramón Gómez Besteiro (GMS). - Ilma. Sra. Dona Sonia Méndez García, Tenenta de Alcalde Delegada da Área

de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educación (GMS). - Ilma. Sra. Dona María del Carmen Basadre Vázquez, Tenenta de Alcalde

Delegada da Área de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua (GMS).

- Ilmo. Sr. Don Luis Manuel Álvarez Martínez, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Urbanismo (GMS).

- Ilmo. Sr. Don Manuel Enrique Chaín Fernández, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Infraestruturas e Medio Rural (GMS).

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 61/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

62

- Dona María Esther Muñoz Mella, Delegada de Educación, Formación e Orientación Laboral (GMS).

- Ilmo. Sr. Don José Manuel Díaz Grandío, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Deportes (GMS).

- Ilma. Sra. Dona Ana María González Abelleira, Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Benestar Social e Igualdade (GMS).

- Ilmo. Sr. Don Lino José González-Dopeso García, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Medio Ambiente e Axenda 21 (GMS).

- Don Xosé Antón Bao Abelleira (GMBNG). - Dona Paz Abraira Sobrado (GMBNG). - Votos en contra: 12, dos seguintes concelleiros adscritos ó Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP): - Don Jaime Castiñeira Broz (GMPP). - Dona María Encarnación Amigo Díaz (GMPP). - Don Arcadio Silvosa Alonso (GMPP). - Dona María Lourdes Yáñez García (GMPP). - Don Enrique Ceferino Rozas López (GMPP). - Dona Isabel Devesa Piñeiro (GMPP). - Don Manuel López Fernández (GMPP). - Dona María de los Ángeles Teijeiro González (GMPP). - Don Ángel Trabada Gómez (GMPP). - Dona Raquel Castiñeira Castelo (GMPP). - Don Antonio Ameijide Osorio (GMPP). - Don Juan Carlos Plaza Gómez (GMPP). - Abstencións: Ningunha. Á vista de todo o cal, o Excmo. Concello Pleno, por doce votos a favor, doce votos en contra e ningunha abstención, e en aplicación do voto de calidade do Alcalde legalmente establecido, ACORDA aprobar a proposición presentada polo Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego e, en consecuencia, adopta os seguintes acordos: PRIMEIRO.- Instar á Xunta de Galiza a que demande do Goberno do Estado que proceda á modificación da Lei Hipotecaria, que teña carácter retroactivo, para dar solución ao grave drama social dos desafiuzamentos por impago das hipotecas, adoptando medidas como as seguintes: - Establecer un réxime especial no caso da execución de préstamos cando

se refire á vivenda habitual ou aos negocios comerciais. - Estudar un procedemento concursal específico para permitir a paralización

de certas execucións.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 62/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

63

- Modificar o réxime de taxación e aumentar a porcentaxe de adxudicación

ao acredor, actualmente no 60% do valor de taxación. SEGUNDO.- Instar á Xunta de Galiza a que demande do Goberno do Estado a seguinte medida de carácter social: - Habilitar un Fondo Económico Especial para atender os casos máis

dramáticos e evitar o desamparo das persoas e as familias que se atopan en situacións económicas extremas.

TERCEIRO.- Instar á Xunta de Galiza á: - Creación dunha Oficina de Asesoramento para Familias ameazadas polos

desafiuzamentos. - Creación dunha Bolsa de Vivenda Social, esixindo das entidades bancarias

e de aforro que as vivendas baleiras da súa propiedade pasen a formar parte da mesma para o aluguer social ou venda a prezo taxado.

CUARTO.- Remitir este acordo ao Presidente da Xunta de Galiza, Presidente do Goberno do Estado e grupos parlamentares do Congreso e Parlamento de Galiza. QUINTO.- Instar á Alcaldía a adopción das seguintes medidas: - Interesar das entidades bancarias e de aforro información sobre posíbeis

desafiuzamentos que afecten a familias do concello, a paralización dos que estean en marcha e a súa colaboración coa Comisión Municipal creada para Casos de Desafiuzamento.

- No suposto de falta de colaboración de entidades bancarias co Concello

proceder, na medida que sexa posíbel e non prexudique aos veciños e veciñas, a prescindir dos servizos que as mesmas poidan prestar ao Concello.

DELIBERACIÓN

Intervén DON XOSÉ ANTÓN BAO ABELLEIRA , no nome do Grupo Municipal Popular que manifesta: efectivamente, como lía o señor Secretario no seu enunciado, imos falar dun drama que é o dos desafiuzamentos que eu espero que, por parte dalgunhas persoas non se trate coa mesma frivolidade que outro drama que acabamos de debater que é o da violencia de xénero e que os machos alfa dalgún grupo político que se rin constantemente destes temas pois teñan algo de sensibilidade porque non é unha cuestión de persoas, de ser macho ou femia,

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 63/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

64

de ser masculino ou feminino, senón de sensibilidade ante os temas, señora Mari, por iso espero que ante este drama que imos comentar agora se teña algo máis de sensibilidade que non determinadas risas en determinados momentos xa digo por machos alfa que circulan por aquí. O tema dos desafiuzamentos, evidentemente, é un drama que ven provocado non só pola burbulla inmobiliaria...pero non se dea por aludido señor Castiñeira, porque se da por aludido, por favor, [voces inintelixibles] eu non citei a ninguén, pero tranquilidade señor Castiñeira, por favor, non se poña nervioso, nin citei a ninguén, nin nada e levántase vostede, qué quere que lle faga ..., tranquilidade señor Castiñeira, agora entendo por qué se da por aludido con esas actitudes. Dicía que o drama dos desafiuzamentos ven xa, non por primeira vez a este Pleno, senón por terceira vez, terceira vez en que o BNG presenta unha proposición sobre este tema. Xa se aprobaran dúas en Pleno, unha no ano 2011 no que se pedía a dación en pago mediante unha reforma da Lei Hipotecaria que, se non lembro mal, aprobarase por unanimidade e, unha segunda moción, presentada o vinte e cinco de xuño, deste mesmo ano, na que se pedía unha moratoria na aplicación dos desafiuzamentos, a posta en marcha de alugueiros sociais e a creación dunha comisión municipal para paralizar os desafiuzamentos no concello de Lugo, moción que foi aprobada polos votos, naquel momento, do Bloque Nacionalista Galego e do Partido Socialista. Desgrazadamente non foi suficiente, temos que chegar a unha terceira proposición porque non se tomaron as medidas para parar este tremendo drama que está afectando a centos e miles de persoas en todo o estado, que no noso país, en Galiza, se chegou xa o desafiuzamento de máis de 3.000 vivendas ou negocios por non poderlle pagar ao banco, e que se teñen iniciado no que vai de ano máis de 48.000 procesos de execución que pretenden o mesmo destino. En total, dende o comezo da crise no 2007, son máis de 9.000 expedientes que afectan a familias galegas que conteñen auténticas traxedias humanas e, como sabemos, incluso suicidios no caso do Estado, e que pena que fose nese momento, cando se produciron esas terribles desgrazas provocadas por isto, cando se decidira actuar por parte do Partido Popular que goberna neste momento o estado e chamara a sentarse ao Partido Socialista para buscar solucións que non buscaron porque as medidas que se tomaron nas modificacións da Lei hipotecaria non resolven, evidentemente, o problema porque poden máis os lobbys financeiros, evidentemente frearon aquel primeiro intento de chegar a algún tipo de conclusión e, desgrazadamente, digo tamén porque xa houbera alternativas presentadas subscritas polo Bloque Nacionalista Galego, entre outros, no Congreso dos Deputados que foran votadas abaixo por uns e outros en distintos momentos. Polo tanto, cremos que é o momento de ser contundentes e claros á hora de tomar medidas fronte a eses lobbys financeiros, fronte a esa banca que se está blindando cada vez máis, que recibe cada vez máis diñeiro e que, sen embargo, non está disposta a adoptar ningunha medida voluntaria para frear este terrible problema.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 64/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

65

Por isto o Bloque Nacionalista Galego propón unha serie de medidas que van, en primeiro lugar, por modificacións da Lei hipotecaria, tendo en conta aquelas que xa se aprobaron neste Pleno, como contemplar a dación en pago que xa se aprobou naquel momento, pero si establecer un réxime especial no caso de execución de préstamos cando se refira a vivenda habitual, contemplar tamén a modificación do réxime de taxación e aumentar a porcentaxe de adxudicación ao acredor que actualmente está non 60%, tamén solicitar do goberno do estado que se habiliten un fondo económico especial para atender os casos máis dramáticos e evitar o desamparo das persoas e das familias e instar á Xunta e Galicia á creación dunha oficina de asesoramento para familias ameazadas por desafiuzamentos e á creación dunha efectiva bolsa de vivendas sociais, non única e exclusivamente de anuncios que son parches como anunciou, no seu momento, o Presidente da Xunta de Galicia; e, destinado ao propio concello, xa está en marcha a Comisión ao redor dos desafiuzamentos, que propuxera no seu momento o BNG, e alegrámonos ademais que nesa comisión estea presente a plataforma creada para defender os intereses destas persoas, STOP DESAFIUZAMENTOS LUGO, porque son a voz desas persoas que están sufrindo, mal que lles pese a algúns de que teñan esa presenza. E quedan pendentes dúas medidas, que entendo que xa se trataron nesa comisión e que se van estudar por parte do goberno, que aparecen tamén na proposición como é interesar a través das entidades bancarias de aforro información sobre posibles desafiuzamentos que afecten a familias do concello e que se tomen as medidas posibles e necesarias con esas entidades financeiras para paralizar eses desafiuzamentos. Seguidamente intervén, no nome do Grupo Municipal Socialista, a concelleira DONA ANA MARÍA GONZÁLEZ ABELLEIRA que manifesta: boas tardes. Ben, eu creo que estamos en posición de pedir de xustiza porque estamos vivindo unha situación totalmente inxusta. As entidades bancarias están en situación de privilexio ante os debedores das hipotecas, que non poden pagar as súas casas, non porque non queiran, senón porque a situación económica actual lles impide alcanzar uns ingresos para facer fronte as débedas que teñen. Por outro lado, esta situación de privilexio, ¿para que queren as vivendas os bancos? É a primeira pregunta que me fago despois de ler este Real decreto sobre desafiuzamentos. O concello é a entidade máis próxima á cidadanía e, polo tanto, estamos vivindo, como moi ben dicía o Sr. Bao, o drama dos desafiuzamentos, pero non só o drama social, senón o drama persoal de todas aquelas persoas que se acercan, xa non só aos servizos sociais, senón a todas concelleiras e a todos os cidadáns dicindo que teñen problemática relacionadas coa crise e que teñen medo a perder as súas vivendas, por iso o concello de Lugo, o goberno, está sensibilizado con esta situación e xa está tomando medidas, xa non só as da Comisión que se acaba de crear recentemente, senón que xa toman medidas para a entrada deste ano coa creación dunha bolsa de cartos específica para paliar situacións, non só de desafiuzamentos, senón tamén situación provocadas pola situación económico-social actual que estamos a vivir.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 65/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

66

Por outro lado, tamén temos que asumir competencias, como moi ben dicía antes o Sr. Alcalde, competencias que non nos son propias, como é o aluguer social, entón seguimos mantendo a través de EVISLUSA eses acordos de aluguer a uns prezos que xente pode permitirse -segundo o PP- “o luxo” de pagar unha vivenda e, ademais, se incrementará para volver a sacar, se fose necesario, e se os bancos non participan nesta cesión, ou como lles queiran chamar eles, de vivendas para aluguer social en condicións que as persoas poidamos pagar. Polo tanto o goberno xa está traballando e vai seguir traballando porque a Comisión non é unha ficción, a Comisión ten que poñerse en marcha, actuar e garantir, traballar sobre todo no asesoramento, na mediación e na busca do aloxo e da busca de vivenda digna para todas as persoas que por desgraza teñan que sufrir un desafiuzamento. O punto de partida, como moi ben quedou dito nesa Comisión, ten que ser a paralización dos desafiuzamentos e o concello por si só non o pode realizar, polo tanto pedimos que se apoie esta iniciativa para que as entidades bancarias e as institucións que teñen que ver na consecución destas hipotecas abusivas para os debedores que poñan solucións de maneira que as persoas poidan acceder e paralizar estes desafiuzamentos. Estanse tomando e se van tomar medidas especiais para as persoas que sufran ou estean en risco de ser desafiuzadas, elaboración de protocolos, que xa se están poñendo en marcha, non só dende a Concellería de Servizos Socias, senón que vai afectar a outras concellerías, porque outras persoas non soamente teñen problemas sociais, senón tamén educativos ou de calquera outro tipo. Temos que facer medidas que actúen e que fagan fronte ou presión ás entidades bancarias e esixir ás institucións, organizacións e axentes sociais que sumen esforzos e que se cambie a lei hipotecaria porque é abusiva para os debedores, e que fagan políticas que beneficien ao aluguer social. Temos que ser os concellos os que nos revelemos ante esta situación inxusta por iso creo que debe partir do goberno, espero que co apoio do PP, esta iniciativa para as outras institucións que non o vén necesaria eliminen esta lei abusiva en contra das persoas. O 16 de novembro, fai 15 días, no BOE 276, o goberno do Sr. Rajoy expresou mediante decretazo as súas intencións nos desafiuzamentos, e puxo enriba da mesa as ideas que ten o Partido Popular para as persoas que, por desgraza, sofren situacións de vulnerabilidade. Foi covarde porque se volveu a posicionar a favor das entidades financeiras. A grandes rascos, o Real decreto é unha moratoria, pero é unha moratoria que soamente deixa vivir as persoas que teñen a súa vivenda durante dous anos, pero despois van perder a vivenda, iso é o groso da nova lei de desafiuzamentos. Polo miúdo, o Real decreto é impositivo, restritivo, executivo, pero non establece ningunha cláusula derrogatoria, é dicir, o poder xurídico vai ver correr ríos de tinta para tomar poder tomar decisións que seguramente lles parezan inxustas no tema dos desafiuzamentos. Por iso cremos que se debe cambiar estas leis abusivas e facer normativas en favor das persoas, evitando os seus desafiuzamentos que é o que neste punto do pleno se está a tratar. A continuación intervén DON ARCADIO SILVOSA ALONSO que, no nome do Grupo Municipal do Partido Popular, indica: moitas grazas, Sr. Alcalde. Antes de

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 66/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

67

nada, tanto ao Partido Socialista como ao Bloque Nacionalista Galego, de verdade, pedirlles mil desculpas por non terlles achegado a emenda transaccional que presentamos este medio día, e que a culpa é, única e exclusivamente, de que lles está a falar por non ter a pericia de ter trasladado esta emenda transaccional que, como digo, rexistramos este medio día. De verdade, desculpas, procuraremos que non volva suceder no futuro, digo procuraremos porque se depende da pericia de quen lles fala é probable que poida incorrer outra vez na mesma situación, pero dende logo non é a miña intención. Dito isto... (voces de fondo inintelixibles), ... gustaríame recuperar un pouquiño a senda do que se falou ao principio desta sesión plenaria cando a raíz da intervención dunha compañeira se dixo que se había roto un pouco co espírito pre-navideño. De verdade, que con algunhas afirmacións que se verteron posteriormente quedou esnaquizado o espírito pre-navideño, navideño en si mesmo e ata o post-navideño, por iso gustaríame rebaixar esta situación e comezar, Sr. Bao e Sra. Abraira, dándolles a benvida ás bancadas da oposición, aínda que lamentando un pouco a situación pola que tiveron que adoptar esa medida, pero dándolles a benvida a esas bancadas, convencido que no seu ánimo está o de procurar facer as labores propias da oposición, de facer unha labor de control do equipo de goberno e convencido tamén de que veñen coa mellor das vontades de tratar de aportar cousas positivas para a maioría dos lugueses e luguesas. Entrando xa no tema, é certo que a realidade da crise económica e financeira e as excepcionais circunstancias polas que atravesa o país arrombaron a centos de familias a unha situación de precariedade ante a incapacidade de facer fronte as súas obrigas asociadas a préstamos. É unha triste realidade que non se pode negar senón que dende o Partido Popular o recoñecemos explicitamente e, en consecuencia, este partido procura por todos os medios o seu alcance amosar sensibilidade en todas e cada unha das actuacións postas en práctica para mitigalo. Nada que obxectar, polo tanto, ao fondo de moción, desgrazadamente de tanta actualidade, si a algunha cuestións puntual que aparece nesa moción, e por iso esta emenda transaccional que agora me parece que xa coñecen e que, polo tanto, non perdo o tempo en dar lectura a mesma. Tamén é certo que moitos aspectos da lexislación hipotecaria española foron tremendamente prexudiciais e é certo que en caso de execución hipotecaria por impago de cotas se a poxa queda deserta, situación moi xeneralizada no contexto que había ata o de agora, a entidade prestataria adxudicábase a vivenda polo 50% do valor da taxación e logo seguía reclamando o pago da débeda restante, máis xuros e custas xudiciais mediante embargo de nóminas, contas, embargos a avalistas, etcétera, co cal moitas familias quedaban sen vivenda e cunha carga futura que se facía insoportable. O Partido Popular non vai negar o desequilibrio que se ten producido na relación xurídica entre as entidades financeiras e os particulares, o que ten motivado que en moitísimas ocasións os contratos de préstamo foran na práctica contratos de adhesión con prexuízos para os particulares incapacitados na práctica para negociar a súa relación contractual persoal, pódese concluír en que o contexto económico e a combinación lexislativa aplicable contribuíron a lanzar á pobreza a moitas familias e mesmo ás situacións máis dramáticas froito da desesperación. A

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 67/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

68

cuestión posúe fondas implicacións xurídicas, económicas e lexislativas. O Partido Popular comparte a necesidade de dar unha resposta lexislativa a unha problemática social e, froito desta vontade, dende o primeiro momento, e isto non se pode negar, en que chegou ao goberno do estado, no pasado mes de Nadal, propúxose aportar solucións a este problema de tanta complexidade. Evidencia da importancia é a prioridade que concedeu o goberno do PP ao asunto e que xa o 9 de marzo, isto é antes de que se cumpriran 3 meses do goberno, aprobouse un Real decreto de medidas urxentes da protección de debedores hipotecarios sen recursos que entrou en vigor o día 11. Neste Real decreto establecíanse diversos mecanismos conducentes a permitir a reestruturación da débeda hipotecaria de quen padecía extraordinarias dificultades para atender o pagamento. O modelo de protección deseñado entón xiraba en torno a un código de boas prácticas ao que voluntariamente de adheriron case o 100% das entidades de crédito e outras entidades que de xeito profesional concedían préstamos ou créditos hipotecarios; en Galicia creo que en torno ao 100% e no resto do estado quizais un pouco menos. Non se pode negar, polo tanto que se deron pasos firmes para facilitar e promover a implicación do sector financeiro galego e español no esforzo requirido para aliviar a difícil situación económica e social de moitas familias. Incluíanse neste código tres fase de actuación que... como non me vai dar tempo a dicir todo o que quero, vou obvialas un pouco, pero eran: procurar a reestruturación viable da débeda hipotecaria, na segunda fase poderían ofrecer aos debedores unha quita sobre o conxunto da débeda e, se ningunha das medidas anteriores lograba reducir o esforzo hipotecario dos debedores a límites asumibles para a súa viabilidade financeira, estes poderían solicitar as entidades e as entidades deberían de aceptar a dación en pago como medio liberatorio definitivo desta débeda. As medidas descritas contémplanse con outras medidas de índole procesual e fiscal que tampouco se pode negar que están aí. Podiamos poñer exemplos prácticos, pero, ademais disto, en Galicia aprobouse, e así se publicou no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, o 29 de xuño, a nova Lei de vivenda, da que antes tamén se falou aquí, que tamén prevé unha serie de medida para paliar os efectos da crise sobre os galegos con dificultades para afrontar as súas hipotecas. Nela se recollen actuacións para mitigar os efectos dos desafiuzamentos por execucións hipotecarias. Salientar que a Xunta de Galicia leva moito tempo traballando co criterio de actuar coa máxima sensibilidade nos casos en que as familias afectadas posúan vivendas de protección oficial tanto en propiedade como en aluguer. Máis recentemente o reelixido Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, xa adquiriu compromiso na súa investidura de continuar apoiando aos que máis sofren da crise, garantiu novas medidas de apoio como a posta a disposición de vivendas de protección oficial que estean baleiras ou sen adxudicar. Dita iniciativa consistira en poñer a disposición dos afectados polos desafiuzamentos, priorizándose unha situación económica e cargas familiares, o parque de vivendas de protección oficial que están baleiras ou tamén sen adxudicar. A maiores está, a nivel estatal, o último Real decreto 27/2012, que xa ten o apoio dalgunha forza na oposición, e que contempla por unha parte a paralización dos procesos de execución hipotecaria que conlevan desaloxo de vivenda durante dous anos para determinados colectivos e

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 68/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

69

tamén contempla un fondo social de vivendas. É certo que pon esa acotación de dous anos, pero é que todo isto, a partir de aí, pode ser obxecto dunha revisión, queda pois claro... (voces de fondo o Excmo. Sr. Presidente indicándolle o esgotamento do tempo da súa intervención) ... 30 segundiños e xa remato... queda pois claro que tanto os gobernos central como o autonómico, Sr. Bao, están na boa dirección, estamos convencidos, de aí esa transacción para instar a ambos os dous gobernos a seguir traballando nos seus respectivos ámbitos competenciais. DON XOSÉ ANTÓN BAO ABELLEIRA: pois vai ser que non, Sr. Arcadio, síntoo moito, a pesar de que apele vostede a ese espírito do Nadal unha e outra vez, a próxima vez -dígollo en ton absolutamente xocoso- disfrácese de Papa Noel a ver se o consegue, pero non, cos seus argumentos non vai ser posible porque, mire, eu creo que vostedes coñecen perfectamente, porque pretenden anulalo coa súa emenda transaccional, os primeiros puntos de acordo que propón o Bloque Nacionalista Galego que, precisamente, están no espírito -este si, creo, que é o espírito correcto- de corrixir os defectos que ten a lei hipotecaria e todos os defectos que están hoxe en día enriba da mesa e que provocan os constantes desafiuzamentos, levantamentos de vivenda e demais. Evidentemente estas son as decisións que entendemos que se deben de tomar inmediatamente, o réxime especial, no caso de execución de préstamos, un procedemento concursal específico, modificar o réxime de taxación, etcétera, etcétera. Cuestións que non están habilitadas aínda, xa llo dicía antes, porque vostedes e nesa mesa na que se sentaron co Partido Socialista estaba condicionada polos lobbys financeiros que teñen máis peso e valor que o da xente que está a sufrir. Dicía vostede que o Partido Popular tomou medidas... dende o Real decreto de marzo e demais..., cando se lles levantaron as alarmas, desgrazadamente, foi cando comezaron os suicidios, aí foi cando se lles levantaron as alarmas e empezaron a falar de sentarse a buscar solucións, pois non debe ser ese o método. Nós, insisto, no 2011 xa presentabamos aquí unha iniciativa, e presentaron os nosos compañeiros do Bloque Nacionalista Galego iniciativas no Parlamento do estado destinadas a paliar este problema xa naquel intre, iniciativas que foron rexeitadas, insisto, por uns e por outros. O código de boas prácticas dos bancos, desculpe o coloquialismo, nin puñetero caso, evidentemente, con medidas voluntarias as entidades financeiras non van actuar, actuarán única e exclusivamente cunha lexislación contundente que as obrigue a tomar esas decisión, igual que están recibindo, insisto, centos e miles de millóns de euros constantemente. Por iso hai que dar prazos firmes, e non vale tampouco e dicíallo antes ese anuncio que vostede cita do Sr. Presidente da Xunta de Galicia de habilitar pisos de promoción oficial que queden baleiros en aluguer, pero iso, oia, é taponar as posibilidades doutra xente que está en lista de espera para acceder a eses pisos de promoción oficial e que tamén o necesitan para poder ter unha vivenda nun prezo axeitado, entón non é unha solución, non se pode vestir un santo para desvestir o outro, polo tanto non creo que vaian na boa dirección. Creo que hai que tomar outras decisión, o Bloque Nacionalista Galego cre que hai que tomar outras decisión que están aí nos termos do acordo desta moción que non imos variar e polo tanto non imos aceptar, evidentemente, a súa emenda.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 69/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

70

Mire, na época na que se creou a democracia, a primeira que existiu, que foi aquela ateniense, Dracón foi o primeiro que estableceu unha serie de leis e unha das leis -por iso se chamaban draconianas- era que aqueles que tiñan débedas pasaban a ser escravos. Tivo que vir Solón despois, oxalá apareza algún Solón que terá que ser o pobo o que cambie isto, para cambiar esa lexislación, esa lei e evitar que a xente que teña débedas pagara coa súa escravitude, pois o neoliberalismo, iso que é o capitalismo feroz e voraz, que campa as súas anchas, está creando unha neoescravitude, e o exemplo máis palpable son estes problemas dos desafiuzamentos e nós mantémonos na nosa moción porque cremos que son os puntos de acordo que se deben tomar en consideración, que se deben executar, para que se solvente este drama. DONA ANA MARÍA GONZÁLEZ ABELLEIRA: moitas grazas. Ben, na boa dirección dende logo que non, Sr. Silvosa. Voulle dar casos prácticos porque eu creo que é a forma máis fácil de entender este novo Real decreto, esta norma surrealista desatinada e, canto menos, mal asesorada. Non sei porque saíu así. As familias, por exemplo, ¿protexe esta lei as familias? Non, se teñen ingresos tres veces por riba do IPREM, é dicir, estamos falando de menos de 1600 euros perden a súa vivenda e dá igual que sexan tres membros, que catro, que 16, pero eu creo que gañar 1.600 euros un núcleo familiar non é vivir... opinen vostedes. As familias con menores, protéxeas esta lei? Non, porque se teñen fillos con máis de 4 anos perden a vivenda. As persoas desempregadas ás que lles paralizan os desafiuzamentos, protéxeas esta lei? Non, porque o estar en situación de desemprego, tal e como di o Real decreto, poderían estar en situación de encontrar unha mellora laboral que lle permitise pagar a súa hipoteca, isto dío literalmente o Real decreto. Protexe as persoas que teñen ao seu cargo persoas con discapacidade, dependentes ou enfermos? Non, porque van depender da lonxevidade ou da mellora da saúde das persoas as que están coidando, literalmente o pon o Real decreto, entón van perder a vivenda. Sinto ter que poñer estes casos pero o di literalmente a lei, eu sei que lendo polo miúdo é complicado, pero párense a lelo. Todo isto que está facendo o goberno do PP son parches que derivan da idea de iso que din de que se viviu por enriba dos nosos posibles. Non, señores, o que pasa é que o tema non interesa. Trabállase en prol do mercado, xa o dixen antes, o Sr. Rajoy non foi valente, foi un covarde e seguiu apostando pola pescadilla, porque, ¿a onde van estas vivendas desafiuzadas? Ao banco malo, ao SARED, ¿e que vai pasar? o mesmo que pasou fai anos, aquilo que lle collemos tanto medo dos activos tóxicos, pois imos na mesma liña, e seguen favorecendo todo isto. Permítenlles aos bancos os xuros de mora por enriba da legalidade, porque a xente non é que non poida pagar a súa hipoteca, é que non pode pagar os intereses que lles supón ter dous, tres, cinco ou seis meses de carencia desa hipoteca, porque está o 23% dos intereses, cando iso debería estar prohibido. Este Real decreto non fai máis que ter efectos perversos e maliciosos, e non se confunda, non estamos pedindo caridade, que parece que é o que ofrecen continuamente, senón que estamos pedindo solucións a un problema xeneralizado, non só en Lugo, senón en todo o país para as clases medias e para

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 70/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

71

as clases con rendas máis baixas, por iso cremos que hai que cambiar esta lei e equilibrar os dereitos dos debedores e dos acreedores, non soamente ir en contra das persoas que teñen unha débeda hipotecaria, como dicía antes, e xa para rematar, esixir xustiza e afiuzamento, que se non saben o que significa, afiuzar é dar esperanza e confianza, que é o mesmo que a cidadanía nos pide aos poderes públicos e as persoas que temos responsabilidade e con esas intervencións que vostedes están facendo no goberno central e no goberno autonómico no se dá confianza nin se dan os dereitos que merecemos todas as persoas. Moitas grazas. DON ARCADIO SILVOSA ALONSO: afiuzamento debeu ser o que fixeron vostedes cando estiveron no goberno eses oito anos porque xa nos últimos gobernos, Sr. Bao, e isto non mo negará, nos últimos anos do Partido Socialista había problemas importantes de desafiuzamentos, é máis, eu penso que a Dracón sería comparable co Partido Socialista de entón, pero, pese ao que estamos escoitado aquí no Pleno de hoxe, pois aínda non parece que o teñan claro no Partido Socialista que faga falla tomar medidas. Eu leo as declaracións da ex-ministra de Vivenda co Sr. Zapatero, María Antonia Trujillo, e di: el que tenga deudas que las pague y que no se hubiera endeudado, logo parece ser que a recriminaron dende o partido, pero ela díxo que era tan socialista como calquera, incluso bastante máis socialista que moitos que se fan chamar socialistas. Polo tanto, discursos moi contraditorios e esta era a señora que tiña as máximas competencias en materia de vivenda, e é a que di que os que teñen débedas que as paguen e senón que non tivera endebedado. Con perdón para os invidentes, non hai peor cego que o que non quere ver porque nós temos que reiterar que o goberno central e galego traballan, estamos convencidos no ámbito correcto, é máis, Sr. Bao, se tiveramos a proposta co título que viña na mesma, proposición para que se modifique a lei hipotecaria e adopción de medidas sociais para solucionar o drama dos desafiuzamentos, estariamos totalmente de acordo, logo despois no resto do texto que din pois, a verdade, é que aí entran en clara contradición, case, case se me apuran, ata co dereito civil que existe hoxe en día ou co ámbito da propiedade privada. Resumindo os gobernos do España e da Xunta están traballando con determinación, con celeridade e sen pausa, e o Parlamento de Galicia, a Xunta de Galicia tamén o fan para minorar esta grave problemática. O Real decreto lei que se puxo en marcha de xeito urxente acorda a paralización inmediata dos desafiuzamentos para colectivos vulnerables e a creación dun fondo social de vivendas con inmobles nun réxime de aluguer social para persoas que perdan o seu fogar. Asemade, crearase un fondo social de vivendas de aluguer a prezos baixos destinado a familias que xa perderon a súas casas. Tamén lle digo outra cousa, Sr. Bao, incluso se a proposta viñera na liña do acordo adoptado na FEGAMP instando ao goberno a modificar a lei hipotecaria para rematar cos desafiuzamentos na vivenda habitual pois tamén o poderiamos aceptar, e é un acordo que aceptaron as tres forzas políticas con maior representatividade por aquel entón. Xa para ir rematando, ¿sabe, Sr. Bao, cando era un bo momento, por exemplo, para adoptar medidas no ámbito local, porque hai

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 71/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

72

que adoptar medidas no ámbito local, eu boto moito en falta de que aquí, nesta proposta, non apareza un aspecto concreto que nós si demandamos..., ¿sabe cando era un bo momento para adoptar medidas no ámbito local e que xa por aquel entón, fai aproximadamente un ano, este grupo municipal puxo enriba da mesa neste mesmo salón de plenos?, o problema dos desafiuzamentos tamén o puxo encima da mesa neste salón de plenos este mesmo grupo municipal, cando decidiron modificar a...(inintelixible) ...co seu voto favorable ás taxas e prezos públicos e impostos deste concello o ano pasado, aquel era tamén un bo momento para ter en conta o problema dos desafiuzamentos e dende aquí, dende estas bancadas, xa se facía mención ao mesmo. DON XOSÉ ANTÓN BAO ABELLEIRA: está claro, señores do Partido Popular, Sr. Arcadio Silvosa, que cando non se quere non se quere, se buscan argumentos para intentar enredar por todos lados. Eu recordo que cando se presentaron, teño aquí algún dato, diversas iniciativas no Parlamento do Estado, o Partido Popular fixera daquela unha avaliación positiva dalgúns puntos das propostas do Bloque Nacionalista Galego, que ían neste sentido que agora vostedes lles parecen contraditorias, mesmo un deputado chegou afirmar desproporcionado que un banco se poida quedar coa casa polo 50% do seu valor e que logo a poida vender pois máis a outros cidadáns, a iso si, Sr. Arcadio -xa que fala vostede de gobernos- cando chegaron vostedes ao goberno, porque isto era cando estaban na oposición, diso nada de nada, toda esa sensibilidade que mostraron nese momento desapareceu, maquillado cunha serie de decisións que, evidentemente, creo que todas as plataformas que hai... e os propios afectados denostaron porque non chegan absolutamente para nada, nin para deter este grave drama que vai aumentar e vai aumentar porque vostedes seguen tomando decisións e aquí xa se discutiu o tema dos rescates bancarios, ¿sabe cal é un dos graves problemas porque se está provocando esta riada de desafiuzamentos? Porque eses rescates que politicamente está aprobando o Partido Popular provocan que todos os axentes que viven ó redor dos bancos, ante o temor de que estes se vexan absorbidos, están acelerando cada vez máis, todos os procesos de desafiuzamento, e niso tamén son responsables políticos vostedes, o Partido Popular, por esas decisións que tomaron nese momento. Non hai escapatoria, Sr. Arcadio Silvosa, cando vostedes votan en contra destas medidas, están votando en contra de axudar á xente que se queda sen casa. NOTA: A CONTINUACIÓN TRÁTASE A MOCIÓN DE URXENCIA PRESEN TADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR, AÍNDA QUE, POR RAZÓNS DE SISTEMÁTICA, SE TRANSCRIBE NA PRESENTE AC TA A CONTINUACIÓN DOS ASUNTOS QUE FIGURAN NA ORDE DO DÍA , CO NÚMERO 15/149, LUGAR ONDE FIGURAN, ASÍ MESMO, A VOT ACIÓN PARA A DECLARACIÓN DA URXENCIA E O DEBATE PRODUCIDO.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 72/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

73

Durante o debate desta moción de urxencia, asunto 15/149 na presente acta, abandona a sesión o concelleiro DON JOSÉ RAMÓ N GÓMEZ BESTEIRO, cando son as vinte horas e e dez minutos. B) PARTE DE INFORMACIÓN, IMPULSO E CONTROL ACTAS E GOBERNO 11/145 DACIÓN DE CONTA DOS DECRETOS DITADOS DENDE O 5 DE NOVEMBRO DE 2012 QUE OBRAN NO SERVIZO DE ACTAS E GO BERNO, RECOLLIDOS NO LIBRO ÚNICO DE RESOLUCIÓNS.- Examinado o expediente tramitado para estes efectos, que foi ditaminado pola Comisión Permanente Ordinaria de Cultura, Turismo, Deportes, Recursos Humanos e Protección da Comunidade, celebrada o día 26 de novembro de 2012, e vista a proposta da Alcaldía, do 20 do mesmo mes, expresiva do seguinte: “En conformidade co informe do Negociado de Goberno desta mesma data, e para dar cumprimento ao establecido no artigo 42 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, así como ao disposto no artigo 22 do Regulamento orgánico municipal do Pleno do Concello de Lugo; ao Excmo. Concello Pleno DÁSELLE CONTA das resolucións ditadas pola Alcaldía e polos seus Delegados dende a celebración do pleno ordinario do 5 de novembro de 2012, que obran no Servizo de Actas e Goberno, coa numeración do 12008954 ao 12010050, recollidas no Libro de resolucións único correspondente ao ano 2012.” De todo o cal a Excma. Corporación Municipal quedou informada para os efectos oportunos. Abandona a sesión DON XOSÉ ANTÓN BAO ABELLEIRA, cando son as vinte horas e dezaseis minutos. 12/146 DACIÓN DE CONTA DO DECRETO NÚMERO 12010134, EN RELA CIÓN COA RENUNCIA ÁS DELEGACIÓN EFECTUADAS NOS CONCELLEI ROS DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO.- Examinado o expediente tramitado para os efectos, que foi ditaminado favorablemente pola Comisión de Cultura, Turismo, Deportes, Recursos Humanos e Protección da Comunidade, celebrada o día 26 de novembro de 2012, ó Excmo. Concello Pleno DÁSELLE CONTA do Decreto da Alcaldía, número 120100134, do seguinte teor literal: “DECRETO NÚMERO 12010134 EXCMO. SR. DON JOSÉ CLEMENTE LÓPEZ OROZCO, Alcalde Presidente do Excmo. Concello de Lugo, Lugo, 21 de novembro de 2012.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 73/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

74

Visto o decreto 60/2011, modificado polo número 70/2011, do 18 de xullo, ambos do Libro de Resolución da Alcaldía: Actas e Goberno e Normalización Lingüística, polos que se estableceu, en outros aspectos, respectivamente, a estrutura da organización municipal, a composición da Xunta de Goberno Local, o nomeamento dos Tenentes de Alcalde, a denominación e titularidade das áreas de goberno e o réxime de dedicación exclusiva de membros da Corporación. Visto que con data do 21 de novembro de 2012, números de Rexistro do Pleno 151 e 152, DONA PAZ ABRAIRA SOBRADO e DON XOSÉ ANTÓN BAO ABELLEIRA presentaron as súas renuncias ás tenencias de alcaldía e á titularidade das áreas de goberno de Infraestruturas e Axenda 21 e de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, respectivamente. Esta Alcaldía, facendo uso das atribucións que lle confiren os artigos 75.5 124 e 126 do texto vixente da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL) e concordantes do Regulamento orgánico municipal do goberno e administración do Concello de Lugo (ROMGA) e do Regulamento orgánico municipal do Pleno do Concello de Lugo, RESOLVE: PRIMEIRO.- Tomar razón da renuncia e, consecuentemente, deixar sen efecto os nomeamentos e as atribucións conferidas a DON XOSÉ ANTÓN BAO ABELLEIRA, segundo o seguinte: - Como titular da Primeira Tenencia de Alcaldía. - Como membro da Xunta de Goberno Local. - Como Titular da Área de Goberno de Cultura, Turismo e Promoción da

Lingua e das atribucións que, como tal, lle foron delegadas por esta Alcaldía. - Aquelas outras que posúa en virtude da súa condición de membro do equipo

e goberno. SEGUNDO.- Tomar razón da renuncia e, en consecuencia, deixar sen efecto os nomeamentos e as atribucións conferidas a DONA PAZ ABRAIRA SOBRADO, segundo o seguinte: - Como titular da Sexta Tenencia de Alcaldía. - Como membro da Xunta de Goberno Local. - Como segunda suplente do Concelleiro-Secretario da Xunta de Goberno

Local. - Como Titular da Área de Goberno de Infraestruturas e Axenda 21, e das

atribucións que, como tal, lle foron delegadas por esta Alcaldía. - Aquelas outras que posúa en virtude da súa condición de membro do equipo

de goberno. Cúmprase.” De todo o cal a Corporación quedou informada para os oportunos efectos. 13/147 DACIÓN DE CONTA DO DECRETO NÚMERO 12010330, RELATIV O Á NOVA ORGANIZACIÓN MUNICIPAL CON MOTIVO DA RENUNCIA ÁS DELEGACIÓNS EFECTUADAS NOS CONCELLEIROS DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO.- Examinado o expediente tramitado para os efectos e vista a proposta da Alcaldía, do 27 de novembro de 2012, na que se sinala:

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 74/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

75

“Visto o Decreto 60/2011, modificado polo 70/2011, do 18 de xullo, ambos do Libro de Resolucións da Alcaldía: Actas e Goberno e Normalización Lingüística, no que se establecen, entre outros aspectos, a estrutura da organización municipal; e visto o Decreto número 12010134 relativo á renuncia ás tenencias de Alcaldía e á titularidade das áreas de goberno que tiñan encomendadas DONA PAZ ABRAIRA SOBRADO e DON XOSÉ ANTÓN BAO ABELLEIRA. Como consecuencia do anterior, fíxose preciso remodelar a organización municipal existente, ditándose -con esta mesma data- por esta Alcaldía o Decreto número 12010330. En virtude de todo o cal, con base na referida proposta, ao Excmo. Concello Pleno DÁSELLE CONTA, do referido Decreto 12010330, que é do seguinte teor: “DECRETO NÚMERO 12010330 EXCMO. SR. DON JOSÉ CLEMENTE LÓPEZ OROZCO, Alcalde Presidente do Excmo. Concello de Lugo, Lugo, 27 de novembro de 2012. Visto o decreto 60/2011, modificado polo número 70/2011, do 18 de xullo, ambos do Libro de Resolución da Alcaldía: Actas e Goberno e Normalización Lingüística, polos que se estableceu, entre outros aspectos, a estrutura da organización municipal, a composición da Xunta de Goberno Local, o nomeamento dos Tenentes de Alcalde, a denominación e titularidade das áreas de goberno e o réxime de dedicación exclusiva de membros da Corporación. Visto o Decreto número 12010134, do 21 de novembro de 2012, no que se toma razón da renuncia e se deixa sen efecto os nomeamentos de DONA PAZ ABRAIRA SOBRADO e DON XOSÉ ANTÓN BAO ABELLEIRA como tenentes de alcalde e titulares das áreas de goberno de Infraestruturas e Axenda 21 e de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, respectivamente. Esta Alcaldía, facendo uso das atribucións que lle confiren os artigos 75.5 124 e 126 do texto vixente da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL) e concordantes do Regulamento orgánico municipal do goberno e administración do Concello de Lugo (ROMGA) e do Regulamento orgánico municipal do Pleno do Concello de Lugo, RESOLVE: PRIMEIRO.- Nomear, en virtude dos artigos 126.2 do texto vixente da Lei 7/1985, do 2 de abril, e 13 do Regulamento orgánico municipal do goberno e administración do Concello de Lugo, membros da Xunta de Goberno Local ós concelleiros DON MANUEL ENRIQUE CHAÍN FERNÁNDEZ e DONA ANA MARÍA GONZÁLEZ ABELLEIRA.

Como consecuencia, e de conformidade co establecido nos artigos 126 e concordantes do texto vixente da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e 12 e concordantes do ROMGA, a XUNTA DE GOBERNO LOCAL estará integrada polo Excmo. Sr. Alcalde, don José Clemente López Orozco, que a presidirá, e os seguintes membros: - Don Luis Manuel Álvarez Martínez.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 75/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

76

- Dona Sonia Méndez García. - Dona María del Carmen Basadre Vázquez. - Don Francisco José Fraga López. - Don Lino José González-Dopeso García. - Don Manuel Enrique Chaín Fernández. - Don José Manuel Díaz Grandío. - Dona Ana María González Abelleira SEGUNDO.- Manter a designación de Concelleiro-Secretario da Xunta de Goberno Local en DON LINO JOSÉ GONZÁLEZ-DOPESO GARCÍA, e como primeira e segundo suplentes, respectivamente, a DONA MARÍA DEL CARMEN BASADRE VÁZQUEZ e a DON FRANCISCO JOSÉ FRAGA LÖPEZ. Ás súas sesións -cando sexan convocados ou a súa presenza sexa requirida pola Presidencia deste órgano municipal-, asistirán o titular do órgano de apoio á Xunta de Goberno e ó seu Concelleiro-Secretario, e o Interventor Xeral Municipal (ou funcionarios ós que se lle encomenden estes cometidos). TERCEIRO.- A Xunta de Goberno Local celebrará sesión ordinaria todos os mércores ás nove horas e trinta minutos, en primeira convocatoria, e unha hora despois en segunda convocatoria. Se o día fixado para a celebración da sesión ordinaria fora festivo ou inhábil, celebrarase sesión o seguinte día hábil. CUARTO.- Nomear, de conformidade co establecido no artigo 124.e) do vixente texto da LRBRL e 28 do ROMGA, Tenente de Alcalde a DON MANUEL ENRIQUE CHAÍN FERNÁNDEZ e DONA ANA MARÍA GONZÁLEZ ABELLEIRA, quedando establecida a seguinte orde para os TENENTES DE ALCALDE : 1º Tenente de Alcalde: Ilmo. Sr. D. Luis Manuel Álvarez Martínez. 2ª Tenenta de Alcalde: Ilma. Sra. D.ª Sonia Méndez García. 3ª Tenente de Alcalde: Ilma. Sra. D.ª María del Carmen Basadre Vázquez. 4º Tenente de Alcalde: Ilmo. Sr. D. Francisco José Fraga López. 5º Tenente de Alcalde: Ilmo. Sr. D. Lino José González-Dopeso García. 6º Tenente de Alcalde: Ilmo. Sr. D. Manuel Enrique Chaín Fernández. 7º Tenente de Alcalde: Ilmo. Sr. D. José Manuel Díaz Grandío. 8ª Tenenta de Alcalde: Ilma. Sra. D.ª Ana María González Abelleira. Os/as tenentes/as de alcalde substituirán ó Alcalde pola orde do seu nomeamento, nos casos de vacante, ausencia, enfermidade ou abstención legal. QUINTO.- Modificar a denominación e ámbito material das áreas de goberno, segundo o seguinte detalle:

ÁREAS DE GOBERNO MUNICIPAL : A organización municipal estrutúrase nas seguintes áreas: ÁREA DE ALCALDÍA, RECURSOS HUMANOS E PROTECCIÓN DA COMUNIDADE Na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás seguintes MATERIAS:

- Plan estratéxico. - Goberno municipal. - Representación municipal.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 76/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

77

- Organización dos servizos administrativos. - Relacións institucionais. - Fe pública e asesoramento legal preceptivo. - Exercicio de accións xudiciais e administrativas e defensa do

Concello. - Protocolo. - Prensa e medios de comunicación. - Normalización lingüística. - Persoal ao servizo da Corporación local. - Protección da comunidade. - Servizos de prevención e extinción de incendios. - Protección civil. - Ordenación do tráfico de vehículos e persoas nas vías públicas e

sinalización destas. - Transporte público de viaxeiros. - Parque móbil municipal.

Sen prexuízo da obrigada vinculación daqueloutros que, por mor das tarefas que teñan asignadas, desenvolvan as súas funcións en relación coas materias antes enumeradas, considéranse especificamente incluídos nesta área de goberno municipal os seguintes ÓRGANOS DIRECTIVOS: Secretaría Xeral do Pleno, Asesoría Xurídica e Vicesecretaría, así como os seguintes SERVIZOS E DEPENDENCIAS MUNICIPAIS:

- Servizo de Actas e Goberno e Normalización Lingüística, Asesoría Xurídica, Servizo de Protocolo, Gabinete da Alcaldía e Oficina de Prensa; Servizo de Persoal; Servizo Médico; Servizo de Prevención de Riscos Laborais; Conserxería e Notificadores; Taboleiro de Edictos; Policía Local e os seus auxiliares, e Negociado de Sancións; Sección de Policía, Tráfico e Transportes; Brigada de Sinalización Viaria; Servizo de Extinción de Incendios e Parque Móbil, Brigada e Parque de Maquinaria adscritos á Zona Rural.

ÁREA DE URBANISMO Na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás seguintes MATERIAS:

- Ordenación e xestión urbanística e execución do planeamento urbanístico.

- Proxectos de urbanización. - Intervención na regulación do mercado do solo: patrimonio

municipal do solo. Rexistro do soares. - Intervención no exercicio das facultades dominicais relativas ao

uso do solo e edificación: licenzas urbanísticas. - Disciplina urbanística. - Proxectos de obras complementarias - Promoción e xestión de vivendas. - Patrimonio histórico-artístico. - Fomento da conservación e rehabilitación das edificacións.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 77/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

78

- Arqueoloxía. - Establecementos industriais, comerciais, de servizos, de

espectáculos e actividades recreativas, establecementos públicos e outras instalacións sometidas a autorización municipal.

- Deberes de conservación: ordes de execución, inspección de edificacións e declaracións de ruína.

Sen prexuízo da obrigada vinculación daqueloutros que, por mor das tarefas que teñan asignadas, desenvolvan as súas funcións en relación coas materias antes enumeradas, considéranse especificamente incluídos nesta área de goberno municipal os seguintes SERVIZOS E DEPENDENCIAS MUNICIPAIS:

- Servizo de Urbanismo, Negociado de Planeamento, Negociado de Disciplina e Sección de Xestión; Servizo de Licenzas; Servizo de Arquitectura, Oficina de Rehabilitación e Servizo de Arqueoloxía.

ÁREA DE ECONOMÍA, EMPRENDEMENTO, AUTÓNOMOS E EDUCAC IÓN Na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás seguintes MATERIAS:

- Xestión e xeración de recursos. - Control e fiscalización interna da xestión económica, financeira e

orzamentaria. - Contabilidade. - Tesourería. - Recadación. - Facenda local. - Inspección de Facenda. - Contratación local. - Patrimonio municipal. - Fomento e promoción da actividade económica. - Fomento e promoción do comercio. - Formación e fomento do emprego. - Educación, centros docentes e equipamentos educativos. - Garderías infantís. - Educación viaria (Parque Infantil de Tráfico). - Formación e orientación laboral.

Sen prexuízo da obrigada vinculación daqueloutros que, por mor das tarefas que teñan asignadas, desenvolvan as súas funcións en relación coas materias antes enumeradas, considéranse especificamente incluídos nesta área de goberno municipal os seguintes ÓRGANOS DIRECTIVOS: Intervención Xeral e Xestión económico-financeira (Tesourería), así como os seguintes SERVIZOS E DEPENDENCIAS MUNICIPAIS:

- Facenda Local; Inspección de Tributos; Recadación; Servizo de Contratación, Patrimonio e Fomento, Sección de Patrimonio, Sección de Fomento, Departamento de Planificación e Control de Concesións; Talleres e Obradoiros de Emprego e Axencia de Desenvolvemento Local, pedagogas municipais; garderías municipais, celadores de colexios e Parque Infantil de Tráfico.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 78/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

79

Dentro desta área créase unha CONCELLERÍA DE CARÁCTER ESPECÍFICO para a xestión dos servizos e actividades que, a seguir, se indican: Concellería de Educación, Formación e Orientación L aboral:

- Educación, centros docentes e equipamentos educativos. - Garderías infantís. - Educación viaria (Parque Infantil de Tráfico). - Formación e orientación laboral.

Pedagogas municipais; garderías municipais, celadores de colexios e Parque Infantil de Tráfico. ÁREA DE CULTURA, TURISMO, XUVENTUDE E PROMOCIÓN DA LINGUA Na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás seguintes materias:

- Convenio Lugo Cultural. - Actividades e instalacións e equipamentos culturais. - Festas. - Banda de Música e Escola Municipal de Música. - Bibliotecas. - Museos e salas de exposicións. - Turismo e promoción da cidade. - Drogodependencias. - Casas das Linguas. - Xuventude. - Todas aquelas xestións de servizos e actuacións que teñan que

ver coa xuventude. Sen prexuízo da obrigada vinculación daqueloutros que, por mor das tarefas que teñan asignadas, desenvolvan as súas funcións en relación coas materias antes enumeradas, considéranse especificamente incluídos nesta área de goberno municipal os seguintes SERVIZOS E DEPENDENCIAS MUNICIPAIS:

- Sección de Cultura e salas municipais de exposicións; Auditorio Municipal Gustavo Freire; bibliotecas municipais; Oficina de Turismo, Promoción da Lingua, Xuventude, Oficina de Información Xuvenil, puntos de información xuvenil, Casa da Xuventude, Casa da Música, casas das linguas, Servizo de Atención a Drogodependentes.

ÁREA DE SERVIZOS XERAIS E MODERNIZACIÓN ADMINISTRAT IVA Na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás seguintes MATERIAS:

- Información e atención á cidadanía e participación cidadá. - Defensa de usuarios/as e consumidores/as. - Atención á saúde. - Sanidade e protección da salubridade pública. - Estatística e padrón municipal. - Cemiterio e servizos funerarios. - Abastos, feiras, mercados e venda ambulante. - Informática e modernización administrativa. - Relacións coa universidade.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 79/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

80

- Arquivo. - Funcionalmente, transporte público e tarxeta cidadá. - Así como todos aqueles que, especificamente, non se integren

nas anteriores áreas, sen prexuízo de que, polas súas características, teñan algunha vinculación coas materias, servizos ou actividades asignadas a estas.

Sen prexuízo da obrigada vinculación daqueloutros que, por mor das tarefas que teñan asignadas, desenvolvan as súas funcións en relación coas materias antes enumeradas, considéranse especificamente incluídos nesta área de goberno municipal os seguintes SERVIZOS E DEPENDENCIAS MUNICIPAIS:

- Negociado de Rexistro e Información; Oficina de Información e Atención ao Cidadán-Participación Cidadá; Negociado de Consumo e Oficina Municipal de Información ao Consumidor; Arquivo municipal; Sección de Estatística e Padrón municipal e Negociado de Cemiterio; Servizo de Informática; Encargado e vixilantes de prazas e mercados.

ÁREA DE MEDIO AMBIENTE E AXENDA 21 Na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás seguintes MATERIAS:

- Protección do medio ambiente. - Xestión enerxética. - Eficacia enerxética. - Cambio climático. - Xestión de residuos (RSU). Servizos de recollida domiciliaria,

recollida selectiva e tratamento. - Limpeza viaria. - Xestión integral do ciclo da auga. - Redes de auga potable. - Parques e xardíns e zonas verdes. - Plan especial de protección do río Miño (PEPRIM). - Axenda 21.

Sen prexuízo da obrigada vinculación daqueloutros que, por mor das tarefas que teñan asignadas, desenvolvan as súas funcións en relación coas materias antes enumeradas, considéranse especificamente incluídos nesta área de goberno municipal os seguintes SERVIZOS, PERSOAL E DEPENDENCIAS MUNICIPAIS:

Servizo de Medio Ambiente, Unidade de Augas, Brigada de Augas e Saneamento; Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Industrial, ETAP, EDAR, Inspección de Concesións dos servizos desta área e a Brigada de Parques e Xardíns.

ÁREA DE INFRAESTRUTURAS E MEDIO RURAL Na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás seguintes MATERIAS:

- Zona rural. - Proxectos de obras ordinarias en vías públicas. - Obras locais.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 80/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

81

- Vías públicas urbanas e infraestruturas municipais (iluminación pública, redes de auga potable).

- Reparación, conservación e mantemento das infraestruturas e bens municipais.

Sen prexuízo da obrigada vinculación daqueloutros que, por mor das tarefas que teñan asignadas, desenvolvan as súas funcións en relación coas materias antes enumeradas, considéranse especificamente incluídos nesta área de goberno municipal os seguintes SERVIZOS E DEPENDENCIAS MUNICIPAIS:

Negociado da Zona Rural así como as antigas escolas rurais desafectadas do ensino, sitas no termo municipal, Servizos Electromecánicos e Industriais, a Brigada Municipal de Vías e Obras e, funcionalmente, Sección de Xestión (no que atinxe á tramitación de obras ordinarias) e Servizo de Enxeñería, Topografía e Valoracións.

ÁREA DE DEPORTES Na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás seguintes materias:

- Actividades, instalacións e equipamentos deportivos. Sen prexuízo da obrigada vinculación daqueloutros que, por mor das tarefas que teñan asignadas, desenvolvan as súas funcións en relación coas materias antes enumeradas, considéranse especificamente incluídos nesta área de goberno municipal os seguintes SERVIZOS E DEPENDENCIAS MUNICIPAIS:

- Sección de Deportes, actividades e instalacións de equipamentos deportivos e fomento do deporte, instalacións deportivas municipais: piscinas, pistas, polideportivos, campos de deporte, canchas, etc.

ÁREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE . Na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás seguintes MATERIAS:

- Prestación dos servizos sociais, de promoción e reinserción social (servizos comunitarios e especializados).

- Instalacións e equipamentos de carácter social. - Intervención na adxudicación das vivendas sociais. - Pisos de emerxencia social. - Voluntariado social. - Organizacións non gobernamentais. - Centros de servizos sociais: centros de convivencia, fogar do

transeúnte. - Edificio de vivendas adaptadas para persoas con mobilidade

reducida e outras discapacidades (Casa Domótica). - Plan municipal de infancia e adolescencia. - Minorías étnicas e inclusión social. - Emigración e inmigración. - Centros de dinamización rural. - Dinamización e promoción sociocultural (animación sociocultural). - Promoción e atención á muller. - Promoción da igualdade.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 81/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

82

- Todas aquelas xestións de servizos e actuacións que teñan que ver cos servizos sociais e igualdade.

Sen prexuízo da obrigada vinculación daqueloutros que, por mor das tarefas que teñan asignadas, desenvolvan as súas funcións en relación coas materias antes enumeradas, considéranse especificamente incluídos nesta área de goberno municipal os seguintes SERVIZOS E DEPENDENCIAS MUNICIPAIS:

- Servizo de Servizos Sociais; centros de servizos sociais: centros de convivencia municipais, centros de dinamización rural, Fogar do Transeúnte, Centro de Atención á Muller, pisos de acollida, etc.; Centro de Día “Antonio Gandoy” e Casa “Clara Campoamor”.

SEXTO.- De conformidade co disposto no artigo 29 do ROMGA, e coa excepción da Área de Goberno da Alcaldía, a titularidade das restantes Áreas de Goberno encoméndase do seguinte modo: Ao Primeiro Tenente de Alcalde, Ilmo. Sr. D. Luis Manuel Álvarez Martínez, atribúeselle a titularidade da Área de goberno de Urbanismo. Á Segunda Tenenta de Alcalde, Ilma. Sra. D.ª Sonia Méndez García, atribúeselle a titularidade da Área de goberno de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educación. Á Terceira Tenenta de Alcalde, Ilma. Sra. D.ª María del Carmen Basadre Vázquez, atribúeselle a titularidade da Área de goberno de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua. Ao Cuarto Tenente de Alcalde, Ilmo. Sr. D. Francisco José Fraga López, atribúeselle a titularidade da Área de goberno de Servizos Xerais e Modernización Administrativa. Ao Quinto Tenente de Alcalde, Ilmo. Sr. D. Lino José González-Dopeso García, atribúeselle titularidade da Área de goberno de Medio Ambiente e Axenda 21. Ao Sexto Tenente de Alcalde, Ilmo. Sr. D. Manuel Enrique Chaín Fernández, atribúeselle a titularidade da Área de goberno de Infraestruturas e Medio Rural. Ao Sétimo Tenente de Alcalde, Ilmo. Sr. D. José Manuel Díaz Grandío, atribúeselle a titularidade da Área de goberno de Deportes. Á Oitava Tenenta de Alcalde, Ilma. Sra. D.ª Ana María González Abelleira, atribúeselle a titularidade da Área de goberno de Benestar Social e Igualdade. De conformidade co disposto nos artigos 29, 37 e 41 do ROMGA, os tenentes e as tenentas de Alcalde delegados e delegadas de área e a delegada de área son os xefes e as xefas da área que se lles asigna e a titularidade delas levará aparellada as funcións de dirección, planificación e coordinación, sen prexuízo das delegacións de atribucións que se lle confiran pola Xunta de Goberno Local ou a Alcaldía. SÉTIMO.- DELEGACIÓNS DA ALCALDÍA.- Delegar nos tenentes de alcalde delegados de área o exercicio das atribucións que lle correspondan a esta Alcaldía, sempre e cando non sexan indelegables ou esta se reservara o seu exercicio, en relación cos servizos, actividades e materias comprendidas nas súas respectivas áreas.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 82/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

83

A delegación de atribucións efectuada nos tenentes e tenentas de alcalde abrangue: - A facultade de dirección específica dos servizos incluídos na súa respectiva

área. - A xestión dos servizos en xeral, incluída a facultade de resolver mediante

actos administrativos, incluso os que afecten a terceiros. - A sinatura de convenios. - A autorización e disposición de gastos nas súas respectivas áreas. - O recoñecemento e liquidación de obrigas así como a ordenación de

pagos dos gastos en materias comprendidas nas súas respectivas áreas e dos que lles corresponda a súa autorización e disposición, atribuíndose á Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educación o recoñecemento e liquidación de obrigas e ordenación de pagos dos gastos nos que corresponda a súa autorización e disposición á Xunta de Goberno Local.

O Alcalde RESERVARASE para si as seguintes: - As atribucións que, por disposición legal, sexan indelegables. - A resolución dos recursos de reposición. - O exercicio das atribucións que lle corresponden ao Alcalde en relación cos

servizos, actividades e materias comprendidos na ÁREA DA ALCALDÍA, RECURSOS HUMANOS E PROTECCIÓN DA COMUNIDADE.

- A representación do Concello, agás nos supostos en que puntual e expresamente se delegue.

- A formalización de escrituras e demais documentos públicos que se refiran a acordos adoptados polo Pleno.

- A presidencia dos órganos colexiados municipais que lle corresponda, agás nos supostos de substitución por razóns de enfermidade, ausencia ou abstención legal ou por ter conferidas delegacións específicas para isto.

O exercicio das atribucións delegadas nos tenentes e tenentas de Alcalde nos supostos de ausencia por mor de vacacións, viaxes ou asistencia a actos institucionais, enfermidade e similares, sempre que estas ausencias sexan superiores a 24 horas, asumirao o Alcalde, sen necesidade de avocación expresa e con independencia da persoa que, en concreto, estea no exercicio do cargo -isto é, tanto se se trata do titular, como do tenente de alcalde ou tenenta de alcalde que legalmente o substitúa-, e sen prexuízo de que por decreto da Alcaldía poida acordarse en tales supostos a suplencia daqueles ou daquelas por outro tenente ou tenenta de alcalde. OITAVO.- As facultades de dirección interna e xestión dos servizos e actividades concretas incluídas na respectiva concellería delegada estarán delegadas na concelleira que, a seguir, se indica: En DONA MARÍA ESTHER MUÑOZ MELLA, respecto da CONCELLERÍA DELEGADA DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABO RAL. En ningún caso as facultades delegadas incluirán a de resolver mediante actos administrativos, e exerceranse baixo a supervisión do tenente de alcalde

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 83/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

84

delegado ou tenenta de alcalde delegada da área na que se encadra a correspondente concellería. NOVENO.- Co fin de axilizar a tramitación dos expedientes administrativos, delégase nos Tenentes de alcalde delegados de área, en relación cos asuntos propios de cada unha delas, a sinatura dos seguintes documentos:

- "Visto e prace" das certificacións que deban ser expedidas polos órganos municipais con funcións de fe pública. - Os oficios e comunicacións a outras administracións públicas, calquera que sexa o órgano ou unidade administrativa á que vaian dirixidos, así como a xulgados e tribunais. - Anuncios e edictos, agás nos supostos contemplados no artigo 122.5 letra d) da Lei 7/1985. - En xeral, todas aquelas actuacións que non impliquen resolución dos expedientes e contribúan a impulsar a súa tramitación.

O exercicio desta delegación haberá de aterse ó disposto no Decreto da Alcaldía número 90/2002, do 18 de decembro, polo que se aproban normas sobre a confección de documentación municipal: sinatura de comunicacións, notificacións e outra documentación municipal. En supostos de urxencia, ausencia ou calquera imprevisto que impida a sinatura polos delegados, e co fin de non demorar os trámites correspondentes, esta Alcaldía, sen necesidade de avocación formal, poderá levar a cabo a sinatura dos documentos indicados. DÉCIMO.- Derrogar o disposto nos Decretos números 60/2011 e 70/2011 do Libro de Resolucións da Área de Alcaldía: Actas e Goberno e Normalización Lingüística, así como aquelas outras resolucións ditadas por esta Alcaldía sobre esta materia, en todo aquelo que se opoña ou contradiga o disposto no presente Decreto. DÉCIMO PRIMEIRO.- VIXENCIA: 1.- O presente decreto estará en vigor en tanto non se proceda á súa modificación, producirá efectos dende o día da súa sinatura e serálles notificado ós interesados, e as delegacións de atribucións conferidas –para a súa eficacia- requirirán ser aceptadas por parte dos/as delegados/as, aceptación que se entenderá feita polo transcurso de TRES DÍAS DENDE a notificación sen que se fixera manifestación ningunha ó respecto (artigo 7.3 do ROMGA). 2.- Do presente decreto daráselle conta ó Excmo. Concello Pleno na primeira sesión que celebre; procederase á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, a súa exposición no Taboleiro de Edictos e á súa comunicación ós servizos municipais. Cúmprase.” De todo o cal, a Excma. Corporación Municipal quedou informada para os oportunos efectos. INTERVENCIÓN

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 84/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

85

14/148 DACIÓN DE CONTA DA SITUACIÓN ECONÓMICA DO TERCEIRO TRIMESTRE 2012.- Examinado o expediente tramitado para os efectos, que foi ditaminado favorablemente na Comisión Especial de Contas e Ordinaria de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educación, de conformidade co previsto na Base 31 de Execución do Orzamento Xeral do exercicio 2012, ao Excmo. Concello Pleno, DÁSELLE CONTA da información relativa á execución do Orzamento e das Operacións non orzamentarias trimestralmente. A citada información, resúmese do seguinte xeito:

“INFORMACIÓN ECONÓMICA DA PROPIA CORPORACIÓN 30/09/ 2012

1.- Execución do Orzamento de ingresos corrente: - Dereitos recoñecidos ..........................................................65.029.671,93 - Ingresos orzamentarios realizados .....................................44.501.440,71 2.- Execución do Orzamento de gastos corrente e das súas modificacións: - Modificacións orzamentarias ..............................................17.471.759,69 - Obrigas recoñecidas ...........................................................53.344.449,04 - Pagos orzamentarios realizados .........................................48.387.439,72 3.- Execución do Orzamento de ingresos de exercicios pechados: - Ingresos realizados ..............................................................9.769.689,59 - Dereitos pendentes de cobro ..............................................15.738.714,11 4.- Execución do Orzamento de gastos de exercicios pechados: - Pagos realizados ..................................................................9.934.433,07 - Obrigas pendentes de pago (O+P) ..............................................9.991,89 5.- Movementos e situación da Tesourería: - Existencia en Tesourería a 01-01-12 (Metálico) ...............24.657.465,12 - Existencia en Tesourería a 01-01-12 (Valores) ................14.507.801,93 - Cobros orzamentarios ........................................................55.407.775,98 - Pagos orzamentarios ..........................................................59.951.470,21 - Cobros non orzamentarios (Metálico) .................................95.473.868,82 - Cobros non orzamentarios (Valores) .......................................403.161,97 - Pagos non orzamentarios (Metálico) ..................................97.117.825,49 - Pagos non orzamentarios (Valores) ......................................4.246.326,32 - Existencia en Tesourería a 30-06-12 (Metálico) .............18.469.814,22 - Existencia en Tesourería a 30-06-12 (Valores) ..............10.664.637,58 De todo o cal a Excma. Corporación municipal quedou informada para os oportunos efectos. NOTA: A CONTINUACIÓN TRANSCRÍBESE A MOCIÓN DE URXENCIA PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR QUE FOI TRATADA DESPOIS DO ASUNTO 10/144, PERO QUE POR RAZÓ NS DE SISTEMÁTICA SE INCORPORA Á PRESENTE ACTA DESPOIS DO S ASUNTOS QUE FIGURABAN NA ORDE DO DÍA.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 85/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

86

O Excmo. Sr. Alcalde sinala que existe unha moción de urxencia presentada polo Grupo Municipal do Partido Popular, número 162/2012 de Rexistro de Pleno, e somete a votación a súa declar ación de urxencia, acadándose os seguintes resultados: - Votos a favor: 24, dos seguintes concelleiros adscritos aos Grupos Municipais do Partido Popular (GMPP), Socialista (GMPS) e do Bloque Nacionalista Galego (GPBNG): - Don José Clemente López Orozco, Excmo. Sr. Alcalde-Presidente (GMS). - Don Jaime Castiñeira Broz (GMPP). - Dona María Encarnación Amigo Díaz (GMPP). - Don Arcadio Silvosa Alonso (GMPP). - Dona María Lourdes Yáñez García (GMPP). - Don Enrique Ceferino Rozas López (GMPP). - Dona Isabel Devesa Piñeiro (GMPP). - Don Manuel López Fernández (GMPP). - Dona María De Los Ángeles Teijeiro González (GMPP). - Don Ángel Trabada Gómez (GMPP). - Dona Raquel Castiñeira Castelo (GMPP). - Don Antonio Ameijide Osorio (GMPP). - Don Juan Carlos Plaza Gómez (GMPP). - Don José Ramón Góméz Besteiro (GMS). - Ilma. Sra. Dona Sonia Méndez García (GMS). - Ilma. Sra. Dona María Del Carmen Basadre Vázquez (GMS). - Ilmo. Sr. Don Luis Manuel Álvarez Martínez (GMS). - Ilmo. Sr. Don Manuel Enrique Chaín Fernández (GMS). - Dona María Esther Muñoz Mella (GMS). - Ilmo. Sr. Don José Manuel Díaz Grandío (GMS). - Ilma. Sra. Dona Ana María González Abelleira (GMS). - Ilmo. Sr. Don Lino José González-Dopeso García (GMS). - Don Xosé Antón Bao Abelleira (GMBNG). - Dona Paz Abraira Sobrado (GMBNG). - Votos en contra: Ningún. - Abstencións: Ningunha. Declarada a urxencia o asunto pola unanimidade dos vinte e catro membros presentes, pásase o exame do fondo do asunto. Durante o seu debate auséntase do salón de sesións , e non está presente no momento da votación, o concelleiro/a DO N JOSÉ RAMÓN GÓMEZ BESTEIRO, polo que, de conformidade co disposto no artigo 74.4 do

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 86/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

87

Regulamento orgánico municipal do Pleno do Concello de Lugo, considerarase, para os efectos de votación, que se abstén. 15/149 MOCIÓN DE URXENCIA PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR, NÚMERO 162/2012 DE REXISTRO DO PLE NO, RELATIVA AO CUMPRIMENTO DA SENTENZA XUDICIAL QUE ANULA A ADX UDICACIÓN DO SISTEMA ORA.- Vista a referida moción cuxo texto é do seguinte teor:

“EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A senteza número 128/2011 do Tribunal Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo que anula a adxudicación do sistema ORA á actual empresa concesionaria establece “que a resolución foi dictada prescindindo total e absolutamente do procedemento legalmente establecido, ao que ten que asimilarse a ausencia de trámites esenciais”. Posteriormente, o Goberno Local interpuxo recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o cal ratificou, con data 13 de xuño de 2012, a anterior sentenza ao subliñar “que consideraba viciado o proceso concursal-competitivo e en particular a baremación das ofertas presentadas pola omisión dunha valoración por parte de expertos independentes”. Por todo elo, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE: Instar ao Goberno Municipal a que adopte as medidas necesarias no espazo de tempo máis breve posible para dar cumprimento á sentenza xudicial relativa á adxudicación do Sistema ORA do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 13 de xuño de 2012.” Tras a deliberación efectuada, sométese o asunto a votación, acadándose os seguintes resultados: - Votos a favor: 23, dos seguintes concelleiros adscritos ós Grupos Municipais Socialista (GMS), do Partido Popular (GMPP) e do Bloque Nacionalista Galego (GMBNG): - Excmo. Sr. Don José Clemente López Orozco, Alcalde-Presidente do Concello

de Lugo (GMS). - Ilma. Sra. Dona Sonia Méndez García, Tenenta de Alcalde Delegada da Área

de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educación (GMS). - Ilmo. Sr. Don Francisco José Fraga López, Tenente de Alcalde Delegado da

Área de Servizos Xerais e Modernización Administrativa (GMS). - Ilma. Sra. Dona María del Carmen Basadre Vázquez, Tenenta de Alcalde

Delegada da Área de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua (GMS).

- Ilmo. Sr. Don Luis Manuel Álvarez Martínez, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Urbanismo (GMS).

- Ilmo. Sr. Don Manuel Enrique Chaín Fernández, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Infraestruturas e Medio Rural (GMS).

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 87/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

88

- Dona María Esther Muñoz Mella, Delegada de Educación, Formación e Orientación Laboral (GMS).

- Ilmo. Sr. Don José Manuel Díaz Grandío, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Deportes (GMS).

- Ilma. Sra. Dona Ana María González Abelleira, Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Benestar Social e Igualdade (GMS).

- Ilmo. Sr. Don Lino José González-Dopeso García, Tenente de Alcalde Delegado da Área de Medio Ambiente e Axenda 21 (GMS).

- Don Jaime Castiñeira Broz (GMPP). - Dona María Encarnación Amigo Díaz (GMPP). - Don Arcadio Silvosa Alonso (GMPP). - Dona María Lourdes Yáñez García (GMPP). - Don Enrique Ceferino Rozas López (GMPP). - Dona Isabel Devesa Piñeiro (GMPP). - Don Manuel López Fernández (GMPP). - Dona María de los Ángeles Teijeiro González (GMPP). - Don Ángel Trabada Gómez (GMPP). - Dona Raquel Castiñeira Castelo (GMPP). - Don Antonio Ameijide Osorio (GMPP). - Don Juan Carlos Plaza Gómez (GMPP). - Don Xosé Antón Bao Abelleira (GMBNG). - Dona Paz Abraira Sobrado (GMBNG). - Votos en contra: Ningún. - Abstencións: 1, do seguinte concelleiro, por ausentarse durante o debate do asunto: - Don José Ramón Gómez Besteiro (GMS). En virtude de todo o cal, o Excmo. Concello Pleno, por vinte e tres votos a favor e unha abstención, por ausencia, ACORDA aprobar a moción de urxencia presentada polo Grupo Municipal do Partido Popular e, en consecuencia, adopta o seguinte acordo: Instar ao Goberno Municipal a que adopte as medidas necesarias no espazo de tempo máis breve posible para dar cumprimento á sentenza xudicial relativa á adxudicación do Sistema ORA do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 13 de xuño de 2012. O EXCMO. SR. ALCALDE: voulle facer una “proposta honesta” en público, respectando sempre o seu dereito, e é que retirara a moción de urxencia porque xa é extemporánea, se o queren facer, estupendo; se non o queren facer, votamos e votaremos a favor. Mantena.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 88/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

89

Hai presentada por parte do Partido Popular un moción de urxencia co fin de urxir do goberno que se cumpra a sentenza do TSXG sobre a ORA. Imos votar en primeiro lugar a urxencia. (prodúcese a votación da urxencia) Unha vez aprobada a urxencia, ten a palabra o propoñente para defender a súa proposta. DON ANTONIO AMEIJIDE OSORIO, no nome do Grupo Municipal do Partido Popular, inicia o debate manifestando: ben, pois temos que recoñecer que nos resulta lamentable ter que vir a este Pleno cunha proposición encamiñada tan só para facer cumprir o que entendemos que é algo total e absolutamente lóxico e total e absolutamente obvio, que é cumprir dúas sentencias xudiciais, neste caso a última do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pero que, por desgraza, parece ser que ao goberno municipal non lle parece tan obvio nin tan lóxico. Poñámonos en antecedentes. Como todos sabemos o 3 de maio de 2011, o Tribunal Contencioso Administrativo de Lugo, o número 2, recollía na páxina 9 da súa sentenza, 128/2011, que se apreciaba unha dobre infracción na resolución da adxudicación provisional do concurso, posto que a resolución foi ditada prescindindo total e absolutamente de procedemento legalmente establecido ao que ha de asimilarse a ausencia de trámites esenciais que son os anteriormente expostos, en referencia á ausencia da valoración por parte dun comité de expertos. Ademais, nos seus fundamentos xurídicos, máis concretamente na páxina 3, e no relativo aos criterios de avaliación das ofertas, recollía literalmente: solo son evaluables de forma automática, esto es mediante unha fórmula y de un modo totalmente objetivo cuarenta puntos, mientras que los restantes 100 puntos dependen de un juicio de valor. Como vén estou mencionando as páxinas, estou citando de modo textual para que non digan que inventamos datos, para que non digan que faltamos a verdade. Se queren, incluso, teño incluso aquí as sentenzas, pódallas ensinar en calquera momento, para que vexan a literalidade das miñas palabras. Por tanto, como dicía, tan só o 28% dos puntos a valorar neste contrato son cuantificables ou cualificables dunha forma obxectiva, tan só o 28%, corenta de cento corenta puntos, se isto non é un prego de condicións cargado de subxectividade que veñan os señores socialistas e nos expliquen ao Partido Popular que é a subxetividade, porque nós, dende logo, non o sabemos, e, como digo, ante a ausencia dunha valoración por parte dun comité de expertos, un comité independente. O goberno local, pese o fallo do Contencioso de Lugo, que cremos que era máis que claro e inequívoco, empeñouse de novo en recorrer ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e, como era máis que previsible, o TSXJ ratificou o 31 de maio de 2012 a sentenza anterior, a do Contencioso de Lugo, como digo, ao desestimar o recurso municipal presentado e anular as adxudicacións provisional, definitiva, así como o contrato coa filial de Vendex. En concreto no seu fallo, recollido na páxina 5, estimaba, e leo de novo textualmente, estimar viciado el

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 89/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

90

proceso concursal competitivo y en particular la baremación de las ofertas presentadas por la omisión de unha valoración por parte de expertos independientes, reiteraba o mesmo que dicía a primeira sentenza do Contencioso de Lugo. Esta segunda sentenza, ademais de ratificar a primeira, impoñía o pago das costas xudiciais, algo que, como digo, non facía a primeira sentenza que, por certo, aínda seguimos esperando a que sexan quen de cifrarnos ou dicirnos a cánto ascenden estas costas xudiciais porque de momento non sabemos nada disto. Xa sabemos que a vostedes o das costas xudiciais pode ser que non lles preocupe porque non as pagan vostedes, pagámolas o resto dos lucenses, pero é que os lucenses non estamos para pagar irresponsabilidades do goberno municipal. Ademais, non é un dato menor que dende que se coñeceu a primeira sentenza, a empresa concesionaria, cuxo contrato anulou a xustiza en maio de 2011, recadou en torno a un millón e medio de euros. Cada vez que aludimos a esta cifra vostedes tratan de desmentila, pois miren, se queren pódolles facer chegar agora mesmo unha táboa confeccionada cos datos que nos proporcionaron vostedes mesmos ás nosas respostas feitas por escrito, aquí está a táboa e as cifras non enganan a ninguén, a empresa recadou dende a primeira adxudicación, a do Contencioso de Lugo, 1.428.551,50 euros, iso si, é de recoñecer que os meses de outubro e novembro fixéronse tendo en conta unha estimación, tendo en conta a media aritmética dos meses anteriores... (voces de fondo do Excmo. Sr. Alcalde inintelixibles...) ...estoume cinguindo a isto... EXCMO. SR. ALCALDE: ...unha moción de urxencia relativa ao cumprimento da sentenza xudicial que anula a adxudicación... hai unha exposición de motivos, onde fala das dúas sentenzas, e logo: instar ao goberno municipal a que adopte as medidas necesarias..., é dicir, non está, todo o que vostede está facendo, tiña que haber titulado doutra maneira, tiña que ter presentado vostede outra moción, porque ¿non se da conta, Sr. Ameijide, que dese xeito tanto o BNG como o PSOE nos subtrae a posibilidade de ter formada unha mellor opinión, non só para responderlle a vostede, senón para darlle unha mellor explicación aos lucenses? Polo tanto, cíngase vostede, por favor, ao texto da moción que presentou, por respecto aos grupos que forman o Pleno e por respecto aos lucenses. Siga vostede por favor. DON JAIME CASTIÑEIRA BROZ, voceiro do Grupo Municipal Popular, manifesta: todos escoitamos o que pasou neste Pleno, Sr. Orozco, todos puidemos escoitar dos distintos membros deste Pleno, onde precisamente non se axustaron ás mocións que presentaron (voces de fondo do Excmo. Sr. Alcalde) ...non se preocupe que apago o aparato, pero me gustaría que quedara e que constara en Acta a nosa queixa. EXCMO. SR. ALCALDE: cíngase ao texto, senón voulle ter que retirar a palabra.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 90/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

91

DON ANTONIO AMEIJIDE OSORIO: ben, pois se ma ten que retirar, terá que ma retirar, pero eu estoume limitando a falar... se me permite falar, Sr. Alcalde, a ler as sentenzas que emitiu o Contencioso de Lugo e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, están aquí as dúas sentenzas, se vimos falar de acatalas, terei que falar das sentenzas, creo que é o máis normal do mundo. De repente agora dáse conta que, ao mellor, non nos cinguimos aos temas, tivo moito tempo de dicilo... Pero, ben, se me permite, vou seguir... Dicíalles que en outubro e novembro non temos datos de recadación, dígollo que como dicían que mentíamos, pero ben, dá igual. En canto á postura e, se quere, cinguímonos máis ao debate, se o estima vostede máis adecuado, esperamos que o Bloque Nacionalista Galego apoie a nosa proposición simplemente porque apoie a xustiza, porque apoie ao cumprimento dunha sentenza, cremos que é normal e que despexen as dubidas que temos a cerca de se non seguen no goberno, como din, ou na práctica seguen na sombra, porque iso é o que dan a entender ademais a raíz de todo este debate plenario que parece ser que do único que están pendentes era de falar do PP nacional ou da Xunta de Galicia, nada de facer oposición e o seu traballo. Como digo, apelar a seriedade e responsabilidade do Bloque Nacionalista Galego e, neste sentido esperamos, reitérome, que aproben a nosa proposición, que apoien acatar as sentenzas e que apoien a postura da Xustiza. En canto a vostedes, señores socialistas, felicitalos ademais pola súa resposta do pasado venres a nosas palabras porque é de traca, porque, primeiro, recoñecen que non tiñan tempo para xestionar este problema, aludindo a que tiñas problemas, por así dicilo, de medios para poder atallar este tema. Eu entendo... (voces de fondo inintelixibles) ... permítame acabar... se perdemos un tempo en explicar... non..., non... (voces de fondo do Excmo. Sr. Alcalde indicándolle que tivo o seu tempo) ... moi ben, esta é a xustiza, esta é a forma que ten vostede... (persisten as voces de fondo do Excmo. Sr. Alcalde inintelixibles) ... esta é a democracia que defende o Sr. Alcalde de Lugo, si señor. A continuación intervén DON XOSÉ ANTÓN BAO ABELLERIA que, no nome do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, indica: en primeiro lugar e moi brevemente. Evidentemente, o Bloque Nacionalista Galego, Sr. Antonio Ameijide, vai facer o que ditamine o Bloque Nacionalista Galego, non necesita ningún tipo de consello, moitas grazas. Sobre a súa moción, instar ao goberno municipal a que adopte as medidas necesarias no espazo tempo máis breve posible para dar cumprimento ás sentenzas xudiciais relativas á adxudicación do sistema ORA do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Eu non sei o que vai facer o goberno, agora terá a quenda de palabra, pero evidentemente sería realmente surrealista que alguén non apoiara. Creo que, ademais, polo que lin na prensa, e eu mesmo, supoño que vostedes tamén, puiden ver un expediente da Xunta de Goberno no que xa aparece unha resolución sobre este tema, si está previsto acatala. Isto non quere dicir, Sr. Antonio Ameijide, que o Bloque Nacionalista Galego sufra ningún tipo de síndrome de Estocolmo, nin de ningún outro tipo, como se se

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 91/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

92

lle ocorre para a próxima vez. Nós estamos onde estamos e imos facer oposición ao goberno municipal e imos facerlle oposición tamén, se é necesario, a esa oposición que representa a unha formación política que está tomando medidas realmente terribles, as máis terribles que se poidan tomar, contra os lucenses e, en xeral, contra os galegos e galegas e, evidentemente, o faremos, como nos daba a benvida o Sr. Arcadio Silvosa anteriormente, porque merecen vostedes tamén bastante máis control e oposición, merécena tamén bastante máis. Entón, evidentemente, o Bloque Nacionalista Galego non vai dicir que non, porque sería realmente perogrullesco e non sei como máis definir este punto de acordo non acatar unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza. Con isto creo que está vostede bastante contestado. Moitas grazas. Seguidamente intervén DONA SONIA MÉNDEZ GARCÍA que, no nome do equipo de goberno, sinala: moitas grazas Sr. Alcalde. Ben, vexo que ao concelleiro do Partido Popular lle molesta moito que se lle conteste a través dos medios de comunicación aos seus ataques infundados e de mala fe, como dixen na rolda de prensa. Parece que os únicos que poden falar aquí son os membros do Partido Popular, os demais non podemos defender os intereses públicos e os intereses dunha institución como o concello ante ataques que se fan, xa non só á xestión do goberno, senón a funcionarios e funcionarias deste concello que son os que redactan os pregos e asinan os informes. Pídolle que deixe de insinuar que non acatamos as sentenzas cando sabe perfectamente que está incluído na orde do día da Xunta de Goberno, estívoo consultando hoxe, ademais, porque coincidimos no Servizo de Actas, está incluída esa orde de execución da sentenza na orde do día da Xunta de Goberno, unha vez elaborados os informes, como ten que ser, porque as sentenzas non se executan polo goberno, teñen que ter uns informes previos, neste caso do servizo de Contratación e da Asesoría Xurídica. Estamos en prazo, ademais, non hai ningún retraso, estamos en prazo, se non se esgotou ningún prazo, polo tanto non sei a que vén esas insinuacións gravísimas de que este goberno local non acata as sentenzas. Vostedes seguen incorrendo en falsidades ao falar deste asunto. Por exemplo, en que se anula todo o procedemento, cando simplemente hai unha ausencia dun trámite, como vén dixo, un trámite, unha formalidade que é a necesidade de constituír un comité de expertos. No seu momento, o servizo de Contratación, é dicir, os funcionarios do servizo de Contratación que redactaron o prego de cláusulas administrativas, como o digo non o redactou este goberno, decidiron que non era necesario constituír comité de expertos, senón que os criterios das melloras eran criterios avaliables automaticamente e, polo tanto, poderían ser informados por funcionarios do propio concello, pero, aínda así, e que compartimos esta decisión, que ademais se defendeu debidamente no contencioso administrativo, a compartimos porque efectivamente eran criterios avaliables automaticamente, é porque o feito de que o informe sexa elaborado por un funcionario non quere dicir, nin moito menos, e non é o caso ademais neste caso concreto, que non sexa imparcial ou que non se adxudicara a mellor das ofertas. É

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 92/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

93

igual de obxectivo un informe elaborado por funcionarios municipais que por un comité de expertos, ¿ou está dicindo vostede outra cousa aquí aquí? Diga claramente que foi tendencioso, parcial, porque para nós, ata que se demostre o contrario, non o foi. Se o fose, se houbese calquera indicio de que o informe do funcionario non era imparcial eu penso que APARKISA houbera denunciado, incluso por vía penal, ou polo menos en vía contenciosa, pero non o fixo, parece que é sorprendente, é moi sorprendente que a empresa denunciante non o faga e teña que falar o PP en nome desta empresa, que non se atreveu no contencioso administrativo a sacar este tema, pero si que o fai o PP. Por outra parte, tanto é así que todos os membros da Mesa de Contratación aceptamos e validamos o informe elaborado polo funcionario que, expresamente, nos medios de comunicación -así aparece na hemeroteca, pode consultar a Voz de Galicia daquelas datas, teño aquí unha fotocopia se a quere- o representante na Mesa do Partido Popular dixo que daba por bos os informes dos técnicos. Polo tanto, a nós si que nos preocupa, precisamente porque nos preocupa o diñeiro público é polo que recorremos a decisión ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, porque ademais tiñamos, segundo a Asesoría Xurídica, visos de gañala polos motivos que acaba de explicar de cál foi o motivo que nos levou, que levou ao servizo de Contratación, e que asumimos a decisión como propia, a non constituír naquel momento o comité de expertos. Dende logo o motivo non foi querer que un funcionario fixera un informe subxectivo ou cargado de subxectividade como vostede di, dende logo non foi ese o motivo. Polo tanto, ínstolle a deixar de insinuar que non acatamos as sentenzas e a deixar de proporcionar información terxiversada e torticera a través dos medios de comunicación, porque vostede pretende que a cidadanía crea que a empresa leva ganado un millón e medio de euros, e iso é falso como vostede sabe, porque o beneficio da empresa é polo menos cincuenta veces menor a esa cantidade que dá, así que non cree unha información falsa de que a empresa se está lucrando indebidamente porque non é así. De momento non teño máis que dicirlle, nada máis que, como manifestou o Sr. Alcalde, evidentemente imos votar a favor desta proposta, como non pode ser doutra maneira porque é absurdo presentar ante o Pleno esta iniciativa na que vostede sabe perfectamente que se estaba a traballar conxuntamente dende Contratación e dende a Asesoría Xurídica, o informe chegou cando chegou, en canto tivemos os informes, o primeiro que se fixo inmediatamente é presentalo á Xunta de Goberno para o seu acordo e traslado ao Xulgado do Contencioso Administrativo, cousa que se fará este venres. DON ANTONIO AMEIJIDE OSORIO: ben, descualificacións aparte, si que é verdade que coincidimos esta mañá en Secretaría e si que é verdade que estaba consultando o expediente, polo visto vostede non. Mire, empezo polo final, vostede dicía que o beneficio da empresa era 50 veces menos, si, dende (inintelixible) ... Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a empresa recadou, é verdade que o outro é todo o que xestionou, 1.428.000 euros, ingresos netos para eles 1.142.841, 21, cincuenta veces menos ¿verdade? as matemáticas non eran o seu forte.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 93/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

94

Pero ben, unha pregunta moi simple ¿que máis necesitaban para dar este paso e acatar a sentenza? Pois mire non lles chegaron dúas sentencias xudiciais, senón que a principios deste mes, o contencioso número 2 de Lugo tivo que ditar outro auto ou outro non sei que, perdón pola miña falta de vocabulario xurídico, porque non son xurista, pero tivo que recorrer á execución forzosa da sentenza porque vostedes parece ser que non a levaban a cabo. Dicía vostede que a empresa que había presentado o primeiro recurso, Setex-Aparki en concreto, dicía que non había intentado que cumpriren a sentenza, pois mire, menten aquí está a carta... (voces de fondo inintelixibles) acaba de dicilo vostede... aquí teñen a carta, o escrito presentado ao Contencioso número 2 de Lugo no que se lle pide que se faga cumprir a sentenza nos seus máis estritos termos ao goberno de Lugo, e aquí ten o fallo xudicial ou a resolución xudicial que lles insta a cumprir de modo forzoso a resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo improrrogable dun mes, dende que entrou, supoño que será o día 16 de novembro, que é a data que está anotada a man, me imaxino que sería cando tivo coñecemento o concello de Lugo deste documento. O que lles dicía, dende o partido Popular queremos que se acate esta sentenza, e non poña na miña boca palabras que eu non dixen, eu non dixen que se tiña anulado o procedemento concreto, eu o único que dixen é que se anulara a adxudicación do procedemento e que había que retrotraer o procedemento ata o momento da adxudicación, que é o que di sentenza, de momento sei ler, non son xurista, pero sei ler, para iso xa temos algún que outro xurista no grupo, eu de momento limítome a ler. O que lle dicía, falábame dos funcionarios, miren no concello de Lugo os únicos que poñen en dúbida aos funcionarios son vostedes, para min son persoas de moralidade intachable e as que recorro día a día a consultar, paréceme que son un exemplo de funcionamento e un exemplo para todos os que estamos aquí agora mesmo, non falo de ningún informe de ningún funcionario, repítolle pon na miña boca palabras que eu non dixen e o que si que lle digo é que se o que lles preocupan son os funcionarios eses que intentan enfrontar sempre con nós e nós nunca os atacaremos, preocúpense vostedes porque esta resolución, como digo do 6 de novembro, amenázaos, non vou dicir amenaza, pero si que fala de poñer multas coercitivas en caso de incumprimento desta sentenza dun modo inmediato, como digo no prazo dun mes, fala de multas coercitivas que van dende os 150 aos 1.500 euros, multas para funcionarios, e se non lles preocupan os funcionarios, que imaxino que si..., (voces de fondo inintelixibles) ... perdón, Sr. Alcalde, deixeme rematar... preocúpense por vostedes porque tamén fala tamén de esas multas para axentes que interveñan neste procedemento ou para autoridades, e nas autoridades imaxino que estarán englobados vostedes tamén. Ademais disto, noutro punto, no seguinte, fala incluso de responsabilidades penais que puidesen corresponder, entón me gustaría que vostede que di que ían acatar de “motuo propio”, por así dicilo, agora parece que o teñen que acatar por unha nova resolución xudicial, porque senón seguiriamos onde estabamos, paralizados dende fai 18 meses da primeira sentenza que se recorreu sabendo que se ía perder e agora seis meses despois da segunda sentenza seguiamos paralizados porque non

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 94/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

95

eramos quen de cumprila e se quere tamén lle podo dar o dato do que se recadou nestes últimos seis meses... (voces de fondo o Excmo. Sr. Alcalde recordándolle por segunda vez que ten o tempo da súa intervención esgotado) ... falamos de 436.623 euros. Moitas grazas. DON XOSÉ ANTÓN BAO ABELLEIRA: pouco máis teño que dicir, veño aquí a facer debates máis ben de carácter político, non a facer debates de carácter xurídico porque isto non é nin a audiencia provincial, ni o xulgado, porque teño bastante confianza nos funcionarios deste concello e eu esta mañá estiven vendo informes elaborados polos funcionarios deste concello, non había ningunha sinatura de ningún político sequera, se imos entrar nesas miudezas. Polo tanto, e crendo sempre que o primeiro é defender os intereses do concello porque é defender os intereses dos lucenses, como non teño ningún ánimo de enredar dou por rematado a miña quenda, volvendo a indicar que o Bloque Nacionalista Galego vai votar, como non pode ser doutra maneira, a esta iniciativa do Partido Popular. DONA SONIA MÉNDEZ GARCÍA: ben, creo que non hai moito máis que dicir, eu non sei que ten que ver a recadación e o feito de que a empresa continúa traballando coa execución da sentenza; non sei se o que pretenden vostedes é, ben que se interrompa un servizo público, polo mero feito de que hai unha cuestión formal na adxudicación, ou ben que sexa outra empresa, ao mellor prefiren que sexa outra empresa, teñen algo contra esta empresa que gañou o concurso en base a uns informes que vostede está defendendo agora mesmo. Non sei cál das dúas posturas é, pero ben, se mo aclara. Por outra parte, acaba de recoñecer vostede que estamos en prazo para executar a sentenza porque como vén di o xulgado nos concedeu un mes para executala, estamos en prazo para executar a sentenza, non imos incorrer en ningunha multa, non se preocupe. Finalmente, alégrome moito de que defenda o traballo dos funcionarios, de verdade, sinceramente, porque despois de tanto cuestionamento, de acusacións, de insinuacións que rozan acusacións delictivas e un longo etcétera, alégrome moito de que por fin publicamente diga que defende os informes, entendo que tamén defende os pregos redactados polos funcionarios, de verdade é que paréceme unha boa noticia, entendo que retira as palabras de “cargado de subxectividade” que dende logo tanto me molestaron porque eran un ataque directo ao traballo dos funcionarios. DON ANTONIO AMEIJIDE OSORIO: grazas, Sr. Alcalde. Non, non retiro as palabras de cargado de subxectividade, porque o está, outra cousa de que se valore adecuadamente; o prego é subxectivo, non hai ningún problema por iso, tamén moitas veces, cando se fai un edificio, os proxectos son subxectivos simplemente hai que valoralo dun modo independente, neste caso non se fixo así... as sentenzas me remito, dá igual. Estamos en prazo. Ben, claro, si, estamos en prazo porque agora o prorrogo dado que, neste fallo tamén se di que excederan o prazo para cumprir a sentenza,

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 95/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==

ACTAS E GOBERNO JACA/jch Refª: 12ap140312 Asunto: PLENO ORDINARIO DO 3-12-2012

96

home non nos queira facer todos, lea tamén o expediente, xa que me viu esta mañá, despois de min puido quedar botando un olliño, pero ben. Di que ten que ver a recadación con que a empresa siga executando estes servizos. Home, unha empresa que ten o seu contrato anulado, unha empresa que el Tribunal anulou a adxudicación que recibiu, dende o noso punto de vista o imprescindible é acatar o antes posible esa sentenza para ver se é esa empresa ou é outra empresa o que vai levar a cabo o servizo a partir de agora. A min dáme igual que o leve unha que outra, eu non teño ningún interese oculto, créame, non sei ao mellor outras persoas. Responderlle simplemente ao Sr. Bao, ¿debates de carácter político? Isto non é un debate de carácter político, non só é o que lles interesa a vostedes, para min este é dos poucos temas, agás os que trouxemos nós a debate hoxe aquí, que se trataron, que tivese que ver co concello de Lugo, dos poucos, porque, que eu saiba, isto non é o Parlamento de Galicia, isto non é o Congreso dos Deputados, nin o Senado. E non habendo máis asuntos de que tratar, o Excmo. Sr. Alcalde dá por rematada a sesión, sendo as vinte horas e dezaoito minutos do expresado día tres de decembro de dous mil doce, estendéndose est a acta que, de acordo co establecido no artigo 110.2 do Regulamento de or ganización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locai s, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, unha vez apro bada polo Excmo. Concello Pleno, transcribirase ó Libro de Actas, au torizándoa coas sinaturas do Excmo. Sr. Alcalde, José Clemente López Orozco, e do Secretario Xeral do Pleno. De todo o cal, eu, don José Antonio Carro As orey, Secretario Xeral do Pleno, dou fe.

Código Seguro de verificación:NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==. Permite la verificación de la integridad de unacopia de este documento electrónico en la dirección: http://intranet.lugo.es/verifica

Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica.

FIRMADO POR Jose Clemente Lopez Orozco - Alcalde do Concello de Lugo FECHA 24/01/2013

Jose Antonio Carro Asorey - Secretario Xeral do Pleno

ID. FIRMA afirma.pro NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q== PÁGINA 96/96

NK9A1pHHPJbD+FZOZNHN7Q==