memoria de avaliaciÓn da calidade: … · curso: 1592 –fmec0110-soldadura electrodo revestido e...

46
MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2016. CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG.

Upload: dinhdiep

Post on 28-Sep-2018

233 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS

PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS

TRABALLADORAS DESEMPREGADAS CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2016.

CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG.

Page 2: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

2

TÁBOA DE CONTIDOS

INTRODUCIÓN 3

METODOLOXÍA DO PROCESO – ACTUACIÓNS DE AVALIACIÓN 5

VALORACIÓNS DO ALUMNADO 8

1.Perfil do alumnado 9

2. Valoración das accións formativas 15

VALORACIÓNS DO PERSOAL DOCENTE 24

1. Valoración sobre o alumnado 26

2. Valoración sobre o desenvolvemento do curso 27

3. Valoracións da forGA como entidades organizadora do curso 28

4. Valoracións sobre as súas condicións espazo-temporais e recursos 29

5. Valoración da propia labor como docente 30

6. Suxestións 31

CONCLUSIÓNS DAS VALORACIÓNS 32

PUNTOS DÉBILES DETECTADOS DURANTE A FORMACIÓN E O SEU AFRONTAMENTO 35

RECOMENDACIÓNS DE MELLORA 38

ANEXOS 40

Page 3: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

3

INTRODUCIÓN

O presente documento recolle os resultados do proceso de avaliación do curso de

formación “1592-FMEC0110 SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG”, concedido e

executado pola Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o

Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e Formación en Galiza (en adiante forGA), no

marco da convocatoria pública para a programación de accións formativas dirixidas

prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas para o exercicio 2016.

Esta iniciativa de avaliación responde, por un lado, ás esixencias da Orde do 29 de

decembro de 2015, publicada no DOG nº 248 do mércores 30 de decembro de 2015, pola

que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública para a

programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas.

Concretamente a Orde recolle no seu artigo 29, apartado 1, sobre calidade, avaliación,

seguimento e control dos cursos que “Os centros e entidades deberán realizar unha

avaliación e control de calidade da formación que executen. Deberán destinar a esa

finalidade ata un 5% do custo xustificado nos apartados de custos directos e asociados da

acción formativa”.

Por outro lado, a avaliación responde á aplicación dun novo enfoque da organización

forGA, apostando nos últimos anos por incrementar os procesos de avaliación da calidade

implantando e desenvolvendo na Fundación, de xeito transversal, un Sistema integral de

calidade na xestión e especialmente na avaliación da súa actividade prioritaria, a

formación.

forGA implantou o Sistema de Avaliación da calidade na formación da norma UNE ISO

9001:2008 ”Sistemas de Xestión de Calidade” á data actual está constituído o Comité de

Calidade, implantado o Manual e a Política de Calidade, así como vixentes dez dos quince

procedementos de xestión.

Como resultado final, e seguindo as indicacións da convocatoria, elabórase este informe

estruturado en dúas partes fundamentais, coincidentes co conxunto de actuacións de

avaliación aplicadas e ultimado cos principais resultados e recomendacións de mellora:

Page 4: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

4

PUNTOS DÉBILES E AFRONTAMENTO

RECOMENDACIÓNS DE MELLORA

VALORACIÓNS DO ALUMNADO

VALORACIÓNS DO PERSOAL

DOCENTE

Page 5: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

5

METODOLOXÍA DO PROCESO – ACTUACIÓNS DE AVALIACIÓNS

CONSIDERACIÓNS METODOLÓXICAS

Como se indicou na introdución, para efectuar a avaliación desta actividade formativa,

tivéronse en conta dous actores principais, o alumnado e o persoal docente participante

na formación.

FASES DO PROCESO DESENVOLTO:

1º PLANIFICACIÓN DA AVALIACIÓN

Nesta primeira fase, determináronse os criterios da avaliación e o conxunto de actuacións a

desenvolver. A Equipa de Avaliación da Calidade, determinou os instrumentos de recollida

de información, configurados para a autocumprimentación. Os instrumentos que se

consideraron oportunos para cada actuación foron os seguintes:

VALORACIÓNS DO ALUMNADO - ENQUISA DE AVALIACIÓN DA SATISFACCIÓN DO

ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de 27 de abril de 2009,

do Servizo Público de Emprego Estatal, polo que se publican os cuestionarios de avaliación

da calidade das acciones formativas para o emprego.

A análise dos datos obtidos preséntase neste documento estruturados en varios apartados

que se configuran seguindo a estrutura do propio cuestionario.

No primeiro capítulo descríbese o perfil do alumnado participante no curso, elaborado a

partir dos datos de clasificación que inclúe o cuestionario no apartado do mesmo nome. No

capítulo II expóñense os resultados da avaliación propiamente dita divididos en varios

apartados:

1) A valoración dos aspectos organizativos, de infraestrutura e de equipamento, a que se

refiren as preguntas 1, 3 e 6 do bloque III do cuestionario.

2) A valoración de aspectos propios da formación: contidos, medios didácticos,

formadores/as e sistema de avaliación, cuestións sobre as que se pregunta nos puntos 2, 4, 5

e 8 do bloque III do cuestionario.

3) A valoración xeral da acción formativa, que se corresponde coa pregunta nº 9 do

cuestionario.

Por último, mídese o grao de satisfacción xeral, cuxos datos se obteñen a través do ítem nº

10.

VALORACIÓNS DO PERSOAL DOCENTE. CUESTIONARIO DE AVALIACIÓN PARA O PERSOAL

DOCENTE. Este cuestionario, foi deseñado e elaborado pola Equipa de Avaliación da

Page 6: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

6

Calidade, co obxecto de coñecer as valoracións dun dos principais actores da formación,

o persoal docente. A análise dos datos preséntanse coa seguinte estrutura, coincidente coa

estrutura do cuestionario:

Valoracións sobre o alumnado

Valoracións sobre o desenvolvemento do curso

Valoracións da forGA como entidade organizadora do curso

Valoracións sobre as condicións, espazo-tempo e recursos disponibles

Valoración da propia labor como docente

Outras opinións ou suxestións de mellora

Para facilitar a lectura deste informe achéganse os modelos de enquisas e cuestionarios

empregados nas distintas fases de avaliación, no apartado de Anexos

ACCIÓN FORMATIVA AVALIADA

AVALIACIÓN DA SATISFACCIÓN DO ALUMNADO. Neste caso, o número de enquisas

analizadas do curso 1592-FMEC0110 SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG é de 10.

Táboa 1. Datos acción formativa:

Nº CURSO DENOMINACION CURSO Nº ENQUISAS

1592 SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 10

AVALIACIÓN DO PERSOAL DOCENTE. Tivéronse en conta as enquisas cumprimentadas por

un docente que impartiu formación na actividade, correspondente á materia específica.

Unha vez establecido o plan de traballo, determinados os instrumentos a utilizar e

seleccionado o curso, planificouse e púxose en marcha a recollida da información,

organizando a distribución temporal da recollida.

Page 7: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

7

2º ELABORACIÓN DO INFORME/MEMORIA DE AVALIACIÓN

A Equipa de Avaliación da Calidade é a responsable da elaboración da memoria final de

avaliación da calidade. Por este motivo, entre as actividades realizadas para a xestión e

tramitación da memoria durante todo o proceso foron:

Recepción e supervisión das enquisas

Codificación

Gravación no programa estatístico SPSS.

Depuración.

Explotación estatística.

Redacción do informe de resultados.

Page 8: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

8

VALORACIÓNS DO ALUMNADO

Page 9: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

9

1. PERFIL DO ALUMNADO

Analízase no primeiro punto o perfil do alumnado para determinar o/a alumno/a tipo da

acción formativa:

ALUMNADO SEGUNDO A IDADE

Táboa 2. Alumnado segundo a idade

Frecuencia Porcentaxe

Menor de 25 anos 2 20,0

De 25 a 35 anos 1 10,0

De 36 a 45 anos 5 50,0

Maior de 45 anos 1 10,0

NC 1 10,0

Total 10 100,0

Base: total da mostra (10)

Gráfico 1. Alumnado segundo a idade

0 10 20 30 40 50

Menor de 25 anos

De 25 a 35 anos

De 36 a 45 anos

Maior de 45 anos

NC

20

10

50

10

10

Page 10: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

10

Atendendo á primeira das variables do perfil do alumnado que figura no cuestionario de

avaliación, a idade, pódese concluír que é o intervalo de entre 36 e 45 anos o que

concentra a maior porcentaxe de alumnado 50% seguido do intervalo de menores de 25 co

20%, o resto das porcentaxes dos intervalos acadan un 10%.

ALUMNADO SEGUNDO O SEXO

Táboa 3. Alumnado segundo o sexo

Frecuencia Porcentaxe

Home 10 20

Base: total da mostra (10)

Gráfico 2. Alumnado segundo o sexo

Respecto ao sexo das persoas enquisadas, cabe destacar que no curso participou un 100%

de homes.

ALUMNADO SEGUNDO A TITULACIÓN:

100%

HOME

Page 11: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

11

Táboa 4. Alumnado segundo a titulación actual

Frecuencia Porcentaxe

Título de graduado E.S.O/

Graduado Escolar 1 10,0

Título de Bacharelato 3 30,0

Título de Técnico / FP grao

medio 3 30,0

Título de Técnico Superior / FP

grao Superior 3 30,0

Total 10 100,0

Gráfico 3. Alumnado segundo a titulación actual

En relación ao nivel de estudos cabe salientar que o 30% do alumnado participante ten

estudos de FP Técnico Superior e a mesma porcentaxe Bacharelato e Título de Técnico grao

medio, e o 10% restante, resposta que ten título de graduado E.S.O/Graduado Escolar.

ALUMNADO SEGUNDO A SITUACIÓN LABORAL

Atendendo á situación laboral, como resulta obvio tendo en conta a programación de

formación á que se refire a convocatoria (accións formativas dirixidas a persoas

traballadoras desempregadas), a totalidade do alumnado atopábase nesta situación.

Page 12: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

12

Táboa 5. Alumnado segundo a situación laboral

Frecuencia Porcentaxe

Desempregado/a 10 100,0

Gráfico 4. Alumnado segundo a situación laboral

ALUMNADO SEGUNDO A SÚA RESIDENCIA:

Tendo en conta que o alumnado é desempregado, todos residen na provincia onde cursan

a acción formativa, neste caso na provincia da Coruña, dado que o curso se realiza no

centro de forGA situado en Oleiros.

Táboa 6. Lugar (provincia) residencia do alumnado

Frecuencia Porcentaxe

A CORUÑA 10 100

Total 10 100,0 Base: total da mostra (10)

100%

Desempregado/a

Page 13: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

13

Gráfico 5. Lugar (provincia) residencia alumnado

COÑECEMENTO DA EXISTENCIA DO CURSO

O seguinte apartado recolle o modo en que o alumnado coñeceu a existencia do curso. O

60% fíxoo a través do Servizo Público de Emprego, o 20% a través dun Itinerario formativo e

outro 20% a través dos medios de comunicación.

Táboa 7. Como coñeceu a existencia do curso?

Frecuencia Porcentaxe

Servizo Público Emprego 6 60

Itinerario formativo 2 20

Medios comunicación: prensa,

radio, internet, telf., tv...

2 20

Total 10 100,0

Base: total da mostra (10)

A CORUÑA

Page 14: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

14

Gráfico 6. Como coñeceu a existencia do curso?

Dos ítems da enquisa co número 7, 8 e 9 (categoría profesional, horario do curso, e tamaño

da empresa participante) non procede a súa avaliación, dado que están recollidos so para

persoas traballadoras ocupadas.

Como conclusión de todos os datos reflectidos neste capítulo, pódese dicir que o

alumnado tipo é home de entre 36 e 45 anos, con estudos de de FP Técnico Superior,

Bacharelato ou Técnico en grao medio, no desemprego, residente na provincia da Coruña.

Ademais, a maioría das persoas participantes, tiveron coñecemento da existencia

do curso a través do Servizo Público de Emprego.

O perfil do alumnado, no caso da formación obxecto de estudo, ven

predeterminado pola propia orde de convocatoria e a concesión do curso, ao tratarse de

formación dirixida prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas para os que se

esixe formación previa mínima Graduado en ESO ou Título de Graduado Escolar, e

aprobada na provincia da Coruña.

0

10

20

30

40

50

60

Servizo Público

Emprego

Itinerario formativo Medios

comunicación:

prensa, radio,

internet, telf., tv...

Page 15: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

15

2 . VALORACIÓN DAS ACCIÓNS FORMATIVAS

Este capítulo recolle os resultados das opinións do alumnado sobre determinados aspectos

da acción formativa, que se detallan no epígrafe III do cuestionario.

A opinión sobre cada aspecto realízase utilizando unha escala de valoración de catro

niveis/graos, que van do “1” ao “4”, onde o “1” é a valoración/puntuación mínima e o “4”

a máxima.

Coa fin de recoller dun xeito sistemático, agrupado e clarificador estes resultados

establecéronse varios apartados na análise de datos:

2.1. Valoración dos aspectos organizativos, de infraestrutura e de equipamento.

2.2. Valoración de aspectos propios da formación.

2.3. Valoración xeral da acción formativa.

2.4. Grao de satisfacción xeral.

2.1. VALORACIÓN DOS ASPECTOS ORGANIZATIVOS, DE INFRAESTRUTURA E DE EQUIPAMENTO

Para avaliar a organización e a dotación en canto á infraestrutura e equipamento do curso

en termos xerais, utilízanse varios aspectos da mesma sobre os que, propostos en forma de

afirmacións, o alumnado debe manifestar o seu grao de acordo/desacordo a través da

escala anteriormente descrita. Eses aspectos refírense á organización do curso, a súa

duración, as instalacións onde tivo lugar e aos medios técnicos utilizados no seu

desenvolvemento.

Os resultados obtidos están reflectidos na táboa 8, que mostra as porcentaxes acadadas en

cada nivel da escala para cada aspecto sometido a valoración, así como a puntuación

media obtida da medida aritmética de todas as respostas obtidas en cada ítem.

As puntuacións medias están reflectidas no gráfico 7, que permite visualizar máis

rapidamente os resultados permitindo unha comparativa entre os ítems/aspectos

considerados.

Táboa 8. Valoración do alumnado dos aspectos organizativos de infraestrutura e

equipamento

ORGANIZACIÓN DO CURSO 1 2 3 4 MEDIA

O curso estivo ben organizado (información,

cumprimento datas e de horarios, entrega material). 10 20 60 10 2,70

Page 16: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

16

O número de alumnado foi axeitado para o

desenvolvemento do curso. 0 0 60 40 3.40

DURACIÓN E HORARIO 1 2 3 4 MEDIA

A duración do curso foi suficiente segundo os obxectivos

e contidos do mesmo. 30 20 50 0 2,20

O horario favoreceu a asistencia ao curso. 0 0 80 20 3,20

INSTALACIÓNS E MEDIOS TÉCNICOS 1 2 3 4 MEDIA

A aula, o taller ou as instalacións foron axeitadas para o

desenvolvemento do curso. 0 20 60 20 3,00

Os medios técnicos foron axeitados para desenvolver o

contido do curso. 0 20 70 10 2,90

Base: total da mostra (10)

Escala de valoración

Gráfico 7. Valoración do alumnado dos aspectos organizativos, de instalacións e de medios

técnicos.

00,5

11,5

22,5

33,5

O curso estivo ben

organizado

(información,…

O número de

alumnado foi

axeitado para o…

A duración do curso

foi suficiente segundo

os obxectivos e…

O horario favoreceu

a asistencia ao curso.

A aula, o taller ou as

instalacións foron

axeitadas para o…

Os medios técnicos

foron axeitados para

desenvolver o…

1 Completamente en desacordo 2 En desacordo 3 De acordo 4 Completamente de acordo

Page 17: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

17

As valoracións analizadas nos tres bloques, acadan os resultados especificados a

continuación.

A. Organización do curso

En canto á valoración que se fai deste bloque mediante os dous ítems referidos, o primeiro,

á organización en xeral e o segundo ao número de alumnado por curso, compre sinalar

que en termos de puntuación media, acadan no primeiro caso 2,70 e un 3,40 sobre 4.

B. Duración do curso e horario

Respecto á duración e ao horario do curso avaliado, o nivel de satisfacción acada o 2.20 e

3.20 de media respectivamente. Analizando as porcentaxes de cada valor da escala o 50%

amosaron estar de acordo coa adecuación da duración do curso aos obxectivos e

contidos deste, namentres o 100% están de acordo/totalmente de acordo coa afirmación

de que o horario do curso favoreceu a asistencia ao mesmo.

C. Instalacións e medios técnicos empregados

Sobre as instalacións e medios técnicos, considéranse dous ítems; o primeiro relativo a

adecuación da aula/taller/instalacións e o segundo aos medios técnicos utilizados para

desenvolver o contido do curso. A puntuación media acada o 3.0 e o 2.90

respectivamente.

2.2. VALORACIÓN DE ASPECTOS PROPIOS DA FORMACIÓN: CONTIDOS, MEDIOS DIDÁCTICOS,

FORMADORES/AS E AVALIACIÓN

A valoración realizouse sobre unha escala de catro niveis. Os resultados reflíctense no

táboa 9 (porcentaxe e puntuacións medias) e no gráfico 8 (só puntuacións medias).

Exceptuase neste caso a pregunta referida aos mecanismos para a avaliación da

aprendizaxe (pregunta 8), xa que se trata dunha pregunta dicotómica, é dicir, con dúas

posibles respostas (si/non). Por esa razón teñen un tratamento diferenciado, por non seguir

a escala de valoración de catro niveis que caracteriza ao cuestionario utilizado, senón que

se mostran na táboa 10 e no gráfico 9.

Page 18: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

18

Táboa 9. Valoración do alumnado dos aspectos propios da formación: contidos, medios

didácticos e formadores/as

CONTIDOS DO CURSO 1 2 3 4 NS/NC MEDIA

Os contidos do curso responden as miñas

necesidades formativas. 0 0 90 10 0 3.10

Houbo unha combinación axeitada da teoría e

aplicación práctica. 0 40 50 10 0 2.70

MEDIOS DIDÁCTICOS 1 2 3 4 NS/NC MEDIA

A documentación e materiais entregados son

comprensibles e axeitados. 0 0 70 30 0 3.30

Os medios didácticos están actualizados. 10 10 50 30 0 3

FORMADORES 1 2 3 4 NS/NC MEDIA

A forma de impartir ou titorizar o curso facilitou a

aprendizaxe 0 0 90 10 0 3.10

Coñecen os temas impartidos en profundidade 0 0 60 40 0 3.40

Base: total da mostra (10)

Gráfico 8. Valoración do alumnado dos aspectos propios da formación: contidos, medios

didácticos e formadores/as. Puntuación media

Os contidos do

curso responden

as miñas…

Houbo unha

combinación

axeitada da…

A documentación

e materiais

entregados son…

Os medios

didácticos están

actualizados.

A forma de

impartir ou titorizar

o curso facilitou…

Coñecen os temas

impartidos en

profundidade

Page 19: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

19

As valoracións analizadas nos tres bloques, acadan resultados que van dende o 2.70 de

mínima e o 3.40 de máxima sobre un total de catro.

A. Contidos do curso

En relación aos contidos das accións formativas, tanto no seu aspecto de dar resposta

ás necesidades de aprendizaxe como de combinación axeitada de teoría e práctica,

sitúase a puntuación media de 3 .10 e 2.70 respectivamente.

B. Medios didácticos

No relativo aos medios didácticos, tanto no referido á súa comprensión como

actualización, as puntuación medias acadadas son de 3.30 para o primeiro caso e de 3

para o segundo caso.

C. Formadores

Un aspecto de especial relevancia propio da formación é a función docente. Así, para

coñecer a opinión do alumnado respecto do persoal docente que impartiu o curso

obxecto de sondaxe utilizouse novamente a escala de valoración de catro niveis

segundo o grao de acordo/desacordo con dúas afirmacións:

- A forma de impartir o curso facilitou a aprendizaxe

- Coñecen os temas impartidos en profundidade

Así, no referente á forma de impartir a formación, acadouse un nivel alto de

satisfacción, posto que a puntuación media é do 3.10, estando o 90% de acordo e 10%

totalmente de acordo coa afirmación. No referente ao coñecemento dos temas

impartidos a puntuación media acada o 3.40 sobre 4. Neste caso tamén o 60%

manifesta estar de acordo e o 40% totalmente de acordo coa afirmación.

Mecanismos para a avaliación da aprendizaxe

O 90% do alumnado afirma que se realizaron probas de avaliación/auto avaliación para

coñecer o nivel de aprendizaxe acadado nos cursos de formación correspondentes; así

mesmo tamén unha porcentaxe do 100% afirma que o curso lle permitiu obter unha

acreditación onde se lle recoñece a súa cualificación. Ambos datos constatan o

cumprimento por parte da forGA no que se refire aos mecanismos de avaliación que dita a

propia convocatoria.

Page 20: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

20

Táboa 10. Valoración do alumnado dos mecanismos para a avaliación da aprendizaxe

MECANISMOS PARA A AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE SI NON NS/NC

Foron dispostas probas de avaliación e autoavaliación que me

permiten coñecer o nivel de aprendizaxe acadado. 90% 10% 0

O curso permíteme obter unha acreditación onde se recoñece a

miña cualificación. 100% 0 0

Base: total da mostra (10)

Gráfico 9. Valoración do alumnado dos mecanismos para a avaliación da aprendizaxe

1 2

90%

10%

100%

0

Foron dispostas probas de avaliación e autoavaliación que me permiten coñecer

o nivel de aprendizaxe acadado.

O curso permíteme obter unha acreditación onde se recoñece a miña

cualificación.

Page 21: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

21

2.3. VALORACIÓN XERAL DA ACCIÓN FORMATIVA

No cuestionario de avaliación, ademais de incluír un ítem específico sobre a satisfacción

xeral, que se trata no seguinte apartado, enuméranse unha serie de afirmacións que

responden ao grao de cumprimento das expectativas do alumnado. Son as seguintes:

1. Pode contribuír á miña incorporación ao mercado de traballo.

2. Permitíronme adquirir novas habilidades/capacidades que podo aplicar ao posto

de traballo.

3. Melloraron as miñas posibilidades para cambiar de posto de traballo na empresa ou

fóra dela.

4. Ampliei os coñecementos para progresar na miña carreira profesional.

5. Favoreceu o meu desenvolvemento persoal.

As expectativas dunha acción formativa condicionan de maneira importante a súa

valoración, polo que constitúe un indicador máis de valoración da calidade. Neste caso

concreto, todos os ítems mencionados aluden ao papel do curso de formación realizado na

vida laboral/profesional do alumno ou alumna; é dicir, refírense ás expectativas puramente

laborais, aínda que nalgúns casos parecen estar pensados máis ben para persoas que

están a traballar e compatibilizan a formación co seu desempeño profesional.

Táboa 11. Valoración xeral do alumnado da acción formativa

VALORACIÓN XERAL 1 2 3 4 NS/NC

MEDIA

Pode contribuír a miña incorporación ao mercado do

traballo 0 10 70 20 0 3.10

Permitíronme adquirir novas habilidades/ capacidades

que podo aplicar ao posto de traballo 0 0 80 20 0 3.20

Melloraron as miñas posibilidades para cambiar de

posto de traballo na empresa ou fora dela 0 10 60 30 0 3.20

Ampliei os coñecementos para progresar na miña

carreira profesional 0 20 60 20 0 3

Favoreceu o meu desenvolvemento persoal 0 20 80 0 0 3

Base: total da mostra (10)

Cabe destacar que este grupo de ítems reflexa na súa distribución porcentual (ver táboa

11), aspectos que acadan niveis de satisfacción cuxas medias oscilan entre o 3 de mínima e

o 3.20 de máxima.

Page 22: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

22

Gráfico 10. Valoración xeral do alumnado sobre a acción formativa.

2.4. GRAO DE SATISFACIÓN XERAL

No ítem 10 do cuestionario pídese ao alumnado que emita unha puntuación como

manifestación da súa satisfacción en termos globais, na mesma escala de valoración do 1

ao 4 utilizada no resto do cuestionario. A finalidade desta pregunta é obter unha valoración

global por parte do alumnado da acción formativa na que participou nun centro forGA.

A puntuación media acadada é do 3.1.

A porcentaxe de alumnado que manifesta estar satisfeito ou completamente satisfeito é do

100%.

Táboa 12. Grao de satisfacción xeral do alumnado

GRAO DE SATISFACCIÓN XERAL PUNTUACIÓN MEDIA

Grao de satisfacción xeral do curso 3.10

valoracións %

Completamente en desacordo 0

En desacordo 0

De acordo 90

Completamente de acordo 10

Ns/Nc 0

Base: total da mostra (10)

Pode contribuír a miña incorporación ao

mercado do traballo

Permitíronme adquirir novas habilidades/

capacidades que podo aplicar ao posto de

traballo

Melloraron as miñas posibilidades para

cambiar de posto de traballo na empresa ou

fora dela

Ampliei os coñecementos para progresar na

miña carreira profesional

Favoreceu o meu desenvolvemento persoal

3,1

3,2

3,2

3

3

Page 23: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

23

Gráfico 11. Grao de satisfacción xeral do alumnado

2.5 SUXESTIÓNS

Do total de alumnado participante na acción formativa, seis persoas fan uso do último

apartado do cuestionario, “SUXESTIÓNS” onde se solicita que indiquen calquera

observación referida ao curso que acaban de rematar; cabe destacar que todas elas fan

referencia á necesidade de ampliar as horas (do curso, das prácticas e dos módulos en

xeral).

0 20 40 60 80 100

Completamente en desacordo

En desacordo

De acordo

Completamente de acordo

0

0

90

10

10%

20%

30%

40%

Ampliar número de horas dos módulos en xeral

Ampliar horas módulo prácticas

Ampliar número de horas do curso

Nc

Page 24: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

24

VALORACIÓNS DO PERSOAL DOCENTE

Page 25: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

25

A actuación docente é un dos factores fundamentais da calidade nun centro de

formación. Por este motivo, a equipa de avaliación da calidade da forGA considera as

valoracións e apreciacións das accións formativas que imparte o persoal docente unha

parte transcendental no marco da avaliación que se está a realizar.

A estrutura que se establece para a proxección dos resultados, coincide coa estrutura do

cuestionario deseñado:

1. Valoracións sobre o alumnado.

2. Valoración sobre o desenvolvemento do curso.

3. Valoración da forGA como entidade organizadora do curso.

4. Valoración sobre as súas condicións espazo-temporais e recursos dispoñibles.

5. Valoración da propia labor como docente.

6. Outras opinións ou suxestións para mellorar a formación impartida en forGA.

Page 26: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

26

1. VALORACIÓN SOBRE O ALUMNADO

Obsérvase neste primeiro punto, que o nivel de satisfacción do persoal docente sobre o

alumnado é moi alto en canto á aprendizaxe, adquisición de novos coñecementos e

habilidades, atención prestada e motivación e interese polo contido do curso; satisfacción

alta en canto a participación e puntualidade; o ítem menos puntuado (3 sobre cinco) é o

referido aos coñecementos previos do alumnado.

Táboa 13. Valoración do persoal docente sobre o alumnado

VALORACIÓN SOBRE O ALUMNADO 1 2 3 4 5

Coñecementos previos do alumnado

X

Motivación e interese polo contido do curso

X

Participación: formulación de cuestións e

colaboración nas actividades programadas X

Puntualidade do alumnado

X

Atención prestada

X

Aprendizaxe, adquisición de novos

coñecementos e habilidades X

Base: total da mostra (1)

Gráfico 12. Valoración do persoal docente sobre o alumnado

0

1

2

3

4

5

Coñecementos previos

do alumnado

Motivación e interese

polo contido do curso

Participación:

formulación de

cuestións e

colaboración nas

actividades…

Puntualidade do

alumnado

Atención prestada

Aprendizaxe,

adquisición de novos

coñecementos e

habilidades

Page 27: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

27

2. VALORACIÓNS SOBRE O DESENVOLVEMENTO DO CURSO

En canto á valoración que ten o persoal docente sobre o desenvolvemento do curso,

advírtese como os ítems relacionados co cumprimento dos obxectivos é de 4, coa

valoración do número total de horas do curso así como a valoración de horas por módulo

acadan a puntuación de 2, con respecto o acompañamento por algunha persoa da

entidade o día da presentación acada a puntuación máxima de 5.

Táboa 14. Valoración do persoal docente sobre o desenvolvemento do curso

VALORACIÓN SOBRE O DESENVOLVEMENTO

DO CURSO

1 2 3 4 5

Cumprimento dos obxectivos marcados ao

principio do curso X

Valoración do número total de horas do

curso X

Valoración do número de horas por módulo

X

Acompañamento do/a docente na

presentación do curso dalgunha persoa da

entidade participante (representante de

forGA, CIG, Consellería …)

X

Base: total da mostra (1)

012345

Cumprimento dos

obxectivos marcados

ao principio do curso

Valoración do número

total de horas do curso

Valoración do número

de horas por módulo

Acompañamento do/a

docente na

presentación do curso

dalgunha persoa da

entidade participante

(representante de …

Page 28: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

28

3. VALORACIÓNS DA FORGA COMO ENTIDADE ORGANIZADORA DO CURSO

No cuestionario valórase a labor de forGA como entidade organizadora, en canto á

resolución de problemas, o trato recibido e o apoio polas persoas responsables do centro,

así como a facilidade de acceso ás instalacións e a información proporcionada das

características do alumando antes do inicio do curso.

Pódese observar como en todas as valoracións as puntuacións acadadas son de 5, nunha

escala do 1 ao 5, o que denota un nivel de satisfacción moi elevado.

Táboa 15. Valoracións do persoal docente da forGA como entidade organizadora

VALORACIÓN DA FORGA COMO ENTIDADE

ORGANIZADORA

1 2 3 4 5

O centro respondeu de forma eficaz e áxil ás

túas peticións e aos imprevistos x

Trato recibido polo persoal do centro

x

Apoio por parte das persoas responsables da

formación no centro x

Facilidade para o acceso ás instalacións,

materiais, equipos x

Información sobre as características do

alumnado antes do curso x

Base: total da mostra (1)

Gráfico 14. Valoración do persoal docente da forGA como entidade organizadora

0

1

2

3

4

5

O centro

respondeu de

forma eficaz e áxil

ás túas peticións…

Trato recibido polo

persoal do centro

Apoio por parte

das persoas

responsables da

formación no…

Facilidade para o

acceso ás

instalacións,

materiais, equipos

Información sobre

as características

do alumnado

antes do curso

Page 29: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

29

4. VALORACIÓN SOBRE AS SÚAS CONDICIÓNS ESPAZO-TEMPORAIS E RECURSOS DISPONIBLES

Táboa 16. Valoración do persoal docente sobre as súas condicións espazo-temporais e

recursos dispoñibles

VALORACIÓN SOBRE AS SUAS CONDICIÓNS

ESPAZO TEMPORAIS E RECURSOS

DISPOÑIBLES

1 2 3 4 5

Instalacións (aulas, talleres…) nas que tivo

lugar o curso X

Medios técnicos utilizados (ferramentas,

ordenadores, pantallas, hardware …) X

Horario do curso

X

Base: total da mostra (1)

Gráfico 15. Valoración do persoal docente sobre as súas condicións espazo-temporais e

recursos dispoñible

Obsérvase neste punto, que todos os ítems valorados, obteñen as valoracións máximas de

cinco.

0

1

2

3

4

5

Instalacións (aulas,

talleres…) nas que

tivo lugar o curso

Medios técnicos

utilizados

(ferramentas,

ordenadores,

pantallas,

hardware …)

Horario do curso

Page 30: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

30

5. VALORACIÓN DA PROPIA LABOR COMO DOCENTE

Avaliando a propia labor como docente, obsérvanse en todos os termos avaliados valores

de 4, excepto no referido á realización dunha avaliación dos coñecementos propios do

alumnado que é de 3.

Táboa 17. Valoración da propia labor como docente

VALORACIÓN DA PROPIA LABOR COMO DOCENTE 1 2 3 4 5

Realización dunha avaliación dos coñecementos

previos do alumnado X

Preparación previa dos contidos e adaptación dos

mesmos ao alumnado X

Afondamento nos contidos expostos

X

Calidade do material elaborado

X

Consideración do contexto sociolaboral/saídas

laborais X

Estimulación da participación do alumnado

X

Estimulación do interese pola materia

X

Base: total da mostra (1)

Gráfico 16. Valoración da propia labor como docente.

Realización dunha

avaliación dos

coñecementos…

Preparación previa

dos contidos e

adaptación dos…

Afondamento nos

contidos expostos

Calidade do material

elaborado

Consideración do

contexto

sociolaboral/saídas…

Estimulación da

participación do

alumnado

Estimulación do

interese pola materia

Page 31: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

31

6. SUXESTIÓNS

A docente do curso fai constar que é pouco tempo e moita materia, deberían ser máis

horas do curso.

Page 32: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

32

CONCLUSIÓNS DAS VALORACIÓNS

Page 33: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

33

Este capitulo ten como obxectivo resumir os resultados acadados na avaliación da

formación impartida ao abeiro da programación de accións formativas dirixidas

prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas para o exercicio 2016.

A seguinte síntese recolle para cada unha das variables analizadas os principais resultados,

de maneira que a súa lectura permita ter unha visión de conxunto do informe de resultados,

que se presenta neste documento.

NOTAS METODOLÓXICAS

AVALIACIÓN ALUMNADO: Os datos correspóndese coas opinións de 10 alumnos.

AVALIACIÓN PERSOAL DOCENTE: o 100%, do total do persoal docente participante na

formación específica.

PERFIL DO ALUMNADO

Atendendo aos datos de clasificación do alumnado conclúese que o alumna/o tipo é un

home de entre 36 e 45 anos, con titulación de Técnico Superior, Técnico grao medio ou

bacharelato, en situación de desemprego, residente na provincia da Coruña, que tivo

coñecemento da existencia do curso a través do Servizo Público de Emprego.

VALORACIÓN DA ACCIÓN FORMATIVA POR PARTE DO ALUMNADO

1. Valoración dos aspectos organizativos, infraestrutura e de equipamento.

Organización do curso. A organización xeral do curso e a adecuación ó número de

alumnado por curso obteñen resultados cunha puntuación media de 2.70 e 3.40.

Duración do curso e horario. No tocante á duración do curso e aos horarios deste, o

nivel de satisfacción chega ao 2.20 e 3.20 de media respectivamente.

Instalacións e medios técnicos utilizados. A adecuación das instalacións e dos

medios técnicos utilizados son positivamente valorados cunha puntuación media de

3 e 2.90 respectivamente.

2. Valoración de aspectos propios da formación: contidos, medios didácticos,

formadores/titores, e avaliación.

Contidos. En relación aos contidos das accións formativas, tanto no seu aspecto

de dar resposta ás necesidades de aprendizaxe como de combinación axeitada

de teoría e práctica, a puntuación media sitúase no 3.10 e 2.70 en ambos casos.

Medios didácticos. A comprensión e a adecuación da documentación e dos

materiais entregados e a actualización dos medios didácticos obteñen niveis de

satisfacción similares, acadando unhas puntuacións medias de 3.30 para o

primeiro caso, e de 3 para o segundo caso.

Formadores. Sobre o persoal docente obtéñense resultados, satisfactorios. A forma

de impartir o curso como facilitadora da aprendizaxe, acada unha puntuación

Page 34: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

34

media de 3.10 Igualmente a valoración sobre se o persoal docente coñece os

temas en profundidade acada unha media de 3.40.

Mecanismos para a avaliación da aprendizaxe. O 90% do alumnado afirma que

realizaron probas de avaliación para coñecer o nivel de aprendizaxe. Así mesmo

o 100% afirma que a formación permítelle obter unha acreditación onde se

recoñece a cualificación.

3. Valoración xeral da acción formativa

Neste apartado, as puntuacións acadadas nos cinco ítems avaliados presentan valores

similares con pouca diferenza na distribución porcentual. As puntuacións medias

acadadas en tódolos ítems oscilan entre o 3 e o 3.20 sobre 4.

4. Grao de satisfacción xeral

O valor acadado de puntuación media é do 3.10.

VALORACIÓN DA ACCIÓN FORMATIVA POR PARTE DO PERSOAL DOCENTE

1. Valoración do persoal docente sobre o alumnado. Conclúese neste apartado que os

aspectos mellor valorados son, motivación e interese polo contido do curso, a atención

prestada así como a aprendizaxe e adquisición de novos coñecementos e habilidades

cunha valoración de 5.

2. Valoración sobre o desenvolvemento do curso. Os ítems relacionados co

cumprimento dos obxectivos a puntuación é de 4. A valoración do número total de

horas do curso, así como a afirmación relacionada co número de horas por módulo

valóranse cun 2, o ítem mellor valorado é o acompañamento por algunha persoa da

entidade o día da presentación cun 5.

3. Valoración da forGA como entidade organizadora do curso. No cuestionario valórase

a labor de forGA como entidade organizadora, en todos os ítems cun valor de 5 sobre 5.

4. Valoración sobre as súas condicións espazo-temporais e recursos dispoñibles, todos os

aspectos avaliados neste apartado que acadan o valor máximo de 5.

5. Valoración da propia labor como docente. Conclúese que é o apartado cun nivel de

valoración superior, é dicir de “boa” en todos os apartados, a excepción da realización

dunha avaliación previa dos coñecementos previos do alumnado que ten unha

valoración de 3.

En consecuencia, pódese afirmar que a acción formativa desenvolvida pola forGA

nesta convocatoria ten acadado os obxectivos para os que foi deseñada e

programada.

Page 35: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

35

PUNTOS DÉBILES DETECTADOS DURANTE A FORMACIÓN E O SEU AFRONTAMENTO

Page 36: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

36

PUNTOS DÉBILES DETECTADOS E O SEU AFRONTAMENTO:

A Orde de convocatoria recolle no seu artigo 29.1 que “…as actuacións realizadas en

materia de avaliación polas entidades, deberán comunicarse á Dirección Xeral no

momento en que se efectúen, dando traslado de copia da documentación e dos

resultados obtidos a través dun informe no que queden reflectidas, así como da verificación

das condicións de impartición do curso e as actuacións de mellora que se teñan realizado a

raíz dos resultados das accións de avaliación e control.

Deberán facer un seguimento continuo que permitise a identificación de áreas de mellora e

elaboración de plans de mellora, detectando debilidades que puideran ser subsanadas

dentro do período de realización do curso, e quedando reflectidas as levadas a cabo para

tal fin na memoria final.”

Para dar resposta a esta esixencia, forGA realiza un seguimento estrito da acción formativa

que permite detectar debilidades referidas a unha serie de indicadores (contidos,

instalacións, material, docente e desenvolvemento xeral do curso); o obxectivo deste

seguimento é detectar as debilidades e subsanalas na medida do posible dentro do

desenvolvemento do curso.

No seguimento intermedio realizado no curso “1592 - (FMEC0110) SOLDADURA ELECTRODO

REVESTIDO E TIG”, e comunicado por rexistro á Consellería o 13 de agosto de 2016,

recolléronse as seguintes suxestións:

- Instalacións: segundo o criterio do alumnado, as instalacións son as axeitadas

tanto a aula teórica como o taller; só manifestan que nun momento determinado,

deuse un problema de conexión da campa coa extracción que o docente

resolveu de inmediato.

Page 37: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

37

- Material/medios: o alumnado considera que se lles dotou de material funxible

adecuado e suficiente, detectando nalgúns casos certo retraso. Dende forGA

comunicáselle que se está a apremar aos provedores para a entrega, de todo o

material, en tempo segundo o comprometido. De igual maneira, segundo o

alumnado, son correctos, os medios de apoio didáctico tanto en papel como

audiovisuais, só indican que o proxector, por uso, presenta certas deficiencias

superadas co seguimento e mantemento do mesmo.

Page 38: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

38

RECOMENDACIÓNS DE MELLORA

Page 39: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

39

RECOMENDACIÓNS DE MELLORA:

Co obxecto de evitar as incidencias detectados nesta formación e de cara a mellorar

futuras convocatorias, a recomendación recollida sinteticamente, é a seguinte:

- Dende forGA farase un mantemento preventivo dos seus medios técnicos; é dicir,

para manter un bo nivel dos equipos e medios técnicos en xeral, farase un

mantemento sistemático aínda que os equipos non deran ningún síntoma de dar

problemas. Así mesmo, farase unha revisión exhaustiva no momento no que se

detecte que a fiabilidade dos medios técnicos diminúen, reparando ou

substituíndo os elementos sometidos a desgaste. Desta maneira, asegúrase un

tempo de bo funcionamento das instalacións e medios técnicos, evitando

incidencias no desenvolvemento do curso.

Page 40: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

40

ANEXOS

Page 41: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

41

MODELO ENQUISA ALUMNADO

Page 42: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

42

Page 43: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

43

MODELO ENQUISA PERSOAL DOCENTE

Page 44: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

44

Page 45: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

45

Page 46: MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: … · CURSO: 1592 –FMEC0110-SOLDADURA ELECTRODO REVESTIDO E TIG. 2 ... ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de

46