nº 181 xaneiro 2019 as obras da a oposición de outeiro terá un a...

32
Memorial Eduardo Fernández Rábade acollerá o día 26 a súa popular carreira. Pax. 24 xaneiro 2019 nº 181 A oposición de Outeiro terá un Pleno para as súas propostas O Pleno da Deputación aprobou por unanimidade a proposta do Goberno para mellorar a cobertura de te- lefonía móbil nos 67 conce- llos da provincia. Deste xeito, acordouse instar á Axencia de Modernización Tecnolóxi- ca de Galicia (AMTEGA), e ao Execuvo Central a poñer en marcha medidas coas que in- crementar as zonas de cober- tura e chegar a todo o territo- rio. Pax. 12 Nova proposta para mellorar a cobertura móbil Os voceiros de Outeiro de Rei para os grupos do BNG, FLI e PSOE terán finalmente a oca- sión de presentar as súas pro- postas nun Pleno extraordi- nario. Este foi convocado tras rexistrar una peción conxunta de toda a oposicion na que ex- plicaban que o feito de adiantar cinco días o de decembro impe- diulles presentar as súas inicia- vas en tempo e forma. O BNG levará a debate a eliminación do proxecto de vías de servizo ao longo da N-VI que se con- templan na actual lexislación urbanísca de Outeiro de Rei, FLI pedirá a elaboracicón dun regulamento do pleno e o PSOE que o Sergas asuma todas as súas competencias. Pax. 7 Os disntos voceiros da oposición de Outeiro de Rei, diante do Concello O Concello de Vilalba e a Con- sellería de Infraestruturas e Mobilidade firmarán nos próximos días o convenio de colaboración que permirá ao goberno municipal come- zar as obras de remodelación da avenida Terra Chá, antes travesía da anga estrada LU- 126, o vial transferido no ano 2010 á Administración local. A Consellería invesrá máis de 650.000 euros no acondiciona- mento desta vía. As actuacións proxectadas, unha promesa do goberno autonómico, supoñe- rán tanto unha mellora do ni- vel de servizo da infraestrutu- ra, coma unha opmización da seguridade viaria. Pax. 12 As obras da Avenida Terra Chá, pendentes da firma do convenio friol. Modificado o alu- meado nas 32 parroquias do termo municipal. Pax. 18 abadín. Estreada unha renovada casa do conce- llo. Pax. 11 rábade. Listo o programa das festas de San Vicenzo e do mexillón. Pax. 6 guiriz. Aprobado un orzamento de 4,4 millóns para este ano. Pax. 8 as pontes. O Ministerio apoia a posta en marcha do Museo da Minería. Pax. 20 a pastoriza. Instalados tres colectores para a reco- llida de aceite usado. Pax. 4 cospeito. O PSOE reitera o mal estado dos parques infans. Pax. 10 III Gala do Deporte de Vilalba O Concello ulma os prepara- vos para o día 19. Pax. 24 Remodelado o estadio da Lomba Meira restreou o campo de fútbol tras as obras. Pax. 24 ESPECIAL MURAS En páxinas 16 e 17

Upload: others

Post on 14-Feb-2021

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • Memorial Eduardo Fernández

    Rábade acollerá o día 26 a súa popular carreira. Pax. 24

    xaneiro 2019 nº 181

    A oposición de Outeiro terá un Pleno para as súas propostas

    O Pleno da Deputación aprobou por unanimidade a proposta do Goberno para mellorar a cobertura de te-lefonía móbil nos 67 conce-llos da provincia. Deste xeito, acordouse instar á Axencia

    de Modernización Tecnolóxi-ca de Galicia (AMTEGA), e ao Executivo Central a poñer en marcha medidas coas que in-crementar as zonas de cober-tura e chegar a todo o territo-rio. Pax. 12

    Nova proposta para mellorar a cobertura móbil

    Os voceiros de Outeiro de Rei para os grupos do BNG, FLI e PSOE terán finalmente a oca-sión de presentar as súas pro-postas nun Pleno extraordi-nario. Este foi convocado tras rexistrar una petición conxunta de toda a oposicion na que ex-plicaban que o feito de adiantar cinco días o de decembro impe-diulles presentar as súas inicia-tivas en tempo e forma. O BNG levará a debate a eliminación do proxecto de vías de servizo ao longo da N-VI que se con-templan na actual lexislación urbanística de Outeiro de Rei, FLI pedirá a elaboracicón dun regulamento do pleno e o PSOE que o Sergas asuma todas as súas competencias. Pax. 7 Os distintos voceiros da oposición de Outeiro de Rei, diante do Concello

    O Concello de Vilalba e a Con-sellería de Infraestruturas e Mobilidade firmarán nos próximos días o convenio de colaboración que permitirá ao goberno municipal come-zar as obras de remodelación da avenida Terra Chá, antes travesía da antiga estrada LU-126, o vial transferido no ano 2010 á Administración local. A Consellería investirá máis de 650.000 euros no acondiciona-mento desta vía. As actuacións proxectadas, unha promesa do goberno autonómico, supoñe-rán tanto unha mellora do ni-vel de servizo da infraestrutu-ra, coma unha optimización da seguridade viaria. Pax. 12

    As obras da Avenida Terra Chá, pendentes da firma do convenio

    friol. Modificado o alu-meado nas 32 parroquias do termo municipal. Pax. 18

    abadín. Estreada unha renovada casa do conce-llo. Pax. 11

    rábade. Listo o programa das festas de San Vicenzo e do mexillón. Pax. 6

    guitiriz. Aprobado un orzamento de 4,4 millóns para este ano. Pax. 8

    as pontes. O Ministerio apoia a posta en marcha do Museo da Minería. Pax. 20

    a pastoriza. Instalados tres colectores para a reco-llida de aceite usado. Pax. 4

    cospeito. O PSOE reitera o mal estado dos parques infantís. Pax. 10

    III Gala do Deporte de Vilalba

    O Concello ultima os prepara-tivos para o día 19. Pax. 24

    Remodelado o estadio da Lomba

    Meira restreou o campo de fútbol tras as obras. Pax. 24

    ESPECIAL MURASEn páxinas 16 e 17

  • actualidade2 xaneiro 2019

    Durante o mes de decembro de 2018, puxéronse en marcha diversas iniciati-vas solidarias co fin de recadar fondos destinados á compra de xoguetes novos para os nenos beneficiarios da Campaña Juguetes de Cruz Vermella Vilalba. Ne-nos que pertencen a cinco concellos da comarca da Terra Chá: Abadín, Cospeito, Castro de Rei, Xermade e Vilalba.Desde Cruz Vermella Vilalba organizáron-se dúas actividades, mentres que as outras tres foron postas en marcha por organizadores alleos que se propuxeron colaborar coa causa.O día 1 de decembro, Cruz Vermella Vi-lalba arrincaba coa súa tradicional cam-paña de Loita Contra a SIDA e outras ETS, na que se recaudaron un total de 1.365 euros, entre un total de 48 establece-mentos colaboradores de Vilalba.O día 15, Moisés Martínez do local 80/20 Cocktail Bar organizou un evento de Coc-telería Solidaria, onde os beneficios reca-dados ascenderon a 170 euros.O día 16 Cruz Vermella Vilalba organizou a II Andaina Solidaria, onde as inscricións

    foron gratuítas e a través da cal lográron-se recadar 270 euros.O día 21 de decembro, Culturalia GZ, pro-movido por Martiño Maseda, organizou o V Recital Poético Solidario Internacio-nal na Casa da Cultura de Vilalba, que logrou 215 euros.O 22 de decembro, a directiva e o corpo técnico do Vilasuso Peugeot Futbol Sala Vilalba fixo un encontro de futbol sala no que os asistentes deberían levar xogue-tes novos, libros de lectura infantil e do-ces navideños para entregar ás familias beneficiarias da campaña de Nadal de Cruz Vermella. Ademais colocouse unha urna e foron recaudados 13 euros.Tamén por terceiro ano consecutivo, a Union Deportiva Pastoricense realizou unha doación de mochilas, reloxos de-portivos e balóns.Todo o recadado nestes eventos logra chegar a unha cifra total de 2.033 euros, dos que se beneficiarán un total de 114 nenos da comarca. Cruz Vermella agra-deceu a todos aqueles que se esforzaron e que aportaron o seu gran de area.

    Cruz Vermella recadou uns 2.000 euros para 114 nenos

    NOVAS DA CHAIRA vilalba

    Un ano máis, a Feira do Capón de Vilalba pechou un sold out provocado pola ven-da de exemplares os días previos ao ini-cio da feira. A venda de capóns na propia casa dos criadores funcionou moi ben e, finalmente, o día da feira tan só entraron no recinto 300 dos 1.800 capóns para a tradicional feira de Vilalba, que foron adxudicados en pouco máis dunha hora desde a apertura ao público da carpa ha-bilitada polo Concello na Praza da Cons-titución.A edil Cheri Grandío, confirmou que en-traron na feira moitos menos capóns dos previstos, cun prezo medio que se situou nos 80 euros, aínda que tamén había al-gún exemplar a 110 euros.Estes exemplares presentaban nove me-ses de crianza nas explotacións e un peso que roldaba os seis quilos.Por primeira vez na súa historia, o Capón de Vilalba puido ensinar a súa Indicación Xeográfica Protexida (IGP), recentemen-te concedida pola Unión Europea.O alcalde de Vilalba, Agustín Baamon-de, fixo referencia ao escaso número de exemplares que entraron no recinto co censo e afirmou que a tendencia de cara aos próximos anos camiña cara á conver-sión desta cita nunha feira de exaltación

    do produto, máis que un punto de com-pra e venda de capóns.

    PREMIOS. Aurora Lozano, da parroquia de Oleiros, levouse o premio á Mellor Criadora dotado con 300 euros; Jesús Pérez Cortiñas, de San Simón de Costa, levouse o concedido á Mellor Cesta -ca-tro exemplares-, dotado con 200 euros; e Alfonso Ramudo, tamén de San Simón, levouse os 100 euros concedidos ao Me-llor Par de Capóns de Vilalba.

    Pola súa banda, Vilalba Aberta manifes-tou a súa preocupación sobre o futuro da tradicional Feira do Capón. “Unha data, outrora marcada con letras de ouro no calendario de veciños e visitantes, e que nos últimos anos está a ser foco de innumerables críticas, froito do limitado de unidades á venda en exposición”. Por iso solicitan chegar a un acordo cos cria-dores sobre o número de pezas que se poden vender antes desta data así como un cambio nos horarios.

    Novo éxito de vendas e visitantes na Feira do Capón 2018

    Un momento da Feira do Capón deste ano

    O Concello de Vilalba e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade firmarán nos próximos días o convenio de co-laboración que permitirá ao goberno municipal comezar as obras de remo-delación da avenida Terra Chá, antes travesía da antiga estrada LU-126, o vial transferido no ano 2010 á Adminis-tración local.Segundo indicou o alcalde, Agustín Ba-amonde, a firma do convenio terá lugar nos próximos días porque a intención do concello é iniciar as obras en marzo.A Consellería de Infraestruturas e Mo-bilidade investirá máis de 650.000 eu-ros no acondicionamento desta vía, tal e como prometera cando esta foi trans-ferida. Esta intervención promove a mellora na travesía urbana que comu-

    nica o centro de Vilalba coa estrada LU-120, saída cara a Meira, con beirarrúas en ambas as dúas marxes, calzada de 7 m de ancho, e aparcadoiros a ambos os dous lados.As actuacións proxectadas supoñerán tanto unha mellora do nivel de servizo da infraestrutura, coma unha optimiza-ción da seguridade viaria.Máis en concreto, os traballos incluirán a renovación das beirarrúas que se ato-pan deterioradas e non son axeitadas desde o punto de vista da accesibilida-de, a rehabilitación do firme da trave-sía, de algo mais 1 km, e o repintado da estrada. Ademais, colocarase un tramo de novo colector de saneamento de 365 metros na marxe dereita do vial, dende a rúa Mondoñedo ao final da

    travesía, para evitar as filtracións que se veñen producindo na rede actual.Segundo establece o convenio de cola-boración, o Concello de Vilalba asume a obriga de levar a cabo as actuacións necesarias para a correcta execución das obras obxecto deste convenio, re-dacción de documento técnico necesa-rio para a execución das obras, licitación e execución das mesmas. E o departa-mento de Infraestruturas da Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestru-turas, asume o compromiso de financiar os gastos de execución destas obras.A actuación pretende garantir a segu-ridade viaria para os distintos usuarios e comparte os obxectivos Plan Move e do Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2010.

    As obras da Avenida Terra Chá, pendentes da firma do convenio

    O FIV de Vilalba vai completando o seu cartel e aos xa confirmados Dorian e La M.O.D.A. súmanse Miss Cafeína, Depe-dro e Siloé, que actuarán no Escenario Mahou os días 26 e 27 de abril.Logo de chegar ás cotas máis altas de popularidade con Detroit, Miss Caffeína deu a coñecer fai unhas semanas Merlí, o primeiro single adianto do que será o seu cuarto álbum de estudo, Oh Long Johnson e que trata cuestións vitais e universais como o amor, a morte ou o medo ao diferente ou a autoaceptación. Oh Long Johnson gravouse no estudo Music Land de Avinyonet de Puigventós e está sendo mesturado en Londres polo productor Max Dingel.Depedro está vivindo un dos momentos máis doces da súa carreira. O seu último traballo Todo va a salir bien só lle está traendo éxitos e alegrías. E é que este non é un disco de colaboracións ao uso. É unha oportunidade de volver interpre-tar parte do seu cancioneiro unha vez

    que as composicións pillaron o sabor da barrica de centos e centos de concertos. Así deberían de gravarse os discos, nunha soa toma logo de soar en ducias e ducias de lugares en todo o mundo. Juan Can, Coque Malla, Vetusta Morla, Luz Casal, Fuel Fandando ou Amparo Sánchez son algúns dos artistas que cociñaron este traballo a lume lento xunto a Jairo.Completa esta tanda de confirmacións Siloé, un proxecto que naceu cun pé na prestixiosa Univesidad de Berklee e que bascula con naturalidade entre o pop de autor e o rock de guitarras; recibiu eloxios doutros músicos como Javier Limón, Carla Morrison, Xoel López ou Alejandro Sanz. Logo do seu debut fai dous anos con La Verdad, este 2018 chegou La Luz. O difícil reto de superar un disco que emocionou a tanta xente, Siloé liquidouno multipli-cando as calidades que xa posuía a súa música. As novas cancións son intensas e cunha sensibilidade genuina, de novo con textos dun calado moi profundo.

    O FIV engade a Miss Cafeína, Depedro e Siloé

  • xaneiro 2019actualidade 3

    Cinco dos seis premios principais entre-gados na XXI Cata dos Queixos de Galicia corresponderon a produtos da provincia de Lugo e deles dous son queixos de Vi-lalba. Este evento está organizado pola Axencia Galega de Calidade Agroalimen-taria coa colaboración dos consellos re-guladores das catro denominacións de orixe protexidas de queixos existentes en Galicia: Tetilla, Arzúa- Ulloa, Cebreiro e San Simón da Costa.En concreto, os cinco finalistas lucenses na primeira categoría -ouro- foron Don Crisanto de Vilalba -que obtivo dous premios-, Artelac de Antas de Ulla, Gran Despensa de Samos, e Santo André de Castroverde. A empresa Fontelas, de Vilalba, foi finalista na categoría prata, e Doniberto de Vilalba obtivo dúas men-cións nos bronces. Outra variedade de Artelac mereceu un quinto premio.

    Premios para os queixos vilalbeses

    Xa hai gañadores do I Concurso de de-buxo e fotografía: que é a música para min, organizado pola Asociación Cul-tural Escola de música de Vilalba. Os gañadores foron Mateo Cupeiro López con A diversión da música, na categoría A; Matías Morandeira Fraga con Amo a música, na B; Laura Fraga Paz con A música está en todos, na C, e Ana Belén Otero Montenegro con O noso lar, na D.

    Gañadores do I Concurso da Esmuvi

    O alcalde de Vilalba fixo unha reflexión sobre as sete medidas contra o despo-boamento propostas por Vilalba Aberta e que levarán ao próximo pleno. Baa-monde crita “a falta de rigor e serieda-de á hora de enfrontarse a un ploblema que é común a todos os municipios, non só ao de Vilalba, e que está presente ta-mén en todos os países desenvolvidos”.O alcalde indicou que as solucións pro-postas “son xenéricas” e que “o despo-boamento é un problema que hai que tratar de forma conxunta por un país e

    con medidas que se escapan das posibi-lidades dun goberno municipal.Baamonde indicou que en Vilalba morre máis xente da que nace e a inmigración, “que é o fenómeno que nos peremite crecer”, está en descenso dende que comezou a crise económica.Acusa a Vilalba Aberta e facer unha cou-sa e dicir o contrario xa que as mareas están a gobernar en Ferrol e Santiago, con mesmos problemas de despo-boamento, “e non se ve que estén apli-cando estas medidas”.

    O alcalde califica de xenéricas e de falta de rigor as medidas de VA contra o despoboamento

    A parroquia de Sancovade en Vilalba ce-lebrará as súas festas na honra de San Antón o día 19 de xaneiro. Comezarán cunha misa solemne, para despois se-guir coa tradicional procesión e a sesión vermú co Grupo Atenas. Xa pola noite seguirán amenizando a gran verbena o Grupo Atenas e Cinema. Se o tempo non o permite a celebración da festa trasladarase a un campo cuberto con carpa climatizada.

    Sancovade celebra o 19 as súas patronais

    O Goberno da Deputación promoveu a publicación das actas do cuarto Congre-so Internacional de Arqueoloxía. Faino colaborando coa Asociación Cultural Amigos do Museo de Vilalba. O obxec-tivo é difundir o patrimonio cultural, en xeral, e arqueolóxico, en particular, así como de contribuír ao coidado dos restos arqueolóxicos e no coñecemento das súas orixes e das manifestacións do seu pasado.A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, subliñou que “a publicación destas actas é de interese público e social. Apostamos por contribuír ao coñecemento histórico, entendido

    como parte dos alicerces da cohesión social e dun incremento do saber”.As actas, unha vez editadas, incluiranse dentro da serie editorial periódica do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, denominada Férvedes, revista de investigación. A inclusión nesta serie responde a criterios de calidade cien-tífica e de difusión. Así, a repercusión da publicación dos artigos nela incluída ponderaranse favorablemente, segun-do os criterios da Axencia Nacional de Evaluación da Calidade e Acreditación (ANECA), que avalía o Sistema Universi-tario Español, e os índices de calidade da European Higher Education Area.

    Publicadas as actas do Congreso de Arqueoloxía

    Presentación das actas do Congreso Internacional

    O Concello de Vilalba está a preparar a posta en marcha dunha nova liña de co-municación entre San Simón e Vilalba a través de transporte público.Segundo indicou o alcalde, Agustín Ba-amonde, xa está feito o estudo, que contempla dúas liñas, unha que vén do Regueiriño ata Vilalba por Lanzós, e ou-tra, que aínda non teñen claro e para que estudan diferentes opcións e que sería dende o Regueiriño, e pasaría por Sama-rugo, Corbelle e Goiriz. A primeira intención do concello é que estas liñas funcionen dous días á sema-na, os martes e os venres, porque son os días de mercado, “e os que a xente prefi-re vir a Vilalba”, explica Baamonde.“Nesa zona de Vilalba antes había unha liña que viña do Viveiró, pero cando se fixo o plan de transporte da Xunta esa foi unha das liñas que renunciaron os con-cesionarios anteriores, e na primeira fase do concurso quedou sen cubrir, e agora na segunda fase que estn facendo, si se contempla esta liña, pero a intención se-ría que comezara para o verán”, explica o alcalde. Baamonde engade tamén que cambia-

    rán os horarios para amoldarse ás nece-sidades dos veciños. “Antes había pouco tempo entre o de saída, ás 10 de mañá, e o de volta, ás 12. Así non daba tempo para facer compras, visitas ou o que se necesita”, explica Baamonde. Deste xei-to, a idea é que o novo servizo teña saída de Regueiriño ás 8 da mañá e volva sobre as 13.00 horas. En principio, a idea é que o servizo comece a funcionar en febreiro.

    PSOE. Pola súa banda, o PSOE censu-ra esta medida despois dun ano da súa negativa popular ante a petición dos so-cialistas de recuperar as liñas suprimidas pola Xunta de Galicia tras a modificación do Plan de Transporte.O PSOE de Vilalba presentou no Pleno ordinario de setembro do pasado ano 2017 unha moción na que solicitaban do goberno local a recuperación deste ser-vizo, “polo que a negativa do PP vilalbés no 2017 provocou unha falta inexcusable do servizo ao longo de todo este tempo”; mais o que critican con máis insistencia é o carácter provisional destas liñas así como que os custos estean sufragados polas arcas públicas vilalbesas.

    O Concello recupera en febreiro as liñas de bus dende O Regueiriño

    O Concello de Vilalba sacará proxi-mamente varias prazas dentro da Oferta Pública de Emprego. En prin-cipio sacarán dúas, unha de técnico e outra de administrativo en opo-sición aberta para as que xa están preparando a convocatoriaAdemais, tamén sairán as catro pra-zas de Policía Local, que se reparten en tres de oposicion libre e unha de mobilidade. Nesta última, no caso de que non se cubra, acumularase á oferta libre. Segundo explica o alcalde, a Po-

    licía de Vilalba conta con poucos efectivos, “tan só temos nove per-soas, co cal é insuficiente, por iso, agora pola noite só traballan as fins de semana, e incluso polo día non chegan. De feito, actualmente temos auxiliares provisionais ne-sas prazas que contamos que se presenten á oposición.Na RPT temos que aumentar o nu-mero de prazas dispoñibles, a idea é chegar aos 16 que había antes. Estas prazas poderían saír ao longo do verán.

    Convocarán 4 prazas na Policía Local e 2 de administrativo

  • 4 xaneiro 2019 actualidade

    O estado actual da rúa Alcalde Fraga Bello

    Vilalba Aberta volve facer súa unha reivindicación veciñal, neste caso re-lativa ao “deplorable” estado dunha das beirarrúas da céntrica rúa Alcal-de Fraga Bello. A denuncia, que, tal e como revelan dende a formación, foi xa pertinentemente rexistrada no Concello e será no vindeiro Pleno Ordinario de xaneiro, cando ao Go-berno Municipal lle toque dar conta diante dunha situación que dende Vi-lalba Aberta cualifican de “vergoña”.A este respecto, a formación consi-dera “intolerable” que, logo de se

    dirixir a veciñanza afectada en dúas ocasións ao Concello, se lles instara a falar eles mesmos cos propieta-rios. Un “deixamento de funcións”, que para Vilalba Aberta responde á “enésima mostra de inoperancia” por parte dun Goberno Municipal, “responsable último de se dirixir aos propietarios diante dunha “si-tuación de risco e incomodidade” para os viandantes, así coma de claro prexuízo - no sentido estéti-co - para os diferentes negocios e comercios”.

    Vilalba Aberta insta ao Concello a actuar ante o estado dunha das beirarrúas de Alcalde Fraga Bello

    a pastoriza

    O Concello da Pastoriza abriu un novo prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso para o Punto de Aten-ción á Infancia no presente curso ao ter dez prazas vacantes sen que exista lista de espera.O prazo de presentación de solicitudes remata o 23 de xaneiro e esta ten que facerse pola vía habitual no Rexistro do Concello. Ademais de cubrir o im-preso correspondente de solicitude, os interesados deberán presentar fo-tocopias dos DNI dos pais e do libro de familia, certificados de empadrona-mento e documentos xustificativos da súa situación económica así como das incidencias familiares e sociais que podan influír na súa selección como seren familia numerosa, persoas con discapacidades ou similares.

    O PAI abre un novo prazo de inscrición

    O concello da Pastoriza abriu tamén o prazo para presentar as solicitudes para as axudas no transporte escolar dos nenos censados no concello pero que cursan estudos fóra. O obxetivo destas axudas é sufragar parcial ou to-talmente o custo no traslado do alum-no ao seu centro educativo. Polo tanto é necesario cumprir os requisitos como que a unidade familiar esté empadroa-da no concello, e que algún dos fillos estea cursando educación postobriga-toria (1º e 2º curso de bacharelato) ou cursos de formación profesional.Os interesados poderán solicitar dita axuda no rexistro xeneral no Concello antes do 16 de xaneiro. A solicitude, anexos e as bases están dispoñíbles no concello ou na súa web.

    Convocadas as axudas para o transporte

    O Concello da Pastoriza comezará estes días o proceso de instalación de tres co-lectores para a recollida de aceite usa-do, co obxectivo de xeralizar en todo o termo municipal o proceso de reciclaxe deste produto altamente contaminante, especialmente nos acuíferos.O Concello decidiu colocar os tres pri-meiros colectores nos tres principais núcleos, Pastoriza, Bretoña e Reigosa.Segundo explica o alcalde, Primitivo Iglesias, “é unha medida que pretende axudar un pouquiño a mellorar o medio natural, para que o espazo no cal vivi-mos se conserve ben, sen contamina-ción, tanto no chan como nos acuíferos,

    en especial de cara a esta etapa que se aveciña na que o cambio climático semella ser unha realidade incontrover-tible”. Iglesias recomenda comezar con medidas como estas e xeralizalas.Paralelamente a esta instalación de co-lectores, o Concello tamén procurará facer charlas divulgativas, sobre todo nos colexios, “porque coidamos que son os nenos e as nenas de hoxe, os que serán os homes de mañá, os que deben empezar a estar concienciados de que a natureza e un ben moi prezado que de-bemos conservar entre todos”.A instalación dos colectores levarase a cabo nos próximos días.

    PECHE NO COLEXIO. O Concello da Pastoriza tamén vai instalar a petición da ANPA un sistema de apertura auto-mática nos accesos ao colexio O Divino Salvador. Con esta medida, preténdese evitar a entrada de persoas alleas ao re-cinto escolar así como a saída dos nenos sen permiso.Foron a ANPA, coordinados coa dirección do centro, os que solicitaron esta medida de seguridade, que funcionará de xeito similar a un porteiro automático.Este peche automático das portas do centro instalarase nos próximos días. Se-gundo indicou o alcalde, están a esperar a chegada do sistema automático.

    O Concello instala tres colectores para a recollida de aceite usado

    O Grupo Municipal Socialista acusa ao goberno do Partido Popular de Vilalba de levar a cabo contratacións de persoal no Concello sen ter acudido á bolsa de emprego existente desde marzo do ano pasado. Desde xeito, aseguran desde a oposición socialista que se están vulne-rando “principios tan esenciais” como a igualdade de oportunidades en materia de contratacións co modus operandi do goberno local, impedindo o correcto funcionamento dunha bolsa de empre-go que se creou precisamente para todo o contrario.O PSOE de Vilalba sinala ademais que “se están a concatenar contratos sen ter acudido previamente á bolsa de em-prego”, polo que afirman que “dita bol-sa creouse cun efecto enganoso, para que as persoas aspirantes consideraran unha oportunidade que nunca se lles ía dar”, asevera a voceira dos socialistas, Elba Veleiro. Neste senso, fan unha críti-ca ao goberno Baamonde “por unha po-lítica de emprego máis que insuficiente, tinguida de accións para un lavado de cara que rematan por destapar a reali-dade meses despois, botando por terra a igualdade de oportunidades que lle importa máis ben pouco a este gober-no”, incide Veleiro.

    O PSOE acusa ao Concello de non acudir á bolsa de emprego para as contratacións

    A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Plan galego de for-mación 2018/2019, ofrece 25 cursos nas comarcas de Terra Chá e Meira dos que poderán beneficiarse 400 persoas. Así o explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, no transcurso dunha visita ás instalacións dun destes centros acreditados, en con-creto ao centro de formación Forma-T de Vilalba (que tamén ten sede en Meira), adxudicataria de varias destas accións formativas en ámbitos diversos, como as enerxías renovables ou o sector sanitario, entre outros.Estas iniciativas, que se enmarcan na Axenda 20 para o Emprego, desenvól-vense co obxectivo de seguir incremen-tando a ocupabilidade das persoas sen traballo, facilitándolles o seu acceso ao mercado laboral, ao tempo que se dota a Galicia dun capital humano máis for-mado de acordo ás necesidades reais das empresas. A convocatoria destes cursos é plurianual (2018-2019), o que posibili-tará que se imparta unha formación máis completa e, polo tanto, unha maior em-pregabilidade dos participantes.Como novidade este ano, os alumnos e alumnas poderán por primeira vez esco-

    ller o centro e a acción formativa que cur-sarán. Ademais, os centros de formación terán a posibilidade de seleccionar direc-tamente ao alumnado. Ata o de agora, as entidades beneficiarias estaban obri-gadas a solicitar os alumnos e alumnas á oficina de emprego correspondente.Así, o alumnado poderá solicitar o centro e a materia na que se desexa formar a través do portal de Emprego da Xunta. Tamén terá por primeira vez a posibilida-de de coñecer o custo do curso no que se vai cualificar e que a Xunta apoia ao 100%. A persoa desempregada poderá obter na web toda a información sobre o curso que lle interesa: a data prevista de comezo, o horario, o lugar onde se imparte e os datos de contacto da enti-dade, así como a posibilidade de solicitar a preinscrición para o posterior proceso de selección que poderá levar a cabo o centro de formación.Na selección do alumnado terán prefe-rencia as mulleres, as persoas desem-pregadas de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou en risco de exclu-sión social, alumnos con baixa cualifica-ción ou persoas que teñan superados un ou varios módulos.

    Forma-T acolle a presentación do Plan de Formación da Xunta para a comarca chairega

  • xaneiro 2019 5actualidade

    Máis de 8.400 persoas visitaron as ins-talacións do Parque Eólico Experimen-tal Sotavento durante este ano 2018, cunha media de máis de 700 visitantes mensuais. Isto fai que, dende o inicio do Plan Educativo – Divulgativo no ano 2002, se superen os 260.000 visitantes.A maior parte das visitas durante este período, concretamente o 32% das mesmas, foron realizadas por grupos técnicos e estudantes de bacharelato, seguido por centros educativos de se-cundaria, asociacións e centro educati-vos de primaria. Campamentos, familias e visitas institucionais completan as vi-sitas deste ano a Sotavento, co afán de achegarse á realidade enerxética actual e aos principais sistemas de aforro e efi-ciencia enerxética que existen.En canto á procedencia, o 93% das vi-sitas chegaron dende algún punto da nosa Comunidade, sendo A Coruña (53%) a provincia con maior representa-ción nas mesmas. Cabe destacar que o 5% das visitas procedían de outros pun-tos do territorio nacional e o 2% facíano dende outros países.A duración media das actividades si-túanse nas 3-4 horas, durante as cales os participantes achéganse á Vivenda Bioclimática Demostrativa, o Taller da

    Enerxía, a Aula Divulgativa, a base dun Aeroxerador real, etc.Entre as actividades máis relevantes le-vadas a cabo neste último ano, destaca a participación educativa de Sotavento na II Feira da Enerxía de Galicia celebra-da no mes de marzo en Silleda. Tamén destaca a participación de distintos grupos do Programa Europeo ERAS-MUS, así como a nosa colaboración con distintas institucións como ADEGA, ou o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo entre outras.“Como todos os anos, fixemos especial fincapé na celebración de días mundiais como o do Vento, o do Medio Ambien-

    te, o da Auga, o da Eficiencia Enerxética ou a Semana da Mobilidade” din.Este ano tamén se intensificou a pre-senza en redes sociais aumentando os seus seguidores en Instagram nun 80%, en Twitter nun 10% e en Facebook nun 8%.De cara ao vindeiro ano 2019, as insta-lacións do Parque Eólico Sotavento van experimentar unha importante actuali-zación para aumentar a oferta didáctica. No eido dos proxectos apostarase polo autoconsumo fotovoltaico e a mobilida-de eléctrica, aspectos xa tidos en conta con anterioridade, pero que recobrarán forza nos vindeiros anos.

    Máis de 8.000 persoas visitaron o parque de Sotavento o pasado ano

    xermade

    Por terceiro ano consecutivo, a biblio-teca municipal de Xermade gañou o galardón do Premio María Moliner para fomento da lectura en concellos de me-nos de 50.000 habitantes. Este premio está convocado polo Minis-terio de Educación e con el se premian os mellores 300 proxectos de animación á lectura.En Galicia recibiron este premio 14 bibliotecas e na provincia de Lugo aca-dárono: Sober, Saviñao e Xermade.

    O proxecto premiado en Xermade leva por título Pasen y lean: Atrévete con los libros e ocupa o posto 149. Este proxec-to reúne unha exposición detallada de tódalas actividades de animación á lec-tura programadas para o 2018. Os crite-rios de valoración dos proxectos foron: a claridade, a orixinalidade e innovación, as boas prácticas no labor biblioteca-rio, a planificación e a viabilidade dos proxectos.O galardón consiste nun premio en me-

    tálico por un importe de 1.706,66 euros, outorgado polo Ministerio de Cultura e Deporte e que vai destinado exclusi-vamente á compra de libros e revistas culturais.Este xa é o cuarto María Moliner que conseguiron (2012, 2016, 2017, 2018) e para eles é o mellor agasallo de Nadal; ademais dunha moi boa fonte de finan-ciación para actualizar o fondo biblio-gráfico, contando sempre coas suxeren-cias dos usuarios da biblioteca.

    A biblioteca, Premio María Moliner 2018

    Antonio Riveira será o candidato do PP á alcaldía de Xermade. Así foi presentado ante afiliados e simpatizantes xerma-deses nun acto celebrado en Momán que contou tamén coa presenza da pre-sidenta provincial, Elena Candia, e o se-cretario xeral do Partido, Carlos Armesto; ademais doutros membros da formación coma senadores, deputados provinciais e autonómicos.O presidente local do Partido Popular, enxeñeiro agrícola de profesión, enca-bezará por primeira vez a lista dos po-pulares no municipio, despois de formar parte do equipo de Goberno durante 12 anos nos que dirixiu a concellería de obras e exercer como voceiro municipal neste último mandato.Riveira asume agora o reto de “recuperar o bo goberno en Xermade a través dun-ha xestión eficiente e razoable tal e como merece o noso municipio e que ninguén defende mellor que o Partido Popular”. Nese sentido, avanzou que “traballare-mos duro, con humildade e honradez, para prestar servizo e apoio aos veciños

    e veciñas”. Precisamente a súa profesión permítelle estar preto da xente tratando de dar resposta a algúns dos seus proble-mas. “O meu compromiso seguirá sendo o do servizo público aos veciños e veci-ñas”, asegura.Un dos obxectivos do candidato popular será o de “construír un concello atractivo para que se asente a poboación”. E, para iso aposta por favorecer a implantación de empresas e por facilitar os servizos aos veciños e veciñas.

    Antonio Riveira será o candidato do PP á Alcaldía

    Antonio Riveira

    O Concello de Xermade vén de rematar as obras de acondiciona-mento das estradas da parroquia de Piñeiro, obras que tiveron un orzamento de 20.000 euros con cargo a fondos propios. Os tra-ballos consistiron no repaso do trazado, o amaño con zahorra e a mellora de cunetas. Esta obra fixo especial fincapé na zona nas pistas de concentración parcelaria, que se atopaban moi deterioradas.Ademais, na mesma parroquia de Piñeiro remataron os traballos de construción dun parque infantil, tamén cunha partida de cartos

    municipal que asecendeu ao 9.400 euros. Neste parque, de nova crea-ción colocáronse xogos infantís para o desfrute dos máis pequenos.Paralelamente, remataron os tra-ballos de rexenaración de carre-teiras, botando rego asfáltico en tres viais na Veiga, deica o Tou-telo e no lugar de Arangón, en Xermade. Investíronse nestas vías 40.000 euros.Por otra banda, tamén se retirou o seto de tullas do colexio e levouse a cabo o pintado do muro exterior mellorando deste xeito o aspecto do centro educativo.

    Rematan obras nas parroquias por valor de case 70.000 euros

  • actualidade6 xaneiro 2019

    castro de rei

    O voceiro do Goberno, Álvaro San-tos Ramos, supervisou o resultado dos traballos de mellora que finan-ciou a Deputación nunha vía muni-cipal na parroquia de Duarría, en Castro de Rei, e da que se benefi-cian directamente máis dun cento de veciños. Así o avanzou Santos Ramos nun encontro con veciños da zona no que explicou que esta é ademais a vía principal que conec-ta o eixo Outeiro de Rei, Castro de Rei e Rozas.Santos Ramos explicou que “con-cretamente, esta é a vía municipal que conecta a estrada principal de Castro de Rei, que vai dende Rozas a Abadín, coa estrada que vén de Outeiro de Rei a Lugo, conectando tamén coa nacional que vai á capi-talidade da provincia”, explica. “Ademais, tamén é un nexo de comunicación fundamental para veciños de ducias de núcleos ru-rais da zona, que a empregan para achegarse ao centro urbano. Son pequenas actuacións que teñen un grande beneficio para a cidada-nía”, continúa.

    “Dende o Goberno continuamos colaborando cos Concellos da nosa provincia para rehabilitar servizos municipais no rural vías, accesos públicos, redes de abastecemento, sistemas de iluminación públicas, dentro da nosa firme aposta por mellorar os servizos que ofrece-mos aos veciños”, destacou

    Os traballos executados nesta vía consistiron na limpeza de cunetas, mellora do firme con aglomerado en quente e incremento da seguri-dade vial coa renovación da sinali-zación horizontal e vertical. As obras esténdense desde o pun-to quilométrico 0,0 ata o punto quilométrico 2,1.

    Veciños de Duarría benefícianse das melloras na pista da Rega

    Visita institucional ás obras na pista da Rega, en Duarría

    Remataron os traballos para a elimina-ción de tres puntos de vertido incontro-lado no concello de Castro de Rei, unhas actuacións nas que se investiron case 80.000 euros. Elimináronse concreta-mente tres vertedoiros localizados nos lugares de Ludrio, Pena e Os Outeiros. O custo total das actuacións ascendeu a 78.039,77 euros.Os traballos executados nestas zonas consistiron, basicamente, na recollida, clasificación e retirada do material acu-mulado e que, maioritariamente, estaba formado por residuos procedentes dos sectores da construción e demolición, plásticos, madeira, pneumáticos fóra de uso, voluminosos, aparellos eléctri-cos e electrónicos e restos de poda. Así

    mesmo, para poñer punto final á inter-vención, acometeuse a revexetación dos solos mediante o estendido de terra vexetal e hidrosementeira.O obxectivo da limpeza dos puntos de vertido incontrolado é minimizar e co-rrixir os impactos e a degradación am-biental orixinados polos vertidos incon-trolados, logrando a integración do lugar coa súa contorna e eliminando o hábito entre a poboación de seguir depositando lixo nestes lugares.Este tipo de actuacións forman parte dunha estratexia global continuada para lograr unha correcta xestión dos residuos mediante a súa reciclaxe e tratamento, na que tamén se inclúen outro tipo de instalacións, como son os puntos limpos.

    Limpan tres puntos de vertido incontrolado de lixo

    rábade

    O Concello de Rábade otorgou os premios da XII edición do concurso de postais de Nadal. O obxectivo deste certame foi esco-ller o debuxo gañador para que sexa o que figure na postal de nadal do Concello, que envía todos os anos aos veciños.Hai establecidos tres premios consis-tentes en vales de 60, 40 e 20 euros a canxear nos comercios de Rábade.O xurado, que estivo composto por representantes do Concello, do co-lexio Otero Pedraio e do IES Río

    Miño, fixo público o seu resultado.Así, na categoría A, o primeiro pre-mio foi para Elvia López, de 8 anos, o segundo para Ariadna Fernández, de 4 anos e o terceiro para Alexia Ló-pez, de 5 anos.Na categoría B, o primeiro premio foi para Carla Ulla, de 10 anos, o segun-do para Olalla Camaño, de 11 anos e o terceiro para Ainara Silvosa ,de 12 anos.As postais estiveron expostas na Casa Consistorial ata o 15 de xaneiro de presente ano.

    Así foi o concurso de postais

    O Concello de Rabade acollerá a última fin de semana de xaneiro a súa tradicional festa de San Vicen-zo, a primeira festa do ano para o Concello e na que se fai de forma conxunta a Festa do Mexillón.Este ano, o programa festivo arrin-cará o venres 25 de xaneiro cunha xornada adicada ao Voluntariado na que se celebrará unha cea de agradecemento aos voluntarios pola súa colaboración durante o ano na celebración de moitas das actividades. Esta cea terá o seu co-

    lofón coa actuación do DJ Casano-va na prazuela.O sábado será o día no que se fará a exaltación do mexillón polos ba-res da vila. Todos os veciños e vi-sitantes poderán desfrutar de múl-tiples e exquisitas preparacións deste molusco. O programa musical desta xornada contará coa sesión vermú a cargo da orquestra Compostela a partir das dúas e cuarto da tarde.Pola tarde, ás 16.30 darase a saí-da ao XVI Memorial de Atletismo

    Eduardo Fernández Villamarín (Ne-grín). Finalizará a xornada coa ver-bena a cargo das orquestras Com-postela e New York.O domingo a programación dará comezo cunha misa solemne na honra do patrón co Coro da Aso-ciación Músico Crisanto. Por suposto, continuarase co pro-grama de exaltación do mexillón antes da sesión vermú, que estará a cargo da orquestra Xacobeo, a mesma que fará tamén a verbena nocturna a partir das 22.00 horas.

    Rábade xa ten listo o programa das festas de San Vicenzo e do mexillón

    O Concello de Castro ten en licitación estes días dúas obras de gran transcen-dencia para o concello. A primeira delas é o proxecto de renovación da rede de saneamento e construción da rede de pluviais na estrada do mercado gandeiro de Castro Ribeiras de Lea. Esta obra ten un orzamento de 119.300 euros e está subvencionada polo Plan Único da Depu-tación provincial.O segundo proxecto consiste no asfalta-do e mellora do acceso dos lugares de Piñor, Sabugueira e Currás, na parroquia de Santa Lecodia; no barrio da Granda, na parroquia de Ramil; no barrio de San Marcos, en Mos, no barrio de Castrillón, en Ribeiras de Lea, e no barrio de Espe-driz, na parroquia de Dumpín. As obras consisten na recuperación dos accesos

    actuais ou no seu caso na construcción de novos. Este proxecto ten un orzmento de 103.000 euros e tamén está acollido ao Plan Único da Deputación.As obras, que están agora en licitación, terán o seu inicio, se o proceso se com-pleta en forma, en dous meses e teñen un prazo de execución de 30 días para o traballo de saneamento e de tres sema-nas no de asfaltado.Segundo indica o alcalde de Castro, Fracisco Balado, a obra de mellora do saneamento “era moi necesaria non só a propia mellora xa que hai moitos edifi-cios que se conectan, senón tamén para reducir a carga de pluviais nos colectores, xa que o proxecto contempla a constru-ción dunha rede separativa de pluviais en toda a vía.

    O Concello saca a licitación obras por máis de 222.000 euros

    Representantes do BNG de Castro de Rei oganizaron a primeira xuntanza para or-ganizar unha homenaxe a Anxo Lamas. Esta xuntanza tivo lugar no teleclube de Bazar e nela participaron representantes da asociación Xermolos, Amigos da Fei-ra, Valdi, Mero, Os Valuros, Rey Stolle e todos os grupos políticos.Acordouse, a proposta do BNG, facer unha mostra anual de artesanía e un

    concurso, tamén anual, de debuxo e poesía no que poden participar as nenas e nenos dos colexios da comarca, para iso, estánse a elaborar unhas bases polas que se van a rexir os citados concursos.Nun días celebrarase outra xuntanza para definir e estruturar as diversas acti-vidades que se van a desenvolver e á que está invitada toda aquela persoa que queira participar.

    Homenaxe a Anxo Lamas

  • xaneiro 2019 7actualidade

    outeiro de rei

    Os voceiros dos grupos do BNG, FLI e PSOE en Outeiro de Rei presentaron unha a solicitude de convocatoria dun Pleno Extraordinario no concello de Outeiro de Rei para poder debater as iniciativas que pensaban presentar para o pleno ordinario do mes de decembro e que o alcalde impediu convocando o Pleno cinco días antes do que o facía ha-bitualmente, co que os grupos da oposi-ción aínda non tiñan presentado as súas iniciativas para ese Pleno.A lei contempla que dende que se fai a convocatoria do Pleno xa non se poden incluír outras propostas na orde do día, polo que na práctica estase a impedir to-talmente o tratamento das propostas da oposición. “Hai que lembrar que o señor Pardo xa intentou o pasado mes de ou-tubro que non se celebrara o Pleno, vén-dose obrigado a convocalo case un mes despois da data que lle correspondía e logo de que a oposición recorrera á Vale-dora do Pobo solicitando o seu amparo”, explican. “Habería que ver como reaccionaría o señor Pardo se se fixera algo parecido, por exemplo na Deputación, onde el é Deputado e se convocase un Pleno antes de que o PP presentara as súas propos-tas, que sempre o mesmo día”, rematou a voceira do PSOE Luísa Lombao.Os temas propostos para tratar neste pleno extraordinario son parte dos que estes grupos da oposición ían levar ao Pleno Ordinario. Dese Xeito, o BNG leva unha iniciativa para que o concello pro-ceda a modificar a lexislación urbanística na vila de Outeiro para que se elimine

    o proxecto de vías se servizo nas dúas marxes da N-VI ao seu paso pola vila, así como a solicitude de transferencia dese tramo de estrada ao concello debida-mente arranxado e coas medidas de se-guridade necesarias construídas.Do mesmo xeito, FLI propón que se ela-bore de forma consensuada un regula-mento de funcionamento do Pleno que contemple, por exemplo, ata cando se poden presentar propostas para a súa in-clusión na orde do día, os tempos de in-tervención dos grupos ou incluso a orde de intervención nos distintos asuntos. Fi-nalmente, a proposta do PSOE vai na liña de que o SERGAS asuma todas as com-petencias relativas aos centros de saúde, liberando desas obrigacións aos conce-llos, así como que se elaboren informes periódicos sobre as posibles deficiencias detectadas nestes. Na proposta tamén se solicite que estes centros teñan o per-soal suficiente para facer o seu traballo con toda a eficiencia.

    VACINACIÓN. O BNG fixo unha crítica ao cambio que o alcalde de Outeiro intro-duciu na ordenanza de uso da gardería, onde se substituíu a obrigatoriedade existente ata o de agora de presentar a cartilla de vacinación dos nenos e nenas, coas correspondente vacinas obrigato-rias cubertas, por unha opcionalidade e unha simple recomendación.Para o BNG este cambio de postura re-presenta unha auténtica temeridade, pois estase a mandar unha mensaxe moi perigosa á cidadanía, indicando que a vacinación das nenas e nenos pode ser

    opcional e a criterio das súas familias, cando a día de hoxe xa é coñecido o re-brote dalgunha enfermidades infantís precisamente pola negativa dalgúns pais e nais a vacinar.Para o BNG de Outeiro tamén resulta la-mentable que a Xefa Territorial da Con-sellería de Sanidade, tamén tenente de alcalde do concello de Outeiro, avalase este cambio, parecéndolle apropiado substituír a obrigatoriedade da vacina-ción por unha simple recomendación.

    POLIGONO E PISTAS. O BNG de Outei-ro de Rei acusou ao alcalde de desidia á hora de arranxar a pista que une a loca-lidade de Santa Mariña co plígono indus-tria, obra que solicitaran en 2015. “Non podemos entender que habendo a mes-ma necesidade hai 3 anos e existindo os recursos económicos para facelo, non se fixo naquel momento e esperouse máis de tres anos para executar unha obra que era totalmente lóxica e necesaria xa daquela”, din.Segundo indica o BNG, nos últimos días estanse a detectar en Outeiro impor-tantes deficiencias en pistas construídas polo concello, “pistas que nalgúns casos levan feitas escasas semanas”.“Isto ocorre, por exemplo, nunha vía que o concello abriu para dar entrada a unha nova fase do polígono industrial e que comunica a estrada de Castro de Ribeiras do Lea coa parroquia de Bonxe. Aseguran que o mesmo acontece con outra da parroquia de Robra, onde ta-mén se rexenerou hai uns meses e están aparecendo afundimentos.

    A oposición presentará as súas propostas nun pleno extraordinario

    O Concello de Outeiro de Rei aco-llerá a impartición do certificado de profesionalidade Marketing e compravenda internacional, ac-ción formativa que terá unha dura-ción total de 768 h e que está pre-visto se desenvolva, sempre que exista demanda suficiente, do 4 de febreiro ao 20 de setembro do 2019 no Centro Cultural de Outeiro de Rei en horario de tarde.O obxectivo xeral deste curso de formación ocupacional é que as persoas participantes sexan capa-ces de obter e tratar información para o sistema de información de mercados elaborando a informa-ción de base para a aplicación das políticas de marketing-mix interna-cional e asistir aos procesos de ne-gociación vencellados ao contrato de compravenda internacional uti-lizando, en caso necesario, a lingua inglesa ou outra lingua estranxeira.Esta acción formativa está dirixida a persoas inscritas como demandan-tes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, requisito que non é necesario para as persoas

    inscritas no Ficheiro do sistema na-cional de garantía xuvenil. En todo caso, as persoas interesadas.

    FROITEIRAS. O Concello de Ou-teiro de Rei organiza por segundo ano consecutivo un curso de poda, enxerto e plantación de froiteiras que terá lugar, do 2 de febreiro ao 16 de marzo. Desenvolverase os sábados en horario de 10:00 h a 14:00 h; a parte teórica realizarase no Centro Cultural de Robra estan-do previsto que as sesións prácti-cas teñan lugar en fincas do muni-cipio. Para este curso ofértanse 15 prazas que serán cubertas por orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Outeiro de Rei. A cota de ins-crición é de 30 € e deberá facerse efectiva antes do inicio do curso.As persoas interesadas poderán solicitalo entre o 14 e o 30 de xaneiro no propio Concello, no Servizo de Emprego e Desenvol-vemento Local ou chamando ao 982 393 382, en horario de 9:00 h a 15:00 h.

    Impartirán cursos de Marketing e de froiteiras

    A III edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María vén de ser convocada pola Casa-Museo Manuel María. O certa-me dirixido ao alumnado de ensino non universitario (desde a ESO até segundo de Bacharelato, ESA, Ciclos Formativos e Ensinanzas Artísticas) ten por finalidade a potenciación da creatividade artística a través da conxunción da palabra, o son e a imaxe, e o coñecemento e difusión da obra de Rosalía e Manuel María.Os centros educativos que desexen par-ticipar teñen até o 18 de marzo para se preinscribir e antes do 15 de maio terán que remitir á Casa-Museo, por calquera medio dixital, os traballos do alumnado participante. A fase final do concurso está prevista o 11 de maio, onde se exhibirán publicamente os videopoemas finalistas escollidos polo xurado. As bases do certa-me pódense ver na web da Casa-Museo.Esta convocatoria únese á feita, no pasa-do mes de novembro, do V Concurso de recitado Rosalía sempre viva, dirixido a todo o alumnado galego de ensino non universitario, desde Primaria a Bacharela-to, e está centrado no recitado de versos da obra en galego de Rosalía ou da ampla produción poética de Manuel María.

    Nova edición do concurso de videopoemas

  • actualidade8 xaneiro 2019

    O Concello de Guitiriz iniciou o proceso de cambio do Punto de Atención Infantil (PAI) a escola in-fantil co obxectivo de aumentar o número de prazas a todos os ve-ciños.“Necesitamos máis prazas xa que hai moita lista de espera, ademais é unha aposta polos veciños e para poder ofrecer un servizo para que as familias poidan ter fillos e con-ciliar”, explica a rexidora de Guiti-

    riz, Regina Polín.O edificio do PAI e o recinto no que está, á beira do Ceip Lagostelle, é de propiedade municipal, e xa está encargado o estudo de viabilida-de para a súa ampliación. Para este proxecto hai unha dotación de 70.000 euros consignada nas contas de 2019 para emprender as obras. “Se despois non chega o orzamento contaremos co Plan Único da Diputación para comple-

    mentarlo”, engade a alcaldesa de Guitiriz.Para a conversión do PAI, o primei-ro é iniciar a redacción do proxec-to, que contará coa renovación e tamén a construción de dúas au-las novas para dobrar o número de prazas, pasando de 20 a 40. O Concello de Guitiriz continúa así coa súa aposta pola conciliación e o programa Madrugadores leva dez anos operativo.

    O PAI pasa a ser unha escola infantil

    guitiriz

    A Asociación Sociocultural Lareira de soños dos Vilares xa ten escollido quen será distinguido co Premio Tra-peiro de Honra 2019. Este ano será Sara Veres Vázquez, coñecida tamén como Sara das Reixas ou Sara de Ca-milo, muller emprendedora en tem-pos nada doados que viveu desde ben pequena a experiencia da emigración e que foi taberneira, tivo mercería e foi tamén unha grande bordadora, mestra de outras moitas que viñeron despois.Sara cruzou o Atlántico con meses cara a Cuba cos seus pais. Era o ano 1925. Regresaron de novo á casa aos catro anos e Sara era unha nena cuba-na que na aldea lle facían falar, porque lles daba moito gusto oíla.Sarita de moza foi aprender a bordar á Coruña aos Catro Camiños. Muller emprendedora achegou á parroquia por primeira vez o xénero, a roupa de dentro, os panos, as toallas...Comenzou vendendo calcetíns, me-dias, panos e despois trouxo xa as

    teas, tergais, terlenkas e algodón para tecer. En 1960 casa con Camilo de Lagares que tamén tiña taberna nas Reixas. Sara e Camilo unen as súas vidas e o establecemento con dous mostradores, á dereita as bebidas e á esquerda as teas.Hoxe en día o mostrador de Sara se-gue en activo nas mans da súa filla e os outros dous fillos son hostaleiros.Tivo Sara tamén un taller de aprendi-zaxe de bordado, no que se formaron moitas bordadoras da parroquia.Persoa querida e admirada segue con máis de noventa anos dando os seus pa-seos e xogando a partida coas veciñas.Historia viva da parroquia, Sara repre-senta ás mulleres valentes e empren-dedoras, que enfrentaron a vida con traballo e moito agarimo, o espírito loitador da estirpe vilarega e da que todo nos sentimos [email protected] acto de entrega do Premio Trapeira de Honra 2019 será no acto da primei-ra presentación do libro de Pas Veres nos primeiros meses de 2019.

    Os Vilares distingue a Sara Veres como Trapeira de Honra

    O BNG presentou ao candidato á alcaldía no concello de Guitiriz, Xosé Lois Gon-zález Souto, Pereira, que estará acom-pañado no primeiro tramo por Mónica Roca e Afonso Losada. Segundo Pereira “faremos unha candidatura para gober-nar en Guitiriz, formada por persoas de recoñecida solvencia e integridade” e engadiu “despois deste nefasta manda-to aglutinaremos o voto da esquerda en Guitiriz por que o BNG é a única proposta sería que se presenta consolidada e cun proxecto claro para o concello”. “Estamos recibindo mostras de apoio por que se percibe ao BNG como unha forza renovada, en claro ascenso, con proxecto para Guitiriz e para Galiza e temos o respaldo de moitos anos de traballo serio e rigoroso” dixo Perei-ra. Dende o BNG cualificouse como “desgastado e sen proxecto” ao actual equipo de goberno e argumentouse que “Guitiriz precisa ideas novas e xente con ilusión para levalas a cabo”. O BNG presentará unha candidatura incorporando novas caras e na que se

    mesturarán persoas con activismo en diversos ámbitos.Pereira afirmou “imos a por todas por que estamos convencidos de que é o momen-to de darlle un cambio á política deste concello”. O actual voceiro do BNG sostivo que “a presenza do BNG na corporación municipal foi fundamental neste manda-to para garantir o mantemento de moitos servizos públicos e imos traballar obter o mellor resultado posible e facer que Guiti-riz avance a partir de maio de 2019”.

    O BNG presenta a Pereira como candidato á Alcaldía

    Guitiriz aprobou un orzamento de 4,4 millóns para este ano, tras ser confir-mado no pleno extraordinario, e co apoio do independente de Jesús Ve-res. Os outros partidos políticos, PP e BNG, abstivéronse, e o edil Jordi Blen-gua foi o único que votou en contra.Entre as partidas establecidas nestes orzamentos figuran 331.207 euros de investimentos reais, dos que 100.000 euros se destinarán a filtros e ma-terial para a depuradora e cerca de 150.000 para o plan de camiños.O PAI recibirá 70.000 euros para a súa ampliación coa construción de dúas aulas novas, 11.000 euros para mobiliario, 2.500 para equipos infor-maticos e 1.000 para instrumentos.A partida do persoal ascende a 2.233.693 euros, mentras que o gasto corrente son

    1.678.080 euros. As subvencións e axu-das suman 85.500 euros e gardaranse como reserva 50.000 euros.No tocante a ingresos, as tasas supo-ñen as maiores partidas, que ascen-den a 745.000 euros, no que case medio millón é para o SAF, ademais de tranferencias e impostos directos.Dende o Concello califican estes orza-mentos como “sociais” xa que mello-ran as condicións das persoas e dan servicio aos veciños ata dispoñer de máis ou outros fondos. Non se incluí-ron neste orzamento os 200.000 eu-ros que deberá poñer o concello para a Casa da Botica xa que utilizarán para iso o remanente de tesourería, que ascende a dous millóns de euros.A oposición volveu decir que estes or-zamentos eran moi “electoralistas” e

    contribuiron outras decisión como os postos do SAF ou a modificación para aboar a retribución no caso de incapa-cidade temporal. Tamén lamentaron que non se garden fondos para os posibles problemas da auga da traída.O Pleno aprobou tamén por unanimi-dade unha modificación da Relación de Postos de Traballo municipal (RPT) coa que se pretende crear 21 postos de traballo de persoal laboral fixo de au-xiliares do Servizo de Axuda no Fogar. Para a selección de persoal destas pra-zas convocarase un proceso selectivo.Ademais, esta medida aprobada por unanimidade implica a equiparación salarial dos policías locais e crear un posto de peón de servizos múltiples para un excapataz do Grumir tal e como recolle unha sentenza.

    Guitiriz aprobou un orzamento de 4,4 millóns de euros para este ano

    Xosé Lois González Souto

    begonte

    O Concello de Begonte deu luz verde aos seus orzamentos para 2019, que ascen-den a 3.143.000 euros, dos que 555.000 pertencen a capítulos de investimentos.Así, dentro do plan económico municipal figuran os 98.000 euros que se destina-rán á construción de locais sociais en Baamonde e San Vicente da Pena. Ade-mais, 80.000 euros irán para continuar co proxecto de rehabilitación da antiga cámara agraria. Así mesmo, está prevista a mellora do campo anexo ao santuario dos Milagres de Saavedra e dos accesos ao campo da festa de Santalla de Pena. Para estes traballos está previsto un ca-pítulo de 50.000 euros para cada unha.O asfaltado en quente das vías munici-pais é outra das propostas para este ano. Destinarán a este capítulo un total de 300.000 euros ao marxe do que a Depu-tación aporte dentro do Plan Único.A partida de persoal supón o 25% dos orzementos, o 53% vai para servizos públicos e política social ademais dunha partida que se incrementará para dotar ás parroquias de alumeado led.

    Aproban un orzamento de 3,1 millóns de euros

    O xurado do XXIX certame galego de arte José Domínguez Guizán de Be-gonte, dotado con 1.500 euros e unha estatuíña de Sargadelos, concedeu o primeiro premio á obra Máis aló des-ta vida, presentada polo pintor lucen-se Manuel Ángel Carreira Varela.Pola calidade dos seus traballos, con-cederonse cadansúa varias mencións de honra dotadas cunha estatuiña de Sargadelos, ao artista de orixe vilalbés, residente en Cambados, Eduardo Pérez Baamonde e a Manuel Carballeira Rivas, natural de Sistallo-Cospeito e veciño de Valdoviño, pola obra Aínda serra.O xurado estivo formado por Aurelia Balseiro Rodríguez (Directora do Mu-seo Provincial de Lugo), Manuel Gulín Rodríguez (Pintor), Gonzalo Sánchez Folgueira-Zalo (Pintor) e Xulio Xiz Ramil (secretario, en representación do Centro cultural José Domínguez

    Guizán de Begonte. Por unanimidade, acordaron manifestar a súa satisfac-ción pola cantidade, un total de 25 traballos, e a calidade das obras pre-sentadas, con un abano de temas e estilos dun excelente nivel. Destacaron a obra da máis moza dos participantes, Emma María Rego Ei-roa, de 15 anos de idade, de Viveiro, coa súa obra Morriña, como exemplo de aprendizaxe temperá; e as dos máis veteranos Carmen Lolo Pom-bo e Luis Maceira Crespo, polas súas excelentes aportacións, exemplo de dedicación e entusiasmo pola arte da pintura.A entrega de premios efectuarase o vindeiro sábado 26 de xaneiro de 2019, no descurso dos actos de clau-sura de O Nadal de Begonte.Estes días daranse a coñecer o resto de gañadores nos distintos certames convocados nas distintas disciplinas.

    Manuel Ángel Carreira Varela gaña o Certame Galego de Arte do Belén

    A homenaxeada Sara Veres, Trapeira de Honra 2019

  • xaneiro 2019 9publicidade

    PEREZ

  • actualidade10 xaneiro 2019

    Augas de Galicia vén de abrir o proceso de licitación das obras da terceira fase de infraestruturas básicas hidráulicas do concello, cun orzamento de 800.000 euros, que completa a rede principal de abastecemento do municipio.As empresas interesadas en optar a este contrato poderán presentar as súas ofer-tas ata o 30 de xaneiro. As obras contarán cun prazo de execución de once meses, unha vez asinado o contrato.A actuación consistirá na construción das canalizacións precisas para estender a subministración a Santa María de Cos-peito, Xermar e Roás, que actualmente carecen dela.O núcleo de Santa María de Cospeito co-nectarase co sistema da ETAP de Rábade mediante unha tubaxe que pasará ta-mén polo núcleo da Fonte. A mesma tu-baxe continuará ata o núcleo de Xermar, ao que tamén dará servizo. Executarase unha segunda condución xeral conecta-da co sistema da ETAP das Paincegas, que é a que abastecerá ao núcleo de Roás. Así

    mesmo, prevese a execución de ramais secundarios das principais conducións proxectadas, que darán servizo a Xermar norte e sur, A Covela, A Insua, Rioveso-Santalla e A Fonte.Esta terceira fase do proxecto inclúe a construción de infraestruturas auxiliares para garantir un sistema axeitado de tra-tamento de cloración en todo o trazado da rede. Con ese fin, instalarase unha caseta sobre a rede existente, na zona de Momán, con bombas dosificadoras. A subministración eléctrica farase median-te un kit solar.Para controlar o subministro, coloca-ranse caudalímetros electromagnéticos á saída dos depósitos de Arneiro, Feira do Monte e Muimenta. Así mesmo, instalaranse sistemas de telexestión ou telecontrol, necesarios para o control de posibles fallos nos equipos ou para obter rexistros e históricos dos caudais trata-dos. Está prevista a colocación de cadros de control para centralizar a información en varios puntos da rede.

    Saen a licitación as obras para subministrar auga a tres parroquias

    O PSOE de Muimenta, que encabeza Rosa Morán, denunciou novamen-te ante o Concello o estado de total abandono no que se atopan os par-ques infantís de Muimenta e Feira do Monte, con tablas rotas, cadeas de randeeiras oxidadas e a piques de romper, puntas perigosas que se saen do seu sitio, etc. Ademais, están todos os xogos sucios e son perigosos para

    os nenos que acuden con frecuencia, pero que ultimamente non poden usalos por medo a mancarse.Non é a primeira vez que esta con-celleira fala da situación dos parques infantís. No mes de maio xa presen-tou a protesta correspondente no concello pero o estado dos parques segue a empeorar “pola falta de cui-dado e mantemento”din.

    O PSOE reitera o mal estado dos parques infantís

    Os xogos están en mal estado debido á falta de mantemento

    A comisión organizadora da Moexmu e da Festa da Filloa cambiou de presiden-te, e nesta ocasión Aníbal Rodriguez foi o elexido para este cargo. Desta comisión forman parte Pilar Morán, Antonio An-llo, Ángel Engroba, Ana Iglesias, José Luis Lodos, José Ángel Lozano e José Manuel Rus. Dita comisión, que é rotatoria entre varios grupos e que tamén organizan a Festa da Filloa, convocou varias xun-tanzas para definir os programas para a Moexmu e a Festa da Filloa.A Moexmu, que incluirá o concurso de gando frisón, a exposición de gando de raza rubia galega e a poxa de gando se-lecto, celebrarase os día 5, 6 e 7 de abril, mentres que a Festa da Filloa seguirá sen-do o 1 de maio.

    A comisión da Moexmu cambiou de presidente

    cospeito

    A xunta directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da vila, informou de que durante a X Mercado de Nadal re-partironse trece mil rifas entre todos os clientes que tiveron os 23 nego-cios que participaron nesta edición.O premio gordo da lotería de Reis recaeu no número 37.142. Polo tanto, as trece papeletas que se repartiron, rematadas en 142, son agraciadas, cun vale de 100 euros a cada unha delas, e repartíron do seguinte xeito: 142 Óptica Filo, 1.142 Ferretería Muimenta, 2.142 Mercedes Abelleira Riveiro, 3.142 Perruquería Ofelia, 4.142 Panade-ría Hermo, 5.142 Panadería Hermo, 6.142 Super Setti, 7.142 Super Setti, 8.142 Asesoría Suliña, 9.142 Fisio-terapia Nancy, 10.142 Piensos Ger-mán Naval Lage - Agrobiona, 11.142 Perruquería Velica, e 12.142 Super-mercado A Tenda de Teo.Os trece premios teñen que gastarse antes do mes (dende a súa entrega) nos negocios pertencentes ao colec-tivo empresarial de Muimenta. É en total, suman 1.300,00 euros, ade-mais de que tan só poderán facerse efectivos unha vez que se produzca a súa entrega oficial.

    Empresarios de Muimenta repartiron premios no Nadal

    muras

    O Partido Popular de Muras elexiu a Eugenia Requeijo para liderar o proxec-to, de Muras co que o PP busca recu-perar a alcaldía nas próximas eleccións municipais do vindeiro ano. Durante unha xuntanza, os afiliados da agru-pación local aprobaron a candidatura desta técnico de informática, que en-cabezará a lista do PP “coa motivación de construír un proxecto conxunto, de todos para todos, que logre o apoio maioritario da veciñanza e que fare-mos escoitando aos nosos veciños e veciñas e implicándonos na achega de solucións as súas demandas”.

    Eugenia Requeijo, candidata á Alcaldía polo Partido Popular

    Eugenia Requeijo

    Centenaria. Consuelo Otero Permuy, a veciña máis lonxeva de todo o con-cello, cumpriu o día 1 de xaneiro 101 anos rodeada de toda a súa familia. Nada en O Freixo, As Pontes,en 1918 e afincada en Casateita, Muras, é nai de dúas fillas. Foi unha traballadora incansable, adicouse ao campo, ás ovellas e á súa horta. Sobre a súa idade, Consuelo di con humor que “para chegar a esta idade hai que traballar moito, beber moito café e buscar a paz”. A súa meta é chegar aos 104 anos como o seu avó.

    O local social do Concello de Muras acollerá o vindeiro mércores 23 de xa-neiro, de 9 da mañá a 6 da tarde, unha xuntanza que reunirá expertos e repre-sentantes do MAPAMA, Medio Rural, AGACA, a USC e Asoporcel.A xuntanza comezará ás 9 da mañá coa recepción e entrega da documenta-ción, para despois comezar as charlas. Os primeiros en falar serán os repre-sentantes de MAPAMA e Medio Rural, despois intervirán os grupos operati-vos sobre sistemas agroforestais, ao rematar será tempo dunha pausa.Tamén haberá mesa de traballo, char-

    las e relatorios que rematarán á tarde cunha visita de campo e a presentación do Proxecto Life in Common Land. Tra-ballarase na elaboración de documen-tos e solucións de problemas do rural a nivel galego, estatal e europeo. Das reunións saen informes remitidos a Eu-ropa para ser avaliados en comisións.A cita non ten caracter de participación pública (non se pode participar das ac-tividades, pois xa están programadas) pero calquera interesado ou interesa-da pode ir de oínte chamando ao nú-mero 677 109307.

    A vila acollerá a IV reunión da Rede Galega Agroforestal

  • xaneiro 2019 11actualidade

    abadín

    Abadín estrea este ano unha reno-vada casa do concello, despois de dez anos de traballos. Tan só faltan rematar algúns detalles e huma-nizar o interior do propio edificio que consta de 4 pisos.A Deputación destinou 36.050 eu-ros do Plan Único a este proxecto para instalacións e mobiliario. Nas novidades deste edificio destácase o salón de actos, cunha capacida-de de cen persoas, unha sala de prensa e outra de conferencias.Por outra banda, haberá despa-chos para os empregados, cos seus respectivos arquivos, tamén unha sala de xuntas e un salón de plenos conectado co de actos, ademais de catro arquivos xerais e un ga-raxe. Cada planta do edificio conta cun termostato independente, así como o seu propio cadro técnico. Conta tamén con dúas caldeiras de pellets para a calefacción.Este proxecto levouse coa axuda de varios obradoiros de emprego, que puxeron o chan, os aseos, as esca-leiras ou as portas de madeiras. A man de obra supuxo 17.500 euros no obradoiro Terra Cha I, 15.460

    euros no Terra Cha II e 32.360 no actual Terra Chá III. As caldeiras de biomasa significaron 66.876 nas arcas municipais fai dous anos, ademais de impermeabilizarse as cubertas, o que supuxo 2.539 eu-ros das arcas municipais.

    Abadín estrea unha renovada e moderna casa consistorial

    O novo aspecto da casa consistorial

    O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou un anuncio da Consellería do Medio Rural sobre a cesión da titularidade de predios ao concello de Abadín para actuacións que van redundar en beneficio dos veciños. Estes terreos proceden da masa co-mún da parcelaria de Fanoi, actual-mente en fase de acordo.En total son tres as leiras que se ce-den a petición do propio concello, para o seu uso como por exemplo área recreativa, aparcadoiro e ins-talacións de actividades culturais e deportivas. A cesión xa está forma-lizada e a partir de agora o concello terá cinco anos para cumprir cos fins para os que foron adxudicados.Así, estes predios pasan a ser pro-piedade do concello despois de que este solicitara a cesión da súa titula-ridade para diversos equipamentos colectivos, ao amparo do dispos-to pola lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga). Segun-do esta norma, cando un proceso de reorganización do territorio aínda non está rematado, os municipios poden solicitar a cesión da titulari-dade dunha porcentaxe dos terreos da masa común para fins de equipa-mentos colectivos.

    O Concello recibe tres predios que destinará a varios proxectos veciñais

    O presidente da Deputación, Darío Cam-pos Conde, avanzou que o Goberno da Deputación acondicionará con 130.000 euros accesos públicos a 9 parroquias do Concello de Abadín, que mellorarán o día a día duns 900 veciños. Así o avan-zou nun encontro co alcalde de Abadín, José María López Rancaño. As actua-cións realizaranse en Quende, Labrada, Cabaneiro, Abeledo, Corvite, Baroncelle, Moncelos, A Graña e Vilarente.O presidente remarcou que con estes traballos “melloramos a seguridade viaria e o trafico nestes núcleos do rural, e ao mesmo tempo acondicionamos o acceso ás vivendas, así como as masas forestais e as zonas gandeiras, para que todos os ve-ciños poidan vivir dun xeito digno”.Campos Conde sinalou que dende o Go-

    berno “traballamos apoiando iniciativas e propostas que contribúan a mellorar a calidade de vida das persoas e das explo-tacións do rural da nosa provincia. Con-tinuamos apostando polo noso sector primario pois é unha oportunidade unica para xerar emprego e crear riqueza na nosa provincia”, resumiu.Neste senso, o titular provincial desta-cou que o Goberno da Deputación xa acondicionou accesos en Torre, Samor-dás e Asperón, Pumariño, Bouza de Medas, Toxeiro, Outeiro, Cabo De Vila, Casavella, Castiñeira, Butarreira, Corne-llo, Fonte do Mouro, a Graña, Gaúte, Vi-lar de Gaúte, Capuchisos, A Espiñarcao, Xunqueira, Espiñarcao, o que supuxo un investimento da Deputación de de pre-to de 300.000 euros.

    A Deputación mellora o acceso en nove parroquias

    Un momento da firma do convenio entre a Deputación e o Concello

  • actualidade12 xaneiro 2019

    DEPUTACIÓN

    O Pleno da Deputación aprobou por unanimidade a proposta do Goberno para mellorar a cobertura de telefonía móbil nos 67 concellos da provincia. Deste xeito, acordouse instar á Axencia de Modernización Tecnolóxica de Gali-cia (AMTEGA), dependente da Xunta, e ao Executivo Central a poñer en marcha medidas coas que incrementar as zonas de cobertura e chegar a todo o territorio.Odeputado de Innovación, Pablo Rivera Capón, subliñou que “a día de hoxe unha gran parte da provincia ten unha cober-tura deficiente e hai abundantes zonas escuras. Que algo tan elemental en pleno século XXI non funcione ou funcione mal pode poñer en risco a modernización do propio tecido produtivo, porque resulta moi complicado concibir a creación dun novo negocio sen que nunha determina-da zona do rural da provincia de Lugo o citado servizo estea asegurado”.Rivera Capón lembrou que “en novem-bro do ano 2016, na súa toma de pose-sión como Presidente da Xunta, o señor Feijóo anunciou que a actual lexislatura sería ‘a lexislatura do rural’. Dificilmente podemos comprar ese discurso cando a estas alturas da película aínda existen servizos esenciais en precario en zonas onde se precisa con urxencia fixar po-boación. Un deses servizos é a telefonía móbil, que para ben ou para mal, chegou para quedarse. Mentres o seu funciona-mento é aceptable nas áreas urbanas,

    presenta un alcance moi limitado nas zonas rurais”.O despregue de telefonía móbil e de banda ancha recaeu nos últimos anos na Axencia para a Modernización Tecnolóxi-ca de Galicia (AMTEGA) que depende da Xunta de Galicia. “A pesar de que dende este organismo aseguran que na actuali-dade o 94% da poboación está cuberta, a realidade é que na provincia de Lugo existe unha deficiente cobertura con abundantes zonas de sombra”, explicou.Neste senso, Rivera Capón subliñou que “o optimismo que se desprende dos datos da Axencia Tecnolóxica está total-mente inxustificado porque un estudio de campo no que se radiografían moitos

    Concellos da nosa provincia demostra precisamente todo o contrario”.En Comarcas como a da Térra Cha, a Ulloa, Sarria ou Lemos, só ofrece garan-tías un único operador nas zonas urba-nas, mentres que a cobertura é moi de-ficiente nas parroquias. Na Comarca de Lugo, agás na capital, repítese o mesmo patrón. Mentres a área urbana goza de boa cobertura o medio rural ten grandes dificultades. Parroquias como Vilachá de Mera, Torible, Santa María Alta, O Veral, Esperante, Piugos, Lamas e algunhas zonas de Bascuas e Fazai teñen grandes deficiencias, o que pon de manifesto que o móbil funciona ou non, en función de onde un se atope.

    Aprobada no Pleno a proposta para mellorar a cobertura de telefonía móbil

    A proposta para chegar a todos os rincóns foi aprobada por unanimidade

    O Goberno da Deputación mellora-rá con 500.000 euros cinco estradas nos Concellos chairegos da Terra Cha, tal e como anunciou no mes de decembro. Son un total de 10,4 quilómetros os que se rehabilitarán en tres vías no Concello de Xerma-de, nas que o Executivo provincial investirá 292.000 euros, e noutras dúas no Concello de Abadín, con 173.000 euros de orzamento total.En Xermade, melloraranse un total de 7,4 quilómetros en 3 estadas

    que dan servizo a preto de 2.000 ve-ciños deste Concello. Na LU-P-2201, de Candamil por Xermade a Pedrón, actuarase nos primeiros 2,2 quiló-metros desta estrada, entre os pun-tos 0,0 e 2,2. Trátase dunha estrada vital para o municipio, porque é o acceso principal ao municipio polo este, dende Vilalba; ademais de ser a vía que conduce cara a Ferrol. Na LU-P-2202, de Pedreira a Casa-nova, os traballos de mellora leva-

    ranse a cabo en 1,9 quilómetros en-tre o punto quilométrico 0,0 e 1,9. Esta estrada é moi importante para o municipio, porque supón un ata-llo para dirixirse a Muras. Na zona viven máis de 500 veciños e trans-corre por parroquias como Lousada e Roupar. Na LU-P-2206, de Roupar por Lousa-da a Vilapedre actuarán en 3,3 qui-lómetros, desde o punto quilomé-trico 1,9 a 5,2. É unha das vías que comunica o Concello con Vilalba. Dá servizo aos veciños das parroquias de Roupar e Vilapedre.

    ABADÍN. En Abadín, melloraranse un total de 3 quilómetros en 2 es-tadas que dan servizo a uns 200 ve-ciños deste Concello. Na LU-P-0107, de Abadín a Fanoi, actuarase nos 2,2 quilómetros desta estrada, en-tre os puntos 0,0 e 2,2, que conec-ta a parroquia de Fanoi, que conta cun cento de veciños, co núcleo de Abadín. Tamén na LU-P-0110, de Foxas a Aldixe, os traballos de mellora leva-ranse a cabo en 800 metros entre o punto quilométrico 0,0 e 0,8. Tráta-se dunha zona na que viven uns 100 veciños da parroquia de Aldixe.

    Mellóranse dez quilómetros de 5 estradas de Xermade e Abadín

    O Executivo aprobou en xunta de goberno o convenio de colaboración para o desenvolvemento e finan-ciación dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), a través do que o Goberno Provincial achegará ata o 2021, 2.352.000 euros cos que financiar os 7 grupos de emerxencias supramunicipais (GES) que hai na provincia de Lugo. Trátase dun orza-mento co que o Goberno da Deputa-ción asume os custos de persoal dos 84 profesionais que conforman estes grupos, así como os gastos correntes para garantir o seu funcionamento. O orzamento total deste servizo as-cende aos 3.472.000 euros, dos que a Deputación achega o 40%, a Xunta de Galicia o 52,5% e os Concellos o 7,5% restante.Na provincia de Lugo hai 7 grupos de emerxencias supramunicipais: Ancares, Lugo e Sarria con sede en Becerreá; Mariña Central e Occi-dental con sede en Cervo; Baleira con sede en Baleira; Ulloa, Lugo e Chantada con sede en Monterro-so; Mariña Central e Occidental, con sede na Pontenova, e na zona da Terra Chá (con sede por deter-minar), que contan todos eles con 12 profesionais, así como a zona de Quiroga e Terras de Lemos, con

    sede en Folgoso do Courel e Quiro-ga (municipios que comparten gru-po) con outros 12.Os GES complementan a atención das emerxencias e extinción de incendios forestais, xunto cos par-ques de bombeiros municipais e os parques de bombeiros comarcais, de forma que cobren zonas despro-vistas de servizos de emerxencia, cun ámbito de actuación superior ao municipal. Do mesmo xeito, ditos grupos participan en labores de pre-vención de incendios.Cómpre lembrar que o Goberno con-verteu a de Lugo na 1ª Deputación galega que asumiu os custos muni-cipais dos GES. Así, no 2016 asinou convenios de colaboración cos 7 Concellos lucenses que contan con Grupos de Emerxencia Supramunici-pal (GES) para asumir a súa parte no financiamento. Deste xeito, a Deputación fíxose car-go do 40% dos custos dos GES na provincia, asumindo o 20% dos Con-cellos, que representan 50.000 euros en cada municipio, e seguiu pagando o 20% que lle correspondía. Foron un total de 900.000 euros, os que o organismo provincial destinou aos custos municipais dos GES durante os anos 2016, 2017 e 2018.

    Destinados 2,3 millóns para financiar os sete grupos de emerxencia da provincia

    O presidente da TIC e da Deputación, Darío Campos Conde, anunciou “o compromiso do Goberno cos maiores da provincia de continuar coa progra-mación para o fomento do uso das no-vas tecnoloxías a través novo Servizo de Audiovisuais, que se porá en marcha o 1 de xaneiro coa disolución a Fundación TIC. Ademais, potenciaremos de forma sensible esta actividade para achegala aos 67 concellos da provincia”.Campos Conde, que estivo acompaña-do pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, fixo este anuncio durante a Festa de Nadal coa que rematou a encomen-da da Deputación á Fundación TIC para xestionar esta actividade. Os dous man-datarios compartiron a xornada cos usuarios do InLugo, na que puideron xo-gar aos bolos coa X-Box, cantar panxoli-ñas coa axuda de YouTube ou fotogra-fase en diversas localizacións grazas ao croma. Ademais, levaron unha fotogra-fía de recordo na que posaron todos xuntos co presidente e a alcaldesa.En breve, no Servizo de AudiovisuaisO presidente dixo que “a integración da TIC na Deputación implica un pro-ceso administrativo complexo que vai supoñer un parón nesta actividade, aínda que agardamos retomala durante o primeiro trimestre de 2019, incluso incrementándoa. Tomamos esta de-

    cisión porque cremos firmemente na utilidade das novas tecnoloxías como ferramenta que axuda a mellorar a calidade de vida de todos os veciños da provincia, e moi especialmente dos máis maiores. En pleno século XXI son tan importantes as comunicacións por estrada como a comunicación a través das novas tecnoloxías”.

    20.000 SOLICITUDES. Desde a súa crea-ción en 2013, os cursos e obradoiros para maiores rexistraron arredor de 20.000 solicitudes, “unha demanda que foi medrando considerablemente de ano en ano. Por poñer só un exem-plo, no último trimestre de 2018 houbo máis solicitudes que en todo 2015”, apuntou o presidente a Deputación. Nas enquisas de satisfacción que se fixeron desde a primeira tempada, a práctica totalidade dos usuarios amo-sou o seu desexo repetir os cursos. Para dar resposta a esta demanda comple-touse a programación con talleres de reforzo.Ademais, e atendendo ás peticións dos maiores, desde 2016 duplicouse o nú-mero dos cursos máis solicitados, que son os relativos ao uso básico do móbil e tableta ou de iniciación á Internet, así como os obradoiros de memoria e de estimulación cognitiva e funcional.

    Continuarán cos cursos de novas tecnoloxías para maiores

  • xaneiro 2019actualidade 13

    O Executivo Provincial resolveu os pre-mios Emprendendo no Rural, a iniciativa que puxo en marcha o Goberno da Depu-tación para fomentar a creación de em-presas na provincia, achegando 50.000 euros. Son un total de cinco os proxectos premiados, un deles de Rábade e outro en Cospeito, cos que a Deputación busca continuar promovendo o rural da provin-cia como motor xerador de emprego e riqueza. De feito, estes modelos de nego-cio xerarán a medio e longo prazo uns 30 novos postos de traballo en zonas rurais da provinciaNeste senso, a Deputada explicou que a Xunta de Galicia vén de comunicar a re-tirada das súas axudas para contratar a 3 axentes de emprego e desenvolvemen-to local, que prestaban os seus servizos dende o organismo provincial, ademais de eliminar a posibilidade de que as De-putacións poidan convocar a praza de orientadora laboral ou concorrer aos tra-dicionais obradoiros de emprego. “Este é o compromiso real do Goberno Galego coa posta en valor do rural”, destacou.

    RÁBADE. O proxecto gañador en Ránba-de é o Centro Residencial San Vicente para persoas maiores. Consiste no apro-veitamento dun edificio sen uso (antigo hotel) en Rábade para un centro residen-cial para 53 persoas maiores en réxime interno, con ou sen dependencia, incluín-do todos os servizos necesarios para o seu benestar e a tranquilidade dos seus. A promotora do mesmo traballa desde fai máis de dez anos como arquitecta e é unha muller emprendedora.O centro pretende ser un referente na comarca de Lugo na atención persoal, próxima e de calidade, onde o funda-mental é o benestar e o coidado dos usuarios. O Centro Residencial San Vi-cente proporciona unha resposta efecti-va á necesidade de atopar un servizo de calidade a prezos competitivos. Busca ofrecer un servizo integral aos maiors e ás súas familias, a través do modelo de

    asistencia baseado nas persoas.A Inversión total para este modelo de ne-gocio é de 300.000 euros, máis os 10.000 euros da Deputación.

    COSPEITO. iTechTerm é un proxecto des-envolvido por 3 rapaces universitarios, 2 veterinarios que estudan no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, a 1 enxeñeiro informático. O seu modelo de negocio consiste na ins-talación dun sensor subcutáneo en vacas de leite que monitoriza a evolución da temperatura dos mesmos e envía datos para seren controlados de xeito automá-tico e remoto, a un dispositivo móbil ou a un ordenador. Isto permitirá actuar en cada animal de xeito precoz no caso de atopar algunha anomalía, detectando patoloxías habituais nos animais, ade-

    mais de ofrecer aos gandeiros unha in-formación máis real e axeitada da cabana que dispón.As instalacións desta empresa localízanse en Arneiro, un pequeno núcleo rural de Cospeito, na Comarca da Terra Chá, unha das zonas da provincia que conta cun maior número de explotacións.Trátase dunha idea que conta cun grande potencial de crecemento pois, hoxe en día, as temperaturas só poden ser de-tectadas cunha intervención individual de cada animal, o que fai que a recolleita desta información sexa moi laboriosa, pouco eficiente e produza intervencións veterinarias tardías. Contan cunha inver-sión inicial de 20.800 euros, polo que coa axuda da Deputación de 10.000 euros, redúcese ao 50% a achega iniciar dos promotores deste proxecto.

    Dous proxectos emprendedores rurais de Rábade e Cospeito reciben un premio

    O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou que o Go-berno mantén activado o dispositivo de inverno co que facer fronte a cal-quera incidencia, relacionada coas inclemencias meteorolóxicas, na rede viaria provincial, a máis extensa do Estado con 4.200 quilómetros.Campos Conde explicou que “ares-tora son 64 operarios e 32 máquinas as que están despregados nos munici-pios con maior risco de acumulación de neve ou xeo, uns 35, que xa están a realizar labores de prevención para dar resposta ás posibles inclemencias meteorolóxicas que se poidan produ-cir. Para elo, continuarase a estender sal nas vías coas que garantir que non se formen placas de xeo, evitando o uso doutro tipo de fundentes máis agresivos coas estradas e co medio ambiente”.

    O dispositivo despregado pola Depu-tación atópase dividido en 8 zonas da rede viaria provincial. Por cada unha delas hai 8 vehículos -2 máqui-nas quitaneves con cuña, 2 tractores adaptados con saleiro e cuña, 2 pick up, adaptadas con cuña e saleiro e 2 vehículos de apoio con medios me-cánicos- e 14 operarios. Isto significa que, en total, a Deputación ten 64 máquinas e 112 operarios previstos para actuar durante as 24 horas do día en calquera punto da provincia.Ademais, cada empresa adxudicata-ria que atende a cada zona terá que dispoñer do dobre de medios, por si fóra preciso utilizalos. A maiores aparte desta maquinaria, o dispositi-vo tamén conta con varias máquinas do parque móbil como palas mixtas ou camións, que se engaden ao pro-tocolo de actuación se é preciso.

    64 operarios e 32 máquinas, preparados para atender incidencias de xeo e neve

    Neste vindeiro ano, a Consellería do Me-dio Rural concederá axudas aos concellos a través do Plan marco de camiños muni-cipais 2019-2020. Para iso, achegará case 16 millóns de euros de fondos propios que se xestionarán a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Aga-der), distribuídos en dúas anualidades de case 8 millóns de euros cada unha.O obxectivo que se quere alcanzar con este plan é o acondicionamento das principais vías de comunicación e outras infraestruturas. Estes camiños permiten o acceso ás 30.000 entidades de poboación nas cales se asentan as vivendas da po-boación rural e supoñen as canles de en-trada e saída das producións rurais (des-de o leite ata a artesanía) que precisan os negocios desta contorna. Para chegar a cada un dos concellos da comunidade, establecéronse unha serie de criterios de distribución das asigna-cións económicas que foron previamen-

    te consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Estes criterios determináronse con base en indicadores obxectivos, a partir dun importe fixo por concello, habitante e entidade de poboación, dentro duns límites de máximos e mínimos, co fin de garantir unha repartición equitativa entre a totalidade de concellos. A estas variables incorporáronse factores correc-tores vinculados á superficie do concello, o peso do agro no municipio e o grao de despoboamento e de envellecemento. Ademais, prevese un incremento do 50% para aqueles concellos fusionados.A finalidade destas axudas é facilitar a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais, incluíndo tanto actuacións que supoñan un incremento da largura da vía, o reforzo do firme e te-rrapléns ou a limpeza das marxes. Porén, quedan excluídas as actuacións en rúas interiores, dentro dos núcleos.

    Medio Rural destina aos concellos axudas dentro do Plan Marco de Camiños

    Arriba, o proxecto gandeiro de iTechTerm, e, abaixo, o centro San Vicente

    TERRA CHÁ

    Abanca e a Asociación de Desenvolve-mento Comarcal da Terra Chá (GDR 2) veñen de asinar un convenio financeiro co obxectivo de impulsar, fundamental-mente a través do crédito, a reactivación económica desta comarca.O presidente en funcións do GDR, José Ulla Rocha, e a directora de zona de ABANCA en Lugo Oeste, Zaira Dapena Castro, rubricaron en Begonte un acordo que renova a aposta que mantén a enti-dade financeira co tecido empresarial.O convenio facilita que os asociados ao GDR e os beneficiarios dos proxectos vinculados a este grupo accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Así, os clientes interesados poderán contratar produtos como pólizas de crédito, prés-

    tamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos de subvencións, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe condicións espe-ciais na contratación de liñas de comercio exterior.Precisamente o acento deste texto está posto no financiamento do activo fixo para a posta en marcha de novos proxec-tos e a mellora competitiva dos actuais. Ofrécense produtos propios e programas oficiais con organismos autonómicos e estatais para investimentos. Outro pun-to relevante do convenio dá resposta ás necesidades de circulante das iniciativas empresariais, grazas a unha póliza de cré-dito especialmente deseñada para aten-der tensións de tesourería.Do mesmo xeito, os empresarios e em-

    prendedores poderán acceder ás van-taxes que ofrece o Programa Cero Co-misións de Abanca, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferen-cias, ingresos de cheques ou outros ser-vizos habituais.A Asociación de Desenvolvemento Co-marcal da Terra Chá é un organismo sen fins de lucro constituído polas institu-cións públicas e entidades privadas dos ámbitos económico, social, cultural, ve-ciñal e ambiental da comarca chairega e involucrado no desenvolvemento do seu territorio. A asociaci�