memoria2013 tor

50
MEMORIA 2013 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA GAÑADORA DOS V PREMIOS SOLIDARIOS ONCE-GALICIA NA CATERGORÍA “ACCESIBILIDADE UNIVERSAL”

Upload: redemuseisticalugo

Post on 25-Jun-2015

194 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

1

MEMORIA 2013 PAZO DE TOR

REDE MUSEÍSTICA GAÑADORA DOS V PREMIOS

SOLIDARIOS ONCE-GALICIA NA CATERGORÍA

“ACCESIBILIDADE UNIVERSAL”

Page 2: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

2

ÍNDICE

LIMIAR ........................................................................................... 3

ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES ...................................... 4

TEMPORALIZACIÓN DE VISITAS, GRUPOS, EXP………………..7

PROGRAMA ARQUITECTÓNICO ............................................... 11

PROGRAMA DIDÁCTICO ........................................................... 12

Actividades escolares ..................................................... 12

Obradoiros de verán ........................................................ 18

Obradoiros de nadal ........................................................ 22

PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL ....................................... 25

Programa Interxeneracional ........................................... 25

Aniversario Museo Pazo de Tor…………………………….28

Semana dos museos ....................................................... 30

Programa de exposicións ............................................... 33

Programa de Teatro e Cine ............................................. 45

Programa de conferencias e xornadas .......................... 48

Programa de concertos……………………………………...49

PROGRAMA DE COLECCIÓNS .................................................. 50

PROGRAMA DE PERSONAL...................................................... 50

Page 3: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

3

LIMIAR

O Pazo de Tor é unha fermosa mostra da arquitectura pacega

galega. Presenta unha colección musealizable que transmite a

vida da fidalguía galega a visita ó Pazo de Tor non só permite

coñecer de primeira man unha das máis importantes mostras

da arquitectura pacega galega, permite tamén coñecer

integramente todas as salas e dependencias do mesmo, co

seu mobiliario orixinal e coas coleccións artísticas que a

familia foi atesourando ó longo dos séculos, un testemuño

privilexiado do modo de vida da nobreza na Galicia da Idade

Moderna. As coleccións tamén que alberga o Museo Pazo de

Tor tamén de tipo etnográfico que van desde a época castrexa

ata a época actual. As salas do Museo Pazo de Tor tamén

son espazos expositivos e de intervencións artísticas de

diversas de obras contemporáneas, sendo incluso centro de

convivencia e traballo de artistas de todas as disciplinas. A

laboura didáctica está presente ao longo de todo o ano. O

Museo Pazo de Tor dispón dunha aula didáctica que serve de

taller de aprendizaxe tendo como soporte material e

documental o Pazo de Tor, estas actividades son

complementadas con diversos actos de efemérides,

actuacións musicais, teatrais. É por elo que o Museo Pazo de

Tor segue a ofrecernos un sinfín de posibilidades para

aprender, imaxinar, compartir e disfrutar.

Page 4: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

4

ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES

Xaneiro Nº total de visitantes 90

1 grupos adultos 18

Visitas individuais 72

Febreiro Nº total de visitantes 211

4 grupos adultos 132

Visitas individuais 79

Marzo* Nº total de visitantes 367 datos a partir do día 12

1 grupos adultos 13

Visitas individuais 354

Abril Nº total de visitantes 339

2 grupos adultos 80

Visitas individuais 259

Maio Nº total de visitantes 874

4 grupo escolar 142

6 grupo adultos 245

Visitas individuais 478

Xuño Nº total de visitantes 662

2 grupo escolar 112

8 grupos adultos 329

Visitas individuais 221

Xullo Nº total de visitantes 852

5 grupos adultos 188

Visitas individuais 664

Agosto Nº total de visitantes 1217

4 grupos adultos 202

Visitas individuais 1015

Setembro Nº total de visitantes 568

9 grupos adultos 276

Visitas individuais 292

Outubro Nº total de visitantes 405

5 grupos adultos 131

Visitas individuais 274

Novembro Nº total de visitantes 481

3 grupo escolar 131

1 grupos adultos 50

Visitas individuais 300

Decembro Nº total de visitantes 254

1 grupo escolar 22

0 grupo adultos 0

Visitas individuais 232

CÓMPUTO GLOBAL DE VISITAS ANO 2013. 6320

Page 5: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

5

0

200

400

600

800

1000

1200

1400

Gráfico comparativo visitantes ano 2011-12

2013

2012

0

200

400

600

800

1000

1200

1400

90

211

367 339

874

662

852

1217

568

405 481

254

MESES 2013

MESES 2013

Page 6: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

6

716 793 795 808

1371 1837

0 500 1000 1500 2000

POR DÍAS DE SEMANA

Domingo

Sábado

Venres

Xoves

Mércores

Martes

479; 8% 262; 4%

86; 1%

267; 4%

1292; 21% 2581; 41%

1353; 21%

POR IDADES

0-10

11-14

15-18

19-25

26-40

0

500

1000

1500

2000

2500

381

2006 2099

138 22

157 9 20 26

241 356

29 100 22

451

8 0 6 125 124

POR PROCEDENCIAS

LUGO CIDADE LUGO PROVINCIA GALICIA

ANDALUCÍA ARAGÓN ASTURIAS

BALEARES CANARIAS CANTABRIA

CATALUÑA CASTILLA LEÓN CASTILLA LA MANCHA

EUSKADI EXTREMADURA MADRID

MURCIA NAVARRA LA RIOJA

VALENCIA EXTRANXEIROS

Page 7: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

7

VISITAS ESCOLARES – GRUPOS – OBRADOIROS- INT. ARTÍSTICAS -

EXPOSICIÓNS

- Marzo.

1. 14/03/2013 Visita de Asc. Auxilia Monforte/ Actividade Mulleres

na Rede – A Memoria (13 Persoas)

1) 26-27/03/2013 Obradoiros de stop motion: Historias

fantásticas no Pazo de Tor. ENRÉDATE.

2) 31/03/2013. Obradoiro contamos coa tua ollada.

ENRÉDATE

- Abril.

1. 6/04/2013 Visita Asc. Parálisis Cerebral / Lugo. (9 pers.)

2. 12/04/2013 Asc. Cultural Escairón. (8 pers.)

3. 19/04/2013 Visita Grupo de Plasencia. 45 pers,

4. 20/04/2013 Asc. Cultural Veciñal de Monforte (35 pers.)

5. 25/04/2013 Centro Información da Muller Monforte. 15 pers

- Maio.

1. 7/05/2013 Visita IES Cosme López. A Rúa) 30 nenos (14/15

anos)

2. 11/05/2013 Asociación Veciñal. A Coruña. 52 pers

3. 14/05/2013 Asc. Veciñal. Ourense. 38 pers.

4. 15/05/2013 Asc. Veciñla León. 50 pers.

1) 15/05/2013 Día Internacional das Familias. Clube Señior

e Pequeamigos. 50pers.

5. 17/05/2013 Asc. Veciñal. Ponteceso. 45 pers.

1) 17/05/2013. Inauguración Photocall. R. Vidal Bolaño

2) 17/05/2013 Expresión artes da palabra na música

popular galega

3) 17/05/2013 Lipdup da Rede Museísitca.

4) 17/05/2013 Concerto das Letras. Cantares Gallegos

5) 18/05/2013 Día Internacional dos Museos.

6) 18/05/2013 Entre Maiores. Concerto Jotinho’s

7) 19/05/2013 Obradoiro Ven, Mira… é Tempo de

Creatividade

8) 19/05/2013 Teatro no Pazo de Tor. Representación

teatral de “Animaliños”

Page 8: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

8

6. 23/05/2013 Asc. Veciñal Ourense. 40 pers.

7. 23/05/2013 Visita escolar de Ponferrada. 40

8. 25/05/2013 Visita Escolar S. Clodio. 36 pers.

9. 26/05/2013 Visita Centro Maiores Monforte. 20 pers

10.29/05/2013 Visita Escolar Colexio de S. Clodio 36 pers.

- Xuño.

1. 2/06/2013 Visita Asoc. Padres Escolapios 18 pers.

2. 5/06/2013 Visita Asc. Veciñal de O Carballiño. 42 pers.

3. 6/06/2013 Visita Asc. Cultural A Coruña. 55 pers.

4. 6/06/2013 Visita Asc. Veciñal. A Peroxa. 47

5. 8/06/2013 Asc. Amigos de S. Pedro. Santiago de Compostela.

54 persoas

6. 9/06/2013 Visita Escolar / AMPA. Lugo. 100 persoas (todo o

día)

7. 11/06/2013 Visita Asc Veciñal Pontevedra. 28 pers.

8. 20/06/2013 Visita Asc. Amas de Casa Ferrol. 55 pers

9. 20/06/2013 Visita Escola IES Río Cabe, Ciclo de Inf. e Asist.

Turística. 12 pers.

10.30/06/2013 Visita Asc. Virxe de Santiago. 30 pers.

- Xullo.

1) 2/07/2013 Aprenderemos o abecedario braille,

debuxándoo en gran formato. OBRADOIRO DE VERÁN.

2) 3/07/2013. Sentido e sensibilidade. OBRADOIRO DE

VERÁN.

3) 4/07/2013. Obradoiro de tecido e tinguido. OBRADOIRO

DE VERÁN

2. 3/07/2013 Asc. Veciñal Pontevedra. 55 persoas

3. 5/07/2013 Asc. Dep. Iº Rally Terras do Incio. 40 pers.

1) 6/07/2013. Obradoiro de Xogos Tradicionais.

OBRADOIRO DE VERÁN.

2) 6/07/2013. Obradoiro. Xadréz no Pazo de Tor.

3) 7/07/2013. Inauguración Exposición “Fogares de

Crianza”. Autor Carmen Llonín. DIÁLOGOS NA REDE.

Page 9: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

9

4) 8/08/2013. Obradoiro de Xogos Tradicionais.

OBRADOIRO DE VERÁN

5) 7/07/2013. Convite 7º Aniversario Museo Pazo de Tor.

SOLTA DE POMBAS.

4. 10/07/2013 Visita Asc. De Monforte. 18 pers.

1) 13/07/2013. Concerto Aniversario Pazo de Tor. Grupo

Jothino’s

5. 13/07/2013 Visita Asc. Sarria. 20 pers.

6. 13/07/2013 Visita Asc. Cultural Ourense. 55 persoas.

1) 27/08/2013 Conferencia inaugural do Simposio Arte e

Natureza.

2) 28/08/2013 Mesa Redonda e Clausura do Simposio de

Arte e Natureza.

- Agosto.

1. 4/08/2013 Visita particular/familiar. 22 pers.

2. 4/08/2013 Visita Asc. Veciñal Leon. 120.

3. 9/08/2013 Visita CEL Lugo. 15 pers.

1) 20-25/08/2013 Residencia Artística ARTE E NATUREZA.

4. 25/08/2013 Visita Asc. Veciñal Porriño. 45 pers.

1) 27/09/2013 Inauguración Expo Museo Pazo de Tor.

ENREDARTE

- Setembro

1. 4/09/2013 Visita CEL Monforte. 14 pers.

2. 7/09/2013 Visita Asc. Amigos Jardín Botánico. Xixón. 55 pers

3. 8/09/2013 Visita Asc. Veciñal León. 45 pers.

4. 8/09/2013 Visita Asc. Veciñal de Foz. 50 pers.

5. 10/09/2013 Visita Asc. Maiores de Pantón. 15 pers.

6. 14/09/2013 Visita Asc. Veciños Goian-Sarria. 20 pers.

7. 21/09/2013 Visita Asc. Lecer Lugo. 28 pers

8. 25/09/2013 Visita Xeriatros. Chantada. 25 pers

9. 29/09/2013 Visita Asc. Maires Monforte. 24 pers.

- Outubro

1. 03/10/2013 Visita Asc. Viuvas de Vilalba. 20 pers.

2. 6/10/2013 Visita Asc. Ourense. 25 pers.

Page 10: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

10

1) 13/10/2013. Exposición. SOIDADE DA MULTITUDE.

Autor: Iago Eireos.

3. 19/10/2013 Visita Cofradía Virxe da Esperanza. 10 pers.

4. 20/10/2013 Visita Asc. Veciños Leon. 55 pers.

5. 30/10/2013 Visita Asc. Maiores de A Pobra. 21 pers.

- Novembro

1. 5/11/2013 Visita Escolar IES Río Cabe. 44 pers.(BRETAÑA-

FRANCIA)

2. 22/11/2013 Visita Escolar As Gándaras. 69 persoas

3. 23/11/2013 Visita Cultural Pazo de Sabadelle. 50 persoas

1) 25/11/2013. Acto Contra a Violencia de Xénrero

4. 28/11/2013 Visita Escolar Colexio de A Pobra do Brollón. 18

nenos.

1) 30/11/2013. Obradoiro Sentido e Sensibilidade. 22

nenos

- Decembro.

1) 5/12/2013. Inauguración de Ciclo de cine Euroárabe

AMAL

2) 7/12/2013. Inauguración Exposición ACONTECENDO

3) 14/12/2013. Actividade A Peza Adoptada. 18 nenos.

4) 20/12/2013. Inauguración Curso Realidade Aumentada.

5) 20/12/2013. Inauguración instalación APRENDENDO A

SER VESTIDO. Paula Cabaleiro.

6) 21/12/2013. Curso de Realidade Aumentada. 16 pers.

7) 27/12/2013. Obradoiro. Os Pergamiños de Tor.6 pers.

PROGRAMA NADAL

8) 28/12/2013. Obradoiro. Reciclando o Nadal.6 pers.

PROGRAMA NADAL

9) 29/12/2013. Concerto de Nadal. 45 persoas. PROGRAMA

NADAL

RESUMO. VISITAS GUIADAS: 53 / OBRADOIROS: 15 / ACTIVIDADES

MUSEO (INTERVENCIÓNS ARTÍSTICAS, EXPOSICIÓNS, ACTOS

PÚBLICOS): 21

Page 11: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

11

PROGRAMA ARQUITECTÓNICO

- Colocación de novas pechaduras nas dependencias anexas

do Pazo

- Arranxo do sensores de iluminación (sustitución dos mesmos

no corredor)

- Arranxo da Wifi da aula de didáctica, biblioteca e recepción.

- Desratización da biblioteca, sala caldeiras, almacéns, sotos e

áreas exteriores cada tres meses

- Recollida de auga para control de legionella e potabilidade.

- Instalación conexión internet via WiMax.

- Pintado de fiestras, portas e portada do Pazo.

- Reparación de avería no cadro de limitadores.

- Mantemento do xardín do Pazo,

- Desbroze e limpeza da escaleira do torreón do Pazo.

Page 12: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

12

PROGRAMA DIDÁCTICO

ACTIVIDADES ESCOLARES

As Actividades escolares no Museo Pazo de Tor terán por lema: “COÑECE O

PASADO, VIVE O PRESENTE E SOÑA O FUTURO”

Comeza o curso escolar 2013/2014 e, outro ano máis, a Rede Museística

presenta un actualizado programa educativo deseñado e pensado para todas

as etapas educativas coa pretensión de seguir ofrecéndolle á comunidade

escolar experiencias didácticas co fin último de coñecer, comprender, valorar e

desfrutar das coleccións e espazos que conforman parte do patrimonio

histórico artístico e cultural da provincia de Lugo.

Dende a Rede Museística, en sintonía coas novas formulacións da museoloxía

social, seguimos apostando por un modelo didáctico que pon en valor a

aprendizaxe activa, participativa e emocional; creando en cada visita unha

experiencia vivencial, agradable e memorable. A proposta educativa persegue

formar o alumnado en estratexias de aprendizaxe autónomas, capaces de

construír o seu propio pensamento crítico, non só sensible á arte senón cara ao

noso pasado para poder intervir no presente e soñar un futuro.

A oferta de actividades dirixida aos centros educativos presenta 3 grandes

bloques temáticos que van ser o eixe estrutural da nosa intervención didáctica.

Os bloques son complementarios uns cos outros e perseguen construír un

corpus estrutural: Bloque 1. O Museo como contedor achéganos á idea de

que é un museo. O museo non só como contedor de obras de arte, senón máis

alá: o museo como un espazo de traballo onde ademais de conservar e

expoñer o noso patrimonio, tamén se estuda, se investiga e se divulga o caudal

artístico e cultural, patrimonio de todos. Construída esta idea, que se erixe

como os cimentos dunha casa, o seguinte Bloque 2: O Museo como relator

de historias pretende ofrecer un catálogo aberto de visitas no que a estrutura

veña marcada polo concepto de Museo como relator de historias. As obras de

arte, ademais da información técnica, nárrannos e

Page 13: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

13

suxírennos historias infinitas segundo a persoa coa que interactúen. As pezas

falan por si mesmas e todas en conxunto constitúen unha colección. Unha

proposta na que o diálogo coas obras de arte e cos espazos naturais volven

ser os protagonistas. E, finalmente, o Bloque 3: O Museo como retrovisor pon

a énfase no espello retrovisor como metáfora. Viaxamos polo presente

avanzando cara ao futuro pero no que centramos a mirada no retrovisor que

nos mostra o noso pasado cunha perspectiva arqueolóxica.

Para completar os tres bloques teóricos, na programación escolar fíxanse unha

serie de obradoiros que pretenden afondar en determinados contidos, unha

maneira práctica de afianzar os coñecementos. Crear experiencias motivadoras

para os escolares constitúese coma a mellor maneira de desenvolver a

capacidade de expresión e a creatividade no alumnado, sen esquecer o

compoñente lúdico que favorece que a aprendizaxe se realice dunha maneira

espontánea.

Finalmente, e como unha das grandes novidades para este novo curso escolar

2013/2014, queremos presentar unha nova experiencia, O CONCURSO-REDE,

que nace cun dobre obxectivo: por unha banda achegar o novo público escolar

á Rede Museística e fidelizalo, así como fidelizar o xa existente. Vai dirixido a

escolares de 6º de Educación Primaria, pertencentes a centros educativos de

toda a provincia de Lugo. Para participar é necesaria a inscrición previa que se

formalizará cunha visita a algún dos 4 museos da Rede.

BLOQUE TEMÁTICO I. O MUSEO COMO CONTENEDOR.

Que é un museo? Un museo é un lugar onde se conserva, expón e difunde o

patrimonio artístico e cultural. Pero un Museo é tamén un espazo que lle

pertence a toda a comunidade, un espazo para soñar e facer das ilusións a

nosa realidade. Como che gustaría que foran os nosos museos? Que che

gustaría que contiveran os nosos museos? Dende a Rede Museística abrimos

as nosas portas e invitámoste a que entres e crees o teu Museo a partir do

diálogo coas nosas coleccións e cos profesionais que nel traballan, nunha

experiencia emocional e creativa.

A través das obras de arte podemos descubrir lugares reais e espazos

imaxinados polos artistas. Podemos viaxar ao noso pasado a través das pezas

arqueolóxicas e incluso descubrir as historias máis extraordinarias dos deuses

gregos. No Museo podemos dialogar cos artistas, descubrir os seus soños e

anhelos. No museo podemos comunicar ideas. Para isto, invitámoste a que

coñezas as nosas coleccións e a importancia do traballo que realizan os

diferentes profesionais.

Obradoiro. A actividade inclúe un obradoiro deseñado para traballar, de

maneira creativa, a construción do seu propio museo a partir dun material que

lle será entregado a cada escolar composto por: unha caixa-museo, fotografías,

imaxes deseñadas, etc.

Ciclos: E. infantil, E. primaria e 1º ciclo da ESO

Período: curso escolar 2013-2014

Page 14: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

14

Duración estimada da visita: 60 minutos

BLOQUE TEMÁTICO II. O MUSEO COMO RELATOR DE HISTORIAS.

Catálogo de visitas abertas segundo os diferentes contidos que ofrecen

as coleccións e seccións dos museos da Rede Museística.

Esta proposta didáctica, que xa foi iniciada en anos anteriores, quere ampliar a

súa oferta e implicar a todas as seccións do museo susceptibles de ser

visitadas, entendendo o Museo como relator de historias. Nesta proposta

aberta, pretendemos utilizar unha metodoloxía activa de forma que sexan os

propios escolares os que constrúan o significado ante as pezas e obras de arte.

Son experiencias nas que se pretende ensinar a ver e gozar da arte e coa arte

a través dun discurso narrativo que se crea coas obras de arte. Con este

diálogo, preténdese potenciar a observación e a reflexión sobre as pezas e

estimular o diálogo sen medo a formar unha opinión crítica e persoal. Un

diálogo que se combina con información sobre o artista ou o período histórico,

necesario, para completar a visión da obra e contextualizala.

As coleccións presentes nos museos son susceptibles de estruturarse en

contidos segundo os intereses dos visitantes e pódense exemplificar nas

seguintes experiencias: rutas literarias, a arte do vestido, a historia da moeda,

descubrindo a escultura, epigrafía romana, ruta franciscana, Sargadelos, e un

longo etcétera. Con esta nova formulación, preténdese facilitar a asimilación da

información co fin de comprender e achegarse mellor ás coleccións que

atesouran os catro museos da Rede. Os contidos temáticos son tamén un xeito

atractivo para o alumnado de presentar a información e acadar a motivación e

a súa atención dende o primeiro momento da visita.

Ciclos: todos os niveis educativos

Período: curso escolar 2013-2014

Duración estimada das visitas: 60 minutos

BLOQUE TEMÁTICO III. O MUSEO COMO RETROVISOR.

Esta proposta preséntase como unha viaxe dende o presente coa vista situada

no retrovisor do pasado e adoptando unha percepción arqueolóxica cuxo foco

de atención vai estar situado sobre o tema “Roma en Lugo”, co fin de recoñecer

aspectos clave do modo de vida e a contribución á modernización da cidade.

3.1. NO RETROVISOR: ROMA EN LUGO

Esta proposta nace coa finalidade de capacitar o alumnado para interpretar

vestixios do pasado e analizar a importancia no desenvolvemento da cidade de

Lugo, idea que se concreta nas seguintes competencias:

. Respecto polo patrimonio histórico da cidade

. Valoración da achega doutras culturas como contribución á modernización da

cidade.

FIAT URBS, ET URBS FACTA EST. Esta lenda vai ser o fío condutor da nosa

visita. Para encadrar o tema situarémonos, en primeiro lugar, no momento

histórico no que se produce o encontro entre Roma e os pobos indíxenas do

Page 15: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

15

NW peninsular, ata a chegada ao poder do emperador Octavio Augusto, no ano

27 a.C., e a súa política de conquista. Nesta viaxe, coñeceremos tamén os

antecedentes da fundación da cidade, pasando polo proceso de maduración

ata chegar á aceptación final, feito que responde a diversas cuestións:

económicas, relixiosas, sagradas e incluso ecolóxicas.

Durante este percorrido, acharemos as testemuñas arqueolóxicas presentes no

Museo, onde cobran especial protagonismo dous elementos: o cipo fundacional

e o rito etrusco.

A visita complétase cun obradoiro no que cada escolar realizará unha

pequena maqueta do cipo fundacional da cidade de Lugo, poñendo en práctica

aspectos traballados na visita como a epigrafía romana.

Ciclos: todos os niveis educativos

Período: curso escolar 2013-2014

Duración estimada da visita: 90 minutos

3.2. VISIÓN ARQUEOLÓXICA

(proposta exclusiva para o MP Lugo)

O Museo Provincial de Lugo nace e crece pola cantidade e calidade de

vestixios arqueolóxicos que atesoura. Por iso, queremos resaltar o pasado, non

só arqueolóxico senón tamén revalorizar o pasado do Museo Provincial. Esta

proposta didáctica ten por obxectivo xeral achegar o público escolar á

arqueoloxía, entendida como ciencia. Para a súa consecución, a actividade

didáctica se centrará en coñecer, interpretar e valorar unha escavación

arqueolóxica.

Esta nova proposta didáctica quere poñer en énfase a idea de que toda

realidade é susceptible de ter unha visión e unha percepción arqueolóxica,

dando resposta a preguntas como:

A que se dedicaban?

Como vivían?

Que materiais empregaban?

Que aspecto tiñan?

Para iso, realizaremos unha visita, eminentemente práctica na que o alumnado

desenvolverá as seguintes competencias:

. Observar e recoñecer fragmentos e vestixios arqueolóxicos

. Identificar e interpretar as fontes arqueolóxicas

. Situar cronoloxicamente diferentes obxectos arqueolóxicos

Ciclos: todos os niveis educativos

Período: curso escolar 2013-2014

Duración estimada da visita: 60 minutos

O CONCURSO REDE.

A idea é realizar un concurso que ten dous obxectivos: atraer novo público

escolar e fidelizalo, así como fidelizar o xa existente. O concurso constará de

varias fases, tanto presenciais como dixitais. Terá unha parte de concurso de

Page 16: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

16

preguntas e outra parte de diversos mini-concursos a modo de certames de

debuxo, literatura, vídeo creación, etc.

A QUEN VAI DIRIXIDO:

Vai dirixido a escolares de 6º curso de Educación Primaria. Sendo necesaria a

inscrición previa.

PREMIO:

Haberá tres premios:

1º- 1000 euros

2º- 500 euros

3º- 300 euros

Estes premios estarán destinados para a realización dunha saída cultural

INSCRICIÓN:

Para participar haberá que inscribirse. Inscribiranse aulas enteiras que loitarán

conxuntamente para recibir puntos. Ao final do concurso, ganará o que máis

puntos acumulara durante os meses que dure. O profesorado elixirá cinco

alumnos da aula, que serán os encargados de vir ao museo para responder as

preguntas na fase de concurso presencial.

CRONOGRAMA:

1º- A inscrición estará aberta entre os meses de setembro e decembro.

2º- A partir de xaneiro comezará o concurso. As aulas participantes serán

combocadas un día para realizar a fase de concurso de preguntas en

modalidade presencial.

3º- Todos os mércores publicaranse preguntas no blog de Didáctica da Rede:

didacticaredemuseistica.org

4º- Cada dous meses, e coincidindo con algunha efeméride que servirá de

temática, realizarase un certame artístico.

5º- Todos os luns publicarase no blog de Didáctica a clasificación de puntos

dos participantes.

6º- A fase final do concurso, na que será necesaria a presenzafísica dos

participantes no Museo, retrasmitirase vía streaming e será nunha data que se

determinará a partir de abril.

PUNTOS:

Existirán diversas maneiras de conseguir puntos:

1º- Mediante a fase de concurso de preguntas. Haberá, por un lado, unha fase

presencial no museo e outra semanal a través do blog. Irase colgando unha

pregunta á semana, e as cinco primeiras clases en contestar, via email,

recibirán puntos.

2º- Mediante certames puntuais que se irán programando:

- Certame de pintura

- Certame de vídeo creación

- Certame de literatura

3º- Pertencer ao Clube Pequeamigos da Rede: 1 punto por membro

Page 17: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

17

4º- Cada vez que un participante, membro do Clube Pequeamigos, asista a

unha actividade: obradoiros, inauguracións, proxeccións…, non a unha visita,

en calquera dos museos da Rede: 1 punto.

5º- Se algún dos participantes ten algún familiar membro do Clube Senior da

Rede: 1 punto.

6º- Cada vez que algún membro do Clube Senior acuda a algunha actividade

en calquera dos museos da Rede: 1 punto.

7º- Cada vez que unha aula do mesmo colexio, dalgún dos participantes, visite

un dos museos da Rede, terán a opción de entregarlle un punto á dita grupo

indicándoo durante a visita.

BASES:

1º- O ámbito do concurso é provincial, podendo presentarse calquera colexio

da provincia de Lugo.

2º- Para poder participar no concurso é indispensable realizar unha visita a

calquera dos museos da Rede, onde se formalizará a inscrición. Esta visita non

sumará puntos.

3º- Non se aceptarán inscricións fóra de prazo

4º- Existe un límite de 30 clases que se cubrirá baixo estrita orde de inscrición

5º- A organización do concurso resérvase o dereito de incluir novas clausulas,

expoñéndo as causas xustificables.

6º- É motivo de descalificación o uso fraudulento das redes nas votacións, así

como comentarios dde carácter despectivo que se realicen a través dos medios

postos a disposición dos participantes.

7º- É necesario aceptar as bases do concurso.

CONCERTACION DEVISITAS

Coa finalidade de responder ás necesidades do novo programa escolar

2013/2014 faise necesario ofrecer un servizo de concertación de visitas máis

personalizado onde poder manter unha conversa sobre o tipo de visita que se

quere concertar tendo en conta as características do grupo e o bloque temático

da programación.

Faise imprescindible que sexa o mesmo profesorado quen veña visitar o museo

co grupo de alumnado o que contacte directamente. Para isto, poñemos á

disposición o persoal de Didáctica dos catro museos da Rede Museística, co

que se pode contactar a través dos teléfonos ou tamén pódense deixar os

datos de contacto no e-mail dos museos. Neste último caso será o persoal dos

departamentos quen se poña en contacto nas horas de preferencia que se

indiquen.

No transcurso de ditas actividades poderanse realizar vídeos e fotografías que

logo se poderán exhibir nas canles dixitais das que dispón a Rede Museística,

para o que o profesorado terá que traer o permiso de protección de imaxe de

cada nena e neno asinado pola nai, pai ou titor legal.

Page 18: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

18

OBRADOIROS DE VERÁN

Este verán ven ExpresARTE na Rede Museística

Chegou o verán, o veranum tempus dos antigos romanos, meses que adoitan

traer calor e, sobre todo, uns días de merecido descanso. Como cada verán, os

museos da Rede Museística da Deputación de Lugo elaboramos para todos e

todas, desde os máis cativos ata os máis medrados, un programa amplo de

actividades que, coma sempre, combinan o lúdico co aproveitamento cultural e

educativo.

Desde a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo a través da Rede

Museística e os museos que a integran, tentamos con este programa atender a

crecente demanda social de actividades de tipo cultural. Entendemos a xestión

dos museos públicos como un servizo permanente á sociedade que os sostén,

como espazos de comunicación e coñecemento, de intercambio de saberes e

experiencias, como un elo que enlaza a memoria do pasado co futuro.

Neste senso, o programa que ofrecemos para este verán 2013 reivindica e

estimula a capacidade que todas e todos temos para expresar sentimentos,

sensacións, pensamentos, para crear e construír, cos matices propios de cada

individuo, coa súa capacidade e cos seus coñecementos, unha realidade

diferente.

Cada día do verán hai algo que ver ou que facer neste e en todos os museos

da Rede. Propoñemos arredor de 30 obradoiros para grandes e pequenos que

teñen nas coleccións expostas e nas historias que cada peza ou obxecto nos

transmiten o eixo vertebrador; concertos, exposicións, visitas guiadas ou

programas como EnREDarte que nacen para dar cabida a novos proxectos

creativos. Coñecer, conservar, concienciar, experimentar, expresar, crear …

son realidades prácticas do noso abecedario de traballo.

Confiamos en seguir contando coa sempre agarimosa resposta dos amigos e

amigas dos museos integrados na Rede Museística, coa aprobación e

participación dos que facedes uso regular das nosas instalacións e participades

activamente nas nosas iniciativas. Pensando en vós e nos nosos visitantes,

que son cada vez máis afortunadamente, tratamos de confeccionar un

programa que pretende, non te enganamos, EnREDarte.

Non o dubides: Este verán ven ExpresARTE na Rede Museística

PROGRAMA

»» Este verán ven ExpresARTE na Redemuseística

Un ano máis, desde a xerencia da Rede Museística Provincial e os

departamentos de didáctica deseñamos e programamos para o verán un

obradoiro para os máis pequenos arredor do patrimonio cultural. Os museos,

verdadeiros espazos de comunicación, son os lugares axeitados para coñecer

a nosa herdanza cultural, para estimular o agromar das nosas capacidades

expresivas, e para, en definitiva, construírmos un futuro desde o berce do

Page 19: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

19

saber. Temos moito que aprender para ter moito que contar.

Responsable: Encarna Lago, xerente da Rede, e persoal do departamento de

Didáctica.

Idades: de 4 a 12 anos.

Horario: 11:00 a1 13:30 h.

Prazas: 20 asistentes, por orde inscrición.

Datas: meses de xullo e agosto, de martes a sábado.

Cronograma de contidos semanais:

Martes Xestual A través do corpo e das súas posibilidades comunicativas

Mércores Plástica A través das diversas manifestacións artísticas presentes

na Rede Museística Provincial

Xoves Lingüística A través do poder da palabra e das linguas

Venres Natural

A través dos elementos da Natureza (sons, olores,

formas, fauna e flora …)

Sábado Infantil

A través do concepto de infancia, entendido como a

expresión máis libre, auténtica e espontánea, afastada de

prexuízos e estereotipos sociais. Un momento no que nos

expresamos a través do xogo e as relacións entre iguais

Inscricións: Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor

»» Campamento de Arqueoloxía

A historia constitúe un percorrido polo tempo. Cada etapa e cada fenómeno

nace do anterior e sirve de paso a outra nova etapa que, ademais, amosa

obxectos, construcións, formas culturais e materias propias do momento. Esta

bagaxe cultural pode ser gardada en “caixóns” que se amorean uns enriba dos

anteriores para conformar a historia. No Museo Pazo de Tor destaparemos o

“caixón” da memoria dos señores do século XVIII.

Responsable: Enrique Alcorta Irastorza, departamento de Arqueoloxía e

Historia do MPLugo.

Idades: de 8 a 12 anos.

Horario: 11:00 a1 13:30 h.

Prazas: 25 asistentes, por orde inscrición.

Datas: do 9 ao 11 de xullo.

Inscricións: Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor

Nota Os participantes deberán ir provistos de vestimenta axeitada para

traballar con terra (botas, roupa vella, gorra para o sol ... ). As luvas e demais

material necesario corren a cargo do museo.

(» Álbum Campamentos de Arqueoloxía 2013)

»» Pola ruta da seda dacabalo dunha ovella

Rapando unha ovella, alimentando vermes de seda con follas de moreira ou

cardando lá coñeceremos como se elaboraban os tecidos usados polo home a

Page 20: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

20

través da historia. O obxectivo consiste en explicar aos nenos como se

conseguían as materias primas necesarias para elaborar tecidos con seda, lá

ou liño.

Responsable: Mª del Rosario Fernández González, departamento de

Etnografía e Artes Decorativas do MPLugo.

Idades: de 6 a 8 anos.

Horario: 11:00 a1 13:30 h.

Prazas: 15 asistentes, por orde inscrición.

Datas: 11 e 12 de xullo de 2013.

Inscricións: Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor

»» Obradoiro de xogos tradicionais

Elaboraremos xoguetes e practicaremos con eles xogos tradicionais como a

billarda, o aro … e outros moitos.

Responsables: Silvia Fiallega e Tar López, departamento de Didáctica do

Museo Pazo de Tor.

Datas: 6 de xullo e 8 de agosto.

Horario: de 12:00 a 13:30 h.

Idades: de 4 a 14 anos

Prazas: 25

Inscricións: Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor.

»» Xadrez no Pazo de Tor

O xadrez, o xogo dos nobres e da fidalguía. Xogamos?

Responsables: Silvia Fiallega e Tar López, departamento de Didáctica do

Museo Pazo de Tor.

Datas: 6 de agosto.

Horario: de 12:00 a 13:30 h.

Idades: de 4 a 14 anos.

Prazas: 25

Inscricións: Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor

»» Aprenderemos o abecedario braille, debuxándoo en gran formato

Inspirámonos na cultura oriental para decatarnos da importancia que teñen as

artes para transmitir valores máis alá da pura estética. Tanto a caligrafía

Page 21: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

21

chinesa como a xaponesa ou shodo son consideradas belas artes nas súas

respectivas culturas. O caligrafista transmite a través do trazo a esencia e a

forza de cada palabra. Partindo destas ideas, queremos que os nenos

aprendan braille creando unha obra de arte colectiva, unha mensaxe que nos

identifique como comunidade cultural e social, unha obra de arte ou instalación

que permanecerá no museo como parte da súa esencia.

Responsables: Silvia Fiallega e Tar López departamento de Didáctica do

Museo Pazo de Tor.

Datas: 2 de xullo e 10 de agosto.

Horario: de 12:00 a 13:30 h.

Idades: de 4 a 14 anos.

Prazas: 25

Inscricións: Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor

»» Sentido e sensibilidade

Xogo de probas nos que os sentidos exercen un papel esencial para o

coñecemento do museo desde dentro. O museo constituirá o noso panel de

xogo, cada estancia será unha casiña que nos servirá para desenvolver os

diferentes tipos de probas: de memoria, de sons, de mímica, de coñecementos,

de idiomas … etc.

Responsables: Silvia Fiallega e Tar López, departamento de Didáctica do

Museo Pazo de Tor.

Datas: 3 de xullo e 9 de agosto.

Horario: de 12:00 a 13:30 h.

Idades: de 4 a 14 anos.

Prazas: 25

Inscricións: Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor

»» Obradoiro de tecido e tinguido

Aprender cómo se facían as pezas de roupa e o enxoval dunha pazo do século

XVIII, no referido ao tecido e tinguido das pezas é o noso obxectivo. Podemos

facer unha pequena peza tecida, pulseiras coa técnica do kumihimo… Para o

tinguido usaremos a técnica Tie dye, unha adaptación occidental das técnicas

de Shibori, que se popularizaron na década dos sesenta coa cultura hippie.

Responsables: Silvia Fiallega e Tar López, departamento de Didáctica do

Page 22: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

22

Museo Pazo de Tor.

Datas: 4 de xullo (tecido) e 7 de agosto (tinguido).

Horario: de 12:00 a 13:30 h.

Idades: de 4 a 14 anos.

Prazas: 25

Inscricións: Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor

OBRADOIROS NADAL

Nadal 2013 na Rede Museística (Programa de actividades)

O deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo,

Mario Outeiro, xunto coa xerencia da Rede Museística, presentan para este

Nadal 2013 un amplo e variado programa de actividades para os 4 museos

integrados. Para que ademais da visita do Apalpador, que baixa nestas datas

desde as montañas do oriente lucense, do Courel ou dos Ancares, coa súa

fartura de castañas quentiñas e con un sorriso agarimoso, poidades participar

en obradoiros para todas as idades e temas (xoias, contos e lendas, debuxos,

xogos, fías, tapices, pergameos, reciclaxe …), exposicións, cine, concertos e o

nº 35 da revista oral “O pazo das musas”.

Aproxímase o solsticio de inverno e canda el o Natalicio que o mundo cristián

conmemora nestes días. As nosas actividades cotiás deixan paso a un tempo

diferente no que medra como herba ventureira a ilusión. Reencóntranse as

familias, ofrecemos bos desexos, intercambiamos agasallos, participamos da

festa para despedir un ano e iniciar outro, a ser posible, mellor.Pero como,

seguramente, terás tempo sobro para atender máis quefaceres, os museos

xestionados pola área de Cultura e Turismo e integrados na Rede Museística

da Deputación de Lugo, ao tempo que che desexamos as mellores festas e un

moi feliz ano 2014, queremos propoñerche para estas datas un abano moi

completo de actividades. Un programa guiado pola fantasía pois temos a sorte

de contar co Apalpador como embaixador da alegría.

Pero ademais da visita do Apalpador, que baixa nestas datas desde as

montañas do oriente lucense, do Courel ou dos Ancares, coa súa fartura de

castañas quentiñas e con un sorriso agarimoso, temos moitas máis propostas

que ofrecerche. Desde obradoiros para todas as idades e temas (xoias, contos

e lendas, debuxos, xogos, fías, tapices, pergameos, reciclaxe …), ata

exposicións, cine, concertos e o nº 35 da revista oral “O pazo das musas”. Son

Page 23: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

23

actividades para case todos os días deste Nadal, en todos os museos da Rede,

para que te achegues aos nosos centros como lugares de encontro, pero

tamén de lecer e aprendizaxe.

Non esquezas solicitar toda a información que precises no museo da Rede da

Deputación de Lugo máis próximo á túa residencia.

MUSEO PAZO DE TOR

Obradoiro: Ponte guapo, bonito! Xoiaría masculina para ver, facer e poñer

Sabedes que son os hábitos ou encomendas, as cruces pectorais, os bastóns,

os reloxos de peto e leontinas, o Toisón de Ouro, ou os rosarios? Percorrendo

diferentes salas do Museo, coñeceremos estes adornos masculinos

empregados dende hai moito tempo. Logo elaboraremos a reprodución dunha

desas pezas.

Imparte: Mª del Rosario Fernández González, departamento de Etnografía e

Artes Decorativas do MPLugo

Idades: de 8 a 14 anos.

Datas: 26 de decembro de 2013.

Horario: de 12:00 a 13:30 h.

Prazas: 15

Inscrición obrigatoria no Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor.

Obradoiro: Os pergameos do Pazo de Tor

A biblioteca do Pazo de Tor alberga uns 400 pergameos antigos e actuais que

están expostos en diferentes salas. Benjamín de Prado, curmán da señora do

pazo, dona Mª Paz, era un verdadeiro artista coa plumilla, e fixo diversas

dedicatorias, felicitacións e agradecementos. Ímolo imitar facendo un

pergameo, usando materiais reciclados.

Imparte: Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor

Idades: sen límite.

Datas: 27 de decembro de 2013.

Horario: de 12:00 a 13:30 h.

Prazas: 15

Inscrición obrigatoria no Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor.

Page 24: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

24

Obradoiro: Reciclando O Nadal

Pouco a pouco, e entre todos, fixemos do Nadal unhas festas asociadas ó

consumismo. Nestes tempos de crise, de necesidade para moitos, agora máis

ca nunca temos que recuperar a verdadeira esencia do Nadal, na que a

felicidade medra desde a solidariedade. O Nadal non é o que podemos

comprar, é o que podemos construír entre todos. Con este obradoiro queremos

ensinarvos que coas nosas mans e aproveitando cousas que temos arredor ou

obxectos de refugallo, podemos facer xoguetes para divertirnos ou adornar a

nosa casa para estas festas.

Imparte: Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor

Idades: sen límite.

Datas: 28 de decembro de 2013.

Horario: de 12:00 a 13:30 h.

Prazas: 15

Inscrición obrigatoria no Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor.

Outras propostas: Exposicións

Exposición: Galiza nun tempo de seu (do 17 de decembro de 2013 ao 17 de

marzo de 2014)

Intervención-exposición: Aprendo a ser vestido, de Paula Cabaleiro. (Integrada

no proxecto EnREDarte “Diálogos na Rede”). Inauguración: 20 de decembro de

2013.

Outras propostas: Museos socialmente comprometidos

20 e 21 de decembro de 2013. Obradoiro “Realidade aumentada para mellorar

a accesibilidade aos museos”, impartido por Mónica Castro de Lera e dirixido

ao grupo de traballo social vinculado aos Proxectos de “Fotografía a cegas” e

“Mulleres de aquí e acolá”.

Ciclo de cine Euroárabe Amal

Todos os sábados de decembro a partir das 17 h. e os domingos de decembro

a partir das 11:30 h.

Page 25: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

25

PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL

PROGRAMA INTERXENERACIONAL

ENRÉDATE NA REDE

OBRADOIROS DE STOP MOTION: HISTORIAS FANTÁSTICAS NO PAZO DE

TOR

Museo do Pazo de Tor: 26 e 27 de marzo, de 17:00 a 18:30 h.

Idades: Nenos de 8 a 15 anos.

Imparte: Adriana Pazos Ottón.

Obradoiro de creación audiovisual mediante a técnica de animación de STOP

MOTION. Os participantes coñecerán esta nova forma de realización de

Curtametraxes, elaborarase un guión previo, coñeceremos o funcionamento da

técnica e foto a foto iremos contando a nosa historia. Aprenderemos a

aparentar movemento de obxectos estáticos, tomados dos fondos da Rede

Museística, e achegarémonos ao coñecemento do nacemento do cinema, da

linguaxe cinematográfica e ao uso da fotografía como elemento expresivo.

CONTAMOS COA TÚA OLLADA

Museo do Pazo de Tor: 31 de marzo, ás 11:00 h.

Para familias

Duración: 3 h. aprox.

Imparte: Elsa García Ospina.

Con esta actividade queremos que os visitantes do Pazo de Tor nos transmitan

as súas sensacións e percepcións a través da arte, queremos que nos pinten o

pazo trala súa ollada. É un obradoiro de observación, de pintura e de

sentimentos.

- Obradoiro. “Contamos coa túa ollada”

Un obradoiro especial para familias. Ata o pazo chegaron varios nenos

que traballaron cos seus familiares na sua visión plastica do

Page 26: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

26

Pazo. Temos moito novo artista no Val de Lemos. Con esta actividade

queremos que os visitantes do Pazo de Tor nos transmitan as súas

sensacións e percepcións a través da arte, queremos que nos pinten o

pazo trala súa ollada. É un obradoiro de observación, de pintura e de

sentimentos.

Datas: 31 de marzo, ás 11:00 h.

Para familias

Duración: 3 horas, aprox.

Page 27: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

27

- Entre maiores: obradoiro de comunicación, con videoconferencia entre os 4

museos da Rede Museística Provincial. 16:30 h.-

- Encontro de familias do Clube Pequeamigos. Presentación do Clube Senior

da Rede Museística Provincial18:00 h.

Mércores, 15 de maio de 2013 (Día Internacional das Familias)

No marco do encontro do Clube Pequeamigos presentarase un xogo de

aventuras (semellante no seu desenvolvemento ao popular xogo da Oca) e que

se chama “De Museo en Museo … e tiro porque me enredo”, un deseño de

Zhuoling, unha chinesa enredada. Un pasatempo ben divertido arredor do

diálogo intercultural e que propón percorrer o roteiro dos 4 museos integrados

na Rede (Museo do Mar, Pazo de Tor, Museo de San Paio de Narla e Museo

Prov. de Lugo) combinando preguntas sobre os propios museos e sobre cultura

xeral. Quen supere as distintas etapas, “conquistando” cada un dos 4 museos,

recibirá o correspondente diploma que o/a acredita como embaixador da Rede.

O martes 22 de outubro, o departamento de Didáctica do MPLugo desenvolveu

por primeira vez a actividade “A peza adoptada”. Nesta ocasión contamos coa

participación do alumnado de Infantil do CEIP Sagrado Corazón de Lugo,

acompañados polas súas familias e profesorado do centro.

“A peza adoptada” é unha proposta didáctica deseñada para familias con

nenas e nenos de entre 3 e 16 anos. O obxetivo que se pretende é dobre; por

unha banda oachegamento ás coleccións dos museos que integran a rede

museística e por outro lado, ofrecer unha ferramenta que dote

de autonomía ás familias para visitar o museo. Para isto poñemos a disposión

das familias un material elaborado para esta actividade que se poderá obter na

recepción dos catro museos.

A actividade integra formación e motivación, interpretación e diversión,

coñecemento e creación. Esta actividade desenvolverase a partir de agora ata

o mes de decembro nos catro museos da Rede Museística da Deputación de

Lugo, todos os sábados a partir das 13:00 horas.

Page 28: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

28

ANIVERSARIO MUSEO ETNOGRÁFICO PAZO DE TOR

»» Celebramos o sétimo aniversario da inauguración do Museo Pazo de

Tor

O 13 de xullo deste 2013 o Museo pazo de Tor cúmpre 7 anos. Celebrarémolo

enviando pombas mensaxeiras que sairán do Pazo de Tor e chegarán a Lugo

coa nova. Antes da solta falaremos da colombofilia e da súa historia, práctica

competitiva actual, anécdotas ... Realizaremos unha breve visita ao pombeiro e

faremos entrega dunha mensaxes de convite que transportarán as pombas.

Ambas actividades están dirixidas a todo tipo de públicos.

Datas: 7 de xullo

Horario: de 12:00 a 13:00 h.

Concerto de aniversario

Datas: 13 de xullo

Horario: 19:00 h.

Responsables: Silvia Fiallega e Tar López, departamento de Didáctica do

Museo Pazo de Tor.

Solta das pombas e obradoiro preparatorio

Foron metidas nas cestas 42 pombas das cales soamente 26 (as que estaban en mellor forma) foron anilladas con aneis de control. Foron colocadas sete mensaxes en sete pombas e de casualidade un foi posto nunha pomba sen anel de control que foi a que non chegou ao seu destino. Foron recibidos seis dos sete mensaxes que puxemos, para impedir que un imprevisto puidera poñer en risco a chegada da mensaxe e asegurar así que chegara. Soamente se perdeu una pomba . A valoración e positiva é una anécdota moi bonita que pombas na actualidade leven unha mensaxe escrita e o fagan tan ben! para nós é unha satisfacción moi grande. Como anécdota; a pomba a que se lle puxo a mensaxe no Pazo de Tor chegou sen problemas e seino porque ao recibir a mensaxe puiden ver como o papel foi enrolado coas letras cara fora o que quere dicir que a persoa que llo puxo enrolou o papel do texto desa maneira, o contrario que fixen eu co resto das pombas no clube. Antonio Muñoz, Pte Asc Colombófila Muralla de Lugo

Colaboración inestimable, do contrario non sería posíbel.

Page 29: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

29

Voo do pazo de Tor a Lugo no sétimo aniversario do museo Unha pomba levou á capital a mensaxe da celebración MONFORTE / LA VOZ 08 de xullo de 2013 11:58

Page 30: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

30

SEMANA DOS MUSEOS

SEMANA DOS MUSEOS 2013: Museo Pazo de Tor

Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo da

Deputación de Lugo, e Encanrna Lago, xerente da Rede Museística, dan a

coñecer os programas de actividades rpevisas para a SEMANA DOS MUSESO

2013 en todos os museos xestionados pola Rede Museística Provincial.

MUSEOS (memoria + creatividade) = PROGRESO SOCIAL

Os museos integrados na Rede Museística Provincial, xestionados desde a

área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, conmemoramos un ano

máis o Día Internacional dos Museos. Desde 1977, o ICOM propón a

celebración desta data o 18 de maio, unha xornada para difundir o importante

papel dos museos no desenvolvemento social.

Como cada ano, o ICOM escolle un lema para chamar a atención sobre as

relacións entre os museos e a sociedade, e para este ano 2013 o reclamo

escollido é MUSEOS (memoria + creatividade) = PROGRESO SOCIAL, unha

oportuna e necesaria reivindicación, por mor da crise que nos anestesia, da

relevancia que a memoria debe ter no desenvolvemento intelixente das culturas

do mundo.

O calendario decidiu que este ano coincida esta celebración coa novena

edición de A Noite dos Museos, unha proposta do Ministerio de Cultura e

Comunicación de Francia que desde o 2005 vai gañando adeptos e presenza

mediática. Á tardiña, cando chegan as horas nocturnas, os museos abren as

súas portas ofrecendo unha percepción diferente dos seus espazos visitables.

Ademais, nesta semana que se prolonga desde o 13 ata o 19 de maio, temos o

Día das Letras Galegas, o 17 de maio, este ano o homenaxeado dramaturgo e

actor compostelán Roberto Vidal Bolaño (1950-1987). Haberá concertos e

representacións teatrais, amais de actividades creativas son as propostas que

ofrecemos nos catro museos integrados na Rede. E aínda teremos un

recuncho, aproveitando que o día 15 de maio é o Día Internacional das

Familias, para convocar e reunir a todos os que se animen; aos que acumulan,

por idade, máis memoria e, e aos que, tamén por idade, aínda teñen o saco

baleiro de experiencias.

n definitiva, unha semana, desde o 13 ao 19 de maio, con múltiples propostas

para todos os públicos, desde os obradoiros para os máis pequenos, para os

adolescentes (lipdup, photocall) ou para os maiores, concertos, encontros e

representacións teatrais, exposicións e experimentos que teñen os nosos

museos como escenario.

Pero, e, sobre todo, son días, como nos encomenda o lema do ICOM, para a

memoria e creatividade, pasado e futuro prendidos (por ti, por todos e todas)

polo elo que os pode unir; os museos da Rede Museística Provincial.

Page 31: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

31

Museo Pazo de Tor

PROGRAMA:

Venres, 17 de maio de 2013 (Día das Letras Galegas) Xornada de homenaxe

ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, autor ao que se dedica este ano 2013 o

Día das Letras Galegas.

Photocall

Durante toda a semana que vai do 14 ao 19 de maio, tendo como fondo un

modesto escenario, quen o desexe poderá caracterizarse co chapeu e o nariz

de pallaso (que identifica a R. Vidal Bolaño) e fotografarse cun cartelón coa

palabra en galego que máis lle guste.

Estas imaxes iranse subindo ás redes sociais da Rede Museística para que,

quen o desexe, coas palabras escollidas elabore textos literarios no período

comprendido entre o 20 e o 31 de maio.

De 12:00 a 13:30 h.- Expresión e artes da palabra na música popular

galega

Obradoiro de expresividade oral, dramática e musical que desde diversas

manifestacións da música popular galega nos permite explorar a dimensión

creativa e comunicativa da palabra. Coordina: Pepa Yáñez Anllo.

Page 32: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

32

Lipdup da Rede Museística

A continuación gravaremos un lipdub, ou dobraxe de labios, un vídeo musical

nun só plano-secuencia no que van participar moitas persoas dobrando en

play-back o tema Logo chega o día do grupo Lamatumbá. O produto final será

difundido a través das redes sociais. Colaboran na gravación os equipos

técnicos de campUSCulturae da USC. Coordina: Begoña Rodríguez

Cacharrón.

Concerto da Noite dos Museos

20:30 h.- Jotinhho’s

Domingo, 19 de maio de 2013 Vén, Mira … é Tempo de Creatividade

De 12:00 a 13:30 h. , para nenos/as de 4 a 14 anos

Obradoiros creativos, tendo sempre como fondo e referencia as coleccións dos

nosos museos. Coñecer e experimentar, dialogar …

Page 33: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

33

PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS

EXPOSICIÓNS

Exposición:

ESPAZO PÚBLICO DE VISIBILIDADE: Os nosos costumes, de Víctor Vila

Fouz

Espazo público de visibilidade é un proxecto da Rede de Museos da

Deputación de Lugo que nace co obxectivo de dar voz a todos e todas os/ as

que teñan unha inquietude ou unha idea artística (en todas as súas disciplinas)

sen un espazo onde desenvolvela. Os museos da Deputación de Lugo, como

servizo público que son, abren as súas portas para favorecer a súa visibilidade.

Tócalle a quenda agora ao proxecto “Os nosos costumes”, unha proposta de

Víctor Vila Fouz para o Museo Pazo de Tor

Pódese visitar a partir do 15 de febreiro de 2013.

VÍCTOR VILA FOUZ

San Fiz, O Corgo (Lugo). Pintor autodidacta que estuda moi detalladamente os

costumes e a cultura do pobo galego no intento de contribuír a crear unha

pintura de ámbito nacional en Galicia. Realizou exposicións en A Fonsagrada,

Page 34: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

34

O Corgo, Lugo, Becerreá, Samos … Ten obras no Museo Etnográfico da

Fonsagrada, Mosteiro de Samos, concello de O Corgo e concello de Becerreá.

Considero que se trata dunha promesa da pintura galega.

[Pedro Núñez Fernández, profesor de debuxo xubilado]

Proxecto global EnREDarte: Creación, promoción e difusión das artes

A Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da Rede

Museística Provincial, promove o proxecto global ENREDARTE concibido para

incentivar a creación, promoción e difusión das artes visuais, escénicas,

musicais, literarias … ENREDARTE aglutina cinco iniciativas diferentes que

teñen como denominador común o seu carácter participativo e dinámico e que

conflúen nun mesmo obxectivo: facilitar espazos para a difusión das creación

dos artistas, tanto dos consagrados como dos novos valores (Diálogos na

Rede, Espazos públicos de visibilidade, Estudio Aberto, I Simposio Arte e

Natureza e Saudarte).

O proxecto ENREDARTE vaise desenvolver nos catro museos da Rede

Museística Provincial, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos e no

antigo Hospital de San Xosé, ao longo do segundo semestre do ano 2013.

EnREDarte

1.-DIÁLOGOS NA REDE

1 de xuño a 31 de decembro de 2013 / Museos da Rede Museística

Unha iniciativa aberta aos artistas que respondan á convocatoria dos catro

Museos da Rede Museística Provincial ( Museo Provincial de Lugo, Museo

Provincial do Mar, Pazo de Tor e Museo Etnográfico de San Paio de Narla) e

presenten proxectos de intervención que establezan un diálogo artístico con

pezas ou coleccións concretas pertencentes a un dos catro museos da Rede.

Un xurado seleccionará, entre os proxectos presentados, dous artistas para

intervir en cada un dos museos.

Page 35: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

35

_____»» Decisión do Comité de Selección das propostas presentadas á

sección de Diálogos na Rede do Proxeccto EnrREDarte

Os membros do Comité de Selección que ao marxe se relacionan do

PROXECTO ENREDARTE que, convocado pola Área de Cultura e Turismo da

Deputación de Lugo, a través da súa Rede Museística, ten por obxecto valorar

as diferentes propostas presentadas á sección de Diálogos na Rede (iniciativa

aberta aos artistas que presenten proxectos de intervención que establezan un

diálogo artístico con pezas ou coleccións concretas pertencentes a un dos

catro museos da Rede), e despois das oportunas deliberacións, acordan por

unanimidade seleccionar as propostas dos seguintes artistas:

Enrique Tenreiro / Iago Eireos / Marina Núñez / Oscar Seco / Carmen

Llonín / Paula Cabaleiro / Isabel Somoza e Yolanda Dorda

Integran este Comité de Selección as seguintes persoas:

Mario Outeiro Iglesias, deputado-delegado da Área de Cultura e Turismo da

Deputación de Lugo.

Encarnación Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo e

coordinadora de Enredarte.

Lucila Yáñez, responsable do Departamento de Belas Artes do Museo

Provincial de Lugo.

Fernando Arribas Arias, responsable de difusión da Rede Museística da

Deputación de Lugo.

Amelia Aguado Álvarez, directora da Fundacion Jiménez-Arellano Alonso

(Palacio de Santa Cruz. Valladolid) e xefa de servizo Centro Buendía.

Extensión cultural da Universidade de Valladolid.

Juan García Sandoval, director-Conservador do MUBAM (Museo de Bellas

Artes de Murcia). Centro de Estudios de Museología de la CARM.

Rufino Ferreras Marcos, responsable de EducaThyssen (desenrolo educativo

do Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid).

Xose Antonio López Silva, filólogo, investigador externo do ILGA, profesor,

antoloxista e traductor. Colaborador da USC, poñente e coordinador/moderador

en simposios.

Xulia Santiso Rolán, directora-conservadora da Casa Museo Emilia Pardo

Bazán en A Coruña (da Real Academia Galega). Codirectora da empresa de

xestión cultural Territorio Cultura (comisariado, coordinación de exposicións,

didáctica de museos, proxectos de intervención cultural).

Lugo, 10 de xuño de 2013

Asdo.: Fernando Arribas Arias (responsable do departamento de Difusión da

Rede Museística) e Encarnación Lago González (xerente da Rede

Museística)

» “Fogares de crianza” de Carmen LLonín, no Museo Pazo de Tor

(inauguración: 7 de xullo de 2013)

»Diálogo “vivo”, de Enrique Tenreiro. Xardíns do MPLugo e Museo Pazo de Tor

Page 36: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

36

(do 18 de setembro ao 19 de novembro de 2013)

» Diálogos omitidos, de DORDA. Sala de Exposicións do MPLugo (do 2 de

outubro ao 2 de novembro de 2013)

» A Soidade da Multitude, de Iago Eireos. Museo Pazo de Tor (do 13 de

outubro ao 13 de novembro de 2013)

» Quedamos para vestir Santos (Xabier de Sousa, Xosé Poldras e Isabel

Somoza). MPLugo (do 17 de outubro ao 17 de novembro de 2013)

EnREDarte

2.-ESPAZOS PÚBLICOS DE VISIBILIDADE

1 de xuño a 31 de decembro de 2013 / Museos da Rede Museística

Os Museos da Rede ofrecen os seus espazos dispoñibles para a presentación

diante do público de calquera proposta artística : teatro, música, danza,

humor,… Haberá unha convocatoria para a presentación de proxectos

individuais ou colectivos. Cos proxectos seleccionados establecerase un

calendario de actuacións en distintos espazos (pechados e abertos) dos catro

museos. A Rede Museística Provincial organiza o programa, facilita os espazos

e ocúpase da promoción e difusión de todas e cada unha das intervencións.

EnREDarte

_____»» Decisión do Comité de Selección das propostas presentadas á

sección de Estudio Aberto do proxeccto EnREDarte

Ás 18:00 horas do día 10 de xuño do 2013, reúnense no Pazo de Tor (Monforte

de Lemos) os membros do Comité de Selección que ao marxe se relacionan do

PROXECTO ENREDARTE que, convocado pola Área de Cultura e Turismo da

Deputación de Lugo, a través da súa Rede Museística, ten por obxecto valorar

as diferentes propostas presentadas á sección de Estudio Aberto (concebido

para que os artistas plásticos de diferentes disciplinas convertan, durante dous

meses, a Sala de Exposicións da Deputación de Lugo nun estudio aberto ao

público), e despois das oportunas deliberacións, acordan por unanimidade

adoptar as seguintes decisións:

1.- Destacar o elevado número de propostas presentadas, así como tamén a

alta calidade das mesmas.

2.- Visionados os traballos presentados, acordan seleccionar as propostas dos

seguintes autores:

Para a residencia de xullo:

Reme Remedios / Paz Vicente / Cristóbal Tabares / Ro-Ro / Gema López /

Page 37: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

37

Elena Gaztelumendi e Lomarti

Para a residencia de agosto:

Mónica Trastoy / José M. Luque / Eva Cruz / Edurne Herran Senén Olano e

Ruth Montiel Arias

Como suplente queda designada Isabel Alonso

Integran este Comité de Selección as seguintes persoas:

Mario Outeiro Iglesias, deputado-delegado da Área de Cultura e Turismo da

Deputación de Lugo.

Encarnación Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo e

coordinadora de Enredarte.

Lucila Yáñez, responsable do Departamento de Belas Artes do Museo

Provincial de Lugo,

Fernando Arribas Arias, responsable de difusión da Rede Museística da

Deputación de Lugo.

David Barro, editor da revista de Arte Contemporánea DARDO, crítico de arte

comisario de exposicións. Crítico de El Cultural (El Mundo) e asesor da

Fundación Barrié-

Chus Martínez Dominguez, comisaria independiente de exposicións e crítica

de arte. Colaboradora habitual de El País Cultura.

Agar Ledo Arias, xefa do Departamento Exposicións do MARCO (Museo de

Arte Contemporánea de Vigo). Profesora do Máster de Arte. Comisaria e crítica

contemporáneas (USC).

Juan Carlos Meana, decano da Facultade de Belas Artes (Universidade de

Vigo) e profesor de Escultura.

Marta García Fajardo, directora da Colección de Arte na Fundación Mª José

Jove (A Coruña) e responsable da Área Cultural na devandita fundación.

Eva Morquecho, codirectora da galería de arte contemporánea Metro

(Santiago de Compostela).

No Pazo de Tor (Monforte de Lemos), ás 21:00 horas do 10 de xuño de 2013.

Asdo.: Fernando Arribas Arias (responsable do departamento de Difusión da

Rede Museística) e Encarnación Lago González (xerente da Rede

Museística)

CRONOGRAMA

1<7 Xullo : RESIDENCIA ARTÍSTICA I (6 artistas)

Programa:

1<7 Xullo: traballo colectivo no espazo

Martes 2. Mércores 3.Xoves 4. 20.00h.: CHARLAS CON...

(Visita de profesionais do sector: comisarios, críticos, xestores culturais,

artistas...)

9<25. Xullo: EXPOSICIÓN

1< 8 Agosto: RESIDENCIA ARTÍSTICA II (6 artistas)

Programa:

Page 38: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

38

1< 8 Agosto: traballo colectivo no espazo

Sábado 3. Domingo 4.Luns 5. Martes 6. 20.00h.: CHARLAS CON...

(Visita de profesionais do sector: comisarios, críticos, xestores culturais,

artistas...)

9<25 Agosto: EXPOSICIÓN

EnREDarte

4.-I SIMPOSIO ARTE E NATUREZA NO PAZO DE TOR

Do 27 de xullo ao 3 de agosto de 2013/ Pazo de Tor

Xornadas de traballo no pazo de Tor arredor da arte e da natureza. Admitiranse

proxectos de artistas que fan arte terrestre ou de integración das artes na

natureza, especialmente aqueles que traballan con madeira, terra, pedra, area,

auga, rocas … e que adapten as súas ideas concretas de traballo á contorna

do Pazo de Tor e ao diálogo co público. Un xurado seleccionará a catro artistas

entre os que presenten as súas propostas. Tamén estará aberta a posibilidade

de presentar relatorios en relación co tema do simposio.

EnREDarte

___________

Diálogos na Rede con Carmen Llonín no Pazo de Tor

» Domingo, 7 de xullo, ás 12:00 horas:

→Inauguración de “Fogares de crianza” de Carmen LLonín

“Fogares de crianza” é un traballo que amosa a innegable orixinalidade,

diversidade e estética dos niños, froito da observación, reflexión e da

admiración que Carmen Llonín ten por estes elementos cheos de vida. Esta

intervención que presenta o niño como clave de reinterpretación e reflexión

sobre o territorio, unha metáfora do ciclo da vida como unha busca permanente

da adaptación ó medio, do mesmo xeito que fan os paxaros cando teñen que

facer os seus niños.

Carmen Llonín é unha artista feita a si mesma, autodidacta e multidisciplinar

(vidro, fotografía, gravado, cestería, etc..). Expuxo de xeito individual na Capela

de Santa María (Lugo), no Concello de Cervo, na Galería Sargadelos de Lugo,

en Portas Ártabras (A Coruña) ou no CENIMA en Foz, entre outros.

Actualmente, forma parte da exposición colectiva de artistas contemporáneas

“Artistas en Red”, comisariada por Paula Cabaleiro. Asimesmo, foi partícipe do

proxecto “Entolearte” e da mostra “A arte de ser muller nun mundo por

compartir 4.0”, ámbolos dous da Rede Museística Provincial.

Esta intervención forma parte do programa “Diálogos na Rede” inserido no

Page 39: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

39

proxecto EnREDarte, que promove a área de Cultura e Turismo da Deputación

de Lugo, a través da Rede Museística Provincial.

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN DE

ARTE E NATUREZA NO PAZO DE TOR

Durante 5 días, 11 artistas traballaron en residencia no Pazo de Tor,

seleccionados entre as 119 propostas presentadas á Convocatoria de Arte e

Natureza realizada pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a

través da súa Rede Museística, dentro do Programa ENREDARTE.

Os artistas provenientes da comarca do Bierzo, de León, de Ávila, de

Pontevedra, de Vigo, de Viveiro e de Lugo, desenvolveron os seus proxectos

cuxo eixo non soamente é salientar o medio natural onde se empraza o museo,

se non tamén o seu compoñente humano e cultural. Neste sentido, a

implicación dos traballadores do Pazo resultou ser esencial para construír e

reforzar estes traballos.

O resultado é unha exposición de doce obras que poderán visitarse a

partir da súa inauguración, o MARTES 27 DE AGOSTO nun percorrido activo e

emocional, diferente á exposición formal, convidando ao espectador ao xogo, á

escoita atenta, ao descubrimento e á reflexión. Os traballos atópanse ao aire

libre na contorna do museo, revelando ao visitante unha perspectiva diferente

do Pazo. Para iso, entregarase un mapa co emprazamento das pezas e o seu

seguimento.

AS 12 OBRAS

1. CARLOS DE GREDOS / Pobo

Un ovo de vimbio érguese desde o chan. O espectador ao aproximarse

pode estar fóra e ao mesmo tempo dentro del.

2. CARLOS DE GREDOS / Todos somos UNO

Desde unha escaleira podemos ler o texto POBO/OVO, xogo de

palabras que alude á orixe da humanidade.

3. NILO ARIAS / Doce Apolo

Instalado no estanque, un lenzo forma unha illa sobre a que actuarán as

ras presentes no entorno. Coa humidade e o contacto dos seus corpos,

as ras irán borrando a capa de arxila facendo emerxer a imaxe do deus

Apolo.

Page 40: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

40

4. JUAN LOMARTI / Asistida-Compartida. Fotosíntese dual

Acción para a posterior instalación que relaciona ao ser humano co seu

entorno natural. Neste caso relaciónase coa árbore e pon de manifesto a

entrada dunha natureza noutra, como ciclo que se repite a un ritmo

constante. O propio autor foi o protagonista activo, agora o espazo e a

forma ocupada por el é recreado a modo de silueta por fariña, material

branco e orgánico resultante da elaboración dun produto natural, o

propio cereal.

ISABEL ALONSO / Natureza artificial

Pequenas pezas de la tecidas con gancho mimetízanse coas árbores do

pazo, como liques artificiais. Esta obra ofrece unha reflexión sobre a

gran degradación da natureza e a necesidade de protección e coidado

do medio ambiente.

Ao igual que sucede cos liques, que sobreviven en simbiose coa árbore,

é necesaria unha relación entre o home e a natureza que faga posible o

crecemento e a conservación de ambos. Disto depende a nosa

subsistencia.

5. NOA PERSÁN / Contedores Baleiros

O home afástase da súa orixe esgrimindo a palabra como a arma que

xustifica a súa superioridade, sérvese desta para moverse no mundo da

aparencia e manipular todo aquilo que o rodea, deixando á natureza

desprovista da súa propia voz; baleira como un contedor que só serve

para recoller o noso lixo…,que non é máis que a nosa esencia

repudiada.

6. COLECTIVO RA / Experiencias de Natureza en Pazo de Tor (Vídeo en

aula didáctica)

Existe un vínculo emocional entre o espazo e as persoas que o habitan,

como é o caso do Pazo de Tor, onde os seus traballadores con afecto,

transmiten a necesidade de coidado que se precisa para devolver o

esplendor que foi e revivir o entorno e a súa paisaxe.

A través destas accións poéticas ponse de manifesto que a Natureza

está dentro de nos e é no encontro onde se manifesta.

7. ALBERTO PENA / Pombal. Pazo de Tor

As plumas escuras cravadas na parede de cal do muro exterior falan de

que aínda queda moito na escuridade. As brancas do interior abren un

espazo para a espiritualidade, para que a conciencia aclare as cousas.

8. LEMUEL QUIROGA / Rerum Natura. Árbore sonora

Page 41: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

41

Pano sonoro de madeira que trata de dar voz ao entorno e con iso busca

illarnos do barullo cotiá que nos atorda, a prol de xerar, a través diso, un

espazo de recollemento que motive a escoita íntima e a reflexión.

9. EL ABRELATAS / Co-dice

Traducimos á linguaxe do ser humano, para que poidamos comprender

a mensaxe de auxilio e dor que a Pazo de Tor e, sobre todo, a súa

contorna, está enviándonos de maneira constante.

10. XOSÉ REIGOSA / Apis Mellifera

As abellas están desaparecendo. A causa principal é o uso de

pesticidas. Calcúlase que en Galiza xa desapareceron máis dun 80%

delas.

O ser humano non podería vivir sen as abellas. Este traballo pretende

ser unha homenaxe a súa importantísima labor o tempo que un toque de

atención a sociedades.

11. DAVID CRESPO / Tor Lúdico

Solitaria Brisca (Versión Tor)

Solitaria Escoba (Versión Tor)

Existen múltiples accións e normas que nos envolven cando

interactuamos co noso propio entorno, moitas das cales aceptamos sen

cuestionalas.

Nesta instalación preséntase un “happening” que parte da análise das

estratexias seguidas na práctica de dous xogos populares da baralla

española. Coa manipulación das súas regras convértense en dous

xogos solitarios, onde novas estratexias de xogo invitan ao espectador a

participar e seguir os novos ordes ou a crear as súas propias regras.

EXPOSICIÓN: A Soidade da Multitude, de Iago Eireos

Inauguración: domingo, 13 de outubro de 2013, ás 12:00 h.

EXPOSICIÓN: A Soidade da Multitude, de Iago Eireos

Instalación modular no Museo Pazo de Tor (Diálogos na Rede)

Museo Pazo de Tor

(Do 13 de outubro ao 13 de novembro de 2013)

Entrada gratuíta

Horario de visitas

De martes a domingo, visitas guiadas ás 11,

12:30, 16:30 e 18 h.

Luns pechado.

Entrada gratuíta

Page 42: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

42

_____Neste proxecto pretendo reunir a sublimidade da arte como expresión de

certos sentimentos humanos (a soidade, a esperanza ou a frustración) coa

dimensión privada e doméstica do ser humano. Trátase de poñer ao home

fronte a si mesmo, de evidenciar como os seus sentimentos, as súas

expectativas e a súa cotidianidade van tinguindo os instantes que discorren día

a día. Porque á fin e ao cabo, a arte é unha creación humana que pon ao home

en contacto consigo mesmo en toda a súa dimensión e no seu retrato

inmediato.

“A Soidade da Multitude” utiliza os instantes cotiáns como pretexto e base do

seu discurso, o contexto doméstico e privado é o leimotifv da obra á vez que

unha parte dela, a intención é plasmar escenas populares de carácter

estritamente íntimas e trasladalas a unha contorna pública. O Pazo de Tor, un

museo que abre as portas dun fogar descontextualizado da súa función

residencial, é agora o escenario dunha instalación que versa sobre costumes

do fogar e intranscendentes que suceden portas a dentro, un encadre que

evidencia actitudes e costumes sociais e invita a reflexionar sobre a

individualidade e identidade dentro do grupo xenérico.

A instalación componse de diversos paneis de grandes dimensións construídos

con materiais pobres ensamblados, evidenciando o grao de obxecto común e

reciclado, que no seu conxunto forman unha estrutura modular pechada, a

modo de habitación privada, trátase dunha construción tridimensional que

mostra no seu interior unha serie de escenas habitadas e no seu exterior unha

estrutura arquitectónica demarcada por unha aparencia chabolista, a dobre

cara da peza invita a percorrer a súa perímetro e penetrar na escenografía da

propia obra.

Se esta instalación é unha proxección do noso reflexo máis privado e social é

unha cuestión que non se ten por que resolver. O que pretende o proxecto é

traballar utilizando este mecanismo: provocar esa sensación de

espontaneidade, de encontro entre o público e o privado, entre o íntimo e o

social, intervense na escena cotiá, para que o espectador sexa capaz de

buscar a relación entre a súa propia vida, a contorna no que convive e os

sentimentos máis esenciais que adoita proxectar o reflexo atopado en

convivencia con representacións artísticas.

[Iago Eireos]

Page 43: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

43

EXPOSICIÓN: AconTecendo

Inauguración: sábado, 7 de decembro, ás 12:30 horas. Exposición colectiva,

comisariada por Noemí Cobas, que se inclúe no Proxecto “ENREDARTE:

Espazos públicos de Visibilidade” dentro do programa ”Mulleres en / para / por /

desde / ante a Rede Museística”. AconTecendo é una mostra na que se

pretende, empregando o téxtil como medio, cuestionar os roles de xénero na

nosa sociedade. Partindo da rica historia do téxtil no mundo da arte, que vai

dende os antigos tapices ata o uso de feltro nas obras de Beuys, os artistas

reunidos nesta mostra empregan a súa maneira de ver a arte para ofrecer un

novo punto de vista e do papel da muller na nosa sociedade.

AconTecendo

Museo Pazo de Tor, Tor, Monforte de Lemos (Lugo)

(do 7 de decembro de 2013 ao 5 de xaneiro de 2014)

ARTISTAS PARTICIPANTES

Jaime van Bergen: Músico e compositor de movemento browniano e indíxena

experimental, semiurbano e multidisciplinar.

Belén Bonilla Omil:Artista en formación de A Coruña. O seu tema fetiche é o

mundo Pop xaponés, aínda que tamén se atopa cómoda noutro tipo de

temáticas, que van dende o feminismo ata a búsqueda de identidade persoal e

o xogo de roles.

Sara Adelaida: Graduada na Escola de Estudos Superiores de Deseño Téxtil e

Moda de Galiza. As súas coleccións vence influenciadas por Madeleine Vionet,

Yves Saint Laurent e a cultura americana. Neste momento son tres as

coleccións que realizou, “Bourbbonaiss”, “Tiffany & Combat” e “Cándida

Apariencia”

David Crespo: Artista conceptual que se está a formar na facultade de Belas

Artes de Pontevedra. As súas obras xogan co minimalismo e o arte póvera e en

todas elas o título da obra confírelle sentido á mesma.

Paloma Madox: Estudiante de arquitectura, belas artes e deseño de moda.

Recén chegada de un período de estudos el Londres, actualmente dedica a

súa obra, que consta principalmente de escultura, videocreación e pintura, a

aunar as suas tres disciplinas de estudo, enmarcadas na nova cultura pop do

século XXI e o Net Cult

Julia Huete Iglesias: Formada na facultade de Belas Artes de Pontevedra. Os

Page 44: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

44

seus últimos traballos en textil abarcan tanto o figurativo como o abstracto ao

atoparse nunha fase experimental cunha técnica tan chea de posibilidades

como é a mesma.

Aprendo a ser vestido, de Paula Cabaleiro, no Museo Pazo de Tor

Este venres, 20 de decembro, ás 12:00 horas, terá lugar no Museo Pazo de Tor

a presentación da escultura-instalación Aprendo a ser vestido, orixinal de Paula

Cabaleiro. Á mesma hora terá lugar no mesmo museo un encontro no que

participarán varios dos artistas que protagonizaron intervencións e exposicións

dentro do proxecto EnREDarte.

Con esta actividade ponse colofón a EnREDarte 2013, proxecto que engloba

programas como Estudio Aberto, Arte e Natureza, Diálogos na Rede, etc., nos

que participaron un bo número de artistas e que supuxo a experiencia artística

mais novidosa e plural das realizadas en Galicia nos últimos anos.

PROGRAMA TEATRO E CINE

TEATRO

Dobre representación de Animaliños (de R. Vidal Bolaño) no Pazo de Tor

O domingo, 26 de maio, ás 16:00 h. vai ter lugar no Museo Pazo de Tor unha

dobre representación da obra Animaliños de Roberto Vidal Bolaño, con unha

adaptación de Eva F. Ferreira. O elenco

- Representación dobre da obra Animaliños (de Roberto Vidal Bolaño) a cargo

do grupo de teatro escolar do C.E.I.P. A Gándara, de Monforte de Lemos, e

dun grupo de actores adultos.

de actores e actrices mozos do Obradoiro de Teatro do CEIP A Gándara

realizará a primeira representación ás 16.00 horas, e, a continuación, o

alumnado adulto da Aula Municipal de Teatro de Monforte poñerá en escena

a mesma obra. Con estas representacións a Rede Museística da Deputación

de Lugo pon remate aos actos organizados nos diferentes museos da Rede

con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano homenaxeou ao

dramaturgo e actor R. Vidal Bolaño.

Obra: Animaliños, de R. Vidal Bolaño

Adaptación e dirección: Eva F. Ferreira

Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos, ás 16:00 horas

ENTRADA LIBRE

SINOPSE:

Unha praga de caracois nunha urbanización de chalés desencadea unha

neurose colectiva, facendo saír á luz o peor de cada casa. Obsesionadas

coa preservación da súa pequena parcela de felicidade, as persoas que alí

residen pasarán por riba de todo aquilo que represente unha ameaza para

elas. Incluída a propia veciñanza.

“Animaliños” (Premio María Casares 2003) é a terceira parte dunha triloxía

Page 45: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

45

sobre a sociedade actual, dominada pola aparencias e o individualismo.

Con grandes doses de retranca e humor, Roberto Vidal Bolaño, autor

homenaxeado nas Letras Galegas 2013, debuxa un retrato certeiro sobre

a vida nun espazo domesticado e hostil. E non só para os animais.

Page 46: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

46

CINE

- Festival Internacional Euroárabe AMAL (Mostras AMAL)

Desde esta fin de semana a Rede Museística da Deputación de Lugo ofrece

aos seus visitantes a posibilidade de ver os mellores filmes do Festival Amal

2013 en todos os museos xestionados pola área de Cultura e Turismo da

Deputación de Lugo.

A Fundación Araguaney – Puente de Culturas ten como prioridade fundamental

promover o intercambio cultural entre España, América Latina e o Mundo Árabe

cunha clara vocación universal. Fomentar a comprensión do mundo árabe a

través do cine e fomentar o sétimo arte é un compromisos do Festival Amal ao

que un ano máis se quere sumar a Rede Museística ofrecendo a maiores e

pequenos un ciclo de cine que ofreza unha visión global, cosmopolita e

intercultural do mundo.

Este ano teremos a oportunidade de ver as mellores películas da última edición

de Amal. O ciclo Amal 2013 consta das seguintes películas que de maneira

simultánea se proxectarán nos 4 museos da Rede no seguinte horario:

Museo-Pazo de Tor: Todos os sábados de decembro a partir das 17 horas e os

domingos de decembro a partir das 11:30 horas.

*Os horarios son susceptibles de modificacións segundo as necesidades e

programacións dos museos da Rede.

PROGRAMA 1:

LE THÉ OU L´ELECTRICITÉ

Premio Amal 2012 á mellor longametraxe documental

Dirección: Jérôme le Maire

Duración: 93 min.

País: Bélxica, Marrocos.

PROGRAMA 2:

RABAT

Premio Amal 2012 á mellor longametraxe de ficción; mellor direcció e á mellor

interpretación masculina.

Dirección: Jim Taihuttu e Victor Pontem

Duración: 65 min.

País Holanda.

EID

Premio Amal 2012 á mellor curtametraxe documental.

Dirección: Saaheb Collective

Duración: 9 min.

País: Palestina.

Page 47: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

47

PROGRAMA 3:

BROMAS APARTE

Dirección: Vanessa Rousselot.

Duración: 54 min.

País: Francia, Palestina.

ENSEMBLE

Premio Amal 2012 á mellor curtametraxe de ficción.

Dirección: Mohamed Fekrane

Duración: 17 min.

País: Francia.

PROGRAMA DE CONFERENCIAS E XORNADAS.

I Simposio Arte e Natureza no Museo Pazo de Tor

O deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo,

Mario Outeiro, e a xerente da Rede Museística, Encarna Lago, presentaron o

programa do I Simposio Arte e Natureza (incluído no proxecto global

EnREDarte) que se vai desenvolver este verán no Museo Pazo de Tor, en

Monforte de Lemos. Este I Simposio Arte e Natureza consta de dúas fases: a

primeira, un Encontros co artista Fernando Casás no Pazo de Tor, e a segunda

a execución dunha Convocatoria aberta de proxectos de intervención Arte e

Naturaleza no Pazo de Tor.

_____I Simposio Arte e Natureza [encontros co artista Fernando Casás no

Pazo de Tor]

Os movementos culturais foron asimilados pola nosa sociedade e orientados

aos fins que esta considera válidos. ¿En que posición se atopa o artista e como

se presentan os movementos de Arte & Natureza cando a ecoloxía pasa a ser

a base do pensamento politicamente correcto? O esforzo de non ser absorbido

polos intereses dominantes lévanos á deslectura como busca da experiencia

subxectiva e primixenia, ao mesmo tempo que pode ser o vehículo para atopar

a posibilidade dunha comunicación e intercambio distanciados do establecido.

A idea da existencia do paraíso e da súa perda definitiva, e a busca da

posibilidade remota dun sistema alternativo aínda sobrevive en escasos

lugares do pensamento e da sociedade. Desculturas que nos abren á busca

dun universo paralelo a través da natureza, das plantas e dos espazos

cargados de poder.

Fernando Casás, xullo 2013

PROGRAMA

27 e 28 de xullo de 2013 > Museo Pazo de Tor

> Sábado > 27 de xullo > 10.30h. >Conferencia Inaugural : Arte e natureza:

civilización e urxencia doutra realidade, por Fernando Casás

[considerado coma un dos iniciadores dos movementos de Arte e Natureza,

vive e traballa entre España e Brasil. Dende finais dos anos 70, e no medio dun

Page 48: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

48

entorno tropical, comeza a fraguar unha obra de marcado carácter conceptual,

moitas veces efémera e vinculada a evidenciar e reflexionar sobre a memoria e

o paso do tempo na natureza. Desprazando a arte da súa posición

convencional para ubicala na natureza e recollendo trozos da natureza para

introducila en museos, galerías e espazos urbanos, a súa obra funciona como

metáfora epistemolóxica da quebra das fronteiras entre natureza e cultura]

> Visita ao Pazo de Tor e finca

> Comida no Pazo de Tor

> Sábado >sábado, 27 de xullo > 16.30h. >Mesa Redonda: A angustia do

paraíso perdido

Interveñen:

Fernando Casás (artista e profesor na Facultade de Belas Artes da UVIGO)

Ruth Montiel (artista multidisciplinar especializada en intervencións na

natureza)

Alberto Ruíz de Samaniego (profesor de Estética e teoría das artes da

UVIGO. Crítico cultural e comisario de exposicións)

David Barro (crítico, comisario e director da revista de arte DARDO magazine)

>Visita á Ribeira Sacra

>Sábado >domingo, 28 de xullo > 11.00h. >Mesa Redonda: Paraíso como

natureza

Interveñen:

Fernando Casás (artista e profesor na Facultade de Belas Artes da UVIGO)

Federico López Silvestre (profesor doutor de Historia das Ideas Estéticas

Moderna e Contemporánea na USC e cunha importante tese dedicada á

paisaxe)

Lucía Loren (artista madrileña especializada en arte e territorio, con

numerosas intervencións na natureza e rural en toda España)

Chus Martínez (crítica de arte e comisaria de exposicións independente)

_____Convocatoria aberta de proxectos de intervención Arte e Naturaleza

no Pazo de Tor, enmarcada dentro do proxecto global EnREDarte.

Número de Prazas |50

Destinatarios | Prioritariamente artistas, aínda que tamén se abre a

historiadores da arte e outros axentes do sector.

Lugar | Rede Museística, Pazo de Tor.

Prazo de presentación dos proxectos: ata as 14:00 horas do 10 de agosto

de 2013.

Publicación da resolución cos proxectos seleccionados: 12 de agosto de

2013.

Intervención no Museo Pazo de Tor: do 20 ao 25 de agosto de 2013

Page 49: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

49

PROGRAMA DE CONCERTOS.

CONCERTO DAS LETRAS.

19:00 h.- Cantares Gallegos . Textos de Rosalía de Castro musicados

Jotinho's é un proxecto que nace da man varios músicos de Lugo coa intención

de explorar as vertentes máis clásicas da bossa nova. O seu repertorio ten un

denominador común, os concertos que Vinícius de Moraes e Toquinho

ofreceron en Buenos Aires e Punta del Este nos locais coñecidos coma "La

Fusa". Neles cóntase coa participación de Maria Creuza e Maria Betanhia na

voz, ademais dun elenco de músicos arxentinos de primeiro nivel. Ademais dos

temas popularizados por esta gravación, Jotinho's tamén interpretan outros

clásicos da bossa nova clásica así coma sambas recoñecibles por todo o

público

.

Silvia Viñas - voz

Fernán Gómez - guitarra

. Á voz, Silvia Viñas Rojo, cuxo entusiasmo foi clave á hora de concebir o

proxecto e, por último, á guitarra Fernán Gómez, un vigués afincado en Lugo

que gastou o seu primeiro soldo nunha guitarra para bossa nova hai xa algúns

anos.

Page 50: Memoria2013 tor

Museo Pazo de Tor

50

CONCERTO DE NADAL

Concerto de Nadal: Grupo musical “Os Parentes” (Grupo Trícole) e

componentes do Grupo Trícole. Grupo mustical de estilo tradicional, folk.

Cancións de Nadal de recolleita por diferentes lugares da Ribeira Sacra..

Conerto con un ton lúdico pero sobre todo didáctico sobre os diferentes

cantares, procedencias, costumes e tratar de comprender como se vivía esta

festividade nas diferentes épocas dos cantares interpretados.

Domingo, 29 de decembro de 2012, ás 18:30 h.

PROGRAMA COLECCIÓNS

Traballo de inventario topográfico das diferentes coleccións do Pazo.

Traballo de elaboración dunha nova guía (sen rematar)

EQUIPO.

Encarna Lago: Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo

Manuel García: Vixilante de Arquitectura do Museo Pazo de Tor

Silvia Fiallega: Vilxiante-Guía Museo Pazo de Tor

Juan Ignacio: Bibliotecario Rede Museística Provincial de Lugo

Noelia: Persoal de mantemento e limpaza Museo Pazo de Tor

Tar López: Vixilante-Guía Museo Pazo de Tor.