medramos en valores

3
Proxecto de Bulebule para o curso 2011-2012 Aquí estamos de novo coa ilusión dun curso por diante. Seguiremos xuntos coas boas lecturas que nos fan ir medrando. Lecturas que nos axudan a coñecernos mellor, a ser máis solidarios, coñecer e respectar o noso planeta, coidar da natureza… En definitiva, ler fainos mellores. Querémosvos facer partícipes dun novo proxecto que imos desenvolver este curso baixo o epígrafe “Medrando en valores”. Educar en valores supón educar nas normas de conducta e actitudes segundo as cales despois nos comportamos. Os valores son fundamentais, por iso a responsabilidade que temos nesa educación é compartida, mestres e familia. Educar en valoresDimensións a) Cognitiva b) De sentimento c) De vontade Estes tres apartados implican á nosa razón, aos nosos sentimentos e ás nosas accións. Trataremos de relacionar o que ocorre no noso entorno cunha mirada máis universal, que nos vincule co conxunto da humanidade e así aprender e comprender criticamente o mundo no que vivimos, actuar con criterio e procurar o ben de cada un e da comunidade da que formamos parte. Estes valores, traballados e temporalizados nos tres trimestres, están vinculados tamén á celebración de determinadas datas significativas. Estruturamos o desenrolo do proxecto en torno ás palabras que representan valores. Clasificamos ditas palabras para poder traballalas trimestralmente con máis facilidade. Primeiro trimestre O mundo será máis feliz e agarimoso se nós tamén o somos. Velaí unas palabriñas para irvos axudando nesta tarefa. Os valores a traballar neste trimestre van falar de Nós. As palabras seleccionadas para este trimestre son: autocontrol, saúde, confianza, bondade, paciencia, respecto, lealdade, alimentación, responsabilidade, alegría, amizade, esforzó, creatividade. As conmemoracións relacionadas son: Outubro 17- Día Internacional para a eliminación da Pobreza.

Upload: maria-hermes

Post on 17-Mar-2016

217 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

MEDRAMOS EN VALORES NO ISAAC DÍAZ PARDO

TRANSCRIPT

Page 1: MEDRAMOS EN VALORES

Proxecto de Bulebule para o curso 2011-2012

Aquí estamos de novo coa ilusión dun curso por diante.

Seguiremos xuntos coas boas lecturas que nos fan ir medrando. Lecturas

que nos axudan a coñecernos mellor, a ser máis solidarios, coñecer e

respectar o noso planeta, coidar da natureza…

En definitiva, ler fainos mellores.

Querémosvos facer partícipes dun novo proxecto que imos desenvolver este

curso baixo o epígrafe “Medrando en valores”.

Educar en valores supón educar nas normas de conducta e actitudes

segundo as cales despois nos comportamos. Os valores son fundamentais,

por iso a responsabilidade que temos nesa educación é compartida,

mestres e familia.

Educar en valores→ Dimensións a) Cognitiva

b) De sentimento

c) De vontade

Estes tres apartados implican á nosa razón, aos nosos sentimentos e ás

nosas accións.

Trataremos de relacionar o que ocorre no noso entorno cunha mirada

máis universal, que nos vincule co conxunto da humanidade e así

aprender e comprender criticamente o mundo no que vivimos, actuar con

criterio e procurar o ben de cada un e da comunidade da que formamos

parte.

Estes valores, traballados e temporalizados nos tres trimestres, están

vinculados tamén á celebración de determinadas datas significativas.

Estruturamos o desenrolo do proxecto en torno ás palabras que

representan valores.

Clasificamos ditas palabras para poder traballalas trimestralmente con

máis facilidade.

Primeiro trimestre

O mundo será máis feliz e agarimoso se nós tamén o somos. Velaí unas

palabriñas para irvos axudando nesta tarefa.

Os valores a traballar neste trimestre van falar de Nós.

As palabras seleccionadas para este trimestre son: autocontrol, saúde,

confianza, bondade, paciencia, respecto, lealdade, alimentación,

responsabilidade, alegría, amizade, esforzó, creatividade.

As conmemoracións relacionadas son:

Outubro

17- Día Internacional para a eliminación da Pobreza.

Page 2: MEDRAMOS EN VALORES

Novembro

20- Día Mundial da Infancia.

25- Día Mundial da non violencia contra as Mulleres.

Decembro

3- Día Internacional dos Discapacitados.

6- Día da Constitución Española.

10- Día Internacional dos Dereitos Humanos.

Segundo trimestre

Os valores para este trimestre xiran en torno a Medrar no mundo.

As palabras seleccionadas son: paz, diversidade, traballo en equipo,

xustiza, liberdade, solidariedade, integración.

As conmemoracións máis salientables son:

xaneiro

30.- Día Mundial da Paz.

Febreiro

21- Día Internacional da Lingua Materna.

Marzo

27- Día Mundial do Teatro.

Terceiro trimestre

Para finalizar trataremos de Medrar en conciencia ecolóxica.

Palabras seleccionadas: ecoloxismo, reciclaxe, urbanidade,

responsabilidade, positividade, respecto pola natureza, compromiso,

consumo responsable, sostenibilidade.

Conmemoracións que nos poden interesar:

Abril

23- Día Internacional do Libro.

Maio

17- Día das Letras Galegas.

21- Día Mundial da Diversidade Cultura..

Xuño

5- Día Mundial do Medio Ambiente.

Cada ciclo escollerá aquelas palabras que lle resulten máis atractivas

para traballar cos alumnos. Abondará con poucas palabras (3 ou 4) para

participar.

Podedes tamén colaborar aportándonos outras palabras que tamén vos

parezan importantes.

Page 3: MEDRAMOS EN VALORES

En pouco tempo a biblioteca repartirá un listado de libros e coleccións por

trimestres que se relacionen co proxecto. Tamén aquí admitimos con moito

agrado a vosa valiosa cooperación.

Procurarase que se traballe a resolución de conflitos que se solucionarán

con esa palabra. Se non hai conflito pódeno imaxinar eles e ver como se

solucionaría.

Tamén pensamos que as páxinas do calendario que se vai elaborar no

colexio deberan inspirarse nas palabras a traballar.

Esperamos que o tema vos resulte motivador e agardamos a vosa

colaboración no desenrolo do proxecto, profes e familias, para a súa

consecución a través do cal sementaremos entre todos o xerme da

tolerancia.

Grazas pola vosa implicación.

Un bico:

Bulebule.