matrícula - nova escola galega · 2017. 6. 13. · 19.30 - 21.00 videoforum: ser muller rural...

2
Matrícula: Ata 03/09/17: matrícula ordinaria (45€); Paradas/os e Estudantes (25€); Socias/os de NEG (15€) Dende o 04/09/17: matrícula ordinaria (50€); Paradas/os e Estudantes (30€); Socias/os de NEG (20€). (*) Deberase acreditar no seu caso, a condición de desempregada/o, estudante e membro de NEG Enviarase o formulario de inscrición debidamente cuberto xunto co xustificante bancario (indicar nome e apelidos e nome da actividade) a: Nova Escola Galega - R/ das Hedras, 4-2ºO, 15895 Novo Milladoiro- Ames. Ou ben por correo electrónico a: mailto:[email protected] Leiteira no camiño de Baamonde a Santiago, en Parga (Guitiriz)

Upload: others

Post on 18-Sep-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Matrícula - NOVA ESCOLA GALEGA · 2017. 6. 13. · 19.30 - 21.00 Videoforum: ser muller rural DOMINGO 1 Bloque IV. Novas propostas para dinamizar a pedagoxía emancipatoria no rural

Matrícula:

Ata 03/09/17: matrícula ordinaria (45€); Paradas/os e Estudantes (25€); Socias/os de NEG (15€)Dende o 04/09/17: matrícula ordinaria (50€); Paradas/os e Estudantes (30€); Socias/os de NEG (20€).(*) Deberase acreditar no seu caso, a condición de desempregada/o, estudante e membro de NEG

Enviarase o formulario de inscrición debidamente cuberto xunto co xustificante bancario (indicar nome e apelidos e nome da actividade) a: Nova Escola Galega - R/ das Hedras, 4-2ºO, 15895 Novo Milladoiro- Ames. Ou ben por correo electrónico a: mailto:[email protected]

Leiteira no camiño de Baamonde a Santiago, en Parga (Guitiriz)

Page 2: Matrícula - NOVA ESCOLA GALEGA · 2017. 6. 13. · 19.30 - 21.00 Videoforum: ser muller rural DOMINGO 1 Bloque IV. Novas propostas para dinamizar a pedagoxía emancipatoria no rural

Obxectivos:

✔ Coñecer a importancia do xénero, as estéticas, a orientación sexual e a identidade de xénero na dimensión individual, grupal e comunitaria. Así como abordar a resiliencia identitaria, a expresión de afectos e a xestión amatoria no desenrolo persoal e colectivo das mulleres e persoas LGTBI do rural.✔ Profundizar nas diferentes formas de violencia de xénero e de bullying LGTBIQfóbico. Así como as sucesivas formas de colonizar e agredir o medio rural.✔ Asumir estratexias prácticas pra aplicar os feminismos na realidade educativa da vida rural.✔ Comprender as vantaxes e beneficios da praxe coeducativa dende un enfoque emancipatorio, intercultural e rural.

Metodoloxía didáctica:

Esta acción formativa baséase na aprendizaxe cooperativa. A metodoloxía didáctica presentada busca a participación activa en base á problematización de casos e á deconstrucción de ideas previas. Para esta tarefa farase uso de técnicas educativas colaborativas como son o videoforum, os grupos de discusión e role-playing; ademais xeneraranse mapas conceptuais e brainstorming buscando en todo momento a creatividade colectiva. Nos catro bloques temáticos expostos mesturarase o formato palestra-debate con diversos obradoiros.

Profesorado:

Isabel Álvarez Fernández: Ecofeminista. Licenciada en Traducción e Interpretación. Máster en Cooperación para o Desenvolvemento e Sostenibilidade Ambiental. Formadora de formadoras en educación afectivo-sexual. Promotora de Igualdade de xénero. Docencia da formación profesional para o emprego. Experiencia en Educación para o Desenvolvemento.

Ángel Amaro Quintas: Licenciado en socioloxía. Máster en Investigación Educativa. Postgrado de Experto en infancia e Xuventude en Risco social. Certificado de Profesionalidade de Docencia da formación profesional para o emprego. Membro do Grupo de Educación no Rural de Nova Escola Galega. +info: http://coeducacionrural.blogspot.com/

Programación da actividade:

VENRES 29Bloque I. Diversidades afectivas, familiares, sexuais e amatorias17.00 - 17.30 Benvida e entrega de materiais17.30 - 19.00 Palestra-tertulia: identidades e vivencias sexodisidentes19.00 - 19.30 Descanso19.30 - 21.00 Obradoiro: a sexodiversidade no rural

SÁBADO 30Bloque II. Violencias Baseadas no Xénero (VBX), LGTBIQfobia e ruralfobia10.00 - 11.30 Palestra-tertulia: a interseccionalidade das violencias patriarcais11.30 - 12.00 Descanso12.00 - 14.00 Obradoiro: a importancia de habitar o rural

14.00 - 16.00 Xantar mancomunado

Bloque III. Máis alá da coeducación urbana16.00 - 17.30 Palestra-tertulia: aspectos básicos da coeducación rural17.30 - 19.00 Obradoiro: comúns e patrimonio dende os ecofeminismos19.00 - 19.30 Descanso19.30 - 21.00 Videoforum: ser muller rural

DOMINGO 1Bloque IV. Novas propostas para dinamizar a pedagoxía emancipatoria no rural10.00 - 11.30 Palestra-tertulia: enfoques e metodoloxías11.30 - 12.00 Descanso12.00 - 14.00 Obradoiro: deseño e elaboración de materiais propios

14.00 - 16.00 Xantar mancomunado

16.00 – 19.00 Conclusións

19.30 Cea e festa

Horas:

20h – Diploma acreditativo da NEG