louriña 77

20
Nº 77 ANO V OUTUBRO, 2010 O PORRIÑO - MOS - SALCEDA DE CASELAS 1€ Mos O Concello pretende enviar á Xunta o documento do PXOM nesta lexislatura Páxina 10 Salceda Salceda convértese en pioneira na administración electrónica Páxina14 Deportes Vitoria para o Club Ciclista Spol Caixanova na final do calendario galego Páxina 17 Cumio gastronómico para as mellores festas Páxinas 4 e 5

Upload: xornal-a-peneira

Post on 26-Jun-2015

120 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Xornal Galego. Edición Comarcal da Louriña de Outubro 2010

TRANSCRIPT

Page 1: Louriña 77

Nº 77 ANO V OUTUBRO, 2010

O P O R R I Ñ O - M O S - S A L C E D A D E C A S E L A S 1 €

MosO Concello pretende enviar á Xunta odocumento do PXOM nesta lexislatura

Páxina 10

SalcedaSalceda convértese en pioneira naadministración electrónica

Páxina14

Deportes Vitoria para o Club Ciclista Spol Caixanovana final do calendario galego

Páxina 17

Cumio gastronómico para as mellores festas

Páxinas 4 e 5

Page 2: Louriña 77

2 OPINIÓN| OUTUBRO DE 2010

e d i t o r i a l

Concello de Mos

Policía Local

Centro de Saúde

Taxis “As Angustias”

Taxis “Puxeiros”

Taxis Servizo Permanente

Oficina de Correos

Concello do Porriño

Policía Local

Centro de Saúde

Taxis

Oficina de Correos

Tanatorio Mos - O Porriño

Serv. Galego de Colocación

Protección Civil do O Porriño

MosO Porriño

986 335 000

620 404 040

986 337 320

986 330 014

986 334 455

986 336 719

986 331 262

696 99 49 45

986 331 200

686 777 777

986 486 667

986 331 037

986 487 343

986 488 989

986 487 921

Urxencias médicasInform. toxicolóxicaIncendios forestais

06191 562 04 20

085

Concello de Salceda

Protección Civil

Policía Local

Centro de Saúde

Xulgado

Oficina de Correos

Salceda986 349003

660 600090

639 821377

986 349008

986 347825

986349076

BO M B E I R O S D E GA L I C I A 112

O “camiño mouro”, non é máis ninmenos que unha travesía de dor e ra-bia contida, daqueles que ven o peri-

go que corre o seu medio de substento. AsPontes e Cer ce da están en pé de guerra, porun Real Decreto que beneficia a uns sen ca-librar o grave dano que produce en impor-tantes comarcas da sempre marxinada Ga-licia, onde os seus problemas sempre sonsecundarios, cando se confrontan cos dou-tros pobos do Estado.

Nesta loita pola dignidade e polamesma vida, o moi capaz alcalde socialis-ta de As Pontes Valentín Formoso, e a Xun-ta de Galicia, van da man dos homes e mu-lleres que percorren as estradas da nosaterra para denunciar a asfixia á que llesqueren someter burócratas madrileños.Cando o medio de vida de tanta xente e avitalidade produtiva-empresarial dunhacomarca depende dos intereses de quen-

da de gobernos desnortados, sempre seproducen inxustizas que veñen inducidaspolos mellores arquitectos da nosa ruína.

O problema de raíz radica en manteraxudas para unha industria do carbón au-tóctono, na que os seus traballadores le-van meses sen cobrar e ditas subvenciónsnon son destinadas a reparar esta situa-ción. Un carbón máis caro e máis conta-minante que o que se utiliza nas térmicasgalegas e que segue a estar subvenciona-do por intereses políticos. O Gobernocentral debería destinar recursos á crea-ción de industrias alternativas para co-marcas mineiras que “fan a goma” a basede cartos a fondo perdido, que non sonmáis que “morfina” inxectada en vea doenfermo terminal.

Os mineiros, transportistas, hostalei-ros e demais das comarcas afectadas nanosa Galicia só pretenden que a discrimi-

nación positiva cara a outras rexións nonrepercuta no futuro dos seus fillos. Nonexisten neste grave problema interesespartidarios, só os intereses de Galicia een particular de 3.000 empregos, clavespara a subsistencia dunha parte impor-tantísima do xa moi danado tecido produ-tivo galego. Mentres en Chile a terra pareaos seus fillos mineiros, símbolos xa doorgullo dun pobo, en Madrid prefiren en-terrar as esperanzas da súa marxinadaperiferia.

Ese leviatán, chamado reconversión,que ameaza tanto as nosas térmicas comoos nosos astaleiros, debe ser combatidocon firmeza por políticos eficaces e com-prometidos co futuro da nosa terra, quenon poden quedar parados ante ese aver-no que se aveciña, e para o que non dangrandes sinais de capacitación para fa-cerlle fronte. Ou non?

Edicións Val do Louro S.L.Sarmiento Rivera, nº 17

Teléfono e Fax: 986-660986 36860-Ponteareas (Galiza)

[email protected]

Director:Guillermo Rodríguez Fernández

Colaboradores:

David Rollano Carlos Rego

Marisa AlonsoDavid Pérez Rego “Cato”

Soledad CastroAlberto Álvarez Gil

Fotografía: Arquivo - Hernández - Foto Barros

Publicidade: Dpto. propio - Fran Eiró- Suso Vieito

[email protected]

Maquetación e Impresión:Publicacións Tameiga.

Tlf. 986-48 74 80. Mos (Galiza).

Depósito legal:OR / 57 / 84

A dirección do xornal non se responsabiliza dasopinións emitidas polos seus colaboradores

Sem pre se dixo que Galicia fora a parte doterritorio español mellor librada daque-les anos da posguerra, os chamados anos

da fame. E isto foi así, polo visto, porque osgalegos sempre tivemos no noso agro unhafonte de riqueza que hoxe desprezamosirresponsablemente. Non tivemos a fame doutras partes de Españaporque practicamente tódalas casas galegassaben o que é unha artesa; aquel moble demadeira onde se gardaba o pan de millo quesaira do forno cada semana, nos mellores ca-sos, ou cada mes nos demais. En Galicia sem-pre tivemos unha horte na que non faltabanas patacas, as cebolas, as fabas, ou os tirabe-ques; sen esquencernos das ovellas e os seusaños (que eran unha fonte de riqueza econó-mica, así como os cabritos que se vendían aosque podían pagalos).Non tivemos tanta fame coma os demais; sique tivemos fame de liberdade, de democra-cia de dereitos humanos. Non tivemos guerra, aínda que nela morre-ron un montón de mozos galegos que subidosa un comboi sen saber o seu destino foron aparar á fronte de Teruel, de Madrid ou ondecallara. Ao parecer Galicia rendeuse ao Xe-neral ferrolán nada máis ter noticias de que o“salvador da patria” se puxera en marcha.Claro que tivemos posguerra. Unha cruentapostguerra que, cando xa nada se ventilaba

en termos de goberno do Estado, se ceboucon aqueles que foran culpables de quererser ceibes, naqueles que se atreveran a pen-sar pola súa conta. Aquí si que fomos campe-óns da iniquidade, dos horrores máis innome-ables. As gabias galegas son testemuñas vivasdo sangue inocente que as regou.Pero voltemos á gastron omía que era a nosaprimeira intención, porque hoxe Galicia écampeona en festas gastronómicas. A comar-ca da Louriña non está exenta deste título ga-ñado con esforzo polos seus veciños e ve-ciñas.Nos últimos tempos asistimos adegustacións de produtos, á in-xesta masiva de callos (Sal-ceda e O Porriño lévanse apalma) e doutros produ-tos gastronómicos comoo codillo de Mos.Parecera que a falta deindustrias que dean tra-ballo aos nosos mozos emozas que se preparannon saben ben para que;parecera que Galicia es-tá condeada a ser unha in-mensa cociña que sirva co-mida para todos os que nonpoden traballar.Os orzamentos dos gobernos non

dan para crear postos de traballo pero si danpara dar de comer un par de veces ao ano acentos ou miles de cidadáns que van de festacomo se foran ao curre.Din que Galicia era o País dos mil ríos (hoxe nasúa maioría emporcados por unha industriadepredadora); agora temos que dicir que Ga-licia é o País das mil festas gatronómicas.Ben mirado non está mal; mentres nos deande comer, de que queixarnos?

Coa barriga quente, ría a xente

Rafael Cuíña

Así chamaban ao cianuro nas Pontes

Page 3: Louriña 77

3OUTUBRO DE 2010 | OPINIÓN

Xosé Vázquez Pintor

Gaiteiro Nubeiro fixera a travesía deOns ata Bueu coma quen vai levadode amores na véspera da noite má-

xica de san xohán, auga do cacho e cacha-relas; a flor do tromentelo, o chuchamel,a herba luísa, o botón de ouro... Aquelaluz de estrelas sobre o mar que leva a so-na e o proveito de ser en todo camiñoaberto, ronsel das naos que voltan sella-das de peixe en fresco. Aló na Illa de máissona do pulpo fican os gabeiros, onde oanimal dos raxos pace en grande sintoníade mariscos. Come ben o cefalópodo eGaiteiro sabe distinguir o pulpo do polbo,que llo dixeran na Illa, en voz de mullernai que leva dentro catro netos e moitasnoites de velada, cando o mar azouta. “Opulpo é o máis enteiro, o máis boíño, nonten estragos; e se así non é dicímoslle pol-bo; aghora entendes?”. Gaiteiro axexa osraxos do animal máis listo, aqueles queaínda están por unha mighalliña de horas.A gaita é un fol sen aire no barco.

-Bótalle unha!Nubeiro bota unha e dúas, tres e catro.Loce o mar. Rebrinca ás veces e outras

tantas vai mansiño de cabalos de gasoilcara ao peirao de sempre no solpor ou deamencida. A lonxa é unha maré de xenteen terra de voces que cantan matemáti-cas, coma se as táboas, coma se as con-tas, coma se todo fose fulgor, remate,

desaparición do peixe e lucería de cochesterra adentro, dentro, cabo de lonxe, ninse sabe tanta trastornada.

Nubeiro bota a última na taberna deBaiuras, que ten viño de Cela e de Donón aun tempo; viño que canta no carolino e nacerámica, no peito do mar e no pau de bu-xo. A noite é. Vai de camiño. Beluso conduza Udra coma un neno leva da mau aquel xo-guete. Gaiteiro pérdese na noite e olla aolonxe desde Ancoradouro, a praia das tan-tas recaladas cando hai medos. Escoitaradicir de Cabo Home e Soavela, Hío de Ner-ga e de Donón, ou viceversas que non lem-bra, tantos anos xa de cando na Terra doMedio abrira os ollos e os ouvidos ás novasluces, outras voces que son do mar de no-so coma o pulpo e as sardiñas.

-Quero saber.E sabe a noite a mar en craro, arde. E

arrecende a auga do cacho nas almofíasdos corredores das casas. Auga que esperaa ser de mañá cedo, cando é a primeira luzdo día de san xoán. Encantenón as cacha-relas son noticia e corre o son das voces edos ecos. Hío é pasada Aldán. E medra anoite en festa. Gaiteiro chuza e chega ávista do Cruceiro-Calvario máis fermosodo mundo, que saíra das maus de IgnacioCerviño: christo que arde tamén hoxe enpedra distinta e ilumina o músico cara áNerga, que peneira o mar das Cíes. Praiaque se fai de soño, areal das noites en mis-terio, pasos de lebre polas dunas, corre-dor, ponte de barco, galerna e galería a untempo dos instintos de cadaquén que quer

a danza e a ledicia. Paraíso. Nubeiro acou-ga e bebe un grolo, o viño que se alza enadubíos. “Donón e Barra, Melide”, escoi-tara dicir ao lonxe lonxe, coma se a fin dacase terra, coma pecado dos espidos. Amarabilla da paisaxe loce en luarada. Dis-tinta a luz do Facho. Para onde vai agora amúsica da gaita, en solitario, desatenta atodas as chamadas de convivios. Para ondevai. Vai. Gaiteiro Nubeiro sobe en pé decabra polo peito do Cabo, ese fuciño ou la-bre ou narís ou bico do Morrazo que bebena fonte grande do mar, espellando Cíes,lambendo os peitos das Illas Casitérides,os niños dos araos, as vacalouras. A noiteque non é prosegue avante coma un bu-que, un barco pirata, unha chalupa, un zo-co de labrego en tolería. Zoquea o nosoamigo da Terra de Abeancos en pasos lon-gos de chegar axiña á lucería que din deSoavela, en pasado Cabo Home, en vista xado santuario de Berobreo, o deus nutriciodo atlántico norde, segundo as voces doproveito relicarios. Soavela. O Facho. Do-nón. Berobreo. Fica meu señor da foliada,da xota e da muiñeira; o músico máis nosopor autente e bebedor das uces e das lu-ces, das fragancias do universo; fica, digo,en sono. E soña ser feliz por unha noite.Aquí.

Publicado en Vieiros. “No lombo doAtlántico”, setembro 2008.

Cara ao facho de Donón

Agapito Valado

Avenzoado can de palleiro

Neste tempo de desenvolvemento tecnicista e infor-matizado no que todo se sabe pero poucas cousas seentenden están a desaparecer valores de microcul-

tura local, do cosmos básico, do entorno máis próximo acada home. Pouco a pouco van quedando no esquecemen-to valores culturais e sociais que conforman a identidadedun pobo: as súas costumes, usos, tradicións, microtopo-nimia, rituais... para dar entrada no seu substrato a mani-festacións globalizadas, xeradoras da anticultura e doaparballamento, de modas inventadas por tecnócratas epublicistas de grandes compañías multinaconais que do-minan o mundo e utilizan o seu márketing para impoñermodos de vida inventados, artificiais, que nada teñen quever cos diferentes xeitos de sentir e interrelacionarse comedio que habitan as miles de rexións deste planeta quechamamos Terra.

De xeito manipulado o imperialismo máis vangardistafai desaparecer da nosa terra as aldeas, portadoras dunhacultura milenaria que contruíu país. Con elas fuxen os ho-mes que abandonan o seu recuncho natural para refuxiar-se en cidades. O seu éxodo masivo deixa no esquecementoun "modus vivendi" de riqueza socioculturtal creada du-rante xeracións que foron ocupando no decorrer dos sécu-los un espazo vital onde se construíu un patrimonio inma-terial único.

No medio deste fuxir cara á nada, onde lle dan a un to-do feito e lle anulan a capacidade de xerar formas de des-envolvemento creativas, sinto a pena de non atopar xa po-los eidos e cubertos os cans de palleiro; tan vinculados etan propios e naturais desta querida terra galega. Eses ani-maliños, membros da familia, coa que compartían penas ealegrías, emocións e sentimentos, comida e solo terreño,xa non deambulan con camiñar acompasado polas deser-tas corredoiras das esquecidas e afumadas parroquias ru-rais.

Os cans que sempre estiveron asociados á garda e cus-todia dos eidos e das casas, que formaron parte da paisaxegalega durante séculos son substituídos por outros de ra-zas importadas e algunhas fabricadas en ensaios de labo-

ratorios farmacéuticos (Rotweiler, Boxer, Bulldok, Cocker,Chihuahua...) que viven en chalés con piscina onde os pro-pietarios domingueiros mudaron o podón e a gadaña polamáquina desbrozadora a motor e a herba bea e molar polocéspede, ou en pisos de vilas que antes foron aldeas gran-des e que o boom urbanístico converteu en cidades-presi-dio-dormitorio con bloques de formigón tan xuntos queapenas deixan entrar a luz do sol. Os propietarios dos canspaséanos dúas ou tres veces ao día fachendosos da raza doanimal, intercambiando opinións e facendo relación conoutros propietarios-paseantes que levan bolsa de plásticonas mans para recoller os excrementos.A eses mesmos homes e mulleres danlle asco as galiñas eovellas que algún avó ou pai aínda mantén con orgullo naaldea primaria, e non lle gusta o cheiro do quinteiro, peronon duvida no final do domingo meter no maleterio do co-che as ducias de ovos ou a pata de carneiro e as patatas outomates da horta suada entre leiras.

Estes cans de marca son levados cada mes a clínicas ve-terinarias para facer recoñecementos e tratamentos emesmo a perruquería canina para adecentarlle o cabelo, ecubertos con roupa de marca cando chove ou fai frío. Polacontra ningún veterinario fixo un peso a conta dun pallei-ro, en tal caso podería facelo o capador cando despoisdunha intervención no porco, era requerido de paso paracapar a cadela da casa que se saía a miúdo e enchía o lu-gar de ducias de cadelos. O can de palleiro non coñecía ninpensos, nin comidas especiais. Roía os ósos da carroleiraou da soán peladiños de todo e aproveitaba os escasos res-tos de comida en oposición co gato con quen tiña que com-partir diante do dono, aínda que unha vez que este des-aparecía, ao felino non lle quedaba outro remedio que fu-xir a fume de carozo. Despois, co bandullo máis ben balei-ro saía do cuberto ou do palleiro e marcaba territorio me-xando contra portelos, postes das viñas, rodas de carro oucancelas. Os cans de marca nin xeito lle dan a levantalaperna para librar a vexiga. Bebía nos charcos e durmía nopalleiro entre a herba seca, cheo de pulgas e carranchosque lle producían unha feridas nas orellas onde as moscas

e bareixas en bandada chuchaban o sangue xa negro da in-fección.

O fiel palleiro, amigo do seu dono e do lugar no que ha-bitaba, distinguía os veciños e espantaba cos seus ladridosa extraños poñendo en alerta a outros cans de que alguéndescoñecido roldaba polo lugar. Tan involucrado estaba coseu contorno que presentía a morte do veciño ou do amoenfermo na noite anterior ao pasamento. Oubeaba comaun lobo contaxiando aos outros cans e adiantándose napremonición ao paxaro cabra. No día seguinte as campásda igrexa facían sinal polo defunto.

Mansiño cos seus, remolón e ladrador cos de fóra, dur-mía sempre cun ollo aberto e movía o rabo convulsivo eafectuoso cando un coñecido lle chamaba polo nome. Vi-xiaba os cativos nos seus xogos e gardaba o gando no mon-te sendo unha axuda inestimable para o amo a quen mes-mo nos días de descanso lle botaba algún coello do tobal.Os seus nomes eran tan orixinais coma as porrerías dos ve-ciños: Ferrista, Comati, Faimerir, Chispa, Cartucho, Fu-co... Agora os cans de deseño teñen nomes de telenovelaou de personaxes de revistas do corazón.

Abenzoado can de palleiro, amigo paseante de carrei-ros, saltador de portelos, espeluxado e empapado nos díasda chuvia coma un pito-sereno, camiñabas despreocupadodo mundo, movéndote no círculo máis íntimo da vida, co-ma un máis da famila dos labregos de sacho e angazo. Abrí-aseche a boca na sesta do amo e esperguizábaste na eirapara matar as pulgas aplastándoas contra terra da que na-ceches. Fillo da lama, do suor e da lareira, de tellas de ca-baqueiro artesán e do solo terreño cuberto de fasco paranon pisalo estrume. Amigo can de palleiro, eu bótote demenos porque fuches maldizoado pola modernidade ab-surda que importa costumes e modos de vida alleos paraparecermos homes globalizados con acceso á informacióninstantánea e manipulada, non sabendo que o importanteestá realmente en gozar do que a natureza máis próxima,a que temos a man, nos dá e conservala herdanza que nosdeixaron xeracións de traballo de sol a sol co orgullo quese merecen.

Page 4: Louriña 77

4 PORRIÑO | OUTUBRO DE 2010

10.000 bocas na Festa dos callos

REDACCIÓNO Porriño

As Festas do Cristo tiveron oseu cénit, coma tódolosanos, na Festa dos Callos;

18.700 racións, 7.800 quilos decallos, para degustar na prazade San Sebastián, ao prezo de 6 e4 euros. Ademais a xornada do-minical do 3 de outubro estivoamenizada con música, deportee animación de rúa.

O grupo de Gaitas de Sanxurxo de Mosende tocou tras alectura do pregón. Desta voltacorrespondeu a José Luis Martí-nez, antigo director xeral e fi-nanceiro de Frigolouro, un des-tacado home de empresa, unhome “que naceu, viviu e des-envolveu a súa vida profesionalno Porriño”, como así lembrouJabier Briones, conselleiro de-legado de Frigolouro.

Os preparativos culinarios

para tal proeza principiaronsede madrugada. Cara as 02.30horas da madrugada do domin-go comezouse a elaborar os ca-llos para que ás 08.30 horas semesturasen co sofrito e ás09.00 horas xa se puideron ser-vir aos comensais. Como todosos anos puidéronse degustar insitu na carpa, iso si, suprimiusea carpa Vip colocando no seulugar unha destinada unica-mente a persoas discapacita-das para a súa maior comodi-dade. No entanto, previamen-te, desde a 01.00 e até as 02.00horas, houbo unha degustacióngratuíta, para a cal se prepara-ron uns 600 quilos de callos e

que estivo amenizada coa mú-sica da charanga Os Festiculto-res. “Estamos preparados paraatender a unha maior deman-

da”, aseguraba AlejandroAlonso, un dos cociñeiros deFrigolouro, así nesta ediciónbatirase de novo o récord cun-has 18.700 racións. Serán un

total de 7.800 quilos de callosformados por 1.900 quilos deventre de vacún, 950 Kg. depata de tenreira, 2.400 Kg. de

garavanzos, 450 Kg. de lacóncurado e 375 Kg. de chourizo esofrito. Todo iso acompañadode pan do Porriño e viño da Ro-seira.

Un ano máis Porriño enxalza os callos dentro dasFestas do Cristo. Este ano vóltase a superar o

número de asistentes así como de xente que se pasaa recoller os pratos para levalos á casa

Non faltou ninguén á Festa, dende as autoridades até os máis larpeiros

Unhas 18.700 racións e 7.800 quilos decallos para degustar na praza de San Se-bastián

Page 5: Louriña 77

5OUTUBRO DE 2010 | PORRIÑO

Actividades complementarias

Celebráronse diversosactos como unha marchacicloturista que discorreupor todas as parroquias.Tamén se puideron seguiras evolucións ralentiza-das, no centro da vila, dun-ha concentración de vehí-culos históricos. Pola tar-de disputouse no polide-portivo municipal o OpenInternacional de Baile deSalón Festas do Cristo. Ta-mén houbo animación derúa con Mundo Mandari-na, o Grupo Electrógeno eStaticman. Pecharon as or-questras Tango e Charles-ton Big Band e a Banda deMúsica Cultural de Salce-da de Caselas.

Page 6: Louriña 77

6 O PORRIÑO| OUTUBRO DE 2010

O día 8 de setembro abriu as portas en Torneiros

O novo centro de día de O Porriño, inauguradopolo Concello e a Xunta con 40 prazasREDACCIÓN Porriño

Dirixido a persoas de máisde 65 anos que presentenunha situación de depen-

dencia física, cognitiva ou socialou que se atopen en situación derisco de presentala. Con tal mo-tivo, o Concello do Porriño e aXunta de Galicia celebraron oacto de inauguración no que es-tiveron presentes os membrosdo Goberno local encabezadospolo alcade Nelson Santos e aconcelleira de Benestar SocialMª Carmen Palacín, acompaña-dos de Beatriz Mato, conselleirade Traballo e Benestar; RobertoRodríguez, xerente do ConsorcioGalego de Servizos de Igualdadee Benestar e Lucía Molares, de-legada territorial da Xunta deGalicia en Vigo.

“Un día de alegría e históri-co para Porriño”, así cualificouo alcalde “a xornada de hoxena que inauguramos un novocentro dirixido a aquelas per-soas que nesta etapa das súasvidas necesitan máis axudaque nunca”, engadía. Nesta li-ña, o rexedor local dirixíase áconselleira para solicitar quenestes momentos de recortesorzamentarios se faga todo oesforzo posible para que todasestas persoas dependentes ouen risco de selo, despois de terunha longa vida con todo o queiso conleva, teñan agora a súacompensación. Pola súa ban-da, Matogueira asegurou que“o obxectivo das administra-cións é garantir os servizos bá-sicos á cidadanía, sendo a pos-ta en marcha deste centro unexemplo diso, como tamén o éo Plan Galego de Persoas Maio-

res, un proxecto integral, noque estamos a traballar e queen breve presentaremos, a tra-vés do cal se executarán ac-cións de mellora da calidadede vida das persoas maiores”.Neste sentido, a conselleiraasegurou unha colaboraciónleal e constitucional con todosos concellos.

Tras o acto inaugural no quese descubriu unha placa colo-cada na fachada do edificio,realizouse unha visita polasinstalacións coa presenza dosusuarios e persoal laboral do

centro.Espazos amplos e adaptados

O centro contou cun orza-mento, por parte da Xunta deGalicia, de máis dun millón deeuros, entre obra, equipamen-to e outras subministracións.Tamén é salientable que desdea súa apertura a xestión é cofi-nanciada polo Concello e o en-te autonómico.

A residencia ten unha capa-cidade para 40 persoas aíndaque polo momento o númeroactual de pacientes está en 13usuarios, máis outros 14 nos

próximos días. O centro adap-tado ás necesidades físico-fun-cionais dos usuarios alberga ungran salón multiusos onde sediferencia zonas destinadas acomedor, convivencia e des-canso, así como salas de reha-bilitación e enfermaría e bañosadaptados. Nel os usuarios po-den participar de todo tipo deactividades e talleres dirixidosa posibilitar que a persoa sigasendo autónoma, previr situa-cións de risco ou combater asoidade que lles afecta a moi-tos deles.

Beatriz Mato interesouse pola opinión dos usuarios que xa están disfrutando das novas instalacións.

Plan de Maiores

A conselleira de Tra-ballo e BenestarBeatrizMato sinalou na visita aocentro que a mellora nadotación de servizosconstitúe unha das apos-tas máis importante den-tro do Plan Galego dePersoas Maiores, un pro-xecto integral no que aConsellería está a traba-llar dende hai xa mesespara deseñar as acciónsde mellora da calidade devida das persoas maioresgalegas.

Nese deseño estase acontar coas achegas detodas as entidades e pro-fesionais que traballannese ámbito. O documen-to, que será presentado apróxima semana, contarácon medidas que incidi-rán na protección dos de-reitos das persoas maio-res e na mellora dos servi-zos e programas de aten-ción, tanto en cantidadecomo en calidade.

Ademais do centro dedía de O Porriño, nas últi-mas semanas entrou enfuncionamento, tamén naprovincia de Pontevedra,outro centro de día de 40prazas no Concello de To-miño e proximamente in-augurarase outro de 70 enVigo.

Debido a xeografíasocial da nosa comunida-de existe un gran númerode persoas maiores dis-persas por aldeas e conpoucos familiares quepoidan ocuparse, por iso étan importante a axuda.

Page 7: Louriña 77

7OUTUBRO DE 2010 | PUBLICIDAD

MaitinesMaitinesViños e licoresViños e licores

Entre a ampla oferta podemos atopar:-Viños, augardentes e licores-Produtos galegos: queixos, chourizos, tetillas...

Este establecemento de recenteapertura pon a disposición do públicoen xeral un servizo “ao por maior”para bares, restaurantes e tendas deultramarinos.

Gran variedade de artigos para:Vodas, banquetes,

bautizos, comidas de empresa...

DEGUSTACIÓN E VENDAR/ Progreso, 20 – (36.418-O Porriño)

TEF. 986 34 68 [email protected]

Page 8: Louriña 77

8 O PORRIÑO| OUTUBRO DE 2010

A Brilat e as gaitas da Deputaciónacompañan o Cristo da Agonía

REDACCIÓNO Porriño

Odomingo, día 26 de setem-bro, e o luns, festivo local,Porriño envorcouse co seu

Cristo da Agonía.A Banda de Gaitas da Deputa-

ción e a Banda da Brilat de Ponte-vedra acompañaron a procesión dodomingo. Tamén houbo polas tar-des animación de rúa, teatro e fút-bol; e xa coa entrada da noite a mú-sica fíxose protagonista coas ac-tuacións de bandas de música e un-ha grande selección de orquestras.

Unha fin de semana longa e in-tensa, chea de actividades e actosque puideron vivir todas aquelaspersoas que estes días se achegaroná vila do Louro. E é que O Porriñoviviu as grandes xornadas das Fes-tas do Cristo 2010 cunha programa-ción lúdica e cultural moi completae para todos os gustos organizadadesde as concellarías de Cultura ede Festexos, dirixidas polo alcaldeNelson Santos e o concelleiro M.Alejandro Lorenzo respectivamen-te. Actos relixiosos, deporte, actua-cións musicais, animación de rúa eteatro encheron de vida, luz e ledi-cia o municipio porriñés.

A Misa Solemne do Cristoacompañada polo Orfeón Porriñésna Igrexa de Santa María seguida daprocesión coa Banda de Gaitas daDeputación de Pontevedra e a Ban-da da Brilat de Pontevedra foi o actocentral da xornada que deu comezoás 11.30 horas e que se prolongouaté as 13.00 horas, cando a Banda deMúsica Popular de Tui ofreceu unconcerto na praza do Cristo. No en-tanto, xa desde as 10.00 horas cele-brábase o IX Trofeo do Cristo deOuro do Porriño de tiro olímpico nocampo de tiro de Atios. Pola tarde, aanimación tamén estivo aseguradacon inchables, pallasos marchosos,talleres de maquillaxes divertidas, aactuación de Jabí Javichi Velou co-mo o raio, a charanga Os Jalochos eos pasarrúas Spasmo Teatro, activi-dades enmarcadas no IV FestivalMulticultural da Consellería de Cul-tura e Turismo da Xunta de Galicia eque se desenvolveron na zona peonile polas diferentes rúas do centro des-de as 17.00 até as 20.30 horas.

Para os amantes e afecciona-dos das artes escénicas o espectá-culo e a festa trasládanse por unsmomentos á parroquia de Budiñocoa posta en escena de personaxesen busca de autor por parte dosalumnos da Escola Municipal deTeatro, a cita foi ás 18.00 horas nocentro cultural A Forna.

Trofeo Festas do Cristode Baile Deportivo

Preto de 100 parellas tomaronparte o pasado domingo 3 de outu-bro de 2010 no Trofeo Festas doCristo do Porriño de Baile Depor-tivo, organizado pola Escola deBaile PASOS coa colaboración doConcello do Porriño. Esta compe-tición celebrouse no Pavillón De-

portivo Municipal do Porriño.O prezo da entrada foi de 6 € e

gratis para os menores de 12. Nestacompetición puidemos gozar coaparticipación dos actuais Campiónsde España Standard e 10 Bailes,Adrián Esperón (Pontevedra) e Pa-tricia Martínez (Mos), parella que

tamén é a situada en 1º lugar do rán-king nacional da modalidade Stán-dar. Tamén se puideron ver as evolu-cións dos 3 veces Campións de Es-paña Júnior (14/15 anos) de 10 Bai-les Fernando Lareu (Pontevedra) eNoe Pintos (Mos). Como parella lo-cal máis importante bailaron PabloCastro e Noelia Otero (xa foroncampións Galegos Sub-19 de 10Bailes). Nas categorías de Nenosdesde 4 a 14 anos houbo participan-tes sen parellas da Escola de BaileMunicipal do Porriño. A Escola Mu-nicipal leva funcionando desde oano 2004 e desenvolve a súa activi-dade no Pavillón Municipal. O tro-feo de baile do Porriño é ademaispuntuable para o Ranking Nacionalda AEBD (Agrupación Española debaile Deportivo), que ten rango defederación deportiva. As autoridade acudiron á procesión do Santísimo Cristo da Agonía.

Pola tarde tamén houbo numeroso actos na honra do Cristo

Unha fin de semanalonga e intensa, cheade actividades e actosque puideron vivir todas aquelas persoasque estes días se achegaron á vila doLouro

Preto de 100 parellastomaron parte o pasado domingo 3 deoutubro de 2010 noTrofeo Festas do Cristo do Porriño deBaile Deportivo, organizado pola Escola de Baile PASOS

Page 9: Louriña 77

9OUTUBRODE 2010 | O PORRIÑO

Unha focha de seis metrospola queima de colectores

O Porriño acolle o I Encontro Galego -Portugués de Música Nova

REDACCIÓN/O PORRIÑO

Unha rotura na tubaxe do sa-neamento, de recollida de augaspluviais e fecais, ao seu paso po-la rúa Ramiranes foi o motivo doafundimento do asfalto no de-vandito punto.

O contratempo debeuse ávertedura producida pola quei-ma de colectores durante a xor-nada de folga do mércores 29 deoutubro.

O líquido procedente doplástico queimado dos colecto-res entrou directamente por unsumidoiro e derretiu seis metrosde tubo do saneamento, de ma-

neira que todas as augas que esterecollía fluíron sen control mi-nando a terra e provocando, con-secuentemente, que o asfalto ce-dese?, explica Carreira. O inci-dente, no que traballaron opera-rios do Concello para a súa in-mediata reparación, provocou aapertura dunha focha de seis me-tros de longo por un de profundi-dade e outro de ancho e foi tapia-do provisionalmente con variosferros de aceiro para evitarmaiores infortunios.

A cercanía dun garaxe pro-vocou que se acondicionara o so-cabón con unha planchas deaceiro.

REDACCIÓN/O PORRIÑO

A música encheu todos os re-cunchos do municipio desde pri-meira hora da mañá e até a madru-gada co comezo da degustacióndos callos. O encontro galegoportugués de música nova, a ver-bena da noite e diversas activida-des de animación amenizaron axornada, todo iso enmarcado naprogramación das Festas do Cris-to 2010, organizada desde as con-cellarías de Cultura e de Festexos,dirixidas polo alcalde NelsonSantos e o concelleiro M. Alejan-dro Lorenzo respectivamente.

O encontro galego portuguésde música nova constitúe a pri-meira vez que se celebra un en-contro como este entre músicos ediferentes profesionais deste sec-tor co fin de buscar as esenciasque moven as relacións entre Ga-licia e o veciño Portugal en mate-ria de música amateur e semipro-fesional.

Este encontro pretende pro-mover a cooperación institucio-nal en materia de políticas de mo-cidade para que os mozos quedena vivir e a traballar na zona trans-fronteiriza é o obxectivo principaldeste proxecto.

No encontro, que se prolon-gou até as 18.00 horas no centrocultural municipal, pretendeuseatopar puntos en común e descu-brir cales son as potencialidadesdeste tipo de relación transfron-teiriza que, en moitas ocasións,nacen espontaneamente. Os pro-fesionais atenderon as inquedan-

zas destes grupos e promoveron odiálogo entre os protagonistasnesta longa xornada de sábado daque se pretendeu extraer conclu-sións que orienten á administra-ción para o establecemento de li-ñas de apoio e máis próximas ásdemandas reais de todos estesmúsicos.

O territorio común

Desta maneira, celebrouse un-ha mesa redonda baixo o título OTerritorio Común. Experienciasde achegamento con AclamaciónBelho por Cantos na Maré, LuísFernández por Outonalidades,Santi Veloso por Ponche nas On-das, Ovidio Rodeiro pola Direc-ción Xeral de Xuventude e Volun-tariado da Consellería de Traballoe Benestar da Xunta de Galicia eAclamación Dias polo InstitutoPortugués dá Juventude. Taménse organizaron grupos de opinióncon mozos guiados por Uxía, To-ñito de Poi e Xocas López. Comonon podía ser menos, non faltou asesión vermú a cargo de Jane Joyde a continuación celebrouse unhacomida de confraternidade entretodos os participantes. Xa polatarde continuaron as actividadesaté as 18.00 horas, momento declausura da xornada. O encontrofoi organizado pola OficinaTransfronteiriza de InformaciónXuvenil Galicia Norte de Portu-gal de Tui e enmarcado dentro doproxecto Espazo Xuvenil dirixidopola Dirección Xeral de Xuventu-de e Voluntariado da Conselleríade Traballo e Benestar da Xunta

de Galicia e o Instituto Portuguésde Juventude.

Animación de rúa

e máis música

E para finalizar o día, de novomáis música. Ás 20.30 horas aBanda de Música Xuvenil de To-rroso ofreceu un concerto no par-que do Cristo e a partir das 22.00horas púidose bailar coa verbenaa cargo das orquestras Suavecito eLamas. Xa de madrugada, ás01.00 horas, actuaron a charangaVos Festicultores amenizando aprimeira degustación dos callos.

Durante a tarde houbo anima-ción de rúa, no parque do Cristo,con Vos Sete Magníficos + unDous paiasos en apertos, Static-man e pasarrúas musical coa cha-ranga Aperta, actividades enmar-cadas no IV Festival Multicultu-ral da Consellería de Cultura e Tu-rismo da Xunta de Galicia.

Día do encontro musical

por parroquias

O martes, 28 de setembro, conmotivo do día do encontro musi-cal por parroquias, actuaron osgaiteiros da Asociación CulturalA Forna de Budiño e da Asocia-ción Cultural de Pontellas. A citafoi a partir das 20.30 horas na pra-za Arquitecto Antonio Palacios. Aactividade enmarcouse na progra-mación das Festas do Cristo 2010organizada desde as concellaríasde Cultura e de Festexos, dirixi-das polo alcalde Nelson Santos eo concelleiro M. Alejandro Lo-renzo, respectivamente.

As actuacións das reparacións constituíron incomodidade aos veciños.

Page 10: Louriña 77

10 MOS| OUTUBRO DE 2010

A Consellería de Medio Ambiente terá a derradeira palabra sobre o documento

O Concello de Mos pretende enviar o PXOM áXunta antes de que remate a presente lexislaturaREDACCIÓN/MOS

A alcaldesa de Mos, NidiaArévalo, conta con poder en-viar o Plan Xeral de Ordena-ción Municipal (PXOM) aSantiago para ser revisado po-la Xunta de Galicia antes deque finalice a presente lexis-latura. Trátase dun novo pasocara á consecución do tan an-siado documento urbanísticopara o municipio.

Recentemente celebrouseunha nova reunión informati-va dos traballos de seguemen-to e revisión do PXOM doConcello de Mos. O pasadomes de setembro retomáronseas reunións de seguementodos traballos de elaboracióndo PXOM, coa asistencia dostécnicos municipais, o equiporedactor e os representantesdos grupos da Corporación eos membros do equipo de go-berno local.

O tema principal tratadofoi a explicación por parte doequipo redactor da incidenciadas determinacións da novalexislación urbanística espe-cialmente na estrutura ruraldo Concello, cuestión na queo equipo redactor estivo a tra-ballar dende a entrada en vi-

gor da mesma, o pasado mesde abril.

Por outra banda, repasá-ronse conxuntamente os pasosmarcados pola nova tramita-ción establecida na citada mo-dificación da lei do solo que odocumento do PXOM deberácumprir, como a incorpora-ción ao Documento de Iniciodo estudo do medio rural, do

modelo de asentamento pobo-acional e a descrición e ava-liación polo miúdo do sistemados núcleos rurais proposto,contidos e obxectivos da pla-nificación.

Está prevista unha novareunión de seguemento paraos próximos días do mes deoutubro, na que se dará coñe-cemento do devandito Docu-

mento de Inicio por parte doequipo redactor, antes da súaremisión inmediata á Conse-llería de Medioambiente, Te-rritorio e Infraestruturas, quedeberá elaborarse en base aoanterior: a Memoria de Refe-rencia a ser tida en conta poloequipo para a formulación dodocumento para a aprobacióninicial do PXOM.

Neste sentido a alcaldesamosense, Nidia Arévalo, de-clarou que o goberno localconta con poder enviar o PlanXeral a Santiago para ser revi-sado pola Xunta de Galicia,concretamente pola conselle-ría de Medio Ambiente Terri-torio e Infraestruturas, antesde que finalice a presente le-xislatura.

Presentación da documentación do PXOM por parte do goberno local.

Page 11: Louriña 77

11OUTUBRO DE 2010 | MOS

REDACCIÓN/MOS

A Xunta de Galicia, a travésda Consellería de Traballo e Be-nestar, vén de resolver unhaaxuda de case 100.000 euros pa-ra poñer en marcha o V Plan Ex-perimental de Emprego de Mos,o programa “Xerae”. Acompa-ñada da alcaldesa de Mos, NidiaArévalo; o concelleiro de For-mación e Emprego, GerardoAlonso; e representantes dasinstitucións colaboradoras, Ra-món Sestayo (Cogami) e JoséMañas (Aemos). A delegada te-rritorial de Xunta, Lucía Mola-

res, destacou que o proxecto“Xerae” ten como obxectivofundamental reducir o desem-prego en sectores de difícil in-serción, mellorar a cualificaciónprofesional e impulsar o empre-go entre as persoas paradas domunicipio mosense ao tempoque busca fomentar a participa-ción do empresariado na crea-ción de emprego a nivel local,de aí a colaboración que este no-vo proxecto ten coa Asociaciónde Empresarios de Mos e a Con-federación Galega de Discapa-citados. Neste senso, a delegadaterritorial lembrou que ao longo

deste ano a Xunta de Galiciaconcedeu a Mos máis de 1,2 mi-llóns de euros para destinalos apolíticas activas de formación eemprego. Deles, 988.000 eurosforon destinados a cursos de for-mación dos que se benefician untotal de 210 alumnos e outros202.000 euros foron dedicados arealizar contratacións a travésdo plan de cooperación local.

Para 100 destinatarios ensituación de desempregoO V Plan Experimental de

Emprego de Mos vai dirixido aun total de 100 persoas en situa-

ción de desemprego e ten unhaduración de seis meses, come-zando o vindeiro 1 de outubro erematando o 31 de marzo de2011. A selección dos partici-pantes levarase a cabo a travésdo Servizo Público de Empregoe terán prioridade os desempre-gados de longa duración, as mu-lleres, as persoas con discapaci-dade e outros colectivos en difí-cil situación.

Con todo, o programa fíxaseuns obxectivos de inserción do35% e vai desenvolver as súasaccións no Centro de Desenvol-vemento Local (CDL) de Mos.

O plan Xeraechega a Mos

Aemos implícaseun ano máis noplan experimentalde emprego

REDACCIÓN/MOS

Despois de pedir a cola-boración da Xunta para con-tinuar co Plan de Activaciónde Emprego (PAE) en Mos aresposta xa se fixo efectivacoa presentación do V PlanExperimental de Empregode Mos Xerae 2010-2011,resultado dun compromisoposto en marcha pola Aso-ciación de Empresarios deMos (AEMOS), o Concelloe a Confederación Galega dePersoas con Discapacidade(Cogami). “Sempre cumpri-mos as metas que nos propo-ñemos con esforzo e traballodiario, e agora, nestes mo-mentos máis difíciles, fare-mos todo o que estea nas no-sas mans para conseguir amaior inserción de empre-go”, explicaba José Mañas,presidente de AEMOS.

Un total de 239 persoasinseridas no mercado labo-ral, este foi o resultado ópti-mo que serviu de respaldo exustificación para que aXunta de Galicia, a través daConsellería de Traballo eBenestar, decidise subven-cionar o programa cun orza-mento de case 100.000 eu-ros e así o remarcaba LucíaMolares afirmando que “es-te é o froito do traballo benfeito en anos anteriores conoutros plans experimentaisde emprego”.

Page 12: Louriña 77

12 MOS| OUTUBRO DE 2010

O BNG estuda remitir informesá Fiscalía sobre ilegalidadesen expedientes sen tramitar

Acusan o Concello de non rematar asobras do goberno anterior

REDACCIÓN/MOS

O BNG ten a sospeita de que noconcello se engrosan expedientesde obras sen a preceptiva tramita-ción legal, algo que leva consigo aposterior parálise municipal e o in-cremento da débeda por parte dasempresas. Os servizos municipaisestán certificando obras en terreosde particulares, dos que nin seque-ra se fixo o requisito previo de fir-mar por parte dos propietarios oscorrespondentes escritos de cesióndeses terreos, afirma o portavozXosé Manuel Martínez Ojea.

A preocupación do BNG vaiencamiñada a dous proxectos fun-damentais, o segundo tramo do Pa-seo do Louro, que vén sendo a con-tinación do primeiro paseo que le-vara a cabo o goberno do BNG noconcello, e o parque que se está afacer nas beiras do río, perto do an-tigo paseo, ambos proxectos namesma parroquia de Mos.

Así mesmo o BNG pide que selles faga caso aos técnicos superio-res da administración, como son asecretaría e intervención, que ad-virten destas ilegalidades en infor-mes existentes no expediente, eque son os encargados de observar

a legalidade dos expedientes.Por esta razón, os representan-

tes municipais do BNG están pen-sando en levar á Fiscalía estos ex-pedientes para que desde as instan-cias xurídicas sexan quen de ad-vertir aos gobernantes de Mos queas cousas hai que facelas dentro dalegalidade.

“O xerente fai a vista gorda”O BNG aproveita tamén para

criticar a misión do xerente de ur-banismo, xa que, según os nacio-nalistas, “cun saldo millonario, de-bendo de salvagardar estas ilegali-dades, fai a vista gorda mirandopara outro lado sen que ninguénsepa cal é o seu labor e o seu come-tido no concello”.

REDACCIÓN/MOS

Miguel Anxo Aldea, responsa-ble do BNG en Mos, denunciouque o goberno de Nidia Arévalonon rematou as obras do segundoPlan E. “Unha das escusas da mo-ción de censura era que o gobernoanterior non traballaba o suficien-te, e que non se facían obras paramellorar a calidade de vida dos ve-ciños e veciñas de Mos. “Moi malnon se debeu facer, xa que aínda adía de hoxe o goberno tránsfuganon é quen de rematar algunhas das

obras que comezara aquel gobernolexítimo”, argumentou Aldea.

As críticas dos nacionalistascéntranse basicamente nas obrasdo vial do Castro-Mos, “un vial senrematar, e que se atopa nun estadolamentable ante a desidia do go-berno do PP, está sen dar a capa de-finitiva do asfaltado, e as herbascrecen sen ningún tipo de cortapi-sa, chegando a ser un verdadeiroperigo para a condución”.

Tamén apunta a N-120 en San-guiñeda, “que quedou adxudicadaa súa total urbanización antes da

moción, dáse por rematada candoaínda quedan situacións por solu-cionar tan perigosas como o queacontece na parada de autobús, quecarece de valo de protección, can-do hai un desnivel considerablepola parte de atrás”.

Engade Miguel Anxo Aldeaque “este goberno segue facendoobras que xa estaban previstas conanterioridade, non achega nada no-vo a este concello, e preocúpasesoamente de quedar ben subven-cionando orquestras e todo tipo defestas”.

Unha das obras sen rematar que denuncia o BNG.

Apreocupación doBNG vai

encamiñada ao segundotramo do Paseo doLouro e ao parque quese está a facer nasbeiras do río

Page 13: Louriña 77

13OUTUBRO DE 2010 | MOS

Benestar Social e Consorcio Galegolevan a cabo importantes mellorasna Escola Infantil da Porteliña REDACCIÓN/MOS

O Concello de Mos acome-teu durante este verán unha seriede melloras na Escola Infantilda Porteliña consistentes en pin-tar todas as aulas da mesma e en-cargarse do mantemento dosxardíns exteriores, tarefa estaque a administración local mo-sense realiza unha vez ao mes.

A alcaldesa, Nidia Arévalo, ea concelleira de Benestar Sociale responsable municipal da Es-cola Infantil, Ana Rodríguez, vi-sitaron as instalacións paracomprobar de primeira man co-mo quedaran os traballos reali-zados durante os últimos mesesde verán. Dende que o equipo degoberno local encabezado por

Nidia Arévalo chegou ao Con-cello de Mos fíxose, segundoexplicou a edil Ana Rodríguez,“unha posta a punto integral dasinstalacións da Escola Infantilda Porteliña, que son antigas elevaban máis de dez anos senadecentar”, asegura.

Rodríguez Cabaleiro taméninformou de que as obras que selevan acometido na Escola In-fantil da Porteliña dende que elaé concelleira de Benestar Socialforon asumidas conxuntamenteentre o Concello e o ConsorcioGalego de Servizos de Igualda-de e Benestar. Ademais dos tra-ballos antes mencionados, oConcello de Mos encargouse decolocar algúns estantes, de cam-biar a instalación eléctrica xa

que a que había estaba anticua-da, de instalar un novo cadroeléctrico aumentando a potenciae de poñer un acumulador novoa maiores na aula de bebés. Polasúa banda o Consorcio asumiu ocambio de tódolos acumulado-res do sistema de calefacción docentro, e equipou de materialnovo toda a Escola Infantil, tal ecomo se comprometera o xeren-te, Roberto Rodríguez, durantea primeira visita que realizou ásinstalacións da Porteliña.

Por último, Ana Rodríguezadiantou tamén que o Concelloencargarase de acometer, no quequeda de ano, unhas pequenasobras exteriores nesta Escola In-fantil, concretamente na beira-rrúa da entrada do edificio.

A alcaldesa visitou a Escola Infantil da Porteliña.

Pregón “larpeiro” naXIII Festa do CodilloREDACCIÓN/MOS

A cita gastronómica máis im-portante do Concello de Moscontou este ano con BenignoCampos Melón, cociñeiro doprograma Larpeiros da TVG, co-mo pregoeiro da festa.

A XIII Festa do Codillo, or-ganizada polo Círculo Cultural eDeportivo Sta. Eulalia, celebrou-se o pasado 17 de outubro na fin-

ca de “A Pesqueira”, onde se re-partiron 6.000 racións de codillocon arroz.

As racións, elaboradas a basede 2.500 quilos de codillo de por-co, 500 quilos de arroz e 150 qui-los de chícharos, pemento, cebo-la e allo, estiveron no seu puntoexacto para seren servidas aoscomensais que as puideronacompañar con 5.000 bolos depan e máis 2.000 botellas de viño.

Page 14: Louriña 77

14 SALCEDA DE CASELAS | OUTUBRO DE 2010

REDACCIÓNSalceda

Oalcalde de Salceda deCaselas, Marcos Besa-da, o Concelleiro de Ré-

xime Interior, Martín Iglesias eun representante da empresaIma tia Innovation, Ángel Esté-vez, presentaron na casa da Cul-tura A.D.R. Castelao o novoPor tal do Cidadán do Concellode Salceda de Caselas.

A través da páxinawww.salcedadecaselas.es estese r vizo está dispoñible para queto dos os cidadáns poidan acce-der á información e realizar trá-mites administrativos dunhaforma sinxela. A través da plata-

forma Cividas pódense solicitar,de momento, tres opcións: soli-citudes de certificados de empa-droamento, solicitudes de licen-zas de obra menor e solicitudesxenéricas. Calquera usuario quequeira utilizar este servizo podefacelo co seu DNI electrónicoou solicitar no rexistro do Con-cello o usuario e contrasinal.

Martín Iglesias salientou queeste proxecto comezou a travésdun proxecto máis amplo daMancomunidade de Vigo, me-diante o cal se adquiriu o hardwa-re e o software. Para botalo a an-dar, o Concello contratou a travésdo FEESL 2010 (Fondo Estatalpara el Empleo y la Sostenibili-dad Local) a empresa Imatia. As

súas funcións foron coordinar osdepartamentos do Concello, ase-soralos, resolver dúbidas, anali-zar situacións e dar solucións.

Marcos Besada, alcalde deSalceda, resaltou a importancia

das novas tecnoloxías nestemundo globalizado para un me-llor funcionamento dos departa-mentos do concello, axilizar ostrámites e que os cidadáns poi-dan estar conectados 24 horas co

Concello sen necesidade deachegarse ata alí. “Ademaisvanse reducir custos en mate-riais e tempo de traballo, o quesuporá unha mellor organiza-ción interna no Concello”.

Salceda de Caselas convértese en pioneriana administración electrónica a distanciaO Portal de internet sae á luz grazas a un proxecto máis amplo da Mancomunidade de Vigo, mediante o cal seprocedeu a adquisición do hardware e máis do software necesarios.

A través da páxina www.salcedadecaselas.es os cidadáns poderán acceder á información e realizar trámitesadministrivos dunha forma rápida e sinxela, sen ter que efectuar desprazamentos.

Presentación do novo Portal do Cidadán, arriba a esquerda unha vista da web.

Page 15: Louriña 77

15OUTUBRO DE 2010 | SALCEDA DE CASELAS

Continúan os actos para a devolucióndos Servizos Sanitarios a Salceda conunha nova manifestación no PorriñoREDACCIÓN/SALCEDA

Despois do éxito da manifes-tación celebrada o 18 de setem-bro polas rúas de Salceda de Ca-selas, a Plataforma pola Defensados Servizos Sanitarios de Sal-ceda vai continuar con novas ac-cións co obxectivo de recuperaro servizo sanitario dos sábadosno centro médico de Salceda,servizo que foi trasladado poloSergas ao Porriño dende o 3 dexullo.

A próxima cita será ou-

tra gran manifestación o 30 deoutubro, esta vez no Concello deO Porriño. O lugar de encontroserá o Centro de Servizos So-ciais de A Devesa de Salceda, lu-gar dende onde se partirá para OPorriño ás 11:00 horas e ondeestarán dispoñibles cinco auto-buses, que previa reserva leva-rán as persoas que non dispoñande vehículo propio até Porriño.Procurarase levar o mínimo nú-mero de coches, intentando ocu-par o máximo de persoas os ve-hículos que se despracen. Dende

a Praza do Concello de O Porri-ño, os manifestantes despraza-ranse pola Rúa Antonio Pala-cios, Rúa Domingo Bueno e RúaFernández Areal para rematarno Centro de Saúde de O Porri-ño, onde se lerá un manifesto.

Por outra banda, repre-sentantes da plataforma reuní-ronse cos representantes dostres partidos políticos de Salce-da, para analizar a situación, re-coller propostas e solicitarlle unescrito de apoio á plataforma, aoque accederon sen problema.

Ademais destas actua-cións, Henrique Vieitez, deputa-do do BNG no Parlamento deGalicia, presentou unha iniciati-va parlamentaria na que presen-ta unha proposta non de lei ins-tando ao goberno galego a repo-

ñer o servizo de urxencias pe-chado en Salceda.

Nova solicitude ao Sergas

Tamén se vai remitir unhanova solicitude de devolucióndeste servizo ao Sergas e á Con-cellería de Sanidade á que se llevai achegar os escritos de apoiodos partidos políticos de Salce-da, un dossier de prensa con to-das as noticias xeradas ata o mo-mento e fotos da manifestaciónde Salceda, así como solicitarlleunha nova cita para tratar o pro-blema.

Representantes da platafor-ma reiteran que as supostas me-lloras que alega o Sergas son to-talmente insuficientes e namaioría dos casos non son real-mente melloras, senón servizosque xa existen na actualidade eque a poboación de Salceda re-sulta moi prexudicada nesta ba-lanza. Afirman que na sanidadenon se debe de escatimar, senónao contrario investir e mellorarpara ter unha atención máis pró-xima e de calidade.

Unha das pancartas da pasada manifestación nas rúas de Salceda.

A problemática da Sanidade repercute directamente sobre un grande colectivo que quere expresar o seu descontento.

O grande grupo de peregrinos de Salceda a súa chegada á Catedral de Santiago.

Os populares fan oCamiño de Santiagoperegrinando dendeSarria no día do Pilar REDACCIÓN/SALCEDA

Os populares organizaronunha marcha a pé con motivo doAno Santo que saíu de Sarria, che-gando á capital galega o día daHispanidade . A experiencia foitan positivia para os máis de 50participantes que xa se está a pro-gramar a realización de dúas eta-pas máis, dende o Cebreiro até Sa-rria, para completar o camiñofrancés ao seu paso por Galicia.Primeiro foi á Franqueira e agora,

con motivo do Ano Santo, o Parti-do Popular de Salceda de Caselasorganizou unha peregrinaxe aSantiago de Compostela. Foronun total de 53 persoas as que, a pri-meira hora saíron a pé dende a lo-calidade lucense de Sarria camiñoda capital galega.

A segunda etapa levounos dePortomarín ata Melide, sendo estaa etapa máis longa con 40 quiló-metros de percorrido. O martesdía doce día da Hispanidade che-garon finalmente á capital galega.

Page 16: Louriña 77

16 SALCEDA DE CASELAS | OUTUBRO DE 2010

Caixanova apoia oscomerciantes de SalcedaREDACCIÓN/SALCEDA

A caixa de aforros pon a dis-posición dos asociados dúas lí-ñas de crédito gratuítas para asúa clientela a través da TarxetaComercio e do crédito telefóni-co. O presidente da Asociaciónde Comerciantes e Industrialesde Salceda (ACISA), José Álva-rez González, e o director de zo-na de Caixanova no Porriño e OCondado, José Luis RomeroQuiroga, firmaron un acordo pa-ra impulsar a colaboración fi-

nanceira e social entre ambasentidades. Así, a caixa de afo-rros galega ofrecerá condiciónsfinanceiras especiais aos sociosda organización sectorial, asícomo aos seus clientes.

Por outra banda, co obxecti-vo de axilizar a relación entreCaixanova e os comercios, osempresarios terán á súa disposi-ción de maneira gratuíta todosos servizos da banca electrónicada entidade, Enova, que lles per-mitirán controlar todas as súasrelacións contratadas coa caixa.

RedacciónSalceda

A Casa da Cultura A.D.R. Caste-

lao de Salceda de Caselas vén de

presentar os seus números, en canto

a usuarios/as se refire. Teresa Pérez,

concelleira de Cultura, fixo públicas

as estatísticas, que amosan que a re-

habilitación como casa da cultura do

anterior Concello foi todo un acerto.

Concretamente, no apartado de

usuarios dos ordenadores con acce-

so a internet, situados na planta su-

perior, pasaron de 449 no mes de

marzo a 938 no mes de setembro,

tendo o teito no mes de agosto con

1.104. En canto ás visitas á páxina

web da biblioteca pasaron de 3.959

no mes de xaneiro a 6.549 no mes de

agosto, alcanzando un máximo de

9.315 en febreiro. Estes números es-

tán en total consonancia cos socios

da biblioteca que ascenderon dos

300 en marzo ata os 1.312 en setem-

bro. Tamén as crianzas teñen o seu

lugar neste edificio, utilizando as

instalacións unha media de 15-20

nenos diarios. Os usuarios/as da aula

de lectura varían, dependendo da

época do ano, pero pódese estimar

unha media de 20-30 persoas dia-

rias. Xa por último, o servizo de

OMIC e OMIX atendeu no pasado

ano a 2.144 persoas. Os servizos

complétanse con rede wifi e prensa

diaria. Teresa Pérez amósase moi sa-

tisfeita con estes números, xa que a

nova Casa da Cultura non ten senso

se non se utiliza e isto demostra que

na actualidade é un motor cultural de

primeira orde no concello. Ademais,

dende que se inaugurou este edifi-

cio, a sala polivalente estivo sempre

con exposicións, moi visitadas e ser-

viu para charlas, roldas de prensa,

contacontos, monicreques e mesmo

para cursos, como o que se está a im-

partir de nóminas e seguridade so-

cial.

A Casa da Cultura duplicaos seus usuarios

Page 17: Louriña 77

17

Jacobo Ucha triunfa en Júnior, María Jesús Barros en féminas e Leri en Máster 50

O final de calendario galego deixa 3 vitoriasREDACCIÓN/O PORRIÑO

A última carreira do calendariogalego para os júnior, máster e fé-meninas reuniu no Porriño a moi-tos afeccionados e ciclistas paragozar dun espectacular circuíto ede tres vitorias do Caixanova.

As festas do cristo volveron terciclismo no centro urbano e noc-turno. O club que dirixe HoracioBarros conseguiu levar a cabo a es-pectacular carreira nocturna e contriple vitoria para os seus pupilos.A primeira categoría en disputarfoi a de júnior onde o equipo Cai-xanova quería poñer o broche finala unha tempada na que gañou máisde 15 carreiras e mesmo os campe-onatos galegos. A vitoria leváronao porriñes Jacobo Ucha, nunha fi-nal de infarto mediante o sistemade eliminación.

A seguinte vitoria chegou nacategoría Máster 50, onde o irmánde Manuel Carrera, Valeriano Ca-rrera se facía co triunfo final. Nacategoría Máster 40, Javi Gorgori-to clasificábase terceiro.

A terceira vitoria chegaría nacategoría féminas, onde María Je-sús Barros se impoñía con clarida-de e potencia na longuísima rectade meta da categoría féminas.

A categoría Reina, Elite e sub-

23 reuniu a máis de 70 ciclistas detoda Galicia e moitos equipos pro-fesionais de Portugal. O pupilo deHoracio Barros, Aser Estévez con-queriu o quinto posto na xeral do-minada polos profesionais.

Chus Barros vestiuse o maillotde líder, tras gañar as dúas carrei-ras puntuables para o ranking daCopa Deputación Féminas 2010.

A primeira das citas foi en Marínsobre un circuíto plano no que a po-rriñesa acadou a vitoria e o primeiromaillot de líder da proba ciclista.

A segunda disputouse o sába-do, día 11, en Cangas sobre un cir-cuíto moi duro no que tamén seclasificou primeira e polo tanto lo-grou o triunfo final da Copa Depu-tación Féminas 2010.

a imaxe

Deporte e gastronomía. O exxogador galego de baloncestoFernando Romay estivo taménpromocionando a Festa dosCallos o día da presentación. Oferrolán loubou a calidade dagastronomía porriñesa duranteo acto que estivo presididopolo alcalde, Nelson Santos, eque contou cos seushomólogos de Mos e Salceda,Nidia Arévalo e MarcosBesada respectivamente.

Page 18: Louriña 77

1818 EMPRESA| OUTUBRO DE 2010

Dar a coñecer a empresariose profesionais as diferentes fe-rramentas existentes para a xes-tión da innovación nas súas or-ganizacións foi o eixe do semi-nario celebrado en outubro nasede da Asociación de Empre-sarios de Mos (AEMOS). Baixoo título “Apoios públicos na in-novación” unha trintena de par-ticipantes puideron adquirir unscoñecementos acerca das dife-rentes políticas, programas eaxentes de apoio á innovación,tanto do sector público comoprivado, que interactúan no sis-tema rexional, nacional e euro-peo.

O seminario enmárcase nunprograma de fomento da culturainnovadora posto en marcha po-la Confederación de Empresa-rios de Pontevedra (CEP) que,baixo seis temáticas diferentes,agrupa un total de trece semina-rios que se foron desenvolven-do en diferentes asociaciónsempresariais de toda a provin-cia.

Taller sobre innovación

2.0 en redes sociais

Precisamente, en Mos xa se

impartiu no mes de xuño, un ta-ller sobre innovación 2.0 en re-des sociais orientadas ao nego-cio, e agora volveu acoller outroque suporá o peche deste ciclode seminarios no que colaborana entidade Ingafor e a Rede In-copyme.

“Unha fotografía dos siste-mas europeos, nacionais e gale-gos dinamizadores da innova-ción é o punto de partida do pro-grama ”, explicaba Pablo Ló-

pez, consultor e formador enáreas de organización, recursoshumanos, innovación e marke-ting, encargado de impartir aprimeira parte do seminario.Neste sentido, os axentes e es-tratexias a seguir a nivel auto-nómico céntranse no actualPlan Incite, que vence este ano2010, e próximo Rede Siga; anivel español encóntrase a Es-tratexia Nacional de Innova-ción e no referente a políticas

europeas está presente o Pro-grama Marco, principal iniciati-va comunitaria de fomento eapoio á I+D na Unión Europea.

Inovación, a clave para

o desenvolvemento social

“A idea que queremos tras-ladar todos estes empresarios eprofesionais é a importancia dainnovación nas organizacións,non como unha oportunidade fi-nanceira, senón como unha cla-ve para o desenvolvemento so-

cial e económico coa que acada-remos un maior nivel competiti-vo”, apuntaba Pablo López.

“O concepto innovaciónnon debe ser entendido como unmero trámite para xustificarsubvencións senón que vai máisalá, innovación é xeración deideas que comporten a diferen-ciación, factor no que reside,actualmente, a supervivenciadas nosas empresas”, concluía oconsultor na súa exposición.

Unha fotografía dos sistemas dinamizadores europeos, nacionais e galegos

Empresarios de Mos coñecen as ferramentas para a xestión dainnovación na procura de competitivade nas súas organizacións

A sede de AEMOS acolleu un seminario de fomento da cultura innovadora no que expertos na materia achegaron a un grupo de empresarios e profesionais o concepto de innovación e a súa axeitada aplicación.

O consultor Pablo López e a técnica Rosa Freire foron os encargados de impartir os cursos enmarcados dentro do programa posto en marcha pola Confederación de Empresarios de Pontevedra.

Sistemas Vixia e Enterprise Europe NetworkO contido práctico do seminario correu a cargo de Rosa

Freire, técnico superior do Centro de Innovación e Servizos deGalicia, que centrou a súa exposición no funcionamento dedous servizos prestados desde o CIS. Por unha parte mostrou osistema de vixilancia tecnolóxica VIXIA, “baseado nunha pla-taforma tecnolóxica a través da que se monitoriza toda a infor-mación estratéxica dunha empresa ”e, por outra banda, o siste-ma de transferencia de tecnoloxía Enterprise Europe Network“mediante o cal se ofrece asesoramento ás pequenas e medianasempresas para desenvolver o seu potencial de innovación, pro-movendo a cooperación empresarial e a internacionalización efomentando a participación en programas de I+D con financia-mento da UE”, explicaba Freire. Fomentar a cultura innovado-ra e a súa xestión en entornos empresariais e públicos foi o ob-xectivo último deste seminario no que se demostrou que é nece-sario tomar medidas para impulsar o desenvolvemento tecnoló-xico das empresas.

Page 19: Louriña 77

1919OUTUBRO DE 2010 | EMPREGO

��� As persoas interesadas: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE MOS - Estrada de Peinador, 4136416 MOS (Pontevedra) - Telf: 986 49 88 20 - Fax: 986 48 81 23 e-mail: [email protected] www.aemos.es

COMERCIAL/AUTOVENDA: Empresa deTraballo Temporal require para empresacárnica un Comercial/Autovenda. Xor-nada laboral: Completa. Funcións: Car-ga, descarga e venda de mercadorías.Imprescindible: - Permiso de conducirC1. - Experiencia mínima dun ano nosector cárnico.FONTANEIRO: Empresa dedicada ao tra-tamento de augas require un fontaneiro.Xornada laboral: Completa. Horario: da8.30 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas deluns a xoves e venres da 8.30 horas 14.30. Contrato temporal. Requírese un Fon-taneiro con experiencia mínima de dousanos na montaxe de tubaxe de PVC, Poli-propileno, etc.Dispoñibilidade xeográfica. Posibilidadede incorporación inmediata. Permiso deconducir, clase B e vehículo propio.CONDUTOR C+E: Empresa de traballotemporal selecciona para empresa, si-tuada no Porriño, dedicada ao frío indus-trial un Condutor C+E para cubrir a rutaO Porriño-A Coruña. Horario: a convirpola empresa. Contrato temporal. Im-prescindible: - Permiso de conducir C+E. - Experienciamínima dun ano en posto similar.- Incorporación inmediata. - Dispoñibili-dade horaria.MOZO DE ALMACÉN: Empresa de traba-llo temporal require para empresa situa-da no Porriño un Mozo de almacén. Xor-nada laboral: Completa. Horario: Quen-das de mañá, tarde e noite. Contratotemporal. Imprescindible experienciano manexo de traspaleta eléctrica. Posi-bilidade de incorporación inmediata edispoñibilidade horaria. Experiencia mí-nima dun ano en posto similar. Permisode conducir, clase B e vehículo propio.MONTADOR CUBERTAS TELLA: Empresadedicada á distribución de cubertas emateriais para fachadas e tellados re-quire un Montador de cubertas de tella.Xornada laboral: Completa. Oficial de 1ªcon iniciativa, capacidade de adapta-ción ao cambio, alta capacidade deaprendizaxe, clara orientación cara aocliente, capacidade de traballo en equi-po e capacidade de comunicación. Co-ñecementos e experiencia mínima dedous anos na montaxe de cubertas de te-lla. Incorporación inmediata e dispoñi-bilidade xeográfica. Permiso de condu-cir e vehículo propio.COLOCADOR CUBERTAS METÁLICAS:Empresa dedicada á distribución de cu-bertas e materiais para fachadas e tella-dos require un Colocador de cubertasmetálicas (Panel Sándwich). Xornada la-boral: Completa. Oficial de 1ª con inicia-tiva, capacidade de adaptación ao cam-bio, clara orientación cara ao cliente,capacidade de traballo en equipo e ca-

pacidade de comunicación. Coñecemen-tos e experiencia mínima de dous anosna montaxe de cubertas e fachadas me-tálicas, panel de sándwich, chapa sim-ple... Incorporación inmediata e dispo-ñibilidade xeográfica. Permiso de con-ducir e vehículo propio.MOZO DE ALMACÉN: Compañía de trans-porte urxente e xestión loxística a nivelnacional require para o seu centro situa-do en Mos un Mozo de almacén. Xornadalaboral: Completa. Horario: da 8.3013.00 e da 16.30 20.00 h. de luns a ven-res. Salario: 750 € / netos aprox. Contra-to temporal. Imprescindible certificadode minusvalía superior ao 33% compati-ble co posto ofertado. Experiencia míni-ma dun ano en posto similar. Permiso deconducir, clase B e vehículo propio.CONDUTOR C: Compañía de transporteurxente e xestión loxística a nivel nacio-nal require para o seu centro situado enMos un Condutor, con permiso de condu-cir clase C.Xornada laboral: Completa. Horario: da8.30 13.00 e da 16.30 20.00 h. de luns avenres. Salario: 750 € / netos aprox.Funcións: recollida e entrega de roupade cama, uniformes de traballo en servi-zos hospitalarios. Contrato temporal.Imprescindible:- Certificado de minusvalía superior ao33% compatible co posto ofertado.- Permiso de conducir, clase C. Se valora-rá experiencia mínima de seis meses, enposto similar.ADMINISTRATIVO: Empresas dedicadasá loxística e ao transporte público e pri-vado require un Administrativo. XornadaLaboral: Completa. Contrato temporal.Imprescindible experiencia no manexodo programa de contabilidade Contasol.Posibilidade de incorporación inmedia-ta. Permiso de conducir, clase B e vehí-culo propio.FRESADOR: Empresa de Traballo Tempo-ral selecciona para empresa de automo-ción situada no Polígono de Valladaresun Fresador. Se require: - Ciclo medio enmecanizado. - Coñecementos en inter-pretación de datos. - Experiencia míni-ma dun ano no manexo de máquinas e fe-rramentas coa CNC.FRIGORISTA: Empresa dedicada á insta-lación e reparación de equipos de clima-tización, aire acondicionado e frío in-dustrial, seleccionan un Frigorista. Fun-cións: Instalación de equipos de aireacondicionado, climatización e frío in-dustrial. Xornada laboral: Completa.Horario: de 8.00 a 14.00 e de 16.00 a18.45 horas. Salario: Segundo valía.Contrato temporal con posibilidade depermanencia na empresa. Se require: -Formación en Desenvolvemento de Pro-xectos de Instalacións Térmicas e de

Fluídos ou en Mantemento de Instala-cións Térmicas e de Fluídos con expe-riencia mínima demostrable dun ano. -Ou experiencia mínima demostrable decinco anos en posto similar. Permiso deconducir, clase B e vehículo propio (No-ta: Se pedirán referencias).ELECTROMECÁNICOS: Empresa dedica-da ao tratamento da auga, situada enRedondela, require dous Electromecáni-cos/Electricistas. Funcións: Fabricacióne reparación de sistemas de tratamentode augas; Produción e S.A.T. Xornada La-boral: Luns a Xoves, 8:30-14:00 e 16:00-19:00 Venres, 8:30 - 14:30 horas. Sala-rio: Segundo convenio. Contrato tempo-ral con posibilidade de permanencia naempresa. Persoa dinámica, responsablee con capacidade de traballo en equipo.Imprescindible: - Experiencia demostra-ble en fabricación e reparación de ca-dros eléctricos industriais (2 anos míni-mos). Valorarase: - Curso de RecursoPreventivo do Naval ou da Construción.- Coñecementos de inglés e outros idio-mas. - Coñecementos de hidráulica emecánica.Permiso de conducir, clase B e vehículopropio. Dispoñibilidade para viaxar.XEFE EQUIPO COMERCIAL: Compañía deSeguros de ámbito nacional require Xefede Equipo para a bisbarra do Baixo Miño.Ofrécese: Formar parte dun dos primei-ros grupos aseguradores; contrato mer-cantil, con alta en autónomos a cargo daempresa, atendendo á consecución deobxectiva base establecidos; formacióna cargo da empresa; Salario fixo + incen-tivos e xornada laboral completa. Fun-cións: Crear, coordinar e dirixir o seupropio equipo comercial. Imprescindi-ble experiencia mínima de dous anos enxestión de equipos. Persoa proactiva, di-námica, organizada, habilidades so-ciais, boa presenza, capacidade de tra-ballo en equipo e acostumada a traballarpor obxectivos. Permiso de conducir,clase B e vehículo propio.COMERCIAL DE SEGUROS: Compañía deSeguros de ámbito nacional require Co-mercial de Seguros para a bisbarra doBaixo Miño. Ofrécese: Plan de Carreira,formación a cargo da empresa así comopromoción interna. Contrato mercantil,con alta en autónomos a cargo da em-presa, atendendo á consecución de ob-xectivos base establecidos. Salario: Fixo+ comisións. Experiencia laboral en xes-tión comercial. Capacidade de traballopor obxectivos. Afán polo logro e o des-envolvemento profesional no ámbito la-boral descrito. Permiso de conducir, cla-se B e vehículo propio.

Page 20: Louriña 77

Este Xornal faise con papel reciclado como contribución á conservación do Medio Ambiente

Director: Guillermo Rodriguez Fdez. Edita: EDICIÓNS VAL DO LOURO S.L. Enderezo: Rúa Sarmiento Rivera, 17 - 36860 PONTEAREASTel e Fax: 986 66 09 86 - Colaboradores: Alberto Álvarez, Carlos Rego, David Rollano, Marisa Alonso, Soledad Castro, David Pérez Rego “Cato”

Fotografía: Arquivo, Foto Barros, Foto Hernández Publicidade: Dpto. propio([email protected]) - Suso Vieito Montaxe e Impresión: Publicacións Tameiga. Tlf. 986-48 74 80. Mos (Galiza). Depósito legal: OR / 57 / 84

[email protected]

A Peneirana Rede

HORARIOMARTES A XOVES E DOMINGO9:30H A 00:30H

VENRES E SÁBADO9:30H A 03:00H

LUNS PECHADO

Toma a tua primeira copa nunambiente agradable e con boa música

Variedade de viños Rioja, Albariño eMencía acompañados dun rico pincho

Goza do fútbol seguindo con nós aChampions e a Liga

Amplo aparcamento privado

Avenida de Galicia, 8 Baixo36400 O PORRIÑO