josé eulogio rouco lamela - blog.xerais.gal · ou linguaxe audiovisual, por exemplo. o audiovisual...

21
José Eulogio Rouco Lamela

Upload: others

Post on 15-Oct-2019

9 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: José Eulogio Rouco Lamela - blog.xerais.gal · ou linguaxe audiovisual, por exemplo. O audiovisual adxectivo abarca todas aquelas formas de expresión que supoñen unha mediación

José Eulogio Rouco Lamela

Page 2: José Eulogio Rouco Lamela - blog.xerais.gal · ou linguaxe audiovisual, por exemplo. O audiovisual adxectivo abarca todas aquelas formas de expresión que supoñen unha mediación

Unidade 1. O aUdiOvisUal nO mUndO mOdernO

1. O audiovisual

O audiovisual substantivo

O audiovisual adxectivo

2. A percepción

A luz

A visión

O son

Os outros sentidos

3. A comunicación

A comunicación audiovisual

4. Os medios audiovisuais

As creacións audiovisuais

A linguaxe audiovisual

ActividAdes

Unidade 2. descrición da imaxe

1. Definición de imaxe

2. Clasificación das imaxes

Imaxes espontáneas

Imaxes creadas

3. O formato da imaxe

O formato fotográfico

O formato cinematográfico

4. A planificación

Tipos de plano

O punto de vista

ActividAdes

Unidade 3. cOmpOsición e interpretación da imaxe

1. Composición da imaxe

Fundamentos da composición

Os elementos básicos

Leis da composición

As regras de ouro

2. Interpretación da imaxe

Aspectos formais

Lectura obxectiva (denotativa)

Lectura subxectiva (connotativa)

ActividAdes

Unidade 4. a fOtOgrafía

1. A historia da fotografía

Grandes fotógrafos

2. Técnica fotográfica

Tipos de cámaras

Mecanismos da cámara

A película

3. A toma fotográfica

Fotografía en exteriores e da natureza

Fotografía de estudio e publicitaria

Fotografía periodística e deportiva

Fotografía científica e industrial

4. O laboratorio

O laboratorio analóxico

O laboratorio dixital

ActividAdes

Unidade 5. a imaxe secUenciada

1. A imaxe secuenciada. Definición

A imaxe secuenciada e a creación audiovisual

2. O cómic

Historia do cómic

A linguaxe do cómic

3. A fotonovela

Historia da fotonovela

A linguaxe da fotonovela

4. O diaporama

O diaporama analóxico

O diaporama dixital

ActividAdes

Unidade 6. O cine

1. Historia do cine

Antes do cine

A invención do cine

Os grandes cineastas

2. A técnica cinematográfica5

A cámara de cine

A película

O proxector

O son

3. A linguaxe cinematográfica

Os elementos sintácticos

A estrutura

Os contidos

Os estilos cinematográficos

ActividAdes

Unidade 7. a televisión e O vídeO

1. A televisión

Historia

A técnica televisiva

Os contidos en televisión

2. O vídeo

Historia

A técnica do vídeo

ActividAdes

Unidade 8. a imaxe dixital

1. A tecnoloxía dixital

Historia

2. Imaxes en formato de mapa de bits

Debuxo por ordenador

Tratamento fotográfico por ordenador

Edición de vídeo por ordenador

3. Imaxe vectorial

Programas de debuxo 2D

Programas de debuxo 3D

4. Animación, creación multimedia

e interactividade6

Animación

Creación multimedia

ActividAdes

Unidade 9. a pUblicidade

1. A publicidade e os medios

Historia

2. Técnicas publicitarias

A axencia

Tipos de anuncios

3. A linguaxe publicitaria1

Funcións da publicidade

ActividAdes

Unidade 10. O sOn

1. Calidades do son

Clasificación do son

O son e os medios de comunicación

2. Os sistemas de transmisión do son

O teléfono

A radio

A telecomunicación

3. Os sistemas de gravación do son

Os sistemas mecánicos

Os sistemas eléctricos

Os sistemas ópticos

Os sistemas magnéticos

Os sistemas dixitais

4. Os instrumentos técnicos

O micrófono

Os aparellos de amplificación e control

Os altofalantes

5. A edición de son dixital

Dispositivos básicos do ordenador

Editores e sintetizadores de audio

Estacións de traballo de audio dixital (DAW)

ActividAdes

Unidade 11. a realización aUdiOvisUal

1. Organización do proxecto audiovisual

Fases da produción

2. A preprodución

A idea

A sinopse

O tratamento

O guión literario

3. A produción

O guión técnico

Organización da gravación

A gravación

4. A posprodución

O visionado

A edición

Tipos de montaxe

Títulos de crédito

Publicación do proxecto

ActividAdes

Unidade 12. OUtrOs mOdOs de creación

1. A arte e as novas tecnoloxías

2. A arte electrónica

As instalacións

A videocreación

O videoclip

3. A arte dixital

Experiencias individuais

Experiencias colectivas e inclasificables

ActividAdes

Page 3: José Eulogio Rouco Lamela - blog.xerais.gal · ou linguaxe audiovisual, por exemplo. O audiovisual adxectivo abarca todas aquelas formas de expresión que supoñen unha mediación

unidade 1

5

1. O audiOvisual

O audiovisual forma parte integrante da nosa experien-cia cotiá. Vemos e oímos de xeito natural todo tipo de imaxes e sons dende que nos erguemos até que nos deita-mos, e todo iso facémolo a través de dous sentidos bási-cos, a visión e o oído. Pero tamén vemos cando soñamos ou cando lembramos algo, o que nos permite afirmar que é o cerebro o que está ao final de todo ese proceso, almacenando, reconstruíndo e reproducindo as imaxes e os sons que percibimos cando estamos espertos.

Pero o audiovisual non é soamente iso. O audiovisual é tamén todo aquilo que podemos observar ou captar a través dunha gran cantidade de instrumentos mecáni-cos, ópticos ou eléctricos. E non nos refirimos só á tele-visión, que nos ofrece programas a todas as horas do día, ou ao teléfono móbil, co que podemos falar cos nosos amigos, senón tamén á radio, á cámara de vídeo ou aos ordenadores que usamos tan a miúdo. Todos estes ins-trumentos permítennos procesar imaxes e sons de forma constante e compartilos ou transmitilos a gran distancia, sen decatármonos da enorme complexidade tecnolóxica que todo iso implica.

O audiovisual vai adquirindo unha importancia cre-cente no mundo actual porque tanto os métodos de aprendizaxe coma os sistemas de comunicación, e tamén unha gran parte das actividades sociais, están vincula-dos con algún modo de expresión audiovisual. É por isto polo que temos a obriga de formarnos no uso das ferramentas e as normas que fan posible a comunicación audiovisual.

A modo de introdución, podemos establecer unha primeira distinción entre o audiovisual substantivo, que ten que ver co fenómeno perceptivo, e o audiovisual adxectivo, que está máis ligado á mediación técnica e á utilización de instrumentos especializados.

O audiovisual substantivo abarca todo o conxunto de experiencias e fenómenos vinculados coa percepción das imaxes. Nese sentido é unha denominación xenérica, ab-soluta, que non establece diferenzas entre uns tipos de imaxes ou de sons e outros.

Definición

O audiovisual substantivo fai referencia a todo aquilo que se relaciona coa percepción das imaxes e os sons, tanto se se producen de forma espontánea coma se son froito dunha mediación técnica ou artística.

1.1. O audiOvisual substantivO

todos os fenómenos e procesos audiovisuais

imaxe

son

diaporama

fotograma

plano

secuencia

parte

estrutura curva de interese

todas as imaxes e os sons

multimediavídeo

televisióncine

cap

tan

e r

epro

du

cen

elem

ento

s n

arra

tivo

s

imaxes fixas

sons

imaxes en movemento

creaciónsaudiovisuais

imaxes e sons

comunicación

cerebro

luz ollo

outros sentidos Acotío utilizamos instrumentos

tecnolóxicos que procesan todo tipo de imaxes e sons.

UnIDADe 1O audiovisual no mundo moderno

Page 4: José Eulogio Rouco Lamela - blog.xerais.gal · ou linguaxe audiovisual, por exemplo. O audiovisual adxectivo abarca todas aquelas formas de expresión que supoñen unha mediación

Cultura audiovisual

6

unidade 1

7

luz

sombra proxectada

Moitas imaxes prodúcense na natureza de forma es-pontánea, sen que o ser humano interveña na súa crea-ción e sen que, en moitas ocasións, poidan ser percibidas por ninguén. É o caso dos reflexos, as sombras ou as imaxes que se producen no fondo dunha cámara escura.

O mesmo sucede cos sons. O vento, o ruído do mar e os tronos están e estarán sempre aí, aínda que non haxa ninguén capaz de escoitalos.

Pero existen moitas outras imaxes e moitos outros sons que son froito da creación humana. A pintura, a escultura ou a fotografía son algunhas delas; a música ou a linguaxe falada tamén. Todas esas imaxes e todos estes sons tamén forman parte do fenómeno audiovisual dende un punto de vista substantivo.

Fronte a isto, o audiovisual adxectivo ten que ver prefe-rentemente con todo aquilo que se percibe a través dun «medio» ou está subordinado a un «concepto» de cate-goría superior, como sucede cando falamos de cultura audiovisual, creación audiovisual ou comunicación au-diovisual.

En todos estes casos o audiovisual atópase supeditado a algún tipo de actividade. É o que sucede cando nos referimos a medios audiovisuais, creacións audiovisuais ou linguaxe audiovisual, por exemplo.

O audiovisual adxectivo abarca todas aquelas formas de expresión que supoñen unha mediación entre dous momentos privilexiados da comunicación a través de imaxes e sons, o momento da súa creación e o momento da súa reprodución, que son distintos e están claramente diferenciados.

O audiovisual adxectivo é polo tanto todo aquilo que ten que ver cos medios audiovisuais nun sentido xené-rico e con todas as actividades que poden dar lugar a creacións audiovisuais de todo tipo.

Pero ambos os conceptos, tanto o de audiovisual substantivo coma o de audiovisual adxectivo, atópan-se condicionados, en primeiro lugar, pola capacidade de percepción humana.

1.2. O audiOvisual adxectivO

Definición

O audiovisual adxectivo fai referencia a todas aquelas imaxes e sons que son captados, creados ou reproducidos por medio de instrumentos técnicos ou artísticos dalgún tipo.

2. a percepción

A percepción das imaxes e os sons depende de varios factores. En primeiro lugar, da existencia da luz e do son, en segundo, da existencia de órganos especializados en captar estes sinais, os ollos e os oídos e, en terceiro lugar, da existencia dun órgano capaz de procesar eses sinais e darlles un significado lóxico: o cerebro.

A luz é un fenómeno natural que se produce a partir dunha fonte de enerxía. Esa fonte de enerxía pode ser calquera obxecto incandescente, como un ferro a lume vivo ou un madeiro ardente. No noso caso o sol é o obxecto incandescente que produce unha maior canti-dade de enerxía. Unha parte desa enerxía resulta visible a través do ollo humano e denomínase luz branca, ou luz do sol.

Esa luz incide sobre os obxectos, producindo diversos graos de iluminación e de sombra, o que permite xerar a sensación de volume. As sombras poden ser de dous tipos, as que se producen sobre a superficie dun obxecto, que se denominan sombras propias, e as que se produ-cen sobre unha superficie distinta, que se denominan sombras proxectadas.

A luz varía na súa intensidade en función da cantida-de de enerxía emitida e mídese por medio de unidades denominadas candelas. Unha candela é o sinal mínimo

2.1. a luz

O sol produce unha cantidade enorme de enerxía que se espalla polo espazo e chega até nós en forma de ondas, transmitíndonos calor, luz e outro tipo de radiacións.

capaz de ser captado polo ollo humano e correspóndese cunha luz de cor verde pálida cunha lonxitude de onda de 555 nm (nanómetros).

A luz posúe ademais outras calidades, como que man-tén unha velocidade constante, que é de 299 792 458 m/s (metros por segundo) no baleiro, que se expande en liña recta ou que perde intensidade coa distancia, o cal se pode calcular tamén mediante unha fórmula matemáti-ca denominada lei inversa dos cadrados.

As imaxes prodúcense de maneira espontánea na natureza.

interpóñense entre o obxecto e o seu observador

imaxeson

imax

e

son

sombra propia

Definición

Un nanómetro (nm) é unha milmillonésima parte dun metro.

Page 5: José Eulogio Rouco Lamela - blog.xerais.gal · ou linguaxe audiovisual, por exemplo. O audiovisual adxectivo abarca todas aquelas formas de expresión que supoñen unha mediación

Cultura audiovisual

8

unidade 1

9

2.1.1. A cor

2.2.1. Fisioloxía

Cada un dos ollos está formado por unha cavidade re-dondeada, chea de líquido, chamada globo ocular, que está constituído por unha capa exterior opaca chamada esclerótica. Esta capa ten dous buratos ou ocos, un na parte anterior, por onde entra a luz, e outro na parte posterior, por onde sae o nervio óptico.

O primeiro que estudou o espectro cromático e de-mostrou que a luz branca estaba formada por raios de diferentes cores, as cores do arco iris, foi isaac newton, no seu libro Optiks, en 1704.

Outra persoa moi importante neste campo foi James c. Maxwell, que demostrou en 1861, mediante ecua-cións matemáticas, que a enerxía se propagaba polo espa-zo en forma de ondas.

Grazas a esta teoría científica podemos afirmar que os obxectos non son de ningunha cor e que só os vemos cun ton determinado por efecto dos raios lumínicos que rebotan sobre eles.

A cor é outra das calidades da luz. Nese sentido cabe sinalar que a luz está formada por un conxunto de diver-sas lonxitudes de onda. A este conxunto denomínaselle espectro visible ou espectro cromático. Estas lonxitudes de onda van dende as máis longas, 700 nm, que se co-rresponden coa cor vermella, até as máis curtas, 400 nm, que se corresponden coa cor violeta. Entre unha e outra atópanse todas as demais cores.

A visión é unha función do corpo humano que se desen-volve a través duns órganos especializados, os ollos, que captan a luz e trasladan esta información ao cerebro, que se encarga de procesala e almacenala co fin de asegurar a súa propia supervivencia.

Os ollos evolucionaron ao longo do tempo e son unha herdanza dos nosos antepasados, os primates, que os uti-lizaban para captar con gran precisión as cores e as dis-tancias ás que se atopaban os obxectos do seu contorno. Grazas a esa habilidade hoxe en día podemos gozar dos infinitos matices de cor nunha obra de arte ou nunha posta de sol xunto ao mar.

2.2. a visión

Nesta mesma época completou a teoría física da cor afirmando que as ondas luminosas, unha parte das on-das electromagnéticas, eran unicamente de tres cores principais: vermello, verde e azul-violeta; e que todas as demais cores xurdían da unión dalgunhas destas.

A estas cores chámaselles cores-luz e forman o conxun-to de cores primarias aditivas. Para demostrar que estaba no certo realizou nesta mesma data a primeira fotografía en cor, utilizando unha combinación de filtros de cor vermella, verde e azul.

As tres cores luz.

Primeira fotografía en cor permanente, tomada por James Clerk Maxwell en 1861.

Isaac Newton descubriu que os prismas ópticos separan as cores da luz. Mapa de Ishihara para a detección do daltonismo.

radiacións electromagnéticas

lonxitudes de onda longas(700 nm)

lonxitudes de onda curtas(400 nm)

De todas as maneiras, non debemos esquecer que al-gunhas persoas, como os daltónicos, perciben as cores de forma diferente, e que outras, como os cegos ou os xordos, non perciben en absoluto as imaxes e os sons, ou percíbenos de maneira moi deficiente.

Page 6: José Eulogio Rouco Lamela - blog.xerais.gal · ou linguaxe audiovisual, por exemplo. O audiovisual adxectivo abarca todas aquelas formas de expresión que supoñen unha mediación

Cultura audiovisual

10

unidade 1

11

Na parte anterior existe un sistema complexo que deixa pasar a luz cara ao fondo do ollo. Este sistema está formado pola córnea (unha capa exterior transparente), o iris (un diafragma natural que se abre e se pecha) e o cristalino (unha lente que concentra os raios de luz cara ao fondo da cavidade ocular).

Na súa parte posterior a cavidade ocular atópase recu-berta por unha capa de células sensibles á luz chamada retina. A retina é moi delicada e está composta por dous tipos de células, os conos, que son capaces de captar as diferentes cores, e os bastóns, que só captan a luz.

Existe unha parte na retina onde hai unha maior con-centración de células receptoras, a fóvea, e é alí onde mellor se capta a imaxe. Porén, a retina ten unha forma curvada e está atravesada por pequenas veas que trans-portan o sangue, polo que a imaxe que se produce nela non é perfecta. Ademais, ten un punto cego no lugar por onde o nervio óptico envía os seus sinais ao cerebro, e nese punto non somos capaces de ver nada.

Formación da imaxe. A imaxe que se forma no fondo do ollo faino grazas a un fenómeno natural denominado cámara escura. Este fenómeno prodúcese cando os raios de luz penetran nunha cavidade por un punto determi-nado e se proxectan en forma rectilínea sobre o seu fon-do, dando lugar a unha imaxe invertida. Falaremos deste fenómeno con máis detalle na unidade didáctica 2.

El ojo que ves no es ojo porque tú lo veas, es ojo porque te ve.

Antonio Machado, Proverbios y cantares.

Retina humana.

Método para comprobar a existencia do punto cego

Esquema da visión no fondo do ollo.

No seu percorrido, as imaxes do ollo dereito son enviadas á parte esquerda do cerebro e as do ollo esquerdo á parte dereita.

persistencia retiniana. Outra característica do ollo é que as células da retina conservan a impresión dunha imaxe durante algún tempo despois de que desapareza. A este efecto chámaselle persistencia retiniana. Teralo comprobado moitas veces ao mirar o sol ou en dirección a un foco de luz moi forte. Grazas á existencia deste efec-to, podemos ver o cinema, a televisión e tamén as imaxes en movemento do ordenador.

visión binocular. Outra das características destacadas da visión é que podemos percibir o volume e as distan-cias. Isto sucede porque temos dous ollos, situados a un lado e a outro da cara. Cada un deles percibe e manda

unha imaxe lixeiramente distinta ao cerebro, e este, en función desas pequenas diferenzas, é o que se encarga de calcular o volume do obxecto e a distancia á que se atopa.

É moi fácil recrear este efecto realizando dúas fotogra-fías dun mesmo obxecto dende dous puntos distintos, a uns centímetros unha da outra. Se observamos estas

As imaxes son transmitidas dende a retina ao cerebro a través do nervio óptico. Este é unha canle duns catro centímetros de lonxitude que comunica o ollo coa parte interna do cerebro e que se ramifica cara ao lóbulo occi-pital, situado na súa parte posterior.

Non sabemos moi ben como actúa o cerebro, nin tampouco como almacena e recompón as imaxes, pero nos últimos anos algúns estudos científicos fixeron des-cubrimentos sorprendentes arredor das capacidades de percepción humanas.

Descubriuse, por exemplo, que convertemos aquilo que vemos en categorías, de forma que as nosas primei-

ras percepcións dun obxecto crean un patrón que máis tarde serve para recoñecer obxectos similares.

O noso cerebro tamén tende a simplificar as caracte-rísticas dos obxectos, de forma que podemos reducilos a un esquema, como cando vemos unha silueta humana nos sinais de tráfico ou nos lavabos públicos e recoñece-mos se se trata dunha muller ou dun home.

De todas as maneiras, tamén falaremos máis detida-mente na unidade didáctica 3 sobre a forma en que o cerebro interpreta as imaxes e de como pode resultar en-ganado polo tipo de estímulos que recibe.

2.2.2. O cerebro

nervio óptico

Ollo dereito

Nervios ópticosQuiasma óptico

Tractos ópticos

Córtex de asociación

visual

Radiacións ópticas

Núcleo xeniculado lateral

Colículo superior

Imaxe retinianaOllo esquerdo

imaxes a través dun visor axeitado, o noso cerebro é ca-paz de reconstruír o volume e a distancia orixinais.

Xa no século XIX este tipo de fotografías, denomina-das fotografías estéreo, eran moi populares e existían cámaras especiais para realizalas. Falaremos disto con máis detemento na unidade didáctica 2.

Os sinais de tráfico empregan formas esquemáticas facilmente recoñecibles.

Page 7: José Eulogio Rouco Lamela - blog.xerais.gal · ou linguaxe audiovisual, por exemplo. O audiovisual adxectivo abarca todas aquelas formas de expresión que supoñen unha mediación

Cultura audiovisual

12

unidade 1

13

Definición

A imaxe sonora é toda aquela imaxe que xorde na nosa memoria ao escoitar un son que a identifica.

2.3. O sOn

2.4. Os OutrOs sentidOs

2.3.2. A imaxe sonora

O son é un fenómeno físico que se produce polo im-pacto dunha forza sobre un obxecto ou unha masa de calquera tipo, como pode ser o aire, e que se propaga de maneira radial, producindo un cambio de presión que pode ser percibido a través dos oídos.

A diferenza da luz, o son necesita dun medio como o aire para propagarse. É por isto polo que non se poden escoitar sons no espazo exterior. Tamén a súa velocidade é moito menor ca a da luz, tan só 340 metros por segun-do. E é por isto polo que cando vemos fogos artificiais, ou un raio nunha tarde de tormenta, o son tarda moito máis en chegar aos nosos oídos ca a imaxe.

A nosa percepción da realidade amosaríase incompleta se as imaxes e os sons non estivesen acompañados por outras sensacións que podemos percibir a través dos de-mais sentidos. Tanto o tacto, coma o olfacto ou o gusto axúdannos a ter unha idea clara do mundo que nos ro-dea, e mesmo nalgunhas ocasións estas sensacións tamén poden provocar a aparición de imaxes mentais, igual que o son, ao evocar o obxecto que as produce.

No mundo audiovisual utilízanse algúns trucos para aumentar a sensación de realidade, como o uso de pan-tallas envolventes, de sons atronadores de baixa frecuen-cia que fan que notemos as vibracións no noso corpo, ou mesmo de cadeiras de brazos móbiles, que se axitan ao ritmo das imaxes. Tamén se empregaron as sensacións olfactivas, por exemplo no Odorama, creado en 1981 por John Waters, que permitía acompañar a percepción de imaxes e sons dunha película cos seus cheiros corres-pondentes.

O Odorama consistía nun cartón con varios números que había que rascar en diversos momentos da película. Desta maneira percibíase o cheiro correspondente,

que podía ser desagradable e mesmo nauseabundo.

A capacidade do cerebro de acumular a información fai que poidamos recoñecer algúns sons cando os escoita-mos de novo. Estes sons, en moitas ocasións, van ligados a unha determinada imaxe, de maneira que cando os volvemos escoitar inmediatamente se reproduce no noso cerebro a imaxe coa que se relacionan. É así como xorde o concepto de imaxe sonora.

Este efecto resulta moi útil na creación audiovisual posto que nos permite crear imaxes sen necesidade de reproducilas por ningún medio físico. Non debemos es-

quecer a importancia do son no cinema ou no conxunto da creación audiovisual, pero tampouco é descartable o uso que o son ten noutros medios de comunicación, como a radio.

2.3.1. Fisioloxía

O órgano capaz de captar estes sons é o oído, que está composto polo pavillón auditivo externo (que recolle os sinais sonoros), o tímpano (que vibra por efecto des-tas ondas sonoras) e un conxunto de osiños, chamados martelo, bigornia e estribo (que conducen estas vibra-

cións até un órgano extremadamente complexo, que transmite estes sinais ao cerebro).

Esta última parte do órgano tamén está ligada ao sen-tido do equilibrio, polo que calquera variación ou dano que reciba pode facernos sufrir algún tipo de vertixe ou de mareo.

O son tarda moito máis en chegar aos nosos oídos ca a luz aos ollos.

A radio emprega o son para a creación de imaxes mentais nos oíntes.

´

Page 8: José Eulogio Rouco Lamela - blog.xerais.gal · ou linguaxe audiovisual, por exemplo. O audiovisual adxectivo abarca todas aquelas formas de expresión que supoñen unha mediación

Cultura audiovisual

14

unidade 1

15

3. a cOMunicación 4. Os MediOs audiOvisuais

A nosa capacidade de percepción e as nosas habilidades como seres vivos permítennos comunicarnos de diversas formas e a través de distintos medios. Comunicámonos a través do noso corpo, mediante xestos ou actitudes. A este tipo de comunicación chamámola comunicación non verbal. Tamén o facemos a través da palabra e da linguaxe escrita. A este tipo de comunicación chamámo-la comunicación verbal e comunicación escrita.

Pero os seres humanos comunicámonos tamén a tra-vés de imaxes, de pinturas e esculturas realizadas con materiais diversos, o que vén dando lugar a distintas manifestacións artísticas que se producen ao longo do tempo.

Cada un destes procesos de comunicación dá lugar a unha mensaxe que vai dun suxeito emisor a un suxeito receptor. Isto pódese ver de forma máis clara no seguinte esquema.

Os medios audiovisuais están presentes nunha gran can-tidade de actividades humanas. Moitos deles utilizámo-los case a diario, como é o caso das cámaras de fotogra-fía ou dos televisores. Outros son simples instrumentos no proceso de creación, como as cámaras de vídeo ou as gravadoras de son, pero todos eles forman parte dun universo propio, regulado e metódico, que é necesario coñecer para empregar axeitadamente e aproveitar ao máximo as súas posibilidades.

Os medios audiovisuais caracterízanse por:• Captar e reproducir imaxes e sons como elementos

sintácticos dunha linguaxe propia.• Dispor estes elementos nun conxunto único, cun de-

senvolvemento lineal no tempo. • Utilizar mecanismos e recursos de carácter técnico e

artístico que permiten a realización de creacións au-diovisuais completas.

• Reproducir ou transmitir esas creacións no espazo ou no tempo tantas veces como sexa preciso sen variación ningunha.

Podemos facer unha primeira división entre aqueles medios que se dedican á captación ou á creación das imaxes e os sons e aqueloutros que se utilizan funda-mentalmente para a proxección ou a reprodución.

3.1. a cOmunicación audiOvisual

O desenvolvemento da capacidade de comunicación do ser humano levouno a crear instrumentos que permiten captar, almacenar e proxectar calquera tipo de imaxes e sons.

Este proceso de comunicación ten dous momentos preferentes: o da elaboración da mensaxe, que corre a car-go do emisor e efectúase a través duns medios que captan, crean ou almacenan imaxes e sons; e o da recepción da mensaxe, que se leva a cabo a través doutros medios dis-tintos, que permiten a recepción, transmisión ou proxec-ción desas mesmas imaxes e sons.

Definición

Os medios audiovisuais son todos aqueles instrumentos, técnicos e artísticos, que nos permiten captar, reproducir e transmitir imaxes e sons de maneira conxunta.

Aos primeiros podémolos chamar instrumentos codi-ficadores, porque converten as imaxes en signos ou ele-mentos dunha mensaxe máis complexa. Entre eles pode-mos citar as cámaras de fotos, as cámaras de vídeo e as gravadoras de son, tanto se son analóxicas como dixitais.

Tamén son instrumentos codificadores aqueloutros que utilicemos para captar ou crear imaxes de calquera tipo.

Aos segundos podémolos chamar instrumentos deco-dificadores, porque transmiten ou reproducen as men-saxes elaboradas con estas imaxes e estes sons. Entre eles podemos enumerar unha gran variedade de aparellos e sistemas de reprodución.

O proceso da comunicación é de carácter unívoco ou unidireccional, e para que a mensaxe chegue ao receptor con eficacia é necesario que ambos, o emisor e o recep-tor, compartan un mesmo referente, é dicir, unha mesma cultura e un similar universo de coñecementos. En caso contrario a mensaxe podería non ser entendida.

Tamén cómpre que emisor e receptor compartan un mesmo código na elaboración destas mensaxes, é dicir, unha linguaxe común. Se isto non fose así a mensaxe tampouco podería ser comprendida.

referente

código

esquema da comunicación

referente

código

esquema da comunicación audiovisual

codificadores

captan

cámaras de fotos cámaras de cine

cámaras de vídeo

gravadoras de son

analóxicasdixitais

decodificadores

reproducen

proxectores de diapositivas

ordenadores

proxectores de cine

televisión

ordenadores

tocadiscos

magnetófonos

ordenadores

Page 9: José Eulogio Rouco Lamela - blog.xerais.gal · ou linguaxe audiovisual, por exemplo. O audiovisual adxectivo abarca todas aquelas formas de expresión que supoñen unha mediación

Cultura audiovisual

16

unidade 1

17

4.1. as creacións audiOvisuais

As creacións audiovisuais son o resultado da acción ou a utilización dos medios audiovisuais e, polo xeral, apa-recen ou móstranse coma un conxunto, coherente, cun significado propio.

As creacións audiovisuais máis habituais son as pe-lículas, os programas de televisión, os videoclips e os anuncios. Pero tamén existen creacións audiovisuais de carácter puramente artístico como a videoarte, as ins-talacións, a net-art ou a experimentación coas novas tecnoloxías.

As creacións audiovisuais comparten algunhas das súas características con outros medios de expresión, como é o caso do cómic ou da fotonovela. Con todo, non hai que confundir estas expresións artísticas coas creacións audiovisuais, xa que o cómic e a fotonovela non inclúen sons.

Definición

As creacións audiovisuais están compostas por un conxunto de imaxes e sons que posúen unha unidade conceptual, un desenvolvemento lineal no tempo e unha duración determinada.

Instalación do artista coreano Nam June Paik, considerado o fundador da videocreación.

Unha primeira clasificación das creacións audiovi-suais permítenos distinguir aquelas que se elaboran con imaxes fixas e as que se elaboran con imaxes en move-mento.

O único modo de creación audiovisual que se pode elaborar unicamente con imaxes fixas é o diaporama, do que falaremos máis adiante. Este componse dunha serie de imaxes fixas que se proxectan de forma consecutiva no tempo e que habitualmente van acompañadas de son.

Antigamente empregábanse varios proxectores de diapositivas coordinados entre si, xunto cun magnetó-fono que reproducía a banda sonora. Hoxe en día un diaporama pódese elaborar de forma moito máis sinxela

mediante a utilización dun ordenador e un programa adecuado, como pode ser o OpenOffice, que posúe un módulo de presentación de diapositivas.

A maior parte das creacións audiovisuais que se po-den elaborar hoxe en día están compostas por imaxes en movemento. A máis coñecida de todas elas é o cinema, baseado na proxección consecutiva de vinte e catro foto-gramas, ou fotografías individuais, por segundo.

Outra das creacións audiovisuais que contén imaxes en movemento é a televisión. A televisión é unha tec-noloxía que permite a transmisión a distancia de imaxes por medio de ondas electromagnéticas (ou ondas her-tzianas). Neste caso é necesario producir vinte e cinco imaxes fixas por segundo para poder visualizar o move-mento sobre un monitor de televisión.

Cinta de vídeo VHS.

A televisión vai ter un enorme éxito a partir da década dos cincuenta do século XX, e vai dar lugar a unha nova forma de comunicación que permitirá a introdución nos fogares de todo tipo de informacións, retransmisións en directo e programas de entretemento da máis variada ti-poloxía.

Como consecuencia da aparición da televisión nace un modo de gravación novo denominado vídeo. Este modo de gravación vai levarse a cabo, ao principio, sobre cintas magnéticas almacenabadas en bobinas circulares e, máis tarde, en casetes que adoptarán distintas deno-minacións, como Betacam, VHS, Hi8 ou outras, a maio-ría delas xa en desuso.

4.1.1. As novas tecnoloxías

A última revolución no campo da creación audiovisual é a aparición da imaxe dixital e das novas tecnoloxías. Esta nova forma de reprodución das imaxes e os sons permite elaborar unha gran cantidade de produtos que poden ser emitidos ou difundidos á súa vez sobre distin-tos soportes.

A imaxe dixital permite conxuntar non só imaxes fixas senón tamén imaxes en movemento e toda unha gran variedade de elementos gráficos e efectos visuais nun único soporte tecnolóxico. Tamén permite a utilización da imaxe tridimensional virtual ou imaxe 3d.

No campo do son tamén se produce unha revolución similar. A posibilidade de gravar e reproducir todo tipo de sons, reais ou sintéticos, sobre un soporte dixital abre un campo enorme para a experimentación.

dan lugar a

diaporama cinetelevisión

vídeomultimedia

Un diaporama está composto por un grupo de diapositivas ou imaxes fixas.

A televisión é unha tecnoloxíaque permite a reprodución de imaxes en movemento.

Page 10: José Eulogio Rouco Lamela - blog.xerais.gal · ou linguaxe audiovisual, por exemplo. O audiovisual adxectivo abarca todas aquelas formas de expresión que supoñen unha mediación

Cultura audiovisual

18

unidade 1

19

A creación audiovisual a través de ordenadores per-mite á súa vez a aparición dunha nova categoría de pro-dutos denominados multimedia, que combinan unha gran variedade de elementos gráficos e sonoros de orixe diversa.

Indisolublemente ligada a este tipo de produtos ató-pase a rede de comunicación e de transmisión de datos denominada internet, unha enorme armazón de co-nexións telemáticas que serve para transferir ou com-partir información entre ordenadores. Dentro desta armazón atópase a www (World Wide Web) creada en 1989.

Esta nova forma de comunicación trae consigo a apa-rición de novos produtos e de novas formas de consumo, como o uso de arquivos compartidos en liña ou o visio-nado de imaxes e sons á carta a partir dunha oferta dada, como é o caso de YouTube, por exemplo. Non debemos

A elaboración e manipulación de imaxes e sons a través de ordenadores permite á súa vez a aparición dunha nova categoría de produtos denominados multimedia.

desaproveitar as oportunidades que nos proporciona esta tecnoloxía, tanto para elaborar as nosas propias creacións como para dárllelas a coñecer a outros.

O fenómeno dos blogs ten a súa orixe na rede Internet e na www.

4.2. a linguaxe audiOvisual

A linguaxe audiovisual é un conxunto de regras e nor-mas, inventadas polos primeiros cineastas, que confor-man un modo de expresión novo, totalmente orixinal e de carácter case universal. Este conxunto de regras e mé-todos de creación foi evolucionando ao longo do tempo, exactamente igual que sucede con calquera outro tipo de linguaxe.

A linguaxe audiovisual ten a súa orixe na linguaxe cine-matográfica, que comezou a fraguarse no mesmo momen-to en que naceu o cinema, en 1895. Xa naquela primeira sesión, o 28 de decembro, os irmáns lumière presentaron dúas películas que ían dar lugar a dous modos diferentes de creación audiovisual: o documental e o cinema de fic-ción. A saída da fábrica Lumière de Lyon foi o primeiro documental da historia e O regador regado foi a primeira película de ficción.

Os irmáns Lumière, os inventores do Cinematógrafo.

Nos anos que seguiron a estas primeiras experiencias, os arriscados cameramen comezaron a explorar o mundo, colocaron as súas cámaras no vagón dun tren e crearon os primeiros travelling da historia ou comezaron a elabo-rar trucos, como as primeiras aparicións e desaparicións de personaxes, que asombraron o público.

Georges Méliès, edwin s. porter ou d. W. Griffith son algúns dos nomes que máis contribuíron á creación da linguaxe cinematográfica. Máis tarde, a inclusión do son ou a aparición da cor, conseguiron aumentar as súas posibilidades expresivas. Finalmente, a aparición da imaxe dixital non fixo máis que ampliar esas capacidades expresivas.

Mais de todo iso falaremos con detemento na unida-de didáctica 6.

D. W. Griffith está considerado como un dos pais da linguaxe cinematográfica ao combinar os métodos de narración

literaria co discurso fílmico.

Page 11: José Eulogio Rouco Lamela - blog.xerais.gal · ou linguaxe audiovisual, por exemplo. O audiovisual adxectivo abarca todas aquelas formas de expresión que supoñen unha mediación

20

recOMendacións iniciais

Cultura audiovisual unidade 1

21

podes realizar este exercicio colocando as túas mans fronte á luz e tratando de crear sombras de obxectos ou animais na pantalla. [apartado 2.]

5. Acende e apaga moi rapidamente un foco de luz ou unha lanterna diante dos ollos. Verás como a luz tarda algún tempo en borrarse da túa retina. De todos os xeitos faino con precaución, para evitar danar a túa vista, e sobre todo non o fagas cunha luz de flash, que é demasiado potente, nin tampouco mires o sol sen protección porque podes danar a túa retina. Tamén podes iluminar obxectos na clase con focos de distintas cores, preferiblemente primarias aditivas (vermello, verde e azul). Verás como é difícil acertar coa verdadeira cor do obxecto. Tamén podes ver, se tes focos destas tres cores, como se producen sombras das cores com-plementarias (amarelo, maxenta e cian) segundo utilices uns focos ou outros. [apartado 2.]

6. Podes reproducir o espectro cromático tal e como o facía Isaac Newton colocando un prisma óptico diante dun feixe de luz moi pequeno (por exemplo: a luz que pasa a través dun burato de 0,5 mm nunha cartolina negra proxectada cun proxector de diapositivas). [apartado 2.1.]

7. Comproba que tes un punto cego construíndo unha cartolina cun punto e unha cruz situados a un lado e a outro. Unha vez aliñado o ollo dereito en fronte do punto deberás tapar o ollo esquerdo. Ao facelo a cruz situada á túa dereita desaparecerá. Se non o consegues á primeira sitúate un pouco máis adiante ou atrás até que o efecto se produza. Ese é o teu punto cego. Así queda demostrado que podemos non ver algunhas cousas aínda que estean diante de nós. Naturalmente este efecto desaparece en canto movemos os ollos a un lado ou a outro ou cambiamos de lugar. [apartado 2.2.1.]

8. Para comprobar a visión binocular trata de aliñar os dedos índice das túas mans diante da túa cara cun ollo pechado. Verás que é difícil. Tamén é difícil acertar cun obxecto situado diante túa, nunha mesa. [apartado 2.2.1.]

9. Pecha os ollos e trata de identificar todos os sons que escoitas nun momento dado, na clase ou na túa casa. Anota estes sons nunha folla e despois indica ao seu lado a que imaxe correspondería cada un deles. [apartado 2.3.]

10. Fai unha lista cos medios de comunicación que coñeces e sinala cantos de entre eles utilizan a imaxe, tanto se é fixa como en movemento. Identifica e enumera cantos destes medios están compostos por unha combinación de imaxes e sons. Explica as súas características e coméntaas coas compañeiras e compañeiros. [apartado 3.1.]

• Resultará moi útil que comeces a traballar cun ordenador e que busques información en Internet arredor dos temas que imos tratar. Tamén será conveniente que dispoñas dun ordenador na aula. Por outra banda, recomendámosche que traballes con sistemas operativos de código aberto, como linux.

• É moi práctico tamén dispor dun enderezo de Internet para mandar mensaxes a través dun servizo como gmail, e dun espazo propio na rede, un blog ou unha páxina persoal, onde poidas almacenar información para compartila e dispor dela a través da rede, como google accounts. Comproba que teña características que permitan o almacenamento de imaxes, vídeos e todo tipo de documentos dixitais. Máis tarde poderás empregalo para dispor dos teus traballos ou dos teus apuntamentos non só na casa, senón tamén no teu cen-tro de estudo, a través da conexión a Internet.

• Recoméndase utilizar un programa de tratamento de textos, como o OpenOffice, que che permitirá crear presentacións de diapositivas, ou diaporamas. Ademais diso deberás empregar un programa de debuxo, tipo paint ou outro máis completo, como adobe ilustrator ou corel draw. Tamén será conveniente un programa de tratamento de imaxes dixitais, como o Gimp, o corel photo ou o adobe photoshop e un programa de edición de vídeo como Movie Maker, iMovie ou calquera outro, como adobe premiere, pinnaclestudio ou sony vegas.

1. Busca imaxes que poidas atopar nunha revista ou en Internet. Distingue aquelas que se producen na nature-za sen a intervención do ser humano doutras que sexan creadas por este. Deberás recortalas e poñelas sobre papel ou copialas directamente no ordenador dispóndoas nun documento de texto, onde debes anotar todas as súas características. [apartado 1.1.]

2. Busca tamén sons que se produzan de forma espontánea na natureza, como o vento, a choiva ou as ondas do mar, e outros que sexan creados polo ser humano. Grávaos no teu ordenador ou nalgún aparello do que dispoñas, un teléfono móbil ou calquera outro instrumento gravador de sons. [apartado 1.1.]

3. Enumera nunha lista cantos aparellos ou instrumentos coñeces que capturen imaxes e sons, ou que os am-plifiquen, melloren ou transporten. A estes denominarémolos instrumentos codificadores. Realiza despois outra lista enumerando cantos aparellos coñeces que reproduzan ou proxecten imaxes e sons. Denominaré-molos instrumentos decodificadores. [apartado 1.2.]

4. Coloca un foco nalgún lugar da clase, prepara tamén unha pantalla de proxección, apaga as luces e sitúa algún obxecto entre a luz e a pantalla. Observa como se producen sombras, non só no obxecto, que apa-recerá máis iluminado nunhas partes ca noutras, senón tamén sobre a pantalla. Podemos colocar algunhas das alumnas e alumnos fronte á luz para que os teus compañeiros e compañeiras pescuden quen é. Tamén

acTividades

Page 12: José Eulogio Rouco Lamela - blog.xerais.gal · ou linguaxe audiovisual, por exemplo. O audiovisual adxectivo abarca todas aquelas formas de expresión que supoñen unha mediación

unidade 3

23

1. cOMpOsición da iMaxe

A composición da imaxe ten como obxecto a análise das formas e dos contidos que podemos dispor dentro dun determinado formato ou encadramento. Para iso debe-mos ter en conta tanto os aspectos perceptivos como os elementos básicos que forman a imaxe.

Todos estes elementos están dispostos habitualmente nun cadro ou campo de visión determinado e compór-

Existen dous aspectos fundamentais á hora de analizar unha imaxe: en primeiro lugar, definir a imaxe como unha unidade incluíndo todos os elementos que a com-poñen, e en segundo lugar, comprender que a forma en que a observamos vai influír tamén de maneira notable na súa interpretación.

1.1. FundamentOs da cOmpOsición

tanse de acordo cunhas leis ou principios perceptivos que inflúen enormemente na súa interpretación. Pode-mos analizar as imaxes en función destas leis e podemos tamén indicar algunhas regras básicas que van ser moi útiles para a realización das nosas propias imaxes.

1.1.1. A unidade da imaxe

Podemos afirmar que o campo visual tende a contem-plarse como unha unidade, independentemente do que se desenvolve dentro del. Polo xeral, adaptamos a nosa posición no espazo ao campo visual que desexamos obter, achegándonos ou afastándonos até obter a perspectiva adecuada. Deta maneira, cando nos atopamos en campo

aberto dispomos dun campo visual moi amplo e, polo tanto, dunha gran cantidade de información. Porén, can-do queremos observar algo con detalle tratamos de ache-garnos. É así como contemplamos un cadro nun museo ou unha fotografía nunha revista ilustrada.

simplicidaderegra dos terzos

liñasequilibrio

enmarcadoevitar confusións

o que non se ve

o que se ve

Cada vez que queremos observar unha imaxe con todos os seus detalles colocámonos de maneira intuitiva á distancia adecuada.

O noso campo visual tende a contemplarse como unha unidade.

UnIDADe 3Composición e interpretación da imaxe

Page 13: José Eulogio Rouco Lamela - blog.xerais.gal · ou linguaxe audiovisual, por exemplo. O audiovisual adxectivo abarca todas aquelas formas de expresión que supoñen unha mediación

Cultura audiovisual

24

unidade 3

25

Desta maneira chegamos á conclusión de que o cam-po perceptivo visual se concibe como unha unidade e todos os elementos que forman parte del xogan un papel importante, tanto na composición coma na interpreta-ción da imaxe.

Sempre se di que a tendencia natural é contemplar unha imaxe de esquerda a dereita e dende arriba cara abaixo. Isto é certo en parte, porque a forma de ler e escribir na cultura occidental responde a esta pauta; porén, noutras culturas, como a xaponesa ou a árabe, a lectura faise de arriba abaixo ou de dereita a esquerda.

Un estudo recente do premio Nobel daniel Kahne-man demostra que unha persoa que observa unha imaxe dirixe os seus ollos cara a aquelas partes que son do seu interese e detense nelas o tempo necesario para observar

A imaxe está composta por unha serie de elementos bá-sicos que debemos recoñecer e analizar de forma indivi-dualizada. Estes elementos preséntanse case sempre so-bre un determinado encadramento ou campo de visión, normalmente cun formato rectangular.

1.2. Os elementOs básicOs

as súas características principais, estean onde estean situa-das. Despois vai na procura doutros estímulos próximos.

Debemos concluír entón que a dirección da mirada é errática e pode dirixirse a calquera parte da composi-ción, independentemente do lugar onde se atope.

1.2.1. O punto

O punto é todo aquel elemento ou forma de aspecto máis ou menos puntual que pode aparecer nunha com-posición visual. O sol, a lúa, os ollos, a cabeza dunha figura afastada, un escintileo de luz ou calquera outra forma similar, son percibidos como puntos polo ollo humano e son interpretados como centros de interese e lugares fundamentais na composición.

As pinturas tamén se presentan case sempre dentro dun marco rectangular.

Elementos básicos da composición: puntos, liñas e planos.

Detalle de A noite estrelada, Vincent Van Gogh.O punto xoga un papel primordial na composición

das imaxes. De forma natural tendemos a dirixir a nosa ollada a aquelas formas puntuais que destacan no noso campo de visión. O punto atrae e concentra a atención.

Estudo da dirección da mirada segundo D. Kahneman.

A liña é o límite visible da forma, a fronteira entre dous espazos diferenciables ou unha sucesión de puntos; pero tamén o é toda aquela forma alongada e máis ou menos estreita que se pode percibir nunha composición visual.

1.2.2. A liña

Tipos de liña.

A liña é o modo fundamental do debuxo. Trazamos liñas non só para definir obxectos, senón tamén para describir conceptos abstractos, xeométricos ou científi-cos. Estamos tan afeitos a xogar con elas que nos resultan enormemente naturais e podemos recoñecelas axiña en calquera imaxe.

Dende o punto de vista da composición, as liñas non só transmiten información e articulan o espazo, senón que tamén provocan sensacións. As liñas horizontais ex-presan calma porque nos lembran o mar, o horizonte, a quietude. As liñas verticais, pola contra, transmiten altura, espiritualidade, elevación. As liñas converxentes dirixen a ollada cara a un punto determinado e crean unha sensación de distancia ou perspectiva. As liñas oblicuas expresan inestabilidade, movemento, acción. Tamén as liñas en forma de s, que teñen un trazado si-nuoso, expresan movemento, fluidez.

Liñas converxentes.

O punto relaciónase con outros puntos, crea formas xeométricas e ten distintas lecturas segundo a súa posi-ción dentro do encadramento.

1.1.2. A mirada

Page 14: José Eulogio Rouco Lamela - blog.xerais.gal · ou linguaxe audiovisual, por exemplo. O audiovisual adxectivo abarca todas aquelas formas de expresión que supoñen unha mediación

Cultura audiovisual

26

unidade 3

27

1.2.3. O plano

O plano é cada unha das formas de dúas dimensións que podemos atopar dentro do encadramento. Estas formas poden ser xeométricas, cando responden a un modelo preestablecido, ou orgánicas, cando o seu aspecto é irre-gular e resulta difícil describilas.

Os planos diferéncianse uns dos outros pola súa dis-posición, a súa cor ou incluso pola súa textura. Así, por exemplo: unha rocha nunha fotografía en branco e ne-gro terá unha textura diferente ca outras superficies, aín-da que estas posúan unha tonalidade semellante.

A luz é un dos elementos máis importantes na compo-sición visual. O grao de iluminación ou de sombra que existe nunha imaxe non só nos permite observar as ca-racterísticas dos obxectos que se representan nela, senón tamén valorar a intensidade e o peso que as luces e as sombras teñen no conxunto da composición.

A luz pódese representar en distintos graos, que van dende o branco absoluto até o negro. Esta forma de re-presentación denomínase gradación de grises.

Formas xeométricas e formas orgánicas.

1.2.4. A luz

En fotografía, aquelas imaxes nas que predominan os grises claros denomínanse imaxes de ton alto e aque-loutras que teñen fundamentalmente grises escuros de-nomínanse imaxes de ton baixo. Cando existe equilibrio entre as luces altas e baixas dise que a imaxe ten unha ampla gradación tonal.

1.2.5. A cor

A cor é outro dos elementos básicos da composición. Xa sabemos que a cor é o resultado da acción da luz sobre os obxectos, e que os nosos ollos están preparados para captar estas radiacións, pero o que nos interesa de verda-de, dende o punto de vista da composición, é o tipo de sensacións que producen.

Unha das primeiras cousas que podemos observar é que existe unha clara diferenza entre as cores frías e as cores cálidas.

Son cores frías todas aquelas que teñen unha menor lonxitude de onda e que van do violeta ao verde, pasan-do polo azul ciano. Son cores cálidas aquelas que teñen lonxitudes de onda máis longas e van do amarelo verdo-so ao maxenta pasando polo vermello.

Habitualmente considérase que as cores cálidas teñen un maior peso na composición ca as cores frías.

A cor, ademais, ten tamén un valor psicolóxico ligado a conceptos básicos do noso contexto cultural.

Así, podemos concluír que o vermello simboliza o pe-rigo, porque está ligado ás imaxes do sangue e do lume; o amarelo simboliza a enerxía, a alegría, o trigo e os ce-reais; o verde representa a frescura, a saúde, a natureza, o renacemento e a esperanza; o azul indica distancia e frialdade, porque é a cor do ceo, do mar e do xeo. Tamén é a cor que suxire limpeza e pulcritude.

Outras cores como o negro indican refinamento e ele-gancia, pero tamén loito e tristura; a cor marrón lém-branos a terra e o outono, pero tamén a madurez e a putrefacción, e o branco lémbranos finalmente a luz, a pureza e a paz.

Vermello: simboliza o perigo porque está ligado ás imaxes do sangue e o lume.

AmArelo: simboliza a enerxía, a alegría, o sol, o trigo e os cereais.

Verde: indica frescura, saúde, natureza, renacemento e esperanza.

Azul: indica afastamento e frialdade. Tamén suxire limpeza e pulcritude.

Negro: indica refinamento e elegancia, mais tamén loito e tristeza.

mArróN: lembra a terra e o outono, mais tamén a madurez e a putrefacción.

BrANco: lembra a luz, a pureza e a paz absolutas.

simboloxía da cor

O cadro Arlesianas (Mistral) de Gauguin é un bo exemplo de combinación de cores fría e cálidas.

Gradación de grises.

ton neutro

A luz inflúe moito nas composicións visuais.

Page 15: José Eulogio Rouco Lamela - blog.xerais.gal · ou linguaxe audiovisual, por exemplo. O audiovisual adxectivo abarca todas aquelas formas de expresión que supoñen unha mediación

Cultura audiovisual

28

unidade 3

29

As leis da composición están ligadas á interacción que se produce entre os elementos que se representan den-tro do encadramento ou campo perceptivo visual. Moi-tas destas leis vincúlanse con efectos visuais estudados pola Gestalt, un movemento de psicólogos alemáns que analizou a percepción humana dende un punto de vista científico. Estas son algunhas desas leis.

1.3. leis da cOmpOsición

1.3.1. Tensións

As imaxes creadas polo ser humano contémplanse den-tro dun campo ou marco, que adoita ter un aspecto rectangular. Dentro deste marco prodúcense tensións e forzas que provocan que os obxectos ou elementos dos bordos se vexan atraídos por estes e pode dar a sensación de que van saír do encadramento. Este efecto de atrac-ción acentúase cando nos aproximamos ás esquinas.

1.3.2. Equilibrio

O principio anterior axúdanos a comprender que aque-les obxectos que se atopan lonxe dos bordos, e sobre todo no centro do encadramento, non sufrirán as devanditas tensións e aparecerán equilibrados e en repouso.

Pola contra, aqueles obxectos que se acheguen aos bor-dos aparecerán desequilibrados con respecto ao marco.

O concepto de equilibrio emprégase tamén para ana-lizar a relación entre os obxectos que se sitúan dentro do encadramento. Estes obxectos considéranse equilibrados cando se distribúen ao longo do encadramento de for-ma harmónica, simétrica ou como un conxunto. Non obstante, cando haxa maior número de obxectos nunha parte ca noutra, ou estes teñan un peso maior ca outros, perderase o equilibrio.

O ser humano tende a preferir as imaxes e as compo-sicións equilibradas e simétricas.

1.3.3. Peso visual

O peso visual está ligado ao tamaño e á cor dun obxecto en relación con outros. Terán maior peso visual dentro do encadramento aqueles obxectos que destaquen polo seu tamaño ou a súa cor.

1.3.4. Efecto de proximidade e semellanza

Se situamos dous obxectos semellantes un preto do outro, tenden a formar unha unidade con respecto a outros que estean máis distantes. Así, un conxunto de seis liñas verticais dispostas en grupos de dous tenden a verse como tres columnas. Por este efecto, considérase que todos os obxectos semellantes e próximos se encon-tran unidos.

1.3.5. Efecto de relación

Da mesma maneira, todos os obxectos semellantes es-tablecen unha relación magnética entre eles que dá lu-gar á aparición de formas xeométricas coherentes. Por exemplo, catro puntos situados preto uns dos outros dan lugar a unha forma xeométrica recoñecida, como pode ser o cadrado.

1.3.6. Efecto de continuidade

Os elementos semellantes que manteñen unha mesma dirección tenden a agruparse, aínda que estean inte-rrompidos entre si, e percíbense como unha figura con-tinua. Así, varios puntos colocados consecutivamente percíbense como unha liña.

1.3.7. Concepto de pregnancia

Grazas a este principio podemos comprobar que o cere-bro recompón aquelas partes da imaxe que non se ven co fin de darlle un significado coherente. É así como, na imaxe seguinte, podemos ver un triángulo onde non o hai, e chegar incluso a crear un efecto de volume polo cal o triángulo branco parece estar por riba das demais figuras.

1.3.8. Principio de peche

Existe unha tendencia innata a pechar e concluír as for-mas e os obxectos que percibimos incompletos. O noso cerebro engade os elementos que faltan e é por iso polo que, por exemplo, completamos as letras dun anuncio na rúa aínda que estea tapado parcialmente.

Page 16: José Eulogio Rouco Lamela - blog.xerais.gal · ou linguaxe audiovisual, por exemplo. O audiovisual adxectivo abarca todas aquelas formas de expresión que supoñen unha mediación

Cultura audiovisual

30

unidade 3

31

1.3.9. Constancia da forma

Tendemos a interpretar formas complexas en función do noso coñecemento previo de formas similares máis sinxelas e regulares. Así, a visión dun trapecio dentro do encadramento tendemos a interpretala como un cadra-do en perspectiva e non como o que realmente é. Este principio denomínase constancia da forma ou efecto de simplificación.

1.3.10. Constancia do tamaño

Cando existen dúas figuras similares e se presentan en diferentes tamaños, o cerebro interpreta que son iguais e que se encontran situadas a diferentes distancias. Isto acontece porque sabemos por experiencia propia que os obxectos empequenecen a menida que se afastan. Este efecto denomínase constancia do tamaño.

1.3.11. Efecto de ritmo

Conséguese cando os distintos elementos dunha com-posición se alternan seguindo un determinado patrón matemático. Isto introduce un concepto dinámico na composición e establece unha relación harmónica entre

os diferentes elementos. No ritmo dunha composición visual tamén interveñen os espazos baleiros.

1.3.12. Efecto de contraste

Mediante este efecto compróbase que un obxecto dunha cor diferente, ou dunha forma diferente, destaca inme-diatamente no contorno, independentemente do lugar onde se atope.

Este efecto é moi utilizado en publicidade para facer destacar un produto fronte a outros de características se-mellantes.

1.3.13. Efecto figura-fondo

Este efecto permítenos comprobar que o noso cerebro non é capaz de interpretar unha imaxe de dúas maneiras diferentes a un mesmo tempo.

Se reparamos na imaxe seguinte, observaremos dúas caras de cor verde ou un vaso de cor laranxa. Para pasar dunha imaxe á outra é necesaria unha fracción de segun-do na que o cerebro acomoda a súa percepción ao novo significado.

1.3.14. Efecto de movemento

Tamén as imaxes fixas poden reproducir o movemento. Mediante a repetición de elementos ou a través de li-ñas curvas e sinuosas prodúcese unha certa sensación de movemento, dado que a mirada segue a súa traxectoria dentro do encadramento.

Este efecto foi utilizado con frecuencia nos inicios da fotografía e nalgúns exemplos de arte contemporánea.

1.3.15. Efecto moiré

Outra forma de crear movemento en imaxes estáticas é mediante o efecto moiré. Este efecto óptico prodúcese cando existe un contraste moi forte entre dous conxun-tos de liñas brancas e negras. Ao mover os ollos créase un bordo gris inestable que provoca unha sensación de movemento na nosa retina. O nome provén dunha tea de seda na que se producía este efecto.

Obra da artista británica Bridget Riley, figura destacada dentro da Op Art.

O fotógrafo francés Étienne Jules Marey foi pioneiro no estudo fotográfico do movemento.

Este efecto foi empregado na arte, no estilo denomi-nado Op art (Optical Art), que tivo un grande éxito nos anos sesenta.

Exemplo de efecto moiré.

Page 17: José Eulogio Rouco Lamela - blog.xerais.gal · ou linguaxe audiovisual, por exemplo. O audiovisual adxectivo abarca todas aquelas formas de expresión que supoñen unha mediación

Cultura audiovisual

32

unidade 3

33

1.4. as regras de OurO

As regras de ouro son un conxunto de normas para a realización de fotografías que hai algún tempo difundiu a casa Kodak.

Algunhas teñen que ver coas leis de percepción, outras fan referencia aos elementos principais da composición e outras, finalmente, serven de pauta para realizar un bo encadramento, como a regra dos terzos.

1.4.1. A sinxeleza

As imaxes deben ter fondos sinxelos para tratar de illar o obxecto principal e evitar a aparición de elementos que poidan entorpecer a súa interpretación. Esta regra é utilí-sima en fotografía, porque nos permite facer fotos claras e directas, que teñen un maior impacto no observador.

1.4.2. A regra dos terzos

É unha das regras máis importantes na fotografía. As cá-maras dixitais adoitan vir con esta opción no seu visor LCD

Consiste en dúas liñas horizontais e dúas verticais que dividen a imaxe en nove partes iguais. Desta maneira prodúcense catro puntos de intersección, chamados puntos fortes, que serven para situar neles os elementos principais da composición.

A regra dos terzos pode servirnos tamén para colo-car o horizonte, para facer que as figuras coincidan coas liñas verticais, ou para distribuír os elementos máis im-portantes da composición dentro do encadramento.

A regra dos terzos ten unha certa proximidade cos postulados da proporción áurea, estudada polos gregos na antigüidade, aínda que non é exactamente o mesmo.

1.4.3. As liñas

As liñas xogan un papel importante en calquera compo-sición visual. Existen multitude de liñas nunha paisaxe, ou en calquera outro motivo, que poden ser utilizadas para dirixir a mirada do espectador, para producir todo tipo de sensacións e para relacionar uns elementos con outros dentro do encadramento.

1.4.4. O equilibrio

O equilibrio é un concepto fundamental en fotografía, pero tamén o é en calquera outro tipo de composición visual. Se consideramos que a imaxe está composta por un conxunto de elementos, o equilibrio sería a correcta relación entre todos eles.

Se existen máis elementos dun lado ca do outro, ou algúns teñen un maior peso visual ca os demais, a com-posición parecerá desequilibrada.

1.4.5. O enmarcado

Para que un obxecto adquira maior relevo nunha com-posición visual pódese enmarcar ou rodear de elementos que sirvan para fixar a atención neste. O enmarcado ser-ve tamén para aumentar a sensación de profundidade.

Convén que os elementos que se utilicen para en-marcar o obxecto principal non adquiran unha presen-za maior ca este. Para iso pódense mostrar a contraluz, desenfocados ou esvaídos, e non deben ocupar un lugar preferente na composición.

1.4.6. Evitar confusións

A regra final dinos que debemos prestar atención a todos os elementos que aparecen no encadramento e especial-mente ao fondo e aos bordos do encadramento. Se non o facemos así, pode suceder que unha cabeza apareza ador-nada cuns estraños cornos que estaban situados na parede de fondo dos que non nos decatáramos no momento de facer a foto. Para evitar este tipo de confusións debemos movernos arredor do suxeito até que encontremos o enca-dramento perfecto.

Exemplo de enmarcado nunha fotografía urbana.

O ser humano tende a considerar máis agradables as imaxes equilibradas ca aquelas que non o son; aínda que tamén se poden buscar efectos de desequilibrio de forma deliberada.

Page 18: José Eulogio Rouco Lamela - blog.xerais.gal · ou linguaxe audiovisual, por exemplo. O audiovisual adxectivo abarca todas aquelas formas de expresión que supoñen unha mediación

Cultura audiovisual

34

unidade 3

35

2. inTerpreTación da iMaxe

A interpretación da imaxe, tamén denominada lectura de imaxe, é unha forma de análise dos contidos audio-visuais que se difundiu extensamente no mundo da co-municación, en parte grazas á tarefa divulgadora de r. aparici e a. García-Matilla, profesores da UNED.

Unha correcta interpretación da imaxe debe constar de tres partes: os aspectos formais, a lectura obxectiva (de carácter denotativo) e a lectura subxectiva (de carácter connotativo), que pode variar dun observador a outro.

Esta forma de análise é especialmente axeitada para as imaxes fixas, sobre todo de tipo publicitario, que posúen un gran contido semántico, é dicir, que están cheas de significado.

2.1. aspectOs FOrmais

No primeiro apartado descríbense os aspectos formais, que son aqueles que teñen que ver coa descrición físi-ca da imaxe. Para iso, o primeiro que debemos facer é pórlle un título á imaxe. Isto inclúe o tipo de imaxe e o formato, seguindo os modos de clasificación vistos na unidade didáctica anterior.

A continuación debemos analizar algúns outros as-pectos que pasamos a explicar de forma pormenorizada.

Para facer unha lectura de imaxe o suficientemente significativa debemos cubrir unha ficha similar á que se presenta nesta páxina.

2.1.1. O nivel de percepción

De forma simplificada, podemos indicar tres niveis de percepción: bo, regular e malo. É bo cando vemos a imaxe completa, en perfectas condicións e á distancia axeitada. É regular cando a imaxe se percibe borrosa, in-completa, descontinua ou a certa distancia; de forma xe-ral, cando a perda de información sexa superior ao 30%. É malo cando a imaxe apenas se perciba pola distancia, pola falta de calidade do sinal ou cando a perda de infor-mación sexa superior ao 60%.

2.1.2. Grao de iconicidade

Tendo en conta que as imaxes case sempre representan obxectos reais, o grao de iconicidade mide a similitude entre a imaxe e o obxecto que tenta representar.

Isto pódese medir de diversas maneiras. Se estable-cemos 10 niveis, podemos considerar 10 como o grao máximo de iconicidade dunha imaxe e 0 como o grao mínimo de iconicidade. Observade o gráfico seguinte.

Os graos 10 e 9 están reservados ás imaxes tridimen-sionais, que son as que máis se poden parecer aos obxec-tos que representan. Os graos 8 e 7 correspóndense con imaxes en movemento, o grao 6 correspóndese coa foto-grafía, en todos os seus aspectos, e os graos 5 e inferiores correspóndense coa pintura e as técnicas de representa-ción formal. O grao 0 correspóndese cos textos, que re-presentan obxectos pero que non se parecen en absoluto a eles.

Como vedes, segundo diminúe o grao de iconicidade aumenta o grao de abstracción, de maneira que un texto, como a palabra cabalo, terá un grao 0 de iconicidade e polo tanto terá ao mesmo tempo un grao máximo de abstracción, é dicir, un grao 10.

2.1. 3. Grao de orixinalidade

É un factor que hai que ter en conta á hora de descri-bir unha imaxe. As imaxes orixinais resúltannos máis atractivas e sorprendentes ca aquelas que non o son. O ser humano é curioso por natureza e sempre que se lle brinda a oportunidade de observar algo descoñecido ou extravagante, detense a contemplalo. Pola contra, aque-les obxectos cotiáns, ou moi coñecidos, apenas espertan o seu interese.

Modelo de ficha para a lectura de imaxes.

Grao 2. Símbolo gráfico.

Grao 4. Técnicas gráficas.

Grao 6. Fotografía.

Grao 10. Imaxe tridimensional.

Page 19: José Eulogio Rouco Lamela - blog.xerais.gal · ou linguaxe audiovisual, por exemplo. O audiovisual adxectivo abarca todas aquelas formas de expresión que supoñen unha mediación

Cultura audiovisual

36

unidade 3

37

2.2. lectura Obxectiva (denOtativa)

A lectura obxectiva é aquela que fai mención de todos aqueles elementos que aparecen na imaxe (todo o que se ve), co fin de transmitir a calquera outra persoa o máxi-mo de información posible.

A lectura denotativa débese cinguir aos aspectos pu-ramente formais, independentemente dos sentimentos

Os graos de orixinalidade pódense establecer como segue:• Moi orixinal: aquela imaxe que nos presenta unha vi-

sión ou un aspecto nunca visto dun obxecto ou dunha persoa.

• Orixinal: aquela imaxe que nos presenta un aspecto sorprendente ou pouco usual.

• pouco orixinal: aquela imaxe que se parece a outras que xa vimos nalgunha ocasión.

• redundante: aquela imaxe que estamos fartos de ver no noso contorno ou nos medios de comunicación.

Imaxe redundante dunha ovella.

Imaxe orixinal dunha ovella.

2.1.4. Grao de complexidade

Sérvenos para distinguir aquelas imaxes que teñen unha gran cantidade de elementos na composición daque-loutras que posúen menos.

Polo xeral as imaxes con máis elementos teñen unha composición máis complexa, máis difícil de analizar, e tamén achegan máis información. Aínda que isto non é sempre así, porque existen imaxes simples que posúen un alto grao de información.• imaxe moi complexa: aquela que posúe máis de 10

elementos dentro do encadramento.• imaxe complexa: a que posúe de 10 a 5 elementos.

2.1.5. Esquema compositivo

O esquema compositivo axúdanos a describir de forma gráfica os elementos máis importantes da composición.

No espazo rectangular do que se dispón na ficha debe-mos debuxar de maneira simple os puntos, as liñas e os planos principais da imaxe.

Debemos dispor a imaxe no mesmo sentido en que está realizada, en horizontal ou en vertical. Tamén se poden indicar os efectos de luz e as cores principais da imaxe escribindo por riba dela ou pintándoa dunha ma-neira simple.

2.3. lectura subxectiva (cOnnOtativa)

A lectura subxectiva fai mención aos sentimentos pro-fundos, instintivos, que provoca en cada un de nós a visión dunha determinada imaxe.

Esta lectura pode cambiar en función do receptor, de maneira que unha mesma imaxe pode producirlles distin-tos sentimentos a dúas persoas diferentes.

Esta lectura é de carácter secundario. Case sempre apa-rece despois dunha revisión da imaxe e necesita da intros-pección e do razoamento. É tamén unha lectura arbitra-ria, que pode ter máis dun significado.

É tamén unha lectura querida polo receptor, e a súa interpretación pode non coincidir coas intencións do emisor (o creador da imaxe).

Facendo este exercicio de lectura de imaxe, coa ficha proposta, ides descubrir interpretacións sorprendentes

das imaxes, sobre todo daquelas que posúen unha maior carga de contido, como acontece nos anuncios publici-tarios ou nas fotografías de artistas famosos.

Imaxe denotativa dunha mazá.

Imaxe connotativa dunha mazá.

Imaxe complexa. Fotografía de Ouke Leele.

Imaxe simple.

• imaxe pouco complexa: aquela que posúe entre 5 e 3.• imaxe simple: aquela que posúe 1 ou 2 elementos.

que esa visión produza. Este tipo de lectura é sempre de carácter primario (é o primeiro que se nos ocorre ao des-cribir unha imaxe) e polo xeral responde ás intencións do emisor, do creador da imaxe.

Page 20: José Eulogio Rouco Lamela - blog.xerais.gal · ou linguaxe audiovisual, por exemplo. O audiovisual adxectivo abarca todas aquelas formas de expresión que supoñen unha mediación

unidade 1

38

recOMendacións iniciais

Cultura audiovisual unidade 3

39

se son capaces de saber que representan. Tamén podes facer o mesmo exercicio ampliando unha imaxe na pantalla do ordenador, de xeito que só apareza unha parte ou a imaxe se vexa convertida nun campo de píxeles de distinta cor. Este exercicio ten que ver co concepto de pregnancia, co principio de peche e coa constancia da forma. [apartado 1.3.]

6. Busca en Internet, ou noutro medio de información visual que teñas ao teu alcance, imaxes que se poidan interpretar como algo diferente do que son en realidade. Podes encontralas buscando imaxes ocultas, ilusións ópticas ou fenómenos visuais. Recórtaas ou cópiaas nun documento de texto do teu ordenador, explicando cal é o mecanismo polo que se produce a ilusión óptica ou con que efecto de percepción visual se relacionan. Tamén podes buscar nas obras de artistas famosos como rené Magritte, M. c. escher ou chema Madoz. [apartado 1.3.]

7. Realiza unha fotografía para ilustrar cada unha das regras de ouro. Preséntaas na aula, coméntaas cos teus compañeiros e compañeiras. [apartado 1.4.]

8. Selecciona unha imaxe do teu interese. Pode ser calquera das que analizaches até agora, unha fotografía ou incluso mellor unha fotografía que che guste dun autor coñecido. Obsérvaa con atención e cubre unha ficha de lectura de imaxes como a que se reproduce no apartado 2 desta unidade didáctica. Respecto ao esquema gráfico, se a imaxe é horizontal, lembra xirar o papel 90 graos para que o recadro sexa equivalente.• Para comprobar se a túa lectura é obxectiva ou subxectiva, repasa os adxectivos que se achegan nos cadros

que aparecen a continuación e mira se coincide con algún deles. [apartado 2.]

9. Escolle unha fotografía dun anuncio publicitario. Procura que sexa grande, a ser posible que ocupe toda unha folla dunha revista ou dunha publicación impresa. Cubre a ficha de lectura de imaxe anterior. Repite este exercicio cantas veces creas oportuno. [apartado 2.]

10. Realiza o mesmo exercicio cunha fotografía feita por ti. Despois pásalla a un compañeiro ou compañeira para que faga o mesmo e compara ambas as dúas lecturas. [apartado 2.]

1. Analiza unha imaxe dun cadro famoso ou, por exemplo, algunha das imaxes que recompilaches anterior-mente e realiza un esquema no que aparezan os puntos, as liñas e os planos, orgánicos ou xeométricos, da composición. Naturalmente tes que enmarcar todo iso dentro dun recadro de formato equivalente ao for-mato da imaxe orixinal. Para iso basta con que o debuxes ao seu tamaño real sobre un papel, que traces unha diagonal e a prolongues. Por calquera punto desta diagonal podes trazar dúas liñas paralelas ás do recadro orixinal, que ao unirse cos lados opostos formarán un cadro equivalente.

• Para facer a análise das imaxes podes usar un papel vexetal ou un acetato e debuxar cun rotulador groso sobre a propia imaxe. Se o fas con ordenador é suficiente con que debuxes por riba da imaxe cun progra-ma como paint (programa de debuxo de Microsoft). [apartado 1.2.]

2. Busca imaxes nas que exista un efecto de luz de ton baixo ou de ton alto. Explica as sensacións que che pro-ducen cada unha delas. Busca tamén imaxes que teñan unha ampla gradación tonal e despois busca imaxes que sexan moi contrastadas. Conta o número de graos ou tons de gris diferentes que observas en cada unha delas.• Tamén podes transformar unha fotografía en branco e negro reducindo o número de tons ou graos de

gris mediante un programa como Gimp ou photoshop. [apartado 1.2.4.]

3. Selecciona imaxes nas que predominen as cores cálidas ou frías. Algunhas destas cores están ligadas a deter-minados momentos do día. Trata de explicar por que se produce ese fenómeno. • Busca imaxes con cores que reflictan un sentimento ou un estado de ánimo, como tristura, alegría, paz,

amor… Anota as sensacións que che produzan e que cousas che suxire cada unha delas. Comenta as diferenzas cos teus compañeiros e compañeiras. [apartado 1.2.5.]

4. Busca imaxes que cumpran con algunhas das leis compositivas enunciadas. Podes debuxar por riba delas mediante un acetato ou un papel vexetal, como na actividade 1, ou debuxar directamente sobre a imaxe no ordenador, con programas como paint, trazando sobre elas os puntos, as liñas e os planos desexados. [apartado 1.3.]

5. Selecciona imaxes de prensa ou dunha revista ilustrada. Amplíaas cunha fotocopiadora até que só se vexa unha parte delas ou apenas se recoñezan. Ensínallelas aos teus compañeiros e compañeiras para comprobar

RECADROS EQUIVALENTES

lectura obxectiva

adxectivos:

• denotativa• literal• informativa• patente• obvia• explícita• visible

• lóxica• primaria• clara• concreta• simple• monosémica• querida polo emisor

lectura subxectiva

adxectivos:

• connotativa• arbitraria• interpretativa• latente• obtusa• implícita• invisible

• psicolóxica• secundaria• esvaída• abstracta• complexa• polisémica• querida polo receptor

Page 21: José Eulogio Rouco Lamela - blog.xerais.gal · ou linguaxe audiovisual, por exemplo. O audiovisual adxectivo abarca todas aquelas formas de expresión que supoñen unha mediación