5 lingua · 2020. 4. 28. · o adxectivo. graos do adxectivo 4. informámonos 57 un folleto...

24
O libro Lingua para o 5.º curso de primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo. Na súa elaboración participou o seguinte equipo: Teresa Broseta Fandos Anxos Campos González Ánxela Carril Caldelas Rafael Fortes Otero Rosa Isabel García de Blas Luísa March Soler Afonso Toimil Castro ILUSTRACIÓN Azulamarillo EDICIÓN EXECUTIVA Luísa March Soler Afonso Toimil Castro DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero As actividades non se deben realizar en ningún caso no libro. As táboas, os esquemas e outros recursos que se inclúen son modelos para que o alumnado os copie no caderno. Lingua PRIMARIA 5 Edición anotada para o profesorado

Upload: others

Post on 27-Jan-2021

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • O libro Lingua para o 5.º curso de primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo.

    Na súa elaboración participou o seguinte equipo:

    Teresa Broseta Fandos Anxos Campos González Ánxela Carril Caldelas Rafael Fortes Otero Rosa Isabel García de Blas Luísa March Soler Afonso Toimil Castro

    ILUSTRACIÓN Azulamarillo

    EDICIÓN EXECUTIVA Luísa March Soler Afonso Toimil Castro

    DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo

    DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIAMaite López-Sáez Rodríguez-Piñero

    As actividades non se deben realizar en ningún caso no libro. As táboas, os esquemas e outros recursos que se inclúen son modelos para que o alumnado os copie no caderno.

    LinguaPRIMA

    RIA5

    Edición anotada para o profesorado

  • Presentación do proxecto

    Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu SABER FACER CONTIGO.

    Saber Facer Contigo incorpora importantes innovacións metodolóxicas e pedagóxicas que os docentes nos reclamaron para a súa práctica educativa, de aí o seu nome. O obxectivo primordial é desenvolver no alumnado as capacidades imprescindibles para a futura cidadanía do século XXI:

    As habilidades de comunicación

    A comunicación é un dos eixes esenciais do proxecto. A través de diferentes programas, presentes en todas as áreas, trabállanse as destrezas comunicativas:

    – Tempo para falar. Comunicación oral.

    – Tempo para ler. Competencia lectora.

    – Tempo para escribir. Comunicación escrita.

    As destrezas de pensamento

    Aprender a pensar e desenvolver o razoamento lóxico son outros dos eixes de Saber Facer Contigo. Para iso trabállanse as estratexias e as rutinas que cómpren para lograr unha aprendizaxe autónoma e eficaz, co obxectivo de que o alumnado adquira habilidades de pensamento de orde superior:

    – Fortalecer a comprensión e sintetizar as ideas máis importantes.

    – Reter e lembrar a información.

    – Relacionar coñecementos entre si.

    A interiorización destas estratexias e rutinas facilitará o control do pensamento e unha maior eficacia á hora de aplicar os novos coñecementos. Ao longo das unidades inclúese unha sección destinada ao adestramento do pensamento, que se destaca cunha icona de cor azul.

    A intelixencia emocional

    A educación das emocións é esencial para a educación integral do alumnado. Os obxectivos fundamentais que se establecen en Saber Facer Contigo versan arredor destes aspectos:

    – A identificación das emocións propias e alleas.

    – A autoxestión e a regulación emocional.

    – A expresión das emocións.

    – As habilidades sociais e a empatía.

    Unha icona de cor vermella enmarca as actividades e propostas encamiñadas de forma específica ao desenvolvemento da intelixencia emocional.

    3

  • A creatividade

    A creatividade implica ter unha imaxinación viva, ser capaz de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros trabállanse basicamente estas capacidades:

    – A busca de estratexias persoais e innovadoras.

    – A utilización de formas creativas de expresión.

    As actividades que implican poñer en xogo a creatividade de xeito especial identifícanse cunha icona de cor verde.

    O traballo cooperativo

    Co obxectivo de que as alumnas e os alumnos desenvolvan a súa capacidade de cooperar e sexan capaces de traballar xuntos para alcanzar un obxectivo común, neste proxecto propóñense actividades que requiren diferentes niveis de agrupamento:

    – Traballo por parellas.

    – Traballo en equipo.

    – Traballo en grupo-clase.

    Estas actividades identifícanse con distintas iconas.

    Ademais, ao finalizar cada trimestre inclúese un pequeno proxecto denominado Cooperamos, en que se poñen en xogo diferentes técnicas de aprendizaxe cooperativa.

    A autorregulación da aprendizaxe

    En Saber Facer Contigo o alumnado ten un papel activo no proceso de ensinanza e promóvese a reflexión persoal sobre a súa propia aprendizaxe, para mellorar o coñecemento de si mesmos e detectar fortalezas e debilidades.

    Ao longo das unidades deste libro inclúense pequenas rúbricas para que os alumnos e as alumnas tomen conciencia do que aprenderon e valoren como o fixeron.

    Para finalizar, e atendendo aos últimos avances da neurociencia, Saber Facer Contigo incorpora unha proposta de GAMIFICACIÓN para activar a emoción e a curiosidade do alumnado, grandes pancas da aprendizaxe. No proxecto ofrécense dinámicas propias do xogo que van axudar a transformar a aula, creando un ambiente estimulante e motivador.

    4

  • Índice

    Unidade 1. Coñecemos os demais ..................... 9

    Unidade 2. Valoramos os traballos ..................... 25

    Unidade 3. Tradición ou modernidade? ............ 41

    Unidade 4. Informámonos ................................. 57

    Cooperamos ........................................................ 72

    Saber máis ........................................................... 76

    Audicións de Comunicación oral. 1.º trimestre .... 78

    Unidade 5. Descubrimos o universo .................. 81

    Unidade 6. Informamos os demais .................... 99

    Unidade 7. Vivimos en sociedade ...................... 115

    Unidade 8. Como nos sentimos ......................... 131

    Cooperamos ........................................................ 146

    Saber máis ........................................................... 150

    Audicións de Comunicación oral. 2.º trimestre .... 162

    Unidade 9. Temos dereitos e deberes ................ 165

    Unidade 10. Coñecemos lugares novos ............. 181

    Unidade 11. Coñecemos mitos ........................... 197

    Unidade 12. Descubrimos o pasado .................. 213

    Cooperamos ........................................................ 228

    Saber máis .......................................................... 232

    Audicións de Comunicación oral. 3.º trimestre ... 238

    5

  • Cadro de contidos

    UnidadesTempo para ler

    Vocabulario Gramática

    1. Coñecemos os demais

    9

    Unha fábula: O león que era unha formiga

    Os animais O dicionario

    Os determinantes. O artigo

    2. Valoramos

    os traballos25

    Unha anécdota histórica: Un descubrimento fundamental

    As xoias Palabras polisémicas

    O substantivo

    3. Tradición ou modernidade?

    41

    Un conto de humor: Unha idea xenial

    O circuíto eléctricoPalabras homónimas

    O adxectivo. Graos do adxectivo

    4. Informámonos57

    Un folleto informativo: Ecovila, o hotel invisible

    A Terra O campo léxico

    O grupo nominal

    COOPERAMOS Lemos textos técnicos

    5. Descubrimos o universo

    81

    Un conto de ficción científica: Un roubo no espazo

    O espazo Sentido literal e sentido figurado

    Os demostrativos Os posesivos

    6. Informamos os demais

    99

    Un conto de misterio: Os paraugas desaparecidos

    O tempo Palabras primitivas e palabras derivadas

    Os numerais e os indefinidos

    7. Vivimos en sociedade

    115

    Unha lenda: Roldán e as costureiras

    O parque acuático Palabras simples e palabras compostas

    Os pronomes persoais

    8. Como nos sentimos131

    Unha entrevista: A forza da vontade

    O relevo Familia de palabras

    O verbo (I)

    COOPERAMOS Escribimos un conto entre todas e todos

    9. Temos dereitos e deberes

    165

    Un conto realista: Historia dunha pelota

    O centro comercial A prefixación

    O verbo (II)

    10. Coñecemos lugares novos

    181

    Un relato biográfico: A Princesa da Pampa

    A tenda de antigüidades A sufixación

    O verbo (III)

    11. Coñecemos mitos

    197

    Un relato mitolóxico: Apolo e Dafne

    A casa romana Os sufixos aumentativos

    O adverbio

    12. Descubrimos o pasado

    213

    Unha publirreportaxe: Campo Lameiro: unha viaxe no tempo

    O poboado prehistórico Os xentilicios

    As preposicións, as conxuncións e as interxeccións

    COOPERAMOS Facemos a ficha de lectura dun libro

    6

    UnidadesTempo para ler

    Vocabulario Gramática

    1. Coñecemos os demais

    9

    Unha fábula: O león que era unha formiga

    Os animais O dicionario

    Os determinantes. O artigo

    2. Valoramos

    os traballos25

    Unha anécdota histórica: Un descubrimento fundamental

    As xoias Palabras polisémicas

    O substantivo

    3. Tradición ou modernidade?

    41

    Un conto de humor: Unha idea xenial

    O circuíto eléctricoPalabras homónimas

    O adxectivo. Graos do adxectivo

    4. Informámonos57

    Un folleto informativo: Ecovila, o hotel invisible

    A Terra O campo léxico

    O grupo nominal

    COOPERAMOS Lemos textos técnicos

    5. Descubrimos o universo

    81

    Un conto de ficción científica: Un roubo no espazo

    O espazo Sentido literal e sentido figurado

    Os demostrativos Os posesivos

    6. Informamos os demais

    99

    Un conto de misterio: Os paraugas desaparecidos

    O tempo Palabras primitivas e palabras derivadas

    Os numerais e os indefinidos

    7. Vivimos en sociedade

    115

    Unha lenda: Roldán e as costureiras

    O parque acuático Palabras simples e palabras compostas

    Os pronomes persoais

    8. Como nos sentimos131

    Unha entrevista: A forza da vontade

    O relevo Familia de palabras

    O verbo (I)

    COOPERAMOS Escribimos un conto entre todas e todos

    9. Temos dereitos e deberes

    165

    Un conto realista: Historia dunha pelota

    O centro comercial A prefixación

    O verbo (II)

    10. Coñecemos lugares novos

    181

    Un relato biográfico: A Princesa da Pampa

    A tenda de antigüidades A sufixación

    O verbo (III)

    11. Coñecemos mitos

    197

    Un relato mitolóxico: Apolo e Dafne

    A casa romana Os sufixos aumentativos

    O adverbio

    12. Descubrimos o pasado

    213

    Unha publirreportaxe: Campo Lameiro: unha viaxe no tempo

    O poboado prehistórico Os xentilicios

    As preposicións, as conxuncións e as interxeccións

    COOPERAMOS Facemos a ficha de lectura dun libro

  • OrtografíaMáis tempo para ler

    Literatura Saber facer

    Escritura de contraccións A linguaxe literaria Unha narración oral desde diferentes puntos de vista

    Sílaba tónica e acento gráfico

    Un texto publicitario: Sorrisos sans, sorrisos felices

    Unha explicación oral sobre un traballo

    Normas de acentuación Prosa e verso Un folleto de instrucións

    Acentuación de ditongos e tritongos

    Unha noticia: Uns pais reparten larpeiradas…

    Unha redacción a partir de diversas fontes

    SABER MÁIS Outras regras de acentuación

    Acentuación de hiatos Os xéneros literarios A descrición dunha imaxe do espazo

    A partición de palabras. O guión

    Un artigo de opinión: Un baño de realidade

    Unha exposición oral sobre o tempo

    Contraccións dos pronomes persoais

    Os textos teatrais Un cartel con normas de comportamento

    Signos que pechan enunciados

    Unhas recomendacións: Facerlle fronte ao estrés

    Unha narración oral que expresa emocións

    SABER MÁIS Palabras sinónimas Palabras antónimas A comunicación Verbos regulares

    A coma A estrutura da narración Unha reclamación

    O punto e coma Un folleto turístico: Pena Trevinca, máis preto do ceo

    Un parladoiro sobre medio ambiente

    Os dous puntos e as comiñas

    O narrador e os personaxes

    A narración oral dunha historia

    A raia e as parénteses Un cómic: Cepillo O argumento dun conto

    SABER MÁIS Conxugacións verbais Verbos irregulares

    OrtografíaMáis tempo para ler

    Literatura Saber facer

    Escritura de contraccións A linguaxe literaria Unha narración oral desde diferentes puntos de vista

    Sílaba tónica e acento gráfico

    Un texto publicitario: Sorrisos sans, sorrisos felices

    Unha explicación oral sobre un traballo

    Normas de acentuación Prosa e verso Un folleto de instrucións

    Acentuación de ditongos e tritongos

    Unha noticia: Uns pais reparten larpeiradas…

    Unha redacción a partir de diversas fontes

    SABER MÁIS Outras regras de acentuación

    Acentuación de hiatos Os xéneros literarios A descrición dunha imaxe do espazo

    A partición de palabras. O guión

    Un artigo de opinión: Un baño de realidade

    Unha exposición oral sobre o tempo

    Contraccións dos pronomes persoais

    Os textos teatrais Un cartel con normas de comportamento

    Signos que pechan enunciados

    Unhas recomendacións: Facerlle fronte ao estrés

    Unha narración oral que expresa emocións

    SABER MÁIS Palabras sinónimas Palabras antónimas A comunicación Verbos regulares

    A coma A estrutura da narración Unha reclamación

    O punto e coma Un folleto turístico: Pena Trevinca, máis preto do ceo

    Un parladoiro sobre medio ambiente

    Os dous puntos e as comiñas

    O narrador e os personaxes

    A narración oral dunha historia

    A raia e as parénteses Un cómic: Cepillo O argumento dun conto

    SABER MÁIS Conxugacións verbais Verbos irregulares

    7

  • Iconas utilizadas neste libro

    As actividades en que terás que traballar cun compañeiro ou cunha compañeira están marcadas con esta icona.

    Naquelas actividades en que figura esta icona terás que cooperar cos demais e traballar en equipo.

    Esta icona identifica as actividades en que terás que exercitar de maneira especial a túa capacidade de reflexión para sacar conclusións.

    PENSA

    MENTO

    Coas propostas que vas atopar na sección de creatividade terás que poñer en xogo a túa imaxinación para achegar ideas orixinais.

    C

    REATIVIDADE

    As actividades que aparecen sinaladas con esta icona animarante a expresar o que sentes e a poñerte no lugar dos demais.

    EMOCIÓNS

    Indica que actividades tes que facer escoitando unha audición.

    8

  • Tempo para escoitar

    1 Escoita a pista 1 e responde.

    • Onde se mantén a conversa: na rúa ou no colexio?

    • Cantos rapaces falan en total? Cantos son rapaces? E rapazas?

    • De onde son as persoas que falan? Di, polo menos, o nome de dous países.

    • A quen esperan? Como se chama?

    2 Que erro se cometeu en cada palabra? Escoita a pista 2 e relaciona con números.

    ERROS

    1 Non se pronunciou ben o e aberto.

    2 Non se pronunciou ben o o aberto.

    3 Non se pronunciou ben o R forte.

    4 Non se pronunciou ben o R suave.

    Tempo para falar

    3 Presenta o teu compañeiro ou compañeira seguindo estes pasos.

    – Elixe dúas ou tres características positivas que permitan identificar o teu compañeiro ou compañeira entre o resto da clase.

    – Presenta esta persoa á clase empregando as características elixidas. Non esquezas dicir como se chama.

    Coñecemos os demais1

    • dixeron • podes

    • queres • escola

    • terra • teñen

    9

    ES0000000118726 121688_UNIDADE_01_96756.indd 9 31/03/2020 9:19:52

    Tempo para escoiTar1 • No colexio.

    • Tres. Un. Dúas.• De Alemaña, de Francia e do Perú. • Esperan o mestre. Chámase Alberte.

    2 • dixeron: 1. • podes: 2. • queres: 4. • escola: 2. • terra: 3. • teñen: 1.

    Tempo para falar

    3 Resposta libre (RL). Orientación: Antes de levar a cabo as presentacións,

    pode facer unha recompilación de adxectivos positivos referidos a persoas: xeneroso/-osa; amable; gracioso/-osa; divertido/-ida; intelixente; mañoso/-osa; enxeñoso/-osa; creativo/-iva; educado/-ada; alegre; simpático/-a; ocorrente…

    Audios descargables en e-vocacion.es Pistas 1 e 2.

    LibroMediaAudios das actividades 1 e 2.

    SUXESTIÓNSPara introducir o tema da audición, pregúntelles de que falaron cando se viron despois do verán.

    Material da aulaTarxetas visuais.

  • Tempo para ler

    O león que era unha formiga

    Á sombra dunha árbore durmía un león. Un rato que xogaba polas pólas caeulle enriba da barriga e espertouno.

    –León... Perdoa... Se me deixas vivir, heite servir sempre –dixo o rato, temoroso de que o león se anoxase.

    Pero, antes de que puidese acabar, o león, asustado, agachouse de-trás da árbore:

    –Non me manques, por favor... –suplicou.O rato, estrañado, contestou: –Tranquilo, león, que non che vou facer nada.–Grazas, rato, grazas...De súpeto pasou preto de alí unha bolboreta e o león sentiu un

    arrepío.–Tamén lles tes medo ás bolboretas? –preguntou o rato sorprendido.– Non o sei. Pican?–Non, as bolboretas non pican.–Daquela non lles teño medo ás bolboretas –dixo o león un pouco

    avergoñado.

    5

    10

    15

    SABER MÁIS

    As fábulas son historias protagonizadas por animais que falan e se comportan coma se fosen persoas. Xeralmente, os animais das fábulas representan determinadas virtudes ou determinados defectos e, a través da historia que protagonizan, transmiten algún tipo de ensinanza ou moralidade.

    10

    ES0000000118726 121688_UNIDADE_01_96756.indd 10 31/03/2020 9:19:54

    O león que era unha formiga é unha fábula para reflexionar sobre os sentimentos persoais e sobre a importancia de pertencer a un grupo. O personaxe principal é un león que se sente unha formiga e, de feito, ten a forma de vivir propia das formigas. Diversos animais reflexionan sobre se ten que ir vivir coas formigas ou cos leóns. A fábula acaba cunha ensinanza que se recolle dentro dun cadro e que convida a non deixarse levar polas aparencias externas.

    O conto foi escrito expresamente para este libro por G. Pascual, unha prolífica autora de literatura infantil e xuvenil. Recibiu unha gran cantidade de premios desde a súa primeira novela.

    SUXESTIÓNSPropóñalles facer unha lectura en cadea para comprobar o nivel de todos os rapaces e rapazas e poder reforzar os aspectos en que teñen máis dificultade.

    LibroMediaAudio: O león que era unha formiga.

    Audios descargables en e-vocacion.es Pista 3. O león que era unha formiga.

    LibroMediaPresentación interactiva: Ficha sobre as fábulas.

  • 1Unha fábula–Pero, como pode ser que un león tan grande coma ti lles teña medo

    a uns bichos tan pequenos coma nós? –preguntou sorprendido o rato.–Porque en realidade son unha formiga –confesou o león.–Pero non tes antenas e só tes catro patas... –dixo o rato mirando para

    o león coma se estivese tolo.–Ben o sei... Son unha formiga atrapada nun corpo de león. A min

    non me gusta saír de caza coma a meus irmáns; eu prefiro apañar follas e ramalliños, e agachalos en buratiños debaixo da terra. Ademais, son-vos vexetariano.

    O rato non sabía que pensar, así que, decidido a aclarar aquel caso tan estraño, foi buscar a raíña das formigas e o rei dos leóns.

    –Non é unha das nosas –asegurou a raíña das formigas ao ver o león. –Si que o son. Son unha formiga obreira –ratificouse na súa afirma-

    ción o león.–Non, home, non –contradíxoo o rei dos leóns–. Con esta melena tan

    grande e escura está clarísimo que es un dos nosos.E, sen facer caso das protestas, o rei dos leóns decidiu levalo para a

    casa. Mentres marchaba, o león-formiga díxolle entre bágoas á raíña das formigas:

    –Abofé que son unha de vós. Pero, se non me queredes, non podo facer nada.

    Aquelas palabras partiron o corazón da raíña formiga, que decidiu pedir unha terceira opinión. Así que lle preguntaron á serpe, que era o animal máis listo de toda a selva.

    A serpe examinou o león atentamente. Miroulle a lingua, os ollos, as orellas, o rabo...

    –A verdade é que ten toda a traza de ser un león... –dixo pensativa despois dun anaco–. Pero se camiña coma unha formiga, traballa coma unha formiga e fala coma unha formiga, debe ser unha formiga. Ás ve-ces as aparencias enganan...

    Daquela, o rei dos leóns preguntoulle ao león:–De verdade que non queres ser o rei da selva? –Non –respondeu o león convencido.–E estás seguro de que queres ser unha das nosas? –inquiriu a raíña

    das formigas.–Non hai nada no mundo que me puidese facer máis feliz –confirmou

    o león.Desde aquel día, o león foi vivir coas formigas e din que foi feliz para

    sempre.

    E alá, na selva, todos aprenderon a ver que o que parece non sempre é.

    20

    25

    30

    35

    40

    45

    50

    55

    anoxase: enfadase.

    arrepío: sensación de medo producida por algo que non se espera.

    ratificouse: confirmou as súas palabras, mantívoas.

    contradíxoo: dixo o contrario ou algo diferente do que dixo outro.

    E se fose…

    Imaxina outro desenvolvemento para o conto: que outro animal podería querer ser o león?, que lle gustaría facer se fose ese animal?

    C

    REATIVIDADE

    11

    ES0000000118726 121688_UNIDADE_01_96756.indd 11 31/03/2020 9:19:55

    Creatividade

    RL.

    Orientación: para desenvolver a actividade, convén que, previamente, se documenten sobre o animal en que se quere converter o león: alimentación, xeito de vivir, relación con outros animais, gustos…

    SUXESTIÓNSDivida a clase en grupos de catro, para que cada grupo elabore un mural cunha das palabras do vocabulario ou con algunha máis da lectura que descoñeza. O mural deberá estar formado pola palabra e por unha oración que a conteña. Repita esta dinámica de traballo en todas as unidades.

    LibroMediaActividade interactiva: Lemos máis. O paxaro Kandowei.

  • 1 Di en cal destas oracións está mal utilizada a expresión destacada.

    A Púxose tan contento que se lle partiu o corazón.

    B Cando a viu chorar, partíuselle o corazón.

    2 Explica coas túas palabras o que significa a expresión partirlle o corazón a alguén.

    3 Escribe o nome do animal da lectura con que se adoita relacionar cada adxectivo.

    sabio/-a feroztraballador/-a

    4 Le e responde as preguntas.

    • Por que di iso o león?

    • Como cres que se debe sentir? Por que?

    5 Como se sente o rato en cada momento? Explica por que.

    • Cando cae enriba da barriga do león.

    • Cando o león lle pide que non lle faga dano.

    • Cando o león lle di que é unha formiga atrapada nun corpo de león.

    6 Escolle o personaxe que, para ti, se comporta mellor ca o rei dos leóns e di por que.

    o ratoa raíña das formigas

    7 Escribe un texto breve en que expliques como pensas que será a vida do león coas formigas.

    Comprensión lectora

    TEST DE COMPRENSIÓN

    1. Que animal espanta ao león cando está co rato?

    a) Unha formiga.

    b) Unha bolboreta.

    c) Unha abella.

    2. A quen vai buscar o rato para que resolva o problema?

    a) Unha bolboreta.

    b) Unha serpe.

    c) A raíña das formigas e ao rei dos leóns.

    3. Que lle gusta facer ao león da fábula?

    a) Xogar coas formigas.

    b) Apañar follas e ramalliños para agachalos debaixo da terra.

    c) Saír a cazar.

    4. Que come o león da fábula?

    a) Carne doutros animais.

    b) Formigas.

    c) Só verduras.

    5. Que di a serpe cando ve o león?

    a) Que indubidablemente é un león.

    b) Que é claramente unha formiga.

    c) Que aparentemente é un león, pero que se comporta coma unha formiga.

    6. Cal é a ensinanza que transmite a fábula?

    a) Os animais son seres incribles.

    b) O medo é un mal compañeiro.

    c) As aparencias enganan.

    Son unha formiga atrapada nun corpo de león.

    12

    ES0000000118726 121688_UNIDADE_01_96756.indd 12 31/03/2020 9:19:58

    Solucións

    TesT de comprensión1 b), 2 c), 3 b), 4 c), 5 c), 6 c).

    1 Está mal utilizada na A.

    2 Causarlle unha gran mágoa ou aflición.

    3 Traballador/-a: formiga; sabio/-a: serpe; feroz: león.

    4 • Porque ten o aspecto físico dun león, pero séntese coma se fose unha formiga e gústalle facer as mesmas cousas ca ás formigas.

    • RM (Resposta modelo). Débese sentir só e triste entre os leóns, porque a el gustaríalle estar coas formigas.

    5 RM. • Temoroso. RL. • Estrañado. RL. • Confuso. RL.

    6 e 7 RL.

    SUXESTIÓNSComprobe que entenden perfectamente todas as respostas de cada pregunta do test. Lémbrelles que sempre hai que ler todas as opcións antes de responder, aínda que pensen que a primeira opción é a resposta correcta.

    LibroMediaActividades interactivas:Lemos en voz alta. O león que era unha formiga; Comprensión lectora (I) e Comprensión lectora (II).

  • 1 Completa co nome do grupo que corresponda en cada caso.

    GRUPOS enxame rabaño bandada banco

    • Un grupo de andoriñas forma unha • Un grupo de abellas forma un

    • Un grupo de cabras forma un • Un grupo de sardiñas forma un

    2 Di de que animais son fillas cada unha destas crías.

    poldro becerro cervato lobeto

    Exemplo O poldro é o fillo do e da

    3 Forma palabras que nomeen berros de animais seguindo o exemplo.

    • ouvear ouveo • rinchar • piar • bruar

    4 Di que palabra de cada parella aparece primeiro no dicionario e explica por que.

    xirafa xirasol

    mono momia

    leopardo leituga

    gol gorra

    UTILIZA O DICIONARIO

    1Vocabulario. Os animais

    5 Escribe a forma con que aparecerán no dicionario as palabras destacadas.

    Cun pouco de sorte...

    A semana próxima os meus curmáns e mais eu visitaremos o parque natural das Fragas do Eume. Apetéceme tanto ir! Dixéronme que hai uns lugares preciosos e que se poden ver lontras no río. Se temos sorte, quizais vexamos algunha...

    O DICIONARIO

    O dicionario é o libro en que se recollen os significados das palabras.

    No dicionario as palabras atópanse ordenadas alfabeticamente, letra por letra.

    Á hora de buscar no dicionario, cómpre ter en conta que os substantivos aparecen sempre en singular, os adxectivos en masculino singular e os verbos en infinitivo.

    13

    ES0000000118726 121688_UNIDADE_01_96756.indd 13 31/03/2020 9:20:00

    Solucións

    1 • bandada. • enxame. • rabaño. • banco.

    2 O poldro é o fillo do cabalo e da besta. O becerro é o fillo do boi e da vaca. O cervato é o fillo do cervo e da cerva. O lobeto é o fillo do lobo e da loba.

    3 • rincho • pío • brúo.

    4 Xirafa (f antes ca s). Momia (m antes ca n). Leituga (i antes ca o). Gol (l antes ca r).

    5 Próximo; curmán; visitar; fraga; apetecer; lugar; precioso; poder; lontra; ter; ver.

    Orientación: aproveite o texto para preguntarlles ás alumnas e aos alumnos se un dicionario recolle substantivos

    propios como Maruxa. Fágalles saber que os nomes propios se recollen en enciclopedias. Móstrelles algunha en liña ou en formato papel.

    LibroMediaActividades interactivas:Os animais (I); Os animais (II) e O dicionario.

    SUXESTIÓNSMoitas persoas deixan de interesarse pola orde alfabética porque xa non buscan as palabras en dicionarios en papel, senón en dicionarios en liña. Propóñalles outros contextos en que se usa a orde alfabética: ordenación de libros nunha bibliografía, ordenación da lista do alumnado…

    Material da aulaLámina. Os animais e Xogo de vocabulario.

    LibroMediaLámina: Os animais.

  • QUE SABES XA

    Di que palabras dos seguintes grupos son artigos, demostrativos, posesivos, numerais e indefinidos.

    • a casa • tres lapis • o noso coche • algunhas follas

    • cinco chaves • este camiño • aquelas leitugas • as súas fillas

    Os determinantesXeralmente, os substantivos non aparecen sós, senón precedidos doutras palabras. Exemplo: a casa, esta casa. Estas palabras, que van diante do substantivo, serven para concretar o seu significado ou para determinalo. Por iso se di que funcionan como determinantes.

    Os determinantes son palabras que van diante do substantivo e que o con-cretan ou o determinan. Hai varias clases de palabras que poden funcionar como determinante: o artigo (o can), os demostrativos (este can), os posesivos (o teu can), os numerais (tres cans, o primeiro can) e os indefinidos (algún can).

    O artigoO artigo é unha clase de palabra que anuncia a presenza dun substantivo e que indica o xénero e o número que ten este. Sempre se utiliza diante do substantivo e a súa función é determinalo.

    O artigo pode ser determinado (o paseo) ou indeterminado (unhas fotos) e sempre vai no mesmo xénero e no mesmo número ca o substantivo que acompaña. No cadro seguinte recóllense as formas do artigo.

    Singular Plural

    Masculino Feminino Masculino Feminino

    o a os as

    un unha uns unhas

    Artigo determinado

    Artigo indeterminado

    ACTIVIDADES

    1 Escolle a afirmación correcta.

    A

    B

    GRAMÁTICA Os determinantes. O artigo

    LEMBRA

    Cando vai precedido polas preposicións a, con, de, en e por, o artigo contrae con elas. O resultado son as contraccións ao / ó, á, aos / ós, ás; co, coa, cos, coas; do, da, dos, das; no, na, nos, nas; polo, pola, polos, polas.

    Demostrativos

    Numerais

    Posesivos

    Indefinidos

    Determinantes

    Artigos

    DeterminadosIndeterminados

    Os determinantes expresan calidades dos substantivos e van no mesmo xénero e número ca eles.

    Os determinantes úsanse diante dos substantivos. Os artigos son un tipo de determinantes.

    14

    ES0000000118726 121688_UNIDADE_01_96756.indd 14 31/03/2020 9:20:02

    Solucións

    Que sabes xa

    • a (artigo) • tres (numeral) • o (artigo) noso (posesivo) • algunhas (indefinido) • cinco (numeral) • este (demostrativo) • aquelas (demostrativo) • as (artigo) súas (posesivo).

    1 B.

    2 Unha (artigo) sorpresa

    O (artigo) meu (posesivo) amigo Martiño queríalle preparar unha (artigo) sorpresa á (contrac. a + a) nova compañeira da clase polo (contrac. por + o) seu (posesivo) aniversario. Por iso, onte fomos a aquela (demostrativo) tenda que hai preto da (contrac. de + a) praza. O (artigo) dependente ensinounos

    algunhas (indefinido) cousas: dous (numeral) tipos de globos, varias (indefinido) grilandas… Pero finalmente decidímonos por estas (demostrativo) bandeirolas con letras. Son moi bonitas!

    3 RM. Neste caso, as palabras subliñadas non son determinantes, xa que non anuncian a presenza do substantivo, senón que van detrás del.

    SUXESTIÓNSRepase as diferentes formas dos determinantes, especialmente aquelas que xeran dúbidas como o neutro dos demostrativos (isto) e os numerais ordinais (cuarto, sétimo, décimo sexto, vixésimo, trixésimo…).

    LibroMediaVídeo: Os determinantes. O artigo.

    LibroMediaPresentación interactiva: Esquema sobre o artigo.

    Material da aulaXogo: De premio, un castelo!

  • Que son os determinantes? Que palabras poden realizar esta función?

    Que é o artigo?

    Que dous tipos de artigo hai?

    Os determinantes son as que van do substantivo e Poden funcionar como determinantes o , os , os , os e os

    O artigo é que anuncia e indica

    O artigo pode ser (o, a...) ou (un, unha...).

    ELABORA O TEU RESUMO

    2 Copia o texto e arrodea os determinantes segundo o código. Ten en conta as contraccións do artigo.

    Artigo Demostrativo Posesivo Numeral Indefinido

    Unha sorpresa

    O meu amigo Martiño queríalle preparar unha sorpresa á nova compañeira da clase polo seu aniversario. Por iso, onte fomos a aquela tenda que hai preto da praza. O dependente ensinounos algunhas cousas: dous tipos de globos, varias grilandas... Pero finalmente decidímonos por estas bandeirolas con letras. Son moi bonitas!

    3 Di se cres que as palabras subliñadas destes grupos desempeñan a función de determinantes ou non e explica por que.

    o compañeiro aquel unha obra súa uns xoguetes calquera

    4 Subliña os artigos destas oracións e clasifícaos. Repara en que algúns formaron contraccións.

    • Fomos ao aeroporto a buscar uns sobriños da avoa.

    • O meu grupo fixo aquel cartel cunhas fotos antigas.

    • Os veciños da amiga de Sabela son italianos.

    • Non sei se mercarlle un patinete, unha bici ou as lentes de sol que quería.

    5 Copia os carteis e complétaos co artigo determinado ou coa contracción que corresponda en cada caso.

    1

    Mañá, grupo teatral PAXAROS

    vai presentar obra«Conversa (con) home gris»

    (en) sala de teatro Gaivotas.

    Non faltedes!

    xoiaría Brillantes pon todos reloxos e todas pulseiras (de)

    inverno pasado (a) metade de prezo! XOIARÍA BRILLANTES, poder (de) elegancia.

    OFERTA

    B

    EN V I D A

    ARTIGOS DETERMINADOS

    ARTIGOS INDETERMINADOS

    15

    ES0000000118726 121688_UNIDADE_01_96756.indd 15 31/03/2020 9:20:03

    4 • Fomos ao aeroporto a buscar uns sobriños da avoa. • O meu grupo fixo aquel cartel cunhas fotos antigas. • Os veciños da amiga de Sabela son italianos. • Non sei se mercarlle un patinete, unha bici

    ou as lentes de sol que quería.

    ARTIGOS DETERMINADOS ao (contrac. a + o), da (contrac. de + a), o, os, da (contrac. de + a), as.

    ARTIGOS INDETERMINADOS uns, cunhas (contrac. con + unhas), un, unha.

    5 Mañá, o grupo teatral OS PAXAROS vai presentar a obra «Conversa co home gris» na sala de teatro As Gaivotas. Non faltedes!

    OFERTA. A xoiaría Brillantes pon todos os reloxos e todas as pulseiras do inverno pasado á metade de prezo! XOIARÍA BRILLANTES, o poder da elegancia.

    Elabora o tEu rEsumoRL.

    SUXESTIÓNSEn relación coa actividade 5, convén que teñan en conta o apartado Lembra da páxina anterior. Déalles exemplos no encerado.

    SUXESTIÓNSPara resolver a actividade 3, suxíralle ao alumnado que faga unha lista cos trazos definitorios dos determinantes e que comprobe cales se cumpren.

    LibroMediaActividades interactivas: Os determinantes. O artigo (I) e Os determinantes. O artigo (II).

  • ORTOGRAFÍA Escritura de contraccións

    ACTIVIDADES

    1 Copia as contraccións do texto e explica como se formou cada unha.

    Unha científica relevante

    No último número da revista Animais, nalgunha páxina das centrais, aparece a entrevista que lle fixeron á doutora Celia Penas. É unha das zoólogas máis destacadas da universidade desta cidade. Noutra ocasión xa publicaran un artigo en que falaba daquel animal en perigo de extinción que acabou recuperándose.

    2 Copia as oracións no caderno facendo as contraccións necesarias.

    • (EN + ESA) maleta meteu as peluches (DE + AQUELA) amiga.

    • Se saio (DE + ESTE) problema, non me meto (EN + OUTRO).

    • Non me gusta esa camisa; prefiro (AQUELA + OUTRA).

    • A Pedro xa o colleron (EN + ALGUNHA) mentira.

    • (EN + ALGÚN) sitio oín falar (DE + ISO).

    • Antes a xente comunicábase (DE + OUTRO) xeito.

    QUE SABES XA

    Di cales das palabras destacadas en cada oración son contraccións.

    • Diso prefiro non falar; cóntame daquela vez que fostes a Suíza.

    • A dona desa tenda vén andando desde a súa casa todos os días.

    • Desta vez axúdoche, pero non me pillas noutra.

    Ademais das contraccións do artigo e dos pronomes persoais, na lingua prodúcense outras contraccións. Vexamos:

    • As preposicións de e en contraen cos demostrativos este, ese, aquel, iso… e dan como resultado as contraccións deste, dese, daquel, diso…; neste, nese…

    • As preposicións de e en contraen cos indefinidos algún, algunha, algúns, algunhas e con outro, outra, outros, outras e dan como resultado as contraccións dalgún, dalgunha…; nalgún, nalgunha…; doutro, doutra…; noutro, noutra…

    • Os demostrativos este, esta; ese, esa; aquel, aquela… contraen cos indefinidos outro, outra, outros, outras e dan como resultado as contraccións estoutro, esoutro, aqueloutro, estoutra, esoutra…

    16

    ES0000000118726 121688_UNIDADE_01_96756.indd 16 31/03/2020 9:20:05

    SUXESTIÓNSConvén deterse especialmente nas formas que resultan da contracción dos demostrativos cos indefinidos, porque é posible que os alumnos e as alumnas estean menos familiarizados con elas.

    Solucións

    Que sabes xa

    • diso (de + iso), daquela (de + aquela).

    • desa (de + esa).

    • desta (de + esta), noutra (en + outra).

    1 No (en + o), da (de + a), nalgunha (en + algunha), das (de + as), á (a + a),

    das (de + as), da (de + a), desta (de + esta), Noutra (en + outra), daquel (de + aquel).

    2 • Nesa maleta meteu as peluches daquela amiga.

    • Se saio deste problema, non me meto noutro.

    • Non me gusta esa camisa; prefiro aqueloutra.

    • A Pedro xa o colleron nalgunha mentira.

    • Nalgún sitio oín falar diso.

    • Antes a xente comunicábase doutro xeito.

    3 deste, dese, daquel; desta, desa, daquela; destes, deses, daqueles; destas, desas, daquelas; neste, nese, naquel; nesta, nesa, naquela; nestes, neses, naqueles; nestas, nesas, naquelas.

    Material da aulaLámina de ortografía visual e Xogo de ortografía.

    LibroMediaActividade interactiva: Escritura de contraccións.

  • 3 Copia o cadro no caderno, complétao coas contraccións que cumpran e apréndeas.

    este, ese, aquel esta, esa, aquela estes, eses, aqueles estas, esas, aquelas

    de desta, desa, daquela

    en nestes, neses, naqueles

    4 Fíxate na situación de comunicación e completa o diálogo coas contraccións de demostrativo ou indefinido que cumpran.

    No mercado

    – Bo día, podería poñerme un quilo mazás de aí?– De cales, que están aquí á miña esquerda?– Si, E dous quilos peras de alí atrás,

    que teñen moi boa pinta.– Se quere, póñolle que lle están riquísimas!

    E caixa tamén teño algunhas das que apaño eu.– Graciñas, ocasión igual llas probo. Aburiño.

    5 DITADO. Prepara o ditado para facelo no caderno.

    Fíxate nas contraccións.

    Un xornalista bárbaro

    Xurxo, o fillo dese veciño que vive no piso de arriba, é un dos mellores xornalistas galegos da actualidade. É tan bo que, nunha ocasión, unha coñecida cadea de televisión mesmo lle ofreceu facer unha reportaxe polas praias do Caribe. Desa vez, o curioso foi que lle pagaron o aloxamento no hotel dalgunha das praias da zona. E aínda me lembro daqueloutra ocasión en que viaxou ao deserto… que envexa!

    APRENDO COMO SE ESCRIBE

    1

    harmónicaInstrumento musical de vento que soa ao soprar ou ao aspirar por uns furadiños.

    • Di que palabra está ben escrita.

    A armónica B harmonica C harmónica D harmonia

    • Localiza as letras que forman a palabra e escríbeas ordenadas en maiúscula e en minúscula.

    C H Ó A R M I N X A

    • Completa coas grafías que corresponda estas palabras da familia de harmónica.

    *armon*a fil*armóni*o *armon*o

    17

    ES0000000118726 121688_UNIDADE_01_96756.indd 17 31/03/2020 9:20:07

    4 – Bo día, podería poñerme un quilo desas mazás de aí? / – De cales, destas que están aquí á miña esquerda? / – Si, desas. E dous quilos daquelas peras de alí atrás, que teñen moi boa pinta. / – Se quere, póñolle estoutras que lle están riquísimas! E naquela caixa tamén teño algunhas das que apaño eu. / – Graciñas, noutra ocasión igual llas probo. Aburiño.

    5 Actividade de ditado.

    Aprendo como se escribe• C (harmónica).

    • HARMÓNICA, harmónica.

    • harmonía, filharmónico, harmonio

    Máis recursosSe o considera conveniente, contrapoña as contraccións presentadas neste apartado con outros casos en que as preposicións de e en preceden a palabras con que contraen na fala, pero non na escrita; isto ocorre no caso dos adverbios (de alí, de acordo, de agora) e dos indefinidos algo e alguén (de alguén, de algo, en algo, en alguén).

    SUXESTIÓNSPídalles que presten atención ás contraccións que poida haber no ditado.

    LibroMediaAudio: Ditado.Escritura de contraccións.

  • Hai textos que explican as cousas dun xeito especial, co obxectivo de crear beleza e espertar determinadas emocións no lector. Estes textos chámanse textos literarios e o tipo de linguaxe en que están escritos é a linguaxe literaria.

    Na linguaxe literaria, as palabras selecciónanse e combínanse usando diversos recursos, segundo as emocións que se queren transmitir.

    Bolboreta

    Bolboreta fascinante,debuxante e escritora,como es tan boa lectora,pasas páxinas ao instante.Coa túa pluma enroladorazugas tinta en tantas flores...Con palabras de mil cores,cada libro teu namora!

    Héctor cajaraville

    A bolboreta

    A bolboreta é un insecto voador con catro ás de cores vivas que move con moita rapidez. Na boca, a bolboreta ten unha trompa enrolada en espiral que estira para zugar o néctar das flores que poliniza.

    1 Fíxate no obxectivo dos textos anteriores e di cal dos dous non é literario.

    2 Cales destas características do poema Bolboreta se poden considerar propias da linguaxe literaria? Escolle tres.

    A Ten un ritmo e unha musicalidade especiais.

    B Os verbos están en segunda persoa do singular.

    C Utiliza determinadas palabras cun sentido que non teñen na linguaxe habitual.

    D Diríxese á bolboreta coma se fose unha persoa.

    E Utiliza palabras como escritora, pluma, libro, etc., relacionadas coa literatura.

    Literatura

    néctar: zume moi doce que segregan as flores.

    fascinante: que gusta moitísimo.

    18

    ES0000000118726 121688_UNIDADE_01_96756.indd 18 31/03/2020 9:20:10

    Solucións

    1 Non é literario «A bolboreta», porque o seu obxectivo é explicar o que é unha bolboreta.

    2 A; C; D.

    3 1 C; 2 A; 3 B.

    4 RM. Si que é literario porque intenta crear beleza e utiliza recursos, como atribuírlle ao sol accións

    e adxectivos propios das persoas (o sol está canso despois dun día de traballo) para referirse ao solpor, e identificar tres camelos con tres puntos suspensivos.

    5 RL.

    6 RM. A cebra viste un pixama de raias. A tartaruga vai sempre cuberta cun escudo.

    SUXESTIÓNSAnímeos a levar á clase fragmentos de textos literarios en que se vexa un coidado especial pola linguaxe. Insista en que a linguaxe literaria non só está presente na poesía, senón tamén na narrativa, no teatro e mesmo en textos da vida cotiá, como anuncios ou artigos de opinión en xornais.

    LibroMediaLámina:A linguaxe literaria.

  • 1A linguaxe literaria3 Con que se comparan? Relaciona cada número coa letra correspondente.

    1 As ás da bolboreta. A Cunha pluma.

    2 A trompa da bolboreta. B Con tinta.

    3 O néctar das flores. C Coas páxinas dun libro.

    4 Cres que este texto é literario? Por que? Le e responde.

    Posta de sol

    As vistas eran impresionantes. O sol, canso despois dun longo día de traballo, agochábase tras das dunas, vestindo o ceo de belísimas tonalidades moradas. Ao fondo, unha caravana de camelos poñía puntos suspensivos a unha paisaxe inesquecible.

    5 Le con atención. Despois, busca na prensa, na televisión ou en Internet dous exemplo do uso da linguaxe literaria na publicidade.

    Os anuncios publicitarios teñen por obxectivo fundamental facer atractivo o produto aos ollos do posible consumidor. Por iso, a linguaxe literaria é cada vez máis importante na publicidade. Velaquí tes exemplo dalgúns dos recursos máis utilizados.

    Viaxa cómodo. Cambia o teu TREN de vida.

    MILFLORES, a fragrancia que te abraza.

    AIRVOA, as zapatillas máis lixeiras de todos os tempos.

    Lentes LUMINoLpara te protexeres do sol.

    6 Escribe en linguaxe literaria as seguintes oracións.

    • A cebra ten a pel de raias.

    • A tartaruga ten unha cuncha dura no lombo.

    Faino así:

    – Relaciona cada característica dos animais cun destes elementos.

    – Substitúe en cada oración a característica descrita polo elemento correspondente.

    escudo pixama

    DEMOSTRA O TEU TALENTO

    A RIMA A PERSONIFICACIÓN

    A HIPÉRBOLE OU ESAXERACIÓN

    OS XOGOS DE PALABRAS

    19

    ES0000000118726 121688_UNIDADE_01_96756.indd 19 31/03/2020 9:20:11

    Máis recursos

    É difícil atopar anuncios publicitarios na nosa lingua para facer a actividade 5. Para que sexa máis doado, pode buscar propaganda institucional no sitio web da Xunta de Galicia: https://www.xunta.gal/portada

    SUXESTIÓNSAdemais dos recursos literarios que se comentan na resposta á actividade 4, faga que o alumnado se fixe nos adxectivos que se antepoñen ao substantivo (longo día, belísimas tonalidades).

    SUXESTIÓNSÁ hora de resolver a actividade 6, poden optar por manter a forma verbal ten e cambiar só as palabras pel e cuncha dura ou ben cambiar tamén o verbo, como se fixo na resposta modelo.

  • Unha narración oral desde diferentes puntos de vistaAgora vas contar unha historia desde dous puntos de vista diferentes, é dicir, segundo como a viviron dous dos personaxes que interveñen nela.

    Pero, antes, vas realizar actividades que che poden axudar a preparar este traballo. E, ao final, xa verás como es capaz de facelo moi ben!

    PREPARA O TEU TRABALLO

    1 Le a seguinte situación e responde.

    O señor Trigo acolleu esta fin de semana na súa granxa un grupo de alumnos e alumnas do colexio A Carballeira para que descubrisen como é a vida no campo. Antes de volver á casa, o encargado da revista escolar falou con algúns participantes para ver como foi a experiencia.

    • Onde se atopará a granxa do señor Trigo: no medio do campo ou preto dalgunha localidade?

    • Con que instalacións contará: palleira, cortes, galiñeiro, hórreo, algunha lagoa ou estanque para os parrulos e os gansos...?

    • Que animais se criarán nela? Haberá outras preto?

    2 Que fixeron na granxa? Copia as tres actividades que prefiras.

    SABER FACER

    Montar a cabalo.

    Alimentar os animais.

    Recoller mel. Asistir ao nacemento dalgún animal.

    Durmir en tendas de campaña.

    Pasear de noite polo campo.

    3 Escolle dous destes personaxes ou inventa outros para contar as dúas versións da experiencia na granxa.

    ALDARAEncántanlle os animais e o campo. Pasouno moi ben.

    SEÑOR TRIGOÉ moi simpático, pero ten pouca paciencia coa rapazada.

    GUILLERMEÉ algo medroso. Pasouno mal, sobre todo de noite.

    20

    ES0000000118726 121688_UNIDADE_01_96756.indd 20 31/03/2020 9:20:13

    Solucións

    1 a 8 RL.

    SUXESTIÓNSAs intervencións orais diante dun público sempre espertan sentimentos de nervios, de xeito que é importante que se fagan desde o comezo do curso. Cree un ambiente distendido para que o emisor se sinta ben: por exemplo, dispoña a clase formando un semicírculo e pídalles que se senten no chan co obxectivo de crear un clima de confianza.

    Material da aulaXogo das historias inventadas.

  • ELABORA O TEU GUIÓN

    4 Ponte na pel dos personaxes elixidos e responde coma se foses eles.

    • Que fixeches esta fin de semana? Con quen?

    • Apetecíache pasar unha fin de semana coma esta? Por que?

    • Que actividades fixeches durante a fin de semana?

    • Que é o que máis che gustou do que fixeches? Por que?

    • Que é o que menos che gustou? Por que?

    • Repetirías a experiencia? Por que?

    5 Escribe un borrador para a narración de cada personaxe elixido.

    Procura que a narración completa non ocupe máis de 10 liñas.

    1.º PARÁGRAFO Explica o que fixo e se lle apetecía vivir esta experiencia.

    2.º PARÁGRAFO Expón en que actividades participou e como se sentiu.

    3.º PARÁGRAFO Valora a experiencia que tivo cada personaxe.

    6 Ensaia a narración desde o punto de vista de cada personaxe.

    DEMOSTRA QUE O SABES FACER

    7 Realiza a narración oral en público de cada un dos personaxes.

    8 Pídelle ao resto da clase que valore a túa intervención.

    1

    Baséate nos borradores da actividade anterior.

    Pensa en movementos, xestos, tons de voz, etc., que poidan caracterizar mellor cada personaxe e ensáiaos.

    Repite cada narración varias veces para memorizala.

    Fala con voz alta e clara, pero sen berrar.

    Utiliza tons de voz diferentes segundo cada personaxe.

    Acompaña a túa narración con xestos e movementos axeitados.

    SI NON

    Notouse a diferenza de punto de vista entre as dúas narracións?

    Utilicei un ton de voz adecuado e xestos?

    Podería mellorar algún aspecto?

    21

    ES0000000118726 121688_UNIDADE_01_96756.indd 21 31/03/2020 9:20:14

    Máis recursos

    Esta actividade pode servir para reflexionar sobre o feito de que a realidade é poliédrica e nunca hai unha versión única, senón que depende de quen conte os feitos, xa que cada persoa vai insistir nuns aspectos ou noutros. Por iso é importante desenvolver unha actitude crítica cando lemos ou cando escoitamos as noticias, porque os feitos cóntanse desde un determinado punto de vista.

    Por outra banda, estimule a creatividade dos rapaces e das rapazas facendo que pensen desde que outros puntos de vista se pode contar a historia, por exemplo, desde o dunha galiña, unha vaca, unha verza…

    SUXESTIÓNSPractique cos rapaces e coas rapazas xestos e tons de voz que poden ser útiles para darlle expresividade ao discurso. Aconséllelles que ensaien na casa diante dun espello ou que se graven cun móbil.

    LibroMediaPresentación interactiva: Saber facer. Como o fixen?

  • 1 RESUMO. Copia e completa o resumo destes contidos da unidade.

    2 ESQUEMA. Copia e completa o seguinte esquema.

    O ARTIGO

    función tipos

    (as galiñas, unha casa) (o, a, os, as)

    3 Escolle os grupos en que as palabras están ordenadas coma no dicionario.

    A coartar

    coala

    coalición

    B león

    leoneira

    leopardo

    C meda

    medeiro

    media

    D xullo

    xuño

    xulgado

    4 Escribe baixo que entrada se atopan estas palabras no dicionario.

    • falabas • rapazas • crueis

    COMPROBO O MEU PROGRESO

    Le os enunciados, reflexiona e responde.

    –Vin un gato! –Visitamos unha casa! –O gato era negro? –É a casa da praza?

    En que casos se utiliza o artigo indeterminado? E o determinado?

    PENSAMENTO

    • O é o libro onde se recollen os significados das palabras.

    • As palabras que preceden ao substantivo para concretalo ou determinalo son os As clases de palabras que desempeñan a función de determinantes son os , os , os , os e os

    • As preposicións en e contraen cos e cos indefinidos , algunha, algúns, e outro, , ,

    • Os textos que teñen por obxectivo e chámanse textos literarios. O tipo de linguaxe en que están escritos estes textos chámase

    22

    ES0000000118726 121688_UNIDADE_01_96756.indd 22 31/03/2020 9:20:18

    Solucións

    1 • O dicionario é o libro onde se recollen os significados das palabras.

    • As palabras que preceden ao substantivo para concretalo ou determinalo son os determinantes. As clases de palabras que desempeñan a función

    de determinantes son os artigos, os demostrativos, os posesivos, os numerais e os indefinidos.

    • As preposicións en e de contraen cos demostrativos e cos indefinidos algún, algunha, algúns, algunhas e outro, outra, outros, outras.

    • Os textos que teñen por obxectivo crear beleza e espertar emocións

    chámanse textos literarios. O tipo de linguaxe en que están escritos eses textos chámase linguaxe literaria.

    2 Resposta gráfica (RG).

    3 B; C.

    4 • falar • rapaz • bonito.

    5 Ñandú, tucano e ouriolo.

    6 • lavalouza • libro • pasteis • horas.

    SUXESTIÓNSPropóñalles que revisen rapidamente as páxinas da unidade para poder responder as actividades desta dobre páxina.

    LibroMediaActividade interactiva: Progreso persoal. Resumo sobre os determinantes.

  • 5 Busca no dicionario estas palabras e indica cales nomean animais.

    6 Completa co substantivo que corresponda tendo en conta a forma do artigo.

    • O sábado pasado avariouse a microondas / lavalouza

    • A Mateo encántalle o que lle regalaches. libro / cadros

    • Entre os dous comeron todos os pasteis / filloas

    • Cando están xuntos, as pásanlles voando. minutos / horas

    7 Copia os determinantes e clasifícaos tendo en conta o esquema. Repara nas contraccións.

    8 Indica a partir de que palabras se formaron as seguintes contraccións.

    COMO O FIXEN? Responde as preguntas no caderno.

    Sei buscar palabras no dicionario? En que forma busco os verbos?

    Identifico todos os determinantes? Utilizo sempre a forma correcta segundo o substantivo que hai detrás?

    Fago ben as contraccións do artigo? Utilizo correctamente as contraccións dos demostrativos e as dos indefinidos?

    Distingo un texto literario dun que non o é? En que me fixo?

    Uxío:

    Telefonou Xiana para convidarte á súa festa de aniversario. Será o sábado 25 de setembro ás seis da tarde nun local que hai na praza da Verdura. Tes que levar un disfrace e unhas lentes de sol. Se podes ir, debes avisala hoxe á tarde neste número de teléfono: 600333333.

    Biquiños!

    Os avós

    regueifa ñandú silva peñor

    tucanoouriolo

    DETERMINANTES

    ARTIGO

    estoutros

    nisto

    dalgunhas

    daqueles

    noutros

    nalgúns

    OUTROS

    DETERMINADO

    INDETERMINADO

    1

    23

    ES0000000118726 121688_UNIDADE_01_96756.indd 23 31/03/2020 9:20:20

    7 Uxío:

    Telefonou Xiana para convidarte á súa festa de aniversario. Será o sábado 25 de setembro ás seis da tarde nun local que hai na praza da Verdura. Tes que levar un disfrace e unhas lentes de sol. Se podes ir, debes avisala hoxe á tarde neste número de teléfono: 600333333.

    Biquiños! Os avós

    DETERMINANTES. ARTIGO DET.: á (contrac. a + a), o, ás (contrac. a + as), da (contrac. de + a), na (contrac. en + a), da (contrac. de + a), á (contrac. a + a), os. ARTIGO INDET.: nun (contrac. en + un), un, unhas. OUTROS: súa, neste (contrac. en + este).

    8 • este + outros • de + algunhas • en + outros • en + isto • de + aqueles • en + algúns

    Pensamento RM. O artigo indeterminado utilízase para

    presentar un elemento a primeira vez; pola

    contra, o artigo determinado emprégase a

    segunda vez, cando o elemento xa foi

    presentado e é coñecido.

    Como o fixen?

    RL. RL. RL. RL.

    SUXESTIÓNSAproveite esta dobre páxina para que practiquen para a proba de avaliación e dígalles que deben acostumarse a repasar as actividades cando acaben.

    SUXESTIÓNSAs respostas ás preguntas do apartado Como o fixen? axudarán os rapaces e as rapazas a repasar os aspectos que cómpre que saiban e a coñecer os seus puntos débiles.

    LibroMediaActividade interactiva: Progreso persoal. Escritura de contraccións.

    LibroMediaAudio: Progreso persoal. Ditado. Escritura de contraccións.

  • 1 Copia só as oracións.

    • De veñen amigos os Madrid.

    • Na festa cantarán Xoán e Uxía.

    • Breixo xoga ao baloncesto.

    • Roi, Martiño e David non.

    • Os paxaros voan cara ao sur.

    • Bombóns compra tenda.

    2 Subliña o suxeito nas oracións da actividade anterior.

    3 Escribe con maiúscula inicial as palabras que corresponda.

    os meus curmáns xulio e maría viñéronnos visitar este verán. había case medio ano que non os viamos! e é que, desde que se mudaron ao norte, é máis difícil estar xuntos. que mágoa!

    4 Escribe tres substantivos en cada caso.

    Que conteñan o son R forte.

    Que conteñan o son X.

    5 Clasifica as seguintes palabras segundo o número de sílabas.

    • boi • bolboreta

    • neve • ficha

    • carteira • fábrica

    • mazá • botella

    • tren • informática

    • sol • impermeable

    SON MONOSÍLABAS

    SON BISÍLABAS

    SON TRISÍLABAS

    SON POLISÍLABAS

    6 DITADO ACUMULATIVO. Prepara o ditado para facelo no caderno.

    • As maiúsculas

    • As grafías c e q

    • As grafías c e z

    • As grafías g/gu/gü

    Un día moi completo

    Mañá visitaremos co colexio o bosque dos Esquíos, preto de Sigüeiro. Despois, iremos á Pena das Aguias e cearemos no albergue «A agulla». Ao acabar, tocaremos a guitarra, danzaremos e cantaremos un pouco. Que ben!

    REPASO ACUMULATIVO

    Escribe SI ou NON e puntúate. Cada resposta correcta vale 2 puntos.

    1 No dicionario os verbos están sempre en xerundio.

    2 O artigo vai diante do substantivo e ten como función determinalo.

    3 As preposicións de e en contraen co demostrativo.

    4 O artigo vai no mesmo xénero e na mesma persoa ca o substantivo.

    5 O obxectivo dos textos literarios é crear beleza e emocionar.

    AUTOAVALIACIÓN

    24

    ES0000000118726 121688_UNIDADE_01_96756.indd 24 31/03/2020 9:20:23

    Solucións

    1 • Na festa cantarán Xoán e Uxía. • Breixo xoga ao baloncesto. • Os paxaros voan cara ao sur.

    2 • Na festa cantarán Xoán e Uxía. • Breixo xoga ao baloncesto. • Os paxaros voan cara ao sur.

    3 Os meus curmáns Xulio e María viñéronnos visitar este verán. Había case medio ano que non os viamos! E é que, desde que se mudaron ao norte, é máis difícil estar xuntos. Que mágoa!

    4 RM. R forte: carro, rato, enredo. X: xeado, Xaime, caxato.

    5 SON MONOSÍLABAS boi, tren, sol. SON BISÍLABAS neve, mazá, ficha. SON TRISÍLABAS carteira, fábrica,

    botella. SON POLISÍLABAS bolboreta,

    informática, impermeable.

    6 Actividade de ditado.

    SUXESTIÓNSNa actividade 2 pode xerar dúbidas a localización do suxeito. Insista en que a proba para recoñecer o suxeito é que concorda co verbo. Acostume o alumnado a aplicar a proba da concordancia. Teño un caramelo / Teño moitos caramelos (non é suxeito); Vén o meu amigo / Veñen os meus amigos (é suxeito).