infórmate nÚmero 146 2º trimestre 2017 a fondo autorízase ... · pola asociación galega de...

16
Infórmate a Fondo NÚMERO 146 2º TRIMESTRE 2017 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa www.fondogalego.org Dinamizando o papel dos municipios nos ODS 4 A Tropa de Trapo xira con tres espectáculos de contos con valores 6 Entrevista con Goretti Sanmartín, vogal da Executiva 9 Lánzase a exposición dos 20 anos do Fondo Galego 8 FONDO DE ARMARIO 12 OS PROXECTOS EN TERREO: Deporte para previr doenzas e adiccións na mocidade mozambicana 14 Guinea-Bissau interésase polas iniciativas de desenvolvemento local en Galicia 2

Upload: others

Post on 14-Sep-2019

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Infórmatea Fondo

NÚMERO 146 2º TRIMESTRE 2017Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa

www.fondogalego.org

Dinamizando o papel dos municipios nos ODS

4

A Tropa de Trapo xira con tres espectáculos de contos con valores

6

Entrevista con Goretti Sanmartín, vogal da Executiva

9

Lánzase a exposición dos 20 anos do Fondo Galego

8

FONDO DE ARMARIO12

OS PROXECTOS EN TERREO: Deporte para previr doenzas e adiccións na mocidade mozambicana

14

Guinea-Bissau interésase polas iniciativas de desenvolvemento local en Galicia

2

> Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 2 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

ACTUALIDADE DO FONDO O goberno de Guinea-Bissau inspírase nas iniciativas galegas de desenvolvemento local

O ministro de Administración Te-rritorial de Guinea-Bissau, Sola Naquilin, achegouse entre finais de maio e comezos de xuño a di-versas accións de desenvolvemen-to local e ordenamento do territo-rio convidado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A delegación africana, integrada ta-mén por responsables do Progra-ma de Gobernación e Desenvolve-mento Local impulsado pola ONU, comprobou o apoio que deputa-cións e concellos prestan a ini-ciativas empresariais, tecnoló-xicas, urbanísticas e asociativas que buscan o progreso económico e social.

A comitiva iniciou o percorrido por Galicia na Deputación de Ponteve-dra, onde o vicepresidente, César Mosquera, lles deu a benvida can-da outros deputados e deputadas provinciais, para trasladarse logo ao polígono industrial Barro-Meis e á Estación Fitopatolóxica do Areeiro, centro de investiga-ción sobre as enfermidades dos cultivos. Xa pola tarde, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fer-

nández Lores, e a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gu-lías, lles explicaron o premiado modelo urbanístico da cidade, logo de realizaren un percorrido polo centro.

A segunda xornada arrincou cun-ha xuntanza coa Comisión Execu-tiva do Fondo Galego, que acolleu con interese as posibles vías de colaboración no proceso de des-

centralización do país lusófono. Membros da Corporación de San-tiago de Compostela, coa conce-lleira Concha Fernández á fronte, intercambiaron tamén impresións coa delegación ministerial, así como a Cámara de Comercio da capital galega, que compartiu a súa acreditada experiencia coas convidadas e convidados proce-dentes de Guinea-Bissau. O minis-tro de Administración Territorial

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, guiou á comitiva polo moderno mercado municipal.

1

> Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 3 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

tamén foi recibido polo alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, así como pola Asociación Galega de Pro-fesionais do Desenvolvemento Local. A xornada pechouse coa visita ao Centro de Emprende-mento e o Coworking da Cidade da Cultura.

Alén do ministro de Administra-ción Territorial, integraban a de-legación guineana o director de Servizos de Licenciamento e Incen-tivos ao Investimento, Micailo Biai; o director xeral do Programa de Gobernación e Desenvolvemento Local de Guinea-Bissau, Mahalam Mane; a asesora técnica princi-pal de dito programa promovido polo Plan de Desenvolvemento de Nacións Unidas (PNUD), Angela Abdula, e mais Iván Arizcurinaga, consultor da mesma iniciativa, que busca promover o bo goberno, a prestación de servizos básicos e o acceso das poboacións máis vulnerables a oportunidades eco-nómicas, con enfoque de xénero.

Tanto Arizcurinaga coma o propio ministro interviron nas Xornadas ‘Os retos da cooperación munici-

palista na consecución dos ODS’ organizadas polo Fondo Galego. A axenda culminou en Tomiño cun-ha recepción institucional encabe-zada pola rexedora, Sandra Gon-zález, e unha visita ao mercado municipal.

As liñas estratéxicas do Fondo Ga-lego de Cooperación e Solidarie-dade para a presente lexislatura

apostan por acentuar a colabora-ción cos países lusófonos, espe-cialmente os da África máis em-pobrecida, onde xa se impulsaron varios proxectos en Mozambique. Entre eles, un de apoio á Axencia de Desenvolvemento Económico Local e ao proceso de descentrali-zación e planificación territorial da provincia de Maputo.

Representantes da Corporación de Santiago de Compostela recibiron á delegación ministerial.

1

>ACTUALIDADE DO FONDO O Fondo Galego dinamiza o papel dos municipios nos ODS

O papel clave que teñen os mu-nicipios para acadar os Obxec-tivos de Desenvolvemento Sostible púxose de relevo nas Xornadas “Os retos da coopera-ción municipalista na consecución dos ODS” que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade orga-nizou en Santiago de Compostela o 31 de maio. A sesión inaugurou-se coa intervención do presidente da asociación municipalista, Juan González; o director xeral de Rela-cións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo; o pre-sidente da Fegamp, Alfredo Gar-cía, e a concelleira de Santiago de Compostela, Concha Fernández.

A doutora en estudos sobre des-envolvemento Irati Labaien, do Instituo Hegoa, apostou no semi-nario por poñer en valor o apor-

te específico da cooperación des-centralizada. Reclamou asemade coherencia de políticas, máis fac-tible no local, e lembrou que os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible son para todos os países, que deben realizar mudanzas im-portantes para acadalos, tamén os desenvolvidos.

Pola súa banda, o presidente de Fundación Musol, Rafael García, debullou o papel das administra-cións locais na implementación e di-vulgación dos Obxectivos de Desen-volvemento Sostible. Propuxo que as corporacións aproben por una-nimidade declaracións a prol e que cada concello interiorice a Axenda

2030 formando a todo o persoal. Sostén asemade que a cooperación descentralizada está moi viva gra-zas aos municipios e á figura dos fondos, e que a alianza mundial para os ODS nos implica a todos.

O ministro de Administración Te-rritorial de Guinea-Bissau, Sola

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 4 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

O presidente de Musol propuxo que nos plenos municipais se aproben declaracións a prol dos ODS.

2

>Naquilin, saudou a continuación ao auditorio, antes da interven-ción de Iván Arizcurinaga. O con-sultor do Progama de Goberna-ción e Desenvolvemento Local de Guinea-Bissau, impulsado polo PNUD, puxo como exemplo de des-centralización o proxecto apoiado polo Fondo Galego en Mozambi-que. Neste proceso, salientou que os gobernos locais guineanos van ter a obriga de incentivar a partici-pación comunitaria.

A Alianza de Cidades polo Desen-volvemento Sostible, na que cada concello lidera un ODS, foi o exem-plo valenciano de boas prácticas exposto polo director xeral de Cooperación e Solidariedade da Generalitat Valenciana. Federi-co Buyolo lembrou que a frontei-ra entre local e global é cada vez máis difusa: precisamos solucións locais para problemas globais e viceversa. Insistiu ademais en que se queremos que supoña un ver-dadeiro cambio, a axenda ten que ser de transformación social, e que iso está na nosa man.

Malia a seriedade que implica un

tema coma os Obxectivos de Des-envolvemento Sostible, as Xor-nadas ‘Os retos da cooperación municipalista na consecución dos ODS’ pecháronse coas risadas do público, xa que Pallasos en Re-beldía soubo sacarlle punta ás intervencións das relatoras e re-latores nas “clownclusións”. Medio cento de persoas, a maior parte persoal político e técnico das de-putacións e concellos socios do Fondo Galego, participaron no se-minario.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 5 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

Irati Labaien, do Instituo Hegoa, aposta por poñer en valor o aporte específico da cooperación descentralizada.

Medio cento de persoas, sobre todo persoal político e técnico de deputacións e concellos, asistiron ao seminario.

2

>ACTUALIDADE DO FONDO A Tropa de Trapo xira con tres espectáculos de contos con valores

A Tropa de Trapo leva este ano al-gún dos seus tres espectáculos de contos con valores a máis de vinte concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A compañía compostelá mestura as historias contadas con música en directo e obradoiros participati-vos para facer reflexionar á rapa-zada.

Por primeira vez representarase para administracións locais aso-ciadas ao Fondo Galego o espectá-culo “Contamos todas”, centrado na desigualdade e na violencia de xénero. A sesión ábrese cos contos “As mulleres de Tornei-ros” e “Liberia”, exemplos de vida, de mulleres que se enfrontaron a diversas situacións. Historias para pensar, exemplos de empo-

deramento, rebeldía, equidade e superación. A actividade leva apa-rellado un obradoiro no que se contará coa opinión do alumnado, para rematar representando as súas propias propostas mediante o emprego de técnicas do Teatro da Oprimida.

A xira deu comezo o 19 de maio en Xove e recalará logo nos munici-pios de Valga, Silleda, Lousame, O Barco, Carballo, Monforte, Burela, Tomiño e Malpica. Outros dez con-cellos acollerán o espectáculo “Ti tamén contas”, onde as historias “O home feliz”, “A pelota” e “Tum-

bé”, permiten introducir cuestións coma o materialismo, o traballo infantil ou as catástrofes natu-rais. A seguir, debátese co alum-nado arredor da relación entre a abundancia e a felicidade, o con-sumo responsable ou a impor-tancia da cooperación, sempre a

As propostas, moi participativas, buscan un equilibrio entre entreter e educar, cun trasfondo social.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 6 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

3

>través de dinámicas activas. Tras o arranque en Barro o 26 de maio, a actividade pasará por Boiro, Cor-cubión, Mugardos, Porto do Son, Soutomaior, Cambados, Arteixo, Vilagarcía e Pontedeume.

Por último, a proposta “Antía, Wamba e o regato pequeno” re-presentarase principalmente na-queles concellos que este ano se sumen ao Fondo Galego de Coo-peración e Solidariedade. A obra está protagonizada por unha nena galega e un mozo do Con-go que se busca a vida vendendo de todo na rúa. Os contos del e as merendas dela fundiranse nunha amizade que lle aprenderá a Antía que compartir non é dar o que che sobra e que, como din na tribo de Wamba, o río énchese con regatos pequenos.

A Tropa de TrapoMarta Ortiz e Brais das Hortas le-van dez anos percorrendo a xeo-grafía galega como A Tropa de Trapo, un proxecto co que reco-llen e crean contos para levalos a escena con música en directo, ben con instrumentos habituais como

con outros elaborados a partir de refugallos. Os seus espectáculos, de carácter participativo, buscan un equilibrio entre entreter e educar, cun trasfondo social e unha vertente pedagóxica coi-dada. Por un lado, ritmo, música, narración áxil e pingas de humor. E, por outro, a convicción profun-da da necesidade de falar de valo-res como a liberdade, a solidarie-dade, o respecto ou a igualdade.

No CEIP Amor Ruibal, en Barro, o alumnado entretívose e aprendeu co espectáculo ‘Ti tamén contas’.

Trinta estudantes do IES Illa de Sarón debateron sobre a igualdade na estrea de “Contamos todas” en Xove.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 7 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

3

>ACTUALIDADE DO FONDO Lánzase a exposición que conmemora os vinte anos do Fondo Galego

A mostra coa que o Fondo Gale-go de Cooperación conmemora os seus vinte anos de andaina estreouse a comezos de maio en Lugo no marco da I Semana Inter-cultural organizada polo Concello e o colectivo Lugo Xusta. Os cubos da exposición ‘20 anos a Fondo coa solidariedade’ permaneceron instalados na Praza Maior para di-vulgar o labor realizado por esta rede de administracións locais comprometidas coa solidariedade internacional, recoñecida como axencia municipal da coopera-ción galega.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana G. Abelleira, enxalzou na inaugura-ción da mostra o compromiso do

Concello de Lugo “para tratar de conseguir un mundo máis xus-to, colaborando nos máis de 150 proxectos que o Fondo Galego ten levado a cabo en 25 países ao longo destas dúas décadas de tra-xectoria. A exposición trasladouse logo a Sada, Mugardos e Burela, mentres que no mes de xullo se instalará en Ames, Vilagarcía e Re-

dondela, antes de pasar a Nigrán, A Guarda e Verín.

Dar a coñecer a contribución de deputacións e concellos á erradi-cación das desigualdades Norte-Sur, ao tempo que se fomenta unha opinión pública favorable á cooperación para o desen-volvemento, é o obxectivo des-

ta exposición, que contou no seu novidoso deseño co ilustrador Pepe Carreiro, autor dos sonados Bolechas. Os paneis fan un repa-so pola orixe do Fondo Galego, os proxectos apoiados ao longo des-tas dúas décadas en países em-pobrecidos ou as actividades de sensibilización implementadas en Galicia, entre outros contidos.

A exposición ”20 anos a Fondo coa solidariedade” estreouse na Praza Maior de Lugo con motivo da I Semana Intercultural.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 8 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

4

>ACTUALIDADE DO FONDO Goretti Sanmartín: “As Deputacións poden ser motores para a extensión da cooperación e a solidariedade” @GorettiSRei

Goretti Sanmartín forma parte da Comisión Executiva do Fondo Ga-lego como vicepresidenta da De-putación da Coruña, onde é depu-tada de Cultura e Normalización Lingüística. Doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa, impartiu au-las en distintos niveis educativos e conta con varias publicacións. For-ma parte da Corporación de San-tiago de Compostela, aínda que naceu na Estrada, ambos os dous concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e a día de hoxe segue participando activamente de movementos fe-ministas, culturais e en defensa da lingua.

Que valor engadido poderían achegar as deputacións a unha entidade como o Fondo Galego?

As deputacións poden servir para tecer redes entre os concellos e fa-cer campañas conxuntas -por tan-to, de maior impacto- para sensibi-lizar da importancia do ámbito da cooperación e da necesidade de os concellos dedicaren unha par-te do seu orzamento a estas acti-vidades. Tamén poden incorporar en determinadas liñas de subven-ción cláusulas onde se dea un plus a accións de solidariedade. Dar exemplo de boas prácticas e con-siderar esencial achegar esforzos e recursos para a colaboración. En canto á Comisión de Cidades e De-putacións creada no seo do Fondo Galego, a propia denominación encerra unha pequena contradi-ción, porque as deputacións dé-bense, fundamentalmente, aos concellos pequenos e medianos. A coincidencia nesta Comisión po-dería ser a de conseguir implicar como referentes fundamentais as cidades o seu contorno comarcal e a Deputación eses concellos de menos de 20.000 habitantes. Des-

ta maneira, poderían ser motores dun proceso de extensión da coo-peración e a solidariedade.

O mes pasado a Comisión Execu-tiva recibiu unha delegación mi-nisterial de Guinea-Bissau. Que impresión che causou a visita?

Moi positiva. Poder entrevistarse persoalmente e coñecer de pri-meira man os proxectos de cons-

trución da autonomía local partin-do dunha realidade moi diferente á nosa foi moi enriquecedor. To-das as persoas que viaxaron a Ga-liza ofreceron un relato moi com-pleto das súas necesidades e das

Goretti Sanmartín é vicepresidenta da Deputación da Coruña e deputada provincial de Cultura e Normalización Lingüística.

“As visitas do Sur son imprescindibles para que a cooperación se edifique sobre o coñecemento do terreo”

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 9 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

5

>súas posibilidades. Xulgo impres-cindíbeis visitas coma esta para que a cooperación se edifique so-bre bases sólidas de coñecemento do terreo.

Até que punto compartir o idio-ma facilita a cooperación cos países lusófonos?

Nun grao moi elevado. Para as per-soas cooperantes que van estar sobre o terreo as facilidades que dá o feito de partillarmos o mes-mo idioma son inmensas. Todo son vantaxes para unha comuni-

cación fluída e moito máis fonda, onde é posíbel un maior intercam-bio cultural, unha interacción sen ningún atranco e un outro xeito de nos empaparnos mutuamente de quen somos e que pobos hai de-

trás dos axentes da cooperación. Unha sorte de que debemos tirar todo o proveito.

Tanto o Fondo Galego como a propia Deputación teñen apoia-do ao pobo saharauí. Cales son as principais necesidades nos campamentos?

Un dos problemas máis graves é a falta de alimentos debida ao esgotamento das existencias de reservas dos produtos básicos máis imprescindíbeis, como son o azucre e o arroz. Finalmente este

feito tradúcese na drástica redu-ción das racións mensuais que o Programa Mundial de Alimentos destina ás persoas refuxiadas sa-harauís. É por iso polo que recen-temente aprobamos unha nova achega económica con destino á subministración de alimentos para a poboación saharauí refu-xiada nos campamentos de Tin-duf. De calquera maneira, non quixera deixar pasar esta opor-tunidade sen me referir ao pro-blema real, ao de fondo, que é a falta de asumir o Estado español a responsabilidade que ten neste

Membros da Executiva do Fondo Galego recibiron ao ministro de Administración Territorial de Guinea-Bissau.

A deputada provincial defendeu o emprego do galego na última edición do Correlingua celebrada en maio na Coruña.

“Compartir a lingua cos países lusófonos é unha sorte de que debemos tirar todo o proveito”

“O pobo saharauí loita por un dereito básico: a autodeterminación e, con ela, o remate do espolio”

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 10 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

5

>conflito e a negativa internacional para a realización do referendo que Marrocos impide, ao tempo que desenvolve unha política de represión e acoso contra o pobo saharauí que só loita por un derei-to básico: o da autodeterminación e, con el, o remate da espoliación, do desterro, do roubo, do colonia-lismo. Só cunha firme oposición a estas políticas, poderemos avan-zar cara a un status de recoñece-mento, liberdade e respecto que garanta os dereitos dos pobos.

Como feminista, en que punto ves a loita pola igualdade de xé-nero?

A pregunta habería que responde-la para cada contexto particular. Se nos referimos ao caso galego, no contexto occidental en que nos movemos, observo con preocu-pación, sobre todo na xente mais nova, unha volta a vellos valores e estereotipos que parecían supe-rados, tras anos de políticas dis-criminatorias para as mulleres. E isto conxúgase, paradoxalmente, cun incremento da conciencia fe-minista e unha capacidade maior

de mobilización, sobre todo en certos ámbitos moi específicos, como a loita contra a violencia de xénero. Canto a outras realidades, acredito que a loita feminista ten inmensa potencialidades en todos os contextos de diferentes ma-neiras e graos e que unha base relevante de todo o labor de coo-peración debería estar atravesado pola consolidación da autonomía

das mulleres e a procura do seu empoderamento. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade quere outro mundo posíbel. Pois esoutro mundo só pode realizarse desde a igualdade real entre ho-mes e mulleres.

A Coruña é unha das provincias con mais concellos socios no Fondo Galego, que mensaxe lles lanzarías aos que aínda non o son?

Que este é un espazo que reali-za accións que poden enriquecer a súa veciñanza e reverter moi

positivamente na súa propia co-munidade local desde diferen-tes maneiras. Para alén de servir á construción de persoas máis formadas, con mais capacidade crítica e de análise da realidade, partillarmos experiencias e apro-veitarse das accións (obradoiros, charlas formativas, conferencias, actuacións...) e das sinerxías de actividades xa experimentadas.

A vicepresidenta da Deputación da Coruña ten participado en distintas mobilizacións e foros contra as violencias machistas.

“Todo o labor de cooperación debe estar atravesado pola consolidación da autonomía das mulleres”

“O Fondo Galego realiza accións que poden reverter moi positivamente na comunidade local”

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 11 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

5

>

Caderno ‘Experiencias solidarias 2016’

Cando xa se están a preparar as viaxes da nova convocatoria de Va-cacións con Traballo, lánzase o Caderno ‘Experiencias solidarias 2016’. Nel comparten as súas vivencias Sonia Moure, técnica de turismo do Concello de Ames; Ramón Burdeos, que ten idéntico posto no Conce-llo de Ourense; Malena Rodríguez, directora do Centro de Información á Muller da Cidade das Burgas, e Mónica Mourín, traballadora social do Concello de Bergondo. Os dous primeiros prestáronlle asesora-mento en materia de turismo sustentable á Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos, tarefa que os levou a percorrer varias illas do arquipélago. As dúas últimas estrearon Mozambique como novo destino do programa. Alí, a especialista en traballo social cooperou coa Fundação Encontro na atención a familias vulnerables e tamén super-visando o proxecto cofinanciado en terreo, mentres que a técnica de igualdade colaborou no fortalecemento da Rede de Mulleres Autarcas.

Os efectos da cooperación técnica permanecen

A cooperación técnica deixa o seu pouso, aínda que a estadía se redu-za a un só mes. A través do programa Vacacións con Traballo, María José Villar achegou na Cámara Municipal Santa Cruz a súa experien-cia como bibliotecaria no Concello de Redondela, propoñendo entre outras accións actividades cos centros educativos. Case dous anos despois, a rapazada segue indo a ler e estudar á biblioteca da vila caboverdiana, tal e como amosan estas imaxes facilitadas polo responsable do espazo, Amandio Borges. A voluntaria traballou man a man co seu colega, tanto reorganizando o fondo de libros coma os horarios ou o propio mobiliario, alén de contribuír á súa formación. Ademais, deseñouse un novo logotipo e unha sinalización útil e atrac-tiva. Como curiosidade, apuntar que boa parte da colección está for-mada por libros de texto, xa que unha alta porcentaxe do alumnado carece dos mesmos, polo que se torna un servizo indispensable.

FONDO DE ARMARIO

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 12 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

*

>

Miño e A Pastoriza súmanse á rede cooperante

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade continúa coa campa-ña de captación de socios ”20 anos + 20”, contemplada no Plan de Actividades 2017 e coa que agarda sumar á rede unha vintena de ad-ministracións locais máis, no ano da conmemoración do seu vixésimo aniversario. Tanto as e os integrantes da Comisión Executiva coma o persoal da Secretaría Técnica mantivo xuntanzas individualizadas con responsables municipais, que nas últimas semanas deron como froito a incorporación dos concellos de Miño e A Pastoriza. Tamén tivemos a oportunidade de presentar a entidade diante dos concellos membros da Mancomunidade da Mariña lucense. Burela, Riotorto, O Valadouro, Viveiro e Xove xa son socios, agardamos que o resto se unan tamén á loita contra a pobreza e as desigualdades a nivel global. Deste xeito, a veciñanza accederá ademais ás múltiples actividades de sensibilización que promovemos.

Carlos Casares, literatura e solidariedade

“Faise saber a todos os veciños que este Concello decidiu participar no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (...) A solidariedade es-téndese como un rego por todas partes: son miles as organizacións de voluntarios e grupos privados que loitan contra a pobreza, as guerras ou a discriminación. É nese marco de solidariedade no que se inscribe a nosa participación (...) O noso municipio, polo tanto, quere reafirmarse como un espazo de solidariedade cos demais e de convivencia demo-crática entre todos”. Carlos Casares escribiu o Bando do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cando era presidente do Consello da Cultura Galega. Este ano dedicóuselle o Día das Letras Galegas, con-memoración que aproveitamos para lembrar a súa faceta solidaria e tamén literaria, combinadas no relato “Dúas miradas” que escribiu para o libro ‘Palabras con Fondo’.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 13 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

*

>OS PROXECTOS EN TERREO: Deporte para previr doenzas e adiccións na mocidade mozambicana

Reducir os factores de risco que poden levar á xente nova a contraer adiccións, doenzas ou embarazos precoces é o obxectivo do novo proxecto no que o Fondo Galego de Coope-ración e Solidariedade está a colaborar coa Fundação Encontro en Mozambique, co depor-te como ferramenta para conseguilo. A aso-ciación de concellos e deputacións achegará 40.000 euros a esta iniciativa, orzamentada nun total de 51.524 euros, que se executará nun prazo de dous anos.

A través deste proxecto de cooperación inter-nacional, ofreceranse alternativas de lecer a nenas e nenos e mais á mocidade, creando equipos de fútbol e atletismo nos que se in-centivará a participación e liderado das rapa-zas, favorecendo así a equidade de xénero. Ao tempo, formarase en educación para a saúde a un grupo de activistas que promoverán há-bitos de vida saudables, co fin de diminuír a vulnerabilidade fronte o consumo de drogas e alcol, enfermidades cardiovasculares, sida,

abandono familiar, desemprego, baixa autoes-tima, etc.

Para poñer en práctica a proposta, comezara-se divulgándoa e identificando as persoas que coordinarán as actividades nas seis comunida-des dos distritos de Boane e Namaacha onde se implementarán, no sur de Mozambique. Formarase tamén a 30 monitoras e monitores deportivos de entre 16 e 21 anos, mentres que

as e os integrantes dos equipos terán entre 7 e 15 anos, o que suma un total de 468 beneficia-rias e beneficiarios directos das actividades. O traballo realizarase en coordinación coas au-toridades locais e implicando á veciñanza, de xeito que indirectamente chegará a preto de 17.500 persoas.

O exercicio físico considérase así unha ferra-menta para mellorar a saúde, pero tamén para

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 14 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

Formaranse equipos por aldeas que competirán nunha liga local, alén de participar noutro tipo de actividades.

*

>fomentar o crecemento persoal, as rela-cións sociais e o empoderamento das mu-lleres. Cada aldea contará cun equipo, que competirá en campionatos cuadrimestrais. Ademais, cada dous meses, organizaranse se-sións de reflexión en grupo sobre diferentes temas de sensibilización e educación en valo-res, alén de implementar accións informativas e educativas sobre o terreo que poden tomar forma de visitas domiciliarias, palestras, teatro, etc.

O terceiro país máis pobreMozambique ten experimentado un crece-mento considerable desde o remate da guerra civil en 1992, mais o seu Índice de Desenvol-vemento Humano (IDH) segue a ser un dos máis baixos do planeta, ao ocupar o posto 185 entre os 187 países contemplados. A pobreza atinxe a tres de cada catro persoas, especial-mente as mulleres, mentres que o VIH afecta a máis dun 10% da poboación. No entanto, existen numerosas iniciativas locais que están a loitar por reverter a situación, como aconte-ceu co anterior proxecto da Fundaçao Encon-tro e o Fondo Galego a prol da saúde infantil e materna, en sintonía coas liñas estratéxicas da entidade, que apostan por acentuar a colabo-ración cos países lusófonos, especialmente os da África máis empobrecida.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 15 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

O proxecto terá unha destacada compoñente de xénero para promover a participación e liderado das rapazas.

O deporte preséntase como unha alternativa de lecer que ademais favorece a saúde e as relacións sociais.

*

>IN

FÓRM

ATE

A FO

ND

O :

146º

·

ww

w.fo

ndog

aleg

o.or

g

SOCIOS DO FONDO GALEGO Concellos: A Coruña, A Estrada, A Guarda, A Laracha, A Pastoriza, A Pobra de Trives, A Pobra do Caramiñal, Abegondo, Allariz, Ames, Arteixo, As Pontes, Barro, Bergondo, Betanzos, Boiro, Brión, Burela, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Caldas de Reis, Cambados, Cambre, Carballo, Cartelle, Castrelo de Miño, Castroverde, Cedeira, Corcubión, Covelo, Culleredo, Cuntis, Dumbría, Fene, Ferrol, Fornelos de Montes, Gondomar, Laxe, Lousame, Lugo, Malpica de Bergantiños, Manzaneda, Miño, Moaña, Moeche, Mondoñedo, Monforte, Moraña, Mugardos, Narón, Nigrán, Noia, O Barco, O Irixo, O Porriño, O Valadouro, Oímbra, Oleiros, Ourense, Outes, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro, Sada, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Sarria, Silleda, Soutomaior, Teo, Tomiño, Triacastela, Valga, Verea, Verín, Vilagarcía de Arousa, Vilar de Santos, Vilardevós, Vilasantar, Viveiro, Xove Deputacións: A Coruña, Lugo, Pontevedra.

INFÓRMATEa FONDO

Edita: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Redacción e Administración: Centro Cívico Sur, Rúa Luís Braille, 40 36003 PontevedraTel/Fax: 986 84 34 36 / 698 14 45 36 Internet: http://www.fondogalego.org email: [email protected] Depósito Legal: VG-473-2007Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa