infórmate 6

4
Nº 6, xuño 2.010 CEIP. de CHANS-BEMBRIVE ENDL: Obradoiro de xornalismo Curso 2.009/2.010 Como vos chamades na realidade? María e Carlos. Dedicádevos a outras cousas aparte disto? Unha chea de cousas: grupos de teatro, cla- ses, cociñamos... Facemos as tarefas da casa. Cando comezaches a traballar nisto? María:desde os 30 anos, de nena me gusta- ba facer a voz dos bonecos e a Carlos gus- táballe cantar cancións así que nos unimos. Compoñedes vos as cancións? Non todas, as de hoxe son populares pero as da outra vez, do ano pasado, foron escri- tas por nos. Cales foron as roupas mais escandalosas que vos puxestes? María: na TVG, unha lámpada na cabe- za,unha tina de bolso... Tedes paxina Web? Si, é www.migallas.com Recomendaríaslles aos maiores (aos profes) do cole que se animaran a cantar e bailar xunto cos pequenos? Por suposto ,a todos.Teríanse que quitar os tacóns e os zapatos e entrar bailando no cole. Grazas polo voso tempo. Foi un pracer. O venres 23 de abril volveu a nosa escola o grupo Migallas co seu espectáculo “Camiño de Historias”. O rematar a súa actuación falamos con eles A ANPA do cole en colaboración coa ONG “Save The children” organizou o pasado oito de maio unha carreira popular polo Sendeiro do Río Eifonso. O obxectivo era recadar cartos para axudar a mellorar a vida de milleiros de nenos e nenas de Costa de Marfil, que están a sufrir as consecuencias dun confli- to armado e sen acceso a sanidade e educación públi- ca. Formando parte deste programa tivemos na esco- la tivemos unha exposición de fotos que titulábase: “África, cuestión de vida, cuestión debida” e de traba- los nas aulas con distintos materiais aportado por Save The children”. Grazas a esta iniciativa, e a parti- cipación de pais, nais, profesores, profesoras, nenos e nenas recadáronse uns 2.000 euros.

Upload: biblioteca-chans

Post on 10-Mar-2016

244 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

.......................................................

TRANSCRIPT

Page 1: Infórmate 6

Nº 6, xuño 2.010 CEIP. de CHANS-BEMBRIVE ENDL: Obradoiro de xornalismo Curso 2.009/2.010

Como vos chamades na realidade? María e Carlos. Dedicádevos a outras cousas aparte disto? Unha chea de cousas: grupos de teatro, cla-ses, cociñamos... Facemos as tarefas da casa. Cando comezaches a traballar nisto? María:desde os 30 anos, de nena me gusta-ba facer a voz dos bonecos e a Carlos gus-táballe cantar cancións así que nos unimos. Compoñedes vos as cancións? Non todas, as de hoxe son populares pero as da outra vez, do ano pasado, foron escri-tas por nos. Cales foron as roupas mais escandalosas que vos puxestes? María: na TVG, unha lámpada na cabe-za,unha tina de bolso... Tedes paxina Web? Si, é www.migallas.com

Recomendaríaslles aos maiores (aos profes) do cole que se animaran a cantar e bailar xunto cos pequenos? Por suposto ,a todos.Teríanse que quitar os tacóns e os zapatos e entrar bailando no cole. Grazas polo voso tempo. Foi un pracer.

O venres 23 de abril volveu a nosa escola o grupo Migallas co seu espectáculo “Camiño de Historias”. O rematar a súa actuación falamos con eles

A ANPA do cole en colaboración coa ONG “Save The children” organizou o pasado oito de maio unha carreira popular polo Sendeiro do Río Eifonso. O obxectivo era recadar cartos para axudar a mellorar a vida de milleiros de nenos e nenas de Costa de Marfil, que están a sufrir as consecuencias dun confli-to armado e sen acceso a sanidade e educación públi-ca. Formando parte deste programa tivemos na esco-la tivemos unha exposición de fotos que titulábase: “África, cuestión de vida, cuestión debida” e de traba-los nas aulas con distintos materiais aportado por “ Save The children”. Grazas a esta iniciativa, e a parti-cipación de pais, nais, profesores, profesoras, nenos e nenas recadáronse uns 2.000 euros.

Page 2: Infórmate 6

O alumnado de segundo de primaria visitou o MER-CADO DO BERBÉS . Eles contaronnos a súa experiencia: Qué tal o pasachedes?

Moi ben Contarnos o que vistedes no mercado. Peixes, carne, froita... Fixechedes algunha actividade? Cal? R:Si.Unha lista dos peixes que viron e unha piramide alimenticia Credes que aprendistedes cousas novas?Como cales? Nada, é que somos moi listos. Déronvos algún agasallo pola vosa participación? Como que? Un mandil, unha bolsa e nada máis.

Este ano a semana das letras galegas foi moi ociosa. Anque non puidemos facer o famoso Correlingua pola culpa da chuvia, todo o demais foi moi interesante. Primeiro, todas as clases tivemos que buscar palabras en galego que non teñen nada que ver co castelán. Tamén fixemos saídas polo contorno e por último, realiza-mos o festival das letras galegas que foi moi divertido.Todos os cursos fixemos unhas actuacións excelen-tes.Ao final, algunhas nenas de sexto deleitáronnos cun vídeo feito por unha delas con fotos de sexto desde que estaban en primeiro de primaria. Houbo xente que se emocionou e botou a chorar porque recordaron vellos tempos.

Día do libro O día 23 de abriuse na biblioteca a exposición Li-bros do Mundo. Os nenos e nenas do colexio visitamos a exposición os días seguintes. Vimos libros, revistas ou xornais doutros países ou comunidades, noutros idiomas. A exposición montouse coa colaboración de todo o alumnado que trouxo libros das súas casas. Había libros escritos noutros idiomas como: in-glés, castelán, francés, alemán búlgaro, ruso... Intenta-mos traducilos pero non fomos capaces. Era moi difícil. Foi moi interesante porque así aprendemos palabras no-vas noutros idiomas diferentes. Foi moi divertido e neses días a biblioteca estivo

Dentro da programación de activida-des da semana das Letra Galegas tamén fixemos saídas polo contorno, o mércores 12. Os de infantil camiñaron polo centro de Bembrive, os de primeiro e segundo baixaron camiñando dende a escola ata o centro, os de terceiro percorreron as fontes e os lavadoiros, os de cuarto foron a un muíño, os de quinto fixeron o sendeiro do río Eifonso e os de sexto visitaron a Enti-dade Menor, o Centro Cultural e a Igrexa románica. Ao final xuntámonos todos e todas no torreiro da festa, alí merendamos e logo cantamos coas pandereteiras cancións que falan de nós, da nosa lingua e da nosa te-rra.

Page 3: Infórmate 6

Cando te xubiles, nos visitaras o algún día? Si! claro, algún día. nalgunhas festas ou celebracións. Ademais teño aquí os meus dous netos.Si! Algún día virei por aquí. Cando te vaia, cres que botaras o colexio de menos? Si, home claro que o vou botar de menos, son moitos anos aquí dentro deste colexio traballando. Pero agora vou ter tempo libre para facer outras cousas. Cantos anos levas traballando neste colexio? Neste colexio dende o ano 1.982, e dicir, 28 anos. Agora que te xubilas que vas facer? Teño afeccións,gústame ler, pasear... e apuntareime a algún curso para xente da miña idade, de fotografía, por exemplo. Tamén farei algunha viaxe, e estarei mais tempo coa familia. Traballaches noutros colexios, en cales? O primeiro colexio onde traballei foi en Celanova, Ourense; des-pois no servizo militar estiven de profesor de soldados que chega-ban ao exército sen saber ler, xente analfabeta; despois en Barce-lona, en dous o tres colexios mais; e por último xa vin para Vigo e para a escola de Chans Cres que tiveches bos alumnos? Si, home si, claro que si. Levo corenta anos traballando de profesor, si sumas os alumnos que tiven neses anos, imaxínate cantos poden ser. Tiven bos alumnos, non teño queixa, algúns estudaban menos do que tiñan que estudar. Teño moi bos recordos dos alumnos e alumnas que tiven Cales foron os momentos mais bonitos ou marabillosos na túa estancia en Chans? Quizás o día a día, o traballo diario. Coñecer compañeiros cós que logo colles amizade. Antigos alumnos que te recordan con cariño, e que despois de moitos anos pensan que fuches un bo mestre para eles. Son os nenos de agora coma os de antes? Mais ou menos estudiosos? Eu diría que hai de todo. Os nenos de antes, algúns tiñan mais capacidade de sacrificio e esforzo. Agora, hai algúns que están acostumados a facer de todo sen esforzarse, e isto non é bo. De que querías traballar cando eras pequeno? Cando era moi pequeno, moi pequeno pensaba ser chofer, gustábame moito Por que? Ía ao lado dos que conducían e gustábame moito. Pero despois, como a miña nai era mestra e o meu avó tamén, quixen ser mestre eu tamén, sempre foi unha profesión que me gustou. Cando comezaches a túa carreira coma profesor pensabas chegar a director? Naquel momento non pensabas niso, simplemente o que querías era facer o traballo o mellor posible. Estaba empezando e tiña moitas gañas de aprender. Despois cando apareceron estes colexios tan grandes que necesitaban dun director, e cando te escollen os compañeiros sempre é agradable saber que confían en ti. Cando te nomearon Director que pensaches? Nada especial, en tal caso un pouco a responsabilidade de pensar que é un cargo no que tes que intentar facelo ben, que che pode dar algunha preocupación pero tamén moitas satisfaccións. Cres que seguiras coa túa vida normal, levantándote a mesma hora...? Mais ou menos, durmo pouco, igual me levanto un pouco mais tarde, pero non son de estar metido na cama. Hai xente que é feliz cando lle levan o almorzo á cama, a min non me gusta nada, nada …

Tras dedicarlle unha parte importante da súa vida ao cole de Chans, chegou o momento da súa merecida Xubila-ción. O equipo de Infórmate conversou con el e quere dese-xarlle moitos parabéns nesta nova etapa da súa vida.

Cal é o teu recordo máis bonito desta escola? • Cando me cambiei de clase coa miña irmá en tres anos. • Cando tiña 5 anos e por ser doutro país deixáronme soltar as

pombas no día da paz. • Cando os profes cantaron no Nadal. • As amizades que fixemos, os anos tan marabillosos que pasa-

mos nesta escola aprendendo ,as excursións ,os festivais etc... Como te sentes, agora ao pasar instituto, e deixar esta escola? • Estou triste de deixar esta escola porque deixo moitos ami-

gos ,profesores e moitos recordos • Ben aínda que un pouco nerviosa ao estar rodeada de xente

nova e máis grande ca min. • Síntome un pouco mal porque pasamos a ser os pequenos. • Ben, pero costa pasar páxina. • Ben, porque é un paso máis, e deixar o colexio é unha pena

porque xa estaba acostumado. • Feliz e alegre por comezar outra etapa da vida. • Síntome moi nerviosa. Non sabes o que vai pasar

RECOLLIMOS AS OPINIÓNS DO ALUMANDO DE 6º QUE REMATOU A PRIMARIA

Page 4: Infórmate 6

Colabora con nós …

Esperamos as vosas noticias, historias, propostas …

[email protected]

http://normalizacionbibliochans.blogspot.com/

S O M O S

Uxia Cosquet Bonner 5ºA Carmen Villasur Villalba 6ºB Raquel Llauger González 6ºA Noa Redondo Lorenzo 5ºB Noelia Lago Fernández 6ºA Sabela Gil López 6ºA

Alba Cobo Galloso 6ºA Alba Pérez Lareu 6ºB Marco Antón Gómez Reus 5ºB Maríya Ilieva Palikarska 5ºA Tania Gómez Abraldes 6ºA

Coord. Juan Carlos Abalde González

O día 27 de maio os nenos de 5 de primaria fo-mos a illa de Ons. As 9:00 saímos do colexio en auto-bús ata Bueu (na ría de Pontevedra). No porto colle-mos un barco que nos levou ata Ons. As ondiñas facían como se fosemos nunha montaña rusa, subiamos, bai-xabamos subiamos... Cando chegaron a illa dividíronnos en tres gru-pos un con cada profesor e un monitor, e comezamos a camiñar. A primeira parada foi na praia , onde fixe-mos un xogo; a segunda parada foi nunha zona preto das dunas, a terceira nun campo e a cuarta nuns can-tís. Pola tarde despois de xantar e tomar uns xeados xogamos na praia. Aprendemos moito deste paraxe natural tan boni-to.

FOI UNHA XORNADA INESQUECIBLE

O día 17 de xuño celebramos a FESTA DE GRADUACIÓN dos nenos e nenas de infantil de 5 anos, que o vin-deiro curso xa ingresaran na Primaria. O seu paso pola etapa de Infantil será inesquecible. ¡ Moita sorte a todos e to-das nesta nova andaina !

Os alumnos e alumnas de sexto remataron a seu paso pola escola de Chans e a súa Educación Primaria. Celebrárono ca viaxe de Fin de Estudos á estación de montaña de Cabeza de Manzaneda. Alí fixeron un montón de actividades: tiro con arco, montar a cabalo, carreiras en karts, natación na piscina, xogos tradicionais e bailar moito na DISCO. PASARONNO XENIAL! Dende Infórmate, queremos desexarlles moita sorte no instituto a todos eles, e recordarlles que sempre nos terán a

súa disposición no colexio de Chans.

O ALUMNADO DE CINCO ANOS GRADUOSE