infórmate nº2

4
O pasado 19 de febreiro a escritora Fina Casalderrey, autora de numerosos libros de literatura infantil e xuvenil, compartiu con nos uns momentos que dedicou a falar da súa experiencia coma escritora e da súa paixón pola litera- tura. Moitas grazas a Fina que nos acercou ao mundo da literatura dun xeito entretido e amable. FINA CASALDERREY visitou a nosa escola. Nº 2, Abril 2.009 CEIP. de CHANS-BEMBRIVE ENDL: Obradoiro de xornalismo Curso 2.008/2.009 As pandereteiras de Chans e os compañeiros de 5ºA visitamos a residencia para a Terceira Idade de Bembrive, que se sitúa preto do Hospital do Meixoeiro. Fomos dúas veces, unha no Nadal, nela tocamos a pan- deireta e falamos con eles. Apréndemos moitas historias da súa mocidade. Na segunda visita, Cristina de 5ºB tocou o clarinete e Ana a guitarrra, mentres nós cantabámoslles o cum- preanos feliz en castelán e en galego porque era o 5º aniversario da residencia .A súa vez ,eles regaláronnos un escudo de Sargadelos e nos regalámoslle moitas cousas: unha foto da ultima visita, un cartel, un CD e o almanaque que fixemos no colexio, tamén invitámolos a a visitar a nosa escola. Pasámolo xenial! A hora de ler é un tempo que dedicamos tódolos días a lectura. A volta do recreo temos vinte minutos para ler, pois collemos cinco minutos de cada sesión para elo. É un tempo on- de podemos escoller entre libros do colexio ou libros traídos da casa. Tamén podemos ler cómics , xornáis ou revistas. Neses vinte minutos temos que ler e non facer barullo. O obxectivo da hora de ler é que os nenos e nenas de Chans se acostumen a ler, non só nese tempo, se non tamén na casa e cando poidan. Comezamos con quince minutos, pero ao profesorado pareceu- lle pouco, e engadironse cinco minutos máis. Todos estamos moi contentos con esta iniciativa.

Upload: biblioteca-chans

Post on 14-Mar-2016

243 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

CEIP Chans - Bembrive

TRANSCRIPT

Page 1: Infórmate Nº2

O pasado 19 de febreiro a escritora Fina Casalderrey, autora de numerosos libros de literatura infantil e xuvenil, compartiu con nos uns momentos que dedicou a falar da súa experiencia coma escritora e da súa paixón pola litera-tura.

Moitas grazas a Fina que nos acercou ao mundo da literatura dun xeito entretido e amable.

FINA CASALDERREY visitou a nosa escola. Nº 2, Abril 2.009 CEIP. de CHANS-BEMBRIVE ENDL: Obradoiro de xornalismo Curso 2.008/2.009

As pandereteiras de Chans e os compañeiros de 5ºA visitamos a residencia para a Terceira Idade de Bembrive, que se sitúa preto do Hospital do Meixoeiro. Fomos dúas veces, unha no Nadal, nela tocamos a pan-deireta e falamos con eles. Apréndemos moitas historias da súa mocidade. Na segunda visita, Cristina de 5ºB tocou o clarinete e Ana a guitarrra, mentres nós cantabámoslles o cum-preanos feliz en castelán e en galego porque era o 5º aniversario da residencia .A súa vez ,eles regaláronnos un escudo de Sargadelos e nos regalámoslle moitas cousas: unha foto da ultima visita, un cartel, un CD e o almanaque que fixemos no colexio, tamén invitámolos a a visitar a nosa escola. Pasámolo xenial!

A hora de ler é un tempo que dedicamos tódolos días a lectura. A volta do recreo temos vinte minutos para ler, pois collemos cinco minutos de cada sesión para elo. É un tempo on-de podemos escoller entre libros do colexio ou libros traídos da casa. Tamén podemos ler cómics , xornáis ou revistas. Neses vinte minutos temos que ler e non facer barullo. O obxectivo da hora de ler é que os nenos e nenas de Chans se acostumen a ler, non só nese tempo, se non tamén na casa e cando poidan. Comezamos con quince minutos, pero ao profesorado pareceu-lle pouco, e engadironse cinco minutos máis.

Todos estamos moi contentos con esta iniciativa.

Page 2: Infórmate Nº2

Neste inverno sufrimos moita choiva e frío. O martes 20 de xaneiro, unha forte sarabia (granizada) cubriu o patio do colexio, este quedou com-pletamente branco ao encherse de pe-drazo. Os nenos e nenos de Chans saíron moi contentos ao patio a xogar.

A finais de xaneiro tamén o noso cole sufriu as consecuencias do temporal que chegou a Galicia, “O Klaus” . Caeron pólas dunhas árbores da parte norte do colexio. As árbores afectadas foron unha Chamaecypaaris e unha Melaleuca. Na fonte do patio de arriba rebentou unha tubería. Por sorte non houbo máis desgrazas.

O pasado día 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz. Despois de facer varias actividades sobre o tema da paz rematamos o día 30 cun acto de toda a escola. Por culpa da chuvia tivemos que cele-brar o acto no pavillón. Este ano o lema do día da paz era: “Cantamos xuntos por un mundo mellor”. Cada curso expresou o seu desexo “Para un mundo mellor” e meteuno na Caixa dos Desexos e escribiuse a palabra paz en distintos idiomas. Despois cantamos a canción “Que Canten os Nenos e Nenas” escollida para a ocasión. Logo procedemos á tradicional cerimonia da solta das pombas, símbolo da paz.

Ao rematar o acto, todos volvemos as nosas aulas e continua-mos coas clases.

O noso colexio participa no proxecto Voz Natu-ra. Hai uns dias unhas os compañeiros e compañeiras de quinto foron polas clases repartindo uns niños para paxa-ros. Pedíronnos que os colgásemos nas árbores da escola e explicáronnos que teñen que estar cara ao sueste. Estas caixiñas ou niños foron construídas polos presos do cárcere de A Lama. Esta é unha das actividades que alí fan, e así pasan o tempo. Estes niños cadrados, feitos de madeira servirán para que os paxaros poidan formar alí o seu fogar.

Outra das actividades feitas arre-dor do día da Paz foi “Convivimos e Compar-timos”. Os maiores xuntáronse cos máis pe-quenos para traballar xuntos. Nesta xornada de convivencia os alum-nos e alumnas de 4º , 5º e 6º estiveron cos nenos e nenas de Educación Infantil. Axu-dáronlle a pintar os autocolantes (as pegati-nas) do día da paz e fixéronlles un “Pin” a

cada un.

Page 3: Infórmate Nº2

O profesor de educación física Roberto organizou un torneo de Bádminton para que os nenos e nenas pasen o rato nos recreos. Hai unha ronda preliminar eliminatoria on-de todos xogan tres partidos. O torneo consiste en que o que gane mais partidos será o campión. O torneo desenvolvese no pavillón. Roberto colocou redes e fixo varios campos, ta-mén deixounos o material necesario: raquetas plumas... Non é obrigatorio participar é so para os que lles gusta practicar este deporte. O obxectivo deste torneo é demostrar aos ne-nos e nenas deste colexio que hai outros deportes ademais do fútbol e do baloncesto. Dende o equipo de redacción des-te xornal dicímoslle que non se desanime e siga organizando torneos .Grazas Roberto .

O día 26 de xaneiro visitounos a nosa antiga orientadora, Maite. Veu contarnos a súas experien-cias na súa viaxe á India. Axudada de diapositivas contounos moitas cousas. Díxonos que alí, hai moitas diferenzas culturais entre os seus habitantes. Falounos que a relixión do-minante é o hinduísmo, que as vacas son sagradas, e que a India é unha gran potencia nuclear. A pesares de que a India en superficie é seis veces mais grande que España., a India é moito máis pobre. Unha cousa curiosa que aprendemos é que usan a bosta de vaca como combustible. Falounos da escola “María Soliña”, onde estivo con cativos da India, que viven na pobreza e non teñen tantas cousas coma nós. Grazas Maite por seguir dedicándonos parte do teu tempo.

O 12 de febreiro fomos a un concerto dun cantautor, Danny Griffins, no centro social de Valadares. É o com-positor dalgunha das cancións que traballamos en inglés. Bailamos, can-tamos, e pasamos algún que outro apuro cando nos puxo o micro.

O 18 de marzo houbo no colexio un obra-doiro de criminoloxía. Un monitor explicounos un montón de cousas: como detectar as pega-das dactilares con carbono puro; a forma de atopar restos de sangue aínda que a limpasen. Tamén utilizamos o programa informático que utilizan os americanos para facer retratos ro-bots. E ata tivemos que resolver un roubo ficti-cio.

Page 4: Infórmate Nº2

Entrevistamos a Ana (a nosa profe de música) • Estiveches nalgún outro colexio? Si , no Altamar e no Salvador de Teis • Tocaches diante de moito público? Si de moito, no conservatorio e en Garcia Barbón • Que instrumentos tocas? A requinta galega, a frauta traveseira e a guitarra. Estudo

percusión (escola municipal de musica de Vigo ) • Cal che gusta máis? A requinta galega • Participaches nalgún musical? Non nunca • Gustache cantar? Moito, e teño un coro de nenos • Cal foi o primeiro instrumento que tocaches? A guitarra • Que tipo de música che gusta máis? A música pop • Desde cando che gusta a música? Desde os tres anos que empecei a ir a clases de ritmo • A que colexio fuches de pequena? Ao Doutor Fleming.

A historia trata da nova pro-mesa do Rap, 50 céntimos, Este perde a inspiración e ven ao cole-xio de CHANS . Cando chega é moi arrogante e maleducado, pero co tempo os nenos de 6º acábanlle por caer ben . Ensínalles a rapear nas horas libres. Os profesores píllano e queren expulsalo do cole-xio porque din que o rap é de ván-dalos. Entón os nenos empezan a intentar que non o boten porque lles encanta o que lles ensinaba. Practi-can e practican as súas rimas e ter-minan por ser uns auténticos mes-tres do rap E dan un auténtico es-pectáculo. E aos profesores acába-lle por caer ben e pensan que o Rap non e ningún vandalismo.

O día 20 de febreiro os nenos e nenas de Chans celebramos o Entroido. Desfilamos con moita imaxi-nación,e cada curso dunha cousa distinta e ca súa coreografía. Algúns ían de cociñeiros outros de cultu-ras do deserto, outros de deportistas, outros de mirmi-lón, tamén houbo mariñeiros, e chicos que eran chi-cas e chicas que eran chicos, tamén estivo presente a crise ... en fin, todo moi divertido. O día da festa gozamos todos xuntos disfrazados. Ademais é un día que tomamos unhas ricas orellas e filloas . Días antes, como tódolos anos, visi-tounos o Meco , que é o máis diver-tido. El mandounos traer un babei-ro, un colar e a cara pintada.O Me-co fai alegre o Entroido.Foron unhas festas sensacionais.

O día 20 de decembro celebrouse o festival de Nadal en Chans. Primeiro falaron os presentadores que deron paso ás distintas actuacións. Houbo teatro, panxo-liñas, bailes e poemas. Os cursos actuaron por orde : primeiro os de in-fantil de 3, 4, e 5 anos e despois os de primaria. Tamén ao final os profes cantaron unha panxoliña de Nadal. Levaban gorros de Papá Noel que ao final da canción tiraron ao aire. Actuaron coma xa é tradición as pandei-reteiras, que por certo hai un novo grupo que canta e to-ca moi ben. A todos nenos e nenas, pais e nais, profeso-res e profesoras gustáronlle as actuacións e aplaudiron moito . Ao final , puxémonos a bailar coas cancións que nos puxeron. Pasámolo moi ben!

Colabora con nós … Esperamos as vosas noticias, historias, propostas …

[email protected] http://informate-chans.blogspot.com/

S O M O S

• Alba Cobo Gayoso 5ºA • Alba Pérez Lareo 5º B • Inés López Rodríguez 6ºA • Victor Bahillo Arce 6º A • Natalia Cuadrado 6ºAI Coord. Juan Carlos Abalde

• Carmen García González 6ºB • Diego Mojón Álvarez 6º B • Pablo López Fernández 6º B • Hugo López Pintor 6ºB • Xacobe Dasilva Vázquez 6º B ———————————————