informe estudo demanda de solo marin 2010 · poñer en marcha mecanismos de mellora da calidade ......
TRANSCRIPT
INFORME
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
Promove: Elabora:
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
1
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Índice
1. Introdución ....................................................................... 5
2. Obxectivos ........................................................................ 8
3. Metodoloxía do estudo .................................................... 10
3.1 Descrición do traballo de campo 12
3.2 Mostraxe 13
4. Resultados da análise cuantitativa .................................. 18
4.1. Contextualización: os parques e polígonos da zona 18
4.1.1 OFERTA DE SOLO EMPRESARIAL EN GALICIA, E ESPECIFICAMENTE EN PONTEVEDRA ........... 19
4.1.2. PARQUES EMPRESARIAIS NO ENTORNO DE MARÍN 22
4.1.3. ANÁLISIS DAFO DO PARQUE EMPRESARIAL DE MARÍN 28
4.2. Perfil das empresas enquisadas 30
4.3. Demanda das empresas por instalarse no futuro espazo industrial 39
4.3.1. REXIME DE TENENCIA DAS INSTALACIÓNS ACTUAIS 40
4.3.2. CRECEMENTO EN FACTURACIÓN E TAMAÑO NOS DOUS ÚLTIMOS ANOS ............................ 42
4.3.3. SATISFACCIÓN CO EMPRAZAMENTO E COAS INSTALACIÓNS ACTUAIS .................... 43
4.3.4. FACTORES QUE PODERÍAN ESTAR LIMITANDO O CRECEMENTO .............................. 45
4.3.5. POSIBILIDADES DE TRASLADO OU CREACIÓN DE NOVA SEDE NOS SEGUINTES DOUS ANOS ....... 52
4.3.6. FACTORES QUE PODERÍAN FACER QUE SE DECIDA DEFINITIVAMENTE AO TRASLADO ............. 55
4.3.7. PREFERENCIAS DE LOCALIZACIÓN PARA A NOVA SEDE 58
4.3.8. INTERESE NO PARQUE EMPRESARIAL DE MARÍN 59
4.4. Principais razóns das empresas para non estar interesadas no parque empresarial-industrial 65
4.5. Necesidades de servizos, espazos e infraestruturas das empresas dispostas a instalarse no proxectado parque de Marín 69
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
2
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
4.5.1. ESPAZO ÚTIL E DE PARCELA ........ 69
4.5.2. RÉXIME DE TENENCIA .............. 71
4.5.3. PREZOS DO SOLO .................. 72
4.5.4. OUTRAS NECESIDADES .............. 74
4.6. Emprego que xeraría o parque empresarial 81
5. Conclusións e recomendacións para o novo
espazo empresarial ......................................................... 87
5.1. Conclusións 87
5.2. Modelo de parque máis axeitado, segundo a demanda existente 98
6. Anexo............................................................................ 102
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
3
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
ESTUDO DE DEMANDA DE SOLO EMPRESARIAL
NO CONCELLO DE MARÍN - Xaneiro2010 -
Traballo elaborado para o Concello de Marín por:
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
4
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Introdución
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
5
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
1. Introdución
A promoción económica nun concello é un eixe fundamental para
poñer en marcha mecanismos de mellora da calidade de vida dos seus
habitantes ou atracción doutros novos, contribuíndo desta forma ao
fomento do emprego e desenvolvemento local. O apoio ao tecido
empresarial é un dos campos nos que se poden conseguir máis resultados a
este respecto.
A habilitación de espazos ordenados nos que as empresas poidan
desenvolver a súa actividade é necesario para o desenvolvemento
económico do concello facilitando a expansión do tecido empresarial actual
e a atracción de novas inversións.
De cara á posible creación dun parque empresarial no Concello de
Marín considérase necesario avaliar a adecuación do espazo empresarial
actual e futuro incluíndo factores como o tamaño e tipo das parcelas ou
naves planificadas para así contrastalo coas necesidades reais. Para coñecer
estes datos será preciso tomar en consideración o tipo de empresas que se
interesarían implantarse no parque, o tipo de parcelas ou naves que
favorecerían que se decidisen a instalarse e as necesidades específicas e
especiais que expresan.
Dende o Concello percíbese que hai necesidade de solo industrial e
quérese dar cabida neste parque a pequenas e medianas empresas do
concello, que teñan unha actividade susceptible de ser instalada no polígono
empresarial, ben porque necesiten de mais espazo ou porque planifiquen un
traslado da súa actividade.
O obxecto deste proxecto foi por tanto, facer un estudo de necesidades
e demanda de solo que teñen as pequenas e medianas empresas de Marín
para establecer a súa actividade nunha área de referencia, e que o Concello
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
6
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
puidese ter información obxectiva sobre o espazo que ten que reservar para
esta finalidade.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
7
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Obxectivos
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
8
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
2. Obxectivos
O obxectivo xeral deste estudo de demanda de solo industrial para a
implantación de empresas é o seguinte:
• Analizar e coñecer o interese e demanda por parte das
empresas por implantarse na nova zona empresarial de Marín.
Unha vez coñecida a demanda, o obxectivo centrase en coñecer tanto
as necesidades das empresas que se mostran interesadas no parque como
cales son os principais motivos que manifestan as empresas que rexeitan a
posibilidade de implantarse nesa área de Marín.
Máis concretamente, intentarase dar conta dos seguintes obxectivos
específicos:
o Coñecer a demanda de instalación de empresas no parque
empresarial de Marín, se é posible incluíndo a tipoloxía de
empresas que estaría máis interesada no mesmo.
o Coñecer as necesidades de servizos, espazos e infraestruturas que
demandarían as empresas que estarían dispostas a instalarse no
parque.
o Coñecer cales son as razóns principais das empresas que rexeitan
instalarse no parque.
o Cuantificar o novo emprego que xeraría o parque empresarial para
o concello de Marín.
o Segundo a demanda expoñer as recomendacións básicas sobre o
modelo de parque empresarial que serían máis axeitado.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
9
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Metodoloxía do estudo
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
10
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
3. Metodoloxía do estudo
Para desenvolver axeitadamente o presente estudo foi necesario
definir previamente unha metodoloxía de traballo que se adaptase ás
características específicas do concello de Marín.
Unha análise coa finalidade de coñecer a demanda das empresas por
instalarse no polígono, debe ter en conta factores internos relativos ao
propio concello e externos, que derivan da situación doutros concellos,
polígonos ou tendencias na actividade económica do entorno.
Entre os factores internos tivéronse en conta a potencialidade do
tecido empresarial de Marín, vías de comunicación, empresas de servizos,
empresas auxiliares ou man de obra coa formación axeitada no concello ou
distancias aos mesmos. Así buscouse detectar as debilidades e fortalezas
existentes no concello de cara a un posible crecemento no desenvolvemento
económico no futuro.
Para falar de factores externos avaliouse a presenza doutros parques
empresariais, a súa especialización e características (servizos, prezos ou
tamaño das parcelas), a dispoñibilidade de solo en xeral. Deste xeito
definíronse as ameazas e potencialidades que emerxen do entorno e que
afectan de forma determinante no éxito da iniciativa que se está a
planificar.
Realizouse un estudo das tendencias, grao de ocupación e tipos de
servizos diferenciadores ou modalidades de venta e cesión de parcelas para
así poder propoñer as alternativas a disposición do concello para favorecer o
éxito da iniciativa a desenvolver.
Dentro do contexto que se acaba de definir IDEARA SL propuxo un
estudo que partiu dunha contextualización dos factores máis salientables do
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
11
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
entorno e o concello para a continuación medir a demanda actual de
instalación no parque a través das accións que se expoñen a continuación.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
12
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
3.1 Descrición do traballo de campo
Para dar resposta aos obxectivos realizouse primeiramente unha
recompilación de empresas de Marín. Para iso consultáronse diferentes
fontes secundarias, tanto privadas como institucionais.
Unha vez coñecidos os potenciais demandantes, procedeuse a
contactar con eles co fin de concretar a demanda real ou efectiva. Nun
primeiro contacto, informouse ás empresas da existencia do plan do parque
e das principais características do mesmo (situación, superficie, servizos,
prezos, etc.), neste mesmo momento preguntouse sobre a posibilidade de
que estiveran interesados en instalar parte da súa actividade no parque.
Ás empresas que responderon afirmativamente ou que amosaron un
interese real, pasóuselles un cuestionario máis exhaustivo onde se
analizaron as súas necesidades (espazo necesario, servizos que demandan,
etc.).
Dentro do grupo de empresas que non amosaron interese pero que
deron resposta ao primeiro contacto seleccionouse unha mostra a enquisar,
co obxectivo de coñecer as razóns polas que rexeitaron a oferta de solo
industrial en Marín. Así distinguíronse entre características estruturais ou
desvantaxes conxunturais relacionadas co concello ou co espazo concreto
que se propón e que impedirían un maior interese polo parque empresarial.
O procedemento, polo tanto, foi o que pasamos e describir:
- Contacto coas empresas do concello para coñecer o interese por
implantarse no parque empresarial.
- Enquisa detallada ás empresas que mostraron interese real por
implantarse nel.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
13
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
- Enquisa a unha mostra das empresas que non estaban interesadas
pero que responderon á acción de información e contacto realizado por
IDEARA SL.
3.2 Mostraxe
Ámbito:
As empresas pequenas e medianas situadas no concello de Marín.
Universo:
Empresas con algún empregado e que precisen para a súa actividade
de espazo físico que non sexa puramente oficinas ou servizos de atención
ao público. Son empresas que precisan dun importante espazo para
almacenaxe ou transformación de bens físicos. Inclúese aquí a industria,
industria alimentaria, comercio por xunto, comercio de vehículos e
maquinaria en xeral e outras superficies comerciais que precisen de amplas
instalacións.
Mostra:
Contactouse cunha mostra representativa de empresas de forma que
quedaran representados os principais sectores de actividade económica do
concello. En concreto tratouse de contactar cun mínimo de 100 empresas
que contasen con 3 ou mais empregados cunha distribución de sectores de
actividade semellante á do concello. Excepcionalmente permitíronse
enquisas a certas empresas con 2 empregados si as súas características
resultaban interesantes para o estudo.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
14
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Fonte: IGE (Instituto galego de estatística)
O total de empresas en Marín con 3 ou mais empregados é 191.
Destas empresas entrevistouse a 111 polo que se entrevistou a máis da
metade das empresas o que facilita o cálculo da demanda en bos termos de
exactitude.
Cuestionario:
Houbo dúas versións, cunha parte común e outra diferente, segundo
se as empresas amosaran ou non interese polo parque empresarial.
PARTE 1
• Características xerais da empresa: número de
empregados, valoración da marcha da empresa, antigüidade
no emprazamento actual, sector de actividade, facturación.
• Grao de satisfacción co enclave actual, servizos ou
infraestruturas do lugar en que está situado na actualidade e
que desexaría mellorar, posible intención de adquirir novos
locais.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
15
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
• Posible intención de trasladar a sede ou crear unha
nova, intención de trasladarse a un parque empresarial a
nivel xeral, posible intención de trasladarse ao novo parque
empresarial de Marín en concreto.
PARTE 2 (Empresas non interesadas)
• Razóns polas que non interesa (pregunta pechada e
múltiple).
• Dispoñibilidade se saíse gratis.
• Suxestións e demandas.
PARTE 2 (Empresas interesadas)
• Servizos que demandan.
• Infraestruturas precisas.
• Espazo concreto demandado, tipo e tamaño de
parcelas.
• Empresas que deberían estar cerca.
• Novos traballadores que precisarían.
• Prezo que estarían dispostos a pagar.
• Suxestións e demandas.
A medición destas variables do cuestionario xunto co estudo
documentado do contexto económico e empresarial baseado en fontes
secundarias serviron para dar respostas aos obxectivos presentados.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
16
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
De todos estes contidos púidose definir un nivel de demanda concreto
que existirá no parque definindo o espazo que estaría ocupado non caso
máis optimista, e conservador tendo en conta os resultados da enquisa
realizada. Tamén se puideron definir os aspectos concretos a cambiar para
contribuír a acrecentar a demanda e satisfacción futura das empresas que
se instalen no parque empresarial.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
17
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Resultados da análise cuantitativa
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
18
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
4. Resultados da análise cuantitativa
Neste apartado expóñense os principais resultados obtidos a través da
análise de datos de fontes secundarias e de fontes primarias (enquisa).
4.1. Contextualización: os parques e polígonos da zona
Para chegar estimar a demanda das parcelas do parque empresarial de
Marín e lograr suxerir un modelo de parque empresarial e industrial con
acerto, primeiro deberase facer un exercicio de recollida de información de
fontes secundarias. O obxectivo final é facer a contextualización da
situación dos parques empresariais de Galicia centrando a atención sobre
todo na provincia de Pontevedra, e especialmente nas zonas máis próximas
a Marín. Analizaranse as características destes parques empresariais, que
poden ser competencia directa, analizando os servizos que ofrecen, o solo
dispoñible… Desta maneira poderanse chegar a ver as necesidades da zona
para logo poder incluílas no futurible espazo empresarial-industrial de
Marín, ou ver os problemas que teñen os xa existentes para facer melloras
a curto ou medio prazo. Tamén se fará unha breve aproximación á situación
dos parques empresariais en proxecto ou estudio da zona.
En resumo, vanse tratar de localizar as posibles ameazas que xorden
dos parques empresariais da zona de Marín pero tamén as vantaxes que
non se están aproveitando.
Recolléronse datos de distintas fontes. A principal fonte consultada foi
o estudo de parques empresariais elaborado pola Universidade de Santiago
de Compostela para a Consellería de Vivenda e solo da Xunta de Galicia que
recolle como adaptar o solo empresarial ás novas necesidades que xorden
tras a evolución económica. Asómesmo, tamén se consultou o estudio de
solo empresarial do proxecto Galicia Suma, tamén realizado pola Consellería
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
19
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
de Vivenda e Solo. Foron consultadas algunhas páxinas web, ás que se fai
referencia ao longo deste apartado.
4.1.1 OFERTA DE SOLO EMPRESARIAL EN GALICIA, E ESPECIFICAMENTE EN PONTEVEDRA
Partindo da información recollida no Estudio das Necesidades do Solo
Produtivo en Galicia da USC primeiro haberá que coñecer a tipoloxía dos
parques, necesaria dada a heteroxeneidade dos propios polígonos e parques
empresariais. Segundo o seu desenvolvemento pódese establecer a
seguinte tipoloxía:
1) Polígonos industriais esgotados. Están totalmente ocupados,
non poden acoller ningunha empresa máis.
2) Polígonos industriais operativos.Teñen a capacidade de acoller
novas
empresas ou a ampliación das existentes.
3) Polígonos industriais en execución. Están a piques de ser
operativos, xa que teñen todos os permisos para o seu
desenvolvemento.
4) Polígonos industriais en trámite. Atópanse nunha fase
embrionaria de desenvolvemento e consolidación como nova
oferta de solo industrial.
5) Polígonos industriais en estudo. Están en fase de
desenvolvemento.
En canto á evolución de polígonos industriais dende 1993 ata 2006
pódese dicir que foi moi significativa xa que se pasou de 25 a 116 parques
empresarias activos cunha superficie total de 46.000.000 millóns de metros
cadrados. Actualmente estes polígonos están nun grao de ocupación moi
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
20
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
próximo ao 92%. Isto permite afirmar que os polígonos industriais
operativos en Galicia están practicamente esgotados ou preto de saturarse.
No seguinte gráfico pódese ver a distribución en superficie e segundo o
estado de desenvolvemento dos parques empresariais en Galicia. Poderase
apreciar que os parques da provincia de Pontevedra están a medrar moi
rápido, os metros cadrados en trámite da provincia supera ás demais
provincias.
Fonte: proxecto Galicia Suma
Gráfico 1. Distribución da superficie (m² ) do solo empresarial por estado e
provincias
A modo de resumo, pódese afirmar que mentres o número de
polígonos operativos segue aumentando, os polígonos en estudo (fase
preliminar) e os polígonos en execución (fase final) descenden. Sen
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
21
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
embargo existe un gran número de polígonos en trámite (fase intermedia)
que en moitos casos ofrecen dúbidas sobre a súa necesidade.
Centrándonos en Pontevedra, como se pode ver no gráfico 2, o 20%
do solo de parque empresarial está esgotado, un 13% en execución e un
importante número, o 48%, en trámite.
Fonte: proxecto Galicia Suma
Gráfico 2. distribución do solo dos parques empresariais segundo o seu
desenvolvemento na provincia de Pontevedra.
Á hora de deseñar un novo parque non se debe perder de vista a
calidade dos parques xa existentes. Os datos que se teñen avalan a idea de
que, ata o 2006, a maioría dos parques eran pequenos e contaban con
poucos servizos.Haberá que ter en conta a importancia de que sexan
amplos e co maior número de servizos posibles, os cales se definirán máis
adiante partindo dos datos obtidos na enquisa, datos que aportarán os
propios empresarios con predisposición a instalarse no novo parque.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
22
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
4.1.2. PARQUES EMPRESARIAIS NO ENTORNO DE MARÍN
Para ver a posible competencia do futuro parque empresarial de Marín,
teranse en conta aqueles polígonos que se encontran nunha área xeográfica
próxima. Por iso o estudo centrarase nos polígonos industriais das comarcas
de Pontevedra, Salnés e O Morrazo.
Como xa comentou anteriormente, téñense en conta os parques
operativos, esgotados, en execución e en trámite, xa que todos supoñen ou
suporán unha competencia directa co futuro parque empresarial de Marín.
Os parques desta zona de influencia xa esgotados e que polo tanto
non van crecer máis son
1) parque empresarial Campiño, na comarca de Pontevedra e
con 412.331m² , un dos máis grandes da zona
2) parque empresarial de Bueu na comarca de O Morrazo con
116.930m²
Sobre os parques empresariais en execución destacan
3) o parque empresarial de Sanxenxo con 740.000m²
En canto aos parques empresariais en trámite
4) ademais do parque empresarial de Marín
5) na comarca de O Morrazo tamén atopamos en trámite o
parque empresarial de Morrazo e o parque empresarial e
industrial do Morrazo II, estes últimos competencia moi
directa co futuro parque xa que se encontran na súa área de
influencia.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
23
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Outro dato a destacar é que nesta zona non hai ningún polígono en
estudo. (ver táboa 1).
Gráfico 3. Entorno de Marín e as súas estradas e comunicacións.
O polígono de Barro-Meis merece unha consideración aparte pois é moi
recente e non está nas bases de datos consultadas. Estaba prevista a súa
finalización a mediados-finais do ano 2009.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
24
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Parque
empresarial Comarca Concello Superficie en m²
Superficie industrial
% ocupación Estado
Prezo m²
P.E.Trabanca Salnés Vilagarcía 86.233 100% Esgotado 39€
Polígono do Salnés Salnés Ribadumia 12.000 100% Esgotado 21€
P.E.Campiño Pontevedra Pontevedra 412.331 100% Esgotado 35€
P.E. de Bueu Morrazo Bueu 116.930 100% Esgotado N.D.
Area Industrial A Pedreira
Salnés Meaño 250.000 250.000 75% Operativo 12€
Polígono Paradela Salnés Meis 7.362 7.362 100% Operativo N.D.
Polígono de Tremoedo
Salnés Vilanova 93.740 53.950 100% Operativo N.D.
Polígono de Granxa de
Bao Pontevedra Pontevedra 130.600 100.600 50,2% Operativo 150,27€
P.E. Sanxenxo Salnés Sanxenxo 740.000
En execución
P.E. A Reigosa Pontevedra Pontevedra 493.097
En execución
P.E. Vilanova I
Salnés Vilanova 315.672 En trámite
P.E. Vilanova II
Salnés Vilanova 347.876 En trámite
P.E. de Poio Pontevedra Poio 416.000 En trámite
Central de Transportes
de Pontecaldelas
Pontevedra Pontecaldelas 86.963 En
trámite
P.E. da Granxa de
Bao Pontevedra Pontevedra 130.600 En
trámite
Polígono de Campoleiro
Pontevedra Campoleiro 107.682 En trámite
P.E.do Morrazo
Morrazo Cangas 1.290.000 En trámite
P.E.do Morrazo II Morrazo Cangas 600.000
En trámite
P.E. de Barro-Meis
Pontevedra-O Salnés Barro-Meis 1.110.091 120€
N.D.: Non hai datos Fonte: elaboración propia a partir do estudo “As necesidades empresariais de solo produtivo en Galicia 2006-2015” da USC para a Consellería de Vivenda e Solo e outras fontes.
TTáábbooaa 11.. Parques empresariais do entorno xeográfico de Marín
Como se pode ver nos datos da táboa 1, na comarca de O Morrazo non
existe unha gran competencia pero haberá que ter en conta os dous
parques en trámites. Só hai un parque empresarial esgotado e que polo
tanto xa non pode medrar. E hai dous parques en trámite cunhas
superficies que se poderían considerar importantes (1.890.000m² entre os
dous) e que si se deben ter en conta ao pensar no futuro parque de Marín.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
25
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Cambiando de comarca observase que a maior competencia pode estar
nas comarcas de Pontevedra e do Salnés. Sobre todo co novo parque de
Barro-Meis con máis do40% das parcelas xa adxudicadas.
Outro dato a ter en conta é o prezo do metro cadrado, si no proxecto
de parque empresarial de Marín se puidese encaixar no intervalo de entre
os 20€/m² e 40 €/m² poderíase ser moi competitivo con respecto aos
parques da mesma zona xeográfica, xa que excepto o de A Pedreira en
Meaño e da Granxa de Bao en Pontevedra, os demais dos que temos datos
sitúanse nese rango.
En canto ás infraestruturas e servizos dos que dispoñen estes parques
empresariais, como se ve na táboa 2, a maioría contan con infraestruturas e
servizos de auga, saneamento, depuración e recollida de lixo e residuos. En
cambio outros servizos como os servizos de gardería, correos ou vixilancia
non existen, só nalgún parque en concreto (por exemplo o do Salnés)
aparecen proxectados. Se este novo parque quere ser competitivo non se
poden reducir os servizos ou infraestruturas senón que se deben aumentar.
A forma para chegar a ser máis competitivos é darlle importancia a aqueles
servizos dos que carece a competencia.
Infraestruturas P.E
Campiño P.E
Trabanca P.E. do Salnés
Área Industrial
A Pedreira
Polígono Paradela
P. Tremoedo
P.Granxa de Bao
Auga, alumeado e saneamento público
x x x x x x x
Aparcadoiro x x x x x x x
Rego x x x
Boca de incendio x x x x x
Rede de gas x
Sinalizador de empresas
x x
ADSL/Fibra óptica x x
Beirarrúas x x x x x
Rede de sumidoiros x x x x x x x
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
26
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Depuradora x x x x x x x
Servizos
Recollida de residuos
x x x x x
Recollida de lixo x x x x x x x
Páxina web x x x
Gardería proxectada
Correos proxectada x
Servizo de vixilancia
proxectada
Fonte: elaboración propia a partir dos datos de www.consolida.info (servidor mapas do Cesga)
TTáábbooaa 22.. Infraestruturas e servizos dos parques empresariais do entorno de Marín
P.E Campiño
P.E Trabanca
P.E. do Salnés
Área Industrial A Pedreira
Polígono Paradela
P. Tremoedo
P.Granxa de Bao
Localidade Pontevedra Vilagarcía Ribadumia Meaño Meis Vilanova Pontevedra
Comarca Pontevedra Salnés Salnés Salnés Salnés Salnés Pontevedra
Distancia autopista 8 Km 8 Km 11 Km 15 Km 3Km 15 Km 0 Km
Distancia estación ferrocarril
8 Km 0 Km 11 Km 19 Km 11 Km 10 Km 5 Km
Distancia porto
14 Km 0 Km 11 Km 19 Km 11 Km 10 Km 12 Km
Distancia aeroporto 35 Km 56 Km 62 Km 72 Km 58 Km 66 Km 31 Km
Fonte: elaboración propia a partir dos datos de www.consolida.info (servidor mapas do Cesga)
TTáábbooaa 33.. Distancia ás principais vías de comunicación dos parques empresariais do
entorno de Marín.
Outra variable a ter en conta é a distancia coas principais vías de
comunicación, este é un dato dos máis importantes é decisivo á hora de
implantarse en solo empresarial. Vemos que, en xeral, os parques da zona
están moi preto das vías principais e autopistas e, por exemplo, o de
Trabanca ten a estación de ferrocarril e o porto de Vilagarcía ao lado. Están
peor comunicados cos aeroportos, excepto o parque de Campiño e Granxa
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
27
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
de Bao que se encontran a unha distancia aceptable de 30 Km do aeroporto
de Vigo.
O polígono industrial de Barro-Meis dispón dunha situación privilexiada
a 36 kilómetros do aeroporto de Peinador e 50 do de Lavacolla, a 17 do
porto de Marín, a 15 del porto de Vilagarcía, isto o fai o maior competidor
do futuro parque de Marín.
Aínda tendo en conta esta variable das comunicacións terrestres se
podería dicir que Marín encontrase nunha posición privilexiada grazas a que
ten o porto ao lado. Este porto, que ten un importante tráfico, é
fundamental na actividade económica da zona. Ademais a autopista está a
uns 7 Km e o aeroporto de Vigo a uns 32 Km.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
28
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
4.1.3. ANÁLISIS DAFO DO PARQUE EMPRESARIAL DE MARÍN
DEBILIDADES/AMENAZAS
A existencia de varios parques empresarias en trámite na zona,
especialmente os dous parques de Cangas, P.E. do Morrazo e
P.E. do Morrazo II. Estes parques están moi preto de Marín e
van cubrir unha extensión de 1.890.000 m² , polo que supoñen
unha ameaza.
O parque de Barro-Meis polas súas características e a súa
proximidade a Marín supón unha ameaza que haberá que
superar usando algunha das armas que se darán máis adiante.
Non dar resposta e responder ás demandas do mercado.
Deberase ter en conta o tipo de parque empresarial que se
quere crear e que servizos e instalacións se porán en marcha
para pode ser competitivos,
FORTALEZAS/OPORTUNIDADES
Exceptuando os parques empresariais da zona de Cangas que
están en trámite, na comarca do Morrazo non hai excesiva
competencia.
Proxectalo atendendo ás demandas e características recollidas
no traballo de campo feito por Ideara SL, e diferenciándose do
resto.
O seu emprazamento co porto de Marín ao lado.
Estar preto das grandes cidades de Vigo e Pontevedra onde
existe unha importante actividade económica e non ten excesiva
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
29
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
competencia preto. As súas comunicacións son clave, a uns 7
Km da autopista e 32 Km do aeroporto de Vigo.
O porto de Marín ten unha importante actividade, sendo un dos
máis importantes de Galicia. A gran fortaleza do futuro parque
empresarial de Marín está nas boas comunicación coas que
conta.
Sacar proveito do coñecemento que se ten dos prezos do m²
nos parques da zona xeográfica de Marín. Este parque podería
ser unha alternativa moi viable aos grandes parques da comarca
de Pontevedra.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
30
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
4.2. Perfil das empresas enquisadas
A maior parte das enquisas fixéronse a empresas situadas en Marín
(57,7%) aínda que tamén se fixeron outras na zona de Marín pero noutras
localidades. En total hai 107 empresas na zona de Marín e 4 na zona de
Pontevedra.2
TTáábbooaa 44.. Distribución porcentual da localidade de emprazamento das empresas.
TTáábbooaa 55.. Distribución porcentual da actividade/sector das empresas enquisadas.
2 Nota: nas táboas onde pon “N” significa número de empresas
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
31
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Un terzo das empresas entrevistadas en Marín dedícanse ao Comercio
polo xunto, un 21,9% a Construción, un 15,6% a Transporte e outras
actividades susceptibles de instalarse nun polígono, un 12,5% a Comercio
automoción e derivados.
TTáábbooaa 66.. Distribución da actividade/sector das empresas enquisadas segundo a súa
localización.
Un 73% das empresas enquisadas desenrolan a súa actividade nun
único local e un 22,5% en 2 locais. Soamente un 4,5% usan mais locais
coincidindo coas empresas que se dedican á Industria ou á Construción.
TTáábbooaa 77.. Distribución da número de locais cos que contan as empresas enquisadas
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
32
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
TTáábbooaa 88.. Distribución da número de locais cos que contan as empresas enquisadas
segundo actividade
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
33
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
A media de traballadores das empresas é 12,73, aínda que a
desviación típica é moi elevada polo que haberá que revisar o porqué desta
medida. Esta desviación é tan elevada porque un 4% de empresas teñen
máis de 50 empregados. Este 4% está conformado por 4 empresas que
teñen 80, 100, 150 e 169 empregados. Considerando estas empresas como
excepcións e eliminándoas da análise a media sería de 8,54 traballadores.
Sen embargo, aínda que sexan excepcións a nivel estatístico son empresas
da zona de interese por iso decidiuse non eliminalas da análise.
TTáábbooaa 99.. Valores estatísticos do número de traballadores e segundo xénero
A media de homes empregados é de 10 e a media de mulleres 2,73.
Do total de traballadores un 78,6% son homes e un 21,4% mulleres. As
mulleres atópanse en grupos máis elevados, falando en valores absolutos,
nas empresas do sector da Industria da alimentación, bebidas e tabaco
(133 mulleres), nun segundo grupo de menos peso estarían os sectores de
Comercio polo xunto (62 mulleres) e transporte e outros susceptibles de
instalarse en polígono empresarial (38 mulleres). En valores relativos
soamente na Industria da alimentación, bebidas e tabaco destacan as
mulleres ao representaren o 61,9% do total de traballadores.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
34
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
35
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
TTáábbooaa 1100.. Valores estatísticos do número de traballadores segundo actividade
da empresa
A antigüidade media destas empresas é de 15,89 anos. Os sectores
que levan máis anos implantados na zona son a Industria da alimentación,
bebidas e tabaco con unha media de antigüidade de 28 anos, o Comercio da
automoción e derivados cunha media de 25,45 anos e a Industria téxtil e de
confección con 24 anos (aínda que esta última soamente está representada
por unha empresa o que non permitiría calcular medias porque estaríamos
falando dun valor único).
TTáábbooaa 1111.. Valores estatísticos da antigüidade das empresas
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
36
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
TTáábbooaa 1122.. Valores estatísticos da antigüidade segundo actividade das empresas
A metade (51,9%) das empresas tiveron en 2008 unha facturación de
500.000€ ou inferior e un 27,4% tiveron unha facturación de entre
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
37
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
500.000€ e 1.000.000€, o resto tiveron unha facturación maior. Destaca a
facturación de 3 empresas pois superou en 2008 os 10.000.000 de euros.
Recolleuse a facturación de 2008 porque o traballo de campo fíxose
durante decembro 2009 e non estaba cerrada a facturación do ano. Deuse
prioridade a datos máis fiables, dun ano cerrado, e non a estimacións sobre
o facturado en 2009.
TTáábbooaa 1133.. Distribución da facturación de 2008 en tramos das empresas
enquisadas
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
38
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
TTáábbooaa 1144.. Distribución da facturación de 2008 en tramos das empresas
enquisadas segundo actividade das empresas
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
39
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
4.3. Demanda das empresas por instalarse no futuro espazo
industrial
Para coñecer a demanda de instalación e facer unha análise exhaustiva
dos motivos e perfiles de empresas mais proclives a facer un cambio de
emprazamento seguiranse os seguintes pasos.
Primeiro describiranse aquelas variables ou aqueles factores que
poderían influír na decisión de cambio, como poderían ser a satisfacción co
emprazamento actual, o crecemento nos últimos anos, as dificultades que
poidan ter no actual emprazamento…
A continuación informarase das empresas que neste momento cren
que teñen posibilidades de trasladarse e amosaranse os perfiles destas
empresas.
E, por último, daranse as porcentaxes de empresas interesadas, ou
non, no futuro parque de Marín e tratarase de facer un perfil das mesmas.
Isto farase deste modo, por pasos, porque pode ser que haxa
empresas dispostas a trasladarse e que nestes momentos non lles interese
o parque de Marín. Aínda que se puidera pensar que son empresas que non
se trasladarán e polo tanto que non son obxecto deste análise, máis ben
deben verse como oportunidades a conseguir, empresas coas que haberá
que traballar mais ou incluso estas poden ser as empresa que dean as
pistas para mellorar a definición de modelo de parque e así poder ofrecerllo
a mais empresas.
Comézase pois coa definición dos factores influentes na decisión de
cambio.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
40
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
4.3.1. REXIME DE TENENCIA DAS INSTALACIÓNS ACTUAIS
Mais da metade das empresas teñen en propiedade as instalacións nas
que se sitúan os seus lugares de traballo (57,7%). O esforzo en tomar a
decisión de traslado para estas empresas será maior, sen embargo hai case
un terzo (27,9%) de empresas que están en réxime de aluguer e un 11,7%
que teñen concesións polo que son posibles obxectivos para un traslado.
Entre as empresas coas súas instalacións en aluguer e as que teñen
concesións fan un total de case un 40% de empresas con facilidade para
realizar un cambio no caso de que estean descontentas coa situación actual.
TTáábbooaa 1155.. Distribución do réxime de tenencia das instalación nas que se sitúan
as empresas
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
41
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
TTáábbooaa 1166.. Distribución do réxime de tenencia das instalación nas que se sitúan
as empresas segundo a súa actividade
Por sectores, destácanse o Transporte e outros susceptibles de instalar
en polígono e o Comercio polo xunto por seren os que maior proporción de
locais alugados teñen. No caso do sector do Transporte e outros o aluguer
representa o 60% fronte a outras solucións o que o fai un sector moi
proclive ó traslado. No caso de sector do Comercio polo xunto a situación,
aínda que en principio moi parecida ó de Transporte, non é tal debido
precisamente a que pola súa actividade é necesario que estea cerca ou mais
ben mergullado nun núcleo de poboación.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
42
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
4.3.2. CRECEMENTO EN FACTURACIÓN E TAMAÑO NOS DOUS ÚLTIMOS ANOS
Os cambios recentes de tamaño son un factor fundamental á hora de
tomar unha decisión de cambio de sede ou creación dunha sede nova.
Neste caso en concreto, é obrigado sinalalo, probablemente debido á
situación de crise na que estamos desde hai algún tempo, un 50% da
poboación de empresas enquisadas sufriu unha redución da súa facturación
nos últimos dous anos. Un 27,9% non cambiou de tamaño, un 18% sufriu
un aumento lixeiro e un 3,6% tivo un aumento importante.
TTáábbooaa 1177.. Táboa de distribución do crecemento en facturación nos dous últimos
anos
Gráfico 4. Distribución do crecemento en facturación nos dous últimos anos
(agrupación de aumento importante+aumento lixeiro en aumento; agrupación de
redución importante+ redución lixeiro en redución)
En canto ó crecemento en tamaño o 80% non cambiou de tamaño nos
últimos 2 anos. Hai un 15% de empresas que si aumentou de tamaño
nestes pasados dous anos.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
43
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
TTáábbooaa 1188.. Táboa de distribución do crecemento en tamaño nos dous últimos
anos
redución5%
sen cambios80%
aumento15%
crecemento en tamaño
Gráfico 5. Distribución do crecemento en tamaño nos dous últimos anos
(agrupación de aumento importante+aumento lixeiro en aumento; agrupación de
redución importante+ redución lixeiro en redución)
Os cambios en tamaño e en facturación non están correlacionados
(Pearson=0,442; sig.0,01), é dicir, as empresas que crecen en tamaño non
teñen que ser as mesmas que as que crecen en facturación e viceversa.
4.3.3. SATISFACCIÓN CO EMPRAZAMENTO E COAS INSTALACIÓNS ACTUAIS
A satisfacción xeral coa localización actual das instalacións é bo.
Obtense un 4,9 sobre 7, o que equivalería mais ou menos a un 7 sobre 10.
Esta cifra,a pesar de ser boa, pode mellorarse
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
44
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
TTáábbooaa 1199.. Podería dicirme o seu nivel de satisfacción coa localización actual
das súas instalacións?
Gráfico 6. Podería dicirme o seu nivel de satisfacción coa localización actual das
súas instalacións?
A satisfacción coas instalacións tamén está cerca do 5 sobre 7, o que
implica que hai satisfacción pero que non se está totalmente satisfeito.
Si se observan os gráficos de barras poderase ver que a satisfacción
coa localización tende mais a valores altos. Parece que as empresas
divídense en dous grupos, un satisfeito coa localización que da puntuacións
de 5 ou superiores e outro grupo que non está tan satisfeito que contesta 4
ou menos. Esta diferenciación bipolar non existe coa satisfacción das
instalación, non se crean estes dous grupos e as barras simplemente van
crecendo coa satisfacción. A interpretación é que a localización é un factor
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
45
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
pouco susceptible de variar, ou se está contento con el ou no, pero as
instalacións poden mellorar, pode existir mais variabilidade.
TTáábbooaa 2200.. Podería dicirme o seu nivel de satisfacción coas instalacións que ten
na actualidade? (1 nada satisfeito, 7 totalmente satisfeito)
Gráfico 7. Podería dicirme o seu nivel de satisfacción coas instalacións que ten na
actualidade? (1 nada satisfeito, 7 totalmente satisfeito)
4.3.4. FACTORES QUE PODERÍAN ESTAR LIMITANDO O CRECEMENTO
Certos factores poden influír na toma de decisión dun traslado si están
afectando negativamente o crecemento da empresa. Estes factores
poderían ser
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
46
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
A dificultade de conseguir persoal para traballar con formación
adecuada.
A falta de empresas ou provedores próximos á propia empresa.
A falta ou deficiencia en servizos da zona que pode referirse tanto a
servizos de comunicacións terrestres ou telecomunicacións, coma a
outros servizos básicos coma recollida de lixo, gas, auga…
A falta de espazo tanto para poder ampliar as instalacións coma para
aparcar ou facer manobras con camións de reparto.
No caso das empresas de Marín o gran problema que limita mais as
empresas é a falta de espazo, un 29,7% afirma que este factor limitou
seguro o seu crecemento. Sumando aquelas empresas que din que este
factor é posible que limitase obtense un 47,7% de empresas de Marín, case
a metade, que afirman que o espazo é un factor limitador do seu
crecemento.
A falta de servizos é outro factor que está a limitar o seu crecemento,
así o sinalan en total un 34,2% (seguro+probable) o que significa 1 de cada
3 empresas. En concreto un 20,7% (1 de cada 4 empresas) afirman que a
falta de servizos limitou seguro o seu crecemento.
O seguinte factor que está a limitar o crecemento en Marín é a falta de
empresas próximas, un 27% (seguro+probable) das empresas así o cren.
Dados estes resultados, parece moi adecuada a creación dun espazo
industrial para que as empresas se poidan ir trasladando, un lugar onde se
lles asegure un espazo adecuado á súa actividade e necesidades, con
suficientes servizos tanto básicos coma de comunicacións e onde poida ser
posible a comunicacións máis rápida e efectiva con outras empresas para
conformar un tecido empresarial activo e interrelacionado.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
47
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Gráfico 8. Cre que a falta de espazo actual dificultou o crecemento da empresa?;
Servizos (comunicacións, servizos básicos) da zona limitaron o crecemento da
empresa?;
Falta de empresas, provedores próximos limitaron o crecemento da empresa?;
Problemas para conseguir persoal limitou o crecemento?
Falta por ver como se relacionan estes factores coa evolución das
empresas nos dous últimos anos.
Gráfico 9. Cre que a falta de espazo actual dificultou o crecemento da empresa?,
segundo a evolución en FACTURACIÓN da empresa nos últimos dous anos
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
48
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Gráfico 10. Cre que a falta de espazo actual dificultou o crecemento da
empresa?, segundo a evolución en TAMAÑO da empresa nos últimos dous anos
Tanto as empresas que aumentaron de tamaño coma as empresas que
aumentaron de facturación nos últimos anos cren que a falta de espazo
actual limitou o seu crecemento (arredor dun 60% en ambos casos). O
mesmo pasa coas empresas que sufriron unha redución de facturación ou
de tamaño nos últimos anos (45-50% en ambos casos), o que pode estar
indicando unha afectación directa e rápida. Esta é a mostra de que hai
necesidades de espazo que deben ser solucionadas para favorecer o tecido
empresarial de Marín.
En canto aos servizos básicos e de comunicacións soamente as
empresas que creceron en facturación ou tamaño cren que foi un factor
limitador (máis dun 60% en ambos casos). Para as empresa que reduciron
a súa facturación este non foi un factor limitador importante.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
49
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Gráfico 11. Cre que os servizos da zona limitaron o crecemento da empresa?,
segundo a evolución en FACTURACIÓN da empresa nos últimos dous anos
Gráfico 12. Cre que os servizos da zona limitaron o crecemento da empresa?,
segundo a evolución en TAMAÑO da empresa nos últimos dous anos
En canto á falta de empresas ou provedores próximos afectou
fundamentalmente ás empresas que creceron en tamaño (un 37,5% das
que creceron veuse afectada por este factor).
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
50
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Gráfico 13. Cre que falta de empresas, provedores próximos limitou o
crecemento da empresa?, segundo a evolución en FACTURACIÓN da empresa nos
últimos dous anos
Gráfico 14. Cre que falta de empresas, provedores próximos limitou o
crecemento da empresa?, segundo a evolución en TAMAÑO da empresa nos últimos
dous anos
O feito de conseguir persoal adecuado afectou principalmente a
aquelas empresas que creceron en facturación (50% das que aumentaron
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
51
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
facturación víronse afectadas) e, en menor medida, ás que creceron en
tamaño (37,5% das que aumentaron tamaño víronse afectadas).
Gráfico 15. Cre que os problemas para conseguir persoal limitou o crecemento da
empresa?, segundo a evolución en FACTURACIÓN da empresa nos últimos dous
anos
Gráfico 16. Cre que os problemas para conseguir persoal limitou o crecemento da
empresa?, segundo a evolución en TAMAÑO da empresa nos últimos dous anos
En resumo, os factores que afectan ao crecemento das empresas de
Marín son, por este orden, a falta de espazo, a falta de servizos básicos e de
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
52
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
comunicacións, a falta de empresas próximas ou provedores o a dificultade
de conseguir persoal.
FALTA DE ESPAZO: afecta tanto ás empresas que creceron en
facturación coma aquelas que creceron en tamaño nos dous últimos anos. E
tamén afecta a aquelas que reduciron o tamaño ou a facturación.
DEFICIENCIA EN SERVIZOS BÁSICOS E COMUNICACIÓNS: afecta
sobre todo ás empresas que creceron en facturación ou que creceron en
tamaño
FALTA DE EMPRESAS/PROVEDORES PRÓXIMOS: afecta sobre
todo ás empresas que creceron en tamaño
FACILIDADE PARA CONSEGUIR PERSOAL: afecta principalmente a
aquelas empresas que creceron en facturación
4.3.5. POSIBILIDADES DE TRASLADO OU CREACIÓN DE NOVA SEDE NOS SEGUINTES DOUS ANOS
En total, hai un 43,2% de empresas que cren probable ou seguro un
traslado ou apertura de nova sede a corto prazo (dous anos). Hai un 31,5%
de empresas que ven probable o traslado e un 11,7% que están seguros de
que o farán.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
53
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Gráfico 17. Qué posibilidades cre que hai de que traslade a empresa ou abra
unha nova sede nos próximos dous anos? (con agrupacións)
TTáábbooaa 2211.. Qué posibilidades cre que hai de que traslade a empresa ou abra
unha nova sede nos próximos dous anos?
Segundo a probabilidade de que as empresas trasladen ou cren nova
sede a curto prazo pódense describir os perfís das empresas que se atopan
nun ou noutro grupo.
As empresas que están seguras ou case seguras (seguro que
non+probable que non) de que nos próximos dous anos non van abrir nova
sede nin cambiar de localización son empresas dos sectores comercio polo
xunto e construción das zonas de Ardán, Lourizan, Marín, San Xulián, Mogor
e Seixo. Son empresas con arredor de 15 traballadores de media o que as
converte nas empresas con mais traballadores de media, que sobre todo
son homes (aínda que a proporción de mulleres no grupo de empresas que
contestan probable non é bastante elevada). Son empresas de entre 15 e
17 anos de antigüidade cunha media de 1,4 locais en activo e as
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
54
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
facturacións máis elevadas de entre todas as empresas participantes non
estudo.
TTáábbooaa 2222.. Perfís das empresas segundo a probabilidade de trasladarse ou abrir
nova sede nos próximos dous anos
As empresas que declaran ter probabilidade alta dun cambio de
localización a curto prazo son empresas de Ardán, Lourizan, Marín, San
Xulián, Seixo, Mogor, Pastoriza, Santo Tomé de Piñeiro, Estribela e
Pardevila. Son empresas dos sectores da construción, o comercio da
automoción e derivados e da industria e outros cunha media de
traballadores menor que o grupo anterior, arredor dos 10 traballadores. A
súa antigüidade media é de 15-16 anos con locais sobre todo en
propiedade. E teñen menores facturacións que as empresas con pouca
probabilidade de trasladarse, en todo caso menores de dous millóns de
euros.
Estas empresas con probabilidade alta de traslado son empresas cunha
satisfacción menor co seu emprazamento e as súas instalacións actuais.
Esta satisfacción é estatisticamente menor que a do resto, é dicir, que a de
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
55
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
empresas con baixa probabilidade de traslado (proba ANOVA con
significación menor que 0,001).
TTáábbooaa 2233.. Niveis de satisfacción co emprazamento e coas instalacións actuais,
segundo a probabilidade de trasladarse ou crear nova sede a curto prazo
As empresas que contestaron que seguro que non se ían trasladar nos
próximos dous anos elimináronse das seguintes análises.
4.3.6. FACTORES QUE PODERÍAN FACER QUE SE DECIDA DEFINITIVAMENTE AO TRASLADO
En xeral para todas as empresas, o factor máis importante que
favorecería a decisión de traslado é que as novas naves estean equipadas
(39,6%).
Nun segundo plano estarían actuando os seguintes factores: os prezos
do solo (14,4%), que estivera nunha zona próxima ao núcleo urbano
(11,7%) e que tivera cerca o tecido empresarial da zona (10,8%).
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
56
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Gráfico 18. Qué factores cre que poderían facer que decida definitivamente
trasladarse ou non facelo?
A continuación imos ver o peso que tería cada un destes factores para
cada grupo de empresas segundo o súa probabilidade de traslado a curto
prazo. Entre as empresas que probablemente non se trasladen nos
próximos dous anos os factores que poderían facer que se decida ao
traslado están que as naves estean equipadas (85,7%) e prezos do solo
(50%) fundamentalmente.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
57
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Gráfico 19. Qué factores cre que poderían facer que decida definitivamente
trasladarse ou non facelo?, para empresas con baixa probabilidade negativa de
crear nova sede a curto prazo
Entre aquelas que é probable que se trasladen o mais importante son
as naves equipadas (82,9%).
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
58
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Gráfico 20. Qué factores cre que poderían facer que decida definitivamente
trasladarse ou non facelo?, para empresas con baixa probabilidade positiva de crear
nova sede a curto prazo
Gráfico 21. Qué factores cre que poderían facer que decida definitivamente
trasladarse ou non facelo?, para empresas con alta probabilidade positiva de crear
nova sede a curto prazo
4.3.7. PREFERENCIAS DE LOCALIZACIÓN PARA A NOVA SEDE
Entre a poboación xeral de empresas entrevistadas o 11,7% das
empresas nomean a proximidade ao núcleo urbano como un aspecto
que podería facer que se decidise a trasladarse. Esta porcentaxe aumenta a
22,9% para as empresas que é probable que se trasladen a curto prazo
(posibilidades de traslado nos próximos 2 anos mais ben si+moi probable
si) e baixa a un 7,7% para as empresas que seguro se trasladarán en dous
anos. Agrupando ás empresas que é probable se trasladen (máis ben si,
moi probable si, seguro si), un 18,8% consideran proximidade ao
núcleo urbano coma un factor que podería axudar na decisión de
traslado
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
59
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
A preferencia de localización para a nova sede está moi clara. A gran
maioría prefire un parque empresarial-industrial fronte a outra zona, e o
Concello de Marín fronte a outro na zona de Pontevedra. Por estas razóns
un parque empresarial na zona de Marín parece un proxecto moi adecuado.
TTáábbooaa 2244.. Respecto á localización en que preferiría unha nova sede para a
empresa…
Gráfico 22. Respecto á localización en que preferiría unha nova sede para a
empresa…
4.3.8. INTERESE NO PARQUE EMPRESARIAL DE MARÍN
O futurible espazo empresarial presentóuselles ás empresas
participantes no estudo coma un parque empresarial e industrial con
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
60
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
parcelas de 1.000, 2.000, 5.000 e 10.000 m², que podería estar dispoñible
nuns 2 anos.
Neste apartado ademais do interese no parque describirase o perfil de
empresas que amosan tal interese. Farase ademais unha estimación para o
caso máis positivo e o caso menos positivo para que, á hora de tomar as
decisións acerca do parque, se poida usar este intervalo.
O escenario máis optimista, confórmano aquelas empresas que
contemplan a posibilidade de traslado a curto prazo, sen ter en conta o seu
interese declarado polo parque de Marín. Isto faise así porque estas
empresas poder ser obxecto dunha campaña por parte do concello para
atraelas cara o novo parque, incluso poden cambiar as súas condicións de
empresa e o seu interese por Marín pode crecer en caso de non ser xa neste
momento elevado.
Das 111 empresas enquisadas 49 estaban seguras de que, a curto
prazo, non se ían trasladar nin crear nova sede. Eliminadas estas empresas
da análise quedan 62 empresas que conformarán o escenario máis
optimista das que a gran maioría (54 empresas) están interesadas no
parque en proxecto. Soamente 8 empresas, é dicir, un 12,9% amosan máis
ben pouco interese e non hai empresas que digan que este parque non lles
esperta ningún interese, o que é de destacar porque confirma que de
primeira partida as empresas non se negan a un traslado, non parece mala
idea.
Entre estas empresas o interese amosado neste parque empresarial de
Marín foi moi elevado, un 87,1% amosan algún tipo de interese e, de entre
elas, o 45,2% amosaron moito interese. Este 87,1% equivalería a un 48,6%
si consideramos o total das 111 empresas do estudo. O escenario menos
optimista estará formado soamente por aquelas empresas que neste
momento xa amosan interese polo parque de Marín.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
61
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Hai que recordar que se entrevistou para este estudo a máis da
metade das empresas de Marín con 3 ou máis empregados e de sectores
máis tendentes ao traslado a un parque empresarial-industrial. Si este
interese se mantén no resto de empresas do concello a estimación
de solo necesario para cubrir a demanda será máis elevada pois a
metade das empresas deste tipo amosan interese polo parque. Esta
cuestión analízase en profundidade máis adiante no informe.
Gráfico 23. Se lle propoño, en concreto, un parque empresarial-industrial en
Marín, con parcelas de 1.000, 2.000, 5.000 e 10.000 m², que estivese dispoñible
en 2 anos, que interese podería ter?
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
62
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
TTáábbooaa 2255.. Perfil das empresas que amosan interese no parque empresarial-
industrial de Marín
As empresas interesadas son empresas dos sectores da construción, a
metalurxia, a industrial e o comercio da automoción e polo xunto. Entre
todas xuntan 472 empregados cunha media de 7,06 homes e 1,69 mulleres
por empresa. Son empresas cunha antigüidade media de 15,4 anos e 1,5
locais de media. A maior parte teñen locais en propiedade (74,1%) e a gran
maioría (o 90%) teñen facturacións menores de dous millóns de euros.
Son empresas que teñen unha satisfacción media co emprazamento e
coas instalacións actuais. Na escala de 1 a 7 obteñen valores arredor do 4
que é a puntuación media polo que se podería dicir que o emprazamento
obtén un aprobado por pouco e as instalacións suspenden.
Estas empresas que amosan interese polo parque de Marín son
empresas que sufriron algún cambio recente en canto á facturación ou o
tamaño, sexan estes cambios aumentos ou reducións.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
63
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
TTáábbooaa 2266.. Cambios no nivel de facturación nos últimos dous anos segundo o
interese no parque de Marín.
TTáábbooaa 2277.. Cambios no tamaño nos últimos dous anos segundo o interese no
parque de Marín.
Hai pois 28 empresas (45,2%) moi interesadas no parque e 26
empresas que amosan bastante interese (41,9%).
Coma xa se dixo anteriormente, das 111 empresas enquisadas 49
estaban seguras de que, a curto prazo, non se ían trasladar nin crear nova
sede. Estas empresas se eliminaron da análise, quedando entón 62
empresas das que a gran maioría (54 empresas) están interesadas no
parque de Marín. Destas 54 empresas hai 47 que ademais teñen
probabilidade de trasladarse nun curto prazo de tempo (dous anos).
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
64
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Entre as empresas con probabilidade de traslado a curto prazo
soamente unha non amosa interese polo parque de Marín e é unha empresa
que ten unha concesión administrativa e que a súa actividade non lle
permite trasladarse de emprazamento.
Moito interese Bastante interese Máis ben pouco interese
50,0% 47,9%
2,1%
Base: empresas con probabilidade de traslado a curto prazo
Gráfico 24. Se lle propoño, en concreto, un parque empresarial-industrial en
Marín, con parcelas de 1.000, 2.000, 5.000 e 10.000 m², que estivese dispoñible
en 2 anos, que interese podería ter?, soamente para empresas con posibilidade
declarada de traslado en dous anos
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
65
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
4.4. Principais razóns das empresas para non estar interesadas no
parque empresarial-industrial
Considerase, para este estudo, que unha empresa rexeita o parque si
declara que non lle interesa ou ese interese é baixo como opción neste
momento.
Como se podía ver nas táboas da páxina anterior unha das razóns para
rexeitar o parque parece ser que nos dous anos anteriores non houbera
cambios na empresa nin a nivel de facturación nin a nivel de tamaño.
TTáábbooaa 2288.. Perfil das empresas que non amosan interese no parque empresarial-
industrial de Marín
Ademais estas empresas que rexeitan o parque son empresas máis
satisfeitas co seu emprazamento e as súas instalacións actuais que aquelas
que si están dispostas a trasladarse. Teñen satisfaccións de 5,5 sobre 7, o
que correspondería a un case un 8 sobre 10.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
66
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Estas empresas teñen unha media maior no que se refire á antigüidade
no emprazamento actual (22 anos) que as que mais proclives ó parque
(15,4 anos). Son empresas con un total de 196 empregados a maioría
mulleres (58% mulleres sobre o total).
TTáábbooaa 2299.. Posibilidade de trasladar a empresa ou crear nova sede nos próximos
dous anos segundo interese en parque de Marín
Estas empresas, antes de preguntarlle polo parque, xa dixeran que
había poucas ou ningunha probabilidade de que se trasladaran nos
seguintes dous anos ou crear nova sede. De aquelas ás que non lles
interesa o parque de Marín un 87,5% xa dixeran que probablemente non
crearan nova sede.
Para estas, os factores que poderían influír en que se tomara unha
decisión favorable ao traslado serían sobre todo que as naves estiveran
equipadas (85,7%), que o parque estivera preto do núcleo urbano (42,9%),
que tivera preto tecido empresarial (28,6%) e uns prezos de solo
adecuados (28,6%).
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
67
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Gráfico 25. Qué factores cre que poderían facer que decida definitivamente
trasladarse ou non facelo?, para empresas con baixa probabilidade de crear nova
sede a curto prazo e que rexeitan instalarse no parque
Unhas das posibles razóns para esta baixa probabilidade de traslado
está, como xa se veu anteriormente ,en que estas empresas teñen unha
elevada satisfacción coas súas instalacións e o actual lugar de
emprazamento, por iso se lles preguntou acerca das vantaxes que tiña a
súa actual zona con respecto ao novo parque.
Esta era unha pregunta de resposta espontánea, é dicir, non se daban
opcións de resposta aos participantes, e tratouse de que responderan polo
menos con dúas vantaxes. Por iso, na gráfica se presentan as porcentaxes
de respostas e non de empresas.
Son soamente 8 empresas así que as porcentaxes e todos os cálculos
que se poidan facer deberán ser interpretados con cautela e verse como
tendencias. As principais vantaxes son estar preto do núcleo urbano ou
estar céntrico (20%) e ter unhas boas comunicacións (20%). Nun segundo
grupo, con algo menos de frecuencia, tamén estarían teñen espazo
suficiente (13,3%), están preto dos clientes/provedores (13,3%), preto do
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
68
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
fogar dos empregados (13,3%). En un grupo máis pequeno, estar preto do
porto (6,7%).
Gráfico 26. Vantaxes da zona da actual localización da empresa con respecto ao
parque das empresas que rexeitan instalarse
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
69
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
4.5. Necesidades de servizos, espazos e infraestruturas das
empresas dispostas a instalarse no proxectado parque de
Marín
4.5.1. ESPAZO ÚTIL E DE PARCELA
As empresas que teñen moito interese no parque de Marín precisarían
sobre todo espazos construídos de menos de 1.000 m² útiles (46,4%) ou de
entre 1.000 e hasta 2.000 m² (46,4%). Soamente un 7,1% precisaría
espazos máis grandes, de entre 2.000 e 5.000 m² .
Aquelas que teñen bastante interese no parque de Marín precisarían
sobre todo parcelas de espazo construído de menos de 1.000 m² útiles
(65,4%), do mesmo xeito que as que están máis ben pouco interesadas
(75%).
TTáábbooaa 3300.. Qué espazo precisarían aproximadamente en caso de traslado?, cal é
o tamaño de espazo ÚTIL construído para vostedes?, segundo interese en parque
de Marín
O espazo de parcela que precisarían aquelas que están moi interesadas
estaría arredor dos 1.000 e os 5.000 m² (50%+28,6%=78,6%). Para
aquelas que están bastante interesadas o espazo de parcela ideal estaría
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
70
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
igualmente entre 1.000 e os 5.000 m² (53,8%+23,1%=76,9%). E si se
lograse convencer a aquelas que están máis ben pouco interesadas o seu
tamaño de parcela ideal estaría en menos de 1.000 m² .
TTáábbooaa 3311.. Cal é o tamaño de espazo de PARCELA para vostedes?, segundo
interese en parque de Marín
Simplemente contando con estas empresas participantes no estudo
que están moi interesadas en instalarse no parque, precisaríanse un total de
44.100m² de parcela e 24.400m² construídos.
Sendo un pouco menos conservadores e incluíndo na conta ás
empresas que están bastante interesadas precisaríanse un total de
111.100m² de parcela con 52.050 m² construídos.
O escenario mais optimista recóllese no caso das empresas que
manifestan algunha posibilidade de trasladarse ou crear unha nova sede nos
próximos dous anos, nesta caso a demanda de superficie real construída é
de 67.350 m² e o tamaño total de parcelas é de 150.000 m².
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
71
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
TTáábbooaa 3322.. Cal é o tamaño de espazo ÚTIL e de PARCELA para vostedes?,
estatísticos segundo interese en parque de Marín
4.5.2. RÉXIME DE TENENCIA
En xeral, aquelas empresa moi ou bastante interesadas no parque de
Marín preferirían ter en propiedade as parcelas (superior en ambos casos ao
90%). Aqueles aos que lles interesa máis ben pouco tamén prefiren a
propiedade pero en menor medida que o resto (62,5%) que están arredor
do 90%.
TTáábbooaa 3333.. Réxime preferido de tenencia do espazo que necesitaría?, segundo
interese en parque de Marín
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
72
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
4.5.3. PREZOS DO SOLO
A aquelas empresas que vían posible un próximo traslado ou creación
de nova sede (62 empresas) preguntóuselles pola súa estimación de prezo
do metro cadrado de solo na actualidade. Tamén se lles preguntou polo que
eles pagarían por metro cadrado e comparáronse ambas cantidades. Como
se pode ver na gráfica mais abaixo as tendencias son moi parecidas entre
as dúas curvas a pesar de que hai algúns valores perdidos porque houbo un
16,1% (10 empresas) que non quixeron ou non souberon os prezos de
mercado.
Tamén se pode apreciar nesta gráfica que o prezo de mercado sempre
queda por enriba do prezo máximo que están dispostos a pagar, excepto
nalgúns casos excepcionais. Isto parece estar indicando que existe
flexibilidade no prezo que se está disposto a pagar.
0
20
40
60
80
100
120
140
160
180
200
prezo €/m2
empresas
prezo de mercado (m2) prezo máximo a pagar (m2)
Gráfico 27. Comparativa entre prezo de mercado estimado e prezo máximo que
as empresas están dispostas a pagar por metro cadrado
O prezo de mercado mínimo os empresarios estímano en 8€/m² e o
máximo en 180€/m² , a media deste prezo sería 68,33€/m² . En canto ao
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
73
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
prezo máximo que estarían dispostos a pagar polos terreos a cantidade
estaría entre 12€/m² e 150€/m². Segundo algunhas empresas 12€/m² é o
que se paga en parques empresariais de Portugal e considerase que, postos
a facer un traslado, o país veciño é unha boa opción a ter en conta.
TTáábbooaa 3344.. Cal cre que é o prezo do m² na actualidade?; Cal sería o prezo
máximo que estaría disposto a pagar por m² para acceder aos terreos que
necesita?
Se desagregamos os datos segundo o interese que amosan as
empresas polo parque empresarial-industrial de Marín atopamos un prezo
máximo a pagar maior segundo aumenta o interese. É dicir, o grupo de
empresas que teñen un maior interese no parque chegaría a pagar de
media uns 64,36€/m² , o grupo que ten bastante interese chegaría a pagar
de media uns 56,23€/m² e o grupo que ten máis ben pouco interese
pagaría uns 51,25€/m² .
No grupo de bastante interese hai unha empresa que estima un prezo
de mercado de 180€/m² o que fai que a media total do grupo aumente ata
os 70,23€/m² .
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
74
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
TTáábbooaa 3355.. Cal cre que é o prezo do m² na actualidade?; Cal sería o prezo
máximo que estaría disposto a pagar por m² para acceder aos terreos que
necesita?, segundo o interese no parque de Marín
4.5.4. OUTRAS NECESIDADES
Ademais do espazo, prezos, réxime de tenencia… pode haber outras
necesidades das empresas que se poidan cubrir mellor desde un parque
empresarial-industrial. Estas necesidades foron aportadas polas empresas
de xeito espontáneo. Son aspectos que, de existir na zona, suporían unha
vantaxe fronte a outros emprazamentos.
O principal factor que suporía unha vantaxe é ter bos accesos (26,4%)
que aseguren tanto o paso coma as manobras dos camións. Os seguintes
factores atópanse a outro nivel máis baixo polo que os bos accesos poderían
considerarse coma un factor fundamental.
Seguindo aos bos accesos atópanse o ter un adecuado e suficiente
aparcamento (19,4%), ter preto empresas e provedores (17,1%) e ter
unhas boas comunicacións terrestres (15,5%).
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
75
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Nun terceiro plano se atopan o dispoñer de asociacionismo empresarial
(5,4%), un espazo suficientemente amplo (5,4%) e ter seguridade (3,9%.)
0% 5% 10% 15% 20% 25% 30%
seguridade
espazo amplo
asociacionismo empresarial
outros
boas comunicacións
cercanía a empresas/provedores
parking
bos accesos
3,9%
5,4%
5,4%
7,0%
15,5%
17,1%
19,4%
26,4%
% respostas
Gráfico 28. Ademais dos servizos básicos como auga, luz, comunicacións (banda
ancha, etc)¿Que necesidades tería a súa empresa nas novas instalacións, parking,
accesos, tipo de empresas próximas, tipo de formación na zona. Algo específico que
suporía unha vantaxe?
Para as empresa que están moi interesadas no parque de Marín os
aspectos que suporían unha vantaxe da zona de novo emprazamento serían
a proximidade a empresas e provedores (20,8%), os bos accesos (20,8%) e
un bo aparcamento (18,9%).
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
76
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
0% 10% 20% 30%
asociacionismo empresarial
espazo amplo
seguridade
outros
boas comunicacións
parking
bos accesos
cercanía a empresas/provedores
3,8%
5,7%
7,5%
7,5%
15,1%
18,9%
20,8%
20,8%
% respostas
moito interese
Gráfico 29. Ademais dos servizos básicos como auga, luz, comunicacións (banda
ancha, etc)¿Que necesidades tería a súa empresa nas novas instalacións, parking,
accesos, tipo de empresas próximas, tipo de formación na zona. Algo específico que
suporía unha vantaxe?, para empresas moi interesadas no parque de Marín.
Para as empresas que teñen bastante interese os aspectos que
suporían unha vantaxe tamén deben contemplarse coma aspectos que
poden servir para atraer empresas que non estean de todo convencidas.
Estes aspectos son os bos accesos sobre todo (26,8%) e, en segundo plano,
as boas comunicacións terrestres (19,6%), un adecuado aparcamento
(17,9%) e a proximidade a empresas e provedores (14,3%).
0% 10% 20% 30%
seguridade
outros
espazo amplo
asociacionismo empresarial
cercanía a empresas/provedores
parking
boas comunicacións
bos accesos
1,8%
5,4%
7,1%
7,1%
14,3%
17,9%
19,6%
26,8%
% respostas
bastante interese
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
77
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Gráfico 30. Ademais dos servizos básicos como auga, luz, comunicacións (banda
ancha, etc)¿Qué necesidades tería a súa empresa nas novas instalacións, parking,
accesos, tipo de empresas próximas, tipo de formación na zona. Algo específico que
suporía unha vantaxe?, para empresas bastante interesadas no parque de Marín.
Para as empresas que mais ben non están interesadas no parque de
Marín os aspectos que suporían unha vantaxe serían principalmente os bos
accesos (40%) e o aparcamento (25%).
0% 10% 20% 30% 40%
boas comunicacións
asociacionismo empresarial
outros
cercanía a empresas/provedores
parking
bos accesos
5,0%
5,0%
10,0%
15,0%
25,0%
40,0%
% respostas
máis ben pouco interese
Gráfico 31. Ademais dos servizos básicos como auga, luz, comunicacións (banda
ancha, etc)¿Que necesidades tería a súa empresa nas novas instalacións, parking,
accesos, tipo de empresas próximas, tipo de formación na zona. Algo específico que
suporía unha vantaxe?, para empresas máis ben pouco interesadas no parque de
Marín.
As desvantaxes da zona na que actualmente están emprazados son
tamén factores a ter en conta pois deberán ser melloradas ou superadas na
nova zona de localización da empresa.
En xeral, sen desagregar os datos, a falta de espazo parece ser a
maior desvantaxe do emprazamento actual (30,4%) así coma os malos
accesos (20,8%).
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
78
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Nun segundo nivel de desvantaxes sitúanse, estar lonxe de outras
empresas (9;6%), a dificultade de aparcamento (9,6%) e a falta de
seguridade (7,2%).
En nun terceiro nivel estarían as dificultades xurdidas por estar
emprazadas en solo do porto (4,8%) porque parece que a normativa do
porto impón unhas regras ás empresas que sonlles difíciles de cumprir, son
normas acerca das actividades que se poden desenrolar en solo do porto, a
necesidade de permisos que tardan en concederse ou non se conceden,
horarios ríxidos que hai que cumprir. Tamén neste nivel estarían a falta de
servizos básicos (4,8%) coma auga, electricidade, telecomunicacións,
alumeado público, alcantarillado… e as queixas que reciben as empresas
polo ruído xerado coa súa actividade (2,4%).
0% 10% 20% 30% 40%
queixas polo ruido
falta de servizos básicos
problemas polo porto
falta de seguridade
dificultade aparcamento
lonxe de empresas
outros
malos accesos
falta de espazo
2,4%
4,8%
4,8%
7,2%
9,6%
9,6%
10,4%
20,8%
30,4%
% respostas
Gráfico 32. Desvantaxes da zona de actual emprazamento con respecto ao
parque.
Desagregando os resultados segundo o interese que amosan as
empresas o espazo parecer ser a desvantaxe que mais peso ten nestas
empresas (36,5%), tamén os malos accesos (15,4%) e os aparcamentos
(11,5%).
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
79
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
0% 10% 20% 30% 40%
falta de servizos básicos
lonxe de empresas
falta de seguridade
queixas polo ruido
problemas polo porto
dificultade aparcamento
malos accesos
outros
falta de espazo
1,9%
1,9%
3,8%
5,8%
7,7%
11,5%
15,4%
15,4%
36,5%
% respostas
moito interese
Gráfico 33. Desvantaxes da zona de actual emprazamento con respecto ao
parque para empresas que están moi interesadas no parque de Marín
Aquelas empresas que están bastante interesadas teñen as seguintes
desvantaxes no seu actual emprazamento. Por un lado a falta de espazo
(29,8%) e os malos accesos (22,8%). Por outro lado o estar lonxe do resto
de empresas (10,5%), a falta de seguridade (10,5%), a falta de servizos
básicos (8,8%) e a dificultade de aparcamento (8,8%).
0% 10% 20% 30%
problemas polo porto
outros
dificultade aparcamento
falta de servizos básicos
falta de seguridade
lonxe de empresas
malos accesos
falta de espazo
3,5%
5,3%
8,8%
8,8%
10,5%
10,5%
22,8%
29,8%
% respostas
bastante interese
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
80
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Gráfico 34. Desvantaxes da zona de actual emprazamento con respecto ao
parque para empresas que están bastante interesadas no parque de Marín
Para as empresas que están mais ben pouco interesadas habería que
ofrecerlles o estar preto doutras empresas (31,3%) e bos accesos (31,3%)
sobre todo, para que o novo emprazamento superase ao actual.
0% 10% 20% 30% 40%
dificultade aparcamento
falta de seguridade
falta de espazo
outros
malos accesos
lonxe de empresas
6,3%
6,3%
12,5%
12,5%
31,3%
31,3%
% respostas
máis ben pouco interese
Gráfico 35. Desvantaxes da zona de actual emprazamento con respecto ao
parque para empresas que están máis ben pouco interesadas no parque de Marín
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
81
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
4.6. Emprego que xeraría o parque empresarial
Con obxecto de facer unha estimación do novo emprego xerado
pódense utilizar dous criterios. Por un lado, pódese partir de aquelas
empresas que declararon ter posibilidade de trasladarse ou crear unha nova
sede nos vindeiros 2 anos sen ter en conta a súa opinión concreta sobre o
parque de Marín pois o traballo de publicidade, marketing e negociación
coas empresas que se pode facer neste tempo pode variar a súa opinión.
Por outra banda, pódese considerar soamente a aquelas empresas que
ademais de declararse dispostas a trasladar a súa empresa mostran
interese polo parque de Marín.
Para facer unha análise completa comezarase pola poboación de
empresas mais xeral para logo ir centrando a análise e afinando máis,
acabando por falar da poboación de empresas interesadas en Marín.
As empresas con posibilidade de traslado da súa actual sede (máis ben
si+moi probable si+seguro si) contratarían, a maiores do persoal actual, a
un total de 174 traballadores. O cambio de sede traería consigo a creación
de emprego nestas cifras das que se desprende que, principalmente, estes
traballadores terían un perfil pouco especializado.
66,7% serían operarios sen formación
21,8% persoal con formación profesional
4,6% persoal con formación universitaria
6,9% para postos de mandos intermedios
Inicialmente non se pensa contratar directivos, probablemente proceda
co tempo e o asentamento definitivo da empresa
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
82
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
TTáábbooaa 3366.. Cal cre que sería o número de traballadores a contratar a maiores dos
actuais?. Base de análise: empresas que teñen algunha posibilidade de trasladarse
ou crear nova sede
Afinando mais a análise e tendo en conta o interese das empresas polo
parque de Marín, definiranse a continuación os perfiles atopados en relación
á xeración de emprego.
As 28 empresas con MOITO INTERESE no parque de Marín contratarían
un total de 94 traballadores a maiores dos xa ten contratados actualmente.
A media por empresa estaría nos 3,36 traballadores e serían persoal
fundamentalmente con formación profesional (34%) e operarios sen
formación (54,3%). Un 11% serían postos para mandos intermedios ou
persoal con formación universitaria.
As 26 empresas con BASTANTE INTERESE no parque de Marín
contratarían un total de 89 traballadores a maiores. A media por empresa
estaría nos 3,42 traballadores e serían persoal sen formación (73%) sobre
todo, un 15,7% sería persoal con formación profesional e o 11,3% restante
mandos intermedios ou persoal con formación universitaria.
As 8 empresas con MAIS BEN POUCO INTERESE no parque de Marín
non teñen previsto contratación e soamente confirman a posibilidade dun
único posto de traballo para un operario sen formación.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
83
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
TTáábbooaa 3377.. Cal cre que sería o número de traballadores a contratar a maiores dos
actuais?. Base de análise: empresas que teñen algunha posibilidade de trasladarse
ou crear nova sede segundo interese en parque Marín
Despois de facer esta análise xeral e estimación de emprego
afondarase un pouco máis no tipo de empresas que teñen interese en
trasladarse a Marín e o tipo de emprego que promoverán. Para isto terase
en conta tanto a actividade á que se dedica a empresa coma o espazo de
parcela, en metros cadrados, que precisarían no novo parque.
Calculando a contratación de novos empregados segundo a actividade
da empresa e soamente para aquelas que teñen MOITO INTERESE no
parque de Marín pódese afirmar que o 57,4% (54 empregos dos 94 totais
que traerían estas empresas) do novo emprego traeríano as empresas que
centran a súa actividade na Construción.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
84
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
TTáábbooaa 3388.. Cal cre que sería o número de traballadores a contratar a maiores dos
actuais?. Base de análise: empresas que teñen algunha posibilidade de trasladarse
ou crear nova sede e teñen moito interese no parque Marín
Das empresas con BASTANTE INTERESE en Marín, aquelas dedicadas á
industria e outros aportarían 45 empregos (55,5% do total) a gran maioría
de perfil non especializado. As empresas do sector da Construción
aportarían 10 empregos que fan o 11,2% do total.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
85
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
TTáábbooaa 3399.. Cal cre que sería o número de traballadores a contratar a maiores dos
actuais?. Base de análise: empresas que teñen algunha posibilidade de trasladarse
ou crear nova sede e teñen bastante interese no parque Marín
No grupo das empresas con moito interese, as que precisan entre
1.000 e 1.999m² contratarían a unha media de 3,07 traballadores e as
empresas que precisan entre 2.000 e 4.999m² contratarían a unha media
de 4,50 traballadores. Unha empresa que precisaría entre 5.000 e 9.999m²
contrataría a 7 empregados. Tamén hai un caso parecido entre as empresas
que mostran bastante interese, unha única empresa contrataría 45
traballadores.
TTáábbooaa 4400.. Cal cree que sería o número de traballadores a contratar a maiores
dos actuais?. Base de análise: empresas que teñen algunha posibilidade de
trasladarse ou crear nova sede segundo o seu interese no parque Marín e o espazo
que precisarían aproximadamente en caso de traslado
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
86
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Conclusións e recomendacións para o novo
espazo empresarial
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
87
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
5. Conclusións e recomendacións para o novo espazo empresarial
No apartado anterior fóronse expoñendo todos os datos e resultados
obtidos coa aplicación da enquisa, agora é o momento de relacionar todos
eses datos e mostrar as conclusións, sempre partindo dos obxectivos iniciais
que son as necesidades de información que había nun principio.
Nun seguinte paso, no apartado 5.2. faranse as recomendación acerca
do modelo de parque mais axeitado neste caso.
5.1. Conclusións
Demanda de instalación de empresas no parque empresarial de
Marín. Tipoloxía de empresas máis interesada no mesmo.
O 55,8% das empresas manifestan a posibilidade, con distinto grao
de probabilidade de trasladarse ou crear unha nova sede nos 2 próximos
anos.
Non se tivo en conta para a análise a aquelas empresas que declaran
que non teñen pensado (seguro que non) trasladarse nos seguintes dous
anos. Entre o resto de empresas o interese amosado no futuro
parque empresarial-industrial de Marín foi elevado, un 87,1%
amosan algún tipo de interese e, de entre elas, o 45,2% amosaron
moito interese.
Considerando exclusivamente a aquelas empresas con
probabilidade declarada de traslado en dous anos o interese é case
do 100%. Soamente unha empresa non se mostra interesada no parque
empresarial de Marín, por razóns puramente relacionadas súa actividade.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
88
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Soamente o 12,9% das empresas (8 empresas de 62) amosan máis
ben pouco interese, e non hai empresas, das que contemplan o traslado ou
ampliación, que digan que este parque non lles esperta ningún interese, o
que é de destacar.
O perfil e tipoloxía das empresas que están interesadas no parque de
Marín é o que se expón a continuación.
Son empresas principalmente do sector da construción, aínda que
tamén hai interese nos sectores da metalurxia, industria, comercio de
automoción e comercio polo xunto, principalmente. O 90% destas empresas
teñen unha facturación por debaixo dos 2.000.000€ anuais.
Teñen unha media de 8,74 traballadores e entre todas suman un total
de 472 empregados. Do total o 80,7% son homes e o 19,3% son mulleres,
sendo a media de homes contratados 7,06 e a de mulleres 1,69.
Son empresas cunha antigüidade media de 15,4 anos e 1,5 locais de
media. A maioría teñen os locais en propiedade e están pouco satisfeitos
coas instalacións actuais, aínda que a súa satisfacción co emprazamento en
xeral é bastante boa.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
89
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
As empresas máis interesadas no novo parque, 28 empresas moi
interesadas, son empresas do sector da construción principalmente, pero
tamén do comercio polo xunto, industria e outros, Comercio automoción
e derivados. En xeral cunha facturación por debaixo do 1.000.000€ anuais
(90% baixo esta cifra) e con unha redución recente da facturación na
metade dos casos.
Son empresas de certa antigüidade, con unha media de 1,68 locais
principalmente en propiedade pero con baixa satisfacción coas instalacións
debido á falta de espazo.
O emprazamento é fonte de satisfacción media pero faltan servizos
coma comunicacións, servizos básicos e empresas próximas ou provedores,
o que afecta directamente ao crecemento da empresa na zona.
As empresas con bastante interese por cambiar o seu emprazamento
polo novo parque de Marín tamén teñen estas mesmas dificultades que
están a limitar o crecemento, falta de espazo, falta de servizos e falta de
provedores/outras empresas próximos.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
90
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
91
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Razóns principais das empresas para non estar interesadas no
parque empresarial-industrial.
Considerouse que as empresas rexeitan o parque cando non amosan
interese actual por instalarse nel, aínda que este interese pode cambiar,
ben pola mesma evolución da empresa, ben por accións levadas a cabo polo
concello para este fin, coma subvencións, axudas específicas, e non
económicas especificamente, ás empresas interesantes, etc. Para actuar
neste sentido algunhas das seguintes cuestións que se van tratar poden dar
pistas claras de por onde haberá que actuar.
Unha das razóns para rexeitar o parque parece ser que nos dous
anos anteriores non houbera cambios na empresa nin a nivel de
facturación nin a nivel de tamaño. Se non hai modificacións recentes
que impulsen ó cambio, e tampouco hai outras razóns como as que mais
abaixo se expoñen, non hai motivo para o traslado.
Outra razón é a satisfacción coas condicións actuais. As empresas
que non mostran interese polo futuro espazo industrial son empresas máis
satisfeitas tanto co seu emprazamento coma coas súas instalacións actuais
que aquelas que si están dispostas a trasladarse.
Estas empresas que rexeitan a idea do traslado teñen unha media
maior no que se refire á antigüidade no emprazamento actual (22 anos)
que as que mais proclives ó parque (15,4 anos). Antes de ser informadas do
futurible proxecto de parque empresarial en Marín, xa dixeran que case non
había probabilidade de que se trasladaran nos seguintes dous anos ou
creasen nova sede. En concreto un 87,5% das que non mostran interese
polo o futuro parque de Marín xa manifestaron que probablemente non
crearán nova sede aínda antes de presentarlles o proxecto do parque.
En resumen, as razóns de rexeitamento do parque son as seguintes
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
92
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
NON HOUBO CAMBIOS NA EMPRESA A NIVEL DE FACTURACIÓN.
NON HOUBO CAMBIOS NA EMPRESA A NIVEL DE TAMAÑO.
SATISFEITAS CO SEU EMPRAZAMENTO .
SATISFEITAS COAS SÚAS INSTALACIÓNS ACTUAIS.
NON VEN PROBABILIDADE DE TRASLADO A CURTO PRAZO OU
CREACIÓN DE NOVA SEDE.
¿Como poderían cambiar de opinión?
Os factores que poderían influír en que se tomara unha decisión
favorable ao traslado poderían ser que as naves xa estiveran equipadas
(85,7%), ou que o parque estivera preto do núcleo urbano (42,9%), que
tivera preto suficiente tecido empresarial (28,6%) e uns prezos de
solo adecuados (28,6%).
Estas empresas están satisfeitas tanto co seu emprazamento actual
coma coas súas instalacións. As principais vantaxes do seu emprazamento
son, en concreto, estar preto do núcleo urbano ou estar céntrico (20%) e
ter unhas boas comunicacións (20%). Tamén, aínda que con un pouco
menos de forza, estarían os seguintes motivos de satisfacción: teñen
espazo suficiente (13,3%), están preto dos clientes/provedores (13,3%),
preto do fogar dos empregados (13,3%) ou estar preto do porto (6,7%).
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
93
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Necesidades de servizos, espazos e infraestruturas que demandan as empresas dispostas a instalarse no parque.
A información extraída do traballo de campo realizado por Ideara SL
permítenos expoñer varios escenarios.
No escenario mais optimista a demanda de superficie real
construída é de 67.350 m² e o tamaño total de parcelas é de
150.000 m². Este dato é o resultado das respostas ofrecidas por aquelas
empresas que mostran algunha probabilidade de traslado ou creación dunha
nova sede nos próximos dous anos. Estes datos darían lugar a proxectar un
espazo industrial de aproximadamente 300.000 m² (xa que se debe ter en
conta a urbanización e demais espazos cos que debe contar a zona). Para
tratar de acadar esta posibilidade o Concello debería traballar na captación
de aquelas empresas que ou ben non están moi seguras de trasladarse ou
de facelo podería non ser dentro do termino de Marín.
Un escenario menos optimista é o resultante da demanda aquelas
empresas que amosan interese (moito+bastante) polo futuro espazo
empresarial de Marín, neste caso precisaríanse un total de 111.100 m²
de parcela con 52.050 m² construídos.
Este análise sitúa a o espazo que debería reservar o Concello de
Marín para a actividade empresarial-industrial da pequena e
mediana empresa do pobo nun intervalo que iría dende os 222.000
m² aos 300.000 m² aproximadamente.
En canto ao espazo construído, as empresas que teñen moito
interese no parque de Marín precisarían sobre todo espazos construídos de
menos de 1.000 m² útiles (46,4%) ou de entre 1.000 e hasta 2.000 m²
(46,4%). Soamente un 7,1% precisaría espazos máis grandes, de entre
2.000 e 5.000 m² . Aquelas que teñen bastante interese no parque de Marín
precisarían sobre todo parcelas de espazo construído de menos de 1.000 m²
útiles (65,4%), do mesmo xeito que as que están máis ben pouco
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
94
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
interesadas (75%). Polo que se pode extrae das respostas das empresas
sería necesario deixar un 50% do parque a lo menos para espazos
construídos de menos de 1.000m² e un 40% para espazos
construídos de entre 1.000 e 2.000 m² .
No que se refire ao tamaño da parcela o que precisarían aquelas que
están moi interesadas estaría arredor dos 1.000 e os 5.000 m² (78,6%).
Para aquelas que están bastante interesadas o espazo de parcela ideal
estaría igualmente entre 1.000 e os 5.000 m² (76,9%). E si se lograse
convencer a aquelas que están máis ben pouco interesadas o seu tamaño
de parcela ideal estaría en menos de 1.000 m² .
En resumo, parcelas de 1.000 ou menos e outras de 1.000 ata
5.000 m² parecen ser as ideais para este tipo de empresas.
En canto ao réxime de tenencia do espazo, en xeral, aquelas empresa
moi ou bastante interesadas no parque de Marín teñen unha preferencia
clara por ter en propiedade as parcelas (superior en ambos casos ao
90%).
Falando do prezo das parcelas e ao desagregar os datos segundo o
interese que amosan as empresas polo parque empresarial-industrial de
Marín atopouse un prezo máximo a pagar maior, segundo aumenta o
interese. É dicir, o grupo de empresas que teñen un maior interese no
parque chegaría a pagar de media uns 64,36€/m² , o grupo que ten
bastante interese chegaría a pagar de media uns 56,23€/m² e o
grupo que ten máis ben pouco interese pagaría uns 51,25€/m² .
Certos aspectos, ademais dos xa descritos ata agora, poden supoñer
unha vantaxe engadida. Estes serán os aspectos que o parque deberá tratar
de cubrir para atraer ás empresas. Son
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
95
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
ter bos accesos (26,4%), tanto para facilitar a entrada e saída do
parque coma para facilitar as manobras dos camións
ter un adecuado e suficiente aparcamento (19,4%)
ter preto empresas e provedores (17,1%)
ter unhas boas comunicacións terrestres (15,5%).
dispoñer ou facilitar o asociacionismo empresarial (5,4%)
un espazo suficientemente amplo (5,4%)
ter seguridade (3,9%.)
Algúns destes aspectos son desvantaxes que agora mesmo teñen as
empresas no seu emprazamento actual, algunhas en concreto empeoradas
pola súa situación no porto. Segundo a información que aportaron as
empresas parece que a normativa do porto fai unhas imposicións difíciles de
cumprir, son normas acerca das actividades que se poden desenrolar en
solo do porto, a necesidade de permisos que tardan en concederse ou non
se conceden, horarios ríxidos. Tamén neste nivel estarían a falta de servizos
básicos coma electricidade, telecomunicacións, alumeado público,
alcantarillado… e as queixas que reciben as empresas polo ruído xerado coa
súa actividade. Todo isto podería e debería solucionarse co traslado a un
parque debidamente acondicionado.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
96
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Cuantificación do novo emprego que vai xerar o parque empresarial para o concello de Marín.
As empresas con posibilidade de traslado da súa actual sede nos
próximos dous anos(máis ben si+moi probable si+seguro si) contratarían, a
maiores do persoal actual, a un total de 174 traballadores. O cambio de
sede traería consigo a creación de emprego nestas cifras das que se
desprende que, principalmente, estes traballadores terían un perfil pouco
especializado.
66,7% serían operarios sen formación
21,8% persoal con formación profesional
4,6% persoal con formación universitaria
6,9% para postos de mandos intermedios
En canto a aquelas empresas que, ao presentarlles o parque de Marín,
amosan un certo interese polo traslado das súas sedes, o total de
traballadores contratados a raíz deste feito sería de 183 traballadores cunha
media por empresa de 3,39 novos empregados. O tipo de traballadores
distribuiríase en
63,4% serían operarios sen formación
25,1% persoal con formación profesional
4,9% persoal con formación universitaria
6,6% para postos de mandos intermedios
Un 31% das empresas interesadas non contrataría a ninguén pero
algunhas empresas chegarían a contratar traballadores ata un máximo dun
200% mais dos xa teñen. A media de contratación estaría nuns 48% máis
dos traballadores actualmente contratados.
Para ter un coñecemento máis fondo verase o total de novos
empregados segundo o interese que as empresas amosan polo traslado ao
parque. As empresas con MOITO INTERESE no parque de Marín contratarían
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
97
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
un total de 94 traballadores cunha media por empresa de 3,36
traballadores. As empresas con BASTANTE INTERESE no parque de Marín
contratarían un total de 89 traballadores a maiores cunha media de 3,42
traballadores.
Tendo en conta a actividade das empresas interesadas no parque de
Marín aquelas que traerían máis postos de traballo serían as da
Construción, Industria e outros e Comercio automoción e derivados. Estes
tres sectores traerían o 73,8% do total de novos empregos.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
98
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
5.2. Modelo de parque máis axeitado, segundo a demanda
existente
O último obxectivo deste estudo céntrase en expoñer, segundo a
demanda que se descubriu a través do traballo de campo realizado pola
empresa, as recomendacións básicas sobre o modelo de parque empresarial
máis axeitado.
A evolución dos polígonos industriais foi moi significativa xa que se
pasou en Galicia, nos últimos 13 anos, de 25 a 116 parques empresarias
activos cunha superficie total de 46.000.000 millóns de metros cadrados.
Estes polígonos actualmente teñen un grao de ocupación moi próximo ao
92% o que demostra unha falta de solo empresarial. Este dato quizá
explique que case a metade de solo industrial da provincia de Pontevedra
está en trámite (o que inclúe ao parque de Marín) e da unha idea da
idoneidade do momento para tratar de sacar adiante o parque, antes de
que a oferta sexa maior e por tanto tamén a competencia.
Actualmente a maior competencia atópase na comarca do Salnés con 3
parques operativos e na de Pontevedra con un só parque que ten un prezo
por metro cadrado moi elevado. Ademais o parque de Barro-Meis supón
unha das principais ameazas e haberá que traballar para superalas.
Estes servizos non os teñen estes parque que son a competencia
directa do parque de Marín polo que é un factor a aproveitar: servizos de
gardería, correos ou vixilancia non existen (só nalgún parque en
concreto, por exemplo o do Salnés, aparecen proxectados). Se este novo
parque quere ser competitivo non se poden reducir os servizos ou
infraestruturas senón que se deben aumentar. A forma para chegar a ser
máis competitivos é darlle importancia a aqueles servizos dos que carece a
competencia.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
99
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Tamén deberá ter bos accesos. Deben ser varios os accesos para
permitir unha boa circulación de vehículos aínda nas horas punta e con
estradas suficientemente anchas coma para facilitar as manobras dos
camións.
Debe estar nun sitio que facilite o acceso ás principais vías de
comunicación terrestre, moi especialmente á autopista que pode dar
acceso rápido ao aeroporto de Vigo por exemplo, ou tamén ao porto de
Marín.
Pero que estea próximo ao núcleo urbano, este é un factor que
axudaría na decisión de traslado.
Os aparcamentos deben ser suficientes e estar preto das
empresas, e deberase facilitar o tránsito das persoas por beirarrúas.
Deberase promover o asociacionismo empresarial entre as
empresas instaladas no propio parque que aportará ás empresas non só
vantaxes económicas. A través do asociacionismo pódense conseguir
melloras que de forma individual serían moi difíciles lograr, pódese traballar
para solucionar problemas comúns, crear servizos propios de interese
común, negociar acordos, distribuír informacion…
Os servizos básicos, por suposto, deben estar asegurados coma a
electricidade, telecomunicacións, alumeado público, rede de sumidoiros…
En canto ao espazo total de solo empresarial precisaríase un total de
111.100 m² de parcela con 52.050 m² construídos
(aproximadamente 222.000 m² de espazo total), soamente contando
as empresas con interese no parque de entre as 111 empresas
entrevistadas.
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
100
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
O modelo de parcelamento do parque debe asegurarse de dedicar
arredor dun 50% ás parcelas para empresas que precisan menos de
1.000 m² de espazo construído. E outro 40% do espazo deberá ser para
empresas que precisan espazos construídos de entre 1.000 e 2.000 m².
En resumo, parcelas de 1.000 ou menos e outras de 1.000 ata
5.000 m² parecen ser as ideais para este tipo de empresas.
Existe unha preferencia clara por ter en propiedade as parcelas.
En canto ao prezo, o grupo de empresas que teñen un maior interese no
parque chegaría a pagar de media uns 64,36€/m² e o grupo que ten
bastante interese chegaría a pagar de media uns 56,23€/m².
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
101
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
Anexo
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
102
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)
6. Anexo
Estudo de demanda de solo empresarial no Concello de Marín
103
Isaac Peral 12, Entresuelo 36201, Vigo (Pontevedra)