hortipintura

1
HORTIPINTURA” Obradoiro de pintura Data : 1 de xuño de 2013 (sábado) Lugar: Museo-Fortaleza San Paio de Narla (Rede Museística Provincial) Horario: 12 horas- 13.30 h Idades: 3 a 16 anos Prazas: 20 prazas por rigoroso orde de entrega de solicitude Dinamizador: Modesto Fernández (Profesor de E. Plástica do CPI Dr. L. Suárez) OBXECTIVOS: Con este obradoiro pretendemos incentivar a creatividade artística e a liberdade inventiva aplicando procedementos pictóricos na creación dunha nova hortaliza ou froita, á que ademais se lle deberá dar un nome. Cuns mínimos coñecementos de bioloxía e da arte da pintura idearán novos seres seguindo as pautas do crecemento da natureza vexetal. Neste proceso traballaranse as nocións da imitación e imaxinación, e así ser capaz de diferencialas, pero tamén apreciar as posibilidades que ofrecen para complementarse no desenvolvemento da creación artística. Perséguese buscar unha relación positiva entre mímese e invención como camiños que se complementan para abrir múltiples posibilidades de creación, dándolle relevancia ao proceso aberto e valor á sorpresa. METODOLOXÍA: Pódense destacar catro fases. -Visita da exposición e breve explicación por parte do autor sobre a obra: xénero, procedemento, técnica, intencións, etc. -Proxección de estruturas xeométricas que rexen formas orgánicas da natureza. -O alumn@ elixirá un papel cunha mancha, que por algunha razón esperte o seu interese, para a continuación intervila con técnica seca ou húmida e crear un novo vexetal a partir desta. -Darlle un nome á obra feita, mediante os diversos recursos que nos ofrece a lingua: asociacións, nomes compostos, metáforas, xogos de palabras, etc

Upload: no-campo-da-feira

Post on 11-Aug-2015

95 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Hortipintura

“HORTIPINTURA”

Obradoiro de pintura

Data : 1 de xuño de 2013 (sábado)

Lugar: Museo-Fortaleza San Paio de Narla (Rede Museística Provincial)

Horario: 12 horas- 13.30 h

Idades: 3 a 16 anos

Prazas: 20 prazas por rigoroso orde de entrega de solicitude

Dinamizador: Modesto Fernández (Profesor de E. Plástica do CPI Dr. L. Suárez)

OBXECTIVOS:

Con este obradoiro pretendemos incentivar a creatividade artística e a liberdade inventiva aplicando

procedementos pictóricos na creación dunha nova hortaliza ou froita, á que ademais se lle deberá dar un

nome.

Cuns mínimos coñecementos de bioloxía e da arte da pintura idearán novos seres seguindo as pautas do

crecemento da natureza vexetal.

Neste proceso traballaranse as nocións da imitación e imaxinación, e así ser capaz de diferencialas, pero

tamén apreciar as posibilidades que ofrecen para complementarse no desenvolvemento da creación

artística.

Perséguese buscar unha relación positiva entre mímese e invención como camiños que se

complementan para abrir múltiples posibilidades de creación, dándolle relevancia ao proceso aberto e

valor á sorpresa.

METODOLOXÍA:

Pódense destacar catro fases.

-Visita da exposición e breve explicación por parte do autor sobre a obra: xénero, procedemento,

técnica, intencións, etc.

-Proxección de estruturas xeométricas que rexen formas orgánicas da natureza.

-O alumn@ elixirá un papel cunha mancha, que por algunha razón esperte o seu interese, para a

continuación intervila con técnica seca ou húmida e crear un novo vexetal a partir desta.

-Darlle un nome á obra feita, mediante os diversos recursos que nos ofrece a lingua: asociacións, nomes

compostos, metáforas, xogos de palabras, etc