guerras cántabras: 29 a.c.-19 a · 2020. 8. 23. · serie de conflictos entre os romanos do...

2
A IDADE ANTIGA na P. Ibérica: II milenio a.C.- Século V d.C. Economía Predadora: do Paleolítico-6.000 a.C. Forma de acadar o sustento directamente da natureza sen producir a propia comida. Tamén se lle coñece coma economía caza- dora-recolectora. Ese tipo de sociedades ca- racterízanse polo nomadismo. Será sustituida no neolítico polas sociedades agrí- colas e gandeiras. A PREHISTORIA na P. Ibérica: 1.300.000 anos−II milenio a.C. Guerras Cántabras: 29 a.C.-19 a.C Serie de conflictos entre os romanos do emperador Augusto e os pobos astures e cántabros. Coa victoria romana deuse por finalizada a conquista de Hispania. Aula Rexia: S-VII e VIII Durante a monarquía visigoda: Asamblea da nobreza e de altos cargos da igrexa que servía coma órgano consultivo e coma tri- bunal supremo para o monarca. Conventus: Durante a dominación romana da P.I. división administrativa inferior á provincia. Dende unha cidade de importancia se administraba xustiza para un territorio, o ‘conventus’. Sig- nifica en latín ‘asamblea’, á que romanos e nativos poden recurrir para asuntos relacio- nados coa xustiza.

Upload: others

Post on 06-Oct-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Guerras Cántabras: 29 a.C.-19 a · 2020. 8. 23. · Serie de conflictos entre os romanos do emperador Augusto e os pobos astures e cántabros. Coa victoria romana deuse por finalizada

A IDADE ANTIGA na P. Ibérica: II milenio a.C.- Século V d.C.

Economía Predadora: do Paleolítico-6.000 a.C. Forma de acadar o sustento directamente da natureza sen producir a propia comida. Tamén se lle coñece coma economía caza-dora-recolectora. Ese tipo de sociedades ca-racterízanse polo nomadismo. Será sustituida no neolítico polas sociedades agrí-colas e gandeiras.

A PREHISTORIA na P. Ibérica: 1.300.000 anos−II milenio a.C.

Guerras Cántabras: 29 a.C.-19 a.C Serie de conflictos entre os romanos do emperador Augusto e os pobos astures e cántabros. Coa victoria romana deuse por finalizada a conquista de Hispania.

Aula Rexia: S-VII e VIII Durante a monarquía visigoda: Asamblea da nobreza e de altos cargos da igrexa que servía coma órgano consultivo e coma tri-bunal supremo para o monarca.

Conventus: Durante a dominación romana da P.I. división administrativa inferior á provincia. Dende unha cidade de importancia se administraba xustiza para un territorio, o ‘conventus’. Sig-nifica en latín ‘asamblea’, á que romanos e nativos poden recurrir para asuntos relacio-nados coa xustiza.

Page 2: Guerras Cántabras: 29 a.C.-19 a · 2020. 8. 23. · Serie de conflictos entre os romanos do emperador Augusto e os pobos astures e cántabros. Coa victoria romana deuse por finalizada

Megalitismo: Expresión cultural que xorde no Neolítico e se prolonga ata o Bronce Final, caracterizada polas construcións arquitectónicas feitas no Mediterráneo e na Europa atlántica con gran-des bloques de pedra (denominados megáli-tos). As principais construcións son os enterra-mentos colectivos (dolmen ou anta en Gali-cia, mámoa, tholos) o menhir ou pedra fincada e o cromlech ou círculos líticos. Os dólmens constan dunha cámara sepulcral precedida ou non de corredor e o tholos ten falsa cúpula. É posible que os menhires fosen indicadores de camiños ou delimita-cións territoriais e que os cromlech estivesen relacionados con cultos propiciatorios do ciclo agrícola.

Bárbaros: Termo pexorativo (de desprecio) co que os romanos designaban os pobos que vivían fóra das súas fronteiras. Significa estran-xeiro por contraposición coa poboación que tiña o dereito latino ou o dereito de ci-dadanía romana. Eses pobos amenazaban as fronteiras do imperio e aproveitaron a debilidade ro-mana a partir da crise do século III para en-trar nos seus territorios (atravesar o limes). Ante a imposibilidade de facerlles fronte, os romanos estableceron pactos con algúns deles. O Imperio Romano de Occidente desapa-receu pola súa acción no 476 dC. Os Suevos, Vándalos, Alanos e Visigodos conseguiron invadir a Península Ibérica no S V.

Castro: Do 1º Milenio a.C. ata o S. IV d.C. Poboado ou asentamento fortificado prerro-mano que dá nome á cultura castrexa. Neles predominan as vivendas de planta circular aínda que coa romanización comezaron a abundar as cadradas. Atópanse en lugares es-tratéxicos (cumios de outeiros, penínsulas costeiras, abas nas montañas do interior), para facilitar a súa defensa e o control visual do territorio A cultura castrexa localízase no noroeste pe-ninsular e é o resultado da mestura dos pobos indoeuropeos (denominados popularmente célticos) que chegaron á península a comezos do primeiro milenio a.C.