· web vieweran pobos moi avanzados debido ao contacto cos colonizadores fenicios e gregos,...

40
Historia de España 2º bacharelato Tema 1 Da prehistoria á os visigodos A prehistoria na península Ibérica Entendemos por Prehistoria todo aquel período anterior á aparición da escrita. Tradicionalmente se divide en: - Paleolítico - Neolítico - Idade dos metais. A prehistoria divídese seguindo un criterio tecnolóxico, cultural e artístico en función das ferramentas utilizadas (culturas) pero tamén nas relacións sociais que se establecen entre os distintos grupos ou as características da arte que desenvolven. Xacimentos prehistóricos penínsulares a) Paleolítico: É a etapa máis longa da prehistoria. Os seus inicios varían cos descubrimentos que os prehistoriadores e arqueólogos realizan e das interpretacións que se fan dos mesmos. Considérase que o comezo do paleolítico europeo vira 1

Upload: haxuyen

Post on 12-Feb-2019

214 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Historia de España 2º bacharelato Tema 1

Da prehistoria á os visigodos

A prehistoria na península Ibérica

Entendemos por Prehistoria todo aquel período anterior á aparición da escrita. Tradicionalmente se divide en:

- Paleolítico- Neolítico- Idade dos metais.

A prehistoria divídese seguindo un criterio tecnolóxico, cultural e artístico en función das ferramentas utilizadas (culturas) pero tamén nas relacións sociais que se establecen entre os distintos grupos ou as características da arte que desenvolven.

Xacimentos prehistóricos penínsulares

a) Paleolítico:É a etapa máis longa da prehistoria. Os seus inicios varían cos descubrimentos que os

prehistoriadores e arqueólogos realizan e das interpretacións que se fan dos mesmos. Considérase que o comezo do paleolítico europeo vira en torno aos 800.000 BP1 e correspóndense co homo antecessor atopado en Atapuerca (Burgos).

O homo neanderthalensis, moi parecido ao home actual, é a especie que vive na península fai entre 80.000BP e 50.000BP aproximadamente. Esta evolución resultou truncada coa chegada dunha nova especie: o homo sapiens (Cromañón) do cal descendemos os homes actuais e que aparece na Península fai uns 40.000BP. Tanto o homo sapiens como o neanderthales son dúas ramas que derivan do homo antecessor e conviviron durante uns 10.000 anos ata que o segundo extinguiuse no 30.000 BP.

1 BP: antes de agora1

Historia de España 2º bacharelato O paleolítico desenvólvese nunha época de glaciacións: un clima frío e con choivas

abundantes. A fauna estaba formada por bisontes, renos, cervos, mamuts, elefantes ou leóns das cavernas, entre outros. Polo xeral vivían en covas ou abrigos aínda que nas zonas chairas fabricaban os seus propios refuxios con ramas, peles, etc. Son coñecidos como cazadores- recolledores xa que a súa economía baseábase na caza, a pesca e a recolección de froitos silvestres A súa forma de vida era depredadora, é dicir, vivían do que lles ofrecía o medio e cando se esgotaba unha zona desprazábase a outro territorio, sendo normal o nomadismo. A necesidade de colaborar para cazar grandes animais determinaba un certo tipo de organización social.Á súa vez o Paleolítico se subdivide en:

- O Paleolítico Inferior (800.000-100.000BP) viviu o homo antecessor. As súas ferramentas (puntas de lanza, coitelos, raspadeiras...) estaban feitas en pedras de sílex de grandes dimensións (Pebble Culture).

- O Paleolítico Medio (100.000-35.000 BP) coñeceu ao homo neanderthalensis e, ao final da etapa, ao homo sapiens. Nesta época o home domina o lume, un gran avance que lle serve para escorrentar ás feras, asar os alimentos, darse calor e iluminar o interior das covas. No Paleolítico Medio aparecen os primeiros enterramentos humanos, isto dános a entender que existe xa unha vida espiritual e unha preocupación polo máis aló: achado da cova de Morín.

- Paleolítico Superior (35.000 a 8.000 BP). Etapa exclusiva do homo sapiens. As técnicas de caza perfecciónanse, e as ferramentas en pedra ou óso talladas fanse máis pequenas e dunha enorme variedade. Aparecen as primeiras representacións artísticas conservadas tanto en arte parietal como en arte moble, de entre elas destacan as famosas pinturas rupestres (cordilleira franco-cantábrica). Pintaban cun carácter naturalista, utilizando pigmentos minerais e vexetais. O obxectivo destas representacións, nas que non aparece a figura humana excepto mans, é máxico aínda que a día de hoxe se discute sobre a súa interpretación. Destacan as covas de Altamira, Perico Bustillo ou O Castelo entre outras.

Arte rupestre levantino

b) Mesolítico.

2

Historia de España 2º bacharelato Fai uns 10.000 anos as condicións climáticas empezaron a cambiar. Os xeos

retiráronse de Europa e a Península presenta un aspecto parecido ao actual. A flora e a fauna modifícanse e adáptanse ás novas condicións climatolóxicas. os homes xa non buscan refuxio nas covas senón en abrigos ou ao aire libre. A pintura rupestre ten agora un carácter máis esquemático e estilizado e aparecen homes e mulleres formando escenas relativas á caza, á fecundidade... Localízanse, en xeral, no interior e a costa mediterránea: Cogull, Alpera, Minateda…

c) Neolítico.Desenvolveuse máis tarde que en outras zonas, entre o 5000 e o 3000 aC. O

importante de este momento é que o home vai pasar dunha economía depredadora a outra produtiva. O home aprende a producir alimentos co descubrimento (ou domesticación) da agricultura e a gandaría. Todos estes cambios orixinan unha auténtica revolución (Revolución Neolítica) que determina que o home se faga sedentario e que comece a vivir en poboados. Ademais, ao dedicarse á agricultura a maioría da poboación, aqueles que se dedican a outros traballos máis especializados van a adquirir máis importancia (guerreiros, sacerdotes, artesáns, …) co cal a sociedade comeza a xerarquizarse e diversificarse. Outros descubrimentos transforman aínda máis a forma de vida: cestería, olería, tecidos, … A abundancia e/ou necesidade de produtos dará lugar a intercambios con outras comunidades, polo que xurde o comercio que nun principio terá forma de troco.

Na península, o Neolítico non desenvolveuse en todas as zonas á vez. Comezou antes no Levante e no sur e, máis tarde e menos desenvolvido, no centro e no norte.

Tamén ao final desta etapa é cando comezan as primeiras manifestacións arquitectónicas: os monumentos megalíticos, case sempre con fins funerarios e que vanse a dar na transición do Neolítico á Idade do Cobre. Entre eles destacan as pedrafitas, os dolmenes e os cromlech, inusuais na península.

A forma máis evolucionada de estes monumentos son os sepulcros con corredor, unha fila de dolmenes que forman un corredor que desemboca nunha cámara sepulcral circular, todo elo cuberto de terra (Cova de Menga).

d) A Idade dos metais.As orixes da metalurxia atopámolos ao final da etapa neolítica. Parece ser que

apareceu en Oriente Próximo no V milenio e tardou dous mil anos máis en chegar a Europa. O tres metais máis importantes son: o cobre, o bronce e o ferro, aínda que a idade de Ferro dáse na península en época prerromana (coñécese a escritura aínda que non de forma xeneralizada en todos os pobos que a habitan).

a) Idade do Cobre (finais do IV milenio-II milenio AC)A metalurxia do cobre iniciouse no poboado dos Milleiros en Almería, sendo este o

primeiro poboado amurallado que se conservou. Nas tumbas atopáronse obxectos procedentes do Mediterráneo Oriental, o que nos fala do contacto con eses pobos que viñan buscando ese mineral. Suponse que pola seu brandura o cobre non daba unha superioridade militar aos seus posuidores, pero si prestixio social tal e como aparece nas tumbas descubertas. Nesta época vanse a producir grandes avances técnicos como o muíño ou os silos; tamén unha maior diversidade de cultivos: trigo, centeo, cebada, faba e, posiblemente, vide e oliveira. Se domestica o cabalo aínda que a caza segue sendo un alicerce fundamental da economía doméstica.

3

Historia de España 2º bacharelato Na 2.000 AC. desenvolveuse na Península a cultura do vaso campaniforme xa dacabalo coa Idade do bronce aínda que a súa orixe aínda hoxe é moi discutido (oriental ou ibérico).

Dolmen de Dombate, Cabana de Bergantiños, A Coruña. Primeira metade de IV Milenio

O megalitismo é un fenómeno moi estendido neste período.

b) Idade do bronce. (II milenio AC)Ou bronce resulta da aliaxe entre dous metais: ou cobre e ou estaño, dando lugar

a un material moi resistente, especialmente indicado para a elaboración de armas. O dominio do bronce dá ao seu posuidor unha gran superioridade militar. Nesta época ou territorio peninsular vai ser visitado con frecuencia polos pobos do Mediterráneo oriental, moito máis evolucionados, que buscan cobre e estaño.

Destaca a cultura argárica (polo xacemento do Argar, Almería), que se desenvolveu polas actuais provincias de Almería, Murcia e Alacante. Coñecían a metalurxia do bronce e da prata, e onde un xefe podía gobernar xa sobre varios poboados. Pódese dicir que neste período o metal desprazou á pedra e ao óso. Hai unha enorme diversificación nas actividades económicas que se traduce en estratificación social. Os poboados presentan unha pequena organización urbanística e se sitúan nas zonas altas rodeados de murallas de pedra.

Mentres os monumentos megalíticos desapareceron de case toda Europa, nas Baleares persisten na cultura talayótica. Os monumentos máis destacados son os talaiots (de atalaia en catalán), unha especie de torreta de vixilancia e que da nome á cultura; as taulas (mesas), unha pedra horizontal e plana colocada sobre unha ou dúas pedras verticais; e as navetas ou cámaras con columnas con falsa bóveda.

A HISPANIA PRERROMANA.

1. Os pobos indíxenas.

a) O reino de Tartessos. (finais do II milenio- siglo VII aC)É o primeiro estado peninsular de nome coñecido; estendíase desde Huelva e Sevilla

até probablemente Cartaxena. Coñecemos a súa existencia grazas ás fontes gregas e polos restos arqueolóxicos atopados até o momento: Tesouro de Aliseda ou o do Carambolo. Os gregos falan dun reino rico en metais preciosos dirixidos por un mítico rei, Argantonio, e famoso, ademais, pola súa riqueza gandeira e polo seu comercio. Poderían ser os antepasados dos iberos.

A súa economía baseábase na minería e a metalurxia. Eran un centro comercial de primeira orde dentro do Mediterráneo occidental que comerciaba con gregos e fenicios. A

4

Historia de España 2º bacharelato partir do século VI aC comeza o seu declive tanto por causas externas ( invasión dos cartaxineses) e internas (esgotamento das minas).

Territorio peninsular ocupado polo reino de Tartesos. I milenio aC.

b) Os iberos (no sur e no Levante). (séculos VII ao II aC)Eran pobos moi avanzados debido ao contacto cos colonizadores fenicios e gregos,

suponse que son os herdeiros dos poboadores neolíticos e posteriormente dos tartesos. Dedicábanse á agricultura, a gandaría e o comercio. A utilización de moeda é un síntoma do seu grao de desenvolvemento. Desde o punto de vista social había un certo grao de estratificación social que ía da aristocracia até os escravos. No político, non fundaron nunca un estado unificado, eran cidades-estados, cunha clara influencia grega, co seu territorio e dirixidas por un monarca. Os seus poboados asentábanse en zonas altas de fácil defensa. As manifestacións artísticas céntranse na pintura sobre cerámica e na escultura relixiosa (Dama de Elxe, Dama de Baza, Dama oferente do Cerro dos Santos, Bicha de Balazote).

c) A chegada dos indoeuropeos: os pobos celtas. (comezos do I milenio - século II aC)O termo indoeuropeo fai referencia á lingüística, a unha orixe común das linguas

europeas e do sánscrito na India. Por extensión, denomínanse indoeuropeos a toda unha serie de pobos orixinarios das estepas euroasiáticas que ao ver incrementada a súa poboación desprázanse cara ao sur de Europa, Oriente Próximo, Irán e a India. De todos os que chegaron á Península, destacan os celtas que proceden de Europa central e occidental, e asentáronse no interior e no oeste peninsular. Coñecían a metalurxia do ferro, pero a súa economía e a súa organización política e social

5

Historia de España 2º bacharelato

Pobos peninsulares prerromanos. I Milenio aC

estaba pouco evolucionada. Dentro dos celtas, a zona máis atrasada era a do norte, onde vivían galaicos, ástures, cántabros e vascóns debido ao seu afastamento das rutas comerciais e, por tanto, á influencia doutros pobos.

Desde o punto de vista social non estaban tan desenvolvidos como os iberos. Predominaban relacións tribais e de parentesco. No político, o gobernante era un simple xefe e non tiña capacidade para ditar leis. A exigua diferenciación social é un síntoma claro da súa escasa evolución. Os seus asentamentos máis representativos foron os castros e o seu principal fonte económica, a gandaría. A maior parte das fontes referidas a esta cultura provén dos romanos. 2

Ademais da os celtas que se asentaban no norte, centro e oeste peninsular, incluímos aquí aos denominados celtiberos da zona centro oriental da meseta que era unha mestura entre os pobos indíxenas (iberos) e os celtas. Neles, predominaba o factor celta. Eran magníficos guerreiros e desenvolveron unha importante tecnoloxía armamentística. Fóronse incorporando, mediante pactos ou á forza, aos exércitos cartaxineses e, posteriormente, aos romanos.

2. Os pobos colonizadores mediterráneos.

A primeira metade do primeiro milenio antes de Cristo representa un momento transcendental en a Historia de España. De forma case simultánea xurdiu o reino indíxena de Tartessos, entraron os primeiros pobos indoeuropeos de orixe céltica polos Pirineos, e no litoral mediterráneo fenicios e gregos establecían as súas factorías comerciais. A todo este período de tempo coñecémolo como Idade do Ferro.

a) Os fenicios. (aprox. século IX aC)Tanto gregos como fenicios chegaron á Península atraídos polas súas riquezas en

metais. Os fenicios constituían un pobo moi desenvolvido que baseaba a súa economía no comercio, non constituían estados unificados senón que eran cidades-estado independentes (Tiro, Sidón, Biblos, Trípoli...) en Fenicia, na costa do actual Líbano. Para desenvolver o comercio estableceron factorías comerciais ao longo de toda a costa sur do Mediterráneo. A primeira fundación fenicia en España foi Gadir (Cádiz) en torno ao 750 a. de C., e seguíronlle Abdera (Adra), Sexi (Almuñécar), Malaka (Málaga)

2 ver apartado de Galicia6

Historia de España 2º bacharelato Exerceron unha notable influencia cultural nos pobos peninsulares cos que tiveron

contacto: introducen do torno do oleiro, transformación dos poboados en cidades, a metalurxia e a ourivaría ou, no aspecto relixioso, a introdución do culto a novas divindades de orixe fenicio ademais de dinamizar e modernizar o comercio.

b) Os gregos. (aprox. século VI aC)Pouco tempo despois dos fenicios chegaron os gregos polo norte do Mediterráneo.

Desde Massalia (actual Marsella)- fundaron Rhodas e Emporion (Rosas e Ampurias) na costa de Xirona, máis tarde fundaron Hemeroscopeion (Denia). Crese que os gregos introducen a oliveira e a vide, o asno e as galiñas, a utilización de moeda...

c) Os cartaxineses.Cartago era unha colonia fenicia no norte de África, na actual Tunes. Cando Fenicia

caeu en mans dos babilonios, os habitantes de Cartago tomaron a substitución aos fenicios e fixéronse co control das rutas comerciais e as factorías do Mediterráneo occidental e, na península, fundaron Cartago Nova (Cartaxena). A diferenza dos fenicios, que se limitaron a fundar colonias pero sen conquistar o territorio, os cartaxineses conquistarán todo o sur e sueste peninsular. No seu posterior enfrontamento cos romanos (guerras púnicas) utilizarán a península como base de aprovisionamento contra Roma.

Zonas da península ocupadas por Cartago. Século III aC

A HISPANIA ROMANA.1. A conquista.

A conquista da península Ibérica por parte de Roma encádrase dentro da loita polo dominio do Mediterráneo occidental que protagonizaron Roma e Cartago entre os séculos III - II aC nas coñecidas como Guerras Púnicas. No Mediterráneo central habían xurdidos dúas potencias expansivas: Roma e Cartago cuxo enfrontamento era inevitable xa que, o dominio desta zona supuña o centro das rutas comerciais así como de importantes fontes de materias primas sen esquecer o forte compoñente militar das dúas potencias. A primeira guerra (264-241 aC.) concluíu coa derrota cartaxinesa e a conquista romana de Sicilia, Córsega e Sardeña. Ante a obriga de pagar unha forte indemnización aos vencedores, os cartaxineses se replegaron cara á península Ibérica, intensificando o seu dominio. Dela extraían metais, homes,… e o súa capital era Cartago Nova, fundada por Asdrúbal. Pero ansia de dominio de Roma deu lugar a unha segunda guerra púnica (218-201

7

Historia de España 2º bacharelato aC.) O pretexto foi o incumprimento do Tratado do Ebro (226 aC) polo ataque a Sagunto, cidade aliada dos romanos, por parte do cartaxinés Aníbal. Este feito motivou o desembarco dos romanos en Ampurias no ano 218 aC.

a) A ocupación do litoral mediterráneo (218-170 a. de C.)Enmárcase no contexto da segunda guerra púnica. Neste período os romanos, case

sen resistencia, ocupan o litoral mediterráneo e os vales do Ebro e do Guadalquivir debido, en parte, aos escasos accidentes xeográficos complicados deste territorio. Todos estes pobos tiñan un alto grao de desenvolvemento polo contacto cos pobos colonizadores O seu elevado desenvolvemento fai que non opoñan case resistencia e que asimilen rapidamente as formas de vida romanas.

b) A conquista da Meseta (170-29 a. de C.)A conquista desta zona foi moi difícil para os romanos xa que, ademais dos

accidentes xeográficos, o nivel de desenvolvemento destes pobos é escaso e vían con hostilidade o modelo de civilización romana. As guerras foron durísimas e dos enfrontamentos cos romanos destacamos dous: Viriato e Numancia. Viriato foi un caudillo lusitano que mantivo en xaque aos romanos grazas á utilización da guerra de guerrillas. A traizón de varios dos seus xefes e o seu asasinato (139 aC) abriu a Roma o oeste peninsular. En Numancia, os celtiberos presentaron unha resistencia feroz ante o sitio dos romanos. A chegada de Publio Cornelio Escipión puxo á cidade nunha situación límite, e os seus habitantes preferiron destruíla e suicidarse antes que caer en mans dos inimigos, era o ano 133 a. de C. (lenda)

Nos últimos anos desta etapa, Roma atravesa varias guerras civís, na última dous xenerais vitoriosos dispútanse o poder da República: Pompeyo e César. Tras a morte de Pompeyo, os seus fillos serán derrotados por César na batalla de Munda (Montilla, Córdoba), o 27 de marzo do 45 a. de C., quedando toda a zona centro e sur da Península pacificada.

c) A pacificación da franxa cantábrica (29-19 a. de C.)Neste dez anos desenvólvense as guerras cántabras, dirixidas polo emperador

Augusto. Roma perseguía a pacificación destes pobos, o acceso aos ricos xacementos da zona e que deixasen de atacar ás cidades romanas. Case toda a poboación acabou escravizada. Roma fundou unha serie de cidades e campamentos militares para conter a estes pobos: León (sede da Legio VII Gemina), Astorga (Asturica)..., pero o control efectivo e total dos pobos da cordilleira cantábrica e dos vascóns nunca foi do todo efectivo.

2. A península Ibérica durante á época romana.A chegada de Roma á península e a longa duración da etapa tivo como consecuencia

un proceso coñecido como ROMANIZACIÓN. Este proceso procuraba a incorporación da península dentro do mundo romano en todos os aspectos: administrativos, xurídicos, económicos, sociais e culturais. Para elo, a lingua (o latín), o exército permanente, a creación de colonias e cidades foron o seu vehículo principal.

Como todo proceso impositivo, realizouse, ao principio e durante á república, de xeito complicado e, ás veces, traumática. Durante o Imperio, a romanización foi un feito asumido polos habitantes da península que, en moitas ocasións, mesturou a tradición prerromana coa cultura romana.

Os factores que determinaron a romanización foron:

8

Historia de España 2º bacharelato

a) A vida urbana, as vías de comunicación e o comercio.O mundo romano é un mundo constituído por unha rede de cidades; nestas decídese

todo e son centros de produción e intercambio. Roma aproveitouse das cidades existentes na Península, transformando os seus órganos de goberno e facéndoos dependentes de Roma. Noutras zonas fundou novas cidades con poboadores romanos3. O contacto coa vida urbana transforma aos habitantes da Península.

O desenvolvemento dun amplo sistema de calzadas, que non sería superado até ata a Idade Contemporánea, favorece o intercambio comercial, a administración e a chegada de poboadores, exércitos, comerciantes... as principais cidades romanas estaban intercomunicadas entre si e con Roma a través da vía Augusta que ía paralela ao litoral mediterráneo.

b) O papel do exército.É fundamental. O exército foi un importante vehículo de romanización. Os soldados

levaban a lingua, crenzas e costumes de romanas e difúndenas por todo o Imperio. Roma contaba tamén con tropas auxiliares hispanas que en contacto co romano se romanizaron rapidamente; ademais, ao termo do servizo militar asentábanse en terras entregadas por Roma, completando o proceso de romanización. Os campamentos romanos atraían a mulleres, mercadores, artesáns... e moitos destes campamentos acabaron transformándose en cidades (León, Mérida, Zaragoza, Barcelona).

c) A concesión da cidadanía romana.Non todo o mundo tiña o título de cidadán romano. Ao recibir un indíxena este,

significaba moitos privilexios e unha alta honra. Polo xeral recibíao xente que colaboraba con Roma e tiña un alto grao de integración no mundo romano; era un título ansiado por moitos. Ao principio a moitos cidadáns outorgóuselles a cidadanía latina (con moitos menos privilexios) e, por último, con Caracalla (212) , toda Hispania recibiría a cidadanía romana.

3. A economía.

De maneira xeral podemos dicir que a economía da Hispania Romana era colonial, entendendo por tal concepto que os romanos sacaban de a Península materias primas de todo tipo e transformábanas en Roma, logo volvían eses produtos manufacturados a un prezo superior. Outro trazo fundamental é que era unha economía escravista, como case todas as do mundo antigo, é dicir, o motor da produción é a man de obra escrava4.

Na agricultura, hai que destacar a perfección dos sistemas de cultivo coa introdución de sistemas de regadío e de tecnoloxía moito máis avanzada como o arado romano. A base da produción seguía sendo a triloxía mediterránea (cereais, vide e oliveira). O trigo de Hispania, xunto co de Sicilia e Exipto, enchía as despensas de Roma, o viño español era moi prezado, así como o aceite. Estes produtos chegaban á capital de dúas formas: por terra, a través da tupida rede de calzadas que chegaban a Roma, ou por mar até Ostia, o porto de Roma.

En canto ás formas de propiedade da terra habemos de falar de tres fundamentais: a privada (case toda en mans de grandes terratenentes), a pública (terras pertencentes ao Estado) e a tribal (no norte). Como caso curioso diremos que o latifundismo andaluz parte

3 Itálica fundouse como hospital de campaña nas guerras lusitanas e terminou por convertese nunha cidade.4 Todos estes datos refírense ao Alto Imperio (séculos I - III)

9

Historia de España 2º bacharelato desta época. A Bética foi unha provincia que xestionaba o Senado, non o emperador, e entre os aristocráticos membros desta institución repartíronse enormes extensións de terreos cultivables da provincia.

Hispania era famosa tamén pola súa gran riqueza de minerais: ouro en Asturias, prata en Serra Morena, cobre en Río Tinto (Huelva), chumbo en Cartaxena, mercurio en Almadén,… Os romanos perfeccionaron as técnicas de extracción de minerais que traballaban con man de obra escrava e, moitas destas minas seguen hoxe en día en explotación. As minas pertencían ao Estado aínda que durante o baixo Imperio foron convertidas en concesións privadas mediante pago de rendas. Todos os produtos mineiros ían á capital do Imperio e utilizábanse, entre outras cousas, para acuñar moeda. Unha parte reducida dos metais preciosos quedaban na Península para que as cidades acuñasen as súas moedas.En canto á industria non había en España, a diferenza doutras zonas do mundo romano, zonas especializadas na produción artesanal, coa excepción dalgunhas industrias téxtiles de Levante e as salgaduras e de transformación da pasta de peixe chamada garum que toleaba aos romanos.

4. A sociedade.En principio a sociedade romana divídese en dous grandes grupos tendo como

referencia un criterio xurídico: a liberdade ou non das persoas. Así a sociedade divídese entre homes libres e homes non libres.Dentro dos homes libres podemos atopar moitos niveis:

- os honestiores eran as clases podentes e ricos propietarios (senadores, cabaleiros, ricos comerciantes,…). Eran a minoría dirixente tanto política como económica. - os humiliores eran homes libres pero de escaso poder económico: pequenos

propietarios de terras, pequenos comerciantes, artesáns.- o non cidadáns que tiñan dereitos civís pero non políticos: estranxeiros residentes no Imperio.Dentro dos homes non libres:- os libertos: escravos manumitidos pero que conservan lazos cos seus antigos pro- pietarios. No Baixo Imperio chegaron a ser moi numerosos.- os escravos. son a base da economía, sobre todo durante o Imperio. Non poden ser propietarios, hérdanse de pais a fillos, tanto a propiedade como a condición. polo xeral chégase a ser escravo por botíns de guerra. Hai clases de escravos: doméstico, campesiño, traballador das minas, remeiro nos barcos,…

5. A Administración e a vida urbana

Roma dividiu, para a súa mellor administración, á península en provincias que se foron modificando ao longo do tempo:

- durante a república (197a.C): en Hispania Ulterior e Hispania Citerior. O límite era unha liña que partía desde Cartaxena cara ao interior.

- Augusto (14 aC) seguiu un novo criterio administrativo e clasificou ás provincias nas que non necesitaban un exército permanente e eran dirixidas polo Senado e as que non estaban totalmente pacificadas e eran dirixidas persoalmente polo emperador. Hispania quedou dividida en tres: a Bética (senatorial), a Tarraconense e a Lusitania imperiais. cada provincia se subdividía en conventus (divisións xudiciais).

10

Historia de España 2º bacharelato - durante as crises do século III (297) a península foi dividida en cinco: o

tres anteriores ás que se sumaron a Cartaginensis e Gallaecia.Desde a cidade controlábase todo o territorio e era a base da administración. Existían

diferentes tipos de cidades: - colonias: habitadas só por cidadáns5 romanos (Mérida, Corduba, Hispalis).

- cidades anteriores: onde vivían poboadores que non tiñan a condición de cidadáns romanos:

- estipendiarias. aquelas que foran dominadas por conquista e tiñan que pagar un tributo

- inmunes: pactaran e só tiñan que axudar a Roma en determinadas circunstancias.

Hispania Romana : provincias e súas capitais. Século III

6. Relixión e culturaA relixión romana baseábase no politeísmo e na tolerancia cara a outros deuses e

cultos. Na época imperial, hai que engadir o culto ao emperador que era unha especie de xuramento que todos os habitantes do Imperio tiña que realizar independentemente das súas crenzas.

Nos últimos séculos do Imperio estendeuse o cristianismo que se converteu en maioritaria, sobre todo, entre as clases máis desfavorecidas. Nun principio foi perseguido porque non toleraba outras relixións e porque non recoñecía a divindade do emperador. As crises do século III axudaron á súa propagación. No ano 313 polo Edicto de Milán, o emperador Constantino, legalizou ao cristianismo. No ano 381, converteuse na relixión oficial nun intento de dar cohesión e unión a un Imperio que se desmoronaba a pasos axigantados.

A Península se romanizou, sobre todo a Bética, o latín vulgar era falado por case todos e as linguas e os cultos locais foron desaparecendo progresivamente. De todas as linguas anteriores só sobreviviu o vasco. Hispania deu varios emperadores a Roma: Trajano,

5 coidado co termo cidadá romano porque non se refire soamente ao habitantes da cidade de Roma

11

Historia de España 2º bacharelato Adriano, Marco Aurelio e Teodosio. De a mesma forma o latín floreceu na Península con escritores como Séneca, Lucano e Marcial. O termo hispanorromano fai referencia a unha realidade cultural con características propias.

6. A arte romana.A arte romana reúne influencias gregas, etruscas e orientais. Pódese dicir que é unha

arte ecléctico.

a) Arquitectura: as obras públicas.Caracterízanse polo carácter monumental e polo seu espírito práctico que fixo que

Roma destacase, sobre todo, polas súas obras de enxeñaría. Utilizou a arquitectura adintelada como os gregos, pero tamén a abovedada

(utilizaron bóvedas de medio canón, de aresta, cúpulas...). Xunto á columna - elemento fundamental na arte grega- usaron tamén o arco de medio punto que permite abovedar.

Entre as obras de enxeñaría destacan:- as calzadas, que foron usadas até ben entrada a Idade Moderna; - as pontes, como a ponte de Alcántara ou o de Córdoba para sortear obstáculos

naturais; - os acuedutos como o de Segovia ou o dos Milagres en Mérida, para abastecer de

auga ás cidades; - os pantanos como o de Proserpina en Mérida... - edificios para espectáculos como os teatros, (o de Mérida ou Itálica); os anfiteatros

ou lugares para loitas de gladiadores e feras, (Mérida, Tarragona e Itálica); os circos, para as carreiras de cuadrigas (Mérida, Córdoba ou en Tarragona).

Outros edificios importantes foron as termas, lugares destinados a baños. Como edificios relixiosos destacan os templos, copiados dos etruscos e os gregos, as cerimonias non se desenvolvían no seu interior senón nas escalinatas, por iso non eran grandes nin podían acoller á multitude. Cando o cristianismo convértese en relixión oficial tomará como edificio tipo a basílica, que até entón era un gran edificio pero con usos xudiciais ou mercantís, por iso é polo que as primeiras igrexas teñan planta basilical.

b) A escultura.Dentro da estatuaria romana distinguimos dúas tendencias: a escultura idealizada de

influencia grega cando se representa aos deuses ou a algúns emperadores, e o retrato naturalista e realista cando se representa a personaxes populares. Estas dúas correntes mestúranse entre si e van evolucionando ao longo de todo o período romano. As últimas representacións son antinaturalista: desproporción, esquematismo, tosquiade... e anuncian xa o que será a primeira escultura medieval. Xunto ao retrato destaca o relevo, que case sempre ten un carácter narrativo, cóntanos unha historia, xa ben sexa nun templo, nun sarcófago ou nunha tumba.

c) A pintura.Os romanos utilizaron a pintura ao fresco, pero non se conservaron moitos restos. A

técnica que máis perdurou foi o mosaico (opus teselatum), é dicir, a representación no chan de debuxos mitolóxicos, costumistas ou xeométricos que se enchían con pequenas pezas chamadas teselas. O mellor conxunto de mosaicos conservados na península atópase en Mérida.

12

Historia de España 2º bacharelato

Reorganización del Imperio por parte de Diocleciano. Crisis do século III

7. A crise do século III e a descomposición do mundo romano. A xigantesca maquinaria administrativa romana comeza a dar claros sinais de mal funcionamento a partir do século III; as causas son múltiples e de moi difícil solución.a) Internas.

O sistema escravista no que estivera baseada a economía romana empeza a colapsarse a finais do século II debido á falta de man de obra escrava. A causa principal é que as conquistas se detiveron debido ás guerras civís e á falta de diñeiro coa que pagar aos exércitos. Isto leva a escaseza de escravos, co consecuente encarecemento destes, e a subida espectacular dos prezos (inflación). A longo prazo haberá que buscar outro tipo de man de obra. Da mesma maneira, os conflitos internos producen o colapso comercial; a Roma non chegan xa produtos e cada lugar ten que abastecerse exclusivamente co que produce (economía autárquica), e será unha constante até o século XII.

A falta de metais preciosos fai que as moedas se acuñen con menos cantidade de ouro e prata e máis de cobre, o que orixina unha desvalorización da moeda e a consecuente subida espectacular dos prezos.

A estas causas económicas habemos de sumar a crise interna que atravesa Roma. Xenerais vitoriosos fanse co control das lexións e avanzan sobre Roma para tomar o poder pola forza, provocando a rápida sucesión de emperadores e que o Imperio se desangre en loitas estériles. A mesma garda pretoriana, en Roma, nomea e asasina emperadores ao seu antollo. O, até o momento, poder imperial está no seu punto máis baixo. Algún emperador (p.ex. Diocleciano) con máis autoridade tenta facer fronte á situación aumentando os impostos, desvalorizándoo a moeda ou decretando a obrigatoriedade de que os fillos sigan co oficio dos seus pais, nun intento van por deter a fuxida ao campo (proceso de ruralización) para escapar da presión fiscal.

b) Externas.Nesta situación tan lamentable os romanos teñen que enfrontarse a un novo

13

Historia de España 2º bacharelato perigo: os pobos bárbaros que están alén das súas fronteiras presionan sobre estas e non atopan resistencia. Nos séculos I e II Roma mantivera en xaque a estes pobos pactando ou someténdoos pola forza debido á súa superioridade militar; agora, en plena crise e cun exército roto e desmoralizado, os distintos pobos presionan na parte occidental do Imperio e van ir penetrando lentamente. No século V todo o Imperio Romano de Occidente está poboado polos pobos xermánicos, que en pouco tempo acabarán co poder imperial e constituirán reinos: francos, suevos, visigodos, anglos e saxones, burgundios, alanos,…

c) Consecuencias.A primeira consecuencia importante das crises do século III é o cambio de

modelo de produción: ante a escaseza de escravos, os ricos terratenentes van substituílos polos pequenos campesiños libres. Estes entregaranlles as súas propiedades e traballarán as terras dos latifundistas a cambio da protección armada tan prezada nun mundo en crise e inseguro. Estes cambios son os prolegómenos do sistema feudal que se desenvolverá plenamente poucos séculos despois.

Outra consecuencia importante é a ruralización. As cidades por primeira vez en séculos amurállanse, deben resistir ataques e pillaxes non só dos pobos bárbaros ante un exército romano inoperante se non tamén de hordas de persoas que deambulan polos campos tentando sobrevivir a eses cambios que destruíron o seu modelo de vida. Así mesmo, gran parte da poboación fuxirá das cidades. as causas hai que buscalas no desabastecemento das mesmas, o colapso das actividades económicas secundarias e terciarias que fan insustentable a vida nelas. Ademais, a presión fiscal é máis forte nas cidades que son o centro da vida económica romana. O mundo hispanorromano que durou séculos afúndese e tardará moito en recuperarse. A vida trasládase ao campo onde se formarán pequenas comunidades agrarias de carácter autárquico.

A decadencia do Imperio trasládase a todos os aspectos da vida; a cultura minimízase, a arte decae, os principios e valores éticos que formaban parte da cultura romana desaparecen. É quizá por iso, que o cristianismo atopará un campo abonado para poder estenderse xa que se trata dunha relixión cuxos fundamentos se basean na promesa dunha vida mellor no máis aló.

A España visigoda.A etapa visigoda é unha especie de continuación da Hispania romana que nace coas

crises do século III xa que a chegada dos visigodos á península non modifica, no substancial, as bases anteriores.

a) Evolución política.A principios do século V entran na Península unha serie de pobos xermánicos contra

os que nada pode facer Roma: suevos, vándalos e alanos. Os primeiros asentaranse en Galicia e son os únicos que formarán un reino independente. Os outros dous serán varridos polos visigodos, utilizados polos romanos para expulsalos, aínda que terminasen apropiándose do territorio.

A chegada dos visigodos e o posterior afundimento de Roma fará que estes formen un reino dacabalo entre o sur de Francia e o centro norte peninsular, con capital en Tolosa (Reino de Tolosa). A derrota en Vouillé (507) a mans dos francos empúxalles cara ao sur instalándose definitivamente na península e facendo de Toledo o seu capital 554), e formando o primeiro estado peninsular independente.

14

Historia de España 2º bacharelato Na segunda metade do século VIN, destaca o reinado de Leovixildo que derrotou

aos suevos incorporando o seu reino ao dos visigodos. O seu fillo, Recaredo, lograría a unidade relixiosa do país baixo o cristianismo xa que, até entón, os visigodos eran arrianos . No ano 589, Recaredo convértese ao cristianismo romano. Na primeira metade do século VII, destaca o rei Suintila que logrou expulsar aos bizantinos (estes ocuparan o sur peninsular en un intento de reconstruír o Imperio Romano), completándose así a unidade territorial.

A segunda metade do século VII e primeiros anos do VIII é unha etapa de decadencia e descomposición, caracterizada por loitas dinásticas. Estas loitas eran debidas ao principio de se o rei debía de ser elixido os seus iguais ou era o rei o que debía de aplicar o principio de herdanza. Nunha destas loitas, entre Rodrigo e os herdeiros do rei Witiza, abriuse a porta aos musulmáns na batalla de Guadalete. Era o ano 711.

Península Ibérica no século VI

b) Economía e sociedade.O volume de invasores foi escaso fronte aos millóns de hispanorromanos que vivían

na península. Desde o primeiro momento as diferenzas entre os dous pobos son grandes, os godos arrianos e os hispanorromanos cristiáns romanos (católicos); ademais, cada un réxese por leis distintas e os matrimonios mixtos están prohibidos. Aos poucos vaise a dar un proceso de fusión: unidade relixiosa no 589 con Recaredo e unidade xurídica con Recesvinto. No VIII Concilio de Toledo (653), recóllese un código de leis común para os dous pobos, o Foro Xulgo.

Tanto en economía como en sociedade, son herdeiros da Hispania romana, e máis concretamente da situación económica e social nada a partir do século III (Baixo Imperio).

A economía é autárquica e baséase nunha rudimentaria agricultura e gandaría. No social, desenvólvese aínda máis o proceso de dependencia persoal (colonato) que xa viamos no século III e que na súa evolución dará lugar ao sistema feudal.

Dentro da clase dominante van destacar os nobres e a Igrexa. Esta última vai desenvolver un gran papel ao servizo dos reis xa que son os gardiáns da cultura e o único

15

Historia de España 2º bacharelato grupo que sabe ler e escribir. As propias institucións eclesiásticas, como os concilios, transformaranse en institucións da monarquía goda.

Tamén, nesta época, comezasen a persecución dos xudeus na península. Hai leis moi estritas que separan este grupo dos demais grupos sociais.

c) O poder político.Sempre estará en mans da minoría visigoda. A forma de goberno é a monarquía

electiva. Á morte dun rei, elíxese outro dentro da caste nobiliaria, isto dá lugar a unha gran inestabilidade política ao ser frecuente o asasinato para inhabilitar a un rei e substituílo por outro ao non estar garantida a herdanza familiar. O grupo nobiliario é moi importante, presta consello e axuda ao rei, dirixe o exército e goza de grandes propiedades e privilexios.

Desde o punto de vista da administración os visigodos non innovan case nada, continúan coas divisións provinciais e administrativas romanas. No seu goberno contarán coa Igrexa.

d) Cultura e arte.

En xeral significa un retroceso con respecto á época romana, é unha cultura pobre e pouco orixinal. A Igrexa é a única que conserva viva a cultura romana, pero tomándoa con receo polo seu carácter pagán. Durante esta etapa destacará o papel do San Isidoro de Sevilla que escribiu, no primeiro terzo do século VII, as Etimoloxías, unha especie de enciclopedia con todo o saber da época e que influirá profundamente na Europa medieval.

Desde o punto de vista artístico é o pobo xermánico que desenvolve unha arte con máis entidade. Edificios visigodos conserváronse moi poucos, case todos do século VII: San Juan de Baños en Palencia, Santa Comba de Bande (Ourense), San Pedro da Nave (Zamora) e Quintanilla das Viñas (Burgos). Características arquitectónicas son a utilización de bóvedas, arcos de ferradura, muros de sillería e unha gran variedade de plantas onde predominan as rectangulares e as basilicais.

Destacaron tamén no campo da ourivaría co tesouro de Guarrazar e o de Torredonjimeno, tamén destacaron as coroas votivas.

Galicia: da prehistoria ata os visigodosA antigüidade dos primeiros asentamentos humanos no territorio galego é, aínda

hoxe en día, materia de controversia. As datacións dalgunhas estacións paleolíticas sitúan os restos máis antigos entre os 25.000 e 18.000 anos BP, aínda que as técnicas e o material encontrado suxiren unha datación anterior.

A condición étnica dos primeiros habitantes de Galicia sinala que, aínda que hai unha gran aportación de elementos célticos, detectáronse trazas de aportes mediterráneos.

A información esencial da que dispoñemos acerca deste período obtívose dos xacementos de Gándaras de Budiño (Pontevedra) e de Toén (Ourense), así como de abrigos rochosos como os de Muras ou Vilalba na provincia de Lugo. Todo parece indicar, de acordo cos vestixios dos que dispoñemos, que unha característica da prehistoria galega é o retraso cronolóxico fronte á prehistoria xeral. Isto explicaría que pezas achadas en xacementos como os de Gándaras de Budiño datadas entre os anos 26000 e 18000 BP estean fabricadas con técnicas máis primitivas cas que nese momento se aplicaban noutros lugares do continente.

Os primeiros períodos da Prehistoria en Galicia, o Paleolítico e o Mesolítico, desenvólvense no noso territorio ata o quinto milenio aC. Non hai acordo entre os

16

Historia de España 2º bacharelato investigadores á hora de referirse á etapa anterior ao Neolítico como Epipaleolítico ou como Mesolítico (8000-7000 aC). En todo caso, dende o punto de vista socioeconómico, ambos períodos caracterízanse por unha economía de tipo depredador (fase nómade de caza-recolección) e por unha sociedade relativamente igualitaria estruturada en pequenas unidades superiores á familia biolóxica (bandas), que serían as responsables das tarefas produtivas.

As actividades económicas fundamentais son a caza, a recolección de froitossilvestres e a busca de combustible e materias primas en zonas próximas aoscampamentos- talleres Así mesmo, hai una actividade artesá dedicada á talla de diversos utensilios de pedra destinados a labores de caza e a tarefas domésticas, que na derradeira fase do Paleolítico, o Paleolítico Superior, e no Epipaleolítico adquirirán unha maior complexidade técnica (pezas máis pequenas). Nestas etapas inmediatamente anteriores ao Neolítico a actividade destes grupos humanos realízase en abrigos rochosos debido ao clima máis frío e húmido.

Neolítico e MegalitismoEn Galicia, se debe situalos ao longo do V milenio e inicios do cuarto antes de

Cristo.O Neolítico en Galicia, implántase ao longo do IV milenio con características locais,

consolidando as actividades económicas do período anterior. Esta etapa tamén estaría caracterizada pola aparición do fenómeno cultural coñecido como megalitismo, cuxa fase inicial en Galicia se sitúa entre o 3600 e o 3100 aC, e marcada pola construción de monumentos con pedras de gran tamaño.

Existen actividades típicas do Neolítico (agricultura, gandería, etc.) en etapas previas á chegada dos primeiros construtores de túmulos megalíticos procedentes de Portugal (mediados-finais do IV milenio aC.).

A economía megalítica segue baseándose na agricultura cerealeira.A sociedade megalítica en Galicia estrutúrase en torno a pequenas unidades

dispersas pero relacionadas entre si, formadas por clans unidos por lazos deconsanguinidade extensa e de tamaño inferior á tribo, caracterizadas aínda por altos niveis de igualdade e a pouca xerarquización social.

O xurde un novo conxunto de ideas e crenzas relixiosas nas que a relación entre a vida e a morte adquire unha crecente importancia (vida ultraterreal), que ten como consecuencia o xurdimento de miles de monumentos megalíticos ao longo de todo o territorio de Galicia. Os tipos básicos destas construcións son:

- a pedrafita, tamén denominada co termo procedente do bretón menhir.- a anta ou dolmen , cos que se poden construír estruturas máis complexas como os

aliñamentos circulares ou os crómlech.

En Galicia, a tipoloxía por excelencia é a mámoa (modia, medoña ou medorra), un túmulo de terra que recobre un dolmen interior. Este dolmen, que serve de cámara sepulcral, tamén se chama anta ou arca. Algúns exemplos: Casa dos Mouros e Arca da Barbanza na provincia de A Coruña, A Casola do Foxo en Muíños (Ourense) ou a Mámoa da Abelleira en Xermade (Lugo).

17

Historia de España 2º bacharelato

Principais xacementos megalíticos en Galiza

IDADE DO COBRE E IDADE DO BRONCEIdade do Cobre A cultura megalítica prolongouse aproximadamente ata o 1500 aC. A partir da última metade do III milenio (2500-2100 aC.) prodúcese en Galicia un gran cambio de consecuencias históricas que vén determinado pola aparición da metalurxia. Asociado a este importante avance tecnolóxico, observase uns intensos intercambios comerciais e a sociedade adopta unhas formas máis ríxidas e xerarquizadas de organización. Progresivamente, a talla da pedra propia do Neolítico vai ser substituída pola tecnoloxía metalúrxica..Finalmente, entre o 1800 e o 1500 aC. rómpese a tradición campaniforme e aparecen novos modelos que definen xa a Idade do Bronce. A actividade económica segue centrándose na agricultura do cereal, na horticultura, na gandería e no aproveitamento dos recursos marítimos. A modo de conclusión podemos falar dunha maior densidade de poboación e un aproveitamento máis intensivo dos recursos do lugar onde se establece.É o momento do incremento do número de tumbas, da monumentalidade do megálito e do apoxeo dos grandes dolmens de corredor, pero tamén da reutilización de monumentos antigos ou da aparición das primeiras fórmulas non megalíticas (cistas pétreas).

A Idade do Bronce.En torno ao ano 1800 aC. e ata o século VI aC desenvólvese a Idade do Bronce. Na Idade do Bronce, a agricultura, a gandería, a caza e a explotación dos recursos mariños seguen tendo un gran peso na economía destes pobos, se ben a novidade que define esta cultura é o desenvolvemento progresivo da metalurxia e dos intercambios comerciais. Os

18

Historia de España 2º bacharelato minerais (ouro, estaño, cobre) serven para realizar xoias, utensilios e armas. Exemplo da riqueza artística deste momento son xoias de ouro macizo como as que constitúen o tesouro de Caldas de Reis. Neste contexto imponse o enterramento individual, rompendo definitivamente coa tradición cultural megalítica. Outra manifestación característica da Idade do Bronce en Galicia son os petróglifos ou gravados rupestres. Trátase de incisións sobre rochas graníticas que aparecen, polo tanto, ao aire libre. As formas decorativas que representan son moi variadas e van dende representacións naturalistas con motivos zoomorfos (sobre todo cervos e cabalos) e antropomorfos ata representacións simbólicas nas que predominas debuxos xeométricos como espirais, círculos concéntricos e liñas onduladas e serpentiformes. En Galicia, os petróglifos localízanse basicamente na zona das Rías Baixas, sobre todo, no val medio do Lérez (nos concellos pontevedreses de Campo Lameiro e Cotovade).

A CULTURA CASTREXAAo longo do século VI aC., vaise implantando en Galicia unha nova cultura ao tempo que se introduce a metalurxia do ferro.Trátase da chamada cultura castrexa porque a súa principal característica é o castro, un tipo peculiar de asentamento utilizado polos pobos que neste momento residen na maior parte de Galicia, o norte de Portugal e o occidente de Asturias. O período de maior implantación abrangue dende mediados do século VI aC. ata a conquista romana (séculos II-I aC.) aínda que a actividade nos castros mantense de forma intermitente durante todo o Imperio Romano. A cultura castrexa é o resultado da fusión dos pobos indíxenas que habitaban Galicia na Idade do Bronce cos pobos centroeuropeos (entre eles os celtas) que penetran no territorio galego a través da conca do Sil. O aporte máis importante dos pobos centroeuropeos é a técnica do ferro.Os castros son asentamentos máis ou menos grandes, de planta circular ou ovalada, rodeados por murallas e fosos e sen ningún tipo de formulación urbanística no seu interior (a lo menos antes da conquista romana) pero perfectamente adaptados ao terreo e as funcións que nel debían desempeñarse. Sitúanse en lugares elevados respecto do terreo circundante. Os castros máis primitivos (moitos deles xa habitados no que aínda consideramos Idade do Bronce) están compostos por construcións circulares de pequenas dimensións e feitas con elementos vexetais como terra e ramas. É o caso do castro de Penalba (Campo Lameiro, Pontevedra), o de A Graña (Melide, A Coruña) ou o de Castromao (Celanova, Ourense). Posteriormente, xa despois da conquista romana, as casas dos castros fanse de pedra traballada. A etapa de maior esplendor da cultura castrexa durará ata finais do século I dC., momento no que os castros se empezan a abandonar ou a ocuparse parcialmente (é o caso do de Viladonga, en Lugo). Os grandes castros, agora romanizados (citanias) acollen un gran número de vivendas, chegando incluso a ter servizos colectivos, unha certa ordenación urbanística por barrios, rúas feitas con lousa e canalizacións para a condución de augas pluviais fóra das murallas. Exemplos de poboados de grandes dimensións son o de Santa

19

Historia de España 2º bacharelato Tegra en Pontevedra, o de San Cibrao de Las en Ourense ou os de Borneiro, Elviña ou Baroña na provincia de A Coruña. As bases económicas destes pobos son a agricultura e a gandería aínda que tamén se practica a caza, o marisqueo, a recolleita de froitos silvestres, a minería, a metalurxia, a olería e os intercambios comerciais. Dispoñen xa dun instrumental agrícola importante como fouciños, aixadas e muíños de man. Nos numerosos asentamentos marítimos, tanto atlánticos como cantábricos, practicábase a pesca en augas próximas á costa e o marisqueo. Estas actividades complementábanse coa explotación dos recursos mineiros alcanzando agora un gran desenvolvemento sobre todo na extracción do metais preciosos como o ouro. Froito desta actividade económica os habitantes dos castros mantiñan intercambios comerciais entre si e con outras culturas.

Principais castros de Galiza

Se pode afirmar que a célula básica da sociedade era a familia. A unidade de maior rango que aglutinaba a familias e centurias era o populus ou pobo vinculado a un territorio claramente demarcado, sen unha autoridade claramente definida e que, en moitos casos, se mantivo nas divisións eclesiásticas altomedievais ( o populus dos nerios, dos galaicos, dos caporos, dos ártabros, …).Se ben é certo que, dende un punto de vista económico e social existía un certo equilibrio entre ser homes e mulleres, non podemos dicir o mesmo no terreo político. As mulleres eran as que herdaban a terra (a dote) pero os homes tiñan outro tipo de bens ou riquezas (por exemplo, o gando e as propiedades domésticas) e tanto uns coma outros non podían contraer matrimonio libremente xa que existían pactos matrimoniais. Sen dubida, no ámbito político e militar son os homes eran os que ostentan a autoridade. En todo caso, a sociedade castrexa é unha sociedade xerarquizada, probablemente presidida por unha elite militar que se sobrepón a unha poboación numerosa e dispersa no territorio.

20

Historia de España 2º bacharelato A existencia de xoias tan valiosas coma os torques, cascos e outras armas de ouro e de esculturas representando guerreiros son signos dunha distribución desigual da riqueza e da importancia dunha minoría dirixente vinculada ao militar, probablemente de orixe céltica.

A ROMANIZACIÓN

O dominio do territorio que os romanos chamarán Gallaecia iníciase no ano 137 aC. coa incursión que fai Décimo Xuño Bruto dende a Lusitania. Esta campaña militar pertence a unha primeira fase da conquista denominada lusitana, na cal se pretende fundamentalmente explorar e pacificar o territorio, e, ao mesmo tempo dar unha lección aos pobos alí establecidos e saquear, sobre todo, a riqueza mineral. Nos anos 61-60 aC. , prodúcese a decisiva expedición de Xulio César que chega por mar a Brigantium, no Golfo ártabro. César chega ata Galicia movido polo desexo de obter riquezas, sobre todo estaño, e polo afán de descubrir novas rutas de acceso. A segunda fase, astur-cántabra, dirixida persoalmente por Augusto entre os anos 29-19 aC., supón a submisión a Roma dos pobos que habitaban dende a actual Galicia ata o País Vasco. O final simbólico destas guerras fíxase no heroico episodio do monte Medulio (feito non comprobado definitivamente). A partir de entón iníciase o proceso de romanización e se procede á organización do territorio cunha serie de reformas administrativas, urbanísticas e de comunicacións.Imponse o nome de Gallaecia, pola denominación dun dos seus populi (os callaici), aínda que non se oficializa ata primeiros do século IV. No ano 305, Diocleciano fai unha nova reorganización do Imperio e crea a provincia de Gallaecia, que abranguía dende o Cantábrico ata o Douro, e dende o Atlántico ata o Sistema Ibérico. O proceso de romanización é un proceso longo no que os elementos do mundo castrexo se van mesturando progresivamente cos elementos da cultura romana ata integrarse nela. Non se trata dunha simple imposición cultural, senón dunha confluencia entre a tradición indíxena e a romana. Deste modo, a conquista non supuxo ningún cambio drástico nos modos de vida e o abandono non foi obrigatorio, convivindo cos novos modelos de habitación. Aínda así, unha parte dos homes foron recrutados forzosamente para as tropas romanas e incluso como escravos, e outros pasaron a traballar nas minas ou noutras actividades. Este proceso de romanización provoca cambios nas bases económicas, impón o latín como lingua universal e introduce novas fórmulas relixiosas que rematarán no cristianismo.O proceso de organización do territorio iníciase coa creación de tres cidades, que levan o nome de Augusto, cada unha cabeza dun conventus ou circunscrición administrativa: Bracara Augusta (Braga), Asturica Augusta (Astorga) e Lucus Augusti (Lugo).

21

Historia de España 2º bacharelato

Conventus galaicos no Baixo Imperio

Os conventos, chamados xurídicos, son divisións territoriais con funcións administrativas, relixiosas (para estimular o culto ao emperador) e xudiciais. Porén, hai que ter en conta que na Galicia romana só recorrían á administración imperial aqueles que o desexaban, e os demais podían seguir regulados polo sistema polo sistema xurídico castrexo anterior. Isto é posible tamén cos órganos de goberno local sempre que se respecten os intereses básicos do Estado romano: manter a paz na rexión, facilitar o cobro de impostos, o recrutamento de soldados e a explotación das minas.

Murallas de Lugo. S. III

Torre de Hércules. S.II Murallas de Lugo. Século III

22

Historia de España 2º bacharelato

Os tres principais núcleos urbanos da Galicia romana e, en xeral, os tres conventos xurídicos estaban enlazados por unha rede de comunicacións baseada en vías trazadas despois da conquista. Estes camiños pavimentados supoñen un factor decisivo na organización do territorio e responden nun principio a fins militares pero, fundamentalmente, a intereses comerciais. A imposición do latín como lingua oficial en Gallaecia só se fai en época tardía,despois de ir desprazando ás linguas indíxenas. Ata entón a lingua romana seguramente conviviu coas linguas dos pobos autóctonos. No ámbito cultural a romanización, ademais da adopción do latín, está ben representada nas obras públicas de carácter práctico e utilitario como murallas, termas, faros, portos ou pontes. Pola contra, non temos noticias de grandes monumentos lúdicos, funerarios nin honoríficos, nin tampouco de templos clásicos, feito que corrobora o mantemento das tradicións, ritos e formas relixiosas propias da cultura indíxena. A fundación de cidades é unha das principais novidades introducidas no poboamento. Estes núcleos urbanos podían tela súa orixe en establecementos militares, en núcleos indíxenas ou ser creacións novas. Lugo, a capital do convento lucense foi, probablemente, na súa orixe un campamento militar instalado no mesmo lugar que un centro relixioso indíxena dedicado o deus Lug. Posteriormente, no século III, rodeouse das murallas que aínda hoxe se conservan.A transformación do hábitat complétase co xurdimento das villae explotaciónsagrícolas estables dirixidas por grandes propietarios (potentiores), cun elevado nivel de vida e que adopta a cultura romana, e que ten ao seu servizo abundante man de obra. En Galicia non consta a presenza de escravos, polo que pode ser que os campesiños tivesen unha relación de colonato co propietario. As villae difúndense por Gallaecia, sobre todo nos séculos II e IV, converténdose en sistemas económicos practicamente autárquicos. As crises de século III que afecta ás cidades, provocada pola presión fiscal e a inseguridade, fan que as clases dominantes se asenten no medio rural e se convertan nos propietarios das terras, asentándose así as bases dos sistema feudal do Medievo.Outra das grandes transformacións que trae consigo o proceso de romanización é a explotación mineira a gran escala. A riqueza mineira do noroeste de Hispania atrae aos romanos, converténdose no seu primordial interese económico. Os principais minerais extraídos foron a prata, o estaño e, especialmente, o ouro. A actividade mineira concentrou un gran número de traballadores libres, pero tamén escravos e condenados a traballos forzados, aínda que descoñecemos en que proporción.No Alto Imperio, a construción de faros como a Torre de Hércules, constata a existencia de rutas marítimas de certa importancia. En xeral, a actividade comercial aumentou coa conquista romana tanto en intensidade como en variedade de rutas terrestres, marítimas e fluviais.A sociedade galaica mantén moitos dos trazos castrexos. Despois da conquista

23

Historia de España 2º bacharelato romana non podemos falar en Galicia de colonización propiamente dita dende un punto de vista social (sí económico), xa que o asentamento en territorio galego foi o mínimo necesa

rio para poñer en funcionamento a estrutura administrativa e a organización dos conventos xurídicos. No Alto Imperio a diferenciación máis clara na estrutura social ven dada polaaristocracia castrexa romanizada que colabora co poder imperial, e por outra banda a maior parte da poboación, o pobo indíxena. Co título de cidadán romano a antiga aristocracia local consigue os plenos dereitos xurídicos e políticos e pode acceder aos cargos máis importantes. O cristianismo penetra en Gallaecia en época tardía e non hai testemuñas dasprimeiras comunidades ata mediados do século III. No medio rural a penetración da nova relixión foi moito menor debido á forza da tradición castrexa. No seu progreso xoga un papel fundamental o priscilianismo, movemento heterodoxo que se implanta fora das cidades ata época sueva e que conecta moi ben en algúns aspectos ca relixión indíxena. Prisciliano, bispo de Ávila, nas súas teses criticaba a degradación da vida relixiosa do momento e a asociación da Igrexa co poder secular. El pretende reformar a organización eclesiástica e propón o celibato e a dedicación exclusiva.Ademais da importancia desde movemento priscilianista, a finais do século IV cabe destacar a presenza dun potente núcleo intelectual cristián, centrado en Braga, articulado en torno a figuras como Hidacio, bispo de Chaves, ou ao historiador Paulo Orosio, discípulo de San Agustín de Hipona.

O REINO SUEVO E O VISIGODODurante a segunda metade do século III o Imperio Romano vive inmerso nunhacrise que o levará, posteriormente, a súa desaparición na zona occidental. En Gallaecia (xa provincia) prodúcense unha serie de transformacións que xunto coa chegada dos pobos xermánicos supoñen a caída do poder de Roma e o inicio dunha nova etapa histórica: a Idade Media.A crise do Imperio se manifesta en Galicia por:

- prodúcese a penetración e difusión do cristianismo- decae a explotación mineira, - reocúpanse algúns castros, - difúndense as villae (auténticos xermolos do feudalismo) - reactívanse e fortifícanse as cidades (é o caso de Lugo).

A estes cambios internos hai que engadir a ameaza que supoñen os pobos xermánicos (suevos, alanos e vándalos) que se materializa a principios do século V coa invasión destes pobos e o fraccionamento definitivo do Imperio romano.Os suevos chegaron a Hispania no ano 406 e no 411 firmaron un pacto (foedus) co emperador Honorio polo que se lles entrega o oeste da provincia de Gallaecia e se garante así un asentamento pacífico. Como eran poucos, arredor duns trinta mil, nun principio

24

Historia de España 2º bacharelato establécense no convento bracarense e fixan a capital do seu reino en Braga. O rei suevo asume as funcións públicas do Estado romano e comprométese a manter a paz e a auxiliar militarmente a Roma. Durante as primeiras décadas, dirixidos polo seu rei Hermerico, manteñen unha actitude pacífica, boas relacións con Roma e un bo entendemento coa sociedade galaico-romana na que se integran progresivamente. Este período remata no ano 429 cando da comezo a súa política expansionista con campañas contra a Lusitania, a Bética e a Tarraconense onde son derrotados polos visigodos na batalla do Órbigo (ano 456). Entón, os visigodos saquean Braga e introducen ao reino suevo na súa órbita, facéndolles abandonar o cristianismo e converténdoos ao arrianismo.A partir deste momento ábrese unha etapa pouco coñecida onde a existencia do reino suevo parece quedar supeditada ao tipo de relación mantida cos visigodos ata que, a mediados do século VI o rei Teodomiro, bautizado, aparta a Gallaecia da órbita arriana visigoda e converte ao reino suevo novamente o cristianismo no ano 559. (San Martiño de Dumio, bispo de Braga). O fin do enfrontamento suevo e visigodo chega no ano 585 cando Leovigildo anexiona definitivamente o reino suevo ao hispanovisigodo, dando así fin á súa existencia como reino independente aínda que é o seu fillo, Recaredo, quen ademais consigue unificar a relixión estatal, ordenando a conversión total, a raíz do III Concilio de Toledo (589). Baixo os visigodos, Gallaecia é un espazo ben definido gobernado por un dux propio emparentado ca monarquía que nalgúns casos chegarán incluso a converterse en reis de Toledo (é o caso de Wamba e de Vitiza).A figura de San Martiño de Dumio ou de Braga é fundamental para entender aépoca sueva e para fixar o cristianismo como relixión de Gallaecia. A organización territorial diocesana e parroquial imposta por el apenas foi retocada ata a actualidade. San Martiño convoca varios concilios, crea mosteiros, igrexas e parroquias e sedes episcopais como mostran as numerosas advocacións o seu nome, integrando así as diferentescomunidades locais nunha rede organizativa que permite á Igrexa controlar o territorio e dominar á poboación reticente ao cristianismo. O bispo trata de erradicar as herexías e as tradicións pagás e priscilianistas, os ritos e as supersticións aínda moi arraigados nos habitantes de Gallaecia. San Martiño de Dumio morre no ano 579.A pegada sueva queda tamén rexistrada na toponimia (Guitiriz, Distriz…) e nos escasos restos materiais e arquitectónicos como a igrexa de San Pedro de Rocas. Noutros casos é difícil saber si se trata de obras suevas ou visigodas como ocorre nos casos das igrexas de Santa Comba de Bande ou San Xoán de Panxón.Polo demais, aínda que parece que agora ten lugar o abandono definitivo doscastros, a organización social e as formas de propiedade e cultivo da terra nonexperimentan grandes cambios. A poboación sueva recibe terras públicas para a explotación agrícola. A forma de xerarquización social está baseada na propiedade da terra. Esta forma de poder vaise a acentuar cos visigodos e permanece ata despois da invasión musulmá a principios do século VIII.

25

Historia de España 2º bacharelato

26