obradoiros de emprego entroido diferente concentración parcelaria · 2018. 12. 14. · lle un...

16
correo electrónico: [email protected] Número 19 Boletín de información municipal Primavera 2017 www www.cartelle.es .cartelle.es A Consellería de Medio Rural destinou o pasa- do ano máis de 500 mil euros para seguir avanzando nas parcelarias da zona de O Mun- dil e na de San Tomé. Xa se construíu a rede principal de camiños destas concentracións, que afectan a máis de 2.500 hectáreas. O Meco de As Teixugueiras e As Bonitas de Sande, incluídas no circuito cultural Mascarada Ibérica, configuran en Carte- lle un Entroido orixinal e singular. Os dous pobos manteñen vivan unha tradición que perdura desde tempo inmemorial. Os Obradoiros Río Arnoia II e III, com- partidos por Ramirás, A Merca e Carte- lle en 2016 e 2017, supuxeron unha oportunidade formativa e laboral para moitos homes e mulleres nas especiali- dades de albanerlía e xardinería. Entroido diferente Entroido diferente Obradoiros de Emprego Obradoiros de Emprego Concentración parcelaria Concentración parcelaria

Upload: others

Post on 03-Feb-2021

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • correo electrónico: [email protected]

    Número 19 Boletín de información municip al Primavera 2017

    wwwwww.cartelle.es.cartelle.es

    A Consellería de Medio Rural destinou o pasa-do ano máis de 500 mil euros para seguiravanzando nas parcelarias da zona de O Mun-dil e na de San Tomé. Xa se construíu a redeprincipal de camiños destas concentracións,que afectan a máis de 2.500 hectáreas.

    O Meco de As Teixugueiras e As Bonitasde Sande, incluídas no circuito culturalMascarada Ibérica, configuran en Carte-lle un Entroido orixinal e singular. Os douspobos manteñen vivan unha tradiciónque perdura desde tempo inmemorial.

    Os Obradoiros Río Arnoia II e III, com-partidos por Ramirás, A Merca e Carte-lle en 2016 e 2017, supuxeron unhaoportunidade formativa e laboral paramoitos homes e mulleres nas especiali-dades de albanerlía e xardinería.

    Entroido diferenteEntroido diferenteObradoiros de EmpregoObradoiros de Emprego

    Concentración parcelariaConcentración parcelaria

  • Cartelle nº 19 Editorial

    Nos últimos comicios municipais, osveciños e veciñas de Cartelle eliximosaos nosos representantes na Corpora-ción Municipal que rexirá o destino do Conce-llo ata maio do ano 2019. Deste resultado,con 8 concelleiros do Partido Popular; 2 doBNG-NÓS e 1 do PSdeG-PSOE, pode deducir-se un alto nivel de aceptación do programaelectoral dos "populares", encabezados porCarmen Leyte Coello, baseado nunha liña detraballo e nun programa continuista respectoás anteriores Corporacións que gobernaron onoso municipio. Hai que agardar agora que

    este novo período sirva para consolidar novosproxectos e iniciativas que sitúen a Cartelle aomesmo nivel de servizos e de infraestruturasque os máis desenvolvidos da nosa terra,para que o progreso non se deteña e que eseesforzo por mellorar e facer as cousas bennon decaia no futuro. Cómpre tamén que oGoberno Municipal e a oposición sexan capa-ces de entenderse no substancial, e de apor-tar ideas e traballo a ese propósito, buscandoo ben común de todos os veciños e veciñaspor enriba das diferenzas e dos intereses par-tidistas. ■

    GASTOS 2017 INGRESOS 2017

    Gastos de persoal 361.000,00 Impostos directos 330.500,00

    Bens correntes e servizos 455.800,00 Impostos indirectos 1.500,00

    Gastos financeiros 2.000,00 Taxas e outros ingresos 164.600,00

    Transferencias correntes 255.200,00 Transferencias correntes 751.100,00

    Investimentos reais 120.000,00 Ingresos patrimoniais 1.100,00

    Transferencias de capital 0,00 Alleamento de investimentos 0,00

    Activos financeiros 0,00 Transferencias de capital 1.200,00

    Pasivos financeiros 56.000,00 Activos/pasivos financeiros 0,00

    TOTAL GASTOS 1.250.000,00 TOTAL INGRESOS 1.250.000,00

    A solidariedade, clave no orzamento municipal de CartelleA solidariedade, clave no orzamento municipal de CartelleA mellora dos servizos básicos edas infraestruturas, e o avance naspolíticas sociais, máis necesariasque nunca, son aspectos que,como en anos anteriores, condicio-naron o orzamento municipal deCartelle en 2017, aprobado enpleno pola Corporación. Os capítu-los de gastos en bens correntes eservizos, persoal, transferenciascorrentes, investimentos reais, gas-tos e pasivos financeiros configura-ron un montante de 1,25 millóns deeuros. A maior parte dos ingresosnas contas públicas de Cartelle xur-diron dos impostos directos, dastaxas municipais e das transferen-cias correntes. ■■

    Páxina 2

  • AAlimpeza e rehabilitación de fontes e lavadoiros públicos,o acondicionamento de parques infantís e zonas ver-des, así como a limpeza e reparación de beirarrúas en

    varios pobos do concello de Cartelle foron algunhas das actua-cións levadas a cabo polo Obradoiro de Emprego "Río ArnoiaIII", que se desenvolveu durante seis meses (de setembro de2016 ata marzo de 2017), en Ramirás, A Merca e Cartelle. Trá-tase dun novo proceso formativo para 19 traballadoresdesempregados e serve de continuidade a outras iniciativassemellantes promovidas polo Consorcio do Río Arnoia, queagrupa a estes tres concellos da Terra de Celanova. No seufinanciamento (tivo un custe de 179.134 euros) participaron aXunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Empre-go e Industria, e o Fondo Social Europeo, mentres que os Con-

    cellos aportaron os materiais de obra empregados nos distin-tos proxectos.

    Este programa ofreceu aos alumnos a posibilidade de acce-der a un posto de traballo, ao tempo de recibir formación espe-cializada en albanelería e xardiniería. Ao remate, os participan-tes reciben un certificado profesional de validez nacional.

    Obradoiro da Mancomunidade Terra de CelanovaA Consellería de Economía, Emprego e Industria tamén financiouo Obradoiro de Emprego "Empredexoven" de Garantía Xuvenil,promovido pola Mancomunidade Terra de Celanova. Neste caso,a formación encádrase íntegramente na especialidade de xardi-nería, con 15 alumnos e alumnas. No proceso formativo realizantarefas de mantemento en zonas verdes e recreativas.

    Obradoiro “Río Arnoia II”

    A creación de emprego e a formación laboral sonobxectivos primordiais do Consorcio formado polosConcellos de A Merca, Ramirás e Cartelle. Antes doObradoiro "Río Arnoia III", a primeiros de 2016 culmi-nou outro proxecto formativo, "Río Arnoia II", quetamén axudou a outras 20 persoas, durante seismeses, a encamiñar o seu futuro profesional noseidos da xardinería e albanelería. No noso municipio,os traballos centráronse en áreas recreativas do Viei-ro, e nas fontes e lavadoiros de Santabaia, Sabuce-do e Santa Cataliña.

    Obradoiro “Río Arnoia III”

    Cartelle colaborou na formación teóricae prática de 19 persoas durante seis mesesnas especialidades de albanelería e xardinería

    Páxina 3

    Cartelle nº 19. Primavera 2017

    Santa Cataliña

    Vilar de Vacas

    Sande

  • Cartelle nº 19. Primavera 2017

    Páxina 4

    Novos proxectos municipais

    O Concello realizouobras con fondos propiose co apoio da DeputaciónProvincial e da Xunta

    OConcello de Cartelle acometeu durante o ano2016 novos proxectos de obras, encamiña-dos a mellorar os servizos e as infraestrutu-

    ras municipais que inciden nunha mellor calidadede vida de todos os veciños e veciñas do municipio.Ao mesmo tempo, xestáronse novas iniciativas queserán realidade ao longo de 2017.

    O PLAN DE REPARACIÓN DE PISTAS LEVAINVESTIDOS MÁIS DE 600 MIL EUROSO Concello de Cartelle deseñou un plan para a reno-vación da capa de rodadura de estradas, pistas,camiños e accesos aos pobos que se desenvolveráata o ano 2019. Ademais das obras contempladasno Plan Marco nos últimos anos, son varios os pro-xectos executados ou a piques de concretarse quecontan co financiamento e apoio técnico da Deputa-ción Provincial de Ourense. Como exemplos temos aprimeira fase da estrada de Sande a Cartelle, con60.000 euros (está pendente a segunda fase, quecontará cunha cantidade semellante). Outros120.000 euros están contemplados na mellora daestrada entre Outomuro e Vilavidal, dos que xa selevan investidos 60.000 da primeira fase. Neste planencádrase o acceso a Madarnás e diversas mellorasno campo de Cartelle (60.000 euros en total), eobras dos Planes Provinciais, como as travesías deA Seara e As Teixugueiras e o tramo Ulfe-Vieiro.Tamén se completou a mellora e pintado decapa de rodadura entre Espiñoso e Ponte da Ella e osaccesos a Vilar e A Teixeira. Outras infraestruturasrealizadas nos últimos meses foron a terceira fasedo acceso á praza do Concello, con 46.472 euros daXunta de Galicia; e a depuradora de augas residuaisen A Lagoa, con 90.000 euros da ConfederaciónHidrográfica Miño-Sil.

    MELLORA DE CAMIÑOS EN SANDE,FREIXOSO E MUNTIÁN, CO PLAN MARCOO Plan Marco da Xunta de Galicia, que xestiona a

    Estrada A Seara-Trelle

    Sande-Oleiros

    A Ulfe

    A Seara

  • Cartelle nº 19. Primavera 2017

    Páxina 5

    Axencia Galega para o Desenvolvemento Rural,permitíu realizar as obras de mellora en camiñosmunicipais de acceso a explotacións agrarias noconcello de Cartelle. Este programa para potenciaras infraestruturas, que conta con financiamento daUnión Europea a través dos Fondos FEADER, desti-nou 61.716 euros a vías secundarias de Sande,Freixoso e Muntián.

    REFORMA DE CAMIÑOS NA ZONA DA CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE O MUNDILA Consellería de Medio Rural destinou 181.510,44euros ao proxecto de mellora da capa de rodadurade varios camiños na zona da concentración parce-laria de O Mundil. Ao mesmo tempo, nos últimosmeses realizáronse traballos de apertura de pistasnas novas concentracións de Santo Tomé-Seixadase de Santabaia.

    MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICAE DA ILUMINACIÓN PÚBLICA EN CARTELLEA Xunta de Galicia e o Concello colaboraron econó-micamente no proxecto de reforma e mellora ener-xética do alumeado público do Campo da Feira e datravesía de Cartelle, que tivo un custe de 20.896euros (o Concello aportou o 20% desta cantidade).Foi unha iniciativa destinada a favorecer o aforroenerxético sen afectar á calidade da subministra-ción e do servizo público. Ademais das obras nocadro de mando, instaláronse 45 novas luminariasde tecnoloxía LED.

    INSTALACIÓN DA CUBERTA NA PISTA DEPORTIVAAO AIRE LIBRE DA ULFEO Concello de Cartelle investíu 42.126 euros namellora da pista deportiva da Ulfe, que conta agoracunha cuberta de protección contra as inclemen-cias meteorolóxicas. A parte máis importantedeste orzamento foi para a estrutura metálica, e oresto para os traballos de movemento de terras,cimentacións e a cubrición deste espazo lúdico,deportivo e de lecer. Con anterioridade reparouse oparque infantil da Ulfe, dentro do proxecto demellora de áreas recreativas que tamén beneficiouás de As Marabillas, Espiñoso, Santabaia, Sabuce-do, Bagullo, Terzas, Campo da Feira de Cartelle,Prado, Outomuro e a ruta de O Santo.

    Pista deportiva de A Ulfe

    Santo Tomé

    Augalevada-Freixoso

    Vilar de Vacas-A Pontenova

  • Cartelle nº 19. Primavera 2017

    Páxina 6

    Eleccións autonómicas e xerais en 2016

    O Partido Popular volveu ser a forza política máis votada en Car-telle na doble cita electoral de 2016: o 26 de xuño, na repeticióndas Eleccións Xerais, e o 25 de setembro, con motivo dos comi-cios autonómicos. Nesta ocasión, a candidatura popular acadou1.203 votos (63,79%), a considerable distancia dos outros parti-dos: PSdeG-PSOE, 277; BNG-NÓS, 191; En Marea, 150; Democra-cia Ourensana, 30; Ciudadanos, 21; PACMA, 5; CxG, 2; PAYJ, 1;Recortes Cero-Grupo Verde, 1; e VN, 1. Tamén se contabilizaron 15votos nulos e 4 en branco. O índice de participación en Cartellefoi do 74,46% (nas anteriores, en 2012, fora do 74,73%). Traloescrutinio a nivel provincial, o PP acadou 9 deputados; o PSdeG-PSOE, 2; En Marea, 2; e o BNG-NÓS, 1. En Galicia: o PP gañou con41 escanos; En Marea e PSdeG-PSOE acadaron 14 cadanseu,mentres que o BNG-NÓS, ten 6 representantes.

    O Partido Popular reafirmou o seu dominioen Cartelle con máis do 60 por cento dos votos

    Alberto Núñez Feijóo resultou reele-xido presidente da Xunta de Galiciapor terceira vez consecutiva. Naimaxe, recibindo a felicitación decargos orgánicos do PP a nivel esta-tal e autonómico, entre eles a alcal-desa de Cartelle e senadora, Car-men Leyte.

    (Eleccións Autonómicas)

    Carmen Leyte renovou asúa acta como senadora

    A victoria do Partido Popular nas ElecciónsXerais do 26 de xuño foi tamén clara enCartelle e na provincia de Ourense, aíndaque cunha porcentaxe algo inferior ao dasAutonómicas. Para o Senado, CarmenLeyte, que renovou a súa acta, acadou85.138 votos en toda a provincia. Repre-senta a Ourense na Cámara Alta, xunto aEdelmira Barreira (PP), Francisco Fernán-dez (PP) e Luis García Mañá (PSdeG-PSOE). Na votación para o Congreso, o PPrecibíu en Cartelle 1.173 votos (61,77),superando ás candidaturas do PSdeG-PSOE, 406 (21,38%); Podemos-En Marea-ANOVA-EU, 208 (10,95%); BNG-NÓS, 52(2,74%); e Cidadáns, 44 (2,32%). Dos par-tidos considerados minoritarios, só conse-guiron algún voto o PACMA (9) e o PCPE(2). A participación foi do 74,65%, casecinco puntos por riba da media provincialde Ourense (69,82%).

    O Partido Popular foi o gañadoren todas as mesas electorais deCartelle, unha situación que serepite desde hai máis de 25anos, en todas as convocatoriasás urnas (municipais, xerais,autonómicas e europeas).

    Manuel Bande Díaz, de 100 anos, entregando o seu votoá presidenta da mesa de Cartelle, a súa neta ArantxaSeara Bande. Na imaxe inferior, votación en Outomuro.

  • - Figura vostede entre os alcaldes e alcaldesascon máis experiencia da provincia de Ourense,xa que afronta o sétimo mandato no Concello deCartelle. ¿Cales son os obxectivos primordiaisnesta nova etapa?Carmen.- Cando cheguei por primeira vez á Alcaldía,hai xa 26 anos, tiña toda a ilusión de traballar polos veci-ños e veciñas do meu concello e, agora, aíndo conservoese sentimento igual que a o primeiro día que exercíncomo alcaldesa. Para min é fundamental escoitar ás per-soas para saber cales son os seus problemas e preocu-pacións, para poder resolvelos con eficiencia e o máisrápido posible. E comparto co resto dos concelleiros otraballo diario para que todos os cidadáns se sintanorgullosos de teren nacido ou de formar parte do conce-llo de Cartelle. A nosa prioridade é favorecer a formacióne a creación de emprego e que haxa máis e melloresservizos públicos en todos os pobos.- ¿Qué valoración fai da situación actual de Car-telle, a nivel de servizos e de infraestruturas?Carmen.- Hai quen dí que Cartelle dispón dun bo nivelde servizos. Pero, aínda que sexa certo, debemos mirarpor melloralos, tanto as prestacións sociais, como asredes viarias, o abastecemento, o saneamento ou a ilu-minación pública, factores que inciden nunha mellor cali-dade de vida de todos os veciños e veciñas do noso con-cello.- No que queda do actual mandato, ¿en qué vaicentrar a súa xestión desde a Alcaldía?Carmen.- Conservar e mellorar eses servizos aos queme refería centra boa parte do noso esforzo, tratando deconsolidar o que xa está feito, pero sen descartar nuncanovas iniciativas de progreso e modernización do muni-cipio. Debemos seguir apoiando ás persoas e ás familiasmáis necesitadas, e buscando solucións a un dos pro-blemas que ten o medio rural, como é a perda de pobo-ación. Fácil non é, pero debemos intentalo, con progra-mas e iniciativas que axuden a asentar poboación, comopoden ser as concentracións parcelarias e a formaciónlaboral. Para elo é necesario unha implicación a granescala por parte dos políticos que temos a representa-ción no Concello, as distintas Administracións públicas eos propios veciños e veciñas de Cartelle. ■

    - ¿Qué destacaría entre as iniciativas municipais dos

    últimos meses?Carmen.-A mellora de espazos públicos e de varias estra-das e camiños supuxo un esforzo importante, o mesmo queos traballos das concentracións parcelarias. Tamén nosocupamos do emprego, cos Obradoiros Río Arnoia 2 e 3, edo medio ambiente, coa contratación dunha brigada fores-tal. Sen esquecer as actividades culturais, educativas,deportivas e sociais, e un feito destacado, como foi a home-naxe a o Padre Manuel Feijóo, que da nome ao AuditorioMunicipal.- ¿E cómo se presenta este 2017 na planificación do

    Goberno municipal?Carmen.- Hai proxectos xa aprobados e outros que seirán concretando nos próximos meses. Queremos queavance o proceso de parcelación agraria e que se defina aFundación Carlos Velo, para lembrar en Cartelle a un dosfillos predilectos do noso concello. E, como todos os anos,nos ocuparemos de mellorar as vías de comunicación entreos distintos pobos que son competencia do Concello e xes-tionaremos que se faga o mesmo coas outras que son detitularidade autonómica ou provincial.

    - ¿E a nivel de formación e de emprego?Carmen.- Despois da experiencia dos últimos obradoirosde emprego, a nosa intención é seguir apostando por estavía de formación e traballo para que as persoas desempre-gadas teñan máis oportunidades de acceder a ao mercadolaboral. De feito, xa temos pensado solicitar outro Obradoi-ro, compartido cos concellos de A Merca e Ramirás, paraaxudar aos desempregados a ter un traballo digno.

    Carmen Leyte Coello,alcaldesa:

    Saber escoitar aos veciños eveciñas é importante paraunha boa xestión doConcello e para definir asprioridades que nos permitanseguir progresando

    Cartelle nº 19. Primavera 2017

    Páxina 7

  • Páxina 8

    Cartelle nº 19. Primavera 2017

    Unha brigada forestal de cinco persoasdesenvolveu un importante labor deextinción de incendios forestais no conce-llo de Cartelle e na comarca, ademais derealizar tarefas de limpeza e desbroces dexeito preventivo. Durante tres meses doverán e do outono, os operarios dispuxe-ron de medios de transporte facilitadospolo Concello de Cartelle e materiais deextinción aportados pola Consellería deMedio Rural da Xunta de Galicia. A crea-ción destas brigadas supón outra contri-bución a mitigar o paro, o mesmo que asdistintas contratacións realizadas a travésdo Plan de Emprego da Deputación, convarios operarios para a brigada de obras.

    A brigada contra incendiostamén creou emprego

    A Consellería de Medio Rural investíu o pasado ano máisde 500 mil euros nas parcelarias de San Tomé e O Mundil

    AConsellería do Medio Rural destinou o pasado ano unorzamento de máis de 500.000 euros para seguir avan-zando nas parcelarias das zonas de O Mundil e San Tomé. Aconcentración parcelaria de Mundil afecta a unha superficiede 885 hectáreas, pasando das 15.471 parcelas a 2.520 fin-cas, propiedade de 813 veciños. Actualmente atópase enfase de acordo firme e leva un investimento executado de 3,8millóns de euros. En 2016 executouse unha obra de mellorade camiños por importe de 166.000 euros. No caso da par-celaria de San Tomé, afecta a unha superficie de 1.719 hec-táreas, propiedade de 1.090 veciños. No último ano, a Con-sellería destinou 360.000 euros para a execución da rede decamiños principais, sendo o investimento executado ata o de

    agora nesta zona de preto de 500.000 euros.Durante a visita ás obras de apertura de camiños na zona

    de O Mundil, a conselleira Ángeles Vázquez, acompañadapola alcaldesa, Carmen Leyte, a delegada da Xunta, MarisolDíaz, e outros membros da Corporación e técnicos da Conse-llería, sinalou que a reestruturación parcelaria é fundamentalpara o despegue socioeconómico do rural galego, en xeral, edo agro en particular, posto que permite a redimensión dasexplotacións agrogandeiras, facéndoas máis rendibles, sus-tentables e competitivas no mercado.. Por iso, engadiu, épreciso seguir avanzando nestes procesos, os cales taménpermiten mellorar as vías de comunicación, o que redundanunha mellora da calidade de vida no rural. ■

    Xa son máis de 4.700 as hectáreas concentradas en Cartelle, o que supuxo uninvestimento de preto de 10 millóns de euros nos últimos anos.

    Visita da conselleira de Medio Rural aos traballos da concentración en O Mundil.

  • Páxina 9

    Cartelle nº 19. Primavera 2017

    Reapertura da gardería infantil,con oito nen@s

    Financiouse a través da Xunta, Goberno de España e Unión Europea

    Completada a reforma da praza do Toxal e o entorno daCasa do Concello coa renovación das vías de accesoNos últimos meses quedou completada a tercei-ra e última fase do proxecto de acondicionamen-to e renovación de servizos do entorno da Casado Concello e da praza do Toxal de Outomuro.Realizouse a través de Vicepresidencia e Conse-llería da Presidencia da Xunta de Galicia, que con-tou tamén co financiamento de fondos europeosFEADER e do Ministerio de Agricultura, Alimenta-ción e Medio Ambiente do Goberno de España. Aobra forma parte do Programa de Desenvolve-mento Rural de Galicia 2014-2020, promovidopola Xunta de Galicia e que ten por finalidadefomentar a inclusión social, a reducción da pobre-za e o desenvolvemento económico nas zonasrurais. O proxecto permitíu acometer un cambioestético e funcional na zona que conta o maiornúmero de servizos do Concello de Cartelle.

    O aumento da demanda de prazas para aescolarización de nenos e nenas menoresde tres anos permitíu a reapertura da gar-dería de Cartelle, integrada na rede auto-nómica "Galiña Azul", dependente do Con-sorcio Galego de Servizos de Igualdade eBenestar, da Consellería de Política Social.Oito alumnos comezaron o curso nestainiciativa para conciliar a vida laboral efamiliar. Houbo reunións cos pais e nais eun breve período de adaptación. ■

    Eliminouse o asfalto, dando paso no pavimento ao empedrado conadoquín de granito e, en menor medida, con formigón.

    A remodelación da praza do Toxal, do entorno da Casa do Concello e dos accesos reali-zouse en colaboración coa Xunta de Galicia e co financiamento de fondos europeos.

  • Páxina 10

    Cartelle nº 19. Primavera 2017

    O Concello de Cartelle traballa para que non se esqueza a figura e obra de

    Carlos Velo, o cineasta galega máis coñecido e recoñecido a nivel interna-

    cional, nun esforzo no que tamén colaboran a Deputación Provincial de

    Ourense e a Xunta de Galicia. Velo, primeiro en Galicia e despois en México,

    foi un innovador da linguaxe e da técnica cinematográfica.

    AFundación vai supor a posta envalor da figura de Carlos Velo e pre-tender ser unha plataforma para

    dar a coñecer a súa figura, pero taménpara promocionar o audiovisual, en xeral,que xa ten impronta na Terra de Celano-va polo Curso de Verán que ten lugar nacapitalidade comarcal. Servirá para orga-nizar xornadas, cursos, seminarios, ci-clos, etc, arredor da súa obra cinemato-gráfica, da dos seus discípulos e do do-cumental. Pretende establecer relaciónsde cooperación con institucións e colec-tivos dentro e fora de Galicia, incluídoMéxico.

    Outros obxectivos serán a promociónde exposicións, actividades e publica-cións vencelladas coa obra de CarlosVelo, no seu espectro máis amplo, asícomo promover un fondo filmográfico ebibliográfico relacionado coa súa figura,facendo fincapé na súa variante antropo-lóxica, etnográfica e socioeconómica noámbito do medio rural.

    Terá tamén un carácter solidario, pro-movendo bolsas e estímulos económicosdestinados a fomentar o o xénero docu-mental en todos os seus soportes e for-matos.Outros obxectivos da Fundación CarlosVela serán a promoción de material audio-visual nos diferentes formatos e soportesde cara a extender o labor de Velo, en par-ticular os enmarcados no xénero documen-tal, e contribuir ao fomento do sectoraudiovisual galego. Por último, pretendecrear un premio anual de referencia enGalicia que recoñeza traballos en diferen-tes eidos audiovisuais e sirva para promo-cionar aos novos creadores da nosa terra.

    A Fundación bota a andar promovida polo Concello de Cartelle e polaspersoas que desde hai varios anos están intentando levala a cabo. Car-men Leyte destaca "a colaboración da Deputación de Ourense e do seupresidente, Manuel Baltar, xa que non sería posible sen a súa axuda, perotamén da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura". "A nosaidea -recalca Carmen- é botala a andar e ir sumando a persoas e entida-des que o Padroado considera importantes para a fundación polos seusaportes para aumentar o seu labor e repercusión". A alcaldesa consideraque "Cartelle non pode dar as costas ao noso persoeiro máis internacio-nal e recoñecido en moitos ámbitos, máis que na súa propia casa".

    Carlos Velo xunto aGabriel García Már-quez (foto superior);debaixo, a casa fami-liar e actuación dogrupo de panderetei-ras “O Forrollo” nunacto de homenaxe aocineasta, no Auditorio.

  • Páxina 11

    Cartelle nº 19. Primavera 2017

    Ademais de Fillo Predilecto do Concello de Cartelle

    O Padre Manuel Feijoo da nome ao Auditorio

    OAuditorio Municipal de Cartelle,en Outomuro, é desde hai variosmeses o Auditorio Municipal

    Padre Manuel Feijoo. Desta forma, rín-dese unha nova homenaxe a unha dasfiguras clave da música sacra galega doséculo XX, recoñecida xa polo Concellocomo "Fillo predilecto". O acto oficialreuníu a representantes da Corporaciónlocal e a familiares e integrantes daAsociación de Exorfeonistas e amigosdo Padre Manuel Feijoo. Coincidindo co

    14º cabodano do seu pasamento, inter-pretouse no Mundil a súa famosa misaa 4 voces e órgano, e como preámbulodos actos que se celebraron despois noAuditorio Municipal. Tralo descubre-mento do letreiro que reivindica nafachada ao Padre Manuel Feijoo, aalcaldesa, Carmen Leyte, presentou oacto de homenaxe no que se leu a actada aprobación plenaria e deu paso apersoas relevantes á hora de lembrar aoinsigne músico de Cartelle: o seu sobri-

    ño Enrique Mourille Feijoo, o ministroprovincial dos Padres Franciscanos enGalicia, José Antonio Castiñeira, e opresidente da Asociación de Exorfeonis-tas e Amigos do Padre Feijoo, SantiagoLópez.

    A Coral Terra Nosa e membros daAsociación interpretaron algunhas dasobras do Padre Manuel Feijoo que ositúan nun lugar destacado na historiada música clásica e coral da nosa Gali-cia. ■

    Convenio cultural coaDeputación de Ourense

    Cartelle forma parte da Rede Provincialde Espazos Culturais de Ourense, quepatrocina a Deputación Provincial deOurense. A alcaldesa, Carmen Leyte,asistíu á sinatura do convenio paradesenvolver unha programación cultu-ral coordinada entre a Deputación e osconcellos, co obxectivo de fomentar edifundir a música e as artes escénicas.A institución provincial destina en dúasanualidades un total de 200.000 eurospara desenvolver este programa. ARede xa programou e celebrou ao longodo pasado ano 36 actuacións nas queparticiparon 23 grupos ou solistas.

    Carmen Leyte, xunto ao presidente da Deputación, Manuel Baltar, artistas e osalcaldes dos concellos que participan na Rede Provincial de Espazos Culturais.

  • Páxina 12

    Cartelle nº 19. Primavera 2017

    Recoñecementos áMancomunidade de Celanova

    Carmen Leyte asistíu en Santiago ao acto deentrega á Mancomunidade Terra de Celanovadun dos Premios Coopera, instituídos polaXunta de Galicia e a Federación Galega deMunicipios e Provincias. O xurado valorouentre os méritos da entidade mancomuada ainstalación dun novidoso control automáticodos sistemas electrónicos dos seus edificios,o que redunda nun aforro económico do 45%.Na imaxe, xunto aos presidentes da Xunta eda Deputación, a conselleira de Medio Am-biente e representantes da Mancomunidade

    A alcaldesa de Cartelle e senadora, Carmen Leyte, asistíu en Madrid ápresentación da nova edición de "Galicia a todo tren", o programa de trensturísticos da Comunidade Galega. Como novidades, para a tempada de2017, amplíanse as rutas destacando que neste ano circularán en Galiciaun total de 11 trens turísticos, dous máis que o ano pasado, cunha previ-sión de 56 saídas. . Desta forma, este ano poñerase en funcionamento o"Tren Ourense termal" e o "Tren da Coruña". Este foi un proxecto turísticopioneiro que se iniciou no ano 2013 e que grazas á cooperación institu-cional entre RENFE, a Deputación de Ourense e Turismo de Galicia cincoanos despois o programa dos trens turísticos de Galicia é un exemplo paraa posta en valor dos recursos e os produtos turísticos do noso territorio.

    A Deputación de Ourense, líder en Galicia en e-Administración

    co sistema de xestión electrónica para concellos da provincia

    Cartelle participa nun novidoso sistemaintegral de xestión electrónica de proce-dementos administrativos, promovidopola Deputación de Ourense e que sitúaa esta institución como líder dos gober-nos provinciais en Galicia en e-Adminis-tración. É un proxecto dirixido a conce-llos de menos de 20.000 habitantes emancomunidades que permite realizar atramitación dos procedementos admi-nistrativos con máis axilidade e reduc-ción do gasto público.

    As comarcas de Terra de Celanova e BaixaLimia liderarán a rexeneración laboral naprovincia de Ourense. Así o reflicten osdatos do Observatorio Económico Ouren-sán, presentados na Casa do Concello deCelanova coa participación do presidente daDeputación de Ourense, Manuel Baltar; oprofesor da Universidade de Vigo AndrésMazaira, e o xerente do Inorde, JoséManuel Rodríguez. O tenente de alcaldeJaime Sousa representou a Cartelle.

    Carmen Leyte, en Fitur-2017

    Observatorio Económico da comarca de CelanovaObservatorio Económico da comarca de Celanova

  • Cartelle, terra de centenarias

    JOSEFA ÁLVAREZ E ESPERANZA RODRÍGUEZ SOPRARONVELAS E FIGURAN ENTRE OS GALEGOS DE MÁIS IDADE

    Josefa Álvarez, a avóa de Ourense e a se-gunda máis lonxeva de Galicia, cumpríu 111anos o pasado 16 de febreiro na ResidenciaNosa Señor do Mundil. Familiares e traba-lladoras do centro prepararon a que ía ser,outro ano máis, unha celebración especial,a ritmo de pandereteiras e cunha grantarta. Estivo acompañada pola alcaldesa,Carmen Leyte, e unha representación daCorporación local, ademais do conselleirode Política Social da Xunta,José Manuel Rey, do bispo Leo-nardo Lemos, e da cúpula direc-tiva da Fundación San Rosendo,que xestiona o centro.

    A pesar da idade, "Josefasegue sendo unha persoa ani-mada e alegre, e participa endiferentes actividades de me-moria", segundo a directora,Vicenta Freire. Perdeu algo deoído, que se pode considerarnormal a esta idade, e tan sótoma unha pastilla ao día. Sem-

    pre tivo unha vida saudable e moi activa,traballando no campo, aspecto que puidoinfluir en que apenas teña enfermidadesnin problemas de saúde.

    Josefa Álvarez encargouse de coidar aosseus oito irmáns cando eran pequenos e aoseu propio pai, despois de que quedasecego. Actualmente é a única da familia quepermanece con vida.

    Carmen Leyte destacou o "traballo e o

    cariño" dos profesionais na atención aJosefa e demáis residentes en O Mundil eo conselleiro Rey Varela sumou tamén oseu recoñecemento a esa labor de coidadodas persoas maiores con motivo do cum-preanos.Un día especial para EsperanzaO 1 de febreiro foi un día especial. A nosaveciña de Sabucedo Esperanza RodríguezCouto cumpríu 100 anos. Esperanza non

    manaxe as redes sociais, perosempre manexou o máis impor-tante: ter bo humor, ser positiva,traballadora e preocuparse dasúa gran familia e dos veciños.Sempre lle gustou ter a casaimpecable e co traballo docampo, atender os animais e oseu xardín. É un exemplo devida. Carmen Leyte tivo a honrade felicitala en nome de todos,riron xuntas e lembraron á súairmá Carmen, que xa marchouhai uns poucos anos.

    Representantes da Xunta de Galicia,do Concello de Cartelle e da Funda-

    ción San Rosendo acompañaron aJosefa na Residencia de Outomuro.

    Con 111 anos, Josefa Álva-rez é unha das persoasmáis lonxevas de España ede Europa.

    Carmen, conEsperanza e a

    súa filla Lola.Páxina 13

  • Páxina 14

    Mundilcabalo, organizada pola Asociación de Cabalistas de O Mundil, que presideJaime Sousa, reuníu en Nogueiró a centos de afeccioados ao deporte ecuestre. Houboactuacións musicias, con especial protagonismo de Lucía Valladares, e as xa clásicasprobas de andadura, ruta ecuestre, enganche e un espectáculo medieval. A Festa doCabalo chegará este ano, os días 10 e 11 de xuño, á súa vixésima edición.

    A Romaría de As Marabillas segue aser unha das celebracións relixiosasmáis importantes da provincia deOurense. Cada ano renóvanse asofrendas dos crentes a unha Virxecon sona de milagreira e favorece-dora dos desexos de cada quen.

    No pasado verán, a Mancomuni-dade Terra de Celanova organizouactividades acuáticas na piscinamunicipal de Outomuro. Os máispequenos participaron nun cursode kayak, para aprender a practi-car o piragüismo na modalide depiscina. Pero tamén tiveron a opor-tunidade de perfeccionar a súatécnica de natación. O Concello deCartelle organizou, asemade, unhafesta infantil a carón do polidepor-tivo, con xogos e inchables, na quenenos e maiores disfrutaron sencomplexos dun día de festa moiespecial.

    E non só no verán. Cartelle é un lugar agrada-ble e con bos servizos públicos para vivir todoo ano. O Concello organiza actividades e cola-boración con agrupacións culturais, deporti-

    vas e de veciños para unha maiordinamización dos nosos pobos.No verán, no tempo de lecer edescanso, o protagonismo é paraas piscinas, lugar de encontropara moitos veciños e visitantes,e de diferentes actividades paraos máis novos.

    Xoves cabalistas e participantes no espectáculo medieval da última edición.

  • Páxina 15

    A Banda de Gaitas de A Merca, Barba-dás e Cartelle ofreceu o xa tradicionalconcerto de Reis. Unha actuación queserve para comprobar o gran nivel destaagrupación musical que dirixe Xohan M.Xil Páxaro e que figura entre as melloresbandas de gaitas de Galicia.

    Os Reis Magos cumpriron, unano máis, a súa promesa e col-maron de agasallos aos máisnovos do concello. Foi o 5 dexaneiro un día de ledicia, músi-ca, animación e moitos agasa-llos. A alcaldesa, Carmen Leyte,agradeceu a presencia de Mel-chor, Gaspar e Baltasar parafacer felices aos nenos e nenasde Cartelle e convidounos a vol-ver o vindeiro ano. Houbo agasa-llos para todos os rapaces erapazas, adaptados as diferen-tes idades, algúns deles conpoucos meses de vida. OsMagos de Oriente tamén visita-ron a Residencia da Nosa Seño-ra do Mundil.

    Despois de 23 edicións, o Maratón de Fútbol Sala de Cartelle, é un dos máis importantes da provinciade Ourense. Este evento deportivo, que organiza o Concello coa colaboración da Deputación Provincial,rexistrou un importante éxito para os equipos locais. O Outomuro, á esquerda, recibíu do concelleiroDani Fernández o trofeo de segundo clasificado, e o equipo de As Teixugueiras, o terceiro.

    Cartelle nº 19. Primavera 2017

  • Edita: Concello de Cartelle - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU 173-98

    O concello de Cartelle ten en Sande eAs Teixugueiras a dous dos Entroidosmáis enxebres e orixinais da nosa terra.As "bonitas", que teñen participado xaen varias representacións da Mascara-da Ibérica en España e Portugal, conta-ron con convidados do Entroido lisboetae do actor e director Rubén Riós, encar-gado do pregón e de compartir este díade festa en Sande. O meco "Tram" exhi-bíu os seus atributos no carro que per-correu as rúas e camiños de As Teixu-gueiras, noutra singular celebración queatrae cada ano a numeroso público e amedios de comunicación de toda Gali-cia. A tradición rememora o día no queos veciños, hai varios séculos, prende-ron ao recadador de tributos e paseáro-no atado no carro por todo o pobo earredores.Sande

    As Teixugueiras