galicia sindical numero 15

8
Máis de 25.000 persoas manifestá- ronse en Santiago de Compostela o pa- Galicia Sindical Órgano de comunicación do S. N. de CCOO .. .. 25.000 manifestantes en defensa da sanidade pública galega n Éxito de participación na marcha convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, da que forma parte o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras DIXITAL www.galicia.ccoo.es Comisións Obreiras participou na manifestación cunha ampla delegación e pancarta propia O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia puxo en coñece- mento da Xunta un extenso relatorio coa finalidade de lle reclamar ao Goberno autonómico a modificación dos Orza- mentos de 2011, para que así se poidan cumprir os diferentes acordos acadados no proceso de diálogo social. O secretario xeral do Sindicato Nacio- nal de Comisións Obreiras, Xosé Manuel Sánchez Aguión, explica as principais claves dun documento que foi remitido tanto á Consellaría de Traballo como aos voceiros dos grupos parlamentarios do PSOE, PP e BNG. / Páx. 2 sado 21 de novembro. A convocatoria partiu da Plataforma en Defensa da Sa- nidade Pública, da que forma parte Co- misións Obreiras. / Páx. 4 Número 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena) CCOO PIDE MODIFICAR OS ORZAMENTOS DE 2011 PARA CUMPRIR CO DIÁLOGO SOCIAL

Upload: oscargaliza

Post on 03-Jul-2015

303 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Galicia sindical numero 15

Máis de 25.000 persoas manifestá-

ronse en Santiago de Compostela o pa-

Galicia SindicalÓrgano de comunicación do S. N. de CCOO

. . . .

25.000 manifestantesen defensa da sanidadepública galegan Éxito de participación na marcha convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública,da que forma parte o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras

D I X I T A L

www.galicia.ccoo.es

Comisións Obreiras participou na manifestación cunha ampla delegación e pancarta propia

O Sindicato Nacional de Comisións

Obreiras de Galicia puxo en coñece-

mento da Xunta un extenso relatorio coa

finalidade de lle reclamar ao Goberno

autonómico a modificación dos Orza-

mentos de 2011, para que así se poidan

cumprir os diferentes acordos acadados

no proceso de diálogo social.

O secretario xeral do Sindicato Nacio-

nal de Comisións Obreiras, Xosé Manuel

Sánchez Aguión, explica as principais

claves dun documento que foi remitido

tanto á Consellaría de Traballo como aos

voceiros dos grupos parlamentarios do

PSOE, PP e BNG. / Páx. 2

sado 21 de novembro. A convocatoria

partiu da Plataforma en Defensa da Sa-

nidade Pública, da que forma parte Co-

misións Obreiras. / Páx. 4

Número 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena)

CCOO PIDE MODIFICAR OS ORZAMENTOS DE 2011PARA CUMPRIR CO DIÁLOGO SOCIAL

Page 2: Galicia sindical numero 15

GALICIA SINDICAL N.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena)

2

www.galicia.ccoo.es

PROPOSTAS ORZAMENTARIAS PARA O

CUMPRIMENTO DO ACORDADO NO DIÁLOGO SOCIAL

O Sindicato Nacional de CCOO ela-

borou un documento con propostas

aos orzamentos da Xunta para o ano

2011 que, ao noso entender, son ne-

cesarias para dar cumprimento aos

acordos do diálogo social. Hai poucos

días remitímosllelo á Consellaría de

traballo, en calidade de coordinadora

deste proceso pola Xunta de Galicia,

así como aos portavoces dos grupos

parlamentarios do BNG, PP e PSOE.

No tocante á renda de inserción so-

cial de Galicia, reclamamos incremen-

tar a contía prevista en sete millóns

de euros para garantir o cumprimento

do acordado, na liña de aumentar

substancialmente o número de per-

soas beneficiarias e acadar as cifras

de prestacións previstas no propio An-

teproxecto de Lei de orzamentos. Ma-

lia non ter relación coa rISGA nin cos

acordos acadados ata agora no pro-

ceso de diálogo social, en materia de

servizos sociais, cómpre recuperar as

contías destinadas ao apoio ás familias

en situacións especiais (1,2 millóns de

euros) e as iniciativas sociais de apoio

ás familias (200.000 euros), dado o

importante recorte que sofren as polí-

ticas sociais neste orzamento e a súa

necesidade no contexto de crise eco-

nómica.

En seguridade e saúde, aínda que os

acordos non comprometen uns recur-

sos para o seu desenvolvemento, o

certo é que se formula un novo Plan

Estratéxico para a Prevención de riscos

n CARTA DO SECRETARIO XERAL

XOsé Manuel sánChez aguión

Laborais 2011–2014 que incorpora ac-

tuacións pendentes de desenvolver do

plan anterior, polo que os orzamentos

para deberan, cando menos, ser equi-

valentes aos existentes no ano 2009

–primeiro ano de recortes orzamenta-

rios–; é dicir, deberían incrementarse

os previstos en catro millóns.

No que atinxe á vivenda, os orza-

mentos recollen unha contía inferior

en 38 millóns de euros á acordada. Se-

ría necesario restituír esta contía para

reflectir o acordado tendo en conta,

ademais, que as actividades relaciona-

das co acceso á vivenda e á súa reha-

bilitación teñen un impacto importante

sobre a actividade económica e o em-

prego, sen descoidar tampouco a súa

notable contribución á mellora das

condicións de vida da cidadanía.

Canto aos acordos en materia de in-

centivos á contratación, as aplicacións

orzamentarias para o seu financia-

mento deberan ascender a 28 millóns

de euros, cando a realidade é que só

chegan a 21 millóns. Cómpre, polo

tanto, incrementar os recursos para

esta finalidade en sete millóns. Tendo

en conta a crise económica en que es-

tamos inmersos e as graves repercu-

sións que está a ter sobre o emprego

no noso país, consideramos necesario

restituír os recursos que, de maneira

específica, se dedicaban aos colectivos

con maiores dificultades de inserción

no mercado laboral e incrementar as

partidas de Fomento do Emprego en

35 millóns de euros.

Igual que sucedía en materia de pre-

vención de riscos, o acordo en materia

de formación para o emprego tam-

pouco prevía un orzamento para o seu

desenvolvemento e execución. A evo-

lución dos orzamentos nesta materia

fainos pensar que os recursos serán

suficientes para acadar os obxectivos

previstos, agás no relativo á Fundación

Galega de Formación para o Traballo

onde se deberan incrementar os orza-

mentos en 200.000 euros xa que é a

única maneira de garantir que os axen-

tes sociais participen nela.

Xa no tocante á igualdade, trátase

dunha materia que aínda non foi ob-

xecto de debate no proceso de diálogo

social, pero o drástico recorte de re-

cursos para un colectivo que está su-

frindo fortemente a crise do emprego

obriga a reformular os orzamentos en

materia de igualdade e conciliación, in-

crementándoos en tres e catro millóns

de euros, respectivamente.

Consideramos que estas propostas,

que precisarán preto de cen millóns

de euros adicionais nos orzamentos,

son necesarias para dar resposta ur-

xente aos problemas que afectan á ci-

dadanía galega no actual contexto de

crise económica e de emprego.

Cómpre incrementaros orzamentos auto-nómicos en polomenos cen millónspara dar respos-ta urxente ás ne-cesidades do país

Page 3: Galicia sindical numero 15

GALICIA SINDICALN.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena)

3

www.galicia.ccoo.es

As caixas galegas rubricaron oacordo da fusión

Caixanova e Caixa Galicia asinaron o pa-

sado día 29 de novembro o acordo da fu-

sión, e a partir do 1 de decembro comeza-

rán a operar como unha única entidade.

En termos laborais, desde COMFIA-CCOO

lembran que é «o mellor acordo» de cantos

se levan asinado no Estado español.

Así, o pacto inclúe dous grupos de me-

didas. Por un lado, as de reestruturación

do cadro de persoal. Polo outro, as que se

refiren á harmonización das condicións de

traballo para o persoal da caixa resultante.

No primeiro grupo están as prexubila-

cións, as baixas incentivadas, a suspensión

de contratos, a redución de xornada e a

mobilidade xeográfica. As prexubilacións,

que se farán mediante ErE, afectan a per-

soal de entre 55 e 64 anos cunha antigüi-

dade de dez anos. A cobertura é do 85%

do salario bruto ata un tope do 98% do

neto, sempre referidos os cálculos a retri-

cucións percibidas no mes anterior á xu-

bilación, elevado a cómputo anual. No to-

cante ás baixas incentivadas, a

indemnización é de 45 días de salario por

ano de servizo, con atero da fracción de

ano, ata un máximo de 42 mensualida-

des.

As suspensións de contrato durarían en-

tre tres e cinco anos, con compensación

do 20% anual e con posibilidade de rein-

corporación ou de baixa incentivada ao fi-

nalizar o período. Pola súa parte, as redu-

cións de xornadas serían ata un máximo

do 50% –con idéntica diminución salarial–

ata un tope de dous anos.

As últimas medidas deste primeiro grupo

refírense á mobilidade xeográfica, cunha

serie de indemnizacións en función dos

quilómetros de desprazamento que van

dos 6.000 para quen se deba desprazar

de 26 a 65 Km, ata os 24.000 para quen

teña de se desprazar máis de 200. Nestes

casos prevese, ademais, unha axuda de

7.500 euros anuais para vivenda por un

máximo de dous anos para as persoas que

precisaren cambiar de residencia.

Canto ás medidas de harmonización,

aparecen recollidas a clasificación profe-

sional, as retribucións, a clasificación de

oficinas, o tempo de traballo, a previsión

social, cuestións de igualdade e concilia-

ción, comisións de seguimento e beneficios

sociais.

CCOO aposta pornegociar o ERE de SEAGAn O sindicato desmárcase da «instrumentalización» das mobilizacións

CCOO aposta pola negociación no

caso do expediente de regulación de

emprego (ErE) da empresa pública SE-

AGA, e desmárcase da «instrumen-

talización» das mobilizacións por

parte dos sindicatos CIG, CUT e UGT.

Comisións Obreiras esíxelle á

Xunta de Galicia que respecte e ga-

ranta os dereitos profesionais e eco-

nómicos do persoal afectado polo

expediente. Para o sindicato, a ne-

gociación debe fundamentarse na di-

solución de SEAGA, e na protencia-

ción e reforzamento do servizo

público contra incendios e dos servi-

zos veterinarios oficiais. Todo isto,

co «absoluto respecto á legalidade

na tramitación do ErE».

Para CCOO, a tramitación do ErE

aínda acaba de comezar, polo que

estiman que hai marxe para a nego-

ciación, de aí que rexeiten as accións

«instrumentalizadas».

imaxe de arquivo dunha concentración de CCOO contra as privatizacións na Xunta

Page 4: Galicia sindical numero 15

GALICIA SINDICAL N.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena)

4

www.galicia.ccoo.es

CCOO, en defensa dasanidade pública

Page 5: Galicia sindical numero 15

GALICIA SINDICALN.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena)

www.galicia.ccoo.es

5

CCOO asina un conveniocon OAP-Galician O sindicato comprométese a velar pola representación dos autónomos dependentes e a apoiaro emprego estable e as iniciativas emprendedoras do modelo empresarial autoxestionario

O Sindicato Nacional de Comisións

Obreiras (CCOO) e a Federación de Pro-

fesionais e Autónomos de Galicia

(OAP-Galicia) asinaron o 25 de novem-

bro un protocolo de colaboración. As

partes comprométense a colaboraren

na creación de emprego estable e ao

fomento e apoio a iniciativas empre-

sariais, cuxos protagonistas ou em-

prendedores preferentemente perten-

zan a sectores sociais con escaseza de

recursos.

No acto interviñeron Xosé Manuel Sán-

chez Aguión, secretario xeral do sindi-

cato, Maica Bouza Seoane, responsable

de Autoemprego de CCOO, e José Conde

García, presidente da organización de

autónomos. Sánchez Aguión salientou

que as partes xa viñan colaborando nos

últimos tempos, pero que o protocolo

asinado hoxe «reforza» ese traballo

conxunto nas áreas de interese común.

Precisamente, a principal área común

atinxe os autónomos dependentes,

que son aqueles que non contan con

traballadores ou traballadoras ao seu

cargo pero que teñen problemáticas

similares ao resto de asalariados.

O convenio establece a vontade por

parte do Sindicato Nacional de Comisións

Obreiras de Galicia de crear un vínculo

entre o sindicalismo e o sector empresa-

rial autoxestionario, representado por

OAP-Galicia. Deste xeito, colaborarán na

promoción, divulgación e fomento do

modelo empresarial autoxestionario,

como instrumento de apoio ás iniciativas

emprendedoras dos traballadores e tra-

balladoras, potenciando a creación de ri-

queza e emprego estable.

Segundo Maica Bouza, o principal ob-

xectivo de formalizar a colaboración en-

tre as dúas entidades é «aproveitar si-

nerxías» para «defender mellor os

intereses do colectivo». Para José Conde,

a partir de agora os autónomos depen-

dentes afiliados á OAP-Galicia están «ben

representados» grazas ao sindicalismo

de clase de CCOO, e desexou que o

acordo sexa «frutífero» para as partes.

Como aspectos máis salientables do

convenio, OAP-Galicia representará as

autónomas e autónomos clásicos, men-

tres que a figura dos autónomos depen-

dentes será representada polo Sindicato

Nacional; porán ao dispor da outra parte

asinante, na medida en que foren apli-

cables, os acordos de colaboración

subscritos con outras entidades públi-

cas ou privadas; axudaranse en mate-

ria de formación para o emprego e ca-

pacitación profesional; traballarán á

xunta en todo o referente á aplicación

da Lei de prevención de riscos laborais;

CCOO porá as súas sedes ao dispor de

OAP-Galicia e ambas as entidades co-

laborarán na realización de todo tipo

de actividades conxuntas.

De esquerda a dereita, Xosé Manuel sánchez aguión, secretario xeral de CCOO, José Conde, presi-dente de OaP-galicia, e Maica Bouza, secretaria de emprego, economía social e autoemprego

Segundo OAP, os in-tereses dos autó-nomos dependen-tes están «bendefendidos»grazas ao SindicatoNacional de CCOO

Page 6: Galicia sindical numero 15

GALICIA SINDICAL N.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena)

6

www.galicia.ccoo.es

CCOO rexeita

os novos

recortes do

GobernoContra o peche desta edición, o presi-

dente Zapatero anunciou novos recortes

económicos e sociais. CCOO ve neles

«unha nova fuxida cara adiante do Goberno

central» que obedece a «intentos de con-

tentar os mercados financeiros». Ademais,

son «contraditorios» coas declaracións re-

alizadas por outros ministros. Para o sindi-

cato, é «máis necesario ca nunca» expresar

o rexeitamento ás medidas mobilizándose

os vindeiros 15 e 18 de decembro.

O sector do transportesanitario, en loita

CCOO denunciaincumprimentos das mutuasn Están obrigadas a lles pagar aos traballadores os gastos de transporte en caso de control médico

Comisións Obreiras denuncia que as

mutuas se negan a cumprir a resolución

do Ministerio de Traballo que as obriga

a lles pagar aos traballadores os gastos

de transporte en caso de control médico.

A circular da Dirección Xeral de Orde-

nación da Seguridade Social que men-

ciona o sindicato foi asinada o 20 de

outubro tras unha reclamación de

CCOO, e obriga a aboar os gastos de

transporte dos traballadores con baixa

por enfermidade común cando son re-

quiridos por estas entidades para lles

realizar exames ou valoracións médicas,

antes de esgotar o período de duración

máxima de doce meses da situación de

incapacidade temporal.

Este mes apareceron noticias en di-

versos medios de comunicación nas que

se afirmaba que as mutuas pagarán os

gastos de transporte dos traballadores

ata os centros sanitarios «só cando se

esgotase o prazo máximo de 365 días

de duración da incapacidade temporal

ou cando a citación for por parte das

unidades médicas ou equipos de valo-

ración do Instituto Nacional da Seguri-

dade Social ou o Instituto Social da Ma-

riña». Este criterio choca de fronte co

expresado na circular do 20 de outubro

de 2010 da Dirección Xeral de Ordena-

ción da Seguridade Social.

Os representantes de CCOO nas mu-

tuas puideron comprobar que, aínda

que nalgunhas destas entidades si se

están aplicando as directrices marcadas

pola Seguridade Social, noutras persís-

tese na negativa a pagar os gastos de

transporte tal e como se afirma nas ci-

tadas informacións.

Desde o sindicato instan o conxunto

das mutuas de accidentes de traballo e

enfermidades profesionais da Seguri-

dade Social ao cumprimento das nor-

mas e resolucións do Ministerio.

O persoal do sector do transporte sanitario concentrouse o día 30 de novembro en santiago deCompostela aproveitando a presenza da conselleira de sanidade nun acto. Reclamaron que a Xunta

tome en consideración as alegacións sindicais ao Proxecto de reforma do transporte sanitario.

n ÚLTIMA HORA

Page 7: Galicia sindical numero 15

GALICIA SINDICALN.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena)

7

www.galicia.ccoo.es

Acaban de celebrarse as quintas elec-

cións sindicais no centro de traballo

de Carrefour Ourense. Por primeira

vez, Comisións Obreiras, grazas ao seu

traballo nos últimos doce anos, optaba

de forma clara a unha maioría no Co-

mité de Empresa.

CON CARREFOUR, TODO É POSIBLE

Consciente desa situación, Carrefour

manipulou os censos electorais para

evitalo. E non o dicimos só nós: así fi-

gura en dous laudos arbitrais destas

eleccións, e como exemplo citamos un

parágrafo do primeiro deles:

«[...] se facemos unha reflexión sobre o

acontecido resultaría que unha empresa,

nas mesmas circunstancias que a deste

conflito, a través do seu poder "cuasi" dis-

crecional de modificación de funcións sen

cambio de grupo e categoría, en relación

co artigo 84 do convenio colectivo, podería

intervir, xa dentro do proceso, dun xeito

determinante pois desde esta facultade mo-

dificaría non soamente o número de elec-

tores e flexibles en cada colexio, senón ta-

mén o número de representantes a elixir en

cada un deles».

Cómpre lembrar que un laudo, igual

que un convenio colectivo ou calquera

outra norma laboral, é de obrigado

cumprimento. Non se trata, polo tanto,

dunha simple recomendación.

Pois ben, nada máis coñecer o pri-

meiro dos laudos, Carrefour anunciou

Por ÓSCAR SÁNCHEZ FEIJÓODelegado de CCOO

en Carrefour Ourense

que non o ía cumprir, e nin sequera

variou de posición logo da segunda re-

solución arbitral. A insólita decisión da

empresa obrigou a que as traballado-

ras e traballadores participasen nunhas

eleccións sindicais manipuladas e ile-

gais. O día 30 de novembro tivo lugar

o xuízo contra empresa, promovido

por Carrefour, e con total seguridade

a xustiza obrigará a repetir as elec-

cións, para que por fin CCOO poida

obter a maioría no Comité de Empresa.

Dous laudos arbi-trais confirman quea empresa mani-pulou os censosdas elecciónssindicais. Porén,Carrefour négase aacatar a resolu-ción, polo queacudimos á Xustiza

A modificación de horario doprofesorado debe pactarse

A Federación do Ensino de CCOO

de Galicia denuncia que a Consellaría

de Educación está a presionar o pro-

fesorado para que incorpore á súa

programación xeral anual e aos re-

gulamentos de réxime interno a or-

ganización do tempo antes e despois

da entrada e saída do alumnado dos

centros.

Para CCOO, trátase dunha «impo-

sición» de modificación dos horarios

de traballo dos docentes «sen nego-

ciación». As instrucións, recibidas

por correo electrónico o día 19, in-

clúen un informe do secretario xeral

da Consellaría no que «pretende xus-

tificar xuridicamente a imposición».

Regulamentos foráneos

Segundo a Federación do Ensino,

o relatorio inclúe sentenzas de tri-

bunais doutras comunidades autó-

nomas baseadas en regulamentos

que non son aplicables en Galicia,

que ten normativa de seu.

CCOO cre «imprescindible» regular

a responsabilidade deses tempos, xa

que os actuais regulamentos orgáni-

cos dos centros son de 1996, pero

rexeita que se faga con imposición.

Por iso, o sindicato apela á «vía da

negociación» coa representación le-

gal do profesorado.

Page 8: Galicia sindical numero 15

Número 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

www.galicia.ccoo.es

O vindeiro 31 de decembro remata a

vixencia dos acordos bipartitos asina-

dos por CCOO e UGT con CEOE e CE-

PEME no ano 2006, e que sentaron as

bases do sistema actual de formación

para o emprego. Os sindicatos e em-

presarios debemos decidir sobre a pró-

rroga ou a renegociación do acordo bi-

partito. En CCOO manexamos esta

segunda opción como a mellor das va-

riables ou opcións.

Calquera que sexa o futuro da for-

mación para o emprego debe ter as

persoas como eixe estratéxico, incor-

porar estándares de calidade medibles,

incluír a territorialidade do Estado e as

competencias que son propias das co-

A FORMACIÓN PARA O EMPREGO

NUN CONTEXTO ECONÓMICO HOSTILmunidades autónomas, simplificar os

procedementos de xestión, racionali-

zar os módulos formativos facendo

que sexan máis transversais, combi-

nando a polivalencia, cada vez máis

necesaria, cunha especialización tamén

cada vez maior e máis demandada.

Extensión dun dereito

En calquera caso, CCOO defende a

extensión do dereito á formación no

marco da Lei das cualificacións e da

formación profesional; o mantemento

e desenvolvemento da vinculación da

negociación colectiva coa formación

para o emprego; o mantemento e im-

pulso da participación da representa-

ción legal dos traballadores e traballa-

doras nas empresas, e o protagonismo

das organizacións empresariais e sin-

dicais nas decisións e na xestión da

formación para o emprego, poten-

ciando os instrumentos de participa-

ción.

Cómpre un sistema máis áxil,

transparente e seguro

Cremos necesario facer un sistema

máis áxil, máis transparente, con se-

guridade xurídica. Ademais, espera-

mos que os contidos da reforma labo-

ral non sexan de aplicación, facilitando

a renegociación dos acordos bipartito

e tripartito. Iniciar un proceso de ne-

gociación ao tempo que o Goberno

central prepara un real decreto non pa-

rece o mellor comezo.

Analizaremos polo miúdo as conse-

cuencias dos cambios introducidos no

desenvolvemento da Lei de cualifi-

cacións e formación profesional, a re-

dución de colectivos prioritarios, o fi-

nanciamento das accións formativas

dos traballadores e traballadoras en

procesos de extinción dos contratos de

traballo, suspensión ou redución de

xornada, os contratos de formación, a

penalización dos traballadores e traba-

lladoras en paro facéndoos responsa-

bles da súa situación, etc.

Pero hai que ter en contra que men-

tres non se desenvolvan uns bos siste-

mas de formación e orientación profe-

sional que permitan realizar itinerarios

personalizados, que detecten as nece-

sidades de formación e dirixan os re-

cursos necesarios para corrixir as ca-

rencias, non servirán de nada e as

reformas.

Por XABIER DONGILSecretario de Formación para o

Emprego do S. N. de CCOO

Hai un mes faleceu a

compañeira Isabel Fraga

Vilasuso, incansable loi-

tadora de CCOO no co-

mité de empresa de En-

desa nas Pontes.

No mandato anterior formou parte

do Consello Nacional da Federación Mi-

neirometalúrxica e no Comité de En-

desa foi secretaria. Tamén formou

parte da sección sindical interempresas

e da Executiva da sección sindical Cen-

tro-Noroeste.

ADEUS A ISABELFRAGA VILASUSO