galicia sindical...galicia sindical n.º 8 - xuño 2010 (1.ª quincena) 2 máis do 60% do persoal do...

8
A folga do sector público do 8 de xuño foi seguida por seis de cada dez persoas chamadas a participar. Este Galicia Sindical NÚMERO 8 - XUÑO 2010 (1.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO .. .. Importante seguimento da folga do sector público n Galicia foi a segunda comunidade autónoma con maior participación na xornada reivindicativa DIXITAL www.galicia.ccoo.es Con motivo da folga, houbo manifestacións nas principais vilas e cidades do país Logo de máis dunha semana de folga, o persoal de Urbaser, empresa que xestiona a recollida do lixo de San- tiago de Compostela, logrou conside- rables melloras na negociación do vin- deiro convenio. Para iso resultou cru- cial o papel de CCOO, que ten a maio- ría no comité. / Páx. 8 NOTABLES MELLORAS PARA O PERSOAL DE URBASER dato sitúa a Galicia como a segunda comunidade autónoma con mellores cifras de participación na xornada rei- vindicativa. Ademais, preto de 15.000 persoas participaron nas diferentes manifestacións./ Páxs. 2-5

Upload: others

Post on 05-Jul-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Galicia Sindical...GALICIA SINDICAL N.º 8 - Xuño 2010 (1.ª quincena) 2 Máis do 60% do persoal do sector público secundou a folga en Gali-cia. O seguimento máis numeroso foi na

A folga do sector público do 8 de

xuño foi seguida por seis de cada dez

persoas chamadas a participar. Este

Galicia SindicalNÚMERO 8 - XUÑO 2010 (1.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

. . . .

Importante seguimento dafolga do sector públicon Galicia foi a segunda comunidade autónoma con maior participación na xornada reivindicativa

D I X I T A L

www.galicia.ccoo.es

Con motivo da folga, houbo manifestacións nas principais vilas e cidades do país

Logo de máis dunha semana de

folga, o persoal de Urbaser, empresa

que xestiona a recollida do lixo de San-

tiago de Compostela, logrou conside-

rables melloras na negociación do vin-

deiro convenio. Para iso resultou cru-

cial o papel de CCOO, que ten a maio-

ría no comité. / Páx. 8

NOTABLES MELLORAS PARA O PERSOAL DE URBASER

dato sitúa a Galicia como a segunda

comunidade autónoma con mellores

cifras de participación na xornada rei-

vindicativa. Ademais, preto de 15.000

persoas participaron nas diferentes

manifestacións./ Páxs. 2-5

Page 2: Galicia Sindical...GALICIA SINDICAL N.º 8 - Xuño 2010 (1.ª quincena) 2 Máis do 60% do persoal do sector público secundou a folga en Gali-cia. O seguimento máis numeroso foi na

GALICIA SINDICAL N.º 8 - Xuño 2010 (1.ª quincena)

2

www.galicia.ccoo.es

Máis do 60% do persoal do sector

público secundou a folga en Gali-

cia. O seguimento máis numeroso

foi na Administración local, cun

67,75%. No resto de servizos pú-

blicos, o 62,75% do persoal da Ad-

ministración do Estado apoiou a

convocatoria, o 61% na sanidade,

o 60,5% na Xunta de Galicia, 59,75

en Correos e 51,25% no ensino.

Manifestacións

Ademais da folga, CCOO convo-

cou manifestacións e concentra-

cións en toda Galicia, actos nos que

participaron preto de 15.000 per-

soas. A manifestación máis multi-

tudinaria foi na Coruña, con

4.500 participantes. Seguiuna

Vigo (3.000), Pontevedra (entre

2.500 e 3.000), Ferrol (2.000), Vi-

lagarcía de Arousa (1.500 a 2.000)

e Ourense (1.500). Na cidade de

Lugo houbo unha concentración

que congregou a 500 persoas.

Comisións lembra que os recor-

tes anunciados supoñen «romper

unilateralmente o diálogo social no

sector público», porque o Acordo

2010—2012 «xa recollía hai sete

meses medidas de contención sa-

larial suficientes».

O triplo que en maio

Por outra parte, o dato de partici-

pación nos actos reivindicativos do

8 de xuño triplica os rexistrados o

pasado 20 de maio, cando case

5.000 persoas amosaron en toda

Galicia o seu rexeitamento ao plan

Máis do 60% do persoal apoiou afolga do sector público en Galician Preto de 15.000 persoas participaron nas manifestacións e concentracións

de axuste proposto polo Executivo

central e participaron nas concen-

tracións convocadas diante da De-

legación do Goberno na Coruña e

as subdelegacións de Lugo, Ou-

rense e Pontevedra.

Page 3: Galicia Sindical...GALICIA SINDICAL N.º 8 - Xuño 2010 (1.ª quincena) 2 Máis do 60% do persoal do sector público secundou a folga en Gali-cia. O seguimento máis numeroso foi na

GALICIA SINDICALN.º 8 - Xuño 2010 (1.ª quincena)

3

www.galicia.ccoo.es

O Goberno aprobou un plan de

axuste para reducir o déficit pú-

blico que lesiona os dereitos de

pensionistas, empregados públi-

cos, persoas dependentes e para-

dos. As rendas máis altas e as ren-

das de capital quedan á marxe do

axuste.

Que supón o recorte?

As medidas aprobadas polo Go-

berno (conxelar pensións, rebaixar

o salario aos empregados públicos,

suprimir o período transitorio para

a xubilación parcial, suprimir a re-

troactividade en materia de depen-

dencia e reducir o investimento) le-

van o país a unha situación de

desastre e traspasan todos os lími-

tes nunha dinámica que conduce á

confrontación.

Para CCOO son inxustas, porque

castigan as persoas e colectivos de

traballadores máis vulnerables. Ta-

mén son desequilibradas, porque

soamente perseguen reducir o

gasto público, en lugar de buscar

un aumento dos ingresos do Es-

tado. Ademais, Comisións considé-

raas antieconómicas, porque a con-

xelación das pensións, o recorte

dos salarios dos empregados pú-

blicos e a redución do investimento

público provocarán un forte des-

censo no consumo, o que pode ca-

Un duro golpe a traballadores,traballadoras e pensionistas

rrexar unha perda adicional de pos-

tos de traballo.

Finalmente, as medidas ameazan

a negociación colectiva. Hai empre-

sas do sector privado que xa rom-

peron ou bloquearon a negociación

dos convenios, aproveitando o re-

corte de salarios anunciado polo

Para Comisións Obreiras, hai ou-

tra forma de abordar a saída da

crise que garante máis ingresos e

menos gastos para atallar o déficit,

e distribúe máis equitativamente os

esforzos que cómpre realizar, sen

recortar os dereitos dos traballado-

res e traballadoras:

— Recuperando os impostos so-

bre patrimonio, sucesións e doa-

zóns.

— Establecendo un novo tramo

no IRPF cun tipo de gravame do

50% para os ingresos superiores

aos 120.000 euros.

— Recuperando o tipo de gra-

vame do 35% para as sociedades

cunha facturación superior a 500

millóns de euros.

— Loitando de maneira efectiva

contra a fraude fiscal e a economía

somerxida.

CCOO PROPÓN UNHA ALTERNATIVA

- Mediante unha política econó-

mica que faga do emprego o seu

obxectivo principal, e unha reforma

laboral que erradique a temporali-

dade inxustificada e a dualidade do

mercado de traballo.

Con estas medidas poderíase re-

ducir o déficit nunha cantidade su-

perior á estimada polo Goberno,

sen lesionar os dereitos sociais e

laborais.

CCOO insta o Goberno a que re-

conduza o plan de axuste e pre-

sente un paquete de medidas máis

acordes ás necesidades do país. Fai

falta un grande acordo social e po-

lítico para superar a crise.

Se o Goberno insiste en recortar

o gasto social e lesionar dereitos

dos traballadores, CCOO afanarase

para preparar a convocatoria dunha

folga xeral.

Goberno. O plan de axuste quebra,

ademais, a lexitimidade do diálogo

social e da actividade do Congreso

dos Deputados, ao anular acordos

recentemente asinados e vulnerar

consensos parlamentarios sobre o

sistema público de pensións aca-

dados no Pacto de Toledo.

Page 4: Galicia Sindical...GALICIA SINDICAL N.º 8 - Xuño 2010 (1.ª quincena) 2 Máis do 60% do persoal do sector público secundou a folga en Gali-cia. O seguimento máis numeroso foi na

GALICIA SINDICAL N.º 8 - Xuño 2010 (1.ª quincena)

4

www.galicia.ccoo.es

Imaxes das mobilizaciónscontra os recortes do Goberno

Page 5: Galicia Sindical...GALICIA SINDICAL N.º 8 - Xuño 2010 (1.ª quincena) 2 Máis do 60% do persoal do sector público secundou a folga en Gali-cia. O seguimento máis numeroso foi na

GALICIA SINDICALN.º 8 - Xuño 2010 (1.ª quincena)

5

www.galicia.ccoo.es

Page 6: Galicia Sindical...GALICIA SINDICAL N.º 8 - Xuño 2010 (1.ª quincena) 2 Máis do 60% do persoal do sector público secundou a folga en Gali-cia. O seguimento máis numeroso foi na

GALICIA SINDICAL N.º 8 - Xuño 2010 (1.ª quincena)

6

www.galicia.ccoo.es

CCOO e a F10M rendéronlle unha emotiva

homenaxe a Xosé Manuel Iglesias en Ferrol

Unha sentenza recoñécelles a oito

afiliados a CCOO o dereito a perci-

biren o complemento de penosi-

dade e toxicidade na antiga Megasa

en Vilagarcía de Arousa, actual-

mente propiedade do grupo

Mpress Metal Packaging.

Os servizos xurídicos do sindi-

cato interpuxeran a pertinente de-

manda diante do Xulgado do Social

n.º 1 de Pontevedra após a actual

dirección da empresa, do mesmo

xeito que a anterior, se negara a

aceptar a aplicación do convenio

colectivo, en cuxo artigo 20 fala

deste complemento.

CCOO lembra que, se ben a ac-

Percibirán o complemento depenosidade e toxicidade

ción do sindicato se centra en mi-

nimizar o risco ao máximo, consi-

dera «de xustiza» a percepción do

citado complemento, especial-

mente «se temos en conta as con-

dicións nas que anteriormente se

viña traballando, alén da actitude

dunha empresa que sempre consi-

derou a seguridade e saúde laboral

pouco menos que como un luxo».

O pasado 27 de maio, o Sindicato

Nacional de CCOO e a Unión Comar-

cal de Ferrol, así como a Fundación

10 de Marzo, rendéronlle unha emo-

tiva e intensa homenaxe ao compa-

ñeiro Xosé Manuel Iglesias (Mugar-

dos, 1944-2008) con motivo da

presentación do libro que lle dedica

a F10M.

Preto de 300 persoas ateigaron o

salón de actos da Fundación Caixa

Galicia de Ferrol, que mesmo que-

dou pequena para acoller ducias de

veciñas e veciños de Mugardos que

se quixeron sumar á lembranza que

CCOO lle dedicou a Iglesias, unha

persoa íntegra que dedicou a súa

vida ao labor político e sindical.

n Oito afiliados de CCOO na antiga Megasa

Page 7: Galicia Sindical...GALICIA SINDICAL N.º 8 - Xuño 2010 (1.ª quincena) 2 Máis do 60% do persoal do sector público secundou a folga en Gali-cia. O seguimento máis numeroso foi na

blica», primando as prestacións de ca-

lidade no canto do «afán de lucro».

O hospital ha de garantir o dereito

da cidadanía á saúde pública nos vin-

deiros vinte anos, dando servizo a

unha poboación de 242.226 habitantes

—e que no prazo dunha década pode-

ría superar os 318.000, segundo datos

da propia Consellaría de Sanidade—,

cumprindo así mesmo as recomenda-

cións da Organización Mundial da Sa-

úde (OMS) canto ao número de camas

por cada mil habitantes (oito por mil),

e mesmo converxer coa media europea

(cinco por mil).

Equipamento

Ademais, deberase encargar da car-

teira de servizos do Complexo Hospita-

lario de Pontevedra (CHOP), e contar ta-

mén con medicina nuclear, radioterapia,

GALICIA SINDICALN.º 8 - Xuño 2010 (1.ª quincena)

7

www.galicia.ccoo.es

Comisións Obreiras insta a que o

novo hospital para o norte da provincia

de Pontevedra se constrúa con fondos

públicos e a que a súa xestión sexa

exclusivamente pública. Así o recolle

unha resolución aprobada pola orga-

nización sindical o 1 de xuño.

Na resolución, CCOO oponse «radi-

calmente» ás intencións do Goberno

da Xunta de Galicia de introducir o ca-

pital privado na sanidade galega e, en

consecuencia, «participaremos activa-

mente en todas as actuacións que se

programen co obxecto de modificar os

plans do Goberno en relación co finan-

ciamento da sanidade».

O Sindicato Nacional de CCOO de Ga-

licia considera que o novo centro debe

construírse «necesariamente» con fi-

nanciamento público e a súa xestión

tamén deberá ser «exclusivamente pú-

CCOO defende un hospital públicopara o norte de Pontevedran Así o recolle unha resolución aprobada polo sindicato o pasado 1 de xuño

Tarxeta vermella ao maltratador

O día 1 de xuño tiveron lugar as

eleccións sindicais para elixir os

membros da Xunta de Persoal do

Parlamento de Galicia, nas que

CCOO obtivo tres dos cinco dele-

gados que conforman este órgano

de representación.

Para Comisións é un fito histó-

rico, xa que é a primeira vez na

historia da democracia que un sin-

dicato gaña as eleccións sindicais

na Cámara autonómica.

CCOO GAÑA AS ELECCIÓNSSINDICAIS NO PARLAMENTO

A Comisión Executiva Nacional de CCOO sumouse á campaña do Ministerio deIgualdade para sacar tarxeta vermella ao maltratador. A iniciativa conta co apoio de

persoas recoñecidas no ámbito profesional, político e das organizacións sociais

neurocirurxía, cirurxía infantil, UCI pe-

diátrica, maxilofacial, cirurxía pediátrica

ou xeriatría. Contará cunha área de apar-

camento público gratuíto e suficiente,

complementado con frecuentes liñas de

autobús. Por último, «deberá integrarse

funcionalmente co Hospital do Salnés»

para aproveitar os recursos da área, ga-

rantíndolle á cidadanía do Salnés unha

atención de calidade nas consultas ex-

ternas, na hospitalización ou urxencias

de especialidades.

Page 8: Galicia Sindical...GALICIA SINDICAL N.º 8 - Xuño 2010 (1.ª quincena) 2 Máis do 60% do persoal do sector público secundou a folga en Gali-cia. O seguimento máis numeroso foi na

NÚMERO 8 - XUÑO 2010 (1.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Se queres coñecernos, consulta cal é o local de CCOOmáis próximo... ou visita www.galicia.ccoo.es

Galicia Sindical: A negociación foi

moi complexa, pero finalmente a em-

presa aceptou a maior parte das rei-

vindicacións.

Valentín Pereira: Exacto. A condi-

ción imprescindible era a readmisión

dos tres compañeiros despedidos, e

logrouse.

Outras reivindicacións que se cum-

pren son a libranza unha fin de semana

de cada mes e o compromiso de reali-

zar un estudo sobre a posibilidade de

librar un sábado adicional todos os me-

ses, a suba do IPC ata 2012, a regula-

ción de vacantes e ascensos, e a prio-

ridade para a conversión en persoal

indefinido daquelas persoas que están

a cubrir a xornada de compañeiros/as

con xubilación parcial.

G.S.: Cómpre lembrar que o prea-

cordo non recibiu ningún voto en

contra dos traballadores...

V.P.: Efectivamente. É moi importante

destacar isto, porque se comproba que

a xente estaba connosco, e estívoo ata

o final, aínda que foi unha negociación

complexa. Mesmo no caso concreto de

CCOO aumentamos a afiliación, creo

«Os obxectivos cumpríronse,a xente está encantada»

que ese é o mellor

exemplo da satisfac-

ción cos logros.

G.S.: Após o asina-

mento do preacordo,

cal é o ambiente que

vivides co resto de

compañeiros?

V.P.: A resposta dos

compañeiros é fantás-

tica, porque ven que se

cumpriron os obxecti-

vos, como no caso dos

tres despedidos, que

acabaron por ser read-

mitidos e sen ningunha

sanción. A xente está encantada.

G.S.: Durante o conflito viviuse

unha situación anómala, co Concello

de Santiago adoptando unha posi-

ción de parte...

V.P.: Desde logo, a actuación do

Concello foi impresentable, e no caso

particular da concelleira Álvarez-San-

tullano, que proferiu contra os tra-

balladores de Urbaser unhas aprecia-

cións extremadamente graves, xa

que nos chamou pouco menos que va-

gos e maleantes, ademais de nos acu-

sar de actos semiterroristas. Isto non

vai quedar así, e o Comité de Empresa

vai emprender accións legais contra

esta persoa por inxurias e calumnias.

G.S.: O preacordo xa foi apoiado

polo persoal. Cando se asina o texto

definitivo?

V.P.: Será neste mes de xuño. As me-

lloras salariais entrarán en vigor nese

momento; e as sociais, máis importantes

para nós, a partir de xaneiro.

Valentín Nieves Pereira, presidente do Comité de Urbaser

n Valentín Pereira (CCOO), presidente do Comité de Empresa de Urbaser

A comezos do pasado mes de maio, e durante máis

dunha semana, o persoal de Urbaser mantívose en folga

para reclamar o desbloqueo da negociación do convenio

colectivo, e para reclamar no novo texto melloras de ca-

rácter social.

O conflito estivo marcado polas negativas da empresa

a negociar e pola postura do Concello de Santiago, ins-

talado nunha posición de parte que consistiu en trasladar

ao persoal de Urbaser e á cidadanía as mesmas mensa-

xes que a empresa. O conflito recruou ata tal punto que

nos últimos días de folga tres traballadores foron des-

pedidos. Finalmente, a empresa viuse obrigada a rectifi-

car e a aceptar a maior parte das demandas sociais, así

como a readmisión dos tres empregados. Conversamos

con Valentín Pereira, presidente do comité de empresa

de Urbaser por CCOO.