galicia sindical · 2019-10-22 · galicia sindical n.º 11 - xullo 2010 (2.ª quincena) 2 ata...
TRANSCRIPT
Galicia está a experimentar xa o que
se podería denominar ‘clima de folga
xeral’. Aínda fresca a manifestación do
pasado 30 de xuño, que xuntou en
Santiago de Compostela máis de
10.000 persoas que protestaron contra
os recortes sociais e salariais do Go-
berno español, Ignacio Fernández
Toxo viaxou ao noso país para explicar
as claves da folga xeral do vindeiro 29
de setembro.
O secretario xeral confederal de
CCOO asegurou que «a Europa do
benestar está en perigo» pola de-
fensa de posicións «ultraconservado-
ras». Segundo Toxo, «quérennos
apáticos, resignados, débiles, para
que o mercado nos impoña as súas
condicións sen pensar no ben da ci-
dadanía». Por este motivo, «agora é
o momento da mobilización. Preci-
samos un éxito colectivo para seguir
avanzando cara a un mundo solidario
e de xustiza»./ Páx. 3
Galicia SindicalNÚMERO 11 - XULLO 2010 (2.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO
. . . .
Toxo: «Agora é o momentoda mobilización»n Acompañado polo seu homólogo de UGT, Cándido Méndez, o secretario xeral confederal de CCOOparticipou en dúas asembleas en Galicia para informar da folga xeral do 29 de setembro
D I X I T A L
www.galicia.ccoo.es
Ignacio Fernández Toxo chamou a salvar a Europa do benestar
Nunha década, Galicia perdeu 256.000
persoas asalariadas como consecuencia
dos despedimentos. Así o revela o es-
tudo O despedimento en Galicia: unha
análise da serie histórica 2000/2009,
presentado recentemente por Maica
Bouza, secretaria de Emprego de CCOO,
e a economista Silvia Parga / Páx. 2
GALICIA PERDEU 256.000 PERSOAS ASALARIADAS
GALICIA SINDICAL N.º 11 - Xullo 2010 (2.ª quincena)
2
www.galicia.ccoo.es
ata completar un total de 256.694 du-
rante todo o período estudado. Para
Maica Bouza trátase dunha cifra «es-
pectacular» que, ao seu ver, non fai
aconsellable abaratar o despedimento,
especialmente cando se veñen produ-
cindo unha media de algo máis de
25.600 por ano.
En bonanza e en crise
Na evolución dos despedimentos,
destacaron dúas cuestións moi rele-
vantes. A primeira, que as empresas
despiden persoal fixo tanto en anos
de crise como de bonanza.
A segunda característica describe a
relación entre a crise e o despedi-
mento. O número de despedimentos
empeza a medrar en 2008, ano en que
comezou a destrución de emprego,
pero alcanza a máxima gravidade en
2009, cando se acada unha marca his-
O Sindicato Nacional de Comisións
Obreiras (CCOO) presentou o pasado
día 5 de xullo o documento O despedi-
mento en Galicia: unha análise da serie
histórica 2000/2009. Unha das con-
clusións máis «preocupantes» do es-
tudo é a constatación de que na última
década, máis de 256.000 galegas e ga-
legos foron despedidos.
Na presentación interviñeron Maica
Bouza, secretaria de Emprego de
CCOO, e a economista Silvia Parga, que
explicaron que un dos argumentos
principais das organizacións patronais
é que a rixidez do mercado de traballo
español limita a competitividade da
economía. Dentro desta suposta «rixi-
dez» do mercado de traballo, o despe-
dimento, a súa flexibilidade e mais o
seu custo centran «a ofensiva patro-
nal».
Contra o criterio patronal de que é
preciso flexibilizar aínda máis o mer-
cado de traballo, Maica Bouza lembrou
que hoxe en día, á vista das cifras,
«despídese moito e por pouco di-
ñeiro», o que nega a versión do em-
presariado de que sexan necesarias re-
formas para abaratar o despedimento.
No caso particular do despedimento
institucional, regulado pola Lei
45/2002, a empresa recoñece o carác-
ter improcedente na propia carta de
despedimento e deposita a indemni-
zación correspondente, que na maioría
dos casos é de corenta e cinco días
por ano traballado. Esta modalidade
aumentou case un 14% na última dé-
cada, pasando de 13.236 casos en Ga-
licia no ano 2000 aos 48.768 de 2009,
256.000 persoas foron despedidasen Galicia na última décadan Así o indica un exhaustivo estudo elaborado por Comisións Obreiras
A importancia cuantitativa dos des-
pedimentos queda determinada pola
súa comparación co volume de em-
prego asalariado da economía ga-
lega: a poboación asalariada media
dos últimos dez anos é de 830.000
persoas, polo que os 256.694 des-
pedimentos realizados nese período
equivalen ao 31% de todo o emprego
asalariado, tanto fixo como tempo-
ral. Xa que logo, pódese estimar que
tres de cada dez persoas que traba-
llaron como asalariadas foron des-
pedidas na última década.
TRES DE CADA DEZ
tórica de despedimentos, ao ser des-
pedidas case 50.000 persoas, unha ci-
fra nunca antes coñecida no noso país.
Maica Bouza (esquerda) e Silvia Parga (dereita), na presentación do documento
GALICIA SINDICALN.º 11 - Xullo 2010 (2.ª quincena)
3
www.galicia.ccoo.es
provocada pola política especulativa,
desregulada, egoísta e insolidaria da
gran banca e os partidarios de medi-
das neoliberais.
O secretario xeral da Confedera-
ción Sindical de CCOO afondou na
cuestión e afirmou que «sabemos ca-
les son as causas da crise, sabemos
Ignacio Fernández Toxo e Cándido
Méndez, secretarios xerais confede-
rais de CCOO e de UGT, defenderon
o pasado 12 de xullo en Galicia a
folga xeral do vindeiro 29 de setem-
bro.
A presenza en Galicia dos máximos
responsables estatais de CCOO e
UGT inaugurou o plan de visitas a
todas as comunidades autónomas
para se dirixiren directamente aos
traballadores e traballadoras, dele-
gados/as e cadros de ambos os sin-
dicatos para lles dar información de
primeira man sobre a gran mobiliza-
ción de despois do verán.
Os dirixentes sindicais participaron
pola mañá nun acto en Vigo e noutro
pola tarde na Coruña para exporen
as razóns que levaron a CCOO e UGT
a convocar a folga xeral. En ambas
as cidades estiveron acompañados
polos máximos responsables de
CCOO e de UGT en Galicia, Xosé Ma-
nuel Sánchez Aguión e José Antonio
Gómez, así como polos secretarios
xerais de Vigo, Xosé Cameselle
(CCOO) e Antonio Juste (UGT), e os
da Coruña, Xosé Lado (CCOO) e José
Carrillo (UGT).
Ignacio Fernández Toxo e Cándido
Méndez denunciaron nestas asem-
bleas as «duras» medidas económi-
cas que o Goberno español está a to-
mar para reducir o déficit público,
seguindo as directrices dos grupos
de presión financeiros que, «sen re-
paro nin vergoña», fan recaer na
clase traballadora e as capas máis
desprotexidas o peso dunha crise
O camiño cara á folga xeralestatal comeza en Galician Os máximos responsables de CCOO e UGT iniciaron no noso país unha serie de visitasa todas as comunidades autónomas para preparar a gran mobilización de setembro
quen foron os causantes, sabemos
quen son as vítimas e, porén, a al-
ternativa que dan os gobernos da
Unión Europea como panacea para
saírmos dela é a redución do déficit».
Unha medida, apuntou Toxo, que vai
provocar unha diminución dos recur-
sos para os traballadores e as traba-
lladoras, máis paro, menor cobertura
para as persoas sen emprego e máis
pobreza.
O líder de CCOO expresou que se
o obxectivo da loita contra a crise
non é o dereito ao traballo, estamos
ante algo «inxusto, insolidario e eco-
nomicamente regresivo». Na súa opi-
nión, hai unha «obsesión desme-
dida» por conter o gasto, pero non
por aumentar os ingresos mediante
a persecución da fraude fiscal ou da
economía mergullada, como tam-
pouco se aumenta a recadación im-
positiva sobre o patrimonio nin se
controla debidamente o diñeiro eva-
dido a paraísos fiscais.
O auditorio continuaba practicamente cheo ao remate da asemblea da Coruña
Para Toxo, «a Europa do benestar
está en perigo» pola defensa de po-
sicións «ultraconservadoras». Se-
gundo o responsable de CCOO,
«quérennos apáticos, resignados, dé-
biles, para que o mercado nos im-
poña as súas condicións sen pensar
no ben da cidadanía». Por este mo-
tivo, «agora é o momento da mobili-
zación. Precisamos un éxito colectivo
para seguir avanzando cara a un
mundo solidario e de xustiza».
DEFENSA DA EUROPADO BENESTAR
GALICIA SINDICAL N.º 11 - Xullo 2010 (2.ª quincena)
4
www.galicia.ccoo.es
O día 6 de xullo tivo lugar unha
protesta de diversas organizacións
contra as políticas privatizadoras da
sanidade pública. O acto reivindica-
tivo articulouse aproveitando a pre-
sentación en Santiago de Compostela
da «Estratexia SERGAS 2014: a sani-
dade pública ao servizo do paciente»,
presidida polo presidente da Xunta
de Galicia e que contou coa presenza
da conselleira de Sanidade.
Representantes das Plataformas
para a Defensa da Sanidade Pública
de Ferrol, da Mariña, de Pontevedra,
do Barco de Valdeorras, de Monforte
e de Vigo, así como dos sindicatos
Comisións Obreiras, CIG e da Confe-
deración de Asociacións de Veciños
de Galicia (COGAVE) concentráronse
ás portas do Palacio de Congresos,
no barrio compostelán de San Lá-
zaro.
As e os membros das diferentes
organizacións despregaron pancar-
tas de rexeitamento á política de «de-
terioración e privatización» que o PP
está a promover na sanidade, e be-
rraron consignas como «o público é
servizo, o privado beneficio».
Empurróns da policía
Tanto a xerente do SERGAS, Rocío
Mosquera, como a conselleira de Sa-
nidade, Pilar Farjas, e o presidente
da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tive-
ron que acceder ao recinto coa ‘re-
cepción’ das pancartas de protesta
das plataformas, malia que momen-
tos antes a policía recibira ordes de
retiralas da entrada do Palacio de
Nova protesta contra aprivatización da sanidaden As organizacións convocadores criticaron o trato recibido da policía
Na imaxe superior, manifestantes ás portas do Palacio de Congresos de Santiago deCompostela. Na imaxe inferior, unha manifestante cae ao chan logo de que os axentes
de policía lle intentaran arrebatar pola forza a pancarta
Congresos, polo que o grupo de ma-
nifestantes tivo que se colocar nun
segundo plano. Isto non impediu, po-
rén, que houbese «algún forcexo e
empurróns por parte dos policías»,
sinalan as organizacións, «malia o
carácter pacífico do acto de pro-
testa».
GALICIA SINDICALN.º 11 - Xullo 2010 (2.ª quincena)
www.galicia.ccoo.es
Concentración dianteda patronal ourensádo comercio
Concentración o pasado 7 de xullo diante da patronal ourensá do comercioen protesta polo asinamento do convenio colectivo. Participaron máis dun
cento de delegados e delegadas de CCOO e UGT
CCOO reclama do empresariado uncompromiso coa estabilidade dos prezos
Os prezos aumentaron en xuño un
0,2%, en total unha taxa do 1,6% con
respecto ao mesmo mes do ano pa-
sado —unha décima máis que a media
estatal—, segundo os últimos datos
coñecidos do IPC.
A variación interanual da inflación
subxacente (índice xeral sen alimentos
non elaborados nin produtos enerxé-
ticos) foi dun 0,4%, catro décimas su-
perior ao crecemento rexistrado en
maio e a mesma que a rexistrada no
ámbito estatal.
Os bens e servizos que máis subiron
de prezo no último ano foron o trans-
porte (5,5%), a vivenda (4,8%), as bebi-
das alcohólicas e o tabaco (11,6%) e a
hostalaría (1,9%). En canto aos descen-
sos, os grupos que maior diminución
experimentaron foron os alimentos e
bebidas non alcohólicas (-1,1%) e o
ocio e a cultura (-2,2%).
Para CCOO, a necesidade de que
os nosos bens e servizos gañen cota
de mercado, para así cumprir o ob-
xectivo central de crear emprego, fai
imprescindible reforzar o compro-
miso do empresariado coa estabili-
dade dos prezos, ata o punto de ab-
sorber a recente suba do IVE como
medida «imprescindible» para non
empeorar a «delicada situación do
desemprego no noso país».
Manifestación enBraga contra aspolíticas do Gobernoportugués
O pasado 8 de xullo tivo lugar en Braga unha multitudinaria manifestacióncontra as políticas do Goberno portugués. Convocouna a CGTP-IN e partici-
pou unha delegación do Sindicato Nacional de CCOO
5
Neste 2010, o PLADIGA publicouse
só quince días antes da data de inicio
da época de alto risco, fixada no 1 de
xullo. En consecuencia, entre o 1 de
xullo e o 30 de setembro, Galicia es-
tará en situación de máximo risco de
incendios forestais.
Segundo CCOO, o plan debería
acompañarse da contratación, por
parte da Consellería do Medio Rural,
de todo o continxente de persoas e
medios necesarios para facer fronte a
este período de máximo risco.
Externalización
Para o sindicato, o fondo do problema
da improvisación e da desorganización
de Medio Rural radica en que desde
2007, co bipartito, o departamento au-
GALICIA SINDICAL N.º 11 - Xullo 2010 (2.ª quincena)
6
www.galicia.ccoo.es
Comisións Obreiras denuncia «des-
organización e improvisación» por
parte da Consellaría do Medio Rural na
loita contra os incendios forestais.
O sindicato lembra que o departa-
mento dirixido por Samuel Juárez é a
administración competente e respon-
sable de elaborar, dirixir e coordinar
todas as tarefas de prevención e de-
fensa contra incendios forestais en Ga-
licia.
Porén, Medio Rural anunciou recen-
temente a posta en marcha do Plan de
Defensa contra Incendios Forestais de
Galicia (PLADIGA) para o ano 2010, dis-
positivo que ten por finalidade refor-
zar, coordinar e dirixir a defensa con-
tra os incendios forestais na época de
máximo risco.
«Desorganización e improvisación»na loita contra os incendiosn CCOO considera que Medio Rural está a desmantelar o servizo público
tonómico renunciou a realizar as contra-
tacións do PLADIGA con medios propios.
A situación repítese agora co PP, que in-
cumpre neste caso os compromisos de
Núñez Feijóo, chegando mesmo a exter-
nalizar contratacións de persoal da loita
contra incendios forestais a través de SE-
AGA S.A., polo que CCOO considera que
se está a desmantelar o servizo público.
Outra das eivas detectadas é que as
probas físicas anuais de 2010 tiveron lu-
gar «excesivamente tarde», a mediados
de abril, co que os chamamentos para
as contratacións se fixeron tamén máis
tarde, a finais de xuño. Ademais, en ca-
tegorías importantes para a loita contra
os incendios, como condutor/a de mo-
tobomba, Medio Rural non conseguiu cu-
brir o 100% das prazas.
CCOO pide a destitucióndo director xeral de Montes
Comisións Obreiras reclama a dimi-
sión ou a destitución do director xeral
de Montes, Tomás Fernández-Couto,
por premiar cun ascenso un funciona-
rio que cometeu unha «infracción
grave de caza» e que supostamente
ameazou cun rifle os axentes forestais
que o identificaron.
CCOO lembra que os axentes fores-
tais, no exercicio das súas funcións,
teñen a condición de axentes da auto-
ridade, polo que a actitude dese fun-
cionario —actualmente xefe do Distrito
XII (Miño-Arnoia)—, xunto coa doutras
dúas persoas que o acompañaban e
que tamén manteñen relación laboral
coas Administracións públicas, adquire
para o sindicato «carácter de suma gra-
vidade».
O sindicato rexeita que este tipo de
actitudes e persoas poidan atopar «am-
paro dentro das Administracións pú-
blicas» e rexeita que, precisamente, al-
guén acusado de «feitos tan graves»
sexa agora o máximo responsable
dunha unidade «onde ten baixo as
súas ordes axentes forestais e me-
dioambientais».
Segundo a información que posúe
CCOO, o director xeral de Montes tiña
coñecemento dos feitos polo menos
desde setembro do ano pasado.
Alejandro Rodríguez Pazos, voceirode CCOO no colectivo de axentes
forestais e medioambientais
GALICIA SINDICALN.º 11 - Xullo 2010 (2.ª quincena)
7
www.galicia.ccoo.es
credibilidade pois non cumpre o asi-
nado.
Alén de abandonar a Comisión de
Seguimento, a Federación do Ensino
de CCOO está estudando a posibili-
A Federación do Ensino de Comi-
sións Obreiras de Galicia denuncia que
a Consellaría de Educación incumpre
de xeito unilateral do Acordo de Agru-
pamentos que se asinou hai agora un
ano. Nunha reunión o pasado 9 de xu-
llo, o departamento educativo presen-
touse «sen datos» e limitouse a comu-
nicar que, ao contrario do que estaba
previsto, «non se producirá» a creación
de oitenta novas unidades —grupos de
alumnado— para o curso 2010-2011
nin o incremento de cen prazas de pro-
fesorado.
Para a Federación do Ensino de
CCOO, esta actitude de Educación é
unha «imposición ditatorial». Conside-
ran «inadmisible» que a Consellaría se
negue a abordar unha negociación a
pesar de que o sindicato e outras or-
ganizacións propuxeron solucións al-
ternativas, razón pola cal Comisións
decidiu abandonar a Comisión de Se-
guimento do Acordo de Agrupamen-
tos.
En consonancia coa situación de
crise económica e cos recortes orza-
mentarios, CCOO-Ensino propuxo apli-
car o acordo dun xeito máis dilatado
no tempo. De feito, o propio acordo
establecía un calendario polo que o
50% das novas unidades se creou no
curso que agora rematou, e o resto
—os oitenta grupos xa mencionados—
no vindeiro curso.
En cifras, o cumprimento do acordo
representou ata agora a creación de
120 novas prazas de profesorado. Po-
rén, o resto de prazas previstas non
se van crear para o 2010-2011 pola
actuación dunha consellaría carente de
A Consellaría de Educación incumpreo Acordo de Agrupamentosn Como consecuencia, CCOO-Ensino abandonará a comisión de seguimento do pacto
dade de retirar a súa sinatura do
Acordo de Agrupamentos e, a través
dos seus servizos xurídicos, recorrer
o incumprimento do citado acordo por
parte da Xunta.
Machús Fernández, secretaria xeral da Federación do Ensino de CCOO
O comité intercentros da Consella-
ría de Educación, do que forma parte
CCOO, reuniuse o pasado 14 de xu-
llo co secretario xeral do departa-
mento autonómico. Na xuntanza,
Comisións denunciou a política eco-
nomicista que, ao seu ver, está a
practicar a Xunta no que atinxe á or-
ganización dos servizos públicos, es-
pecialmente no caso dos comedores
escolares. CCOO-Ensino reiteroulle
ao secretario xeral a oposición do
sindicato ao peche de comedores es-
colares no rural, á redución de per-
soal neste servizo e pediu tamén
unha aclaración sobre as instrucións
para o curso 2010-2011 no referente
aos comedores.
A Federación do Ensino de CCOO
denuncia, ademais, que a resposta
do voceiro da Consellaría se limitou
a xustificar a actuación do departa-
mento autonómico na ausencia dun
maior orzamento. Para o sindicato,
estas declaracións resultan «inadmi-
sibles».
CCOO DENUNCIA OS CRITERIOS ECONOMICISTAS COS QUEA XUNTA PRETENTE SUPRIMIR COMEDORES NO RURAL
NÚMERO 11 - XULLO 2010 (2.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO
www.galicia.ccoo.es
Se queres coñecernos, consulta cal é o local de CCOOmáis próximo... ou visita www.galicia.ccoo.es
O 15 de xullo desenvolveuse a se-
gunda xornada divulgativa do pro-
xecto «Imos Traballar», organizada
pola Unión Comarcal de CCOO de
Vigo. Trátase dunha iniciativa de em-
prego local desenvolvida conxunta-
mente coa Concellaría de Promoción
Económica, Emprego e Participación
Cidadá do Concello vigués.
«Imos Traballar» son accións gratui-
tas dirixidas a persoas desemprega-
das en xeral e inscritas como deman-
dantes de emprego do Concello de
Vigo. As ditas accións están cofinan-
ciadas polo Fondo Social Europeo e
polo Ministerio de Administracións Pú-
blicas.
Intervencións
A xornada inaugurouna Santos Héc-
tor Rodríguez Díaz, concelleiro de Pro-
moción Económica, Emprego e Partici-
pación Cidadá. Após el interviñeron Es-
peranza Casado Andrés, orientadora
laboral de FOREM-Galicia, Ángeles Cor-
tés, directora do Centro Integrado de
Formación Ocupacional de Coia (Vigo),
Jorge Jubells D'Alesio, director do cen-
tro xerontolóxico EUXA-Vigo, Manuel
García Cendón, director do CAMP de
Redondela, e José Ignacio Barbudo Gar-
cía, titor do proxecto «Imos Traballar»
por parte de CCOO. Clausurou a xor-
nada Xosé Cameselle, secretario xeral
da Unión Comarcal de Vigo de CCOO.
Segunda edición da xornada divulgativado proxecto «Imos Traballar»
CCOO sácalle tarxetavermella ao maltratador
As federacións de rama FECOMA e FITEQA de Galicia sumáronse á campaña estatal«Sácalle tarxeta vermella ao maltratador», como xa fixera a Executiva do sindicato
Completáronse
xa seis meses do
GALICIA SINDICAL
en formato dixital.
Durante o primeiro
semestre desta
nova xeira saíron
trece números, con-
tando o que agora
estás a ler.
Desde o equipo que fai posible a
publicación querémosche transmitir
o noso agradecemento, porque sen
ti non sería posible. Continuamos!
SEIS MESES DO GALICIASINDICAL DIXITAL