galicia dixital, numero 5

8
Preto de 10.000 persoas manifestá- ronse o 11 de abril polas rúas de Fe- rrol en defensa da sanidade pública. Após a manifestación do pasado 25 de marzo en Vigo, diferentes organi- zacións, entre elas CCOO, convocaron un novo acto reivindicativo contra as privatizacións no sistema sanitario. Comisións Obreiras denuncia que o Partido Popular continúa a promover desde a Xunta de Galicia «políticas pri- vatizadoras e de descrédito da sani- dade pública, intentando convencer- nos de que o capital privado e o negocio coa sanidade é a saída para a mellora do sistema». O sindicato lembra que en Madrid e Valencia, comunidades tamén gober- nadas polo PP, preténdese introducir a fórmula do copagamento. / Páxs. 6-7 Galicia Sindical NÚMERO 5 - ABRIL 2010 (2.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO .. .. 10.000 persoas reclaman en Ferrol unha sanidade pública n Depois da concorrida mobilización de Vigo a finais do mes pasado, a cidadanía botouse á rúa o 14 de abril en Ferrol contra as iniciativas privatizadoras DIXITAL www.galicia.ccoo.es Unha vez máis, a cidadanía botouse á rúa para reclamar o carácter público do servizo de saúde Máis de dúas mil persoas mobilizá- ronse na última semana nos diferentes actos reivindicativos convocados en de- fensa do servizo postal público. Por ci- dades, a manifestación máis numerosa foi na Coruña, na que participaron ao redor de 800 persoas, seguida das de Pontevedra (500), Lugo (450) e Ou- rense (400). Os actos organizounos a maioría sin- dical de Correos, tanto en persoal fun- cionario como laboral, composta por Comisións Obreiras, CSIF, SL e CGT, que contan co 70% da representación. Denuncian a política de «axuste duro e de abandono por parte do Goberno central» que deixou Correos fóra da súa axenda política. / Páxs. 4-5 CCOO, EN DEFENSA DO SERVIZO POSTAL PÚBLICO

Upload: oscargaliza

Post on 09-Jul-2015

337 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Galicia dixital, numero 5

Preto de 10.000 persoas manifestá-

ronse o 11 de abril polas rúas de Fe-

rrol en defensa da sanidade pública.

Após a manifestación do pasado 25

de marzo en Vigo, diferentes organi-

zacións, entre elas CCOO, convocaron

un novo acto reivindicativo contra as

privatizacións no sistema sanitario.

Comisións Obreiras denuncia que o

Partido Popular continúa a promover

desde a Xunta de Galicia «políticas pri-

vatizadoras e de descrédito da sani-

dade pública, intentando convencer-

nos de que o capital privado e o

negocio coa sanidade é a saída para a

mellora do sistema».

O sindicato lembra que en Madrid e

Valencia, comunidades tamén gober-

nadas polo PP, preténdese introducir

a fórmula do copagamento. / Páxs. 6-7

Galicia SindicalNÚMERO 5 - ABRIL 2010 (2.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

. . . .

10.000 persoas reclaman enFerrol unha sanidade públican Depois da concorrida mobilización de Vigo a finais do mes pasado, a cidadanía botouse á rúa o14 de abril en Ferrol contra as iniciativas privatizadoras

D I X I T A L

www.galicia.ccoo.es

Unha vez máis, a cidadanía botouse á rúa para reclamar o carácter público do servizo de saúde

Máis de dúas mil persoas mobilizá-

ronse na última semana nos diferentes

actos reivindicativos convocados en de-

fensa do servizo postal público. Por ci-

dades, a manifestación máis numerosa

foi na Coruña, na que participaron ao

redor de 800 persoas, seguida das de

Pontevedra (500), Lugo (450) e Ou-

rense (400).

Os actos organizounos a maioría sin-

dical de Correos, tanto en persoal fun-

cionario como laboral, composta por

Comisións Obreiras, CSIF, SL e CGT,

que contan co 70% da representación.

Denuncian a política de «axuste duro

e de abandono por parte do Goberno

central» que deixou Correos fóra da

súa axenda política. / Páxs. 4-5

CCOO, EN DEFENSA DO SERVIZO POSTAL PÚBLICO

Page 2: Galicia dixital, numero 5

GALICIA SINDICAL N.º 5 - Abril 2010 (2.ª quincena)

2

www.galicia.ccoo.es

Conflito en Iberphone (Teleperformance)

O comité de Iberphone (Teleperfor-

mance) convocou o pasado 7 de abril

unha concentración dinte das instala-

cións da empresa na Coruña.

Entre outras cuestións, a representa-

ción legal dos traballadores e traballa-

doras denuncia despedimentos «inxus-

tificados» de persoal indefinido mentres

segue contratando persoal da rúa. Se hai

sitio para máis xente, «como non o hai

para traballadores que levan anos loi-

tando polo seu posto de traballo?», in-

quire o comité.

Ademais, critican problemas en dife-

rentes campañas. Así, na de Unión Fe-

nosa, denuncian que a empresa rompeu

cos acordos subscritos no AGA en fe-

breiro ao tempo que se negou a calquera

reunión durante o mes pasado. Na cam-

paña de R, a empresa «negouse co seu

silencio a calquera das reunións solicita-

das para solucionar os problemas de ho-

rarios, comisións ou vacacións». Final-

mente, con motivo da de Iberdrola,

aseguran que a empresa se negou a con-

ceder vacacións «desde hai meses» e sen

xustificar o motivo.

A Fundación Galega do Metal para

a Formación, Cualificación e Em-

prego (FORMEGA) inaugurou recen-

temente un novo centro de forma-

ción. Está situado na rúa de

Gambrinus, no polígono coruñés da

Grela.

O obxectivo do centro é impulsar

os niveis de competencia e cualifica-

ción profesional dos traballadores e

traballadoras galegos dos sectores

metalúrxicos de Galicia, en especial

daquelas persoas que se atopan en

situación de desemprego.

Ao acto inaugural asistiron a con-

selleira de Traballo e Benestar, Bea-

triz Mato, e o delegado provincial da

Xunta de Galicia, Diego Calvo, acom-

pañados polo presidente de FOR-

MEGA e polos outros membros do

Padroado, entre os que se atopa o

secretario xeral da Federación de In-

dustria de CCOO, Nicolás Pato, vice-

FORMEGA inaugura un novocentro na Coruñan Ten como obxectivo impulsar os niveis de competencia e de cualificación

presidente segundo da Fundación.

FORMEGA preparou preto de

10.700 alumnos en toda Galicia du-

rante o ano 2009. Co centro da Co-

ruña, o décimo en toda Galicia, pre-

téndese potenciar o sector

metalúrxico. Para isto, dotouse

dunha nave de case mil metros ca-

drados, con diferentes talleres de

electricidade e electrónica, solda-

dura, fabricación mecánica e ener-

xías renovables. Ademais, conta con

dúas aulas para impartir diferentes

materias complementarias.

Page 3: Galicia dixital, numero 5

GALICIA SINDICALN.º 5 - Abril 2010 (2.ª quincena)

3

www.galicia.ccoo.es

O Consello Escolar de Galicia re-

xeitou recentemente o decreto do

plurilingüismo. Sete organizacións,

entre elas CCOO, presentaron emen-

das á totalidade do texto que defen-

deu a Xunta. Estas resultaron apro-

badas por 24 votos a favor e 16

contrarios.

Deste xeito, a maioría das organi-

zacións que integran o órgano de re-

presentación da comunidade educa-

tiva fixeron constar a súa oposición

ao decreto. Con todo, CCOO denun-

cia que os representantes da Conse-

llaría de Educación declararon que,

a pesar do resultado da votación,

continuarán adiante sen variar a súa

postura.

Por este motivo, CCOO instou a

Xunta a «non facer oídos xordos» a

un órgano que representa «a toda a

comunidade educativa», e que dea

un paso para abrir «negociacións re-

ais» que permitan chegar a «un am-

plo consenso sobre a lingua no en-

sino» que, en todo caso, deberá

partir do Plan xeral de normalización

da lingua galega, aprobado por una-

nimidade no Parlamento de Galicia

en 2004.

CCOO pide modificacións

Ademais, Comisións Obreiras rei-

terou cales son as principais modifi-

cacións que esixe para o decreto. A

primeira, que o alumnado de educa-

ción infantil sexa escolarizado na lin-

gua materna, e non no idioma que

decidan os pais e nais. A segunda,

que se deben usar criterios profesio-

O Consello Escolar rexeita odecreto do plurilingüismon Aprobouse unha emenda á totalidade do texto defendido pola Consellaría de Educación

CCOO leva tempo a amosar a súa oposición ao decreto que pretende aprobar a Xunta

nais e pedagóxicos para decidir a lin-

gua de impartición das materias, re-

xeitando polo tanto unha consulta

vinculante a pais e nais. En terceiro

lugar, o sindicato insta a Xunta a non

menoscabar a autoridade dos docen-

tes permitíndolle ao alumnado ex-

presarse nunha lingua diferente da-

quela que se estableza como idioma

de impartición de cada materia.

Por último, CCOO rexeita que se

establezan criterios porcentuais ríxi-

dos para a repartición de horas lecti-

vas de cada lingua oficial sen que se

teña en conta a situación de inferio-

ridade de que parte o galego.

Ante o anuncio por parte da Con-

sellaría de Educación de que se su-

primirán postos de traballo nos co-

medores escolares, CCOO esíxelle

ao departamento educativo que se

manteña tanto a calidade dos me-

nús como a do servizo.

Para a Federación do Ensino de

CCOO, o obxectivo dun servizo

complementario como é un come-

dor escolar non se pode limitar a

cubrir a necesidade de comer. A

Administración educativa «ten a

obriga de ofertar un servizo con

criterios de calidade e garantías hi-

xiénico-sanitarias que se desen-

volva coma un servizo educativo».

Comisións considera positivo

que as negociacións estean aber-

tas, e agarda que na reunión do

vindeiro 16 de abril se acheguen

posturas.

Para CCOO, sindicato maioritario

no sector, segue a ser «prioritario»

asegurar que non se produzan

minguas nas condicións laborais

dos traballadores e das traballado-

ras dos centros públicos.

CCOO ESIXE MANTER A CALIDADE DOS COMEDORES

Page 4: Galicia dixital, numero 5

GALICIA SINDICAL N.º 5 - Abril 2010 (2.ª quincena)

4

www.galicia.ccoo.es

Polo servizo postal públicon Comisións Obreiras e outras organizacións mobilizaron preto de 2.000 persoas en todaGalicia en defensa de Correos

Page 5: Galicia dixital, numero 5

GALICIA SINDICALN.º 5 - Abril 2010 (2.ª quincena)

5

www.galicia.ccoo.es

Page 6: Galicia dixital, numero 5

GALICIA SINDICAL N.º 5 - Abril 2010 (2.ª quincena)

6

www.galicia.ccoo.es

Nas últimas semanas, ao redor de

60.000 cidadáns e cidadás manifes-

táronse con CCOO e outras organi-

zacións en defensa dunha sanidade

pública.

O último dos actos reivindicativos

tivo lugar o pasado 11 de abril, coa

manifestación á que 10.000 persoas

se sumaron en Ferrol. A vindeira cita,

o próximo día 16 de abril, en Ponte-

vedra.

Comisións Obreiras denuncia que

o Partido Popular está a promover

desde a Xunta de Galicia accións que

contribúen ao descrédito da sani-

dade pública, e presentando o mo-

delo de xestión público-privado

como o único posible.

Nesta liña, CCOO lembra que nou-

tras autonomías con gobernos popu-

lares tamén se realizan políticas si-

milares en relación ao sistema

sanitario.

O novo hospital de Vigo

Un dos casos paradigmáticos des-

tas actuacións en Galicia é todo o re-

lacionado coa construción do novo

hospital de Vigo. O sindicato leva xa

moitos anos a alertar das carencias

en materia de infraestrutura sanitaria

na comarca viguesa.

Desde os primeiros debates públi-

cos, CCOO defendeu a necesidade

dunha cidade sanitaria que concen-

trase os recursos que estaban dis-

persos en diferentes centros sanita-

rios co seu propio NIF e que

competían entre si. O obxectivo: do-

tar a poboación dunha carteira de

Continuarán as mobilizacións endefensa da sanidade galegan O vindeiro 16 de abril haberá unha manifestación na cidade de Pontevedra

servizos, como unidades de queima-

dos, unidade de anorexia e bulimia,

cirurxía maxilofacial e outros, que,

mentres no norte do país era públi-

cos, en Vigo ofertábanse para boa

parte da poboación a través do cen-

tro privado Povisa.

En xuño de 2006 estableceuse un

acordo asinado por CCOO e outras

organizacións e institucións no que

se fixo constar a necesidade de cons-

truír un novo hospital para a área sa-

nitaria de Vigo. Naquel momento, a

Xerencia do Complexo Universitario

Hospitalario de Vigo impulsou reu-

nións de traballo entre profesionais

e diferentes colectivos para elaborar

o plan estratéxico do novo hospital.

Unha vez concluídas as comisións de

traballo, leváronse as conclusións ao

daquela goberno bipartito, que com-

partiu o proxecto común elaborado

polo sector.

Porén, «a alegría, o entusiasmo e

esforzos investidos convertéronse

coa chegada do PP á Xunta en frus-

tración, desengano e un regreso á

loita por unha política social xusta e

non discriminatoria», afirmaba a secre-

taria xeral da Federación de Sanidade,

Lola González, no anterior número do

GALICIA SINDICAL. Frustración, des-

engano e loita porque a nova Xunta

de Galicia rexeitou continuar co pro-

xecto consensuado por profesionais

da sanidade e negouse a que o novo

hospital de Vigo sexa de titularidade

e xestión públicas.

Page 7: Galicia dixital, numero 5

GALICIA SINDICALN.º 5 - Abril 2010 (2.ª quincena)

7

www.galicia.ccoo.es

Alberto Núñez Feijóo comprome-

teuse a que a sanidade en Galicia

continuará financiándose a través de

impostos, e descartou que se vaia

implantar o copagamento.

Así llo fixo saber a Patricia Mariño,

sindicalista de CCOO, que directa-

mente lle preguntou nun programa

de televisión se «teremos que pasar

por caixa cada vez que teñamos

unha necesidade sanitaria».

Despois dunha resposta vaga na

que Feijóo se limitou a dicir que ía

«intentar por todos os medios» evi-

talo, a sindicalista pediulle maior

concreción, ao que afirmou: «do que

estamos a falar é de se algunha per-

soa vai ter que pagar por ir ao mé-

dico, por unha consulta, ou por per-

noctar, por comer ou por durmir nun

hospital, e xa lle digo que non».

«TRANQUILA, NON HABERÁ COPAGAMENTO»

Page 8: Galicia dixital, numero 5

NÚMERO 5 - ABRIL 2010 (2.ª QUINCENA) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Se queres coñecernos, consulta cal é o local de CCOOmáis próximo... ou visita www.galicia.ccoo.es

Comisións Obreiras emitiu un informe desfavorable ao

borrador do decreto para declarar o noso país «zona de

grande afluencia turística» durante o ano xacobeo, para os

efectos do artigo 8.1.d da Lei 13/2006, do 27 de decembro,

de horarios comerciais de Galicia. Con data do 7 de abril, a

Federación de Comercio, Hostalaría e Turismo do sindicato

(FECOHT-CCOO) recibiu un escrito da Consellaría de Eco-

nomía e Industria polo cal se solicitaba informe da organi-

zación sindical ante o citado borrador, que propón ampliar

en catro domingos a apertura dos locais en Santiago de

Compostela e en dous no resto de Galicia.

Para CCOO, resulta «sorprendente e incoherente» que a

iniciativa da Xunta «aposte pola gran distribución en contra

do pequeno e mediano comercio», feito que cualifican de

«especialmente grave» nun país como Galicia onde «o co-

mercio rural ten unha importancia transcendental» para o

desenvolvemento desta actividade económica e para abas-

tecer «unha poboación eminentemente dispersa». Comi-

sións considera que o proxecto de decreto «afecta negati-

vamente aos traballadores e traballadoras do sector» e

observan nel «indefinición».

A Xunta marxina opequeno comercio

n Presentouse o último libro de RicardoGurriarán. O pasado 7 de abril presentousepublicamente Inmunda escoria, o último librode Ricardo Gurriarán, investigador daFundación 10 de Marzo. «Inmunda escoria» foio titular co que un xornal caracterizou osestudantes universitarios antifranquistas en1968, cando as súas protestas fixeron tremer asestruturas da Ditadura.

n Recortes na OPE estatal. Para CCOO «non éboa nova», a oferta de emprego público aprobadapolo Consello de Ministros, que reduce ao 10%a taxa de reposición de efectivos nasadministracións. CCOO advirte que de non secubriren convenientemente as vacantes que sevaian producindo, toda a cidadanía se veráprexudicada.

OUTRAS NOTICIAS QUE PODES LER ENWWW.GALICIA.CCOO.ES

Sobe o paro en Galicia por oitavomes consecutivo

No mes de marzo do ano 2010, Gali-

cia experimentou a menor taxa de cre-

cemento do desemprego de entre as

trece comunidades nas que medrou,

un 0,97%, o que aumentou en 2.278 o

número de persoas desempregadas no

noso país. O paro galego sitúase deste

xeito en 236.449 persoas, de novo un

máximo histórico.

Do total de persoas desempregadas,

110.443 son homes e 126.006 mulle-

res (o 53,29%). As traballadoras e tra-

balladores menores de 25 anos repre-

sentan este mes o 10,13% do desem-

prego (23.957 mozos e mozas). No

conxunto do estado, o desemprego

medrou un 0,87% (35.988 persoas),

0,10 puntos menos que en Galicia.

Por sectores, o paro só baixou na

agricultura e na pesca, e fíxoo nun

1,88%, incrementándose nos demais

sectores da economía. O maior au-

mento, tanto en valores totais coma re-

lativos, deuse no colectivo sen em-

prego anterior (1.030 máis, un 4,21%).

Nos demais sectores, os incrementos

foron os seguintes: na construción 428

máis (1,13%), na industria 500 (1,39%)

e nos servizos 441 (0,34%). No con-

xunto do estado medra o desemprego

en todos os sectores, agás na constru-

ción (1.103 menos, un 0,14%).

Prioridades

Para CCOO é prioritario incrementar

as medidas de protección social para

os case 90.000 parados e paradas que

carecen de prestacións. O sindicato ta-

mén esixe tomar medidas urxentes di-

rixidas á creación de emprego e á re-

activación da actividade económica.