excursiÓn celanova - allariz - termas

2
Imos coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio 11.00 Recepción: Benvida a Celanova “Terra de Poetas” na Praza Maior co guía correspondente. Visita á Casa dos Poetas (Idade Contemporánea. Rexurdimento da literatura galega): Casa familiar de Curros, onde coñeceremos a súa historia e afondaremos na vida e obra dos poetas. Na mesma rúa poderemos ver a casa familiar de Celso Emilio Ferreiro. Descanso 12.30 Visita ó Mosteiro de San Salvador (Alta Idade Media. Idade Moderna. O barroco. O edificio trala Desamortización): Trátase dun fermoso mosteiro do século XVII-XVIII que esconde nas súas traseiras a capela mozárabe de San Miguel, datada no século X e única no seu estilo en Galicia. Este edificio foi usado tamén como prisión durante a represión franquista, onde cumpriron condena milleiros de presos políticos procedentes de todo o norte de España. Duración da visita guiada: 1 hora polo interior da igrexa, sancristía, coro alto, claustro barroco e capela de San Miguel. 13.00 Concerto didáctico de órgano no mosteiro de Celanova Comemos e pasámolo ben en Allariz Allariz está situada ás beiras do río Arnoia, a 20 km de Ourense. Ten 85,3 km2 e 16 parroquias no que viven 6.028 persoas. No ano 1971 foi declarada Conxunto Histórico-Artístico.É unha típica vila de trazo medieval, arroupada polo Monte do Castelo, emprazamento da súa antiga fortaleza e gardada polosrestos das súas murallas. O río Arnoia é afluente do río Miño. A ponte medieval de Vilanova, de trazado románico do S.XII, dous arcos de medio punto. O Arnado o a praia fluvia da Acearrica, invítanos a correr, a xogar, a sentar, ... a soñar con contos de fadas. A historia e a tradición alaricas deixou para o deleite das novas xeracións, un doce dos máis exquisitos: o amendoado. En Allariz residiu unha das xuderías máis activas e ricas de Galicia, de onde ven a celebración da Festa do Boi, que recorda a vinganza de Xan de Arzúa ao arremeter, montado nun touro, contra os xudeos que se mofaban dos cristiáns que asistian a procesión de Corpus Christi.

Upload: carballeira123

Post on 03-Jun-2015

2.262 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: EXCURSIÓN CELANOVA - ALLARIZ - TERMAS

Imos coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio

11.00 Recepción: Benvida a Celanova “Terra de Poetas” na Praza Maior co guía correspondente. Visita á Casa dos Poetas (Idade Contemporánea. Rexurdimento da

literatura galega): Casa familiar de Curros, onde coñeceremos a súa historia e afondaremos na vida e obra dos poetas. Na mesma rúa poderemos ver a casa familiar de Celso Emilio Ferreiro. Descanso 12.30 Visita ó Mosteiro de San Salvador (Alta Idade Media. Idade

Moderna. O barroco. O edificio trala Desamortización): Trátase dun fermoso mosteiro do século XVII-XVIII que esconde nas súas traseiras a capela mozárabe de San Miguel, datada no século X e única no seu estilo en Galicia. Este edificio foi usado tamén como prisión durante a represión franquista, onde cumpriron condena milleiros de presos políticos procedentes de todo o norte de España. Duración da visita guiada: 1 hora polo interior da igrexa, sancristía, coro alto, claustro barroco e capela de San Miguel. 13.00 Concerto didáctico de órgano no mosteiro de Celanova

Comemos e pasámolo ben en Allariz

Allariz está situada ás beiras do río Arnoia, a 20 km de Ourense. Ten

85,3 km2 e 16 parroquias no que viven 6.028 persoas. No ano 1971 foi declarada Conxunto Histórico-Artístico.É unha típica vila de trazo medieval, arroupada polo Monte do Castelo, emprazamento da súa antiga fortaleza e gardada polosrestos das súas murallas. O río Arnoia é afluente do río Miño. A ponte medieval de Vilanova, de trazado románico do S.XII, dous

arcos de medio punto. O Arnado o a praia fluvia da Acearrica, invítanos a correr, a xogar, a

sentar, ... a soñar con contos de fadas. A historia e a tradición alaricas deixou para o deleite das novas xeracións, un doce dos máis exquisitos: o amendoado.

En Allariz residiu unha das xuderías máis activas e ricas de Galicia, de onde ven a celebración da Festa do Boi, que recorda a vinganza de

Xan de Arzúa ao arremeter, montado nun touro, contra os xudeos que se mofaban dos cristiáns que asistian a procesión de Corpus Christi.

Page 2: EXCURSIÓN CELANOVA - ALLARIZ - TERMAS

Relaxámonos nas termas de OUTARIZ

Un lugar de paz e tranquilidade nas augas termais de Outariz.

Atopamos pozas con auga fria e auga quente a distintas

temperaturas.

Alumnado mediador e alumnado que colaborou co Departamento de

orientación nas diferentes actividades.

EXCURSIÓN A CELANOVA,

ALLARIZ E OURENSE

Día 27 de maio de 2014

ACTIVIDADES: 1. Visita a Celanova (casa dos poetas o o

mosteiro. Ao final da mañá: concerto didáctico de órgano.

2. Visita a vila románica de Allariz. Comida ao aire libre e percorrido polas rúas do casco vello.

3. Ao final da tarde relax nas termas de Outariz (Ourense).