elemental, queridos humanos

40
Elemental, queridos humanos Vida y andanzas del ingenioso planeta tierra. Elena Ferreiro González 2ºBach-A-

Upload: dpto-filosofia-ies-otero-pedrayo-ourense

Post on 27-Jun-2015

125 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Elemental, queridos humanos

Elemental, queridos humanos

Vida y andanzas del ingenioso planeta tierra.

Elena Ferreiro González2ºBach-A-

Page 2: Elemental, queridos humanos

A terra está composta por diferentes envoltas que son a atmosfera, a hidrosfera e a criosfera e foron cambiando ao longo da historia e o tempo, como tamén os océanos e continentes.A nosa especie empezou hai 200.000 anos en África e estendeuse a todo o mundo, pero a vida na terra comezara millóns de anos antes con seres moi simples como as cianobacterias, eubacterias e arquibacterias, que dan comezo á historia

Page 3: Elemental, queridos humanos

da relación entre a biosfera e as demais esferas da terra. A atmosfera de entón era redutora, pero coa actividade dos microorganismos ( fotosíntese) a atmosfera foise facendo rica en osíxeno.Foi a partir de aí cando comezan a xurdir os organismos pluricelulares e complexos.

Page 4: Elemental, queridos humanos

A vida divídese en cinco grandes reinos: Reino Monera, Reino Protoctista, Reino Plantae, Reino Animalia e Reino Fungi. Unha cousa que teñen en común todos os seres vivos é que son capaces de autocopiarse.

Page 5: Elemental, queridos humanos

Os anfibios deféndense ben na terra pero necesitan auga preto para poder vivir. Empezan a xurdir distintos tipos de animais como son os mamíferos, aves e réptiles. Coa extinción dos dinosauros e outros réptiles produciuse unha catástrofe que cambiou drasticamente o ambiente

Page 6: Elemental, queridos humanos

e a biosfera. Prodúcense dúas grandes catástrofes que causan grandes danos na terra, moito frío, extínguense os dinosauros e outros réptiles, pero volveron aparecer plantas, lagartos, tartarugas... Despois da extinción os monos e os demais grupos de mamíferos continuaron evolucionando.

Page 7: Elemental, queridos humanos

A terra dividiuse en cinco continentes: América, África, Asia, Europa e Oceanía (tectónica de placas). Eses movementos da litosfera fan que a Terra en sentido xeolóxico sexa un planeta vivo.

Page 8: Elemental, queridos humanos

Cos monos e a súa evolución aparecen os hominoideos (nós pertencemos a este grupo). Pouco a pouco apareceron os homínidos. O primeiro homínido que apareceu foi o austrolopitecus en países africanos. Estes tiñan grandes moas e o seu alimento era máis duro. Eran pequenos e bípedes.

Page 9: Elemental, queridos humanos

Comezan as glaciacións e o planeta cada vez é máis frío e os homínidos e o resto dos animais e plantas teñen que adaptarse aos cambios dos novos climas.

Page 10: Elemental, queridos humanos

Os austrolopitecus evolucionan e xorde o Homo habilis e co paso dos anos xorden o Homo erectus e o Homo ergaster.

Page 11: Elemental, queridos humanos

Na illa de Flores, ao norte de Java, en Indonesia, descubriuse unha cova con restos duns homínido, os Homo florensis. Nesa cova encontráronse tamén instrumentos de pedra. Estes homínidos tiveran ademais que navegar para alcanzar a illa e isto é algo que só está ao alcance da nosa especie. Unha explicación para estes homiños de Flores sería a de que uns homínidos como os de Xeorxia, ou quizais máis primitivos, Homo habilis, chegaron fai ,milloes de anos ata Flores e seguramente alí fixéronse máis pequenos.

Page 12: Elemental, queridos humanos

Cos depósitos encontrados en Atapuerca sabemos como son os homínidos dos pés ás a cabeza.

Page 13: Elemental, queridos humanos

Hai autores que sosteñen que só existiu no pasado - como no presente- unha especie de homínido, aínda que claramente dividida en variedades xeográficas ( Especie politípica). Outros en cambio, sosteñen o contrario, a humanidade estendeuse en varias especies verdadeiras, que non se cruzaban entre si ou que apenas compartían xenes.

Page 14: Elemental, queridos humanos

Cando apareceu a conciencia, con ela xurdiu a última das esferas, a “ envolvida’’ pensante ou noosfera, que require un sistema de comunicación especial chamada linguaxe humana. Este tipo de comunicación codifica a información por medio de símbolos, sexan sons ou letras.

Page 15: Elemental, queridos humanos

A especie Homo sapiens saíu de África e estendeuse por Eurasia, encontrouse cos neandertales en Europa. Os neandertales acabaron desaparecendo no sur da península Ibérica. E para entón os cromañóns xa produciran magníficas obras de arte. O contacto entre ambos os dous tivo lugar no medio da última glaciación, pero despois disto só quedaron o sapiens, que crían nos espíritos e forzas sobrenaturais. Cando a glaciación rematou, no Mediterráneo, os humanos almacenaban sementes de gramíneas para alimentarse en épocas de escaseza.

Page 16: Elemental, queridos humanos

As chuvias comezaron a facerse máis abundantes e as terra áridas empezaron a florecer e a frutificar, o que lles permitiu coñecer o seu territorio e xa non tiñan que percorrer longas distancias para cazar. Foron bos tempos e a poboación aumentou máis do que fixera nunca.

As chuvias diminuíron e as temperaturas descenderon, os recursos fixéronse máis escasos. Nese momento, algúns humanos (natufienses) reaccionaron ás novas condicións favorecendo as especies que lle eran máis útiles. Cando remataron os malos tempos o xerme da agricultura e a gandaría xa implantáranse nos territorios do Crecente Fértil.

Page 17: Elemental, queridos humanos

É entón cando, co consumo de especies vexetais domesticadas, empeza a cociña elaborada. Tamén neste tempo, aparecen os primeiros indicios de domesticación de animais. Así comezou a “selección artificial’’ feita por humanos que escollían os exemplares que máis lles conviñan. Ao cabo dun tempo ese proceso de selección deu lugar a cambios morfolóxicos que permiten diferenciar as especies domesticadas das silvestres. Os humanos dende entón, 'están condenados ´ ´ a gañar o pan coa suor da súa fronte. Coa gandaría abriuse camiño a epidemias

Page 18: Elemental, queridos humanos

No continente asiático, na China nororiental, na conca alta do río Amarelo, comezouse a cultivar paínzo. En Henan arroz, nabos, berzas e froitas. Estas aldeas tamén domesticaron o porco. Tamén hai evidencias arqueolóxicas de sericultura: cría do verme de seda, para obter fío.

Page 19: Elemental, queridos humanos

No resto de Asia criáronse bovinos, aves, dromedarios, camelos... Co tempo as xentes do Neolítico conseguiron obter novos beneficios deles: forza de traballo e leite.En Nova Guinea, á parte de domesticar tubérculos, bulbos e talos optaron polo canivalismo. A maior achega de América ao resto do mundo foi a pataca.

Page 20: Elemental, queridos humanos

Unha das consecuencias de sementar, recoller e almacenar foi que aumentou o alimento o que reduciu a mortalidade en épocas de escaseza e como consecuencia aumentou a poboación.

Page 21: Elemental, queridos humanos

A gandaría e a agricultura non se estenderon cubrindo toda a superficie da Terra debido a que non todos os lugares don apropiados para esta práctica, debido ao clima e ao medio que posúen.

Page 22: Elemental, queridos humanos

Dende a aparición da agricultura e a gandaría a superficie da Terra non volveu ser a mesma, a progresiva transformación das paisaxes non seguiu as mesmas pautas en todas as partes, xa que cada cultura marcou sobre o territorio os seus propios sinais de identidade. Os grandes bosques foron tallados e substituídos por campos labrados. Tamén se foron trasladando cultivos e animais. Construíronse canles de rego ou diques, en terras utilízase a técnica do barbeito,

Page 23: Elemental, queridos humanos

comézanse a sementar plantas para facer biocombustibles. Úsanse pesticidas para combater pragas, pero para evitar a perda de colleitas redúcese o seu uso. A poboación aumentou tanto que necesitaron estruturas de poder para organizarse, entón naceron os Estados.

Page 24: Elemental, queridos humanos

Hai 400.000 anos os antepasados dos neandertales agrupábanse arredor do lume nunha cova (Menez- Dregan). A cacharela perfectamente preparada proporcionáballes luz e calor e cociñaban alí os seus alimentos.

Page 25: Elemental, queridos humanos

O lume era para os homes do pasado unha maxia inventada e gozada polos deuses. E pouco a pouco empezáseselle a encontrar moitos usos ao lume ( aliado na caza, desbrozar, amolecer e fertilizar o chan, tamén se descubriu o seu potencial para producir obxectos). Sen el non se tería podido fabricar un novo produto que acabou sendo indispensable para a vida cotiá: a cerámica.

Page 26: Elemental, queridos humanos

A busca da beleza proporcionou a explotación doutros materiais como os metais, pero o ouro, a prata e o cobre xa se utilizaban había tempo. Pero a calor dunha cacharela non era suficiente para extraer todos os metais; así foi como se encontraron novos usos para os fornos. Nacera a metalurxia.

Page 27: Elemental, queridos humanos

A extracción do carbón resultaba bastante cara pero a principios do S.XVIII Newcomen inventou a máquina de vapor. A finais de século S.James W presentou un modelo máis eficaz.

Page 28: Elemental, queridos humanos

O mundo do transporte tamén se cambiou coa aparición de embarcacións movidas por motores e cos trens arrastrados por locomotoras de vapor. O espolio da terra alcanzou proporcións desmesuradas.

Page 29: Elemental, queridos humanos

Ao esgotamento dos recursos naturais que a terra tardou millóns de anos en producir sumábase a constatación dos residuos derivados da actividade fabril estaban a modificar a atmosfera, a biosfera e a litosfera.

Page 30: Elemental, queridos humanos

O mundo sempre estivo desigualmente poboado pero este desequilibrio foise acrecentando dende o comezo da sedentarizaciónque xerou o comezo das grandes civilizacións. Na actualidade máis da metade da poboación vive en cidades. Xorden as primeiras cidades: Mesopotamia, Exipto, Val do Indo, China ou Mesoamérica. O seu urbanismo responde ás novas necesidades.

Page 31: Elemental, queridos humanos

Os seres humanos ensuciamos moito dende o principio e cada vez máis. No momento de esplendor do lixo empeza tamén a revolución industrial. Dende entón as aglomeracións urbanas fóronse convertendo nun dos problemas máis incitantes e máis difícil solución. Fóronse formando vertedoiros a ceo aberto que xeraron todo tipo de problemas.

Page 32: Elemental, queridos humanos

En Tokyo, que é a cidade máis populosa do mundo, non ten o recolledor de lixo máis grande, alí optaron por incinerar os seus residuos. O problema desta practica é a emisión de substancias contaminantes á atmosfera.

Page 33: Elemental, queridos humanos

Pero en xeral a poboación é consciente do problema e mesmo xurdiron movementos de voluntarios que se dedican a recoller materiais como o papel e o cartón para a súa posterior reutilización.

Page 34: Elemental, queridos humanos

Os vertedoiros teñen un tempo de vida limitado porque non poden superar certos límites de carga, pero resulta complicado substituílos. En países con economías máis débiles, o habitual é que a situación dos vertedoiros se eternice e acaben converténdose en lugares esperpénticos.

Page 35: Elemental, queridos humanos

A parte dos recolledores de lixo, as incineradoras tamén producen substancias contaminantes como dioxinas procedentes da combustión dos plásticos, conservantes...

Page 36: Elemental, queridos humanos

Nos últimos anos o fantasma do cambio climático pende sobre nós, pero non é unha novidade porque o clima sempre esta cambiando e ata as modificacións máis pequenas teñen consecuencias sobre os seres vivos.

Page 37: Elemental, queridos humanos

Poderiamos despregar unha lista case inalcanzable de desastres provocados pola nosa forma de relacionarnos co noso ámbito. Pero tamén temos pactos de boa vontade coa terra. Os humanos asinamos tratados de paz coa Terra, o 22 de xullo de 1918 declárase en España o Parque Nacional da Montaña de Covadonga, que o 1995 foi ampliado e se converteu no Parque Nacional dos Picos de Europa.

Page 38: Elemental, queridos humanos

A Terra é un fermoso lugar, pero ten unha enfermidade chamada home. Así se expresaba Nietzche e moita xente máis pénsao hoxe en día. Moitos datos indícannos que dende hai un século, e sobre todo nas dúas últimas décadas o planeta se está a quentar moi á présa.

Page 39: Elemental, queridos humanos

Os seres humanos debido ás actividades que realizamos estamos a producir un cambio climático. A especie humana está a influír no clima e debería preocuparnos en especial aos españois, posto que o noso territorio sufriría un aumento de aridez. Á parte de contaminar practicamente todas as masas de auga, somos responsables da desaparición de

Page 40: Elemental, queridos humanos

innumerables especies. É tan grande a destrución que se falou da sexta gran crise da biosfera, é dicir, a última das extincións masivas.

"Pensa globalmente, actúa localmente"