educación especial 2014 2015

19
Unha escola inclusiva é para todos e todas independentemente das características e diferenzas de cada un defendendo que todos os nenos e nenas pertencen ó grupo e poden aprender na vida normal dunha escola na que a diversidade se entende coma un valor engadido. Stainback y Stainback,1.999

Upload: cmariacoruna

Post on 09-Jul-2015

359 views

Category:

Education


9 download

DESCRIPTION

Presentación Aula de Educación Especial Colexio Compañía de María de A Coruña

TRANSCRIPT

Page 1: Educación especial 2014 2015

Unha escola inclusiva é para todos e todas independentemente das características e diferenzas de

cada un defendendo que todos os nenos e nenas pertencen ó grupo e poden aprender na vida normal dunha

escola na que a diversidade se entende coma un valor engadido.

Stainback y Stainback,1.999

Page 2: Educación especial 2014 2015

BENVIDOS Á AULA DE EDUCACIÓN ESPECIAL

AS NOSAS AULAS PROGRAMACIÓN

CELEBRACIÓNS

TALLERES

CONTACTAR CON NÓS

VISITAS CULTURAIS

Page 3: Educación especial 2014 2015

AS NOSAS AULAS

Page 4: Educación especial 2014 2015

PROGRAMACIÓN1.- INTRODUCCIÓN

A aula de Educación Especial constitúe un recurso de apoio ós alumnos con necesidades educativas específicas.

Con respecto á comunidade educativa as nosas funcións como profesoras de apoio son:

- Función de asesoramento- Función de avaliación- Función de intervención didáctica

Estas funcións e tarefas desenvolvémolas respecto do centro, dos profesores, das familias e dos alumnos.

No noso centro a aula de Educación Especial conta con dúas profesoras para atender a dezasete alumnos con necesidades educativas específicas escolarizados en Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria.

Destes alumnos/as uns reciben reforzo educativo e outros teñen adaptación curricular, agás os de Educación Infantil, co obxecto de adecuar os procesos de ensinanza que os alumnos reciben como consecuencia da detección de necesidades educativas especiais, é decir, como consecuencia de ter que levar a cabo cambios sustanciais na proposta educativa que se vai desenvolver nas aulas.

Page 5: Educación especial 2014 2015

PROGRAMACIÓN

2.-FUNDAMENTOS TEÓRICOS DO NOSO MODELO DE INTERVENCIÓN

A estratexia de traballo que propoñemos co noso alumnado fundaméntase nos

seguintes autores e teorías:

-Vigotsky e as súas teorías da Zona de Desenvolvemento Próximo e a Lei da doble aparición das funcións superiores, que nos enmarca: o radio de acción da avaliación inicial e da intervención educativa, así coma a necesidade de compartir as aprendizaxes e coñecementos co fin de que nunha fase posterior os alumnos os fagan seus.

-Feuerstein e a súa teoría da Experiencia de Aprendizaxe Mediado e a Modificabilidade Xeral Cognitiva, que nos sinala a importancia que teñen as experiencias de aprendizaxe no desenvolvemento do suxeito e indica a importancia de mediar non so entre os contidos e a estructura cognitiva do suxeito, senón tamén na motivación, trascendencia e xeneralización das aprendizaxes.

-Bruner e a súa teoría da andamiaxe, que nos ven a resaltar a importancia de que as axudas proporcionadas ó suxeito se sitúen na tarefa escolar a unha distancia asequible para as súas capacidades e coñecementos.

-Ashman e Conway e a súa teoría da Instrucción Basada en Procesos que nos proporcionan as bases da intervención estratéxica, o que nos leva a priorizar na ensinanza os aspectos referidos ós procesos, en lugar dos aspectos conductuais.

Page 6: Educación especial 2014 2015

PROGRAMACIÓN3.- ESTRATEXIAS DE TRABALLO.

A estratexia xeral de traballo que empregamos para intervir psicopedagóxicamente cos alumnos estructurámola da seguinte maneira:

Partimos dunha avaliación inicial que nos permite identificar axeitadamente o punto de partida da intervención así como a metodoloxía a seguir durante a mesma. Tamén nos permite detectar os puntos fortes e débiles dos nosos alumnos para apoiarnos nos fortes e diminuir ou reducir a incidencia dos débiles.

En primeiro lugar facemos unha avaliación do historial da aprendizaxe do alumno centrándonos principalmente na sua historia escolar e persoal.

Para valorar a competencia curricular dos alumnos en cada un dos bloques de contidos empregamos os instrumentos de recollida de información que resultan máis axeitados, procurando combinar procedementos cualitativos (entrevista cos titores e profesores de área, observación, análisis de traballos…) e cuantitativos (probas de nivel estandarizadas, probas escritas, probas orais, …).

Unha vez que sabemos qué é capaz de facer o alumno na área correspondente identificamos as axudas que resultan idóneas na intervención que vamos a realizar. Para iso valoramos:

- A competencia potencial (o que sería capaz de facer si lle facilitamos as tarefas).- O estilo de aprendizaxe (condicións que benefician ou perxudican o seu proceso de

aprendizaxe).Por outra banda esta avaliación compleméntase coa valoración que o orientador realiza sobre

os aspectos do desenvolvemento que sexa necesario en cada un dos alumnos (desenvolvemento e funcionamento cognitivo, sicoafectivo ou motriz).

A información obtida organizámola respecto a tres apartados:- Metodoloxía: agrupamentos, materiais, estratexias, actividades, tempos…- Interacción-motivación: reforzos, metas, relacións cos alumnos, relación cos profesores…- Cognición: nivel atencional, erros na entrada da información, no razoamento e na emisión de respostas, estilo cognitivo…

Page 7: Educación especial 2014 2015

PROGRAMACIÓN4.- RECURSOS:

6.I -RECURSOS ORGANIZATIVOS: TEMPORAIS E ESPACIAIS

a) Temporais:

A organización temporal da aula de Educación Especial non é un proceso sinxelo xa que debemos ter en conta tres aspectos:

Horario das aulas ordinarias: o criterio é respetar ó máximo que os alumnos acudan á aula ordinaria o maior número de horas posible. Con carácter xeral acuden como mínimo a metade do horario. As asignaturas de Relixión, Plástica, Música e Educación Física, non sufren modificacións.

Dificultades do alumnado: para que a distribución horaria de cada un dos nosos alumnos sexa o máis eficaz posible temos en conta as dificultades que presenta cada un, e a partir de ahí, delimitamos o número de horas e o tipo de apoio que necesita (dentro da aula ordinaria ou na aula de Ed. Especial) .

Disponibilidade de horario de cada unha das profesoras: unha vez valorados os aspectos anteriormente citados e determinados os apoios, temos que axeitarnos ó horario que temos: unha profesora de xornada de mañá e outra profesora de xornada partida.

Page 8: Educación especial 2014 2015

PROGRAMACIÓN4.- RECURSOS:

4.I -RECURSOS ORGANIZATIVOS: TEMPORAIS E ESPACIAIS b) Espaciais: Contamos cos seguintes espacios:

-Aula A: para os alumnos do terceiro ciclo de E.P.O. e de E.S.O.. Conta cunha biblioteca, ordenador e aseo.-Aula B: para os alumnos de Ed. Infantil e primeiro e segundo ciclo de E.P.O. Conta cun rincón para xogos, biblioteca e aseo.

Aula de usos múltiples (contigua á aula A): é un espacio moi amplo. Conta cunha mesa grande, dúas pequenas, equipo de música e material de psicomotricidade . Nesta aula realizamos as seguintes actividades:

• Taller de Habilidades Sociais• Taller da natureza• Celebracións de festas significativas para os alumnos: cumpleanos, despedidas de alumnos, festas

tradicionais,…• Talleres de alimentación• Plan Lector

Tanto na aula A coma na aula B os pupitres son independentes e están organizados en forma circular. Nelas, levamos a cabo actividades en pequenos grupos e individuais.-Traballo individual: onde o grado de personalización cos nosos alumnos é total. Introducimos conceptos novos e afianzamos os xa traballados. Levamos a cabo un seguimento pormenorizado das aprendizaxes de cada un dos alumnos principalmente nas áreas instrumentais.-Traballo en pequenos grupos: agrupamos ós alumnos según o seu nivel de competencia e as súas capacidades, para presentar e desenrolar novos temas . -Traballo en gran grupo: levámolo a cabo na aula de usos múltiples. O espacio está organizado de xeito que poidan verse, compartir materiais e axudarse. É nesta aula onde se realizan os diferentes talleres.

Page 9: Educación especial 2014 2015

PROGRAMACIÓN4.II –RECURSOS DIDÁCTICOS

Estarán formados por aqueles instrumentos e medios que nos proporcionan pautas e criterios para a toma de decisións, tanto na planificación como na intervención directa no proceso de ensinanza-aprendizaxe e na súa avaliación.

Libros de texto das diferentes asignaturas, libros de consulta, material monográfico, unidades didácticas adaptadas, mapas, secuencias temporais, lotos fonéticos, regletas, ábaco, figuras xeométricas, probas estandarizadas, plantillas de rexistro de observación, TICs,….

4.III – RECURSOS PERSOAIS

Na aula de Educación Especial é imprescindible un traballo conxunto de todos os profesionais que interveñen no proceso de ensinanza-aprendizaxe, e unha organización flexible que nos permita a súa vez actuar como elementos naturais dentro da mesma. Nela traballamos os seguintes profesionais:

_ Unha mestra Especialista en Pedagoxía Terapéutica_ Unha mestra Especialista en Audición e Linguaxe_ E tres mestres de apoio que colaboran no desenrolo dos diferentes talleres.

4.IV –RECURSOS MATERIAIS

Contamos co mobiliario tipo dunha aula ordinaria debido a que os nosos alumnos non precisan de ningunha adaptación.Dentro das nosas aulas de E.E atópanse:

_ Pupitres individuais e pizarra_ Unha mesa amplia (1 X 3 m)._ Tres mesas auxiliares_ Estanterías_ Ordenadores_ Armarios_ Dous aseos (unha na aula A e outro na aula B)_ Dous Radios CD_ Un acuario de 80 litros._ Dous espellos _ Unha pizarra dixital, un Ipad , unha tablet para cada alumno/a, unha impresora multifunción,

unhagrabadora dixital e unha cámara de fotos dixital.

Page 10: Educación especial 2014 2015

TALLERES

Taller de prensa

Tics Habilidades

Sociais

Plan Lector

Alimentación

Natureza

Page 11: Educación especial 2014 2015

PRENSAOBXECTIVO: Conseguir que os alumnos manexen o xornal como

outro medio máis de comunicación social

Page 12: Educación especial 2014 2015

PLAN LECTOROBXECTIVO: Conseguir que a lectura divirta, emocione e sexa

fonte de novos coñecementos

Page 13: Educación especial 2014 2015

ALIMENTACIÓNOBXECTIVO: Adquirir hábitos saudables de alimentación tomando

como aperitivo froita,iogur, boliño de pan con xamón, doces caseiros,…

Page 14: Educación especial 2014 2015

NATUREZAOBXECTIVO: Respetar e valorar a natureza apreciando que todos os

seres vivos cumplen unha función. Creación de un ecosistema de auga doce: acuario de peixes e prantas

Page 15: Educación especial 2014 2015

HABILIDADES SOCIAISOBXECTIVO: Conseguir que os alumnos establezan relacións

interpersonais axeitadas relacionadas co traballo o xogo e o tempo libre

Page 16: Educación especial 2014 2015

TICSOBXECTIVO: Introducir as novas tecnoloxías como ferramenta de socialización e de apoio ós contidos

curriculares

Page 17: Educación especial 2014 2015

CELEBRACIÓNSOBXECTIVO: Valorar a importancia de compartir cos seus

compañeiros os acontecementos felices da nosa vida ou da nosa comunidade

Page 18: Educación especial 2014 2015

VISITAS CULTURAISOBXECTIVO: motivar e consolidar as aprendizaxes escolares

Page 19: Educación especial 2014 2015

CONTACTAR CON NÓS

981-250304EXT. 32

EXT. 16