Download - Xaneiro
xaneiroenero
january janvier janeiro
O nome ven do latín ianuarius, polo deus Jano (en latín Janus), representado con dúas caras, o deus das portas (entrada e saída) ou do comezo e o final.
É o primeiro mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días.
A pedra de xaneiro é o granate a a flor o caravel.
Son frecuentes as xeadas e neva nas zonas altas
Os ríos levan moita auga
A maioría das árbores seguen sen follas
bimbieiros
Florecen os eucaliptos, as camelias, as mimosas, as amieiras, as avelairas, os nabos, os chuchameles...
mimosa
amieira
eucalipto
avelairas
herba das espullas
grelos
estrugas
as primeiras herbas de namorar
Os raposos buscan parellaDesovan as sardiñas e os muxesEmpezan a formar parellas algunhas aves (parrulos, corvos, merlos, pardales...)O Bao segue cheo de aves invernantes
Os gatos andan ás “xaneiras”
A enseada do Umia segue chea de aves invernantes
fungos nunha sobreira
fungos nun carballo
Pódanse as viñas, plántanse allos...
temperatura máxima
(ºC)
temperatura mínima
(ºC)
temperatura media
(ºC)
humidade
media (%)
velocidade do
vento(km/h)
chuvia
total (l)
día chuviamáxima (l/m2)
diaschuvi
a
13,5 8,8 11,15 79 18,7 200,6 50,4 (6) 14
O TEMPO
-O vinteún de xaneiro ten unha hora por enteiro.
Os días medraron 50 minutos
6 de xaneiro en Cambados
-Xaneiro xeadeiro, febreiro ventisqueiro, marzo pardo, abril mollado e maio claro, valen máis que os bois e o carro.
-Xaneiro xeado e abril mollado enchen o faiado-Cando as rans cantan no xaneiro, sinal de fame en todo o eido-Seco xaneiro, abundancia no graneiro
-A xeada de xaneiro mata a vaca e mais o leiro.
-En xaneiro a berza é carneiro-Xaneiro alleiro-Se queres ter bo alleiro plántao no xaneiro-Se chove en San Antón de xaneiro pipas ao fumeiro, se non, pipas ao canteiro
-No mes de xaneiro sube ao outeiro, se ves verdear ponte a chorar, se ves estercar ponte a cantar.
-Quen labra no xaneiro labra para o ano enteiro.-En xaneiro, lume na lareira e porco no fumeiro.
Días sinalados:1: Ano Novo6: Os Reis Magos
30 de
xaneiroDía da Paz
Para tentar construír un mundo mellor, máis xusto e humano; e unha sociedade democrática, libre, xusta,
responsable e pacífica.
O obxectivo da celebración do Día da Paz e fomentar a educación na
tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respecto aos
dereitos humanos, a non violencia e a paz.
Detalle do monumento a Loriga de Asorey
O día da Paz celébrase na data do aniversario da morte do lider espiritual da India e símbolo da non violencia, Mahatma Gandhi.
Mohandas Karamchand Gandhi naceu en Porbandar (India) en 1869 e morreu en Nova Delhi o 30 de xaneiro de 1948,Graduouse en dereito en Inglaterra. Vivíu en África do Sur onde loitou contra a discriminación.Volveu á India onde organizou a resistencia non violenta. Tratou de frear o choque entre hindús e musulmáns. Estivo encarcelado en moitas ocasións.En 1937 era o líder dun movemento independentista con capacidade para movilizar a millóns de indios.
FOTOS: Alumnado 1º ESO, Adela Leiro, Mon DaportaXANEIRO 2011