Download - 01 O inicio da idade media
O INICIO DA IDADE MEDIA
2º ESO
Roberto López
Os pobos bárbaros asentábanse máis alá das fronteiras do Imperio romano Entre os bárbaros destacaban os xermanos e os hunos Os hunos procedían das estepas asiáticas. Os xermanos habitaban ao norte e ao leste de Europa e mantiñan relacións cos romanos.
1. A FRAGMENTACIÓN DO IMPERIO ROMANO
A ameaza dos pobos bárbaros
A crise do século III
Causas: -Os prezos dos produtos subiron. -O comercio diminuíu e a economía estancouse -Aumentaron os impostos. - Revoltas sociais de campesiños e militares. - As cidades foron saqueadas polos bárbaros. - Perda de poder dos emperadores. Consecuencias:
- Créase un clima de inseguridade. - As cidades empezaron a ser abandonadas.
- Os xermanos invaden o imperio romano.
A principios do século III o imperio romano entrou en crise
A división do imperio e as invasións
Teodosio no ano 395 d.C. dividiu o Imperio en dúas partes:
- O Imperio Romano de occidente con capital en Roma. - O Imperio Romano de oriente con capital en Constantinopla.
As dúas partes do imperio evolucionaron de forma moi diferente.
-En Occidente, os emperadores foron incapaces de frear aos xermanos, que crearon os seus propios reinos. No 476 d.C. Odoacro puxo fin ao Imperio Romano de occidente. -En Oriente o imperio mantívose mil anos máis, co nome de Imperio Bizantino
2. OS REINOS XERMANOS
O territorio de Occidente dividiuse en varios reinos, en cada un deles instalouse unha tribo xermana: os francos, os visigodos, os suevos, os ostrogodos, os anglos, os saxóns…
Cada reino estaba gobernado por un rei, asesorado por un consello de nobres e guerreiros.
Rexíanse por leis
non escritas, transmitidas de forma oral
A relación coa poboación romana Os xermanos eran unha minoría, polo que non impuxeron o seu
xeito de vida. Xermanos e romanos fóronse mesturando, polo que: Xurdiron novos idiomas Creáronse novos sistemas de leis, aínda que prevalece o
dereito romano O catolicismo impúxose como relixión.
A cultura tamén sufriu un declive. Quedan escasos restos de arte xermana: as igrexas visigodas e a ourivaría.
O mausoleo de Teodorico En Rávena
A ourivaría
3. OS VISIGODOS
O reino visigodo no século VI
O reino visigodo entrou na península co encargo de someter a outros pobos xermánicos a cambio de terras. Acantoaron aos suevos na Galleacia, acabaron cos alanos e obrigaron aos vándalos a trasladarse a África. Fundaron un reino que tiña como capital a cidade de Toledo
Alcanzaron a plenitude na segunda metade do século VI e primeira do VII.
Son invadidos polos musulmáns no ano 711, o que provocou a fin do seu reino.
A organización social e economía
Igrexa de San Xoán de Baños, Palencia
Tesouro de Guarrazar
Os visigodos aceptaron a lingua, a cultura e a relixión da sociedade hispanorromana. A sociedade divídese en nobres, clérigos, campesiños libres e escravos. A principal actividade económica era a agricultura.
A cultura e a arte
Constrúen pequenas igrexas de pedra. Usan arco de ferradura e bóvedas.
Os suevos empezaron a asentarse na provincia romana da Gallaecia arredor do ano 409 e estableceron un reino independente con capital en Braga. O seu asentamento fíxose de maneira pacífica procurando a fusión coa sociedade galaico-romana. A maior parte da poboación vivía no campo e dedicábase á agricultura
A monarquía sueva era de carácter hereditario No ano 583, comezou un conflicto sucesorio entre os suevos. Esta situación foi aproveitada polo rei visigodo Leovixildo que incorporou no ano 585 o reino suevo ao reino visigodo.
OS SUEVOS
Tumbas antropomorfas suevas
4. A EVOLUCIÓN DO IMPERIO BIZANTINO
No ano 476 desapareceu o imperio romano de Occidente. O imperio romano de Oriente resistiu os ataques xermanos e seguiu desenvolvéndose durante mil anos, co nome de imperio bizantino.
A capital do imperio era a cidade de Constantinopla
O imperio bizantino alcanzou o seu máximo explendor en época de Xustiniano que gobernou xunto á súa esposa Teodora (século VI).
Mapa do imperio bizantino
Na súa época de máximo esplendor, o imperio bizantino estendíase por Oriente Medio, o leste e o sur de Europa e o norte de África.
O imperio bizantino tiña unha sólida organización: • Gobernado por un emperador ou basileus • Axudado por funcionarios e diplomáticos • Poderoso exercito • Unhas mesmas leis: Código de Xustiniano.
Primeiro os lombardos, despois os visigodos e máis tarde os musulmáns conquistaron gran parte do territorio bizantino.
Con posterioridade os turcos foron conquistando o resto do territorio, ata que no ano 1453 conquistaron Constantinopla.
Unha sólida organización
A longa decadencia
Alzado da cidade
Construída polo emperador Constantino no ano 330 a imaxe de Roma
Situada no estreito do Bósforo, controla as rutas comerciais entre Europa e Asía.
Mapa de situación de Constantinopla
Constantinopla
5. A SOCIEDADE E CULTURA BIZANTINAS A sociedade bizantina Estructura piramidal:
A importancia das cidades
As cidades bizantinas (Constantinopla, Éfeso e Tesalónica) estaban entre as máis importantes da época. Son a sede da igrexa, do goberno e exercito. Tamén son centro de produción e comercio
As cidades eran o centro das actividades económicas. O comercio e a artesanía tiveron un gran desenvolvemento. As moedas bizantinas eran aceptadas en todo o Mediterráneo As rutas comerciais bizantinas
Un imperio ortodoxo
A relixión foi a cristiá ortodoxa.
No ano 1054 produciuse o Cisma de Oriente, polo que a a Igrexa bizantina ou ortodoxa, separase da Igrexa católica
A relixión impregnaba a vida e a cultura do imperio bizantino.
A bóveda: a imaxe do Pantocrátor no mosteiro de Daphni
A hospitalidade de Abraham e o Sacrificio de Isaac en San Vital de Rávena
A cultura e a arte
O imperio bizantino desenvolveu unha arte moi rica. Destacan as igrexas, coma a basílica de Santa Sofía (en Constantinopla), e os mosaicos. Elementos
arquitectónicos: a planta de cruz grega e a cúpula
Exterior de Santa Sofía
Detalle dun mosaico
O grego era o idioma oficial
6. A ORIXE DO ISLAM
O islam naceu en Arabia. Arabia a comezos do século VII atopábase poboada por tribos nómades. A súa relixión era politeísta e a Meca era a súa cidade sagrada.
Mahoma era un comerciante árabe (coñecedor das relixións xudía e cristiá, ambas monoteístas), que se sentiu chamado por Deus para predicar unha nova relixión, o islam.
O berce do islam
Mahoma foi perseguido polos habitantes da Meca polo que fuxe a Medina onde trunfa a súa relixión. É o que se coñece como Héxira (ano 622) que marca o inicio da era musulmana.
Miniatura árabe que representa a Mahoma nos brazos da súa nai. Museo Topkapi de Estambul.
Os musulmáns cren na existencia dun só deus, Alá, e consideran que Mahoma é o principal profeta.
O libro sagrado é o Corán e A Meca é a cidade máis sagrada. Os musulmáns teñen cinco obrigas fundamentais:
A profesión de fe. A oración cinco veces ao día. A peregrinación á Meca. O xaxún no mes de Ramadán. A esmola.
Os fundamentos da relixión islámica
O Corán tamén establece normas de comportamento:
Permite a poligamia, prohibe comer carne de porco, beber alcol e os xogos de azar.
Páxinas dun exemplar do Corán
A mesquita é o edificio en que oran os fieis.
A mesquita
Minarete. Torre desde a que se chama á oración cinco veces ao día
Patio, onde se situa a fonte de ablucións
Sala de columnas onde os fieis oran
A mesquita de Córdoba
Mihrab,
Muro da quibla, onde está o mihrab nicho baleiro situado en dirección á Meca
O Islam expandiuse na Idade Media pola conquista militar. Por iso, creouse un imperio islámico, cuxa máxima autoridade era o califa.
O islam na Idade Media tivo varias etapas Califato ortodoxo primeiros catro califas parentes directos de
Mahoma. Etapa Omeia. Trasládase a capital a Damasco. Etapa Abasida. Trasládase a capital a Bagdad. Etapa de desintegración. Os turcos convértense no pobo máis
poderoso e o imperio vaise desintegrando.
7. A EXPANSIÓN DO ISLAM
Mapa da evolución do Islam
Mesquita
Zoco
Baños
Arrabaldes
Alcázar
Reconstrucción dunha cidade islámica medieval
A civilización islámica foi fundamentalmente urbana. As cidades máis importantes foron Damasco, Bagdad, Córdoba e O Cairo.
A economía sustentábase en tres actividades: A agricultura coñeceu un gran desenvolvemento (técnicas de
regadío, novos cultivos: arroz, laranxa, azafrán…)
Nos desertos vivían pastores nómades A artesanía islámica era de gran calidade: cerámica, armas, tecidos…
O comercio foi moi intenso, tanto por terra como por mar.
Nora de época andalusí en Córdoba Medios de transporte
8. A SOCIEDADE E CULTURA ISLÁMICAS Unha sociedade heteroxénea Sociedade moi heteroxénea e desigual. Conviven distintas relixións: musulmáns, xudeus e cristiáns distintas etnias: bérberes, árabes, eslavos, …
División social baseada en criterios económicos: Aristocracia. Teñen o poder político e económico. (Árabes) Notables: Formado por comerciantes, artesáns con obradoiro propio e pequenos propietarios rurais. Nivel económico medio. Non interveñen en política. Maioría da poboación. Constituído por pequenos vendedores ambulantes, artesáns e campesiños sen propiedades
As mulleres estaban sometidas á autoridade do seu pai, ou do seu home. Coidaban os fillos e a casa.
O desenvolvemento cultural
Os musulmáns desempeñaron un papel moi importante no desenvolvemento cultural da humanidade Trouxeron innovacións doutros pobos: fabricación do papel,
o compas, a pólvora … Realizaron innovacións propias en astronomía, matemáticas
e medicina Crearon bibliotecas nas que recolleron obras dos autores clásicos gregos e latinos
Operación de apendicite Astrónomos nun observatorio Tamén escriben obras de gran beleza
A arte islámica
Construíase con materiais pobres e pouco duradeiros, que se recubrían cunha decoración abundante e moi fermosa.
Elementos: diferentes tipos de arcos entre os que destacan os de ferradura e polilobulados; cubertas planas de madeira e tamén pechadas con cúpulas.
Ferradura
Polilobulados
Medio punto
Ferradura apuntado
Plana
Cúpula de mocárabes
Cúpula de nervios
Preocupación por crear ambientes agradables e frescos: xogos de luz e sombra, gusto pola auga.