presentación inicio idade media

15

Upload: camposseijo

Post on 06-Aug-2015

464 views

Category:

Documents


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Presentación inicio idade media
Page 2: Presentación inicio idade media

INTRODUCIÓN AO ESTUDO DA HISTORIA

QUE É? a Historia é a ciencia que estuda o pasado, os seus feitos máis importantes é como vivían as sociedades (conxunto de persoas) noutras épocas.

EN QUE CONSISTE? nos seguintes aspectos respondendo a cuestións importantes:

Page 3: Presentación inicio idade media

PARA QUÉ SERVE? A Historia axúdanos a comprender o pasado, ensinanos porque somos cómo somos, que nos une aos demáis e que nos diferencia.

QUEN A ELABORA? os historiadores.

Page 4: Presentación inicio idade media

CAL É O TRABALLO DO HISTORIADOR?

ESTE? ESTE?OU

os historiadores recollen a información, analizana e publicana. O seu obxectivo non é contar os feitos do pasado senón explicalos.

Page 5: Presentación inicio idade media

A PARTIR DE QUE SE ELABORA? Para coñecer o pasado, é necesario interpretar os restos dos nosos devanceiros.

- Estes restos son as fontes.

- Reconstruir a historia é como levar a cabo unha investigación policial. As fontes serían as pistas para reconstruir o pasado.

Page 6: Presentación inicio idade media

Existen diferentes tipos de fontes:

Page 7: Presentación inicio idade media

Fontes oraisFontes escritas

Fontes iconográficas Fontes materiais

Page 8: Presentación inicio idade media

Entón: son estas fontes históricas???

Page 9: Presentación inicio idade media

O TEMPO HISTÓRICO Os historiadores deben datar no tempo os

aspectos que estudian. Se é posible, determínase o ano exacto.

En moitas ocasións non hai datos de abondo que permitan establecer unha data exacta, polo que se utilizan periodos máis amplos: década, século, milenio, era ou idade.

Coñecer a data é moi importante, xa que senón a soubesemos non seriamos capaces de establecer a orde dos feitos, nin diferenciar as causas das consecuencias, polo que a historia xa non explicaría o pasado, e carecería de sentido.

Page 10: Presentación inicio idade media

O sistema de medida de tempo na maior parte do mundo é a era cristiá (ano 1 = nacemento de Cristo) ou calendario gregoriano. Todo o que sucedeu antes, dicimos que sucedeu antes de Cristo (a. C.) e o que se produciu logo, dicimos que pasou despois de Cristo (d. C. ou nada).

Excepcións a este sistema:

o Islam (mundo musulmán): o ano 1 = ano da Héxira (fuxida de Mahoma da Meca) e usa ano lunar (non solar coma nós). Hoxe en día están no 1431.

Calendario hebreo: ano 1 = creación do mundo según os xudeus (ano 3760 a. C.), polo tanto hoxe en día os hebreos están no 5770 (3760 + 2010).

Page 11: Presentación inicio idade media

ETAPAS DA HISTORIA Para estudiala mellor, os historiadores dividiron a

Historia en períodos, primeiro en 2 grandes:

Prehistoria: vida do ser humano antes de coñecer a escritura.

Historia: vida do ser humano despois da escritura.

Á súa vez a Historia divídese en 4 grandes períodos (por agora), marcado os seus inicios por algún acontecemento que cambiou a forma de vida.

Page 12: Presentación inicio idade media

Prehistoria Dende a aparición do home (2 millóns a. C.) ata a aparición da escritura (4.000 a. C.)

Page 13: Presentación inicio idade media

O INICIO DA IDADE MEDIA: O FINAL DO IMPERIO ROMANO

- O final do Imperio Romano produciuse por 2 causas:

Crise interna.

Invasións dos pobos xermanos (chamados bárbaros polos romanos, é dicir estranxeiros).

- Os pobos xermanos habitaban ao norte do Imperio, máis alá dos ríos Rin e Danubio. Eran pobos seminómadas:

a) Parte destes pobos vivían en pequenas aldeas dedicándose á agricultura.

b) A outra parte eran pastores nómadas.

Page 14: Presentación inicio idade media
Page 15: Presentación inicio idade media

Desde o S. III grupos de xermanos comezaron a traspasar as fronteiras do Imperio (limes), de forma pacífica, tolerada por Roma, ou violenta, en forma de enfrontamentos militares.