departamento de enxeñaría química rúa lope gómez de marzoa ... · rúa lope gómez de marzoa,...

24
Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 1/24 Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de Enxeñaría Química Data: 02-03-11 Texto da Convocatoria: 1. Aprobación, se procede, da acta do Consello de Departamento celebrado o día 2-02-2011. 2. Ratificación, se procede, dos acordos da Comisión Permanente nas súas reunións dos días 10-02, 16-02 e 22-02 do 2011 3. Informes do Director 4. Informe da reunión coa Facultade de Ciencias 5. Licenzas de Ano Sabático 6. Aprobación, se procede, da solicitude dunha praza de Profesor Contratado Doutor 7. Modificación do plan de mellora de investigación 8. Aprobación, se procede, das accións relativas a seguridade nos laboratorios de Investigación 9. PDA das materias non adaptadas ao EEES para o curso 2011-2012 10. Modificación do plan de mellora docente (incorporación das accións IChemE). 11. Quenda aberta Asistentes: O. Álvarez, A. Arce, A. Blanco, J.L. Campos, M. Carballa, G. Eibes, G. Feijoo, E. Fernández, J.M. Garrido, D. Gómez, A. Hospido, J.M. Lema, J.M. Martínez, R.F. Moreira, M.T. Moreira, A. Mosquera, F. Omil, E. Rodil, H. Rodríguez, A. Soto, J.A. Souto, R. Taboada, I. Vázquez, M.J. Vázquez Excusan a súa asistencia: F. Chenlo, J. González, R. Méndez, G. Pereira, I. Vidal O día 2 de marzo ás 9:30 h, na sá X3.2 da ETSE e no salón de grados da Facultade de Ciencias en Lugo, reúnese o Consello de Departamento de Enxeñaría Química cos asistentes e a orde do día arriba citados.

Upload: others

Post on 07-May-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

1/24

Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de Enxeñaría Química

Data:

02-03-11

Texto da Convocatoria:

1. Aprobación, se procede, da acta do Consello de Departamento celebrado o día 2-02-2011.

2. Ratificación, se procede, dos acordos da Comisión Permanente nas súas reunións dos días 10-02, 16-02 e 22-02 do 2011

3. Informes do Director

4. Informe da reunión coa Facultade de Ciencias

5. Licenzas de Ano Sabático

6. Aprobación, se procede, da solicitude dunha praza de Profesor Contratado Doutor

7. Modificación do plan de mellora de investigación

8. Aprobación, se procede, das accións relativas a seguridade nos laboratorios de Investigación

9. PDA das materias non adaptadas ao EEES para o curso 2011-2012

10. Modificación do plan de mellora docente (incorporación das accións IChemE).

11. Quenda aberta

Asistentes: O. Álvarez, A. Arce, A. Blanco, J.L. Campos, M. Carballa, G. Eibes, G. Feijoo, E. Fernández, J.M. Garrido, D. Gómez, A. Hospido, J.M. Lema, J.M. Martínez, R.F. Moreira, M.T. Moreira, A. Mosquera, F. Omil, E. Rodil, H. Rodríguez, A. Soto, J.A. Souto, R. Taboada, I. Vázquez, M.J. Vázquez

Excusan a súa asistencia:

F. Chenlo, J. González, R. Méndez, G. Pereira, I. Vidal

O día 2 de marzo ás 9:30 h, na sá X3.2 da ETSE e no salón de grados da Facultade de Ciencias en Lugo, reúnese o Consello de Departamento de Enxeñaría Química cos asistentes e a orde do día arriba citados.

Page 2: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

2/24

1. Aprobación, se procede, da acta do Consello de Departamento celebrado o día 2-02 do 2011.

A acta da reunión do Consello de Departamento que está pendente de aprobar foi pubricada na web do Departamento. O Director pregunta se existe algunha observación ou enmenda a realizar. Ao non haber nengún comentario procédese a súa aprobación por asentimento.

2. Ratificación, se procede, dos acordos da Comisión Permanente nas súas reunións dos días 10-02, 16-02 e 22-02 do 2011

Os días 10, 16 e 22 de febreiro do 2011 tiveron lugar as reunións da Comisión Permanente cuxos acordos se inclúen no Anexo I deste acta. O Director indica que os acordos foron publicados na web do Departamento para o coñecemento dos membros do Consello e pregunta si existe algunha observación. Non existen comentarios e ratifícanse por asentimento os acordos da Comisión Permanente.

3. Informes do director

3.1. Criterios de Calidade para a Mención de Excelencia nos Programas de Doutorado

O Coordinador do Máster e a Dirección do Departamento queren agradecer aos membros do Dpto. a colaboración recibida no proceso de recopilación de información.

Rematado o proceso compre ter en conta os criterios de calidade da devandita avaliación:

- Publicacións derivadas das Teses.

- Mobilidade de estudantes de doutoramento

- Relación entre os alumnos con proxecto de tese e os que finalmente obtiveron o título de doutor.

3.2. Nomeamento do Prof. Ramón Moreira Martínez

O martes día 15 de febreiro a sección de Xestión de Profesorado comunicou a toma de posesión do Prfo. Ramón Moreira Martínez como Profesor Titular de Universidade da área de coñecemento de Enxeñaría Química.

3.3. Reunión coa Vicerreitora de PDI

O día 22 de febreiro tívose unha reunión coa Vicerreitora de PDI cos seguintes temas:

- Estabilización do PDI. A dirección insistiu na necesidade de consolidación dos Investigadores “Ramón y Cajal”, Parga Pondal e similares, cara ao 2016 e debido ao especial escenario de xubilacións que sufrirá o Departamento.

Page 3: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

3/24

- Materia de Máquinas Hidraúlicas do Máster de Enxeñaría Industrial. A Vicerreitora indica que dado o reducido número de horas da materia non se pedirá un profesor asociado para a súa impartición. Acordouse que o Departamento a impartiría mentras os profesores J.M. Martínez e E. Fernández se fagan cargo da mesma.

- Aplicación dos Criterios da Planificación Académica Anual do curso 2011-2012:

(i) A hora do incremento do recoñecemento en cargos académicos. O recoñecemento máximo é de 120h, sen embargo en cargos académicos con recoñecemento igual ou superior a esas 120h poderá sumárselles ata 30h.

(ii) Aplicación dos recoñecementos do Anexo I. O Departamento deberá aplicar a súa normativa coa orde nela imposta.

(iii) Actividade de coordinación docente con recoñecemento. Os coordinadores de módulo de máster, recoñecemento inicialmente non considerado pola Universidade, poden considerarse como coordinadores de varios grupos expositivos.

3.4. Modificación dos remanentes

O pasado venres a responsable de asuntos económicos notificou que quedaba dispoñible para o 2011 só o 25% dos remanentes do 2010. Esto é, de 189.000 € soamente temos na partida 2149 un total de 47.375 €.

A tal efecto, tomaronse dúas accións:

1.- Aplicar un coeficiente do 0,25 a cada unha das subcaixas para axustar o remañente ao dispoñible real.

2.- Enviar un correo electrónico a Vicerreitora de Economía e Infraestructuras demandando información a esta reducción parcial dos remanentes:

“Estimada Vicerreitora:

O pasado venres a responsable de asuntos económicos notificoume que quedaba dispoñilbe para o 2011 só o 25% dos remanentes do 2010. Con ese novo marco, é indespensable coñecer cal é a previsión para o 75% restante. Así os profesores, grupos e o propio Departamento de Enxeñaría Química seguimos unha política de gasto plurianual, de xeito que optamos por aforrar nuns anos para poder acceder a equipos máis costosos, cofinanciación de investigadores.....

A decisión final que se tome terá, a curto e medio prazo, unha influencia moi significativa na optimización dos recursos. No caso de que os remanentes sufran unha reducción total ou parcial, a situación levará a un despilfarro efectivo no gasto en pequenas adquisicións xa que tenderase a deixar a cero anualmente este capítulo.

Agradecerialle calquera información que me poidese transmitir ao respecto para informar ao conxunto do departamento”.

Page 4: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

4/24

O Reitor da Universidade convocou unha xuntanza cos Directores de Departamento o próximo xoves 3 de marzo. Nela tratarase este tema ademais da organización académica e prazas de profesorado.

4. Informe da reunión coa Facultade de Ciencias

O pasado día 15 de febreiro tivo lugar unha reunión coa equipa decanal da Facultade de Ciencias no que se presentou un documento de accións discutido previamente cos profesores da área no Campus de Lugo. A raíz da reunión chegaronse aos seguintes acordos:

A.- DOCENCIA

A.1. Plan de acción de mellora

Accións docentes específicas que redunden no Grao:

Docencia en inglés. Acordouse propor un grupo de laboratorio dunha materia do 1º ben e/ou do 2º cuadrimestre.

Vaise incluír as materias de prácticas do Grao en Enxeñaría de Procesos Industriais (GEPI) no plan de mellora do curso 2011-2012 do Departamento. Estas accións poderían levar aparellado apoio dos monitores de prácticas e, no caso de que proceda, cunha cofinanciación económica entre ambos organismos.

A.2.- Horarios

Na medida do posible vaise definir un bloque semanal de 2 horas nas materias da área no GEPI, posto que o traballo en grupos, problemas, emprego de simuladores…, fan necesario esta programación temporal para levar a cabo unha docencia axeitada.

A.3.- TFG e TFM

O número de horas asignadas en PDA a titorización dos TFG e TFM é insuficiente, compre reclamar un maior recoñecemento. Asemade, a medio prazo, compre adaptar o contido e “volume” dos proxectos os créditos definidos no plan de estudos.

A.3. Laboratorios de docencia

O número de horas que o Dpto. terá que asumir nos graos e másteres na Facultade de Ciencias aconsellan unha certa previsión nos espazos de laboratorio. Así, na programación plurianual vaise considerar a dotación adicional de espazos de docencia, tipo Planta Piloto, para poder facer fronte a carga docente.

B.- INVESTIGACIÓN

A calidade da investigación ten que ter unha influenza directa na docencia. Un aspecto básico é permitir que o PDI dispoña dun espazo axeitado para levar a cabo as tarefas de investigación. A situación a Febreiro de 2011 é a seguinte:

Page 5: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

5/24

Laboratorios de Investigación

Gerardo Pereira 1Lab 48,02m2

Mª José Vázquez 1 Lab 18,29m2* José Luis Veiga

Ana Soto 1Lab 33,89m2 Eva Rodil

Gumersindo Feijoo 1Lab 46,15m2 Francisco Omil

Sonia Freire Deberá solicitar asignación de espazo

Anuska Mosquera Deberá solicitar asignación de espazo

C.- XESTIÓN

Na medida do posible comunicarase a área a dispoñibilidade orzamentaria (comunicacións, reprografía, suministros de laboratorio). Asemade, vaise intentar atinxir orzamento adicional para as accións de mellora mediante a petición conxunta de ambos organismos ante a Vicerreitoría correspondente.

5. Licenzas de Ano Sabático

O 23 de Febreiro abriuse un prazo para que os profesores interesados en solicitar unha licenza de ano sabático fixeran chegar as súas solicitudes á Secretaría. Ao non aparecer interesados, non se farán solicitudes para o curso 2011/2012.

6. Aprobación, se procede, da solicitude dunha praza de Profesor Contratado Doutor

O día 21 de febreiro recibiuse na Secretaría a solicitude da investigadora Almudena Hospido Quintana para a creación dunha praza de Profesor Contratado Doutor con motivo da finalización no presente ano do seu contrato Isidro Parga Pondal.

A Normativa pola que se regula a selección do persoal docente e investigador contratado e interino da Universidade de Santiago de Compostela indica:

Page 6: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

6/24

 

 

 

Page 7: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

7/24

  

[…]  

 

  

A proposta da Investigadora para a súa aprobación polo Consello de Departamento é a seguinte:

Page 8: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

8/24

 

 

 

Page 9: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

9/24

 

 

 

Page 10: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

10/24

O Director recorda que os investigadores non están asociados a ningún campus. Indica ademais que si se aproba a proposta de A. Hospido haberá un concurso de traslado Lugo-Santiago restrictivo aos Profesores Contratados Doutores ou Titulares. Por iso, a proposta da Dirección é solicitar unha praza para Lugo, deste xeito, no momento do equilibrado entre Campus, procederase a un traslado aberto por categoría e antiguedade. A proposta da Dirección será sempre que as novas prazas salgan para Lugo co obxetivo de asegurar traslados abertos.

A investigadora A. Hospido insiste na necesidade de xustificar axeitadamente a praza posto que é moi dudoso que a Universidade consolide a todos os seus investigadores, plantexa a dúbida de si solicitar a praza para o Campus de Lugo (mais sobrante de capacidade docente) será un condicionante para a súa negación. O Director indica que o Departamento ten exceso de capacidade docente en ambos Campus e que a xustificación da praza só pode ser por estabilización dos investigadores e cara ao horizonte 2016 e o elevado número de xubilacións que sufrirá o Departamento.

Votos a favor do Campus Lugo: 7 Votos a favor do Campus Santiago: 4 Blanco: 3 Abstención: 11

A proposta do Departamento será para o Campus de Lugo. Apróbase por asentimento o resto de epígrafes, tendo que trocar no tribunal o presidente titular e suplente acorde coa normativa: J.M. Martínez por J.M. Lema e O. Díaz por M.J. Carreira.

Abrirase un prazo de 10 días naturais para que si algún profesor adscrito ao Campus de Santiago desexa facer o traslado ao Campus de Lugo poida solicitalo acorde co indicado na normativa de mobilidade.

O Director indica que recibiuse un escrito remitido por S. Freire no que solicitaba o traslado de Campus sempre e cando a adscripción fose o Campus de Santiago. Dado que a proposta foi para o Campus de Lugo no ha lugar a tratar o asunto, tal e como se indicaba na propia solicitude.

Page 11: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

11/24

7. Modificación do plan de mellora de investigación

Suxírese unha modificación no plan de mellora relativa ás actividades de investigación, de xeito que a acción de “Xestión dos espazos de investigación” trocaría a:

PLAN DE ACCIÓN DE MELLORA RELATIVA AS ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN

ACCIÓNS COMENTARIOS RESPONSABLE DATA INDICADOR

5. Xestión dos espazos de investigación

Definir as acción de seguridade pertinentes aos laboratorios de investigación

Director do Departamento Responsable Seguridade da ETSE

30/09/2011 Accións de seguridade

Apróbase por asentimento.

8. Aprobación, se procede, das accións relativas a seguridade nos laboratorios de Investigación

O día 11 de febreiro tivo lugar unha reunión cos Responsables de Seguridade dos Laboratorios de Investigación do Departamento de Enxeñaría Química. Como resultado da reunión definironse unha serie de accións a curto e medio prazo para a súa aprobación polo Consello de Departamento

Acción a curto prazo

I. Nomeamento dos responsables/coordinadores dos laboratorios de investigación. Empregarase unha sinalización axeitada (por parte do Departamento) para colocar en cada laboratorio.

II. Definir as funcións dos responsables/coordinadores de seguridade, para o cal se elaborará unha normativa a tal efecto que deberá ser validada en Consello de Departamento.

III. A Secretaría administrativa do Departamento xunto co/a Responsable de seguridade da ETSE e a Dirección abordarán os temas de seguridade os venres pola maña de 9 a 10.30.

IV. Curso de formación sobre prevención de riscos. Este curso será obrigatorio para os responsables e voluntario para o resto de persoal do Departamento.

V. Recompilación da documentación administrativa dos investigadores vencellados a cada un dos laboratorio. Unha copia dos mesmos estarán depositados da Secretaría Administrativa do Departamento. Será obriga dos responsables a actualización e notificación a Secretaría das altas e baixas que se produzan.

VI. Incorporación a Web do Departamento dun apartado de seguridade con documentación propia (impresos, formularios…) e cos “links” respectivos a outras páxinas.

Page 12: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

12/24

Accións a medio prazo

I. Elaborar un manual básico sobre normativa para entregar as persoas do laboratorio cun check-list dos aspectos máis importantes. Protocolos estándar de notificación.

II. Autorización e notificación á Secretaría dos traballos de investigación realizados fora da xornada laboral (L-V de 8:00 a 21:30 h).

III. Almacenamento correcto das sustancias químicas

IV. Clasificación dos residuos e rexistro da recollida dos mesmos.

Apróbanse por asentimento.

9. PDA das materias adaptadas ao EEES para o curso 2011-2012

Analizando o PDA das materias adaptadas ao EEES para o curso 2011-2012 atopouse:

Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais

G4031222 Operaciones Básicas. Aumento dun grupo de I(L) para a súa impartición en inglés.

G4031225 Transporte de Fluidos. Aumento dun grupo de I(L) para a súa impartición en inglés.

Grao en Enxeñaría das Industrias Alimentarias

Grao en Enxeñaría Química

G4021121 Fundamentos de Procesos Químicos. Aumento dun grupo de I(L) para a súa impartición en inglés.

G4021225 Transmisión de Calor. Duplicación da materia (E,I,T) para a súa impartición en inglés.

G4021325 Enxeñaría Ambiental. Pon: E28 I(S)6 T1 Debe por: E37 I(S)12 T1 posto que é de 6 créditos

G4021326 Enxeñaría Bioquímica. Duplicación da materia (E,I,T) para a súa impartición en inglés.

Ademáis, todas as materias de 4º deben ser incuidas na Titulación.

Máster en Enxeñaría Industrial de Procesos

P4081123 Traballo Fin de Máster. Eliminar todos os grupos (non dirixironse proxectos no curso 2009/2010)

Máster en Industria e Economía Leiteira

P4041109 Estancia en Empresa Explotación ou Laboratorio. Eliminar todos os grupos (non dirixironse estancias no curso 2009/2010)

Page 13: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

13/24

P4041130 Estancia Fin de Estudos. Eliminar todos os grupos (non dirixironse estancias no curso 2009/2010)

P4041131 Proxecto Fin de Máster. Eliminar todos os grupos (non dirixironse proxectos no curso 2009/2010)

Máster en Enxeñaría de Procesos Químicos e Ambientais

Máster en Enxeñaría Ambiental

Máster en Enxeñaría Biotecnolóxica

Enténdese que as horas I(L) corresponden a aula de informática e non laboratorio tradicional.

P1022114 Traballo Fin de Máster. Eliminar todos os grupos (non dirixironse proxectos no curso 2009/2010)

Máster en Enerxías Renovables

Enténdese que as horas I(L) corresponden a aula de informática e non laboratorio tradicional.

P1051126 Traballo Fin de Máster. Eliminar todos os grupos (non dirixironse proxectos no curso 2009/2010)

Máster en Medioambiente e Recursos Naturais

Enténdese que as horas I(L) corresponden a aula de informática e non laboratorio tradicional.

P1111109 Traballo Fin de Máster. Eliminar todos os grupos (non dirixironse proxectos no curso 2009/2010)

Máster en Innovación en Seguridade e Tecnoloxía Alimentaria

Enténdese que as horas I(L) corresponden a aula de informática e non laboratorio tradicional.

Máster en Desenrolo Económico e Innovación

Os profesores J. Lema e M. Carballa indican que xa comentaron ao coordinador do máster o seu interese e non seguir impartindo docencia no mesmo.

10. Modificación do plan de mellora docente (incorporación das accións IChemE).

No 2013 deberemos proceder a renovación da acreditación IChemE, co que se deberá ter en conta que o obxectivo será duplo: (1) obter a acreditación de Master para a titulación de Enxeñaría Química e (2) obter a acreditación de Bachelor para o Grao de Enxeñaría Química.

Page 14: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

14/24

No recente proceso de acreditación os avaliadores fixeron fincapé en algúns aspectos nos que debemos mellorar para garantir que todos os alumnos teñan as mesmas competencias básicas:

- Aspectos de seguridade nos laboratorios de docencia/investigación

- Aplicación de aspectos de seguridade industrial de forma máis explicita en materias obrigatorias

- Contidos de deseño mecánico

- Reformulación do proxecto fin de carreira

O día 17 de febreiro tivo lugar unha reunión da CDC, a partires da cal se propoñen as seguintes accións a implantar neste curso e/ou no vindeiro:

I. Nos laboratorios de docencia tanto o profesor como os alumnos deberán levar no laboratorio, en todo momento, bata de laboratorio e gafas de protección. Aquelas persoas que por problemas na vista non poidan levar as gafas constantemente, ó menos si as deberán por cando o manexo o explicación da práctica así o requiran.

II. Maior contido sobre deseño mecánico. A tal efecto, proponse unha reformulación das materias de “Deseño de instalacións” e “Elasticidade e Resistencia de Materiais” neste senso. Así mesmo, o exame desta materias debe plasmar de forma explícita preguntas/problemas relativo ao devandito contido.

III. Reformulación do Proxecto Fin de Carreira a partires de dúas posible alternativas:

a. Manter a orientación actual do PFC no ámbito do deseño de instalacións para os alumnos que o presenten na USC. Para os alumnos Erasmus/Sicue a orientación do PFC será o definido na universidade de destino. Isto implicaría dúas accións:

i. Reconfiguración parcial do PFC tal que se evite o deseño reiterativo de unidades idénticas para atinxir unha maior profundidade de análise noutras unidades significativas do proceso.

ii. A materia de Proxectos tería a misión de garantir que todos os alumnos atinxirán unha competencia mínima do deseño de instalacións. Definiríase un proxecto “integrado” de deseño de instalacións a realizar en equipo, onde tamén participarían os profesores de 5º curso que avaliarían unha parte do mesmo. Este traballo sería tamén computado ao alumno como unha parte de cada unha das materias involucradas. Esta materia veríase restrinxida nos acordos Erasmus/Sicue

Page 15: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

15/24

a aquelas universidades que tivesen este mesmo enfoque.

b. Manter a actual orientación do PFC, pero limitaríase a realización do mesmo noutras universidades se non garanten que o mesmo basease no deseño dunha instalación. Asemade, tamén tería lugar a mesma reconfiguración parcial do PFC que a descrita na acción (a).

Relativos a acción III os datos sobre a distribución dos alumnos de PFC ao longo dos últimos tres cursos é a seguinte:

Curso USC Erasmus Sicue

2008-2009 44 23 7

2009-2010 43 16 5

2010-2011 19 23 5

Apróbase por asentimento a as accións, sendo no caso dos PFC a opción “a”

11. Quenda aberta

Sen comentarios

Sen máis asuntos que tratar, dáse por finalizada a reunión as 11:30

En Santiago de Compostela, a 2 de marzo

VºBº

Asdo.: A. Soto Asdo.: G. Feijoo Secretaria do Departamento Director do Departamento

Page 16: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

16/24

ANEXO I Reunión da Comisión Permanente do Departamento de Enxeñaría Química

Data:

10-02-11

Texto da Convocatoria: 1. Aprobación, se procede, do cambio de título da Tese de Mónica

Figueroa Leiro 2. Permiso para a realización de estadía de investigación 3. Aprobación, se procede, da Tese e da proposta de Tribunal da

mesma de Dna M. Carmen Fajardo Ortiz 4. Quenda Aberta

Asistentes: O. Álvarez, G. Feijoo, J. González, H. Rodríguez, A. Soto, R. Taboada, I. Vázquez

Excusan asistencia: R. Méndez

O día 10 de febreiro ás 09h30, na sá X3.2 da ETSE e no salón de grados da Facultade de Ciencias, reúnese a Comisión Permanente do Departamento de Enxeñaría Química cos asistentes e a orde do día arriba citados.

1. Aprobación, se procede, do cambio de título da Tese de Mónica Figueroa Leiro

Recibiuse un escrito na Secretaría de Mónica Figueroa coa solicitude do cambio de título da súa Tese de Doutoramento. O título inicial “Sistemas granulares aerobios para o tratamento biolóxico de auga residual industrial: operación e caracterización das poboacións microbiáns” pasaría a “Aerobic granular systems for biological treatment of industrial wastewater: operation and characterization of microbial populations” dado que a defensa da Tese farase en inglés. Apróbase por asentimento.

2. Permiso para a realización de estadía de investigación

Atópase na Secretaría a seguinte solicitude de permiso para realizar estadía de investigación:

Nome Categoría Lugar e datas

Ián Vázquez Rowe Investigador en formación

School for Resource and Environmental Studies Dalhousie University

27-06-2011 – 30-09-2011

Dado que no citado período, o investigador non ten obrigas docentes, apróbase por asentimento.

Page 17: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

17/24

3. Aprobación, se procede, da Tese e da proposta de Tribunal da mesma de Dna M. Carmen Fajardo Ortiz

A Tese da alumna M. Carmen Fajardo Ortiz titulada “Autotrophic denitrification of wastewater with high concentration of sulphur and nitrogen compounds” e dirixida polos profesores José Luis Campos Gómez, Ramón Méndez Pampín e Anuska Mosquera Corral, foi depositada na Secretaría o día 2 de febreiro.

A proposta da Comisión xulgadora é a seguinte:

Page 18: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

18/24

Page 19: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

19/24

O Director comenta que transcurrido o prazo correspondente non se recibiron alegacións, a documentación está en regra, e que como resultado da Tese existen alómenos dúas pubricacións SCI, cumprindo así co requisito de calidade proposto polo Departamento.

Apróbase por asentimento a Tese e o Tribunal da mesma.

4. Quenda Aberta

Sen comentarios

Sen mais asuntos que tratar, dáse por finalizada a reunión ás 09.45.

En Santiago de Compostela, a 10 de Febreiro do 2011

Page 20: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

20/24

Reunión da Comisión Permanente do Departamento de Enxeñaría Química

Data:

16-02-11

Texto da Convocatoria: 5. Admisión alumnos en etapa de Tese 6. Tribunal único DEA Programa de Enxeñaría Química e

Ambiental 7. Quenda Aberta

Asistentes: G. Feijoo, J. González, R. Méndez, E. Rodil, H. Rodríguez, A. Soto

Excusan asistencia:

O día 16 de febreiro ás 09h30, na sá X3.2 da ETSE e no salón de grados da Facultade de Ciencias, reúnese a Comisión Permanente do Departamento de Enxeñaría Química cos asistentes e a orde do día arriba citados.

1. Admisión alumnos en etapa de Tese

A alumna Tamara Barcón Lamelas solicita a súa admisión en etapa de Tese, no Programa de Doutoramento de Enxeñaría Química e Ambiental, co Profesor F. Omil como director. O título da Tese é: “Extratexias de tratamento de contaminantes presentes en efluentes gaseosos de EDAR.”

F. Omil comprométese a titorizar a alumna.

O Director recorda que o compromiso dun director de Tese implica unha responsabilidade coa que hai que cumprir.

Apróbase a admisión por asentimento.

2. Tribunal único DEA no Programa de Enxeñaría Química e Ambiental

Acórdase aprobar o seguinte tribunal para a avaliación da obtención do Diploma de Estúdios Avanzados no Programa de Doutoramento de Enxeñaría Química e Ambiental. TITULARES:

Cargo Apelidos e nome Categoría USC Dpto Sexe- nios

Presidente: RAMON MENDEZ PAMPIN CU X X X

Vocal: FLORENCIO ARCE VÁZQUEZ

CU X X

Secretario/a: FRANCISCO CHENLO ROMERO

TU X X X

Page 21: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

21/24

SUPLENTES:

Cargo Apelidos e nome Categoría USC Dpto Sexe- nios

Presidente: MARÍA JOSÉ NÚÑEZ GARCIA

CU X X X

Vocal: JOSEFA FERNANDEZ PEREZ

CU X X

Secretario/a: ENRIQUE ROCA BORDELLO

CU X X X

3. Quenda Aberta

O Director comenta que recibidos varios escritos de diferentes Órganos de Goberno relativos a titorización da alumna de doutoramento Ana Mª Gayol, foi enviado á Vicerreitoría de Persoal Docente e Investigación un oficio con todos os trámites realizados polo Departamento xunto coas evidencias/documentación relativas ao tema. Tanto a Vicerreitoría como o Centro de Posgrao comunicaron que as accións realizadas polo Departamento foron as correctas.

Sen mais asuntos que tratar, dáse por finalizada a reunión ás 09.45.

En Santiago de Compostela, a 16 de Febre

Page 22: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

22/24

Reunión da Comisión Permanente do Departamento de Enxeñaría Química

Data:

22-02-11

Texto da Convocatoria: 8. Aprobación, se procede, do cambio de título da Tese de Denisse

Serrano Palacios 9. PDA 2011/2012 10. Quenda Aberta

Asistentes: O. Álvarez, G. Feijoo, J. González, M. López, E. Rodil, H. Rodríguez, A. Soto.

Excusan asistencia: R. Méndez, E. Roca

O día 22 de febreiro ás 13h00, na sá X3.2 da ETSE e no salón de grados da Facultade de Ciencias, reúnese a Comisión Permanente do Departamento de Enxeñaría Química cos asistentes e a orde do día arriba citados.

1. Aprobación, se procede, do cambio de título da Tese de Denisse Serrano Palacios

Recibiuse un escrito na Secretaría de Denisse Serrano coa solicitude do cambio de título da súa Tese de Doutoramento. O título inicial “Tecnoloxías baseadas no uso do carbón activo para a eliminación de compostos cosméticos e farmacéuticos en concentracións presentes nas augas residuais urbanas”, pasaría a “Efecto do carbón activo na eliminación de microcontaminantes orgánicos en reactores de lodos activos e de membranas”, para adaptarse mellor o contido da Tese. Apróbase por asentimento.

2. PDA 2011/2012

Posto que chegou unha orde do XOPRA para non revisar as materias de graos e másteres, procedeuse á análise das titulacións non adaptadas ao EEES para o curso 2011/2012. Acordouse facer as seguintes solicitudes aos centros correspondentes:

Campus Lugo

A materia 890801 Introducción a Enxeñería Química dos Complementos de Química debe ser INCLUIDA na materia 051803 Enxeñaría Química na Titulación de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos (INCLUINTE), posto que:

- O número de alumnos matriculados o ano pasado, e esperables para este novo curso, foi de cero.

- É unha materia dunha titulación a extinguir.

Page 23: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

23/24

- Os contidos e competencias de ambas materias (INCLUIDA e INCLUINTE) coinciden.

Incrementar a 2 os números de grupos de laboratorio nas materias 241303 Experimentación em Enxeñaría Química e 241305 Oficina Técnica, ambas da Tiulación de Enxeñaria Técnica Industrial especialidade Química Industrial.

Na materia PFC241 da Tiulación de Enxeñaria Técnica Industrial especialidade Química Industrial, para o Departamento deben aparecer 28 grupos correspondentes ao número de proxectos dirixidos no curso 2009/2010 por profesores do Departamento.

En canto a posible impartición de materias en inglés no Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais, as profesoras A. Mosquera e E. Rodil ofertan a posibilidade de impartir un grupo de prácticas en inglés das materias G4031222 Operaciones Básicas ou G4031225 Trasnporte de Fluidos. No caso de ser aceptada a proposta, será necesaria a solicitude dun novo grupo en PDA e o correspondente recoñecemento cun factor de corrección de 1,3.

Campus Santiago

Na materia PFC 921 da Titulación de Enxeñaría Química se solicita unha modificación do PDA considerando 45 grupos de 12h, deste xeito, os profesores que dirixiron proxectos terán um recoñecemento de 6h/proxecto e asemesmo recoñecerase a dedicación dos Profesores Asociados do Departamento a esta labor.

En canto a impartición de materias en inglés, existen as seguintes ofertas realizadas por profesores do Departamento:

Grao en Enxeñaría Química

- G4021121 Fundamentos dos Procesos Químicos. 1 grupo de horas interactivas de seminario e 1 grupo de horas interactivas de laboratorio.

- G4021225 Transmisión de calor. Materia completa

- G4021226 Laboratorio de Fluidos e Calor. 1 grupo de laboratorio

- G4021326 Enxeñaría Bioquímica. Materia completa

Titulación de Enxeñaría Química

- 921401 Control e Instrumentación de Procesos Químicos. 1 grupo de laboratorio

- 92 1534 Simulación de Equipos e Procesos. 1 grupo de laboratorio

- 921545 Tratamento de Residuos sólidos. Materia completa

- 921553 Enxeñaría Bioquímica. Materia completa.

Page 24: Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa ... · Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 3/24 - Materia de Máquinas Hidraúlicas

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

24/24

No caso de que esta oferta sexa aceptada, será necesaria a duplicación de grupos nas materias G4021225 e G4021326 e dun grupo de laboratorio na materia 921534, dada a troncalidade das mesmas.

Ademais, para todas as materias a impartir em inglés, o PDA debe reflexar o correspondente recoñecemento cun factor de corrección de 1,3.

4. Quenda Aberta

O Director comenta que na reunión mantida hoxe coa Vicerreitora de Estudos de Grao e Posgrao, entre outros temas tratouse a problemática da materia Máquinas Hidráulicas do Máster en Enxeñaría Industrial.. Dado o reducido número de horas da materia non se pediría un profesor asociado para a súa impartición. Acordouse que o Departamento a impartiría mentras os profesores J.M. Martínez e E. Fernández se fagan cargo da mesma.

Sen mais asuntos que tratar, dáse por finalizada a reunión ás 13.45.

En Santiago de Compostela, a 22 de Febreiro do 2011