curso 2010-2011 - portal do concello de ames … control cefálico, posición de sentado, coordina...

45
CURSO 2010-2011 1

Upload: doankhue

Post on 24-Mar-2018

227 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

CURSO 2010-2011

1

Page 2: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

ÍNDICE

1.- INTRODUCIÓN..........................................................3

2.- OBXECTIVOS XERAIS..............................................5

3.- PROGRAMACIÓN ANUAL POR AULAS

Programación de aula 0-1anos................................6

Programación de aula 1-2 anos.............................15

Programación de aula 2-3 anos.............................27

4.- CRITERIOS METODOLÓXICOS............................45

7.- ANEXOS:

- Adaptación

- Participación dos pais e nais na aula

- .Realización da horta

- Semana da Arte

2

Page 3: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

I.- INTRODUCCIÓN

Este curso 2010-2011 que comeza , a Escola Infantil Municipal “ O BOSQUE” conta con 8 unidades e cada unha delas terá dúas persoas o cargo dos nen@s. Estas unidades estarán repartidas do seguinte xeito:

Aulas de 0-1 anos : 2 unidadesAula A

• Mestra: Ana Porto• Educadora: Mª Teresa Patiño

Aula B

• Educadora: Sandra Santiso• Educadora: Carmen Outeiro

Aulas de 1 -2 anos: 3 unidades

Aula A

• Educadora: Susana Seoane• Educadora: Eva García

Aula B

• Mestra: Rosa Lourido• Asistente Infantil: Ana Rosa Santos

Aula C

• Educadora: Alba Freiría• Asistente Infantil: Mónica Gómez

Aulas de 2 – 3 anos: 3 unidades

Aula A

• Educadora: Mar Noguera• Educadora: Carmen Campos

3

Page 4: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

Aula B

• Mestra: Rosa Rial• Asistente Infantil: Araceli Rico

Aula C

• Educadora: Pili Souto• Asistente Infantil: Milagros Villar

Cada idade ten as súas características determinadas e cada nen@ o seu ritmo de aprendizaxe propio, tendo en conta todo isto expoñeremos a continuación a Programación Anual que a Escola levará a práctica durante o curso 2010-2011.

4

Page 5: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

II.- OBXECTIVOS

1. Identificar e expresar as súas necesidades básicas de saúde e benestar, de xogo e de relación e resolver autonomamente algunhas delas mediante estratexias e actividades básicas de coidado, alimentación e hixiene.

2. Descubrir, coñecer e controlar progresivamente o seu propio corpo, os seus elementos básicos, as súas características, valorando as súas posibilidades e limitacións, para activar de forma cada vez máis autónoma nas actividades habituais.

3. Relacionarse cos adultos e con outros nen@, percibindo e aceptando as diferentes emocións e sentimentos que se lle dirixen, expresando os seus e desenvolvendo actitudes de interese e axuda.

4. Observar e explorar activamente o seu entorno inmediato e os elementos que o configuran e, coa axuda do adulto ir elaborando a súa percepción dese entorno, e atribuíndolle algunha significación.

5. Regular paulatinamente o seu comportamento en propostas de xogo, de rutinas e outras actividades que lle presenta o adulto, gozando coas mesmas e empregándoas para dar cauce ós seus intereses, coñecementos, sentimentos e emocións.

6. Coordinar a súa acción coa acción dos outros, descubrindo pouco a pouco que os demais teñen a súa propia identidade, as súas pertenzas e relacións, e aceptándoas.

7. Comprendelas mensaxes, ordes que nos contextos habituais se lle dirixen, aprendendo progresivamente a regular o seu comportamento en función deles.

8. Comunicarse cos demais empreñando a linguaxe oral e corporal para expresar os seus sentimentos, desexos e experiencias e para influír no técnicas e recursos máis básicos.

9. Coñecer algunhas manifestacións culturais do seu entorno, amosando actitudes de respecto, interese e participación cara elas.

5

Page 6: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

III.- PROGRAMACIÓN ANUAL POR AULAS

CLASES 0-1

Antes de empezar a plantearnos unha proposta de traballo para este curso debemos de pararnos a reflexionar con que nen@s imos a traballar e que características presentan, xa que as súas características motoras, cognitivas, de linguaxe e afectivo-sociais van a condicionarnos á hora de prantexar unha serie de actividades e axudarannos a axustar a metodoloxía de forma axeitada, potenciando ó máximo as capacidades de cada nen@ en cada momento.

Aínda que o transcurso dun ano na vida de calquera nen@ supón unha serie de cambios significativos os primeiros 12/15 meses de vida dun bebé van a supoñer a adquisición dos rasgos psicolóxicos fundamentais. As primeiras etapas da vida son moi importantes, xa non só dende o punto da maduración física,senón tamén dende o punto de vista da aprendizaxe,posto que nestes primeiros meses de vida establécense as aprendizaxes sobre as que se texerán o resto de experiencias vitais.

Ó longo deste primeiro ano de vida poderemos observar cambios moi significativos:

− O seu funcionamento motor pasa de estar reducido a algún grupo de músculos no momento do nacemento, ata controlar todos os músculos do seu corpo e estar capacitado para moverse a sua vontade a finais do primeiro ano.

− O desenvolvemento motor provoca tamén un desenvolvemento intelectual superior, xa que ó longo deste primeiro ano o bebé pasa de ser un “animal desvalido” a desenvolver unha serie de capacidades cognitivas, psicomotoras, afectivas, lingüísticas e de sociabilidade.

− Dende o punto de vista afectivo,o recen nacido é capaz de experimentar só intensas emocións de pracer ou dispracer, pero ó longo do primeiro ano surxirán emocións máis diferenciadas como a ledicia, a tristura, o medo, a pena, a risa, o pracer…

− O recén nacido pasa de ser un ser un ser con moi pouca capacidade de movemento a desprazarse pola súa conta, vai contar cunha serie de capacidades intelectuais significativas, terá unha serie de relacións emocionais fortemente establecidas tanto coa sua familia como coas persoas que o rodean e xa a pasado o primeiro ano de vida será capaz de utilizala linguaxe.

6

Page 7: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

Unha vez que coñecemos xa un pouco máis ó nen@ de 0 a 1 anos dispoñémonos a realizar a programación do curso.

PROGRAMACIÓN:

Comezamos o noso traballo nas clases de 0 a 1 anos contando con un grupo de 15 nen@s con idades comprendidas entre os 5 e 8 meses, repartidos en dúas clases, no grupo “A” teremos 8 nen@s e no “B” teremos 7 deixando unha praza de emerxencia social.

Como xa dixemos con anterioridade o primeiro ano de vida caracterízase por ser un período no que se suceden rapidamente unha serie de logros moi importantes: control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno, establece as primeiras relacións con adultos…, en definitiva vanse establecendo unha serie de condutas básicas para o seu desenvolvemento posterior.

Tendo en conta como se produce a evolución nestes primeiros meses de vida pensamos na nosa programación partindo dun obxectivo fundamental:

− Satisfacer as necesidades básicas de alimentación, hixiene, descanso, actividade e afectividade.

Intentaremos que momentos que forman parte da vida cotiá se convirtan en situacións educativas proveitosas, intentando dedicarlle atención a nivel individual e a través deles traballar de maneira global todo un mundo de sensacións e de espertar dos sentidos.

Tódolos coidados e actividades de estimulación que realizaremos cos bebés como caricias, miradas, xogos, contactos físicos estarán cargadas de ternura, afecto, confianza e sensibilidade para que os nosos nen@s se sintan queridos, seguros e vaian creando unha correcta autoestima.

A creación de novos vínculos afectivos é un aspecto moi importante neste ciclo, xa que os nen@s teñen necesidade de establecer unha relación de armenia coa persoa adulta coa que pasan moitas horas ó día, pois esta relación de apego que establecen cos adultos parmitiralle sentir equilibrio e seguridade emocional.

A primeiros de curso marcámonos uns obxectivos e uns contidos que guiarán a nosa proposta de traballo:

7

Page 8: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

OBXECTIVOS:

COÑECEMENTO DE SÍ MESMO E AUTONOMIA PERSOAL:

− Adquirir progresivamente a coordinación das diferentes partes do corpo e manter o equilibrio estático.

− Experimentar as sensacións que ofrece o xogo motriz.− Coordinar progresivamente ámbalas mans en accións de

agarre,soltar, golpear,enrrugar, apiñar,beliscar, abrir, cerrar…− Obter progresivamente un ritmo ordenado na alimentación,

descanso…− Mostrar gusto por probar novos alimentos.− Manifestar as propias necesidades: sono, fame, dor…− Gozar das propias conquistas e logros.− Esforzarse en adquirir destrezas que lle axuden a desprazarse,

gatear, dar a volta, incorporarse, iniciala marcha…− Estimulalos sentidos.

COÑECEMENTO DO CONTORNO:

⇒ Recoñecer as persoas do contorno inmediato: familia, compañeiro@s, profes…

⇒ Experimentar a percepción de estímulos sensoriais coa manipulación de distintos materiais e obxectos.

⇒ Gozar da presenza dos compañeiros e das persoas coas que convive habitualmente.

⇒ Demostrar afecto polas persoas do seu contorno.⇒ Saudar e despedirse de maneira axeitada á súa idade.⇒ Sentir necesidade de experimentar con distintos xoguetes e materiais.⇒ Recoñecer algún animal e o son que emite: can, gato,vaca…

LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN.

− Recoñecelos sons que emite o propio corpo: rir, chorar, tusir…− Interpretar os xestos e a linguaxe das persoas que os rodean.− Emitir sons e algunhas palabras sinxelas.− Gozar das audicións musicais.− Manifestar diferentes estados emocionais:relaxación, tristura,alegria− Recoñecer ritmos e melodías.

8

Page 9: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

− Experimentar a sensación que produce a manipulación de distintos materiais, obxectos…de pracer ou desgusto pola textura, consistencia…

− Interesarse por participar nas actividades propostas.− Manter unha actitude de busca e descubrimento para resolver

dificultades.

CONTIDOS:

COÑECEMENTO DE SÍ MESMO E AUTONOMIA PERSOAL:

Bloque 1: O corpo.

− Control e coordinación dos movementos do corpo.− Coordinación das mans en accións de agarrar, soltar, enrrugar…− Exploración e identificación do propio corpo.− Estimulación dos sentidos: gusto, vista, ulido, tacto, oido.

Bloque 2: A identidade,a autoestima e as emocións.

− Identificación do seu propio nome e do dos demais.− Experimentación das diferentes sensacións que proporciona o xogo e

o movemento.− Identificación do que gusta e do que non gusta.− Ampliación dos lazos afectivos con outras persoas adultas, para obter

axuda e seguridade.− Gozo dos propios logros e conquistas.

Bloque 3: O coidado persoal.

− Mantemento do ritmo establecido na alimentación e no descanso.− Recoñecemento da comida como feito pracenteiro e non só

nutricionista.− Iniciativa na comida autónoma.− Regulación progresiva dos ritmos de sono-vixilia, actividade-

descanso, acción-relaxación.

COÑECEMENTO DO CONTORNO.

Bloque1: O medio físico.

9

Page 10: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

• Experimentación das características dos materiais a partir da manipulación e exploración: textura, cor, son…

• Localización de estímulos do contorno.• Recoñecemento dalgúns obxectos do uso cotiá: biberón, babeiro,

chupete, culler,cueiro.

Bloque 2: Achegamento á natureza.

⇒ Recoñecemento dos animais máis comúns.⇒ Identificación de fenómenos meteorolóxicos: chuvia, sol, neve…⇒ Curiosidade por tocar, observar distintos animais domésticos e

distintas prantas.

Bloque 3: Cultura e vida en sociedade.

Identificación dos xestos de saúdo e despedida. Recoñecemento das persoas do contorno próximo: compañeir@s,

profes… Coñecemento de distintos aspectos da escola. Interese e curiosidade polos acontecementos que suceden ó seu

arredor.

LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN.

Bloque 1: Comunicación xestual e oral.

− Comprensión das intencións comunicativas dos demais por medio de xestos e da entoación.

− Comprensión de ordes sinxelas.− Emisión de algunhas onomatopeas.− Emisión de sons e algunhas sílabas sinxelas.

Bloque 2: Expresión plástica e musical.

− Participación activa na interpretación e escoita de cancións e de xogos musicais.

− Experimentación das distintas sensacións producidas polos distintos materiais e obxectos cos que entran en contacto.

− Interese e gozo pola experimentación e creación de obras plásticas moi sinxelas.

− Exploración das posibilidades sonoras do propio corpo, de obxectos cotiás e de instrumentos musicais.

10

Page 11: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

− Recoñecemento de sons do contorno máis próximo.

Bloque 3: Representación escrita e dramática.

• Interese e gozo á hora de mirar os libros e escoitar a súa lectura.• Interese e gozo á hora de participar en representacións dramáticas.

ACTIVIDADES:

A continuación nomearemos algunhas das actividades que realizaremos ó longo de todo o curso dividíndoas por trimestres:

PRIMEIRO TRIMESTRE:

Empezamos o primeiro trimestre co mes de setembro que é un dos máis “difíciles” de todo o curso pois temos que adaptarnos todos a unha nova situación.Ver Anexo. Este mes de setembro vainos a servir tamén para observar o comportamento dos nen@s e o momento evolutivo no que se encontran e así poder facer unha avaliación inicial que nos permita saber de onde partimos. Tendo en conta esto plantexarémonos as seguintes actividades para este primeiro trimestre:

Recibimos os nosos nen@s de forma cariñosa sempre cun sorriso e dicindo o seu nome.

Unha vez que colocamos as súas prendas de abrigo e a mochila na súa percha revisaremos a axenda para saber que información nos transmiten os seus pais e que nos pode axudar a planificar mellor o día de cada nen@.

Realizamos as rutinas de cambios de cueiros,alimentación, hixiene e descanso sempre que sexa necesario.

Teremos sempre a música sempre presente nas nosas clases, ben sexa para relaxarnos e tranquilizarnos ou para animarnos a facer calquera actividade máis movida.

Sempre que non veñan días de moito frío e espir o nen@ non supoña unha sensación desagradable para el utilizaremos os masaxes utilizaremos os masaxes como técnica para o desenvolvemento sensorial e interacción afectiva.

Xogaremos a balancealos nas nosos brazos. Colocamos ó bebé diante do espello para que se vexa e nos observe

a nós tamén. Deitámolos nas colchonetas para que xoguen nos ximnasios e nas

11

Page 12: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

mantas de actividades. Ofrecerémoslles xoguetes que emitan sons axudándolle a presionar

nos distintos botóns para que nos sorprendan con distintas melodías. Intentaremos poñer diante deles xoguetes atractivos para que se

esforcen en desprazarse, cada un dentro das súas posibilidades, para alcanzalos.

Ofrecerémoslles xoguetes ou obxectos de tamaño axeitado para que os manipulen: os agarren, os cambien de man, os chupen, os solten…

Balancearémolos deitados sobre un balón grande, aguantándoos para que non caian..

Deitarémolos na colchoneta boca a baixo e intentaremos que levanten a cabeza buscándonos segundo por onde lles falemos.

Xogamos a esconder obxectos diante deles e logo encontrámolos. Os que xa se aguanten sentados poderán estar sentados nas

colchonetas e manipular axóuxeres, obxectos brandos que poidan chupar,peluches suaves, xoguetes musicais…

Os máis pequeniños que non se aguanten sós estarán sentados nos bumbos manipulando os obxectos dos ximnasios, os mordedores, os axóuxeres…

Xogamos con eles colléndoos por debaixo dos brazos e levantámolos facendo movementos de enriba a baixo facendo que toquen o chan cos seus pes.

Facemos actividades psicomotoras para adquirir mobilidade nas extremidades, no pescozo, levantala cabeza, dala volta, sentarse…

Sentámolo nen@ nos nosos xeonllos e agarrámolo polas costas e mirando cara nós xogamos con el.

Todas estas actividades e outras que poidamos realizar sérvennos para exercitar os reflexos, o ton muscular, coller dominio das posturas,estimulalos sentidos, iniciarse na linguaxe,investigalo contorno, socializarse e adquirir novos logros.

Ademais destas actividades concretas plantexaremos outras que levaremos a cabo ó longo de todo o curso na clases de bebés e outras nas que participaremos, dentro das nosas posibilidades, e que se programarán a nivel da escola:

• CESTO DOS TESUOROS: teremos nas nosas clases un cesto atractivo para eles no que teremos obxectos da vida cotiá con distintas texturas, formas, volumes, cores, consistencias, pesos, sons… que iremos cambiando en función dos intereses do momento ou a medida que se vaian deteriorando. Serán obxectos que non sexan perigosos para eles e que favorezan a investigación a través de accións como as de agarrar, lamber, golpear, tirar, observar, morder…Esta actividade

12

Page 13: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

realizarémola ó longo de todo o curso cambiando os obxetos en función dos intereses do momento.

• MASAXES: utilizaremos a masaxe como técnica para o desenvolvemento sensorial e interrelación afectiva. Utilizaremos unha técnica sinxela e inofensiva, buscando a postura máis cómoda que será deitando ó nen@ sobre unha toalla e enriba dunha colchoneta e a profe fronte a él para realizalos exercicios. Realizarémola masaxe por partes do corpo para que a sesión non se prolongue moito e non ter que ter o nen@ espido durante moito tempo. A técnica basease nunha secuencia ordenada de toques e movementos polas diferentes partes do corpo. Os movementos realizarémolos de maneira firme empezando pola cabeza e rematando polos pes a un ritmo constante e controlando a presión dos dedos.

As masaxes tranquilas axudarannos a estimulala circulación, o sistema inmunitario, o desenvolvemento muscular e a produción das hormonas do crecemento. E ó mesmo tempo servirannos como unha forma de linguaxe pois nos primeiros doce meses de vida o tacto é case unha linguaxe, ó mesmo tempo que estableceremos unha forma de interacción.

− LIBRO DO MEU PRIMEIRO ANO: para realizar esta experiencia necesitamos a colaboración das familias. Neste libro pretendemos deixar constancia das primeiras experiencias do nen@ desde que naceu e no que estivo en contacto coa escola. Entre os pais e nós encherémolas súas páxinas poñendo comentarios a medida que o curso avance.

Tamén intentaremos participar dentro das nosas posibilidades en actividades que se fan a nivel escola como son:

− MAGOSTO: aproveitaremos os cambios no noso contorno para manipular froitos típicos desta estación como son: o millo, as castañas, as piñas, as cabazas, as follas…

− NADAL: na escola celébrase este acontecemento e nós participaremos disfrutando do colorido, dos estímulos visuais e sonoros. E ofrecerémosmos para participar cunha pequena colaboración no festival do Nadal. E faremos unha manualidade sinxeliña para levar para a casa e empezar así a traballar coas nosas mans con materiais diferentes.

SEGUNDO TRIMESTRE:

Empezamos este segundo trimestre con nen@s de idades comprendidas entre os 9 e 12 meses. Ó longo destes catro meses seguro que xa se produciron moitos cambios en tódolos aspectos e xa deixaron atrás unha

13

Page 14: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

etapa de adaptación e comezan outra na que de seguro se producirán grandes logros. Ó longo deste trimestre repetiremos moitas actividades xa realizadas en meses anteriores para afianzar destrezas e adquirir aquelas que non foi posible conseguir, pero tamén realizaremos outras que nos axuden a desenvolver novas capacidade:

Colocámolos en posición de gateo e intentamos avanzar.Si son capaces de gatear, arrastraranse para chegar ó sitio desexado e

alcanzar o que buscan.As profes axudámolos a avanzar colléndoos polos brazos e intentando que

dean pasiños.Poñémolos de costas á parede e cos brazos estirados chamámolos para

que intenten chegan a nós.Poñémolos cara ó espello agarradiños á barra para que se movan.Dámoslles os correpasillos para que se movan pola clase.Introduciremos a rutina de tomala galleta sentadiños, no sitio que as profes

nos digan.Escoitamos contos e miramos fotos.Facemos experiencias con azucre, fariña, xelatina…Metemos lentellas, garavanzos, fabas…en botes e escoitamos que ruído fan.Empezamos a saír ó patio grande e investigamos que podemos facer e que

xoguetes novos hai.Manipularemos xogos nos que facemos torres e despois tirámolas.Metemos pezas dentro de caixas e despois sacámolas.Xogamos ás agachadas detrás da cortina que temos no moble.Metémonos dentro dentro de caixas grandes e coa axuda das profes

saímos.Xogamos con plásticos de barbullas.Facemos auga de cores misturando pintura con auga e despois metémola

en botellas que podemos botar a rodar.Preparámolo Entroido e participamos na festa.Celebrámola entrada da primavera traendo á clase flores para ulilas,

manipulalas e observalas distintas cores que teñen.Xogamos con pelotas de distintos tamaños.As profes balancéannos nunha manta.Celebrámolos aniversarios cun biscoito para soprar a nosa primeira vela.Celebrámolo Día da Paz.

14

Page 15: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

TERCEIRO TRIMESTRE:

Xa neste último trimestre do curso case todos teñen cumplido o seu primeiro ano e xa algúns camiñan bastante ben e outros están a punto de conseguilo. Como no trimestre anterior seguiremos repetindo actividades para afianzar destrezas e introducindo outras para seguir evolucionando segundo as características de cada un.

10.Investigaremos cos xoguetes que temos na clase: animaliños, construcións, comidiñas, bonecos,peluches…

11.Empezaremos co xogo simbólico e xogaremos a darlle de comer as bonecas e poñelas a durmir.

12.Se o tempo o permite sairemos ó patio de fóra á xogar ó aire libre.13.Contaremos moitos contos .14.Experimentamos con xeo e auga quente.15.Metemos e sacamos cousas das caixas.16.Empezamos a axudar ás profes a recoller os xoguetes.17.Investigamos como se pinta coas mans con pinturas de distintas

cores.18.Faremos experiencias con pan raiado,, con area, con nata, con

auga…19.Faremos garabatos con ceras.20.Participaremos na celebración do Día do Libro.21.Probaremos distintos alimentos para distinguir sabores.22.Conversaremos moito sobre distintos temas.23.Celebrarémola Pascua.24.Participaremos na Semana da Arte.25.Faremos algunhas manualidades e cada vez xa lle axudaremos

menos.26.Esperamos que as familias se animen a participar con nós nas

Xornadas de Portas Abertas.27.Celebrarémolo Cacho na véspera de San Xoan.28.Seguiremos traballando e completando o libro “ O meu primeiro

ano”.29.Pediremos axuda das familias para elaborar a Caixa das

Texturas .30.Outras moitas actividades que vaian xurdindo e nos parezan

interesantes.

15

Page 16: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

CLASES 1 – 2

O inicio do curso, no mes de setembro, encontrámonos con nen@s que xa estiveron con nos o curso anterior e polo tanto coñecémonos e sabemos en que momento do seu desenvolvemento se encontran pero tamén temos outros que este e o primeiro contacto que teñen ca escola e polo tanto debemos observar e aproveitar o período de adaptación para avaliar e poder adaptar a nosa programación as circunstancias individuais.

A nosa proposta de traballo cos nenos/as desta idade ten un obxectivo fundamental:

Atender as súas necesidades básicas de alimentación, hixiene – saúde, descanso, afectividade e estimulalos, axudándolle a medrar felices.

¿Como podemos facelo?− XOGANDO / ESCOITANDO / CONVERSANDO / OBSERVANDO /

ACTIVIDADES MANIPULATIVAS / CONVIVINDO: con respecto, cariño, tolerancia e dándolle o mellor de nos mesmos.

−Para levar a cabo esta proposta preparamos unha receita:

Traballar con estímulos axeitados.Dedicarlle tempo a estar xuntos.Unhas gotas de exemplo.Un chisco de boas rutinas.Conversar a miúdo.Adornar con comunicación corporal.Servir cunha ración de NON.

OBXECTIVOS

COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL• Coñecer o propio corpo de maneira progresiva e identificalas

partes máis importantes construíndo pouco a pouco unha imaxe positiva de si mesmo.

• Controlar progresivamente os xestos e os movementos propios da súa idade.

• Estimulalos sentidos como fonte de sensacións.• Expresar emocións e necesidades básicas segundo as súas

posibilidades e contando ca axuda do adulto.• Orientarse progresivamente nos espazos cotiáns.

16

Page 17: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

• Adquirir autonomía en actividades habituais e tarefas sinxelas colaborando co adulto.

• Descubrir e utilizar as propias posibilidades motrices, sensitivas e expresivas.

• Manifestar e regular as necesidades básicas progresando na adquisición de hábitos e actitudes relacionadas ca comida, hixiene, saúde, descanso.

• Aceptalas normas de comportamento establecidas durante os momentos máis comúns da vida cotián.

• Participar nas actividades, xogos e propostas do adulto.COÑECEMENTO DO CONTORNO

• Observar e exploralos obxectos do entorno percibindo as súas cualidades e gozando da actividade.

• Orientarnos e actuar progresivamente de maneira autónoma nos espazos cotiáns

• Observar e exploralo medio natural manifestando coidado e respecto na medida das súas posibilidades.

• Gozar das actividades que realizamos na escola.• Adaptarse progresivamente a vida da escola.• Mostrar interese e respecto polos animais e plantas do entorno

colaborando co adulto no seu coidado.• Coñecelas formas de comportamento esenciais da vida en grupo

adecuadas as súas posibilidades.• Descubrir a funcionalidade dos obxectos.• Participar activamente cos grupos que se relaciona• Identificar secuencias temporais relacionándoas cas rutinas.

LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN• Utilizalas linguaxes xestuais e a fala de maneira progresiva como

instrumento de comunicación..• Comprendelas intencións das mensaxes dos outros nenos e do

adulto.• Utilizalas diferentes linguaxes como medio de comunicación

entre as persoas para expresar sentimentos, ideas e representación da realidade.

• Gozar escoitando contos, música, textos.• Exploralas posibilidades que nos da o corpo para expresarnos e

comunicar sentimentos.• Participar nas actividades de dramatización, xogo etc. Dentro das súas

posibilidades.• Empregar a linguaxe plástica e gozar das producións propias e dos

demais.• Comprender as intencións e mensaxes orais que nos comunican os

17

Page 18: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

que nos rodean.•

CONTIDOS

COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL Bloque 1 . O corpo

• Descubrimento e control global e segmentario do corpo• Identificación das partes máis segmentarias: cabeza, mans, pes,

pelo, ollos…• Estimulación dos sentidos como fonte de sensacións: ulindo,

escoitando, probando…• Adquisición progresiva do control de movementos e do equilibrio

estático e dinámico.• Movementos e posturas do corpo: gatear, arrastrarse, subir,

baixar, agacharse, camiñar, pedalear…• Exploración das posibilidades motrices.• Progresivo control do ton, equilibrio, respiración.

Bloque 2. A identidade, a autoestima e as emocións.• Identificación do propio nome co grupo familiar o que pertence.• Identificación dos propios xestos.• Manifestación das emocións propias e identificación das dos demais:

choro, risa, dor…• Toma de conciencia progresiva do propio sexo• Control progresivo de sentimentos e emocións.• Expresión de necesidades, emocións, intereses, preferencias.• Actitude de espera e paciencia na procura de atención e resposta.• Control de impulsos ante as frustracións

Bloque 3. O coidado persoal• Iniciativa na realización de tarefas relacionadas coas rutinas

cotiáns.• Adquisición progresiva de hábitos relacionados ca comida,

hixiene, vestido, descanso, colaborando e gozando.• Manifestación progresiva das necesidades básicas.• Regulación progresiva dos ritmos do sono, vixilia, actividade e

descanso, acción e relaxación.• Recoñecemento das propias pertenzas e colaboración

progresiva no vestido e aseo.• Gusto polo aspecto persoal limpo e coidado.• Petición de axuda en situacións que o requiran.

COÑECEMENTO DO CONTORNOBloque 1. O medio físico.

18

Page 19: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

• Exploración dos obxectos e materiais a través dos sentidos identificando algunhas das súas propiedades ca axuda do adulto

• Observación e experimentación de diferentes accións sobre os obxectos e materiais.

• Respecto e coidado polos espazos.• Manipulación e xogo cos materiais comúns: area, azucre, sal…• Adaptación progresiva a vida da escola cos seus iguais e co

adulto.• Aceptación das pequenas normas que rexe o grupo.• Establecemento progresivo de relacións: apiñar, comparar,

separar, encaixar, recoller…ca axuda do adulto.• Actitude por compartir os obxectos, xoguetes, materiais.• O colexio, dependencias habituais: clase, baño, comedor..• Contribución a espazos limpos e ordenados.

Bloque 2. Achegamento a natureza.• Identificación dalgúns animais, plantas e elementos naturais.• Observación da natureza nos cambios de estación: primavera…• Gozar das actividades o aire libre.• Observación das plantas e animais do entorno.• Interese e respecto polo coidado do entorno.• Identificación dos fenómenos naturais: chove, fai frío, sae o sol…• Observación do ciclo vital das plantas.

Bloque 3. Cultura e vida en sociedade.• Recoñecemento de si mesmo e da súa familia.• Aceptación da normas que rexen os grupos escolar e familiar.• Coñecemento e participación en costumes, tradición e festas

propias da cultura galega.• Interese polos acontecementos que suceden o seu arredor.• Adquisición progresiva de habilidades sociais: saudar, despedirse,

dalas grazas…• Gozar da celebración de acontecementos relevantes: Magosto,

Nadal, EntroidoLINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓNBloque 1. Comunicación xestual e oral.

• Recoñecer e utilizalas posibilidades do corpo para comunicarse.• Utilización progresiva do xesto e a lingua oral para comunicarse,

expresar necesidades e desexos.• Exploración das posibilidades sonoras da voz, do propio corpo,

dos obxectos cotiáns e instrumentos musicais.• Discriminación de sons.• Adquisición progresiva de pronunciación de vocabulario.• Iniciación na utilización adecuada dalgunha norma como saudar,

19

Page 20: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

despedirse…• Comprensión de poemas, cancións, poesías• Utilización de xestos e movementos corporais imitando o adulto.

Bloque 2 .Expresión plástica e musical• Utilización dos materiais e técnicas de expresión plástica dentro

das súas posibilidades.• Observación, manipulación de obxectos e materiais de colores

primarios: vermello, amarelo e azul. Identificación progresiva.• Interese e gozo por mirar, manipular, escoitar, contar, contos,

fotos, libros, cancións.• Actividades de coidado dos materiais, obxectos…• Gozo das producións plásticas.• Cancións, baile.• Identificación de ruído e silencio.• Participación en danzas sinxelas.• Interese por escoitar diferentes tipos de música.• Desexo de explorar posibilidades sonoras do propio corpo, dos

obxectos e instrumentos musicais.Bloque 3. Representación escrita e dramática.

• Interese e gozo pola manipulación de libros, fotos, murais …• Control do corpo: actividade, movemento, repouso, relaxación…• Interese polas producións propias: garabateo, estampado, rachado,

engurrado…• Posibilidades expresivas do corpo para expresar e comunicar

sentimentos, emocións, necesidades.• Utilización da danza como medio de expresión.

ACTIVIDADES

O grupo de 1-2 anos está dividido en 3 clases de 13 ne@s cada un.

No grupo A están os nenos máis pequeniños, os que naceron no 2º semestre do ano. A maioría deles aínda non cumpriron o seu primeiro aniño. Polo tanto, e moi posible que esta programación non estea adaptada o seu momento evolutivo. Tendo isto presente guiarémonos pola de 0 – 1 anos, adaptándoa as súas características persoais.

No grupo B e C están os maiores, e dicir, os que celebran o seu aniversario no primeiro semestre do ano.

As educadoras nas clases organizan o traballo en función das características individuais porque sabemos que a estas idades evoluciona cada un a un ritmo diferente e moi rapidamente, alcanzan habilidades dun

20

Page 21: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

día para outro. Polo tanto a programación anual e unha maneira de organizarnos pero levarémola a practica de maneira flexible e cos cambios que consideremos oportunos dentro de cada clase.

O noso empeño e conseguir que o nen@ sexa feliz na escola e polo tanto procuraremos que estea ben consigo mesmo, e dicir, que teña cubertas as súas necesidades básicas. Unha vez alcanzado este obxectivo traballaremos para estimulalos seus sentidos e as súas capacidades e destrezas.

Nas nosas aulas imos traballar partindo de Centros de Interese porque parécenos que a actividade do nen@ e a experimentación con materiais do entorno máis próximo, e a maneira máis adecuada de espertar a súa curiosidade, motivación e facelo parte activa do proceso de aprendizaxe.

ESQUEMA DE ACTIVIDADES

PRIMEIRO TRIMESTRE

SETEMBRO Período de Adaptación. Ver Anexo.

OUTUBRO

Imos a Escola con Lola• Plantamos tulipáns.• Experiencias con azucre e sal

NOVEMBRO

Folliñas no chan, castañas na man• Investigamos con froitos do outono.• Saída o Pazo . Realizarase en función do grupo• Magosto

DECEMBRO

No Nadal chove e fai frío • Experiencias con cousas quentes e frías• Festival

21

Page 22: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

SEGUNDO TRIMESTRE

XANEIROPasámolo pipa xogando• Levan a casa a Lola• Fabricamos xoguetes• Día da Paz (30 xaneiro)

FEBREIRO

Disfrazámonos con Lola• Confeccionamos o noso disfrace• Plantamos amorodos

MARZOLola canta e os seus amigos tocan

• Celebrámolo Entroido (Primeiros de marzo)• Experiencias cos animais e ca música• Mascotas na escola• Dia do Pai

TERCEIRO TRIMESTRE

ABRILPapá e mamá xogan na escola

• Xornadas de portas abertas• Pascua (18-25 abril)• Día do libro (23 de abril)

MAIOBrilla o sol e locen as flores

• Excursión• Día da Nai• Semana da Arte

XUÑOComo e vístome solo

• Experiencias ca comida e ca roupa• Cacho• Levan a casa o libro de Lola

22

Page 23: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

EXEMPLOS DE ACTIVIDADES POR TRIMESTRES

PRIMEIRO TRIMESTRE

SETEMBRO

PERIODO DE ADAPTACIÓNDedicamos este mes a incorporación dos nosos nen@s a escola e a observación do seu comportamento para saber o momento evolutivo no que se encontran. Isto sérvenos de Avaliación Inicial. Ver anexo.Manualidade de Benvidos a escola.

OUTUBRO

O centro de interese que presentamos para este mes titulámolo:MOS A ESCOLA CON LOLA

Lola e unha ovella que presentaremos este mes aos nosos nen@s. Será a nosa mascota e estará con nos na clase traballando tódolos días. Tamén a levaremos a casa a ensinarlla a familia.Este centro de interese será unha continuidade do Período de Adaptación. Pretendemos coñecela escola, os seus espazos, persoal, materiais, xoguetes e actuar sobre eles.Realizaremos actividades tales como:

• Rutinas. E unha maneira de organizarnos e tomar conciencia do tempo e tamén do espazo. Algunhas delas son: Asemblea, actividades manipulativas, galleta e auga, xogo libre, momento do conto, cambio de cueiros, patio…

• Identificamos o lugar onde gardamos as nosas pertenzas.• Xogamos con instrumentos musicais.• Facemos torres moi altas cas construcións e logo derribámolas.• Manipulamos os contos da clase .• As profes ensínannos libros, fotos, murais…• Imitamos os sons dos coches xogando con eles e facendo un

circuíto.• Facemos murais pintando cas nosas manciñas e pinturas de

moitas cores.• Cantamos e escoitámola música.• Xogamos cos cacharriños e dámoslle a comida os bonecos.• Poñemos un papel moi grande no chan e pintamos con ceras de

cores.• Escoitamos sons e logo imitámolos.• Pedimos as familias un bulbo de tulipán e plantámolo no noso

23

Page 24: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

horto.• Manipulamos diferentes tipos de papeis.• Xogamos con pompas de xabón.• Acostumámonos a ir no tren cando saímos da clase para o patio

ou comedor.• Facemos un traballiño para levar a casa como manualidade do

mes.

NOVEMBRO

O outono xa chegou o no noso entorno percíbese. Nos queremos facer partícipes os ne@s dos cambios que sofre a paisaxe nestas datas, tendo en conta as súas posibilidades.

Seguimos cas rutinas establecidas nos meses anteriores e agora presentamos o tema a traballar este mes: FOLLAS NA CHAN E CASTAÑAS NA MAN.

• Ambientámola clase para traballar este tema.• Conversamos sobre o outono ensinándolle algún mural.• Traemos a clase froitos típicos destas datas: millo, castañas,

cabazas, noces, uvas…• Traemos tamén moitas follas secas e verdes e manipulámolas

percibindo o seu cheiro, cor, textura, ruído que fan o pisalas, fregalas nas mans, tirámolas polo aire…

• Saímos o patio de fora e recollemos algunhas follas si están no chan e o tempo o permite.

• Propoñemos unha saída o Pazo da Peregrina si o tempo e o adecuado e tamén en función das destrezas que teñan os nen@s nestas datas para poder ir ata alí camiñando e volver.

• Realizaremos algunha manualidade relacionada co tema para levar a casa.

• Facemos un mural estampando follas.• Participamos na festa do magosto.• Elaboramos algunha receita de cociña para tomar es día.• Facemos masa con fariña de millo.• Esmagamos uvas e observamos como sae o zume.• Xogamos con carozos de millo e facemos torres.• Aproveitamos para percibilas diferentes texturas que nos ofrecen

todos estes froitos e tamén outros materiais que traemos a clase.

24

Page 25: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

DECEMBRO

Preparámola clase parara recibir o Nadal e tamén percibila entrada do inverno.

Titulamos o tema deste mes CHOVE E FAI FRIO NO NADAL.• Falamos sobre o tema e mostramos os nenos fotos, murais,

libros onde se aprecie un entorno con características propias desta estación.

• Investigamos con cousas frías e quentes: xeo, auga quentiña, morna e fría, secador do pelo con aire quente e frío, toalliña, ventilador…

• Vestímonos con roupas que nos abriguen: gorros, bufandas, luvas…e conversamos sobre o gusto que da taparse con elas.

• Saímos un momento a choiva con paraugas.• Pegamos papeliños nun mural moi grande.• Realizamos unha manualidade para felicitalo Nadal.• Pintamos con ceras de cores en folios.• Preparamos a cartiña para darlle os paxes.• Escoitamos panxoliñas, cantámolas e tocamos as pandeiretas e

outros instrumentos.• Presentamos a modo de xogo a cor vermella.• Traemos a clase caracois e poñémolos a comer nunha folla de

col.• Metemos fabas, garavanzos, lentellas en botellas transparentes e

escoitámolo son que producen o axitar.• Facemos zume de laranxa, limón, mandarina e probamos.• Vestímonos co gorro de Papá Noel e sacamos moitas fotos.• Probamos doces típicos das datas: turrón duro e brando,

mazapáns, polvoróns, uvas…

SEGUNDO TRIMESTRE

XANEIROEste e un mes moi especial para os nosos pequenos. Eles non son moi conscientes do que implica a chegada de Papá Noel e logo os Reis Magos pero si da cantidade de xoguetes novos e regalos que aparecen nas casas.Por este motivo nos traballámolo tema e titulámolo PASÁMOLO PIPA XOGANDO.

• Preparámola clase coma cada mes e falamos en asemblea do tema.• Manipulámolos xoguetes que temos na clase e mesmo construímos

algún sinxelo.

25

Page 26: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

• Insistimos no hábito de recoller as cousiñas despois de xogar e no valor de compartir e coidalas.

• Conversamos sobre as partes do corpo e mostramos en nos mesmos, nos compañeiros e nos bonecos aquelas máis importantes.

• Manipulamos catálogos de xoguetes.• Mesturamos auga con pintura vermella e facémola botella de auga

vermella.• Buscamos cousiñas de cor vermello e metémolas na caixa da cor

vermella. • Pintamos de vermello, pegamos papeliños, pegadiñas• Investigamos ca mancha vermella nun papel moi grande.• De vez en cando imos a miralo horto. Si non chove regamos e

observamos como nacen e medran as plantiñas.• Empezamos a levar a Lola a casa e dicímoslle a papá e mamá que

saquen algunha foto con ela para logo traela a escola e pegala no libro que temos pensado facer “Experiencias con Lola”.

• Facemos moita ximnasia levantando os brazos arriba, agachándonos no chan e dicindo abaixo, abrindo as pernas, pechándoas, dar saltiños pequenos, gatear, facelo avión, xogando o corro….

• Celebrámolo Dia da Paz e facemos algunha traballiño para levar ese día.

FEBREIRO

Aínda que o Entroido se celebra este ano a primeiros de marzo, nos iremos traballando o tema o longo deste mes. Por iso chamámoslle DISFRAZÁMONOS CON LOLA o centro de interese escollido.

• Preparamos a clase con ambiente de festa: serpentinas, caretas, papeis de moito colorido, globos...

• Vestímonos cos trapiños que temos na clase e xogamos con bolsos.

• As profes maquíllannos e vístennos disfraces.• Mirámonos no espello.• Axúdamos a confeccionar o noso disfrace.• Probamos doces do Entroido: orellas, filloas…• Pintamos e decoramos algunha careta.• Plantámolos amorodos• Xogamos cos encaixables.• Xogamos con papeis de periódico a facer ruído, vento, taparnos

con eles, pisalos, rachalos, facer pelotas, tiralas, recoller todo e metelo no lixo.

• Experimentamos con cousiñas duras e brandas.

26

Page 27: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

• Xogamos a encontrar cousas amarelas e comparalas cas vermellas e metémolas na caixa das cousas amarelas..

• Estampamos con esponxas e pintura amarela.• Facemos a botella da auga amarela.• Facemos ximnasia camiñando cara diante, cara atrás, cos

brazos abertos, agachámonos, deitámonos no chan e levantámolas pernas, subimos e baixámolas escaleiras, pasamos polo túnel, xogamos cos aros… o rematala sesión de psicomotricidade, deitámonos no chan e relaxámonos escoitando música suave.

• Xogamos a tirala pelota rodando e tamén ca collela cas mans.• As profes balancéannos ca manta e xogamos a arrastrala polo

chan. MARZO

Celebrámolo Entroido os primeiros días do mes.Aproveitamos este mes para traballar o tema dos animais e tamén dedicaremos tempo a traer as nosas aulas os diferentes tipos de música. Por iso LOLA CANTA E OS SEUS AMIGOS TOCAN será o título escollido.

• Preparámola clase para o tema escollido.• Falaremos dos animais máis comúns e das súas características.• Pedimos a colaboración das familias para que nos traian, si lles

apetece, algunha mascota a clase, un ratiño, para que os nenos poidan observala.

• Movémonos polo espazo coma os animais e imitamos a súa onomatopea.

• Recoñecemos animais en fotos, murais, libros…• Facemos algún mural de animais utilizando as diferentes

técnicas plásticas.• Cantamos cancións de animais• Distinguimos entre son e silencio.• Apagámolas luces e deitadiños no chan tratamos de relaxarnos

escoitando música de relaxación.• Comparamos o nos corpo cos dos animais nomeando as partes

máis importantes.• Pedímoslle que nos axuden cando recollémolas cousiñas e

indicámoslle como se mete cada cousa no seu sitio.• Facemos un regaliño sorpresa para felicitar a Papá no Día do Pai.• Traballamos o longo do mes os diferentes tipos de música,

facemos algún instrumento musical, escoitamos melodías, cantamos e mesmo desexamos ter algunha actuación en directo.

• Xogamos o corro agarradiños da man.

27

Page 28: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

• Xogamos cos bolos.

TERCEIRO TRIMESTRE

ABRIL

Este mes temos pensado realizar as xornadas de portas abertas e invitalas familias a visitarnos e pasar un ratiño con nos. Dámoslle o seguinte título o centro de interese deste mes: PAPÁ E MAMÁ XOGAN NA ESCOLA.

• Pedimos as familias que nos traian algunha foto familiar e colocámolas a altura dos nenos para que poidan recoñecer nela os diferentes membros.

• Conversamos sobre as nosas familias, como se chaman os seus membros, canto nos coidan e queren…

• Facemos un mural con diferentes texturas..• Xogamos con botes de lata e intentamos tapar e destapar, meter

e sacar cousiñas, facer torres con eles.• Xogamos cos bonecos a darlle comidiñas, poñerlle a roupiña,

bañalos, poñelos a durmir, acariñalos como fan mamá, e papá con nos.

• Facemos diferentes xestos ca lingua, beizos, abrir e cerralos ollos, abrir moito a boca, pechala.

• Pintamos con pinceis e témperas.• Mesturamos pintura con sal e pintamos nun papel grande.• Xogamos a dar bicos e abrazos uns aos outros.• Imitamos diferentes xestos: choramos, rimos, tusimos,

esbirramos…• Tocamos cousiñas con diferentes texturas.• Facemos a manualidade para a Pascua.• Celebrámolo Día do libro.• Empezamos a traballar na manualidade do Dia da Nai que será a

primeiros de maio.

MAIO

Chegado o mes de maio o noso entorno estará cheo de colorido e nos pretendemos que os nen@s o perciban. Eliximos o tema BRILLA O SOL E LUCEN AS FLORES para traballala primavera.

• Creamos na clase un ambiente primaveral e conversamos sobre o tema.

• Manipulamos murais, contos, fotos relacionados co tema.

28

Page 29: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

• Traemos moitas flores e ulímolas, sacámoslle os pétalos e follas, dicimos o seu nome…

• Cantamos cancións da primavera, escoitamos música e bailamos.

• Falamos do Día da Nai e do moito que lle queremos e tamén do agasallo sorpresa que lle levamos.

• Facemos unha excursión para observar o bonito que está a paisaxe nesta época.

• Pegamos papeis dentro dos pétalos dunha flor.• Pintamos con ceras nun folio.• Buscamos moitas cousas azuis pola clase e metémolas na caixa

azul e comparamos ca caixa amarela e vermella.• Estampamos con froitas nun folio de cor azul.• Imos o patio e coidamos do horto.• Xogamos con plastilina.• Xogamos cas construcións e facemos torres grandes e

pequenas.• Buscamos pelotas grandes e pequenas e xogamos a botalas a

rodar.• Xogamos con monicreques.• Contamos contos co teatriño.• Preparamos o libro das Experiencias con LOLA.

XUÑO

Xa estamos rematando o curso e somos moi maiores e aprendemos a facer moitas cousiñas nos soliños. Escollemos para este mes o centro de interese COMO E VISTOME SOLO . Tratamos de estimulala súa autonomía pero como sempre estaremos dispostas a axudar ante as dificultades.

• Xogamos cas comidiñas e cos bonecos.• Levan a casa o libro Experiencias con LOLA para que as familias

o vexan.• Preparamos a mesa con mantel, cubertos, pratos, vasos, panos,

etc. e probamos diferentes froitas. Intentamos que coman eles soliños.

• Pedímoslle que nos dean a culler, o garfo etc. e dámoslle as grazas.

• Xogamos a sacalos zapatos e calcetíns e tamén algunha roupa, poñemos o mandilón de plástico e preparámonos para xogar ca auga.

• Xogamos ca mesa de auga e poñemos obxectos a flotar,

29

Page 30: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

coadores, embudes, esponxas, cortizas, barcos de papel…• O remate da actividade anterior, secámonos, vestímonos e

calzámonos. Intentamos que axuden eles a espirse e vestirse.• Conversaremos sobre a relación entre os útiles de aseo e a parte

do corpo que corresponda: peite - pelo, toalla – secar a cara, cepillo – dentes…

• Xogamos a buscar dentro dunha bolsa sen mirar utensilios relacionados ca comida.

• Dramatizamos cancións relacionadas cas partes do corpo.• Facemos encaixables.• Facemos masa de pan e levámola o forno a cocer. Logo

comémola.• Xogamos cos bolos.• Xogamos o golf.• Poñemos un papel grande no chan e debuxamos a silueta dun

neno e unha nena e vestímolos con roupas de verdade.• Mostramos murais onde está a nena e o neno e conversamos

sobre as partes do corpo.• Cando os espimos o chegar e vestimos o marchar nomeamos as

prendas e pedímoslle que intenten facelo eles.• Sempre que o tempo o permita aproveitaremos para saír a fora a

xogar ca area e cos xoguetes que temos alí• Despois de vir do patio acostumamos a lavalas mans,

insistiremos en que o fagan eles e se sequen.

Ademais destas actividades que puxemos como exemplo faremos outras como:

• Teremos un día a semana vídeo. Trataremos de ver os debuxos relacionados co tema que esteamos traballando.

• Faremos xogo heurístico na clase investigando cas posibilidades que nos ofrecen os distintos obxectos da vida cotián.

• Participamos en actividades de toda a escola coma Magosto, Festival de Nadal, Entroido, Día do libro, A música na nosa

escola, …• Celebrarémolos aniversarios e sacaremos moitas fotos.

30

Page 31: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

CLASES 2 – 3

ÁREA: COÑECEMENTO DE SÍ MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL.OBXECTIVOS

– Tomar conciencia do propio corpo identificándoo global e fragmentariamente.

– Recoñecer os sentidos como fontes de sensacións empregándoos para o coñecemento do seu mundo circundante.

– Adquirir destrezas e habilidades manipulativas aplicándoas ao manexo de útiles e materiais presentes no seu contorno.

– Adquirir o control postural e dinámico do seu corpo mantendo o equilibrio necesario entre a seguridade e o desafío na exploración e no descubrimento.

– Tomar conciencia das características persoais identificando as calidades que o definen como individuo singular.

– Afianzar a propia personalidade equilibrando a afirmación das preferencias co respecto ás necesidades comúns do grupo.

– Adquirir autoestima esforzándose no desenvolvemento das actividades cotiás.

– Iniciarse co control do propio comportamento relacionando a identificación das emocións e intereses coa interiorización das normas e valores sociais.

– Iniciarse na tolerancia da frustración demorando a satisfacción dos desexos

– Satisfacer as súas necesidades básicas adquirindo hábitos de coidado persoal.

CONTIDOSBloque 1: O corpo.

– Descubrimento e control global e segmentario do propio corpo.– Descubrimento dos sentidos como fonte de sensacións.– Construción progresiva e toma de conciencia mental do propio corpo.– Potenciación das destrezas e habilidades na manipulación de

instrumentos, ferramentas e materiais.– Adquisición progresiva do equilibrio estático e dinámico.– Vivencia e control do corpo en relación ao movemento, ás dimensións

do espazo e ao movemento dos demais.– Adaptación do ton muscular e da postura ás distintas situacións

cotiás.– Axuste do propio movemento ao espazo e aos movementos dos e das

demais.

31

Page 32: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

– Potenciación da iniciativa e do esforzo na conquista dos desprazamentos do corpo e dos obxectos.

– Exploración e identificación das posibilidades motrices.

Bloque 2: A identidade, a autoestima e as emocións.– Identificación e recoñecemento das características e calidades

persoais cara a unha aceptación da propia imaxe, valorando positivamente as diferenzas como elemento definidor.

– Identificación co propio nome, co grupo familiar de pertenza e co lugar onde vive como vehículos da expresión da identidade.

– Toma de conciencia progresiva do seu sexo, evitando a instalación prematura de estereotipos de xénero.

– Identificación e afirmación dos propios gustos, e do que desagrada, evitando situacións de submisión ou dilución do individuo no grupo.

– Establecemento de hábitos elementais de esforzo e perseveranza para abordar as tarefas cotiás, amosando confianza nas propias competencias.

– Fomento da capacidade de escolla entre varias alternativas, asumindo as consecuencias das propias accións.

– Identificación das emocións básicas e das súas manifestacións habituais empregando expresións socialmente aceptadas.

– Actitude de paciencia e espera, na procura dunha resposta axeitada diante da demora dos desexos.

– Evitación da resposta agresiva diante da frustración para camiñar cara ao emprego da negociación para a xestión de problemas cos e coas demais.

– Ampliación dos lazos afectivos con outras persoas adultas, para obter seguridade e aceptar axuda.

Bloque 3: O coidado persoal.– Iniciativa na comida autónoma.– Incorporación paulatina na dieta de novos alimentos e texturas na súa

gradual presentación.– Discriminación progresiva dos alimentos saudables valorando o seu

consumo.– Recoñecemento da comida como feito pracenteiro e non só

nutricional.– Adquisición da autonomía progresiva nos hábitos de hixiene e limpeza.– Vivencia da sensación de limpeza e aspecto coidado.– Regulación progresiva dos ritmos de sono e vixilia, actividade e

descanso, acción e relaxación.– Recoñecemento da propia roupa e colaboración progresiva no vestido.

32

Page 33: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

– Emprego axeitado da roupa segundo as condicións climáticas e as actividades que realiza.

– Identificación dos riscos habituais no seu contorno e utilización de estratexias e recursos adecuados para evitalos.

– Equilibrar a necesaria prevención e o desafío precisos para a exploración e o descubrimento.

ÁREA: COÑECEMENTO DO CONTORNO.OBXECTIVOS

– Observar o seu contorno, identificando as propiedades dos obxectos para establecer comparacións.

– Establecer relacións causa-efecto, percibindo as consecuencias das súas accións nos obxectos ou persoas do seu contorno.

– Resolver situacións problemáticas con obxectos, ensaiando diferentes estratexias de resolución.

– Empregar cuantificadores e medidas relacionándoas con situacións cotiás.

– Identificar as nocións espaciais establecendo relacións cos obxectos e as persoas coas que interactúa.

– Identificar secuencias temporais relacionándoas coas rutinas e períodos de tempo habituais.

– Descubrir as características dos animais e vexetais, diferenciando os seres vivos doutros elementos e materiais presentes nos seu contorno inmediato.

– Establecer relacións de confianza, afecto, colaboración e pertenza baseándoas no respecto ás persoas e ás normas da sociedade.

– Apreciar as celebracións persoais e comunitarias importantes para as persoas valorándoas como actividades que constrúen a vida en sociedade.

– Apreciar algúns elementos significativos propios da cultura galega.– Identificar as funcións dos grupos e das organizacións descubrindo as

principais características e actividades das persoas que as conforman.

CONTIDOSBloque 1: O medio físico.

– Exploración de obxectos e materiais diversos a través dos sentidos e de diferentes accións.

– Identificación, denominación e comparación de calidades sensoriais, características morfolóxicas e funcionais de obxectos e materiais do seu medio.

– Identificación dos principais produtos elaborados polos seres humanos presentes no seu contorno.

33

Page 34: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

– Emprego dalgunha das ferramentas tecnolóxicas máis habituais.– Identificación de características constantes e variables.– Establecemento de relacións: ordenación, correspondencia,

clasificación.– Estimación de cantidades e medidas.– Experimentación de diferentes accións sobre os obxectos e materiais.– Construción de nocións xeométricas e topográficas.– Construción de nocións temporais.

Bloque 2: Achegamento á natureza.– Identificación de características de animais, plantas e elementos

naturais.– Identificación dos hábitats dos animais e das plantas.– Experimentación de accións sobre o medio natural.– Curiosidade, coidado e respecto polos animais e plantas e polos seus

hábitats.– Coñecementos diversos sobre os fenómenos naturais.– Recoñecemento sobre posibles perigos dalgúns fenómenos naturais.– Coñecementos diversos sobre os elementos xeográficos.– Interese e respecto polo coidado e conservación do seu contorno.

Bloque 3: Cultura e vida en sociedade.– Recoñecemento de diversos aspectos sobre a familia.– Coñecemento de diversos aspectos sobre a escola infantil.– Coñecementos diversos sobre algunhas profesións e servizos:

ferramentas, vestiario, e espazos onde desenvolven a súa actividade, sempre cunha perspectiva coeducativa e evitando estereotipos sexistas.

– Coñecemento e participación en costumes, tradicións da cultura galega e celebracións persoais.

– Sentimento de pertenza aos grupos máis próximos e actitude de respecto e valoración cara ás outras persoas.

– Interese e curiosidade polos acontecementos que suceden ao seu arredor.

– Identificación e adopción de comportamentos socialmente axeitados.

ÁREA: LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN.OBXECTIVOS

– Utilizar as diversas linguaxes entendéndoas como instrumentos de comunicación entre as persoas, de expresión das ideas e sentimentos e de representación da realidade.

– Comprender a intencionalidade comunicativa das persoas, adoptando

34

Page 35: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

unha actitude positiva para esa comunicación.– Empregar a xestualidade e as manifestacións corporais identificándoas

como unha forma de comunicación humana.– Comunicarse oralmente nas dúas linguas oficiais valorándoas como

ferramentas de relación cos demais.– Empregar a linguaxe plástica identificándoa como un medio de

expresión de sentimentos e desexos e de representación da realidade.– Sentir o feito musical identificándoo como un medio de expresión e

manifestación cultural.– Empregar creativamente as diferentes linguaxes axustando as técnicas

expresivas aos seus intereses e sentimentos.– Descubrir a escrita identificándoa como representación de ideas,

pensamentos e conceptos elaborados pola comunidade.– Amosar interese polas producións dramáticas valoradas como unha

posibilidade de gozo persoal.

CONTIDOSBloque 1: Comunicación xestual e oral.

– Recoñecemento e utilización das posibilidades do corpo para comunicar.

– Vivencia de xestos e movementos como recursos corporais para a expresión e a comunicación e mais para o intercambio afectivo.

– Interese e creatividade na utilización do corpo como medio de expresión.

– Utilización do movemento e da danza como medios de expresión.– Iniciarse na participación de forma oral en conversas, narracións,

anécdotas, xogos colectivos e outros.– Iniciarse no emprego de vocabulario preciso, usándoo con entoación

axeitada, pronuncia clara e usando estruturas oracionais que enriquezan as súas competencias comunicativas.

– Iniciarse no emprego axeitado das formas socialmente establecidas para relacionarse coas demais persoas.

– Valoración da lingua oral como instrumento esencial para a comunicación.

Bloque 2: Expresión plástica e musical.– Utilización de técnicas e elementos básicos para a expresión plástica.– Interese e gozo pola experimentación e creación de obras plásticas.– Observación, interpretación e valoración de diferentes tipos de obras

plásticas presentes no contorno.– Valoración e respecto polas producións propias e polas dos demais.– Exploración das posibilidades sonoras do propio corpo, de obxectos

35

Page 36: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

cotiáns e de instrumentos musicais.– Recoñecemento de sons do contorno natural e social.– Interese e gozo coa audición e recoñecemento das diferentes obras

musicais.– Participación activa e gozo na interpretación de cancións e xogos

musicais.– Utilización de instrumentos musicais para acompañar as producións

musicais.

Bloque 3. Representación escrita e dramática. – Observación e interese polo significado de signos e símbolos

presentes na vida cotiá.– Descuberta e interese da funcionalidade de textos diversos.– Diferenciación entre as formas escritas e outras formas de expresión

gráfica.– Interese e gozo ao mirar libros e escoitar a súa lectura.– Recoñecemento dos elementos básicos dos relatos escoitados ou

vistos.– Interese por comunicar interpretacións, sensacións, emocións e

opinións provocadas polas producións literarias.– Comprensión das situacións representadas nos relatos escoitados ou

vistos.– Identificación de diferentes xeitos de representación dramática.– Interese e gozo ao mirar e participar en representacións dramáticas.

ACTIVIDADES

A partir do momento no que os nenos/as xa están adaptados ó entorno escolar, e sen obviar a importancia das rutinas ligadas ás necesidades biolóxicas, é o momento de planificar tempos concretos para actividades que perseguen a consecución dos obxectivos educativos propostos para cada grupo de nenos/as. Estes tempos estarán en función dos intereses dos nenos/as en cada momento, sendo mestras e educadoras quen valoren si é adecuado ou non desenrolar unha actividade colectiva ou individual dirixida. Debemos ter en conta que calquera situación é potencialmente educativa.

Na escola infantil todos os momentos son importantes, pero merecen especial atención a chegada dos nenos/as a despedida e aqueles nos que se de un contacto moito máis persoal (hixiene, comida e descanso). Estes momentos teñen unha gran importancia para os nenos/as, pois a través de eles síntese atendidos persoalmente, debendo tratarse como momentos privilexiados de contacto con eles que

36

Page 37: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

favorecerán que os nenos/asintan seguros e queridos na escola .

É importante que os nenos/as coñezan e comprendan o horario do grupo. É interesante ofrecer rituais como cancións, xestos ou sons concretos, pois axudaranlles a situarse no tempo e adaptar o seu comportamento ó momento.

Durante todo o curso acompañaranos a nosa mascota: A FADA COLORÍN. Con ela xogaremos, cantaremos, bailaremos, iremos de excursión ... e a partires de outubro irá de visita a tódalas casas dos nenos /as compartindo con eles moitísimas experiencias enriquecedoras.

As actividades que levaremos a cabo o longo deste curso están organizadas por trimestres, e parten de diferentes centros de interese. os nenos/as os que van dirixidas as seguintes actividades están repartidos en tres grupos: 2 a 3 A, 2 a 3 B e 2 a 3 C, cada unha delas con 20 nenos e nenas, facendo un total de 60 cativos e cativas cos que compartir todo tipo de experiencias.

As educadoras adaptarán as actividades programadas ás características do seu grupo de nenos/as, respectando en todo momento as diferencias madurativas que poidan existir tanto a nivel motriz coma lingüístico, cognitivo, psicolóxico...etc.

Traballaremos co método didáctico COLORÍN 2 anos. RUMBO NUBARÍS da editorial EDELVIVES TAMBRE.

ESQUEMA DE ACTIVIDADES

SETEMBRO: Adaptación. (ver programación específica).

ACTIVIDADES COMÚNS A TODOS OS TRIMESTRES:

– Psicomotricidade (unha vez por semana).– Xogo Heurístico ( unha vez por semana).– Cine (unha vez por semana).– Asamblea: saúdos, comentamos novidades, experiencias, introducimos

o tema do día...Renata, a nosa mascota, danos os bos días un biquiños e unha aperta. Cubrimos o calendario climático.

– Cambio de cueiros.– Bebemos auga e tomamos galleta.– Saímos ó recreo.

37

Page 38: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

– Lavamos as mans antes de xantar.– Xantamos.– Cepillamos os dentes.– Durmimos a sesta.– Merendamos.– Aprendemos a despedirnos das educadoras e dos compañeir@s.– Xogo libre na clase e no patio.– Xogo dirixido.– Celebramos os cumpleanos.– Realizamos as fichas do método didáctico COLORÍN.– Realizamos, de forma grupal, o LIBRO DAS CORES. A finais de curso

cada neno e cada nena levará o libro á súa casa para compartir esas actividades coa familia.

– Entre os pais, nais e persoal da escola realizaremos, en cada clase, o LIBRO DE COLORÍN. A finais de curso levarán, cada neno e cada nena, o libro á casa para velo rematado.

ACTIVIDADES ESPECÍFICAS DE CADA TRIMESTRE

PRIMEIRO TRIMESTRE

UNIDADE 1: Adiviña, adiviña...¿no cole quen camiña?UNIDADE 2: Almorzo, merendo...¡estou crecendo!

O longo dos meses de outubro, novembro e decembro desenrolaremos as unidades didácticas anteriormente mencionadas e levaremos a cabo as seguintes actividades:

– Comezaremos a levar para casa a nosa MASCOTA COLORIN, cubrindo a folla do libro que nos toque do LIBRO DE COLORÍN tanto nas casas coma na escola.– Cada día, ó inicio da clase, celebraremos a nosa ASAMBLEA na que falaremos das actividades que imos levar a cabo ese día, compartimos as nosas emocións, falamos de si estamos contentos ou tristes, contamos si fixemos algunha cousa interesante o día anterior na casa...– Plantaremos no noso HORTO Xacintos e Landras aportados polas familias.– Coñeceremos as instalacións da escola.– Coñeceremos os nomes dos nosos compañeiros e compañeiras e das mestras e educadoras.– Recoñeceremos e identificaremos neno e nena e as características diferenciais dos seus corpos.

38

Page 39: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

– Experimentaremos diferentes técnicas plásticas: con pintura de dedos estamparemos, rachearemos, faremos garabatos...– Escoitaremos contos o mais atentamente que sexamos capaces.– Miraremos contos no rincón dos contos.– Escoitaremos pezas de música clásica.– Aprenderemos cancións infantís.– Realizaremos un calendario climatolóxico.– Identificaremos a cor vermella.– Identificaremos as nocións espaciais arriba/abaixo.– Diferenciaremos obxectos polo seu tamaño: grande/pequeno.– Pegaremos gomets.– Faremos garabatos con ceras.– Iniciarémonos no hábito de lavar e secar as mans.– Identificaremos a forma circular.– Diferenciaremos os cuantificadores:moitos/poucos.– Identificaremos a cor amarela.– Engurraremos papeis.– Ampliaremos o noso vocabulario referente á alimentación: utensilios para comer, tipos de alimentos habituais na nosa dieta, tempos de comida (almorzo, comida, merenda e cea).– Faremos garabateo guiado.– Observaremos LÁMINAS DE ARTE.– Leremos imaxes.– Realizaremos manualidades variadas relacionadas coa temática de cada unidade.– Decoraremos as aulas en función dos centros de interese.– Participaremos na FESTA DO MAGOSTO. O día anterior cada aula da escola realizará unha receita típica do outono e o día da festa saborearémolas todas para rematar cun animado baile.– Probaremos produtos típicos do outono.– Observaremos produtos típicos do outono aportados polas familias: cabazas, castañas,ourizos, follas ...– Faremos a nosa primeira EXCURSIÓN: iremos camiñando ó PAZO DA PEREGRINA a recoller follas secas. – O longo do mes de decembro a escola decorarase con motivos navideños e prepararemos a nosa importantísima actuación para o FESTIVAL DE NADAL.

SEGUNDO TRIMESTRE

No segundo trimestre, xa despois das festas de Nadal, desenrolaremos as seguintes unidades didácticas:

39

Page 40: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

UNIDADE 3: Xogando, xogando...¡imos explorando!UNIDADE 4: Pío, pío...¿Mamá?.

Neste trimestre celebraremos o Día da Paz (31 de xaneiro), o Antroido (febreiro) e o Mes da Música (marzo) .Tamén realizaremos as seguintes actividades:– Decoraremos as aulas en función dos centros de interese.– Celebraremos a ASAMBLEA ó inicio da sesión da clase. Falaremos das actividades que imos facer, observaremos a climatoloxía, charlamos sobre nós, si estamos contentos ou tristes, cansados ou con ganas de traballar...– Iniciamos as sesións de INFORMÁTICA. Iremos unha vez á semana en grupos de 4 a “traballar” nos ordenadores.– Seguiremos traballando coas cores vermella e amarela.– Incidiremos mais sobre a forma circular.– Falaremos da importancia de coidar, compartir e recoller os xoguetes.– Relataremos contos coñecidos.– Observaremos contos no rincón dos contos.– Utilizaremos a técnica plástica do punteado.– Traballaremos a psicomotricidade a través do esborrancho controlado.– Realizaremos os disfraces de entroido para cada neno e nena.– Celebraremos a FESTA DO ANTROIDO,na que participarán as familias dos nenos e nenas e todo o persoal da escola.– Probaremos produtos típicos do entroido: filloas, orellas...– Celebraremos O MES DA MÚSICA o longo do mes de marzo. Escoitaremos diferentes audicións musicais, incidindo cada semana nun instrumento diferente, falando dos compositores...– Realizaremos unha manualidade cada mes relacionada co tema que estamos a traballar.– Seguiremos levando á nosa mascota COLORÍN ás nosas casas.– Realizaremos a nosa segunda EXCURSIÓN.– Coñeceremos as posibilidades motrices do noso corpo: sentado, de pé, tombado.– Identificamos os estados emocionais: rindo as gargalladas e chorando.– Desenrolamos hábitos de convivencia e coidado respecto de animais e plantas.– Observamos as plantas do noso contorno e diferenciamos algunhas flores.– Coñeceremos animais domésticos e as súas características externas.– Identificaremos a cor verde.– Diferenciaremos entre os cuantificadores un/moitos.

40

Page 41: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

– Identificaremos elementos situados espacialmente: preto, lonxe.– Identificamos o cadrado.– Describimos mediante a linguaxe oral obxectos e persoaxes.– Interpretaremos un conto polas imaxes.– Escoitaremos activamente contos.– Memorizaremos cancións acompañadas de xestos, poemas...– Interpretaremos nos pictogramas as accións de correr e nadar.– Utilizaremos a técnica plástica do amasado.– Discriminaremos e reproduciremos os sons de animais coñecidos.

TERCEIRO TRIMESTRE

As unidades didácticas que desenrolaremos neste derradeiro trimestre son as seguintes:

UNIDADE 5. Tictac, tictac...¿Onde estás?.UNIDADE 6: Veñen e van...¿Onde irán?

O tempo que lle adicaremos a cada unha delas será aproximadamente de mes e medio, e aproveitaremos para desenrolar outras actividades complementarias como son: plantaremos leitugas no noso HORTO, gozaremos coas XORNADAS DE PORTAS ABERTAS durante o mes de Abril, experimentaremos novas técnicas plásticas durante o mes de Maio coa celebración da SEMANA DA ARTE, e iniciarémonos na EDUCACIÓN VIAL no mes de Xuño.

Algunhas das actividades que levaremos a cabo son as seguintes:

– Identificaremos a cor azul.– Recoñeceremos formas cadradas.– Faremos agrupacións de obxectos según os tamaños: grande e pequeno.– Aprenderemos a rachar papel.– Observaremos obras de arte e falaremos sobre elas.– Elaboraremos correctamente frases sinxelas con nomes e calidades.– Utilizaremos o vocabulario da unidade.– Participaremos activamente na asamblea que realizamos ao inicio da clase.– Traballaremos a psicomotricidade realizando trazos de arriba abaixo.– Recoñeceremos as partes do corpo: brazos, pernas, pés, tripa e costas.– Identificaremos as nocións espaciais aberto/pechado.

41

Page 42: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

– Falaremos sobre as dependencias da casa: cociña, baño, dormitorio...– Identificaremos ruídos producidos por obxectos da casa (timbre, aspiradora, batedor...).– Identificaremos os membros das nosas familias: pais, irmáns, avós...– Desenrolaremos hábitos de autonomía persoal e expresaremos as necesidades de ir ó baño. Afianzaremos o control de esfínteres.– Expresaremos as emocións e iniciarémonos no control destas: sorprendido e enfadado.– Interpretaremos nos pictogramas as accións de durmir e peitear.– Realizaremos a nosa terceira EXCURSIÓN.– Controlaremos o noso corpo en diferentes formas de desprazamentos: andando, a gatiñas, arrastrándonos...– Desenrolaremos hábitos de convivencia de cruzar a rúa polo paso de peóns e ir da man dun adulto.– Diferenciaremos algúns medios de transporte.– Agruparemos obxectos mediante un atributo de cor.– Identificaremos a situación espacial: a un lado.– Identificaremos nun obxecto os atributos de cor e forma.– Recoñeceremos as profesións das persoas próximas relacionadas coa seguridade e a sanidade.– Utilizaremos a técnica plástica do pegado.– Interpretaremos nos pictogramas as accións de cociñar e curar.– Realizaremos trazos dun lado cara ao outro.– Interpreto cancións sinxelas con apoios xestuais.– Diferenciamos os sons longos e curtos.

42

Page 43: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

V.- CRITERIOS METODOLÓXICOS

Para a consecución das aprendizaxes en valores será de vital importancia a participación das familias a favor da continuidade e coherencia dos plantexamentos propostos pola escola.

Intentaremos educar na convivencia, fomentando a solidariedade, a cooperación, a liberdade, a responsabilidade, o respecto e o rexeitamento a todo tipo de discriminación e intolerancia.

A sociedade ten asignados papeis en función do sexo. Os nenos/as tenden a imitar accións do medio que lles rodea. Por isto, a escola , para evitar estereotipos, fará fincapé en: usar unha linguaxe non sexista, non discriminar xoguetes, todos xogan con todo e a todo; respondemos afectivamente igual ós nenos que ás nenas; insistimos en que todos teñen que colaborar nas tarefas domésticas e por suposto na clase; os currunchos deben ser utilizados indistintamente por nenos que por nenas...

Procuraremos acercar aos nenos/as ó medio natural aprendendo a valorar a importancia que este ten para a vida das persoas e desenrolando actitudes de respecto e coidado del.

A saúde é un estado de benestar xeral que hai que procurar. Por iso é necesario fomentar nos nenos/as hábitos de saúde, principalmente de consumo de alimentos sans, de descanso, de hixiene e de prevención de accidentes. En todo momento teremos moi en conta a colaboración coas familias establecendo canles para o intercambio de información, así como a súa consecuente participación na vida da escola

Deseñaremos o ambiente e organizaremos os espazos tendo en conta que dean resposta aos diferentes tipos de necesidades : necesidades de tipo físico, afectivo, de convivencia, de actividade , de movemento de expresión , etc.

Intentaremos organizar os espazos, tanto interiores como exteriores , de forma segura e flexible para permitir que os nenos e nenas fagan unha variedade de usos dos diferentes espazos ao longo da xornada .

Na escola existirán todo tipo de materiais para a estimulación das nenas e nenos , dispoñendo de maneira que se incentive a súa manipulación e facéndoas /os participes na responsabilidade do seu coidado e organización.

A organización do tempo farémola de forma moi flexible para poder adecuarse aos ritmos de actividade e descanso dos nenos e nenas .

Aínda que teremos moi presente a nosa cultura e potenciarémola en todo momento, imos ter presente que na nosa escola asisten nenos e nenas de outras culturas, polo que intentaremos convivir sen menoscabo

43

Page 44: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

delas.Os nenos/as destas idades teñen unha visión global do mundo que

se manifesta na súa forma de xogar e actuar.A nosa intervención educativa deberá evitar o parcelamento das actividades e deberemos aproveitar especialmente as situacións da vida cotiá para favorecer o traballo globalizado.

Dado que cada neno/a ten un bagaxe de aprendizaxe diferente, un ritmo propio de desenvolvemento ,…, deberemos ofrecerlles a cada un o que precisen para que por medio desta individualización consigan unha auténtica igualdade de oportunidades

Facilitarémoslle a manipulación , exploración, etc, requisitos necesarios para conseguir unha aprendizaxe significativa

Propiciaremos actividades de xogo, tendo en conta que é a actividade que dá unha mellore resposta ao desenvolvemento dos nenos e nenas destas idades.

Fomentaremos vínculos afectivos, tan importantes nestas idades, entre nos e os nenos/as ,que lles servirán para sentir equilibrio e seguridade emocional na escola.

A avaliación terá un carácter permanente e sistemático , de maneira que nos proporcione información veraz e continua sobre os procesos de toda índole que teñen lugar no noso centro e que nos posibilite axustar ou mellorar os programas establecidos.

No noso proceso de avaliación deberemos recoller non só información de como vai evolucionado o desenvolvemento dos nenos e nenas nos ámbitos de aprendizaxe, senón tamén a propia planificación educativa, a organización de tempos e traballo dos equipos educativos e de servizos , e a interrelación coas familias e coa comunidade.

44

Page 45: CURSO 2010-2011 - Portal do Concello de Ames … control cefálico, posición de sentado, coordina ollo-man,inicia a marcha, iniciase na linguaxe oral,adaptación dos sentidos ó contorno,

45