cuestionario de la orden afd (grupo 2)

17
1. Que RD regula o sistema de formación profesional para o emprego? O Real Decreto 395/2007, do 23 de Marzo, pola que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego 2. Que Orde establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao financiamento do sistema de FP para o emprego? A Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo 3. Que establece a orde do 31 de decembro de 2012? A Orde do 31 de decembro de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública para a programación de acción formativas dirixida prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia 4. Poden participar persoas ocupadas nestas accións formativas? Tamén poderán participar nas ditas probas aquelas persoas traballadoras ocupadas que solicitasen a súa participación na acción formativa ante a entidade. Poderán participar, así mesmo, ata un 25% de persoas traballadoras ocupadas en cada unha das accións. 5. Que tanto por cento da subvención se reserva para a avalición da calidade destas acción formativas? Deberán destinar a esta finalidade ata un 5% do custo subvencionado para a impartición da acción formativa, excluídas as axudas aos alumnos/as 6. Se un alumno desempregado accede a esta formación disfrutando unha axuda, a mantén ou ten que renunciar a ela e acollerse ás que se ofertan nesta opción formativa? Mantena CUESTIONARIO

Upload: docenciaformacionemprego

Post on 08-Jul-2015

82 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)

1. Que RD regula o sistema de formación profesional para o emprego?

O Real Decreto 395/2007, do 23 de Marzo, pola que se regula o

subsistema de formación profesional para o emprego

2. Que Orde establece as bases reguladoras para a concesión de

subvencións públicas destinadas ao financiamento do sistema de FP

para o emprego?

A Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo

3. Que establece a orde do 31 de decembro de 2012?

A Orde do 31 de decembro de 2012 pola que se establecen as bases

reguladoras e se procede á convocatoria pública para a programación

de acción formativas dirixida prioritariamente ás persoas

traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia

4. Poden participar persoas ocupadas nestas accións formativas?

Tamén poderán participar nas ditas probas aquelas persoas

traballadoras ocupadas que solicitasen a súa participación na acción

formativa ante a entidade. Poderán participar, así mesmo, ata un

25% de persoas traballadoras ocupadas en cada unha das accións.

5. Que tanto por cento da subvención se reserva para a avalición da

calidade destas acción formativas?

Deberán destinar a esta finalidade ata un 5% do custo

subvencionado para a impartición da acción formativa, excluídas as

axudas aos alumnos/as

6. Se un alumno desempregado accede a esta formación disfrutando

unha axuda, a mantén ou ten que renunciar a ela e acollerse ás que

se ofertan nesta opción formativa?

Mantena

CUESTIONARIO

Page 2: Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)

7. Módulos transversais Obrigatorios:

Módulo: Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de

xénero (10 horas)

Módulo sobre a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e

sobre corresponsabilidade familiar e doméstica (3 horas nos cursos

de duración menor ou igual a 50 horas e de 8 horas nos cursos de

duración superior a 50 horas).

Será obrigatorio o curso básico de prevención de riscos laborais nas

especialidades formativas das familias profesionais ART, ELE, ENA, EOC,

FME,IEX, IMA e MAM.

8. Cal cres que é o obxectivo final desta formación?

A inserción e reinserción laboral das persoas traballadoras

desempregadas naqueles empregos que require o sistema produtivo,

e a mellora sustancial da súa cualificación

9. Poden ser non presenciais os cursos desta modalidade formativa?

Non, os cursos serán de carácter presencial, levando os técnicos

control de asistencia

10. Teñen data de finalización?

A data límite para a finalización e xustificación dos cursos será o 30

de novembro de 2013. Excepcionalmente por causas xustificadas, e

sempre logo de autorización de órgano competente, os proxectos

formativos poderán rematar con posterioridade a esa data, como

máximo o 15 de decembro de 2013

11. Que é un proxecto formativo con compromiso de contratación?

As accións formativas pódense solicitar por tres vías, entre elas a de

compromiso de contratación inmediata. Esta vía consiste na

contratación inmediata dos alumnos/as por parte da empresa ou

entidade beneficiaria unha vez rematada a acción formativa. No

compromiso de contratación deberá figurar a categoría profesional e

a localidade onde se vai contratar os/as alumnos/as

Page 3: Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)

12. Poden comezar as acción formativas antes de que se resolva a súa

concesión?

Poderán financiarse con cargo ás axudas e subvencións reguladas

nesta orde os proxectos formativos con compromiso de contratación

inmediata, aínda que as acción formativas se inicien, por razóns

excepcionais debidamente acreditadas e xustificadas pola entidade

solicitante, antes de que se dite a correspondente resolución de

concesión, sempre que se cumpran uns requisitos:

- Que a solicitude fose presentada con anterioridade ao inicio

das accións

- Que as accións formativas se inicien e rematen dentro do ano

2013-08-27 que se cumpran todos os requisitos formais e de

procedemento, aínda que sexa a posteriori, previstos na orde

- Que a entidade solicite autorización de inicio á Dirección Xeral

de Emprego e Formación, expoñendo as razóns excepcionais

polas que pretenden comezar anticipadamente. Nos caso de

autorización, a empresa deberá comunicar o inicio de proxecto

formativo á Xefatura territorial correspondente con cinco días

de antelación ao seu comezo

13. Cando se ten que facer convocatoria pública mediante anuncio?

Cando no proceso de selección do alumnado non se cubran as prazas,

ou os enviados pola oficina de emprego non fosen suficientes. Tamén

hai que ter en conta que existe un límite do 25% de participación

para persoas ocupadas. A correspondente convocatoria pública

realizarase mediante un anuncio nun dos xornais de maior tiraxe da

provincia

14. Que modelo temos que utilizar?

Os anuncios cubriranse en modelo normalizado, en que

necesariamente deberá facerse constar o financiamento da acción por

parte da Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de

Traballo e Benestar e do Fondo Social Europeo, e deberán figurar

neles os logotipos de ambos organismos. Especificaranse claramente,

como mínimo, a institución ou centro ofertante, as vacantes

existentes, o curso de que se trata, o perfil requirido do alumno, o

Page 4: Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)

enderezo e teléfono do lugar de realización das probas de selección,

así como da data

15. Podemos publicalo un martes na Voz de Galicia? O seu custo ten que

cubrirse coa parte adicada a publicidade da subvención prevista para

o curso?

Si, pero ca autorización da Dirección Xeral de Emprego e Formación

ou da correspondente Xefatura territorial. Si

16. Quen ten que recibir o resultado da selección dos alumnos?

A oficina de emprego

17. No periodo de programación 2007-2013, ¿Que tanto por cento

corresponde ao FONDO SOCIAL EUROPEO e canto á

ADMINISTRACIÓN DO ESTADO?

18. Fai un resumo dos dereitos do alumnado

19. Fai un resumo dos deberes do alumnado

FONDO SOCIAL EUROPEO

80%ADMINISTRACIÓN DO

ESTADO

20%

Page 5: Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)

DERECHOS DEBERES

A formación será gratuíta

O alumnado que teña xa cursado

algún módulo formativo dos que

integran a especialidade que está

cursando non poderá volver a realizalo

Percibir axudas

Recibir un diploma

Esixir calidade

Comentar ou reclamar calquera

anomalía

Utilizar o material e os medios

tecnolóxicos

O alumnado que resulte

seleccionado para un curso non poderán

asistir en ningún caso a outro

simultaneamente

O alumando non poderá causar

baixa nun curso para acceder a outro

(salvo autorización do director/a xeral

de Emprego e Formación ou do xefe/a

territorial)

Obriga de asistir e de seguir con

aproveitamento os cursos

Facilitar a documentación que lles

sexa solicitada

Nos cursos de especialidades

formativas correspondentes a novos

certificados de profesionalidade de nivel

2 e 3, terán a obriga de presentar copia

da documentación acreditativa

Deberán presentar documentación

acreditativa para exención do módulo de

prácticas profesionais non laborais

Será causa de exclusión incorrer en

máis de dúas faltas de asistencia non

xustificadas nun mes

A xustificación das faltas deberá ser

mediante documentos ou outro medio

fidedigno (prazo de 5 días para

presentalo)

As faltas de asistencia por actividade

laboral, cun máximo de 5 o mes

xustificaranse co contrato de traballo

Será causa de exclusión incorrer en

5 incumprimentos horarios nun mes,

sen xustificar

Page 6: Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)

O alumnado pode ser excluído das

accións formativas por petición das

entidades de formación

O alumnado deberá acudir a súa

oficina de emprego, unha vez rematado

o curso, para cancelar a suspensión da

demanda

O alumando debe comunicar

calquera cambio que afecta as

circunstancias das axudas

20. Non é obrigatorio que as persoas participantes estean inscritas na

Oficina de emprego

Si é obrigatorio. As acción formativas irán dirixidas prioritariamente

ás persoas traballadoras desempregadas. Para tal efecto, a

consideración de persoa desempregada virá determinada pola súa

inscrición como demandante no Servizo Público de Emprego de

Galicia con data anterior á súa incorporación ao curso

21. Que tanto por cento de asistencia é obrigatoria para ter dereito a

diploma?

• como mínimo debe asistirse o 75%Cursos non modulados

• sempre que o alumando remate conaproveitamento un ou varios módulosformativos dun curso, e sempre que asistancomo mínimo o 75% das súas horas lectivas

Cursos modulados

Page 7: Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)

22. Módulo de prácticas profesionais en empresas é obrigatorio para

todos os certificados de profesionalidade?

Si é obrigatorio

23. É posible impartir os módulos transversais antes das acción

formativas?

Si. Normalmente impártense o final do curso, pero excepcionalmente

atopamos que:

o No suposto do módulo de Prevención de Riscos Laborais

poderá impartirse noutro momento e non fará falta

autorización

o Nos módulos trasversais por causas xustificadas, a Dirección

Xeral de Emprego e Formación ou o Xefe Territorial poderá

autorizar a súa impartición noutro momento da acción

formativa

24. Podemos solicitar vacacións nun curso de 290 horas?

Non. Os cursos deben ter unha duración igual ou superior a 350

horas

25. Cal é a duración máxima das vacacións?

15 días naturais consecutivos

26. As vacacións se poden solicitar una vez que se teña completado o 25

% do curso

No

27. Quen ten que autorizar as vacacións?

Director Territorial da Dirección Xeral de Emprego e Formación

28. Durante as vacacións os alumnos teñen dereito a cobrar o 20 % das

axudas estimadas para cada caso.

Non. Durante este período, o alumnado queda en suspenso o

pagamento das axudas ás que teñen dereito

Page 8: Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)

29. Se so se reúnen 9 alumnos o primeiro día de curso, ¿se pode

continuar a acción formativa? ¿En que casos?

No. Non se pode iniciar a acción formativa se non se reúne un

mínimo de 10 alumnos presentes o primeiro día

30. Que hai que facer se non se acada o número mínimo de alumnos

para o comezo do curso?

No suposto de que o curso se inicie con 10 ou máis alumnos/as e

menos de 15, deberá completarse tal número dentro do primeiro

cuarto do mesmo

31. Se reduce a subvención se non se completa o número de 15

alumnos?

Si. Deduciranse do cómputo da subvención os/as alumnos/as que

faltan para completalo

32. Hai algún proxecto formativo ao abeiro desta convocatoria que poida

ter 17 alumnos? Detalla os casos posibles

Si, na vía de programación dos compromisos de contratación

inmediata, onde pode variar nun mínimo de 10 e un máximo de 20

33. Un curso reduce o seu número de participantes a 6 por contratación

dos mesmos. Pode a Consellería de Traballo e Benestar cancelar o

curso?

Non. Porque as baixas producíronse por colocación

34. En que datas podemos substituír as baixas de alumnos por outros

das mesmas características?

Nas accións formativas non vinculadas a certificados de

profesionalidade dentro do primeiro cuarto do curso. Nas acción

formativas a certificados de profesionalidade durante os primeiros 5

días lectivos

Page 9: Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)

35. Despois de 10 días do comezo dunha acción formativa vinculada a

certificado de profesionalidade de 420 horas hai dúas baixas. ¿Qué

características deben cumprir os alumnos que se incorporen ao

curso, no caso de que exista esta posibilidade?

Alumnos/as que teñan pendentes un ou varios módulos formativos

para finalizar a súa formación

36. É posible seguir nun curso se un alumno formaliza un contrato de

traballo? En caso afirmativo, cales son os requisitos que se esixen.

Sí, pode seguir realizando o curso, en caso de que coincida o horario

do curso e do traballo sexan compatibles, senón soamente pode

faltar 5 días/mes

37. No caso de atopar un traballo se poderá minimizar o límite de 75%

de asistencia obrigatoria ao curso?

Non, porque tes que ter o 75% do curso realizado. Non se pode

cambiar

38. Pódense incorporar alumnos unha vez iniciado o curso? En qué

casos? É si a acción formativa é dun Certificado de profesionalidade,

cambian os requisitos?

Sí, se pode incorporar un novo alumno senón se completou o 25% do

inicio do curso. Con certificado de profesionalidade si cambiaría o

requisito, soamente podería incorporarse os 5 primeiros días, senón

podería asistir o curso, pero non tería o certificado de

profesionalidade dos módulos que faltou

39. A quén temos que comunicar a incorporación dun novo alumno e en

que prazo?

Deberase comunicar a oficina de emprego, nun máximo de 3 días

hábiles desde que se produce a incorporación

40. Se un alumno faltou o 25% das horas e todas as súas faltas están

debidamente xustificadas, ten dereito ao diploma ou non?

Si, si sobrepasase o 25% non recibirías o diploma

Page 10: Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)

41. Un alumno ten tres faltas nun mesmo mes, dúas delas sen xustificar,

pode continuar na acción formativa?

Sí, soamente se excluiría si cumpre una terceira falta sen xustificar

no mesmo mes

42. En caso de poder xustificar ditas faltas que documentos necesita?

Podería facelo no momento en que remata o mes?

A xustificación de faltas deberá facerse mediante un documento ou

calquera outro medio que acredite de modo fidedigno o motivo de

non asistencia. Non, cóntase con 5 días

43. Un alumno que se incorpora á acción formativa con dous días de

retraso, é chamado para cubrir unha baixa. No seu cómputo final de

horas non se lle contan estes dous días porque non foi o responsable

deste retraso na incorporación. ¿verdadeiro ou falso?

Falso, cóntaselle como falta

44. Unha alumna chega tarde durante cinco días ao mes se xustificación.

Isto implica a súa expulsión ou so se contan as horas que faltou para

xuntalas nun cómputo ao final do mes?

Incorrer en cinco incumprimentos horarios nun mes, sen

xustificación, sería causa de exclusión

45. Se pode expulsar a un alumno por que o seu comportamento dificulta

a aprendizaxe do resto do grupo? Esta expulsión é automática?

Sí, mediante resolución do Director xeral de Emprego e Formación ou

do xefe Territorial, según proceda, os alumnos/as, poderán ser

excluídos das accións formativas, por petición das entidades de

formación, cando no sigan con suficiente aproveitamento a acción

formativa ou dificulten o normal desenrolo. Contra esta resolución,

poderá interpor recurso de alzada

46. Se un alumno é expulsado, pode seguir acudindo como oínte á acción

formativa pero non terá dereito a diploma nin ao cobro das axudas.

¿É verdade?

Non, porque nestes cursos non podes asistir de ollente, porque tes

que pasar os requisitos pertinentes

Page 11: Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)

47. Da seguinte lista coloca por orde de preferencia para o acceso á

acción formativa:

(Articulo 35. 1. Páxina 1703)

48. Que é un IPI?

Itinerario Personalizado de Inserción

49. Para os cursos nos que non se sobrepase o número de 15 solicitudes

de admisión non será necesario realizar proceso de selección.

¿Verdadeiro ou falso?

Sempre hai que facer proba de selección

50. Para realizar a proba de selección os centros deben solicitar ¿que?

¿cando? ¿a quen?

Muller de 45 anos vítima de violencia de xénero e empregada conhorario totalmente compatible coa acción formativa. (3)

Home desempregado en risco de exclusión social en paro e non inscritono servizo de colocación.(4)

Home de 17 anos de idade en busca do seu primeiro emprego.(2)

Muller de 25 anos cunha diversidade funcional. (1)

¿QUÉ?

• Lista de persoasdesempregadaspara a realizacióndas probas

¿CÁNDO?

• 15 días hábilesantes da probade selección

¿A QUÉN?

• A oficina deemprego

Page 12: Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)

51. A proba será confeccionada polo centro colaborador e visada pola

oficina de emprego? ¿Verdadeiro ou falso?

Verdadeiro, debe de ser revisada pola oficina de Emprego

52. A Oficina de emprego seleccionará ¿Cantas persoas por praza

vacante? E as convocará á proba de selección mediante carta

ordinaria ¿Verdadeiro ou falso?

2 persoas por praza vacante

Falso, por carta certificada ou telegrama

53. Unha das persoas preseleccionadas non cumpre todos os requisitos

académicos para recibir a formación, é parado en risco de exclusión

social e IPI, polo tanto: non ten que realizar a selección e é admitido

directamente ¿verdadeiro ou falso?

Falso, debe de cumprir os requisitos

54. Os IPIs preseleccionados para os cursos con compromiso de

contratación e que cumpran os requisitos académicos previstos

estarán obrigados a unha proba de selección. ¿Verdadeiro ou falso?

Verdadeiro

55. Os traballadores en activo que queiran participar na acción

formativa, ¿ante quen terán que presentar a solicitude?

Débese de enviar a solicitude a entidade que imparte a formación

56. A oficina de emprego ten que validar a selección que fagan na

entidade colaboradora. É importante que esta validación chegue

antes do comezo do curso, pero non é indispensable. ¿Verdadeiro ou

falso?

Verdadeiro. Falso porque é indispensable

57. No caso de que haxa algún alumno con diversidade funcional se

poderá solicitar a subvención da adaptación curricular que sexa

necesaria. ¿Verdadeiro ou falso?

Verdadeiro, pódese adaptar curricularmente o material didáctico

necesario, pola contía do gasto realmente efectuado

Page 13: Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)

58. Os traballadores ocupados que participen nestas accións formativas

só poderán solicitar a axuda de transporte. ¿verdadeiro ou falso?

Non pode recibir a axuda de transporte a xente que está traballando

59. Que axudas son incompatibles?

60. No suposto dunha persoa ocupada que realizando o curso queda en

desemprego, non pode solicitar as axudas porque estas teñen que

solicitarse nos 10 primeiros días de curso. ¿Verdadeiro ou falso?

Falso, percibirá a axuda nos primeiros días do mes seguinte a

incorporación

61. Cal é o modelo para a solicitude das axudas?

Modelo 8

62. Como se calculan as rendas persoais para a solicitude das bolsas ou

axudas?

As rendas calcularanse tendo en conta o seguinte:

o Para as persoas traballadoras por conta allea:

– Tomaranse os ingresos brutos do mes anterior ao inicio do

curso ou do mes anterior a aquel en que se produza o feito

causante que dea dereito á axuda, segundo o caso

– As pagas extraordinarias rateranse mensualmente

– As horas extraordinarias correspondentes a ese mes

computaranse na súa totalidade

– As axudas de custo non se terán en conta (agás naqueles

casos en que o seu volume e periodicidade mostren que se

Transporte públicotransporte en vehículo

propio

transporte vehículo propio

aloxamento

Page 14: Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)

trate dunha forma habitual de pagamento dunha parte do

salario)

o Para as persoas autónomas:

– Tomaranse os ingresos netos do trimestre anterior ao inicio

do curso ou do trimestre anterior a aquel en que se produza o

feito causante que dea dereito á axuda, segundo o caso

– Ratearase o importe mensualmente, para obter as rendas

mensuais

Para estes efectos, computarase como renda o importe dos salarios

sociais, as rendas mínimas de inserción ou as axudas análogas de asistencia

social concedidas pola comunidade autónoma, así como o importe das

prestacións do Servizo Público de Emprego Estatal. Tamén terán a

consideración de renda os ingresos correspondentes a rendementos

patrimoniais, pensións e calquera outro tipo de ingresos percibidos.

A variación de rendas non se considerará circunstancia sobrevida

para os efectos de xerar dereito á percepción das axudas.

63. Exemplos de Unidade Familiar

Aquel en que se produza o feito causante que dea dereito á axuda,

segundo o caso. Entenderase por unidade familiar: en caso de

matrimonio, o pai, a nai e os fillos menores de 18 anos, con

excepción dos que con consentimento dos seus pais vivan

independentes deles, ou os maiores incapacitados xudicialmente

suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada. En defecto de

matrimonio ou en supostos de separación legal, o pai ou nai e a

totalidade dos fillos que convivan con un ou outro e reúnan os

requisitos sinalados no parágrafo anterior. Deberá achegarse

certificado de convivencia ou, no seu defecto, de empadroamento e

copia do libro de familia. Para os estranxeiros que non teñan libro de

familia, calquera documentación que acredite de forma suficiente o

parentesco.

Maiores de 16 anos forman en su unha unidade familiar si viven

emancipados.

Solteiros incapacitados xuridicamente tamen formaran unidade

familiar cos seus pais.

Page 15: Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)

64. Quen ten dereito á bolsa de asistencia?

Os IPI’s e os discapacitados que acrediten un 33% ou superior de

discapacidade

65. Cal é o importe da Bolsa de Asistencia?

13,31€ por día de asistencia

66. Quen pode solicitar a axuda de transporte e en que consiste?

Axuda de transporte: 7 euros por alumno/día de asistencia para

aqueles alumnos/as que utilicen a rede de transportes públicos para

asistir á formación.

67. Quen pode solicitar a axuda de transporte en coche propio e en que

consiste?

No caso de que a distancia entre o domicilio do alumno/a,

considerado este o que figure como domicilio de intermediación na

súa demanda de emprego, e o lugar de impartición dos cursos sexa

como mínimo de 50 quilómetros, e sempre que a especialidade

formativa se imparta nun centro propio da Consellería de Traballo e

Benestar, os/as alumnos/as, cando non exista medio de transporte

público entre o seu domicilio e o do centro ou este transporte non

teña un horario regular que permita compatibilizalo co da acción

formativa, poderán ter dereito á axuda en concepto de transporte en

vehículo propio, logo de autorización do/a directora/a xeral de

Emprego e Formación ou do/a correspondente xefe/a territorial.

En casos excepcionais, debido a problemas das comunicacións,

circunstancia que deberáser previamente valorada e autorizada polo órgano

competente en cada caso, poderá concederse esta axuda aínda que a

distancia sexa inferior. A axuda de transporte en vehículo propio terá unha

contía máxima por día de asistencia de 0,10 euros por quilómetro.

Page 16: Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)

68. Quen pode solicitar a bolsa de aloxamento e manutención e en que

consiste?

Axuda de aloxamento e manutención cando a distancia entre o seu

domicilio, considerado este o que figure como domicilio de

intermediación na súa demanda de emprego, e o lugar de impartición

sexa, como mínimo, de 50 quilómetros. En casos excepcionais,

debido a problemas das comunicacións, circunstancia que deberá ser

previamente valorada e autorizada polo órgano competente en cada

caso, poderá concederse esta axuda aínda que a distancia sexa

inferior.Ademais da duración do curso e da distancia, para percibir a

axuda de aloxamento e manutención deberán cumprirse os seguintes

requisitos:

– Que a asistencia ao curso implique que o/a alumno/a deba aloxarse no

lugar de impartición.

69. Axuda á conciliación, quen a pode solicitar e en qué consiste? Con

que axudas é incompatible?

Axudas á conciliación: as axudas previstas neste parágrafo teñen por

obxecto permitir ás persoas desempregadas conciliar a súa asistencia

á formación co coidado de fillos/as menores de 6 anos ou de

familiares dependentes ata o segundo grao, sempre que ao inicio da

acción formativa ou no momento en que teña lugar o feito causante

que dea dereito á axuda cumpran os requisitos seguintes:

– Non ter rexeitado ofertas de traballo axeitadas nin terse

negado a participar en actividades de promoción, formación ou

reconversión profesional nos tres meses anteriores ao

– Acreditar documentalmente que se carece de rendas de

calquera clase superiores ao 75 % do indicador público de

renda de efectos múltiples (IPREM). Entenderase cumprido

este requisito sempre que a suma das rendas de todos os

integrantes da unidade familiar, incluído o solicitante, dividida

polo número de membros que a compoñen, non supere o 75

% do IPREM.

Page 17: Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)

70. Axuda para mulleres vítimas de violencia de xénero en qué consiste?

Con que axudas é incompatible?

Axudas para mulleres vítimas de violencia de xénero.

Durante o tempo de participación nunha acción formativa, as mulleres vítimas de violencia de xénero terán dereito a percibir unha bolsa de 10

euros por día de asistencia.

Esta axuda deberá ser solicitada directamente pola alumna na oficina de emprego que lle corresponda. No

caso das mulleres vítimas de violencia de xénero que solicitasen confidencialidade dos seus datos, a axuda deberá solicitarse a través do

seu titor.

A axuda para as mulleres victimas de violencia de xénero será compatible

co resto das axudas ao alumnado previstas nesta orde.

Para aquelas axudas en que se establezan limites de rendas da

unidade familiar para a súa percepción, quedan excluidas do

cómputo das rendas os ingresos do agresor.