crónicas rces

8
ENCONTRO DA REDE DE CENTROS SOLIDARIOS ESCOLARES PLAN PROXECTA Venres 7 de novembro de 2014. Santiago de Compostela Onte, estivemos nunha xuntanza de xóvenes en Santiago. Despois de ter que madrugar e dunha longa, aínda que divertida viaxe, chegamos ao Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia. Alí recibimos unha pequena presentación do intenso día que iamos pasar. A continuación, houbo unha pequena pausa para o café na que, a parte de comer algo, algúns de nós comezamos a colocar a nosa mesa expositiva que, por certo, era a mais grande!. Despois volvemos ao salón de actos e outros colexios expuxeron as súas Micromovies. Ao remate Antía (4º E.S.O.) e alumnos doutros colexios formaron unha mesa na que falaron da experiencia que viviran na “Xuntanza construíndo redes” e finalmente rematamos coa presentación dos Spots solidarios do noso colexio, na que saín a presentar eu, e outros alumnos de outros centros tamén presentaron as súas. Despois fomos comer; neste tempo, aproveitamos para acabar de colocar a nosa mesa e preparar todo para as dinámicas. Ao remate seguimos vendo máis spots solidarios. Logo todos os colexios fomos ver as mesas expositivas dos outros. Tamén realizamos as dinámicas que preparamos algúns dos alumnos. A nosa foi un éxito xa que podían xogar varias á vez e era moi completa. De seguido realizouse o mercado do troco, no que coñecemos xente doutros centros e levamos un novo obxecto para a casa. Volvemos ao salón de actos para a clausura. Logo déronnos unha merenda, despedímonos das novas amizades e marchamos para a casa. Toda a viaxe fomos cantando e xogando. Foi un gran día! Andrea Brage Amado

Upload: satelite1

Post on 03-Jul-2015

298 views

Category:

Documents


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Crónicas rces

ENCONTRO DA REDE DE CENTROS SOLIDARIOS ESCOLARES

PLAN PROXECTA

Venres 7 de novembro de 2014. Santiago de Compostela

Onte, estivemos nunha xuntanza de xóvenes en Santiago. Despois de ter que madrugar e

dunha longa, aínda que divertida viaxe, chegamos ao Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia.

Alí recibimos unha pequena presentación do intenso día que iamos pasar. A continuación,

houbo unha pequena pausa para o café na que, a parte de comer algo, algúns de nós comezamos

a colocar a nosa mesa expositiva que, por certo, era a mais grande!. Despois volvemos ao salón

de actos e outros colexios expuxeron as súas Micromovies. Ao remate Antía (4º E.S.O.) e

alumnos doutros colexios formaron unha mesa na que falaron da experiencia que viviran na

“Xuntanza construíndo redes” e finalmente rematamos coa presentación dos Spots solidarios do

noso colexio, na que saín a presentar eu, e outros alumnos de outros centros tamén presentaron

as súas.

Despois fomos comer; neste tempo, aproveitamos para acabar de colocar a nosa mesa e

preparar todo para as dinámicas. Ao remate seguimos vendo máis spots solidarios. Logo todos

os colexios fomos ver as mesas expositivas dos outros. Tamén realizamos as dinámicas que

preparamos algúns dos alumnos. A nosa foi un éxito xa que podían xogar varias á vez e era moi

completa. De seguido realizouse o mercado do troco, no que coñecemos xente doutros centros e

levamos un novo obxecto para a casa.

Volvemos ao salón de actos para a clausura. Logo déronnos unha merenda,

despedímonos das novas amizades e marchamos para a casa. Toda a viaxe fomos cantando e

xogando. Foi un gran día!

Andrea Brage Amado

Page 2: Crónicas rces

Foi unha experiencia moi distinta. O certo é que en outras ocasións Ramón

visitou o noso centro para realizar os spots con 4 equipos diferentes. Nesta ocasión ao ir

a Santiago e coñecer aos alumnos doutros colexios, pareceume moito máis interesante.

Despois de chegar ao Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, dispuxeron para nós

unha mesa na que colocar os distintos materias que tiñamos. Despois dun tempo

dirixímonos ata o salón de actos, onde me levei unha gran sorpresa ao saber que este

encontro sería inaugurado pola conselleira. Encantoume que tiveran preparado un

pequeno descanso para repoñer forzas e así continuar co programa durante toda a mañá

e que á hora do almorzo nos puxeran distintos pinchos, coma sándwichs, croquetas,

tortilla...

Despois de ver todos os spots, tivemos un espazo na programación para

relacionarnos co resto de alumnos dos outros colexios e institutos e realizar os nosos

xogos. Esta parte do día probablemente é a que máis me gustou, xa que coñecín a dúas

rapazas da miña idade do IES Mugardos. Intercambiámonos os nosos números de móbil

e participamos xuntas nos xogos. Finalmente deuse por concluído o encontro e

agasalláronos cuns bocatas para o camiño de regreso á casa.

Alba García Purriños

Page 3: Crónicas rces

O pasado venres7 de novembro os alumnos de 2º de ESO e dúas alumnas de 4º de ESO

do CPI Virxe da Cela acudimos ao II encontro da Rede de Centros Escolares Solidarios. Todo

comezou cando chegamos ao local a Santiago. Allí déronnos unha tarxeta identificativa e un

horario do evento, despois fomos ao salón de actos e a Conselleira de Traballo e Benestar

dounos un discurso sobre o voluntariado e a súa importancia. Despois ofréceronnos un cola-cao

e café cuns acompañantes (se dis acompañantes, parece que houbo algunha persoa ao lado

facendo compañía), ademais nesta pausa colocamos nunha gran mesa parte das actividades que

realizamos no centro.

Acto seguido os centros que realizaron as micromovies mostraron estas e mais tarde

presentouse o logotipo da (na creación deste participaron dúas alumnas de 4º de ESO do noso

centro). A continuación 3 centros presentaron os seus spots solidarios, Houbo una pausa para o

xantar e finalmente outros 3 centros fixeron a presentación do resto de spots solidarios. Mais

tarde procedeuse a facer uns xogos e a realizar o troco de obxectos. Finalmente clausuraron o

encontro cun resumo da xornada e dándonos as grazas, e xa para marchar déronnos unha

merenda.

Sergio García Coira

Page 4: Crónicas rces

Foi unha maneira de pasalo ben, coñecer xente e o mesmo tempo de aprender. A

recepción gustoume bastante, xa que foi moi amena; o momento de presentar as micromovies e

os spots solidarios estivo bastante ben, xa que un representante de cada colexio explicou de que

ía, o que pretendían conseguir, e o seu fin. No noso caso foi Andrea a que saíu a presentalo.

Pero de que nos valería facelos se non lle sacamos nada de aproveito? No noso centro

fixéronse unhas camisetas co noso slogan: SE TI PODES... POR QUE NON? Pero non só

traballamos con iso, senón que tamén temos outros proxectos e actividades que xorden de forma

espontánea polo medio do curso.

Estar no equipo de comunicación foi xenial, sacando fotos, e poñendo en común as

nosas conclusión e opinións para poder elaborar unha presentación para a clausura. Aínda que

cando cheguei xa me acabaran a tortilla... valeu a pena. No momento que tivemos para

interactuar cos outros centros, coñecín a dúas nenas, Lidia e Teresa, que viñeron a xunto nosa e

estiveron con nós case toda a tarde, e o momento dos xogos tamén foi xenial, aprendendo cos

outros centro, e divertíndonos.

En resumo: que o pasei moi ben e que compartimos experiencias.

Ana Pena Freire

Page 5: Crónicas rces

O pasado venres dia 7 , acudimos a un encontro en Santiago onde presentamos os nosos

spots , esta excurion estivo xenial , coñecemos xente doutros colexios de toda Galicia , e

fixemos amigos. O acto comezou cunha pequena presentación , seguido dun breve descanso

para tomar un ColaCao .Seguido desto comenzamos a preparar o noso “ escaparate “o cal foi

visitado por moita xente; despois acudimos a ver as micromovies as cales estiveron xeniais.

Despois de comer continuamos vendo os spots e outras micromovies,.

A continuación chegou a miña parte favorita os xogos, nos cales o pasamos moi ben,

Finalmente, despois disto veu a parte que todo o mundo estivo esperando, o mercado do troco .

En xeral este dia foi xenial pasámolo ben e coñecemos a xente encantadora , gustaríanos

moitísimo repetir esta experiencia este ano e como no facer outros set ou micromovie xa que foi

moi divertida a elaboración desta.

Antía Lista Ramos

Page 6: Crónicas rces

O encontro de rede de centros solidarios foi moi divertido, xa que ver moitas

diapositivas con fotos nas que apareciamos nós. Ver os spots solidarios que fixeron os meus

compañeiros ( xa que eu ese dia non puidera asistir ). Coñecer a nov@s persoas, xogando as

nosas dinámicas, eu atendía nunha entón vía como todas as persoas esforzábanse para poder

ganar e superar aos seus rivais. Á ida e a volta no bus, que á ida estabamos a maioría do tempo

sacándonos selfies (fotos), e a volta, que nunca esquecerei, cantando cancións, bailando

,aplaudindo……

Cunha cousa que me rin moitísimo que uns amigos que fixemos dun colexio, vendían

gorros e cada vez que pasabamos por aí dicíannos: queres un gorro?, pero eles dicíanno cun

acento moi raro que soaba: queres un “horrooo”? , agora dicímolo tódolos días no colexio e

creo que nunca pero nunca nos esqueceremos deste encontro.

Tania Grueiro

Page 7: Crónicas rces
Page 8: Crónicas rces