a rces formacion plan proxecta 30 nov

15
A REDE DE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS (RCES)

Upload: satelite1

Post on 04-Aug-2015

501 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: A rces formacion plan proxecta 30 nov

A REDE DE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS

(RCES)

Page 2: A rces formacion plan proxecta 30 nov

O programa Rede de Centros Escolares Solidarios inicia a súa andaina no curso 2012-2013 como unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que pretende descubrir o

voluntariado ao alumnado de educación secundaria, bacharelato, formación profesional e de adultos de Galicia e

animalos a comprometerse.

Page 3: A rces formacion plan proxecta 30 nov

OBXECTIVOS XERAIS DO PROGRAMA:

Promover valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa (pais, nais, profesorado e alumnado). Favorecer que os e as escolares se comprometan como

voluntarios e voluntarias, a través dunha metodoloxía activa e participativa que fomente o traballo en equipo e achegue ó alumnado a realidade do voluntariado O programa pretende establecer vínculos entre as

organizacións sociais e os centros educativos, e amosar que os mozos e mozas, xa desde a escola ou o instituto, son capaces de ofrecer un servizo valioso e necesario á sociedade.

Page 4: A rces formacion plan proxecta 30 nov

Os primeiros pasos do programa:

Integrar o programa dentro do Plan Proxecta

Deseñar unha primeira actuación

vertebradora

Page 5: A rces formacion plan proxecta 30 nov

ELABORACIÓN DE “MICROMOVIES” A PROL DO VOLUNTARIADO

Fomentar os valores da solidaridade e transformación social que hai trala acción voluntaria, sensibilizando ao conxunto da comunidade educativa e a sociedade en xeral.

Desenvolver en cada centro pertencente á rede, propostas educativas adaptadas aos proxectos de voluntariado que están a executar.

Facilitar procesos de fortalecemento da RCES, a través dun material audiovisual que vertebre os valores comúns do alumnado participante no proxecto.

Mellorar as competencias do alumnado para a participación activa e a transformación social dos proxectos que impulsan.

Page 6: A rces formacion plan proxecta 30 nov

FASES

A elaboración de micromovies a prol do voluntariado artellouse en base a 4 fases de

traballo:

Presentación

do proxecto

Construíndo

en rede

Obradoiros “do cómic ao cine”

voluntariado en acción:

A nosa micromovie

Page 7: A rces formacion plan proxecta 30 nov

Presentación

do proxecto

Nesta fase deuse a coñecer as características xerais do proxecto, ademais de coñecer de primeira man os proxectos solidarios que se estaban a realizar en cada centro educativo.

Page 8: A rces formacion plan proxecta 30 nov

Construíndo

en rede

Nesta fase xerouse unha wiki na que o alumnado puido compartir reflexións dando resposta a “preguntas solidarias”, xerar lemas solidarios, dar a coñecer o seu proxecto.... En definitiva, o alumnado podía percibir que eran varios os centros que promovían proxectos solidarios, dispostos a compartir e construír colaborativamente.

Page 9: A rces formacion plan proxecta 30 nov

Obradoiros “do cómic ao cine”

O cómic converteuse nunha ferramenta idónea para xerar un espazo de traballo motivador e produtivo. Dende o proceso creativo do cómic e partindo da realidade de traballo de cada centro, colaborativamente o alumnado xerou o que sería o guión da súa micromovie.

Page 10: A rces formacion plan proxecta 30 nov

voluntariado en acción:

A nosa micromovie

O proceso de rodaxe permitiu vivenciar todo o traballo anterior, xerando unha dinámica moi estimulante e productiva onde o alumnado tiña o rol protagonista.

Page 11: A rces formacion plan proxecta 30 nov

O 4 de outubro de 2013, tivo lugar o I Encontro de alumnado da Rede de Centros Escolares Solidarios, na que preto 150 alumnos e alumnas compartiron proxectos, experiencias e valores solidarios ao longo dunha intensa xornada, na que foron os/as protagonistas.

I ENCONTRO DE ALUMNADO DA RCES

Espazo para compartir proxectos e experiencias solidarias. O alumnado é o protagonista de todo o proceso educativo

xerado no encontro. Un grupo de alumnos e alumnas constituiu o “equipo de

comunicación” do encontro, realizando entrevistas, recollida fotográfica e establecendo as conclusións da xornada.. Todo puidemos visionar as “micromovies” realizadas ao longo

do curso pasado por cada centro. Actuación vertebradora para tomar conciencia do noso traballo

e de que somos Rede.

Page 12: A rces formacion plan proxecta 30 nov

RESULTADOS CONQUERIDOS NO PROCESO

Interconectar

experiencias solidarias dos diferentes centros

educativos

Dar valor e visibilidade a inxente labor que o

profesorado e alumnado está a desenvolver baixo o prisma da solidaridade.

Identificar fortalezas nas

dinámicas de traballo solidario que se

desenvolve en cada centro.

Establecer os primeiros pasos para configurar unha REDE capaz de xerar aprendizaxes compartidas, e dea

resposta a necesidades comúns

Page 13: A rces formacion plan proxecta 30 nov

A RCES NO CURSO 2013-2014

9 centros participantes vinculados ao Plan Proxecta: CPI Virxe da Cela (Monfero) CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro) IES Carlos Casares (Viana do Bolo) IES A Pinguela (Monforte) IES Mugardos (Mugardos) IES Terra de Soneira (Vimianzo) IES Manuel Murguía (Arteixo) IES Universidade Laboral (Ourense) IES A Sardiñeira (A Coruña)

Page 14: A rces formacion plan proxecta 30 nov

A RCES NO CURSO 2013-2014

Ademais de contar con outros 4 centros implicados: CPI Domingo Fontán (Portas) IES David Buján (Cambre) Colexio La Salle (Santiago) CIFP Ferrolterra (Ferrol)

1375 alumnos e alumnas

50 profesores e profesoras

Page 15: A rces formacion plan proxecta 30 nov

Pero aínda existe un longo camiño por percorrer

As seguintes preguntas iluminan posibles liñas polas que vertebrar a Rede de Centros Escolares Solidarios.

Como podemos constituir unha verdadeira “REDE” de centros escolares solidarios? (rede de

alumnado, profesorado..)

Cómo podemos avaliar as accións solidarias que impulsamos?

(ferramentas, indicadores avaliativos, etc.)

Qué criterios comúns deben de ter os nosos proxectos solidarios,

aínda que en contidos temáticos, poidan ser dispares?

Qué tipo de actividades poden ser útiles ao profesorado, alumnado e

aos centros no marco dos proxectos solidarios que realizan?