copia de guia...3 2 5 $0 2 5 r $57(*8 ~$'(/(&78 5$ ar7e e li7era78ra ... la luz del...

22
POR AMOR Á ARTE GUÍA DE LECTURA

Upload: others

Post on 16-Jun-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Copia de GUIA...3 2 5 $0 2 5 r $57(*8 ~$'(/(&78 5$ AR7E E LI7ERA78RA ... La luz del Guernica Baltasar Magro ... súa maneira de amar e de entender a arte, o simbolismo da súa obra

POR AMOR Á ARTEGUÍA DE LECTURA

Page 2: Copia de GUIA...3 2 5 $0 2 5 r $57(*8 ~$'(/(&78 5$ AR7E E LI7ERA78RA ... La luz del Guernica Baltasar Magro ... súa maneira de amar e de entender a arte, o simbolismo da súa obra
Page 3: Copia de GUIA...3 2 5 $0 2 5 r $57(*8 ~$'(/(&78 5$ AR7E E LI7ERA78RA ... La luz del Guernica Baltasar Magro ... súa maneira de amar e de entender a arte, o simbolismo da súa obra

ARTE E LITERATURA na Biblioteca Ágora

Obras que, desde a ficción -narrativa, cómic, teatro, cinema... - recollen os seus temores,soños e inquietudes, reinterpretando o que deles e delas sabemos.

Narracións a ritmo de thriller, que partindo de tramasficticias, intrigas, roubos ou imposturas, achéganse agrandes obras, autores ou etapas artísticas.

E por último, unha breve selección de libros informativos,con especial atención a aqueles que adoptan unhaperspectiva feminina e reclaman o lugar que á mullercorrespóndelle, por dereito propio, neste mundo

Desde tempos remotos, os artistas plasmaron sobre lenzos, táboas, murais...  as súascreacións, a súa particular e poderosa visión do mundo. A literatura e o cinema fanse ecoda súa obra, e vidas. E nós, desde a biblioteca, queremos ofrecervos unha mostra diso.

Novelas sobre o mercado da arte, ese mundo noque as fronteiras entre arte, fraude, provocación enegocio son ás veces difíciles de delimitar.

Page 4: Copia de GUIA...3 2 5 $0 2 5 r $57(*8 ~$'(/(&78 5$ AR7E E LI7ERA78RA ... La luz del Guernica Baltasar Magro ... súa maneira de amar e de entender a arte, o simbolismo da súa obra

NOVELAS SOBREGRANDES ARTISTAS

Goya,  Watteau,  Piero  della  Francesca, Claudiode Lorena e Van  Gogh son os protagonistas deste libro. Pequenas ficcións biográficas que falanda vida, e ás veces tamén da morte, destespintores. Das súas paixóns, ambicións, triunfos efracasos. Do misterio da creación artística, dapintura.... Cinco retratos destes creadores vistos a través dosollos dalgunhas persoas -como Joseph Roulin,veciño de Van Gohh- que os coñeceron en vida

Nesta novela Vargas Llosa recolle a vida de douspersonaxes reais, con ascendencia peruana, eemparentados aínda que non se chegaron a coñecer:a socialista utópica e feminista francesa Flora Tristán,unha das grandes fundadoras do feminismo daterceira ola, e a do seu neto, o pintor postimpresionistaPaul Gauguin. Dúas historias e dous protagonistas naprocurado seu propio paraíso. Ela trata de alcanzalo naloita pola xustiza social e igualdade de xénero; el, através da creación artística..

Entrecruzando  dúas  voces narrativas,  o autor  conta a vida do pintor e poeta Urbano Lugrís desde quechega a Coruña en 1953 ata a súa morte en Vigo 20 anos mais tarde. A vida do pintor, os seus cadros, poemas, e fracasos se entrecruzan cos retratos  doutras personaxes  próximos  a el ; Avilés de Taramancos o mozo co que que compartiu troulas e proxectos ; Mariano Tudela, Miguel Gonzáléz Garcés,  PuchoBoedo, Álvaro Cunqueiro...

O señor Lugrís e a negra sombra / Luis Rei Núñez

El paraíso en la otra esquina Mario Vargas Llosa

Señores y sirvientes Pierre Michon

Page 5: Copia de GUIA...3 2 5 $0 2 5 r $57(*8 ~$'(/(&78 5$ AR7E E LI7ERA78RA ... La luz del Guernica Baltasar Magro ... súa maneira de amar e de entender a arte, o simbolismo da súa obra

Un último escollo impide a Leonardo da Vinci rematarA última cea: fáltalle o rostro de Judas, o rostro datraizón. Ata que cruza no seu camiño Joachim Behaim,comerciante alemán que chega a Milán para cobrarunha débeda, e  decide apropiase da súa imaxe. E así,mentres Behaim comete a súa propia traizón,Leonardo observa  e culmina a súa obra. Última novelado escritor e matemático austríaco de orixe xudía LeoPerutz, entregada pouco antes da súa morte en 1957.Fonda reflexión sobre o azar , o amor e a traizón.

O protagonista deste libro é unha especie debordel-museo, un mundo onírico polo quedeambulan pintores como lngres, Delacroix,Degas ou Manet, frecuentado tamén porRimbaud, Proust... e outros escritores. Aquí cóntase a historia de como se formou eseuniverso sedutor, a Folie Baudelaire (en realidade a cidade de París da segunda metade do séculoXIX) e de como outros artistas se aventuraron aexplorar esa rexión..

La Folie BaudelaireRoberto Calasso

El último retrato de GoyaJohn Berger,

Obra de teatro, comedia absurda, surrealista epostmoderna escrita por John Berger (escritor,pintor, cineasta, crítico de arte....) e a dramaturgaucraína Nella Bielskina. Dous cadros de Goya, Laduquesa de Alba e Os fusilamentos do dous demaio, son o fío condutor dunha historia queretrata a vida do pintor, e describe a España definais do século XVIII e comezos do XIX, marcadapola axitación política e as guerras patrióticas.

Charlotte Salomon foi unha pintora alemá de orixe xudía. Unha muller excepcional, capaz de fuxir doshorrores da guerra, do nazismo e do seu propio legado familiar  a través da pintura. Escapando da Alemañanazi refuxiouse no sur de Francia, e aí recompuxo a súa  vida nunha obra pictórica, musical e poética tituladaVida o teatro?  Premio Renadout e Goncourt des Lycéens 2014

Zoe Valdés

El Judas de LeonardoLeo Perutz

Nella Bielski 

Charlotte / David Foenkinos

La cazadora de astros

Historia entrecruzada de dúas mulleres de épocasdiferentes pero moitas afinidades: Zamia,  poetacubana actual, e reflexo da propia autora, e apintora surrealista Remedios Varo, compañeira deLorca e Dalí,  exiliada en México en 1941. Dúasmulleres fortes,  inimigas de convencionalismos,que foron  silenciadas polos seus compañeiros dexeración. Tributo ben documentado a estapintora de sonos e premonicións

Page 6: Copia de GUIA...3 2 5 $0 2 5 r $57(*8 ~$'(/(&78 5$ AR7E E LI7ERA78RA ... La luz del Guernica Baltasar Magro ... súa maneira de amar e de entender a arte, o simbolismo da súa obra

Griet, unha moza holandesa de 16 anos, entra a formar parte do servizo do pintor holandés Johannes Vermeer. A súa mirada sensible conmove ao mestre, que decide introducila no seu mundo artístico. A intimidade que creceentre ambos, os rumores que proceden da envexa, a luxuria do mecenas Van Rujvin, e os celos das mulleres doseu círculo íntimo fan que se desate o escándalo. Levada ao cine con gran éxito en 2003 por Peter Webber

La joven de la perla /

Belleza doradaLaurie Lico Albanese

Ano 1900. Adele Bloch- Bauer, unha muller casadade ascendencia xudía, coñece ao pintor GustavKlimt nunha Viena que empeza a desprendersedas caretas do sexo e do antisemitismo. A súa vulnerabilidade alimenta un triángulo amorosoque dará lugar ás mellores obras do artista. Casecorenta anos mais tarde, durante a II GuerraMundial,  María Altmann atopará no legado da súatía Adele a forza para enfrontarse aos nazismo

Outubro de 1921. Angelina  Beloff, Quiela, pintorarusa exiliada en París, foi a primeira esposa do muralista mexicano Diego Rivera. Abandonada porel, eclipsada polo seu xenio, e sen apenas recursospara subsistir, escríbelle unha carta tras outra desdehai dez anos. A súa relación, marcada pola tiranía dopintor, foi  tormentosa. E e a adoración de  Quiela,incondicional. Brutal,  ególatra, irresistible, Riveradebúxasenos como un monstro que fai a súavontade na arte e o amor.

Benquerido Diego, abrázate QuielaElena Poniatowska

Tracy Chevalier

La luz del GuernicaBaltasar Magro

En 1917 Picasso viaxa a Florencia para coñecer asgrandes obras dos clásicos: Giotto, Masaccio, Rafael,Miguel Ángel… Un óleo chama especialmente a súaatención: Os desastres da guerra, de Rubens. Vinteanos máis tarde o goberno da República encarga aopintor cubrir cun gran mural unha parede dopavillón español para a Exposición Internacional deParís. O 26 de abril caen as bombas sobre Guernica.Esta noticia proporciona a Picasso o tema para a súaobra. Baltasar Magro cóntanos a súa historia.

La sonrisa de la GiocondaLuis Racionero

Ao final dos seus días, Leonardo dá Vinci lembra a súa vida e a sociedade renacentista que lle tocouvivir. A través destas memorias dedicadas ao seuamante, Leonardo reflicte a súa personalidade, asúa maneira de amar e de entender a arte, osimbolismo da súa obra e a súa técnica. Examinatamén a vida doutros artistas do seu tempo(Miguel Ángel, Rafael, Giorgione, Perugino) e oconvulso panorama político do momento

Page 7: Copia de GUIA...3 2 5 $0 2 5 r $57(*8 ~$'(/(&78 5$ AR7E E LI7ERA78RA ... La luz del Guernica Baltasar Magro ... súa maneira de amar e de entender a arte, o simbolismo da súa obra

Azul de medianocheSimone Van del Blugt

Holanda, 1654. É o século de ouro neerlandés, otempo de Spinoza, Vermeer e Rembrandt. Trasenviuvar, Catrijn decide viaxar a Amsterdam e Delftpara perseguir o seu gran soño: ser decoradora decerámica. Nestas cidades atoparase outras mulleresque, como ela, loitan para forxar o seu propiodestino. Unha novela histórica, intensa e áxil, quesemella ás veces unha viaxe aos lenzos dospaisaxistas holandesas, sen renunciar á denunciasocial sobre a discriminación da muller e a violenciade xénero

Nesta dobre biografía novelada, Le Clézio conta atormentosa e apaixonante historia dunha parellafóra do común. Ela é Frida, musa e pintoraacosada desde sempre pola enfermidade, queconsegue superar a través da súa tenacidade erebeldía. El, Diego, coloso con reputación dedevorador de mulleres, que lle dobra en idade.Frida pinta lenzos cargados de cor e simboloxía.Diego é muralista, comunista e ateo, e recolle nosseus frescos o espírito da  revolución e a dignidadedo pasado indíxena.

J.M.G. Lé ClézioDiego y Frida

Imperio otomano, fins do século XVI. O Sultán pideaos artistas máis reputados do momento un granlibro para celebrar as glorias do reino. A súa tarefaserá iluminar esa obra ao estilo europeo. Perocomo a arte figurativa pode ser considerada unhaofensa ao Islam, a elite gobernante non debecoñecer este proxecto. O pánico desátase candoun miniaturista desaparece. A única pista pararesolver o misterio reside nas miniaturasinacabadas. A novela contribuíu ao recoñecementodo escritor turco có Nobel de literatura o ano 2006

Me llamo Rojo

Orhan Pamuk

A escritora e crítica de arte Marta Gaínza narraen Nervio óptico a historia  dunha familia de clasealta, apaixonada pola arte. Pero tamén pódese ler nesta  primeira novelaestruturada en once capítulos, ou relatos,  unhaincursión na historia da pintura a través dediferentes artistas: Toulouse-Lautrec, El Greco, Cézanne, Courbet, Gericault, o Rousseau oAduaneiro ou Picasso... Un libro que fala da artecon erudición e da vida con sabedoría

Nervio ópticoMaría Gaínza

Page 8: Copia de GUIA...3 2 5 $0 2 5 r $57(*8 ~$'(/(&78 5$ AR7E E LI7ERA78RA ... La luz del Guernica Baltasar Magro ... súa maneira de amar e de entender a arte, o simbolismo da súa obra

Ao rematar a Segunda Guerra Mundial un pintoramericano, (Gene Kelly), instálase en París, enMontmarnasse, para expoñer a súa obra, que ninguénparece interesado en comprar. Ata que coñece a unhaamericana millonaria que decide promovelo. Pero Jerrynamórase doutra muller... En 2006 o American Film Institute coloco a película nun  noveno posto na lista dosmellores musicais do cinema estadounidense

Un americano en ParísVincente Minnelli

ÓLEOS E PINCEIS NO CINEMA

En 1508 un gran bloque de mármore chega a Roma procedente das canteiras de Carrara. O destinatario éMiguel Ángel (Charlton Heston), que con el pretende traballar nas estatuas que gardarán a tumba do PapaXullo II. O propio pontífice obriga a Miguel Ángel a abandonar o proxecto para comezar a pintar a bóveda daCapela Sixtina. O artista abandona a obra e foxe

El tormento y el éxtasis  /

A comezos do século XV, o monxe pintor de iconasAndrei Rublev acode a Moscova para pintar osfrescos da catedral da Asunción do Kremlin. Fórado illamento da súa cela, Rublev comezará adecatarse das torturas, crimes e matanzas queteñen aterrorizado ao pobo ruso... Biografía dopintor ruso e  retrato da vida social, política eartística na Rusia de principios do século XV. 

Andrei Rublevdirixida por Andrei Tarkovsky

dirixida por Carol Red

Page 9: Copia de GUIA...3 2 5 $0 2 5 r $57(*8 ~$'(/(&78 5$ AR7E E LI7ERA78RA ... La luz del Guernica Baltasar Magro ... súa maneira de amar e de entender a arte, o simbolismo da súa obra

Pauladirixida por  Christian Schwochow

Alemaña, principios do século XX. A artista PaulaBecker está decidida a seguir as súas propiasnormas e explorar o seu propio estilo. Establecidana comunidade artística de Worpswede, casa cotamén pintor Otto Modersohn, crendo atopar á súaalma xemelga. Con todo, cinco anos adicados ávida doméstica afunden o seu espírito, e Pauladecide viaxar soa ao bohemio París, onde seembarca nun longo proceso creativo.

O Coronel Franz Von Waldheim atópase destacadoen París cunha misión moi concreta: facerse coasmodernas pinturas francesas, as mesmascualificadas de "dexeneradas" polos nazis, e cargalasnun tren con destino a Alemaña para o TerceiroReich. Iso si, ha de ter moito coidado de non danar acarga e, ademais, ten de tempo límite o que tardenos aliados en reconquistar a cidade. Moi poucamarxe, xa que cada vez están máis preto.

El tren John Frankenheimer

Mi pie izquierdoJim Sheridan

El sol del membrillo / Víctor Erice

Ano 1891. Un ano despois da morte de Vincent van Gogh, o carteiro Roulin pídelle ao seu fillo Armand queentregue persoalmente a última carta do pintor ao seu irmán, Theo. Armand acepta o encargo por afecto aoseu pai, e aos poucos vaise mergullando no mundo do pintor. Unha homenaxe a este gran xenio da pinturarealizado con pinturas animadas: cada fotograma é un cadro pintado sobre óleo, por diferentes pintores queao longo de varios anos traballaron inspirándose no estilo e arte de Van Gogh

Loving Vincent / dirixida por Dorota Kobiela, 

Esta é a historia dun artista (Antonio López)que trata de pintar, durante a época demaduración dos seus froitos, unha árbore —un  marmeleiro— que hai tempo plantou noxardín da casa que agora lle serve de estudo.Premio do Xurado no Festival de Cannes eHugo de Ouro á Mellor Película en Festival deChicago, en 1992

Película baseada nun relato  autobiográfico dopintor e escritor irlandés  Christy  Brown , afectadode parálise cerebral. Unha conmovedora historiade superación persoal, loita por alcanzar os sonos,e por derrubar as barreiras que impedían aintegración social das persoas con discapacidade.Óscar Mellor actor a Dany Day-Lewis, e melloractriz secundaria a Brenda Fricker en 1989

Hugh Welchman

Page 10: Copia de GUIA...3 2 5 $0 2 5 r $57(*8 ~$'(/(&78 5$ AR7E E LI7ERA78RA ... La luz del Guernica Baltasar Magro ... súa maneira de amar e de entender a arte, o simbolismo da súa obra

Documental que mostra a investigación persoal dodirector Peter Greenaway sobre a conspiración e o asasinato que se esconden tras o famoso cadro A rolda de noite, de Rembrandt. Greenaway asumeo rol de historiador de arte, detective, fiscal e xuíz,analizando con detalle a escena do crime e as pistasque se esconden co obxectivo de descubrir osasasinos entre os personaxes representados napintura.

Pollock : la vida de un creadorMoulin Rouge

Rembrandt's J'acusse

Midnight in Paris

Nova York, anos 40. Jackson Pollock e Le Krasner,pintores e amantes, contraen matrimonio etrasládanse ao campo para poder expandir o seuxenio creativo. Ela, aparca a súa carreira artísticapara impulsar ao seu home, que pronto se converteno pintor moderno máis recoñecido dos EstadosUnidos. Pero a fama e a fortuna cheganacompañadas de dúbidas existenciais e episodiosviolentos-

O pintor impresionista Toulouse-Lautrec, defamilia aristocrática, esconde as súasdeformidades físicas nos baixos fondos dos París de finais do século XIX. Alí, contemplandoas sensuais bailarinas do Moulin Rouge,retratando a prostitutas, pallasos e borrachos,será quen de liberarse das súas propias dores ealcanzar a inmortalidade a través da súaxenialidade artística

Un guionista de Hollywood un tanto frustradochega coa súa prometida e os pais desta a París.Mentres vaga polas rúas soñando cos felicesanos 20, cae baixo unha especie de feitizo quefai que, a media noite, nalgún lugar do barrioLatino, véxase transportado a outro universoonde vai coñecer a personaxes extraordinarios... Esta comedia romántice,  gañadora do Óscar ao Mellor guión orixinal, foi unha das películas de mais éxito de Woody Allen en EstadosUnidos.

Peter Greenaway

John Huston dirixida e interpretada por Ed Harris

dirixida por Woody Allen

Page 11: Copia de GUIA...3 2 5 $0 2 5 r $57(*8 ~$'(/(&78 5$ AR7E E LI7ERA78RA ... La luz del Guernica Baltasar Magro ... súa maneira de amar e de entender a arte, o simbolismo da súa obra

BomarzoManuel Mújica Laínez

En Bomarzo, preto de Roma, atópanse os restos dopalacio da familia Orsini,  unha das máis poderosas daRoma renacentista. E xunto a el as ruínas dun parquerepleto de estatuas de seres fantásticos e deformes,creado por Pier Francesco Orsini. A través da vidadeste personaxe o autor ofrécenos unha novelahistórica poboada de príncipes, cardenais, bufóns,condonttieri, artistas, cortesáns...  E unha visión cínica eobxectiva do poder e da psicoloxía de quen o exerce.

Tras triunfar con Nervio óptico, unha novela familiarque ofrece unha lectura como incursión na historiada arte, María Gaínza regresa ao universo artísticoocupándose das falsificacións. A protagonistacondúcenos polos barrios bohemios de BuenosAires en busca da maior falsificadora do pasado máisrecente e esplendoroso da cidade. Mentres a tramase resolve a novela ofrece mil detalles de cadros,poxas, galerías, exposicións, estafas, xuízos, efalsidades.

La luz negra María Gainza

ARTE, COMERCIO...

Serge, un amante da arte moderna, adquire por unha cifra astronómica un cadro absolutamente branco. Os seusamigos tentan convencerlle que sobre a tea non hai nada, pero el insiste en que é unha obra mestra . A discusiónsobre a significado da arte poñerá en perigo a amizade entre os tres, que terminan debuxando sobre a tea. Pezade teatro en clave de comedia inspirada  na obra de Malevich, “Branco sobre branco”.

Arte / Yasmina Reza

FRAUDE E PROVOCACÍÓN

Page 12: Copia de GUIA...3 2 5 $0 2 5 r $57(*8 ~$'(/(&78 5$ AR7E E LI7ERA78RA ... La luz del Guernica Baltasar Magro ... súa maneira de amar e de entender a arte, o simbolismo da súa obra

Retrato do submundo hedonista da escenaartística de Nova York dos últimos anos. LaceyYeager e unha cativadora  e ambiciosa bolseira deSotheby's. Cunhas tácticas cuestionables evagamente ilegais, pasa de catalogar pinturas ensotos a triunfar no labiríntico círculo das vangardasartísticas. A súas habilidades para desenvolverseneste ambiente  crecen tanto como o listado de homes que seduce e destrúe sen remedio.

Gianfranco andaba obsesionado polo contidodas pequenas latas creadas por Piero Manzonien 1961. Quería abrir unha delas para saber seeran realmente as feces do artista as que estabandentro. Este é o punto de partida dunha novelafascinante que, mesturando xéneros (realidade eficción, novela negra, diario íntimo, ensaio...)percorre a arte máis subversiva e incomprendidado século XX. Premio Edición de Galicia 2010 áMellor Tradución, realizada polo profesor ecrítico literario Ramón Nicolás.

30 gramos Leonel Moura

Eduardo MendozaRiña de gatos

Unha académica comeza a escribir a biografía doespañol supostamente máis universal desde Picasso: Fred Cabeza de Vaca. A través de diarios, entrevistasa colegas e amantes, informes , correos , diarios… vai emerxendo unha figura fascinante e repulsiva,arquetipo do feitizo e excesos do mundo da arte Retrato incisivo sobre o mundo da artecontemporánea a través da biografía ficticia dunartista actual. Premio Torrente Ballester 2017

Fred Cabeza de VacaVicente Luis Mora

Un crítico de arte inglés, chega a Madrid en 1936para verificar a autenticidade dunha obra de arte. Ocadro pertence a un amigo de José Antonio Primode Rivera, e o seu valor pode ser determinante parafavorecer un cambio político crucial. Turbulentosamores con mulleres de distintas clases sociaisdistraen ao crítico de arte ao tempo que semultiplican os policías, diplomáticos, políticos eespías que o perseguen, nunha atmosfera deconspiración e algarada.

Un documental  que, combinando realidade eficción, fala do  fraude e as falsificacións, a travésdas figuras do falsificador de cadros Elmyr d'Hory e o seu biógrafo, Clifford Irving. Tratatamén a reclusión de Hughes e  da carreira dopropio Welles, que comezou coa falsa emisiónradiofónica dunha invasión marciana con TheWar of the Worlds.

Fraude=  (F for fake) Orson Welles

Un objeto de belleza Steve Martin

Page 13: Copia de GUIA...3 2 5 $0 2 5 r $57(*8 ~$'(/(&78 5$ AR7E E LI7ERA78RA ... La luz del Guernica Baltasar Magro ... súa maneira de amar e de entender a arte, o simbolismo da súa obra

El jilgueroDonna Tartt

Novela de iniciación. Theo Decker, un adolescentede 13 anos, ve morrer á súa nai nun atentadoterrorista no museo Metropolitano de Nova York.Só, cheo de medo e cunha táboa holandesa doséculo XVII nas súas mans, o mozo mergúllase nunintenso periplo que o levará de Las Vegas aAmsterdam. Premio Pulitzer á mellor obra deFicción en 2013. Un fenómeno de ventas aclamadopola gran crítica

A finais do século  XV un mestre flamencointroduce nun dos seus cadros, en forma departida de xadrez, a clave dun segredo que puidocambiar a historia de Europa. Cinco séculosdespois, unha restauradora de arte, un anticuario eun xogador de xadrez unen as súas forzas paratratar de resolver o enigma. Cada movemento doxogo (pintura, música, literatura, historia, lóxicamatemática…) irá abrindo a porta dun misterio que acabará por envolver a todos os seusprotagonistas

HerejesLeonardo Padura

ARTE A RITMO DE THRILLER

Na Florencia dos Médici, epicentro doRenacemento, un Leonardo moi novo eprometedor é acusado de sodomía. Tras serinterrogado, torturado e posto  en liberdade, Leonardo partirá cara a novos horizontes parademostrar o seu talento e calmar as secuelaspsicolóxicas provocadas en prisión. Quen oacusou? Con que motivo? un thriller histórico,unha novela de aventuras na que se dan cita arte,vinganza e paixón

Matar a Leonardo Da VinciChristian Gálvez

La tabla de FlandesArturo Pérez Reverte

Page 14: Copia de GUIA...3 2 5 $0 2 5 r $57(*8 ~$'(/(&78 5$ AR7E E LI7ERA78RA ... La luz del Guernica Baltasar Magro ... súa maneira de amar e de entender a arte, o simbolismo da súa obra

VolaveruntAntonio Larreta

O autor narra, por boca de don Manuel de Godoy,Príncipe da Paz, as estrañas circunstancias querodearon a morte, acaecida corenta e seis anosantes, da duquesa Cayetana de Alba. Engade á súainterpretación dos feitos o sorprendentetestemuño de don Francisco de Goya e a cartapóstuma doutro alto personaxe indirectamenteinvolucrado nos sucesos, que arroxa nova luz sobreeles. Levada ao cine por Bigas Lunas en 1990. Premio Planeta 1980.

O pintor Juan Pablo Castel, un home introvertido,de mente enfermiza, cheo de dúbidasexistenciais… conta desde o cárcere os motivosque o levaron a asasinar o seu amante. Novelaperturbadora, inquietante, que nos revela ospensamentos máis escuros aos que pode chegaro ser humano cando se mergulla nunha espiralde incomunicación. Un clásico da literaturaescrito en 1948, no marco do existencialismoposterior á Segunda Guerra Mundial

El túnelErnesto Sábato

 Michael Butcher Boone é un pintor famoso eteimudo, que vive nunha solitaria casa de campoxunto ao o seu irmán pequeno, emocionalmenteinestable. A vida dos irmáns, en precario equilibrio,verase truncada cando unha misteriosa mullerchame á súa porta en plena noite de tormenta parafalarlles  dun valioso cadro  cubista que podería estarao alcance das súas mans, xa nada volverá ser comoantes. Unha novela sobre a obsesión e a redenciónenvolvida nunha trama de suspense.

Robo: una historia de amorPeter Carey

O retrato de Dorian Gray / Óscar Wilde

Un pintor chamado Basil Hallward  (ficticio),retrata a Dorian Grey, un mozo aristócratadecadente, fascinado pola súa beleza. Dorian,namorado da súa imaxe, de se mesmo, desexapermanecer eternamente novoe fermoso. Paraiso asina un pacto diabólico: as marcas dotempo non serán visibles no seu corpo, senónno retrato. Clásico da literatura , pedra angularnos debates entre a ética e a estética, o ben e omal, a arte e a vida.

Page 15: Copia de GUIA...3 2 5 $0 2 5 r $57(*8 ~$'(/(&78 5$ AR7E E LI7ERA78RA ... La luz del Guernica Baltasar Magro ... súa maneira de amar e de entender a arte, o simbolismo da súa obra

Mujer bajando una escaleraBernhard Schlink

Un home contempla un cadro  no que apareceunha muller espida, sensual... baixando unhaescaleira sobre un fondo verde. A fascinación ten dobre orixe: a obra levaba décadas desaparecida,e ademais formou parte da vida de quen nosconta a historia: trátase dun lenzo que conecta opresente co pasado, cando el era un mozo einxenuo avogado e asignáronlle un caso queninguén no bufete quería levar. Un caso cuxocentro era ese cadro.

No transcurso dunha viaxe a Siracusa, Camilleri, convertido en personaxe do relato, é convocadoa unha cita secreta. Incapaz de resistirse aomisterio, deixase levar ata un lugar no campo,onde descubre un manuscrito de Caravaggiooculto durante catrocentos anos. Así, ossupostos diarios convértense nunha sorte derelato criminal, infestado de sombras, extravíos ecuriosidades. Unha brillante exploración dosaspectos máis profundos do mundo do barrocoe das contradicións dun artista único.

El color del sol / Andrea Camilleri

HerejesLeonardo Padura

En 1624 , un novo Van Dyck visita en Palermo aunha muller chamada Sofonisba. Esta cóntalle a súahistoria como pintora e muller. Anos atrás, en 1564,o Papa Pío VI envía a un nuncio á corte de Felipe IInunha misión secreta: un comprometidodocumento debe ser enviado oculto nun cadrodunha pintora chamada Sofonisba que traballa nacorte de Isabel de Valois. Dúas historias cruzadassobre unha pintora recoñecida no seu tempo ecaída no esquecemento, posiblemente por sermuller.

El secreto de SofonisbaLorenzo de Medici

En 1939 o transatlántico Ms. Saint Louis estivofondeado fronte á Habana, con 900 xudeus queescapaban do nazismo. Entre eles, a familia de DanielKaminsky, que viaxaba cun lenzo de Rembrandt paracomprar ás autoridades cubanas. Pero os xudeusforon enviados de regreso a Alemaña, e o cadrodesapareceu. En  2007 o fillo de Daniel viaxa deEstados Unidos a La Habana para coñecer o destinodo cadro e da súa familia. E contratará ao detectiveMario Conde para que lle axude nesta misión-

Page 16: Copia de GUIA...3 2 5 $0 2 5 r $57(*8 ~$'(/(&78 5$ AR7E E LI7ERA78RA ... La luz del Guernica Baltasar Magro ... súa maneira de amar e de entender a arte, o simbolismo da súa obra

DE CÓMIC

París, 1907. Os corpos de varios artistas de vangarda aparecen decapitados. Gertrude Stein e o seu irmán Leo,temorosos de ser os seguintes, reúnen aos seus íntimos íntimos, Braque, Picasso, Erik Satie, Alice B. Toklas eApollinaire, para poñer fin aos asasinatos. Enxeñosa novela gráfica de intriga sobre a orixe da arte moderno.Elixida pola revista norteamericana ‘Publishers Weekly’ como un dos mellores libros de 2007

Nick BertozziEl salón /

Un individuo diríxese a Casa Museo Frida Kahlo enCoyoacán, México, en 1989. Alí atopa a ChavelaVargas, que lle conta a historia de como coñeceu ápintora. Ademais de Diego Rivera e Frida, pola CasaAzul transitan personaxes como André Breton,Siqueiros, Trotski... todos eles vistos polos ollos deChavela. Unha homenaxe a dúas figuras eternas, aun país, México, a unha época e a un modo de vida.

Fillo de familia puritana, o pintor expresionistaEdvard Munch camiña polos barrios obreiros e asnoites bohemias de Oslo guiando ao lector porunha Europa decimonónica en pleno apoxeocultural e industrial. É este unha viaxe pictórica paradescubrir ao Munch menos coñecido, artistaeclipsado pola súa obra, un autor que, como VanGogh, non vendeu un cadro en vida.

La casa azul Tito Alba

Las Meninas / Santiago García (guión) , Javier Olivares (debuxo)Despois de toda unha vida na corte ao servizo de Felipe IV, Velázquez por fin foi nomeado cabaleiro en1658 . Ao redor deste acto de ennobrecemento cortesán, Santiago García e Javier Oliveirais constrúen nanovela gráfica As Meninas, unha fantasía de longo alcance inspirada en feitos históricos. Esta non é só ahistoria dunha obra de arte, senón a historia de como unha obra de arte transfórmase nun símbolo.

Munch : una biografía /Giorgia Marras

Biografía do artista que inundou de luz a pintura. A vida de Claude Monet foi en grao sumo variada.Con todo, manteríase fiel a unha cousa: liderar unmovemento que cambiou a visión da pintura noséculo XIX. Un inconformista que xamais renunciouá súa misión: inundar dunha luz absoluta a súa obrae cambiar así o curso da historia.

Monet: nómada de la luz

Salva Rubio (guión), Ricard Efa (debuxo)

Page 17: Copia de GUIA...3 2 5 $0 2 5 r $57(*8 ~$'(/(&78 5$ AR7E E LI7ERA78RA ... La luz del Guernica Baltasar Magro ... súa maneira de amar e de entender a arte, o simbolismo da súa obra

Historias de mujeres, historias del artePatricia Mayayo

Este libro explora a relación entre o feminismo e ahistoria da arte. A historia das mulleres artistas foi,ata hai poucos anos, ignorada polo discurso oficial.Tirar do fío desa historia esquecida supón repararunha omisión intolerable e cuestionar moitas dascategorías fundamentais (como as de "xenioartístico", "calidade" ou "influencia") sobre as queasenta a disciplina da historia da arte no seuconxunto.

Os libros de historia da arte non contan toda averdade: moitas mulleres -non tantas comohomes, aínda que moitas máis das que nosadoitan dicir- foron tamén artistas, dedicaronlongos anos a aprender e competiron cos homespor facerse un sitio no sempre complexo mercadoda arte. Ángeles Caso preséntanos a obra e a vidade setenta e nove artistas femininas a través dosseus autorretratos.

Ellas mismasÁngeles Caso

ELAS, TANTAS VECESNA SOMBRA

Retrato colectivo e ilustrado dunha comunidade única de mulleres que chegou a coñecerse co nome de"mulleres da beira esquerda". A profusión de fotografías, cadros, debuxos e fragmentos literarios, moitosinéditos ata agora, unida ao vívido e revelador texto de Andrea Weiss dános unha visión única daextraordinaria trama de mulleres para quen París non era nin amante nin musa, senón outra clase de muller

París era mujer: retratos de la orilla izquierda del Sena / Andrea Weiss

Page 18: Copia de GUIA...3 2 5 $0 2 5 r $57(*8 ~$'(/(&78 5$ AR7E E LI7ERA78RA ... La luz del Guernica Baltasar Magro ... súa maneira de amar e de entender a arte, o simbolismo da súa obra

Las mujeres que no pierden el hiloThomas Blisniewski

Desde a Antigüidade, as mulleres foron asociadasa artes do téstiles. Desde Penélope traballandodo seu tear mentres agarda o regreso de Ulisesata Santa Isabel cosendo roupa para os pobres., amuller dedicada aos seus labores é unhaconstante no imaxinario occidental. Pero, como as retrataron os grandes artistas danosa tradición? O autor móstranolo presentandoen cada páxina un cadro, explicándonos ossímbolos presentados e a situación política esocial do que procede.

Case todo o mundo coñece a estas mulleres por seren acompañantes de protagonistas masculinos. Con todo,foron moito máis: crearon as súas propias obras, promoveron e impulsaron a artistas emerxentes, e financiaron a obra de amantes, amigos e protexidos. Musas á maneira clásica pero tamén musas damodernidade polo seu papel activo e relevante no movemento surrealista.

Nos últimos séculos moitas voces femininas(Mary Wollstonecraft, Simone de Beauvoir, KatteMillett...) reclamaron os dereitos da muller.  A súaloita pronto se estendeu ao mundo das artes eda cultura. Neste ensaio, Susana Carro explicaos motivos polos que a muller permaneceu tantotempo apartada da arte. E fálanos dalgunhascreadoras, como Louise Bourgeois, Judy Chicago,Anada Mendieta o Martha Rosler... quetraballaron por crear un arte que fose ao mesmotempo feminista e  feminino

Musas, mecenas y amantes : mujeres en torno al surrealismo /

Mujeres de ojos rojos. Del arte feminista alarte femenino / Susana Carro Fernández

Victoria Combalía

Este libro percorre a vida de Maruja Mallo, unha das mulleres mais orixinais e importantes da historia da arteespañola. Analiza os anos previos a Guerra Civil , o exilio, e o regreso unha vez rematado o conflito, ademaisdo seu estilo tan persoal e as relación que mantivo cas figuras mais destacadas do país na arte.

Maruja Mallo y la vanguardia española / Shirley Mangini

Page 19: Copia de GUIA...3 2 5 $0 2 5 r $57(*8 ~$'(/(&78 5$ AR7E E LI7ERA78RA ... La luz del Guernica Baltasar Magro ... súa maneira de amar e de entender a arte, o simbolismo da súa obra

Lucrecia Borgia, la hija del PapaDario Fo

Darío Fo recupera a figura de Lucrecia Borgia,liberándoa do arquetipo de muller disoluta e incestuosa desvinculándoa dos escándalos aos quefoi sempre asociada . Con ela o lector coñecerá  oambiente das cortes renacentistas do PapaAlejandro VI e o seu irmán César, e as presións ehumillacións ás que  foron sometidos, ela, e os seusmaridos e amantes. Especialmente Pietro Bembo,co que compartiu o amor pola arte, poesía e teatro

Elena Poniatowska volve a converter en novela nunha sólida investigación, un relato intensamente bendocumentado que reconstrúe unha existencia chea de paixón e de furia. Diva e musa por dereito propio,esposa, cociñeira magnífica, nai tormentosa e viúva tráxica, Lupe Marín (1895-1983) foi testemuña excepcional eparte indispensable dalgunhas das apaixonantes vidas que deron forma á arte mexicana do século XX.

Tras unha longa ausencia, a pintora, ficticia, ElaineRisley regresa a Toronto, onde viviu a súa primeiraadolescencia, para presentar unha exposiciónretrospectiva da súa obra. Deambular polas rúasda cidade, xa cumpridos os cincuenta anos, ebuscar caras coñecidas na rrúa reaviva na súamemoria as imaxes da infancia. A autora de Elcuento de la criada viaxa ao mundo da infanciapara mostrar a súa cara mais escura

Ojo de gato

Elena Poniatowska

Margaret Atwood

A través dun lenzo atopado en Internet, AníbalMoreda investiga a vida da pintora ArtemisiaGentileschi. Nesta procura queda atrapado nunharelación obsesiva que lle conducirá á morte. Unamigo recupera os seus textos e a través deles imoscoñecendo a Artemisia. Xabier Paz ofrécenos unhanovela biográfica sobre unha pintora valorada nasúa época, pero esquecida pola historia oficial. Anovela é tamén unha apaixonante viaxe aoepicentro da cultura europea do século XVII

Aníbal e a pintora /Xabier Paz

Dos veces única /

Totalidad sexual del cosmosJuan Bonilla

A pintora e poeta mexicana Carmen Mondragón, máis coñecida como Nahui Olin, foi unha artista deenorme carisma e sensualidade. Nada en México en 1893, viviu no París dos primeiros anos do século XX,onde coñeceu a Braque, Matisse ou Picasso...Tras pasar por San Sebastián, mergullouse na vida artística deMéxico, onde destacou polas súas ideas feministas e a súa actitude provocadora e ecléctica, que a levaron ainteresarse non só pola poesía e a filosofía, senón polas matemáticas e as ciencias exactas.

Page 20: Copia de GUIA...3 2 5 $0 2 5 r $57(*8 ~$'(/(&78 5$ AR7E E LI7ERA78RA ... La luz del Guernica Baltasar Magro ... súa maneira de amar e de entender a arte, o simbolismo da súa obra

Imaxes recollidas na guíaVisa da Corutña (1669), Urbano Lugrís Vida o teatro (1940-1944) , Charlotte Salomon A rapaza da perla (1665-1667), Johannes Vermeer A Sibila de Delfos (Capilla Sixtina) (1590), Miguel Anxo Buonarroti Desnudo con alcatraces (1944), Diego Rivera Irises (1889), Vincent Van Gogh Autorretrato con pinturas e pinceis (1669), Rembrandt La toilette (1896), Toulousse Lautrec La galería de arte de Jan Snellincken en Amberes (1621), Hieronimus II Francken Latas de sopas Campbell (1962), Andy Warhol Jilguero atado (1654), Carel Fabritius Maja desnuda (17980-1800), Francisco de Goya Autorretrato como Baco enfermo (1594-1596), Caravaggio Autorretrato (1554), Sofonisba Anguissola A ponte xaponesa (1889), Claude Monet Autorretrato con discípulos (1785), Adelaide Labille Guiard A sorpresa do trigo (1936), Maruja Mallo Judith e a súa doncella (1618-1619), Artemisia Gentilleschi

Page 21: Copia de GUIA...3 2 5 $0 2 5 r $57(*8 ~$'(/(&78 5$ AR7E E LI7ERA78RA ... La luz del Guernica Baltasar Magro ... súa maneira de amar e de entender a arte, o simbolismo da súa obra

BIBLIOTECA SERVIZO MUNICIPAL DE BIBLIOTECAS

 Rúa Durán Loriga 10-1o , 15003, A Coruña

Teléfono 981189886

BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁGORA

Lugar Gramela, 17, 15010 A Coruña

Teléfono 981184384 / Fax 981184385

BIBLIOTECA MUNICIPAL CASTRILLÓN  

Praza de Pablo Iglesias, 15009 A Coruña

Teléfono 981184390

BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ESTUDOS LOCAIS

Rúa Durán Loriga 10-1º, 15003, A Coruña

Teléfono 981184386

BIBLIOTECA MUNICIPAL FORUM METROPOLITANO

Rúa Río Monelos 1, 15006, A Coruña

Teléfono 981184298

BIBLIOTECA INFANTIL E XUVENIL

Rúa Durán Loriga 10-Bjo , 15003, A Coruña

Teléfono 98184388

BIBLIOTECA MUNICIPAL MONTE ALTO

Vereda del Polvorín, 3-3º, 15002, A Coruña

Teléfono 981184382

BIBLIOTECA MUNICIPAL OS ROSALES

Praza Elíptica 1-1º 15011 A Coruña

Teléfono 981184389

BIBLIOTECA MUNICIPAL SAGRADA FAMILIA

Rúa Antonio Pereira 1-Bx. 15007 A Coruña

Teléfono 981184392

PUNTO SERVICIO MESOIRO

Rúa Os Ancares, 15, 15190, A Coruña

Teléfono 981184370

[email protected]@coruna.es

[email protected] [email protected]

[email protected]@coruna.es

[email protected]@coruna.es

[email protected] [email protected]

POR AMOR Á ARTE

Guía

de le

ctur

a, Bib

liote

ca Ág

ora

Page 22: Copia de GUIA...3 2 5 $0 2 5 r $57(*8 ~$'(/(&78 5$ AR7E E LI7ERA78RA ... La luz del Guernica Baltasar Magro ... súa maneira de amar e de entender a arte, o simbolismo da súa obra

POR AMOR Á ARTEGUÍA DE LECTURA