condiciÓns especiais do seguro de piscifactorÍas de … · son asegurables as producións da...

21
LIÑA 083/2013 – Páx. 1 de 21 O tomador en representación dos seus asegurados, no caso de declaracións de seguros colectivos, e o asegurado, no caso de declaracións de seguro individual, subscriben este condicionado e aceptan especificamente as súas condicións limitativas, que aparecen salientadas en negra, e reciben neste acto cadansúa copia. (1) Recoller o núm. de declaración de seguro colectivo ou de declaración de seguro individual, segundo proceda. ………………………………………….., ………. de ………………………………….de …… O tomador do seguro ou o asegurado SINATURA E SELO CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE PISCIFACTORÍAS DE TROITAS De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese a produción de troitas contra os riscos seguintes: acontecementos meteorolóxicos excepcionais (vento furacanado), inundación, raio, incendio, explosión, contaminación química e biolóxica, falta de subministración de auga salvo en seca hidráulica e enfermidades víricas, parasitarias e bacterianas, segundo estas condicións especiais, complementarias das xerais da póliza de seguros para acuicultura. PRIMEIRA - OBXECTO DO SEGURO, RISCOS CUBERTOS, OPCIÓNS E DEFINICIÓNS O obxecto do seguro é cubrir, co límite do capital asegurado, a morte ou perda, incluída a perda total do valor comercial, das existencias no momento dun sinistro, debida aos riscos que se indican no cadro I, para as garantías establecidas como básicas ou adicionais que se ofrecen, e sempre e cando se cumpran os requisitos mínimos para o aseguramento establecidos nas condicións especiais vixésimo segunda e vixésimo cuarta. Tamén se cobren, nas condicións que logo se indican, os gastos de eliminación de residuos e de prevención de perdas de existencias. Ref. do seguro colectivo ou ref. seguro individual (1) APELIDOS E NOME OU DENOMINACIÓN SOCIAL DO TOMADOR CIF OU NIF

Upload: others

Post on 28-May-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE PISCIFACTORÍAS DE … · Son asegurables as producións da especie Oncorhynchus mykiss (troita arco da vella ou troita americana). O talle mínimo

LIÑA 083/2013 – Páx. 1 de 21

O tomador en representación dos seus asegurados, no caso de declaracións de seguros colectivos, e o asegurado, no caso de declaracións de seguro individual, subscriben este condicionado e aceptan especificamente as súas condicións limitativas, que aparecen salientadas en negra, e reciben neste acto cadansúa copia.

(1) Recoller o núm. de declaración de seguro colectivo ou de declaración de seguro individual, segundo proceda.

………………………………………….., ………. de ………………………………….de …… O tomador do seguro ou o asegurado SINATURA E SELO

CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE PISCIFACTORÍAS DE TROITAS

De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántese a produción de troitas contra os riscos seguintes: acontecementos meteorolóxicos excepcionais (vento furacanado), inundación, raio, incendio, explosión, contaminación química e biolóxica, falta de subministración de auga salvo en seca hidráulica e enfermidades víricas, parasitarias e bacterianas, segundo estas condicións especiais, complementarias das xerais da póliza de seguros para acuicultura.

PRIMEIRA - OBXECTO DO SEGURO, RISCOS CUBERTOS, OPCIÓNS E DEFINICIÓNS

O obxecto do seguro é cubrir, co límite do capital asegurado, a morte ou perda, incluída a perda total do valor comercial, das existencias no momento dun sinistro, debida aos riscos que se indican no cadro I, para as garantías establecidas como básicas ou adicionais que se ofrecen, e sempre e cando se cumpran os requisitos mínimos para o aseguramento establecidos nas condicións especiais vixésimo segunda e vixésimo cuarta.

Tamén se cobren, nas condicións que logo se indican, os gastos de eliminación de residuos e de prevención de perdas de existencias.

Ref. do seguro colectivo ou ref. seguro individual (1)

APELIDOS E NOME OU DENOMINACIÓN SOCIAL DO TOMADOR

CIF OU NIF

Page 2: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE PISCIFACTORÍAS DE … · Son asegurables as producións da especie Oncorhynchus mykiss (troita arco da vella ou troita americana). O talle mínimo

LIÑA 083/2013 – Páx. 2 de 21

Distínguense os seguintes tipos de explotación:

- Tipo 1: Intensivo en tanques.

- Tipo 2: Criadeiros (hatchery-nursery).

- Tipo 3: Viveiros (gaiolas) en encoros.

Cadro I – Riscos cubertos

Garantías básicas Garantías adicionais

∗ Acontecementos meteorolóxicos excepcionais: - Vento furacanado

* Inundación, enchente ou riada ∗ Raio, incendio ou explosión ∗ Contaminación química ou biolóxica ∗ Falta de subministración de auga

∗ Enfermidades

As garantías adicionais poderán contratarse sempre e cando se contratasen simultaneamente as básicas. As opcións resultantes que poderán ser elixidas polo piscicultor son as seguintes:

TODOS OS TIPOS DE EXPLOTACIÓNS……………..… ...............................................OPCIÓN Garantías básicas ........................................................................................................................A G. básicas + g. adicionais ..........................................................................................................B

Ademais, garántense:

o Os gastos de eliminación de residuos (non se inclúen neles os peixes mortos) ocasionados por un sinistro indemnizable. Estes gastos, que se xustificarán mediante a correspondente factura, terán un mínimo indemnizable de 500 euros e un límite do 5 % do capital máximo asegurado da explotación segundo o Plan provisional anual de cría (PPAC) durante todo o período de garantía.

o Os gastos de prevención dunha perda inminente das existencias por un sinistro garantido, logo do aviso á Agrupación Española de Entidades Aseguradoras de los Seguros Agrarios Combinados, S. A. (AGROSEGURO) e aceptación por esta. Estes gastos, que se xustificarán mediante a correspondente factura, terán un mínimo indemnizable de 500 euros e un límite do 5 % do capital máximo asegurado da explotación por cada sinistro garantido. Non se inclúen os custos de medicación ou veterinarios.

Page 3: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE PISCIFACTORÍAS DE … · Son asegurables as producións da especie Oncorhynchus mykiss (troita arco da vella ou troita americana). O talle mínimo

LIÑA 083/2013 – Páx. 3 de 21

A garantía adicional de enfermidades requirirá a conformidade expresa de AGROSEGURO, quen considerará os requisitos de aseguramento recollidos na condición vixésimo cuarta, logo da análise dos datos e informacións que se consideren oportunos.

DEFINICIÓNS PARA OS EFECTOS DO SEGURO:

Biomasa: Masa total dos peixes existentes nun espazo determinado, expresada en kg.

Leito natural do río: É o terreo cuberto polas augas nas máximas crecidas ordinarias (art. 41 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, do Regulamento do dominio público hidráulico).

Caudal de auga: Cantidade total de auga, en litros por minuto, que circula pola instalación, obtida por medios mecánicos ou naturais, sen reciclaxe.

Densidade de cría ou carga: Resultado da división do peso total dos peixes criados nunha unidade de produción polo volume de auga desa unidade.

Estación de capacidade asignada: Será a máis próxima que pertenza á bacía hidrográfica correspondente, situada no mesmo leito do río de alimentación da piscifactoría, de ser o caso.

Explotación: Conxunto de bens e elementos organizados empresarialmente polo seu titular para a produción piscícola. Cada explotación disporá da concesión ou autorización administrativa correspondente e mais do seu código de rexistro de explotación. Deberán estar inscritas no Rexistro de explotacións de acuicultura, integrado no Rexistro xeral de explotacións gandeiras (REGA), segundo a lexislación en vigor.

Máxima crecida ordinaria para os efectos do seguro: Considérase como caudal da máxima crecida ordinaria a media dos máximos caudais anuais, no seu réxime natural, producidos durante dez anos consecutivos e rexistrados sobre a estación de capacidade asignada.

Mortalidade natural: Taxa media de individuos mortos nun prazo definido e segundo a fase de cría, baseada na experiencia a longo prazo segundo a especie, o método de cría e sen ter en conta ningún sinistro.

É o resultado da división do número de animais mortos ao final de cada fase de cría considerada polo número de animais vivos ao inicio desa fase ou de calquera outra fase de referencia e multiplicado por 100. Na base dos informes mensuais sobre o estado das existencias, expresarase para ter en conta as características propias da instalación.

Plan provisional anual de cría (PPAC): Previsión das existencias da explotación e do seu valor por cada mes do período de garantía. Esta previsión deberá acompañar a solicitude do seguro da explotación, e será parte integrante da póliza de seguro.

Page 4: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE PISCIFACTORÍAS DE … · Son asegurables as producións da especie Oncorhynchus mykiss (troita arco da vella ou troita americana). O talle mínimo

LIÑA 083/2013 – Páx. 4 de 21

Solicitude de seguro da explotación: Petición de cobertura do tomador ou do asegurado a través dunha entidade aseguradora, formulada no impreso creado para o efecto e cuberto o seu cuestionario. É un requisito anterior á subscrición da cobertura. Esta solicitude será parte integrante da póliza de seguro.

Unidade de produción: Recinto no que se crían os peixes, segundo o tamaño. Pode ser un tanque, unha nave, unha canle ou unha gaiola ou viveiro.

SEGUNDA - ÁMBITO DE APLICACIÓN

O ámbito de aplicación deste seguro estenderase a todas as explotacións de piscicultura industriais instaladas nas augas continentais destinadas á produción de troita, que estean situadas no territorio nacional e que dispoñan do pertinente título de concesión de auga, outorgado pola bacía hidrográfica correspondente.

TERCEIRA - EXPLOTACIÓNS E PRODUCIÓNS ASEGURABLES. TITULAR DO SEGURO

É asegurable toda explotación, das tipificadas nestas condicións, que dispoña da concesión administrativa correspondente, e que figure inscrita no Rexistro xeral de explotacións gandeiras (REGA).

Ademais, deberán contar cun sistema de vixilancia zoosanitaria, libro de rexistro e de rastrexabilidade e demais obrigas que establece o Real decreto 1614/2008.

No son asegurables as producións de centros destinados a investigación ou experimentación.

Consideraranse explotacións diferentes aquelas que, a pesar de pertencer a un mesmo titular, dispoñan dunha concesión diferente. A identificación das explotacións aseguradas realizarase mediante os códigos nacionais asignados polo REGA, os cales deben figurar nas pólizas.

Son asegurables as producións da especie Oncorhynchus mykiss (troita arco da vella ou troita americana). O talle mínimo dos peixes susceptibles de aseguramento será de 2 cm.

Nas hatcheries tamén se asegurarán os reprodutores.

Para os efectos do seguro, os animais clasificaranse nos seguintes tipos:

1. Alevíns: Primeiro estado do peixe, desde 2 cm ata 12 cm, ambos incluídos.

2. Troitiña ou cácabo: Estado xuvenil, a partir de 12 cm e ata que o peixe alcanza os 100 g, ambos incluídos.

3. Troita: Estado adulto do peixe a partir de 100 g.

Page 5: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE PISCIFACTORÍAS DE … · Son asegurables as producións da especie Oncorhynchus mykiss (troita arco da vella ou troita americana). O talle mínimo

LIÑA 083/2013 – Páx. 5 de 21

O titular do seguro será o titular da explotación ou da subexplotación que figure como tal no seu código REGA (nome e identificación fiscal). Igualmente, poderá ser titular da póliza toda persoa, física ou xurídica, que teña interese no ben asegurable e que figure nalgún apartado do devandito código REGA.

O titular do seguro deberá notificarlle á autoridade competente do REGA da súa comunidade autónoma todos os cambios ou modificacións que sexan necesarios para unha correcta identificación da explotación, do titular e dos bens asegurables.

CUARTA - EXCLUSIÓNS

Ademais das previstas na condición xeral cuarta, exclúense das garantías do seguro as perdas producidas por:

− Rotura ou avaría da maquinaria que non sexa causada polos riscos cubertos.

− A anoxia nos peixes, salvo polos blooms de microorganismos (contaminación biolóxica) que produzan este efecto.

− Seca.

− Envelenamento e malquerenza de estraños.

− Canibalismo, depredación, mortalidade natural e calquera outro risco non incluído nestas condicións especiais e particulares, de ser o caso.

− As perdas por deterioración dos cables a causa de riscos distintos ao incendio, como son as sobrecargas ou avaría na instalación eléctrica.

− Perdas descubertas no momento das despescas ou nas clasificacións.

− As enfermidades atribuíbles a un mal manexo.

− As explotacións que non cumpran con algún dos requisitos mínimos para o aseguramento das garantías básicas, que se indican na condición vixésimo segunda, e da garantía adicional de enfermidades, nas condicións vixésimo segunda e vixésimo cuarta.

− A perda ou morte dos animais cando non poida constatarse a causa no momento de realizar a taxación.

QUINTA - PERÍODO DE GARANTÍA

As garantías inícianse coa toma de efecto, unha vez finalizado o período de carencia, e finalizarán ao ano da subscrición en todos os casos, aínda que se producisen novas altas de existencias nese período.

No caso da garantía de enfermidades, sempre que o sinistro se comunicase antes do final do período de garantías e no suposto de que a perda de existencias se produza despois da data de vencemento da póliza, estará garantida a produción ata que haxa 60 días desde o comezo da enfermidade.

Page 6: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE PISCIFACTORÍAS DE … · Son asegurables as producións da especie Oncorhynchus mykiss (troita arco da vella ou troita americana). O talle mínimo

LIÑA 083/2013 – Páx. 6 de 21

SEXTA - PRAZO DE SUBSCRICIÓN DO SEGURO E ENTRADA EN VIGOR

* Solicitude de seguro.

O tomador do seguro ou o asegurado deberá formular unha solicitude de seguro a través dunha entidade aseguradora, para o que enviará debidamente cubertos o cuestionario que lle será facilitado para o efecto e mais o PPAC da explotación a AGROSEGURO, ao seu domicilio social da rúa Gobelas, 23 - 28023 Madrid. Así mesmo, xuntará unha copia do xustificante de transferencia bancaria de 200 euros a AGROSEGURO en concepto de gastos de estudo e inspección.

Os acuicultores que soliciten o seguro por primeira vez deberán remitirlle a documentación pertinente a AGROSEGURO un mes antes da finalización do período de subscrición.

Recibida a solicitude, AGROSEGURO realizará unha inspección técnica previa da explotación e, de subscribirse finalmente a declaración de seguro, o importe antes mencionado deducirase da parte da prima pagadoira polo tomador.

En caso contrario non será reembolsado, aínda cando AGROSEGURO non dea a autorización por considerar que a instalación non cumpre os requisitos de aseguramento.

No suposto de que a explotación non alcanzase os requisitos necesarios de aseguramento e AGROSEGURO tivese que realizar unha segunda inspección técnica anterior ao aseguramento, o tomador deberá transferir outros 200 euros, que non serán deducibles da prima pagadoira polo tomador.

A solicitude de seguro, unha vez asinada pola entidade aseguradora, constitúe parte do contrato.

AGROSEGURO comunicaralle a ENESA calquera pacto expreso cos asegurados, e será convocada, se así o considerase conveniente, para presenciar as inspeccións técnicas previas.

* Factores que afectan o risco e repercuten na tarificación do seguro:

A tarifa axustarase ás características da explotación, en función dunha serie de factores ou parámetros que se indican a continuación.

Estes factores compróbanse na inspección técnica previa e pódense complementar con estudos complementarios de gabinete.

Factores que se deben considerar en todos os tipos de explotación:

1. Situación da explotación. Situación na bacía correspondente: nacemento do río, localización respecto do leito, auga de manancial.

2. Deseño e antigüidade das instalacións. Grao de tecnificación e manexo. Capacidade dos equipos auxiliares. Situación destes. Equipos de alarma nas conducións.

3. Estado xeral da explotación e mantemento desta. 4. Distancia a posibles fontes de contaminación. 5. Nivel de capacitación técnica do persoal da explotación.

Page 7: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE PISCIFACTORÍAS DE … · Son asegurables as producións da especie Oncorhynchus mykiss (troita arco da vella ou troita americana). O talle mínimo

LIÑA 083/2013 – Páx. 7 de 21

* Declaración e entrada en vigor do seguro.

O prazo para a subscrición do seguro será o que determine o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Para aquelas declaracións de seguro que se subscriban o último día do período de subscrición do seguro admitirase que o pagamento sexa realizado o seguinte día hábil.

A entrada en vigor iníciase ás cero horas do día seguinte a aquel en que o tomador do seguro pague a prima, sempre que previa ou simultaneamente se formalizase a declaración de seguro. Para estes efectos, non se considerará a data do pagamento inicial de 200 €.

Para os asegurados que paguen a prima e realicen un novo contrato de seguro nos dez días anteriores ao vencemento da súa póliza, considerarase data de entrada en vigor do novo seguro a do final das garantías do anterior.

Para os asegurados que realicen un novo contrato de seguro e paguen a prima dentro do prazo dos 10 días seguintes ao vencemento da póliza anterior, durante ese período intermedio as opcións e o límite máximo de capital garantidos serán os que correspondían á póliza anterior.

SÉTIMA - PERÍODO DE CARENCIA

Establécese, para os riscos distintos das enfermidades, un período de carencia de 6 días contados desde a entrada en vigor do seguro.

No caso das enfermidades, e en cada recepción de peixes na explotación, o período establecido como carencia será de 15 días.

As explotacións que sexan aseguradas de novo ata nos 10 días seguintes á terminación do contrato anterior non terán período de carencia nos riscos amparados na póliza precedente.

OITAVA - OBRIGAS DO TOMADOR DO SEGURO E ASEGURADO

Ademais da condición especial oitava das xerais da póliza, o tomador do seguro ou o asegurado están obrigados a:

a). Asegurar todas as existencias asegurables, segundo o reflectido no Plan provisional anual de cría, en cada unha das piscifactorías da súa propiedade.

O incumprimento desta obriga, salvo casos debidamente xustificados, dará lugar á perda do dereito á indemnización.

Page 8: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE PISCIFACTORÍAS DE … · Son asegurables as producións da especie Oncorhynchus mykiss (troita arco da vella ou troita americana). O talle mínimo

LIÑA 083/2013 – Páx. 8 de 21

Os asegurados que contratasen esta liña de seguro o ano anterior e subscriban na actual campaña unha nova declaración de seguro deberán declarar un volume de existencias non inferior ao do ano anterior, salvo que fose acreditada causa xustificada.

b). Indicar a situación xeográfica da explotación e, de ser o caso, o número da estación de capacidade asignada.

Deberase acompañar o plano de localización coa solicitude do seguro, e tamén reflectir a provincia, a comarca e o concello.

c). Reflectir nos libros de control da explotación, para cada unidade de produción:

- As existencias asegurables - A mortalidade natural e a debida a outras causas - Escapes - Achega diaria de alimento - Rexistros periódicos dos diferentes parámetros da auga, como poden ser a

temperatura e a concentración de osíxeno.

d). Facilitarlle a AGROSEGURO a información e a documentación recollida nos rexistros no caso de inspección ou sinistro, e tamén toda aquela necesaria para a debida apreciación das circunstancias de interese para o seguro.

e). Enviar a AGROSEGURO nos dez primeiros días de cada mes o estado da produción do final do mes anterior no modelo establecido para tal efecto, especificando por unidade de produción a identificación do lote, o número de peixes, a biomasa e o peso medio, xunto coa mortalidade natural e a debida a outras causas. Ademais, consignaranse as entradas e saídas de peixes da explotación, ademais do resumo por especie do número de peixes e da biomasa.

f). Comunicarlle a AGROSEGURO, en canto sexa coñecida, calquera circunstancia que puidese afectar o risco.

g). Comunicarlle a AGROSEGURO calquera cambio de titularidade ou da concesión administrativa da explotación.

h). Permitirlles a AGROSEGURO ou aos peritos por el designados a inspección dos bens asegurados en todo momento, e facilitarlles a entrada e acceso ás diferentes instalacións da explotación.

i). Presentar unha denuncia ante a autoridade competente do lugar onde acontecese o sinistro causado por contaminación química, nun prazo máximo de 48 horas hábiles contadas a partir do suceso.

A copia da acta da denuncia deberalle ser remitida a AGROSEGURO no prazo de 5 días a partir da comunicación do sinistro.

Page 9: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE PISCIFACTORÍAS DE … · Son asegurables as producións da especie Oncorhynchus mykiss (troita arco da vella ou troita americana). O talle mínimo

LIÑA 083/2013 – Páx. 9 de 21

Indicarase a data e a hora do sinistro, a substancia química, de ser o caso, as causas coñecidas ou supostas, os medios adoptados para minorar as consecuencias, as circunstancias nas que este se produciu e a contía, cando menos aproximada, dos danos que derivasen do sinistro. No caso de incumprimento deste deber, observarase o disposto na condición xeral de acuicultura décimo sétima.

O incumprimento de calquera destas obrigas, cando impida a AGROSEGURO a adecuada valoración do risco, suporá a perda do dereito á indemnización.

NOVENA - VALORES UNITARIOS

Os valores unitarios aplicables aos diferentes tipos de peixes, e unicamente para os efectos de pagamento de primas e importe de indemnizacións, serán elixidos libremente polo acuicultor, dentro dos establecidos para estes efectos polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

DÉCIMA - PRODUCIÓN MÁXIMA ASEGURABLE. DENSIDADES MÁXIMAS ADMISIBLES

O tomador do seguro ou o asegurado fixará no momento da contratación o valor mensual das existencias que se reflectirá no PPAC.

As densidades máximas admisibles (kg/m3) variarán en función do tamaño do animal e do tipo de explotación, e serán as seguintes:

Con osixenadores (osíxeno líquido): Sen osixenadores:

Alevín: 25 kg/m3 Alevín: 15 kg/m3 Cácabo: 40 kg/m3 Cácabo: 21 kg/m3 Troita: 60 kg/m3 Troita: 32 kg/m3

No caso da cobertura de enfermidades, o incumprimento da obriga de respectar a densidade de existencias, sen superar os máximos admisibles, dará lugar á perda do dereito á indemnización por sinistro na unidade de produción afectada, se se supera nun 10 % o límite de densidade máxima. Para o resto de riscos, unicamente o exceso quedará como responsabilidade do asegurado.

DÉCIMO PRIMEIRA - VALOR DA PRODUCIÓN

Para a valoración da produción (VP) para os efectos do cálculo de primas e indemnizacións, determinarase:

- En instalacións de engorda: VP = (N x Pa) + (B x Ce), onde: N = núm. total de peixes (ud.) Pa = prezo de adquisición do alevín, segundo a táboa do Ministerio de Agricultura,

Alimentación e Medio Ambiente (€/100 ud.)

Page 10: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE PISCIFACTORÍAS DE … · Son asegurables as producións da especie Oncorhynchus mykiss (troita arco da vella ou troita americana). O talle mínimo

LIÑA 083/2013 – Páx. 10 de 21

B = biomasa (kg) Ce = custo de crianza (€/kg)

- En hatcheries ou criadeiros:

VP = N x Pa, onde: N = núm. total de peixes (ud.) Pa = prezo do alevín, segundo a táboa do Ministerio de Agricultura, Alimentación e

Medio Ambiente (€/100 ud.)

No caso dos reprodutores, aplicarase esta fórmula en función do prezo destes.

DÉCIMO SEGUNDA - CAPITAL ASEGURADO. TIPOLOXÍA

O capital asegurado será o 100 % do valor da produción (cobertura 100 %).

Para os efectos da prima considérase:

Capital medio asegurado inicial: é a media dos capitais asegurados mensuais segundo o PPAC.

Capital medio asegurado final: é a media dos capitais asegurados mensuais reais obtidos durante o período de garantía da póliza.

Capital asegurado segundo o PPAC: é o 100 % do VP establecido no PPAC.

Capital máximo asegurado: é o 100 % do VP establecido no PPAC para o mes de máximas existencias.

Redución do capital asegurado:

Cando a produción declarada sexa minguada durante o período de carencia por calquera tipo de risco (asegurable ou non), o asegurado poderá solicitar a redución do capital asegurado con devolución da prima de inventario correspondente.

Dirixirá a solicitude a AGROSEGURO e achegará a seguinte información:

– Causa e data dos danos.

– Porcentaxe de redución que solicita.

– Novo PPAC, refeito co novo capital asegurado medio previsto.

– Datos identificativos da declaración de seguro e xustificante do pagamento da prima.

AGROSEGURO só admitirá as solicitudes de redución que reciba antes do décimo día, contando desde a fin do período de carencia.

Page 11: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE PISCIFACTORÍAS DE … · Son asegurables as producións da especie Oncorhynchus mykiss (troita arco da vella ou troita americana). O talle mínimo

LIÑA 083/2013 – Páx. 11 de 21

AGROSEGURO poderá realizar as inspeccións e comprobacións que estime oportunas e comunicaralle ao solicitante se acepta a redución, e en que medida, nos 20 días seguintes á recepción da comunicación.

Se procedese o extorno da prima, este efectuarase no momento da emisión do recibo da prima.

DÉCIMO TERCEIRA - PRIMA: IMPORTE, PAGAMENTO E A SÚA REGULARIZACIÓN

O custo total inicial do seguro establecerase con base no PPAC como aplicación da taxa de custo sobre o capital medio asegurado inicial.

O pagamento da prima única realizarase ao contado.

* Regularización de primas:

No momento en que venza a póliza procederase a regularizar a prima, con base nas notificacións de existencias comunicadas en tempo e forma segundo o indicado no apartado e) da condición oitava, que servirán de base para calcular o capital medio asegurado final.

Se AGROSEGURO non recibise unha ou máis declaracións mensuais, a prima regularizada calcularase sobre a base dos capitais asegurados mensuais previstos segundo o PPAC; e se se detectase a través dalgunha comunicación un desaxuste significativo entre a realidade e os datos do PPAC, para os meses non comunicados computarase o capital asegurado con base na evolución do stock de existencias da explotación a teor das comunicacións recibidas.

A prima de regularización será igual á diferenza que resulte de aplicar a taxa de custo sobre o capital medio asegurado final, ou custo total do seguro, e o capital medio asegurado inicial no PPAC.

Non obstante, AGROSEGURO, por iniciativa propia ou solicitude do asegurado poderá, ao longo da vixencia da póliza, emitir regularizacións provisionais de prima, e terá en conta a evolución das existencias da explotación.

O asegurado disporá de 15 días desde a emisión do recibo de prima e o requirimento fidedigno de AGROSEGURO para proceder ao pagamento da prima regularizada.

De non efectualo, en caso de sinistro, á indemnización aplicaráselle a mesma porcentaxe de redución que supón a prima sen regularizar respecto da prima regularizada.

O custo total do seguro non poderá ser en ningún caso inferior ao 80 % do custo total inicial con base no PPAC. Esta cantidade será considerada prima mínima que se debe desembolsar, aínda cando o asegurado abandone a actividade durante a vida do contrato.

En caso de sinistro garantido non procederá a devolución da prima por regularización. Neste suposto, para a determinación do valor do capital dos meses restantes ata a fin de garantías, sumarase ao valor das existencias o das perdas efectivas.

Page 12: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE PISCIFACTORÍAS DE … · Son asegurables as producións da especie Oncorhynchus mykiss (troita arco da vella ou troita americana). O talle mínimo

LIÑA 083/2013 – Páx. 12 de 21

Todos os pagamentos da prima se realizarán mediante ingreso directo ou transferencia bancaria á conta de AGROSEGURO Acuicultura, aberta na entidade de crédito que se estableza no momento da contratación. A data de pagamento será a que figure no xustificante bancario como data do ingreso directo ou da transferencia.

O tomador do seguro ou o asegurado deberá xuntar ao orixinal da declaración de seguro unha copia do xustificante de pagamento da prima como medida de proba de tal pagamento.

En ningún caso se entenderá realizado o pagamento cando este se lle efectúe directamente ao mediador de seguros.

Nos seguros colectivos, o tomador de seguros, a medida que vaia incluíndo os seus asociados no seguro e subscriba para o efecto as oportunas aplicacións, acreditará o pagamento da parte da prima única ao seu cargo, correspondente a estas aplicacións, e achegará, por cada remesa que efectúe, a copia do xustificante bancario do ingreso realizado.

Enténdese por data da transferencia a data de recepción na entidade de crédito da orde de transferencia do tomador, sempre que entre esta e a data na que a orde efectivamente se cursase ou executase non medie máis dun día hábil.

Polo tanto, cando entre a data de recepción da orde e a do curso efectivo desta pola entidade de crédito medie máis dun día hábil, considerarase data de pagamento da prima o día hábil anterior á data en que a entidade efectivamente cursase ou executase a transferencia.

Así mesmo, AGROSEGURO aceptará como data da orde de pagamento a do envío da carta certificada ou de recepción do fax nas súas oficinas centrais que inclúa a copia da orde de transferencia, con selo e data da recepción da entidade bancaria, e a relación de aplicacións incluídas neste pagamento co seu importe (remesa de pagamento).

DÉCIMO CUARTA - SUPLEMENTOS POR ALTAS DE PEIXES E INCORPORACIÓN DE NOVAS EXPLOTACIÓNS Á DECLARACIÓN DE SEGURO

Durante o período de garantía da póliza poderán producirse suplementos por altas de novos peixes na explotación, e incluírse na mesma declaración de seguro novas explotacións do mesmo titular:

I) Suplementos por altas de novos peixes, sempre e cando se dea algún dos seguintes supostos:

- Entren en funcionamento novas unidades de produción na explotación que non estivesen reflectidas no PPAC.

Non se admitirá a alta de novas unidades de produción cando non estean reflectidas no proxecto orixinal da explotación, a non ser que se presente a pertinente modificación do proxecto e AGROSEGURO o acepte.

Page 13: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE PISCIFACTORÍAS DE … · Son asegurables as producións da especie Oncorhynchus mykiss (troita arco da vella ou troita americana). O talle mínimo

LIÑA 083/2013 – Páx. 13 de 21

- Se producise unha perda das existencias superior ao 30 % do valor total da explotación por causa dun risco cuberto nas garantías da póliza.

Para iso, o tomador do seguro ou o asegurado deberá solicitar a subscrición do suplemento no documento establecido para ese efecto e efectuar o pagamento da prima que lle corresponda, acompañado do PPAC destas unidades ata o vencemento da póliza, e da información que lle sexa solicitada por AGROSEGURO.

Por cada suplemento pagarase a prima polo período correspondente desde a súa entrada en vigor ata o vencemento da póliza.

Os peixes asegurados a través de suplementos estarán sometidos ás carencias establecidas na condición sétima, unha vez efectuado o pagamento.

Os riscos cubertos por estes suplementos coincidirán cos da póliza principal.

II) Suplementos por alta de novas explotacións na mesma declaración de seguro:

Considérase a posibilidade de incluír na póliza dun asegurado as novas explotacións que puidese adquirir ao longo da vixencia da póliza, baixo a figura do suplemento. Para iso procedería, como se indica na condición especial 6ª, en canto á solicitude do seguro e a súa entrada en vigor, pagar a prima polo período correspondente desde a súa entrada en vigor ata o vencemento da póliza, como no caso dos suplementos do apartado I).

DÉCIMO QUINTA - COMUNICACIÓN DE DANOS

Todo sinistro deberalle ser comunicado polo tomador do seguro, o asegurado ou o beneficiario ao departamento de sinistros de AGROSEGURO, no seu domicilio social, C/ Gobelas, 23, 28023 Madrid, fax núm. 918 37 32 33, no prazo de 24 horas desde o seu coñecemento.

A declaración de sinistro conterá os datos identificativos da póliza, un teléfono de contacto e mais a data e causas do sinistro.

No caso de incumprimento, AGROSEGURO poderá reclamar os danos e perdas causados pola falta de declaración (que deducirá da indemnización resultante), a non ser que tivese coñecemento do sinistro por outro medio.

DÉCIMO SEXTA - MOSTRAS TESTEMUÑAIS

Acontecido un sinistro e se existisen restos de peixes, o asegurado deberá conservar mostras representativas dos peixes en condicións apropiadas de conservación para a súa análise por parte de AGROSEGURO.

No caso de enfermidades e contaminación, o asegurado deberá enviar mostras dos peixes sinistrados o antes posible ao laboratorio que teña concertado para que se realicen as análises pertinentes.

Page 14: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE PISCIFACTORÍAS DE … · Son asegurables as producións da especie Oncorhynchus mykiss (troita arco da vella ou troita americana). O talle mínimo

LIÑA 083/2013 – Páx. 14 de 21

No caso de inundación, non se poderán comezar os labores de limpeza das instalacións ata que se presente na explotación o técnico designado por AGROSEGURO, para realizar a peritaxe, a excepción daquelas imprescindibles para o mantemento dos peixes con vida.

O incumprimento de deixar mostras testemuñais das características indicadas suporá a perda do dereito á indemnización.

DÉCIMO SÉTIMA - SINISTRO MÍNIMO INDEMNIZABLE

Para que un sinistro garantido sexa considerado indemnizable, o valor das perdas deberá ser superior ás seguintes porcentaxes sobre o valor das existencias totais da explotación no momento do sinistro, e deberase ter en conta que, de non alcanzar as porcentaxes establecidas, se o sinistro garantido é superior a 40.000 euros, terá carácter de indemnizable.

− Para os sinistros debidos a enfermidades ÷ 20 %

− Para os sinistros debidos a contaminación química ou biolóxica ÷ 30 %

− Para os sinistros debidos ao resto de riscos ÷ 10 %

Cando dúas ou máis causas concorran nun sinistro sen que poida ser definida con exactitude a contía dos danos producidos por cada unha, e estas causas estivesen cubertas na póliza con distinto mínimo indemnizable, será de aplicación o maior deles.

Os sinistros, no que respecta á determinación de se alcanzan o SMI, non son acumulables. Non obstante:

Os que durante 72 horas ocasionen os acontecementos meteorolóxicos excepcionais consideraranse un único sinistro.

Igualmente, os danos debidos a enfermidade ou contaminación que se produzan durante 60 días consecutivos serán considerados un único sinistro.

DÉCIMO OITAVA - FRANQUÍA

O seu importe é o resultado de aplicar a porcentaxe que se indica a continuación ao valor da PREAS, segundo o risco do que se trate.

Nos supostos de gastos pola eliminación de residuos por un sinistro indemnizable (sen incluír como tales os peixes mortos) ou pola prevención de perdas de existencias, aplícase unha franquía a estes gastos de 500 €. Os gastos, en todo caso, deben acreditarse mediante factura.

Será o resultado de aplicar, segundo o tipo de risco, os valores seguintes sobre o valor da PREAS da explotación.

Page 15: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE PISCIFACTORÍAS DE … · Son asegurables as producións da especie Oncorhynchus mykiss (troita arco da vella ou troita americana). O talle mínimo

LIÑA 083/2013 – Páx. 15 de 21

Non obstante, a franquía máxima por explotación será de 25.000 €, salvo en enfermidades, que será de 40.000 €.

− Para os sinistros debidos a enfermidades ÷ 20 %

− Para os sinistros debidos aos demais riscos cubertos ÷ 10 %

Cando dúas ou máis causas concorran nun sinistro sen que poida ser definida con exactitude a contía dos danos producidos por cada unha, e estas causas estivesen cubertas na póliza con franquías distintas, só será de aplicación a franquía máis alta delas, e o seu importe será deducido da indemnización do sinistro.

DÉCIMO NOVENA - INSPECCIÓN DE DANOS

Unha vez comunicado o sinistro, o perito designado por AGROSEGURO deberá presentarse no lugar dos danos para realizar a inspección no prazo de sete días, contados desde a recepción por AGROSEGURO da comunicación.

Para estes efectos, AGROSEGURO comunicaralle ao asegurado, ao tomador do seguro ou á persoa designada para o efecto na declaración de sinistro a realización da visita cunha antelación de polo menos 24 horas, salvo acordo de levala a cabo nun prazo menor.

Cando as circunstancias excepcionais así o requiran, AGROSEGURO poderá solicitar e obter, de ser o caso, a autorización conxunta de ENESA e da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións para ampliar o anterior prazo.

VIXÉSIMA - CÁLCULO DA INDEMNIZACIÓN

O procedemento que se debe seguir na valoración dos danos será o seguinte:

O técnico designado por Agroseguro realizará a peritaxe dos danos e valorará as perdas producidas do seguinte xeito:

a) Cuantificarase o valor da perda das existencias producidas na explotación, segundo o indicado na condición especial décimo sétima.

b) Cuantificarase a produción real existente antes do sinistro.

c) Establecerase o carácter indemnizable ou non do sinistro cuberto, segundo o establecido na condición décimo sétima.

d) Se o sinistro é indemnizable, o importe neto que se debe indemnizar obterase de aplicar a porcentaxe de danos obtida (ou o seu valor económico) menos a franquía absoluta, á produción base, cos prezos indicados na declaración de seguro.

Para estes efectos, entenderase como produción base a menor entre a produción real existente antes do sinistro (PREAS), a produción máxima asegurable e a produción declarada.

Page 16: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE PISCIFACTORÍAS DE … · Son asegurables as producións da especie Oncorhynchus mykiss (troita arco da vella ou troita americana). O talle mínimo

LIÑA 083/2013 – Páx. 16 de 21

− Determínase a PREAS a partir da información contida nos libros de control diario das existencias da explotación e de calquera outra información que o perito considere relevante.

− A produción declarada obtense da información mensual de existencias enviada a AGROSEGURO, e recolle calquera posible variación experimentada desde a última notificación ata a data do sinistro. De carecer da referida información mensual, acódese aos datos do PPAC ou a calquera outro que resulte relevante.

− A produción máxima asegurable expresarase en función das densidades máximas por unidade de produción, segundo o indicado na condición especial décima.

Establécese un período de 15 días naturais desde a inspección do sinistro no que se manteñen as garantías da póliza; transcorrido este período, se non se realizasen as modificacións ou os arranxos necesarios na instalación, comunicados na taxación, suspenderanse preventivamente as garantías para os riscos que se determine.

VIXÉSIMO PRIMEIRA - CLASES DE CULTIVO

Para os efectos do establecido no artigo cuarto do Regulamento para a aplicación da Lei 87/1978 sobre seguros agrarios combinados, considéranse clase única todos os peixes asegurables.

Consecuentemente, o acuicultor que subscriba o seguro deberá incluír a totalidade das producións asegurables que posúa dentro do ámbito de aplicación deste seguro nunha mesma póliza de seguro.

O incumprimento desta obriga, salvo casos debidamente xustificados, dará lugar á perda do dereito á indemnización.

VIXÉSIMO SEGUNDA - REQUISITOS PARA O ASEGURAMENTO

De carácter xeral:

- Ter un primeiro ciclo de venda cumprido, xustificado documentalmente; no seu defecto, AGROSEGURO poderá aceptar o aseguramento atendendo á experiencia do persoal técnico e asesor da planta, ademais da idoneidade do proxecto.

- Cubrir debidamente os libros de control da explotación, tal como se indica no apartado c) da condición especial oitava.

Dispoñer de:

- Xerador de corrente de reposto e equipos auxiliares de bombeo, se procede, en perfectas condicións de uso, con capacidade suficiente para suplir os principais, co fin de manter a combinación de caudal de auga e osíxeno necesarios en caso de avaría.

Page 17: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE PISCIFACTORÍAS DE … · Son asegurables as producións da especie Oncorhynchus mykiss (troita arco da vella ou troita americana). O talle mínimo

LIÑA 083/2013 – Páx. 17 de 21

- Contrato con empresas ou persoal especializado para o mantemento de instalacións e maquinaria.

- Aparatos necesarios para a medición dos diferentes parámetros da auga de cada unidade de produción (oxímetros/termómetros, medidores de pH).

- Depósito de osíxeno líquido ou xerador de osíxeno con suficiente capacidade para atender de forma adecuada as necesidades da explotación (se procede).

- Alarmas ópticas e acústicas que alerten de avarías nas redes de distribución.

- Protocolo de actuación fronte a avarías.

- Sistema de extinción de incendios.

- Filtro biolóxico apropiado en instalacións con recirculación de auga.

Poderá darse cabida ao aseguramento de novos tipos de produción que terán que cumprir uns requisitos para o aseguramento específicos e determinados que se valorarán na inspección anterior ao aseguramento.

Se nun determinado momento do período de garantía do seguro e como consecuencia dunha inspección se constatase o incumprimento dalgún dos requisitos sinalados, suspenderanse preventivamente todas as garantías ata que se resolvan as anomalías observadas.

De igual forma, e no caso de notificación previa a AGROSEGURO, poderán suspenderse as garantías temporalmente para aqueles riscos onde o incumprimento supoña un agravamento destes.

VIXÉSIMO TERCEIRA - CONDICIÓNS MÍNIMAS DE MANEXO

− Asegurar un mantemento correcto de instalacións e equipos, segundo as normas do fabricante ou subministrador e as condicións de explotación. Efectuar con dilixencia as reparacións necesarias.

− Retirar periodicamente os peixes mortos.

− Manter a densidade das existencias sen superar o máximo admisible reflectido na condición especial décima.

− O caudal de auga mínimo en cada unha das unidades de produción será aquel que permita o normal desenvolvemento das especies cultivadas e que en calquera caso evite a morte dos peixes por anoxia.

− Adecuado baleirado sanitario das instalacións no caso dos criadeiros.

Page 18: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE PISCIFACTORÍAS DE … · Son asegurables as producións da especie Oncorhynchus mykiss (troita arco da vella ou troita americana). O talle mínimo

LIÑA 083/2013 – Páx. 18 de 21

− Desinfeccións e limpezas apropiadas de estanques e conducións, que aseguren a profilaxe e que non se obturen.

− Mantemento axeitado nos puntos de admisión e emisión de auga.

No caso de deficiencia no cumprimento das condicións mínimas de manexo, AGROSEGURO poderá reducir a indemnización en proporción á importancia dos danos dela derivados e ao grao de culpa do asegurado.

VIXÉSIMO CUARTA - GARANTÍA ADICIONAL DE ENFERMIDADES

Son obxecto desta garantía as enfermidades relacionadas no cadro 2, sempre e cando exista un pacto expreso entre o tomador ou asegurado e AGROSEGURO.

Ademais das enfermidades recollidas no cadro, estarán garantidas aquelas de nova aparición no ámbito de aplicación do seguro para as que se descoñeza a existencia de tratamento eficaz.

Nas explotacións en cuxas proximidades existan focos de infección ou contaminación permanentes, e mais naquelas instaladas en zonas con enfermidades sen erradicar, AGROSEGURO poderá excluír determinadas enfermidades desta garantía.

Cadro 2 - Enfermidades garantidas

Engorda (a partir de 8 cm) Criadeiro (alevíns a partir de 2 cm)

Bacterianas - Flavobacterium psychrophilum) Non - BKD (Reninebacterium salmoninarum) Si - Lactococcus garvieae(1) Si - Yersinia ruckeri(1) Si Víricas - IPN (necrose pancreática infecciosa) Non -“Enfermidade do sono” (alphavirus) Si Parasitarias - PKD (enfermidade proliferativa renal) Si

Si

Non Non

Si

Si Non

Si

(1) Enfermidades garantidas cando, logo de aplicar a vacinación pertinente, esta non resultase eficaz.

* Requisitos de aseguramento:

- Ter laboratorio propio equipado convenientemente, ou ben contrato de servizo de laboratorio durante o período de garantía. Os laboratorios propios ou privados estarán recoñecidos pola autoridade competente da comunidade autónoma segundo o establecido no artigo 30 da Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal.

Page 19: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE PISCIFACTORÍAS DE … · Son asegurables as producións da especie Oncorhynchus mykiss (troita arco da vella ou troita americana). O talle mínimo

LIÑA 083/2013 – Páx. 19 de 21

- Dispoñer de persoal propio coa titulación de licenciado en Veterinaria ou ben ter o correspondente contrato de servizos.

- Posuír o certificado sanitario en todas as compras de ovos ou alevíns, que garanta o seu perfecto estado sanitario no día da entrega. Todo isto segundo a normativa relativa ás condicións de policía sanitaria aplicables á posta no mercado de produtos da acuicultura.

- AGROSEGURO requiriralle ao tomador ou asegurado que solicite a cobertura de enfermidades que achegue o historial de perdas sufridas por enfermidade.

Se durante a vixencia do contrato, e como consecuencia dunha inspección de AGROSEGURO á explotación, se comprobase incumprimento dos requisitos de aseguramento para esta garantía adicional, suspenderase esta garantía ata que se solucionen as deficiencias observadas.

* Condicións técnicas mínimas de manexo:

− Desinfección periódica dos tanques e tubaxes, que aseguren a profilaxe necesaria na instalación.

− Aplicación de vacinas e desinfectantes de carácter preventivo, ademais do emprego de fármacos cando se estime necesario. A autorización oficial e a posta no mercado dunha vacina licenciada ou fármaco contrastado e indicado para as enfermidades cubertas esixirá a súa aplicación no momento oportuno.

− Manexar adecuadamente a produción, de modo que diminúan dentro do posible as causas que poidan provocar estrés aos peixes, como altas densidades, traslados innecesarios ou recirculación escasa da auga.

− Administrar, sempre que sexa posible e procedente, os tratamentos antiestrés e os baños preventivos contra enfermidades.

− Retirada diaria dos peixes mortos ou que presenten síntomas de enfermidade.

− Eliminación dos peixes mortos conforme a normativa vixente.

− Cumprir as normas legais de carácter sanitario establecidas pola Administración para as explotacións de piscicultura instaladas en augas continentais.

No caso de non aplicación ou deficiencia no cumprimento das condicións técnicas mínimas de manexo, AGROSEGURO reducirá a indemnización en proporción á importancia dos danos derivados da deficiencia e do grao de culpa do asegurado.

* Sinistro e o seu tratamento

O sinistro comunicarase de acordo co previsto na condición especial décimo quinta.

Despois de acontecer o sinistro, o asegurado estará obrigado a observar as medidas profilácticas necesarias para evitar a súa repetición o agravamento.

Page 20: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE PISCIFACTORÍAS DE … · Son asegurables as producións da especie Oncorhynchus mykiss (troita arco da vella ou troita americana). O talle mínimo

LIÑA 083/2013 – Páx. 20 de 21

Se existise discrepancia no diagnóstico da enfermidade, tomaranse, de mutuo acordo entre as partes, mostras representativas dos peixes, identificadas e seladas, para a súa análise nun laboratorio oficial. Os custos que deriven desas análises serán asumidos a partes iguais entre o asegurado e AGROSEGURO.

Se AGROSEGURO, ou o perito que designe, comprobase posteriormente que non se aplicaron as medidas correctoras oportunas, suspenderase a garantía ata que as deficiencias sexan corrixidas.

VIXÉSIMO QUINTA – PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

De acordo co disposto na letra c) do apartado 2 do artigo 11 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, a subscrición deste seguro implica o consentimento do asegurado para que:

1. ENESA acceda á información necesaria contida na base de datos do Sistema integral de rastrexabilidade animal (cuxa sigla en castelán é SITRAN) para o cumprimento das funcións de verificación que ten atribuídas no marco deste seguro.

2. A Administración xeral do Estado autorice a AGROSEGURO o acceso á información necesaria contida na base de datos do Sistema integral de rastrexabilidade animal (cuxa sigla en castelán é SITRAN) para a valoración dos animais e da explotación asegurada, así como para o cumprimento das funcións de verificación que ten atribuídas no marco dos seguros agrarios combinados.

3. AGROSEGURO envíe a ENESA aquela información de carácter zoosanitario que lle sexa requirida para facilitar o cumprimento das tarefas encomendadas ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, tanto en relación co control do desenvolvemento e aplicación do Plan de seguros agrarios como no que respecta á sanidade animal.

4. No marco do seguimento do resultado deste seguro, se AGROSEGURO detectase aumentos das mortalidades en taxas desproporcionadas en relación co censo ou capacidade declarada, ou sinistros masivos ou outras magnitudes que fagan sospeitar de enfermidade de declaración obrigatoria segundo o artigo 5 da Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal, informará inmediatamente a ENESA para a súa comunicación á autoridade competente.

VIXÉSIMO SEXTA - BONIFICACIÓNS E RECARGAS

A aplicación de bonificacións ou recargas á prima dependerá de tres factores:

- A serie histórica completa de sinistralidade do asegurado, medida a través da ratio: Indemnización/prima comercial neta (Ind/Pc neta).

- O número de anos con contrato e a contratación ou non no plan anterior.

Page 21: CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE PISCIFACTORÍAS DE … · Son asegurables as producións da especie Oncorhynchus mykiss (troita arco da vella ou troita americana). O talle mínimo

LIÑA 083/2013 – Páx. 21 de 21

- Existencia ou non de sinistros no contrato precedente.

A súa contía determinarase polo cadro 3.

Cadro 3 de bonificacións ou recargas:

Os números negativos correspóndense coas bonificacións e os positivos coas recargas.

*A ratio: Ind/Pc neta é o resultado das indemnizacións cobradas con respecto ás primas comerciais netas pagadas (deducidas as bonificacións e incrementadas coas recargas), e calcularase con base nas primas e indemnizacións establecidas na data de 10 días antes do vencemento do último contrato, tendo en conta o importe dos sinistros pendentes de liquidación ou o pagamento nese momento.

Todo isto coas seguintes particularidades:

- Non son de aplicación bonificacións aos asegurados que non contratasen no exercicio anterior.

- No caso de tratarse de empresas que pertencen a un mesmo grupo de produción, con diferentes NIF, se os produtores o desexan, poderán elixir que se lles aplique de maneira conxunta a todas as explotacións do grupo a mesma bonificación ou recarga, e manterase este criterio a partir dese momento.

- Transcorridos tres anos de contratación sen declarar sinistro, o asegurado ao que correspondese “recarga” pasará á condición “sen recarga”, e comezará a súa serie histórica de sinistralidade para estes efectos a partir dese momento.

CE: 062/2013

NON S NON SI NON SRatio < -5 0 -20 -15 -40 -3530 <= Ratio < -

0 -10 0 -20 -15

50 <= Ratio < -

0 -5 0 -10 065 <= Ratio < -

0 0 0 0 0

125 <= Ratio < -

0 0 0 10 15150 <= Ratio < -

0 10 15 15 20

175 <= Ratio < -

0 15 20 20 25230 <= Ratio < -

0 25 30 30 35

Ratio >= -

0 35 40 40 50

Ratio de acumulada:

IND/PCnet

Con 2, 3 ou 4 anos de contratación

Con 5 ou máis anos de contratación

Cun ano de contratación

SINISTRO ÚLTIMO ANO