en piscifactorÍas lembraemprego.ceei.xunta.gal/.../documentos/publicacions/...lembra_pesca.pdf ·...

24
Instituto galego de seguridade e saúde laboral Prevención de riscos en piscifactorías LEMBRA OS DO ISSGA PESCA PREVENCIÓN DE RISCOS EN PISCIFACTORÍAS LEMBRA OS DO ISSGA PESCA INSTITUTO GALEGO DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

Upload: lamtram

Post on 09-Nov-2018

213 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA

PREVENCIÓN DE RISCOS EN PISCIFACTORÍAS

LEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA

INSTITUTO GALEGO DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

Page 2: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA 2

Índice

PREVENCIÓN DE RISCOS EN PISCIFACTORÍAS

Capítulo

1 Riscos nos lugares de traballo

2 Risco eléctrico

3 Trastornos musculoesqueléticos e manipulación de cargas

4 Exposición a condicións ambientais desfavorables

5 Riscos biolóxicos e condicións hixiénicas no traballo

6 Exposición a axentes químicos perigosos

7 Perspectiva de xénero

8 Sinalización

9 Medidas de emerxencia

10 Primeiros auxilios

11 Equipos de protección individual

12 Lexislación básica

Páxina

3

5

6

10

11

12

15

16

17

20

22

23

IMPRESIÓNCelta de Artes Gráficas S.L.

© ISSGA. Xunta de Galicia.Os Lembra do Issga. Prevención de riscos en piscifactorías

Esta obra está dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón:http://issga/portal/contido/documentacion/publicacions/

Esta obra distribúese cunha licenza CC‐Atribución‐CompartirIgual 3.0 España de Creative Commons. Para ver unha copia da licenza, visite:https://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/deed.es_ES

AUTORÍAInstituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA)

COORDINACIÓNJosé Rega Piñeiro - Técnico do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA)

EDICIÓNInstituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA)Casa da Parra ‐ Praza da Quintana, s/nSantiago de Compostelaissga.xunta.esSantiago de Compostela, 2015

DESEÑOwww.analit.es

MAQUETACIÓNGrupo Amets-Eco 3g Consultores

DEPÓSITO LEGALC 1809-2015

Page 3: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA 31Riscos nos lugares de traballo

Mantén libre de obstáculos e de auga os corredores e as escaleiras.

Asegúrate de que as canles de drenaxe están ben protexidas.

Utiliza botas ou calzado de seguridade antiescorregadizo sobre o chan mollado.

Utiliza máscara e/ou lentes de seguridade nas tarefas de transvasamento en probetas e caldeiros nos laboratorios.

Asegúrate de que os tubos para transvasamento teñan a protección e a sinalización axeitada.

Mantén orde e limpeza, especialmente nas zonas húmidas onde se incrementa o risco de desprazamento de obxectos.

As zonas con risco de caida dende altura deben dispor das proteccións axeitadas (varandas, redes, etc.) e da sinalización do dito risco.

Emprega os elementos auxiliares axeitados para acceder aos tanques: escadas ou plataformas.

1 · 2

Lembra que existe risco de incendio pola presenza de líquidos inflamables, de instalacións eléctricas, etc.

Page 4: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA 41

Presta especial atención ás operacións con escadas: acceso a tanques, estantes altos, etc.

Ten coidado cos desniveis no plano de traballo, xa que supoñen un risco directo de caída.

Asegúrate de planificar e sinalizar as tarefas de carga e transporte.

Asegúrate de que dispós de chalecos salvavidas preto das piscinas.

Mantén unha boa iluminación nas zonas de traballo, especialmente para actividades que requiren dunha grande atención visual.

Riscos nos lugares de traballo1 · 2

Lémbrate de asegurar nas estanterías os elementos susceptibles de caída (probetas, bolsas de microalgas, útiles, etc.)

Realiza un correcto amoreamento do material (sacos de penso, produtos de limpeza e mantemento, ferramentas, mangueiras, etc.)

Fai uso do arnés sempre que sexa necesario acceder aos tanques dende arriba.

Emprega os EPI axeitados para os traballos manuais (manexo de trueiros, redes, mallas, etc.)

Page 5: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA 5

1Risco eléctrico

Os equipos conectados deben incluír un fusible que desconecte o circuíto se se sobrecarga ou falla.

Non esquezas que está prohibido manipular elementos eléctricos sen a formación e a protección axeitadas.

Mantén en bo estado as tapas protectoras da instalación eléctrica, dos interruptores e dos enchufes, para evitar que entre o po e a auga.

Todos os equipos de traballo deben posuir carcasas ou envolventes que eviten os contactos eléctricos directos.

Asegúrate de evitar a presenza de cables nas zonas de paso, e emprega instalacións suspendidas de cableado cando sexa posible.

Fíxate sempre na sinalización de risco eléctrico existente nos cadros e nos equipos.

Evita empregar ladróns, e usa cables de extensión só cando sexa estritamente necesario.

A instalación eléctrica debe ter un mantemento periódico.

Non manipules os equipos coas mans molladas; a auga é condutora da electricidade.

2

Page 6: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA 6

Trastornos musculoesqueléticos (TME) e manipulación de cargas

Durante o levantamento de cargas adopta unha posición estable, mantén o peso do corpo sobre os pés, e mantenos separados.

Se a carga se atopa no chan dobra os xeonllos mantendo as costas rectas e aproxima a carga ao corpo, aproveitando a forza das pernas.

Colle a carga firmemente coas dúas mans e mantén os brazos e os cóbados próximos ao corpo. Levanta o obxecto gradualmente e sen movementos bruscos coa columna recta.

Contrae os músculos abdominais e glúteos para estabilizar a pelve antes de mover un obxecto. Isto protexe tamén os ligamentos e articulacións contra a tensión e as lesións. Expira no momento da forza.

Procura recoller e depositar as cargas a unha altura próxima á cadeira. Mantén a carga tan preto do corpo como sexa posible.

Non levantes cargas por enriba da cintura nun só movemento, e lembra que non se deben manexar cargas por enriba de 175cm.

Durante o levantamento e o transporte non xires o tronco sen xirar as pernas.

Manipula cargas adaptadas á túa capacidade, e con boas agarradoiras.

Pesos máximos habituais: Varón acostumado: 25 Kg Muller adestrada: 15 Kg

Elementos que poden superar os 25 Kg: caldeiros, tanques, bolsas de microalgas, sacos de penso, etc.

Riscos xerais

1 · 2 · 3 · 4

3

Page 7: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA 7

Aplica unha boa técnica de manipulación de caldeiros e emprega elementos auxiliares que che faciliten o traballo.

Aproveita o peso do corpo de modo efectivo para empuxar os obxectos ou tirar deles.

Lembra que na piscifactoría son moitos os elementos que poden non ter boas agarradoiras: caldeiros, bañeiras, sacos de penso, bolsas de microalgas, etc.

Pide axuda para manipular cargas voluminosas, pesadas ou que presenten dificultade para agarralas.

Cando a carga non dispoña de boas agarradoiras, limita o peso máximo que manipulas.

1 · 2 · 3 · 4Trastornos musculoesqueléticos (TME) e manipulación de cargas

3

Page 8: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA 8

Emprega roupa impermeable (e térmica cando conveña) para evitar contracturas musculares nos postos de traballo con alta humidade e baixas temperaturas.

Nas tarefas de transvasamento de caldeiros, aproveita os equipos de transporte de cargas, as carretas manuais, as carretas motorizadas, etc.

1 · 2 · 3 · 4Trastornos musculoesqueléticos (TME) e manipulación de cargas

Asegúrate de que as zonas que teñas que percorrer con carga estean libres de obstáculos, e a zona de descarga despexada.

Asegúrate de que as mangueiras están completamente baleiras cando as manipulas, así diminuirás a carga manipulada e evitarás lesións por sobreesforzo.

Realiza exercicios de estiramento muscular e quecemento articular de pescozo, ombro e lombo, antes de comezar a xornada de traballo en calquera das zonas. Ademais, lembra realizar unha pausa de 10 minutos cada dúas horas de traballo, para realizar estiramentos musculares.

3

Page 9: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA 9

Nas tarefas de limpeza e preparación de tanques emprega sempre unha escada de man para acceder á limpeza dende a parte superior, e evitar elevacións de ombro durante a aplicación da forza.

Nas tarefas de manipulación de cargas (traslado de bañeiras e caldeiros, abastecemento de pensos, etc.), mantén a zona lumbar recta e busca posicións estables que che permitan trasladar o esforzo ás pernas.

Alterna eventualmente o traballo entre brazo esquerdo e dereito naquelas tarefas que esixan o traslado de bañeiras e caldeiros, e nas tarefas de limpeza que esixan aplicar forzas con membros superiores.

Nas tarefas con posturas estáticas de pescozo (abastecemento de penso, limpeza de tanques, mostraxe de rotífero, clasificación de peixes, obtención de ovos...) tenta incorporar a cabeza a unha posición neutra para dar repouso á rexión cervical.

Realizar rotacións entre os postos de traballo para non estar máis de media xornada realizando tarefas repetitivas (por exemplo clasificación e verificación de peixe, obtención de ovos e esperma, etc.) diminuindo así o risco de aparición de doenzas.

Movementos repetitivos

Posturas forzadas

1 · 2 · 3 · 4Trastornos musculoesqueléticos (TME) e manipulación de cargas

3

Page 10: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA 10

Exposición a condicións ambientais desfavorables

Non esquezas que deben existir instalacións de climatización axeitadas para proporcionar temperatura e humidade óptimas.

Lembra que as instalacións deben ter un reforzamento dos illamentos, e unha elevación mediante plataformas nos chans húmidos.

Reduce ao mínimo o tempo dentro das cámaras frigoríficas, e intercambia esta tarefa cos compañeiros.

As cámaras frigoríficas con temperaturas inferiores a 0ºC deben ter sinal luminoso de presenza de persoas no interior, alarma óptica e acústica, machado tipo bombeiro, e un sistema que permita abrilas dende o interior.

Emprega roupa impermeable axeitada (e térmica se é preciso), evita a proxección de líquidos, e substitúe a roupa sempre que sexa necesario.

Emprega roupa laboral axeitada segundo a época do ano cando teñas que realizar tarefas á intemperie, e no verán lembra ademais protexerte da radiación solar directa.

Emprega botas de seguridade con niveis altos de impermeabilización e acumulación térmica.

1

4

Page 11: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA 11

Riscos biolóxicos e condicións hixiénicas no traballo

Usa as luvas sempre que sexa preciso para evitar o contacto directo cos peixes e os despoxos, xa que poden ser fonte de doenzas infecciosas ou parasitarias.

A subministración de auga nas instalacións das piscifactorías debe ter un control hixiénico.

Asegúrate de almacenar ben os produtos empregados no tratamento do cultivo para evitar a aparición de roedores, insectos, parásitos e aves.

As instalacións deben ter chans e paredes impermeables que faciliten a súa limpeza e desinfección, e dispor de sistemas que faciliten a drenaxe ou saída de augas residuais. Ademais, debe existir unha ventilación axeitada.

As instalacións deben ter contedores para o almacenamento temporal dos despoxos.

1

5

Se ao usar as luvas detectas problemas na pel, considera a posibilidade de ter alerxia ao caucho ou ao látex, e comunícallo ao médico.

Page 12: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA 12

Exposición a axentes químicos perigosos

Asegúrate de empregar as luvas nas tarefas nas que manipules substancias tóxicas ou nocivas.

Se podes elixir, selecciona produtos químicos pouco agresivos para a saúde.

Almacena os produtos químicos en lugares axeitados e mantenos sempre ben etiquetados.

É importante ter a formación axeitada para o manexo dos produtos químicos. Presta atención as súas etiquetas e ás fichas de seguridade.

Evita o contacto directo con axentes químicos que poden producir queimaduras epiteliais.

Asegúrate de manter unha boa ventilación nas zonas onde se empregan substancias tóxicas e nocivas como formol, amonio, lixivia, e outros produtos de limpeza e desinfección.

En caso de contacto accidental por salpicadura con corrosivos ou irritantes, acode inmediatamente á ducha ou ao lavaollos de emerxencia.

Emprega equipos de respiración autónoma ou semiautónoma en tarefas que o requiran (descapsulado da artemia, etc.).

1 · 2 · 3

6

Page 13: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA 13

Exposición a axentes químicos perigosos

H314

Risco de contacto

Risco de inhalación

Cando nas etiquetas dos produtos observes os seguintes pictogramas de risco.

GHS05 CorrosiónH314 Provoca queimaduras na pel

e lesións oculares graves

H315 Provoca irritación cutánea

H318 Provoca lesións oculares graves

H319 Provoca irritación ocular grave

H312GHS07 Signo de exclamación

H331 Tóxico no caso de inhalación

H332 Nocivo en caso de inhalación

EUH031 En contacto con ácidos libera gases tóxicos

H312GHS07 Signo de exclamación

Caveira e tibias cruzadasGHS06

1 · 2 · 3

6

H312 Nocivo en contacto coa pel

H350 Carcinoxénicos Silueta humana afectadaGHS08

Page 14: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA 14

Exposición a axentes químicos perigosos

H302

Risco de inxestión

Risco de incendio e explosión

Cando nas etiquetas dos produtos observes os seguintes pictogramas de risco.

Nocivo en caso de inxestión Signo de exclamaciónGHS07

H271

H314

H312Pode provocar un incendio ou unha explosión, moi comburente

GHS03 Chama sobre círculo

H272 Pode agravar un incendio

H226

H314

H312Líquidos e vapores inflamables

GHS02 Chama

H242 Perigo de incendio no caso de quecemento

H280

Risco de explosión

Contén gas a presión, perigo de explosión no caso de quecemento

Bombona de gasGHS04

1 · 2 · 3

6

Page 15: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA 15

Perspectiva de xénero

Atención a estes riscos!

1

Ruído

Calor

Frío

Golpes

Desprazamentos

Manipulación manual de cargas

Movementos e posturas forzadas

Axentes químicos perigosos

Atmósferas con deficiencia de osíxeno

Respecta as indicacións sobre os riscos aos que non debe estar exposta unha muller durante o embarazo ou a lactación.

Informa ao servizo médico se estás embarazada, tiveches un parto recentemente ou estás en período de lactación.

7

Page 16: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA 16

Sinalización

Sinais en forma de paneis

• Forma redonda• Fondo azul• Pictograma branca

Obriga

• Forma redonda • Fondo branco• Pictograma negra• Contorno vermello con banda

diagonal (como as de tráfico)

Prohibición

• Forma triangular• Fondo amarelo • Pictograma negra• Contorno negro

Advertencia

• Forma de paralelogramo• Fondo vermello• Pictograma branca

Incendio

• Forma de paralelogramo • Fondo verde• Pictograma en branca

Salvamento e primeiros auxilios

8

A sinalización axuda a previr os riscos, non os elimina

A sinalización é unha medida complementaria que te informa sobre os riscos e o xeito de reducilos. Nunca elimines as sinalizacións de advertencia ou seguridade.

1

Page 17: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA 17

Medidas de emerxencia

Riscos que poden producir unha emerxencia

Incendios, inundacións, accidentes graves, atmósferas perigosas, derrubas, etc.

Participa sempre nos simulacros de emerxencia.

Se podes neutralizar a situación cos medios existentes sen risco, faino. Se non podes, comunica a emerxencia e espera ás axudas.

Aínda que non chegara a producirse a emerxencia, comunica sempre a incidencia.

Inicia a alarma polos medios previstos no plan en canto detectes unha situación que o requira.

Non te arrisques inutilmente, nin provoques un risco maior que o existente.

Iniciada a alarma, permanece alerta a novas indicacións.

¡Os medios de comunicación previstos para emerxencias son só para emerxencias!

9

Tes que coñecer as vías de evacuación, os puntos de encontro e os medios

de control dispoñibles.

1 · 2 · 3

Page 18: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA 18

Instrucións xerais de evacuación

Ao escoitar o sinal de evacuación debes abandonar a zona. Desconecta os equipos, corta as chaves de paso se se trata dunha fuga de auga, e conserva a calma. Non berres, non te excites innecesariamente pois pode estenderse o pánico.

Camiña cara á saída máis próxima, non corras e mantén a serenidade para sair de forma rápida, ordenada e en silencio. Non perdas tempo recollendo obxectos persoais, a túa vida e a dos demais son de maior importancia.

Emprega as vías principais de evacuación. Se estas están bloqueadas usa as vías secundarias ou saídas de emerxencia. Non utilices nunca ascensores ou montacargas. Nas escaleiras ten especial coidado, baixa con rapidez, pero sen correr.

Ao chegar á saída da zona evacuada, afástate dela para non dificultar a evacuación do resto de persoal, e non retrocedas cara ao interior.

91 · 2 · 3

Medidas de emerxencia

Page 19: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA 19

Instrucións en caso de incendio

<<<<

Se o lume é pequeno intenta sufocalo cos medios de extinción dispoñibles. Sitúate sempre entre a saída e o lume. Se o lume é grande, desaloxa o recinto, non corras riscos innecesarios.

< Protexe as túas vías respiratorias no caso de haber fume na vía de

evacuación, e procura respirar ao nivel do chan, evitando as zonas nas que se acumulan os gases quentes procedentes do incendio.

< Pecha as portas e fiestras ao sair para evitar correntes de aire que propaguen o

lume, e desconecta os equipos sempre que sexa posible (aire, gas, etc).

9

Instrucións en caso de accidente

< Se non coñeces as técnicas de primeiros auxilios, non interveñas. Avisa ao persoal capacitado, e non abandones ao accidentado.

< Non deas de comer ou beber ao accidentado, e sempre que sexa posible tapa ao accidentado cunha manta ou similar.

<<<< Mantén a calma, tranquiliza ao accidentado, e evita

aglomeracións ao seu arredor. Ademais non o movas sen valorar antes o seu estado, excepto no caso de que a situación así o requira (risco de explosión, incendio, etc.).

1 · 2 · 3Medidas de emerxencia

Page 20: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA

<<<<<<<<<<<<<

<<<<<<<<<<<<<

<<<<<<<<<<<<<

<<<<<<<<<<<<<

<<<<<<<<<<<<<

20

Primeiros auxilios

Feridas Lavar con auga e xabón e secar. Desinfectar con auga osixenada ou algún produto iodado. Tapar a ferida cun apósito estéril e comprimila para deter a hemorraxia. Trasladar o accidentado a un centro sanitario, no caso de ser necesario.

Queimaduras: Lavar con auga corrente. Non romper as ampolas. Tapar cun apósito estéril. No caso de grandes queimaduras, non tirar a roupa

(agás no caso de queimadura química).

Intoxicacións: En caso de inhalacións tóxicas, ventila inmediatamente a zona e, ben protexido,

retira ó afectado da zona contaminada. En caso de intoxicación dixestiva, recolle a ficha de datos de seguridade e acode ao

médico. Se foi un ácido pode ser bo beber auga con bicarbonato. Se foi unha base bebe líquidos ácidos (zumes). Se foi outro axente químico inxire carbón activo.

Hemorraxias: Deita ao accidentado. Cobre a ferida cun apósito estéril e comprime sobre a hemorraxia. Eleva a zona que sangra. Traslada ao accidentado a un centro sanitario, no caso de ser necesario.

Contactos químicos: En caso de contacto químico coa pel, lava a zona afectada durante 15

minutos, cubrea e acode ao médico coa ficha de datos de seguridade. En caso de contacto químico cos ollos, utiliza o lavaollos durante 15

minutos e logo acode ao médico.

Fracturas: Non mover ou facer mover ó ferido. Non tirar a roupa ou o calzado para descubrir a zona afectada, cortar

con tesoiras. Non corrixir a deformación que presente a zona. Inmobilizar a fractura collendo sempre a articulación superior e inferior. Non transportar o accidentado sen inmobilizalo previamente.

<<<<<<<<<<<<<Contusións ou golpes que non producen rotura da pel : Aplicar frío seco na zona (bolsa de xeo rodeada cun pano).

1 · 2

10

Page 21: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA 21

Primeiros auxilios

Asegúrate de que tanto o accidentado coma ti estades fóra de perigo.Protexer

da existencia do accidente para así activar o sistema de emerxencia

Avisar

Se o accidentado non respira pero conserva o pulso:

Comproba que as vías están despexadas. Abre cunha man a boca do accidentado. Sela coa outra man o nariz. Sopra o aire dentro da súa boca. Realiza unhas 10 insuflacións por minuto.

ao accidentado, recoñecendo en primeiro lugar os seus signos vitais:Socorrer

Conciencia: O ferido está consciente se é capaz de responder ás túas preguntas (nome, lugar onde se atopa, etc.).

Respiración: Debes comprobar se o ferido respira cando está inconsciente achegando o oído ao seu nariz ou á súa boca.

Funcionamento do corazón: Debes comprobar se o corazón segue funcionando cando non hai respiración ou non hai pulso.

A actuación rápida ante un accidente pode salvar a vida dunha persoa ou

evitar complicacións

da existencia do accidente para así activar o sistema de emerxencia.

1 · 2

Se o accidentado non respira nin ten pulso:

Abre a vía aérea e realiza dúas insuflacións de aire. Pon o talón dunha man no centro do tórax da vítima, e o talón da outra man enriba

da primeira. Entrelaza os dedos das mans e asegúrate de que non aplicas a presión sobre as costelas da vítima. Non apliques a presión sobre a parte superior do abdome ou o extremo inferior do esterno. Colócate verticalmente, enriba do tórax da vítima e cos brazos rectos preme sobre o esterno, afundíndoo polo menos 5 cm.

Realiza mais de 100 compresións por minuto. Realiza 2 ventilacións por cada 30 compresións.

A maior complicación é unha parada cardio pulmonar. Debes saber recoñecela e facer a reanimación cardio pulmonar. RCP

10

Page 22: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA 22

Equipos de protección individual (EPI) 1

CascoEmprega o casco cando manipules cargas en suspensión.

Equipos de respiración autónoma ou semiautónoma Asegúrate de empregar un equipo de respiración para facer o descapsulado da artemia.

Protección térmicaEmprega a roupa axeitada para entrar nas cámaras rigoríficas ou se tes que traballar á intemperie.

LuvasProtexe as mans con luvas cando manipules ferramentas, cando entres en contacto cos peixes ou despoxos, e cando traballes con substancias tóxicas ou nocivas.

BotasUtiliza botas ou calzado de seguridade antiescorregadizo e impermeable.

Máscara e lentesEmprega a máscara e/ou lentes ao realizar transvasamentos en probetas e cubas, e cando entres en contacto con substancias tóxicas ou nocivas.

11

Chaleco salvavidasUtiliza o chaleco salvavidas sempre que traballes nas piscinas

ArnésFai uso do arnés sempre que sexa necesario acceder aos tanques dende arriba.

Page 23: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA 23

Lexislación básica

Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. (BOE do 10/11/1995)

Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento dos Servizos de Prevención. (BOE do 31/01/1997)

Real decreto 773/1997, do 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores de equipos de protección individual. (BOE do 12/05/1997)

Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo. (BOE do 07/08/1997)

Real decreto 485/1997, do 14 de abril, sobre disposicións mínimas en materia de sinalización de seguridade e saúde no traballo. (BOE do 23/04/1997)

Real decreto 1644/2008, do 10 de outubro, polo que se establecen as normas para a comercialización e posta en servizo das máquinas. (BOE do 11/10/2008)

Real decreto 171/2004, do 30 de xaneiro sobre coordinación de actividades empresariais. (BOE do 31/01/2004)

Regulamento CE 1272/2008 de 16 de decembro sobre clasificación, envasado e etiquetado de substancias e mesturas.

Real decreto 486/1997, do 14 de abril polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo.(BOE do 23/04/1997)

Real decreto 614/2001, do 8 de xuño, sobre disposicións mínimas para a protección da saúde e seguridade dos traballadores fronte ao risco eléctrico. (BOE núm. 148 do 21/96/2001)

Real decreto 664/1997, do 12 de maio, protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo. (BOE núm. 124 do 24/05/1997)

Real decreto 665/1997, do 12 de maio polo que se establecen disposicións mínimas sobre protección dos traballadores a axentes canceríxenos durante o traballo. (BOE do 24/05/1997)

Real decreto 374/2001, do 6 de abril polo que se establecen disposicións mínimas sobre a protección dos traballadores a axentes químicos. (BOE do 1/05/2001)

Real decreto 487/1997, do 14 de abril polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á manipulación manual de cargas. (BOE do 23/04/1997)

Relación non exhaustiva de normativa de prevención de riscos laborais:

121

Page 24: EN PISCIFACTORÍAS LEMBRAemprego.ceei.xunta.gal/.../Documentos/Publicacions/...Lembra_Pesca.pdf · 1 Riscos nos lugares de traballo ... Procura recoller e depositar as cargas a unha

Instituto galego de seguridade e saúde laboral

Prevención de riscos en piscifactoríasLEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA

LEMBRAOS

DO ISSGA

PESCA

PREVENCIÓN DE RISCOS EN PISCIFACTORÍAS