xxii festa da troita - oroso · e como non, o meu agradacemento para todos vós, veciños e...

2
XXII FESTA DA TROITA 2018 PROGRAMA Organiza Colaboran www.concellooroso.com Para todos os veciños e veciñas de Oroso, é un orgullo e un motivo de ledicia acoller a XXII Festa da Troita. Como cada mes de maio, de- mostraremos que somos un concello acolledor, con moito que ofrecer desde un punto de vista gastronómico, paisaxístico e lúdico. Pasaron máis de dúas décadas desde a primeira edición desta fes- ta, alá polo ano 1997. Agora temos un evento xa consolidado e tamén unha oportunidade para promocionar o noso concello. Oroso é natureza e hospitalidade, un lugar de parada no Camiño Inglés a Compostela cunha protagonista durante os días 11, 12 e 13 de maio: a nosa troita. Sempre é un bo momento para saborear este manxar dos ríos e pa- sear polos sendeiros naturais de Oroso, pero como ben sabedes a Festa da Troita é moito máis: música de día e de noite, cultura, maxia e actividades para todas as idades. A promoción dos tesouros naturais e dos produtos da nosa terra debe ser unha prioridade para todos os galegos e galegas. Desde o Conce- llo de Oroso queremos contribuír nesta tarefa e por iso traballamos ao máximo para que a Festa da Troita de 2018 sexa inesquecible. No amplo programa deste ano, hai espazo para as orquestras, os bai- les, os tradicionais campionatos de pesca, espectáculos de maxia, obradoiros infantís, charangas… e, como non, a nosa mascota Troi estará polas rúas animándovos a participar na degustación da troita e no tradicional xantar popular o domingo 13 de maio. Como alcalde de Oroso, estou na obriga de dar como cada ano as grazas a todas aquelas persoas que traballaron moi duro durante moitos meses para que a festa sexa un éxito: a todo o meu equipo de goberno, ao persoal do concello, os establecementos de hostalaría, Protección Civil, Policía Local, Garda Civil, músicos invitados, pes- cadores e expositores. E como non, o meu agradacemento para todos vós, veciños e veciñas, pola vosa participación nesta festa e polo agarimo co que tratades aos máis de 30.000 visitantes que enchen as rúas do Concello de Oroso. Festa de Interese Turístico Galego desde o 2009, no mes de maio somos a capital da gastronomía e dos eventos populares en Galicia polo esforzo de todos e cada un de vós. Grazas e a desfrutar! MANUEL MIRÁS ALCALDE DE OROSO GASTRONOMÍA DEPORTE MÚSICA CULTURA

Upload: others

Post on 17-Jun-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: XXII FESTA DA TROITA - Oroso · E como non, o meu agradacemento para todos vós, veciños e veciñas, pola vosa participación nesta festa e polo agarimo co que tratades aos máis

XXII FESTADA TROITA

2018PROGRAMAOrganiza

Colaboran

www.concellooroso.com

Para todos os veciños e veciñas de Oroso, é un orgullo e un motivo de ledicia acoller a XXII Festa da Troita. Como cada mes de maio, de-mostraremos que somos un concello acolledor, con moito que ofrecer desde un punto de vista gastronómico, paisaxístico e lúdico.Pasaron máis de dúas décadas desde a primeira edición desta fes-ta, alá polo ano 1997. Agora temos un evento xa consolidado e tamén unha oportunidade para promocionar o noso concello. Oroso é natureza e hospitalidade, un lugar de parada no Camiño Inglés a Compostela cunha protagonista durante os días 11, 12 e 13 de maio: a nosa troita.Sempre é un bo momento para saborear este manxar dos ríos e pa-sear polos sendeiros naturais de Oroso, pero como ben sabedes a Festa da Troita é moito máis: música de día e de noite, cultura, maxia e actividades para todas as idades.A promoción dos tesouros naturais e dos produtos da nosa terra debe ser unha prioridade para todos os galegos e galegas. Desde o Conce-llo de Oroso queremos contribuír nesta tarefa e por iso traballamos ao máximo para que a Festa da Troita de 2018 sexa inesquecible.No amplo programa deste ano, hai espazo para as orquestras, os bai-les, os tradicionais campionatos de pesca, espectáculos de maxia, obradoiros infantís, charangas… e, como non, a nosa mascota Troi estará polas rúas animándovos a participar na degustación da troita e no tradicional xantar popular o domingo 13 de maio. Como alcalde de Oroso, estou na obriga de dar como cada ano as grazas a todas aquelas persoas que traballaron moi duro durante moitos meses para que a festa sexa un éxito: a todo o meu equipo de goberno, ao persoal do concello, os establecementos de hostalaría, Protección Civil, Policía Local, Garda Civil, músicos invitados, pes-cadores e expositores. E como non, o meu agradacemento para todos vós, veciños e veciñas, pola vosa participación nesta festa e polo agarimo co que tratades aos máis de 30.000 visitantes que enchen as rúas do Concello de Oroso. Festa de Interese Turístico Galego desde o 2009, no mes de maio somos a capital da gastronomía e dos eventos populares en Galicia polo esforzo de todos e cada un de vós. Grazas e a desfrutar!

MANUEL MIRÁSALCALDE DE OROSO

GASTRONOMÍA

DEPORTE

MÚSICA

CULTURA

Page 2: XXII FESTA DA TROITA - Oroso · E como non, o meu agradacemento para todos vós, veciños e veciñas, pola vosa participación nesta festa e polo agarimo co que tratades aos máis

VENRES 11 DE MAIO22.30 h. FESTIVAL OROSO EN VIVO

Alameda de Góis

Orquestra París Orquestra Ibiza

SÁBADO 12 DE MAIO09 - 13 h. Campionato de Pesca Adultos/as

11.30 - 13 h. Obradoiros Infantís. Praza de Isaac Díaz Pardo

12 h. Inauguración exposición Son de Campo Mulleres Rurais e Comercio Local de Oroso Arredores da Praza de Isaac Díaz Pardo

12 h. Charanga os Atrevidos

16 - 20 h. Campionato de Pesca Adultos/as

18 h. Asoc. Folc. Lembranzas do Tambre Praza de Isaac Díaz Pardo

19.30 h. Asoc. Cult. Néboas no Cumio Praza de Isaac Díaz Pardo

22.30 h. FESTIVAL OROSO EN VIVO Alameda de Góis

Orquestra Panorama Orquestra Chanel

DOMINGO 13 DE MAIO

09.30 a 13 h. Campionato de Pesca Infantil

10.30 h. Pasacalle Charanga Mekánika

11.30 13.30 h. Mago Romarís Ilusións Ópticas Praza de Isaac Díaz Pardo

12 h. Pasacalle e Baile “Asociación Folclórica Buxos Verdes” Alameda de Góis e arredores

12.30 h. Degustación de troitas en bares colaboradores Alameda de Góis

Pasacalle Charanga Mekánika

13.30 h. Pregón Popular

Entrega de Premios e Trofeos do Campionato de Pesca Alameda de Góis

14.15 h. Sesión Vermú Alameda de Góis

Orquestra Marbella

14.30 h. Xantar Popular Carpa da Alameda de Góis

16.30 h. Charanga Mekánika

17.30 -19.30 h. Mago Romarís Ilusións Ópticas Praza de Isaac Díaz Pardo e arredores

19.30 h. Verbena Alameda de Góis

Orquestra Marbella Orquestra Os Satélites

XXII FESTADA TROITA

2018

PROGRAMA

E N C A S O D E M A L T E M P O A S P R O G R A M A C I Ó N S D A P R A Z A D E I S A A C D Í A Z P A R D O T R A S L A D A R A N S E A O C E N T R O C U L T U R A L

ANBORE COFFEE BAR

BAR A RUTA

BAR BOQUETE

BAR FALMEGA

BAR FERNÁNDEZ

BAR GOROS

BAR NOVA XEIRA

BAR O CAMPO

BAR O CAZADOR

BAR XQ NO?

BAR RINCÓN DE MARÍA

BAR SIGÜEIRO

BAR TAPAS

CAFÉ BAR ÉBANO

CAFÉ BAR HAWAI´I CAFÉ BAR O XARDÍN

CAFÉ BAR SIGÜ

CAFÉ BAR 1X2

CAFETERÍA CHE

CAFETERÍA D´VILA

CAFETERÍA 6 RÍOS

CAFETERÍA RESTAURANTE VDA. DE NOUCHE

CERVECERÍA 1900

CERVECERÍA FOLK

MESÓN OS MADEIROS

MESÓN TAMBRE

O CAFÉ DE MANUELA

PARRILLADA CACHOPAL

PULPERÍA MESÓN AS RÍAS

RESTAURANTE A CANTINA

RESTAURANTE BALASAR

RESTAURANTE CORTÉS

RESTAURANTE OS MARIÑAOS

RESTAURANTE MIRÁS

SIGÜEIRO HOSTEL

VINOTECA RAQUEL

BARES PARTICIPANTES NA FESTA DA TROITA 2018